1 00:00:53,429 --> 00:00:55,514 A LISTA TERMINAL 2 00:03:58,030 --> 00:04:00,115 Fermoso sitio para descansar, mijo. 3 00:04:08,666 --> 00:04:12,962 Señor, dálles o descanso eterno 4 00:04:14,505 --> 00:04:16,966 e que brille sobre elas a luz perpetua. 5 00:04:18,133 --> 00:04:21,387 Que descansen en paz. 6 00:04:25,891 --> 00:04:26,934 Amén. 7 00:04:29,520 --> 00:04:34,566 Ven, non é momento de estar só. 8 00:04:35,025 --> 00:04:36,652 Non quero deixalas. 9 00:04:37,236 --> 00:04:38,278 Claro. 10 00:04:41,448 --> 00:04:43,701 Hai outros xeitos de estar con elas. 11 00:04:48,247 --> 00:04:50,040 E aí díxenlle a Lucy: 12 00:04:50,124 --> 00:04:54,753 "A miña afillada non se vai preocupar por enlamar os zapatos de misa". 13 00:04:59,425 --> 00:05:02,553 Vale, eu tamén teño unha. 14 00:05:02,636 --> 00:05:04,471 - Non, nin falalo. - Non? 15 00:05:04,638 --> 00:05:07,474 - Ti non podes participar nisto. - Nisto? 16 00:05:07,766 --> 00:05:09,226 Isto son bos recordos. 17 00:05:09,309 --> 00:05:11,770 Fago que cale? Asfíxiocho nun momentiño. 18 00:05:11,937 --> 00:05:13,731 Tranquila, portareime ben. 19 00:05:15,733 --> 00:05:17,568 Cando estaba nos SEAL, 20 00:05:18,485 --> 00:05:22,656 despois das operacións, Lauren Reece facía unhas grelladas incribles. 21 00:05:23,407 --> 00:05:24,908 Unha vez, 22 00:05:24,992 --> 00:05:29,997 creo que foi xusto despois de que Sabrina me deixara oficialmente. 23 00:05:30,289 --> 00:05:31,540 Que muller era esa? 24 00:05:34,334 --> 00:05:37,755 Non estaba no meu mellor momento. E como bo amigo, 25 00:05:38,213 --> 00:05:40,632 comprou catro ou cinco caixas de cervexa? 26 00:05:40,716 --> 00:05:43,135 Creo que bebín catro ou cinco caixas? 27 00:05:43,677 --> 00:05:47,347 A noite avanza, todos marchan, miro cara a un curruncho 28 00:05:47,431 --> 00:05:52,728 e hai un sofá vermello, incrible, impoluto, co meu nome escrito. 29 00:05:53,562 --> 00:05:55,564 E claro, durmo alí toda a noite. 30 00:05:55,689 --> 00:05:59,109 Cando me decato é pola mañá, cedo de carallo. 31 00:06:02,988 --> 00:06:04,406 Miro cara arriba, 32 00:06:07,659 --> 00:06:09,078 e alí estaba… 33 00:06:11,455 --> 00:06:13,624 Lauren, coa pequena Luce no colo, 34 00:06:16,794 --> 00:06:21,632 preguntándose por que o seu salón cheiraba a urinarios. 35 00:06:24,802 --> 00:06:26,470 Era porque mexaras por ti. 36 00:06:27,805 --> 00:06:29,014 Eu… 37 00:06:36,688 --> 00:06:38,065 Brindemos. 38 00:06:39,733 --> 00:06:44,613 Pola familia Reece. Tres xeracións que agradezo ter coñecido. 39 00:06:45,114 --> 00:06:48,325 Debemos as nosas vidas ó seu amor e valentía. 40 00:06:48,492 --> 00:06:50,035 - Iso. - Iso. 41 00:06:59,962 --> 00:07:01,755 Escoita, irmán, 42 00:07:04,174 --> 00:07:07,344 o mundo é unha merda e sen elas, moito máis. 43 00:07:24,611 --> 00:07:26,321 Eu creo que marcho. 44 00:07:27,406 --> 00:07:29,283 - Marchas á casa? - Xa? 45 00:07:30,075 --> 00:07:33,287 Si, quero ir á casa. 46 00:07:35,080 --> 00:07:37,583 Ven, lévate o meu chofer. 47 00:08:42,606 --> 00:08:45,317 Quen quere sol cando hai margaritas? 48 00:08:59,790 --> 00:09:02,751 Picasso, vasme deixar ver ese debuxo? 49 00:09:02,876 --> 00:09:04,044 Non está listo. 50 00:09:04,294 --> 00:09:07,297 E se non está listo antes de que marche mañá? 51 00:09:09,216 --> 00:09:13,136 Se non me ensinas o debuxo, canto unha canción. 52 00:09:15,013 --> 00:09:16,431 Cres que non me atrevo? 53 00:09:17,933 --> 00:09:20,727 Gústanme os coches rápidos e os soños claros. 54 00:09:21,478 --> 00:09:24,398 Perseguín moitos delirios. 55 00:09:24,731 --> 00:09:28,610 Deixei atrás moitas pezas rotas… 56 00:09:28,819 --> 00:09:29,820 Grazas. 57 00:09:32,072 --> 00:09:34,783 Esta mañá cumprín 36. 58 00:09:35,617 --> 00:09:36,660 Trinta e seis? 59 00:09:38,453 --> 00:09:40,706 Perdoa, escribina hai catro anos. 60 00:09:43,417 --> 00:09:46,628 Tiven a rabia do río, o retumbo do trono. 61 00:09:53,468 --> 00:09:54,678 Que demo foi iso? 62 00:10:06,565 --> 00:10:08,400 Vaise poñer ben, papá? 63 00:10:12,362 --> 00:10:17,534 Si, só está aparvada. Agora voará coa súa familia. 64 00:10:18,869 --> 00:10:20,620 Non tes por que mentirlle. 65 00:11:19,554 --> 00:11:23,016 Perdoe, capitán. Axente especial Joshua Holder. 66 00:11:23,100 --> 00:11:25,018 Si, lémbrome de vostede. 67 00:11:25,102 --> 00:11:27,687 O NCIS levará o homicidio da súa familia. 68 00:11:27,771 --> 00:11:29,314 Hai novas do meu caso? 69 00:11:29,398 --> 00:11:33,693 En realidade veño falar dunha discrepancia no informe. 70 00:11:35,445 --> 00:11:37,781 A arma do crime, a súa SIG p226? 71 00:11:38,281 --> 00:11:42,160 Retirouse dunha caixa forte no garaxe, certo? 72 00:11:42,244 --> 00:11:45,997 Non, xa llelo dixen. Collérona dunha caixa forte do meu cuarto. 73 00:11:48,041 --> 00:11:49,709 Podería ensinarma? 74 00:11:53,422 --> 00:11:54,297 Mire. 75 00:11:57,259 --> 00:12:01,430 Só por curiosidade. Como cre que abriron os asasinos a caixa? 76 00:12:01,805 --> 00:12:03,306 Copiarían a miña pegada. 77 00:12:03,390 --> 00:12:05,392 Iso sería moi sofisticado. 78 00:12:05,475 --> 00:12:08,520 Non serve unha pegada parcial dunha lata. 79 00:12:08,603 --> 00:12:12,190 Non me foda! Xa lles dixen que son moi sofisticados. 80 00:12:12,274 --> 00:12:14,067 Hai que atopar o que escapou. 81 00:12:14,151 --> 00:12:16,278 Sacamos 30 pegadas da clínica 82 00:12:16,361 --> 00:12:19,364 e cotexámolas coa Axencia de Prisións e o NCIC. 83 00:12:19,448 --> 00:12:20,449 E a Interpol? 84 00:12:20,782 --> 00:12:22,742 Como dixen, estamos niso. 85 00:12:25,912 --> 00:12:27,330 Ensinaríame o garaxe? 86 00:12:31,960 --> 00:12:35,172 Quen coñece o contrasinal desta caixa forte? 87 00:12:35,672 --> 00:12:36,631 Só eu. 88 00:12:36,715 --> 00:12:40,552 No caso de que a pistola estivese gardada nesta caixa… 89 00:12:40,635 --> 00:12:42,554 Díxenlle que estaba no cuarto. 90 00:12:42,637 --> 00:12:45,891 Levan toda a semana papando moscas ou que? 91 00:12:45,974 --> 00:12:48,477 Debo excluír todas as posibilidades… 92 00:12:48,560 --> 00:12:52,856 O NCIS sempre traballou rápido cando un dos meus se enleaba nun bar. 93 00:12:52,939 --> 00:12:55,692 Voulle dicir algo, equivocáronse con Boozer. 94 00:12:57,569 --> 00:12:59,779 Non se suicidou, vale? 95 00:12:59,863 --> 00:13:02,073 En combate, eu tiraría portas… 96 00:13:02,157 --> 00:13:04,409 - Capitán… - Sacaría á xente dos pelos. 97 00:13:05,494 --> 00:13:08,788 Entendo a súa postura, de verdade, 98 00:13:08,872 --> 00:13:12,209 pero non estamos en combate, hai un proceso aquí na casa. 99 00:13:14,044 --> 00:13:15,128 De acordo. 100 00:13:27,807 --> 00:13:30,477 Chamei antes para ver o almirante. 101 00:13:30,560 --> 00:13:32,103 Reece, pase. 102 00:13:34,064 --> 00:13:35,440 Sente, fillo. 103 00:13:40,487 --> 00:13:43,698 Un funeral fermoso. Oxalá tardemos en ver outro. 104 00:13:44,074 --> 00:13:45,158 Si, señor. 105 00:13:46,034 --> 00:13:47,661 Quería falar de algo? 106 00:13:47,744 --> 00:13:52,541 Do NCIS, señor. Non sei se están capacitados para este caso. 107 00:13:53,959 --> 00:13:57,087 Seica pecharon a investigación sobre a Espada de Odín. 108 00:13:57,170 --> 00:14:00,131 E aceptou que Mitchell estoupou o explosivo. 109 00:14:00,215 --> 00:14:03,969 Falo da miña familia. O caso está en investigación criminal. 110 00:14:05,262 --> 00:14:09,140 Debería ser contraintelixencia. Creo que podería ser persoal. 111 00:14:09,266 --> 00:14:10,267 Persoal? 112 00:14:10,350 --> 00:14:14,729 Levo anos detrás de Kahani. Ninguén mellor ca min para liquidalo. 113 00:14:14,813 --> 00:14:16,815 El e os Quds sábeno. 114 00:14:17,190 --> 00:14:19,943 Fillo, Jahan Kahani non opera en Coronado. 115 00:14:20,026 --> 00:14:21,778 É químico, non espía. 116 00:14:21,861 --> 00:14:25,156 Mandou un escuadrón para matarnos a Boozer e a min. 117 00:14:25,657 --> 00:14:28,451 Quen matou a miña familia segue por aí solto. 118 00:14:28,535 --> 00:14:30,453 Toda a comunidade está en risco. 119 00:14:32,914 --> 00:14:36,835 Está claro que fala con liberdade, así que eu tamén o farei. 120 00:14:42,173 --> 00:14:45,302 Ponnos nunha situación insostible. 121 00:14:45,927 --> 00:14:50,223 Hai dúas semanas insistiu, pese a tódalas probas, 122 00:14:50,307 --> 00:14:53,476 en que un soldado sirio estoupou o explosivo en Siria. 123 00:14:53,560 --> 00:14:55,145 Retracteime, señor. 124 00:14:55,228 --> 00:14:58,064 Despois de lle ter que insistir. 125 00:14:58,690 --> 00:15:00,734 E agora que quere? 126 00:15:00,817 --> 00:15:05,238 Que discutamos co NCIS pola idea disparatada de que a Forza Quds 127 00:15:05,322 --> 00:15:08,700 - liquídanos SEAL nos fociños… - Señor, non escoita. 128 00:15:08,783 --> 00:15:10,994 O que non escoita é vostede, capitán. 129 00:15:12,120 --> 00:15:16,791 Sacámolo da investigación da Espada de Odín co cargo intacto. 130 00:15:17,208 --> 00:15:22,213 Demo, o capitán Howard dedicouse a salvarlle as costas a tempo completo. 131 00:15:23,340 --> 00:15:26,635 Pero a verdade é que non sabemos que lle pasa. 132 00:15:27,969 --> 00:15:32,182 E dado que non puido protexer os seus homes nin a súa familia, 133 00:15:32,265 --> 00:15:33,266 non podemos… 134 00:15:34,809 --> 00:15:37,854 Reece! Sólteo, capitán! 135 00:15:55,121 --> 00:15:57,165 Holder, Buranek, VoltStream. 136 00:15:57,248 --> 00:15:59,668 A oficina de enlace mandoume aquí. 137 00:15:59,834 --> 00:16:02,587 - Non tal. - Falei con Brenda Freeman. 138 00:16:02,879 --> 00:16:04,297 Se Brenda lle dixo algo 139 00:16:04,381 --> 00:16:07,133 é que o NCIS non acepta xornalistas na escena. 140 00:16:07,217 --> 00:16:09,969 Estiven co capitán Reece antes dos asasinatos 141 00:16:10,053 --> 00:16:11,554 e apuntoume á cabeza. 142 00:16:12,305 --> 00:16:14,182 Doulle unha declaración 143 00:16:14,265 --> 00:16:17,977 se me di que demo pasou aí. Extraoficialmente. 144 00:16:20,939 --> 00:16:25,068 O forense fixa a morte de muller e filla nun prazo de 30 minutos 145 00:16:25,151 --> 00:16:26,820 estando Reece na clínica. 146 00:16:26,903 --> 00:16:29,072 Trinta minutos antes ou despois? 147 00:16:29,155 --> 00:16:32,367 Non está claro, pero entra na marxe de erro. 148 00:16:32,450 --> 00:16:36,830 Ou as matou alguén despois de marchar el ou as matou o propio Reece 149 00:16:36,913 --> 00:16:38,540 e despois veu ata aquí. 150 00:16:39,374 --> 00:16:41,376 Cando falei con el, parecía ido. 151 00:16:41,459 --> 00:16:43,086 De aí o da pistola? 152 00:16:43,878 --> 00:16:47,132 Si, pero non coma se fose matar a muller e a filla. 153 00:16:55,557 --> 00:16:56,433 Deus santo! 154 00:16:56,891 --> 00:16:58,268 Non é bonito de ver. 155 00:16:59,602 --> 00:17:03,606 Vale. Alguén entra, dispáralles ós doutores. 156 00:17:03,690 --> 00:17:05,191 Pam, pam. 157 00:17:07,068 --> 00:17:08,403 E que pasa aquí? 158 00:17:09,821 --> 00:17:13,491 Supostamente é onde Reece pelexou 159 00:17:13,575 --> 00:17:15,118 con dous enmascarados. 160 00:17:15,368 --> 00:17:16,327 Supostamente? 161 00:17:16,411 --> 00:17:17,829 Non hai cadáver. 162 00:17:17,912 --> 00:17:21,458 E segundo Reece, deixou un dos asaltantes no chan 163 00:17:21,541 --> 00:17:25,253 nun charco de sangue. Disparoulle. Tres veces. 164 00:17:25,336 --> 00:17:27,130 Alguén limpou as probas? 165 00:17:27,213 --> 00:17:30,508 Fun o primeiro en chegar e non vin mostras dun atacante 166 00:17:30,592 --> 00:17:32,761 ou atacantes, nin vivos nin mortos. 167 00:17:32,844 --> 00:17:36,222 Vaia, e a clínica non ten cámaras de seguridade? 168 00:17:36,306 --> 00:17:38,308 Non, por confidencialidade. 169 00:17:38,892 --> 00:17:40,185 E as probas forenses? 170 00:17:40,268 --> 00:17:43,563 Nada, só as balas da nove milímetros de Reece. 171 00:17:44,105 --> 00:17:46,316 Entón por que non está preso? 172 00:17:46,399 --> 00:17:48,526 Porque nada ten sentido. 173 00:17:48,985 --> 00:17:51,488 Deulle unha coitelada. Non atopei coitelos. 174 00:17:51,571 --> 00:17:55,533 E as gravacións da casa mostran a Reece marchando tranquilo 175 00:17:55,617 --> 00:17:57,535 e volvendo en pánico. 176 00:17:57,619 --> 00:18:02,165 James Reece loitou aquí con alguén ou non? 177 00:18:02,957 --> 00:18:05,502 Convénzome dunha cousa e despois da outra. 178 00:18:06,336 --> 00:18:10,131 O que sei é que James Reece cre na súa versión dos feitos. 179 00:18:11,925 --> 00:18:14,219 E íanlle revisar a cabeza por algo. 180 00:19:18,908 --> 00:19:21,077 Deixeino claro. Non direi nada. 181 00:19:21,160 --> 00:19:25,206 Non había sinais de atacantes na Clínica Engram. Nin cadáver. 182 00:19:25,290 --> 00:19:26,749 Como explica iso? 183 00:19:31,671 --> 00:19:34,007 Vémonos na porta ó lado do garaxe. 184 00:19:36,050 --> 00:19:37,427 E os de emerxencias? 185 00:19:37,510 --> 00:19:41,180 Ás veces retiran os cadáveres antes das investigacións. 186 00:19:41,264 --> 00:19:43,892 Non. Falei con emerxencias, forense e CSI. 187 00:19:43,975 --> 00:19:46,811 - Pois non estou tolo, hostia. - Non dixen tal. 188 00:19:47,353 --> 00:19:49,522 Pero necesita alguén que o demostre. 189 00:19:50,231 --> 00:19:52,859 Atacárono despois da resonancia, non? 190 00:19:52,942 --> 00:19:54,611 - Si. - Vale, entón, 191 00:19:54,694 --> 00:19:57,780 asumo que non puido ver aínda os resultados. 192 00:19:57,864 --> 00:19:59,407 Estaba un chisco ocupado. 193 00:19:59,490 --> 00:20:00,992 Isto é unha autorización. 194 00:20:01,743 --> 00:20:05,747 Fírmea e accederei ó seu historial. Un escáner limpo axudará no caso. 195 00:20:05,830 --> 00:20:09,709 Un escáner limpo? Axudar no noso caso? Como vai axudar iso? 196 00:20:09,792 --> 00:20:11,961 Ninguén quere crerme. Non, grazas. 197 00:20:12,045 --> 00:20:14,631 O axente do seu caso quere crelo. 198 00:20:15,298 --> 00:20:17,091 - Coñeceu a Josh Holder? - Si. 199 00:20:17,842 --> 00:20:21,930 É do NCIS. Só quere pescar un SEAL e ver o seu nome nos titulares. 200 00:20:22,013 --> 00:20:24,849 E como segue libre se el foi o primeiro en chegar? 201 00:20:33,024 --> 00:20:36,027 - Ten os documentos enriba? - Que documentos? 202 00:20:39,614 --> 00:20:40,823 Teño, si. 203 00:20:42,367 --> 00:20:43,576 Quero vela. 204 00:20:45,954 --> 00:20:48,498 O meu historial médico podo conseguilo eu. 205 00:20:49,207 --> 00:20:51,668 Sei que non ten o informe policial. 206 00:20:52,794 --> 00:20:54,295 Ensínemo e firmarei isto. 207 00:21:07,517 --> 00:21:09,560 Holder chegou primeiro á clínica? 208 00:21:10,269 --> 00:21:12,438 Dixo que intenta atoparlle sentido. 209 00:21:23,533 --> 00:21:26,035 Grazas, estamos en contacto, capitán. 210 00:21:26,119 --> 00:21:28,746 Espere. Que teléfono ten? 211 00:21:30,665 --> 00:21:32,750 - Un destes. - Espere, de cales? 212 00:21:35,253 --> 00:21:36,587 Non se mova. 213 00:22:13,791 --> 00:22:15,126 Déixeme o teléfono. 214 00:22:16,461 --> 00:22:17,545 Déixeme velo. 215 00:22:21,382 --> 00:22:25,386 Póñao en modo avión, vale? Non o apague, só en modo avión. 216 00:22:25,470 --> 00:22:26,929 É unha bolsa Faraday. 217 00:22:27,013 --> 00:22:30,058 Se estivo nunha sala incomunicada, sabe como vai. 218 00:22:31,184 --> 00:22:33,811 Os móbiles son dispositivos de seguimento 219 00:22:33,895 --> 00:22:35,813 que tamén serven para chamar. 220 00:22:35,897 --> 00:22:38,399 Así conseguía a información no estranxeiro. 221 00:22:38,483 --> 00:22:42,779 Déixeo na bolsa. E isto é un teléfono de prepago. 222 00:22:42,862 --> 00:22:45,698 Úseo para avisarme. Pero non chame nin escriba. 223 00:22:45,782 --> 00:22:49,202 O que vai facer é comprar unha tarxeta regalo de Google. 224 00:22:49,285 --> 00:22:50,828 Anote isto, por favor. 225 00:22:50,912 --> 00:22:54,248 Úseo para crear unha conta en Threema. 226 00:22:54,332 --> 00:22:58,044 Non use WhatsApp. Hai anos que non é seguro, vale? 227 00:22:58,127 --> 00:23:00,713 Threema, T-H-R-E-E-M-A. 228 00:23:02,048 --> 00:23:03,049 Déame o boli. 229 00:23:05,093 --> 00:23:09,430 Voulle dar o meu usuario confidencial. Fáleme en Threema con isto. 230 00:23:14,060 --> 00:23:15,728 Memoríceo e elimíneo. 231 00:23:18,397 --> 00:23:20,858 Moitas precaucións, non? 232 00:23:22,902 --> 00:23:25,446 Se teño razón co de Kahani, non son tantas. 233 00:23:28,783 --> 00:23:31,744 Vale. Grazas, capitán. 234 00:23:35,498 --> 00:23:36,999 Podes chamarme Reece. 235 00:23:37,834 --> 00:23:40,628 Se contas a miña historia, chámame polo nome. 236 00:23:41,212 --> 00:23:44,465 Vale, Reece. Ti aguanta. 237 00:24:32,930 --> 00:24:34,182 Quen carallo es? 238 00:24:41,772 --> 00:24:43,858 Merda. 239 00:27:53,547 --> 00:27:55,174 Que? Píllote durmindo? 240 00:27:55,257 --> 00:27:59,178 GMT+3, meu. Sigo a hora do puto Iemen. Que pasa? 241 00:28:04,517 --> 00:28:05,518 É o noso home. 242 00:28:07,686 --> 00:28:08,729 O noso home? 243 00:28:19,281 --> 00:28:21,826 Reece, isto é un informe de obxectivos. 244 00:28:21,909 --> 00:28:24,703 Dixeches que se a Quds vai por SEAL en Coronado 245 00:28:24,787 --> 00:28:27,957 precisan un activo para controlar a investigación. 246 00:28:28,040 --> 00:28:32,378 Josh Holder é o axente do NCIS asignado ó meu caso e ó de Boozer. 247 00:28:32,461 --> 00:28:37,299 Pénsao. Foi o primeiro na escena de Boozer pero dixo que acudiu a Policía. 248 00:28:37,383 --> 00:28:42,304 E mira isto, chegou antes ca emerxencias á clinica da resonancia. 249 00:28:42,972 --> 00:28:45,141 Iso só pasa se xa estás na zona. 250 00:28:46,142 --> 00:28:49,854 É o que disparou, hostia. É o tipo que fuxiu. 251 00:28:52,731 --> 00:28:54,024 Pódoche preguntar algo? 252 00:28:57,445 --> 00:28:58,654 Que tal estás? 253 00:28:59,738 --> 00:29:00,781 Estou ben. 254 00:29:08,622 --> 00:29:11,709 Estas son boas para as dores de cabeza. Só unha. 255 00:29:13,169 --> 00:29:16,255 Máis dunha túmbate, dígocho eu. 256 00:29:19,800 --> 00:29:20,926 Vale. 257 00:29:21,886 --> 00:29:25,347 Antes de nada, a túa vixilancia é unha merda. 258 00:29:25,723 --> 00:29:29,185 Se te achegas tanto co camión ese que tes, vante pillar. 259 00:29:29,268 --> 00:29:32,813 Veña, meu. Non serei da Axencia, pero non son parvo. 260 00:29:32,897 --> 00:29:36,442 Pillei o coche de Lecrone dos SEAL. Non me viu. 261 00:29:44,074 --> 00:29:47,495 Bebe cervexa light. Sospeitoso. 262 00:29:51,999 --> 00:29:53,250 Estás seguro disto? 263 00:29:55,044 --> 00:29:56,879 Mireino ós ollos, Ben. 264 00:30:00,299 --> 00:30:01,342 É el. 265 00:30:09,725 --> 00:30:10,809 Cal é a xogada? 266 00:30:19,944 --> 00:30:21,403 Roy? Roy Boehm? 267 00:30:21,654 --> 00:30:23,739 Carmen? Encantado. 268 00:30:23,822 --> 00:30:26,742 - Está interesado no de dous cuartos? - Exacto. 269 00:30:26,825 --> 00:30:29,828 - Xenial, pódolle ensinar un arriba. - Ben. 270 00:30:31,580 --> 00:30:34,583 En realidade, esperaba ver antes a praia. 271 00:30:34,708 --> 00:30:37,711 - Por suposto. Por aquí. - Xenial. 272 00:30:41,257 --> 00:30:43,509 Bellogente é toda unha comunidade. 273 00:30:45,511 --> 00:30:47,638 Moita xente de fóra coma vostede. 274 00:30:47,721 --> 00:30:50,140 Nótase que é un home activo, 275 00:30:50,224 --> 00:30:53,686 así que temos piscina climatizada na azotea, ximnasio 276 00:30:53,769 --> 00:30:56,647 e un dos mellores picos de surf de San Diego. 277 00:30:56,730 --> 00:30:59,733 O único que surfeo é a rede. 278 00:31:07,616 --> 00:31:08,659 Carril bici. 279 00:31:25,509 --> 00:31:27,344 Que seguridade teñen? 280 00:31:27,428 --> 00:31:29,847 - As portas sempre están pechadas. - Xa. 281 00:31:29,930 --> 00:31:32,850 - É un barrio moi seguro. - Non fai falla alarma. 282 00:31:32,933 --> 00:31:35,352 Prométollo, non hai problemas de roubos. 283 00:31:35,436 --> 00:31:38,022 Moi ben, listo para ir arriba. 284 00:31:38,105 --> 00:31:39,398 Imos alá. 285 00:31:39,690 --> 00:31:41,900 Tódolos pisos están remodelados. 286 00:31:41,984 --> 00:31:44,653 Instalacións melloradas, ventás ecolóxicas. 287 00:31:44,945 --> 00:31:47,781 E o ano pasado pasámolo todo a enerxía solar. 288 00:31:47,865 --> 00:31:50,159 - Todo? - Si. 289 00:31:50,826 --> 00:31:52,077 A revolución verde. 290 00:31:53,037 --> 00:31:55,539 Temos algúns pisos que dan ó patio, 291 00:31:55,623 --> 00:31:58,292 pero, claro, os bos son os que dan ó Pacífico. 292 00:32:05,507 --> 00:32:07,176 Ola, son Liz. 293 00:32:07,718 --> 00:32:11,597 O meu xefe está fóra do país e estou aburrida coma unha ostra, 294 00:32:11,680 --> 00:32:15,768 pero teño gasolina. Que tal se paso por San Diego e nos vemos? 295 00:32:15,851 --> 00:32:17,394 Voen con nós. 296 00:32:18,062 --> 00:32:19,021 Boto… 297 00:32:20,064 --> 00:32:25,069 Boto de menos ás miñas rapazas, Reece. Falamos. 298 00:32:36,163 --> 00:32:37,247 Iguala. 299 00:32:40,209 --> 00:32:41,210 O seu turno. 300 00:32:44,296 --> 00:32:47,508 Non tes que facer iso. Es a cega grande. 301 00:32:47,591 --> 00:32:50,260 Vas xogar esta man de tódolos xeitos. 302 00:32:51,387 --> 00:32:53,097 Pode quedar coas cartas. 303 00:32:53,555 --> 00:32:55,265 Grazas pola información. 304 00:32:59,728 --> 00:33:02,022 O apostador pasa? Pasa. 305 00:33:03,816 --> 00:33:04,817 Pasa. 306 00:33:06,985 --> 00:33:08,237 Iguala vinte. 307 00:33:10,447 --> 00:33:11,699 Iguala vinte? 308 00:33:15,869 --> 00:33:17,454 Tes que estar de broma. 309 00:33:18,288 --> 00:33:19,164 Jordan. 310 00:33:19,248 --> 00:33:20,708 Pasas do teléfono. 311 00:33:20,791 --> 00:33:24,545 Pensei que pasara algo malo, que tiñas algún problema, pero non. 312 00:33:24,628 --> 00:33:27,923 Estás nunha mesa de póker timando universitarios. Ola. 313 00:33:28,006 --> 00:33:28,924 Cala, tío. 314 00:33:30,551 --> 00:33:31,927 A apostadora pasa? 315 00:33:36,640 --> 00:33:38,434 - Vou con todo. - Todo. 316 00:33:40,310 --> 00:33:43,313 Sal da auga, rapaz, estás nadando cunha quenlla. 317 00:33:43,397 --> 00:33:44,815 - Señor. - Si, señora. 318 00:33:50,070 --> 00:33:51,321 - Retírome. - Ben. 319 00:33:51,405 --> 00:33:52,865 Que carallo, tío? 320 00:33:56,243 --> 00:33:58,328 Estou traballando. Que queres oír? 321 00:33:58,412 --> 00:34:00,748 Que os seis meses non foron en balde. 322 00:34:01,540 --> 00:34:05,627 Que mandarte a Siria e Turquía por 1000 $ ó día foi bo para ti, 323 00:34:05,711 --> 00:34:08,464 para min e, finalmente, para VoltStream. 324 00:34:08,547 --> 00:34:11,258 O hotel de Alepo era unha merda. 325 00:34:11,341 --> 00:34:13,218 - Deberían pagarme a min. - Xa. 326 00:34:13,302 --> 00:34:17,264 Pero non cho pagaron, non? Pagueicho eu. E a túa seguridade. 327 00:34:17,347 --> 00:34:19,933 E vas e logras a mellor historia do ano. 328 00:34:20,017 --> 00:34:22,603 - Son boa no meu. - E despois desapareces. 329 00:34:22,686 --> 00:34:26,190 E agora teño que enterarme de James Reece pola ABC7? 330 00:34:27,775 --> 00:34:31,153 ABC7 non ten unha autorización médica firmada por el. 331 00:34:34,990 --> 00:34:36,200 Cóntame. 332 00:34:37,659 --> 00:34:40,537 Hai dúbidas sobre a saúde mental de Reece. 333 00:34:40,913 --> 00:34:43,874 Estou agardando que a Policía abandone a escena. 334 00:34:46,543 --> 00:34:48,837 Fíxoo el? Matou a familia? 335 00:34:49,546 --> 00:34:51,173 Iso intento pescudar. 336 00:34:53,133 --> 00:34:56,053 Púxenlle o teu nome á miña úlcera. Úlcera Katie. 337 00:34:56,136 --> 00:34:58,347 - Preocúpaste de máis. - Xa. 338 00:35:00,182 --> 00:35:03,936 Escoita, dáseche ben o impacto. Estou farto de ocultar isto. 339 00:35:04,311 --> 00:35:06,897 O mellor de VoltStream é a inmediatez. 340 00:35:06,980 --> 00:35:10,150 Tes 24 horas para darme algo que poida usar, vale? 341 00:35:11,944 --> 00:35:13,195 Paga ela. 342 00:35:30,337 --> 00:35:34,842 O coello moveuse. Avísote se dá a volta. Boa caza, amigo. 343 00:37:43,178 --> 00:37:44,221 Situación? 344 00:37:45,389 --> 00:37:48,809 O moi pallaso meteuse na autovía. Todo teu. 345 00:38:29,224 --> 00:38:30,267 Cervexa. 346 00:38:32,769 --> 00:38:33,770 Hai algo? 347 00:38:34,104 --> 00:38:38,108 Nada. Só unha obsesión enfermiza co porno de neneiras. 348 00:38:42,237 --> 00:38:43,280 Dóeche a cabeza. 349 00:38:44,781 --> 00:38:47,242 Non. Estou ben. É que onte non durmín. 350 00:38:47,325 --> 00:38:51,705 Eu tampouco podería durmir nesa casa. Deberías vir aquí. 351 00:38:51,788 --> 00:38:55,751 E alucina, non lavei as sabas dende que durmiches nelas. 352 00:38:55,834 --> 00:38:58,253 Meu, nunca as lavas. 353 00:38:58,336 --> 00:38:59,463 Exacto. 354 00:39:03,050 --> 00:39:06,928 Chámante. Ei, chámante! 355 00:39:08,680 --> 00:39:10,515 - Merda. - Washington. 356 00:39:10,849 --> 00:39:13,894 - Quen me chama de Washington? - Boa pregunta. 357 00:39:28,033 --> 00:39:29,076 Que pasa, Rick? 358 00:39:29,743 --> 00:39:30,952 Ola, irmán. 359 00:39:32,746 --> 00:39:35,499 Hai unha amiga atrás agardando por ti. 360 00:39:42,506 --> 00:39:43,715 Señora secretaria. 361 00:39:45,425 --> 00:39:46,593 Capitán. 362 00:39:47,677 --> 00:39:49,554 Oín o que pasou en WARCOM. 363 00:39:49,638 --> 00:39:52,390 Ó caso non lle fai ben atacar un almirante. 364 00:39:52,474 --> 00:39:55,185 Entra nas súas funcións rifarlle a un SEAL? 365 00:39:55,268 --> 00:39:58,355 Non lle estou rifando. Gerry pode ser un fantoche. 366 00:40:01,233 --> 00:40:02,943 Seu pai non foi SEAL? 367 00:40:04,111 --> 00:40:05,112 Si, señora. 368 00:40:06,905 --> 00:40:10,951 Unha infancia militar é un orgullo, pero tamén unha carga. 369 00:40:13,036 --> 00:40:14,663 Bebe irlandés, capitán? 370 00:40:15,872 --> 00:40:17,749 Non estou melindroso. 371 00:40:26,800 --> 00:40:30,971 Rick, tráesnos un par de Yellow Spots, por favor? 372 00:40:31,263 --> 00:40:32,347 Si, señora. 373 00:40:35,600 --> 00:40:39,229 Sabía que os SEAL desenvolveron tácticas de asalto relámpago 374 00:40:39,312 --> 00:40:40,856 con helicópteros? 375 00:40:42,023 --> 00:40:46,903 Imaxine a coincidencia se o seu pai, un SEAL novo, e o meu pai, 376 00:40:46,987 --> 00:40:48,822 un veterano, se cruzasen. 377 00:40:49,239 --> 00:40:51,032 O meu pai odiaba voar, señora. 378 00:40:52,409 --> 00:40:54,494 Sería porque voou co meu. 379 00:40:56,413 --> 00:40:59,416 Señora. Invita a casa. 380 00:41:03,712 --> 00:41:05,672 WARCOM faloulle da miña teoría? 381 00:41:07,174 --> 00:41:11,303 Kahani non só nos amolou en Siria. 382 00:41:11,386 --> 00:41:16,349 Teño motivos para crer que ten polo menos un activo no NCIS de San Diego. 383 00:41:17,350 --> 00:41:21,897 Non sei máis nada. Pero temos que actuar xa. 384 00:41:21,980 --> 00:41:24,733 Asegúrese de que só pode chegar ó meu pelotón. 385 00:41:24,816 --> 00:41:27,027 Kahani non lle é unha ameaza. 386 00:41:27,110 --> 00:41:28,737 Señora, non o sabemos. 387 00:41:30,447 --> 00:41:31,823 Pon aí as noticias. 388 00:41:33,491 --> 00:41:34,659 Si que o sabemos. 389 00:41:34,743 --> 00:41:35,577 Seguinte nova. 390 00:41:35,660 --> 00:41:38,163 O Dr. Kahani, experto iraniano en armas, 391 00:41:38,246 --> 00:41:42,292 foi eliminado nunha operación militar de elite no norte de Siria. 392 00:41:42,375 --> 00:41:46,087 O ataque dáse semanas despois dunha misión de captura fracasada 393 00:41:46,171 --> 00:41:48,506 que provocou a morte de 12 SEAL. 394 00:41:48,590 --> 00:41:50,508 O comunicado do Pentágono di: 395 00:41:50,592 --> 00:41:52,219 "O mundo, e os sirios, 396 00:41:52,302 --> 00:41:56,556 durmirán tranquilos sabendo que este experto en armas de Oriente Medio 397 00:41:56,640 --> 00:41:59,100 xa non ameaza a nosa liberdade". 398 00:42:07,525 --> 00:42:10,487 Sei o que é que a guerra te siga ata a casa. 399 00:42:11,029 --> 00:42:14,574 Pero espero que poida atopar a paz sabendo que esta misión 400 00:42:15,116 --> 00:42:16,493 rematou. 401 00:42:18,203 --> 00:42:19,537 Boa noite, capitán. 402 00:42:30,966 --> 00:42:34,511 Seguen as investigacións sobre os erros no anterior intento 403 00:42:34,594 --> 00:42:36,388 da operación Espada de Odín. 404 00:42:48,692 --> 00:42:49,693 Meu. 405 00:42:50,235 --> 00:42:51,736 Que? Tes algo? 406 00:42:51,820 --> 00:42:55,907 Si, o noso home sacou a túa biometría da base de datos dos SEAL. 407 00:42:56,783 --> 00:42:58,535 Ten sentido, son sospeitoso. 408 00:42:58,618 --> 00:43:02,706 Se non fose porque sacou as pegadas dous días antes dos asasinatos. 409 00:43:04,374 --> 00:43:06,001 Podería ser o noso home. 410 00:43:10,005 --> 00:43:11,381 Hai un xeito de sabelo. 411 00:43:15,552 --> 00:43:17,178 Coitelada, brazo esquerdo. 412 00:43:17,554 --> 00:43:20,098 Si, tróuxenche algo. 413 00:43:33,278 --> 00:43:36,406 Polas rapazas. E por Boozer. 414 00:43:53,048 --> 00:43:55,425 - Ola. - É da Policía? 415 00:43:55,508 --> 00:43:59,304 Non, prensa. Chamei antes polo escáner cerebral de James Reece. 416 00:43:59,387 --> 00:44:00,430 Si, contestei eu. 417 00:44:00,513 --> 00:44:03,683 Precisamos outro doutor para facilitar información. 418 00:44:03,767 --> 00:44:05,769 Necesitaríao para onte. 419 00:44:14,611 --> 00:44:16,279 - Agora veño. - Grazas. 420 00:44:34,089 --> 00:44:36,633 Jordan. Téñoo, hostia! 421 00:44:37,133 --> 00:44:40,887 Non, escoita. Atópame xa un neurólogo nos Ánxeles. 422 00:44:41,721 --> 00:44:43,848 Confía en min. A historia mellora. 423 00:47:09,077 --> 00:47:11,371 Esta era a pistola favorita de Boozer. 424 00:47:12,830 --> 00:47:17,460 Unha Kimber 1911, 45. Medrou en Texas disparando esta marabilla. 425 00:47:17,919 --> 00:47:20,964 Se quixera suicidarse, faríao cunha 1911. 426 00:47:22,382 --> 00:47:24,842 Parvos. Matástelo coa pistola equivocada. 427 00:47:26,886 --> 00:47:28,721 Despaciño e con boa letra. 428 00:47:29,514 --> 00:47:32,350 Ti tranquilo e seguirás vivo, vale? 429 00:47:37,397 --> 00:47:41,985 Vale. Deus. Eu… eu non matei o teu amigo. 430 00:47:42,068 --> 00:47:43,236 - Si. - Non. 431 00:47:43,319 --> 00:47:46,406 Mataches a miña muller, a miña filla. 432 00:47:47,156 --> 00:47:50,201 - Intentaches matarme. - Non matei a ninguén. 433 00:47:50,285 --> 00:47:51,202 Os brazos. 434 00:47:51,286 --> 00:47:54,330 - Non matei a ninguén. - Ensíname os brazos. 435 00:48:01,629 --> 00:48:03,089 Xira o brazo esquerdo. 436 00:48:09,429 --> 00:48:10,930 Xira o outro brazo. 437 00:48:18,104 --> 00:48:19,105 De acordo. 438 00:48:21,399 --> 00:48:22,442 De acordo. 439 00:48:24,902 --> 00:48:28,197 Talvez non os mataches, pero encubríchelo. 440 00:48:28,865 --> 00:48:29,866 Quen te manda? 441 00:48:30,700 --> 00:48:32,243 Mete aí as putas mans. 442 00:48:36,581 --> 00:48:39,125 Fíxenche unha pregunta. 443 00:48:42,670 --> 00:48:44,881 - Non choromiques, hostia. - Non sei. 444 00:48:44,964 --> 00:48:47,925 Irán? Siria? 445 00:48:50,011 --> 00:48:53,598 Teño que preguntarcho outra vez? Para quen carallo traballas? 446 00:48:54,599 --> 00:48:56,726 Veña, isto xa é aburrido, xefe. 447 00:49:10,448 --> 00:49:14,118 Pode soltar merda todo o día. Sabemos o que sabemos. 448 00:49:14,702 --> 00:49:17,330 Non hai dúbida, témolo todo sobre este merda. 449 00:49:21,376 --> 00:49:23,419 Por favor, non me manquen. 450 00:49:25,421 --> 00:49:27,340 Por favor, non me manquen. 451 00:49:30,843 --> 00:49:33,012 Merda, agora non, hostia! 452 00:49:33,596 --> 00:49:34,972 Ten amnesia, xefe. 453 00:49:35,973 --> 00:49:37,350 Suplícollo. 454 00:49:38,393 --> 00:49:41,312 - Capitán… - Por que non é sincero comigo? 455 00:49:41,396 --> 00:49:42,605 Con quen fala? 456 00:49:43,898 --> 00:49:47,402 Escoite, vale? Non o vou acusar. 457 00:49:47,735 --> 00:49:50,279 Tan só… fago que todo desapareza. 458 00:49:51,197 --> 00:49:52,907 - Fas desaparecer todo? - Si. 459 00:49:52,990 --> 00:49:55,493 Sacaches a miña pegada dactilar dos SEAL. 460 00:49:55,576 --> 00:49:58,162 Era o meu traballo na Espada de Odín. 461 00:50:02,375 --> 00:50:06,963 - Fodíchela. - Capitán, son axente federal. 462 00:50:07,046 --> 00:50:10,508 Iso, axente federal! E eu chamei ó 911, a Policía. 463 00:50:10,591 --> 00:50:12,844 Non podías ser o primeiro en chegar. 464 00:50:12,927 --> 00:50:15,179 Excepto que xa estiveras alí. 465 00:50:15,263 --> 00:50:18,349 A Policía chamounos. Saben que é da Armada. 466 00:50:18,433 --> 00:50:19,809 Saben que é da Armada. 467 00:50:23,688 --> 00:50:24,647 Non me mintas. 468 00:50:25,898 --> 00:50:26,941 Non minto. 469 00:50:29,360 --> 00:50:31,988 Merda, hostia! 470 00:50:32,321 --> 00:50:34,240 Sóubeno na casa de Boozer. 471 00:50:34,323 --> 00:50:37,326 Souben que non se matara, sóubeno nos túneles 472 00:50:37,410 --> 00:50:40,413 co pelotón Alfa e seino agora, vale, hostia? 473 00:50:40,496 --> 00:50:42,790 - Capitán… - Tendíchesme unha trampa. 474 00:50:43,416 --> 00:50:48,004 Non… Vostede non está ben. 475 00:50:51,632 --> 00:50:56,387 Se o que dis é certo, entón non hai asasino. 476 00:50:58,222 --> 00:50:59,849 Entón matei a miña familia. 477 00:51:01,601 --> 00:51:04,854 Non, non, merda. 478 00:51:09,942 --> 00:51:12,737 Convencerasme de moitas cousas, pero non diso. 479 00:51:12,987 --> 00:51:15,490 - Capitán, non. Non! - Non te movas. 480 00:51:15,573 --> 00:51:16,824 - Ergue o papo. - Non! 481 00:51:16,908 --> 00:51:18,493 Ergue o puto papo. 482 00:51:19,410 --> 00:51:23,664 Saul Agnon. Saul Agnon. Saul Agnon. 483 00:51:25,333 --> 00:51:28,795 Que? Que dis? 484 00:51:28,878 --> 00:51:31,714 Saul Agnon é o tipo que me paga. 485 00:51:32,256 --> 00:51:36,886 Chámase así. Dáme información e recibo diñeiro nunha conta. 486 00:51:38,805 --> 00:51:41,057 É todo o que sei. É todo… 487 00:54:38,359 --> 00:54:40,361 Subtítulos: Abraham Díaz López