1 00:00:06,000 --> 00:00:07,250 Anteriormente… 2 00:00:07,333 --> 00:00:09,083 Lembras a Dawn Gilbane? 3 00:00:09,750 --> 00:00:11,333 Dawn. Estás distinta. 4 00:00:11,416 --> 00:00:15,333 Operacións quere reintroducir a Meladze na mafia rusa de Belarús. 5 00:00:15,416 --> 00:00:17,291 Estás segura da xogada? 6 00:00:17,375 --> 00:00:19,708 - E se lle contou o noso? - Xa nos ocuparemos. 7 00:00:19,791 --> 00:00:23,708 Max creou un nicho de mercado. Pasouse da raia con eses cartos. 8 00:00:23,791 --> 00:00:24,875 Quen é Bob Non? 9 00:00:24,958 --> 00:00:28,791 - É unha lenda na Axencia. - Díxome o seu nome a miña chantaxista. 10 00:00:28,875 --> 00:00:30,333 - Estás mentindo. - Non. 11 00:00:30,416 --> 00:00:33,291 Ola, tíos. Viríame moi ben a vosa axuda. 12 00:00:33,375 --> 00:00:37,083 Owen necesita ir ao nivel federal. Podemos arrimarlle a alguén. 13 00:00:37,166 --> 00:00:39,750 A CIA pode intensificar os teus peores instintos. 14 00:00:39,833 --> 00:00:42,708 Con 24 anos, cometes erros, asumes grandes riscos. 15 00:00:43,750 --> 00:00:44,625 Non! 16 00:00:44,708 --> 00:00:47,666 Suplícoche que non fagas nada e ti contratas un sicario. 17 00:00:47,750 --> 00:00:50,250 - Sinto non ter confiado en ti. - Acabouse. 18 00:00:50,333 --> 00:00:53,750 Á noite soltan o recurso. Planeamos dúas opcións. 19 00:00:53,833 --> 00:00:56,541 Metela de novo no país ou metela baixo terra. 20 00:00:58,791 --> 00:01:02,166 UNHA SERIE DE NETFLIX 21 00:01:06,458 --> 00:01:07,875 ZONA RESTRINXIDA 22 00:01:09,291 --> 00:01:10,125 Sube. 23 00:01:14,416 --> 00:01:16,666 …o accidente que houbo cerca da feira. 24 00:01:16,750 --> 00:01:19,458 Tráfico mandará un guindastre a retirar o tráiler 25 00:01:19,541 --> 00:01:25,333 e hai retencións en todas as direccións, en McDowell, Grand Avenue e a Avenida 19. 26 00:01:25,416 --> 00:01:28,208 Se vas á feira ou ao monumento aos veteranos, 27 00:01:28,291 --> 00:01:31,833 aconsélloche coller pola Avenida 15 ata Encanto Boulevard 28 00:01:31,916 --> 00:01:34,166 - ou polo instituto Wickenburg… - Grazas. 29 00:01:34,250 --> 00:01:35,916 Non, entramos contigo. 30 00:01:57,916 --> 00:02:00,000 A poli deixoucho feito un cristo. 31 00:02:01,916 --> 00:02:02,958 Necesito durmir. 32 00:03:54,166 --> 00:03:55,000 Que? 33 00:03:57,333 --> 00:03:58,750 Ola. Onde…? 34 00:04:00,125 --> 00:04:00,958 Hostia… 35 00:04:01,041 --> 00:04:02,000 Onde estou? 36 00:04:02,083 --> 00:04:03,333 Washington, D. C. 37 00:04:04,583 --> 00:04:07,208 - A onde vai agora? - De volta para Phoenix. 38 00:04:07,875 --> 00:04:10,750 Non me vai mellor. Podería ir para outro sitio? 39 00:04:10,833 --> 00:04:12,916 Señor, ten que baixar do avión. 40 00:04:15,375 --> 00:04:16,208 Vale. 41 00:04:30,583 --> 00:04:31,416 Ola. 42 00:04:32,625 --> 00:04:33,583 Ola. 43 00:04:36,125 --> 00:04:38,291 Parece que saíches da secadora. 44 00:04:38,375 --> 00:04:39,250 Grazas. 45 00:04:39,916 --> 00:04:40,750 Estás ben? 46 00:04:41,791 --> 00:04:43,750 Si. Canso. Voei de noite. 47 00:04:51,666 --> 00:04:53,708 Non falaba do avión, Owen. 48 00:04:54,208 --> 00:04:57,791 En serio vas facer coma que vai todo ben despois da chamada? 49 00:04:57,875 --> 00:04:59,000 Vai todo ben. 50 00:05:00,000 --> 00:05:02,333 Esas son as da pantalla do ordenador! 51 00:05:06,916 --> 00:05:09,666 Mira, agradézoche a man dura de onte á noite, 52 00:05:09,750 --> 00:05:13,750 pero, aínda que cho puidese contar, só me dirías que debería deixalo. 53 00:05:13,833 --> 00:05:15,208 Non tal! 54 00:05:16,041 --> 00:05:16,958 Pero deberías. 55 00:05:21,125 --> 00:05:22,458 Por que me molesto? 56 00:05:25,958 --> 00:05:29,750 Porque es boa persoa. E tes debilidade polas causas perdidas. 57 00:05:29,833 --> 00:05:32,000 Pero onte á noite toquei fondo. 58 00:05:32,083 --> 00:05:35,916 E seino porque o que provocou todo isto acabou. 59 00:05:36,000 --> 00:05:41,000 Nunca acaba, Owen. Os traballos coma o teu fanse máis difíciles, non máis fáciles. 60 00:05:42,250 --> 00:05:46,875 Xa. Pero este caso, o que me fixo perder o norte, 61 00:05:47,500 --> 00:05:48,500 xa quedou atrás. 62 00:05:51,375 --> 00:05:54,875 Vou andar por aquí moito máis e non me vou perder tanto. 63 00:05:55,500 --> 00:05:56,666 Iso estaría ben. 64 00:05:57,333 --> 00:06:01,416 O que? Que non me perda tanto ou que ande por aquí moito máis? 65 00:06:04,500 --> 00:06:05,333 As dúas. 66 00:06:13,333 --> 00:06:16,875 - "Mandarlle flores a Amelia." - Pois si. Xa me esquecía. 67 00:06:16,958 --> 00:06:18,875 Agora mandas flores? 68 00:06:18,958 --> 00:06:21,833 Non, primeira vez. Pero supoño que é de adultos. 69 00:06:21,916 --> 00:06:24,958 - Nin sei de onde sacar as flores. - Dunha floraría. 70 00:06:25,041 --> 00:06:26,250 Coñeces algunha? 71 00:06:26,750 --> 00:06:29,541 Queres que che axude a comprarlle flores á moza? 72 00:06:29,625 --> 00:06:32,958 Non é a miña moza. Tanto ten. Xa me apaño eu. 73 00:06:39,500 --> 00:06:42,500 - Owen Hendricks? - Si. Quen sodes vós? 74 00:06:42,583 --> 00:06:45,125 Servizo Secreto. Ten que vir con nós. 75 00:06:45,666 --> 00:06:46,500 Acabou, non? 76 00:06:46,583 --> 00:06:48,833 Seguro que isto non ten nada que ver. 77 00:06:48,916 --> 00:06:52,250 - Que ten que ver isto con…? - Non llo podo dicir. Vamos. 78 00:06:53,958 --> 00:06:54,791 Vale. 79 00:06:56,250 --> 00:06:57,250 Que teñas bo día. 80 00:06:58,125 --> 00:06:58,958 O mellor. 81 00:06:59,458 --> 00:07:00,875 Si. Despois de vós. 82 00:07:04,875 --> 00:07:06,083 Lester? 83 00:07:06,166 --> 00:07:07,000 Aquí abaixo. 84 00:07:09,375 --> 00:07:10,458 Dóeme o lombo. 85 00:07:10,541 --> 00:07:14,541 Os anos de conducir coches ferruxentos e durmir en colchóns baratos. 86 00:07:14,625 --> 00:07:17,583 Levántate, que temos unha crise que arranxar. 87 00:07:17,666 --> 00:07:19,333 Nyland está contento. 88 00:07:19,958 --> 00:07:22,166 Non con nós, ou non terías esa cara. 89 00:07:22,250 --> 00:07:24,375 Non. Co rapaciño, Owen Hendricks. 90 00:07:24,458 --> 00:07:27,083 Conseguiu o sobresemento do caso de chantaxe. 91 00:07:27,166 --> 00:07:31,625 Disque fixo unha xogada mestra e agora Nyland cre que anda sobre a auga. 92 00:07:31,708 --> 00:07:34,916 - Impresionaríame se non me cabrease. - Cambio de estratexia. 93 00:07:35,000 --> 00:07:36,166 Non! 94 00:07:36,250 --> 00:07:42,083 Violet, pénsao. Se ten enchufe con Nyland, vai poder sabotarnos como nós a el. 95 00:07:42,166 --> 00:07:43,958 Xa, pero a min xa mo fixo. 96 00:07:44,041 --> 00:07:47,833 Vendeume coa leria aquela da IA. E xa sabes que son rancorosa. 97 00:07:47,916 --> 00:07:52,416 Faime caso. Agora será unha estrela fugaz, pero vai ir a pique. 98 00:07:52,500 --> 00:07:54,458 - Só hai que darlle tempo. - Vale. 99 00:07:54,541 --> 00:07:57,416 Mentres esperamos, ímonos poñendo do seu lado. 100 00:07:58,083 --> 00:08:00,125 Dáme co cóbado no ombro, aquí. 101 00:08:00,208 --> 00:08:01,791 - Veña. - Vale. 102 00:08:08,041 --> 00:08:10,375 Si, o ramo "Chegou a primavera", 103 00:08:10,458 --> 00:08:13,333 mais gastos de entrega e tarxeta personalizada. 104 00:08:13,833 --> 00:08:16,125 Ben, Denise. Grazas pola túa axuda. 105 00:08:17,041 --> 00:08:21,250 Flores para a miña… Non é a miña moza, pero é máis que unha compañeira… 106 00:08:21,333 --> 00:08:24,541 O de "amigos con dereitos" non sei que dá. 107 00:08:24,625 --> 00:08:27,666 Esperade. A quen me levades a ver? 108 00:08:31,916 --> 00:08:35,625 Sr. Hendricks, son Kevin Mills, xefe de gabinete do presidente. 109 00:08:37,291 --> 00:08:38,125 Bob Non. 110 00:08:38,833 --> 00:08:42,125 - Aquí non. - Xa. "Aquí" é a Casa Branca? 111 00:08:42,208 --> 00:08:44,333 Un antigo edificio de oficinas executivas. 112 00:08:44,416 --> 00:08:46,583 Non te levaría á Casa Branca na primeira cita, 113 00:08:46,666 --> 00:08:48,750 sobre todo se necesito negar que tivo lugar. 114 00:08:50,083 --> 00:08:53,875 - Por que me trouxo aquí? - Aínda teño oídos en Langley 115 00:08:53,958 --> 00:08:57,833 e vostede anda soltando o nome ese por alí. Por que? 116 00:08:58,333 --> 00:09:02,958 Porque alguén que nos está chantaxeando dixo que vostede foi supervisor dela. 117 00:09:03,041 --> 00:09:04,750 - Quen? - Maxine Meladze. 118 00:09:05,833 --> 00:09:06,708 Mente. 119 00:09:09,541 --> 00:09:11,583 Oín falar dela, pero non era miña. 120 00:09:11,666 --> 00:09:14,541 Eu estaba moi arriba cando ela entrou como recurso. 121 00:09:14,625 --> 00:09:19,791 Pero, aínda que fose o seu supervisor, ela só ía saber o meu nome encuberto, 122 00:09:19,875 --> 00:09:21,250 porque non son idiota. 123 00:09:24,875 --> 00:09:30,833 ¿Quere dicir, señor, que alguén se está facendo pasar por vostede 124 00:09:30,916 --> 00:09:32,875 e… Bob Non? 125 00:09:32,958 --> 00:09:34,000 Non o sei. 126 00:09:34,083 --> 00:09:38,125 Pero alguén de dentro da Axencia lle deu o meu alcume interno. 127 00:09:38,708 --> 00:09:41,666 Se filtraron iso, puideron filtrar outros segredos. 128 00:09:42,166 --> 00:09:46,208 Necesito que descubra quen me deixou ao descuberto. 129 00:09:48,500 --> 00:09:53,291 Vostede dirixía a oficina de Moscova. Non pode localizar os contactos dela? 130 00:09:53,375 --> 00:09:55,166 Cun recurso extraoficial, non. 131 00:09:55,250 --> 00:09:59,458 E só sei dunha supervisora: Rita Stevens. E está morta. 132 00:10:00,750 --> 00:10:03,958 - Foi Max…? - Non. Bebía coma se non houbese mañá. 133 00:10:04,041 --> 00:10:05,583 Foi un cáncer de fígado. 134 00:10:06,750 --> 00:10:09,750 Pero nin borracha perdida tería cometido un erro así. 135 00:10:11,166 --> 00:10:12,708 Señor, a cousa é… 136 00:10:13,625 --> 00:10:17,375 Desde onte á noite, eu estou fóra do caso de Max. 137 00:10:25,000 --> 00:10:28,500 Rapaz, son o gardián do presidente. 138 00:10:29,875 --> 00:10:34,000 Teño unha Medalla á Distinción en Intelixencia nun caixón en Langley. 139 00:10:34,708 --> 00:10:36,916 Hai combatentes inimigos en tumbas sen nome, 140 00:10:37,000 --> 00:10:39,958 en lugares dos que nunca oíches falar, por min. 141 00:10:41,500 --> 00:10:43,875 En serio cres que podes dicirme que non? 142 00:10:46,541 --> 00:10:50,666 Son novo no Departamento Xurídico e este caso foi moi escabroso. 143 00:10:50,750 --> 00:10:54,416 Preocúpame volverme implicar emocionalmente coa señora Meladze. 144 00:10:54,500 --> 00:10:56,416 - Tanto me ten. - Moi ben. 145 00:10:58,041 --> 00:11:01,625 A ver o que dou atopado. Non terá algo do que partir, non? 146 00:11:01,708 --> 00:11:04,125 Como dixo, é un recurso extraoficial. 147 00:11:04,708 --> 00:11:06,916 Atopar documentación foi moi difícil. 148 00:11:07,000 --> 00:11:09,083 Pois xa ten traballo. 149 00:11:10,041 --> 00:11:12,250 Chámeme cando atope algo. 150 00:11:12,750 --> 00:11:14,125 E que sexa rápido. 151 00:11:14,666 --> 00:11:16,208 Non quero cabos soltos. 152 00:11:17,708 --> 00:11:18,541 Si, señor. 153 00:11:22,625 --> 00:11:23,541 Amelia Salazar. 154 00:11:23,625 --> 00:11:26,500 Son Weathers, da entrada. Hai algo para vostede. 155 00:11:26,583 --> 00:11:28,416 - Citación? - Flores. 156 00:11:30,625 --> 00:11:32,250 Vale. Baixo agora. 157 00:11:35,125 --> 00:11:35,958 Xa vén aí. 158 00:11:44,750 --> 00:11:47,125 - Que traes? - Tulipáns. 159 00:11:48,291 --> 00:11:52,166 - Unha opción romanticamente neutra, non? - Rosas non son. 160 00:11:53,208 --> 00:11:54,583 - Arma! - Que? 161 00:11:58,666 --> 00:12:02,541 - Infórmannos do uso dunha Taser hoxe. - De que hostia vas, tío? 162 00:12:02,625 --> 00:12:07,166 A lei federal prohibe as armas de fogo neste recinto sen autorización expresa. 163 00:12:08,625 --> 00:12:11,875 - Non podías salvar as flores? - Perdoe, señora Salazar. 164 00:12:17,166 --> 00:12:18,083 DE OWEN 165 00:12:22,541 --> 00:12:24,166 Temos un problema. 166 00:12:24,250 --> 00:12:25,291 Mellor chama. 167 00:12:25,875 --> 00:12:26,791 Non penso. 168 00:12:31,750 --> 00:12:35,625 Necesitamos dous equipos para prepararlle o camiño a Meladze de volta a Belarús. 169 00:12:35,708 --> 00:12:37,375 Mirade quen está dispoñible. 170 00:12:41,416 --> 00:12:42,250 Que? 171 00:12:44,083 --> 00:12:47,208 Non, non movades un puto dedo. Encárgome eu. 172 00:12:48,416 --> 00:12:51,500 - Problemas? - Meladze escapoulles aos de Phoenix. 173 00:12:52,000 --> 00:12:55,833 É un xogo de poder. Para demostrarnos que non a controlamos. 174 00:12:55,916 --> 00:12:56,916 E se é algo máis? 175 00:13:05,291 --> 00:13:06,541 Vale. 176 00:13:07,208 --> 00:13:08,583 Moi contentos estamos! 177 00:13:08,666 --> 00:13:12,166 Acabo de pechar un caso. A cousa pinta ben. Ou pintaba. 178 00:13:12,250 --> 00:13:15,500 - Max desapareceu. - Vaia, tes un problema. 179 00:13:15,583 --> 00:13:18,666 - Que foi o último que che dixo Max? - "Adeus." 180 00:13:18,750 --> 00:13:20,875 - Sabes a onde foi? - Non. 181 00:13:20,958 --> 00:13:25,208 Debías empezar a tomalo máis en serio. Meladze é responsabilidade túa. 182 00:13:26,750 --> 00:13:31,458 Non, é túa. Eu fixen o meu traballo. Non intentes cargarme cos teus fracasos. 183 00:13:31,541 --> 00:13:35,875 Non sei onde está. Non quero sabelo. E, por se iso non chega, tanto me dá. 184 00:13:36,791 --> 00:13:38,000 Que teñas un bo día. 185 00:13:45,875 --> 00:13:48,541 Moi ben. Teoría cognitiva da agresión. 186 00:13:49,625 --> 00:13:54,208 Concretamente, que a conduta agresiva é aprendida e non innata. 187 00:13:54,750 --> 00:13:57,333 O contrario da achega psicodinámica, non? 188 00:13:57,416 --> 00:14:00,791 - A violencia é inherentemente biolóxica. - Correcto. 189 00:14:01,958 --> 00:14:03,250 Rematamos por hoxe. 190 00:14:17,666 --> 00:14:19,500 Non te imaxinaba de estudante. 191 00:14:23,916 --> 00:14:26,166 Porque estás podre de prexuízos implícitos. 192 00:14:26,958 --> 00:14:31,083 A psicoloxía axúdame a lidar con distintos arquetipos de personalidade. 193 00:14:31,583 --> 00:14:34,541 Sociópatas, narcisistas con trastorno antisocial… 194 00:14:35,041 --> 00:14:37,541 Que trato cunha chea de mamóns inestables. 195 00:14:37,625 --> 00:14:41,000 Se o teu xefe acepta o meu trato, tratarás con unha menos. 196 00:14:42,291 --> 00:14:43,250 Que trato? 197 00:14:43,833 --> 00:14:46,916 - O meu negocio. - Xa temos pisos francos. 198 00:14:47,000 --> 00:14:51,458 Non. Tedes agochos, casas de putas e casas de paso. 199 00:14:51,541 --> 00:14:55,000 Imáns para a policía. O meu sistema elimina ese risco. 200 00:14:55,083 --> 00:14:58,125 Xa, xa sei. Tes un sistema especial. E cal é? 201 00:14:59,666 --> 00:15:02,291 Como atopas esas propiedades imposibles de rastrexar? 202 00:15:02,375 --> 00:15:04,666 Dígocho a cambio de cinco millóns. 203 00:15:04,750 --> 00:15:08,041 É demasiado. Ti pensas que es a hostia en verso. 204 00:15:08,125 --> 00:15:10,541 En psicoloxía, é o efecto Dunning-Kruger. 205 00:15:10,625 --> 00:15:14,875 Dunning-Kruger dáse cando os parvos pensan que son listos. Eu son lista. 206 00:15:14,958 --> 00:15:16,833 A cuestión é: e ti? 207 00:15:19,625 --> 00:15:22,583 Os dous sabemos que o teu xefe quere o que eu teño. 208 00:15:22,666 --> 00:15:26,000 Así que tes un día para pechar o trato. 209 00:15:29,833 --> 00:15:31,625 E logo ofrézollo a outro. 210 00:16:03,166 --> 00:16:06,416 Volve xa. Meladze vai para o aparcadoiro do oeste. 211 00:16:06,500 --> 00:16:11,166 Quere vender o contacto dos pisos francos, pero podémola torturar para sacarllo. 212 00:16:11,250 --> 00:16:14,000 - E quedamos como heroes con El Jefe. - Vale. 213 00:16:45,833 --> 00:16:48,750 - Deus! - Quen ten Dunning-Kruger agora? 214 00:16:52,875 --> 00:16:55,166 Outro xenio. De xeonllos. 215 00:16:55,750 --> 00:16:56,583 Xa! 216 00:16:58,083 --> 00:16:59,375 Tira a arma. 217 00:17:13,125 --> 00:17:13,958 Pois… 218 00:17:14,458 --> 00:17:15,875 a cousa está así. 219 00:17:15,958 --> 00:17:20,708 Intentastes xogarma e fallastes. O prezo subiu a seis millóns. 220 00:17:21,333 --> 00:17:25,416 E ides tratar cun representante, porque non me podo fiar de vós. 221 00:17:32,750 --> 00:17:33,791 Que hostia fai? 222 00:17:52,125 --> 00:17:55,041 - Diga. - Dille ao xefe que necesito o avogado. 223 00:18:00,333 --> 00:18:01,166 Quen era? 224 00:18:06,875 --> 00:18:08,666 - Ola. - Grazas polas flores. 225 00:18:08,750 --> 00:18:11,041 - Non foi nada. - Foi un detalle. 226 00:18:11,125 --> 00:18:14,583 Deixeiche a lista de provedores validados para a próxima. 227 00:18:14,666 --> 00:18:17,791 - Para optimizar o proceso. - A próxima? Caralludo. 228 00:18:18,458 --> 00:18:20,875 Esta noite. Se estás libre. 229 00:18:20,958 --> 00:18:22,166 Estou. 230 00:18:22,250 --> 00:18:25,666 Retiráronme o caso da chantaxe en boa parte pola túa axuda. 231 00:18:25,750 --> 00:18:28,458 E pénsocho agradecer con grande entusiasmo. 232 00:18:28,541 --> 00:18:30,125 Que ben. 233 00:18:30,208 --> 00:18:33,250 Que saibas que Nyland está encantado contigo. 234 00:18:34,875 --> 00:18:35,833 Díxoo el? 235 00:18:37,208 --> 00:18:38,583 Caralludísimo. 236 00:18:38,666 --> 00:18:42,750 A verdade é que obrei literalmente un milagre. Se se pode dicir así. 237 00:18:42,833 --> 00:18:46,041 Pódese. Ver como colles seguridade paréceme moi sexy. 238 00:18:46,125 --> 00:18:50,166 A min parécesme moi sexy ti. Estou desexando que chegue a noite. 239 00:18:50,250 --> 00:18:51,208 Eu tamén. 240 00:18:51,291 --> 00:18:55,291 Vas facer de entrevistador agresivo que deixo en ridículo en directo. 241 00:18:55,375 --> 00:18:56,750 Moito me pon iso. 242 00:18:59,416 --> 00:19:00,583 Home! 243 00:19:00,666 --> 00:19:03,583 - Oín que anotaches un bo punto. - Oíches ben. 244 00:19:03,666 --> 00:19:07,166 Parabéns. As vitorias claras non son boas de conseguir aquí. 245 00:19:07,250 --> 00:19:08,208 Grazas. 246 00:19:08,291 --> 00:19:12,000 Un aviso. Violet e eu collemos un par de casos que che chegaron. 247 00:19:12,083 --> 00:19:14,333 Para que non se che faga demasiado. 248 00:19:14,416 --> 00:19:15,416 Non podo. 249 00:19:18,833 --> 00:19:21,833 - Non pode o que? - Nada. Ti ponte cómodo. 250 00:19:21,916 --> 00:19:25,750 Quero oír detalles desa vitoria que non me custen unha citación. 251 00:19:25,833 --> 00:19:27,416 - Feito. - Moi ben. 252 00:19:27,500 --> 00:19:29,416 - Grazas por cubrirme. - De nada. 253 00:19:29,500 --> 00:19:31,000 De verdade, agradézocho. 254 00:19:36,958 --> 00:19:37,958 Vale. 255 00:19:45,875 --> 00:19:46,875 E… A ver. 256 00:19:48,416 --> 00:19:49,375 Owen Hendricks. 257 00:19:49,458 --> 00:19:51,125 Necesítote en Phoenix. 258 00:20:06,458 --> 00:20:09,041 Non quero nada contigo, Max. Non me chames. 259 00:20:25,125 --> 00:20:26,458 Dixen que me deixes. 260 00:20:26,541 --> 00:20:30,500 - Non podo. Necesito axuda. - Xa non es cousa miña. 261 00:20:30,583 --> 00:20:34,250 O meu traballo era sacarte do cárcere. Saíches. Acabei. 262 00:20:34,333 --> 00:20:37,916 Non é decisión túa. E vancho lembrar agora mesmo. 263 00:20:41,541 --> 00:20:42,958 É sobre min. Espero. 264 00:20:49,083 --> 00:20:49,916 Diga. 265 00:20:50,416 --> 00:20:53,250 O director xurídico quere velo no seu despacho. 266 00:20:54,208 --> 00:20:56,541 - Agora? - Si. Agora mesmo. 267 00:20:57,916 --> 00:20:58,750 De acordo. 268 00:21:07,416 --> 00:21:09,083 Vémonos en Phoenix, guapo. 269 00:21:22,583 --> 00:21:23,708 Que fas? 270 00:21:24,833 --> 00:21:27,041 Non me fío dos edulcorantes da sala. 271 00:21:27,125 --> 00:21:30,500 O meu grupo de operacións corrupto quere manipularme outra vez. 272 00:21:30,583 --> 00:21:34,833 Igual teño que deixar isto. Hoxe. Como o fago? Cunha carta ou…? 273 00:21:35,875 --> 00:21:40,416 Non podes deixalo. O motor está espallado polo chan do garaxe. 274 00:21:41,750 --> 00:21:43,833 - O que? - É unha analoxía. 275 00:21:43,916 --> 00:21:47,625 Os casos son motores de coche. En canto empezas a traballar nun, 276 00:21:47,708 --> 00:21:50,833 poste a desmontar o motor e a pousar as pezas no chan. 277 00:21:50,916 --> 00:21:55,083 Non podes marchar ata colocalas. Se non, levas a culpa do cristo. 278 00:21:55,166 --> 00:21:59,000 Cada vez que pensas que acabaches, aparecen pezas novas polo chan. 279 00:21:59,083 --> 00:22:02,166 Pezas que non encaixan, coas que non sabes que facer. 280 00:22:02,250 --> 00:22:06,750 Empezas a metelas nos petos. Pero seguen aparecendo máis e máis. 281 00:22:06,833 --> 00:22:11,375 - Tiveches algún ataque de ansiedade? - Un, desde 2019. Acábaste afacendo. 282 00:22:11,458 --> 00:22:14,833 - Non. Non… non quero. - Entón, debías deixalo. 283 00:22:14,916 --> 00:22:17,541 Pero non podes, porque acabarías pagando 284 00:22:17,625 --> 00:22:20,916 por todo o malo que pasou desde que puxeches un pé aquí. 285 00:22:22,041 --> 00:22:26,833 Un momento. Se o deixas, cárgoche o meu pesadelo do grupo de operacións. 286 00:22:26,916 --> 00:22:29,875 - Retiro o dito. Déixao. - Non me estás axudando. 287 00:22:29,958 --> 00:22:31,333 Non é a miña intención. 288 00:22:31,416 --> 00:22:36,541 Anécdota: o último que entrou en pánico e marchou levou a culpa do de Abu Ghraib. 289 00:22:38,458 --> 00:22:39,458 Pode pasar. 290 00:22:43,666 --> 00:22:45,416 Que xa pode pasar. 291 00:22:47,875 --> 00:22:48,708 De acordo. 292 00:22:50,416 --> 00:22:51,583 Algún problema? 293 00:22:53,708 --> 00:22:54,541 Moitos. 294 00:23:07,125 --> 00:23:08,083 Pasa. 295 00:23:12,416 --> 00:23:13,666 Queríame ver, señor? 296 00:23:13,750 --> 00:23:16,833 Por que o antigo recurso esixe que volvas a Phoenix? 297 00:23:18,083 --> 00:23:20,958 Non o sei. Señor, eu acabei co seu caso onte. 298 00:23:21,041 --> 00:23:22,291 Parece que non. 299 00:23:23,125 --> 00:23:25,041 Hai algo entre vós os dous? 300 00:23:29,333 --> 00:23:30,500 Nada de nada. 301 00:23:30,583 --> 00:23:33,833 - E por que te quere a ti? - Non o sei. 302 00:23:33,916 --> 00:23:39,125 Será que cumprín e a saquei do cárcere mentres que Operacións a abandonou 303 00:23:39,208 --> 00:23:42,083 despois de que ela arriscase a vida pola Axencia. 304 00:23:43,083 --> 00:23:45,791 Eu non tiven que ver co cesamento de Meladze. 305 00:23:46,833 --> 00:23:51,583 - Vin para devolvela á súa antiga vida. - Xa. Ela sabe que a necesitas. 306 00:23:51,666 --> 00:23:55,041 Estanos poñendo a proba, mirando ata onde pode chegar. 307 00:23:56,625 --> 00:23:58,583 Señor, o director pola liña un. 308 00:24:00,458 --> 00:24:03,208 Vai a Phoenix. Tráea de volta. Sen dramas. 309 00:24:03,291 --> 00:24:04,458 Si, señor. 310 00:24:04,541 --> 00:24:07,666 Desde este momento, ten que ir todo polo libro. 311 00:24:08,458 --> 00:24:09,291 Por suposto. 312 00:24:15,541 --> 00:24:20,208 - Max está xogando con nós. É o dela. - Concordo. Pero hai que seguirlle o xogo. 313 00:24:20,291 --> 00:24:24,333 Zafouse dos axentes para atar cabos soltos antes de irse de Phoenix. 314 00:24:24,416 --> 00:24:27,833 - Eses cabos soltos son delito, seguro. - Que non a collan. 315 00:24:27,916 --> 00:24:30,333 - Leva ti as culpas se fai falta. - Vaite foder! 316 00:24:35,125 --> 00:24:39,750 Sabes que é isto? Unha pistola Liberator da Segunda Guerra Mundial. 317 00:24:40,250 --> 00:24:43,333 Os aliados lanzáronllas á resistencia tras as liñas do Eixe. 318 00:24:43,416 --> 00:24:44,833 Bala única, sen alcance. 319 00:24:44,916 --> 00:24:48,000 Pero valía para quitarlle unha arma mellor a un nazi. 320 00:24:48,083 --> 00:24:51,791 Outra charla sobre influencia, xa o pillo. Max ten a mellor arma. 321 00:24:51,875 --> 00:24:56,791 Max é a mellor arma. Un conduto ata a nova dirección da intelixencia rusa. 322 00:24:57,291 --> 00:25:00,500 Ti es a arma prescindible que só uso para chegar a ela. 323 00:25:00,583 --> 00:25:02,791 Así que vai por ela. 324 00:25:05,333 --> 00:25:07,791 Ti si que sabes facerme sentir valorado. 325 00:25:08,791 --> 00:25:11,791 Fai unha maleta. Vas seguir a Hendricks ata Phoenix. 326 00:25:11,875 --> 00:25:16,125 Hai algo entre eles e Meladze vale moito como para deixalo foder todo. 327 00:25:26,583 --> 00:25:27,416 Aquí estás. 328 00:25:29,250 --> 00:25:30,625 Grazas por baixar, meu. 329 00:25:31,291 --> 00:25:34,125 O que? Estaba desesperado por saír da oficina. 330 00:25:34,625 --> 00:25:37,791 Un edificio do goberno é o peor despois dunha ruptura. 331 00:25:37,875 --> 00:25:39,750 Xa. Aínda estás mal? 332 00:25:39,833 --> 00:25:41,750 Non é tanto por Tad. 333 00:25:41,833 --> 00:25:44,916 É máis por empezar co pesadelo de ligar outra vez. 334 00:25:46,083 --> 00:25:48,833 Eu xa quero casar e ter fillos. 335 00:25:48,916 --> 00:25:51,875 Debe de estar ben saber xusto o que queres. 336 00:25:52,375 --> 00:25:54,125 Cando parece tan lonxe, non. 337 00:25:57,916 --> 00:25:59,125 E a ti que che pasa? 338 00:26:01,958 --> 00:26:06,166 A verdade, necesito que me animen. E non podía chamar a Hannah. 339 00:26:06,750 --> 00:26:09,166 - Porque che botaría un sermón? - Si. 340 00:26:09,250 --> 00:26:12,875 Porque, no fondo, sabes que te coñece mellor que ti mesmo 341 00:26:12,958 --> 00:26:14,166 e igual ten razón? 342 00:26:15,291 --> 00:26:17,416 - Dáseche fatal animar. - Síntoo. 343 00:26:17,916 --> 00:26:19,291 Que necesitas que diga? 344 00:26:24,833 --> 00:26:27,916 Se cadra metinme en camisas de once varas. Se cadra. 345 00:26:29,208 --> 00:26:31,083 - Sempre te metes. - Xa. 346 00:26:31,166 --> 00:26:35,000 - É o teu principio operativo. - Si. Xa o sei. 347 00:26:36,791 --> 00:26:39,500 Estou traballando nun caso con moita presión. 348 00:26:40,000 --> 00:26:44,791 E a parte central do caso é… unha persoa que é mal asunto. 349 00:26:44,875 --> 00:26:48,541 Pero, ao mesmo tempo, hai algo nela que me esperta simpatía. 350 00:26:48,625 --> 00:26:50,666 - Nela? - Si. 351 00:26:51,541 --> 00:26:52,750 Non vai por aí. 352 00:26:53,625 --> 00:26:54,708 Que non. 353 00:26:57,708 --> 00:27:02,083 Só digo… que mellor que me chamases a min e non a Hannah. 354 00:27:03,916 --> 00:27:04,750 Si. 355 00:27:05,500 --> 00:27:09,916 Non sei de que carallo vai ese caso nin o que fas no traballo todos os días, 356 00:27:10,500 --> 00:27:15,000 pero coñézote a ti. E nunca coñecín ninguén tan decidido a importar. 357 00:27:17,041 --> 00:27:18,125 Grazas. 358 00:27:18,208 --> 00:27:20,416 Non dixen "a facer algo importante". 359 00:27:20,500 --> 00:27:24,000 Necesitas demostrar constantemente que a xente te necesita. 360 00:27:25,166 --> 00:27:29,291 Iso faite cometer temeridades que van en contra dos teus intereses. 361 00:27:30,500 --> 00:27:31,958 Aquí van os meus ánimos. 362 00:27:33,125 --> 00:27:34,541 Si que importas. 363 00:27:37,041 --> 00:27:38,875 Solta o acelerador un pouco. 364 00:27:42,041 --> 00:27:44,083 Permítete non ser un salvador. 365 00:27:47,583 --> 00:27:49,000 Dáste por animado? 366 00:28:20,875 --> 00:28:23,416 Vaia. Estás distinta. 367 00:28:26,458 --> 00:28:29,125 Grazas. Vai pedir unha suite. 368 00:28:29,208 --> 00:28:31,833 Non. Hai un Days Inn un pouco máis abaixo. 369 00:28:31,916 --> 00:28:34,416 Voamos ao amencer. Nada de primeira clase. 370 00:28:34,500 --> 00:28:38,041 Imos nun avión de carga da Forza Aérea para escapar do radar. 371 00:28:38,125 --> 00:28:40,833 - En sentido figurado. - Non. Quedamos aquí. 372 00:28:40,916 --> 00:28:45,500 Axúdasme cunha cousa á mañá e xa voamos despois. 373 00:28:46,583 --> 00:28:47,666 - Non. - Non? 374 00:28:47,750 --> 00:28:50,083 Non. Paso dos teus xogos de poder. 375 00:28:50,166 --> 00:28:52,000 - Acabouse. - Moi ben. 376 00:28:52,083 --> 00:28:54,666 Max. Espera. Max. 377 00:28:54,750 --> 00:28:55,583 Para! 378 00:28:59,958 --> 00:29:03,000 O teu xefe meteute nun avión para vir ata aquí 379 00:29:03,083 --> 00:29:05,041 e ocuparte de min. Sabes por que? 380 00:29:05,125 --> 00:29:07,750 Se dis "influencia", tírome diante dun coche. 381 00:29:08,458 --> 00:29:09,625 Influencia. 382 00:29:11,208 --> 00:29:14,416 Non te poñas así. Se te relaxas, podemos pasalo ben. 383 00:29:16,666 --> 00:29:20,333 Non vin para relaxarme nin pasalo ben nin xogar aos teus xogos. 384 00:29:21,041 --> 00:29:24,666 Non me podo permitir este hotel, así que imos para o Days Inn. 385 00:29:24,750 --> 00:29:29,666 Lin un artigo sobre unha reunión secreta do xeneral Kuznetsov cos chineses. 386 00:29:29,750 --> 00:29:32,791 Na CIA, están desesperados por saber o que se falou. 387 00:29:32,875 --> 00:29:34,875 E só podo descubrilo eu. 388 00:29:35,458 --> 00:29:39,083 Para de finxir que podes escoller. Vai pedir unha suite. 389 00:29:52,666 --> 00:29:53,625 Ola. 390 00:29:53,708 --> 00:29:56,333 - Benvidos ao Aurora. Para rexistrarse? - Si. 391 00:29:56,416 --> 00:30:00,041 Téñoos diante. Tes razón. Aquí hai algo. 392 00:30:00,125 --> 00:30:01,166 Que está pasando? 393 00:30:01,250 --> 00:30:05,291 Queriamos unha noite na suite máis barata, por favor. 394 00:30:05,375 --> 00:30:06,791 - Claro que si. - Si. 395 00:30:06,875 --> 00:30:10,416 Temos unha villa libre por 1700. 396 00:30:11,583 --> 00:30:12,416 Dólares? 397 00:30:12,500 --> 00:30:13,708 Si. 398 00:30:16,916 --> 00:30:17,750 Moi ben. 399 00:30:22,208 --> 00:30:26,333 - Está reservando unha suite das caras. - Perdoe, terá outra tarxeta? 400 00:30:26,416 --> 00:30:29,458 Ou non. Hai un problema coa tarxeta del. 401 00:30:30,041 --> 00:30:31,541 Estanse deitando, seguro. 402 00:30:32,916 --> 00:30:34,458 Asegúrate de facer fotos. 403 00:30:36,875 --> 00:30:37,750 Un segundo. 404 00:30:41,791 --> 00:30:47,458 …terceiro down con cinco na zona vermella desde a liña de oito iardas. 405 00:30:47,541 --> 00:30:50,958 Formación escopeta. Tres receptores abertos, un corredor. 406 00:30:51,916 --> 00:30:54,041 Aí está o saque. E pase a… 407 00:30:55,833 --> 00:30:57,125 - Ola. Que foi? - Ola. 408 00:30:57,666 --> 00:30:59,791 Necesito un… favor. 409 00:31:00,541 --> 00:31:02,500 Que raro. O que? 410 00:31:04,125 --> 00:31:07,083 Podo cargar un cuarto de hotel na túa tarxeta? 411 00:31:07,166 --> 00:31:08,583 É por traballo. Xúrocho. 412 00:31:09,750 --> 00:31:13,250 Estou nun apuro e teño a tarxeta ao límite agora mesmo. 413 00:31:13,333 --> 00:31:15,625 A Axencia estame tramitando os pagamentos. 414 00:31:16,208 --> 00:31:17,125 Onde estás? 415 00:31:17,791 --> 00:31:20,750 - Non cho podo dicir. - O hotel sae no extracto. 416 00:31:22,875 --> 00:31:23,708 En Phoenix. 417 00:31:24,375 --> 00:31:25,208 Por un caso. 418 00:31:25,291 --> 00:31:27,833 - O caso que dicías que acabara? - Pode ser. 419 00:31:27,916 --> 00:31:30,291 Xuraches que deixaras os problemas atrás 420 00:31:30,375 --> 00:31:33,250 e xusto aparecen dous axentes e lévante a rastro. 421 00:31:33,833 --> 00:31:35,541 E agora necesitas cartos? 422 00:31:37,083 --> 00:31:39,666 Sei que soa mal. Vale? 423 00:31:39,750 --> 00:31:42,583 Pero non cho pediría se non estivese nun apuro. 424 00:31:43,791 --> 00:31:44,708 Canto é? 425 00:31:44,791 --> 00:31:48,750 Só uns centos. Pero devólvocho, seguro. 426 00:31:49,916 --> 00:31:51,666 Xa. Vale. O que ti digas. 427 00:31:51,750 --> 00:31:52,750 Débesme unha. 428 00:31:53,875 --> 00:31:55,083 Caralludo. Grazas. 429 00:31:55,166 --> 00:32:00,458 Vale, moi ben. Tes que darlle os datos a esta muller. 430 00:32:03,583 --> 00:32:06,250 Se non lle di canto é, doulle máis propina. 431 00:32:10,291 --> 00:32:11,291 E enviado. 432 00:32:20,083 --> 00:32:21,875 Igual valeu a pena. 433 00:32:41,625 --> 00:32:43,625 - Vou dar un baño. - Vale. 434 00:32:47,333 --> 00:32:48,458 Queres vir comigo? 435 00:32:50,083 --> 00:32:52,333 Non me parece boa idea. 436 00:32:52,416 --> 00:32:53,250 Por que? 437 00:32:54,166 --> 00:32:55,458 Xa sabes por que. 438 00:33:00,375 --> 00:33:03,833 Oe, teño aí unhas cremas corporais de luxo. 439 00:33:03,916 --> 00:33:05,916 - Pódesmas traer? - Non. 440 00:33:06,416 --> 00:33:09,083 Vale. Pois terei que ir buscalas eu. 441 00:33:09,166 --> 00:33:10,791 Vale, non. Lévochas. 442 00:33:10,875 --> 00:33:12,250 En que bolsa? 443 00:33:13,000 --> 00:33:13,833 A turquesa. 444 00:33:21,916 --> 00:33:24,666 Cres que es boa persoa por non vir? 445 00:33:26,916 --> 00:33:28,000 Non es o meu tipo. 446 00:33:28,541 --> 00:33:32,041 Xa. A mentira máis gorda que dixeches desde que te coñezo. 447 00:33:33,875 --> 00:33:37,208 Os estadounidenses sempre poñéndovos tensos co sexo. 448 00:33:37,291 --> 00:33:41,041 A vida é curta, somos adultos e non te vas aproveitar de min. 449 00:33:41,125 --> 00:33:42,833 Poderiamos pasalo ben. 450 00:33:43,500 --> 00:33:44,666 Por que estou aquí? 451 00:33:45,541 --> 00:33:47,708 Non podo chegar a Belarús sen nada. 452 00:33:47,791 --> 00:33:51,791 Necesito cartos para pagar un salvoconduto de volta á mafia. 453 00:33:52,291 --> 00:33:55,000 Necesito cinco millóns. Se cadra o dobre. 454 00:33:55,083 --> 00:33:58,083 ¿Non chos pode dar a Axencia por ser un recurso da hostia 455 00:33:58,166 --> 00:34:00,708 con contactos co xeneral "Kusi non sei que"? 456 00:34:00,791 --> 00:34:01,750 Non é tan fácil. 457 00:34:01,833 --> 00:34:06,875 Por que? A CIA entregou mochilas cheas de cartos en Afganistán e Iraq. 458 00:34:08,166 --> 00:34:12,833 Xa. Esas misións foran aprobadas ao máis alto nivel. 459 00:34:12,916 --> 00:34:14,500 Eu nin existo, lembras? 460 00:34:15,375 --> 00:34:19,875 Faime caso. Levo facendo este baile coa Axencia máis dunha década. 461 00:34:19,958 --> 00:34:24,750 Tanto dá o valiosa que sexa a información. A misión principal é protexer a Axencia. 462 00:34:25,708 --> 00:34:28,708 Non van revelar delitos que cometín con eles. 463 00:34:29,208 --> 00:34:32,833 Así que temos que finxir que es unha fichaxe nova e iso… 464 00:34:33,708 --> 00:34:36,125 complica a autorización deses cartos. 465 00:34:36,208 --> 00:34:37,166 Exacto. 466 00:34:37,250 --> 00:34:41,750 Así que teño que vender o meu negocio para pagar a viaxe á casa. 467 00:34:41,833 --> 00:34:44,083 - O negocio dos pisos francos? - Si. 468 00:34:44,166 --> 00:34:45,458 ¿A quen llo vas… 469 00:34:49,625 --> 00:34:50,458 vender? 470 00:34:53,791 --> 00:34:55,125 Quéresme vir secar? 471 00:34:58,750 --> 00:34:59,583 Non. 472 00:35:00,125 --> 00:35:01,125 Vale, moi ben. 473 00:35:01,208 --> 00:35:04,125 Fin do interrogatorio. Teño fame. 474 00:35:06,583 --> 00:35:08,416 Nada de servizo de cuartos. 475 00:35:09,541 --> 00:35:10,458 Xa o pedín. 476 00:35:19,125 --> 00:35:20,958 Admíteo. Isto é divertido. 477 00:35:21,958 --> 00:35:23,833 A ver, non é "non divertido". 478 00:35:26,166 --> 00:35:28,083 A quen lle vas vender o negocio? 479 00:35:29,041 --> 00:35:31,916 Traballo, traballo… Non podemos pasalo ben? 480 00:35:32,000 --> 00:35:35,041 Coñecernos mellor? Cóntame máis sobre ti. 481 00:35:35,125 --> 00:35:39,166 Para que? Para o usares contra min máis adiante? Non, grazas. 482 00:35:39,916 --> 00:35:44,125 É unha vía de dobre sentido. Eu contéstoche se ti me contestas a min. 483 00:35:47,000 --> 00:35:50,625 Vale, moi ben. Imos xogar a un xogo. 484 00:35:50,708 --> 00:35:51,541 - Si? - Si. 485 00:35:52,791 --> 00:35:54,166 Unha verdade por outra. 486 00:35:54,750 --> 00:35:58,791 Dixeches que minto tan ben coma ti, así que vou saber se me mentes. 487 00:35:58,875 --> 00:36:00,291 - Quen empeza? - Eu. 488 00:36:01,041 --> 00:36:02,958 A quen lle vas vender o negocio? 489 00:36:04,458 --> 00:36:07,875 Ao xefe de Talco, Sandoval Luna. O xefe do cártel Aquino. 490 00:36:07,958 --> 00:36:08,916 En serio? 491 00:36:09,500 --> 00:36:11,000 Si. Tócame. 492 00:36:11,083 --> 00:36:12,750 Por que te fixeches avogado? 493 00:36:13,333 --> 00:36:15,416 Non che pega nada. 494 00:36:15,916 --> 00:36:18,458 O dereito paréceme fascinante. 495 00:36:19,041 --> 00:36:22,166 Ou o tomas en serio ou non penso xogar. 496 00:36:22,250 --> 00:36:23,541 Vale. Pois… 497 00:36:24,583 --> 00:36:26,541 fíxenme avogado… 498 00:36:30,416 --> 00:36:33,958 porque lle prometín a miña nai que non ía seguir os pasos de meu pai 499 00:36:34,458 --> 00:36:36,666 e acabar no cemiterio de Arlington. 500 00:36:36,750 --> 00:36:39,125 Atopaches un baleiro legal na promesa. 501 00:36:39,208 --> 00:36:42,083 Si. Traballar na CIA é de todo menos seguro. 502 00:36:44,958 --> 00:36:47,666 Ti como te convertiches nun recurso da Axencia? 503 00:36:48,583 --> 00:36:51,333 Achegóuseme un supervisor con kompromat sobre min. 504 00:36:51,916 --> 00:36:52,750 Bob Non? 505 00:36:53,375 --> 00:36:55,166 Non, a primeira. 506 00:36:55,250 --> 00:36:56,083 Unha borracha. 507 00:36:57,333 --> 00:36:58,166 Unha muller? 508 00:36:59,416 --> 00:37:00,250 Si. 509 00:37:01,583 --> 00:37:06,416 A metade dos supervisores bebían. Aos occidentais cústalles a vida en Minsk. 510 00:37:06,500 --> 00:37:08,166 A ti tampouco se che dá mal. 511 00:37:11,791 --> 00:37:17,375 Dis que tiveches varios supervisores, pero só mencionaches o nome de Bob Non. 512 00:37:17,458 --> 00:37:20,083 - Por que é especial? - É Bob Non. 513 00:37:21,125 --> 00:37:24,708 Permitiuche el dirixir a rede de recursos extraoficiais? 514 00:37:24,791 --> 00:37:26,166 Non. Tócame a min. 515 00:37:26,916 --> 00:37:28,416 Namorácheste algunha vez? 516 00:37:31,208 --> 00:37:33,083 Xa, iso non cho vou dicir. 517 00:37:33,166 --> 00:37:34,333 - É un si. - Non. 518 00:37:34,416 --> 00:37:36,166 - A das redes sociais. - Non. 519 00:37:36,250 --> 00:37:38,708 - Da facultade. A compañeira de piso. - Pode ser. 520 00:37:38,791 --> 00:37:41,083 - E ti? Quixeches alguén? - Si. 521 00:37:43,416 --> 00:37:44,250 A quen? 522 00:37:47,625 --> 00:37:48,458 A miña filla. 523 00:37:51,125 --> 00:37:53,708 Non sabía que eras nai. 524 00:37:56,666 --> 00:37:57,750 Era, si. 525 00:38:06,208 --> 00:38:07,875 Síntoo moito. Non… 526 00:38:10,125 --> 00:38:11,625 Que… pasou? 527 00:38:13,166 --> 00:38:15,000 O que acaba pasando sempre. 528 00:38:16,500 --> 00:38:17,458 Traxedia. 529 00:38:22,333 --> 00:38:26,250 Mañá, vasme axudar a negociar a venda. 530 00:38:26,333 --> 00:38:30,000 E logo voamos e eu vou para a casa. 531 00:38:32,125 --> 00:38:32,958 Si. 532 00:38:36,750 --> 00:38:39,375 Por que me trouxeches ata aquí? 533 00:38:41,291 --> 00:38:42,458 A verdade. 534 00:38:45,958 --> 00:38:48,750 Es a única persoa coa que puiden contar. 535 00:38:59,000 --> 00:39:00,166 Vou para a cama. 536 00:39:01,875 --> 00:39:02,833 Queres vir? 537 00:39:08,000 --> 00:39:08,833 Non. 538 00:39:12,500 --> 00:39:13,333 Vale. 539 00:39:16,666 --> 00:39:18,333 - Boas noites. - Boas noites. 540 00:39:56,583 --> 00:39:57,708 Jeff mandou flores? 541 00:39:58,708 --> 00:39:59,791 Foi Owen. 542 00:40:00,500 --> 00:40:04,166 "Agora mando flores e ninguén as merece máis ca ti." 543 00:40:04,250 --> 00:40:05,083 Por que? 544 00:40:06,208 --> 00:40:07,541 Fíxenlle un favor. 545 00:40:17,916 --> 00:40:19,625 HAI CARGOS NA SÚA TARXETA. 546 00:40:52,916 --> 00:40:55,666 Dixeches uns centos, non 3000. 547 00:40:55,750 --> 00:40:58,125 E non penses que o arranxas con flores. 548 00:40:58,208 --> 00:41:02,583 Non tes a policía a bourarche na porta porque non sei se andas nun choio secreto. 549 00:41:04,083 --> 00:41:05,750 Que tipo de flores? 550 00:41:08,625 --> 00:41:11,000 - Onde está Owen? - Na ducha. 551 00:41:11,083 --> 00:41:12,791 Non pareces… 552 00:41:12,875 --> 00:41:14,083 Quen? 553 00:41:14,750 --> 00:41:15,958 Tanto ten. 554 00:41:16,458 --> 00:41:17,500 Que pasa? 555 00:41:18,083 --> 00:41:19,166 Es Hannah? 556 00:41:19,666 --> 00:41:21,625 A moza rica do seu Instagram? 557 00:41:22,666 --> 00:41:25,375 Contoume á noite que segue pensando en ti. 558 00:41:25,458 --> 00:41:26,416 Non tal. 559 00:41:26,500 --> 00:41:27,333 Si tal. 560 00:41:30,500 --> 00:41:34,583 Dille a Owen que vai ser o meu bolseiro sen soldo durante seis meses. 561 00:41:34,666 --> 00:41:36,958 Oe, viches a miña roupa por algures? 562 00:41:38,750 --> 00:41:40,125 Si. Tireina. 563 00:41:40,750 --> 00:41:41,708 Que? Por que? 564 00:41:42,291 --> 00:41:46,041 Compreiche unha máis apropiada para o traballo que imos facer. 565 00:41:46,625 --> 00:41:47,500 Que…? 566 00:41:59,250 --> 00:42:00,458 Quen era? 567 00:42:01,416 --> 00:42:02,541 Hannah. 568 00:42:02,625 --> 00:42:05,041 Que? Que lle dixeches? 569 00:42:05,125 --> 00:42:08,375 Non me deixou falar. Estaba moi cabreada. 570 00:42:08,875 --> 00:42:10,708 Estás seguro do que vas facer? 571 00:42:15,500 --> 00:42:18,416 - Tes que cortar polo san. - Coa tarxeta? Xa está. 572 00:42:19,375 --> 00:42:20,208 Con todo. 573 00:42:21,500 --> 00:42:23,208 - Xa, pero… - Pero… pero que? 574 00:42:25,375 --> 00:42:26,208 Nada. 575 00:42:26,791 --> 00:42:29,375 Non me vai descarreirar, como fai sempre. 576 00:42:29,458 --> 00:42:32,916 Teño unha petición de intercambio de probas que redactar. 577 00:42:33,500 --> 00:42:35,916 - Ese é o espírito. - Dásme máis? 578 00:42:37,125 --> 00:42:39,750 - Estás comendo para esquecer? - Non. 579 00:42:44,250 --> 00:42:45,166 Grazas. 580 00:42:55,500 --> 00:42:57,916 Algo máis da miña vida que queiras foder? 581 00:42:58,000 --> 00:42:59,125 Non sexas neno. 582 00:42:59,208 --> 00:43:02,041 Tes que ter a cabeza no sitio. Pode ser perigoso. 583 00:43:02,125 --> 00:43:03,458 Pon iso por debaixo. 584 00:43:03,541 --> 00:43:06,916 - Non. Non quero. - Vale. Normalmente, apuntan á cabeza. 585 00:43:08,000 --> 00:43:09,541 - É broma. - Hostia. 586 00:43:10,041 --> 00:43:14,000 Non haberá violencia. Interésalles demasiado comprar como para fodelo. 587 00:43:14,083 --> 00:43:16,083 Rápido, na tele. Un é Bob Non. 588 00:43:16,166 --> 00:43:17,000 Cal? 589 00:43:17,083 --> 00:43:18,416 GABINETE DA ALA OESTE 590 00:43:20,625 --> 00:43:22,375 Que? É unha broma? 591 00:43:24,208 --> 00:43:26,125 Nin sequera recoñeces a ningún. 592 00:43:27,875 --> 00:43:30,958 Non coñeces a Bob Non. Non foi supervisor teu. 593 00:43:31,041 --> 00:43:32,625 Onde oíches o alcume? 594 00:43:35,666 --> 00:43:37,708 Vale, pero unha verdade por outra? 595 00:43:37,791 --> 00:43:39,458 Diso nada. Esta gañeina. 596 00:43:45,375 --> 00:43:47,041 Díxomo Xander Goi. 597 00:43:48,666 --> 00:43:49,500 Por que? 598 00:43:50,083 --> 00:43:52,666 Estaba borracho. Púxose a loar o heroe. 599 00:43:52,750 --> 00:43:55,875 Nunha axencia onde mandan os segredos e todos coñecen a Bob Non, 600 00:43:55,958 --> 00:43:57,458 el quería ser aquel tipo. 601 00:43:59,000 --> 00:43:59,833 Pero non é. 602 00:44:03,333 --> 00:44:05,041 Veña. Imos chegar tarde. 603 00:44:09,083 --> 00:44:11,958 Dous lobos. Pero tres lobos? Non. 604 00:44:12,041 --> 00:44:13,333 Lester Kitchens. 605 00:44:14,833 --> 00:44:17,791 Oíra que pasaras ao bando inimigo, pero non o cría. 606 00:44:17,875 --> 00:44:21,333 Xa. Supoño que quería un traballo con futuro. 607 00:44:21,833 --> 00:44:23,166 E teño cama propia. 608 00:44:24,500 --> 00:44:25,875 Lembras a Violet Ebner? 609 00:44:25,958 --> 00:44:28,916 - Era avogada do exército en Delaram. - Claro. 610 00:44:29,000 --> 00:44:32,708 - Tamén estás no Departamento Xurídico? - Si, desde hai un ano. 611 00:44:33,208 --> 00:44:35,833 Entrei con Lester. E ti que fas por aquí? 612 00:44:36,958 --> 00:44:40,916 Traballando para reintroducir un recurso. É un pouco complicado. 613 00:44:42,208 --> 00:44:47,083 - O caso de chantaxe de Hendricks? - Si. Que me podedes contar del? 614 00:44:48,333 --> 00:44:49,333 Non. 615 00:44:54,000 --> 00:44:57,083 Vai de parviño, pero é un papel. 616 00:44:57,166 --> 00:45:02,375 É un axente do caos, non un avogado. Eu de ti, manteríao lonxe da operación. 617 00:45:15,583 --> 00:45:19,125 - Para de tocarme. Que fas? - Necesito rastrexar o teu móbil. 618 00:45:21,541 --> 00:45:25,333 - Por que necesitas rastrexarme? - Porque vas entrar só. 619 00:45:25,833 --> 00:45:27,416 Esqueceume mencionarcho? 620 00:45:29,250 --> 00:45:30,083 Si. 621 00:45:31,583 --> 00:45:34,291 Talco intentou matarme onte pola miña fonte. 622 00:45:34,375 --> 00:45:37,166 A persoa do banco que me pasa casas embargadas. 623 00:45:37,250 --> 00:45:40,208 - Para non ter que pagar. - Por iso me necesitabas. 624 00:45:40,291 --> 00:45:41,916 Contigo non vai facelo. 625 00:45:42,000 --> 00:45:46,625 Porque eu vou estar alerta, lista para matar a fonte se te traizoan. 626 00:45:47,708 --> 00:45:49,791 Non o van facer, ou quedarían sen nada. 627 00:45:49,875 --> 00:45:50,958 - Non. - Owen. 628 00:45:51,041 --> 00:45:54,500 Non. Non vas matar a fonte. Acepta ou marcho. 629 00:45:57,583 --> 00:45:59,291 Vale. Non a mato. 630 00:45:59,375 --> 00:46:02,375 Pero ti dilles que o vou facer e eles van tragalo. 631 00:46:02,458 --> 00:46:05,333 Chámase Zuri Wench, do banco Sun City. 632 00:46:12,750 --> 00:46:15,541 Camiña dous bloques ao norte, tres ao oeste. 633 00:46:15,625 --> 00:46:17,958 Talco recóllete alí. Pecha o trato. 634 00:46:21,833 --> 00:46:22,666 Por favor. 635 00:46:26,208 --> 00:46:28,166 Só podo volver á casa así. 636 00:47:24,333 --> 00:47:28,875 ENVÍO E RECEPCIÓN 637 00:47:31,333 --> 00:47:32,708 Inimigo do meu inimigo. 638 00:47:34,083 --> 00:47:34,916 Si. 639 00:47:36,416 --> 00:47:41,291 Só veño como representante para negociar as condicións da venda do negocio de Max. 640 00:47:42,208 --> 00:47:45,291 Pois parabéns. Senta. Hai que ir no furgón. 641 00:47:45,875 --> 00:47:47,541 E non podemos negociar aquí? 642 00:47:48,750 --> 00:47:51,875 Non vas facer o trato comigo. Valo facer con El Jefe. 643 00:49:03,041 --> 00:49:06,500 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández