1 00:00:53,304 --> 00:00:55,514 A LISTA TERMINAL 2 00:01:54,615 --> 00:01:57,535 VICEPRESIDENTE DE ACTIVOS DE CAPSTONE INDUSTRIES 3 00:02:17,137 --> 00:02:21,559 TEMOS QUE VERNOS HOXE. DI ONDE. MELLOR UN SITIO CON RUÍDO. 4 00:02:33,612 --> 00:02:35,281 - Grazas. - Secretaria. 5 00:02:35,656 --> 00:02:37,491 - Bo día. - Señora secretaria. 6 00:02:38,409 --> 00:02:42,288 Dediquei a miña traxectoria a reducir as baixas 7 00:02:42,371 --> 00:02:45,541 e mellorar a saúde mental nas forzas armadas. 8 00:02:45,624 --> 00:02:49,295 Pero mentres acadamos o éxito coas nosas forzas convencionais, 9 00:02:49,378 --> 00:02:53,674 a carga física e psicolóxica recae nos membros das operacións especiais 10 00:02:53,757 --> 00:02:56,427 nun grao que parece insostible. 11 00:02:57,636 --> 00:03:00,764 Gustaríanos que a nosa elite fosen máquinas, 12 00:03:01,265 --> 00:03:02,266 pero non o son. 13 00:03:02,933 --> 00:03:07,438 Imos transformar a solicitude de orzamento antes de que o asignen. 14 00:03:07,521 --> 00:03:09,148 Transformala en que medida? 15 00:03:09,231 --> 00:03:13,527 Reducións notables no despregamento de operacións especiais. 16 00:03:14,111 --> 00:03:17,448 - Recálculo de asignacións? - Non, falo de ir ó gran. 17 00:03:17,531 --> 00:03:21,368 Retiros obrigatorios. Non podemos espremelos ata esgotalos. 18 00:03:21,452 --> 00:03:23,829 A dispoñibilidade diminuirá moito. 19 00:03:23,913 --> 00:03:26,916 - E a economía... - Atoparemos niveis aceptables. 20 00:03:27,416 --> 00:03:29,960 Levamos traballando no orzamento dende xuño. 21 00:03:30,044 --> 00:03:32,546 Suxire que o reestruturemos en días. 22 00:03:32,630 --> 00:03:36,592 Díganlles ás familias que estarán soas algunhas noites. 23 00:03:36,675 --> 00:03:39,386 Os soldados pasan a vida loitando por nós, 24 00:03:39,470 --> 00:03:42,598 renunciaremos a uns días para loitar nós por eles. 25 00:03:50,648 --> 00:03:52,816 Isto é por James Reece, non si? 26 00:03:53,692 --> 00:03:55,069 É un dos factores. 27 00:04:37,903 --> 00:04:42,700 Se non sacamos isto en 12 horas, Buzzfeed adiantarase e avergoñaranos. 28 00:04:42,783 --> 00:04:47,621 Teño outra reunión. Grazas. Ó tema. Bo traballo. Grazas. Vale. 29 00:04:55,671 --> 00:04:57,172 Como non viron isto? 30 00:04:57,256 --> 00:04:59,591 Falei cun tal Dr. Russell en Incirlik. 31 00:04:59,675 --> 00:05:03,345 Quixo facer máis probas, pero Reece pediu a alta voluntaria. 32 00:05:03,429 --> 00:05:05,222 Tiña que ir ós funerais. 33 00:05:05,305 --> 00:05:07,057 Ninguén da Armada viu isto? 34 00:05:07,141 --> 00:05:09,351 Teñen un tipo liderando un pelotón 35 00:05:09,435 --> 00:05:12,646 e as probas médicas son opcionais? Iso é neglixencia. 36 00:05:14,523 --> 00:05:16,150 Vale. E agora que? 37 00:05:16,233 --> 00:05:18,610 Reece quere quedar, quero saber por que. 38 00:05:18,694 --> 00:05:21,947 De calquera forma, esta noite terei algo que publicar. 39 00:05:22,031 --> 00:05:23,365 Estás tendo coidado? 40 00:05:23,949 --> 00:05:27,453 Estaba en Sirte cando pillaron a Gadafi. Podo con isto. 41 00:05:29,580 --> 00:05:31,123 Debería acompañarte. 42 00:05:31,707 --> 00:05:36,253 Non volveriamos saber de Reece. Non, el confía en min. 43 00:06:54,832 --> 00:06:55,833 Sento eu aí. 44 00:07:06,385 --> 00:07:08,303 Reece, por que querías verme? 45 00:07:08,387 --> 00:07:13,684 Sóache Saul Agnon ou a empresa Capstone Industries? 46 00:07:13,767 --> 00:07:15,686 Ola, saben que van tomar? 47 00:07:15,769 --> 00:07:19,690 Si. Eu tomarei os ollos de leituga con robaliza. 48 00:07:19,773 --> 00:07:21,900 - Claro. - Eu nada. Grazas. 49 00:07:21,984 --> 00:07:24,862 - Tomará os bucatini. - Por suposto, agora mesmo. 50 00:07:25,612 --> 00:07:26,947 Capstone Industries? 51 00:07:27,030 --> 00:07:29,908 Unha empresa que non ten máis ca un logo na web. 52 00:07:29,992 --> 00:07:32,202 Agnon é vicepresidente de Activos. 53 00:07:32,286 --> 00:07:36,039 Fixen algunhas pescudas. Todas as súas inversións de mercado 54 00:07:36,123 --> 00:07:39,960 son recheo: Carnival Cruise Lines, Planet Fitness, H&M... 55 00:07:40,043 --> 00:07:43,338 Agora están involucrados os promotores de Planet Fitness? 56 00:07:43,422 --> 00:07:45,632 Ti escoita, o que quero dicir... 57 00:07:45,716 --> 00:07:49,803 Teñen un fondo de inversión de 60 000 millóns de dólares. 58 00:07:49,887 --> 00:07:52,723 É máis do que pode xustificar un holding público. 59 00:07:52,806 --> 00:07:54,474 Onde teñen o resto? 60 00:07:54,558 --> 00:07:56,393 Iso temos que descubrir. 61 00:07:58,103 --> 00:07:59,688 E que pasa cos iranianos? 62 00:08:00,814 --> 00:08:04,318 Nunca tivo que ver con Kahani, só era un cebo de primeira... 63 00:08:04,401 --> 00:08:09,198 Isto é algo nacional, algo empresarial. E non rematou aínda. 64 00:08:14,494 --> 00:08:16,622 De onde sae esta pista de Capstone? 65 00:08:16,705 --> 00:08:18,624 - Non é importante. - É. 66 00:08:18,707 --> 00:08:22,961 Se vou usar información, teño que poder confiar na fonte. 67 00:08:23,670 --> 00:08:24,755 A fonte son eu. 68 00:08:31,678 --> 00:08:33,889 Teño que ensinarche algo. 69 00:08:35,307 --> 00:08:37,559 Saquei isto da Clínica Engram. 70 00:08:38,143 --> 00:08:41,480 Non quería ensinarcho ata ter máis contexto. 71 00:08:50,530 --> 00:08:52,074 É un tumor, Reece... 72 00:08:53,700 --> 00:08:55,953 É do tamaño dunha noz. 73 00:08:56,495 --> 00:09:00,415 Está no nódulo entre o hipocampo e a amígdala. 74 00:09:00,832 --> 00:09:05,504 Falei cunha neuróloga. Dixo que os síntomas son dores de cabeza, 75 00:09:05,587 --> 00:09:09,007 paranoia, recordos confusos... 76 00:09:13,929 --> 00:09:16,723 - Non é meu. - Ten a data da túa visita. 77 00:09:16,807 --> 00:09:21,019 - Deucho o NCIS? - Non. Holder nunca o mencionou. 78 00:09:21,103 --> 00:09:23,855 Estou bastante segura de que só o sabemos nós. 79 00:09:24,314 --> 00:09:26,400 A neuróloga recomenda unha biopsia. 80 00:09:26,483 --> 00:09:29,486 Se non, non hai forma de dar unha diagnose exacta. 81 00:09:29,569 --> 00:09:34,408 E os dous sabemos que tiveches recordos falsos. 82 00:09:35,367 --> 00:09:39,496 Iso non o podes explicar con Jahan Kahani 83 00:09:39,579 --> 00:09:40,831 ou con Capstone... 84 00:09:42,291 --> 00:09:45,961 Mira no espello de atrás. O home con gorra e lentes de sol. 85 00:09:46,044 --> 00:09:50,048 - Velo? - Non, só xente acabando de comer. 86 00:09:50,173 --> 00:09:51,258 Marchamos. Xa! 87 00:09:52,134 --> 00:09:54,678 Espera! Reece! 88 00:09:55,470 --> 00:09:56,680 Non rematamos. 89 00:10:05,689 --> 00:10:06,857 Reece. Espera! 90 00:10:07,816 --> 00:10:09,609 Trouxeches o teu teléfono? 91 00:10:09,693 --> 00:10:11,945 Non, só o de prepago. Que pasa? 92 00:10:12,029 --> 00:10:13,572 Teñen ollos no ceo. 93 00:10:13,655 --> 00:10:15,490 Coma un dron? 94 00:10:15,574 --> 00:10:20,287 O home que vin é un especialista. Ou veu por min... ou por ti. 95 00:10:20,370 --> 00:10:23,457 Reece, non hai ninguén. Imaxinas cousas. 96 00:10:23,540 --> 00:10:27,461 Pasei o S. D. R. para vir. Só poderían seguirme cun dron. 97 00:10:30,505 --> 00:10:33,133 Este é o meu coche. Sube. Sube! 98 00:10:38,013 --> 00:10:39,222 Pon o cinto. 99 00:10:39,306 --> 00:10:43,685 Perdoa. Estamos escapando porque viches un tipo con lentes de sol? 100 00:10:43,769 --> 00:10:45,103 Non estamos escapando. 101 00:10:47,564 --> 00:10:48,857 Agarda. 102 00:10:54,654 --> 00:10:55,781 Queda aquí. 103 00:10:56,531 --> 00:10:58,158 Estás ben? Non te vin. 104 00:11:44,162 --> 00:11:45,705 Leo. Ábreo! 105 00:11:48,250 --> 00:11:50,502 Un informe de obxectivos profesional. 106 00:11:51,878 --> 00:11:53,964 Aínda cres que se me vai a cabeza? 107 00:12:22,159 --> 00:12:24,202 - Vamos á policía. - Sen polis. 108 00:12:24,286 --> 00:12:28,415 - Atacoute a plena luz do día. - O NCIS está infiltrado. 109 00:12:28,498 --> 00:12:30,834 Talvez a policía tamén, non o sabemos. 110 00:12:30,917 --> 00:12:33,086 Agora temos que desaparecer. 111 00:12:43,972 --> 00:12:46,183 Sabes usar unha destas? 112 00:12:46,266 --> 00:12:49,853 - Sei. - Non sabemos se van por ti. 113 00:12:49,936 --> 00:12:54,441 Tes que pasar desapercibida por agora. Tes onde quedar? 114 00:12:56,526 --> 00:12:57,861 - Tes? - Teño. 115 00:13:06,745 --> 00:13:09,915 Perdoa por meterte nisto. Non me volverás ver. 116 00:13:10,790 --> 00:13:11,875 Reece. 117 00:13:14,669 --> 00:13:16,671 Dáme o que teñas de Capstone. 118 00:13:17,380 --> 00:13:19,549 Descubrirei se están ligados a vós. 119 00:13:45,659 --> 00:13:47,160 Sabes onde atoparme. 120 00:14:24,739 --> 00:14:25,824 Despexado! 121 00:14:27,784 --> 00:14:28,785 Lanza a bomba. 122 00:14:34,833 --> 00:14:36,001 Dentro! 123 00:14:40,130 --> 00:14:41,298 Cúbrote. 124 00:14:43,967 --> 00:14:44,968 Despexado. 125 00:14:54,185 --> 00:14:55,186 Despexado! 126 00:14:55,895 --> 00:14:56,980 Movédevos. 127 00:14:57,147 --> 00:14:58,273 Movédevos! 128 00:15:00,191 --> 00:15:01,234 Dentro! 129 00:15:05,989 --> 00:15:07,282 Limpo! Última sala. 130 00:15:07,365 --> 00:15:09,701 - Que cona foi iso, Hargrove? - Señor? 131 00:15:09,784 --> 00:15:12,621 Estabas na porta, tiñas que atacar a sala. 132 00:15:12,704 --> 00:15:14,873 Non che pago para facerme pallas. 133 00:15:14,956 --> 00:15:17,208 Quero realismo, entendes? 134 00:15:18,126 --> 00:15:20,670 Se fas outra merda así, estás fóra. 135 00:15:27,761 --> 00:15:32,182 A precisión entrou no 83.º percentil, a velocidade no 71.º. 136 00:15:32,724 --> 00:15:34,392 Non é do mellor, pero é competitivo. 137 00:15:34,476 --> 00:15:37,020 Dende logo, non me gustaría ser o inimigo. 138 00:15:37,729 --> 00:15:40,649 Meu, as miñas reaccións seguen sendo unha merda. 139 00:15:41,149 --> 00:15:42,859 Outra vez, señor? 140 00:15:44,027 --> 00:15:45,362 Oxalá, pero non podo. 141 00:15:45,445 --> 00:15:47,739 Acabou a hora de comer. Veña, vamos. 142 00:16:29,614 --> 00:16:30,490 Steve! 143 00:16:31,408 --> 00:16:33,243 - 14:00, Janet Lansing. - Steve! 144 00:16:33,326 --> 00:16:37,038 14:45, Al Khaleef. 15:30, a xunta de Repzion, 145 00:16:37,122 --> 00:16:40,291 - 16:30, Suri Ratnavanh... - Ratanavanh. Cancélaa. 146 00:16:40,375 --> 00:16:42,836 - Steve... - Espera. Chama a Gary Mathis. 147 00:16:42,919 --> 00:16:45,004 - Temos que falar. - Espera, Saul. 148 00:16:45,088 --> 00:16:48,717 Reducimos a inversión. Se queren berrar, que busquen un muro. 149 00:17:08,611 --> 00:17:09,696 Que pase. 150 00:17:20,498 --> 00:17:22,959 Supoñíase que estabas en Santa Bárbara. 151 00:17:23,501 --> 00:17:24,753 Temos un problema. 152 00:17:26,463 --> 00:17:28,798 Que non estás en Santa Bárbara? 153 00:17:33,052 --> 00:17:35,972 - Que problema? - Dos que non se din en voz alta 154 00:17:36,055 --> 00:17:40,018 - por se o usan logo nun xuízo. - Aquí estamos seguros. 155 00:17:45,732 --> 00:17:46,775 Gordo está morto. 156 00:17:47,692 --> 00:17:48,693 Reece non. 157 00:17:49,611 --> 00:17:53,156 - Encargareime diso. - Supoñíase que se faría en Siria. 158 00:17:53,239 --> 00:17:55,700 Agora temos ó psicópata en California... 159 00:17:55,784 --> 00:17:58,286 Non é un psicópata. É un capitán dos SEAL. 160 00:17:58,369 --> 00:17:59,204 Ten respecto. 161 00:18:03,750 --> 00:18:09,005 Isto é malo, Steve. Se Reece anda solto e descobren o de Holder... 162 00:18:09,088 --> 00:18:11,508 - Holder non coñecía nada valioso. - A min. 163 00:18:11,591 --> 00:18:13,259 Eu son valioso. 164 00:18:13,343 --> 00:18:16,471 Fala con Hargrove. Organizarei a viaxe. 165 00:18:16,554 --> 00:18:18,681 Non vou ir a Santa Bárbara, meu. 166 00:18:18,765 --> 00:18:22,435 - Que Tedesco venda a súa propia empresa. - Vender non é o seu. 167 00:18:23,520 --> 00:18:24,938 Ten outras ambicións. 168 00:18:25,814 --> 00:18:28,274 É hora de centrarse, Saul, vale? 169 00:18:29,234 --> 00:18:31,861 É obrigatorio pechar o negocio de Plano. 170 00:18:31,945 --> 00:18:35,740 Capstone investiu moitos cartos e agora toca vender. 171 00:18:35,824 --> 00:18:40,370 Estou canso de esperar que Elias Ryberg lle bote collóns. Necesítote, vale? 172 00:18:42,038 --> 00:18:43,039 Ti sabes pechar. 173 00:18:46,292 --> 00:18:47,544 Kurt, que pase Janet. 174 00:19:46,978 --> 00:19:48,396 Deberías vir á cama. 175 00:19:49,898 --> 00:19:51,441 Non podo, teño deberes. 176 00:19:56,654 --> 00:20:00,700 Agora WARCOM ponte a saltar fogueiras? 177 00:20:00,867 --> 00:20:03,870 É a celebración zoroástrica de aninovo, o nowruz. 178 00:20:03,953 --> 00:20:06,623 Claro, moi relevante para a operación. 179 00:20:08,041 --> 00:20:10,710 Asignáronnos unha Forza de Defensa Siria. 180 00:20:11,336 --> 00:20:13,338 Toca aprender sobre o Kurdistán. 181 00:20:13,421 --> 00:20:14,547 Deu unha patadiña. 182 00:20:15,590 --> 00:20:16,674 Si? 183 00:20:19,260 --> 00:20:20,470 Non... 184 00:20:24,724 --> 00:20:26,309 Combativa coma papá. 185 00:20:26,434 --> 00:20:29,020 Non, o de combativa sacouno de mamá. 186 00:20:32,440 --> 00:20:35,693 Sabes que se tes que quedar alí, estarei ben. 187 00:20:35,777 --> 00:20:38,154 Virán meus pais axudarme. 188 00:20:42,200 --> 00:20:44,869 Entón se volvo, poderei ir de pesca. 189 00:20:47,413 --> 00:20:51,834 Aínda que teña que roubar un helicóptero, volverei á casa. Estarei aquí. 190 00:20:53,336 --> 00:20:55,421 Agarrándoche a man ata o final. 191 00:20:55,505 --> 00:20:59,926 Serei a única muller cun parteiro chegado do deserto. 192 00:21:07,767 --> 00:21:09,018 Non. 193 00:21:21,030 --> 00:21:22,740 Vaise poñer ben, papá? 194 00:21:22,824 --> 00:21:24,492 Si, está ben. 195 00:21:24,575 --> 00:21:27,662 Está aparvada. Agora voará coa súa familia. 196 00:21:49,892 --> 00:21:50,727 Aquí tes. 197 00:21:52,437 --> 00:21:53,438 - Grazas. - Si. 198 00:21:56,190 --> 00:21:58,818 Vexo que elixiches a suite para lúas de mel. 199 00:22:01,654 --> 00:22:05,116 Vale, tiñas razón. O NCIS búscate dende onte á noite. 200 00:22:05,199 --> 00:22:08,119 Se fose ti, botaría un tempo sen ir á casa. 201 00:22:08,202 --> 00:22:12,457 E o que che disparou en L. A. identificárono como Adrian Gordonis. 202 00:22:12,540 --> 00:22:16,377 Antigo marine, ou dos Raiders, como carallo se chamen agora. 203 00:22:16,461 --> 00:22:18,546 Pasou á privada con Talos Tactical. 204 00:22:19,422 --> 00:22:21,507 Nunca tratei directamente con eles, 205 00:22:21,591 --> 00:22:24,761 pero sei que non destacan pola súa ética. 206 00:22:24,844 --> 00:22:27,472 Deus bendito! Vai amodo! 207 00:22:28,723 --> 00:22:31,851 O burrito non vai escapar, irmán. 208 00:22:31,934 --> 00:22:33,895 Non me trouxeron os bucatini. 209 00:22:33,978 --> 00:22:38,107 - Non sei que significa iso. - Significa grazas polo burrito. 210 00:22:38,191 --> 00:22:39,859 - De nada. - Grazas. 211 00:22:54,540 --> 00:22:59,087 Luce tiña talento, eh? 212 00:22:59,587 --> 00:23:04,175 Si, tamén sabía cantar e tocar acordes con pestana. 213 00:23:09,222 --> 00:23:11,224 Era doutro mundo, irmán. 214 00:23:21,275 --> 00:23:25,196 Por moito que o intento, non lembro o día que debuxou isto. 215 00:23:25,279 --> 00:23:27,448 Eu non lembro nin o domingo pasado. 216 00:23:29,200 --> 00:23:31,619 Creo que foi a mañá antes de ir a Siria. 217 00:23:32,995 --> 00:23:35,957 E había un paxaro. 218 00:23:37,166 --> 00:23:41,129 Un estorniño, talvez. Chocou coa ventá e matouse. 219 00:23:41,212 --> 00:23:43,631 Parece que tes a memoria intacta. 220 00:23:43,714 --> 00:23:46,759 Só a metade. As outras partes... 221 00:23:46,843 --> 00:23:48,845 É unha merda, está confuso. 222 00:23:52,557 --> 00:23:54,892 Mesturado con outros recordos. É como... 223 00:23:56,144 --> 00:23:58,479 mirar por un calidoscopio. 224 00:23:59,856 --> 00:24:04,569 Meu, levaches unha boa. Quero dicir, aínda che doe a cabeza? 225 00:24:09,490 --> 00:24:10,575 Non. 226 00:24:14,912 --> 00:24:17,165 - Viches o informe de obxectivos? - Si. 227 00:24:18,875 --> 00:24:24,046 Si, parece un babiolo de moito coidado. 228 00:24:24,130 --> 00:24:25,756 Viches que canciño ten? 229 00:24:27,508 --> 00:24:31,053 Quero dicir que non me ten pinta de ser un xenio do mal. 230 00:24:31,137 --> 00:24:33,139 A min tampouco. 231 00:24:33,222 --> 00:24:35,349 Vou investigar Capstone a fondo. 232 00:24:35,433 --> 00:24:38,561 Poderiamos. Pero xa teño a alguén traballando niso. 233 00:24:39,061 --> 00:24:43,482 Unha xornalista. Podemos investigar sen levantar sospeitas. 234 00:24:43,566 --> 00:24:44,567 Unha xornalista? 235 00:24:45,276 --> 00:24:46,277 Si. 236 00:24:47,111 --> 00:24:48,779 Está ben sabelo. 237 00:24:50,323 --> 00:24:52,200 - Sabe que estás aquí? - Non. 238 00:24:52,283 --> 00:24:53,993 - Sabe que estou aquí? - Non. 239 00:24:54,076 --> 00:24:57,705 Sabes que non es o único en risco, non? Estou na CIA. 240 00:24:57,830 --> 00:25:00,124 Se sae á luz que planeas unha guerra... 241 00:25:00,208 --> 00:25:01,918 - Entendo. - Nos Ánxeles... 242 00:25:02,001 --> 00:25:04,670 Dígoche que estás limpo. Prométocho. 243 00:25:06,214 --> 00:25:07,882 Estás ben. Ela é un activo. 244 00:25:09,592 --> 00:25:11,344 Sei en que categoría poñela. 245 00:25:12,553 --> 00:25:13,888 E sen obrigas. 246 00:25:13,971 --> 00:25:17,433 - Se queres irte, enténdoo. - Que che dean! Non vou irme. 247 00:25:17,516 --> 00:25:19,936 Para min non é unha obriga, irmán. 248 00:25:21,103 --> 00:25:24,190 Só teño que saber que nos apoiamos. Iso é todo. 249 00:25:24,273 --> 00:25:25,441 Sempre. 250 00:25:27,777 --> 00:25:29,153 De acordo... 251 00:25:32,907 --> 00:25:34,075 De acordo. 252 00:25:35,660 --> 00:25:37,745 Obviamente hai unhas cantas persoas 253 00:25:37,828 --> 00:25:40,623 perseguíndote, así que sé discreto. Por favor. 254 00:25:43,167 --> 00:25:46,295 - Así me gusta. - Estou de relax. 255 00:25:46,379 --> 00:25:48,965 Se atopo algo, douche un toque. 256 00:25:49,924 --> 00:25:52,301 Recibido. Ben. 257 00:25:54,428 --> 00:25:58,808 Non vas ir ó torneo de golf vestido coma o Gran Lebowski, non? 258 00:25:58,891 --> 00:26:00,101 Odio o puto golf. 259 00:26:18,995 --> 00:26:20,288 Vas fallar. 260 00:26:23,207 --> 00:26:24,500 Vai fallar. 261 00:26:26,419 --> 00:26:29,588 Míreo, compra un pau de luxo de Scotty Cameron 262 00:26:29,672 --> 00:26:31,590 e xa pensa que vai xogar ben. 263 00:26:32,758 --> 00:26:37,430 O tipo é un xenio, xa sabe. Pero o estilo non se compra. 264 00:26:40,474 --> 00:26:42,643 Que tal o voo? Tratárono ben? 265 00:26:42,768 --> 00:26:45,229 Arrimouse a unha azafata rebuldeira? 266 00:26:45,313 --> 00:26:50,192 Dubido que Elias voase 13 horas para falar de acosos sexuais a auxiliares de voo. 267 00:26:50,276 --> 00:26:51,444 Non falo de acoso, 268 00:26:51,527 --> 00:26:55,990 falo do magnetismo natural que ten estar podre de cartos. 269 00:26:57,616 --> 00:27:01,203 Sr. Agnon, sempre disposto a bromas. 270 00:27:01,287 --> 00:27:02,371 Non é broma. 271 00:27:02,455 --> 00:27:07,043 Plano é, talvez, un dos catro grupos que poderían comprar a empresa de Mike. 272 00:27:07,126 --> 00:27:09,211 Fariamos unha oferta con Newbellum. 273 00:27:09,295 --> 00:27:11,589 Capstone Industries? É o seu turno. 274 00:27:11,672 --> 00:27:14,425 Excelente. Sabes quen xoga para nós? 275 00:27:14,508 --> 00:27:16,302 Pedín a Bryson DeChambeau. 276 00:27:16,385 --> 00:27:18,929 Tócalles Steve Davie. 277 00:27:19,889 --> 00:27:21,140 Quen carallo é ese? 278 00:27:21,682 --> 00:27:25,102 Non. Ven aquí. Vouche explicar unha cousiña. 279 00:27:29,023 --> 00:27:33,736 Bryson DeChambeau empezará para Capstone Industries. 280 00:27:58,594 --> 00:27:59,595 Boa, colega. 281 00:28:06,102 --> 00:28:10,648 Non me avergonza admitir que consideramos en serio unha oferta hai seis anos. 282 00:28:10,815 --> 00:28:12,024 Non tiña nin idea. 283 00:28:12,108 --> 00:28:14,193 O seu traballo sempre foi incrible. 284 00:28:14,276 --> 00:28:15,694 Agradézollo moito. 285 00:28:15,778 --> 00:28:18,572 Antes dos contratos militares con Capstone 286 00:28:18,656 --> 00:28:21,867 tiña outros plans para Newbellum e se a compra avanza, 287 00:28:21,951 --> 00:28:26,163 - podemos explorar a idea orixinal... - Aí o ten. Xa se emocionou. 288 00:28:27,415 --> 00:28:33,254 O que pasa cos visionarios é que ven un abano infinito de posibilidades. 289 00:28:33,337 --> 00:28:36,424 O noso traballo como socios, como patrocinadores, 290 00:28:37,007 --> 00:28:39,760 ten sido reducir un chisco ese abano. 291 00:28:40,469 --> 00:28:44,515 Cando Capstone subiu a bordo e Steve tomou o temón... 292 00:28:44,598 --> 00:28:46,892 Por iso estamos aquí, non? 293 00:28:48,853 --> 00:28:51,939 Prefiro a súa orientación actual, Sr. Tedesco. 294 00:28:52,481 --> 00:28:53,941 Por suposto, claro. 295 00:28:54,024 --> 00:28:56,110 Entón Plano ten unha contraoferta? 296 00:28:58,112 --> 00:29:02,783 Sr. Agnon, aprecio a súa perserverancia, pero isto foi, intencionadamente, 297 00:29:02,867 --> 00:29:04,118 unha visita social. 298 00:29:04,201 --> 00:29:05,327 Social? 299 00:29:05,703 --> 00:29:07,413 Vale. Que lle parece isto? 300 00:29:08,914 --> 00:29:11,208 Aluguei unha casa preto do 16. 301 00:29:12,084 --> 00:29:14,295 E se organizo unha festa esta noite? 302 00:29:14,920 --> 00:29:16,422 Chamo algunhas amigas. 303 00:29:16,505 --> 00:29:19,717 Teño unha botella de Bas-Armagnac que pega duro. 304 00:29:20,509 --> 00:29:24,138 Despois dareille unhas cifras. Se estamos na marxe, xenial. 305 00:29:24,221 --> 00:29:26,599 Se non, sempre nos quedará Bryson. 306 00:29:29,935 --> 00:29:33,564 E onde está esa casa que di? 307 00:30:19,652 --> 00:30:22,404 Si, estouno vendo. 308 00:30:24,198 --> 00:30:27,493 Foi fácil, irmán, moi fácil. 309 00:30:28,327 --> 00:30:29,370 Si. 310 00:30:53,769 --> 00:30:55,854 Desculpade, rapaces. Ola? 311 00:30:55,938 --> 00:30:59,149 - Jord, son eu. - Katie, estívente chamando. 312 00:30:59,233 --> 00:31:00,484 Que pasou onte? 313 00:31:01,151 --> 00:31:04,446 - Nada, perdoa, perdín o móbil. - Estás ben? 314 00:31:05,322 --> 00:31:07,992 Estaba equivocada coa historia de Reece. 315 00:31:08,075 --> 00:31:10,869 - Totalmente equivocada. - Que queres dicir? 316 00:31:12,746 --> 00:31:15,666 Teño que marchar un tempo da cidade. 317 00:31:15,749 --> 00:31:17,918 Estou un pouco queimada, sabes? 318 00:31:18,002 --> 00:31:21,130 Non, non sei. De que falas? 319 00:31:22,089 --> 00:31:25,926 Vasma facer, non? Vasme deixar tirado? 320 00:31:26,010 --> 00:31:27,803 Perdoa, fuches bo comigo. 321 00:31:27,886 --> 00:31:31,307 Merda, Katie. Así me pagas por confiar en ti? 322 00:31:49,491 --> 00:31:52,161 Que, como nos está indo? 323 00:31:52,745 --> 00:31:55,914 Bo traballo. Conseguirémolo. 324 00:32:02,796 --> 00:32:04,757 Págoche para andar con rodeos? 325 00:32:10,971 --> 00:32:13,724 Con isto volveremos ós niveis de 2005. 326 00:32:15,017 --> 00:32:16,143 Iso é. 327 00:32:18,562 --> 00:32:24,360 Algúns dirían que non é intelixente retirar recursos unilateralmente. 328 00:32:27,905 --> 00:32:29,448 Ti tamén o dirías? 329 00:32:32,493 --> 00:32:34,703 Lorraine, quédanche catro meses. 330 00:32:34,995 --> 00:32:37,956 E sinceramente, non sei se o comité aprobará isto. 331 00:32:38,499 --> 00:32:40,501 Queres marchar cunha derrota? 332 00:32:43,128 --> 00:32:46,757 Pois animaremos a votación. A metade da cámara gaña. 333 00:32:46,840 --> 00:32:50,219 E os nosos contratistas? Tamén pensarán que gañan? 334 00:32:50,302 --> 00:32:51,970 Intentas que me dean lástima 335 00:32:52,054 --> 00:32:55,307 - os grupos de interés? - Teñen poder. 336 00:32:55,391 --> 00:32:57,142 É dicir, teñen voz. 337 00:32:58,268 --> 00:32:59,895 O teu legado manteríase 338 00:32:59,978 --> 00:33:03,565 - sen gañar inimigos. - Escoita. 339 00:33:03,649 --> 00:33:04,900 Este é o meu legado. 340 00:33:06,610 --> 00:33:09,238 Deixar as cousas mellor do que as atopei. 341 00:34:00,289 --> 00:34:04,543 Si, aquí está pasando algo. Pensei que che gustaría sabelo. 342 00:34:30,194 --> 00:34:34,072 Ola, amor. Son Raven. 343 00:34:36,241 --> 00:34:37,910 Buscas compaña? 344 00:34:37,993 --> 00:34:41,163 Ola, Raven. Pois si. 345 00:34:45,876 --> 00:34:47,628 Vinte entrar. 346 00:34:48,212 --> 00:34:51,089 A miña amiga Sasha quixo vir ata aquí 347 00:34:51,173 --> 00:34:54,343 pero díxenlle: "Non, este é todo meu". 348 00:34:54,426 --> 00:34:55,594 Dixeches iso? 349 00:34:57,721 --> 00:35:02,643 Que che parece se imos atrás e tomamos unha copa a soas? 350 00:35:03,268 --> 00:35:05,103 E se sentamos aquí e falamos? 351 00:35:06,355 --> 00:35:07,731 Encántame falar. 352 00:35:11,527 --> 00:35:13,070 De que queres falar? 353 00:35:13,862 --> 00:35:16,782 Quero un pouco de festa. Poderíasme axudar? 354 00:35:21,995 --> 00:35:23,121 Es poli? 355 00:35:25,165 --> 00:35:26,166 Non. 356 00:35:27,000 --> 00:35:31,755 - Se o es, estás obrigado a dicirmo. - Non creo que funcione así, pero non son. 357 00:35:36,093 --> 00:35:39,638 Podo conseguirche algo. Que buscas exactamente? 358 00:35:39,721 --> 00:35:41,765 - Ultimamente dóeme a cabeza. - Si? 359 00:35:42,599 --> 00:35:45,185 - Canto? - Moitísimo. 360 00:35:48,438 --> 00:35:51,900 O DJ ten "pastis" de metadona. Cres que che valen? 361 00:35:53,694 --> 00:35:55,362 Si, creo que valen. 362 00:35:56,905 --> 00:36:01,201 Son 100 $ cada unha, un prezo tirado, só para ti. 363 00:36:02,035 --> 00:36:03,078 Só para min? 364 00:36:12,921 --> 00:36:14,548 Grazas, amor. Espera aquí. 365 00:36:22,973 --> 00:36:26,894 Parabéns, querido Donny. 366 00:36:26,977 --> 00:36:31,607 Parabéns para ti. 367 00:36:32,524 --> 00:36:34,776 Veña, xefe. Que fas? 368 00:36:34,860 --> 00:36:36,945 - Ven aquí, xefe. - Veña! 369 00:36:37,779 --> 00:36:39,823 Veña, ven aquí, Reece. 370 00:36:40,616 --> 00:36:43,118 Amor, vai todo ben? 371 00:36:48,248 --> 00:36:49,499 Só lembrei algo. 372 00:36:52,961 --> 00:36:55,756 Isto axudarache a esquecer. 373 00:37:15,859 --> 00:37:19,279 Nunca te vin traballar así nas despregaduras. 374 00:37:26,161 --> 00:37:27,621 Alí había normas. 375 00:37:27,955 --> 00:37:29,831 Si. Demasiadas. 376 00:37:40,759 --> 00:37:43,011 Non foi o mesmo dende que te fuches. 377 00:37:46,014 --> 00:37:48,767 Sabes...? Eu tamén pensei en marchar. 378 00:37:49,518 --> 00:37:53,355 Ti e os SEAL sodes unlla e carne, irmán. 379 00:37:53,438 --> 00:37:56,942 Non ías marchar e está claro que non me necesitabas. 380 00:38:02,614 --> 00:38:05,409 Non estou seguro, visto o visto. 381 00:38:07,744 --> 00:38:10,956 Deixa que me encargue eu. 382 00:38:15,627 --> 00:38:19,673 Pensas que vou deixar que te divirtas ti só? 383 00:38:23,343 --> 00:38:24,386 Pois... 384 00:38:25,095 --> 00:38:27,431 Alguén vai pasar unha noite caralluda. 385 00:38:29,766 --> 00:38:31,977 - Aquí teñen, señoritas. - Grazas. 386 00:38:33,520 --> 00:38:35,939 Non, dígollo en serio, 387 00:38:36,023 --> 00:38:41,111 é o mellor sushi que probou na vida. 388 00:38:41,194 --> 00:38:43,155 Non sexa ridículo, por favor. 389 00:38:43,238 --> 00:38:45,657 É unha puta revelación, así de claro. 390 00:38:46,158 --> 00:38:50,120 Quere falar do mellor? Estivo no Sukiyabashi Jiro? 391 00:38:50,203 --> 00:38:54,958 Só escoito falar do Jiro ese. Está ben. É bo. Supoño. 392 00:38:55,042 --> 00:38:57,753 Pero Steve atopou un tipiño, Taishi. 393 00:38:57,836 --> 00:39:00,505 Trouxémolo directamente de Hokkaido. 394 00:39:00,589 --> 00:39:04,176 Dígolle que este puto tipo fala o idioma dos peixes. 395 00:39:04,259 --> 00:39:07,763 Baixa ata o peirao e murmúralles ás xardas 396 00:39:07,846 --> 00:39:11,266 e ós bonitos. Non sei que lle din, será algo como: 397 00:39:11,349 --> 00:39:13,310 "Lévame, estou rico de carallo". 398 00:39:15,270 --> 00:39:17,397 Parece que o terei que probar. 399 00:39:17,481 --> 00:39:20,358 Claro, podo reservar. Para cando? 400 00:39:23,779 --> 00:39:27,199 Non teño axenda. Teño que falar coa miña xunta. 401 00:39:27,282 --> 00:39:29,826 Que lle dean á xunta. Pregúntolle a vostede. 402 00:39:30,368 --> 00:39:31,703 Saul, para. 403 00:39:35,540 --> 00:39:36,625 É tarde. 404 00:39:36,708 --> 00:39:40,545 Paseino moi ben, pero teño un voo pola mañá. 405 00:39:43,673 --> 00:39:46,134 Elias, levamos meses bailando. 406 00:39:47,177 --> 00:39:49,846 Quere xogar ó golf? Xogamos. Comer pescado? 407 00:39:52,057 --> 00:39:55,894 Pero chega un punto, amigo, no que me vexo obrigado a dicirlle 408 00:39:55,977 --> 00:39:58,480 que cague ou deixe o baño libre. 409 00:39:59,147 --> 00:40:01,608 Plano quere Newbellum ou non? 410 00:40:07,447 --> 00:40:09,282 Chamarei ó equipo de compras. 411 00:40:09,991 --> 00:40:13,620 Dígalle ó señor Horn que terei unha proposta pola mañá. 412 00:40:14,996 --> 00:40:16,123 Boa noite. 413 00:40:26,550 --> 00:40:28,260 Pasácheste da raia. 414 00:40:28,343 --> 00:40:32,139 A Elias Ryberg hai que tratalo con respecto, non con desdén. 415 00:40:36,476 --> 00:40:41,106 Tes a mínima idea da cantidade de cartos que che acabo de conseguir? 416 00:40:41,189 --> 00:40:45,777 Por Deus, Mike, deberías darme as putas grazas. 417 00:40:49,698 --> 00:40:53,994 Señoras e señores, poderían prestarme atención, por favor? 418 00:40:55,537 --> 00:40:56,913 Vaian tomar polo cu. 419 00:40:58,123 --> 00:41:01,877 En serio. Listo, á casa. Todos, xa foi, marchen. 420 00:41:02,669 --> 00:41:04,171 - De verdade? - Si. 421 00:42:12,197 --> 00:42:16,826 Hoxe gañamos moitos cartos, campeón. Si, moitos cartos, campeón. 422 00:42:16,952 --> 00:42:18,620 Quen é o meu bebé? 423 00:44:53,817 --> 00:44:54,901 Aí estás. 424 00:45:19,467 --> 00:45:22,262 - Perdoa. O da bolsa, Saul... - Por favor! 425 00:45:22,387 --> 00:45:26,641 Escoita. O da bolsa non foi... 426 00:45:26,766 --> 00:45:29,727 Non foi agradable para ningún dos dous, vale? 427 00:45:30,979 --> 00:45:33,898 Socorro! 428 00:45:34,065 --> 00:45:38,153 Alguén, por favor! Socorro! 429 00:45:40,822 --> 00:45:44,951 Que alguén me axude! 430 00:45:48,788 --> 00:45:50,123 Axuda! 431 00:45:53,376 --> 00:45:54,461 Acabaches? 432 00:46:10,393 --> 00:46:12,896 Por que me quere morto Capstone Industries? 433 00:46:15,940 --> 00:46:20,278 - Non sei de que me falas. - Non me mintas, hostia. 434 00:46:20,361 --> 00:46:21,237 Non minto. 435 00:46:21,321 --> 00:46:23,114 Xúroo pola tumba de miña nai. 436 00:46:23,198 --> 00:46:25,742 Ten algo que ver co tumor? 437 00:46:26,826 --> 00:46:29,037 - Que? - O tumor que teño na cabeza. 438 00:46:29,120 --> 00:46:30,997 Tes un puto tumor cerebral? 439 00:46:31,956 --> 00:46:35,126 Cago en Deus, desátame, non fixen nada. 440 00:46:47,222 --> 00:46:50,099 Vin homes aturar cousas horribles, Saul. 441 00:46:52,185 --> 00:46:55,647 Dor e humillación. 442 00:46:58,566 --> 00:47:01,361 En graos que non poderías imaxinar. 443 00:47:02,362 --> 00:47:04,197 E aínda así calaban a boca. 444 00:47:04,280 --> 00:47:09,118 Porque eses homes crían en algo, tiñan un propósito maior ca eles mesmos. 445 00:47:09,202 --> 00:47:13,623 Unha causa pola que preferían morrer entre berros 446 00:47:13,706 --> 00:47:15,375 antes que traizoar. 447 00:47:18,419 --> 00:47:20,838 Pero ti non es así, verdade, Saul? 448 00:47:20,922 --> 00:47:23,675 Non es un auténtico crente. Só es un calquera 449 00:47:23,758 --> 00:47:27,762 que caeu de cu nun mundo que non entende. 450 00:47:27,845 --> 00:47:32,392 Non queres morrer por isto, Saul. 451 00:47:33,268 --> 00:47:34,602 Entón, dime. 452 00:47:36,729 --> 00:47:41,776 Non... el non me conta nada. 453 00:47:41,859 --> 00:47:44,404 - Quen? - Illamento de datos. 454 00:47:45,405 --> 00:47:47,490 Compartimentación. Igual ca vós. 455 00:47:47,574 --> 00:47:50,410 - Quéntase con iso. - Quen se quenta con iso? 456 00:47:54,289 --> 00:47:57,166 Steve. Horn. 457 00:47:58,418 --> 00:48:03,506 Steve Horn. Iso é. Dálle un grolo. 458 00:48:13,099 --> 00:48:14,183 Veña. 459 00:48:14,309 --> 00:48:16,436 Steve é un visionario. El... 460 00:48:17,145 --> 00:48:20,815 Fixo unha fortuna en tecnolóxicas e logo pasou ó capital risco. 461 00:48:21,482 --> 00:48:26,279 Entende de xente, de mercados, de guerra. 462 00:48:29,407 --> 00:48:34,329 Eu só son un apéndice. Un mediador. Resolvo cousas. 463 00:48:36,748 --> 00:48:39,500 Como executa Steve unha emboscada en Siria? 464 00:48:39,584 --> 00:48:44,088 Steve ten amigos en todas partes. É o que ten ser multimillonario. 465 00:48:44,213 --> 00:48:47,342 - Que obxectivo tiña? - Non é o meu departamento, 466 00:48:47,425 --> 00:48:50,887 pero vai de algo chamado... 467 00:48:53,097 --> 00:48:55,725 proxecto RD4895. 468 00:48:56,392 --> 00:48:57,435 Que é iso? 469 00:48:57,518 --> 00:49:02,690 RD4895. Pero xa che digo que non sei que é. 470 00:49:04,400 --> 00:49:08,404 Só sei que vale moito diñeiro. 471 00:49:10,948 --> 00:49:12,200 Non abonda. 472 00:49:14,702 --> 00:49:19,207 Non, veña! Veña! Escoita, estoucho dicindo! 473 00:49:19,332 --> 00:49:22,835 Non sei nada! Só son un calquera! Dixéchelo ti, 474 00:49:22,919 --> 00:49:24,545 só un puto calquera! 475 00:49:35,098 --> 00:49:36,099 De acordo. 476 00:49:36,724 --> 00:49:38,267 Vale, créote. 477 00:49:39,727 --> 00:49:43,731 Steve Horn é o que manda e ti es a putiña dos mandados. 478 00:49:43,815 --> 00:49:45,024 - Si! - É así? 479 00:49:45,108 --> 00:49:47,652 - Si, é así! - Non tomas decisións. 480 00:49:47,735 --> 00:49:51,197 - Non querías que pasara isto. - Xúroo por Deus. 481 00:49:51,948 --> 00:49:55,201 Quen enviaches para matar á miña familia? 482 00:50:04,877 --> 00:50:07,422 - Bebe máis. - Quero ir á casa, tío. 483 00:50:12,802 --> 00:50:14,345 Fíxenche unha pregunta. 484 00:50:27,024 --> 00:50:29,277 Hai un avogado en Jackson Hole. 485 00:50:29,360 --> 00:50:31,028 Marcus Boykin. 486 00:50:31,112 --> 00:50:36,367 Negocia no mercado negro do cru en todo o mundo, incluído México. 487 00:50:36,451 --> 00:50:37,452 México? 488 00:50:40,580 --> 00:50:42,039 Contratou sicarios. 489 00:50:44,417 --> 00:50:46,586 Quen disparou? Onde o atopo? 490 00:50:46,669 --> 00:50:49,172 - No puto México! - Sé específico. 491 00:50:49,255 --> 00:50:53,426 "Cal é o enderezo do sicario"? Ninguén pregunta algo así! 492 00:50:53,509 --> 00:50:54,635 Boykin sábeo? 493 00:50:54,719 --> 00:50:56,471 Boykin non sabe unha merda. 494 00:50:56,554 --> 00:51:02,518 Sabe números de enrutamento de matóns incompetentes. 495 00:51:04,437 --> 00:51:06,439 É máis inútil ca min. 496 00:51:12,028 --> 00:51:15,615 Cando nos despregan gústalles dicir que é pola liberdade. 497 00:51:15,698 --> 00:51:18,284 Pero en realidade, Saul, 498 00:51:19,285 --> 00:51:22,079 é que hai mal neste mundo. 499 00:51:24,373 --> 00:51:27,627 Nós mirámolo ós ollos. Os demais non teñen collóns. 500 00:51:27,710 --> 00:51:29,629 Ese é o traballo que facemos. 501 00:51:29,712 --> 00:51:33,132 Vós só tedes que pagar impostos e mantervos á marxe. 502 00:51:33,216 --> 00:51:35,468 Pero ti, Saul, 503 00:51:36,636 --> 00:51:40,515 Steve Horn, Capstone Industries, 504 00:51:42,517 --> 00:51:44,727 queriades baixar ó barro. 505 00:51:45,770 --> 00:51:48,815 Agora estades nun campo de batalla. 506 00:51:52,819 --> 00:51:55,404 Isto é un cóctel de metadona, Saul. 507 00:51:56,030 --> 00:51:59,534 É unha morte tranquila. Tes sorte. 508 00:52:00,701 --> 00:52:02,328 É máis do que mereces. 509 00:53:10,813 --> 00:53:11,898 MENSAXE DE REECE 510 00:53:11,981 --> 00:53:15,943 PROXECTO RD4895 DE CAPSTONE... CÓIDATE 511 00:54:10,623 --> 00:54:13,292 Miramos un sitio en Tahoe, conteicho? 512 00:54:14,168 --> 00:54:16,003 Unha cabaniña na costa oeste. 513 00:54:17,338 --> 00:54:21,008 Lauren tiña o plan de adestrar atletas en altura. 514 00:54:21,759 --> 00:54:25,137 Lucy quería vivir nun sitio onde puidese ver as estrelas. 515 00:54:30,393 --> 00:54:32,395 Era todo o que querían. 516 00:54:33,354 --> 00:54:36,315 Agora están mortas, non teñen nada. 517 00:54:37,942 --> 00:54:42,863 Só escuridade por culpa dun proxecto empresarial. 518 00:54:45,366 --> 00:54:47,994 Por iso morreron miña muller e miña filla. 519 00:54:49,745 --> 00:54:51,247 É o que non entendo. 520 00:54:52,790 --> 00:54:55,126 Por que meter nisto ás rapazas? 521 00:54:58,504 --> 00:55:00,506 Un asasinato chamaría a atención. 522 00:55:03,175 --> 00:55:06,053 O veterano de guerra tolea, mata a familia, 523 00:55:06,137 --> 00:55:08,556 mata os doutores, suicídase. 524 00:55:08,639 --> 00:55:12,893 A ninguén lle estraña. É máis dixerible. 525 00:55:14,645 --> 00:55:17,481 Steve Horn está en San Francisco. 526 00:55:18,024 --> 00:55:21,986 A cabeza da serpe. Dirame a verdade do RD4895. 527 00:55:22,820 --> 00:55:25,489 Porén, Boykin é a vía para chegar ó sicario. 528 00:55:26,282 --> 00:55:28,492 O que matou a Lauren e Lucy. 529 00:55:28,576 --> 00:55:31,954 Vale. Respostas ou sangue. 530 00:55:33,998 --> 00:55:35,166 A elixir. 531 00:55:40,963 --> 00:55:42,006 Sangue. 532 00:57:36,537 --> 00:57:38,539 Subtítulos: Abraham Díaz López