1 00:00:05,965 --> 00:00:07,967 Este episodio contén imaxes de autolesión. 2 00:00:08,050 --> 00:00:09,927 Isto pode ferir a súa sensibilidade. 3 00:00:10,136 --> 00:00:12,179 ANTERIORMENTE... 4 00:00:12,430 --> 00:00:14,390 O mundo necesita unha revolución. 5 00:00:15,266 --> 00:00:17,184 E ti vas ser a súa voz. 6 00:00:17,351 --> 00:00:20,354 A rapaza chéirame ao chamusco. Vai traer problemas. 7 00:00:20,438 --> 00:00:23,107 Iso é, ruliña. Esta é a túa familia. 8 00:00:23,482 --> 00:00:26,861 Eva, non podes usar a túa electricidade baixo o meu teito. 9 00:00:27,111 --> 00:00:29,321 Non nos digas o que temos que facer. 10 00:00:31,782 --> 00:00:35,661 Son intersexual. Por iso podo facer isto. 11 00:00:36,120 --> 00:00:40,374 Miña nai arrisca a súa vida para protexer a xente que ten o nobelo. 12 00:00:40,458 --> 00:00:42,501 - E ti ocultas o teu. - Non quero isto. 13 00:00:45,296 --> 00:00:47,089 - Que é isto? - A metade. 14 00:00:48,883 --> 00:00:50,718 - Electrocútao. - Non quero. 15 00:00:51,093 --> 00:00:52,928 Mandáronas marchar a todas. 16 00:00:53,137 --> 00:00:54,597 Deixáronme quedar contigo. 17 00:00:56,056 --> 00:00:57,349 Non te movas. 18 00:00:57,725 --> 00:00:58,559 Pásamo. 19 00:01:01,979 --> 00:01:04,064 Sentade todas, hostia. 20 00:01:18,287 --> 00:01:21,290 - Canto cobras? - 20 libras a sesión. Só en efectivo. 21 00:01:29,840 --> 00:01:31,967 Todas queres aprender a usalo? 22 00:01:32,384 --> 00:01:34,011 - Es Roxy, verdade? - Si. 23 00:01:34,637 --> 00:01:35,513 Son 20 libras. 24 00:01:39,141 --> 00:01:40,392 Vimos os teus vídeos. 25 00:01:43,771 --> 00:01:46,023 Coas chispas no guiador daquel tipo... 26 00:01:46,190 --> 00:01:47,566 Alguén non pagou. 27 00:01:49,860 --> 00:01:50,820 Quen? 28 00:01:52,822 --> 00:01:54,657 Kiera, que fas? Veña, ho. 29 00:01:59,119 --> 00:02:00,287 É caro de collóns. 30 00:02:00,496 --> 00:02:03,457 Moi ben. Entón? Que queredes saber? 31 00:02:06,252 --> 00:02:08,254 Vale. 32 00:02:25,020 --> 00:02:26,939 Vale, ti. Si, ven aquí. 33 00:02:27,064 --> 00:02:28,607 Oe, ven aquí. 34 00:02:30,401 --> 00:02:31,318 Proba con iso. 35 00:02:44,206 --> 00:02:46,458 Non. Que fas? Dálle unha descarga. 36 00:02:46,667 --> 00:02:49,670 Que o teña non implica que saiba usalo. 37 00:02:51,255 --> 00:02:53,507 Moi ben. É coma lanzar un gancho. 38 00:02:53,591 --> 00:02:56,343 Vén do mesmo sitio que as puñadas. Do abdome. 39 00:02:57,136 --> 00:02:58,554 Quen estivo nunha lea? 40 00:02:59,889 --> 00:03:01,223 Nunha de verdade. 41 00:03:02,850 --> 00:03:04,894 Eu si que estiven nunha. Cala. 42 00:03:04,977 --> 00:03:09,398 Vale. O que hai que facer é apuntar cos ollos e bater co corazón. 43 00:03:19,700 --> 00:03:21,327 Vale. Ti, ven aquí. 44 00:03:25,748 --> 00:03:27,833 Outra vez, pero agora máis pequeno. 45 00:03:28,500 --> 00:03:29,376 Concéntrate. 46 00:03:33,964 --> 00:03:35,341 Concéntrate ben. 47 00:03:36,383 --> 00:03:37,384 A quen odias? 48 00:03:50,606 --> 00:03:52,024 Teño o poder. 49 00:03:53,359 --> 00:03:58,197 O PODER 50 00:03:59,615 --> 00:04:02,660 Identificouse o falecido como Paul Jordan, de 26 anos. 51 00:04:02,743 --> 00:04:04,620 Paseaba cans en Puget Ridge. 52 00:04:04,828 --> 00:04:07,665 Jordan publicou mensaxes estrañas nas redes sociais 53 00:04:07,748 --> 00:04:12,044 e é sospeitoso de enviar cartas de odio á alcaldesa Margot Cleary-Lopez. 54 00:04:14,838 --> 00:04:16,590 Os días previos á súa morte, 55 00:04:16,674 --> 00:04:19,343 tamén se cre que Jordan era un fiel seguidor 56 00:04:19,426 --> 00:04:23,305 do misterioso influencer coñecido como Urbandox. 57 00:04:23,472 --> 00:04:26,266 Aínda que se descoñece a identidade de Urbandox, 58 00:04:26,350 --> 00:04:29,228 a súa oposición á DOE duplicou os crimes de odio 59 00:04:29,311 --> 00:04:31,605 contra rapazas e mulleres neste país. 60 00:04:31,772 --> 00:04:35,901 Hai mentes frouxas por todas partes, buscando algo no que centrarse. 61 00:04:36,527 --> 00:04:38,654 Falo de poder real. 62 00:04:39,405 --> 00:04:42,533 Estas rapazas non saben loitar. Non son a proba de balas. 63 00:04:43,158 --> 00:04:47,037 Ti puxécheste o nome de Eva e tes que protexer o Xardín do Edén. 64 00:04:54,044 --> 00:04:56,839 {\an8}Houbo varias detencións en diferentes estados 65 00:04:56,964 --> 00:04:59,717 {\an8}nos que Urbandox ten millóns de... 66 00:04:59,800 --> 00:05:01,635 Necesitas esa clase de poder. 67 00:05:13,939 --> 00:05:14,773 Cago na puta. 68 00:05:14,857 --> 00:05:18,277 - Vaia séquito traes. - Non podo ir a ningures sen eles. 69 00:05:18,360 --> 00:05:20,779 Discutín co meu pai para vir a clase. 70 00:05:20,863 --> 00:05:24,283 Merda. Xa vin as noticias. O bicho raro ese prendeuse lume? 71 00:05:24,491 --> 00:05:26,493 - Estás ben? - Estou. 72 00:05:26,577 --> 00:05:28,912 Oxalá a xente deixase de mirarme. 73 00:05:29,163 --> 00:05:31,040 Iso que pasou foi unha merda. 74 00:05:31,123 --> 00:05:35,544 Pero es case famosa. A túa nai vai ser a próxima presidenta. Xa o verás. 75 00:05:35,627 --> 00:05:36,754 Viches a Ryan? 76 00:05:37,463 --> 00:05:41,133 Non. Onte tampouco veu. Rifastes? 77 00:05:52,853 --> 00:05:54,188 Arde, querida. Arde! 78 00:05:55,814 --> 00:05:57,691 Liberdade de expresión! Sen tocar! 79 00:05:57,775 --> 00:06:00,569 - O meu pai vaivos demandar. Sóltame. - Chámao. 80 00:06:00,652 --> 00:06:02,321 - Si. Lisca. - Veña, ho. 81 00:06:02,404 --> 00:06:04,740 - Estás ben? - Si, estou. 82 00:06:29,098 --> 00:06:32,518 Sr. Blease, son Tunde Ojo. 83 00:06:37,106 --> 00:06:38,023 Senta. 84 00:06:40,442 --> 00:06:42,486 Benvido aos Cárpatos, Tunde Ojo. 85 00:06:44,696 --> 00:06:47,491 Na cidade só se fala dos teus vídeos de Riad. 86 00:06:48,450 --> 00:06:49,284 Si. 87 00:06:50,744 --> 00:06:53,080 Momento e lugar indicados. Tiven sorte. 88 00:06:53,330 --> 00:06:56,792 Necesito a alguén que vaia a un lugar onde almorzan homes. 89 00:07:00,796 --> 00:07:02,339 Tes bo ollo, Tunde. 90 00:07:03,006 --> 00:07:04,800 Pode que ata sexa un talento. 91 00:07:06,885 --> 00:07:10,514 Supoño que tes cativadas as do sexo oposto, ou? 92 00:07:10,597 --> 00:07:11,473 Non o sei... 93 00:07:13,892 --> 00:07:16,687 Unhas mulleres escaparon dun soto no norte 94 00:07:16,895 --> 00:07:18,689 e estiveran alí sabe Deus canto. 95 00:07:18,856 --> 00:07:21,984 - Parecen asustadas. - Non. Enfadadas, e van sendo máis. 96 00:07:22,192 --> 00:07:25,195 Esta parece ser a líder. 97 00:07:27,531 --> 00:07:28,949 Chámase Zoia. 98 00:07:29,825 --> 00:07:32,828 Quero que vaias alí e descubras o próximo movemento, 99 00:07:32,911 --> 00:07:34,288 que coñezas a Zoia esa. 100 00:07:34,371 --> 00:07:37,749 - Por que non vas ti? - Vou entrevistar a Viktor Moskalev. 101 00:07:39,459 --> 00:07:41,044 As cousas cambian, Tunde. 102 00:07:41,128 --> 00:07:43,755 O que teñen as mulleres é combustible fósil. 103 00:07:43,839 --> 00:07:45,966 Alguén vai querer sacar cartos diso. 104 00:07:46,425 --> 00:07:48,302 - Haberá unha guerra. - Guerra? 105 00:07:49,344 --> 00:07:53,015 Non. A DOE vai cambiar as cousas. 106 00:07:54,141 --> 00:07:56,351 As mulleres libéranse e fanse oír. 107 00:07:56,435 --> 00:07:58,562 Vannos ensinar a dirixir as cousas. 108 00:07:58,729 --> 00:08:00,606 Como fritir soldados en tanques? 109 00:08:03,233 --> 00:08:06,695 Que dis, Tunde? Vas rematar o que empezaches? 110 00:08:13,452 --> 00:08:16,121 Os Cárpatos son a capital do tráfico humano. 111 00:08:17,664 --> 00:08:21,627 Hai moitas cidades con escalas en sotos e edificios en ruínas. 112 00:08:22,502 --> 00:08:24,922 Cidades nas que se sabía o que pasaba, 113 00:08:25,339 --> 00:08:29,593 pero onde se miraba para outro lado por un suborno ou por supervivencia. 114 00:08:30,260 --> 00:08:34,348 Agora, as mulleres estanse liberando e queiman esas cidades. 115 00:09:04,336 --> 00:09:05,212 Refuxiados. 116 00:09:06,004 --> 00:09:08,298 Homes que fuxiron das bruxas asasinas. 117 00:09:24,773 --> 00:09:25,649 Proba. 118 00:09:49,131 --> 00:09:52,092 Coidado na estrada. Algunhas sacan tíos dos coches. 119 00:09:53,135 --> 00:09:54,678 Non collen prisioneiros. 120 00:09:57,389 --> 00:09:58,932 Que buscas no norte? 121 00:10:01,059 --> 00:10:02,060 Son xornalista. 122 00:10:04,730 --> 00:10:06,857 Busco unha muller: Zoia. 123 00:10:11,111 --> 00:10:13,655 Faise chamar "xenerala Zoia". 124 00:10:14,740 --> 00:10:15,782 Puta liberada. 125 00:10:16,450 --> 00:10:19,786 Agora pechou as pernas e crese unha revolucionaria. 126 00:10:24,374 --> 00:10:25,334 Que dixo? 127 00:10:26,126 --> 00:10:27,377 "Mételle unha bala". 128 00:10:55,655 --> 00:10:59,451 Moscova ten listo o sistema de etiquetado de mulleres. 129 00:11:00,118 --> 00:11:02,037 En todo o país? Iso custaría... 130 00:11:02,120 --> 00:11:05,540 Millóns. É máis barato que ter unha morea de cárceres 131 00:11:05,624 --> 00:11:07,250 para todas elas. 132 00:11:08,418 --> 00:11:11,088 A pulseira avisa cando se usa electricidade 133 00:11:11,421 --> 00:11:13,840 e permite saber onde está o usuario. 134 00:11:14,383 --> 00:11:15,467 Querida. 135 00:11:16,843 --> 00:11:18,387 Compreiche unha xoia. 136 00:11:31,066 --> 00:11:31,900 Trae o pé. 137 00:11:58,552 --> 00:12:00,804 Vai comer ao teu cuarto. 138 00:12:11,690 --> 00:12:13,733 Veña, ho. Ábrete, carallo. 139 00:12:22,492 --> 00:12:23,618 Que fas? 140 00:12:24,286 --> 00:12:27,289 Hostia puta. Pensei que eras unha das irmás. 141 00:12:28,748 --> 00:12:32,419 - Por que queres entrar? - A irmá Verónica quitoume o móbil. 142 00:12:33,670 --> 00:12:35,964 Levo dous días sen falar con Riley. 143 00:12:36,548 --> 00:12:38,300 Só así podo vela. 144 00:12:38,800 --> 00:12:42,179 Ten tres anos. Non entende por que mamá non está con ela. 145 00:12:42,262 --> 00:12:44,014 Vai pensar que a abandonei. 146 00:12:47,934 --> 00:12:49,186 Oe. Non, tranquila. 147 00:12:51,646 --> 00:12:54,441 Non chores. Non pasa nada. 148 00:12:56,610 --> 00:12:58,737 Escoita. Deixa de chorar, vale? 149 00:12:59,446 --> 00:13:02,741 Vas falar con Riley. E vas facelo agora mesmo. 150 00:13:03,241 --> 00:13:04,201 Vale? 151 00:13:06,328 --> 00:13:07,621 Vale. Moi ben. 152 00:13:08,121 --> 00:13:12,000 Tes que deixar que se acumule, como cando ferve a auga. 153 00:13:12,626 --> 00:13:18,507 E pensa en todas as cousas malas que che pasaron. 154 00:13:19,508 --> 00:13:22,093 Telo no peito e está medrando. 155 00:13:22,677 --> 00:13:23,720 Vale. 156 00:13:25,764 --> 00:13:28,934 Agora, déixao saír. 157 00:13:35,941 --> 00:13:38,652 - Es incrible. - Fixéchelo ti, así que... 158 00:13:46,952 --> 00:13:47,994 Ola, amor. 159 00:13:48,495 --> 00:13:50,705 Mami bótate moito de menos. 160 00:13:50,789 --> 00:13:52,207 Ola, mami. 161 00:13:54,084 --> 00:13:56,503 Esta é a miña filla. A que é guapa? 162 00:13:56,586 --> 00:13:58,380 Riley, saúda a amiga de mamá. 163 00:13:58,463 --> 00:14:00,006 - Ola. - Ola. 164 00:14:06,137 --> 00:14:09,432 Que tal a man, ruliña? A queimadura ten mellor pinta. 165 00:14:10,016 --> 00:14:11,810 Mamá non quería facerche dano. 166 00:14:14,896 --> 00:14:15,772 Babs. 167 00:14:17,566 --> 00:14:19,067 - Que é isto? - O alugueiro. 168 00:14:21,903 --> 00:14:25,115 Si. Custa moito manter unha casa coma esta. 169 00:14:25,615 --> 00:14:28,785 - Non cho vou agradecer, pero... - Sairíanche ronchas. 170 00:14:29,995 --> 00:14:34,165 Non. Porque nin todos os cartos do mundo compensarían o que fixeches. 171 00:14:36,543 --> 00:14:37,502 Rox? 172 00:14:53,184 --> 00:14:56,146 Ven, ruliña. Xa coñeces a Lester Sprink. 173 00:14:56,229 --> 00:14:59,649 Leva anos coidando da familia. Esta é Roxy, a máis nova. 174 00:15:00,692 --> 00:15:03,445 Senta. Imos repasar o meu testamento. 175 00:15:08,074 --> 00:15:11,661 Monke e Fillos 176 00:15:13,163 --> 00:15:15,373 ía dividirse entre tres. 177 00:15:16,082 --> 00:15:19,961 Agora que non está Terry, debo decidir para quen será ese terzo. 178 00:15:20,045 --> 00:15:21,338 Xa está decidido. 179 00:15:21,421 --> 00:15:24,549 Nós imos formar unha familia. Precisamos seguridade. 180 00:15:27,302 --> 00:15:30,472 - Ti que dis, Darrell? - O que ti digas, papá. 181 00:15:32,557 --> 00:15:33,725 Eu xa me conformo. 182 00:15:33,808 --> 00:15:38,021 Ricky e Terry traballaron xuntos, así que debería levar Ricky a súa parte. 183 00:15:38,188 --> 00:15:41,733 Sei o que se dixo, querida. Pero o mundo cambia, non? 184 00:15:41,816 --> 00:15:45,737 En 10 anos, poderiamos parecer desfasados sen unha muller á fronte. 185 00:15:49,616 --> 00:15:52,661 Non hai présa cos papeis. 186 00:15:52,827 --> 00:15:56,706 Mellor, porque quero ver como lles vai aos meus fillos 187 00:15:57,332 --> 00:15:59,542 traballando xuntos antes de asinar. 188 00:16:00,293 --> 00:16:01,961 Isto é unha broma. 189 00:16:16,768 --> 00:16:19,062 Merda. 190 00:16:34,077 --> 00:16:35,662 Ola. Veño en son de paz. 191 00:16:35,954 --> 00:16:37,372 Son xornalista. 192 00:16:38,957 --> 00:16:40,834 Sabedes? Xornalista? 193 00:16:41,292 --> 00:16:44,295 - Podería ser espía de Darius. - Darius está morto. 194 00:16:45,130 --> 00:16:46,256 Seguiute? 195 00:16:46,464 --> 00:16:49,592 Non nos van volver atacar despois de queimar a vila. 196 00:16:49,884 --> 00:16:51,594 Iso non o sabes. 197 00:16:52,429 --> 00:16:53,722 Bótao de aquí. 198 00:16:56,349 --> 00:16:57,183 Non. 199 00:16:58,810 --> 00:17:00,353 Vale? Ben. 200 00:17:03,440 --> 00:17:04,274 - Só? - Si. 201 00:17:04,399 --> 00:17:05,275 Quen es? 202 00:17:06,776 --> 00:17:09,195 Chámome Tunde. Tunde Ojo. 203 00:17:09,404 --> 00:17:11,531 Son xornalista. Da CNN. 204 00:17:11,740 --> 00:17:13,283 - Tes carné? - Non. 205 00:17:13,366 --> 00:17:16,161 - Non. Pero mirade a miña páxina... - Vas armado? 206 00:17:16,953 --> 00:17:18,037 Non. 207 00:17:21,833 --> 00:17:24,002 Vale, escoitade. Podo explicalo. 208 00:17:30,175 --> 00:17:31,885 Que ocorre? Pasa algo? 209 00:17:36,097 --> 00:17:36,931 Máis rápido. 210 00:17:38,475 --> 00:17:40,268 - Vale. - Non te movas. 211 00:19:34,465 --> 00:19:35,967 É unha nena. 212 00:20:29,312 --> 00:20:31,814 Señora, veño pola cita para peitearse. 213 00:20:32,148 --> 00:20:32,982 Ven. 214 00:20:37,862 --> 00:20:38,988 Onde vives? 215 00:20:40,031 --> 00:20:41,282 Botanica De Jos. 216 00:20:42,784 --> 00:20:43,993 Nunha casa bonita? 217 00:20:44,619 --> 00:20:47,372 Non, señora. Pero o alugueiro é barato. 218 00:20:47,664 --> 00:20:48,498 Xa. 219 00:20:50,667 --> 00:20:51,834 Vives soa? 220 00:20:53,795 --> 00:20:56,965 - Comparto con outras seis mulleres. - Seis? 221 00:20:58,299 --> 00:21:00,677 Polo menos non está lonxe. 222 00:21:00,760 --> 00:21:02,637 Cando funciona o tranvía. 223 00:21:02,971 --> 00:21:05,223 - Moitos días vou a pé. - A pé? 224 00:21:07,558 --> 00:21:08,518 A pé. 225 00:21:18,903 --> 00:21:20,863 Imos cortar o pelo hoxe? 226 00:21:22,615 --> 00:21:25,326 Non. Teño unha idea mellor. 227 00:21:28,329 --> 00:21:30,081 Imos intercambiar as vidas. 228 00:22:47,909 --> 00:22:50,453 - Perdón, eu... - Estás moi guapa. 229 00:23:01,047 --> 00:23:02,548 Sentiraste soa aquí. 230 00:23:03,966 --> 00:23:05,176 A verdade é que... 231 00:23:06,594 --> 00:23:09,263 deixaría os cartos para recuperar o meu irmán. 232 00:23:11,891 --> 00:23:13,059 Atopámolo. 233 00:23:14,310 --> 00:23:15,812 Batzorig está na cadea. 234 00:23:17,230 --> 00:23:18,731 Non é ningún delincuente. 235 00:23:18,815 --> 00:23:22,401 Non puido pagar o suborno e caéronlle cinco anos. 236 00:23:30,243 --> 00:23:31,327 Agardaba que... 237 00:23:33,246 --> 00:23:34,080 quizais ti 238 00:23:35,623 --> 00:23:37,542 poderías falar co presidente. 239 00:23:41,295 --> 00:23:42,755 Teño unha irmá. 240 00:23:45,007 --> 00:23:46,801 Estará moi orgullosa de ti. 241 00:24:50,406 --> 00:24:52,658 Oes. 242 00:24:53,910 --> 00:24:55,995 - Xa falo eu. - Papá enviounos a todos. 243 00:24:56,078 --> 00:24:58,164 Non funciona así. Hai un sistema. 244 00:24:58,247 --> 00:25:01,000 Eu traballo. Darrell e Terry cumpren ordes. 245 00:25:01,125 --> 00:25:02,627 Eu non cumpro ordes. 246 00:25:03,211 --> 00:25:05,880 Sabes que papá se mofa de ti, ou? 247 00:25:06,172 --> 00:25:08,424 Non sei que pasa, pero pasará pronto. 248 00:25:09,425 --> 00:25:11,928 Son o máis vello. Sabe como vai isto. 249 00:25:13,221 --> 00:25:15,681 - Primrose é un bo provedor. - Xa. 250 00:25:15,765 --> 00:25:17,975 Bárbaro. Non o vas amolar, ou? 251 00:25:18,392 --> 00:25:20,561 Vimos aprobar unha venda. Nada máis. 252 00:25:23,231 --> 00:25:28,819 Mira, Roxy. Deixa que fale Ricky. É o que mellor se lle dá. 253 00:25:34,408 --> 00:25:37,286 Esta casa pertencía a David Hasselhoff. 254 00:25:38,162 --> 00:25:39,789 - Non me digas. - Dígocho. 255 00:25:41,374 --> 00:25:43,668 Tiña socorrista sempre na piscina. 256 00:25:47,129 --> 00:25:49,507 Mozo electrocutado por rapazas bébedas 257 00:25:55,346 --> 00:25:56,514 Toma. Non te molles. 258 00:25:57,223 --> 00:25:59,475 Primrose, o mamón máis caralludo! 259 00:25:59,558 --> 00:26:01,519 - Ricky, fillo! - Canto tempo. 260 00:26:02,144 --> 00:26:04,939 Que tal Liat? Que voda máis bonita. 261 00:26:05,022 --> 00:26:06,816 Si. Está ben. Manda saúdos. 262 00:26:07,775 --> 00:26:09,819 Darrell, que tal os estudos? 263 00:26:09,902 --> 00:26:12,071 - Ben. - Xa marchas para Oxford? 264 00:26:12,154 --> 00:26:14,699 Non, Cambridge, amigo, así evito problemas. 265 00:26:14,782 --> 00:26:17,326 Manda carallo. Vaste endereitar logo? 266 00:26:17,410 --> 00:26:18,452 Si, iso espero. 267 00:26:19,245 --> 00:26:20,079 Que? 268 00:26:21,080 --> 00:26:22,623 Sinto moito o de Terry. 269 00:26:22,999 --> 00:26:24,959 Tiña moi bo corazón ese rapaz. 270 00:26:25,251 --> 00:26:27,420 - Grazas, Primrose. - Si, grazas. 271 00:26:28,838 --> 00:26:30,965 E logo quen é esta? 272 00:26:31,048 --> 00:26:32,758 - A nosa irmá. - Medio irmá. 273 00:26:34,010 --> 00:26:35,011 Rox. 274 00:26:35,761 --> 00:26:39,307 Roxy Monke. Oín falar de ti. 275 00:26:41,976 --> 00:26:43,519 Igualiña ca seu pai. 276 00:26:43,769 --> 00:26:45,271 Ten coidado, Ricky. 277 00:26:45,980 --> 00:26:47,857 Que pena o da túa nai. 278 00:26:48,316 --> 00:26:51,986 Agardo que atopen o cabrón que mandou os matóns alí. 279 00:26:52,361 --> 00:26:56,073 Gloria! Tráelles aos meus amigos o que queiran tomar. 280 00:26:57,575 --> 00:27:00,536 Estas son as pedras das que falei co voso pai. 281 00:27:01,078 --> 00:27:04,165 Como vedes, son impresionantes. 282 00:27:04,623 --> 00:27:08,127 Teño outras belezas que coido que tamén poderían gustarlle. 283 00:27:12,340 --> 00:27:15,885 - Rapazas... - Si, gústalles nadar. 284 00:27:25,019 --> 00:27:26,187 Todo ben, David? 285 00:27:29,190 --> 00:27:30,191 Quen es? 286 00:27:30,274 --> 00:27:33,319 A filla de Bernie Monke, a do outro día. Que fas? 287 00:27:33,694 --> 00:27:37,114 - A ti que che parece? - Aínda lle debes cartos ao meu pai. 288 00:27:37,198 --> 00:27:39,658 E estás aquí cun dos seus provedores. 289 00:27:39,742 --> 00:27:42,036 Non creo que a Bernie lle guste iso. 290 00:27:42,661 --> 00:27:44,914 - Veña, vai á merda. - Que carallo dis? 291 00:27:46,457 --> 00:27:47,666 Cago na cona. 292 00:27:50,544 --> 00:27:53,214 A última vez, foi valente e usouno. 293 00:27:53,547 --> 00:27:55,049 Pois ven, logo. 294 00:27:58,177 --> 00:27:59,011 Oes. 295 00:28:02,473 --> 00:28:03,307 O carallo. 296 00:28:03,766 --> 00:28:06,060 - Que queres? - Os cartos do meu pai. 297 00:28:07,228 --> 00:28:09,980 - Non os teño agora, ou? - Mañá á mañá. Ás 9:00. 298 00:28:10,064 --> 00:28:13,484 Estarás na porta de Bernie Monke con todo o que lle debes. 299 00:28:14,276 --> 00:28:16,862 Vaia parvada. Non podes vir aquí e... 300 00:28:19,573 --> 00:28:20,699 - Que fas? - Roxy. 301 00:28:21,242 --> 00:28:22,952 Mañá á mañá. Ás 9:00. 302 00:28:24,245 --> 00:28:26,414 - Non. - É o teu último aviso. 303 00:28:26,747 --> 00:28:27,581 Non. 304 00:28:38,884 --> 00:28:41,429 Vállame Deus. David. 305 00:28:41,720 --> 00:28:43,431 Cagaches na miña piscina. 306 00:29:07,329 --> 00:29:08,789 - Hostia! - Que foi iso? 307 00:29:09,373 --> 00:29:12,918 - Rapaza lista. A auga é condutora. - Tocoume algo o pé. 308 00:29:15,713 --> 00:29:16,755 Aí está outra vez. 309 00:29:17,590 --> 00:29:19,967 Non tes que tocalas para movelas. 310 00:29:20,050 --> 00:29:22,344 Meu Deus. Tranquila. Sería un peixe. 311 00:29:22,845 --> 00:29:24,763 Non pasa nada. Será un peixe. 312 00:29:24,847 --> 00:29:26,765 - Non era ningún peixe. - Si tal. 313 00:29:26,849 --> 00:29:28,142 Era unha serpe. 314 00:29:28,225 --> 00:29:30,978 - Non é unha serpe. - Era unha serpe. 315 00:29:31,061 --> 00:29:34,315 - Dilles que non hai serpes no mar. - Es nova aquí. 316 00:29:35,232 --> 00:29:37,818 Si. É Jean. Acaba de chegar de Alabama. 317 00:29:40,237 --> 00:29:42,072 De onde? 318 00:29:43,199 --> 00:29:44,158 Guntersville. 319 00:29:46,660 --> 00:29:47,828 Coñecémonos? 320 00:29:49,205 --> 00:29:50,831 Non o creo. 321 00:29:51,707 --> 00:29:53,250 Sóame a túa cara. 322 00:29:55,961 --> 00:29:58,631 Eva fai milagres. Dos de verdade. 323 00:29:59,131 --> 00:30:02,092 - Resucitou un paxaro. - Si. E curoume. 324 00:30:02,176 --> 00:30:05,596 Sempre tiven ataques desde nena. Eva tocoume coas mans e... 325 00:30:05,679 --> 00:30:09,642 - E levo máis dun mes sen ningún. - Fas iso coa túa electricidade? 326 00:30:11,143 --> 00:30:12,311 Fágoo con Deus. 327 00:30:13,187 --> 00:30:14,563 Eva fala con Deus. 328 00:30:15,648 --> 00:30:17,066 Di que é unha muller. 329 00:30:17,358 --> 00:30:19,443 Xa. Non quero ofender. 330 00:30:20,236 --> 00:30:22,196 Non me vai o tema da relixión. 331 00:30:24,031 --> 00:30:26,200 Meu pai era pastor e... 332 00:30:27,868 --> 00:30:30,955 Jean, Eva é real. Vímolo todas. 333 00:30:31,121 --> 00:30:33,707 Non pasa nada. Eu tamén era así. 334 00:30:33,832 --> 00:30:36,669 Ía cos meus pais de acollida á igrexa os domingos. 335 00:30:37,211 --> 00:30:38,629 Eu non cría. 336 00:30:40,839 --> 00:30:42,007 Pero mira isto. 337 00:30:45,302 --> 00:30:48,597 Se non é proba de que Deus existe, non sei que é. 338 00:31:03,028 --> 00:31:03,862 Eva! 339 00:31:06,156 --> 00:31:07,408 Podes explicar isto? 340 00:31:09,076 --> 00:31:10,411 Parece un pomo. 341 00:31:12,788 --> 00:31:16,542 Eva, se queres quedar aquí, por que segues a incumprir normas? 342 00:31:17,042 --> 00:31:19,378 Porque esas normas non teñen sentido, 343 00:31:19,461 --> 00:31:21,922 como a maioría dos contos da vosa Biblia. 344 00:31:22,923 --> 00:31:24,341 Virxes que teñen nenos? 345 00:31:24,425 --> 00:31:26,218 Tipos que fan viño coa auga? 346 00:31:26,302 --> 00:31:28,262 Iso é Deus, pero isto non? 347 00:31:30,264 --> 00:31:34,018 Creo nesas historias porque son a verdade de Deus. 348 00:31:34,476 --> 00:31:36,478 Eva Jones, de Idaho. 349 00:31:37,688 --> 00:31:40,858 Recoñezo ben a verdade e ti non fas máis que mentir. 350 00:31:40,941 --> 00:31:42,234 Así non, Verónica. 351 00:31:42,484 --> 00:31:44,945 A persoa que dis ser non existe. 352 00:31:45,613 --> 00:31:48,657 O teu nome, o teu enderezo, os teus pais... 353 00:31:49,074 --> 00:31:51,452 Todo o que nos contaches é mentira. 354 00:31:53,120 --> 00:31:54,496 Non che teño medo. 355 00:31:55,247 --> 00:31:59,501 Vou descubrir quen es realmente e mandareite de volta ao teu sitio. 356 00:32:15,392 --> 00:32:18,479 Sei que tipo de rapaza es, Allison. 357 00:32:37,539 --> 00:32:41,669 Ten razón. Son unha impostora. Son unha asasina. 358 00:32:42,503 --> 00:32:45,339 Vanme botar e mandarme de volta. 359 00:32:45,422 --> 00:32:49,093 Non se demostras que este é o teu lugar. Fainas crer. 360 00:32:49,551 --> 00:32:51,387 A crenza é poder. 361 00:33:12,700 --> 00:33:15,744 Vale. Primeiro hai que saber dar unha boa puñada. 362 00:33:15,828 --> 00:33:18,997 Polgar fóra do puño, baixo o coteno para non impactar. 363 00:33:19,081 --> 00:33:22,084 Aliñamos os dous primeiros cotenos co brazo. Ves? 364 00:33:22,418 --> 00:33:25,879 En liña. E pegamos con iso. Non co anular nin co maimiño. 365 00:33:26,839 --> 00:33:28,966 E hai que ir abaixo. Dar no corpo. 366 00:33:29,174 --> 00:33:33,679 Nas pelis dan na cara, e iso está ben para romper a man. 367 00:33:33,846 --> 00:33:36,390 Vai polo peito e xira a cadeira ao tempo. 368 00:33:36,515 --> 00:33:37,599 Curto e rápido. 369 00:33:38,308 --> 00:33:40,936 Curto e rápido. Ata o final. 370 00:33:42,479 --> 00:33:44,064 A por eles, fulanas. 371 00:33:53,282 --> 00:33:54,116 Arde. 372 00:34:07,004 --> 00:34:09,339 Jos. 373 00:34:22,186 --> 00:34:23,645 Tío, que é iso? 374 00:34:55,928 --> 00:34:57,221 Que fas? 375 00:35:00,557 --> 00:35:02,017 Si, é que non... 376 00:35:02,351 --> 00:35:06,188 Perdón. Non pensei nada máis que no corazón. 377 00:35:09,191 --> 00:35:11,568 Souben do que pasou 378 00:35:12,486 --> 00:35:13,445 co tipo ese. 379 00:35:15,989 --> 00:35:18,408 Oxalá estivese alí contigo 380 00:35:19,576 --> 00:35:21,787 porque a xente que te odia 381 00:35:22,663 --> 00:35:25,791 aínda non o sabe, pero tamén me odia a min. 382 00:35:28,335 --> 00:35:32,756 E a xente que quere facerche dano tamén quere facermo a min. 383 00:35:34,758 --> 00:35:37,386 E quero que saibas 384 00:35:38,220 --> 00:35:39,596 que estou contigo, Jos. 385 00:35:43,642 --> 00:35:44,601 Ata o final. 386 00:35:54,570 --> 00:35:55,654 Eu tamén. 387 00:37:03,555 --> 00:37:05,933 A CNN non ten xornalistas europeos? 388 00:37:06,892 --> 00:37:08,101 Son correspondente. 389 00:37:10,938 --> 00:37:12,522 Gústaslles ás mulleres. 390 00:37:18,695 --> 00:37:20,906 Estou aquí para contar esta historia. 391 00:37:24,701 --> 00:37:26,244 A fin do tráfico sexual. 392 00:37:27,955 --> 00:37:28,789 Cóntame. 393 00:37:32,584 --> 00:37:34,252 Onde estabades os homes 394 00:37:35,128 --> 00:37:38,256 cando non tiña electricidade nas mans? 395 00:37:42,970 --> 00:37:43,804 Acabouse. 396 00:37:44,179 --> 00:37:47,265 Agarda. Publiquei o primeiro vídeo da DOE en Nixeria. 397 00:37:47,349 --> 00:37:50,602 Fun a Arabia Saudita, a Riad. Gravei as protestas alí. 398 00:37:50,686 --> 00:37:54,272 Arrisquei a miña vida por esas mulleres. Quero facer isto. 399 00:37:55,232 --> 00:37:56,274 Teño que facelo. 400 00:38:00,070 --> 00:38:01,655 A fin do tráfico sexual. 401 00:38:04,408 --> 00:38:05,742 Vedes o que di este? 402 00:38:08,453 --> 00:38:09,454 Canto? 403 00:38:11,081 --> 00:38:15,293 Cartos? Si, podo pagarvos, pero isto daravos voz. 404 00:38:15,377 --> 00:38:17,087 Ti serás famoso. 405 00:38:18,213 --> 00:38:20,048 En que me compensa a min? 406 00:38:21,758 --> 00:38:22,759 Que necesitas? 407 00:38:24,553 --> 00:38:26,388 Necesito ver a miña irmá. 408 00:38:28,223 --> 00:38:29,307 Vale. 409 00:38:30,517 --> 00:38:32,352 - Onde está? - No palacio. 410 00:38:33,562 --> 00:38:34,938 Traballa alí? 411 00:38:36,189 --> 00:38:37,232 Vive alí. 412 00:38:41,862 --> 00:38:46,908 Tatiana será unha consentida, tanto coma gordo é o seu marido, pero é miña irmá. 413 00:38:48,243 --> 00:38:49,745 Quero saber se lle importo. 414 00:39:29,951 --> 00:39:31,870 Quéresme dar voz ti a min? 415 00:39:33,413 --> 00:39:37,876 Aprendín a pedir axuda en oito idiomas diferentes. 416 00:39:41,421 --> 00:39:44,049 En todos os países aos que me mandaron, 417 00:39:45,217 --> 00:39:47,427 empurrábanme a cabeza contra a cama. 418 00:39:52,015 --> 00:39:55,769 Os que piden paz adoitan ser os que causaron dor antes. 419 00:39:56,812 --> 00:39:58,647 Todos sabían que sufriamos. 420 00:40:00,148 --> 00:40:02,067 Non escribes isto para informar, 421 00:40:03,610 --> 00:40:06,905 senón para recordarlles que aínda teñen seguridade. 422 00:40:13,870 --> 00:40:15,622 Dareiche a entrevista. 423 00:40:18,083 --> 00:40:20,669 Pero non lles darei paz. 424 00:40:23,630 --> 00:40:26,633 Dille a miña irmá que vai haber un gran cambio 425 00:40:28,009 --> 00:40:29,845 e que ten que elixir bando. 426 00:40:44,359 --> 00:40:49,990 Escoita, rula. Os milagres serán falsos, pero ti es de verdade. 427 00:40:50,574 --> 00:40:55,078 O feito de curalas e o que lles fas sentir... Iso é real. 428 00:40:56,204 --> 00:40:58,748 O feito de darlles algo no que crer... 429 00:40:59,833 --> 00:41:01,084 Iso é real. 430 00:41:02,127 --> 00:41:04,337 Nunca houbo Deus ningún para as rapazas coma ti. 431 00:41:06,047 --> 00:41:07,465 Nin coma elas. 432 00:41:10,302 --> 00:41:12,721 Podes construír unha nova fe 433 00:41:13,763 --> 00:41:16,099 que non estea baseada nos milagres, 434 00:41:18,101 --> 00:41:19,978 senón en poder real. 435 00:41:23,481 --> 00:41:26,860 Es a voz dunha revolución. 436 00:41:27,235 --> 00:41:29,529 Chegou o teu momento. 437 00:41:42,834 --> 00:41:46,171 - Savannah! - Onde te metiches, Savannah? 438 00:41:46,254 --> 00:41:48,006 - Onde estás? - Savannah! 439 00:41:48,089 --> 00:41:49,716 - Savannah! - Onde estás? 440 00:41:49,799 --> 00:41:52,385 Savannah! 441 00:41:53,595 --> 00:41:54,429 Savannah! 442 00:41:54,596 --> 00:41:56,932 - Savannah, veña. Savannah! - Onde estás? 443 00:41:57,015 --> 00:41:59,309 - Agardade. Que pasa? - Está aí dentro? 444 00:41:59,392 --> 00:42:00,977 - Agardade. - Non a atopamos. 445 00:42:01,061 --> 00:42:03,188 Savannah non está. Desapareceu. 446 00:42:03,271 --> 00:42:07,692 Hai un coitelo no baño. E sangue por todo o chan. 447 00:42:07,776 --> 00:42:09,653 Sangue? Coitelo? Hai que atopala. 448 00:42:09,736 --> 00:42:11,988 Verónica di que entremos. É perigoso. 449 00:42:12,072 --> 00:42:14,282 Non nos rendemos. Hai que atopala. 450 00:42:14,574 --> 00:42:16,701 - Imos mirar na auga. - Vale. 451 00:42:17,494 --> 00:42:19,913 - Xa vou. - Entrade xa. Ocupámonos nós. 452 00:42:20,330 --> 00:42:22,582 Savannah! 453 00:42:24,042 --> 00:42:25,919 Savannah! 454 00:42:26,294 --> 00:42:27,921 Savannah! 455 00:42:43,687 --> 00:42:46,064 Savannah! 456 00:43:00,745 --> 00:43:02,622 Déixame! Sóltame! 457 00:43:03,123 --> 00:43:06,167 - Non! - Sóltame. 458 00:43:07,294 --> 00:43:10,297 Déixame, por favor. 459 00:43:10,630 --> 00:43:13,800 Déixame, por favor. 460 00:43:20,265 --> 00:43:22,267 Que non a vexa a irmá Verónica. 461 00:43:24,227 --> 00:43:26,271 - Aquí. Poñédea aquí. Si. - Vale. 462 00:43:26,521 --> 00:43:27,522 Amodo. 463 00:43:33,111 --> 00:43:34,571 Vale. 464 00:43:36,698 --> 00:43:38,491 Non me deixan ver a miña nena. 465 00:43:40,952 --> 00:43:44,998 Miña nai colleu a DOE e agora vana mandar cunha familia de acollida. 466 00:43:45,081 --> 00:43:47,584 Vale, mira. Imos traer a Riley aquí, vale? 467 00:43:47,667 --> 00:43:50,128 Pero non podemos facelo sen ti, vale? 468 00:43:51,004 --> 00:43:53,506 - Quero desfacerme disto. - Para. 469 00:43:53,590 --> 00:43:55,508 Non quero ter esta puta merda. 470 00:43:55,592 --> 00:43:59,095 - Quero que mo quiten. - Mírame. Para! 471 00:43:59,637 --> 00:44:01,473 Para, vale? Non digas iso. 472 00:44:01,723 --> 00:44:06,269 Por favor. Non digas iso. Por favor. Prométoche que isto vai mellorar. 473 00:44:06,353 --> 00:44:10,565 Prométocho. Asegúroche que isto irá a mellor. Vale? 474 00:44:10,732 --> 00:44:13,026 Prométocho. Estou aquí. 475 00:44:14,694 --> 00:44:15,612 Estou aquí. 476 00:44:28,333 --> 00:44:32,545 Tiña sete anos cando descubrín que era unha nena. Entendedes o que digo? 477 00:44:33,296 --> 00:44:35,006 Antes víanos a todos iguais. 478 00:44:35,799 --> 00:44:38,802 De súpeto era unha nena e sabía o que implicaba. 479 00:44:40,136 --> 00:44:42,013 Que estaba no equipo perdedor. 480 00:44:42,764 --> 00:44:45,266 O mundo íase asegurar de que fose así. 481 00:44:46,601 --> 00:44:49,771 Unha vez tomei pílulas por ese mesmo motivo. 482 00:44:50,730 --> 00:44:55,235 Había fotos miñas polo instituto, espida. 483 00:44:56,736 --> 00:44:59,114 E pensei: "Estou farta desta merda". 484 00:44:59,948 --> 00:45:00,824 Que pasou? 485 00:45:01,533 --> 00:45:04,285 Atopoume un veciño e chamou a emerxencias. 486 00:45:06,162 --> 00:45:09,666 Con nove anos, conteille a miña nai o que me facía meu tío. 487 00:45:11,084 --> 00:45:13,795 Cabreouse tanto que me bateu na cara sen parar. 488 00:45:15,422 --> 00:45:18,383 Dixo que tivera unha infancia difícil o pobriño 489 00:45:18,466 --> 00:45:20,677 e que non debía dicir cousas del. 490 00:45:22,929 --> 00:45:25,849 Nunca lle contei nada máis a ninguén sobre iso. 491 00:45:29,436 --> 00:45:31,438 Necesitan algo no que crer. 492 00:45:41,448 --> 00:45:42,949 Que crean en ti. 493 00:45:56,171 --> 00:45:58,381 Demostra que Deus está dentro de ti. 494 00:46:05,597 --> 00:46:06,806 Onde vas? 495 00:46:08,016 --> 00:46:09,017 Seguídeme. 496 00:46:15,315 --> 00:46:16,149 Por aquí. 497 00:46:22,113 --> 00:46:25,783 Non tes que tocalas para movelas. 498 00:46:35,126 --> 00:46:38,254 Nunca houbo Deus para as rapazas coma nós. 499 00:46:44,886 --> 00:46:46,554 Din que non somos nada. 500 00:46:48,014 --> 00:46:50,808 E nós suplicamos, sentimos vergoña e sorrimos. 501 00:46:51,559 --> 00:46:55,021 Seguimos caladas porque cremos que iso nos protexe. 502 00:46:55,605 --> 00:46:59,359 Dá igual o que fagamos, sempre nos falta algo. 503 00:46:59,651 --> 00:47:02,612 Sempre hai algún estándar que non cumprimos 504 00:47:03,238 --> 00:47:05,073 e fannos morrer de vergoña. 505 00:47:05,365 --> 00:47:08,618 Todo este tempo, a nosa palabra non valía de nada. 506 00:47:08,701 --> 00:47:10,578 Non escoitaban o que diciamos. 507 00:47:11,663 --> 00:47:14,624 Agora o mundo vainos escoitar. 508 00:47:16,834 --> 00:47:19,587 Chegou o noso momento. 509 00:47:28,179 --> 00:47:30,431 - Fállanme as pernas. - Creo que foi Deus. 510 00:49:51,698 --> 00:49:53,700 NO PRÓXIMO CAPÍTULO... 511 00:49:54,784 --> 00:49:56,119 Hai unha oportunidade. 512 00:49:56,411 --> 00:49:59,706 A líder das rebeldes chámase Zoia. Zoia tivo unha filla. 513 00:50:00,415 --> 00:50:02,291 Merda. Quen cona publicou iso? 514 00:50:02,834 --> 00:50:06,129 Virán máis. Queren coñecer a rapaza do vídeo. 515 00:50:06,629 --> 00:50:08,172 Pois ven por min, puta. 516 00:50:08,256 --> 00:50:09,132 Moi ben, puta. 517 00:50:09,215 --> 00:50:11,676 Hai que renunciar a cousas pola familia. 518 00:50:11,759 --> 00:50:15,263 - Non quero estar nesta familia. - Non sabes o que fixeches. 519 00:50:15,805 --> 00:50:16,681 Voute matar! 520 00:50:17,849 --> 00:50:18,850 Subtítulos: Antía López Cando 521 00:50:18,933 --> 00:50:19,934 Supervisora creativa: Paula Maneiro