1 00:00:53,262 --> 00:00:55,473 A LISTA TERMINAL 2 00:02:41,537 --> 00:02:42,413 Si, aí. 3 00:02:42,496 --> 00:02:46,041 No meu primeiro piso ceabamos e bebiamos cervexa no chan. 4 00:02:50,629 --> 00:02:51,881 Deus! 5 00:02:51,964 --> 00:02:53,507 Benvida, señora Reece. 6 00:02:56,051 --> 00:02:58,053 - Carafio. - Pódelo crer? Carafio. 7 00:02:59,680 --> 00:03:01,974 - Podo crelo, si. - É de tolos. 8 00:03:02,057 --> 00:03:06,562 É dicir, firmar unha hipoteca a 30 anos fai que o crea bastante. 9 00:03:06,645 --> 00:03:09,732 30 anos. Aquí? Toleamos? 10 00:03:09,815 --> 00:03:12,109 Non sei. Aínda o preguntas? 11 00:03:13,068 --> 00:03:15,613 A verdade é que é fea. 12 00:03:20,659 --> 00:03:23,329 - Temos que quitar o papel pintado. - Si. 13 00:03:23,412 --> 00:03:25,873 - E a moqueta. - Xusto. Imaxínao. 14 00:03:27,917 --> 00:03:30,544 - Aquí a caixa forte da pistola. - Vaia! 15 00:03:30,628 --> 00:03:34,006 Decorareino cun banco de traballo, bandeira de Afganistán... 16 00:03:34,548 --> 00:03:36,800 Non, isto será o meu despacho. 17 00:03:36,884 --> 00:03:38,052 Como? 18 00:03:38,135 --> 00:03:40,638 Este é o meu despacho. Queda ti co garaxe. 19 00:03:41,513 --> 00:03:44,099 Non. Nin de broma, imposible. 20 00:03:44,183 --> 00:03:46,852 - Xa o veremos. - Queres ver os cuartos? 21 00:03:46,936 --> 00:03:51,398 Si, pero viñemos traballar. Non te fagas ideas raras. 22 00:03:51,482 --> 00:03:53,025 Iso xa o veremos tamén. 23 00:04:09,124 --> 00:04:13,337 15 HORAS ANTES 24 00:04:17,424 --> 00:04:20,386 Fillos de puta, tedes o que hai que ter? 25 00:04:20,469 --> 00:04:23,013 - A contar! - Saíde da miña puta praia. 26 00:04:24,390 --> 00:04:25,307 Arriba! 27 00:04:27,893 --> 00:04:30,604 Tocade a campá, nenas. Esa é a vosa salvación. 28 00:04:31,313 --> 00:04:32,398 Ide tocala. 29 00:04:32,982 --> 00:04:35,109 Só doe a primeira vez, señoritas. 30 00:04:35,192 --> 00:04:37,653 - Tedes o que hai que ter? - Temos! 31 00:04:37,736 --> 00:04:40,364 - Non o parece. - Tres! 32 00:04:40,447 --> 00:04:43,242 Non quero brandos! Se non podedes cun tronco, 33 00:04:43,325 --> 00:04:44,827 non podedes co inimigo. 34 00:04:48,497 --> 00:04:52,251 Adiante, señoritas! Aquí non abandona ninguén. 35 00:04:55,796 --> 00:04:58,048 O xuíz xeneral, capitán Howard. 36 00:05:06,098 --> 00:05:07,349 Todo en orde? 37 00:05:08,142 --> 00:05:10,310 En canto á Espada de Odín, 38 00:05:10,394 --> 00:05:12,730 deberiamos poder negalo. 39 00:05:13,439 --> 00:05:15,232 Como que "deberiamos"? 40 00:05:15,315 --> 00:05:16,817 Ás veces hai traxedias. 41 00:05:16,900 --> 00:05:20,487 A operación era información dos SEAL. Non somos responsables. 42 00:05:22,614 --> 00:05:24,199 E o experimento? 43 00:05:26,035 --> 00:05:29,955 Cabe destacar que non se probou nada a nivel xudicial. 44 00:05:30,456 --> 00:05:33,250 As leis de Defensa son claras. Se imos a xuízo... 45 00:05:33,333 --> 00:05:34,585 Cúbrennos ou non? 46 00:05:39,423 --> 00:05:40,507 Ordes son ordes. 47 00:05:41,258 --> 00:05:43,469 Dubido que James Reece o vexa así. 48 00:05:47,097 --> 00:05:51,727 Creo que é hora de considerar en serio continxencias. 49 00:05:54,146 --> 00:05:55,731 Que tipo de continxencias? 50 00:05:56,315 --> 00:05:57,775 Retirada táctica. 51 00:05:58,442 --> 00:06:00,736 Busquei varios países sen extradición. 52 00:06:00,819 --> 00:06:02,654 - Unha merda. - Morreron todos. 53 00:06:03,572 --> 00:06:04,948 Teño familia. 54 00:06:05,032 --> 00:06:07,826 Non vou marchar a Camerún polo puto James Reece. 55 00:06:07,910 --> 00:06:09,787 Cale un momento. 56 00:06:13,123 --> 00:06:14,333 Somos Comando Naval, 57 00:06:15,000 --> 00:06:17,044 non uns paspáns de Wall Street. 58 00:06:18,629 --> 00:06:22,800 Mentres teñamos cobertura legal, temos unha posición que defender. 59 00:06:23,884 --> 00:06:27,262 E se a deshonra de Reece quere aparecer por aquí, 60 00:06:27,930 --> 00:06:31,058 hai 5000 mariños que terán algo que dicir. 61 00:06:35,979 --> 00:06:36,980 Véxoos. 62 00:06:38,941 --> 00:06:41,485 Reúnense cada día dende que mataches a Horn. 63 00:06:44,154 --> 00:06:48,659 Cox e Howard alóxanse en pisos, aí temos moitas oportunidades. 64 00:06:49,535 --> 00:06:51,954 Pillar, porén, non sae da base. 65 00:06:52,579 --> 00:06:55,874 E asumo que non queres enfrontarte a toda a base naval. 66 00:07:19,231 --> 00:07:22,192 Imos polos dous primeiros e agardamos por Pillar. 67 00:07:23,652 --> 00:07:25,279 Disparámoslle cun fusil. 68 00:07:26,113 --> 00:07:27,197 Dende o barco? 69 00:07:29,199 --> 00:07:31,160 Sería lanzar unha moeda ó aire. 70 00:07:33,245 --> 00:07:34,663 E non podemos fallar. 71 00:07:39,960 --> 00:07:41,128 Lembras Mosul? 72 00:07:42,546 --> 00:07:43,755 Si, por que? 73 00:07:45,924 --> 00:07:47,551 Sayidati al Jamila? 74 00:07:50,762 --> 00:07:52,139 Howard ten familia. 75 00:07:55,225 --> 00:07:56,226 Moi atrevido. 76 00:08:23,754 --> 00:08:25,756 CALIFORNIA ESIXE RESPOSTA FEDERAL 77 00:08:25,881 --> 00:08:28,383 SOLDADOS REBELDES: TERROR INTERNO 78 00:08:32,471 --> 00:08:34,556 O demais pregúntenllo ó FBI. 79 00:08:39,686 --> 00:08:42,898 James Reece non matou a Mike Tedesco, foi vostede. 80 00:08:42,981 --> 00:08:46,568 Talos ofrece seguridade. Non son matóns, señorita Buranek. 81 00:08:47,152 --> 00:08:48,987 Pensa que non a coñezo? 82 00:08:49,071 --> 00:08:51,865 Sei que probou o RD4895 en SEAL da Armada. 83 00:08:51,949 --> 00:08:55,452 E sei que as probas causaron tumores, polo que os asasinou. 84 00:08:55,535 --> 00:08:59,122 Está no meu artigo. Se me elimina, todos saberán a verdade. 85 00:08:59,206 --> 00:09:01,583 O seu trato vai ir tomar polo cu. 86 00:09:07,464 --> 00:09:09,508 Hoxe é fácil erguerse con medo. 87 00:09:10,801 --> 00:09:15,597 Non se pode ignorar a violencia que vimos esta semana na televisión, 88 00:09:16,390 --> 00:09:22,271 pero a administración actuou rápido para clasificar a James Sullivan Reece 89 00:09:22,854 --> 00:09:24,773 como terrorista interno. 90 00:09:32,114 --> 00:09:35,993 Pasemos ás preguntas, porque seguro que teñen moitas. 91 00:09:36,618 --> 00:09:37,577 Última fila. Si. 92 00:09:37,661 --> 00:09:41,748 Señora secretaria, coñece o capitán Reece persoalmente, non si? 93 00:09:42,457 --> 00:09:44,793 Coincidimos varias veces, é certo. 94 00:09:44,876 --> 00:09:47,629 Viu algo sospeitoso nel? 95 00:09:50,215 --> 00:09:52,050 Ó alistarse nas forzas armadas, 96 00:09:52,134 --> 00:09:56,430 un xura defender a constitución contra ameazas: estranxeiras e internas. 97 00:09:56,513 --> 00:10:00,392 Sospeito que o capitán Reece cre que cumpre ese xuramento. 98 00:10:01,018 --> 00:10:02,269 Contra que, señora? 99 00:10:05,605 --> 00:10:08,567 James Reece cre que está nunha misión, 100 00:10:08,650 --> 00:10:10,694 e non parará ata cumprila. 101 00:10:10,777 --> 00:10:15,407 O mellor para atrapalo será adiantarnos ó seu próximo obxectivo. 102 00:10:15,532 --> 00:10:17,284 É dicir, antes de nada, 103 00:10:17,367 --> 00:10:21,371 debemos localizar a calquera relacionado con Horn e Capstone. 104 00:10:21,455 --> 00:10:24,249 O obxectivo é capturar, pero a prioridade 105 00:10:24,333 --> 00:10:26,918 é evitar que se perdan máis vidas. 106 00:10:27,002 --> 00:10:30,964 Se as dúas son incompatibles, xa saben o que toca. 107 00:10:33,008 --> 00:10:34,384 - Queda claro? - Si. 108 00:10:35,844 --> 00:10:37,512 Hai que atopar ese home. 109 00:11:02,788 --> 00:11:04,748 Sabe onde está James Reece? 110 00:11:10,420 --> 00:11:13,298 Vou ser clara. Necesito información. 111 00:11:13,382 --> 00:11:14,424 Xa empezamos. 112 00:11:14,508 --> 00:11:18,136 Teño 5000 palabras sobre Reece, e case teño o artigo... 113 00:11:18,220 --> 00:11:20,305 Está na puta corda bamba, señorita. 114 00:11:20,389 --> 00:11:21,890 Necesítoos para o artigo. 115 00:11:22,432 --> 00:11:24,226 E necesítanme para atopalo. 116 00:11:28,313 --> 00:11:31,149 Dígame que ten. Verei que podo facer. 117 00:11:32,192 --> 00:11:33,735 É o mellor que lle ofrezo. 118 00:11:35,737 --> 00:11:38,198 Teñen acceso ós ordenadores de Horn. 119 00:11:38,281 --> 00:11:40,450 Busquen algo chamado "táboa cap". 120 00:11:40,534 --> 00:11:43,412 Son os que sacaron tallada da venda de Nubellum. 121 00:11:43,495 --> 00:11:45,497 A maioria das contas son legais, 122 00:11:45,580 --> 00:11:50,210 pero algunhas son pagos para probar ilegalmente un medicamento 123 00:11:50,293 --> 00:11:53,839 chamado RD4895 en soldados SEAL da Armada. 124 00:11:53,922 --> 00:11:56,216 E isto contoullo Reece? 125 00:11:56,299 --> 00:11:59,094 Porque pasou tres días delirando no monte. 126 00:11:59,177 --> 00:12:01,930 Iso foi antes de sacar a súa amiga do alude? 127 00:12:02,013 --> 00:12:04,474 Meteume el no puto alude, lista. 128 00:12:04,558 --> 00:12:06,768 A ver, non vin aquí defender a Reece. 129 00:12:07,352 --> 00:12:09,146 Sei que hai que paralo, 130 00:12:10,230 --> 00:12:12,941 pero tamén hai outros responsables. 131 00:12:27,164 --> 00:12:30,375 Dep, fai que analicen a fondo o ordenador de Horn. 132 00:12:30,459 --> 00:12:31,460 En serio? 133 00:12:33,253 --> 00:12:34,254 Si, señor. 134 00:12:38,800 --> 00:12:41,428 Vou traballar na biblioteca ó final da rúa... 135 00:12:41,511 --> 00:12:45,056 A última vez que a deixei marchar, fuxiu a San Francisco. 136 00:12:46,391 --> 00:12:48,727 Junior, que non saia da sala. 137 00:12:54,649 --> 00:12:56,818 Perdoe, pedinlle que esperara. 138 00:13:03,617 --> 00:13:05,785 Descansa, Gerald. É o teu despacho. 139 00:13:07,037 --> 00:13:09,206 Señora, sabía que estaba por aquí, 140 00:13:09,706 --> 00:13:11,958 pero non esperaba a súa visita. 141 00:13:12,709 --> 00:13:14,336 Non foi premeditada. 142 00:13:18,215 --> 00:13:19,424 E quen é el? 143 00:13:19,508 --> 00:13:21,426 O axente Azad do DCIS. 144 00:13:23,595 --> 00:13:26,932 Quero seguir o protocolo nesta conversa. 145 00:13:31,102 --> 00:13:34,898 Saquei o informe de obxectivos da operación Espada de Odín. 146 00:13:35,732 --> 00:13:39,653 Quería ver a información que fixo que morrera todo un pelotón. 147 00:13:40,654 --> 00:13:42,864 Coñezo o informe de intelixencia. 148 00:13:44,574 --> 00:13:47,285 Entón saberá que é bastante frouxo. 149 00:13:48,245 --> 00:13:52,040 Unha grande operación baseada nun aviso dun traficante de armas? 150 00:13:52,832 --> 00:13:53,875 Máis nada? 151 00:13:54,876 --> 00:13:56,461 Analizárono tan sequera? 152 00:13:57,587 --> 00:14:00,966 Tiña unha orde permantente do Pentágono 153 00:14:02,634 --> 00:14:05,845 de ir por Kahani se recibiamos información viable. 154 00:14:06,888 --> 00:14:09,140 O oficial que pasou o informe... 155 00:14:10,559 --> 00:14:11,393 Quen era? 156 00:14:14,521 --> 00:14:16,565 Iso debería preguntalo en Langley. 157 00:14:20,902 --> 00:14:21,987 Grazas, Gerald. 158 00:14:23,446 --> 00:14:24,281 Xa está? 159 00:14:24,990 --> 00:14:25,824 Por agora si. 160 00:14:30,287 --> 00:14:33,498 Un pracer coñecelo, almirante. Estaremos en contacto. 161 00:14:40,171 --> 00:14:42,132 Pásame o capitán Howard. Xa. 162 00:14:59,190 --> 00:15:03,528 CHAMADA ENTRANTE WARCOM 163 00:15:06,573 --> 00:15:09,743 Mamá, o entrenador dixo que podemos ir ás estatais, 164 00:15:09,826 --> 00:15:12,412 pero temos que pagar a viaxe. Coma todos. 165 00:15:12,495 --> 00:15:15,832 Non é xusto. A escola non debería poñernos un bus? 166 00:15:15,915 --> 00:15:17,917 - Que tal, papá? - Chegas cedo. 167 00:15:18,001 --> 00:15:20,420 Ola. 168 00:15:23,423 --> 00:15:25,383 Escoitade, nós... 169 00:15:27,052 --> 00:15:28,845 - Imos ós Caios. - Que? 170 00:15:28,928 --> 00:15:30,096 Si, esta noite. 171 00:15:30,180 --> 00:15:32,015 - Como? - Teño os billetes. 172 00:15:33,224 --> 00:15:34,559 Só faltan as maletas. 173 00:15:35,602 --> 00:15:37,228 Non podo. Teño fútbol. 174 00:15:37,312 --> 00:15:39,606 Non hai fútbol. Prepara as cousas. 175 00:15:40,106 --> 00:15:41,066 Pasou algo? 176 00:15:41,149 --> 00:15:41,983 Non. 177 00:15:43,610 --> 00:15:47,405 Non, pensade que son unhas vacacións ata que todo se calme. 178 00:15:48,114 --> 00:15:50,283 - Que se calme o que? - Escoitade, 179 00:15:50,367 --> 00:15:51,785 vai ser divertido, vale? 180 00:15:51,868 --> 00:15:54,871 - Pois divertido non parece. - Escoitádeme! 181 00:15:57,499 --> 00:16:01,127 Tedes que facer as maletas, vale? 182 00:16:01,670 --> 00:16:04,881 - Veña. Vamos! - Non entendo, odias os Caios. 183 00:16:26,486 --> 00:16:30,031 Hai que moverse. Howard pillou billetes para Caio Hueso. 184 00:16:33,493 --> 00:16:35,078 - Cando? - Esta noite. 185 00:16:35,829 --> 00:16:36,913 O coelliño escapa. 186 00:16:38,581 --> 00:16:39,582 Estaremos listos. 187 00:16:53,138 --> 00:16:55,598 Escoita, irmán. Estiven pensando e... 188 00:16:57,642 --> 00:16:58,977 Saia como saia isto, 189 00:17:00,395 --> 00:17:03,690 os federais seguirán escaravellando. 190 00:17:05,817 --> 00:17:09,237 Ata coa tapadeira da axencia, atoparán algo sobre ti. 191 00:17:10,196 --> 00:17:11,114 Tes algún plan? 192 00:17:12,198 --> 00:17:13,032 Si. 193 00:17:18,246 --> 00:17:19,748 Coñeces Máncora? 194 00:17:21,374 --> 00:17:23,626 Unha vila surfeira na costa de Perú. 195 00:17:25,086 --> 00:17:27,088 Hai unhas ondas da hostia. 196 00:17:28,757 --> 00:17:32,677 Fontes termais, baños de barro, ayahuasca e algunha australiana. 197 00:17:34,387 --> 00:17:35,930 Bo sitio para retirarse. 198 00:17:39,559 --> 00:17:40,560 Perdoa. 199 00:17:41,227 --> 00:17:42,270 Por? 200 00:17:44,272 --> 00:17:46,232 Por meterte nisto. 201 00:17:47,317 --> 00:17:49,694 Metéronme eles, irmán. 202 00:17:51,654 --> 00:17:54,157 Non ti. Lémbrao. 203 00:17:55,158 --> 00:17:56,159 Xa. 204 00:18:29,692 --> 00:18:31,319 Seguro que queres facelo? 205 00:18:58,221 --> 00:18:59,681 - Axente Layun. - Espere. 206 00:19:01,891 --> 00:19:03,393 Buscamos nos ordenadores. 207 00:19:03,476 --> 00:19:08,064 Atopamos varias mencións de Pillar ó medicamento RD4895 208 00:19:08,147 --> 00:19:10,149 e análises do pelotón de Reece. 209 00:19:11,067 --> 00:19:13,278 Pillar sabía que tiñan tumores. 210 00:19:13,361 --> 00:19:16,948 Non só iso, señor. Pagáronlle polo seu rol no experimento. 211 00:19:17,031 --> 00:19:18,700 FinCEN analizou as táboas. 212 00:19:18,783 --> 00:19:21,411 Global Systems Plus, ese é Gerald Pillar. 213 00:19:21,494 --> 00:19:24,122 SXA Consulting, ese é Leonard Howard. 214 00:19:24,914 --> 00:19:26,958 Ese de aí é Bill Cox. 215 00:19:27,041 --> 00:19:30,712 Tamén hai outras empresas ligadas a Saul Agnon e Marcus Boykin. 216 00:19:30,795 --> 00:19:33,423 E unha máis, Oberon Analytics. 217 00:19:33,506 --> 00:19:35,425 - Quen é? - Nin idea. 218 00:19:36,175 --> 00:19:38,761 Talvez nolo diga o comando de WARCOM. 219 00:19:39,387 --> 00:19:40,930 Hai que pasarllo ó NCIS. 220 00:19:41,014 --> 00:19:43,975 O axente Holder do NCIS traballaba para Horn. 221 00:19:44,058 --> 00:19:47,103 Temos que ir directamente ó noso contacto. 222 00:19:47,186 --> 00:19:49,898 Son oficiais de alto rango. Hai uns procesos. 223 00:19:49,981 --> 00:19:51,733 James Reece está aquí. 224 00:19:52,483 --> 00:19:55,528 Agora mesmo está en Coronado e temos a súa lista. 225 00:20:00,909 --> 00:20:02,035 Iso foi un si? 226 00:20:03,578 --> 00:20:06,497 Dep, vai á casa de Reece. Se ves algo, avísame. 227 00:20:06,581 --> 00:20:08,416 - Que foi? - Junior, con Howard. 228 00:20:08,499 --> 00:20:12,295 Búscalle unha canguro a Buranek. Mac, con Cox. Colabora coa poli. 229 00:20:12,378 --> 00:20:14,088 Axente, esa pista deilla eu. 230 00:20:14,172 --> 00:20:17,634 Sente aí! Con sorte, descubrirá como remata o seu artigo. 231 00:20:23,222 --> 00:20:25,183 Non me vas dicir que fixeches? 232 00:20:25,266 --> 00:20:27,477 Non fixen nada, directamente. 233 00:20:27,560 --> 00:20:29,020 Entón por que escapas? 234 00:20:30,146 --> 00:20:33,107 O almirante viuse metido en algo. Algo... 235 00:20:33,775 --> 00:20:37,278 Algo malo. Pediume que o cubrise e eu... 236 00:20:39,280 --> 00:20:43,534 Nese momento sentinme mal. Gerald foi bo comigo, con nós. 237 00:20:44,786 --> 00:20:47,413 Apoiounos, recomendoume nos ascensos... 238 00:20:47,497 --> 00:20:48,665 Estás moi exposto? 239 00:20:48,748 --> 00:20:52,627 Non é iso, Anne. Vai valer a pena, pero non aquí. 240 00:20:53,211 --> 00:20:54,796 - E nos Caios si? - Papá! 241 00:20:54,879 --> 00:20:57,006 Dille ó taxista que xa vou! 242 00:20:59,509 --> 00:21:00,885 Por favor, Anne... 243 00:21:00,969 --> 00:21:03,221 Papá, non é o taxi. É o FBI. 244 00:21:08,101 --> 00:21:11,145 Non pasa nada, xa me encargo. 245 00:21:11,229 --> 00:21:13,106 Perdoen, xa vou! 246 00:21:17,735 --> 00:21:21,447 Só estaba ordenando unhas cousas. Pódolle axudar, axente? 247 00:21:25,243 --> 00:21:26,995 Vai a algún sitio, capitán? 248 00:21:41,759 --> 00:21:45,680 Escolta militar en Coronado para 400 metros por vías de servizo? 249 00:21:45,763 --> 00:21:49,934 Co debido respecto, señor, en canto entrou na base, saíu de Coronado. 250 00:22:09,954 --> 00:22:11,706 Que día tan marabilloso. 251 00:22:11,789 --> 00:22:13,458 Escapou un SEAL trastornado 252 00:22:13,541 --> 00:22:17,795 e o FBI vén chamar á unica porta trala que sabemos que non está. 253 00:22:17,879 --> 00:22:19,839 Somos federais cunha orde... 254 00:22:19,922 --> 00:22:21,382 Sáqueme iso de diante. 255 00:22:21,466 --> 00:22:25,928 Pensa que me importa unha merda que un pailán estampara o papel ese? 256 00:22:26,012 --> 00:22:29,057 Ninguén entra no meu edificio se eu non lle deixo. 257 00:22:32,477 --> 00:22:35,897 Pero non teño problema, axente. Non teño nada que agochar. 258 00:22:38,191 --> 00:22:41,319 Que pasen. Son axentes federais, á fin e ó cabo. 259 00:22:42,737 --> 00:22:43,905 Veña, pasen. 260 00:22:50,078 --> 00:22:51,621 Colla o que precise, 261 00:22:52,830 --> 00:22:54,207 pero sei a que veu. 262 00:22:54,791 --> 00:22:58,669 Creo que isto resolverá calquera dúbida que teña. 263 00:23:00,880 --> 00:23:05,009 E cando se decate de que pisou a merda que non debía, 264 00:23:05,718 --> 00:23:09,055 dígalle á pendanga que o enviou que vaia tomar polo cu. 265 00:23:19,357 --> 00:23:20,441 Como estamos, Mac? 266 00:23:20,942 --> 00:23:22,276 Os Howard non están. 267 00:23:22,360 --> 00:23:25,905 Maletas feitas, billetes a Miami, pero perderon o avión. 268 00:23:25,988 --> 00:23:29,075 Cox desapareceu. Buscámolo tan axiña como podemos. 269 00:23:46,592 --> 00:23:48,636 Vai todo ben, Bill? 270 00:24:01,399 --> 00:24:03,359 JAMES REECE SEGUE FUGADO 271 00:24:07,780 --> 00:24:11,742 Non foi culpa túa. Ninguén esperaba algo así. 272 00:24:24,130 --> 00:24:25,089 Queda coa volta. 273 00:24:55,661 --> 00:24:57,455 Como vai ser isto, entón? 274 00:26:23,291 --> 00:26:25,001 Acórdase da Vella Dor? 275 00:26:25,084 --> 00:26:26,043 Si. 276 00:26:26,127 --> 00:26:29,839 Atopei unha igualiña, 180 quilos que din: "Fódete". 277 00:26:29,922 --> 00:26:35,177 Cargabamos con ela por Gator Beach. Eramos uns brandos, uns cabróns, lembra? 278 00:26:36,095 --> 00:26:38,264 - Teño o puto brazo roto. - Si? 279 00:26:39,682 --> 00:26:41,058 Debe doer de carallo. 280 00:26:42,977 --> 00:26:44,478 Que quere, Reece? 281 00:26:46,439 --> 00:26:47,815 Quen máis o sabía? 282 00:26:56,991 --> 00:26:58,576 Pillar aprobouno. 283 00:27:00,077 --> 00:27:03,539 Howard asegurouse dos detalles para que todo saíse adiante. 284 00:27:03,622 --> 00:27:05,750 E os de loxística? Os médicos? 285 00:27:06,876 --> 00:27:09,211 Eses tipos só seguían ordes. 286 00:27:10,421 --> 00:27:13,049 Pensaban que lles vacinaban vitamina B12. 287 00:27:13,674 --> 00:27:16,677 Nós eramos os únicos que coñeciamos o experimento. 288 00:27:19,972 --> 00:27:23,392 Sabe que nos dan cando nos retiramos? 289 00:27:25,227 --> 00:27:26,729 Dás toda a túa vida 290 00:27:28,314 --> 00:27:30,441 e gañas unha pensión e un remo. 291 00:27:31,567 --> 00:27:33,819 "Grazas polo seu puto servizo". 292 00:27:39,325 --> 00:27:41,285 Era parte da irmandade. 293 00:27:41,827 --> 00:27:43,579 Iso era o que gañaba. 294 00:27:45,539 --> 00:27:47,666 Enviou os seus irmáns morrer 295 00:27:48,417 --> 00:27:53,130 nuns túneles cheos de merda no puto estranxeiro. 296 00:27:55,591 --> 00:27:58,427 Que pasa? Non pode vostede só? 297 00:28:02,640 --> 00:28:03,641 Ei. 298 00:28:04,642 --> 00:28:07,520 No adestramento nunca cargabamos sós co peso. 299 00:28:07,603 --> 00:28:10,606 Sempre tiñamos compañeiros á esquerda e á dereita. 300 00:28:11,899 --> 00:28:14,402 Cando necesitas o teu equipo, chámalo. 301 00:28:16,612 --> 00:28:18,114 Onde está o teu, Bill? 302 00:28:25,329 --> 00:28:26,622 O peso é todo teu. 303 00:29:36,609 --> 00:29:39,028 Deus santo, Reece. Que fixo? 304 00:29:39,862 --> 00:29:41,739 - Capitán Howard. - Por favor. 305 00:29:43,824 --> 00:29:45,409 Quere facerme ese favor? 306 00:29:45,493 --> 00:29:48,037 Por favor. Eu só movía documentos, Reece. 307 00:29:50,122 --> 00:29:53,000 Coñéceme. James, coñéceme, eu... 308 00:29:53,876 --> 00:29:57,129 Só son un burócrata. Por favor, Reece. 309 00:29:58,672 --> 00:29:59,673 James. 310 00:30:00,508 --> 00:30:01,550 Teño familia. 311 00:30:02,676 --> 00:30:03,719 Eu tiña familia. 312 00:30:05,221 --> 00:30:06,472 Ramirez tiña familia. 313 00:30:07,348 --> 00:30:09,558 - Cortese tiña familia. - Non. 314 00:30:09,642 --> 00:30:14,897 Donny Mitchell nunca verá o seu bebé polo que lle fixo o seu marido ó pelotón. 315 00:30:14,980 --> 00:30:17,900 É algo tarde para virme con esas, capitán. 316 00:30:17,983 --> 00:30:21,904 Agora, vai facer o que lle pedín? 317 00:30:24,198 --> 00:30:25,783 Non podo, Reece. Eu... 318 00:30:29,745 --> 00:30:30,579 Vale. 319 00:30:31,163 --> 00:30:32,748 - Síntoo. - Enténdoo. 320 00:30:33,958 --> 00:30:34,959 Grazas. 321 00:30:35,668 --> 00:30:39,213 Axudou á morte da miña filla, agora axudarei á do seu fillo. 322 00:30:39,296 --> 00:30:40,923 Deus, Non, Reece! 323 00:30:41,006 --> 00:30:42,633 - Que fai? - Non o faga! 324 00:30:42,716 --> 00:30:45,344 - Agárrao! Non, Reece! - Non! 325 00:30:45,427 --> 00:30:47,596 - Pare, hostia! - Non! 326 00:30:48,264 --> 00:30:49,265 Por favor. 327 00:30:53,227 --> 00:30:55,104 Por favor, pare. 328 00:30:55,646 --> 00:30:56,814 - Reece. - Érgase. 329 00:30:57,314 --> 00:30:58,983 Veña, érgase. 330 00:30:59,066 --> 00:31:01,485 Escóiteme, por favor. Vale? 331 00:31:02,778 --> 00:31:04,321 Ten unha oportunidade. 332 00:31:04,405 --> 00:31:06,824 Agora mesmo, doulle unha oportunidade. 333 00:31:06,907 --> 00:31:08,909 Faga unha cousa boa na vida. 334 00:31:10,035 --> 00:31:14,164 Salve a súa muller e fillo de afogar no Pacífico. Pode facelo, vale? 335 00:31:14,248 --> 00:31:15,249 Vale. 336 00:31:15,332 --> 00:31:16,584 Pode facelo. 337 00:31:22,798 --> 00:31:23,882 Vaino facer? 338 00:31:28,554 --> 00:31:31,098 Si, fareino. 339 00:31:31,181 --> 00:31:32,391 É un bo home. 340 00:31:33,183 --> 00:31:34,226 Deus, axúdame. 341 00:31:39,273 --> 00:31:40,608 Axeita a Howard. 342 00:31:42,568 --> 00:31:44,528 Non os soltes ata que o faga. 343 00:31:45,946 --> 00:31:48,073 Espera, onde carallo vas? 344 00:31:49,074 --> 00:31:50,075 Á casa. 345 00:31:51,243 --> 00:31:52,745 Como que á casa? 346 00:31:54,830 --> 00:31:55,998 Teño que velas. 347 00:32:36,664 --> 00:32:38,082 Que queres, Reece? 348 00:32:43,462 --> 00:32:47,216 Nunca quixen facerche dano. Nunca foi a miña intención. 349 00:32:49,426 --> 00:32:53,055 Dáme a impresión de que non fas nada sen querer. 350 00:32:54,932 --> 00:32:58,060 Algúns aspectos da guerra non son agradables. 351 00:32:58,727 --> 00:33:02,690 Pero non estás na guerra. Estás na casa. É diferente. 352 00:33:04,024 --> 00:33:05,025 Xa non. 353 00:33:39,309 --> 00:33:42,521 Grazas, tenente, avisámolo se descubrimos algo. 354 00:33:43,313 --> 00:33:47,276 A policía coordinouse co estado para mandar máis unidades á illa. 355 00:33:48,110 --> 00:33:49,528 Ten algo do almirante? 356 00:33:49,611 --> 00:33:54,158 Informes de entrega, resultados de probas, todo normal. Ata fixo copias. 357 00:33:55,033 --> 00:33:59,705 Por que ía dar Pillar probas de ensaios secretos cos SEAL? 358 00:34:02,833 --> 00:34:04,084 Que carallo é isto? 359 00:34:10,257 --> 00:34:11,717 Onde podemos falar? 360 00:34:13,177 --> 00:34:14,887 Tony. Falamos un segundo? 361 00:34:16,472 --> 00:34:18,432 - Sente. - Non fai falla. 362 00:34:19,391 --> 00:34:21,727 Quen é vostede e como me vai foder? 363 00:34:22,770 --> 00:34:24,188 Bijan Azad, DCIS. 364 00:34:26,899 --> 00:34:28,025 Déannos un segundo. 365 00:34:33,447 --> 00:34:34,990 Ímolo mandar á neveira. 366 00:34:35,657 --> 00:34:36,575 Desculpe? 367 00:34:36,658 --> 00:34:39,203 O seu equipo volverá ós seus departamentos. 368 00:34:39,286 --> 00:34:43,415 O FBI investiga infraccións no Pentágono, non ó revés. 369 00:34:43,499 --> 00:34:44,541 Correcto. 370 00:34:44,625 --> 00:34:48,003 Sinceramente, axente, non me interesa apartalo do caso. 371 00:34:48,086 --> 00:34:50,380 Polo que oín, dirixe ben o negocio. 372 00:34:50,881 --> 00:34:52,466 - Excedeuse. - Como? 373 00:34:52,549 --> 00:34:55,636 O almirante experimentou ilegalmente cos seus homes. 374 00:34:55,719 --> 00:34:57,846 Non foi ilegal. Tecnicamente, non. 375 00:34:57,930 --> 00:34:59,515 Está falando disto. 376 00:35:00,265 --> 00:35:04,186 Pillar tiña unha autorización urxente que aprobaba o experimento. 377 00:35:07,272 --> 00:35:11,318 Non foi un crime, pero cremos que se tapou. 378 00:35:13,320 --> 00:35:15,030 Déixoos a soas. 379 00:35:23,539 --> 00:35:27,584 Entregaralle todo o que ten sobre Pillar e os seus homes ó DCIS. 380 00:35:29,837 --> 00:35:31,463 E collerá uns días libres. 381 00:35:33,173 --> 00:35:34,675 Reece segue aí fóra. 382 00:35:35,801 --> 00:35:36,927 Só uns días libres. 383 00:35:37,678 --> 00:35:40,222 Ninguén quere poñerllo difícil. 384 00:35:40,848 --> 00:35:45,227 Washington chamou ós Ánxeles. Van enviar a súa Unidade de Fuxitivos. 385 00:35:47,813 --> 00:35:50,357 O caso debía ser deles dende o principio. 386 00:36:05,372 --> 00:36:07,291 Por que a quere tanto? 387 00:36:07,374 --> 00:36:08,834 - A que? - A historia. 388 00:36:09,751 --> 00:36:14,006 Só busca prestixio persoal ou pensa que servirá de algo? 389 00:36:14,089 --> 00:36:16,758 Non podo ter ambición e crer no que fago? 390 00:36:16,842 --> 00:36:18,135 Se tivese que elixir... 391 00:36:28,437 --> 00:36:33,025 Cando tiña catro anos, meu pai decidiu romper co Partido Comunista Chinés, 392 00:36:33,609 --> 00:36:35,444 ir contra o réxime de Xiaoping. 393 00:36:36,278 --> 00:36:39,406 Enviounos a miña nai, a meu irmán e a min ós EE. UU. 394 00:36:41,992 --> 00:36:43,368 Non volvín velo. 395 00:36:45,579 --> 00:36:49,207 Ós seis anos xa perdera o fogar, 396 00:36:49,291 --> 00:36:51,877 o idioma, ata o nome. 397 00:36:52,502 --> 00:36:55,172 E todo porque meu pai decidiu tomar partido. 398 00:36:56,965 --> 00:37:00,510 Así que si, gústame crer que a verdade importa. 399 00:37:03,096 --> 00:37:05,641 Sobre todo cando é David contra Goliat. 400 00:37:06,308 --> 00:37:09,353 E quen é Reece? David ou Goliat? 401 00:37:15,651 --> 00:37:17,277 Aínda non o teño decidido. 402 00:37:35,003 --> 00:37:36,672 Hoxe pasou algo curioso. 403 00:37:39,383 --> 00:37:43,553 Descubrimos que o Pentágono autorizou o RD4895. 404 00:37:44,930 --> 00:37:48,934 E máis curioso aínda, o FinCEN non logra desenmascarar un accionista. 405 00:37:49,017 --> 00:37:51,061 Alguén que traballaba con Horn. 406 00:37:52,354 --> 00:37:53,355 O Pentágono? 407 00:37:57,109 --> 00:37:58,485 Aí ten o seu Goliat. 408 00:38:02,739 --> 00:38:05,367 Marcho. Retiraron o meu equipo do caso. 409 00:38:06,034 --> 00:38:07,244 E que pasa comigo? 410 00:38:11,081 --> 00:38:15,085 Remate o artigo, señorita Buranek, e que saia á luz canto antes. 411 00:38:36,106 --> 00:38:39,109 Marcha. Vixío eu a casa ata que cheguen os de L. A. 412 00:38:52,289 --> 00:38:55,792 FBI, CART e FinCEN TEÑEN PROBAS DOS PAGOS 413 00:38:55,876 --> 00:38:58,170 QUE COINCIDEN COA ESPADA DE ODÍN, 414 00:38:58,253 --> 00:39:01,006 pero a autorización do RD4895 asinouna Hartley. 415 00:39:03,008 --> 00:39:05,635 ...por valor de 20 millóns. 416 00:39:19,232 --> 00:39:21,068 - Ola? - Jord, son eu. 417 00:39:22,694 --> 00:39:24,362 Teño o artigo sobre Reece. 418 00:39:24,446 --> 00:39:28,742 Si, xa oín. Para o Atlantic? Chamas para pasarmo polos fociños? 419 00:39:28,825 --> 00:39:30,077 É enorme, Jordan. 420 00:39:30,619 --> 00:39:34,414 Hartley, a secretaria de Defensa, firmou unha autorización. 421 00:39:34,498 --> 00:39:38,752 É dun experimento encuberto que causou tumores en Reece e os seus homes. 422 00:39:38,835 --> 00:39:40,087 Deus santo! 423 00:39:40,170 --> 00:39:42,422 E podo demostrar que a tapadeira 424 00:39:42,506 --> 00:39:45,717 pagouna Steve Horn para protexer o seu investimento. 425 00:39:45,801 --> 00:39:47,511 A secretaria levou comisión? 426 00:39:47,594 --> 00:39:51,723 O FBI non puido descubrir un accionista. Dada a implicación de Hartley, 427 00:39:51,807 --> 00:39:54,559 os lectores chegarán á mesma conclusión ca min. 428 00:39:54,643 --> 00:39:57,813 Ou polo menos obrigarana a responder polo que fixo. 429 00:39:59,940 --> 00:40:04,027 Dis que o bo de VoltStreem é a inmediatez. Cando podes publicalo? 430 00:40:04,861 --> 00:40:08,323 Mándamo e se está todo aí, podo subilo en menos dunha hora. 431 00:40:08,865 --> 00:40:09,866 Trato feito. 432 00:40:12,452 --> 00:40:14,412 PROBAS SECRETAS E PAGOS DE ACCIÓNS: HARTLEY CONTRA REECE 433 00:40:14,496 --> 00:40:15,497 por Katie Buranek. 434 00:40:17,499 --> 00:40:18,917 Enviar 435 00:40:19,000 --> 00:40:20,669 Enviando... 436 00:40:20,752 --> 00:40:22,087 Mensaxe enviada. 437 00:40:51,867 --> 00:40:55,537 Sei que é a túa favorita, pero creo que teño pixama novo. 438 00:40:55,620 --> 00:40:56,705 Que che parece? 439 00:40:58,081 --> 00:41:01,668 Creo que polo menos tomei unha boa decisión na vida. 440 00:41:04,462 --> 00:41:05,797 Estás seguro? 441 00:41:06,840 --> 00:41:08,884 - Ó 75 %. - Non sexas parvo. 442 00:41:17,517 --> 00:41:18,685 Estou embarazada. 443 00:41:22,397 --> 00:41:23,815 Só con este bico? 444 00:41:24,399 --> 00:41:27,402 - Como que estás embarazada? - Estou embarazada. 445 00:41:27,485 --> 00:41:29,529 Así que vas ter que volver á casa. 446 00:41:30,113 --> 00:41:30,989 Estás segura? 447 00:41:31,072 --> 00:41:33,200 Como ó 75 ou 80 %. 448 00:41:42,459 --> 00:41:43,460 Bótote de menos. 449 00:41:53,637 --> 00:41:55,305 Vas ser unha nai xenial. 450 00:41:58,433 --> 00:42:00,977 Que che parece Matthew se é neno? 451 00:42:03,313 --> 00:42:04,356 Matthew? 452 00:42:06,191 --> 00:42:07,943 Gústame Gunner. 453 00:42:08,026 --> 00:42:09,027 Gunner? 454 00:42:10,111 --> 00:42:11,655 - E se é nena? - Gage. 455 00:42:12,405 --> 00:42:13,949 - Gage para nena? - Si. 456 00:42:14,532 --> 00:42:15,575 E Lucy que tal? 457 00:42:18,078 --> 00:42:19,412 Gústame. Lucy. 458 00:42:34,469 --> 00:42:35,470 James. 459 00:42:41,476 --> 00:42:42,519 Lauren? 460 00:42:52,904 --> 00:42:53,738 James. 461 00:42:54,489 --> 00:42:58,201 Levan toda a noite chamando as familias. Que pasou? 462 00:42:58,910 --> 00:42:59,911 Cóntamo. 463 00:43:00,578 --> 00:43:01,579 Papá. 464 00:43:05,292 --> 00:43:06,459 Veña. 465 00:43:07,919 --> 00:43:09,087 Queres velo? 466 00:43:09,754 --> 00:43:13,383 Sabes que só me dixeron que tiñas unha conmoción, 467 00:43:13,466 --> 00:43:14,759 que repouses. 468 00:43:14,843 --> 00:43:15,885 Veña. 469 00:43:20,515 --> 00:43:21,349 Quérote. 470 00:43:21,433 --> 00:43:24,728 Traédeos! Á esquerda! Está á esquerda! 471 00:43:32,694 --> 00:43:33,862 Vou contigo! 472 00:43:35,405 --> 00:43:36,406 Movédevos! 473 00:43:39,034 --> 00:43:39,993 Donny, non! 474 00:43:43,038 --> 00:43:45,248 Papá. Papá. 475 00:43:46,416 --> 00:43:47,625 Vai todo ben? 476 00:43:47,709 --> 00:43:50,837 Volve ó mundo real! Esperta! 477 00:43:56,051 --> 00:43:57,469 Dixeches que o deixabas. 478 00:43:58,928 --> 00:44:01,723 Hai tres misións. Hai tres putas misións. 479 00:44:01,806 --> 00:44:05,060 - Non quero falar disto. - Que lle digo a Lucy? 480 00:44:05,143 --> 00:44:07,979 - Que queres que lle diga? - Dille a verdade. 481 00:44:08,813 --> 00:44:11,691 Que vou alí para loitar por ela e por ti. 482 00:44:11,775 --> 00:44:13,568 Unha merda! Sabémolo os dous! 483 00:44:13,651 --> 00:44:16,529 Cando estás alí, loitas por ti. 484 00:44:20,325 --> 00:44:21,618 Lauren, volve. 485 00:44:24,496 --> 00:44:26,748 "Non había escena máis encantadora, 486 00:44:27,499 --> 00:44:30,502 pero ninguén a contemplaba excepto un neno pequeno 487 00:44:30,585 --> 00:44:32,670 que miraba pola ventá. 488 00:44:33,296 --> 00:44:37,550 Vivira momentos eufóricos que outros nenos non chegarían a coñecer, 489 00:44:37,634 --> 00:44:40,845 pero o que contemplaba pola ventá era a única ledicia 490 00:44:40,929 --> 00:44:43,431 que nunca lle estaría permitida". 491 00:44:46,810 --> 00:44:49,104 Capítulo 17. "Cando Wendy medrou..." 492 00:44:50,730 --> 00:44:54,359 - Papá, gañei o concurso de ortografía! - Lucy, saca as botas. 493 00:44:54,442 --> 00:44:56,820 Que che dixen? A práctica fai ó mestre. 494 00:44:57,654 --> 00:44:59,656 Moi ben, amor! Déronche un trofeo. 495 00:44:59,739 --> 00:45:01,699 A última palabra foi desaparecer. 496 00:45:02,700 --> 00:45:06,454 A outra rapaza fallou no pe, pero eu non. 497 00:45:06,538 --> 00:45:07,622 Claro que non. 498 00:45:11,209 --> 00:45:12,419 Desaparecer. 499 00:45:13,628 --> 00:45:14,629 De... 500 00:45:15,797 --> 00:45:16,798 E... 501 00:45:18,341 --> 00:45:19,342 Ese... 502 00:45:20,510 --> 00:45:21,594 A... 503 00:45:21,678 --> 00:45:22,971 Temos que marchar. 504 00:45:23,513 --> 00:45:24,514 Pe... 505 00:45:25,682 --> 00:45:26,683 A... 506 00:45:27,851 --> 00:45:28,852 Erre... 507 00:45:29,310 --> 00:45:30,311 E... 508 00:45:47,120 --> 00:45:48,371 Ola. 509 00:45:48,455 --> 00:45:49,831 Está a punto de durmir. 510 00:46:18,818 --> 00:46:21,488 THREEMA MENSAXE DE KATIE 511 00:46:21,571 --> 00:46:27,577 APROBOUNO HARTLEY 512 00:47:15,333 --> 00:47:19,087 Non, o equipo tres sae mañá. Espero ver como marchan. 513 00:47:28,429 --> 00:47:29,556 Déixenos a soas. 514 00:47:31,224 --> 00:47:33,184 Avísoo cando acabemos. 515 00:47:40,233 --> 00:47:42,026 Levo horas chamándoo. 516 00:47:42,110 --> 00:47:45,822 Ten idea da cantidade de merda que nos caeu hoxe? 517 00:47:47,865 --> 00:47:49,617 Teño certa idea, señor. 518 00:47:53,955 --> 00:47:58,334 Hartley quixo botarnos ós lobos, pero xoguei as cartas que me deu. 519 00:48:01,879 --> 00:48:06,384 Ten algo máis? Precisamos algo. Quen sabe a que xoga esta muller. 520 00:48:08,511 --> 00:48:09,554 Que pasa? 521 00:48:18,187 --> 00:48:19,397 É para vostede. 522 00:48:25,194 --> 00:48:26,029 Diga? 523 00:48:26,738 --> 00:48:27,864 Almirante Pillar. 524 00:48:30,742 --> 00:48:33,369 Leva seguro toda a súa vida, 525 00:48:34,120 --> 00:48:36,247 agochado tralos muros, 526 00:48:37,165 --> 00:48:39,334 enviando outros homes a loitar. 527 00:48:41,252 --> 00:48:44,922 Hoxe pensei que a miña filla viu máis combate ca vostede. 528 00:48:48,551 --> 00:48:50,928 E pensei que debía corrixir iso. 529 00:48:51,012 --> 00:48:52,930 Creste alguén, fillo? 530 00:48:54,057 --> 00:48:55,558 Creste especial? 531 00:48:56,100 --> 00:48:57,935 Non vales unha merda. 532 00:48:58,353 --> 00:49:02,065 Non es máis ca unha brisa soprando no ceo. 533 00:49:02,857 --> 00:49:04,067 Si, non? 534 00:49:06,152 --> 00:49:09,280 Unha mina antipersoa ten 700 bólas de rodamentos. 535 00:49:10,531 --> 00:49:12,992 Se tivese dúas minas apuntándolle, 536 00:49:13,076 --> 00:49:17,914 serían 1400 bólas. 1400. 537 00:49:18,498 --> 00:49:22,877 Cen por cada SEAL que asasinou. 538 00:49:24,128 --> 00:49:25,755 De que carallo falas? 539 00:49:31,010 --> 00:49:32,887 Non tiven elección, señor. 540 00:49:41,646 --> 00:49:43,314 Reece. Capitán! 541 00:49:45,191 --> 00:49:46,442 Non fagas isto! 542 00:49:47,485 --> 00:49:48,736 Escóitasme? 543 00:49:48,820 --> 00:49:50,196 Tes que abandonar... 544 00:49:56,077 --> 00:49:59,580 Isto vai máis alá de WARCOM. Sábelo, verdade? 545 00:50:00,581 --> 00:50:03,918 Direiche quen máis está involucrado, pero se morro... 546 00:50:05,420 --> 00:50:06,629 Se morro... 547 00:50:10,133 --> 00:50:11,134 non o saberás. 548 00:50:11,217 --> 00:50:14,929 Asumamos, almirante, por seguir coa conversa, 549 00:50:16,264 --> 00:50:17,765 que xa o sei. 550 00:50:24,272 --> 00:50:27,191 HOWARD TRAIDOR 551 00:50:40,913 --> 00:50:42,248 Alguén viu iso? 552 00:50:42,331 --> 00:50:46,586 Informe de explosión na base de Coronado. WARCOM estoupou. Piso superior. 553 00:50:46,669 --> 00:50:49,213 Aseguren a zona. Un a un. 554 00:51:01,768 --> 00:51:04,604 Reece está na base? Temos confirmación visual? 555 00:51:05,730 --> 00:51:09,817 É o despacho do almirante. Unha bomba. Puido detonala a distancia. 556 00:52:02,578 --> 00:52:03,579 Reece! 557 00:52:30,106 --> 00:52:33,192 Espera, sei o que che pasou. 558 00:52:33,276 --> 00:52:36,070 Sei o que che pasou, o que che fixeron. 559 00:52:36,153 --> 00:52:37,655 Non debería estar aquí. 560 00:52:37,738 --> 00:52:41,117 Por que che mataron a familiia. Teño probas sobre Horn. 561 00:52:43,786 --> 00:52:45,079 E Pillar. 562 00:52:46,330 --> 00:52:47,582 Témolos, Reece. 563 00:52:49,542 --> 00:52:52,128 Toca deixar que a xustiza se encargue. 564 00:52:54,714 --> 00:52:56,090 A xustiza son eu. 565 00:53:01,345 --> 00:53:02,346 Non podo. 566 00:53:04,724 --> 00:53:06,684 Non podo deixarte seguir así. 567 00:53:35,463 --> 00:53:37,173 Non llo vou repetir. 568 00:53:39,550 --> 00:53:40,801 Non entre na lista. 569 00:54:12,583 --> 00:54:15,294 - Diga? - Que foi? Xa pasou unha hora. 570 00:54:15,378 --> 00:54:17,213 Ti dirás. Sigo agardando. 571 00:54:18,172 --> 00:54:21,050 - Agardando? - Internet funciona así. 572 00:54:21,133 --> 00:54:24,095 Para que publique algo, tesmo que enviar. 573 00:54:25,262 --> 00:54:26,514 Envieino. 574 00:54:27,181 --> 00:54:30,226 PARA: JORDAN GROFF ARTIGO 575 00:54:30,893 --> 00:54:31,811 Non tal. 576 00:54:36,482 --> 00:54:37,942 Jordan, teño que irme. 577 00:54:38,025 --> 00:54:41,529 Non, Katie, non mo fagas outra vez... Cago en todo. 578 00:55:10,057 --> 00:55:13,436 Lin o seu artigo, señorita Buranek. Unha peza excelente. 579 00:55:18,190 --> 00:55:20,067 Lamentablemente, incorrecta. 580 00:55:23,946 --> 00:55:27,116 Se quere marchar por esa porta, non a seguiremos, 581 00:55:28,242 --> 00:55:32,163 pero é unha xornalista demasiado boa para publicar só medio artigo. 582 00:55:34,498 --> 00:55:36,000 Se quere a verdade, 583 00:55:38,294 --> 00:55:39,336 toda a verdade, 584 00:55:40,129 --> 00:55:42,381 estou disposta a dar unha entrevista. 585 00:55:44,050 --> 00:55:45,301 Se lle interesa. 586 00:57:33,742 --> 00:57:35,744 Subtítulos: Abraham Díaz López