1 00:00:05,965 --> 00:00:08,175 {\an8}VOO TF564 GRAVACIÓN A BORDO 2 00:00:08,259 --> 00:00:12,096 {\an8}- Non podo respirar. - Xa case estamos. Relaxa. 3 00:00:12,179 --> 00:00:14,890 {\an8}- Ten que sentar. - Síntoo. Dálle medo voar. 4 00:00:14,974 --> 00:00:18,602 {\an8}Entendo. Empezamos a baixar. Teñen que sentar. 5 00:00:18,686 --> 00:00:20,771 {\an8}- Non me toques. - Señor! 6 00:00:20,855 --> 00:00:22,982 {\an8}- Amor, intenta axudar. - Aparta. 7 00:00:23,065 --> 00:00:24,442 {\an8}Reláxese, por favor. 8 00:00:25,025 --> 00:00:27,069 {\an8}Meu Deus! 9 00:00:31,240 --> 00:00:36,078 O PODER 10 00:00:44,503 --> 00:00:45,755 Sabemos seguro 11 00:00:45,921 --> 00:00:48,174 que o piloto activou a alerta ás 5:48. 12 00:00:49,550 --> 00:00:51,969 Cando o avión empezou a descender, 13 00:00:52,052 --> 00:00:56,056 desviáronse para a aterraxe de emerxencia, pero ía moi baixo. 14 00:00:59,351 --> 00:01:01,896 Hai moitos falecidos. 15 00:01:06,317 --> 00:01:08,569 Deus! Sabemos por que ocorreu isto? 16 00:01:08,652 --> 00:01:12,281 Pola transmisión do piloto, cremos que foi un fallo eléctrico. 17 00:01:16,368 --> 00:01:18,370 Merda. A prensa. 18 00:01:18,454 --> 00:01:22,333 Contacta cos medios. Que non dean nomes ata informar as familias. 19 00:01:22,416 --> 00:01:26,545 - Hai que facer declaracións xa. - Tranquila. Xa se encargan os meus. 20 00:01:27,546 --> 00:01:33,177 - Daniel, podo xestionar eu isto. - Xa, pero levas moitas horas en pé. 21 00:01:33,677 --> 00:01:37,681 Vai descansar, si? Encárgome eu deste desastre. 22 00:01:37,765 --> 00:01:43,103 Ti coida dos teus. Moi bo traballo. Vale. Vamos. 23 00:01:45,606 --> 00:01:47,775 Gobernador, algunha declaración? 24 00:01:47,942 --> 00:01:52,446 A ver, soa a que me quere axudar, pero por que sinto que me están fodendo? 25 00:01:52,530 --> 00:01:55,574 Porque é a especialidade da xente como Daniel. 26 00:01:57,368 --> 00:01:58,202 Está ben. 27 00:02:05,584 --> 00:02:09,171 Sabes o vídeo de Nixeria coa electricidade? 28 00:02:10,548 --> 00:02:12,716 Había algunha adolescente no avión? 29 00:02:12,800 --> 00:02:15,386 Os superviventes están no hospital. Vamos. 30 00:03:11,066 --> 00:03:13,986 IRMÁS DE CRISTO CONVENTO 31 00:03:18,449 --> 00:03:21,827 RAPAZAS CON ELECTRICIDADE? 32 00:03:27,458 --> 00:03:30,586 - Ola. - Tunde, son Vin Sena, da CNN. 33 00:03:31,295 --> 00:03:34,173 Un momento, desculpe. Dixo da CNN? 34 00:03:34,256 --> 00:03:36,967 Si. Vimos o vídeo das rapazas coas descargas. 35 00:03:37,051 --> 00:03:40,095 Comprámoslle o que ten e contratámolo para facer máis. 36 00:03:43,223 --> 00:03:45,434 Non sei que dicir. 37 00:03:46,810 --> 00:03:50,564 - Tunde, nós... - Perdón. Creo que se equivocou de número. 38 00:03:51,982 --> 00:03:54,068 Cando tes o exame de empresariais? 39 00:03:54,360 --> 00:03:56,278 - En tres semanas. - Só tres. 40 00:03:56,362 --> 00:03:58,113 - Tes moito tempo. - Non. 41 00:03:58,197 --> 00:04:00,115 Os teus compañeiros estudan xa. 42 00:04:00,199 --> 00:04:05,371 Ti, en cambio, andas vagando por aí gravando merdas e a pobre rapaza... 43 00:04:06,288 --> 00:04:09,792 Obrigárona a ir para a aldea. A xente di que é unha aje. 44 00:04:12,962 --> 00:04:18,550 Enfádaste comigo? Awon, rapaz. Pensas que es alguén, abi? 45 00:04:20,010 --> 00:04:24,306 Queres acabar coma teu tío, que foi para o cemiterio ben novo? 46 00:04:25,224 --> 00:04:27,977 Vai sendo hora de seguir adiante. 47 00:04:28,060 --> 00:04:29,853 Esquece o de ser xornalista. 48 00:04:32,523 --> 00:04:33,440 Tunde. 49 00:04:36,318 --> 00:04:38,445 Deixa a Ndudi e a familia en paz. 50 00:04:40,698 --> 00:04:42,533 Xa nos avergoñaches bastante. 51 00:05:09,226 --> 00:05:10,227 Hoxe non. 52 00:05:12,104 --> 00:05:13,605 - Hoxe non. - Que? 53 00:05:14,565 --> 00:05:15,399 Rapazas, non. 54 00:05:16,483 --> 00:05:18,485 Xa avisaron a teus pais. 55 00:05:21,238 --> 00:05:22,239 Que raro. 56 00:05:23,907 --> 00:05:24,742 Síntoo. 57 00:05:32,249 --> 00:05:33,917 Que carallo fas? 58 00:05:36,045 --> 00:05:38,672 - Oe. - Que merda pasa? 59 00:05:38,756 --> 00:05:40,716 - Non che deixou ir no bus? - Non. 60 00:05:40,799 --> 00:05:42,676 Dixo: "Todas as rapazas, fóra." 61 00:05:43,343 --> 00:05:45,763 Chispas nos cóbados, coma as motoserras. 62 00:05:47,139 --> 00:05:47,973 Cóbados? 63 00:05:48,140 --> 00:05:50,350 O bus ía baleiro, había tres rapaces. 64 00:05:54,021 --> 00:05:55,898 - Vémonos despois. - Vale. 65 00:05:55,981 --> 00:05:57,274 - Jos, ola. - Ola. 66 00:05:57,357 --> 00:05:59,568 Viñas con Cat outra vez? 67 00:05:59,651 --> 00:06:03,030 - Sabes que o ten, ou? - Si? 68 00:06:05,741 --> 00:06:07,826 Viches o vídeo no que unha esbirra? 69 00:06:07,910 --> 00:06:10,120 - Mentes. - Meu Deus. É a hostia. 70 00:06:10,204 --> 00:06:11,622 Que vas facer despois? 71 00:06:11,705 --> 00:06:14,374 Quedei con Cat. Véxote o venres. 72 00:06:14,917 --> 00:06:16,668 - Claro. - Ola. 73 00:06:17,336 --> 00:06:18,337 - Ola. - Estás ben? 74 00:06:18,796 --> 00:06:22,132 Puiden baixar do bus, pero non sabía o que pasaba. 75 00:06:22,216 --> 00:06:23,717 Non, ese tío está tolo. 76 00:06:25,344 --> 00:06:27,638 Estaba pensando eu... 77 00:06:28,263 --> 00:06:30,766 Que fas despois? Queres quedar esta noite? 78 00:06:31,850 --> 00:06:35,395 - Teño plans con Cat. Síntoo. - E o venres? 79 00:06:36,396 --> 00:06:39,983 Si, vale. Viches o vídeo da rapaza que o esbirra? 80 00:06:40,150 --> 00:06:42,069 - Non pode ser. - É a hostia. 81 00:06:44,780 --> 00:06:49,451 Atención, Instituto South Seattle. Suspéndese a primeira hora. 82 00:06:50,119 --> 00:06:52,663 Ide todos á vosa aula de titoría. 83 00:06:53,580 --> 00:06:55,165 O máis rápido posible! 84 00:06:55,249 --> 00:06:59,419 Estupendo. Moi ben, imos sentando. Sentade, por favor. 85 00:06:59,545 --> 00:07:00,921 Oín que lle pegou. 86 00:07:01,171 --> 00:07:02,631 Imos deixar isto aberto. 87 00:07:05,384 --> 00:07:07,928 - Vale, sentade xa. - É todo moi raro. 88 00:07:14,476 --> 00:07:18,522 Recibimos unha directiva da oficina do gobernador 89 00:07:19,273 --> 00:07:23,569 sobre os rumores que circulan acerca dun problema 90 00:07:23,652 --> 00:07:26,989 que poden ter algunhas das rapazas do instituto. 91 00:07:29,783 --> 00:07:35,747 É sobre esas descargas eléctricas repentinas e imprevisibles. 92 00:07:41,712 --> 00:07:44,590 Isto non vai ser un problema para ninguén. 93 00:07:45,716 --> 00:07:51,054 Isto é pola seguridade de todo o profesorado e o alumnado. 94 00:07:56,685 --> 00:07:58,645 Se o tedes, 95 00:08:00,355 --> 00:08:03,400 podo pedirvos por favor que vos identifiquedes? 96 00:08:15,662 --> 00:08:18,832 Levantade a man se coñecedes a alguén que o teña. 97 00:08:18,916 --> 00:08:21,960 - Sr. Ellis, veña, home. - Isto hai que facelo. 98 00:08:29,885 --> 00:08:30,719 Vállame Deus. 99 00:08:30,802 --> 00:08:32,930 - Taylor White teno. - Vaia trola. 100 00:08:35,057 --> 00:08:37,684 - Taylor, ven, por favor. - Ven aquí. 101 00:08:39,436 --> 00:08:41,939 Rompemos hai unha semana. De que vas? 102 00:08:44,942 --> 00:08:48,320 - Eu téñoo. - Ashley, grazas. 103 00:08:49,029 --> 00:08:50,489 Brie Diaz tamén o ten. 104 00:08:58,497 --> 00:09:01,333 - Angel dixo que o tiña. - Está cabreada comigo. 105 00:09:01,541 --> 00:09:03,460 - Isto é unha parvada. - Eu tamén. 106 00:09:03,919 --> 00:09:04,878 Fóra. 107 00:09:07,214 --> 00:09:09,675 Cat Cole e Jos Cleary-Lopez téñeno. 108 00:09:16,390 --> 00:09:17,599 Vamos, rapazas. 109 00:09:20,560 --> 00:09:21,603 Deixade todo. 110 00:09:28,485 --> 00:09:29,403 Delatora. 111 00:09:34,116 --> 00:09:38,412 - Alguén máis? - Señor, é absurdo. Non pode facer isto. 112 00:09:53,844 --> 00:09:56,179 Que non marche. Gardas. 113 00:09:56,638 --> 00:09:57,472 Parádea. 114 00:09:59,391 --> 00:10:03,395 Mirade cara a adiante. Veña. Aquí non hai nada que ver. Seguimos. 115 00:10:04,104 --> 00:10:05,522 Isto é unha merda! 116 00:10:06,023 --> 00:10:08,275 Bulide. Movédevos, veña. 117 00:10:09,276 --> 00:10:12,237 46 pasaxeiros e unha auxiliar de voo. 118 00:10:12,404 --> 00:10:14,531 Eses sobreviviron ao accidente. 119 00:10:14,614 --> 00:10:16,825 - Non podedes prohibirmo. - Enténdoo. 120 00:10:16,908 --> 00:10:20,871 Non, non entende. A nena ten 12 anos e retédela sen ningún motivo. 121 00:10:21,079 --> 00:10:22,789 Quero vela agora mesmo. 122 00:10:23,165 --> 00:10:27,002 - Sr. Kelly, reláxese, por favor. - Que fan aquí os da Federal? 123 00:10:27,085 --> 00:10:30,297 - Quero saber onde está Makayla. - A súa filla está ben. 124 00:10:30,380 --> 00:10:34,509 Está recibindo tratamento e deixarana ir cando non sexa unha ameaza. 125 00:10:34,593 --> 00:10:35,552 Ameaza de que? 126 00:10:35,635 --> 00:10:39,306 Os pasaxeiros din que a súa filla provocou o accidente a bordo. 127 00:10:39,389 --> 00:10:41,975 Ten 12 anos, non é unha maldita terrorista. 128 00:10:42,059 --> 00:10:45,270 - Vai todo ben por aquí? - Isto é cousa do FBI, señora. 129 00:10:45,354 --> 00:10:50,567 Son Margot Cleary-Lopez, a alcaldesa. Pensaba que o accidente era cousa da NTSB. 130 00:10:50,650 --> 00:10:54,154 A menos que non saiba algo e houbese actividade criminal. 131 00:10:57,574 --> 00:11:01,536 Doutor Schultz vaia á sala de operacións número tres. 132 00:11:01,828 --> 00:11:03,080 Onde combateu? 133 00:11:06,416 --> 00:11:07,542 En Afganistán. 134 00:11:08,752 --> 00:11:12,589 - Grazas polo seu servizo, señor... - Kelly. John Kelly. 135 00:11:14,216 --> 00:11:15,342 Sentamos? 136 00:11:21,681 --> 00:11:24,768 - Que tal ten o brazo? - Ben. Estou ben. 137 00:11:24,935 --> 00:11:28,188 - Quero ver a miña filla e estes... - Chámase Makayla? 138 00:11:31,191 --> 00:11:36,363 - Seguro que ten moito medo. - Xa, enténdoo. Eu teño tres fillos. 139 00:11:39,116 --> 00:11:44,413 Mire, ela non fixo nada malo. A ver, ela non quería... 140 00:11:46,665 --> 00:11:51,503 Eu nin sei o que pasou de verdade. Dálle medo voar e entrou en pánico. 141 00:11:52,921 --> 00:11:55,424 É boa nena. Non mancaría a ninguén. 142 00:12:01,096 --> 00:12:03,306 Escoite, vou descubrir o que pasa. 143 00:12:03,932 --> 00:12:05,934 Mentres, faime vostede un favor? 144 00:12:07,477 --> 00:12:09,396 Se molesta a eses axentes, 145 00:12:09,479 --> 00:12:12,482 seguro que non lle deixarán ver a súa filla hoxe, 146 00:12:12,607 --> 00:12:15,569 así que estea tranquilo ata que eu volva. 147 00:12:15,652 --> 00:12:19,489 - Así será. - Si? Vale. 148 00:12:21,825 --> 00:12:24,119 Helen, necesito ver a Makayla Kelly. 149 00:12:24,202 --> 00:12:27,414 Os federais non lle deixan vela nin a seu pai. 150 00:12:27,831 --> 00:12:29,458 Vale. Pois imos evitalos. 151 00:12:33,086 --> 00:12:34,546 Ola. Vai todo ben? 152 00:12:34,629 --> 00:12:37,507 Si. Coñeces a alguén que traballe en illamento? 153 00:12:37,632 --> 00:12:41,178 Os federais bloquean o acceso e necesito falar con alguén. 154 00:12:41,261 --> 00:12:43,555 Si, claro. Falarei con Tash. 155 00:12:44,389 --> 00:12:46,266 Tash? A túa ex? 156 00:12:47,559 --> 00:12:49,186 Vale. Bárbaro. 157 00:13:01,072 --> 00:13:02,365 Lázaro ergueuse. 158 00:13:11,374 --> 00:13:12,250 Louvado sexa. 159 00:13:17,672 --> 00:13:21,092 Non pasa nada, nena. Ninguén che vai facer nada aquí. 160 00:13:30,227 --> 00:13:34,606 - Onde estou? - No convento Irmás de Cristo. 161 00:13:35,732 --> 00:13:38,735 Eu son a irmá María. Como te chamas? 162 00:13:40,695 --> 00:13:43,114 - Eva. - Boa elección. 163 00:13:44,616 --> 00:13:45,867 Son frescos. 164 00:13:45,951 --> 00:13:47,452 Cultivamos a nosa comida 165 00:13:47,661 --> 00:13:52,165 e facemos xabón con algas para pagar o que precisamos, 166 00:13:52,791 --> 00:13:58,213 que é cada vez máis desde que comezamos a acollervos. 167 00:13:58,672 --> 00:14:01,508 Chegan rapazas coma ti todos os días. 168 00:14:02,217 --> 00:14:04,636 Rapazas coma min? Que tipo de rapaza son? 169 00:14:05,595 --> 00:14:07,681 Rapazas que non teñen onde ir. 170 00:14:10,600 --> 00:14:14,688 Xa as coñecerás. Están na residencia. 171 00:14:19,192 --> 00:14:22,988 Atopamos isto na túa mochila. 172 00:14:23,738 --> 00:14:26,157 - Mirastes as miñas cousas? - Pois si. 173 00:14:27,200 --> 00:14:32,747 Non aceptamos drogas, alcohol nin armas. 174 00:14:36,876 --> 00:14:39,170 Es crente? 175 00:14:39,963 --> 00:14:43,466 - Falo con Deus cada día. - Non me digas. 176 00:14:44,843 --> 00:14:46,219 E el contéstache? 177 00:14:46,469 --> 00:14:50,765 É ela. E si, contesta sempre. 178 00:14:51,474 --> 00:14:54,394 Que sorte ter tanta fe. 179 00:14:57,188 --> 00:14:59,858 Eva, alégrome de coñecerte. 180 00:15:00,442 --> 00:15:02,986 Non te atopei na estrada por casualidade. 181 00:15:04,112 --> 00:15:08,450 Descansa todo o que queiras, por favor. 182 00:15:09,284 --> 00:15:10,243 Deica logo. 183 00:15:56,873 --> 00:15:58,833 Vas quedar mirándoa así? 184 00:15:59,584 --> 00:16:01,419 Irmá Verónica! 185 00:16:01,503 --> 00:16:05,256 Oe! Que, nunca viches darlle un ataque a unha rapaza? 186 00:16:11,930 --> 00:16:16,559 Parece sorprendente, pero non hai probas de que se manipulasen os vídeos. 187 00:16:16,810 --> 00:16:21,106 - Outros cren que é unha aplicación. - Ou pistolas paralizantes. Será iso. 188 00:16:21,189 --> 00:16:23,733 Podería ser cousa dun videoxogo? 189 00:16:25,235 --> 00:16:27,028 Hoxe, escoitaremos opinións 190 00:16:27,112 --> 00:16:31,449 e análises de expertos no fenómeno: a loiada das rapazas eléctricas. 191 00:16:32,325 --> 00:16:34,202 - Que? - Oe, ti. Aparta. 192 00:16:34,285 --> 00:16:37,038 ...ver o que os rapaces levan semanas vendo, 193 00:16:37,122 --> 00:16:39,624 temos os vídeos máis actuais. 194 00:16:42,293 --> 00:16:44,671 Será unha loiada? Decidan vostedes. 195 00:16:45,046 --> 00:16:47,966 As seguintes imaxes poden resultar angustiosas. 196 00:16:48,049 --> 00:16:48,883 Miren. 197 00:16:58,143 --> 00:16:59,352 Meu Deus. 198 00:17:00,645 --> 00:17:01,646 Cabrón. 199 00:17:02,355 --> 00:17:03,273 Vamos! 200 00:17:06,317 --> 00:17:07,944 Vale. 201 00:17:08,027 --> 00:17:10,196 Non miran o aumento de violencia... 202 00:17:10,363 --> 00:17:11,531 Oe, podes apartar? 203 00:17:11,740 --> 00:17:14,159 ...ou o colapso das forzas de seguridade. 204 00:17:14,325 --> 00:17:17,746 Indican que isto podería ser algo bo. Vaia parvada. 205 00:17:17,912 --> 00:17:19,038 Tedes esa cousa? 206 00:17:20,582 --> 00:17:23,126 Si, todas. Ou a maioría. 207 00:17:23,752 --> 00:17:25,086 Por iso estamos aquí. 208 00:17:25,962 --> 00:17:28,882 Agora teno todo o mundo? Somos todas especiais? 209 00:17:29,048 --> 00:17:31,509 Ningunha fai o mesmo ca ti, querida. 210 00:17:34,012 --> 00:17:36,306 - Os donativos de roupa. - Xenial. 211 00:17:36,389 --> 00:17:38,683 - Que ninguén me toque! - Apartade. 212 00:17:44,189 --> 00:17:47,859 Rapazas, todas fóra agora mesmo. Reunión familiar. 213 00:17:50,445 --> 00:17:55,158 Chegounos información de que o problema que notificastes algunhas 214 00:17:55,825 --> 00:17:57,911 sobre os vosos dedos e as chispas 215 00:17:57,994 --> 00:18:01,080 está estendido polos Estados Unidos e incluso fóra. 216 00:18:01,456 --> 00:18:05,543 Parece que esta mutación é extremadamente perigosa. 217 00:18:05,627 --> 00:18:09,339 Creo que o desafortunado suceso co polo, 218 00:18:09,714 --> 00:18:13,635 do que volverei falar, demostrou ao que nos enfrontamos. 219 00:18:13,718 --> 00:18:16,888 Isto é pola nosa seguridade. Se o digo, liscades. 220 00:18:17,555 --> 00:18:20,141 Nada de electricidade. A traballar! 221 00:18:22,185 --> 00:18:23,186 Vamos! 222 00:18:24,229 --> 00:18:26,064 Veña. Vamos, rapazas. 223 00:18:29,150 --> 00:18:34,197 Todas as primaveras e veráns Necesitamos outro neno feliz 224 00:18:34,531 --> 00:18:38,076 Voa, Liza, voa Voa, Liza, voa 225 00:18:39,118 --> 00:18:42,747 Voa, Liza, voa Voa, Liza, voa 226 00:18:43,957 --> 00:18:47,252 Voa, Liza, voa Voa, Liza, voa 227 00:18:47,919 --> 00:18:51,548 Voa, Liza, voa Voa, Liza, voa 228 00:18:52,465 --> 00:18:55,468 Voa, Liza, voa Voa, Liza, voa 229 00:18:56,386 --> 00:19:00,056 Voa, Liza, voa Voa, Liza, voa 230 00:19:00,932 --> 00:19:04,143 Voa, Liza, voa Voa, Liza, voa 231 00:19:04,811 --> 00:19:06,229 Voa, Liza, voa 232 00:19:06,563 --> 00:19:08,648 Isto é necesario? 233 00:19:08,857 --> 00:19:12,193 É por precaución, ata que saibamos o que é isto. 234 00:19:12,277 --> 00:19:14,904 Hai moitos rumores e poucas respostas. 235 00:19:14,988 --> 00:19:19,033 Xa. Entón ti e Rob coñecéstesvos en Médicos Sen Fronteiras? 236 00:19:19,367 --> 00:19:23,329 Si. Estivemos seis meses en Camboxa ao acabar a carreira. 237 00:19:23,496 --> 00:19:27,333 Di que iso cambiou a súa vida e a súa visión da medicina. 238 00:19:28,418 --> 00:19:31,546 Si, e a miña. Agora poño as cousas en perspectiva. 239 00:19:33,089 --> 00:19:37,135 Vale. Os axentes revisan cada 20 minutos, así que atenta ao tempo. 240 00:19:37,886 --> 00:19:39,554 - Grazas outra vez. - De nada. 241 00:19:49,439 --> 00:19:50,273 Makayla? 242 00:19:56,279 --> 00:20:00,950 Ola. Son Margot. Son a alcaldesa de Seattle. 243 00:20:01,159 --> 00:20:04,662 - Quero ver a meu pai. - Falei eu con el. Está arriba. 244 00:20:05,663 --> 00:20:08,082 Por que non podo velo? Hai problemas? 245 00:20:08,166 --> 00:20:10,209 Non. Non hai ningún problema. 246 00:20:10,752 --> 00:20:14,130 Eu vin para descubrir o que pasou. 247 00:20:15,340 --> 00:20:17,634 Xa lles dixen que eu non fixen nada. 248 00:20:17,717 --> 00:20:21,721 Detesto que se mova o avión. Sinto que vou morrer. 249 00:20:23,222 --> 00:20:26,184 Á miña filla Jos tamén lle daba medo voar. 250 00:20:29,437 --> 00:20:32,315 Recordas algo do que pasou? 251 00:20:35,526 --> 00:20:38,780 Iso axudará a aclarar as cousas e así poderás marchar. 252 00:20:45,328 --> 00:20:46,204 As mans. 253 00:20:48,039 --> 00:20:50,541 Comezaron a doerme hai uns días. 254 00:20:50,833 --> 00:20:55,088 Sabes cando tocas a roupa nunha secadora e recibes unha descarga? 255 00:20:56,089 --> 00:20:58,341 Estaba moi nerviosa por ter que voar 256 00:20:59,217 --> 00:21:01,761 e meu pai deume Benadryl para durmir. 257 00:21:02,971 --> 00:21:07,600 O avión comezou a moverse. Espertei e tiña moito medo. 258 00:21:07,684 --> 00:21:11,646 Custábame respirar e unha rapaza comezou a dicir que puxese o cinto. 259 00:21:11,729 --> 00:21:12,981 A auxiliar de voo? 260 00:21:14,732 --> 00:21:17,652 Entón, comezaron a doerme as mans outra vez 261 00:21:18,152 --> 00:21:20,863 e ela estirouse para poñerme o cinto. 262 00:21:22,031 --> 00:21:25,118 De súpeto, a manta estaba ardendo. 263 00:21:26,327 --> 00:21:30,707 Todo o mundo berraba. Comezou a voar todo e o avión... 264 00:21:32,583 --> 00:21:35,169 Xuro que non quería mancar a ninguén. 265 00:21:35,795 --> 00:21:37,880 - Rula... - Non sei o que fixen. 266 00:21:38,006 --> 00:21:40,925 Non pasa nada. Solucionarémolo. Non te preocupes. 267 00:21:42,051 --> 00:21:42,885 Tranquila. 268 00:21:43,011 --> 00:21:47,015 - Dígalle á señora que o sinto. - Que señora? A auxiliar de voo? 269 00:21:49,308 --> 00:21:50,435 Creo que a manquei. 270 00:21:52,562 --> 00:21:54,939 Cría que non quería poñer o cinto. 271 00:21:55,523 --> 00:21:58,609 Pero despois parecía ter un ataque e agarreina. 272 00:21:59,235 --> 00:22:02,113 Non quería que se golpease na cabeza. 273 00:22:02,196 --> 00:22:05,241 Vostede viuno? Como prendeu lume na manta? 274 00:22:05,366 --> 00:22:08,286 Non, non vin nada. Foi todo moi rápido. 275 00:22:08,786 --> 00:22:11,998 Ela quería empurrarme e tiña as mans aquí. 276 00:22:12,457 --> 00:22:15,043 Despois houbo unha especie de sacudida. 277 00:22:16,294 --> 00:22:20,965 E doeume moito, pero despois pasou. 278 00:22:21,966 --> 00:22:23,926 Foi unha puta barbaridade. 279 00:22:37,899 --> 00:22:42,695 Non podo explicalo. Eu creo que mo pasou a nena. 280 00:22:46,365 --> 00:22:48,701 Entre as dúas estrelamos o avión. 281 00:22:50,995 --> 00:22:52,705 Vamos, alcaldesa. Acabouse. 282 00:23:02,423 --> 00:23:05,176 Esta sala é só para persoal autorizado. 283 00:23:05,259 --> 00:23:07,845 Meu Deus. Rob, non vas crer o que... 284 00:23:07,929 --> 00:23:10,515 É por Jos. Temos que ir ao instituto xa. 285 00:23:10,598 --> 00:23:12,809 Por que? Que pasa? 286 00:23:15,269 --> 00:23:17,355 Grazas por vir tan rápido. 287 00:23:17,438 --> 00:23:19,398 - Sei que está ocupada... - Jos. 288 00:23:20,942 --> 00:23:23,694 - Jocelyn Cleary-Lopez. - Jos. 289 00:23:23,861 --> 00:23:25,905 - Xesús. - Jos? 290 00:23:25,988 --> 00:23:29,075 - Mamá, estou aquí. - Vállame Deus! 291 00:23:29,242 --> 00:23:32,787 - Por Deus. Estás ben, amor? - Que demo pasa aquí? 292 00:23:33,246 --> 00:23:34,539 - Si, ben. - Señor. 293 00:23:34,622 --> 00:23:37,375 Que fas aquí? Pensaba que ía vir papá só. 294 00:23:38,126 --> 00:23:39,877 Os dous estamos preocupados. 295 00:23:41,629 --> 00:23:43,089 Que nos axude túa nai. 296 00:23:43,673 --> 00:23:45,299 Ten que axudarnos. 297 00:23:45,675 --> 00:23:47,051 Que fas, Joe? 298 00:23:47,760 --> 00:23:51,472 Viñeches cear á nosa casa e tratas as rapazas de delincuentes? 299 00:23:51,764 --> 00:23:54,517 Que pasa? Estás enfermo? Non tes humanidade? 300 00:23:54,600 --> 00:23:57,436 - Había que facer algo. - Hostia bendita. 301 00:23:57,520 --> 00:24:01,274 Quítalles esas putas merdas ou amárrochas a ti ao pescozo. 302 00:24:01,357 --> 00:24:03,234 - Escoitas? - Si. 303 00:24:10,408 --> 00:24:14,662 Se todas estas rapazas non están con seus pais na casa nunha hora, 304 00:24:14,745 --> 00:24:16,164 vas ter un problema. 305 00:24:16,706 --> 00:24:20,042 - Si. - Vai ir todo ben, vale? 306 00:24:20,168 --> 00:24:21,043 Vale. 307 00:24:36,100 --> 00:24:39,770 Sei que algunhas rapazas poden dirixilo ou controlalo mellor. 308 00:24:41,647 --> 00:24:45,568 Saben a que lle queren dar e con que intensidade. 309 00:24:49,363 --> 00:24:51,824 - Vale. - Pero eu... 310 00:24:53,784 --> 00:24:55,453 O meu non funciona así. 311 00:24:56,537 --> 00:24:58,247 Vale. E como funciona? 312 00:25:15,264 --> 00:25:17,475 - Vedes? - Oe, coidado. 313 00:26:09,443 --> 00:26:10,278 Isto? 314 00:26:14,031 --> 00:26:17,410 Pois este convento é máis raro que o carallo. 315 00:26:17,493 --> 00:26:20,579 Estabas moi mal. Case morres na estrada. 316 00:26:20,663 --> 00:26:24,208 Sabes? Necesitas que te vexa un médico. 317 00:26:24,917 --> 00:26:28,587 Pero o venres hai tormenta, así que terá que ser despois. 318 00:26:28,671 --> 00:26:30,798 Non poderá entrar nin saír ninguén. 319 00:26:33,592 --> 00:26:34,593 Podo marchar? 320 00:26:35,678 --> 00:26:39,557 Que sexa antes desta noite. Despois imos pechar todo. 321 00:26:42,268 --> 00:26:45,730 Tes que ir pola oficina e completar os formularios. 322 00:26:45,813 --> 00:26:50,109 - Hai que rexistrar as rapazas. - Diso nada, monada. Nada de rexistros. 323 00:26:51,485 --> 00:26:55,281 - En canto teña zapatos, marcho. - Por nós, como queiras. 324 00:27:09,837 --> 00:27:11,047 Non atoparás nada. 325 00:27:13,341 --> 00:27:14,842 Temos voto de pobreza. 326 00:27:25,978 --> 00:27:29,690 A irmá Mónica, santa patroa dos nenos descarreirados. 327 00:27:32,068 --> 00:27:36,030 Senta, Eva. Non quero problemas. 328 00:27:36,364 --> 00:27:39,075 Nada de policía. Só quero falar. 329 00:27:46,540 --> 00:27:52,505 A irmá Verónica pode ser moi dura, pero prométoche que é boa muller. 330 00:27:53,631 --> 00:27:55,549 Ten feito cousas alucinantes. 331 00:27:57,885 --> 00:28:01,097 MONXAS REBELADAS CAUSAN PROBLEMAS NA COSTA DE CAROLINA 332 00:28:01,263 --> 00:28:02,932 {\an8}SIDA: INVESTIGACIÓN, NON HISTERIA! 333 00:28:03,015 --> 00:28:05,476 DEREITOS HUMANOS PARA HOMOSEXUAIS 334 00:28:06,185 --> 00:28:08,646 Non parece moi católico. 335 00:28:08,729 --> 00:28:11,857 Non o é. Somos monxas de corazón. 336 00:28:13,025 --> 00:28:17,446 Irmás de Cristo de corazón, pero non na igrexa. 337 00:28:19,407 --> 00:28:23,285 Cando era máis nova, decidín vivir a miña verdade. 338 00:28:25,663 --> 00:28:29,625 Díxenlle á miña familia: "Son así. 339 00:28:32,002 --> 00:28:36,340 Son unha muller, non o home que pensades que son." 340 00:28:37,800 --> 00:28:39,927 Botáronme fóra. 341 00:28:40,803 --> 00:28:43,806 Sen familia. Perdín o traballo. 342 00:28:45,975 --> 00:28:47,268 Quedei na rúa 343 00:28:49,979 --> 00:28:51,772 e Verónica atopoume 344 00:28:53,566 --> 00:28:54,900 e guioume. 345 00:28:56,444 --> 00:29:01,991 Pero foi excomungada pola súa amabilidade. 346 00:29:05,411 --> 00:29:09,874 Todas esas mulleres foron rexeitadas 347 00:29:10,749 --> 00:29:15,379 {\an8}ao loitar pola xustiza e polos débiles. 348 00:29:16,005 --> 00:29:20,676 Se loita pola xente, por que se opón ao da electricidade? 349 00:29:20,759 --> 00:29:22,428 Verónica é revolucionaria, 350 00:29:24,096 --> 00:29:27,975 pero este poder é unha crise de fe. 351 00:29:28,767 --> 00:29:34,482 E preocúpase. Sabe as consecuencias que comportan os cambios. 352 00:29:36,609 --> 00:29:39,862 Ten paciencia e queda aquí. 353 00:29:42,615 --> 00:29:45,242 Monxas rebeladas e rapazas descarreiradas. 354 00:29:45,826 --> 00:29:48,954 Ves? Díxenche que atoparías o teu lugar. 355 00:29:56,170 --> 00:29:58,380 Pero iso é posible? 356 00:29:58,464 --> 00:30:01,717 Igual é contaxioso. Pode que tocase algo ou a alguén. 357 00:30:01,800 --> 00:30:04,345 Entón isto é un virus? Que raio dis? 358 00:30:04,553 --> 00:30:07,264 Falan diso nas redes e din que é unha loiada. 359 00:30:07,348 --> 00:30:10,017 Houbo lumes e cortes de luz. Avisei a Dandon. 360 00:30:10,100 --> 00:30:11,018 Xa o sei. 361 00:30:11,310 --> 00:30:14,647 Deus. Non podo crer que lle pase isto á nosa pequena. 362 00:30:17,525 --> 00:30:19,360 Non pasa nada. Vai estar ben. 363 00:30:19,443 --> 00:30:24,698 Non. Mira a rapaza do avión, encerrada coma un extraterrestre, facendo probas. 364 00:30:25,282 --> 00:30:29,119 Non quero que o mundo use a nosa filla como rata de laboratorio. 365 00:30:29,203 --> 00:30:32,122 - Non creo que vaia ser así. - Como o sabes? 366 00:30:32,206 --> 00:30:35,000 Se hai 50 só no instituto, bota contas. 367 00:30:35,084 --> 00:30:38,212 Son centos de milleiros de rapazas pasando polo mesmo. 368 00:30:38,295 --> 00:30:40,589 Temos que axudala, e discretamente. 369 00:30:40,673 --> 00:30:43,384 Chamas o terapeuta que viu Matty o outro verán? 370 00:30:43,467 --> 00:30:46,845 - Como se chamaba? - Falarei con Helen antes de que saia. 371 00:30:48,472 --> 00:30:51,976 - Como vai saír? - Non vai ser sempre un segredo, Rob. 372 00:30:52,059 --> 00:30:54,311 - Chegará á política. - Non fagas iso. 373 00:30:54,395 --> 00:30:55,229 O que? 374 00:30:55,312 --> 00:30:57,481 Non uses a voz de alcaldesa comigo. 375 00:30:57,565 --> 00:31:01,110 - Non son o inimigo. - En serio queres discutir polo meu ton? 376 00:31:01,318 --> 00:31:04,488 - Iso é o que queres? - Non estou discutindo por iso. 377 00:31:04,738 --> 00:31:06,115 - Grazas. - Oe. 378 00:31:07,825 --> 00:31:09,660 A anguía é un animal único 379 00:31:09,743 --> 00:31:12,162 que produce descargas eléctricas mortais. 380 00:31:12,413 --> 00:31:15,249 - A túa familia. - O nome de "anguía"... 381 00:31:15,332 --> 00:31:18,711 - Dáme o mando. Estaba vendo iso. - Pobres mamá e papá. 382 00:31:19,378 --> 00:31:22,381 A súa filla favorita colleu unha ETS dunha anguía. 383 00:31:22,464 --> 00:31:24,883 - Que é unha ETS? - Dáme o mando. 384 00:31:25,134 --> 00:31:26,510 - Matty. - Que fas? 385 00:31:26,594 --> 00:31:27,469 Solta. 386 00:31:31,015 --> 00:31:34,226 - Que foi iso? - Matty. Estás ben? 387 00:31:34,435 --> 00:31:35,603 Jos, que pasa? 388 00:31:35,686 --> 00:31:38,939 Foi sen querer. Foi un accidente. Só ía coller o mando. 389 00:31:39,023 --> 00:31:40,733 Matty. Déixame velo. 390 00:31:41,233 --> 00:31:43,569 Déixame ver. Quero ver. 391 00:31:43,652 --> 00:31:45,904 - Está ben? - Que lle pasou no ollo? 392 00:31:45,988 --> 00:31:49,408 Margot, dille a Frank que pare diante. Imos ao hospital. 393 00:31:49,867 --> 00:31:53,120 - Foi sen querer. - Non vai pasar nada. 394 00:31:53,203 --> 00:31:54,705 Todo vai ir ben. Calma. 395 00:32:53,180 --> 00:32:54,223 Vamos, Ndudi. 396 00:33:01,271 --> 00:33:04,608 - Que fas aquí? - Ola. Só quero falar. 397 00:33:05,025 --> 00:33:06,944 - Por favor... - Non podo saír. 398 00:33:18,455 --> 00:33:23,377 Non deberías estar aquí. Se nos ve a miña avoa, estamos acabados. 399 00:33:23,460 --> 00:33:25,003 Xa o sei, pero é que... 400 00:33:27,548 --> 00:33:31,093 Ndudi, síntoo moito. Perdoa. 401 00:33:31,969 --> 00:33:34,680 - Síntoo moito. É que... - É que que? 402 00:33:36,014 --> 00:33:38,225 É que... Necesitaba verte. 403 00:33:57,911 --> 00:33:59,580 Ofrecéronme traballo na CNN. 404 00:34:04,042 --> 00:34:06,420 - Espera, Ndudi... - Estou cabreada. 405 00:34:09,423 --> 00:34:13,761 Tunde, esa historia era miña. Atopeina eu. 406 00:34:15,179 --> 00:34:16,805 Ti nin quixeches vir. 407 00:34:19,183 --> 00:34:21,143 Andabas por aí con Adunola. 408 00:34:22,811 --> 00:34:25,439 Inventando parvadas sobre non sei que temas. 409 00:34:27,983 --> 00:34:29,526 E puxeches a miña cara 410 00:34:31,361 --> 00:34:34,239 en Internet para que a vexa todo mundo. 411 00:34:37,117 --> 00:34:41,038 E agora vés pedirme consello? 412 00:34:43,123 --> 00:34:46,001 - Estaste rindo de min, abi? - Non, Ndudi. 413 00:34:47,711 --> 00:34:52,674 Este é o meu consello: fai algo no que creas por unha vez. 414 00:34:58,597 --> 00:34:59,723 Sé un home, Tunde. 415 00:35:09,399 --> 00:35:13,570 Ndudi, non sei o que quero facer. 416 00:35:19,284 --> 00:35:20,661 Ese non é problema meu. 417 00:35:27,167 --> 00:35:28,001 Ndudi. 418 00:35:30,003 --> 00:35:32,798 Ndudi. Entra. 419 00:35:37,094 --> 00:35:40,305 Que fas aquí a estas horas da noite? 420 00:35:41,098 --> 00:35:41,932 Marcha. 421 00:36:25,976 --> 00:36:29,313 Pero vas marchar? A mamá e a papá vailles dar algo. 422 00:36:29,396 --> 00:36:31,815 Esta é unha oportunidade única. 423 00:36:31,899 --> 00:36:34,693 Chamáronme da CNN. Queren que faga reportaxes. 424 00:36:34,776 --> 00:36:37,446 Reportaxes? Tío, se só te gravas a ti mesmo. 425 00:36:37,529 --> 00:36:41,700 Teño acceso a xente e a sitios aos que outros reporteiros non teñen. 426 00:36:41,783 --> 00:36:44,620 Papá non che vai deixar volver á casa. 427 00:36:44,953 --> 00:36:46,705 Abandonas a escola e todo. 428 00:36:46,788 --> 00:36:49,124 Iso é o que el quere. E o que eu quero? 429 00:36:51,001 --> 00:36:53,629 Dami, ten razón Ndudi. Teño que ser un home. 430 00:36:54,546 --> 00:36:56,048 Estou malgastando a vida. 431 00:36:56,590 --> 00:36:59,426 Sobre todo, estudando o que non me interesa, 432 00:36:59,635 --> 00:37:02,638 cun traballo intragable e sen rapazas atractivas. 433 00:37:05,015 --> 00:37:09,186 Entendo a maior parte do que dis. Pero o das rapazas? 434 00:37:10,020 --> 00:37:13,649 - Non están tan mal. - Dami, este poder esténdese. 435 00:37:14,358 --> 00:37:17,110 Vai cambiar as cousas en Nixeria 436 00:37:17,194 --> 00:37:20,030 e en todo o mundo de formas inimaxinables. 437 00:37:20,322 --> 00:37:24,576 Isto é unha animalada. Dami, Alá estame a indicar o camiño. 438 00:37:27,162 --> 00:37:28,372 É o meu destino. 439 00:37:31,291 --> 00:37:33,210 - Moi preto do ollo. - Oe, Jos. 440 00:37:33,710 --> 00:37:34,544 REVISA OS PEITOS 441 00:37:34,628 --> 00:37:35,712 Gústanche as tetas? 442 00:37:35,796 --> 00:37:38,173 Xa os coñeces. Sempre pelexan. 443 00:37:38,256 --> 00:37:39,091 Vale, si. 444 00:37:44,096 --> 00:37:45,472 Si, xa o sei. 445 00:37:46,598 --> 00:37:48,725 Amor, xa están os resultados. 446 00:37:50,352 --> 00:37:52,562 Boas novas. Ten ben os reflexos. 447 00:37:53,146 --> 00:37:56,441 Pechou rápido a pálpebra e só hai danos na pel. 448 00:37:56,817 --> 00:38:00,821 - Menos mal. - Pero... Sei que hai un "pero". 449 00:38:01,446 --> 00:38:02,823 Creo que o ten ben, 450 00:38:02,906 --> 00:38:07,160 pero consultade cun cirurxián plástico o estado do seu ollo. 451 00:38:07,828 --> 00:38:09,454 Podería estar afectado. 452 00:38:11,456 --> 00:38:12,499 Por Deus. 453 00:38:13,625 --> 00:38:15,877 - Moi ben. Moitas grazas. - Grazas. 454 00:38:16,086 --> 00:38:19,131 Doutor Stevens, vaia a coidados intensivos. 455 00:38:19,214 --> 00:38:22,426 Non pasa nada. Todo vai ir ben. 456 00:38:22,509 --> 00:38:25,470 Agora solucionan case todo cos enxertos. 457 00:38:25,637 --> 00:38:28,015 - Seguro que se pon ben. - Si. 458 00:38:34,021 --> 00:38:38,692 Amor, un momento. Volvo agora. Tash, que tal estás? 459 00:38:38,775 --> 00:38:40,569 - Ola. - Que tal? Canto tempo. 460 00:38:40,652 --> 00:38:41,778 Si. Véxote moi ben. 461 00:38:58,295 --> 00:38:59,463 Foi sen querer. 462 00:39:01,089 --> 00:39:03,592 - Sei que foi un accidente. - Déixao. 463 00:39:05,343 --> 00:39:06,386 Deixar o que? 464 00:39:08,180 --> 00:39:11,308 Non finxas que somos íntimas e que es unha supernai. 465 00:39:11,475 --> 00:39:13,435 Non finxo nada. 466 00:39:13,518 --> 00:39:16,271 Pasamos máis tempo xuntas hoxe ca nun ano. 467 00:39:17,230 --> 00:39:20,108 Porque agora son un lastre na túa vida perfecta. 468 00:39:21,068 --> 00:39:24,738 Jos, iso non é certo. Eu quérote. 469 00:39:26,907 --> 00:39:30,035 Sinto non pasar tanto tempo contigo. 470 00:39:30,869 --> 00:39:33,246 Cría que ti non querías pasalo comigo. 471 00:39:34,539 --> 00:39:35,373 Que? 472 00:39:37,417 --> 00:39:40,754 Vállame Deus. Por que fala de min? 473 00:39:41,838 --> 00:39:44,674 Jos, ven. Imos buscar respostas. 474 00:40:09,282 --> 00:40:13,662 Amor, está ben. Fan moitas destas cada día. Veña. 475 00:40:15,580 --> 00:40:19,084 Jos, tes que estar o máis queda posible, vale? 476 00:40:25,924 --> 00:40:29,261 - Mamá! Papá! - Sácaa. Xa! 477 00:40:30,178 --> 00:40:31,012 Mamá! 478 00:40:40,063 --> 00:40:41,898 - Podes volver poñelo? - Si. 479 00:40:49,030 --> 00:40:52,075 - Entón está ben? - Mira isto. 480 00:40:57,497 --> 00:40:59,624 - Que é iso? - Ves iso? 481 00:41:00,000 --> 00:41:03,503 Non lles sae das mans, sae de aí. 482 00:41:03,587 --> 00:41:06,965 Oínllelo a compañeiros doutros sitios, pero non o vira. 483 00:41:07,132 --> 00:41:09,759 Chegaron casos de rapazas con queimaduras. 484 00:41:10,969 --> 00:41:15,473 Pois Jos emitiu unha chispa ao pasar polo escáner. 485 00:41:15,557 --> 00:41:18,977 Estragou a máquina, pero temos esta preciosa e clara imaxe. 486 00:41:19,060 --> 00:41:22,772 Tecido muscular estriado, e conecta cos nervios da espiña dorsal 487 00:41:22,856 --> 00:41:25,066 nestes puntos, aquí e aí. 488 00:41:25,358 --> 00:41:28,153 Son células marcapasos? Coma o nó sinoauricular? 489 00:41:28,236 --> 00:41:31,364 - Iso explica o impulso eléctrico. - No meu idioma? 490 00:41:35,952 --> 00:41:38,580 - É un órgano. - É un órgano novo. 491 00:41:38,788 --> 00:41:40,707 Si. Un que xera electricidade. 492 00:41:42,876 --> 00:41:46,213 Iso é incrible. 493 00:41:46,338 --> 00:41:50,342 Non. O corazón, os ollos, o cerebro... Todos xeran electricidade. 494 00:41:50,425 --> 00:41:54,763 - Pero a diferenza é que este só fai iso. - De onde sae? 495 00:41:54,846 --> 00:41:58,058 Se fose só unha rapaza, sería unha mutación aleatoria. 496 00:41:58,141 --> 00:42:02,270 A natureza dá moitas sorpresas, xa o sei, pero son centos ou milleiros. 497 00:42:02,354 --> 00:42:06,066 Podería ser un cambio xenético que se activou. 498 00:42:06,608 --> 00:42:09,736 Algo que estaba aí latente e agora... 499 00:42:09,819 --> 00:42:11,196 E por que pasa iso? 500 00:42:11,279 --> 00:42:13,531 Será algo da contorna, ou? 501 00:42:13,615 --> 00:42:17,202 - Polución, contaminación do solo, estrés. - Supervivencia. 502 00:42:17,953 --> 00:42:18,787 Si. 503 00:42:20,163 --> 00:42:22,249 Meu Deus. Un momento. 504 00:42:22,332 --> 00:42:27,587 Entón, segundo vós, ou fomos nós os que lles provocamos isto 505 00:42:29,631 --> 00:42:32,050 ou desenvolvérono por necesidade. 506 00:42:45,146 --> 00:42:49,067 Ola. Liña privada de Dan. Deixa unha mensaxe ou chama á asistente. 507 00:42:56,408 --> 00:42:59,911 Que cona pasa, Margot? Ti sabes que hora é? 508 00:42:59,995 --> 00:43:01,162 Isto é acoso. 509 00:43:01,288 --> 00:43:04,416 É un órgano. As rapazas desenvolven un órgano novo. 510 00:43:04,499 --> 00:43:08,003 Están evolucionando. A electricidade, os lumes, o avión... 511 00:43:08,086 --> 00:43:11,298 Non fixemos nada. Debemos destinar máis recursos. 512 00:43:11,381 --> 00:43:14,634 - Cálmate, vale? Respira. - Non me mandes calmarme. 513 00:43:15,427 --> 00:43:16,886 Podería ser contaxioso. 514 00:43:16,970 --> 00:43:19,431 Como vai ser contaxioso? Non é evolución? 515 00:43:19,514 --> 00:43:22,392 Pero a nena do avión, Makayla Kelly, 516 00:43:23,143 --> 00:43:26,021 contaxioullo á auxiliar de voo. 517 00:43:27,480 --> 00:43:28,773 Como sabes iso? 518 00:43:29,983 --> 00:43:32,402 Interferícheste na investigación do FBI? 519 00:43:34,154 --> 00:43:37,699 Es un fillo de puta. Sabíalo todo e non me dixeches nada? 520 00:43:37,782 --> 00:43:39,034 Non llo dis á xente? 521 00:43:39,117 --> 00:43:42,329 Non teño obriga de compartir información reservada. 522 00:43:42,787 --> 00:43:44,289 Reservada para quen? 523 00:43:44,372 --> 00:43:47,417 Hai xente en Washington moito máis lista ca nós 524 00:43:47,500 --> 00:43:48,793 trazando plans. 525 00:43:48,877 --> 00:43:51,713 Ninguén quere precipitarse e causar o pánico. 526 00:43:51,796 --> 00:43:53,465 Agardaremos polas respostas. 527 00:43:53,548 --> 00:43:57,385 Non. Ti estás recadando fondos para a campaña do Senado 528 00:43:57,469 --> 00:43:59,471 e quedarías sen posibilidades. 529 00:43:59,554 --> 00:44:02,223 Daniel, isto é máis grave ca unha campaña. 530 00:44:02,474 --> 00:44:05,852 Temos que preparar os pais e as rapazas. 531 00:44:05,935 --> 00:44:07,937 Teñen que saber o que pasa. 532 00:44:08,021 --> 00:44:11,775 Pero non sabes o que pasa co mensaxeiro? Recordas o da COVID? 533 00:44:11,858 --> 00:44:14,652 Non penso poñer a cara e ser o albo dos cabreos. 534 00:44:14,736 --> 00:44:16,988 Agardaremos a ver o que di Washington. 535 00:44:17,072 --> 00:44:21,159 Mentres tanto, non nos poñamos histéricos e conteñamos os sentimentos. 536 00:44:21,618 --> 00:44:25,872 Encántache poñerte diante das cámaras cando podes quedar de heroe. 537 00:44:25,955 --> 00:44:28,249 Pero cando poderías servir de consolo, 538 00:44:28,333 --> 00:44:31,878 cando poderías axudar a que a xente non se sinta mal e soa, 539 00:44:32,253 --> 00:44:33,755 es un covarde. 540 00:44:34,672 --> 00:44:36,674 Non me toques os collóns, Margot. 541 00:44:37,592 --> 00:44:40,512 - Xa te aviso. - Si? Pois eu tamén. 542 00:44:44,182 --> 00:44:46,935 - É todo falso. - É unha loiada. 543 00:44:47,018 --> 00:44:49,938 Son noticias falsas. 544 00:44:50,021 --> 00:44:53,066 Recompilamos información, pero parece que é falso. 545 00:44:53,149 --> 00:44:55,026 Listo. Grazas. 546 00:44:55,944 --> 00:44:56,861 Grazas. 547 00:44:59,406 --> 00:45:01,449 - Lista? - E ti? 548 00:45:04,411 --> 00:45:08,331 Sinto que teñas que pasar por isto despois de todos os esforzos. 549 00:45:08,957 --> 00:45:13,586 Foi a túa promesa cando comezamos este camiño xuntas. 550 00:45:14,295 --> 00:45:17,382 Ti e máis eu neste fodido mundo da política. 551 00:45:17,674 --> 00:45:21,511 Imos causar sensación porque facemos o que hai que facer. 552 00:45:23,847 --> 00:45:27,809 - Si que é fodido. - Pois dálle lume. 553 00:45:27,892 --> 00:45:30,603 Hostia. Eu trouxen flocos de millo. 554 00:45:34,107 --> 00:45:34,941 Vale. 555 00:45:53,084 --> 00:45:54,043 Bo día. 556 00:45:55,587 --> 00:46:00,049 Levamos unha semana de moita axitación e estrés nesta fermosa cidade. 557 00:46:00,300 --> 00:46:03,511 Sei que moitos estades preocupados polos rumores 558 00:46:03,595 --> 00:46:05,305 e o que pasa nos institutos. 559 00:46:05,388 --> 00:46:09,767 Moita xente con moito poder está a dicir que é todo unha loiada. 560 00:46:10,894 --> 00:46:13,521 Rexeitan as probas que vemos e oímos. 561 00:46:15,273 --> 00:46:20,195 O certo é que isto non é ningunha loiada. 562 00:46:23,239 --> 00:46:28,369 Veño falarlles como alcaldesa, pero tamén quero falar como nai. 563 00:46:28,828 --> 00:46:32,832 Teño dúas fillas fermosas e non sei o que pensarán vostedes, 564 00:46:32,916 --> 00:46:37,128 {\an8}pero eu non quero que os políticos tomen decisións 565 00:46:37,212 --> 00:46:39,714 {\an8}sobre o corpo das miñas fillas. 566 00:46:40,215 --> 00:46:44,260 No pasado, todos vimos o que pasou cando non se lles deu ás mulleres 567 00:46:44,344 --> 00:46:46,429 información sobre os seus corpos. 568 00:46:46,513 --> 00:46:51,893 Todas vimos ou sentimos esa etapa de vergonza 569 00:46:52,769 --> 00:46:53,937 e desesperación. 570 00:46:54,854 --> 00:47:00,401 Abortos ás agachadas, adolescentes sen recursos forzadas a dar a luz, 571 00:47:00,485 --> 00:47:02,820 vítimas de violacións con medo a falar 572 00:47:03,154 --> 00:47:05,865 e nais sufrindo o posparto en silencio. 573 00:47:06,407 --> 00:47:08,618 Xa abonda de ocultarnos. 574 00:47:10,912 --> 00:47:12,914 Isto é todo o que sabemos. 575 00:47:14,707 --> 00:47:18,753 O tema da electricidade que teñen as adolescentes non é un virus. 576 00:47:18,836 --> 00:47:20,797 Contouche que ía facer isto? 577 00:47:23,383 --> 00:47:26,844 Os médicos detectaron a presenza dun órgano novo 578 00:47:26,928 --> 00:47:28,805 preto da clavícula das rapazas. 579 00:47:28,888 --> 00:47:31,849 Aparece de forma natural en rapazas de 12 a 19 anos 580 00:47:32,058 --> 00:47:34,561 e parece que se pode transferir. 581 00:47:34,644 --> 00:47:39,357 Este órgano imita os impulsos eléctricos do corazón, aparentemente. 582 00:47:39,816 --> 00:47:41,776 Non sabemos por que pasou isto. 583 00:47:41,859 --> 00:47:46,823 Non coñecemos o alcance nin o propósito deste poder. 584 00:47:47,615 --> 00:47:51,869 Enfrontarémonos xuntos a estas preguntas nos próximos meses. 585 00:47:54,080 --> 00:47:57,584 O mundo que coñecemos nunca volverá ser o mesmo. 586 00:48:02,130 --> 00:48:04,007 ...producen electricidade... 587 00:48:04,090 --> 00:48:07,260 - ...órgano composto... - ...milleiros de electrócitos. 588 00:48:07,343 --> 00:48:10,263 As células acumulan electricidade e logo sóltana. 589 00:48:10,346 --> 00:48:13,725 Só afecta as rapazas de entre 12 e 19 anos. 590 00:48:13,808 --> 00:48:15,768 Só as rapazas, por sorte. 591 00:48:15,935 --> 00:48:21,274 É un órgano que só se vira en peixes eléctricos ata o de agora. 592 00:48:21,524 --> 00:48:25,737 Pois só é... Pois... Seguimos. 593 00:48:25,820 --> 00:48:27,947 É crucial apoiar estas rapazas. 594 00:48:28,031 --> 00:48:31,492 Encerraranse se cómpre. 595 00:48:31,576 --> 00:48:33,578 A pena capital. 596 00:48:33,661 --> 00:48:34,954 Tranquilizantes. 597 00:48:35,246 --> 00:48:36,623 Actívase a lei marcial. 598 00:48:36,706 --> 00:48:38,416 Hai que actuar. 599 00:50:52,800 --> 00:50:54,802 Subtítulos: Antía López Cando 600 00:50:54,886 --> 00:50:56,888 Supervisora creativa: Paula Maneiro