1 00:00:06,090 --> 00:00:08,217 ANTERIORMENTE... 2 00:00:08,634 --> 00:00:11,011 Eva fai milagres. Dos de verdade. 3 00:00:11,429 --> 00:00:15,307 Vou descubrir quen es e mandareite de volta ao teu sitio. 4 00:00:15,391 --> 00:00:17,059 Quero contar esta historia. 5 00:00:17,184 --> 00:00:21,397 Tatiana será unha consentida, coma gordo o seu marido, pero é miña irmá. 6 00:00:21,605 --> 00:00:23,065 Debo saber se lle importo. 7 00:00:23,149 --> 00:00:25,860 Quero ver como lles vai aos meus fillos 8 00:00:25,943 --> 00:00:27,862 traballando xuntos antes de asinar. 9 00:00:28,362 --> 00:00:29,488 Pero que é iso? 10 00:00:29,572 --> 00:00:32,116 Estou contigo, Jos. Ata o final. 11 00:00:32,199 --> 00:00:33,117 Eu tamén. 12 00:00:33,367 --> 00:00:35,494 Decidín presentarme ao Senado. 13 00:00:36,287 --> 00:00:39,206 - Mamá, tes que dicirllo. - Xa, pero aínda non. 14 00:00:39,290 --> 00:00:41,625 Son o teu puto marido. Quen es ti? 15 00:00:42,668 --> 00:00:43,502 Cubrídevos! 16 00:00:47,798 --> 00:00:50,718 - Queres pan? Para aí. - Si. 17 00:00:52,178 --> 00:00:54,972 Queres pan? Si. Agarda. Que é iso? 18 00:00:55,765 --> 00:00:59,185 - Toma. Douche a metade do meu. - Si. Grazas. 19 00:01:00,603 --> 00:01:04,106 - Teño algo nos dentes? - Xuro por Deus que estás ben. 20 00:01:15,618 --> 00:01:16,452 É Eva. 21 00:01:16,535 --> 00:01:18,412 - Publiqueino eu. - Fuches ti? 22 00:01:18,496 --> 00:01:20,164 Oe, Luanne. 23 00:01:21,373 --> 00:01:22,458 Mira iso, tía. 24 00:01:27,338 --> 00:01:28,923 Pero mira os comentarios. 25 00:01:30,090 --> 00:01:30,925 Oe. 26 00:01:33,010 --> 00:01:35,429 - Merda. Hostia. - Que pasa? 27 00:01:35,930 --> 00:01:37,306 Quen cona publicou iso? 28 00:01:37,890 --> 00:01:40,559 - Non o sei. Nós non. - A Eva véselle a cara. 29 00:01:48,067 --> 00:01:50,402 Isto é blasfemia. E vano ver todos. 30 00:02:21,600 --> 00:02:22,810 Izzy, apaga a luz. 31 00:02:33,529 --> 00:02:36,365 {\an8}"Se o Salvador a fai merecedora, quen es ti para rexeitala?" 32 00:02:36,448 --> 00:02:37,283 {\an8}Evanxeo de María Madalena 33 00:02:41,954 --> 00:02:46,542 O PODER 34 00:02:48,419 --> 00:02:52,423 Mateino. A policía... Podería recoñecerme alguén. 35 00:02:53,966 --> 00:02:58,304 A túa vida corría perigo. Foi a maneira de defenderte. 36 00:03:05,769 --> 00:03:06,896 Vaime atopar. 37 00:03:07,855 --> 00:03:09,023 A Sra. Montgomery. 38 00:03:09,732 --> 00:03:10,691 Irei á cadea. 39 00:03:11,901 --> 00:03:13,777 Hoxe buscaba un sinal. 40 00:03:15,154 --> 00:03:17,531 Deus indicoume Lucas 19:47. 41 00:03:18,282 --> 00:03:20,492 Xesús estaba orando no templo. 42 00:03:21,160 --> 00:03:24,455 Os maiores non querían que se cuestionasen as escrituras. 43 00:03:25,664 --> 00:03:27,041 Xesús meteulles medo. 44 00:03:30,002 --> 00:03:31,253 Igual ca ti. 45 00:03:34,924 --> 00:03:36,550 Espertáchesnos. 46 00:03:37,092 --> 00:03:40,596 Somos as túas irmás. Ímoste protexer. 47 00:03:41,180 --> 00:03:46,769 Virán máis. Queren coñecer a rapaza do vídeo. 48 00:03:56,862 --> 00:03:57,821 Máis! 49 00:04:08,749 --> 00:04:12,628 - Outra descarga. Máis longa. - Creo que me chegou, a verdade. 50 00:04:23,889 --> 00:04:25,015 Que cona é isto? 51 00:04:29,061 --> 00:04:31,939 Si, é Eva. A min saíume moitas veces tamén. 52 00:04:32,439 --> 00:04:36,443 É unha especie de nova líder espiritual chispeante. 53 00:04:37,194 --> 00:04:38,654 Cantas gaitadas hai. 54 00:04:39,238 --> 00:04:41,407 Si. Fai milagres, polo que parece. 55 00:04:42,866 --> 00:04:43,951 É falso, claramente. 56 00:04:53,836 --> 00:04:55,504 Acabastes sen min? 57 00:04:55,587 --> 00:04:58,007 Si. Perdoa, amor. Teño que marchar. 58 00:05:14,982 --> 00:05:15,816 Oe. 59 00:05:16,483 --> 00:05:18,736 Cadros. O branco perde na cámara. 60 00:05:18,986 --> 00:05:20,988 Merda. Teño que pasarlle o ferro. 61 00:05:22,531 --> 00:05:23,741 Xenial. 62 00:05:30,706 --> 00:05:32,458 Seguro que queres facelo así? 63 00:05:34,918 --> 00:05:38,047 Estás a dicir que pasas? Os de rodaxe están de camiño. 64 00:05:38,130 --> 00:05:40,841 Marg, non falo do vídeo da campaña. 65 00:05:40,924 --> 00:05:44,011 Falo de que viches un home prenderse lume e morrer. 66 00:05:44,094 --> 00:05:46,805 Fas coma que non pasou, coma se todo fose ben. 67 00:05:46,889 --> 00:05:50,309 Estas cousas non pasan así. Tes que falalas. 68 00:05:50,392 --> 00:05:52,853 - Xa falamos. - Non, falamos cun psicólogo. 69 00:05:52,936 --> 00:05:55,189 Pero ti, eu e os nenos non falamos... 70 00:05:55,272 --> 00:05:58,025 Os nenos están ben. Díxoo o psicólogo. 71 00:05:58,400 --> 00:06:02,029 Margot, cada vez que pecho os ollos, o único que vexo e ulo 72 00:06:02,654 --> 00:06:03,864 é ese tipo ardendo. 73 00:06:03,947 --> 00:06:07,743 O que quero é volver atrás e impedir que os nosos fillos o vexan, 74 00:06:08,160 --> 00:06:09,161 pero non podo. 75 00:06:09,244 --> 00:06:13,624 Coñézote. Sei que iso te atormenta a ti tamén e non axuda conterse. 76 00:06:13,707 --> 00:06:16,335 Estou ben, Rob. E os nenos tamén. 77 00:06:17,377 --> 00:06:20,672 Están a pasar moitas merdas e algunhas podo amañalas. 78 00:06:20,756 --> 00:06:23,717 Non penso centrarme no único que non podo desfacer. 79 00:06:31,850 --> 00:06:33,393 Hoxe é un día importante. 80 00:06:35,562 --> 00:06:36,522 Estás comigo? 81 00:06:44,696 --> 00:06:46,740 Vale. O equipo chegará pronto. 82 00:06:46,824 --> 00:06:50,702 E quero que lembredes que nos veñen gravar como familia. 83 00:06:51,286 --> 00:06:53,539 Para que a xente nos coñeza. 84 00:06:53,956 --> 00:06:55,415 Non esteades nerviosos. 85 00:06:55,499 --> 00:06:57,835 Actuade con naturalidade, si? Sede vós. 86 00:06:58,001 --> 00:07:02,005 Si, moi natural. Non te fixes nos homes de negro que hai fóra. 87 00:07:02,214 --> 00:07:05,843 - É para que non nos fagan nada os tolos. - Non os chames así. 88 00:07:05,926 --> 00:07:08,679 E como se chaman os que se prenden...? 89 00:07:08,762 --> 00:07:11,473 Só era unha mensaxe. O futuro está en xogo. 90 00:07:11,557 --> 00:07:14,143 - Urbandox non pide violencia. - Ai, non? 91 00:07:14,226 --> 00:07:16,311 Anima os homes a poñerse en pé... 92 00:07:16,395 --> 00:07:18,897 - Lávache o cerebro. - Escoita e non supoñas. 93 00:07:18,981 --> 00:07:21,191 - Só fas iso. - Estano radicalizando. 94 00:07:21,275 --> 00:07:22,776 Cala. Non me están... 95 00:07:22,860 --> 00:07:24,778 Vale. Rapaces, veña. 96 00:07:24,862 --> 00:07:28,073 Este é un día importante para mamá e só podedes falar 97 00:07:28,157 --> 00:07:30,492 de comida, cámping e... non sei, 98 00:07:30,576 --> 00:07:33,120 cousas graciosas que di a avoa. Nada máis. 99 00:07:33,203 --> 00:07:35,622 Matty, pon unha camiseta limpa. 100 00:07:35,706 --> 00:07:39,334 Non penso participar nesta farsa. Vale? Non quero que gañes. 101 00:07:39,418 --> 00:07:40,961 Veña. É túa nai. 102 00:07:41,128 --> 00:07:44,548 Sinto moito que penses iso. 103 00:07:44,631 --> 00:07:48,135 Es coma un neno. O que fai mamá é importante. Non o ves? 104 00:07:48,218 --> 00:07:50,637 Os homes non decidirán polas mulleres. 105 00:07:50,721 --> 00:07:53,932 E as mulleres polos homes? Que pasa coa miña cara? 106 00:07:54,016 --> 00:07:55,809 - Xa che pedín perdón. - Mami? 107 00:07:56,435 --> 00:07:58,103 Cando sexa maior, terei a DOE? 108 00:07:58,187 --> 00:08:00,147 Si, ruliña. É probable que si. 109 00:08:00,355 --> 00:08:02,357 Vale. Entón quero que gañes. 110 00:08:03,859 --> 00:08:06,945 Non. Urbandox ten razón. As femias apoiádesvos. 111 00:08:07,029 --> 00:08:08,947 Femias? Soas coma un fanático. 112 00:08:09,031 --> 00:08:10,407 A ver, campión, veña. 113 00:08:10,490 --> 00:08:13,785 Ás veces hai que renunciar a cousas pola familia. 114 00:08:13,869 --> 00:08:17,623 - Quizais non queira estar na familia. - Cala, ho. Non digas iso. 115 00:08:18,874 --> 00:08:22,127 Só necesita un pouco de espazo. Nada máis. 116 00:08:22,211 --> 00:08:23,045 Si. 117 00:09:14,012 --> 00:09:18,558 "A xenerala Zoia estivo detida seis meses e deportárona aos Cárpatos. 118 00:09:18,642 --> 00:09:21,186 A policía sabíao e non fixo nada. 119 00:09:21,270 --> 00:09:24,356 Os homes batían nas mulleres só por ofrecer comida. 120 00:09:24,439 --> 00:09:27,901 {\an8}Por un tempo, as mulleres foron unha moeda, un recurso." 121 00:09:28,026 --> 00:09:28,860 {\an8}HOTEL CHALICE, CÁRPATOS 122 00:09:28,944 --> 00:09:31,071 {\an8}Teño que ir ao palacio nuns minutos. 123 00:09:31,154 --> 00:09:34,783 "O sistema está podre. E só as mulleres poden reconstruílo." 124 00:09:37,077 --> 00:09:40,580 Está repleto de clixés, si. Pero tes a exclusiva. 125 00:09:41,081 --> 00:09:43,166 Ordénao e mándollo ao meu editor. 126 00:09:44,167 --> 00:09:46,628 Anima a un a querer volver saír por aí. 127 00:09:47,212 --> 00:09:48,046 E a ti non? 128 00:09:48,130 --> 00:09:52,301 Só 200 palabras de Gaddafi custáronme moito sangue. Tes que ter sorte. 129 00:09:54,803 --> 00:09:56,888 Pensei en escribir un libro. 130 00:09:58,640 --> 00:09:59,850 Crónicas da DOE. 131 00:10:04,688 --> 00:10:06,023 En serio? 132 00:10:08,275 --> 00:10:09,526 Liches a Mark Twain? 133 00:10:11,111 --> 00:10:14,865 Dicía que os días máis importantes son no que naces e no que sabes por que. 134 00:10:21,413 --> 00:10:23,206 Podo ir contigo onda Viktor? 135 00:10:24,291 --> 00:10:25,208 Por que? 136 00:10:26,877 --> 00:10:28,337 Díxoche algo Zoia? 137 00:10:33,467 --> 00:10:37,012 Tatiana Moskalev e a xenerala Zoia son irmás. 138 00:10:44,728 --> 00:10:46,646 Bárbaro. 139 00:10:47,272 --> 00:10:49,066 Vamos. Xa chegou o taxi. 140 00:10:49,649 --> 00:10:51,777 - Diremos que es o fotógrafo. - Si. 141 00:11:03,663 --> 00:11:05,624 Só temos unha oportunidade, vale? 142 00:11:05,707 --> 00:11:08,627 A primeira dama nunca a deixan soa coa prensa. 143 00:11:08,710 --> 00:11:12,589 Se conseguimos falar con ela, temos que saír coma o puto Houdini. 144 00:11:14,341 --> 00:11:16,927 Pase o que pase, ti está tranquilo. Xa falo eu. 145 00:11:17,010 --> 00:11:17,844 Xa o sei. 146 00:11:20,931 --> 00:11:21,932 Deus bendito. 147 00:11:26,311 --> 00:11:30,899 - Alegrámonos de coñecelo, Sr. Blease. - E eu de vir. El é o meu fotógrafo. 148 00:11:37,864 --> 00:11:39,116 Recordas o que dixen? 149 00:11:39,741 --> 00:11:41,576 - Que falas ti. - Iso mesmo. 150 00:11:53,672 --> 00:11:55,006 - O caderno? - Si. 151 00:12:11,982 --> 00:12:12,899 Despois. 152 00:12:19,364 --> 00:12:22,451 Este é o asesor do presidente con máis experiencia. 153 00:12:22,951 --> 00:12:24,786 - Xeneral Miron. - Xeneral Miron. 154 00:12:27,914 --> 00:12:31,460 O palacio revisou as preguntas e fixo pequenas correccións. 155 00:12:35,255 --> 00:12:38,383 Traballo en xornais serios, non para a revista ¡Hola! 156 00:12:38,467 --> 00:12:40,135 Sabemos quen é, Sr. Blease. 157 00:12:41,970 --> 00:12:42,888 Imos? 158 00:13:20,592 --> 00:13:22,302 Feliz aniversario! 159 00:13:24,513 --> 00:13:27,265 - Grazas, papá. - Feliz aniversario, Roxy. 160 00:13:27,349 --> 00:13:31,520 Este é especial. Es maior de idade. Se te metes en leas, é cousa túa. 161 00:13:31,603 --> 00:13:34,105 Si, irás á cadea. Síntocho. 162 00:13:38,360 --> 00:13:40,570 - Que é isto? - Ábreo. 163 00:13:46,743 --> 00:13:49,037 Un terzo de Monke e Fillos é para ti. 164 00:13:50,622 --> 00:13:51,915 Non o podo crer. 165 00:13:52,791 --> 00:13:55,418 - Grazas, papá. - Acolloaches o da piscina. 166 00:13:55,502 --> 00:13:59,047 O resto de Londres está acolloado na casa. Iso é de lendas. 167 00:14:00,382 --> 00:14:02,259 - Logo conduzo. - Non sexas mamón. 168 00:14:02,884 --> 00:14:06,012 Iso necesita a familia, meter medo. Mellor reputación. 169 00:14:06,513 --> 00:14:08,139 Non todo é contabilidade. 170 00:14:09,432 --> 00:14:11,685 Barbara tenche preparada unha festa. 171 00:14:12,978 --> 00:14:14,145 - En serio? - Si. 172 00:14:14,729 --> 00:14:17,148 Trae amigos se queres. Pero non estraños. 173 00:14:17,649 --> 00:14:19,150 Non teño amigos. 174 00:14:19,568 --> 00:14:21,903 - Mellor. - A ver. Un brinde. 175 00:14:22,153 --> 00:14:26,283 A miña filla fai 18 anos hoxe e ten todo o que sempre quixo. 176 00:14:30,203 --> 00:14:31,621 Que che pasa? 177 00:14:33,290 --> 00:14:36,042 É por mamá. 178 00:14:41,381 --> 00:14:44,718 - Vamos, irmás. Rápido. - Irmás, onde ides? 179 00:14:44,801 --> 00:14:46,636 - Boa sorte. - Sorte, irmá María. 180 00:14:47,012 --> 00:14:49,598 - Non marchedes. - Xa se encarga ela. 181 00:14:49,723 --> 00:14:51,099 Si. Subide atrás. 182 00:14:51,182 --> 00:14:52,017 Irmá Fátima. 183 00:14:52,100 --> 00:14:54,728 - Non podemos quedar. - Non, non vos rendades. 184 00:14:55,520 --> 00:14:56,354 Por favor. 185 00:15:07,490 --> 00:15:10,076 Por aquí. Benvidas a Irmás de Cristo. 186 00:15:10,660 --> 00:15:11,578 Por aquí. 187 00:15:32,140 --> 00:15:33,558 Ola. Que tal? 188 00:15:36,019 --> 00:15:37,437 Subiches ti o vídeo. 189 00:15:38,480 --> 00:15:41,066 - Pois... - Esta noite non comes connosco. 190 00:15:41,566 --> 00:15:44,152 Eva necesita xente na que poida confiar. 191 00:15:45,779 --> 00:15:46,738 Veña, rapazas. 192 00:15:47,072 --> 00:15:51,368 Agarda. Un momento. Sima. Luanne. É que... 193 00:15:58,583 --> 00:16:00,835 Este é un sábado normal para nós. 194 00:16:04,839 --> 00:16:06,883 - Rob. - Si. 195 00:16:09,302 --> 00:16:10,845 Merda. Perdón. 196 00:16:10,929 --> 00:16:12,472 Vale. 197 00:16:12,555 --> 00:16:14,432 - Non me... - Corta o último. 198 00:16:14,557 --> 00:16:16,476 - Non me lembraba. - Repetimos. 199 00:16:16,893 --> 00:16:17,977 Desculpa. 200 00:16:18,186 --> 00:16:20,772 - Estás nerviosa. - Vai calor. 201 00:16:20,855 --> 00:16:23,149 Si. Son os focos. Acostúmate a eles. 202 00:16:23,775 --> 00:16:25,527 Podes relaxar a mandíbula? 203 00:16:27,362 --> 00:16:28,697 Ti, deixa de maldicir. 204 00:16:28,780 --> 00:16:30,031 - Xa. Vale. - Entras. 205 00:16:30,115 --> 00:16:32,409 Dis que Matty está no adestramento. 206 00:16:32,492 --> 00:16:35,328 Xa. Non sei que pasou. É que... 207 00:16:35,412 --> 00:16:37,122 - Está controlado. - Vale. 208 00:16:37,205 --> 00:16:38,832 - En serio. - Moi ben. 209 00:16:38,915 --> 00:16:42,377 - Veña, outra vez. Desde o principio. - Vale. Outra vez. 210 00:16:42,460 --> 00:16:44,045 - Si. - Cando queirades. 211 00:16:46,881 --> 00:16:47,716 Merda. 212 00:16:49,050 --> 00:16:51,594 De tales pais, tales fillos. 213 00:16:51,678 --> 00:16:55,098 A ver. Cinco minutos de descanso para limpar. 214 00:16:55,181 --> 00:16:56,182 Corten. 215 00:16:59,602 --> 00:17:01,062 Que desastre. Mira iso. 216 00:17:02,897 --> 00:17:03,732 Queres? 217 00:17:04,023 --> 00:17:09,070 Vale. Despois disto, hai un problema que tes que arranxar. 218 00:17:09,154 --> 00:17:10,363 Que pasou? 219 00:17:10,447 --> 00:17:13,616 Sabes os comentarios desagradables que nos puxeron? 220 00:17:13,742 --> 00:17:14,576 Si. 221 00:17:14,659 --> 00:17:17,954 Pois rastrexamos unha das fontes e... 222 00:17:20,415 --> 00:17:21,291 E? 223 00:17:25,879 --> 00:17:28,548 Está por todo o chan. Podes axudarme? 224 00:17:31,342 --> 00:17:33,094 Este é un sábado normal aquí. 225 00:17:33,678 --> 00:17:36,890 Si, e Matty adoita ir ao seu adestramento de fútbol. 226 00:17:36,973 --> 00:17:39,684 Iso é. As nenas e mais eu facemos gofres. 227 00:17:40,810 --> 00:17:43,938 Rob é un pai incrible. Fai el o almorzo pola semana. 228 00:17:44,022 --> 00:17:48,526 Cando chega o sábado, esta é a maneira de darlle a mañá libre. 229 00:17:48,610 --> 00:17:50,028 Cal é a especialidade? 230 00:17:51,613 --> 00:17:54,491 Boa pregunta. Cal é a miña especialidade? 231 00:17:56,201 --> 00:17:58,953 Adoito facer tortilla francesa, creo. 232 00:17:59,037 --> 00:18:02,290 Papá cociña moi ben. Sempre fai comidas colombianas. 233 00:18:02,832 --> 00:18:08,213 Coma ovos pericos e chocolate santafereño, e pode soar estraño 234 00:18:08,296 --> 00:18:12,133 porque é chocolate con queixo, pero está riquísimo. 235 00:18:12,217 --> 00:18:16,304 E fai os meus favoritos. Pandebono, changua, arepa con queixo 236 00:18:16,387 --> 00:18:19,641 - e tamén... - Non tedes que dicilos todos. 237 00:18:20,391 --> 00:18:22,894 Dixestes de falar de comida, cámping... 238 00:18:23,186 --> 00:18:24,771 - Merda. Iso non... - Margot. 239 00:18:24,854 --> 00:18:27,941 Margot, ti tamén falas español? Podería quedar ben. 240 00:18:28,024 --> 00:18:30,151 Non, non fala. Só eu e mailos nenos. 241 00:18:30,235 --> 00:18:31,361 E o que... 242 00:18:41,412 --> 00:18:42,288 ...ONG. 243 00:18:55,760 --> 00:18:56,886 Si. 244 00:19:12,569 --> 00:19:15,905 Cal é o segredo dun matrimonio duradeiro, Sr. Presidente? 245 00:19:21,369 --> 00:19:23,037 Intereses comúns. 246 00:19:23,830 --> 00:19:24,831 Xa. 247 00:19:25,415 --> 00:19:27,959 Que fan xuntos vostede e a primeira dama? 248 00:19:38,011 --> 00:19:39,012 Crebacabezas. 249 00:19:41,222 --> 00:19:42,307 Crebacabezas. 250 00:19:44,893 --> 00:19:48,021 Sra. Moskalev, cal foi a primeira impresión de Viktor? 251 00:19:49,898 --> 00:19:54,485 Era encantador e houbo moi boa conexión. 252 00:19:57,780 --> 00:19:58,615 Merda! 253 00:20:02,243 --> 00:20:05,371 Presidente, que pensa das mulleres do norte? 254 00:20:05,455 --> 00:20:07,457 - Son unha ameaza? - Non pregunte. 255 00:20:07,540 --> 00:20:09,167 Podería haber rebelións. 256 00:20:10,460 --> 00:20:12,128 Son populares entre os pobres. 257 00:20:12,211 --> 00:20:14,631 Traficaron con esas mulleres no seu país. 258 00:20:14,714 --> 00:20:16,257 Normal que estean anoxadas. 259 00:20:22,096 --> 00:20:24,098 Eu era moi pobre de pequeno. 260 00:20:27,435 --> 00:20:30,188 Ía para a cama sen cear todas as noites. 261 00:20:32,357 --> 00:20:36,235 Meu pai tiña que cruzar a fronteira ata Ucraína para traballar. 262 00:20:39,364 --> 00:20:42,492 A miña querida nai daríanolo todo, 263 00:20:42,575 --> 00:20:44,243 pero non tiña nada que dar. 264 00:20:45,161 --> 00:20:47,205 Sufrimos moito. 265 00:20:49,123 --> 00:20:50,583 Iso foi o que Deus quixo. 266 00:20:59,676 --> 00:21:03,638 Para Tatiana tamén, pero, por sorte, salvoume el. 267 00:21:16,693 --> 00:21:17,527 Oe. 268 00:21:24,283 --> 00:21:26,619 Nada de fotos. Deixa iso. 269 00:21:27,704 --> 00:21:28,538 Vale. 270 00:21:48,057 --> 00:21:51,728 Estas mulleres queimaron unha fábrica téxtil. 271 00:21:54,439 --> 00:21:57,483 Protestan polos salarios baixos e a desigualdade. 272 00:21:59,318 --> 00:22:00,945 Agora xa non cobran nada. 273 00:22:02,780 --> 00:22:05,867 En que van traballar? Volverán ser prostitutas? 274 00:22:07,535 --> 00:22:09,787 E os homes tivérono fácil? 275 00:22:10,079 --> 00:22:13,082 Cavamos buscando carbón. Imos á guerra. 276 00:22:13,332 --> 00:22:15,585 As mulleres tamén van á guerra. 277 00:22:23,968 --> 00:22:28,139 Por diversión. Para demostrar que son tan boas coma os homes. 278 00:22:29,807 --> 00:22:30,892 Nada máis. 279 00:22:49,285 --> 00:22:51,454 As rebeldes lidéraas unha tal Zoia. 280 00:22:51,537 --> 00:22:52,538 Non fales máis. 281 00:22:52,955 --> 00:22:56,000 - Tunde. Cala a puta boca. - Zoia tivo unha filla. 282 00:22:56,084 --> 00:22:57,126 Que non fales! 283 00:22:57,627 --> 00:22:59,170 Rematou a entrevista. 284 00:22:59,754 --> 00:23:01,422 Arriba. Os dous. 285 00:23:13,851 --> 00:23:15,436 Declan. 286 00:23:17,105 --> 00:23:18,356 Non pasa nada. Cálmate. 287 00:23:25,279 --> 00:23:27,949 Senta, Tunde Ojo. 288 00:23:36,707 --> 00:23:37,959 Vale. 289 00:23:44,799 --> 00:23:47,677 - Por que viñeches ao palacio? - Son fotógrafo. 290 00:23:47,760 --> 00:23:50,179 Preguntei por que viñeches ao palacio! 291 00:23:50,263 --> 00:23:52,223 É a verdade. Son fotógrafo. 292 00:23:52,306 --> 00:23:55,935 Vale? Non levo moito aquí, pero o Sr. Blease e máis eu... 293 00:24:06,821 --> 00:24:09,782 As rebeldes leváronme por comida e menciñas. 294 00:24:09,907 --> 00:24:12,577 Hai moita pobreza neste continente tan rico. 295 00:24:13,411 --> 00:24:16,330 Caras de fame que nunca esquecerei. Sufrimento. 296 00:24:17,832 --> 00:24:22,336 As rapazas de Moskalev, en cinco anos, terán un destino coma o das rebeldes. 297 00:24:23,379 --> 00:24:26,382 Quero respostas xa ou ides os dous ao cárcere. 298 00:24:26,465 --> 00:24:30,344 Agarde. Un momento. Isto é un malentendido, xeneral Miron. 299 00:24:30,761 --> 00:24:32,555 Necesito falar co meu editor. 300 00:24:34,932 --> 00:24:39,145 Enganounos. Este cretino dixo que traballaba para a National Geographic. 301 00:24:41,272 --> 00:24:42,106 Que? 302 00:24:43,191 --> 00:24:44,066 Veña comigo. 303 00:24:44,942 --> 00:24:47,278 Agarda. Non. Declan. 304 00:24:47,361 --> 00:24:50,156 Declan, agarda. 305 00:24:50,531 --> 00:24:52,783 Declan! 306 00:24:53,451 --> 00:24:55,536 Merda! Declan! 307 00:24:57,038 --> 00:24:58,414 Non! Merda! 308 00:25:00,791 --> 00:25:03,169 Puto idiota. Es parvo de carallo! 309 00:25:04,545 --> 00:25:07,965 {\an8}As vítimas da DOE merecen protección e xustiza. 310 00:25:08,049 --> 00:25:12,261 Se queres deter a violencia, só hai unha opción para Washington. 311 00:25:12,637 --> 00:25:16,515 Daniel Dandon é a aposta segura para volver á normalidade, 312 00:25:16,599 --> 00:25:20,144 á seguridade. Esta campaña está apoiada por Daniel Dandon. 313 00:25:22,104 --> 00:25:23,689 Ola. Que fas? 314 00:25:25,900 --> 00:25:29,403 Publicas merdas sobre a alcaldesa mentireira e capitalista? 315 00:25:31,280 --> 00:25:34,992 "Esa fulana con zapatos caros que é coma o polo eslamiado." 316 00:25:37,411 --> 00:25:41,290 Eu non puxen o do polo. Só lle dei a "gústame". 317 00:25:43,459 --> 00:25:47,296 Descubriu iso a túa policía secreta? 318 00:25:48,047 --> 00:25:51,884 Se con policía secreta te refires ao equipo de redes sociais, si. 319 00:25:52,009 --> 00:25:54,470 Non é tan difícil, Jos. Que demo pasa? 320 00:25:55,137 --> 00:25:56,514 Síntoo. Estaba cabreada. 321 00:25:57,556 --> 00:25:58,599 Por que? 322 00:25:59,475 --> 00:26:01,769 Ti elixiches ser unha figura pública. 323 00:26:02,144 --> 00:26:03,104 Elixíchelo. 324 00:26:03,187 --> 00:26:05,898 Eu non elixín que a xente me mire 325 00:26:05,982 --> 00:26:09,902 e ter que estar perfecta a ollos dos demais en todo momento. 326 00:26:09,986 --> 00:26:11,696 Non tes que estar perfecta. 327 00:26:12,905 --> 00:26:13,906 Es perfecta. 328 00:26:14,448 --> 00:26:15,366 Mamá. 329 00:26:15,449 --> 00:26:18,995 E hai cousas que che pedín que non publicases. 330 00:26:19,078 --> 00:26:23,332 Nin sequera miraches como saía e publicáchelo igualmente. 331 00:26:25,459 --> 00:26:28,462 Ás veces sinto que me utilizas. 332 00:26:28,629 --> 00:26:32,258 Coma se quixeses vender unha imaxe da familia no teu traballo. 333 00:26:33,718 --> 00:26:34,677 Dá moita rabia. 334 00:26:37,013 --> 00:26:39,557 Non me dera conta, pero tes razón. 335 00:26:43,060 --> 00:26:45,896 Os meus fillos son do que máis orgullosa estou. 336 00:26:46,480 --> 00:26:51,861 Ás veces quero compartir iso, pero nunca quixen facervos dano. 337 00:26:53,738 --> 00:26:57,116 Pero fala comigo en lugar de poñer iso en Internet. 338 00:26:59,535 --> 00:27:00,453 Síntoo. 339 00:27:00,703 --> 00:27:02,079 Vale, grazas. 340 00:27:02,788 --> 00:27:08,753 Non entendía por que facías o que facías, pero agora si. 341 00:27:10,463 --> 00:27:15,051 Viches o que anda a facer Dandon? Ten unha vítima masculina nova cada semana 342 00:27:15,134 --> 00:27:18,721 e Clyde Montgomery, de Alabama, ten pinta de pervertido. 343 00:27:18,804 --> 00:27:22,433 E el véndelle ao público que é un heroe na súa cidade. 344 00:27:23,768 --> 00:27:25,019 É desprezable. 345 00:27:25,353 --> 00:27:27,813 O que fai é infundir medo descaradamente. 346 00:27:28,481 --> 00:27:31,567 É perigoso dirixir odio e atención a esas rapazas. 347 00:27:32,777 --> 00:27:34,028 Tes que paralo. 348 00:27:35,905 --> 00:27:36,864 Iso faremos. 349 00:27:38,449 --> 00:27:39,909 Dedos chispeantes? 350 00:27:46,332 --> 00:27:47,166 Perdoa. 351 00:27:47,625 --> 00:27:48,626 Non pasa nada. 352 00:27:48,709 --> 00:27:50,169 Vós as dúas. 353 00:27:50,795 --> 00:27:53,047 Collede zapatos de andar e chaqueta. 354 00:27:53,130 --> 00:27:54,965 - Ímonos en 15 minutos. - Que? 355 00:27:55,049 --> 00:27:56,717 - Onde? - A divertirnos. 356 00:27:56,801 --> 00:28:00,179 Non podo facer viaxes imprevistas. Debo repasar discursos. 357 00:28:00,262 --> 00:28:04,725 - E eu quedei con Ryan esta noite. - Dáme igual, vale? Non me importa. 358 00:28:04,892 --> 00:28:08,896 Temos que pasar tempo xuntos coma unha familia real, non finxida, 359 00:28:08,979 --> 00:28:12,400 facendo un almorzo falso e todo falso. E imos comezar xa. 360 00:28:12,900 --> 00:28:14,485 Vale. Izzy e Matty? 361 00:28:25,663 --> 00:28:27,748 Ti eras a rapaza sen voz. 362 00:28:28,165 --> 00:28:30,376 E agora escóitate todo o mundo. 363 00:28:34,588 --> 00:28:36,465 Estou farto. Dáme os cartos. 364 00:28:36,549 --> 00:28:38,592 Farto de que? De falar comigo? 365 00:28:46,475 --> 00:28:49,520 {\an8}Moi bos trucos. Como os fas? 366 00:28:57,570 --> 00:28:59,321 Este don deumo Deus. 367 00:29:00,406 --> 00:29:04,034 Ha, ha. Non mintas á mentireira. Viches os meus vídeos? Poder REAL. 368 00:29:16,881 --> 00:29:21,802 Ven connosco. Esta é a túa casa. 369 00:29:21,886 --> 00:29:27,850 Teño casa. Non necesito a vosa seita. Só dime como o fas. 370 00:29:32,354 --> 00:29:34,190 Buscas problemas ou que? 371 00:29:35,357 --> 00:29:37,943 {\an8}Non teño que demostrarche nada. 372 00:29:38,027 --> 00:29:39,320 {\an8}Devólveme os cartos. 373 00:29:40,362 --> 00:29:46,327 Iso diríao unha impostora. O que ti digas. Pero son máis forte ca ti. 374 00:29:49,079 --> 00:29:51,040 Pois ven por min, puta. 375 00:29:51,123 --> 00:29:52,333 Moi ben, puta. 376 00:29:53,083 --> 00:29:55,127 - Aparta da miña vista, hostia! - Oe. 377 00:29:58,297 --> 00:29:59,882 Isto acabouse. Paga. 378 00:30:04,345 --> 00:30:05,763 Cabrón. 379 00:30:05,846 --> 00:30:08,807 - Tíñao controlado. - Si, claro que si. 380 00:30:13,312 --> 00:30:16,607 Vamos, equipo Cleary-Lopez. Jos, que tal se me axudas? 381 00:30:16,690 --> 00:30:19,068 - É obrigatorio? - Tes que participar. 382 00:30:19,151 --> 00:30:21,153 - Báixao. - Que facemos aquí? 383 00:30:21,237 --> 00:30:23,072 Vale, veña. Pono aí. 384 00:30:23,572 --> 00:30:24,698 Mirade iso. 385 00:30:25,574 --> 00:30:27,576 Está moi ben. Teño que dicilo. 386 00:30:27,660 --> 00:30:29,870 Déixovolo a vós. Teño fe en vós. 387 00:30:35,292 --> 00:30:38,712 Recordas a primeira vez que viñemos aquí? Jos era un bebé. 388 00:30:38,796 --> 00:30:40,422 - E nós tamén. - Si. 389 00:30:40,506 --> 00:30:43,926 Non tiñamos un can. E só trouxemos un saco de durmir. 390 00:30:44,009 --> 00:30:48,222 Si, pero foi agradable. Acórdaste? Pasamos a noite espertos co lume. 391 00:30:49,014 --> 00:30:53,686 Si que me acordo. E tamén de que cantabas unha canción estúpida. Non parabas. 392 00:30:53,769 --> 00:30:56,939 La cucaracha? É das mellores cancións da historia. 393 00:30:57,022 --> 00:31:00,109 - Estás de broma? - Non concordo. Non estou de broma. 394 00:31:00,192 --> 00:31:01,860 - Rob. - Margot. 395 00:31:02,653 --> 00:31:05,322 - Pedíchelo ti. É así. - Non, non pedín nada. 396 00:31:05,406 --> 00:31:07,491 - Ti tamén. - Non tal. Non, por favor. 397 00:31:11,078 --> 00:31:12,079 Todos. 398 00:31:17,751 --> 00:31:18,752 Ves? Sábena. 399 00:31:22,047 --> 00:31:26,051 Matty, estás de puta broma? Que carallo che pasa, maldito psicópata? 400 00:31:26,135 --> 00:31:28,220 - Que pasa? - Parade. 401 00:31:28,304 --> 00:31:32,558 - Foi en público. Estaba no meu dereito. - Non sabes o que fixeches. 402 00:31:33,434 --> 00:31:35,394 Gravoume. E a Ryan tamén. 403 00:31:35,477 --> 00:31:36,854 Que é isto? 404 00:31:38,939 --> 00:31:41,734 Ryan tena. A DOE. 405 00:31:45,029 --> 00:31:47,489 Non o entendo. Como é posible? 406 00:31:48,782 --> 00:31:52,620 É intersexual. Tardou moito en contarmo. 407 00:31:52,703 --> 00:31:54,872 E agora sae na canle de Urbandox. 408 00:31:54,955 --> 00:31:56,582 É liberdade de información. 409 00:31:56,665 --> 00:32:00,169 Cala. Non podo crer que lle fagas iso a túa irmá, a túa familia. 410 00:32:00,252 --> 00:32:03,756 Foi unha parvada, pero veña, ho. Non te cebes co rapaz. 411 00:32:03,839 --> 00:32:06,383 Vaime odiar. Non me volverá falar. 412 00:32:06,467 --> 00:32:08,177 - Irá a un laboratorio. - Non. 413 00:32:08,260 --> 00:32:10,095 E debería. É un monstro! 414 00:32:10,179 --> 00:32:12,181 - Oe. - Mandeiche calar, Matty. 415 00:32:12,264 --> 00:32:15,267 Es un puto panoco. Xuro por Deus que te vou matar! 416 00:32:24,735 --> 00:32:25,653 Perfecto. 417 00:32:27,112 --> 00:32:28,989 Ningún de nós está a salvo xa. 418 00:32:29,657 --> 00:32:32,660 - Agarda, Matty. Onde vas? - Teño que avisar a Ryan. 419 00:32:41,585 --> 00:32:43,253 Cando mo ías contar? 420 00:32:45,756 --> 00:32:46,965 Tras a campaña. 421 00:32:47,049 --> 00:32:49,968 - Tras a campaña? - Non quería forzarte a mentir. 422 00:32:50,052 --> 00:32:52,638 - É negación plausible. - Non me amoles. 423 00:32:52,721 --> 00:32:56,558 Non esquezamos que filtraches información que nos puxo en perigo. 424 00:32:56,642 --> 00:32:57,810 Non ocultei nada. 425 00:32:57,893 --> 00:33:01,563 Poderías ir ao cárcere e destruír a familia. Non mo contaches. 426 00:33:01,647 --> 00:33:04,608 Margot, era o que intentaba facer. 427 00:33:04,692 --> 00:33:07,528 Quería falarche do de presentarte ao Senado, 428 00:33:07,611 --> 00:33:09,697 da maldita rolda de prensa, 429 00:33:09,780 --> 00:33:12,991 dos nenos... De todo! Pero ti non escoitas! 430 00:33:19,456 --> 00:33:21,959 - Eu non... - Déixao. Vou buscar a Matty. 431 00:33:24,211 --> 00:33:26,004 - Señor. - Non. Non me sigas. 432 00:33:30,926 --> 00:33:33,011 O gobernador de Washington, Dandon, 433 00:33:33,095 --> 00:33:36,473 quere dar visibilidade ás vítimas da DOE a nivel nacional. 434 00:33:36,557 --> 00:33:39,184 Esta invitada perdeu o marido nun brutal ataque 435 00:33:39,351 --> 00:33:41,019 da súa filla adoptiva. 436 00:33:41,103 --> 00:33:43,981 A Sra. Montgomery ten unha mensaxe para ela. 437 00:33:44,064 --> 00:33:45,399 Allison. 438 00:33:46,859 --> 00:33:49,027 Só quero falar contigo, querida. 439 00:33:49,778 --> 00:33:51,864 Chámame, por favor. 440 00:33:54,074 --> 00:33:58,370 Se coñecen o paradoiro ou viron a Allison desde o 27 de febreiro, 441 00:33:58,454 --> 00:34:01,665 chamen ao número que aparece na pantalla. 442 00:34:02,499 --> 00:34:07,045 Clyde Montgomery era un bo cristián. Era xeneroso e querido na súa comunidade. 443 00:34:07,129 --> 00:34:07,963 Sabíao. 444 00:34:08,046 --> 00:34:10,466 Dandon di que mortes sen sentido coma esta 445 00:34:10,549 --> 00:34:12,926 poden evitarse con lexislación disuasiva. 446 00:34:13,051 --> 00:34:15,429 Que pensa vostede, Sra. Montgomery? 447 00:34:15,637 --> 00:34:18,474 - No me parecen ben. - Non, non está ben. 448 00:34:19,308 --> 00:34:23,061 Se Allie anda por aí, teñen que traela de volta. 449 00:34:25,147 --> 00:34:27,065 - Non! - Detena. 450 00:34:27,775 --> 00:34:31,028 Sácame as mans de enriba, Allison. 451 00:34:31,111 --> 00:34:32,821 Detena. 452 00:34:33,864 --> 00:34:35,449 Déixame... 453 00:34:38,619 --> 00:34:40,037 As ideas son electricidade. 454 00:34:48,295 --> 00:34:49,463 Métete na súa cabeza. 455 00:34:58,639 --> 00:35:00,265 Faina cambiar. 456 00:35:20,118 --> 00:35:23,747 Irmá Verónica? Estás ben? 457 00:35:28,252 --> 00:35:29,086 Eva? 458 00:35:29,753 --> 00:35:33,382 Que pasa? Eva. Irmá Verónica? Que pasa? Irmá Verónica? 459 00:35:57,614 --> 00:35:59,032 - Cinco minutos. - Moi ben. 460 00:35:59,116 --> 00:36:01,034 Só quero saudar as amigas de mamá. 461 00:36:01,118 --> 00:36:03,996 - Deixa de foder xa. - Cala. É o meu aniversario. 462 00:36:04,079 --> 00:36:06,373 - Cala ti! - Cala! 463 00:36:06,456 --> 00:36:10,252 - Que fas? Sempre veño eu. - Papá dixo que precisas máis forza. 464 00:36:10,335 --> 00:36:13,463 Ti non tes forza. Es unha rapaza parva. Oxalá morras! 465 00:36:13,547 --> 00:36:15,716 - Non te rías de min! - Déixame. 466 00:36:19,219 --> 00:36:21,388 Carallo! 467 00:36:27,769 --> 00:36:30,022 - Perdoa. - Hostia. Non me toques! 468 00:36:30,731 --> 00:36:32,900 Pasa. Seguro que che axudan. 469 00:36:35,402 --> 00:36:37,738 Isto vai para as rapazas chispeantes 470 00:36:37,821 --> 00:36:40,282 que van prender lume na pista de baile hoxe. 471 00:36:47,664 --> 00:36:48,916 Parabéns. 472 00:36:51,835 --> 00:36:53,545 Botamos en falta a túa nai. 473 00:36:55,213 --> 00:36:56,882 E que dixo a policía? 474 00:37:00,594 --> 00:37:02,930 Un roubo que saíu mal, ao parecer. 475 00:37:04,306 --> 00:37:05,557 E que pensa Derrick? 476 00:37:07,184 --> 00:37:08,018 Quen? 477 00:37:08,769 --> 00:37:12,481 O mozo da túa nai. Dixo que che ía dicir que... 478 00:37:13,357 --> 00:37:14,608 Que Derrick? 479 00:37:18,278 --> 00:37:20,656 - Que Derrick? - Derrick Reena. 480 00:37:21,531 --> 00:37:24,701 Christina Reena, se é que casaron. 481 00:37:24,785 --> 00:37:25,744 Casar? 482 00:37:26,286 --> 00:37:28,497 - Por que llo dis? - Sacaches ti o tema. 483 00:37:28,580 --> 00:37:30,749 Si, pero non tiñas que dicir... 484 00:37:31,416 --> 00:37:32,250 Perdón. 485 00:37:32,918 --> 00:37:33,919 Aínda é pronto. 486 00:37:34,086 --> 00:37:34,920 Roxy! 487 00:37:49,685 --> 00:37:50,519 Grazas. 488 00:37:58,318 --> 00:37:59,361 Vamos, Rox. 489 00:38:15,877 --> 00:38:16,878 Roxy. 490 00:38:21,466 --> 00:38:24,094 Tes 10 000. É abondo para que te acomodes. 491 00:38:26,805 --> 00:38:29,224 - De que falas? - Cala e escoita. 492 00:38:31,351 --> 00:38:33,103 Eu non te quería na voda. 493 00:38:35,188 --> 00:38:36,356 Nin mamá tampouco. 494 00:38:37,691 --> 00:38:42,320 Pero unha semana antes Bernie dixo que daba igual o que quixésemos nós. 495 00:38:44,406 --> 00:38:45,365 Que ías vir. 496 00:38:50,829 --> 00:38:52,330 El queríate alí, Rox. 497 00:38:53,749 --> 00:38:55,167 Fóra da casa da túa nai. 498 00:39:05,594 --> 00:39:06,470 Merda. 499 00:39:08,388 --> 00:39:12,267 Agarda. Oe. Non me digas que nunca pensaches se sería el. 500 00:39:31,244 --> 00:39:32,746 Vale. Moi ben. Pasa. 501 00:40:02,150 --> 00:40:04,986 Non quería que o descubrises así. 502 00:40:07,072 --> 00:40:07,948 Síntoo. 503 00:40:09,491 --> 00:40:10,826 E quen cho pasou? 504 00:40:13,537 --> 00:40:14,371 Jos. 505 00:40:15,288 --> 00:40:16,123 Jos? 506 00:40:18,959 --> 00:40:21,461 Obrigaches a miña filla a mentirme así. 507 00:40:21,545 --> 00:40:23,797 Foi mala idea. Xa o sei. Vaia cagada. 508 00:40:25,465 --> 00:40:29,094 Pedinlle que mo pasase para saber o que ela sentía. 509 00:40:29,928 --> 00:40:32,931 Non quería deixala pasar por iso soa. 510 00:40:33,014 --> 00:40:34,057 Para xa. 511 00:40:34,975 --> 00:40:38,979 Pedíchesllo porque o querías. O único que queres é poder. 512 00:40:40,063 --> 00:40:40,897 A ver... 513 00:40:41,523 --> 00:40:42,899 Quero axudar a xente. 514 00:40:44,609 --> 00:40:46,945 Gústache a imaxe de ti que axuda a xente. 515 00:40:49,531 --> 00:40:54,327 Ai, Deus. Despois de tantos anos, iso é o que pensas de min? 516 00:40:55,036 --> 00:40:58,999 Margot, o certo é que xa non sei o que penso de ti a estas alturas. 517 00:41:01,209 --> 00:41:02,919 Parécesme unha descoñecida. 518 00:41:05,338 --> 00:41:08,508 Mira, sei que parezo diferente. Son diferente. 519 00:41:08,592 --> 00:41:11,052 Non sabía que isto me ía cambiar tanto. 520 00:41:12,721 --> 00:41:13,597 Pero... 521 00:41:18,143 --> 00:41:23,732 Pero nunca me sentira tan cómoda co meu corpo como agora. 522 00:41:26,484 --> 00:41:31,198 Sabes? Síntome autosuficiente e... si, con poder. 523 00:41:34,326 --> 00:41:36,870 Non vou desculparme por iso. Quero poder. 524 00:41:36,953 --> 00:41:40,916 Quero control e poder elixir, 525 00:41:40,999 --> 00:41:45,086 e quero ser parte de algo que importe, que cambie vidas. 526 00:41:47,214 --> 00:41:52,886 Agora podo facer cousas coas que nin sequera soñara na miña vida. 527 00:42:02,354 --> 00:42:06,316 Non teño todas as pezas disto. Non sei como encaixa todo, 528 00:42:07,901 --> 00:42:11,446 pero sei cal é o meu lugar 529 00:42:12,697 --> 00:42:13,823 na vida 530 00:42:15,617 --> 00:42:19,162 e neste mundo e... 531 00:42:19,246 --> 00:42:20,914 Deus, neste matrimonio. 532 00:42:23,541 --> 00:42:24,751 Agora é diferente. 533 00:42:26,044 --> 00:42:27,879 Isto é algo moi importante. 534 00:42:29,422 --> 00:42:32,217 Síntoo. Perdón. Eu non contaba con isto. 535 00:42:33,927 --> 00:42:36,429 Pero prometemos estar xuntos, non si? 536 00:42:38,306 --> 00:42:40,850 E iso é o que facemos. Estamos xuntos. 537 00:42:51,152 --> 00:42:52,195 Rob. 538 00:42:54,239 --> 00:42:55,198 Necesítote. 539 00:42:58,618 --> 00:43:02,122 Si, necesítote sobre todo para a campaña. 540 00:43:02,205 --> 00:43:04,249 Non podo facelo sen ti. 541 00:43:05,292 --> 00:43:07,294 Xa o sei. 542 00:43:26,479 --> 00:43:29,441 Oe, vou quedar contigo, vale? Ata o final. 543 00:43:34,279 --> 00:43:35,864 Pero tralas eleccións, 544 00:43:39,659 --> 00:43:40,869 quero o divorcio. 545 00:43:47,959 --> 00:43:49,169 Si. 546 00:44:13,568 --> 00:44:16,946 Cres que os rapaces non se meteron comigo? Con todas? 547 00:44:18,281 --> 00:44:19,866 Pero non os matamos. 548 00:44:20,909 --> 00:44:24,788 Iso é unha loucura, Eva. Allison. Ou como te chames. 549 00:44:38,968 --> 00:44:40,387 Chamábame Allison. 550 00:44:42,764 --> 00:44:44,724 Ninguén sabe o meu apelido real. 551 00:44:46,309 --> 00:44:51,272 A miña nai abandonoume no supermercado cando tiña tres anos. 552 00:44:53,024 --> 00:44:55,735 Foise e non volveu nunca. 553 00:44:57,237 --> 00:45:01,574 Pasei por 13 casas en 13 anos e algunhas delas non estaban mal de todo. 554 00:45:01,658 --> 00:45:03,827 Pero nas boas nunca me querían. 555 00:45:05,161 --> 00:45:06,746 Demasiado desequilibrada. 556 00:45:07,872 --> 00:45:09,582 Nunca dicía o correcto. 557 00:45:09,666 --> 00:45:13,628 Non atopaba as palabras para dicir o que me estaba a pasar, 558 00:45:15,380 --> 00:45:18,508 nin para caer ben nin para que alguén me salvase, 559 00:45:19,676 --> 00:45:21,302 así que deixei de falar. 560 00:45:23,054 --> 00:45:24,681 Case seis anos. 561 00:45:25,348 --> 00:45:28,601 Era como estar morta, polo menos por dentro. 562 00:45:29,436 --> 00:45:34,232 E despois notei este poder nas mans e unha voz díxome 563 00:45:34,315 --> 00:45:38,987 que era hora de loitar e salvarme. 564 00:45:40,405 --> 00:45:43,283 Agora sei que esa voz era Deus. 565 00:45:43,366 --> 00:45:46,369 O que fixen foi porque tiña a súa bendición. 566 00:45:49,497 --> 00:45:52,167 Logo si, hostia, matei aquel home. 567 00:45:52,625 --> 00:45:55,670 E non, hostia, non estou arrepentida. 568 00:46:00,091 --> 00:46:05,054 Di que si, hostia. Que? Imos xulgala agora? 569 00:46:06,055 --> 00:46:09,851 Seguramente todas fixestes cousas para sobrevivir. 570 00:46:10,059 --> 00:46:13,271 - Se non, non estariades aquí. - Dáme igual o que fixo. 571 00:46:13,521 --> 00:46:17,650 Eva curoume. Bautizounos. Permitiunos empezar de cero. 572 00:46:22,906 --> 00:46:24,741 Renacemos todas aquí. 573 00:46:25,533 --> 00:46:28,661 Benvida á casa, Eva. Ou prefires Allison? 574 00:46:34,751 --> 00:46:35,752 Eva. 575 00:46:36,711 --> 00:46:37,545 Ven aquí. 576 00:46:51,267 --> 00:46:56,272 Verónica, recollemos todo isto? Vai haber tormenta. 577 00:46:58,942 --> 00:47:01,110 Vin a Deus. 578 00:47:02,278 --> 00:47:04,697 A Deus na luz. 579 00:47:06,908 --> 00:47:08,326 Vin a luz. 580 00:47:09,285 --> 00:47:12,622 Luz. A Deus na luz. 581 00:47:13,998 --> 00:47:18,836 - A luz en min. - Verónica, vamos dentro. 582 00:47:23,007 --> 00:47:25,969 Axuda! 583 00:47:26,761 --> 00:47:27,679 Que pasa? 584 00:47:29,681 --> 00:47:33,977 - Sángranlle os ollos. É o puto ébola? - Non, son estigmas. 585 00:47:36,521 --> 00:47:38,064 Ai, Deus. 586 00:47:41,234 --> 00:47:42,151 Deus! 587 00:47:44,279 --> 00:47:45,488 Verónica! 588 00:48:15,101 --> 00:48:17,395 Esas putas do carallo. 589 00:48:18,062 --> 00:48:21,232 Cala! Debería mandar o exército e acabar con elas. 590 00:48:21,691 --> 00:48:24,736 Para que vexan o que é que as fodan de verdade. 591 00:48:25,987 --> 00:48:27,989 Que carallo está facendo Miron? 592 00:48:28,531 --> 00:48:33,911 Que está facendo coas putas esas? Non o entendo. 593 00:48:41,127 --> 00:48:41,961 Lisca! 594 00:48:42,170 --> 00:48:44,422 Non, Viktor. Non lle fagas dano a Vadim. 595 00:48:44,589 --> 00:48:45,423 Ven, amor. 596 00:48:45,506 --> 00:48:47,050 Deixa o puto can! 597 00:48:47,425 --> 00:48:48,801 Non. 598 00:48:53,806 --> 00:48:59,771 Debería mandar o exército e darlle unha lección á Zoia esa. 599 00:48:59,854 --> 00:49:02,065 Outra puta vaga máis. 600 00:49:05,568 --> 00:49:07,779 Vanas foder a todas. Xa verás. 601 00:49:07,945 --> 00:49:13,910 Que querían as putas esas? 602 00:49:13,993 --> 00:49:15,411 Que lles dean a todas. 603 00:49:15,912 --> 00:49:16,871 Que fas? 604 00:49:21,292 --> 00:49:22,251 Que fas? 605 00:49:23,336 --> 00:49:25,296 Que che fixo Vadim? 606 00:49:28,675 --> 00:49:30,343 Que carallo fas? 607 00:49:30,426 --> 00:49:33,096 Que che fixo Vadim? 608 00:49:34,555 --> 00:49:36,849 Que che fixo Vadim? 609 00:49:40,478 --> 00:49:42,522 Que carallo fas? 610 00:49:47,568 --> 00:49:49,487 Que carallo...? 611 00:50:52,341 --> 00:50:54,302 Ven. 612 00:51:34,217 --> 00:51:37,136 - Si? - Podo verte na miña habitación? 613 00:51:38,012 --> 00:51:39,263 Claro, señora. 614 00:51:53,402 --> 00:51:54,821 Vouche coller isto. 615 00:51:56,531 --> 00:51:59,826 Pasa. Ven comigo. 616 00:52:01,327 --> 00:52:03,955 Ven. Colle isto. 617 00:52:07,917 --> 00:52:09,710 Non. Oe! 618 00:52:09,794 --> 00:52:13,798 Mírame. Como se chama o teu irmán? Vouche axudar. 619 00:52:14,465 --> 00:52:17,760 Prométoche que o vou sacar, vale? E a túa familia. 620 00:52:17,844 --> 00:52:19,303 Chámase Batzorig. 621 00:52:19,804 --> 00:52:23,140 A túa familia vai estar ben. Vale? 622 00:53:19,238 --> 00:53:24,785 Axuda! 623 00:53:24,869 --> 00:53:28,080 Solongo matou a Viktor. 624 00:53:28,164 --> 00:53:33,294 Tratei de parala, pero foi demasiado tarde! 625 00:56:30,054 --> 00:56:32,765 NO PRÓXIMO CAPÍTULO... 626 00:56:32,973 --> 00:56:36,143 Agora o que necesitas é unha soldado. 627 00:56:36,227 --> 00:56:39,063 Es ti? Es agora un dos soldados do teu pai? 628 00:56:39,146 --> 00:56:41,232 Quero que lle gañes ao fascista, 629 00:56:41,315 --> 00:56:44,276 alarmista e branco privilexiado de Dandon. 630 00:56:44,443 --> 00:56:46,570 Queres que espíe a miña nai? 631 00:56:47,655 --> 00:56:49,949 - Atrás, tío. - Ei, déixao xa. 632 00:56:50,074 --> 00:56:52,993 Zoia mándalle unha mensaxe: ten que escoller bando. 633 00:56:53,953 --> 00:56:55,704 Non me decepciones. 634 00:56:56,956 --> 00:56:58,707 NO ÚLTIMO CAPÍTULO DA TEMPADA 635 00:56:58,833 --> 00:57:01,836 O meu matrimonio vai ben. Rob está ben. 636 00:57:05,381 --> 00:57:07,550 Mandáronlles o exército ás rebeldes. 637 00:57:08,551 --> 00:57:10,136 COMEZA A REVOLUCIÓN 638 00:57:10,302 --> 00:57:13,639 - Ponllo difícil. - Es unha mentireira e son todo enganos. 639 00:57:14,223 --> 00:57:17,393 Constrúe o exército. Que sexan todas túas. 640 00:57:24,275 --> 00:57:25,317 Ven para a casa. 641 00:57:25,860 --> 00:57:28,988 {\an8}O PODER ÚLTIMO CAPÍTULO DA TEMPADA 642 00:57:29,071 --> 00:57:30,072 {\an8}Subtítulos: Antía López Cando 643 00:57:30,156 --> 00:57:31,157 Supervisora creativa: Paula Maneiro