1 00:00:53,262 --> 00:00:55,473 A LISTA TERMINAL 2 00:01:13,365 --> 00:01:15,242 - Atopei un. - Que é? 3 00:01:17,161 --> 00:01:18,788 - Un cervo. - Como o sabes? 4 00:01:21,832 --> 00:01:22,792 Esporóns. 5 00:01:23,667 --> 00:01:27,046 Moi ben. Vale, pois xa sabemos onde beben. 6 00:01:29,006 --> 00:01:30,633 Ves o rastro na herba? 7 00:01:30,716 --> 00:01:34,136 Ímolo seguir. Agora temos un patrón. 8 00:01:35,513 --> 00:01:38,891 Sabes onde beben, onde comen, onde dormen. 9 00:01:41,936 --> 00:01:45,189 Agora sabemos que camiño van seguir, 10 00:01:45,272 --> 00:01:49,151 así que imos a un sitio elevado e esperamos por eles. 11 00:01:49,401 --> 00:01:50,903 Veña, sigue andando. 12 00:01:57,743 --> 00:02:01,372 Aí está, vai abrindo paso. A miña gaceliña. 13 00:02:17,012 --> 00:02:19,640 Veña. Descansamos arriba, pequecha. 14 00:02:34,864 --> 00:02:36,156 Papá. 15 00:02:36,991 --> 00:02:38,200 Quérote. 16 00:02:38,826 --> 00:02:40,202 Queres verme? 17 00:03:04,977 --> 00:03:06,270 PREZO DO PETRÓLEO 18 00:03:40,638 --> 00:03:43,766 Quen madruga, diñeiro consegue... A por café. 19 00:06:01,779 --> 00:06:03,405 Teléfono con Kryptex. 20 00:06:06,700 --> 00:06:08,577 Que agochas, Marcus? 21 00:06:28,305 --> 00:06:30,015 Queres verme? 22 00:06:30,557 --> 00:06:32,351 - Sabemos onde comen. - Si. 23 00:06:32,434 --> 00:06:34,228 Sabemos onde dormen. 24 00:06:34,770 --> 00:06:37,314 Agora sabemos que camiño van seguir. 25 00:06:37,397 --> 00:06:40,109 Imos a un sitio elevado e esperamos por eles. 26 00:06:41,735 --> 00:06:45,948 Se segues as pistas con precisión e sabes o que buscas, 27 00:06:47,032 --> 00:06:49,409 ningún cervo poderá agocharse de ti. 28 00:07:03,257 --> 00:07:04,842 Veña, cabróns. 29 00:07:05,425 --> 00:07:07,761 Temos que paralos. Só unha vez. 30 00:07:09,930 --> 00:07:12,975 Si! Si! Deus! 31 00:07:13,350 --> 00:07:15,269 Deus! Si, aí o tes! 32 00:07:16,770 --> 00:07:21,650 Si, hostia! Si! 33 00:07:22,776 --> 00:07:23,861 Dálle, Alabama! 34 00:07:23,944 --> 00:07:27,239 Totalmente! Perdiches unha boa. 35 00:07:30,033 --> 00:07:31,368 - Ola. - Ola. 36 00:07:34,204 --> 00:07:36,874 - Estás listo para México? - Si. 37 00:07:36,957 --> 00:07:41,670 Escoita, vai saltar moita merda, non podería nin explicarcho. 38 00:07:42,212 --> 00:07:44,089 Cando me deixes, mellor marcha. 39 00:07:44,173 --> 00:07:48,051 Así arramplas ti só co mezcal de Marco? Nin de broma. 40 00:07:48,677 --> 00:07:50,596 Dígoo en serio. Vaise poñer feo. 41 00:07:53,307 --> 00:07:55,559 Lucy era a miña afillada, Reece. 42 00:07:57,102 --> 00:08:00,564 Atravesaría calquera cantidade de merda 43 00:08:01,398 --> 00:08:04,776 para que paguen eses fillos de puta. 44 00:08:08,739 --> 00:08:10,407 Benvido a Riley Air. 45 00:08:38,018 --> 00:08:40,145 Cazaches ese cervo en Wyoming? 46 00:08:40,229 --> 00:08:42,940 Cacei. O mamalón publicaba toda a súa vida. 47 00:08:43,315 --> 00:08:45,067 Atopaches algo interesante? 48 00:08:45,400 --> 00:08:47,444 Tes un regalo do amigo invisible. 49 00:08:47,653 --> 00:08:48,737 Agora toca carbón? 50 00:08:49,029 --> 00:08:51,615 Ti dirás. Eu estarei voando. 51 00:08:52,741 --> 00:08:56,453 Terei algo cando aterres. Feliz caza! 52 00:09:06,338 --> 00:09:07,381 Estás listo? 53 00:10:07,107 --> 00:10:10,235 - Que ves? - O tipo baleirou todo o cargador. 54 00:10:10,319 --> 00:10:11,945 Parece innecesario. 55 00:10:12,070 --> 00:10:15,407 O historial indica un tumor intracraneal. É inestable. 56 00:10:15,490 --> 00:10:18,869 Sabe que o cristal desvía as balas. Asegurouse de matalo. 57 00:10:19,036 --> 00:10:20,912 Inestabe? Non, experiencia. 58 00:10:20,996 --> 00:10:22,372 Si, experiencia ten. 59 00:10:22,831 --> 00:10:24,416 Oito misións de combate. 60 00:10:24,916 --> 00:10:26,960 Iraq, Afganistán, Libia... 61 00:10:27,336 --> 00:10:29,963 Estrela de Prata e varias de Bronce. 62 00:10:30,505 --> 00:10:33,592 Ata unha medalla de Distinción con emblema ó valor. 63 00:10:37,387 --> 00:10:41,058 Non te involucres tanto. Os voitres do norte xa andan roldando. 64 00:10:41,558 --> 00:10:44,102 - Os casos grandes sempre van a L. A. - Xa. 65 00:10:44,853 --> 00:10:46,980 Talvez Ramsay se manteña firme. 66 00:10:47,481 --> 00:10:49,483 Dime unha soa vez que o fixera. 67 00:10:57,199 --> 00:10:59,284 Xefe, mexas contra o vento. 68 00:10:59,368 --> 00:11:01,578 Persecución implacable, Mac. 69 00:11:01,703 --> 00:11:03,163 Enténdoo, Terry. 70 00:11:03,413 --> 00:11:06,416 Non chega cun pase, necesito un sitio na prensa. 71 00:11:06,500 --> 00:11:07,667 Pon o altofalante. 72 00:11:08,043 --> 00:11:11,129 Estaría encantado de seguir as ordes... 73 00:11:11,755 --> 00:11:13,799 Anthony Layun está aquí. 74 00:11:13,882 --> 00:11:17,260 É o novo xefe da nosa Forza Especial de Fuxitivos. 75 00:11:17,511 --> 00:11:19,221 Coñezo a Tony. Como vai? 76 00:11:19,304 --> 00:11:22,391 Non ben, señor. Entendo que quere roubarnos o caso. 77 00:11:22,474 --> 00:11:26,603 Ninguén rouba nada, vale? Hai un cadáver. Estamos mellor equipados. 78 00:11:26,686 --> 00:11:30,482 Cando estabas en Chicago, non levaba Milwaukee os casos grandes? 79 00:11:30,565 --> 00:11:32,943 En Milwaukee non sabían o que facían. 80 00:11:33,026 --> 00:11:35,320 - Mira, Tony... - Hai cinco cadáveres. 81 00:11:35,445 --> 00:11:37,114 Só por iso, o caso é noso. 82 00:11:37,864 --> 00:11:41,410 Ou chamamos á central? A ver que lles parece en Washington? 83 00:11:45,914 --> 00:11:49,126 Deptula, os enderezos dos familiares sobreviventes 84 00:11:49,376 --> 00:11:52,462 e coñecidos. 20 anos de servizo. Unha lista longa. 85 00:11:52,546 --> 00:11:55,257 - Feito. - Junior, imaxes das cámaras, 86 00:11:55,549 --> 00:11:59,594 - para recoñecemento facial. - Xa temos unha coincidencia. 87 00:11:59,678 --> 00:12:01,972 James Reece non me importa. 88 00:12:02,055 --> 00:12:05,058 Quero saber quen estaba no coche con el. 89 00:12:07,644 --> 00:12:11,982 Nalgún lugar da rede de Capstone hai un proxecto chamado RD4895. 90 00:12:12,065 --> 00:12:15,277 A rede ten máis de 100 investimentos discrecionais. 91 00:12:15,652 --> 00:12:19,656 Reducinas a 27 empresas ligadas directamente a valores do Pentágono 92 00:12:19,781 --> 00:12:21,992 ou a escenarios de conflito. 93 00:12:22,075 --> 00:12:25,370 Teño historiais clínicos dalgúns pelotóns. Preciso máis. 94 00:12:25,579 --> 00:12:27,247 Debo acceder á información. 95 00:12:27,414 --> 00:12:28,582 Por que nós? 96 00:12:28,832 --> 00:12:30,876 É a historia das nosas vidas. 97 00:12:31,376 --> 00:12:35,255 Merece algo máis ca unha web con listas e análises de videoxogos. 98 00:12:35,589 --> 00:12:38,884 - Envíame as pistas. Mirareino. - Xa está, mira o correo. 99 00:12:39,342 --> 00:12:41,136 Subíronseche os fumes, non? 100 00:12:42,596 --> 00:12:45,515 Merda! Dille a Nathan que preciso esas pistas. 101 00:12:45,599 --> 00:12:46,683 Katie. 102 00:13:01,531 --> 00:13:02,532 Ola? 103 00:13:06,077 --> 00:13:07,829 - Brian? - Katie. 104 00:13:08,163 --> 00:13:11,875 Ola, rapaces! Ola, Deb! 105 00:13:11,958 --> 00:13:14,794 - Katie! - Perdoade, o seguro non funcionaba. 106 00:13:14,878 --> 00:13:16,755 Que fas aquí? 107 00:13:16,880 --> 00:13:18,840 Non recibiches o correo? 108 00:13:18,924 --> 00:13:23,678 Regresei de Siria e este pareceume un bo sitio para volver. 109 00:13:25,514 --> 00:13:27,140 Xa, si... 110 00:13:28,391 --> 00:13:30,352 Non era a fin de semana seguinte? 111 00:13:30,519 --> 00:13:32,979 Que sorpresa! Podemos poñernos ó día. 112 00:13:33,063 --> 00:13:36,191 E pasar un tempo con Teddy cando esperte. 113 00:13:36,525 --> 00:13:39,027 Non, dou noxo. Non me duchei. 114 00:13:39,110 --> 00:13:42,155 Estou en chándal. Dáme un segundo, volvo agora. 115 00:13:43,156 --> 00:13:44,074 Vale. 116 00:13:58,046 --> 00:14:01,758 Non lles vou mentir, a situación non é para nada ideal. 117 00:14:02,300 --> 00:14:05,595 O novo orzamento do Pentágono é un cambio de paradigma. 118 00:14:05,720 --> 00:14:08,682 Hai recortes e redistribucións en tódolos sectores. 119 00:14:09,349 --> 00:14:14,062 Se se confirma, o noso contrato remataría en 18 meses, sen renovación. 120 00:14:15,522 --> 00:14:19,192 Elias Ryberg pospuxo a súa visita, polo que asumo que nos ve 121 00:14:19,276 --> 00:14:21,611 coma un investimento arriscado. 122 00:14:22,946 --> 00:14:27,409 Aínda así, Capstone recoméndalle á xunta de Nubellum que sexa paciente 123 00:14:27,993 --> 00:14:29,536 e persiga a venda. 124 00:14:30,620 --> 00:14:32,789 Coñécenme, coñecen os meus valores. 125 00:14:33,123 --> 00:14:35,834 Se digo que está xestionado, é que o está. 126 00:14:35,917 --> 00:14:39,462 Tes idea do humillante que foi o de Santa Bárbara? 127 00:14:40,046 --> 00:14:41,673 O cadáver do vicepresidente 128 00:14:41,756 --> 00:14:44,426 levado pola policía cunha agulla no brazo. 129 00:14:44,509 --> 00:14:46,970 Ryberg estaba alí, Steve. Viuno. 130 00:14:47,512 --> 00:14:52,392 Así que descúlpanos se a nosa fe no teu xuízo se viu algo afectada. 131 00:14:52,475 --> 00:14:55,020 Elias xa tería marchado. Só está tenteando. 132 00:14:55,103 --> 00:14:59,107 E en canto a Washington, é unha máquina dinámica, pero predicible. 133 00:14:59,316 --> 00:15:01,359 Só hai que saber a quen chamar. 134 00:15:01,443 --> 00:15:03,778 Nubellum non quería investir na guerra. 135 00:15:03,862 --> 00:15:06,573 Seguinte neste camiño porque me apoiaches 136 00:15:06,656 --> 00:15:11,494 cando o necesitei, e calei a boca cando quixeches vender, porque... 137 00:15:12,662 --> 00:15:16,541 Había moitos beneficios, pero non vou vender o meu negocio 138 00:15:16,916 --> 00:15:18,293 por catro cadelas. 139 00:15:18,376 --> 00:15:22,797 E non seguirei desenvolvendo os teus proxectos se non hai mercado. 140 00:15:23,173 --> 00:15:25,300 Sempre hai mercado para o noso. 141 00:15:27,260 --> 00:15:28,470 Iso xa o veremos. 142 00:15:28,553 --> 00:15:31,431 O orzamento chega ó subcomité nuns días. 143 00:15:31,556 --> 00:15:34,601 Ata entón, boa sorte coa busca dun vicepresidente. 144 00:16:18,770 --> 00:16:22,148 Pon o cinto, princesiña. Comezamos o descenso. 145 00:17:12,949 --> 00:17:14,492 Xa chegamos. 146 00:17:18,538 --> 00:17:22,584 Carlos, Alex! Como estades, rapaces? 147 00:17:24,961 --> 00:17:26,838 Esta maleta lévoa eu. 148 00:17:30,800 --> 00:17:31,843 Grazas. 149 00:17:34,012 --> 00:17:37,474 - Que bo terte aquí, mijo. - Que bo volver. Ola, Paola. 150 00:17:37,557 --> 00:17:39,601 - Alégrame verte. - O mesmo digo. 151 00:17:42,729 --> 00:17:44,022 Como foi a viaxe? 152 00:17:44,230 --> 00:17:47,233 Fantástica. Ceos despexados e mai tais. 153 00:17:47,442 --> 00:17:51,196 Que non te engane, segue voando coma se estivese en Najaf. 154 00:17:51,696 --> 00:17:54,824 Veña, que empece a festa. Pídome a casa da piscina. 155 00:17:54,908 --> 00:17:56,826 - Vamos. - Veña. 156 00:18:04,959 --> 00:18:08,087 Teu pai viña a Baixa California nos momentos críticos. 157 00:18:09,214 --> 00:18:11,257 Traía o mesmo xesto. 158 00:18:12,634 --> 00:18:13,676 E? 159 00:18:16,346 --> 00:18:19,015 Marchaba cos propósitos renovados. 160 00:18:19,974 --> 00:18:21,142 Ti tamén o farás. 161 00:18:23,561 --> 00:18:25,063 Grazas. Vale. 162 00:18:27,065 --> 00:18:29,984 As cámaras de tráfico gravaron o dos Ánxeles. 163 00:18:30,068 --> 00:18:31,945 E o axente do NCIS que morreu? 164 00:18:32,111 --> 00:18:33,947 A do piso recoñeceu a Reece. 165 00:18:34,072 --> 00:18:36,366 Dixo que foi cun nome falso. 166 00:18:37,742 --> 00:18:40,912 Se había dúbidas sobre Reece e o da súa familia, 167 00:18:41,246 --> 00:18:42,539 xa non hai ningunha. 168 00:18:42,747 --> 00:18:44,290 Chegamos tarde, Rich. 169 00:18:46,876 --> 00:18:48,461 - Senador Pryor. - Adiante. 170 00:18:48,920 --> 00:18:50,922 Temos tránsfugas no comité. 171 00:18:51,089 --> 00:18:55,134 - Quen? - Holbrooke. Tamén Conviser. 172 00:18:55,593 --> 00:18:57,095 Convenceunos alguén? 173 00:18:57,345 --> 00:19:00,098 Sexa quen sexa, van ó calado. 174 00:19:00,181 --> 00:19:03,768 O teu novo orzamento está pechando moitas billas. 175 00:19:05,019 --> 00:19:07,021 Entón onde nos deixa isto? 176 00:19:07,772 --> 00:19:09,399 Non temos marxe. 177 00:19:09,941 --> 00:19:13,027 Se perdes un só voto, adeus ós teus recortes. 178 00:19:13,486 --> 00:19:15,196 Polo menos habería beneficio. 179 00:19:15,655 --> 00:19:18,491 En que mundo promovemos unha resolución 180 00:19:18,575 --> 00:19:21,160 e perdemos o tempo cando volve da Cámara? 181 00:19:21,244 --> 00:19:23,037 James Reece era un home bo. 182 00:19:23,162 --> 00:19:27,333 Regalounos case toda a súa vida adulta e volveu con problemas. 183 00:19:27,917 --> 00:19:31,004 Non atoparemos unha resolución nas marxes. 184 00:19:31,212 --> 00:19:35,300 Necesitamos un cambio, non unha reconciliación, necesitamos... 185 00:19:43,641 --> 00:19:45,226 Que televisen a vista. 186 00:19:45,393 --> 00:19:48,104 Señora, é un comité a porta pechada. 187 00:19:48,187 --> 00:19:50,773 Pois abrirémola para a votación final. 188 00:19:51,399 --> 00:19:53,902 Que conste en acta que senadores prefiren 189 00:19:53,985 --> 00:19:57,488 os intereses especiais ós soldados especiais. 190 00:20:00,491 --> 00:20:02,994 Gustaríame ver como defenden iso. 191 00:20:11,669 --> 00:20:16,090 Bendícenos, Señor, e estes regalos que estamos a punto de recibir 192 00:20:16,215 --> 00:20:19,928 a través da túa xenerosidade. Por Cristo, o noso Señor. Amén. 193 00:20:20,845 --> 00:20:23,306 - Amén. - Amén. 194 00:20:24,349 --> 00:20:28,770 Marco, Paola, grazas. Esta vez superástesvos. 195 00:20:28,853 --> 00:20:30,939 E mañá faremos barbacoa. 196 00:20:31,564 --> 00:20:35,151 Cando temos un tirador coma Reece, poñémolo a traballar. 197 00:20:35,234 --> 00:20:37,695 Non necesitas que che cace un carneiro. 198 00:20:37,779 --> 00:20:41,491 O meu vello dicía que aprendera máis sobre distancias con Marco 199 00:20:41,574 --> 00:20:42,742 que na academia. 200 00:20:42,825 --> 00:20:45,453 Thomas sempre daba demasiados eloxios. 201 00:20:45,536 --> 00:20:48,373 Estamos a falar do mesmo Tom Reece? 202 00:20:50,041 --> 00:20:52,543 Non importa cantas veces veña aquí, 203 00:20:52,627 --> 00:20:54,796 sempre esquezo o fermoso que é. 204 00:20:55,004 --> 00:20:59,884 Meu Deus. Creo que a última vez foi polo meu aniversario. 205 00:21:05,473 --> 00:21:09,811 Lembro que as rapazas colleron vagalumes nun bote, alí onda as árbores. 206 00:21:12,146 --> 00:21:16,109 Si. A hacienda é sagrada para nós. 207 00:21:17,110 --> 00:21:20,405 Un santuario afastado do caos externo. 208 00:21:22,615 --> 00:21:26,619 Pásame o aguachile, queres? Grazas. 209 00:21:29,038 --> 00:21:33,001 Señor Reece, díxenlle a miña nai que quería ir ó funeral. 210 00:21:33,126 --> 00:21:34,168 Antonia. 211 00:21:35,128 --> 00:21:38,589 Se soubera que Lucy estaba enferma, mandaríalle unha carta. 212 00:21:40,717 --> 00:21:44,595 Teríalle gustado, meu ben. Teríalle gustado moito. 213 00:21:49,434 --> 00:21:51,853 James, síntoo. 214 00:21:52,812 --> 00:21:53,855 Si... 215 00:21:55,231 --> 00:22:00,194 Polo anfitrión, que puxo a bebida, e pola terra, que puxo a comida. 216 00:22:01,863 --> 00:22:02,989 Pola familia. 217 00:22:04,657 --> 00:22:05,783 Pola familia! 218 00:22:10,496 --> 00:22:11,748 Saúde, meu amor. 219 00:22:20,840 --> 00:22:22,675 Teño unha pregunta. 220 00:22:23,134 --> 00:22:27,013 Que teño que facer para roubarte do rancho de Paul? 221 00:22:29,640 --> 00:22:32,018 Non sei. En canto a xefes, 222 00:22:32,101 --> 00:22:34,604 o que máis valoro é a súa ausencia. 223 00:22:38,024 --> 00:22:40,943 Vaia! Que bonitas son, verdade? 224 00:22:41,027 --> 00:22:42,987 Mamá, imos ensinarllo a papá. 225 00:22:43,529 --> 00:22:45,615 ...eu tampouco quero tanto. 226 00:22:45,698 --> 00:22:48,117 Pero á parte diso, gáñaslles sen dúbida. 227 00:22:48,618 --> 00:22:50,203 É bo oílo. 228 00:23:06,302 --> 00:23:07,303 MENSAXE DE REECE 229 00:23:08,221 --> 00:23:13,768 NOVIDADES CO RD4895? 230 00:23:21,359 --> 00:23:24,487 CREO QUE HABÍA MÁIS TUMORES NO PELOTÓN. INVESTIGO. 231 00:23:39,669 --> 00:23:40,545 Ola. 232 00:23:41,170 --> 00:23:45,341 Ola, podo axudar a fregar. Quería pillar o solpor. 233 00:23:48,219 --> 00:23:49,637 Metícheste en problemas? 234 00:23:49,720 --> 00:23:51,430 Non, Brian. Que dis? 235 00:23:51,681 --> 00:23:53,266 Vin os teus papeis arriba. 236 00:23:54,851 --> 00:23:59,480 Só é unha reportaxe. Só necesito un par de días. 237 00:24:15,037 --> 00:24:21,043 ONDE ESTÁS? 238 00:24:27,633 --> 00:24:29,468 Pensei que quererías unha copa. 239 00:24:32,346 --> 00:24:33,931 Sempre me liches a mente. 240 00:24:38,019 --> 00:24:39,103 - Saúde. - Saúde. 241 00:24:46,694 --> 00:24:47,820 Chamou Ben. 242 00:24:50,239 --> 00:24:53,910 Rastrexou o pago do móbil do teu home a un banco en Ensenada. 243 00:24:53,993 --> 00:24:55,661 Teño os meus homes no caso. 244 00:25:04,086 --> 00:25:05,922 Non deixo de preguntarme... 245 00:25:09,091 --> 00:25:13,012 "Cal é o seu propósito? Cal é o seu plan? 246 00:25:13,304 --> 00:25:18,976 Que visión podería ter para que ti fagas isto?" 247 00:25:21,854 --> 00:25:26,776 Penso na parábola de Xob e pregúntome, se, talvez, 248 00:25:28,277 --> 00:25:31,572 isto é alguna aposta co Demo, 249 00:25:33,241 --> 00:25:35,076 para ver se poden destruírte. 250 00:25:43,876 --> 00:25:45,336 Nunca destruíron a Xob. 251 00:25:50,091 --> 00:25:52,635 Pero comigo están cerca de carallo. 252 00:26:37,847 --> 00:26:42,101 Lucy, espera! Lucy, volve aquí! 253 00:26:48,274 --> 00:26:50,609 Pensei que terías negocios en Ensenada. 254 00:26:50,693 --> 00:26:54,363 Quero dicir, despois de ter a conta, era cuestión de tempo. 255 00:26:54,447 --> 00:26:55,614 James. 256 00:26:56,532 --> 00:26:58,617 Ola, meu rei! Vaia! 257 00:26:59,160 --> 00:27:03,164 Fóiseche a cabeza e décheste unha paliza pola noite? 258 00:27:03,414 --> 00:27:04,790 Cando chegaches? 259 00:27:05,374 --> 00:27:07,710 Hai 30 minutos. Teño dous días libres. 260 00:27:08,210 --> 00:27:12,340 Pensabas que che ía deixar acabares ti só co tipo ese? 261 00:27:12,506 --> 00:27:13,507 Acabar con el? 262 00:27:13,758 --> 00:27:15,384 Marco está actualizándonos. 263 00:27:16,052 --> 00:27:16,969 É verdade. 264 00:27:17,053 --> 00:27:21,390 O meu xefe de seguridade cre que atopou o asasino de Lauren e Lucy. 265 00:27:27,396 --> 00:27:29,565 - Bo día. - Bo día. 266 00:27:32,026 --> 00:27:34,862 Poderías deixarme o coche? Quería ir por un café. 267 00:27:35,154 --> 00:27:37,865 Xa vou eu. Brian e Teddy están na praia. 268 00:27:38,157 --> 00:27:40,117 - Queres ir? - Estás de vacacións. 269 00:27:40,201 --> 00:27:42,370 Dime que che apetece e invito eu. 270 00:27:42,453 --> 00:27:45,289 Dous cafés con leite. As chaves están na entrada. 271 00:27:45,373 --> 00:27:46,415 Grazas. 272 00:28:04,183 --> 00:28:05,434 Katie Buranek? 273 00:28:17,696 --> 00:28:19,490 Lin sobre vostede, Buranek. 274 00:28:20,616 --> 00:28:23,744 Portland, Kenosha, provincia de Hubei... 275 00:28:24,745 --> 00:28:27,123 Ten fama de nadar entre tiburóns. 276 00:28:27,206 --> 00:28:30,042 É a mellor forma de ver debaixo da superficie. 277 00:28:31,627 --> 00:28:32,628 Que riquiña. 278 00:28:34,713 --> 00:28:36,006 E James Reece? 279 00:28:36,799 --> 00:28:38,509 - Non sei. - Non a creo. 280 00:28:38,592 --> 00:28:39,593 Vale. 281 00:28:40,928 --> 00:28:44,265 Baseándome no seu traballo, parece intelixente. 282 00:28:44,432 --> 00:28:46,684 Quere ser cómplice de asasinato? 283 00:28:46,767 --> 00:28:48,727 Asasinato? Foi defensa propia. 284 00:28:48,811 --> 00:28:50,396 Non falo dos Ánxeles. 285 00:28:50,479 --> 00:28:52,690 James Reece non matou a súa familia. 286 00:28:53,691 --> 00:28:55,526 Que tal se fala con Saul Agnon? 287 00:28:55,609 --> 00:29:00,030 Pregúntelle como Capstone enfermou un pelotón de SEAL con tumores cerebrais. 288 00:29:00,156 --> 00:29:01,490 A historia é esa. 289 00:29:02,032 --> 00:29:05,286 Encantaríame falar con Saul Agnon, pero está morto. 290 00:29:06,829 --> 00:29:08,038 Chamei a xente. 291 00:29:08,456 --> 00:29:11,000 Agnon morreu de sobredose en Santa Bárbara, 292 00:29:11,292 --> 00:29:13,294 tras ir vostede con Reece a L. A. 293 00:29:13,711 --> 00:29:15,588 Tiña unha agulla no brazo. 294 00:29:15,671 --> 00:29:19,091 Non tiña historial de consumo de opioides. Curioso, non? 295 00:29:20,509 --> 00:29:22,511 E o axente do NCIS, Josh Holder, 296 00:29:23,179 --> 00:29:25,598 un disparo na cabeza coa pistola doutro 297 00:29:25,681 --> 00:29:29,894 a noite antes de que Reece fuxira, xa sabe, tampouco é moi normal. 298 00:29:40,696 --> 00:29:42,865 Ten unha exclusiva, enténdoo. 299 00:29:46,118 --> 00:29:49,205 Pero non creo que queira ver a ninguén máis morto. 300 00:29:50,539 --> 00:29:54,335 E estou seguro de que non quere ser acusada dun crime. 301 00:30:03,344 --> 00:30:05,804 Non sei onde está, non sei. 302 00:30:08,766 --> 00:30:13,020 Pero se o descubro, avisareino. 303 00:30:14,480 --> 00:30:16,023 Iso é, señorita Buranek. 304 00:30:25,658 --> 00:30:27,117 Goce o tempo en familia. 305 00:31:17,084 --> 00:31:18,460 Podo axudarlles? 306 00:31:26,510 --> 00:31:27,845 Que é todo isto? 307 00:31:29,430 --> 00:31:30,347 Imos falar. 308 00:31:31,307 --> 00:31:33,767 Coñeces a batalla de Messines? 309 00:31:34,226 --> 00:31:35,394 Non. 310 00:31:35,811 --> 00:31:39,732 Guerra Mundial. Británicos e alemáns están estancados en Flandres. 311 00:31:40,858 --> 00:31:45,029 Temos o xeneral Plumer no lado inglés, un tipo con moita paciencia. 312 00:31:45,362 --> 00:31:49,783 Pasou cinco meses escavando 8000 metros de túneles baixo liñas inimigas. 313 00:31:49,867 --> 00:31:54,997 Encheunos de 250 quilos de explosivos e un día, pam! 314 00:31:56,915 --> 00:32:00,127 A explosión mata 10 000 alemáns. Fin do estancamento. 315 00:32:02,838 --> 00:32:04,798 Os teutóns nin o viron vir. 316 00:32:04,882 --> 00:32:08,052 Fascinante. Que cona facemos aquí, Steve? 317 00:32:09,011 --> 00:32:11,764 Traballei moito para cruzar a liña inimiga. 318 00:32:12,806 --> 00:32:13,807 Traballaches. 319 00:32:14,391 --> 00:32:17,603 Os dous sabemos que nun ano Hartley estará retirada. 320 00:32:17,686 --> 00:32:19,104 Ninguén a estrañará. 321 00:32:19,271 --> 00:32:23,942 Agora tes que decidir se queres ser unha ligazón vermella na súa Wikipedia 322 00:32:24,568 --> 00:32:25,903 ou o seu herdeiro. 323 00:32:26,362 --> 00:32:28,864 O trato era por información. 324 00:32:28,947 --> 00:32:30,074 Iso é. 325 00:32:30,949 --> 00:32:34,203 Agora cambio o trato para protexer o meu investimento. 326 00:32:34,286 --> 00:32:36,997 - O orzamento ameázame. - Decidíronse os votos. 327 00:32:37,164 --> 00:32:38,207 O de Pryor non. 328 00:32:41,377 --> 00:32:45,589 Pryor? El é o que esixiu este tipo de reforma dual. 329 00:32:45,881 --> 00:32:47,633 Non che pido que o convenzas. 330 00:32:49,718 --> 00:32:51,261 Simplemente tráemo. 331 00:32:59,395 --> 00:33:04,817 Isto vai ser moi bo para ti, Richard. Só que aínda non o sabes. 332 00:33:23,711 --> 00:33:26,714 Navajas e a súa banda traballan para varios cárteis. 333 00:33:26,797 --> 00:33:30,676 É violento, ambicioso. Mataría a calquera polo prezo xusto. 334 00:33:30,926 --> 00:33:32,428 Seguro que é el? 335 00:33:32,511 --> 00:33:34,680 Segundo as fontes, hai tres semanas, 336 00:33:34,763 --> 00:33:38,475 Navajas e un teniente marcharon da base. Só volveu Navajas. 337 00:33:38,934 --> 00:33:41,270 Cunha ferida no antebrazo esquerdo. 338 00:33:48,569 --> 00:33:49,570 É el. 339 00:33:51,155 --> 00:33:56,910 Navajas e os seus forman sicarios novos nunha vella fábrica ás aforas de Ensenada. 340 00:33:56,994 --> 00:34:00,122 - Cantos son? - Ás veces 12. Ás veces máis. 341 00:34:00,831 --> 00:34:02,875 Sen contar os mozos que forman. 342 00:34:02,958 --> 00:34:06,503 Vai vir unha tormenta, daranos o agocho que precisamos. 343 00:34:06,587 --> 00:34:10,132 Os outeiros ofrecen unha visión de 200 metros dende aquí. 344 00:34:10,549 --> 00:34:14,052 Espreitas e agardas. Un dos tiros máis fáciles da túa vida. 345 00:34:14,136 --> 00:34:15,262 Non. 346 00:34:15,679 --> 00:34:18,348 - James? - Non me vale un disparo. 347 00:34:18,474 --> 00:34:20,058 Tes liña de visión clara. 348 00:34:20,142 --> 00:34:22,227 Aarón era das Forzas Especiais. 349 00:34:23,437 --> 00:34:24,813 A súa táctica é boa. 350 00:34:24,897 --> 00:34:28,150 Non a cuestiono, Aarón. Non é un tema táctico. 351 00:34:28,233 --> 00:34:30,360 Temos que entrar. Ter contacto. 352 00:34:30,694 --> 00:34:33,405 Ir cara a cara por el. Só funcionará así. 353 00:34:36,492 --> 00:34:38,494 Podo falar contigo un segundo? 354 00:34:46,543 --> 00:34:48,045 Escoita, enténdoo, cona. 355 00:34:48,504 --> 00:34:51,715 Quero desangrar tanto coma ti a ese fillo de puta. 356 00:34:52,591 --> 00:34:53,842 Pero este tipo? 357 00:34:54,635 --> 00:34:57,221 Non nos leva ós peixes gordos, irmán. 358 00:34:57,638 --> 00:34:59,014 Steve Horn si. 359 00:34:59,556 --> 00:35:01,892 Fai o puto disparo e volve ó norte. 360 00:35:04,311 --> 00:35:08,482 Cando foi por elas, Lauren cubriu a Lucy co seu corpo. 361 00:35:09,441 --> 00:35:10,901 Contáracho? 362 00:35:11,026 --> 00:35:15,531 Nos últimos momentos, Lucy viu a súa nai berrando, chorando e cubríndoa 363 00:35:15,697 --> 00:35:17,574 mentres Navajas as desprezaba. 364 00:35:21,411 --> 00:35:25,249 Quero que saiba quen vai tras el. Non funcionará doutro xeito. 365 00:35:35,217 --> 00:35:36,385 Vale. 366 00:35:39,680 --> 00:35:41,014 Vale, veña. 367 00:35:51,650 --> 00:35:54,570 Non podemos arriscar a vida dos teus homes. 368 00:35:54,653 --> 00:35:56,572 Encargámonos nós. Ben e eu. 369 00:35:56,780 --> 00:35:57,781 Non. 370 00:35:58,824 --> 00:36:01,952 É unha oportunidade de borrar todo este mal do mapa. 371 00:36:03,370 --> 00:36:07,249 É o correcto. Farémoslle un favor ó mundo. 372 00:36:11,628 --> 00:36:12,629 Está ben... 373 00:36:14,548 --> 00:36:18,135 Recibimos apoio dende arriba. Norte e sur. 374 00:36:20,178 --> 00:36:21,305 Reece. 375 00:36:22,097 --> 00:36:23,348 Nada, estou ben. 376 00:36:26,101 --> 00:36:29,313 Os demais achéganse a pé. 377 00:36:30,230 --> 00:36:31,481 Reece? 378 00:36:31,607 --> 00:36:33,275 Non é nada, estou ben. 379 00:36:39,239 --> 00:36:43,493 Segundo a súa cronoloxía, parece que o tumor medra moi axiña. 380 00:36:43,577 --> 00:36:47,456 Se é un glioblastoma, son malas novas. Á parte de infrecuente. 381 00:36:48,206 --> 00:36:51,501 - Non podo estar seguro sen... - Sen biopsia, xa o sei. 382 00:36:52,336 --> 00:36:54,922 Hai cirurxiáns bárbaros en Cidade de México. 383 00:36:55,547 --> 00:37:00,344 Co plan axeitado, podería recuperar a súa vida en seis ou nove meses. 384 00:37:02,888 --> 00:37:04,473 Que outras opcións teño? 385 00:37:07,768 --> 00:37:10,228 Sufrimento. Morte, supoño. 386 00:37:22,824 --> 00:37:25,494 E algo para controlar os síntomas? 387 00:37:26,536 --> 00:37:29,414 Os corticoesteroides reducen o inchazo. 388 00:37:29,498 --> 00:37:34,419 Propranolol, topiramato. Axudan cos tremores e xaquecas. 389 00:37:36,630 --> 00:37:38,173 Non curará con menciñas. 390 00:37:45,681 --> 00:37:48,266 - Tiñas que dicírnolo. - Como ía sabelo? 391 00:37:48,350 --> 00:37:50,852 Unha merda. Pregúntalle. 392 00:37:59,361 --> 00:38:03,991 Mira, irmán, o que fagas co teu corpo é cousa túa. 393 00:38:06,952 --> 00:38:09,329 Non te culpo por querer ocultalo. 394 00:38:09,871 --> 00:38:12,082 Enténdoo. Quen son eu para xulgar? 395 00:38:13,542 --> 00:38:15,210 Só teño unha pregunta... 396 00:38:17,004 --> 00:38:18,547 Podes actuar? 397 00:38:20,007 --> 00:38:22,217 Aarón pode acabar o traballo, James. 398 00:38:24,177 --> 00:38:27,305 Tráeche o Navajas en anacos se llo pides. 399 00:38:31,268 --> 00:38:35,147 Que farías ti? Se fosen Paola e Antonia. 400 00:38:36,189 --> 00:38:38,400 Non quererías miralo ós ollos? 401 00:38:44,573 --> 00:38:46,158 Non teño nada. 402 00:38:49,202 --> 00:38:51,580 Non teño nada que perder, só isto. 403 00:38:55,625 --> 00:38:57,544 Arrincoumo todo. 404 00:38:59,296 --> 00:39:03,091 Vale, avisarei a Aarón. 405 00:39:59,481 --> 00:40:01,817 Non sei como segues en pé. 406 00:40:02,651 --> 00:40:05,153 Se fose eu, estaría sumida na escuridade. 407 00:40:07,906 --> 00:40:11,034 Hai xente que merece esa escuridade máis ca min. 408 00:40:20,293 --> 00:40:24,339 Sabes que ti, Lauren, Lucy, 409 00:40:25,465 --> 00:40:26,967 para nós sodes familia. 410 00:40:29,594 --> 00:40:32,264 Despois de mañá, se sobrevives, 411 00:40:33,598 --> 00:40:34,975 por favor, non volvas. 412 00:40:35,851 --> 00:40:38,103 Non che importa morrer por vinganza, 413 00:40:38,979 --> 00:40:42,232 pero non deberías ter involucrado os teus amigos. 414 00:42:24,584 --> 00:42:26,920 Alejandro. Onde estás, vato? 415 00:42:29,547 --> 00:42:30,674 Alejandro? 416 00:42:31,716 --> 00:42:35,345 Manuel, Gerardo. Alejandro non responde. Imos ver que pasa. 417 00:42:40,016 --> 00:42:42,769 Catro sicarios diríxense á zona letal. 418 00:42:42,852 --> 00:42:43,812 Doce metros. 419 00:42:46,147 --> 00:42:47,232 Seis metros. 420 00:42:48,400 --> 00:42:49,567 Tres metros. 421 00:43:05,917 --> 00:43:07,502 - Listos. - Movédevos. 422 00:43:14,843 --> 00:43:19,556 - Coidado, no tellado! - Vamos, para alá! 423 00:43:19,639 --> 00:43:20,724 Granada! 424 00:43:23,184 --> 00:43:24,769 Veña, para alá! 425 00:43:39,993 --> 00:43:41,077 Merda! 426 00:43:41,244 --> 00:43:42,287 Rápido, dálle! 427 00:43:42,370 --> 00:43:43,330 Parede! 428 00:44:06,770 --> 00:44:07,687 Merda! 429 00:44:07,812 --> 00:44:10,482 Dáme fogo de contención no edificio dous. Xa! 430 00:44:20,367 --> 00:44:24,162 - Comproba se é o noso home. - Recargando. 431 00:44:24,245 --> 00:44:26,289 - Non. - Canto tempo necesitas? 432 00:44:26,748 --> 00:44:27,791 Dez segundos. 433 00:44:34,381 --> 00:44:35,632 - Listo. - Movémonos. 434 00:44:50,605 --> 00:44:56,236 Para aí ou mato a este puto neno! 435 00:44:59,989 --> 00:45:01,366 Calma! Calma! 436 00:45:01,491 --> 00:45:02,617 Ben? 437 00:45:05,328 --> 00:45:06,579 Sae de aí! 438 00:45:17,257 --> 00:45:18,591 Onde está o Navajas? 439 00:45:19,008 --> 00:45:20,135 Non sei. 440 00:45:22,637 --> 00:45:24,806 Xa escondo eu os nenos. Lisca! 441 00:45:26,933 --> 00:45:31,104 Veña, nenos. Vamos, neniños. 442 00:45:41,114 --> 00:45:43,450 Ese é Navajas! É meu, bloqueádeo. 443 00:45:47,287 --> 00:45:48,913 Furgoneta azul. Lume! 444 00:45:51,458 --> 00:45:52,709 - Móvete. - Vamos! 445 00:46:08,641 --> 00:46:09,642 Veña. 446 00:46:13,271 --> 00:46:14,272 Irmán, estás ben? 447 00:46:14,606 --> 00:46:16,316 Si! Espero aquí. Móvete. 448 00:46:39,130 --> 00:46:40,173 Que che dean! 449 00:47:33,560 --> 00:47:35,645 Tírao. Tírao! 450 00:48:20,231 --> 00:48:21,316 Sabes quen son? 451 00:48:24,527 --> 00:48:25,987 Que che dean, mariñeiro. 452 00:48:33,911 --> 00:48:35,580 Vaise poñer ben, papá? 453 00:48:50,428 --> 00:48:53,222 Non! Non! 454 00:49:48,444 --> 00:49:49,487 Camiña. 455 00:50:42,874 --> 00:50:44,167 Perdón, Brian. 456 00:50:48,045 --> 00:50:52,592 Síntoo, pensei que non iades estar aquí. 457 00:50:52,842 --> 00:50:55,970 Pensei que non ían estar aquí. 458 00:51:00,433 --> 00:51:04,270 Cando tiñas 17 anos, mamá sempre me dicía: 459 00:51:05,480 --> 00:51:10,193 "Non lle deas a túa enerxía. Vaite deixar seco". 460 00:51:12,028 --> 00:51:15,823 Prometinme hai moito tempo que deixaría de preocuparme por ti. 461 00:51:17,408 --> 00:51:21,454 Si, tamén me prometiches non casar cunha loura, así que... 462 00:51:21,537 --> 00:51:24,749 Supoño que os dous nos defraudamos. 463 00:51:31,881 --> 00:51:37,261 Nós marchamos esta noite. Pero podes quedar se queres. 464 00:51:40,765 --> 00:51:42,141 Non te merezo. 465 00:51:44,560 --> 00:51:46,979 - Xa o sei. - Son parva. 466 00:51:50,107 --> 00:51:51,192 Es. 467 00:51:52,276 --> 00:51:53,444 E quérote. 468 00:51:58,157 --> 00:52:01,661 Isto é incrible! Meu Deus! 469 00:52:02,954 --> 00:52:03,955 Diga? 470 00:52:04,288 --> 00:52:05,873 A farmacéutica Nubellum. 471 00:52:06,123 --> 00:52:09,168 Steve Horn comprou accións de control hai seis anos, 472 00:52:09,252 --> 00:52:12,588 cambiou todo o catálogo a nootrópicos militares. 473 00:52:13,756 --> 00:52:15,383 Gran provedor de Defensa. 474 00:52:16,509 --> 00:52:19,011 Fornecen medicamentos ás seis divisións. 475 00:52:19,303 --> 00:52:23,891 E o mellor? Seica están a piques de adquirir Nubellum 476 00:52:23,975 --> 00:52:25,560 por 70 000 millóns. 477 00:52:29,689 --> 00:52:32,358 - Katie? - Grazas. 478 00:52:32,859 --> 00:52:34,527 Quero 10 000 palabras. 479 00:52:40,616 --> 00:52:41,659 Vai todo ben? 480 00:52:42,118 --> 00:52:45,246 Só era publicidade. Queredes uns margaritas? 481 00:52:45,413 --> 00:52:46,539 Eu non, grazas. 482 00:52:47,748 --> 00:52:51,002 - Eu quero un, grazas. - Vale, agora veño. 483 00:52:51,294 --> 00:52:52,336 De nada. 484 00:53:00,261 --> 00:53:02,513 CEO DE NUBELLUM CAMBIA CARA Ó MILITAR 485 00:53:52,480 --> 00:53:53,731 Pois tiñas razón. 486 00:53:55,191 --> 00:53:56,776 Sempre a teño, Junior. 487 00:53:59,362 --> 00:54:01,864 Mac. Si, xa arrancou. 488 00:54:04,033 --> 00:54:07,161 Reecer. Isto é todo o que atopei sobre Steve Horn. 489 00:54:09,038 --> 00:54:11,415 Quero saber exactamente que che fixo. 490 00:54:16,963 --> 00:54:18,214 Non podes vir? 491 00:54:18,297 --> 00:54:20,967 Oxalá, pero xa me están preguntando de máis 492 00:54:21,050 --> 00:54:23,052 polos meus horarios irregulares. 493 00:54:23,219 --> 00:54:25,096 Eu teríate botado hai anos. 494 00:54:25,179 --> 00:54:28,432 Pero en serio, vixíalle as costas a este home. 495 00:54:44,407 --> 00:54:45,533 Agora vou. 496 00:54:51,414 --> 00:54:54,875 Non gasto diñeiro no avión, pero contribúo así á caza. 497 00:54:54,959 --> 00:54:58,212 Marco, xa fixeches abondo. Grazas. 498 00:55:07,763 --> 00:55:10,558 Cazou as mellores pezas neste rancho. 499 00:55:10,641 --> 00:55:12,643 Creo que é a onde pertence. 500 00:55:13,477 --> 00:55:17,690 Era de teu pai. Non podo aceptalo. 501 00:55:18,983 --> 00:55:21,527 E se mo gardas ata que volva? 502 00:55:29,702 --> 00:55:30,745 James. 503 00:55:39,378 --> 00:55:40,796 Antonia. 504 00:55:43,299 --> 00:55:45,468 - Paola. - James. 505 00:55:46,969 --> 00:55:48,971 - Coida deles. - Claro. 506 00:55:50,806 --> 00:55:52,475 Que Deus te acompañe, mijo. 507 00:55:54,560 --> 00:55:55,770 A ti tamén, tío. 508 00:56:01,776 --> 00:56:03,194 Aí tes. Unha máis. 509 00:57:28,112 --> 00:57:32,658 EN MEMORIA DE ARTURO MORENO 1980-2022 510 00:59:14,969 --> 00:59:16,971 Subtítulos: Abraham Díaz López