1 00:00:06,048 --> 00:00:08,175 ANTERIORMENTE... 2 00:00:08,259 --> 00:00:10,302 Matárona polos teus negocios? 3 00:00:10,386 --> 00:00:11,345 Foi un roubo. 4 00:00:11,429 --> 00:00:13,264 El queríate alí, fóra da casa. 5 00:00:13,347 --> 00:00:15,141 - Que pensa Derrick? - Quen? 6 00:00:15,224 --> 00:00:16,308 O mozo da túa nai. 7 00:00:16,392 --> 00:00:18,269 - Que Derrick? - Derrick Reena. 8 00:00:19,270 --> 00:00:21,522 ...viron a Allison, chamen ao número. 9 00:00:21,605 --> 00:00:23,399 - Non! - Detena. 10 00:00:23,482 --> 00:00:25,025 Déixame... 11 00:00:28,696 --> 00:00:29,530 Deus. 12 00:00:31,198 --> 00:00:32,158 Verónica. 13 00:00:33,284 --> 00:00:34,201 Estou contigo. 14 00:00:35,786 --> 00:00:38,414 Estás de puta broma? Non sabes o que fixeches. 15 00:00:38,497 --> 00:00:39,707 Sae en Urbandox. 16 00:00:39,790 --> 00:00:40,958 Irá a un laboratorio. 17 00:00:41,041 --> 00:00:42,585 E debería. É un monstro! 18 00:00:42,668 --> 00:00:43,961 Voute matar! 19 00:00:44,795 --> 00:00:47,715 Quero ser parte de algo que cambie vidas. 20 00:00:47,840 --> 00:00:49,175 Non contaba con isto. 21 00:00:49,258 --> 00:00:50,885 Despois quero o divorcio. 22 00:00:51,677 --> 00:00:55,389 Dille a miña irmá que vai haber un cambio e que ten que elixir. 23 00:00:55,473 --> 00:00:57,391 A líder das rebeldes chámase Zoia. 24 00:00:57,475 --> 00:00:59,059 Tivo unha filla. 25 00:00:59,143 --> 00:01:00,895 Merda. Declan! 26 00:01:50,402 --> 00:01:52,905 Síntoo. Síntoo moito! 27 00:01:52,988 --> 00:01:55,324 Non era a miña intención. Síntoo. 28 00:01:57,409 --> 00:01:58,869 Non quería facerlle dano. 29 00:01:59,203 --> 00:02:00,246 Que é isto? 30 00:02:00,830 --> 00:02:01,747 Culpabilidade? 31 00:02:03,666 --> 00:02:05,626 Non temos tempo para esa merda. 32 00:02:07,920 --> 00:02:08,963 Isto é a guerra. 33 00:02:10,047 --> 00:02:11,841 E ela era a túa inimiga. 34 00:02:20,391 --> 00:02:21,725 Haberá máis. 35 00:02:22,810 --> 00:02:24,061 Non teñas medo. 36 00:02:25,729 --> 00:02:27,273 Virá unha soldado. 37 00:02:33,571 --> 00:02:38,284 O PODER 38 00:02:44,957 --> 00:02:46,792 - Quen é? - Roxy Monke. 39 00:02:46,876 --> 00:02:48,502 Es Derrick Reena, verdade? 40 00:02:50,504 --> 00:02:52,172 Sinto o da túa nai. 41 00:03:02,349 --> 00:03:04,768 Por que fas isto? Eu quería a túa nai. 42 00:03:04,852 --> 00:03:07,062 Como é que nunca nos presentou? 43 00:03:07,146 --> 00:03:08,647 Nin sequera te mencionou. 44 00:03:08,731 --> 00:03:11,567 Por que non fuches ao enterro nin mandaches rosas? 45 00:03:11,650 --> 00:03:13,777 Mandaches os tipos que a mataron? 46 00:03:13,861 --> 00:03:15,321 Estás moi equivocada. 47 00:03:16,280 --> 00:03:18,574 Túa nai temía que falases con teu pai. 48 00:03:18,657 --> 00:03:20,659 El está casado, foi unha aventura. 49 00:03:20,743 --> 00:03:22,119 Que hostia lle importa? 50 00:03:22,202 --> 00:03:23,329 Porque son policía. 51 00:03:24,914 --> 00:03:26,957 Investigaba os negocios de Bernie. 52 00:03:27,166 --> 00:03:30,085 Así coñecín a túa nai. Sabía que o investigaba. 53 00:03:30,169 --> 00:03:31,545 Es un puto mentireiro. 54 00:03:31,754 --> 00:03:33,380 Non minto, querida. 55 00:03:33,881 --> 00:03:35,674 Pero tes razón nunha cousa. 56 00:03:35,758 --> 00:03:37,676 É culpa miña que a matasen. 57 00:03:42,389 --> 00:03:44,683 Nunca debín cruzar esa liña con ela. 58 00:03:46,560 --> 00:03:49,897 Ao acabar a investigación, pensei que estariamos xuntos. 59 00:03:52,650 --> 00:03:54,318 Por que non me buscaches? 60 00:03:54,652 --> 00:03:56,904 Para dicirme o que sabes. Ou á policía. 61 00:03:58,530 --> 00:04:00,908 Iso foi unha mensaxe de Bernie, non si? 62 00:04:01,241 --> 00:04:03,369 Sabía o que pasaría se seguía. 63 00:04:04,453 --> 00:04:07,539 Quería a túa nai, pero son un puto covarde. 64 00:04:08,499 --> 00:04:10,542 Enterrei as probas e deixeino. 65 00:04:12,836 --> 00:04:15,464 Sabía que os de Bernie ían vir por min. 66 00:04:17,591 --> 00:04:18,592 Es ti? 67 00:04:19,551 --> 00:04:21,345 Es un dos soldados do teu pai? 68 00:04:28,936 --> 00:04:31,897 Dá moito medo ser unha nena pequena agora mesmo. 69 00:04:31,981 --> 00:04:34,024 Violencia, discursos de odio... 70 00:04:34,108 --> 00:04:38,404 As rapazas están sendo oprimidas e as medidas que propón o gobernador 71 00:04:38,487 --> 00:04:41,448 só van empeorar as cousas. 72 00:04:41,907 --> 00:04:43,450 Criminaliza a DOE. 73 00:04:43,534 --> 00:04:45,494 Xa vimos como acaba iso. 74 00:04:46,245 --> 00:04:48,539 Neste mundo están a cambiar cousas. 75 00:04:48,622 --> 00:04:50,165 Os cambios dan medo. 76 00:04:51,291 --> 00:04:55,713 Necesitades unha representante que entenda os vosos valores familiares. 77 00:04:55,796 --> 00:04:59,383 Unha representante que defenda os nosos fillos. 78 00:04:59,466 --> 00:05:02,928 Alguén que saiba o que é loitar polos dereitos. 79 00:05:03,012 --> 00:05:05,139 Alguén que se preocupe. 80 00:05:05,389 --> 00:05:07,099 {\an8}Son Margot Cleary-Lopez 81 00:05:07,182 --> 00:05:09,309 {\an8}e quero ser a seguinte senadora. 82 00:05:15,816 --> 00:05:18,318 {\an8}Isto funcionará. Moi bo traballo. Grazas. 83 00:05:18,402 --> 00:05:19,278 {\an8}Moi ben. 84 00:05:19,862 --> 00:05:23,907 Mañá toca facer moitas chamadas, así que descansade ben hoxe, amigos. 85 00:05:23,991 --> 00:05:24,908 - Boa noite. - Si. 86 00:05:24,992 --> 00:05:27,661 - Grazas. - Grazas. Moi bo traballo. 87 00:05:30,664 --> 00:05:32,374 Grazas. 88 00:05:38,005 --> 00:05:40,507 É pola nena na cela? Demasiado escuro? 89 00:05:40,591 --> 00:05:43,093 Apropiado, despois da merda toda de Dandon. 90 00:05:43,177 --> 00:05:47,723 Non é polo vídeo. O vídeo é perfecto, rapaces. Non. 91 00:05:49,099 --> 00:05:51,351 Que? Por que me miras así? 92 00:05:51,810 --> 00:05:56,315 Margot, non quixen ser o teu director de campaña porque me gusten os desafíos. 93 00:05:56,398 --> 00:05:58,525 Quixen selo para ver 94 00:05:58,609 --> 00:06:02,946 como lle gañas ao fascista, alarmista e branco con privilexios de Dandon. 95 00:06:03,238 --> 00:06:06,492 Pero non podo traballar se non es totalmente honesta. 96 00:06:07,618 --> 00:06:08,494 Vale. 97 00:06:08,952 --> 00:06:11,413 Empecemos cos vídeos de Jos e o rapaz. 98 00:06:11,497 --> 00:06:12,372 O do nobelo. 99 00:06:14,708 --> 00:06:16,919 É o mozo da miña filla. Chámase Ryan. 100 00:06:17,002 --> 00:06:19,254 - Saíu en Urbandox. - Si, ben o sei. 101 00:06:20,798 --> 00:06:24,468 Que? Ryan non é o único rapaz cunha irregularidade cromosómica. 102 00:06:24,551 --> 00:06:27,763 É o único rapaz que coñecemos que teña o nobelo. 103 00:06:27,846 --> 00:06:30,766 Se hai máis, seguramente non o farán público. 104 00:06:30,849 --> 00:06:32,476 Si, pregúntome o porqué. 105 00:06:32,559 --> 00:06:36,271 Margot, moito do teu atractivo vén do teu papel como nai. 106 00:06:36,355 --> 00:06:38,107 Identifícanse coa túa familia. 107 00:06:38,190 --> 00:06:41,819 Un momento. ¿Entón se o mozo da miña filla ten o nobelo 108 00:06:41,902 --> 00:06:44,530 xa non se identifican coa miña familia? 109 00:06:44,613 --> 00:06:46,365 Eu non estou xulgando. 110 00:06:46,448 --> 00:06:48,492 Está ben que os rapaces o teñan. 111 00:06:48,575 --> 00:06:51,078 Se tivese esa opción, sería o primeiriño. 112 00:06:51,161 --> 00:06:52,996 Pero pensemos nos números. 113 00:06:53,080 --> 00:06:55,457 Non tes apoio masculino agora mesmo. 114 00:06:55,541 --> 00:06:58,502 Non lle direi á miña filla que o oculte ou o deixe. 115 00:06:58,585 --> 00:07:00,254 Ninguén che vai pedir iso. 116 00:07:00,379 --> 00:07:03,590 Só queremos saber como leva Ryan toda esta exposición. 117 00:07:03,674 --> 00:07:07,136 Seguro que non é fácil. Sei que Jos se sente fatal por iso. 118 00:07:07,511 --> 00:07:10,430 Vai precisar a nosa protección e o noso apoio. 119 00:07:11,056 --> 00:07:15,018 Por que non falo cos pais del e lles pregunto como podemos axudar? 120 00:07:15,561 --> 00:07:18,147 Que tal o teu matrimonio? Rob lévao ben? 121 00:07:18,355 --> 00:07:20,482 Vállame Deus. O meu matrimonio, ben. 122 00:07:20,566 --> 00:07:21,900 Rob está ben. 123 00:07:21,984 --> 00:07:25,487 Bárbaro. Iso diferénciase ben dos tres divorcios de Dandon. 124 00:07:51,513 --> 00:07:53,182 CHISPEANTE 125 00:07:55,517 --> 00:07:57,978 Yuki? Ese é o armario de Ryan. 126 00:07:59,104 --> 00:08:04,276 Agora que teño o poder xa non es demasiado guai para falar comigo, muxicas? 127 00:08:05,027 --> 00:08:06,486 Que me acabas de chamar? 128 00:08:07,821 --> 00:08:09,281 - Muxicas. - Muxicas. 129 00:08:10,240 --> 00:08:12,201 Non podes nin usalo, verdade? 130 00:08:12,618 --> 00:08:15,078 Es un bicho raro, igual que o teu mociño. 131 00:08:16,705 --> 00:08:19,541 É incrible que fose amiga de alguén tan ruín coma ti. 132 00:08:19,791 --> 00:08:21,418 Evoluciona, pendanga. 133 00:08:36,767 --> 00:08:39,394 {\an8}É un centro novo de California. 134 00:08:39,561 --> 00:08:41,313 {\an8}Coma un campamento de verán. 135 00:08:41,563 --> 00:08:43,398 Fan un traballo moi innovador 136 00:08:43,482 --> 00:08:47,319 e axudan os nenos que lles custa controlar a DOE. 137 00:08:49,154 --> 00:08:51,198 Jos preocúpase polo seu fillo. 138 00:08:51,573 --> 00:08:52,449 Moito. 139 00:08:52,741 --> 00:08:54,785 E a alcaldesa tamén se preocupa. 140 00:08:55,619 --> 00:09:00,290 Con toda a atención que recibiu, tememos pola súa seguridade. 141 00:09:07,422 --> 00:09:09,800 Chamáronnos incluso aos nosos traballos. 142 00:09:10,425 --> 00:09:13,971 Mensaxes e correos moi feos. Non podemos perder o traballo. 143 00:09:14,179 --> 00:09:15,264 É un bo rapaz. 144 00:09:16,056 --> 00:09:18,809 Un rapaz normal. Non ten nada de malo. 145 00:09:19,685 --> 00:09:20,686 Claro que non. 146 00:09:21,520 --> 00:09:25,816 Pero non lle faría ben estar con outros rapaces coma el? 147 00:09:25,899 --> 00:09:29,194 Alí axudaranlle a aprender a xestionar isto. 148 00:09:30,362 --> 00:09:32,739 É moi seguro. 149 00:09:32,823 --> 00:09:34,533 Sen miradas inquisitivas. 150 00:09:36,535 --> 00:09:40,247 Con todos os gastos pagos, por suposto. 151 00:09:46,128 --> 00:09:49,256 {\an8}Estás pasando moito tempo neste bus. 152 00:09:49,339 --> 00:09:50,799 É duro, pero está ben. 153 00:09:50,882 --> 00:09:52,217 Silencio, por favor. 154 00:09:52,301 --> 00:09:53,135 Perdón. 155 00:09:56,555 --> 00:09:58,056 Que fas para estar ben? 156 00:09:58,140 --> 00:09:59,433 Que fago eu? 157 00:09:59,516 --> 00:10:02,644 Corro todas as mañás, nado un pouco, 158 00:10:02,728 --> 00:10:04,896 e xogo ao baloncesto cos rapaces. 159 00:10:04,980 --> 00:10:06,940 O meu marido adora o baloncesto. 160 00:10:07,024 --> 00:10:08,984 Si? É un bo deporte de equipo. 161 00:10:09,067 --> 00:10:11,278 Pero ti estás en mellor forma ca el. 162 00:10:12,612 --> 00:10:13,989 Non contes que o dixen. 163 00:10:16,116 --> 00:10:16,950 Vale. 164 00:10:18,368 --> 00:10:23,707 E que se sente sendo o home detrás dunha muller? 165 00:10:23,790 --> 00:10:27,336 Eu considero que son un home ao lado dunha muller. 166 00:10:27,544 --> 00:10:30,922 Margot é unha candidata que defenderá as mulleres coa DOE, 167 00:10:31,006 --> 00:10:33,300 aínda que ela deu negativo. 168 00:10:33,967 --> 00:10:35,469 Por que cres que é? 169 00:10:36,470 --> 00:10:37,304 Pois... 170 00:10:39,473 --> 00:10:41,433 Margot quere facer o correcto. 171 00:10:42,142 --> 00:10:43,977 Ela é moi lista. 172 00:10:45,020 --> 00:10:47,522 E non defende só os que son coma ela, 173 00:10:47,606 --> 00:10:49,149 preocúpalle todo o mundo. 174 00:10:51,568 --> 00:10:52,569 Grazas, Rob. 175 00:10:59,368 --> 00:11:02,412 Oe, cando vai saír isto? 176 00:11:03,121 --> 00:11:04,873 Mándoche unha copia? 177 00:11:04,956 --> 00:11:06,249 Sería estupendo. 178 00:11:06,333 --> 00:11:11,004 Mándamo a robert@agwfarm... 179 00:11:12,964 --> 00:11:16,385 Non, mellor mándamo ao meu enderezo persoal. 180 00:11:18,178 --> 00:11:19,888 Vai ser moito máis fácil así. 181 00:11:42,285 --> 00:11:43,703 CHAMADA ENTRANTE URBANDOX 182 00:11:43,787 --> 00:11:45,122 Ola, Matt. Que tal? 183 00:11:46,248 --> 00:11:49,376 Ola. Isto é real? Non podo crer que saibas quen son. 184 00:11:49,459 --> 00:11:50,585 Claro que o sei. 185 00:11:50,669 --> 00:11:52,212 Tío, publicaches o vídeo 186 00:11:52,295 --> 00:11:55,966 para que o mundo vexa como se estende a infección da DOE. 187 00:11:56,383 --> 00:11:57,717 Fai falta valor. 188 00:11:59,052 --> 00:11:59,886 Grazas. 189 00:11:59,970 --> 00:12:03,723 Si, está ben, porque sinto que ninguén me escoita nunca. 190 00:12:03,807 --> 00:12:04,808 Eu escóitote. 191 00:12:05,475 --> 00:12:06,393 E enténdote. 192 00:12:06,852 --> 00:12:10,063 Sei que fai falta forza para contar a verdade agora. 193 00:12:10,188 --> 00:12:11,565 Por iso te chamo. 194 00:12:12,274 --> 00:12:13,358 Necesitámoste. 195 00:12:14,484 --> 00:12:17,529 A min? Para que? 196 00:12:17,779 --> 00:12:19,197 Están os teus pais aí? 197 00:12:20,240 --> 00:12:22,659 Non. Están todos facendo campaña e iso. 198 00:12:22,742 --> 00:12:25,829 O que che teño que pedir é totalmente confidencial. 199 00:12:25,912 --> 00:12:27,581 - Vale? - Vale. 200 00:12:29,374 --> 00:12:32,752 A túa misión, se é que a aceptas, 201 00:12:32,836 --> 00:12:34,087 Matt Cleary-Lopez, 202 00:12:34,588 --> 00:12:36,423 é ser os nosos ollos e oídos 203 00:12:36,506 --> 00:12:40,552 na campaña do Senado máis importante da historia dos EUA. 204 00:12:41,136 --> 00:12:43,847 Agarda. Estás a pedirme que espíe a miña nai? 205 00:12:43,930 --> 00:12:45,807 Non, só a súa campaña. 206 00:12:46,391 --> 00:12:50,061 As súas políticas, que, en verdade, son unha ameaza para ti 207 00:12:50,687 --> 00:12:53,190 e para o futuro da especie humana. 208 00:12:54,065 --> 00:12:57,527 Se a miña nai estivese loitando contra a miña existencia, 209 00:12:58,153 --> 00:13:00,280 pensaría que lle importo unha merda. 210 00:13:00,780 --> 00:13:02,741 Non estaría doído, senón anoxado. 211 00:13:02,824 --> 00:13:07,579 E estouno. Pero xa me desherdaron e castigaron de por vida. 212 00:13:07,662 --> 00:13:10,081 - Non quero danar a ninguén. - Non, claro. 213 00:13:10,165 --> 00:13:13,210 Mira, é incrible que haxa tolos por aí 214 00:13:13,293 --> 00:13:15,837 usando as miñas palabras para a violencia. 215 00:13:16,630 --> 00:13:19,508 Eu o que quero é que ninguén saia ferido. 216 00:13:19,674 --> 00:13:21,885 Sobre todo os bos rapaces coma ti. 217 00:13:22,969 --> 00:13:25,847 Mira o que che fixeron na cara. 218 00:13:25,931 --> 00:13:27,432 A iso me refiro eu. 219 00:13:27,516 --> 00:13:30,644 Non facer dano ás mulleres, senón protexer os homes. 220 00:13:32,479 --> 00:13:34,022 Se gaña a túa nai, 221 00:13:34,856 --> 00:13:39,319 a túa familia será o obxectivo de todos os tolos que hai por aí. 222 00:13:40,403 --> 00:13:44,074 Se non gaña, recuperaredes as vosas vidas normais. 223 00:13:44,658 --> 00:13:46,826 Non queres volver á normalidade? 224 00:13:47,244 --> 00:13:48,662 Merda. Eu si que quero. 225 00:13:58,922 --> 00:14:00,048 Merda. 226 00:14:02,259 --> 00:14:03,468 Podes marchar. 227 00:14:12,185 --> 00:14:14,646 Sra. Moskalev, é... 228 00:14:20,735 --> 00:14:21,820 Onde está? 229 00:14:22,362 --> 00:14:23,405 Na fronteira. 230 00:14:25,115 --> 00:14:26,491 Nuns baños abandonados. 231 00:14:29,661 --> 00:14:33,665 Zoia obrigoume a memorizar un número. Podo anotarllo. 232 00:15:06,364 --> 00:15:07,240 Agarde. 233 00:15:09,200 --> 00:15:13,913 Zoia pediume que lle dese unha mensaxe. Dixo que ten que escoller bando. 234 00:15:20,670 --> 00:15:23,340 Levarate un coche ao teu hotel. 235 00:15:23,423 --> 00:15:24,966 E despois, ao aeroporto. 236 00:15:28,094 --> 00:15:29,721 Grazas. 237 00:15:29,804 --> 00:15:31,723 - Pero... - Vai para a casa. 238 00:15:33,850 --> 00:15:36,061 Xa nos veremos, Tunde Ojo. 239 00:15:53,536 --> 00:15:54,412 Oe. 240 00:16:06,174 --> 00:16:09,177 Ola. Que ocorre? Que é isto? 241 00:16:09,761 --> 00:16:11,221 Morreu Viktor Moskalev. 242 00:16:22,691 --> 00:16:25,568 Saíches? Temía que acabases coma Viktor. 243 00:16:25,652 --> 00:16:27,529 Vendíchesme, merdento. 244 00:16:27,779 --> 00:16:29,823 Deiche a historia da túa vida. 245 00:16:29,906 --> 00:16:32,117 - Viches as noticias? - Claro que si. 246 00:16:32,200 --> 00:16:34,828 - Como foi? - Matouno a peiteadora da muller. 247 00:16:34,911 --> 00:16:37,622 No palacio din que apoiaba as túas rapazas. 248 00:16:37,706 --> 00:16:40,417 - Seguro que te están vixiando. - Merda. 249 00:16:41,626 --> 00:16:43,920 Tes que saír do país canto antes. 250 00:16:44,504 --> 00:16:45,380 Oíches? 251 00:16:45,547 --> 00:16:48,091 - Debo avisar a Zoia. - Xa vou eu de camiño. 252 00:16:48,174 --> 00:16:50,343 Non, Declan. Xúroo por Deus, non... 253 00:16:52,429 --> 00:16:53,304 Merda! 254 00:16:58,309 --> 00:16:59,144 Hostia. 255 00:17:10,780 --> 00:17:11,698 Ola. 256 00:17:17,620 --> 00:17:18,621 Xenerala Zoia? 257 00:17:20,957 --> 00:17:24,294 Son xornalista. Declan Blease. Amigo de Tunde. 258 00:17:26,212 --> 00:17:27,297 Que queres? 259 00:17:27,589 --> 00:17:29,841 Sei que Tatiana Moskalev é a túa irmá. 260 00:17:30,467 --> 00:17:31,885 Só quero falar. 261 00:17:32,385 --> 00:17:33,386 Oír a historia. 262 00:17:34,304 --> 00:17:35,847 Cóntalle ao mundo quen es. 263 00:17:43,062 --> 00:17:44,022 Que dis? 264 00:17:57,035 --> 00:17:58,411 Cruza o río. 265 00:18:00,997 --> 00:18:01,998 Que cruce? 266 00:18:04,793 --> 00:18:05,627 Vale. 267 00:18:08,421 --> 00:18:10,340 Tiven que facer isto en Bolivia. 268 00:18:11,299 --> 00:18:12,884 Escapando dun cártel. 269 00:18:14,552 --> 00:18:16,763 Así gañei o primeiro Pulitzer. Vale. 270 00:18:21,267 --> 00:18:22,227 Xesús. 271 00:18:22,310 --> 00:18:23,311 Que fría está. 272 00:18:32,904 --> 00:18:34,906 Deus bendito. Que carallo fas? 273 00:18:46,668 --> 00:18:47,669 Hostia... 274 00:18:47,752 --> 00:18:50,964 Escoitade. Son un puto xornalista. 275 00:18:51,047 --> 00:18:53,091 Vale? Sodes parvas. 276 00:19:33,923 --> 00:19:36,050 Que é o que non che deixa durmir? 277 00:19:38,303 --> 00:19:39,846 Por Deus bendito, Rox. 278 00:19:39,929 --> 00:19:41,472 É pola xente que mataches? 279 00:19:45,810 --> 00:19:46,769 Onde estiveches? 280 00:19:48,062 --> 00:19:49,397 Fun dar un paseo. 281 00:19:49,647 --> 00:19:51,065 - Vai durmir. - Non. 282 00:19:53,276 --> 00:19:54,569 Vale. Eu vou durmir. 283 00:19:55,403 --> 00:19:56,738 Derrick Reena. 284 00:20:02,493 --> 00:20:03,453 Que lle pasa? 285 00:20:04,454 --> 00:20:06,372 Era unha ameaza para ti? 286 00:20:08,541 --> 00:20:10,335 Non querías vela feliz? 287 00:20:13,796 --> 00:20:15,924 Crías que se ía esquecer de ti? 288 00:20:16,966 --> 00:20:18,635 Que me ía esquecer eu de ti? 289 00:20:21,888 --> 00:20:22,889 Era policía. 290 00:20:26,100 --> 00:20:29,270 Si, a pendanga da túa nai estaba fodendo cun policía. 291 00:20:29,729 --> 00:20:30,730 Que pasa? 292 00:20:38,321 --> 00:20:39,322 Di que fuches ti. 293 00:20:44,202 --> 00:20:45,119 Veña. 294 00:20:48,122 --> 00:20:50,333 E con todo o que sabía de min... 295 00:20:51,876 --> 00:20:53,670 non podía deixala foder co poli. 296 00:20:55,338 --> 00:20:57,799 Eu deille unha casa, roupa, comida... 297 00:20:57,882 --> 00:21:00,093 Aínda que Barbara mo prohibira. 298 00:21:01,177 --> 00:21:03,096 E así é como me paga? 299 00:21:05,723 --> 00:21:08,184 Pois si. Éche así. 300 00:21:12,063 --> 00:21:13,690 Fun eu, hostia. 301 00:21:23,533 --> 00:21:25,034 Morreu teu fillo. Ben. 302 00:21:26,035 --> 00:21:28,079 Agora sabes o que se sente. 303 00:21:29,080 --> 00:21:32,125 Esa dor que non se vai nunca. 304 00:21:33,876 --> 00:21:35,128 E eu estaba alí! 305 00:21:36,212 --> 00:21:37,630 Teño a puta culpa! 306 00:21:38,965 --> 00:21:40,299 Que pasa? 307 00:21:40,925 --> 00:21:41,968 Bernie, para! 308 00:21:43,386 --> 00:21:46,097 - Voute matar, hostia! - Veña. 309 00:21:46,305 --> 00:21:50,018 - Voute matar. - Veña. A ver que podes facer. 310 00:21:51,394 --> 00:21:53,479 Sabíalo? 311 00:21:54,689 --> 00:21:56,607 - O que? - O da miña nai. 312 00:21:57,817 --> 00:21:59,110 O que da túa nai? 313 00:22:02,864 --> 00:22:03,823 Que lle pasa? 314 00:22:11,914 --> 00:22:14,792 Vas precisar isto se segues con este por aquí. 315 00:22:14,876 --> 00:22:17,420 Non, Roxy! Rox! Mamá. 316 00:22:24,719 --> 00:22:26,888 Roxy. Que fixeches? 317 00:22:26,971 --> 00:22:28,473 Mamá, estás ben? 318 00:22:31,309 --> 00:22:32,268 Mamá? 319 00:22:34,937 --> 00:22:36,689 - Adeus, papá. - Roxy. 320 00:23:06,094 --> 00:23:09,055 Xa podes saír. Xa marchou a policía. 321 00:23:10,723 --> 00:23:13,518 Que dixeron? Que lles dixestes vós? 322 00:23:15,228 --> 00:23:16,938 Ninguén falou de ti, Eva. 323 00:23:18,564 --> 00:23:20,066 E o da irmá Verónica? 324 00:23:20,983 --> 00:23:22,819 Que cren que lle pasou? 325 00:23:22,902 --> 00:23:23,778 Pois... 326 00:23:24,862 --> 00:23:29,742 Podería ser unha hemorraxia cerebral ou que caeu. 327 00:23:30,326 --> 00:23:31,577 Aínda non saben. 328 00:23:34,539 --> 00:23:38,292 Debín coidala mellor. 329 00:23:39,252 --> 00:23:40,419 Non, pero... 330 00:23:42,171 --> 00:23:43,714 Non foi culpa túa. 331 00:23:43,798 --> 00:23:46,300 Non foi culpa de ninguén. Vontade de Deus. 332 00:23:55,643 --> 00:23:56,769 Foi a miña nai 333 00:23:58,187 --> 00:24:00,106 cando estaba soa no mundo. 334 00:24:03,151 --> 00:24:04,735 Eu nunca tiven nai. 335 00:24:07,029 --> 00:24:10,158 Ata que Deus comezou a falar comigo. 336 00:24:11,284 --> 00:24:15,121 Despois deime conta de que Deus é coma unha nai. 337 00:24:15,997 --> 00:24:17,832 É a nai de todas nós. 338 00:24:18,708 --> 00:24:20,293 Sempre que creamos. 339 00:24:20,918 --> 00:24:22,503 Mira que es lista. 340 00:24:23,337 --> 00:24:25,047 A crenza é poder. 341 00:24:25,923 --> 00:24:27,216 Constrúe o exército. 342 00:24:27,925 --> 00:24:29,844 Que sexan todas túas. 343 00:24:33,264 --> 00:24:36,809 A irmá Verónica está coa nosa nai agora. 344 00:24:37,643 --> 00:24:40,855 Pero podemos honrala seguindo co seu traballo. 345 00:24:42,106 --> 00:24:42,940 Si. 346 00:24:45,026 --> 00:24:45,943 Grazas. 347 00:24:50,114 --> 00:24:54,160 Todos os homes sagrados que nos aprenderon a venerar 348 00:24:54,911 --> 00:24:58,623 trouxéronos ao mundo as súas nais. 349 00:25:01,334 --> 00:25:06,047 Deus é "o Pai" e o seu fillo é "o Señor", non? 350 00:25:06,797 --> 00:25:08,257 Pero pregúntovos algo. 351 00:25:09,425 --> 00:25:10,468 ¿Que é mellor, 352 00:25:12,178 --> 00:25:15,723 o creado ou o creador? 353 00:25:19,977 --> 00:25:25,483 Ela atesoura o raio nas súas mans. Ela ordena as electrocucións. 354 00:26:04,522 --> 00:26:07,733 Escoitade! Non fala con Deus. 355 00:26:08,818 --> 00:26:11,153 Só oe voces na súa cabeza. 356 00:26:11,862 --> 00:26:12,822 É unha psicópata. 357 00:26:13,197 --> 00:26:14,240 E unha asasina. 358 00:26:14,782 --> 00:26:16,575 Matou aquel home. 359 00:26:16,659 --> 00:26:19,203 E fíxolle algo á irmá Verónica. 360 00:26:19,412 --> 00:26:20,830 Tedes que sabelo. 361 00:26:23,582 --> 00:26:26,961 Por Deus. Laváronvos o cerebro ou que? 362 00:26:27,878 --> 00:26:31,674 A policía vai saber que a escondemos e imos ir ao cárcere. 363 00:26:32,967 --> 00:26:35,011 Deus vai enviar a súa salvación. 364 00:26:35,678 --> 00:26:37,013 Virá unha soldado. 365 00:26:38,180 --> 00:26:40,141 Ti serás maldita por dubidar. 366 00:26:41,684 --> 00:26:46,814 A Divindade non esquece que non confiaches nela neste momento de triunfo. 367 00:27:01,662 --> 00:27:07,501 As nosas palabras chegarán a millóns. Se as chamas, virán. 368 00:27:09,545 --> 00:27:12,548 Matarán e morrerán por ti. 369 00:27:14,759 --> 00:27:16,635 Non volverás estar soa. 370 00:27:22,933 --> 00:27:24,393 {\an8}Agora convertes monxas? 371 00:27:26,020 --> 00:27:27,813 É a puta ama. 372 00:27:31,400 --> 00:27:32,943 CHAMADA ENTRANTE DARRELL 373 00:27:36,405 --> 00:27:37,990 Non me chames, Darrell. 374 00:27:38,074 --> 00:27:40,785 Papá está histérico. Sabe o dos diamantes. 375 00:27:40,868 --> 00:27:43,579 Vai buscarte. Pensa que vas para Nova York. 376 00:27:43,954 --> 00:27:46,540 - Merda. - Rox, está fóra de si. 377 00:27:47,375 --> 00:27:48,542 Por que pensa iso? 378 00:27:48,626 --> 00:27:51,545 Tes que fuxir. Vai por ti. Desaparece un tempo. 379 00:27:51,629 --> 00:27:55,007 Roxanne Monke, acuda ao mostrador 60 da aeroliña 380 00:27:55,091 --> 00:27:56,759 polo seu asento a Nova York. 381 00:27:56,842 --> 00:27:58,969 - Vas a Nova York. - Non chames máis. 382 00:28:02,181 --> 00:28:03,391 Roxy Monke. 383 00:28:03,474 --> 00:28:06,352 Boa tarde, Sra. Monke. Hai un asento a Nova York... 384 00:28:06,435 --> 00:28:09,271 Non podo ir aí. Teño que ir para outro lado. 385 00:28:09,730 --> 00:28:10,898 A calquera sitio. 386 00:28:10,981 --> 00:28:12,983 Ten que ser algo máis específica. 387 00:28:33,629 --> 00:28:36,841 O exército está listo para ir ao norte, señora. 388 00:28:55,568 --> 00:29:00,156 Vou sacrificar a miña propia irmá por lealdade ao meu país. 389 00:29:04,994 --> 00:29:06,162 Entendido? 390 00:29:16,046 --> 00:29:18,591 Non me decepciones. 391 00:29:21,093 --> 00:29:22,470 Nunca. 392 00:29:31,145 --> 00:29:32,229 Vaite. 393 00:29:51,790 --> 00:29:53,375 Oe! 394 00:29:53,792 --> 00:29:55,878 - Vas para o norte? - Non, sur. 395 00:29:57,213 --> 00:29:58,797 Agarda! 396 00:29:59,632 --> 00:30:00,633 Grazas. 397 00:30:07,723 --> 00:30:10,142 Ola. Un, por favor. 398 00:30:11,018 --> 00:30:11,936 Grazas. 399 00:30:19,360 --> 00:30:20,861 Mellor non. 400 00:30:29,036 --> 00:30:29,954 Merda. 401 00:30:38,295 --> 00:30:41,924 Non quedaremos quedos mentres as rebeldes arramplan con todo. 402 00:30:42,007 --> 00:30:43,425 Na memoria do presidente, 403 00:30:43,509 --> 00:30:45,928 vou despregar o exército para ir ao norte. 404 00:30:46,428 --> 00:30:48,180 Polos valores tradicionais 405 00:30:48,973 --> 00:30:50,349 e a familia nuclear... 406 00:30:51,183 --> 00:30:52,101 Que di? 407 00:30:52,184 --> 00:30:55,271 Mandan o exército a acabar coas candongas do norte. 408 00:30:57,022 --> 00:30:59,483 Necesito un coche. Que prezos hai? 409 00:30:59,567 --> 00:31:02,653 Hoxe son especiais. Todo custa o dobre. 410 00:31:10,077 --> 00:31:11,078 Cal? 411 00:31:22,006 --> 00:31:24,633 Bótote en falta. Estás ben? 412 00:31:37,563 --> 00:31:41,025 Urbandox Estás connosco, soldado? 413 00:32:09,470 --> 00:32:10,346 Mire aquí, si? 414 00:32:12,431 --> 00:32:13,724 Trae a familia. 415 00:32:16,935 --> 00:32:17,811 Vamos. 416 00:32:21,815 --> 00:32:24,026 - Moi ben, meniña. Mírame. - Vale. 417 00:32:26,528 --> 00:32:27,738 Si. Perfecto. 418 00:32:32,660 --> 00:32:33,994 Adeus, rapaces. 419 00:32:47,966 --> 00:32:49,176 Uns flocos de millo? 420 00:32:49,593 --> 00:32:51,303 Papá dixo que nada do minibar. 421 00:32:51,387 --> 00:32:53,055 ¿Sabías que as políticas 422 00:32:53,138 --> 00:32:55,808 reciben un 70 % máis de ameazas ca os homes? 423 00:32:55,891 --> 00:32:58,060 - Xa. - E unhas noces? 424 00:32:58,143 --> 00:32:59,353 Vas pagar ti? 425 00:32:59,436 --> 00:33:00,729 Non teño cartos. 426 00:33:00,813 --> 00:33:02,356 E se pedimos unha pizza? 427 00:33:02,439 --> 00:33:03,357 Si. 428 00:33:03,440 --> 00:33:05,275 Eu durmo na cama máis grande. 429 00:33:05,651 --> 00:33:08,696 Un día normal na campaña de Hillary Clinton, 430 00:33:08,904 --> 00:33:11,824 o seu equipo dixo que recibía máis de cen ameazas. 431 00:33:12,408 --> 00:33:13,867 Agora es feminista? 432 00:33:14,243 --> 00:33:16,078 Que? Non. 433 00:33:17,162 --> 00:33:19,540 Pero non che preocupa mamá se gaña? 434 00:33:23,377 --> 00:33:26,797 Mirade, é que deixei os pequenos na habitación ao seu aire. 435 00:33:26,880 --> 00:33:28,966 Seguro que piden comida e todo. 436 00:33:29,049 --> 00:33:30,259 Estou preocupado. 437 00:33:30,551 --> 00:33:32,302 - Rob. Ola. - Ola, Kate. 438 00:33:32,386 --> 00:33:33,846 Que tal? Como estás? 439 00:33:33,929 --> 00:33:35,431 Invítovos a algo. 440 00:33:35,848 --> 00:33:37,558 - Non, grazas. - Oxalá. 441 00:33:37,641 --> 00:33:38,475 Vale. 442 00:33:38,559 --> 00:33:40,811 Deixei algo no cuarto. Outro día si. 443 00:33:40,894 --> 00:33:43,313 - Lionel, que emocionante. - Si, vale. 444 00:33:54,533 --> 00:33:55,451 Ei. 445 00:33:57,119 --> 00:33:58,537 Deixaches isto no bar. 446 00:33:59,371 --> 00:34:00,330 Si? 447 00:34:03,792 --> 00:34:05,210 Estou na 247. 448 00:34:22,728 --> 00:34:24,605 Tíos, mirade por onde ides. 449 00:34:24,688 --> 00:34:27,608 - Vai á merda, tío. - Vai tomar polo cu. 450 00:34:27,691 --> 00:34:29,777 Viñestes vós a min. 451 00:34:29,860 --> 00:34:32,070 - Que problema tes? - Puto subnormal. 452 00:34:41,955 --> 00:34:44,041 Os indecisos están divididos. 453 00:34:44,124 --> 00:34:46,460 A metade avoga pola autonomía do corpo. 454 00:34:46,543 --> 00:34:48,253 Queren que a cubra o seguro. 455 00:34:48,337 --> 00:34:50,005 A outra cre que é unha arma. 456 00:34:50,088 --> 00:34:53,342 Se fose unha arma, quererían que a tivesen os profesores. 457 00:34:53,801 --> 00:34:55,636 Non vou dicir iso. Tranquila. 458 00:34:56,220 --> 00:35:00,390 O argumento de Daniel, e vai usalo sen parar, son as mortes pola DOE. 459 00:35:00,474 --> 00:35:03,101 Vítimas masculinas. Clyde Montgomery. 460 00:35:03,185 --> 00:35:05,479 Esa é a súa esperanza. 461 00:35:05,562 --> 00:35:09,858 Non deixes que converta isto nun enfrontamento entre homes e mulleres. 462 00:35:09,942 --> 00:35:12,027 A DOE é boa para todos. 463 00:35:12,110 --> 00:35:13,695 Somos máis fortes xuntos. 464 00:35:14,488 --> 00:35:16,406 - Cinco minutos. - Grazas. 465 00:35:17,115 --> 00:35:19,076 Segue falando das estatísticas. 466 00:35:19,159 --> 00:35:20,911 Menos violacións e violencia. 467 00:35:20,994 --> 00:35:22,579 E cando vaia por ti... 468 00:35:22,663 --> 00:35:26,083 Que? Zóscolle? Viro o podio? Bótome a chorar? 469 00:35:26,166 --> 00:35:29,127 Está controlado, vale? Estou lista. Marchade xa. 470 00:35:29,211 --> 00:35:31,338 - Poñédesme nerviosa. - Vale. 471 00:35:32,256 --> 00:35:34,258 Ponllo difícil. 472 00:35:35,259 --> 00:35:36,301 Estás moi guapa. 473 00:35:38,595 --> 00:35:39,638 - Vale. - Moi ben. 474 00:35:39,721 --> 00:35:41,807 Vale, todos fóra. 475 00:35:42,224 --> 00:35:43,934 Vai ser unha noite estupenda. 476 00:35:44,601 --> 00:35:45,519 Vamos. 477 00:36:31,732 --> 00:36:34,651 Ten que haber penas para as que abusen da DOE. 478 00:36:35,402 --> 00:36:39,281 Ten que haber xustiza para vítimas coma Clyde Montgomery. 479 00:36:39,656 --> 00:36:41,992 Un bo cristián que atoparon morto. 480 00:36:42,075 --> 00:36:45,370 {\an8}Hai unha delincuente solta cunha arma letal nas mans. 481 00:36:45,495 --> 00:36:47,122 Non coñecemos os datos. 482 00:36:47,331 --> 00:36:49,666 Deberías usar ese slogan na campaña. 483 00:36:51,043 --> 00:36:52,753 "Non coñecemos os datos." 484 00:36:54,713 --> 00:36:58,550 A verdade é que non queres que se saiban os datos. 485 00:36:58,634 --> 00:37:00,677 Presumes moito de transparencia, 486 00:37:00,761 --> 00:37:03,597 pero queres impedir que se fagan probas da DOE 487 00:37:03,680 --> 00:37:04,890 e recompilar datos. 488 00:37:05,098 --> 00:37:07,476 Datos que poden discriminar mulleres. 489 00:37:07,559 --> 00:37:10,562 Calquera que supoña unha ameaza para outros 490 00:37:10,646 --> 00:37:12,356 non debería ir traballar. 491 00:37:12,439 --> 00:37:15,067 Non é discriminación, son consecuencias. 492 00:37:21,490 --> 00:37:22,407 Escoitade. 493 00:37:22,491 --> 00:37:24,993 Non estou en contra das que teñen a DOE. 494 00:37:25,077 --> 00:37:27,996 Ata que a usan para facer dano a outros. 495 00:37:28,080 --> 00:37:29,623 Iso é o que quero impedir. 496 00:37:29,706 --> 00:37:32,417 Non criminalizar, senón previr. 497 00:37:32,501 --> 00:37:34,002 Con leis disuasivas. 498 00:37:34,086 --> 00:37:36,630 Pero xa temos leis disuasivas. 499 00:37:36,713 --> 00:37:38,882 Pódese usar a DOE para facer dano? 500 00:37:39,049 --> 00:37:41,343 Si. Coma cunha patada ou unha puñada. 501 00:37:41,426 --> 00:37:44,680 Unha agresión é unha agresión. Hai leis que a prohiben. 502 00:37:44,763 --> 00:37:48,183 A DOE é unha extensión natural do corpo da muller. 503 00:37:48,266 --> 00:37:51,269 Crear leis especiais contra o seu uso, 504 00:37:51,353 --> 00:37:52,521 un, é sexista, 505 00:37:52,604 --> 00:37:56,566 e dous, abre a porta a agravar a discriminación 506 00:37:56,650 --> 00:37:58,735 contra a poboación máis vulnerable. 507 00:37:59,277 --> 00:38:03,156 A DOE é un asunto sanitario, non criminal, 508 00:38:03,240 --> 00:38:05,534 que afecta case á metade da poboación. 509 00:38:05,617 --> 00:38:08,578 E o gobernador segue a responder: "Encerrádeas". 510 00:38:08,662 --> 00:38:11,581 Si, claro. Niso tes razón, Margot. 511 00:38:11,665 --> 00:38:14,418 Quero encerrar as que sexan unha ameaza. 512 00:38:14,501 --> 00:38:16,712 Daniel, entendo que, como home, 513 00:38:16,795 --> 00:38:19,715 só vexas a DOE como unha fonte de agresión. 514 00:38:19,798 --> 00:38:21,466 {\an8}Coidado con iso. É sexista. 515 00:38:21,550 --> 00:38:25,554 {\an8}A pesar dos casos anecdóticos que cita o gobernador, 516 00:38:25,637 --> 00:38:27,931 os datos din algo moi diferente. 517 00:38:28,015 --> 00:38:29,016 Falemos de datos. 518 00:38:29,975 --> 00:38:30,934 Filtracións. 519 00:38:31,435 --> 00:38:34,604 Falemos de que o seu marido, o Dr. Robert Lopez, 520 00:38:34,688 --> 00:38:36,606 - era dos poucos... - Tranquila. 521 00:38:36,732 --> 00:38:40,193 ...que tiña acceso a un estudo da DOE que se filtrou á prensa. 522 00:38:40,277 --> 00:38:42,195 Non entendo onde queres chegar. 523 00:38:42,279 --> 00:38:43,280 De que fala? 524 00:38:43,363 --> 00:38:45,157 Resulta que o autor dese artigo 525 00:38:45,240 --> 00:38:48,744 é un antigo compañeiro de universidade do teu marido. 526 00:38:49,077 --> 00:38:52,831 Declan é un dos máis destacados reporteiros de investigación 527 00:38:52,914 --> 00:38:55,042 e si, resulta que é amigo do meu marido. 528 00:38:55,125 --> 00:38:57,127 O meu marido ten moitos amigos. 529 00:38:57,210 --> 00:38:58,795 É moi sociable. 530 00:38:58,879 --> 00:39:01,506 Esta especulación é moi desesperada, Daniel. 531 00:39:01,882 --> 00:39:03,008 Non te deixa ben. 532 00:39:03,550 --> 00:39:06,636 {\an8}O gobernador intenta salvarse por todos os medios 533 00:39:06,720 --> 00:39:09,222 {\an8}para tratar de distraervos da verdade. 534 00:39:10,182 --> 00:39:11,475 A verdade é esta. 535 00:39:11,850 --> 00:39:15,562 A violencia reduciuse desde que apareceu a DOE. 536 00:39:15,645 --> 00:39:18,273 As violacións baixaron un 75 %. 537 00:39:18,356 --> 00:39:21,193 A violencia doméstica, un 61 %. 538 00:39:21,276 --> 00:39:23,361 Non se notificaron desaparicións 539 00:39:23,445 --> 00:39:26,615 nin asasinatos de mulleres trans negras en tres meses. 540 00:39:26,698 --> 00:39:27,616 Non é unha ameaza. 541 00:39:27,908 --> 00:39:30,160 É a promesa dun futuro mellor. 542 00:39:40,212 --> 00:39:44,049 A seguinte pregunta é de Penelope Herron, de Longview. 543 00:39:47,969 --> 00:39:48,970 Ola. 544 00:39:49,137 --> 00:39:50,764 Eu considérome feminista. 545 00:39:50,847 --> 00:39:52,974 Todas as mulleres deben poder decidir. 546 00:39:53,308 --> 00:39:55,560 Eu decidín non coller a DOE. 547 00:39:58,605 --> 00:40:00,107 Pode elixir, verdade? 548 00:40:00,232 --> 00:40:03,235 {\an8}A xente só usa esta cousa para a violencia. 549 00:40:04,069 --> 00:40:05,529 {\an8}Medrei con violencia. 550 00:40:05,987 --> 00:40:08,740 Non quero isto. Nin para os meus fillos. 551 00:40:09,616 --> 00:40:11,910 Teño a sensación de que me forzan. 552 00:40:11,993 --> 00:40:15,622 Coma se me forzasen a ter pistola na casa cando eu non a quero. 553 00:40:15,705 --> 00:40:18,834 Forzan a miña filla a levar unha pistola no corpo. 554 00:40:19,417 --> 00:40:23,421 ¿Que medidas se tomarán para conter e controlar isto, 555 00:40:23,505 --> 00:40:26,216 e para protexer os que non queremos iso? 556 00:40:26,299 --> 00:40:27,300 Gobernador Dandon. 557 00:40:31,972 --> 00:40:33,348 Penelope, grazas. 558 00:40:34,141 --> 00:40:35,767 Alégrome de que preguntes. 559 00:40:36,434 --> 00:40:38,186 Entendo que esteas nerviosa. 560 00:40:38,728 --> 00:40:40,230 Porque é certo, 561 00:40:41,273 --> 00:40:43,191 a DOE é unha arma sen licenza. 562 00:40:43,984 --> 00:40:47,320 Por iso me prace anunciar que o meu equipo está creando 563 00:40:47,404 --> 00:40:51,116 unha proposta de lei que ilegaliza a transferencia da DOE. 564 00:40:52,909 --> 00:40:54,995 - Non. Agardade. - Pode facer iso? 565 00:40:55,078 --> 00:40:56,788 {\an8}- Non. Pensádeo. - Non. 566 00:40:56,872 --> 00:41:00,250 {\an8}Non sabemos os efectos que ten a DOE a longo prazo na saúde 567 00:41:00,333 --> 00:41:01,459 {\an8}do corpo humano. 568 00:41:01,960 --> 00:41:05,172 Unha vez activado o nobelo, a DOE é irreversible. 569 00:41:06,047 --> 00:41:08,925 Como as armas, isto é un debate de saúde pública 570 00:41:09,009 --> 00:41:11,469 escondido tras a liberdade persoal. 571 00:41:12,512 --> 00:41:13,805 Alcaldesa Cleary-Lopez. 572 00:41:15,098 --> 00:41:19,311 Penelope, antes de nada, douche as grazas por ser tan aberta e sincera 573 00:41:19,394 --> 00:41:20,979 cos teus sentimentos. 574 00:41:21,062 --> 00:41:22,981 Entendo a túa vulnerabilidade. 575 00:41:24,316 --> 00:41:26,109 Quero preguntarche unha cousa. 576 00:41:26,359 --> 00:41:27,444 Si, claro. 577 00:41:28,153 --> 00:41:29,863 Medraches con violencia 578 00:41:29,946 --> 00:41:32,741 e parece que te esforzaches moito 579 00:41:32,824 --> 00:41:35,535 por crear un fogar seguro para a túa familia. 580 00:41:36,036 --> 00:41:38,288 Sei que iso é difícil de lograr. 581 00:41:39,456 --> 00:41:40,916 Pero pregúntoche isto: 582 00:41:41,875 --> 00:41:46,046 cres que todas as mulleres se senten seguras na súa propia casa? 583 00:41:47,005 --> 00:41:47,923 Non. 584 00:41:48,173 --> 00:41:50,217 ¿Cres que as mulleres van seguras 585 00:41:50,300 --> 00:41:52,802 polo mundo e polas rúas? 586 00:41:54,221 --> 00:41:55,388 Pois non. 587 00:41:55,847 --> 00:41:59,100 E ti sentes a mesma seguridade fóra que na túa casa? 588 00:41:59,392 --> 00:42:02,812 {\an8}NOTICIAS EN DIRECTO DEBATE DO SENADO: DANDON VS. CLEARY-LOPEZ 589 00:42:04,439 --> 00:42:05,774 Pois a verdade é 590 00:42:06,483 --> 00:42:10,403 que todas as mulleres que a teñen fan que o mundo sexa máis seguro. 591 00:42:11,029 --> 00:42:13,865 Respecto que non queiras ter a DOE. Claro. 592 00:42:13,949 --> 00:42:15,825 Pero o que non respecto 593 00:42:15,909 --> 00:42:19,037 é que a xente decida iso por outras mulleres. 594 00:42:19,496 --> 00:42:22,666 Mulleres que quizais teñan esa necesidade. 595 00:42:33,218 --> 00:42:35,804 Elección. Imos falar da elección. 596 00:42:36,721 --> 00:42:40,809 Imos falar dunha escola de California. 597 00:42:40,892 --> 00:42:43,186 Un campamento de conversión 598 00:42:43,895 --> 00:42:48,275 onde cativos co nobelo reciben tratamentos obrigatorios. 599 00:42:49,317 --> 00:42:52,612 Falemos dun rapaz que foi enviado a un deses campamentos. 600 00:42:52,737 --> 00:42:54,531 De feito, é o mozo da túa filla. 601 00:42:59,077 --> 00:43:02,330 Ti dis que es a candidata dos valores familiares, 602 00:43:02,414 --> 00:43:05,417 que defendes a autonomía do corpo. 603 00:43:06,209 --> 00:43:09,212 Pero os da túa campaña mandaron alí ese rapaz 604 00:43:09,296 --> 00:43:11,381 para que experimenten con el. 605 00:43:11,715 --> 00:43:13,633 - Que? - Non. 606 00:43:13,883 --> 00:43:15,844 - Non é así. - Claro que si. 607 00:43:16,136 --> 00:43:18,430 Os seus pobres pais están aí. 608 00:43:23,768 --> 00:43:26,563 Es unha mentireira e son todo enganos. 609 00:43:26,646 --> 00:43:29,941 ¿Como imos confiar en ti para protexer os estadounidenses 610 00:43:30,317 --> 00:43:33,903 se nin sequera evitaches que a túa filla ataque o teu fillo? 611 00:43:33,987 --> 00:43:35,238 Vale, xa está ben! 612 00:43:44,414 --> 00:43:46,374 - Pon publicidade. - Traede auga. 613 00:43:56,426 --> 00:43:58,511 - Hostia! Ide a descanso! - Papá? 614 00:45:11,376 --> 00:45:14,629 Estou nos Cárpatos. Cerca da fronteira de Romanía. 615 00:45:16,339 --> 00:45:20,301 O exército veu enfrontarse ás rebeldes, pero Zoia estaba preparada. 616 00:45:20,802 --> 00:45:23,930 Hai corpos. Disparos. Marcas de queimaduras. 617 00:45:32,730 --> 00:45:35,233 Probas de que usaron a DOE como arma. 618 00:45:37,694 --> 00:45:38,736 A gran escala. 619 00:46:25,617 --> 00:46:26,493 Declan? 620 00:46:53,895 --> 00:46:55,772 Merda. 621 00:47:00,610 --> 00:47:01,444 Hostia. 622 00:47:25,843 --> 00:47:26,761 Xeneral Miron. 623 00:47:47,198 --> 00:47:48,032 Elas... 624 00:47:49,867 --> 00:47:52,120 esnaquizaron os nosos tanques. 625 00:47:52,370 --> 00:47:54,831 Vou pedir axuda, vale? 626 00:47:54,914 --> 00:47:56,416 Matáronos a todos. 627 00:48:00,628 --> 00:48:02,005 Síntoo. 628 00:48:04,299 --> 00:48:08,803 Tatiana... Ela sabía... Avisounas... É unha traidora! 629 00:48:34,162 --> 00:48:36,706 VIDEOCHAMADA Ndudi 630 00:48:37,624 --> 00:48:39,042 Que pasou, Tunde? 631 00:48:40,752 --> 00:48:42,086 Vin o teu directo. 632 00:48:43,254 --> 00:48:44,172 Estás ferido? 633 00:48:45,965 --> 00:48:48,092 Tunde, tes que vir para a casa, vale? 634 00:48:51,721 --> 00:48:53,306 - Oíches? - Xa o sei. 635 00:48:58,645 --> 00:48:59,854 Ven para a casa. 636 00:49:20,375 --> 00:49:21,542 Así que, pequena... 637 00:49:22,627 --> 00:49:25,046 Xa está. Somos libres. 638 00:49:26,422 --> 00:49:27,590 Case. 639 00:49:29,801 --> 00:49:31,052 Es nai. 640 00:49:33,638 --> 00:49:35,014 E ti, tía. 641 00:49:36,724 --> 00:49:39,686 Temos que asegurarnos de que non a fodan como a nós. 642 00:49:43,064 --> 00:49:45,233 Agardamos ordes, señora presidenta! 643 00:49:45,817 --> 00:49:46,651 Non vai ser así. 644 00:49:47,443 --> 00:49:48,736 Ten o poder. 645 00:49:49,487 --> 00:49:50,488 Si. 646 00:49:52,198 --> 00:49:53,741 Xa, certo. 647 00:50:41,664 --> 00:50:42,665 Que cona pasa? 648 00:50:45,376 --> 00:50:46,461 Imaxineite alta. 649 00:50:46,627 --> 00:50:48,963 Non teño chispas. Como fas iso? 650 00:50:49,213 --> 00:50:50,548 Cres que son un engano? 651 00:50:51,758 --> 00:50:53,009 Non vexo nada. 652 00:50:55,178 --> 00:50:57,430 Úsalo para controlarme desde dentro? 653 00:50:58,306 --> 00:50:59,974 Como carallo fas iso? 654 00:51:00,057 --> 00:51:02,059 - Xa che dixen... - Si, xa. Deus. 655 00:51:02,143 --> 00:51:05,271 Esa merda igual che funciona con outros. Non comigo. 656 00:51:21,829 --> 00:51:22,830 Es forte. 657 00:51:23,873 --> 00:51:26,334 A persoa máis forte que coñezo. 658 00:51:33,633 --> 00:51:34,717 Por que tardaches? 659 00:51:35,092 --> 00:51:37,261 Tiven que parar en Disney, vale? 660 00:51:37,553 --> 00:51:40,181 A ver se me deixaban ser princesa ou algo. 661 00:52:01,869 --> 00:52:03,246 Benvida á familia. 662 00:54:21,759 --> 00:54:23,761 Subtítulos: Antía López Cando 663 00:54:23,844 --> 00:54:25,846 Supervisora creativa: Paula Maneiro