1 00:00:14,724 --> 00:00:16,767 No Libro dos Xuíces, 2 00:00:16,851 --> 00:00:20,771 Guideón pregúntalle a Deus como elixir os homes para a batalla. 3 00:00:23,607 --> 00:00:28,279 O Señor pediulle a Guideón que levase os seus homes beber a un río. 4 00:00:30,364 --> 00:00:34,952 Os homes que se tiraron ó chan e beberon coma cans non lle valían. 5 00:00:37,455 --> 00:00:38,914 Guideón observou 6 00:00:39,582 --> 00:00:43,836 que algúns homes se axeonllaban e bebían sen deixar de mirar o horizonte, 7 00:00:44,962 --> 00:00:46,422 coas lanzas na man. 8 00:00:48,966 --> 00:00:50,760 Aínda que eran poucos, 9 00:00:52,511 --> 00:00:54,597 eses eran os homes que precisaba. 10 00:00:55,639 --> 00:00:57,391 Embracen armas. 11 00:00:59,268 --> 00:01:02,104 Preparados. Apunten. Disparen. 12 00:01:04,231 --> 00:01:06,275 Atrás. Dereita. 13 00:01:08,110 --> 00:01:10,988 Preparados. Apunten. Disparen. 14 00:01:12,698 --> 00:01:15,826 BASE ÁEREA DE INCIRLIK DÚAS SEMANAS ANTES 15 00:01:15,951 --> 00:01:17,328 Alfa, todos aquí. 16 00:01:24,251 --> 00:01:26,629 Temos luz verde para ir por Kahani. 17 00:01:26,712 --> 00:01:27,838 Si, hostia! 18 00:01:29,715 --> 00:01:33,594 Volveu a Siria. Intelixencia confirma un ataque inminente. 19 00:01:33,677 --> 00:01:34,887 Esperade, e Donny? 20 00:01:34,970 --> 00:01:37,765 Está na enfermaría. Dóelle a cabeza. 21 00:01:37,848 --> 00:01:38,682 A cabeza? 22 00:01:38,766 --> 00:01:40,392 Deshidratouse de correr. 23 00:01:40,476 --> 00:01:41,560 Non é de correr. 24 00:01:41,644 --> 00:01:43,854 Doulle electrólitos. Poñerase ben. 25 00:01:43,938 --> 00:01:46,732 Está pasmado porque a súa muller vai dar a luz. 26 00:01:46,816 --> 00:01:47,775 Polo bebé! 27 00:01:48,526 --> 00:01:50,361 Xa. Vai tomar polo cu, Lecrone. 28 00:01:50,444 --> 00:01:52,404 Sería unha honra ter un bebé seu. 29 00:01:52,488 --> 00:01:54,490 Aínda que non pasaría de 1,50. 30 00:01:54,573 --> 00:01:56,283 Es imbécil. Mido 1,60. 31 00:01:56,367 --> 00:01:58,118 Veña, rapaces. Xa está ben. 32 00:01:58,619 --> 00:02:00,204 Donny, como estás? 33 00:02:00,287 --> 00:02:01,956 Coma un puto pitbull, señor. 34 00:02:02,915 --> 00:02:05,125 Perfecto. Pois ó choio. 35 00:02:06,085 --> 00:02:06,961 Vale, rapaces. 36 00:02:07,044 --> 00:02:10,881 Imos entrar nun arrastreiro de pesca, a 800 metros da costa. 37 00:02:10,965 --> 00:02:13,050 Nadaremos ó leste do obxectivo. 38 00:02:13,133 --> 00:02:14,718 Temos marea alta ás 02:32. 39 00:02:14,802 --> 00:02:15,928 5 KM DA COSTA SIRIA 40 00:02:16,011 --> 00:02:18,889 Vai estar escuro. O luar iluminará ó 14 %. 41 00:02:29,275 --> 00:02:30,860 Parece que os túneles 42 00:02:30,943 --> 00:02:33,737 estarán baixo 6 ou 9 metros de pedra caliza. 43 00:02:33,821 --> 00:02:35,865 Coas tropas Batman e Signore, 44 00:02:35,948 --> 00:02:37,199 será imposible. 45 00:02:38,075 --> 00:02:41,704 Pasaremos a información mediante un transmisor na entrada 46 00:02:41,787 --> 00:02:43,706 e repetidores polo camiño. 47 00:02:43,789 --> 00:02:48,168 Deberiamos ter as comunicacións activas ó chegar ó acceso da cripta. 48 00:02:48,294 --> 00:02:50,546 Os mapas dos túneles son de fiar? 49 00:02:50,629 --> 00:02:53,132 Hai un soldado das forzas democráticas 50 00:02:53,215 --> 00:02:55,843 que medrou xogando nos túneles baixo a base. 51 00:02:55,926 --> 00:02:57,386 Para el é algo persoal. 52 00:02:57,469 --> 00:03:00,639 Kahani gaseoulle a familia. Estará na operación. 53 00:03:01,098 --> 00:03:02,099 Recibido. 54 00:03:03,434 --> 00:03:04,810 Cinco quilómetros. 55 00:03:06,562 --> 00:03:09,064 Rapaces, listos para subir a cuberta. 56 00:03:13,152 --> 00:03:15,404 A pista está ben, xefe. Que pensa? 57 00:03:15,487 --> 00:03:17,156 Non hai sinal de Kahani, 58 00:03:17,239 --> 00:03:20,492 así que creo que a base non estará moi vixiada. 59 00:03:20,576 --> 00:03:24,747 Se todo vai á merda, temos forzas de reacción rápida a dez minutos. 60 00:03:25,331 --> 00:03:26,457 Parece seguro. 61 00:03:28,125 --> 00:03:28,959 De acordo. 62 00:03:30,210 --> 00:03:34,131 En silencio. Entramos e saímos. Ninguén saberá que estivemos. 63 00:04:05,287 --> 00:04:07,581 O pelotón Bravo xa chegou. 64 00:04:07,665 --> 00:04:12,086 Cox deunos opción de retirarnos, de cederllo como parte da rotación. 65 00:04:12,795 --> 00:04:15,464 Díxenlle que non viñemos aquí de paseo. 66 00:04:15,547 --> 00:04:18,175 Este fillo de puta é noso. Somos Alfa. 67 00:04:18,759 --> 00:04:20,636 - Tes razón. - Claro, hostia. 68 00:04:20,719 --> 00:04:22,304 Vale. Ben. 69 00:04:23,555 --> 00:04:25,140 A vista no horizonte. 70 00:04:26,517 --> 00:04:27,726 Que valla a pena. 71 00:04:43,826 --> 00:04:44,827 Adiante. 72 00:04:47,538 --> 00:04:48,372 Imos alá. 73 00:05:36,128 --> 00:05:38,630 Lecrone, Fletcher, mantede o contacto. 74 00:05:39,840 --> 00:05:41,216 - Recibido. - Recibido. 75 00:06:24,343 --> 00:06:25,928 Acceso: 20 metros. 76 00:06:42,152 --> 00:06:43,445 Zeke notou algo. 77 00:06:44,238 --> 00:06:46,907 Esperade, explosivos! Apagade os transmisores! 78 00:06:56,792 --> 00:06:58,210 Luz branca. 79 00:07:19,940 --> 00:07:21,900 Hostia, son minas, señor. 80 00:07:23,152 --> 00:07:25,112 Esta cripta vai estoupar. 81 00:07:25,195 --> 00:07:28,699 Comunica co exterior. Non podemos entrar polo acceso. 82 00:07:28,782 --> 00:07:29,700 Si, señor. 83 00:07:34,329 --> 00:07:36,707 Contacto no punto de entrada! 84 00:07:37,666 --> 00:07:38,709 Que temos? 85 00:07:38,959 --> 00:07:41,378 Contacto forte, atrás. Precisan apoio! 86 00:07:41,461 --> 00:07:44,089 Reúno un equipo armado para ir ó cruce. 87 00:07:44,173 --> 00:07:45,340 - Recibido. - Veña! 88 00:07:46,466 --> 00:07:47,968 Lecrone! Que tes? 89 00:07:49,178 --> 00:07:50,679 Lecrone, vixía as costas! 90 00:07:56,351 --> 00:07:57,603 Déronlle a Lecrone! 91 00:07:57,853 --> 00:07:59,021 Movédevos! 92 00:08:01,315 --> 00:08:03,233 Xirade! Movédevos! 93 00:08:04,526 --> 00:08:05,485 Esperade! 94 00:08:08,614 --> 00:08:09,489 A cuberto. 95 00:08:09,948 --> 00:08:11,241 A cuberto! 96 00:08:13,994 --> 00:08:15,871 Barnes, mata ese fillo de puta! 97 00:08:18,540 --> 00:08:19,499 Fódeos ben! 98 00:08:25,130 --> 00:08:25,964 Todo limpo! 99 00:08:26,048 --> 00:08:28,133 Saca eses homes xa! 100 00:08:28,217 --> 00:08:29,801 Vou! Abaixo! 101 00:08:33,013 --> 00:08:34,973 De volta á cripta! Adiante! 102 00:08:47,694 --> 00:08:49,613 Cólleo! 103 00:08:49,738 --> 00:08:51,865 15 metros á esquerda! 104 00:08:51,949 --> 00:08:52,824 Veña, veña! 105 00:08:53,784 --> 00:08:54,826 Vou! 106 00:09:01,124 --> 00:09:02,334 Barnes! Liquídaos! 107 00:09:08,882 --> 00:09:11,218 Veña, xa te teño, irmán! Xa te teño. 108 00:09:14,471 --> 00:09:16,306 - Último home! - Último, si! 109 00:09:17,266 --> 00:09:19,268 Que fas? Veña! 110 00:09:29,861 --> 00:09:32,281 Señor, temos que apurar! 111 00:09:32,614 --> 00:09:35,742 Calma o teu home! Que baixas temos, Rell? 112 00:09:35,867 --> 00:09:39,037 Dous mortos e Barnes case non respira. 113 00:09:39,871 --> 00:09:43,041 Ei, irmán! Ei, escoita! 114 00:09:43,667 --> 00:09:46,753 Voute sacar de aquí. Estou contigo. Estou aquí. 115 00:09:49,965 --> 00:09:51,967 - Déronlle a Malory! - Veñen máis! 116 00:09:57,014 --> 00:09:59,099 Boozer! Sígueme! Hai que comunicar. 117 00:09:59,182 --> 00:10:01,268 Chama as forzas de reacción rápida! 118 00:10:01,893 --> 00:10:04,479 Crowley, lévaos ó punto de acceso! Móvete! 119 00:10:04,563 --> 00:10:05,772 Vamos! 120 00:10:08,025 --> 00:10:10,027 Listos para cruzar o cable trampa. 121 00:10:10,110 --> 00:10:11,278 - Coidado! - Onde? 122 00:10:11,361 --> 00:10:13,905 - Coidado co cable e cos pés! - Onde está? 123 00:10:13,989 --> 00:10:16,742 Crowley, atento ó gatillo. Comunícate, xa! 124 00:10:16,825 --> 00:10:17,826 Si, señor, vou. 125 00:10:21,246 --> 00:10:22,497 Que temos, Boozer? 126 00:10:22,581 --> 00:10:23,665 Teño unha saída. 127 00:10:23,832 --> 00:10:26,084 Sube o transmisor e chama ás forzas! 128 00:10:32,257 --> 00:10:36,511 Necesito tropas. Hai varias baixas. Enviade forzas rápidas. Corto. 129 00:10:37,679 --> 00:10:39,306 Non! Atrás! 130 00:10:39,806 --> 00:10:41,016 Parade ese soldado! 131 00:11:16,593 --> 00:11:19,805 Picasso, vasme deixar ver ese debuxo? 132 00:11:33,527 --> 00:11:34,694 Que foi iso? 133 00:11:57,843 --> 00:11:59,803 Vaise poñer ben, papá? 134 00:12:05,934 --> 00:12:06,935 Papá. 135 00:12:21,116 --> 00:12:21,950 Lucy! 136 00:12:46,349 --> 00:12:48,810 Donny. Estás ben? Donny? 137 00:12:53,857 --> 00:12:55,567 Érguete, Reece, veña! 138 00:12:58,361 --> 00:13:00,655 Reece! Esperta! 139 00:13:03,033 --> 00:13:04,659 Veña, meu! Érguete! 140 00:13:08,205 --> 00:13:10,248 Cortese, vou ata onde estás! 141 00:13:17,214 --> 00:13:18,215 Cortese! 142 00:13:21,718 --> 00:13:22,719 Ven comigo! 143 00:13:26,640 --> 00:13:28,183 Alto o fogo! 144 00:13:28,266 --> 00:13:30,143 - Alto! Compañeiro! - Reece! 145 00:13:30,227 --> 00:13:31,895 - Fálame! - Cantas baixas? 146 00:13:31,978 --> 00:13:33,230 Irmán, que che pasa? 147 00:13:45,575 --> 00:13:47,244 Veña, vamos! 148 00:14:20,986 --> 00:14:23,196 Vén o helicóptero! Móvete de aquí! 149 00:14:23,280 --> 00:14:25,323 - Dous homes! - Cortese, xa! 150 00:14:25,407 --> 00:14:27,284 - Arriba! - Arriba, hostia! 151 00:14:27,367 --> 00:14:29,995 - Arriba, veña! - Temos que sacarte de aquí! 152 00:14:30,161 --> 00:14:33,206 - Veña. - Apura! Vamos! 153 00:14:33,290 --> 00:14:36,334 - Aparta dos disparos. - Dálles fogo rápido! 154 00:14:36,793 --> 00:14:38,670 Veña, hai que darlles apoio! 155 00:14:44,467 --> 00:14:46,344 Señor, suba ó helicóptero! 156 00:14:46,428 --> 00:14:47,971 Debo contar os meus homes. 157 00:14:48,054 --> 00:14:50,223 Seino, pero teño que sacalo de aquí. 158 00:14:50,307 --> 00:14:51,683 Sácaos da praia! 159 00:14:51,766 --> 00:14:54,519 Vostede é o último home. Prométollo! 160 00:14:56,855 --> 00:14:58,481 Mirádelle a perna! 161 00:14:58,898 --> 00:15:00,233 Non noto pulso. 162 00:15:04,362 --> 00:15:06,698 Cortese! Mírame! 163 00:15:06,990 --> 00:15:09,409 Cortese! Abre os ollos! 164 00:15:09,868 --> 00:15:11,453 Queda comigo, irmán. 165 00:15:11,536 --> 00:15:13,371 - Corta a hemorraxia. - Aguanta. 166 00:15:13,455 --> 00:15:15,957 - Máis presión. - Veña, irmán. 167 00:15:49,407 --> 00:15:50,408 Ola? 168 00:15:51,910 --> 00:15:52,911 Señora Reece? 169 00:15:53,536 --> 00:15:56,373 O seu marido quere falar con vostede. 170 00:15:58,958 --> 00:15:59,876 James? 171 00:16:01,628 --> 00:16:04,422 - Lauren? Es ti? - James, grazas a Deus! 172 00:16:05,632 --> 00:16:08,176 Levan toda a noite chamando as familias. 173 00:16:12,305 --> 00:16:14,683 Que pasou? Cóntamo. 174 00:16:19,229 --> 00:16:21,523 Nada bo. Eles... 175 00:16:24,359 --> 00:16:26,444 Non están. Ningún está con nós. 176 00:16:27,696 --> 00:16:31,366 Só Boozer e eu, nada máis. Ningún dos demais... 177 00:16:33,535 --> 00:16:35,537 Ningún sobreviviu. 178 00:16:37,747 --> 00:16:38,873 Foi horrible. 179 00:16:39,958 --> 00:16:40,917 Vale. 180 00:16:44,587 --> 00:16:45,714 Quérote. 181 00:16:46,172 --> 00:16:48,174 Ti só ven á casa. 182 00:16:48,883 --> 00:16:52,345 Aquí estou, vale? 183 00:17:01,354 --> 00:17:04,232 Axente especial Robert Bridger, NCIS. 184 00:17:04,816 --> 00:17:08,278 Na base áerea de Incirlik co axente especial Daniel Stubbs 185 00:17:08,361 --> 00:17:13,116 para entrevistar ó capitán de corveta James Reece, equipo sete dos SEAL, 186 00:17:13,199 --> 00:17:15,744 sobre a misión número 644, Espada de Odín. 187 00:17:17,078 --> 00:17:20,290 Capitán, pode describir os detalles da súa misión? 188 00:17:20,707 --> 00:17:24,294 Apoio ás FDS na captura do Dr. Jahan Kahani 189 00:17:24,377 --> 00:17:26,546 e información sobre armas químicas. 190 00:17:26,629 --> 00:17:29,048 - A pista chegou hai 2 semanas. - De quen? 191 00:17:29,758 --> 00:17:32,343 Tabari Moussa, traficante de armas de Alepo. 192 00:17:33,428 --> 00:17:34,763 Fonte das FDS. 193 00:17:37,515 --> 00:17:39,809 O equipo vermello da operación foi... 194 00:17:39,893 --> 00:17:41,269 O do comandante Cox. 195 00:17:42,145 --> 00:17:43,146 Algo sospeitoso? 196 00:17:43,563 --> 00:17:46,566 Non, a información de Moussa era boa. 197 00:17:46,649 --> 00:17:49,527 Viu a Kahani dúas veces nos últimos dous anos. 198 00:17:49,611 --> 00:17:52,030 As forzas viron sinais de Kahani na base? 199 00:17:52,947 --> 00:17:53,948 Negativo. 200 00:17:54,073 --> 00:17:58,870 Segundo os rexistros, estiveron incomunicados catro minutos. Por que? 201 00:18:00,079 --> 00:18:02,457 Contramedidas polos explosivos. 202 00:18:02,540 --> 00:18:06,044 A incomunicación é o estándar. Estivo algunha vez nesa base? 203 00:18:06,211 --> 00:18:08,129 Indícame a zona de explosivos? 204 00:18:08,213 --> 00:18:11,090 - Había un laboratorio. - Fale da operación. 205 00:18:11,257 --> 00:18:13,009 Onde estaban os explosivos? 206 00:18:19,432 --> 00:18:20,308 Xusto aquí. 207 00:18:21,518 --> 00:18:23,686 Eran só explosivos, nada raro. 208 00:18:23,770 --> 00:18:26,314 Uns nacionais armados emboscáronnos. 209 00:18:26,397 --> 00:18:27,982 Sabían que iamos alí. 210 00:18:28,066 --> 00:18:31,611 Capitán, en que punto da operación notou que... 211 00:18:31,694 --> 00:18:35,907 o operario de combate de segunda clase, Donny Mitchell, non estaba ben? 212 00:18:41,996 --> 00:18:43,164 Perdoe, que? 213 00:18:45,166 --> 00:18:48,169 Mitchell, o membro máis novo da súa tropa, 214 00:18:48,253 --> 00:18:50,421 sufriu un episodio na operación 215 00:18:50,505 --> 00:18:52,841 xusto antes de provocar a explosión. 216 00:18:55,718 --> 00:18:56,719 Señores, 217 00:18:58,304 --> 00:19:00,265 teñen que entender algo. 218 00:19:00,849 --> 00:19:03,601 Teño 12 homes en cadaleitos voando á casa. 219 00:19:04,394 --> 00:19:07,188 Queren preguntarme algo sobre Donny Mitchell? 220 00:19:08,731 --> 00:19:11,860 Quen entrou en pánico foi o soldado sirio, non Donny. 221 00:19:12,694 --> 00:19:15,947 - Os rexistros din que foi Mitchell. - Non. Estaba alí. 222 00:19:16,030 --> 00:19:17,782 - Non foi Donny. - Tranquilo. 223 00:19:17,866 --> 00:19:19,617 Contámoslle o que sabemos. 224 00:19:27,584 --> 00:19:30,086 Hai moito ruído. Un ruído da hostia! 225 00:19:30,211 --> 00:19:31,796 Ramirez, axúdalle a Donny! 226 00:19:31,880 --> 00:19:33,798 Donny! Tranquilo, carallo! 227 00:19:34,132 --> 00:19:35,091 Dispara, hostia! 228 00:19:35,174 --> 00:19:36,634 Donny, que pasa? 229 00:19:52,442 --> 00:19:54,110 Non foi así. 230 00:19:55,987 --> 00:19:57,947 Eu non dixen iso. 231 00:20:01,159 --> 00:20:03,161 Talvez é cedo para a entrevista. 232 00:20:03,244 --> 00:20:05,413 - A Armada... - Non fale da Armada. 233 00:20:05,496 --> 00:20:08,791 Vale? Non son da Armada. Son putos aspirantes a policías. 234 00:20:09,876 --> 00:20:11,586 Eu sei o que pasou. 235 00:20:11,669 --> 00:20:14,339 Estaba cheo de explosivos e homes armados, 236 00:20:14,422 --> 00:20:16,424 e o soldado sirio toleou. 237 00:20:20,678 --> 00:20:21,721 Fálame, Donny. 238 00:20:21,804 --> 00:20:23,765 - Hai moito ruído. - Que che pasa? 239 00:20:23,848 --> 00:20:25,808 - Tranquilo! - Hai moito ruído. 240 00:20:25,892 --> 00:20:29,646 Donny! Mírame. Vou sacarte de aquí. Estou aquí, irmán! 241 00:20:29,771 --> 00:20:30,855 Estou aquí. 242 00:20:33,441 --> 00:20:37,654 O audio indica que foi Mitchell quen provocou a explosión. 243 00:20:38,363 --> 00:20:41,783 Por favor, tómese un momento, revise os rexistros. 244 00:20:42,158 --> 00:20:45,244 Logo díganos se quere modificar a declaración. 245 00:20:46,204 --> 00:20:49,457 Está ben, capitán. Tendo en conta como foi todo. 246 00:20:50,333 --> 00:20:52,293 Claro que si, doutor, míreo. 247 00:20:52,961 --> 00:20:55,546 Os meus homes poden con todo. 248 00:20:56,297 --> 00:20:58,800 Como se sinte en xeral, capitán? 249 00:20:59,258 --> 00:21:02,011 Visión borrosa, xaqueca, perda de memoria? 250 00:21:03,888 --> 00:21:04,889 Perda de memoria? 251 00:21:05,598 --> 00:21:08,434 A parte física dun trauma cerebral cura rápido. 252 00:21:08,518 --> 00:21:10,770 Os patróns neuronais tardan máis. 253 00:21:10,853 --> 00:21:12,981 Súmelle o estrés do dó e a perda... 254 00:21:13,064 --> 00:21:15,066 Ten síntomas, Reece? 255 00:21:17,193 --> 00:21:18,945 Non, señor. Non... 256 00:21:20,780 --> 00:21:22,991 Podemos facer máis probas. 257 00:21:23,116 --> 00:21:25,827 Prefería facelas en Balboa, se fose posible. 258 00:21:25,910 --> 00:21:27,620 Mellor facer unha resonancia. 259 00:21:27,704 --> 00:21:29,914 Os meus homes xa chegaron á casa. 260 00:21:30,873 --> 00:21:33,251 Gustaríame falar coas familias. 261 00:21:35,086 --> 00:21:38,339 A menos que llo impida, paréceme ben que Reece voe. 262 00:21:39,007 --> 00:21:41,509 WARCOM pode coordinalo nos Estados Unidos. 263 00:21:44,053 --> 00:21:45,263 De acordo, capitán. 264 00:21:46,514 --> 00:21:49,517 Pero tómeo con calma ata a revisión. 265 00:21:50,435 --> 00:21:53,021 Descanse moito e nada de alcohol. 266 00:22:03,906 --> 00:22:05,324 Imos atopar a Kahani. 267 00:22:11,289 --> 00:22:13,207 Voulle arrincar a cabeleira. 268 00:22:13,916 --> 00:22:14,917 Caralludo. 269 00:22:19,380 --> 00:22:23,509 É o que tería feito Donny. Tiña 23 anos, pero era un salvaxe. 270 00:22:31,893 --> 00:22:32,894 Por Donny. 271 00:22:33,603 --> 00:22:35,188 Que viva a irmandade. 272 00:22:45,156 --> 00:22:46,699 Posme un whisky, só? 273 00:22:55,249 --> 00:22:56,626 Por quen bebemos? 274 00:23:03,091 --> 00:23:05,134 É contratista ou xornalista? 275 00:23:06,094 --> 00:23:09,305 O selo do pulso. Aí non admiten soldados. 276 00:23:09,388 --> 00:23:11,265 Nunca rompeu unha puta regra? 277 00:23:12,391 --> 00:23:14,477 Estiven de festa cun piloto. 278 00:23:14,936 --> 00:23:19,440 Díxome que onte á noite transportaron 12 SEAL. 279 00:23:20,191 --> 00:23:22,360 Sen garda de cor. Sen cerimonias. 280 00:23:22,777 --> 00:23:24,195 Xenial, é da prensa. 281 00:23:24,529 --> 00:23:26,280 Katie Buranek. VoltStreem. 282 00:23:26,531 --> 00:23:30,284 - Invito á próxima, capitán. - Eu pago o meu, grazas. 283 00:23:30,368 --> 00:23:31,953 Escribo sobre os SEAL. 284 00:23:32,453 --> 00:23:35,039 E a dependencia das operacións especiais... 285 00:23:35,123 --> 00:23:36,124 Seino. Lino. 286 00:23:36,207 --> 00:23:39,252 Capitán, á xente aínda lle importa o que pasa aquí. 287 00:23:39,335 --> 00:23:42,672 Perderon 12 SEAL e nin sequera fan un comunicado? 288 00:23:42,839 --> 00:23:44,132 Que ocultan? 289 00:23:47,093 --> 00:23:50,388 Non sei que busca, pero non o sacará de min nin Boozer. 290 00:23:50,471 --> 00:23:51,472 Quen é Boozer? 291 00:24:02,817 --> 00:24:04,902 Non filtro historias, Buranek. 292 00:24:06,404 --> 00:24:08,865 E menos a quen critica o noso traballo. 293 00:24:08,948 --> 00:24:12,451 Non critico o seu traballo, cuestiono as súas misións. 294 00:24:22,837 --> 00:24:24,005 Polo seu esforzo. 295 00:25:00,374 --> 00:25:02,960 Despaciño e con boa letra, xefe. 296 00:25:20,561 --> 00:25:23,314 Reece! Érguete! 297 00:25:23,397 --> 00:25:25,274 Reece, esperta! 298 00:25:25,650 --> 00:25:27,944 Reece! Érguete! 299 00:25:28,069 --> 00:25:29,070 Capitán. 300 00:25:30,154 --> 00:25:34,367 Xa baixaron todos, señor. Intentei espertalo varias veces. 301 00:25:59,558 --> 00:26:03,729 ESTACIÓN AERONAVAL DE NORTH ISLAND CORONADO, CALIFORNIA 302 00:26:12,697 --> 00:26:15,241 Non me digas que vas chamar un puto Uber. 303 00:26:18,369 --> 00:26:21,872 Oín o rumor de que voabas esta noite, así que... 304 00:26:27,920 --> 00:26:29,005 Oh, tío. 305 00:26:36,178 --> 00:26:37,263 Grazas, Ben. 306 00:26:39,432 --> 00:26:41,517 - Imos á casa, irmán. - Si. 307 00:26:47,940 --> 00:26:50,318 Se conducimos un pouco? Para despexarme? 308 00:27:04,957 --> 00:27:06,917 Quéresme contar o que pasou? 309 00:27:07,043 --> 00:27:09,462 Canto sabes? Supuxen que a axencia... 310 00:27:09,545 --> 00:27:11,088 Non din unha merda. 311 00:27:11,172 --> 00:27:13,174 Alí todo é complicado. 312 00:27:13,257 --> 00:27:14,091 Xa o sabes. 313 00:27:17,803 --> 00:27:18,929 Foi unha emboscada. 314 00:27:19,180 --> 00:27:20,264 Que queres dicir? 315 00:27:20,348 --> 00:27:23,309 Atraéronnos con mala información sobre Kahani. 316 00:27:25,519 --> 00:27:26,771 Os iranianos. 317 00:27:28,564 --> 00:27:31,275 Ó mellor. Talvez os rusos. Puido ser Assad. 318 00:27:31,609 --> 00:27:32,610 Merda. 319 00:27:33,152 --> 00:27:35,654 Quen pode alterar os nosos sinais? 320 00:27:35,738 --> 00:27:37,198 Como? Modificalos? 321 00:27:37,281 --> 00:27:41,077 Cambiar o rexistro dixital. Alterar voces, deepfake. 322 00:27:43,371 --> 00:27:44,872 Irmán, iso é... 323 00:27:45,247 --> 00:27:48,417 Iso é guerra dixital dun nivel da hostia. 324 00:27:49,752 --> 00:27:51,712 Só Deus podería facer algo así. 325 00:27:56,550 --> 00:27:59,970 Coñezo uns tipos en Persia House, podo chamalos. 326 00:28:00,054 --> 00:28:03,349 A ver se hai algo que valla a pena. Comezamos por aí. 327 00:29:11,667 --> 00:29:13,085 Xa abonda, cuspe. 328 00:29:13,169 --> 00:29:15,713 - Non rematei. - Xa tiñas que estar na cama. 329 00:29:21,677 --> 00:29:22,678 Ola? 330 00:29:23,262 --> 00:29:24,263 Papá! 331 00:29:25,890 --> 00:29:27,766 Ola, ruliña! 332 00:29:29,768 --> 00:29:30,895 Volviches á casa. 333 00:29:33,314 --> 00:29:35,316 Pois claro que volvín á casa. 334 00:29:36,192 --> 00:29:38,527 Mamá dixo que non chegarías ata mañá. 335 00:29:38,611 --> 00:29:40,654 - Pero sabía que sería hoxe. - Si? 336 00:29:41,655 --> 00:29:44,241 Mírate, que alta estás. 337 00:29:45,367 --> 00:29:47,995 Teño coxíns e peluches novos no cuarto. 338 00:29:48,078 --> 00:29:49,997 - Quérochos ensinar. - Vale. 339 00:29:50,080 --> 00:29:54,001 Tamén tiven unha idea moi boa. Quero un can. 340 00:29:54,084 --> 00:29:54,919 Vale. 341 00:29:55,002 --> 00:29:57,171 Lucy, por que non vas indo á cama 342 00:29:57,254 --> 00:29:59,715 e papá arróupate agora nun segundiño? 343 00:29:59,798 --> 00:30:01,550 - Agora vou. - Veña. 344 00:30:07,765 --> 00:30:08,974 Vai indo. 345 00:30:09,934 --> 00:30:11,685 Xa vou agora. 346 00:30:38,295 --> 00:30:42,508 Veña, imos arrouparte. Grazas por agardar por min. 347 00:30:47,096 --> 00:30:48,222 Estás ben? 348 00:30:49,473 --> 00:30:51,016 Si, estou ben. 349 00:30:51,517 --> 00:30:52,726 Dóeche? 350 00:30:53,185 --> 00:30:55,020 Non é nada. 351 00:30:55,646 --> 00:30:56,647 Seguro? 352 00:30:57,606 --> 00:31:00,025 Si, seguro, estou ben. 353 00:31:00,776 --> 00:31:02,903 Que liches dende que marchei? 354 00:31:02,987 --> 00:31:04,655 A nena que bebeu a lúa. 355 00:31:05,072 --> 00:31:06,574 Vai de poderes máxicos. 356 00:31:07,533 --> 00:31:08,867 Queres ler un pouco? 357 00:31:09,493 --> 00:31:12,580 Papá está moi canso así que vai ir á cama, vale? 358 00:31:12,788 --> 00:31:16,083 Ten que ducharse porque cheira moi mal. 359 00:31:19,837 --> 00:31:20,796 De acordo. 360 00:31:23,716 --> 00:31:25,467 E iso? Un debuxo novo? 361 00:31:25,593 --> 00:31:28,554 Cada vez dáseche mellor, neniña. Mira para el. 362 00:31:28,637 --> 00:31:29,972 A MIÑA FAMILIA 363 00:31:30,055 --> 00:31:31,307 Debuxáchelo ti? 364 00:31:31,390 --> 00:31:35,227 - Debuxeino antes de que marcharas. - Non o vira. 365 00:31:35,603 --> 00:31:36,812 Xa cho ensinara. 366 00:31:37,646 --> 00:31:39,064 E gustouche. 367 00:31:42,985 --> 00:31:44,069 Estás de broma. 368 00:31:44,278 --> 00:31:47,781 Estou de broma, sempre estou de broma. 369 00:31:48,115 --> 00:31:50,576 O que sexa para que a miña rapaciña ría. 370 00:31:52,911 --> 00:31:54,371 - Boa noite. - Quérote. 371 00:31:54,830 --> 00:31:55,873 Eu tamén a ti. 372 00:32:03,547 --> 00:32:04,548 Veña. 373 00:32:09,136 --> 00:32:11,096 Puiden ir buscarte. 374 00:32:16,518 --> 00:32:19,480 Non pasa nada, foi Ben. 375 00:32:23,692 --> 00:32:27,363 O único que me dixeron é que tes unha conmoción 376 00:32:27,446 --> 00:32:29,156 e que vaias amodo. 377 00:32:31,116 --> 00:32:34,828 Teñen que revisarte, James. Podo pedir cita. 378 00:32:34,912 --> 00:32:35,913 Estou ben. 379 00:33:13,909 --> 00:33:17,538 - Ramirez! Espera, vou canda ti! - Á parede! 380 00:33:17,621 --> 00:33:19,790 Reece! Veña, meu! Érguete! 381 00:33:24,920 --> 00:33:26,422 Que che parece, papá? 382 00:33:27,506 --> 00:33:28,507 Papá! 383 00:33:30,259 --> 00:33:31,176 James? 384 00:33:33,512 --> 00:33:34,346 Que? 385 00:33:34,722 --> 00:33:37,891 Que mamá e eu planeamos o teu primeiro día na casa. 386 00:33:38,809 --> 00:33:43,480 Por que non lle contas a papá a nosa nova actividade? 387 00:33:43,564 --> 00:33:46,900 Cando non estabas, mamá e eu empezamos co paddle surf. 388 00:33:46,984 --> 00:33:49,528 É unha combinación de surf e kayak. 389 00:33:49,862 --> 00:33:50,863 É superdivertido. 390 00:33:51,530 --> 00:33:56,160 Ó mellor podémoslle preguntar a papá se quere vir con nós. 391 00:33:56,326 --> 00:33:58,620 Queres vir? Seguro que che gusta. 392 00:33:58,704 --> 00:34:00,289 A última vez que surfeei 393 00:34:01,749 --> 00:34:03,667 foi un desastre, lembras? 394 00:34:05,085 --> 00:34:09,590 É doado. Empezamos na cova La Jolla moi cedo pola mañá, 395 00:34:09,757 --> 00:34:12,259 non hai ondas, podemos sair á augas calmas. 396 00:34:12,342 --> 00:34:14,511 Pois xa temos un plan. Iremos. 397 00:34:14,595 --> 00:34:17,264 Imos facer un pouco de paddle surf. 398 00:34:17,973 --> 00:34:19,641 Ben, será divertido. 399 00:34:20,768 --> 00:34:21,685 Vale. 400 00:34:22,936 --> 00:34:26,440 Os famosos rolos de canela. Haberá que comelos... 401 00:34:26,523 --> 00:34:28,400 Solta iso, está quente! 402 00:34:28,484 --> 00:34:29,735 Xesús! 403 00:34:32,237 --> 00:34:34,865 - Estás ben? - Estou ben, perdoa. 404 00:34:39,203 --> 00:34:40,788 Cóntame o do teu... 405 00:34:43,123 --> 00:34:44,374 É WARCOM. 406 00:34:47,628 --> 00:34:48,796 Son Reece. 407 00:34:51,507 --> 00:34:54,176 Non, señor. Iso é imposible. 408 00:34:57,387 --> 00:34:58,931 Si, señor. Agora vou. 409 00:35:06,396 --> 00:35:09,900 Quéroo hoxe no escritorio. Mañá non, hoxe. Teño que marchar. 410 00:35:09,983 --> 00:35:11,693 - Reece. - Capitán, e Boozer? 411 00:35:11,777 --> 00:35:14,780 Síntoo, o forense levou o corpo. Temos unha reunión. 412 00:35:14,863 --> 00:35:17,574 É nuns 30 minutos. Reece, estarei contigo. 413 00:35:17,658 --> 00:35:20,202 Capitán Reece. Axente especial Holder, NCIS. 414 00:35:21,286 --> 00:35:22,162 Aparta. 415 00:35:31,421 --> 00:35:35,843 Teño algunhas preguntas sobre o suboficial Vicker 416 00:35:37,135 --> 00:35:38,220 e a súa cordura. 417 00:35:42,850 --> 00:35:45,352 Estiven onte con este home, estaba ben. 418 00:35:46,895 --> 00:35:49,273 Non pode ser que se matara, hostia. 419 00:35:50,816 --> 00:35:52,526 - Desculpe. Onte? - Si. 420 00:35:53,360 --> 00:35:56,780 Voamos dende Incirlik xuntos. Estaba ben. 421 00:35:59,116 --> 00:36:00,117 Capitán. 422 00:36:01,285 --> 00:36:02,286 Iso non é... 423 00:36:02,494 --> 00:36:05,622 Iso non é posible. Vickers suicidouse hai dous días. 424 00:36:05,706 --> 00:36:07,708 Perdoe, non ten nin puta idea. 425 00:36:08,292 --> 00:36:10,961 - Sabes que? Respira un pouco. - Cóntallo. 426 00:36:11,253 --> 00:36:13,255 O capitán acaba de volver. 427 00:36:13,380 --> 00:36:15,257 Si. Con Vickers. Onte. 428 00:36:17,551 --> 00:36:18,552 De acordo. 429 00:36:18,844 --> 00:36:23,432 O suboficial Vickers voou cos corpos dos seus homes hai dous días. 430 00:36:24,099 --> 00:36:26,435 Esa mesma noite suicidouse. 431 00:36:27,561 --> 00:36:29,271 Os veciños atopárono hoxe. 432 00:36:29,354 --> 00:36:32,232 A policía de Coronado foi a primeira en chegar. 433 00:36:32,566 --> 00:36:34,234 Síntoo moito, capitán. 434 00:36:35,277 --> 00:36:36,612 Despaciño, xefe. 435 00:36:37,404 --> 00:36:38,655 Con boa letra, xefe. 436 00:36:55,380 --> 00:36:56,381 Reece. 437 00:36:57,549 --> 00:37:00,802 Non temos que facer isto hoxe. Tome o seu tempo. 438 00:37:00,886 --> 00:37:03,221 - Faríao, pero non pode esperar. - Vale. 439 00:37:03,972 --> 00:37:07,142 Compartimos a súa preocupación sobre a intelixencia. 440 00:37:07,225 --> 00:37:08,268 Veña. 441 00:37:08,393 --> 00:37:09,353 Flexións? 442 00:37:09,519 --> 00:37:10,395 Listos! 443 00:37:10,562 --> 00:37:11,897 - Unha! - Unha! 444 00:37:11,980 --> 00:37:12,814 - Dúas! - Dúas! 445 00:37:13,023 --> 00:37:16,652 Creo que foi un ataque planificado contra o pelotón Alfa. 446 00:37:17,819 --> 00:37:20,405 Levamos perseguindo a Kahani dende 2018, 447 00:37:20,656 --> 00:37:23,909 e nese tempo matámoslle dous tenentes da Forza Quds. 448 00:37:24,034 --> 00:37:26,536 O meu home en Alepo tiña mala información. 449 00:37:27,120 --> 00:37:28,288 Foi unha trampa. 450 00:37:28,413 --> 00:37:31,041 O SOCOM e a CIA están seguindo a Moussa. 451 00:37:31,458 --> 00:37:33,877 Detivemos as operacións en Siria, 452 00:37:35,170 --> 00:37:38,632 pero quero saber que pasou na propia operación. 453 00:37:41,051 --> 00:37:42,052 Señor? 454 00:37:42,135 --> 00:37:45,055 Vostede é agora a única testemuña ocular. 455 00:37:45,138 --> 00:37:47,349 Este arquivo non ten sentido. 456 00:37:51,395 --> 00:37:52,562 Si que ten sentido. 457 00:37:53,730 --> 00:37:57,693 Cobra sentido cando se ve que alguén manipulou o audio. 458 00:37:57,901 --> 00:38:00,445 Por aclarar, iso é o que cre? 459 00:38:00,529 --> 00:38:04,700 Que o soldado sirio entrou en pánico e detonou un explosivo? 460 00:38:05,117 --> 00:38:06,994 - Non Mitchell? - Así é. 461 00:38:07,661 --> 00:38:10,247 Si, señor, manteño a miña declaración. 462 00:38:10,580 --> 00:38:13,542 E se teño razón, non podemos loitar nese escenario 463 00:38:13,625 --> 00:38:15,919 ata descubrir quen ten esa tecnoloxía, 464 00:38:16,003 --> 00:38:19,965 quen pode facer algo así e quen nos tendeu a trampa. 465 00:38:22,300 --> 00:38:26,513 Dígame que pasou na casa do suboficial Vickers. 466 00:38:26,722 --> 00:38:32,144 O NCIS di que puxo en dúbida a data da morte de Vickers. 467 00:38:34,396 --> 00:38:38,942 Señor, o que puxen en dúbida foi por que se ía suicidar Boozer. 468 00:38:41,194 --> 00:38:43,572 Pero si, confundo un pouco as datas. 469 00:38:43,989 --> 00:38:47,451 O capitán sufriu unha conmoción importante na misión. 470 00:38:49,202 --> 00:38:51,413 Está sufrindo as secuelas. 471 00:38:51,788 --> 00:38:54,791 E pode que esas secuelas 472 00:38:55,709 --> 00:38:58,170 afecten o seu recordo da operación? 473 00:38:58,253 --> 00:39:00,213 Esas operacións non se esquecen. 474 00:39:01,757 --> 00:39:02,758 Non, señor. 475 00:39:09,139 --> 00:39:10,932 Mire, Reece, 476 00:39:12,100 --> 00:39:14,644 admiro o seu compromiso. 477 00:39:16,063 --> 00:39:19,858 Pasar de francotirador raso a comandante de tropa 478 00:39:19,941 --> 00:39:23,612 non é pouca cousa, e ós 40 segue na vangarda. 479 00:39:25,572 --> 00:39:27,657 Pero ten que espelir. 480 00:39:32,621 --> 00:39:35,582 Afeite esa barba cando estea no cuartel. 481 00:39:36,249 --> 00:39:38,752 A xente tómanos como exemplo. 482 00:39:40,087 --> 00:39:41,254 Sobre todo agora. 483 00:39:43,965 --> 00:39:44,800 Si, señor. 484 00:39:45,967 --> 00:39:48,178 Informan que todos os SEAL do pelotón 485 00:39:48,261 --> 00:39:51,181 recibirán a Estrela de Prata, tamén Vickers. 486 00:39:51,264 --> 00:39:52,099 Veña, rapazas! 487 00:39:52,182 --> 00:39:55,268 A secretaria de Defensa vén en avión ó funeral. 488 00:39:55,352 --> 00:39:57,437 Seguro que as familias o aprecian. 489 00:39:58,105 --> 00:39:59,397 Está confirmado? 490 00:40:00,816 --> 00:40:03,401 - As medallas? - A causa da morte de Boozer. 491 00:40:03,652 --> 00:40:05,654 Volvín comprobalo co forense. 492 00:40:06,363 --> 00:40:09,574 Confirmaron unha ferida autoinflixida. Nove milímetros. 493 00:40:11,618 --> 00:40:13,120 Desculpe, señor. 494 00:40:14,037 --> 00:40:15,956 Disparouse coa pistola dos SEAL? 495 00:40:16,665 --> 00:40:17,791 Era a súa SIG. 496 00:40:18,625 --> 00:40:20,752 Foi un regalo do pelotón? 497 00:40:23,630 --> 00:40:27,050 Reece, seguro que quere asistir ó funeral? 498 00:40:28,176 --> 00:40:30,804 Poderiamos darlle un motivo de ausencia. 499 00:40:30,887 --> 00:40:32,055 Estarei alí, señor. 500 00:40:48,029 --> 00:40:49,156 Vén tormenta. 501 00:40:51,408 --> 00:40:53,493 Se non queres charlar, podes... 502 00:40:53,869 --> 00:40:58,165 Xa sabes, sentar aí e ver como izo as velas. Non pasa nada. 503 00:41:00,417 --> 00:41:02,502 Ves algo raro nesta bala? 504 00:41:13,388 --> 00:41:14,389 Como que? 505 00:41:16,725 --> 00:41:17,726 O calibre. 506 00:41:18,977 --> 00:41:20,312 Encántame a miña SIG. 507 00:41:21,229 --> 00:41:24,357 A favorita de Boozer era unha 1911-45 customizada. 508 00:41:27,652 --> 00:41:30,780 Odiaba a nove milímetros dos SEAL. 509 00:41:33,533 --> 00:41:36,203 Sempre discutiamos sobre as virtudes. 510 00:41:37,120 --> 00:41:38,872 Nove milímetros contra 45. 511 00:41:40,457 --> 00:41:42,125 Máis capacidade de cargador 512 00:41:42,209 --> 00:41:44,502 ou que dispare máis chumbo por ti? 513 00:41:44,586 --> 00:41:46,379 Se nos despregaban, ía coa 45. 514 00:41:46,463 --> 00:41:48,882 Dicía: "Se vas destruír algo, destrúeo. 515 00:41:48,965 --> 00:41:52,677 Non fagas furadiños, non uses unha navalla contra unha espada". 516 00:41:54,846 --> 00:41:59,392 Non o creo, tío. Boozer non se matou coa SIG nin de broma. 517 00:42:00,227 --> 00:42:01,311 Nin de broma. 518 00:42:02,604 --> 00:42:04,147 Quen tendeu a trampa... 519 00:42:07,984 --> 00:42:10,946 Poderán falsificar probas, pero non a Boozer. 520 00:42:13,990 --> 00:42:17,661 Os Quds teñen xente matando SEAL en Coronado? 521 00:42:19,204 --> 00:42:20,997 Estasme dicindo iso? 522 00:42:21,248 --> 00:42:22,582 Alguén será. 523 00:42:25,543 --> 00:42:26,544 Déixasma? 524 00:42:33,593 --> 00:42:35,387 "Que viva a irmandade". 525 00:42:35,679 --> 00:42:36,888 Caralludo. 526 00:42:36,972 --> 00:42:38,807 Boto de menos os SEAL, meu. 527 00:42:42,811 --> 00:42:46,398 Igual Boozer quería enviar unha mensaxe coa pistola dos SEAL. 528 00:42:47,023 --> 00:42:48,566 Un xeito de dicir adeus. 529 00:42:52,779 --> 00:42:53,780 Pode ser. 530 00:43:02,455 --> 00:43:06,876 Por que non colledes Laur, Luce e ti o barco unha fin de semana? 531 00:43:07,669 --> 00:43:11,047 Rumbo ó horizonte, coma a puta expedición Kon Tiki. 532 00:43:12,007 --> 00:43:13,925 Navegades ata o rancho de Marco. 533 00:43:15,010 --> 00:43:16,219 Descansas un pouco. 534 00:43:20,473 --> 00:43:22,225 Cres que se me vai a cabeza? 535 00:43:25,729 --> 00:43:26,646 Non. 536 00:43:30,817 --> 00:43:33,945 Pero creo que pasaches por algo moi fodido. 537 00:43:36,489 --> 00:43:38,658 Dito isto, son teu irmán. 538 00:43:39,951 --> 00:43:43,496 E se notas algo raro, o que sexa... 539 00:43:44,831 --> 00:43:45,957 Chámame. 540 00:43:48,043 --> 00:43:48,877 Xa o sei. 541 00:43:49,586 --> 00:43:52,297 Ben, perfecto. Outra birra. 542 00:44:18,865 --> 00:44:21,493 VOLSTREEM CONTRATA XORNALISTA DE IMPACTO 543 00:44:27,332 --> 00:44:29,542 SOLDADOS DE ESPECIAIS ESQUECIDOS 544 00:44:37,717 --> 00:44:39,219 CONTACTA KATIE BURANEK 545 00:44:49,896 --> 00:44:53,483 Cando nos atopamos en Incirlik, eu estaba só? 546 00:44:57,654 --> 00:45:00,323 Eu estaba só? 547 00:45:04,119 --> 00:45:06,371 Sei que o que pedimos non é xusto. 548 00:45:07,622 --> 00:45:10,792 E aprecio o sacrificio que todos fixeron. 549 00:45:11,751 --> 00:45:13,837 Hoxe, a nación chora con vostedes 550 00:45:14,546 --> 00:45:15,547 dálles as grazas, 551 00:45:16,214 --> 00:45:19,384 mentres honramos un querido membro desta comunidade. 552 00:45:20,260 --> 00:45:21,803 Cunha Estrela de Prata, 553 00:45:22,554 --> 00:45:25,056 o suboficial de primeira Victor Ramirez. 554 00:45:26,766 --> 00:45:27,976 Listos. Adiante. 555 00:45:29,769 --> 00:45:31,438 Embracen armas. 556 00:45:33,606 --> 00:45:36,526 Listos. Apunten. Disparen. 557 00:45:38,611 --> 00:45:40,363 Atrás. Dereita. 558 00:45:42,490 --> 00:45:45,243 Listos. Apunten. Disparen. 559 00:45:46,327 --> 00:45:49,789 EE. UU. MANDO NAVAL DE OPERACIÓNS ESPECIAIS 560 00:45:58,965 --> 00:46:01,301 ARMAS QUÍMICAS RELACIONADAS CON IRÁN 561 00:46:02,552 --> 00:46:04,721 A nación chora con vostedes 562 00:46:05,430 --> 00:46:11,186 e dálles as grazas, mentres honramos un querido membro desta comunidade. 563 00:46:11,811 --> 00:46:13,438 Cunha Estrela de Prata, 564 00:46:14,105 --> 00:46:16,524 o operario especial de segunda clase, 565 00:46:17,525 --> 00:46:18,735 Donald Mitchell. 566 00:46:18,902 --> 00:46:21,571 Listos. Apunten. Disparen. 567 00:46:31,664 --> 00:46:33,041 NON HAI MENSAXES 568 00:46:33,750 --> 00:46:36,836 Sei que o que lles pedimos non é xusto 569 00:46:37,420 --> 00:46:40,548 e aprecio o sacrificio que todos fixeron. 570 00:46:42,675 --> 00:46:45,720 Honramos o condecorado coa Estrela de Prata, 571 00:46:45,887 --> 00:46:49,516 suboficial Ernest "Boozer" Vickers. 572 00:46:57,565 --> 00:46:58,983 - Capitán. - Señora. 573 00:47:01,819 --> 00:47:05,156 Señora Reece, a muller do almirante faloume de vostede. 574 00:47:05,949 --> 00:47:08,743 Di que lles gañaba ós rapaces nas carreiras. 575 00:47:09,244 --> 00:47:11,079 Pagaría por velo. 576 00:47:11,329 --> 00:47:13,039 Grazas, señora secretaria. 577 00:47:14,916 --> 00:47:16,543 Podo falar co seu marido? 578 00:47:16,793 --> 00:47:17,794 Por suposto. 579 00:47:24,801 --> 00:47:26,553 Non son moi política. 580 00:47:26,886 --> 00:47:30,640 Digo e fago o que quero, a prensa e o público que se aguanten. 581 00:47:30,723 --> 00:47:31,683 Si, señora. 582 00:47:32,600 --> 00:47:37,230 Así que sabe que digo en serio que o que necesiten vostede e as familias 583 00:47:37,313 --> 00:47:40,275 para recuperarse, váiselles proporcionar. 584 00:47:41,693 --> 00:47:42,694 Grazas, señora. 585 00:47:46,739 --> 00:47:49,033 Vouno recomendar para a Cruz Naval. 586 00:47:49,367 --> 00:47:51,744 - Non a merezo. - Merece, si. 587 00:47:52,453 --> 00:47:55,373 O comando dixo que non podían sacalo dos túneles. 588 00:47:55,456 --> 00:47:57,542 Insistía en axudar os seus homes. 589 00:48:00,169 --> 00:48:03,464 Iso demóstralles ós SEAL que volven á batalla 590 00:48:03,548 --> 00:48:05,967 que protexemos ós nosos si ou si. 591 00:48:06,050 --> 00:48:08,386 Señora, os SEAL volven á batalla? 592 00:48:10,221 --> 00:48:13,558 Pensei que se parara ata detectar o erro de información. 593 00:48:13,641 --> 00:48:15,059 Atopamos a Moussa. 594 00:48:15,351 --> 00:48:18,980 Tiña un furado na cabeza e cartos da Forza Quds no peto. 595 00:48:23,276 --> 00:48:27,030 Estou no seguinte movemento de Kahani. Gustaríame estar cando... 596 00:48:28,281 --> 00:48:29,532 Cando o atopemos. 597 00:48:30,825 --> 00:48:33,620 Cando Kahani morra, será o primeiro en sabelo. 598 00:48:41,085 --> 00:48:42,795 Tes por aí un billete de 20? 599 00:48:44,881 --> 00:48:45,965 James. 600 00:48:47,133 --> 00:48:49,510 Tes efectivo para a canguro? 601 00:48:51,679 --> 00:48:52,889 Se non... 602 00:48:53,348 --> 00:48:55,725 - Fágolle Bizum. - Non foron ó funeral. 603 00:48:56,100 --> 00:48:58,686 Nin a muller de Mallory. Quero dicir, 604 00:48:59,562 --> 00:49:01,439 que Boozer merecía algo mellor. 605 00:49:06,194 --> 00:49:09,030 Chamaches á clínica para a cita da resonancia? 606 00:49:10,698 --> 00:49:11,699 James? 607 00:49:11,991 --> 00:49:13,034 Xa estou mellor. 608 00:49:58,579 --> 00:49:59,580 James. 609 00:50:08,005 --> 00:50:10,091 Imos superar isto, vale? 610 00:50:16,347 --> 00:50:17,890 Estou ben, meu amor. 611 00:50:17,974 --> 00:50:19,892 Estou ben. 612 00:50:35,158 --> 00:50:36,367 Que? 613 00:50:36,451 --> 00:50:40,246 Ves ese coche gris de aí? Acaba de aparcar. 614 00:50:40,997 --> 00:50:43,166 Estaba no funeral e seguiunos. 615 00:50:46,502 --> 00:50:47,962 - Seguro? - Seguro. 616 00:50:48,880 --> 00:50:51,257 Entra e colle a Lucy. 617 00:51:28,544 --> 00:51:30,129 - Mans arriba! - Cristo! 618 00:51:31,798 --> 00:51:33,341 Síntoo, capitán. 619 00:51:35,426 --> 00:51:38,095 Só precisaba velo lonxe dos SEAL. 620 00:51:45,019 --> 00:51:47,021 Quere un té ou algo? 621 00:51:48,439 --> 00:51:49,982 Ten algo máis forte? 622 00:51:50,650 --> 00:51:52,109 Temos unha botella... 623 00:51:52,193 --> 00:51:54,987 - Tranquila, será rápido. - Si, non fai falla. 624 00:51:55,154 --> 00:51:57,657 Grazas. E desculpe polo de antes. 625 00:51:59,534 --> 00:52:01,077 Vou deitar a Lucy. 626 00:52:01,994 --> 00:52:02,912 Vale. 627 00:52:09,377 --> 00:52:11,170 Vaia, non estivo mal. 628 00:52:12,255 --> 00:52:14,966 Levo 18 meses entre bases e avanzadas, 629 00:52:15,049 --> 00:52:17,009 e nunca me apuntaran cunha arma. 630 00:52:19,679 --> 00:52:22,139 Aínda así, grazas por contactarme. 631 00:52:23,182 --> 00:52:25,977 Nos últimos dous anos, a súa tropa alternou 632 00:52:26,102 --> 00:52:28,479 seis meses de despregamento e formación. 633 00:52:28,563 --> 00:52:30,731 Iso é un 67 % menos de descanso... 634 00:52:30,815 --> 00:52:32,942 Non vin para discutir os ritmos. 635 00:52:33,025 --> 00:52:35,403 Preguntei con quen estaba cando falamos. 636 00:52:35,486 --> 00:52:38,197 Pero iso non é o que me preguntou, non? 637 00:52:38,406 --> 00:52:39,740 Non exactamente. 638 00:52:41,284 --> 00:52:44,871 Investiguei a morte do seu amigo. Vickers. "Boozer"? 639 00:52:44,954 --> 00:52:47,540 Atopei unha copia do informe policial. 640 00:52:48,207 --> 00:52:50,001 O certificado de defunción. 641 00:52:52,420 --> 00:52:53,629 Mire a data. 642 00:53:00,636 --> 00:53:04,765 Xa estaba morto, aquí en Coronado, o día que o vin en Incirlik. 643 00:53:05,099 --> 00:53:09,145 Falei dos despregamentos porque se a sobrecarga e o agotamento 644 00:53:09,228 --> 00:53:12,607 foron causa da morte dos seus homes, non é culpa súa. 645 00:53:12,690 --> 00:53:14,734 Pero ten que haber responsables... 646 00:53:14,817 --> 00:53:15,943 É hora de marchar. 647 00:53:16,569 --> 00:53:19,614 Sei que parezo o inimigo, pero impórtame a verdade. 648 00:53:19,697 --> 00:53:23,075 Se un sistema fallido os puxo nunha situación de merda... 649 00:53:23,159 --> 00:53:27,455 Grazas polo seu tempo, señorita Buranek. Aprecio a súa visita. 650 00:53:32,126 --> 00:53:35,296 Vale, de acordo, estarei por aquí esta semana. 651 00:53:35,671 --> 00:53:37,882 Se cambia de idea... 652 00:53:42,386 --> 00:53:43,512 Grazas. 653 00:54:03,532 --> 00:54:05,034 Imos atopar a Kahani. 654 00:54:07,495 --> 00:54:09,455 Voulle arrincar a cabeleira. 655 00:54:09,789 --> 00:54:11,415 Que viva a irmandade! 656 00:54:12,583 --> 00:54:14,126 Que viva a irmandade. 657 00:54:39,610 --> 00:54:40,695 CAPITÁN REECE 658 00:54:58,629 --> 00:55:01,215 Creo que me pasou algo nesa operación. 659 00:55:06,262 --> 00:55:07,888 Teño que chamar á clínica. 660 00:55:25,448 --> 00:55:27,867 - Sabe o que é un engrama? - Non. 661 00:55:27,950 --> 00:55:30,244 O "graal" da investigación cerebral. 662 00:55:30,327 --> 00:55:33,164 Unha vía física para codificar recordos. 663 00:55:33,372 --> 00:55:36,042 Isto é a visualización dunha memoria sa, 664 00:55:36,250 --> 00:55:37,918 cada recordo é un mapa. 665 00:55:38,294 --> 00:55:41,047 Pero cando se alteran os camiños da memoria, 666 00:55:41,338 --> 00:55:43,215 leva a cousas coma amálgamas. 667 00:55:43,299 --> 00:55:45,384 Recordos vellos solapan os novos. 668 00:55:46,677 --> 00:55:50,056 Un recordo de hai un ano parece de onte. 669 00:55:50,139 --> 00:55:54,101 - O cerebro non pode diferenciar. - Unha conmoción pode causar iso? 670 00:55:54,310 --> 00:55:57,646 Podería. Co seu permiso, ímolo observar mellor. 671 00:56:01,734 --> 00:56:04,195 O escáner dá un mapa do seu cerebro. 672 00:56:04,278 --> 00:56:07,573 Dura menos dunha hora. Volveremos cando remate. 673 00:56:25,925 --> 00:56:27,635 Case listos para comezar. 674 00:56:28,135 --> 00:56:29,136 Recibido. 675 00:56:51,826 --> 00:56:53,953 Vai xenial, James. Reláxese. 676 00:56:54,036 --> 00:56:56,914 A seguinte fase é a máis longa, vai comezar. 677 00:57:16,308 --> 00:57:17,977 Mitchell precisa axuda. 678 00:57:18,060 --> 00:57:20,062 - Hai moito ruído. - Non. 679 00:57:20,146 --> 00:57:22,606 - Hai moito ruído! - Non, xa está... 680 00:57:22,898 --> 00:57:23,899 Donny! 681 00:57:24,191 --> 00:57:25,025 - Non. - Ei! 682 00:57:25,109 --> 00:57:26,110 Donny! 683 00:57:26,902 --> 00:57:29,155 Non! 684 00:57:34,326 --> 00:57:35,703 Donny, non! 685 00:57:54,763 --> 00:57:56,056 Todo ben, doutor? 686 00:58:45,981 --> 00:58:47,942 Mataches así a Boozer? 687 00:58:49,485 --> 00:58:50,819 Coma un covarde. 688 01:00:42,639 --> 01:00:44,808 CAPITÁN JAMES REECE 689 01:00:55,778 --> 01:00:59,365 Chamaches a Lauren Reece. Deixa a túa mensaxe despois do ton. 690 01:01:00,699 --> 01:01:02,826 Laur, son eu. É real. 691 01:01:02,910 --> 01:01:05,245 Intentan matarme. Tiñan a miña pistola. 692 01:01:05,329 --> 01:01:08,582 Saca a Lucy da casa xa. Chámame cando esteades a salvo. 693 01:01:14,713 --> 01:01:15,964 Veña! Móvete! 694 01:01:17,299 --> 01:01:20,636 - 911, cal é a súa emerxencia? - Capitán James Reece. 695 01:01:20,719 --> 01:01:23,806 Ten que enviar unha patrulla ó 423 de Cayman Street. 696 01:01:24,264 --> 01:01:26,725 Repito: 423, Cayman Street. 697 01:02:40,591 --> 01:02:42,092 Non. 698 01:03:16,668 --> 01:03:17,711 Síntoo. 699 01:04:50,679 --> 01:04:52,681 Subtítulos: Abraham Díaz López