1 00:00:30,625 --> 00:00:31,625 Guau, guau! 2 00:00:46,333 --> 00:00:48,416 Vén a policía. Temos que marchar. 3 00:00:52,250 --> 00:00:53,833 - Policía! - Policía! 4 00:00:56,375 --> 00:00:57,375 Policía! 5 00:00:59,458 --> 00:01:01,375 Vamos. Vós ide nesa dirección. 6 00:01:01,875 --> 00:01:04,208 Bulide! 7 00:01:05,583 --> 00:01:06,541 Ven aquí! 8 00:01:08,708 --> 00:01:10,833 Virá connosco. Levántese! 9 00:01:10,833 --> 00:01:13,083 - Vamos! - Socorro! 10 00:01:13,083 --> 00:01:15,541 - Collédea! - Ven aquí. 11 00:01:19,333 --> 00:01:20,416 Rápido! 12 00:01:30,000 --> 00:01:34,166 Isto é Europa. As autoridades da zona libre no sur de Francia 13 00:01:34,166 --> 00:01:36,875 usan man de ferro cos estranxeiros ilegais 14 00:01:36,875 --> 00:01:41,166 e piden aos cidadáns que destapen grupos de insurrección. 15 00:01:41,166 --> 00:01:45,708 Tomarán os nazis a zona libre e completarán así a ocupación de Francia? 16 00:01:46,333 --> 00:01:50,000 Unirase EE. UU. a Gran Bretaña para loitar contra o fascismo? 17 00:01:50,000 --> 00:01:52,750 Enviarán morteiros para esmagar os hunos? 18 00:01:52,750 --> 00:01:54,791 O tempo dirao. 19 00:01:54,791 --> 00:01:57,083 Ola? 20 00:01:57,083 --> 00:01:58,791 Aquí non hai ninguén. 21 00:01:59,458 --> 00:02:02,208 Son os Chagall. Baixamos agora mesmo! 22 00:02:03,458 --> 00:02:04,583 Grazas. 23 00:02:07,000 --> 00:02:07,958 Grazas. 24 00:02:10,375 --> 00:02:12,166 A policía veu á nosa casa. 25 00:02:12,916 --> 00:02:15,041 Viñemos tan rápido como puidemos. 26 00:02:15,666 --> 00:02:18,250 Levaron a documentación francesa de Moishe. 27 00:02:18,250 --> 00:02:19,166 Merda. 28 00:02:19,166 --> 00:02:21,541 Levamos setenta anos neste país. 29 00:02:21,541 --> 00:02:26,291 Durante moitos anos, celebraron a obra de Moishe. E agora? 30 00:02:26,291 --> 00:02:28,625 Agora intentan quitarlles a dignidade. 31 00:02:29,625 --> 00:02:30,958 Onde está o señor Fry? 32 00:02:31,875 --> 00:02:33,500 Foi á cidade. 33 00:02:33,500 --> 00:02:34,791 Seguíronos? 34 00:02:34,791 --> 00:02:37,791 - Non o sabemos. - Non. Deixáronnos marchar. 35 00:02:37,791 --> 00:02:40,208 Coas mans baleiras. Foi estraño. 36 00:02:40,750 --> 00:02:43,000 Os policías foron moi amables. 37 00:02:43,000 --> 00:02:46,208 - Amables? - Despois de arrestarnos, foron amables. 38 00:02:46,208 --> 00:02:48,375 - Non. - Dixeron que o lamentaban. 39 00:02:48,375 --> 00:02:50,375 Xa. Lamentalo é doado. 40 00:02:50,375 --> 00:02:52,541 Deixamos todas as pinturas. 41 00:02:53,333 --> 00:02:55,041 O traballo de toda unha vida. 42 00:02:55,750 --> 00:02:56,750 A nosa vida. 43 00:02:57,875 --> 00:03:00,666 - Non tivemos opción. - Temos que ir por elas. 44 00:03:00,666 --> 00:03:03,666 É demasiado perigoso volver alí agora. 45 00:03:03,666 --> 00:03:06,666 Obteñamos máis información primeiro, de acordo? 46 00:03:08,000 --> 00:03:10,750 As autoridades levan meses vixiándoos. 47 00:03:10,750 --> 00:03:12,333 Por que agora? 48 00:03:14,166 --> 00:03:16,583 Por que levan os papeis e os deixan ir. 49 00:03:21,625 --> 00:03:24,875 - Necesitamos a Varian. Ireino buscar. - Conduzo eu. 50 00:03:27,250 --> 00:03:29,541 Non. Non podemos deixalos aquí sós. 51 00:03:31,416 --> 00:03:32,250 Espérame aquí. 52 00:03:49,916 --> 00:03:51,041 Non sei quen é. 53 00:03:53,250 --> 00:03:54,250 Vale. 54 00:03:55,625 --> 00:03:57,750 Si. Vale. 55 00:04:00,333 --> 00:04:01,166 Letoret. 56 00:04:01,166 --> 00:04:04,541 Temos un visado para un tal Otto Albert Hirschman? 57 00:04:04,541 --> 00:04:06,500 A súa irmá non para de chamar, 58 00:04:06,500 --> 00:04:09,250 e Vichy di que non o recolleu. 59 00:04:10,208 --> 00:04:11,083 Maldita sexa. 60 00:04:15,458 --> 00:04:16,958 Ten que estar por aquí. 61 00:05:44,375 --> 00:05:45,791 Como subo alí? 62 00:05:47,500 --> 00:05:48,333 Non podes. 63 00:05:49,000 --> 00:05:50,458 Entón como saio de aquí? 64 00:05:51,000 --> 00:05:52,458 Pasas por Dijon 65 00:05:52,458 --> 00:05:54,250 e vas directo a Alemaña. 66 00:05:54,250 --> 00:05:55,666 - En serio? - Si. 67 00:05:57,625 --> 00:06:00,708 Saen convois de prisioneiros cada poucos días. 68 00:06:05,375 --> 00:06:06,291 Bill. 69 00:06:07,208 --> 00:06:09,750 Es un home con moitos contactos. Aquí tamén? 70 00:06:12,708 --> 00:06:14,958 Podes darlle unha mensaxe a meu irmán? 71 00:06:17,583 --> 00:06:18,583 Podo intentalo. 72 00:06:20,041 --> 00:06:21,791 Como acabaches aquí? 73 00:06:22,666 --> 00:06:24,416 Axudei cunha fuga de presos. 74 00:06:28,041 --> 00:06:28,916 E ti? 75 00:06:30,250 --> 00:06:31,250 Son un rabí. 76 00:06:34,125 --> 00:06:34,958 E ti? 77 00:06:37,125 --> 00:06:38,125 Todo o demais. 78 00:06:53,708 --> 00:06:57,000 Agora non, señor Patterson. Está pechado. Mudámonos. 79 00:06:58,583 --> 00:07:01,541 - Onde está Reese? - Envieino a casa. 80 00:07:01,541 --> 00:07:02,958 Enviárao eu a vostede. 81 00:07:03,750 --> 00:07:06,750 Parece que nin o goberno de EE. UU. ten tanto poder. 82 00:07:07,791 --> 00:07:11,333 Pois é bo que estea aquí. Como apaixonado seguidor da arte, 83 00:07:11,333 --> 00:07:15,458 crin que lle encantaría este guión que acabo de descubrir. 84 00:07:19,291 --> 00:07:20,791 Mary Jayne Gold. 85 00:07:21,291 --> 00:07:24,916 "Hai que levar os soldados 86 00:07:24,916 --> 00:07:27,291 ao lugar adecuado á hora adecuada." 87 00:07:29,041 --> 00:07:31,083 Despois están de parola 88 00:07:31,083 --> 00:07:37,208 o home non identificado número un e o home non identificado número dous... 89 00:07:37,208 --> 00:07:38,708 Un momento. 90 00:07:40,208 --> 00:07:41,541 Esta é a mellor parte. 91 00:07:42,083 --> 00:07:43,166 Mary Jayne Gold. 92 00:07:43,875 --> 00:07:46,375 "Déixame na entrada. 93 00:07:47,458 --> 00:07:50,041 Usarei a Dagobert como distracción." 94 00:07:50,583 --> 00:07:54,875 E despois: "Esta é a miña misión e farei o que me dea a gana." 95 00:07:56,375 --> 00:08:00,041 A señorita Gold dirixe unha misión para liberar PDG británicos. 96 00:08:00,041 --> 00:08:04,791 É unha especie de broma ou unha admisión real de traizón? 97 00:08:06,833 --> 00:08:10,625 Debería tela vixiada, mais supoño que estaba ocupado 98 00:08:11,416 --> 00:08:15,458 zangoneando pola casa esa co seu mozo. 99 00:08:17,791 --> 00:08:19,125 O micrófono é seu? 100 00:08:19,125 --> 00:08:20,500 En realidade, non. 101 00:08:21,500 --> 00:08:24,791 Isto acabou nas miñas mans por casualidade. 102 00:08:26,583 --> 00:08:29,916 Mais asegurareime de que o saiba a xente adecuada. 103 00:08:29,916 --> 00:08:33,000 De que saiban todo o que estivo a facer. Arruinarei... 104 00:08:33,000 --> 00:08:34,208 Déixeo en paz. 105 00:08:35,166 --> 00:08:37,791 Todo o que fai por salvar xente desesperada 106 00:08:37,791 --> 00:08:39,958 demostra o que vostede non fai. 107 00:08:39,958 --> 00:08:41,416 Quen carallo é vostede? 108 00:08:42,833 --> 00:08:44,583 Puido salvalos a todos. 109 00:08:50,416 --> 00:08:51,375 Fóra de aquí, 110 00:08:52,416 --> 00:08:53,291 Patterson. 111 00:08:54,500 --> 00:08:56,375 Lena díxoo todo. 112 00:08:59,125 --> 00:08:59,958 Albert. 113 00:09:02,916 --> 00:09:05,291 Otto Albert Hirschman? 114 00:09:07,666 --> 00:09:10,875 A ver se o adiviño, o home non identificado un ou dous? 115 00:09:12,041 --> 00:09:12,875 Que? 116 00:09:13,666 --> 00:09:18,000 A túa irmá está histérica polo teu visado. Deberías ir recollelo. 117 00:09:22,500 --> 00:09:23,833 Marcha mentres poidas. 118 00:10:02,666 --> 00:10:05,000 LIBERDADE 119 00:10:16,083 --> 00:10:19,208 CÓDIGO MORSE: MENSAXE ENVIADA 120 00:10:31,000 --> 00:10:33,375 Sei onde está Paul e vouno sacar. 121 00:10:34,750 --> 00:10:36,166 - Vostede é? - O irmán p... 122 00:10:37,541 --> 00:10:38,500 O seu irmán. 123 00:10:39,208 --> 00:10:41,750 Chámanme Petit. O meu nome é Jacques Kandjo. 124 00:10:43,000 --> 00:10:44,083 Entendo. 125 00:10:44,083 --> 00:10:47,291 Informaron a Paul de que está no forte Saint-Nicolas 126 00:10:47,291 --> 00:10:48,875 e vai ser deportado. 127 00:10:50,708 --> 00:10:52,791 Por favor, axúdeme a salvalo. 128 00:10:54,333 --> 00:10:55,833 Como o vai facer? 129 00:10:55,833 --> 00:10:57,041 Usarei o seu plan. 130 00:10:58,250 --> 00:10:59,583 Voar vías de tren? 131 00:11:00,791 --> 00:11:03,333 Agora usan camionetas e estradas rurais. 132 00:11:03,333 --> 00:11:05,833 Si. Paul viunos cos seus propios ollos. 133 00:11:05,833 --> 00:11:09,458 Albert sabe que estrada é. Podemos esperar alí para liberalo. 134 00:11:10,208 --> 00:11:12,333 E se van por outra estrada? 135 00:11:14,291 --> 00:11:15,500 Non ten experiencia. 136 00:11:15,500 --> 00:11:18,125 Paul tampouco! Non loitou na súa vida. 137 00:11:18,750 --> 00:11:20,875 É intelixente, si. 138 00:11:20,875 --> 00:11:23,791 Fala coma un matón, mais nunca tocou unha arma. 139 00:11:24,416 --> 00:11:27,291 Eu si. Estiven en moitas pelexas. 140 00:11:27,791 --> 00:11:28,750 Ah, si? 141 00:11:30,583 --> 00:11:31,833 Podo facelo. 142 00:11:32,458 --> 00:11:33,708 Conseguirei axuda. 143 00:11:35,291 --> 00:11:36,916 Mais necesito armas. 144 00:11:38,875 --> 00:11:40,375 Paul dixo que tiña armas. 145 00:11:41,666 --> 00:11:42,750 Conto con vostede? 146 00:11:47,458 --> 00:11:49,791 Por que? Por que non? 147 00:11:51,083 --> 00:11:53,375 Secuestrar un convoi e que o maten? 148 00:11:53,375 --> 00:11:56,000 E de paso arruinar a nosa operación? 149 00:11:56,000 --> 00:11:58,041 Non. Non está preparado. 150 00:11:59,125 --> 00:12:01,416 Mais temos que liberalo. Debémosllo. 151 00:12:01,416 --> 00:12:02,750 Non lle debemos nada. 152 00:12:05,625 --> 00:12:09,916 Margaux, arrestaron a Paul porque nos axudou en Camp des Milles. 153 00:12:10,416 --> 00:12:11,708 Que nos pillen logo? 154 00:12:12,208 --> 00:12:13,166 Pensa, Thomas. 155 00:12:13,666 --> 00:12:16,750 As nosas vidas, as nosas identidades, as nosas metas. 156 00:12:16,750 --> 00:12:20,500 Non podemos arriscar todo iso agora. Hai unha guerra que gañar. 157 00:12:20,500 --> 00:12:21,875 E que pasa con Paul? 158 00:12:28,875 --> 00:12:29,875 Grazas. 159 00:12:35,250 --> 00:12:38,250 Temos visados. Lévenos ao próximo barco a Nova York? 160 00:12:38,250 --> 00:12:40,333 O problema é que non hai barcos 161 00:12:40,333 --> 00:12:43,958 e os visados non son válidos sen a documentación correcta. 162 00:12:43,958 --> 00:12:47,458 Por iso Varian intentaba levalos a un lugar seguro 163 00:12:47,458 --> 00:12:49,583 desde que chegou a Francia. 164 00:12:49,583 --> 00:12:52,625 - Non estabamos listos. Agora si. - Non o estamos. 165 00:12:52,625 --> 00:12:55,625 Meu amor, déixamo a min. Estás moi alterado. 166 00:12:56,750 --> 00:12:59,916 Non marcharei de Francia sen as miñas pinturas. 167 00:13:01,000 --> 00:13:03,583 - Por que lado se pon o sol? - Non o sei. 168 00:13:05,083 --> 00:13:08,500 - Señor Chagall. Señora Chagall. - Menos mal que chegaches. 169 00:13:10,750 --> 00:13:12,958 Temos que falar. Despois disto. 170 00:13:14,416 --> 00:13:16,250 - Por favor, senten. - Ola. 171 00:13:25,583 --> 00:13:28,083 Fixeron unha redada na praia e no Pelican, 172 00:13:28,083 --> 00:13:31,041 e creo que teñen a Bill Freier. Desapareceu. 173 00:13:31,041 --> 00:13:32,791 - Temos que marchar. - Como? 174 00:13:32,791 --> 00:13:35,500 Non podemos nin meter os Chagall nun barco. 175 00:13:37,000 --> 00:13:39,625 Vendinlle o meu avión a un burócrata local 176 00:13:39,625 --> 00:13:41,541 para recadar fondos para o ERC. 177 00:13:41,541 --> 00:13:44,375 Fíxenlle un bo prezo. Débemo. 178 00:13:44,875 --> 00:13:49,208 Se nos pode levar a Lisboa, despois podemos ir a Estados Unidos. 179 00:13:49,208 --> 00:13:52,000 Organizareino todo. Meu pai pagarao. 180 00:13:52,500 --> 00:13:55,875 - Cría que non te apoiaba. - Pagará para que volva a casa. 181 00:13:55,875 --> 00:13:58,916 - Cun refuxiado no peto? - Co meu marido. 182 00:14:02,000 --> 00:14:02,833 Es consciente 183 00:14:02,833 --> 00:14:05,958 de que levo encima máis ou menos todo o que posúo? 184 00:14:05,958 --> 00:14:08,875 Se quixese casar cun home polos seus bens 185 00:14:08,875 --> 00:14:10,791 e non polas súas conviccións, 186 00:14:10,791 --> 00:14:13,666 xa estaría casada con algún idiota en Chicago. 187 00:14:19,208 --> 00:14:22,625 Miña irmá Ursula conseguiume un visado para Estados Unidos. 188 00:14:25,583 --> 00:14:26,416 Cando? 189 00:14:27,500 --> 00:14:29,625 Hai unhas semanas. Mais... 190 00:14:31,083 --> 00:14:33,458 Non o fun recoller ao consulado. 191 00:14:33,458 --> 00:14:34,541 Por que? 192 00:14:37,000 --> 00:14:39,625 Hai que ir. Vaiamos coller as túas cousas 193 00:14:39,625 --> 00:14:42,333 e o visado antes de que sexa demasiado tarde. 194 00:14:43,583 --> 00:14:44,458 Vale. 195 00:15:07,291 --> 00:15:09,333 Albert, aforráchesme unha viaxe. 196 00:15:10,666 --> 00:15:12,208 Mira a última publicación. 197 00:15:12,208 --> 00:15:14,916 - Mary Jayne espérame abaixo. - Mira isto. 198 00:15:22,375 --> 00:15:23,708 Mira. Ouidah! 199 00:15:24,208 --> 00:15:25,291 É unha mensaxe. 200 00:15:27,166 --> 00:15:29,250 Paul está no forte Saint-Nicolas? 201 00:15:31,166 --> 00:15:33,541 Poderían deportalo en calquera momento. 202 00:15:33,541 --> 00:15:37,625 - Non se chegamos antes. - Xa falei con Thomas e con Margaux. 203 00:15:38,250 --> 00:15:39,416 Non nos van axudar. 204 00:15:40,458 --> 00:15:43,666 Buscarei información sobre o forte, mais necesitámoste. 205 00:15:49,416 --> 00:15:50,250 Ei. 206 00:15:52,875 --> 00:15:55,166 - Veña, deica logo. - Deica logo. 207 00:15:57,666 --> 00:15:59,833 Hai que levar a Petit onda Hans. 208 00:16:00,583 --> 00:16:02,166 E o consulado? 209 00:16:02,166 --> 00:16:03,625 Isto é máis importante. 210 00:16:04,958 --> 00:16:05,958 Paul está vivo. 211 00:16:07,666 --> 00:16:10,791 Hai que salvalo da deportación. Talvez da morte. 212 00:16:15,583 --> 00:16:18,791 Temo que non hai moito que comer, mais sempre hai viño. 213 00:16:19,291 --> 00:16:20,291 O viño senta ben. 214 00:16:22,291 --> 00:16:23,333 Temos isto. 215 00:16:23,833 --> 00:16:27,250 A xente sempre lle trae chocolate ao mestre. 216 00:16:42,125 --> 00:16:45,458 - Albert. Petit. - Teño que falar convosco. 217 00:16:46,291 --> 00:16:47,208 Contigo non. 218 00:16:48,750 --> 00:16:51,375 Paul está no cárcere onde estiven con Lisa. 219 00:16:51,375 --> 00:16:52,291 En serio? 220 00:16:53,125 --> 00:16:55,500 E agora? Podemos sacalo de alí? 221 00:16:56,791 --> 00:16:57,625 Intentarémolo. 222 00:16:59,125 --> 00:16:59,958 Axudareivos. 223 00:17:01,500 --> 00:17:02,583 Vaiamos dentro. 224 00:17:13,958 --> 00:17:16,875 - Eu tamén quero axudar. - Non queren a túa axuda. 225 00:17:18,166 --> 00:17:21,333 Axúdame a min. Vaiamos coller os cadros de Chagall. 226 00:17:21,333 --> 00:17:23,791 - Non marcharán sen eles. - Boa idea. 227 00:17:23,791 --> 00:17:25,375 - Dásme as chaves? - Si. 228 00:17:25,375 --> 00:17:26,916 - Mais... - Vamos. 229 00:17:31,416 --> 00:17:33,000 Sabes conducir, Varian? 230 00:17:34,250 --> 00:17:35,458 Son de Nova Jersey. 231 00:17:41,333 --> 00:17:42,958 Estou farta desta merda. 232 00:17:46,500 --> 00:17:48,791 Saen camionetas cada poucos días. 233 00:17:48,791 --> 00:17:51,375 Hai que sacalo antes de que o metan nunha. 234 00:17:51,375 --> 00:17:53,583 - Ese cárcere é unha fortaleza. - Xa. 235 00:17:56,000 --> 00:17:58,833 Hai que deter a camioneta cando saia da cidade. 236 00:17:58,833 --> 00:18:00,416 Liberar a Paul e o resto. 237 00:18:01,000 --> 00:18:03,583 É doado bloquear a estrada. Non hai tráfico. 238 00:18:04,583 --> 00:18:08,500 Dous podemos ir polo condutor mentres outros dous abren atrás. 239 00:18:08,500 --> 00:18:09,791 Desarmados? 240 00:18:09,791 --> 00:18:12,791 Talvez funcione. Non o esperarán. 241 00:18:12,791 --> 00:18:14,833 Estamos mortos sen armas. 242 00:18:15,333 --> 00:18:16,250 Ten razón. 243 00:18:16,916 --> 00:18:20,125 Necesitamos unha ou dúas pistolas. 244 00:18:20,125 --> 00:18:23,083 Perdoade. Cando sae o próximo convoi? 245 00:18:23,083 --> 00:18:25,125 Touré pescudará en cal vai Paul. 246 00:18:25,125 --> 00:18:29,958 E despois que? Ides agardar en medio da estrada a que chegue? 247 00:18:29,958 --> 00:18:32,458 Podería tardar horas. Ou días. 248 00:18:33,375 --> 00:18:36,291 E se falo cos gardas? Podería subornalos. 249 00:18:36,291 --> 00:18:39,416 - Coma o verán pasado. - O verán foi hai moito. 250 00:18:39,416 --> 00:18:42,708 Daquela detivéronme por tentar ir de polisón nun barco. 251 00:18:43,208 --> 00:18:44,708 Agora non hai nin barcos. 252 00:18:45,208 --> 00:18:48,458 Arrestan xente nas rúas sen ter feito nada. 253 00:18:51,375 --> 00:18:53,791 Acabouse o subornar os gardas. 254 00:18:55,791 --> 00:18:57,208 Temos que tomar partido. 255 00:18:58,250 --> 00:18:59,250 Estou de acordo. 256 00:19:05,958 --> 00:19:08,083 O próximo convoi sae mañá pola mañá. 257 00:19:08,708 --> 00:19:10,708 Paul estará entre os prisioneiros. 258 00:19:39,916 --> 00:19:42,458 Saquémolo todo antes de que volva a policía. 259 00:19:53,500 --> 00:19:55,375 Podiamos seguir conducindo. 260 00:19:57,708 --> 00:19:58,541 Xuntos. 261 00:20:00,166 --> 00:20:01,166 E ir onde? 262 00:20:02,708 --> 00:20:03,708 A París non. 263 00:20:05,208 --> 00:20:06,083 Non. 264 00:20:07,583 --> 00:20:08,583 Nin a Roma. 265 00:20:12,166 --> 00:20:13,166 Nin a Xerusalén. 266 00:20:15,458 --> 00:20:18,208 O noso Berlín desapareceu hai tempo. 267 00:20:25,708 --> 00:20:27,125 E se quedamos aquí? 268 00:20:31,916 --> 00:20:35,000 Dous solteiros. Un xardín bonito. Un par de ovellas. 269 00:20:41,625 --> 00:20:42,458 Por que non? 270 00:20:47,208 --> 00:20:49,208 Para comezar, 271 00:20:50,166 --> 00:20:51,291 non estou solteiro. 272 00:20:56,000 --> 00:20:59,083 Deixa que a túa muller atope quen a ame de verdade... 273 00:21:01,833 --> 00:21:03,166 e queda aquí comigo. 274 00:21:07,083 --> 00:21:08,958 Que facemos aquí exactamente? 275 00:21:08,958 --> 00:21:12,083 - Recoller os cadros. - Es un home valente. 276 00:21:12,083 --> 00:21:16,625 Só o máis valente viría a Europa para salvar as vidas de descoñecidos. 277 00:21:16,625 --> 00:21:18,583 - Thomas... - E a túa vida? 278 00:21:20,375 --> 00:21:21,916 Estou farto de esconderme. 279 00:21:23,291 --> 00:21:24,166 Varian. 280 00:21:25,000 --> 00:21:27,291 Persoal e profesionalmente. 281 00:21:30,333 --> 00:21:32,000 Estou farto das mentiras 282 00:21:33,416 --> 00:21:34,500 e dos segredos. 283 00:21:37,666 --> 00:21:39,208 Estou farto da soidade. 284 00:21:44,958 --> 00:21:46,416 Ata os homes coma nós... 285 00:21:49,083 --> 00:21:50,875 Ata nós merecemos ser felices. 286 00:21:55,333 --> 00:21:56,916 A felicidade é complicada. 287 00:21:59,708 --> 00:22:00,625 É? 288 00:22:02,000 --> 00:22:04,916 Cando te teño nos meus brazos, non mo parece. 289 00:22:26,291 --> 00:22:28,333 - É unha misión suicida. - Escoita. 290 00:22:29,583 --> 00:22:30,625 Chama o home ese. 291 00:22:30,625 --> 00:22:31,666 Reserva o avión. 292 00:22:31,666 --> 00:22:33,791 Cando liberemos a Paul, son teu. 293 00:22:33,791 --> 00:22:34,708 Prométocho. 294 00:22:34,708 --> 00:22:36,125 Chicago, alá vamos. 295 00:22:37,000 --> 00:22:40,333 - Dis iso para que cale? - Falo en serio. 296 00:22:41,250 --> 00:22:42,083 Ven aquí. 297 00:22:46,500 --> 00:22:49,041 Quero comezar unha vida contigo en EE. UU. 298 00:22:51,166 --> 00:22:52,500 Estou desexando 299 00:22:53,458 --> 00:22:55,416 comezar unha vida contigo. 300 00:22:56,500 --> 00:22:59,333 E sabes que non che pido que abandones a loita? 301 00:22:59,333 --> 00:23:00,541 Seino. 302 00:23:01,666 --> 00:23:04,541 E sei que atoparemos novas formas de loitar, 303 00:23:04,541 --> 00:23:08,375 - e talvez sexa máis efectivo desde fóra. - Si. 304 00:23:09,750 --> 00:23:13,166 Non podo marchar ata que Paul sexa libre. 305 00:23:13,166 --> 00:23:15,166 Seino, mais... 306 00:23:18,375 --> 00:23:20,166 Non podedes ir desarmados. 307 00:23:22,291 --> 00:23:23,166 Xa. 308 00:23:24,666 --> 00:23:25,500 Eu... 309 00:23:26,041 --> 00:23:28,583 Sei onde hai armas británicas enterradas. 310 00:23:31,125 --> 00:23:31,958 Que? 311 00:24:27,041 --> 00:24:28,541 Vémonos abaixo. 312 00:24:29,666 --> 00:24:30,666 Podemos parar. 313 00:24:32,791 --> 00:24:34,333 Dáme igual que nos oian. 314 00:25:16,625 --> 00:25:17,583 Veña, en pé! 315 00:25:18,375 --> 00:25:19,333 Fóra! 316 00:25:48,458 --> 00:25:49,666 Señorita Gold. 317 00:25:51,458 --> 00:25:52,916 Que a trae por aquí? 318 00:25:52,916 --> 00:25:56,291 Vin recoller o visado de Otto Albert Hirschman. 319 00:25:57,541 --> 00:25:59,875 Teno o señor Patterson no seu despacho. 320 00:26:01,083 --> 00:26:02,000 Adiante. 321 00:26:08,791 --> 00:26:11,083 Mira quen veu. Pasa. 322 00:26:15,291 --> 00:26:16,666 As paredes teñen oídos. 323 00:26:18,125 --> 00:26:20,750 A miña secretaria traballa para a Gestapo. 324 00:26:22,041 --> 00:26:23,500 A señorita Letoret? 325 00:26:23,500 --> 00:26:27,500 Tamén é moi boa secretaria. Talvez traballen todos para a Gestapo. 326 00:26:33,416 --> 00:26:35,666 Teu pai sabe de Otto Albert Hirschman? 327 00:26:37,166 --> 00:26:40,708 Un mozo tan enérxico seguro que ten un gran futuro en EE. UU. 328 00:26:40,708 --> 00:26:43,083 Moi pronto, mesmo teu pai o adorará. 329 00:26:46,875 --> 00:26:48,958 Canto cres que tardará en deixarte? 330 00:26:51,458 --> 00:26:53,958 Que ten? Vinte e catro anos? Vinte e cinco? 331 00:26:55,416 --> 00:26:57,958 Ten todo o futuro por diante. En cambio, ti... 332 00:27:00,708 --> 00:27:02,250 Un rapaz así? 333 00:27:03,208 --> 00:27:06,625 As circunstancias cortáronlle as ás desde o comezo. 334 00:27:06,625 --> 00:27:09,500 Espera a que chegue a EE. UU. e aprenda a voar. 335 00:27:10,625 --> 00:27:12,416 Que queres dicir con iso? 336 00:27:13,125 --> 00:27:16,458 Non o vexo asentar nos remansos do lago Michigan 337 00:27:16,458 --> 00:27:17,708 para xogar ao golf. 338 00:27:21,875 --> 00:27:22,916 Remataches? 339 00:27:26,916 --> 00:27:27,833 Aínda non. 340 00:27:30,875 --> 00:27:35,041 Teño constancia de que ti, Mary Jayne, cidadá estadounidense, 341 00:27:35,041 --> 00:27:38,208 colaboraches cos británicos en territorio francés. 342 00:27:38,208 --> 00:27:40,583 Como seguro que xa sabes, é ilegal. 343 00:27:40,583 --> 00:27:44,541 Se me segues a amolar e non liscas de Marsella o antes posible, 344 00:27:44,541 --> 00:27:49,125 a miña misión persoal será asegurarme que te xulguen por traizón. 345 00:27:57,916 --> 00:27:59,000 Agora rematei. 346 00:28:44,083 --> 00:28:46,583 - Grazas por vir. - Como podía negarme? 347 00:28:47,166 --> 00:28:51,750 Os Chagall teñen visado, por sorte, mais non teñen barco nin documentación. 348 00:28:51,750 --> 00:28:53,750 - Poden marchar xa? - Poden. 349 00:28:54,625 --> 00:28:55,500 De acordo. 350 00:28:57,416 --> 00:29:00,166 Talvez teña unha última boa idea. 351 00:29:03,625 --> 00:29:07,125 Co da matrícula diplomática pasarás a fronteira sen control. 352 00:29:07,666 --> 00:29:12,000 Mete isto no sitio da chave e preme a panca e o acelerador á vez. 353 00:29:12,000 --> 00:29:13,208 Entendido? 354 00:29:30,958 --> 00:29:34,250 - Señor Bingham? - Esquecín as fotos da miña familia. 355 00:29:34,250 --> 00:29:35,458 - Non. - Non tardo. 356 00:29:35,458 --> 00:29:37,375 - Vou eu. - Non sabe onde están. 357 00:29:37,375 --> 00:29:38,541 Señor Bingham! 358 00:30:02,666 --> 00:30:06,291 Unha caravana verde nada nun río de montaña. 359 00:30:08,125 --> 00:30:10,625 Pezas de xadrez multicolor prenden fogo. 360 00:30:11,625 --> 00:30:14,333 Os gatiños saen correndo dun cesto 361 00:30:14,333 --> 00:30:16,333 e dormen apraciblemente ao sol. 362 00:30:17,208 --> 00:30:18,208 Coidado! 363 00:31:37,041 --> 00:31:38,125 Vai ver que pasa. 364 00:31:43,000 --> 00:31:44,791 - Saíde do coche! - Saíde! 365 00:31:46,083 --> 00:31:47,000 Saíde do coche! 366 00:31:49,208 --> 00:31:50,125 Abaixo! 367 00:31:50,125 --> 00:31:51,083 Ao chan! 368 00:31:52,708 --> 00:31:55,166 Ao chan! Abaixo. 369 00:31:55,166 --> 00:31:56,291 Solta a arma. 370 00:31:58,291 --> 00:31:59,375 Aquí. Ponte aquí. 371 00:31:59,375 --> 00:32:00,458 Ao chan! 372 00:32:01,083 --> 00:32:04,833 - Ao chan! - Baixa a arma! Ao chan. 373 00:32:09,583 --> 00:32:10,416 Bulide! 374 00:32:13,291 --> 00:32:15,166 Non te movas. 375 00:32:15,166 --> 00:32:17,750 Quieto! Non te movas. 376 00:32:22,000 --> 00:32:22,875 Abaixo. 377 00:32:27,333 --> 00:32:28,166 Irmán. 378 00:32:28,166 --> 00:32:29,333 Irmanciño. 379 00:32:32,500 --> 00:32:34,458 - Que di? - Bendita a túa forza. 380 00:32:38,875 --> 00:32:40,000 Non vos movades! 381 00:32:44,416 --> 00:32:45,500 Irmanciño. 382 00:32:46,166 --> 00:32:48,541 Meu irmanciño. 383 00:32:49,166 --> 00:32:51,458 Respire. Intente respirar. 384 00:32:53,041 --> 00:32:54,750 Respire. Todo irá ben. 385 00:33:00,708 --> 00:33:02,875 Meu irmanciño. 386 00:33:05,833 --> 00:33:09,083 Irmanciño, fica comigo. 387 00:33:12,541 --> 00:33:14,250 Irmanciño, fica comigo. 388 00:33:17,625 --> 00:33:19,125 Irmanciño, fica comigo. 389 00:34:54,875 --> 00:34:55,875 Señora Chagall. 390 00:34:57,583 --> 00:34:58,500 Marchamos. 391 00:35:02,333 --> 00:35:04,666 - Agora! - Espertarei o señor Chagall. 392 00:35:08,750 --> 00:35:11,125 - E Thomas? - Dentro. Vouno buscar? 393 00:35:11,125 --> 00:35:13,875 - Non. Escoita. - Que? 394 00:35:16,500 --> 00:35:18,000 Vounos levar eu mesmo. 395 00:35:19,125 --> 00:35:20,000 A España? 396 00:35:20,000 --> 00:35:22,833 A Lisboa. E irei con eles a Nova York. 397 00:35:24,916 --> 00:35:25,875 E que pasa con...? 398 00:35:27,666 --> 00:35:29,375 Non funcionará na vida real. 399 00:35:29,875 --> 00:35:32,000 Non, isto é a vida real. 400 00:35:34,000 --> 00:35:34,916 Non o é. 401 00:35:38,625 --> 00:35:40,666 Mais nunca me sentín tan viva. 402 00:35:41,833 --> 00:35:43,083 Xa, eu tampouco. 403 00:35:54,958 --> 00:35:55,791 Varian. 404 00:36:02,833 --> 00:36:04,458 Axúdasme coas pinturas? 405 00:36:16,375 --> 00:36:18,583 - Onde está Bingham? - Non está aquí. 406 00:36:22,791 --> 00:36:24,500 E quen vai conducir isto? 407 00:36:33,875 --> 00:36:37,125 - Saberán que levaches o coche. - É a única forma. 408 00:36:37,125 --> 00:36:40,291 Expatriarante. Ou arrestarante. Non poderás volver. 409 00:36:40,291 --> 00:36:42,208 - Teño que axudalos. - Non. 410 00:36:42,833 --> 00:36:44,916 Isto non ten que ver cos Chagall. 411 00:36:46,750 --> 00:36:48,625 Aquí estamos. Vamos. 412 00:37:07,250 --> 00:37:08,166 Varian. 413 00:37:13,750 --> 00:37:14,750 Síntoo moito. 414 00:37:44,958 --> 00:37:47,500 Cría que viviriamos aquí sempre. 415 00:37:50,666 --> 00:37:52,208 Por un instante, tamén eu. 416 00:38:14,333 --> 00:38:16,083 Podemos dicir unhas palabras? 417 00:38:20,208 --> 00:38:21,083 Rezar? 418 00:38:22,041 --> 00:38:22,875 Algo? 419 00:40:51,083 --> 00:40:52,208 Mary Jayne! 420 00:40:53,416 --> 00:40:54,416 Mary Jayne! 421 00:40:55,958 --> 00:40:56,958 Marchou. 422 00:41:00,250 --> 00:41:01,416 Mary Jayne! 423 00:41:28,958 --> 00:41:30,458 Fixeches un bo traballo. 424 00:41:57,583 --> 00:41:58,666 Vamos, Dagobert. 425 00:42:30,875 --> 00:42:31,875 Mary Jayne! 426 00:42:42,208 --> 00:42:43,875 Que pasou? Estás ben? 427 00:42:45,916 --> 00:42:47,791 Lográchelo. 428 00:43:00,666 --> 00:43:01,666 Eu só... 429 00:43:03,708 --> 00:43:06,416 Non podía deixarte ir sen me despedir. 430 00:44:53,541 --> 00:44:55,083 Abride a maldita barreira. 431 00:45:24,875 --> 00:45:26,625 Roubaron unha limusina? 432 00:45:26,625 --> 00:45:28,208 Diante das miñas narices. 433 00:45:28,791 --> 00:45:31,708 - E conducía o señor Fry? - Poden collelo? 434 00:45:32,791 --> 00:45:34,250 Talvez. 435 00:45:40,500 --> 00:45:42,500 Ou talvez deixemos que marche. 436 00:45:43,083 --> 00:45:44,166 Que? 437 00:45:44,166 --> 00:45:45,625 Consiga outra limusina. 438 00:45:46,958 --> 00:45:48,916 Esqueza o coche. E esa xente? 439 00:45:48,916 --> 00:45:50,666 Son criminais e dexenerados. 440 00:45:51,375 --> 00:45:52,875 Si, claro que o son. 441 00:45:53,500 --> 00:45:54,500 Mais... 442 00:45:55,958 --> 00:45:58,708 Mais agora, por fin... 443 00:46:00,708 --> 00:46:02,750 son o problema doutro. 444 00:46:10,250 --> 00:46:11,750 Boa noite, Sr. Patterson. 445 00:47:06,333 --> 00:47:10,291 Máis de 6 millóns de xudeus e outros "indesexables" foron asasinados 446 00:47:10,291 --> 00:47:13,166 polo réxime nazi e colaboradores europeos. 447 00:47:13,166 --> 00:47:17,666 Varian Fry e o ERC axudaron a máis de 2000 vítimas do réxime nazi 448 00:47:17,666 --> 00:47:19,500 a cruzar o Atlántico. 449 00:47:20,250 --> 00:47:22,666 A resistencia en Francia comezou en 1941, 450 00:47:22,666 --> 00:47:25,041 apoiada por africanos das colonias, 451 00:47:25,041 --> 00:47:27,458 inmigrantes europeos e a SOE británica. 452 00:47:28,083 --> 00:47:32,708 Estados Unidos uniuse finalmente á loita contra os nazis a finais de 1941. 453 00:47:49,250 --> 00:47:51,916 INSPIRADA NA NOVELA DE JULIE ORRINGER 454 00:48:44,416 --> 00:48:51,416 ESTA SERIE É UNHA OBRA DE FICCIÓN INSPIRADA EN XENTE REAL E FEITOS REAIS 455 00:52:17,208 --> 00:52:22,208 Subtítulos: Lorena Pereiras