1 00:00:49,750 --> 00:00:52,916 Acábanmo de confirmar. Volveron a Camp des Milles. 2 00:00:52,916 --> 00:00:53,958 Están ben? 3 00:00:53,958 --> 00:00:55,208 Están vivos. 4 00:00:55,208 --> 00:00:56,750 Que alivio. 5 00:00:56,750 --> 00:00:59,250 Sabes que se falan, mencionarante. 6 00:01:01,458 --> 00:01:04,416 - Non. Non farían iso. - Se tes sorte. 7 00:01:05,208 --> 00:01:07,375 Se Vichy sabe da túa implicación, 8 00:01:07,875 --> 00:01:09,916 non seremos quen de protexerte. 9 00:01:09,916 --> 00:01:13,125 Se nos apreman, negaremos coñecer as túas actividades. 10 00:01:13,833 --> 00:01:15,375 Como? Vivo con Thomas. 11 00:01:15,375 --> 00:01:17,250 Air-Bel é unha casa grande. 12 00:01:17,250 --> 00:01:19,958 Non sabe que fai cada un dos seus inquilinos. 13 00:01:20,458 --> 00:01:21,500 Thomas. 14 00:01:22,833 --> 00:01:24,166 Thomas! 15 00:01:26,875 --> 00:01:30,500 Non depende de min. Só acatamos ordes. 16 00:01:34,291 --> 00:01:35,333 Quen es? 17 00:01:36,166 --> 00:01:37,625 Agora fasme preguntas? 18 00:01:37,625 --> 00:01:40,541 Quen es? Onde vas despois destas reunións? 19 00:01:40,541 --> 00:01:43,750 E ti? É Lovegrove sequera un nome real? 20 00:01:43,750 --> 00:01:44,708 Non fagas iso. 21 00:01:44,708 --> 00:01:48,875 Non! Volos dous podedes finxir non saber nada de min, 22 00:01:48,875 --> 00:01:53,083 mais eu son un libro aberto! Eu son a que non sabe nada de vós! 23 00:01:53,083 --> 00:01:55,916 Esta guerra é máis grande ca calquera de nós. 24 00:01:55,916 --> 00:01:57,875 Están a arrasar Manchester. 25 00:01:57,875 --> 00:02:00,333 Eses homes deben saír antes do Nadal. 26 00:02:00,333 --> 00:02:01,916 Tes que encargarte diso. 27 00:02:01,916 --> 00:02:03,083 Eu soa? 28 00:02:03,083 --> 00:02:04,041 Margaux. 29 00:02:04,833 --> 00:02:05,875 Irei con ela. 30 00:02:07,166 --> 00:02:08,583 Que vaia soa. 31 00:02:09,083 --> 00:02:10,583 Porque son dispensable. 32 00:02:10,583 --> 00:02:14,375 - Porque todo isto é culpa túa. - Por que ía facer isto por ti? 33 00:02:14,375 --> 00:02:15,833 Porque se non o fas, 34 00:02:15,833 --> 00:02:19,291 deixaremos de apoiar economicamente o Comité de Rescate. 35 00:02:58,708 --> 00:03:00,083 Bo día. 36 00:03:01,041 --> 00:03:02,666 Que me pasa? 37 00:03:03,458 --> 00:03:04,791 Nada. 38 00:03:07,416 --> 00:03:08,833 Durmo demasiado ben. 39 00:03:10,916 --> 00:03:12,083 Iso é bo. 40 00:03:12,833 --> 00:03:15,625 Nesta casa, todos esperan para saír de aquí. 41 00:03:16,583 --> 00:03:18,291 Cada día, pregúntanme cando. 42 00:03:18,833 --> 00:03:21,291 Os teus compañeiros osmóns xa saben disto? 43 00:03:21,958 --> 00:03:22,958 Iso importa? 44 00:03:23,833 --> 00:03:25,250 A algunha xente, si. 45 00:03:25,750 --> 00:03:28,416 Esa xente dános igual, non si? 46 00:03:31,041 --> 00:03:32,666 - Dános igual. - Dá. 47 00:03:55,291 --> 00:03:58,083 Hannah Arendt sempre se levanta ao amencer. 48 00:03:59,625 --> 00:04:02,500 Estivemos xuntas no campo de internamento de Gurs 49 00:04:03,625 --> 00:04:05,583 cando os alemáns invadiron París. 50 00:04:06,666 --> 00:04:08,416 Foi un auténtico caos. 51 00:04:10,083 --> 00:04:13,875 Os gardas franceses abandonaron e deixaron as portas abertas. 52 00:04:18,375 --> 00:04:19,916 Mais eu non podía marchar. 53 00:04:21,500 --> 00:04:24,625 Estaba... paralizada polo medo. 54 00:04:28,166 --> 00:04:29,208 Hannah... 55 00:04:30,291 --> 00:04:32,583 Hannah ergueuse e saíu, 56 00:04:32,583 --> 00:04:34,875 como se fose o máis doado do mundo. 57 00:04:36,666 --> 00:04:38,583 Deume coraxe para marchar tamén. 58 00:04:40,791 --> 00:04:44,375 Oxalá puidese devolverlle o favor e sacala de aquí. 59 00:04:51,041 --> 00:04:52,041 Bo día. 60 00:05:06,333 --> 00:05:07,791 Desculpe, señora Arendt. 61 00:05:09,916 --> 00:05:11,000 Ah, non. É só que... 62 00:05:13,041 --> 00:05:14,250 O seu idioma... 63 00:05:14,250 --> 00:05:16,541 Perdoe. O meu inglés... 64 00:05:16,541 --> 00:05:17,833 Sabe? A verdade é... 65 00:05:20,666 --> 00:05:24,208 que aprendín un pouco de alemán en Berlín. 66 00:05:26,291 --> 00:05:27,541 Que está a facer? 67 00:05:29,833 --> 00:05:33,541 Traduzo a obra do meu amigo Walter Benjamin ao inglés. 68 00:05:33,541 --> 00:05:36,458 É unha boa forma de aprender inglés. 69 00:05:36,458 --> 00:05:39,708 Estados Unidos estará en débeda con vostede. 70 00:05:40,208 --> 00:05:44,083 Pois entón dígalle a Estados Unidos que necesito un visado. 71 00:05:46,541 --> 00:05:50,458 Desgraciadamente, non a podo axudar con iso. 72 00:05:53,125 --> 00:05:55,125 Porque non estou na súa lista? 73 00:06:12,458 --> 00:06:13,291 Varian. 74 00:06:13,291 --> 00:06:14,375 Teño présa. 75 00:06:16,125 --> 00:06:19,583 Deberiamos celebrar o Nadal aquí. Para animar a xente. 76 00:06:20,416 --> 00:06:21,333 Que che parece? 77 00:06:21,833 --> 00:06:24,916 - Decoramos a árbore. - Os xudeus non o celebrades. 78 00:06:24,916 --> 00:06:27,250 Estamos en Europa. Todos o celebran. 79 00:06:29,416 --> 00:06:32,750 Varian! Por favor, fala comigo. 80 00:06:35,416 --> 00:06:36,250 Non. 81 00:06:49,791 --> 00:06:51,041 - Vale. - Xa calo. 82 00:06:51,041 --> 00:06:52,625 - Queres silencio? - Vale. 83 00:06:52,625 --> 00:06:53,541 Ben. 84 00:06:53,541 --> 00:06:54,791 - Si. - Un pracer. 85 00:06:54,791 --> 00:06:56,375 O silencio é agradable. 86 00:06:58,500 --> 00:07:00,166 - Bo día. - Bo día. 87 00:07:02,125 --> 00:07:04,041 Quería falar sobre algo. 88 00:07:05,250 --> 00:07:06,375 Eu xa marchaba. 89 00:07:06,375 --> 00:07:08,458 Contigo tamén, por favor. 90 00:07:10,958 --> 00:07:11,791 Senta. 91 00:07:28,458 --> 00:07:33,416 Teño que sacar os PDG británicos do campo de prisioneiros de guerra. 92 00:07:34,916 --> 00:07:36,541 - Claro que si. - Por favor. 93 00:07:38,750 --> 00:07:42,041 Aínda que fose posible, como sabes que están alí? 94 00:07:42,041 --> 00:07:46,375 Non sei nada, mais confío na miña fonte. 95 00:07:46,375 --> 00:07:50,083 - Un axente británico? - Da Dirección de Operacións Especiais. 96 00:07:50,083 --> 00:07:51,416 Margaux. 97 00:07:51,416 --> 00:07:53,500 - E Lovegrove? - Traballa para ela. 98 00:07:53,500 --> 00:07:54,458 Sabíao. 99 00:07:57,041 --> 00:07:57,958 Quero coñecela. 100 00:07:57,958 --> 00:08:00,791 Axúdame e poreivos en contacto. 101 00:08:01,750 --> 00:08:02,666 Por favor. 102 00:08:02,666 --> 00:08:04,375 Non podo facelo soa. 103 00:08:07,125 --> 00:08:10,041 Non podemos entrar alí sen saber como saír. 104 00:08:10,041 --> 00:08:11,625 Bellmer estivo dentro. 105 00:08:11,625 --> 00:08:12,625 O artista? 106 00:08:13,125 --> 00:08:16,500 - Está en Air-Bel. - É certo. Podería falar con el. 107 00:08:20,875 --> 00:08:21,916 Por favor. 108 00:08:27,000 --> 00:08:29,625 Teño que ver o perímetro do patio da prisión. 109 00:08:32,750 --> 00:08:33,750 Bo día. 110 00:08:34,500 --> 00:08:35,500 Bo día. 111 00:08:36,666 --> 00:08:39,416 Bo día. Atenderémolos o antes posible. 112 00:08:40,541 --> 00:08:41,958 - Bo día. - Bo día. 113 00:08:41,958 --> 00:08:43,750 - Estiven a pensar. - Varian... 114 00:08:43,750 --> 00:08:47,458 Adaptemos a entrevista para considerar outras vías de entrada. 115 00:08:47,458 --> 00:08:51,833 Talvez algúns poidan entrar en EE. UU. como estudantes, por exemplo. 116 00:08:52,541 --> 00:08:54,666 Bo día. Veu para unha entrevista? 117 00:08:54,666 --> 00:08:58,375 Son Dillon Reese, señor Fry. Do consulado de Estados Unidos. 118 00:08:59,000 --> 00:09:00,541 - Como? - Quería dicircho. 119 00:09:00,541 --> 00:09:03,166 - Son o seu substituto. - Substituto? 120 00:09:03,833 --> 00:09:06,500 Despedírono, mais iso xa o sabe. 121 00:09:06,500 --> 00:09:09,208 - Non diga parvadas! - Quería darlle isto. 122 00:09:22,958 --> 00:09:27,208 - Vinte e catro horas para saír do país? - Está todo explicado na carta. 123 00:09:27,208 --> 00:09:30,833 O seu visado de traballo finaliza coa fin do seu contrato. 124 00:09:32,541 --> 00:09:36,625 Tranquilo. Farei que isto funcione coma un reloxo suízo. 125 00:09:39,125 --> 00:09:41,916 - Chamaches a Bingham? - Si, non sabía nada. 126 00:09:42,416 --> 00:09:45,916 - Non o podes permitir. - Non o farei. Loitarei ata... 127 00:09:45,916 --> 00:09:47,666 Cálmese. 128 00:09:49,208 --> 00:09:50,541 Que me acaba de dicir? 129 00:09:50,541 --> 00:09:53,875 Aquí somos todos adultos, señor Fry. Todo irá ben. 130 00:10:04,458 --> 00:10:06,250 Nin chío a ninguén, por favor. 131 00:10:06,875 --> 00:10:08,125 Volverei. 132 00:10:08,875 --> 00:10:10,083 Que teña un bo día. 133 00:10:17,166 --> 00:10:18,125 Síntoo moito. 134 00:10:19,291 --> 00:10:20,416 Volverei. 135 00:10:20,916 --> 00:10:22,958 Síntoo moito. 136 00:10:27,541 --> 00:10:28,791 Teño que velo. 137 00:10:28,791 --> 00:10:30,000 - Mais... - Agora! 138 00:10:33,000 --> 00:10:36,500 - O próximo mércores. - Iso é demasiado tarde. 139 00:10:41,833 --> 00:10:42,833 Que pena! 140 00:11:07,750 --> 00:11:08,750 Patterson? 141 00:11:10,541 --> 00:11:11,375 Patterson! 142 00:11:13,000 --> 00:11:17,250 - Non me pode facer isto. - Señor Fry, dáme demasiado crédito. 143 00:11:17,250 --> 00:11:20,000 Só son un burócrata que segue ordes de arriba. 144 00:11:20,500 --> 00:11:22,000 Que lles dixo? 145 00:11:23,541 --> 00:11:24,791 - Sobre vostede? - Si! 146 00:11:27,125 --> 00:11:28,166 Só a verdade. 147 00:12:09,833 --> 00:12:10,833 Señor Bellmer? 148 00:12:14,875 --> 00:12:16,333 Podo facerlle 149 00:12:17,833 --> 00:12:19,583 unha pregunta pouco usual? 150 00:12:23,125 --> 00:12:26,333 Recorda algo do interior de Camp des Milles? 151 00:12:42,333 --> 00:12:45,250 Recórdoo todo de Camp des Milles. 152 00:12:46,375 --> 00:12:50,166 Nunca esquecerei nin un milímetro dese lugar mentres viva. 153 00:12:53,250 --> 00:12:56,625 Sentir outra xente apertada contra min día e noite. 154 00:12:57,750 --> 00:12:59,750 Os seus corpos cálidos e húmidos. 155 00:13:01,458 --> 00:13:03,166 O fedor da humanidade. 156 00:13:08,458 --> 00:13:10,708 Cre que podería construír 157 00:13:10,708 --> 00:13:13,208 un modelo en miniatura do interior 158 00:13:13,958 --> 00:13:16,250 e do exterior do campo? 159 00:13:18,541 --> 00:13:19,625 Por que? 160 00:13:19,625 --> 00:13:22,000 Quero axudar a outros homes a fuxir. 161 00:13:24,333 --> 00:13:25,458 Entón, por suposto. 162 00:14:43,500 --> 00:14:46,625 Podedes reunirvos aquí cando queirades. É seguro. 163 00:14:54,166 --> 00:14:55,166 Grazas. 164 00:15:15,333 --> 00:15:16,291 Señores. 165 00:15:17,708 --> 00:15:19,708 Xogamos a largo prazo. 166 00:15:19,708 --> 00:15:22,541 Despois de botar os alemáns de Francia, 167 00:15:23,333 --> 00:15:25,291 botaremos os franceses de África. 168 00:15:25,791 --> 00:15:27,791 E por que hai aquí un home branco? 169 00:15:31,083 --> 00:15:32,125 Son xudeu. 170 00:15:32,125 --> 00:15:33,750 Mais es branco. 171 00:15:33,750 --> 00:15:36,666 Albert xógase tanto aquí como calquera de nós. 172 00:15:38,958 --> 00:15:40,000 Señores. 173 00:15:41,166 --> 00:15:42,166 Señores. 174 00:15:43,416 --> 00:15:44,791 Necesitamos aliados. 175 00:15:46,000 --> 00:15:47,416 Tamén necesitamos armas. 176 00:15:47,416 --> 00:15:49,125 Adestramento. Intelixencia. 177 00:15:50,916 --> 00:15:52,166 De onde? 178 00:15:53,708 --> 00:15:55,416 Para comezar? Dos británicos. 179 00:15:58,250 --> 00:16:02,208 Os británicos? Teñen o maior imperio colonial do mundo! 180 00:16:02,208 --> 00:16:05,125 Mais aquí e agora, comparten os nosos obxectivos. 181 00:16:06,166 --> 00:16:08,750 Se sacamos os prisioneiros de guerra mañá, 182 00:16:08,750 --> 00:16:11,083 afianzaremos a colaboración no futuro. 183 00:16:15,625 --> 00:16:16,625 Quen se apunta? 184 00:16:36,250 --> 00:16:39,833 Esta é a lista dos reclusos actuais. 185 00:16:40,958 --> 00:16:42,833 Os homes que buscas están aí. 186 00:16:43,583 --> 00:16:45,916 Podo avisalos de que vindes. 187 00:16:45,916 --> 00:16:48,500 Mais debedes movervos rápido. 188 00:16:51,166 --> 00:16:52,916 Protexemos o perímetro. 189 00:16:53,500 --> 00:16:56,958 Disparamos para matar. Ese é o traballo. 190 00:17:00,875 --> 00:17:02,916 Só podemos esperar para disparar... 191 00:17:05,458 --> 00:17:07,291 talvez 60 segundos como máximo. 192 00:17:10,166 --> 00:17:13,333 Se os gardas franceses cren que permitimos que fuxan, 193 00:17:14,250 --> 00:17:15,250 creme, 194 00:17:16,375 --> 00:17:17,583 dispararannos a nós. 195 00:17:23,333 --> 00:17:28,083 Teño unha boa nova e outra... mellor. 196 00:17:28,083 --> 00:17:31,750 - Por cal empezo? - Estraño os estadounidenses. Continúe. 197 00:17:32,458 --> 00:17:34,916 A boa é que tivemos 198 00:17:34,916 --> 00:17:39,500 conversas moi entusiastas cos nosos clientes europeos. 199 00:17:39,500 --> 00:17:40,750 Brindo por iso. 200 00:17:40,750 --> 00:17:46,333 O obxectivo de ACM, independentemente do resultado desta guerra, é simple. 201 00:17:46,833 --> 00:17:50,375 Queremos que os negocios estadounidenses prosperen na rexión. 202 00:17:50,375 --> 00:17:52,958 Para exercer a nosa influencia democrática, 203 00:17:52,958 --> 00:17:55,541 debemos poder traballar con ambas partes. 204 00:17:55,541 --> 00:17:56,583 Exacto. 205 00:17:57,083 --> 00:18:01,291 Se Roosevelt declara a guerra, non teremos nin voz nin voto. 206 00:18:01,291 --> 00:18:03,083 Estou totalmente de acordo. 207 00:18:03,583 --> 00:18:06,208 O que me recorda as noticias mellores. 208 00:18:06,958 --> 00:18:10,125 A ACM gustaríalle ofrecerlle un posto de traballo. 209 00:18:12,458 --> 00:18:13,291 A min? 210 00:18:13,916 --> 00:18:15,791 Dígamo se me paso da raia, 211 00:18:15,791 --> 00:18:19,208 mais necesitamos a alguén que sexa o noso home en Europa 212 00:18:19,791 --> 00:18:22,291 e non se me ocorre ninguén mellor. 213 00:18:22,791 --> 00:18:26,625 Se está e cando estea disposto a pasar ao sector privado. 214 00:18:34,541 --> 00:18:36,541 Pois dá a casualidade 215 00:18:37,125 --> 00:18:41,375 de que podo deixar o servizo diplomático cando cumpra 50 esta primavera. 216 00:18:57,875 --> 00:18:58,750 Varian. 217 00:19:03,791 --> 00:19:05,333 Por que estás tan anoxado? 218 00:19:06,375 --> 00:19:10,958 Cal das moitas leis que infrinxín te ofende máis? Loitar contra o fascismo? 219 00:19:14,125 --> 00:19:15,291 Acoller radicais? 220 00:19:16,291 --> 00:19:18,000 - Amar os homes? - Para. 221 00:19:18,000 --> 00:19:21,333 Se todo para o que merece a pena loitar é ilegal 222 00:19:21,333 --> 00:19:24,000 e todo o que merece a pena facer é un crime, 223 00:19:25,041 --> 00:19:26,541 chámame criminal. 224 00:19:28,958 --> 00:19:30,250 Non me desculparei. 225 00:19:30,250 --> 00:19:33,166 Non me dixeches para quen traballabas. 226 00:19:33,166 --> 00:19:35,625 Omitino por unha razón. 227 00:19:35,625 --> 00:19:38,750 E así puxeches en risco a miña operación! 228 00:19:39,500 --> 00:19:42,833 É cuestión de tempo que os franceses saiban que traballo 229 00:19:42,833 --> 00:19:45,000 cun niño de espías británico! 230 00:19:45,875 --> 00:19:48,666 Cando o saiba EE. UU., condenaranme ambos lados. 231 00:19:48,666 --> 00:19:51,416 O que debería facer e marchar de aquí 232 00:19:52,000 --> 00:19:55,125 e levar a todos comigo. Mais onde iriamos, Thomas? 233 00:19:56,166 --> 00:19:57,541 Non temos onde ir! 234 00:20:05,666 --> 00:20:07,416 Por que traballas para eles? 235 00:20:12,125 --> 00:20:15,041 Porque son os únicos que loitan contra os nazis. 236 00:20:17,708 --> 00:20:23,250 - Winston Churhill é amigo dos xudeus. - É un antisemita ruín de portas a dentro. 237 00:20:23,250 --> 00:20:25,750 Dáme igual o que faga de portas a dentro. 238 00:20:25,750 --> 00:20:28,291 O que faga calquera de portas a dentro. 239 00:20:30,583 --> 00:20:33,250 Churchill prometeu darnos unha patria. 240 00:20:35,833 --> 00:20:36,958 E necesitamos unha. 241 00:20:57,958 --> 00:20:58,791 Hannah. 242 00:21:03,333 --> 00:21:04,750 Non a podo axudar. 243 00:21:07,625 --> 00:21:10,666 Perdín o traballo e bótanme de Francia. 244 00:21:11,833 --> 00:21:13,208 Mais ten dereitos. 245 00:21:14,333 --> 00:21:15,541 Como estadounidense! 246 00:21:15,541 --> 00:21:17,166 Mais estou en Francia. 247 00:21:17,166 --> 00:21:19,666 Todos estamos en Francia, señor Fry. 248 00:21:20,458 --> 00:21:21,291 Xa. 249 00:21:21,291 --> 00:21:25,708 Como estadounidense, ten dereito a estar aquí como turista. Eu non. 250 00:21:25,708 --> 00:21:28,625 Son probablemente a persoa máis alemá que coñece. 251 00:21:29,708 --> 00:21:31,541 Estráñoo todo do meu país. 252 00:21:32,375 --> 00:21:33,375 O idioma, 253 00:21:34,125 --> 00:21:35,208 a poesía, 254 00:21:35,791 --> 00:21:36,875 mesmo o tempo. 255 00:21:39,041 --> 00:21:41,875 Mais xa non son unha cidadá alemá, sabe? 256 00:21:42,791 --> 00:21:43,875 Non teño dereitos. 257 00:21:48,333 --> 00:21:50,125 Terá morriña do seu fogar. 258 00:21:50,750 --> 00:21:51,916 O meu fogar? 259 00:21:53,125 --> 00:21:55,416 Non teño fogar, señor Fry. 260 00:21:57,708 --> 00:21:58,625 Nin patria. 261 00:22:02,250 --> 00:22:03,833 A única entrada está aquí. 262 00:22:06,125 --> 00:22:11,083 O arame de espiño está frouxo por aquí e é o bastante fino como para cortalo. 263 00:22:12,458 --> 00:22:15,708 Cando estiven alí, intentaban fuxir por un túnel aquí. 264 00:22:16,208 --> 00:22:20,125 Hai que levar os soldados ao lugar adecuado á hora adecuada. 265 00:22:20,125 --> 00:22:22,500 - Xa o terán arranxado. - Talvez non. 266 00:22:22,500 --> 00:22:23,791 Mais é posible. 267 00:22:23,791 --> 00:22:29,250 Touré darame un uniforme de francotirador. Ti distraes os gardas e eu entro. 268 00:22:29,250 --> 00:22:31,916 {\an8}Reunirémonos aquí, no arame de espiño. 269 00:22:33,125 --> 00:22:34,791 E se quedas atrapado dentro? 270 00:22:37,125 --> 00:22:38,041 Non quedarei. 271 00:22:40,875 --> 00:22:42,916 Touré avisou os prisioneiros. 272 00:22:42,916 --> 00:22:44,000 Ben. 273 00:22:45,833 --> 00:22:47,291 Coñeces a Hans Fittko? 274 00:22:48,750 --> 00:22:49,666 Que? 275 00:22:50,166 --> 00:22:52,583 Coñeces a alguén que se chame Hans Fittko? 276 00:22:53,500 --> 00:22:56,041 Esta é a lista de todos os prisioneiros. 277 00:23:03,125 --> 00:23:04,125 Mais está morto. 278 00:23:08,208 --> 00:23:09,166 Que pasa? 279 00:23:09,666 --> 00:23:12,500 Hai un Hans Fittko en Camp des Milles. 280 00:23:14,625 --> 00:23:15,750 Teu irmán? 281 00:23:19,750 --> 00:23:20,958 O meu marido. 282 00:23:21,833 --> 00:23:24,041 Como? Estás casada? 283 00:23:26,333 --> 00:23:27,541 Non pode ser certo. 284 00:23:28,875 --> 00:23:32,333 Mais se o é, temos que sacalo. 285 00:23:32,833 --> 00:23:35,291 Por favor, déixame facer isto por ti. 286 00:23:35,291 --> 00:23:37,125 Por favor, débocho. 287 00:23:39,666 --> 00:23:41,291 - Si. - Si. 288 00:23:41,291 --> 00:23:43,083 Mary Jayne, non o fagas. 289 00:23:44,375 --> 00:23:45,625 Isto non che incumbe. 290 00:23:45,625 --> 00:23:49,625 Déixame na entrada. Usarei a Dagobert como distracción. 291 00:23:49,625 --> 00:23:50,958 O teu can? 292 00:23:50,958 --> 00:23:54,833 Esta é a miña misión e farei o que considere mellor. Conduces? 293 00:23:54,833 --> 00:23:57,250 - Mary Jayne. - Cría que estaba soa. 294 00:24:11,875 --> 00:24:15,541 Hai que mostrarlle ao seu marido algo familiar ou non se fiará. 295 00:24:19,041 --> 00:24:20,333 Seguro que tes algo. 296 00:24:22,666 --> 00:24:23,666 Unha cousa. 297 00:24:25,416 --> 00:24:26,791 A miña alianza. 298 00:24:28,875 --> 00:24:29,875 Tráema. 299 00:24:31,625 --> 00:24:32,541 Paul... 300 00:24:36,541 --> 00:24:38,250 Cría que estaba morto. 301 00:24:42,625 --> 00:24:43,958 A guerra é complicada. 302 00:24:45,458 --> 00:24:46,416 É un bo home. 303 00:24:48,750 --> 00:24:49,833 Ti trae a alianza. 304 00:24:50,708 --> 00:24:51,625 Por favor. 305 00:25:09,625 --> 00:25:10,625 Grazas, señor. 306 00:25:12,166 --> 00:25:14,416 Visados turísticos? Número 134. 307 00:25:14,416 --> 00:25:15,333 Si. 308 00:25:20,958 --> 00:25:21,791 Tres meses. 309 00:25:22,541 --> 00:25:25,041 Necesito o seu domicilio local. É este? 310 00:25:25,041 --> 00:25:26,041 Si. 311 00:25:26,791 --> 00:25:27,875 É un hotel? 312 00:25:27,875 --> 00:25:30,166 Non. Unha residencia privada. 313 00:25:31,375 --> 00:25:33,916 Pois necesitamos a firma do dono. Agarde. 314 00:25:33,916 --> 00:25:35,375 Señor, desculpe... 315 00:25:53,291 --> 00:25:55,541 Avenida Jean Lombard, 63? 316 00:25:55,541 --> 00:25:59,416 Si. Para que a necesita? O dono é Thomas Lovegrove. 317 00:26:00,333 --> 00:26:04,541 Mais aquí di que a casa pertence a unha tal señora Marguerite Nouget. 318 00:26:07,625 --> 00:26:08,458 Está ben. 319 00:26:22,916 --> 00:26:23,875 Madame Nouget. 320 00:26:24,375 --> 00:26:25,250 Señor Fry. 321 00:26:33,666 --> 00:26:35,125 Creo que teño algo 322 00:26:36,250 --> 00:26:38,041 que necesito que firme. 323 00:26:41,041 --> 00:26:42,833 Se isto é correcto, 324 00:26:44,000 --> 00:26:45,625 necesito que firme aquí. 325 00:27:11,166 --> 00:27:12,291 Que teña un bo día. 326 00:27:18,500 --> 00:27:19,500 Grazas. 327 00:27:25,500 --> 00:27:26,708 Cres que funcionará? 328 00:27:26,708 --> 00:27:27,708 Isto é Francia. 329 00:27:27,708 --> 00:27:31,000 Cres que un garda branco distingue dous homes negros? 330 00:27:46,416 --> 00:27:47,250 Boa sorte. 331 00:27:49,708 --> 00:27:51,541 Vémonos do outro lado. 332 00:27:54,791 --> 00:27:58,500 Isto non vai funcionar. 333 00:28:02,416 --> 00:28:03,250 Moi ben. 334 00:28:20,000 --> 00:28:21,208 Boa noite. 335 00:28:22,625 --> 00:28:23,458 Boa noite. 336 00:28:23,458 --> 00:28:26,250 Lémbrase de min? Vin ver o meu marido. 337 00:28:26,250 --> 00:28:27,458 O meu marido. 338 00:28:27,458 --> 00:28:29,166 Agora non se pode. 339 00:28:29,166 --> 00:28:30,708 Por favor. Está seguro? 340 00:28:30,708 --> 00:28:33,333 Creo que non me entendeu. Debe marchar. 341 00:28:33,333 --> 00:28:34,958 De acordo. 342 00:28:43,458 --> 00:28:44,625 Oh, non! 343 00:28:45,208 --> 00:28:47,125 - O meu can! - Ei! 344 00:28:47,125 --> 00:28:48,916 - O can! - Non! 345 00:28:50,250 --> 00:28:51,583 Atrapen o can! 346 00:28:55,708 --> 00:28:56,791 Dagobert! 347 00:28:57,625 --> 00:28:58,583 Atrapen o can! 348 00:28:58,583 --> 00:29:00,625 Mi madriña! Dagobert! 349 00:30:08,041 --> 00:30:09,166 - Estás ben? - Si. 350 00:30:09,166 --> 00:30:10,500 - Ti? - Si. Saíu ben? 351 00:30:17,541 --> 00:30:18,375 Agora. 352 00:30:19,291 --> 00:30:20,208 Bulide. 353 00:30:35,666 --> 00:30:36,833 Por aquí. 354 00:30:37,541 --> 00:30:39,041 - Vedes a luz? - Si. 355 00:30:45,333 --> 00:30:46,291 Vale. 356 00:30:52,541 --> 00:30:56,083 Escoitade! Seguide nesa dirección. Vémonos no coche. 357 00:30:56,083 --> 00:30:57,416 Un momento! E Paul? 358 00:30:57,416 --> 00:30:58,625 - Paul? - Paul. 359 00:30:58,625 --> 00:30:59,666 Non... 360 00:31:00,458 --> 00:31:02,208 - Onde está Paul? - Non sei. 361 00:31:06,625 --> 00:31:07,625 Empurra! 362 00:31:09,541 --> 00:31:10,583 Vamos. 363 00:31:12,166 --> 00:31:13,500 Rápido. 364 00:31:16,458 --> 00:31:17,458 Dagobert! 365 00:31:18,125 --> 00:31:21,041 Meu Deus, Dagobert! Non! Teño que ir por el. 366 00:31:21,541 --> 00:31:24,625 - Mary Jayne, para! - Non, déixame. Estarei ben. 367 00:31:24,625 --> 00:31:26,166 Tranquilo. Estarei ben. 368 00:31:26,166 --> 00:31:28,250 Tes as chaves do coche. Déixame! 369 00:31:28,250 --> 00:31:30,041 Non te podo deixar atrás. 370 00:31:31,000 --> 00:31:34,333 Alto! 371 00:31:35,083 --> 00:31:38,041 - Merda! - Vamos! Veña, vamos! 372 00:31:38,041 --> 00:31:39,125 Vale. 373 00:32:02,250 --> 00:32:03,166 Que bonito. 374 00:32:05,250 --> 00:32:07,083 Solucionou o do seu visado? 375 00:32:08,666 --> 00:32:09,666 Si. 376 00:32:10,333 --> 00:32:11,333 E o do meu? 377 00:32:12,208 --> 00:32:13,375 Créame, 378 00:32:13,375 --> 00:32:17,625 se puidese facer algo, faríao. 379 00:32:17,625 --> 00:32:18,541 En serio? 380 00:32:19,416 --> 00:32:22,458 A maioría xa non se atreven a actuar por si mesmos. 381 00:32:22,458 --> 00:32:24,875 Eu non son como a maioría. 382 00:32:27,208 --> 00:32:28,333 Demóstreo. 383 00:32:49,291 --> 00:32:50,208 Mary Jayne. 384 00:32:51,666 --> 00:32:53,208 Que pasou? 385 00:32:53,958 --> 00:32:55,833 Todo saíu ben. É só que... 386 00:32:57,208 --> 00:32:58,250 Perdemos o can. 387 00:32:59,291 --> 00:33:00,750 E os prisioneiros? 388 00:33:00,750 --> 00:33:02,791 Veñen cara aquí nas bicicletas. 389 00:33:03,291 --> 00:33:04,291 Onde está Lisa? 390 00:33:09,291 --> 00:33:10,291 Podo só. 391 00:33:14,500 --> 00:33:15,500 Eu... 392 00:33:19,583 --> 00:33:20,625 esperei por ti. 393 00:33:27,541 --> 00:33:28,916 Non apareciches! 394 00:33:30,125 --> 00:33:30,958 Lisa. 395 00:33:31,458 --> 00:33:33,250 Non apareciches! 396 00:33:54,708 --> 00:33:55,708 Lisa. 397 00:34:17,916 --> 00:34:18,916 Mary Jayne. 398 00:34:20,375 --> 00:34:21,375 Eu... 399 00:34:44,750 --> 00:34:46,125 Sei como te sentes. 400 00:34:51,250 --> 00:34:52,500 Perdinos... 401 00:34:54,583 --> 00:34:55,583 a todos. 402 00:34:57,000 --> 00:34:59,083 Perdín a meus pais, 403 00:35:00,250 --> 00:35:01,333 os meus amigos... 404 00:35:06,250 --> 00:35:07,333 a miña irmá. 405 00:35:09,625 --> 00:35:10,541 Ursula? 406 00:35:11,041 --> 00:35:12,541 Non. 407 00:35:15,083 --> 00:35:16,291 Teño outra. 408 00:35:18,625 --> 00:35:19,541 Eva. 409 00:35:21,416 --> 00:35:22,708 Eva é a pequena. 410 00:35:25,166 --> 00:35:26,083 Escoita. 411 00:35:29,833 --> 00:35:32,708 Non te podes afundir agora 412 00:35:32,708 --> 00:35:34,833 porque hoxe... 413 00:35:37,041 --> 00:35:38,625 estiveches incrible. 414 00:35:39,833 --> 00:35:42,666 Era unha misión moi difícil. 415 00:35:42,666 --> 00:35:46,583 Estabas decidida a salvar o marido de Lisa, 416 00:35:46,583 --> 00:35:49,333 e lográmolo. 417 00:35:55,833 --> 00:35:57,416 Mais debes 418 00:35:58,958 --> 00:36:00,708 seguir adiante 419 00:36:01,958 --> 00:36:02,958 porque... 420 00:36:38,916 --> 00:36:39,791 Lisa. 421 00:37:11,750 --> 00:37:14,375 Pensar en ti mantívome con vida alí dentro. 422 00:37:52,833 --> 00:37:54,333 Eu tamén son un criminal. 423 00:37:58,166 --> 00:37:59,041 Seino. 424 00:38:03,666 --> 00:38:06,041 Por que pertence a casa a Madame Nouget? 425 00:38:16,041 --> 00:38:18,416 Traballou para min en París moitos anos. 426 00:38:19,958 --> 00:38:21,625 Sabía o que facía alí. 427 00:38:22,333 --> 00:38:24,041 Sabe o que facemos aquí? 428 00:38:34,583 --> 00:38:36,625 Estaba a levar xudeus a Palestina. 429 00:38:38,333 --> 00:38:40,333 Cando os nazis chegaron a París... 430 00:38:42,750 --> 00:38:44,041 axudoume a escapar. 431 00:38:47,291 --> 00:38:48,583 Débollo todo. 432 00:38:54,250 --> 00:38:55,958 Algún día terei que marchar 433 00:38:57,208 --> 00:38:59,375 e deixareille esta casa. 434 00:39:07,416 --> 00:39:10,041 Este é un novo mundo, Varian. 435 00:39:12,333 --> 00:39:14,125 As normas de antes non serven. 436 00:39:20,541 --> 00:39:22,333 Mais se non serven, 437 00:39:23,833 --> 00:39:25,833 como imos atopar o noso compás? 438 00:39:29,625 --> 00:39:30,625 En nós mesmos. 439 00:39:33,583 --> 00:39:34,666 Os uns nos outros. 440 00:40:37,750 --> 00:40:38,708 Bo día. 441 00:40:46,875 --> 00:40:48,958 Tiven unha noite incrible. 442 00:40:58,875 --> 00:41:00,791 Senta ben dicilo en alemán. 443 00:41:01,541 --> 00:41:04,208 Non é a nosa lingua a que toleou? 444 00:41:06,166 --> 00:41:07,125 Non. 445 00:41:10,166 --> 00:41:12,791 Algún día, Alemaña recuperarase de todo isto. 446 00:41:13,833 --> 00:41:15,208 Talvez algún día. 447 00:41:16,458 --> 00:41:17,833 Mais nós vivimos agora. 448 00:41:22,625 --> 00:41:24,583 Agora mesmo síntome moi vivo. 449 00:41:50,500 --> 00:41:52,458 ALBERT HIRSCHMAN 450 00:41:52,458 --> 00:41:55,083 U HIRSCHMAN HOTEL DU MAR, LISBOA, PORTUGAL 451 00:42:24,708 --> 00:42:25,958 Querido irmán, 452 00:42:27,041 --> 00:42:30,708 por fin logrei obter visados estadounidenses para os dous. 453 00:42:32,041 --> 00:42:35,708 Podes recoller o teu no consulado de EE. UU. en Marsella. 454 00:42:36,416 --> 00:42:40,208 Sei que non che gusta que che digan o que tes que facer, 455 00:42:41,208 --> 00:42:44,833 mais por respecto a nosos pais, por favor, recolle o visado. 456 00:42:45,625 --> 00:42:49,458 Reúnete comigo en Lisboa para viaxarmos a Estados Unidos xuntos. 457 00:42:51,458 --> 00:42:53,416 Os dous perdemos xa demasiado. 458 00:42:55,041 --> 00:42:57,000 Négome a deixarte atrás. 459 00:42:58,208 --> 00:43:00,333 A túa irmá que te quere, Ursula. 460 00:43:24,125 --> 00:43:25,000 Bingham. 461 00:43:27,958 --> 00:43:31,708 - Grazas por vir aquí. - Sinto o de Reese. Non tiña nin idea. 462 00:43:33,250 --> 00:43:36,416 Foi humillante, mais é inofensivo. Estoume a adaptar. 463 00:43:36,416 --> 00:43:40,125 - Patterson quería botarte do país. - Non me rindo facilmente. 464 00:43:40,125 --> 00:43:41,041 Ben. 465 00:43:41,041 --> 00:43:43,375 Necesito que fagas algo por min. 466 00:43:44,708 --> 00:43:48,791 Chámase Hannah Arendt. Téñolle un sitio nun barco cara o Caribe. 467 00:43:48,791 --> 00:43:50,166 O capitán é un amigo. 468 00:43:51,208 --> 00:43:52,291 Necesita o visado. 469 00:43:52,291 --> 00:43:53,708 O porto está pechado. 470 00:43:53,708 --> 00:43:56,333 Abrirá, e cando o faga, estaremos listos. 471 00:43:56,333 --> 00:43:59,000 Necesitarei máis visados. É un barco grande. 472 00:43:59,500 --> 00:44:03,958 Deberías ver as circulares dos mandaríns do Departamento de Estado. 473 00:44:05,958 --> 00:44:08,666 "Os xudeus sofren, mais a súa historia demostra 474 00:44:08,666 --> 00:44:10,791 que sufrir non mata moitos." 475 00:44:10,791 --> 00:44:12,166 "De acoller algúns, 476 00:44:12,166 --> 00:44:15,625 só vellos que non se reproduzan e non danen o noso país." 477 00:44:16,500 --> 00:44:19,083 Rexeitan barcos de refuxiados en Nova York 478 00:44:19,083 --> 00:44:21,666 por medo a que haxa espías alemáns dentro. 479 00:44:21,666 --> 00:44:24,541 Ademais, o meu xefe, meu pai e moitos outros... 480 00:44:25,208 --> 00:44:26,916 Mira, estou do teu lado, 481 00:44:26,916 --> 00:44:30,750 mais sinceramente, Varian, non podo desobedecer ordes directas. 482 00:44:30,750 --> 00:44:31,875 Si que podes! 483 00:44:31,875 --> 00:44:34,875 Ponme como patrocinador. Di que te ameacei. 484 00:44:34,875 --> 00:44:35,875 Tanto me dá. 485 00:44:37,875 --> 00:44:38,875 Fai o que poidas. 486 00:44:42,916 --> 00:44:43,833 Por favor! 487 00:44:44,583 --> 00:44:46,250 Podo ter tres á semana, 488 00:44:47,333 --> 00:44:48,208 como moito. 489 00:44:50,041 --> 00:44:50,958 Grazas. 490 00:45:19,750 --> 00:45:20,708 Paul. 491 00:45:23,583 --> 00:45:25,250 Grazas por liberar os nosos. 492 00:45:25,250 --> 00:45:26,166 Os nosos? 493 00:45:27,041 --> 00:45:27,958 Es británica. 494 00:45:29,041 --> 00:45:31,291 Os británicos loitan no lado correcto, 495 00:45:31,291 --> 00:45:32,916 así que loito con eles. 496 00:45:35,250 --> 00:45:38,916 Oín que tes moito que dicir do mundo. Tes grandes planes. 497 00:45:40,416 --> 00:45:43,833 Vexo esta guerra como unha oportunidade para reinventarnos, 498 00:45:44,375 --> 00:45:47,291 para loitar pola liberdade desde dentro cara fóra. 499 00:45:47,791 --> 00:45:51,166 Europa será libre, e despois as colonias. 500 00:45:56,958 --> 00:45:58,833 Que tes en mente, Paul? 501 00:45:59,833 --> 00:46:04,541 Todo o aparato loxístico nazi depende do ferrocarril. 502 00:46:04,541 --> 00:46:07,750 O sur de Francia non está baixo a ocupación nazi. 503 00:46:07,750 --> 00:46:08,666 Aínda non. 504 00:46:09,916 --> 00:46:12,250 - Hai que xugular xa. - Como? 505 00:46:14,833 --> 00:46:18,291 Ataques dirixidos á principal liña de ferrocarril 506 00:46:18,291 --> 00:46:21,000 que conecta o sur coa Gestapo en Dijon. 507 00:46:22,541 --> 00:46:24,375 Non é doado reconstruír pontes. 508 00:46:26,208 --> 00:46:29,875 Necesitamos explosivos, e probablemente armas e intelixencia. 509 00:46:31,750 --> 00:46:33,166 Podes proporcionalo? 510 00:46:37,333 --> 00:46:38,333 Si. 511 00:47:31,750 --> 00:47:36,000 Para ti, pequecha. 512 00:47:36,000 --> 00:47:37,500 Grazas, Hans. 513 00:47:38,333 --> 00:47:39,958 - Bo Nadal. - Bo Nadal. 514 00:47:39,958 --> 00:47:41,708 - Grazas. - De nada. 515 00:47:42,916 --> 00:47:45,166 Sinto que non o celebren en casa. 516 00:47:45,166 --> 00:47:46,500 Créame, señora Gold, 517 00:47:46,500 --> 00:47:49,916 este Nadal é moito mellor do que esperabamos. 518 00:47:51,458 --> 00:47:52,875 Bo Nadal. 519 00:47:52,875 --> 00:47:55,000 - Bo Nadal. - Bo Nadal. 520 00:48:06,333 --> 00:48:07,416 Bo Nadal. 521 00:48:31,041 --> 00:48:33,708 Comisario! Bo Nadal! 522 00:48:33,708 --> 00:48:35,125 En que o podo axudar? 523 00:48:35,750 --> 00:48:39,750 A estadounidense coouse nun campo de prisioneiros. 524 00:48:40,375 --> 00:48:41,833 O que? Quen? 525 00:48:41,833 --> 00:48:43,250 Mary Jayne Gold. 526 00:48:46,541 --> 00:48:49,333 Non lograría coarse nin nunha cunca de cereais. 527 00:48:49,333 --> 00:48:50,333 Non? 528 00:48:50,833 --> 00:48:52,750 Non coñece esta criatura? 529 00:48:56,541 --> 00:48:59,625 A señora Gold traballa para os británicos. 530 00:49:02,375 --> 00:49:03,375 Os británicos? 531 00:49:04,000 --> 00:49:07,666 Liberou tres soldados británicos e deixou alí o can. 532 00:49:10,041 --> 00:49:11,625 É un crime de guerra. 533 00:49:13,333 --> 00:49:16,333 - Non me pode facer responsable diso. - Si, podo. 534 00:49:51,458 --> 00:49:54,125 INSPIRADA NA NOVELA DE JULIE ORRINGER 535 00:50:46,666 --> 00:50:53,666 ESTA SERIE É UNHA OBRA DE FICCIÓN INSPIRADA EN XENTE REAL E FEITOS REAIS 536 00:54:19,416 --> 00:54:24,416 Subtítulos: Lorena Pereiras