1 00:00:06,089 --> 00:00:08,800 Preparan outro ataque. Temos menos de 24 horas. 2 00:00:08,800 --> 00:00:11,845 Se me salvan, a presidenta quererá verme. E Almora. 3 00:00:11,845 --> 00:00:14,764 O avión de Zadar aterra ás 0400 na base Andrews. 4 00:00:14,764 --> 00:00:17,642 O coche estará listo. Xa non será un problema. 5 00:00:17,642 --> 00:00:21,396 Liñas de comunicación abertas entre nós e todo polo puto guión. 6 00:00:21,980 --> 00:00:23,815 ANTERIORMENTE 7 00:00:26,276 --> 00:00:27,110 Sarah. 8 00:00:27,610 --> 00:00:29,029 Non! 9 00:00:29,029 --> 00:00:30,697 Tiñas que vixiala. 10 00:00:30,697 --> 00:00:32,323 Fuches ti, non eu! Ti! 11 00:00:32,323 --> 00:00:35,785 Sinto que teñas que inventar iso para calmar a conciencia. 12 00:00:35,785 --> 00:00:38,830 É a miña filla. Xa a poño eu a raia despois. 13 00:00:38,830 --> 00:00:42,584 E Sutherland e a sobriña? E se llo contaron a alguén? 14 00:00:42,584 --> 00:00:45,462 Hai fotos de ducias de páxinas. 15 00:00:45,462 --> 00:00:48,048 Son da sala da Acción Nocturna. A data e hora? 16 00:00:48,048 --> 00:00:49,549 Foi Farr. Sacounas ela. 17 00:00:49,549 --> 00:00:51,217 - É irrefutable. - Peter? 18 00:00:51,217 --> 00:00:54,012 Temos o vínculo de Farr co asasinato dos tíos de Rose. 19 00:00:54,012 --> 00:00:57,474 - Falaches con Travers ou Almora? - Almora non contesta. 20 00:00:57,474 --> 00:01:00,060 - A escolta de Zadar? - En teoría, en Blair House, 21 00:01:00,060 --> 00:01:03,605 pero chamei e non van recibir ninguén esta semana. 22 00:01:03,605 --> 00:01:05,815 - A onde o levarían? - A Camp David. 23 00:01:05,815 --> 00:01:07,358 - Marchamos. - A onde? 24 00:01:07,358 --> 00:01:09,819 A Camp David. A presidenta quere vervos. 25 00:01:09,819 --> 00:01:12,947 Señor Zadar, Servizos Secretos. Tivo boa viaxe? 26 00:01:12,947 --> 00:01:15,784 - A canto está Camp David? - Menos dunha hora. 27 00:01:15,784 --> 00:01:17,827 Nunca vira eses axentes. 28 00:01:22,207 --> 00:01:26,252 Párao. Sabemos que ti, Redfield e Wick estabades detrás do atentado 29 00:01:26,252 --> 00:01:30,340 e que planeades matar a Zadar e a presidenta en Camp David. 30 00:01:30,340 --> 00:01:31,508 De que falas? 31 00:01:31,508 --> 00:01:32,759 Para de actuar! 32 00:01:32,759 --> 00:01:37,889 - Nunca lle faría dano a Michelle Travers. - Imos para Camp David. Vasnos meter ti. 33 00:01:51,903 --> 00:01:54,114 {\an8}A ver, Petey. Veña, ti e mais eu. 34 00:01:54,114 --> 00:01:55,115 {\an8}ONCE ANOS ANTES 35 00:01:55,115 --> 00:01:56,324 {\an8}Con esa roupa? 36 00:01:56,324 --> 00:01:58,827 {\an8}A ver como te vendes aos da universidade. 37 00:01:58,827 --> 00:02:00,995 - Non me podes cubrir. - Ai, non? 38 00:02:02,038 --> 00:02:03,039 Demóstrao. 39 00:02:14,217 --> 00:02:16,219 - Papá? - Non pasa nada. 40 00:02:19,097 --> 00:02:20,598 Que foi, Alex? 41 00:02:20,598 --> 00:02:22,475 Témosche que rexistrar a casa. 42 00:02:23,768 --> 00:02:25,061 Estarás de broma. 43 00:02:25,854 --> 00:02:27,021 Síntoo, pero non. 44 00:02:28,106 --> 00:02:31,651 - Non ten graza. Diante de meu fillo? - Síntoo, Pete. 45 00:02:33,903 --> 00:02:35,280 - Ídesme deter? - Deter? 46 00:02:35,280 --> 00:02:36,197 Non. 47 00:02:36,781 --> 00:02:37,615 Por agora. 48 00:02:38,199 --> 00:02:41,870 - Necesito os discos duros e o teléfono. - Os discos? Para que? 49 00:02:41,870 --> 00:02:43,955 Alex, explícame que está pasando. 50 00:02:44,914 --> 00:02:45,915 O teléfono, Pete. 51 00:02:52,046 --> 00:02:53,715 - E o de Petey. - Unha merda. 52 00:02:53,715 --> 00:02:57,302 Non lle vas faltar ao respecto a un axente do FBI e amigo. 53 00:02:57,886 --> 00:03:00,430 Estamos no mesmo equipo. Dálle o teu móbil. 54 00:03:02,140 --> 00:03:04,017 - Grazas. - Síntoo. 55 00:03:04,976 --> 00:03:05,977 Xa o sei, Petey. 56 00:03:07,312 --> 00:03:08,313 Eu tamén. 57 00:03:30,084 --> 00:03:32,629 - Sei o que pensas. - Non sabes, non. 58 00:03:32,629 --> 00:03:37,091 Non souben o do atentado de antemán. Eu non tiven que ver. Eu só o... 59 00:03:37,091 --> 00:03:38,718 Encubriches? Moito mellor. 60 00:03:38,718 --> 00:03:43,097 Se se coñecesen todas as cagadas e escándalos, a sociedade viríase abaixo. 61 00:03:43,097 --> 00:03:47,685 Non penses que non pasa en todos os despachos e ramas do goberno, a diario. 62 00:03:47,685 --> 00:03:50,480 "Todos son corruptos", "o sistema non ten arranxo", 63 00:03:50,480 --> 00:03:52,774 "por que intentalo?", "facía o meu traballo"... 64 00:03:52,774 --> 00:03:54,901 Tes algunha outra escusa barata? 65 00:03:54,901 --> 00:03:58,363 Cal é o meu traballo, á parte de protexer a presidenta? 66 00:03:58,363 --> 00:03:59,822 Son cálculos morais? 67 00:03:59,822 --> 00:04:03,201 Matar uns poucos para salvar moitos? Moitos para salvar a nación? 68 00:04:03,201 --> 00:04:07,080 Oxalá puidese impedir que Redfield e Wick puxesen aquela bomba. 69 00:04:07,080 --> 00:04:09,624 Pero encubrilo non era negociable. 70 00:04:10,208 --> 00:04:13,503 Se Travers non iniciase a Acción Nocturna, isto non pasaba. 71 00:04:13,503 --> 00:04:16,256 Soubemos que os Campbell se reuniran con Zadar 72 00:04:16,256 --> 00:04:20,510 e supuxemos que o informaran. A investigación tiña que pecharse. 73 00:04:20,510 --> 00:04:22,095 Matando boas persoas. 74 00:04:27,308 --> 00:04:28,726 Por que me escolliches? 75 00:04:28,726 --> 00:04:31,604 - Crin que podía contar contigo. - Controlarme. 76 00:04:31,604 --> 00:04:33,690 Esperaba non ter que facelo. 77 00:04:35,108 --> 00:04:36,943 Cres todo iso de verdade, non? 78 00:04:36,943 --> 00:04:40,071 Non paro de pensar como alguén pode facer algo así. 79 00:04:40,071 --> 00:04:42,699 Mentir e matar e logo durmir á noite. 80 00:04:43,408 --> 00:04:48,288 Convencícheste de que esta filosofía de Sun Tzu con Maquiavelo é a que vale. 81 00:04:48,288 --> 00:04:50,957 - Non espero que o entendas. - Enténdoo ben. 82 00:04:51,666 --> 00:04:55,795 Asasinaches a meus tíos porque te descubriron. Punto. 83 00:04:55,795 --> 00:04:59,757 Non estabas protexendo o país nin a presidenta, senón a ti mesma. 84 00:04:59,757 --> 00:05:03,970 Déixate de escusas baratas e dá grazas que non son eu a da pistola. 85 00:05:15,606 --> 00:05:16,482 De acordo. 86 00:05:20,069 --> 00:05:21,446 - Es novo? - Si. 87 00:05:22,155 --> 00:05:23,823 - Como te chamas? - Walter. 88 00:05:23,823 --> 00:05:26,701 Walter, tiña que traer equipaxe para máis tempo? 89 00:05:29,579 --> 00:05:30,830 Gústame ir preparado. 90 00:05:32,623 --> 00:05:34,083 Onde vai Garza? 91 00:05:34,917 --> 00:05:35,752 Está enfermo. 92 00:05:36,336 --> 00:05:39,213 Dirás "enferma". Está "enferma". 93 00:05:43,760 --> 00:05:45,428 Somos todos novos no equipo. 94 00:05:50,016 --> 00:05:53,394 - Como o van facer Redfield e Wick? - Explosivos, supoño. 95 00:05:53,394 --> 00:05:56,189 Ese era o plan cando o obxectivo era só Zadar. 96 00:05:57,440 --> 00:05:59,275 Non souben os detalles, pero... 97 00:05:59,776 --> 00:06:03,738 a idea é que, canta máis confusión e cantas máis partes en conflito, 98 00:06:03,738 --> 00:06:08,242 máis sospeitosos potenciais e máis fácil é negar, negar, negar. 99 00:06:08,242 --> 00:06:10,370 E atopar cabezas de turco. 100 00:06:10,370 --> 00:06:13,706 Co relato do Zadar terrorista, era a opción obvia. 101 00:06:13,706 --> 00:06:17,627 As noticias, Twitter e os Elliot Rome de Internet farían o resto. 102 00:06:18,211 --> 00:06:19,420 Como fixeron comigo. 103 00:06:21,214 --> 00:06:23,674 Por iso me puxeches na Acción Nocturna. 104 00:06:24,384 --> 00:06:27,387 Se a cousa che ía mal, podíasme botar as culpas. 105 00:06:36,020 --> 00:06:37,939 - Que fas? - Non vos deixan pasar 106 00:06:37,939 --> 00:06:40,316 - sen estardes na lista. - Ti estás? 107 00:06:40,316 --> 00:06:43,236 - Eu son a xefa de gabinete. - Nós como entramos? 108 00:06:43,236 --> 00:06:44,737 No maleteiro. 109 00:06:46,739 --> 00:06:47,573 Unha merda! 110 00:06:47,573 --> 00:06:52,995 Eu quero salvar a miña presidenta e amiga, pero vós tedes a arma e decidides vós. 111 00:06:52,995 --> 00:06:54,831 Queredes entrar ou non? 112 00:06:58,376 --> 00:07:02,588 - Que fixo para que confíes nela? - Non confío nela, necesítoa. 113 00:07:10,930 --> 00:07:12,765 E se nos traizoa? Outra vez? 114 00:07:14,350 --> 00:07:15,268 É a única vía. 115 00:07:24,235 --> 00:07:26,154 Se sae mal, xa sabes como acaba. 116 00:07:26,154 --> 00:07:29,991 Vivo ou morto, vanche botar as culpas, como dicías. 117 00:07:30,783 --> 00:07:31,826 Ti métenos. 118 00:07:47,008 --> 00:07:50,678 Un saúdo rápido en Laurel Lodge e xa te podes ir tombar. 119 00:07:50,678 --> 00:07:53,181 A presidenta tamén quere ver a Chelsea? 120 00:07:53,181 --> 00:07:56,517 Iso despois. Primeiro quere verte só a ti. 121 00:07:59,228 --> 00:08:02,482 Briggs, necesito falar con Almora. Dásme un comunicador? 122 00:08:02,482 --> 00:08:06,736 As comunicacións caeron. Estanas arranxando. Vouno ver en Aspen. 123 00:08:06,736 --> 00:08:09,405 Dígolle que estás en Laurel. Sigue a Walter. 124 00:08:15,828 --> 00:08:17,038 Que dixo teu pai? 125 00:08:17,705 --> 00:08:19,624 Vou ver a Travers eu soa. 126 00:08:19,624 --> 00:08:23,085 En canto esteas a tres metros dela, avísaa. 127 00:08:23,085 --> 00:08:26,881 - Sen detalles, dille que está en perigo. - Ti onde vas estar? 128 00:08:26,881 --> 00:08:28,633 Aínda non sei, pero búscote. 129 00:09:04,627 --> 00:09:05,753 Maddie, por aquí. 130 00:09:07,255 --> 00:09:09,507 Arrington, por aquí. 131 00:09:12,969 --> 00:09:14,136 Vai estar ben. 132 00:09:14,679 --> 00:09:15,513 Veña. 133 00:09:32,280 --> 00:09:33,656 E a presidenta? 134 00:09:34,490 --> 00:09:37,577 Vén de camiño. Cóntoche máis agora. 135 00:09:46,794 --> 00:09:47,878 Tranquila, cariño. 136 00:10:09,317 --> 00:10:10,860 E a maleta? 137 00:10:14,280 --> 00:10:16,991 - Hai baño aquí? - Senta aí. 138 00:10:17,908 --> 00:10:19,076 Non imos tardar. 139 00:10:33,466 --> 00:10:34,800 Son Diane Farr. 140 00:10:36,677 --> 00:10:39,764 - A xefa de gabinete. - Perdoe, non a recoñecera. 141 00:10:39,764 --> 00:10:41,515 Necesito ver a presidenta. 142 00:10:44,810 --> 00:10:45,936 Non está na lista. 143 00:10:45,936 --> 00:10:50,524 Tiña que ir a outro sitio, pero xurdiu unha urxencia de seguridade nacional. 144 00:10:50,524 --> 00:10:51,567 Chama a Almora. 145 00:10:51,567 --> 00:10:54,070 A radio non vai. Algo na torre de comunicacións. 146 00:10:54,070 --> 00:10:57,865 Problema voso. Eu veño en nome da presidenta, a vosa comandanta. 147 00:10:57,865 --> 00:10:59,950 Revisaches credenciais e vehículo. 148 00:10:59,950 --> 00:11:03,120 Déixame pasar para axudar a líder do mundo libre. 149 00:11:04,580 --> 00:11:06,123 - Todo ben? - Case. 150 00:11:06,123 --> 00:11:07,333 Abra o maleteiro. 151 00:11:07,333 --> 00:11:10,002 A cona bendita! Non teño tempo para isto! 152 00:11:10,002 --> 00:11:12,713 Se non queredes unha crise internacional, 153 00:11:12,713 --> 00:11:16,425 abride xa e non vos pido o voso nome nin o do voso comandante. 154 00:11:18,886 --> 00:11:19,720 De acordo. 155 00:11:20,763 --> 00:11:21,722 Que teña bo día. 156 00:11:32,900 --> 00:11:33,734 Por aquí. 157 00:12:06,517 --> 00:12:09,770 - Isto que é? - Un sitio onde estarmos seguros. 158 00:12:12,940 --> 00:12:17,027 - Non quero estar aquí. - Xa non tarda en acabar todo, prometido. 159 00:12:19,655 --> 00:12:20,656 Que pasa? 160 00:12:21,615 --> 00:12:24,201 - Por que estamos aquí? - Para protexernos. 161 00:12:24,201 --> 00:12:29,123 Escoita, a presidenta vaise reunir cun home aquí, hoxe. 162 00:12:29,123 --> 00:12:30,750 Omar Zadar. 163 00:12:31,250 --> 00:12:32,960 É un terrorista, Maddie. 164 00:12:32,960 --> 00:12:35,796 Levamos décadas a loitar contra xente coma el. 165 00:12:35,796 --> 00:12:41,218 Intentei explicarlle isto a Travers, pero non entende de política real. 166 00:12:41,218 --> 00:12:44,638 É branda, e iso faina igual de perigosa ca el. 167 00:12:44,638 --> 00:12:48,309 - Se é tan perigoso, por que está aquí? - Aí está. 168 00:12:48,309 --> 00:12:52,021 Co sangue que ten nas mans, quen sabe o que podería pasar? 169 00:12:52,021 --> 00:12:54,940 - Necesitamos estar preparados. - Para que? 170 00:12:54,940 --> 00:12:59,361 Este é o lugar máis seguro de Camp David. Temos que quedar aquí por agora. 171 00:12:59,361 --> 00:13:02,448 Sentar e esperar. 172 00:13:03,574 --> 00:13:04,992 Papá, que fixeches? 173 00:13:05,534 --> 00:13:08,078 Cometín erros. Perdín a conta de cantos. 174 00:13:11,749 --> 00:13:13,083 Cando morreu Sarah, 175 00:13:13,083 --> 00:13:17,129 non sabía que facer con toda aquela dor e rabia, 176 00:13:17,129 --> 00:13:19,840 e boteicho todo enriba. 177 00:13:20,341 --> 00:13:22,218 Porteime de puta pena. 178 00:13:22,802 --> 00:13:24,386 Por que falas de Sarah? 179 00:13:24,386 --> 00:13:28,724 Porque, cariño, nunca foi culpa túa. 180 00:13:28,724 --> 00:13:30,851 Foi todo culpa miña, Maddie. 181 00:13:36,315 --> 00:13:37,900 Foi sempre culpa miña... 182 00:13:39,193 --> 00:13:40,694 e síntoo... 183 00:13:42,404 --> 00:13:44,698 síntoo moitísimo. 184 00:13:46,951 --> 00:13:48,494 Isto vai acabar pronto. 185 00:13:48,994 --> 00:13:52,289 Só necesito que non me fagas máis preguntas. 186 00:13:52,957 --> 00:13:53,791 Si? 187 00:13:58,337 --> 00:13:59,672 Quero empezar de novo. 188 00:14:02,800 --> 00:14:03,759 Por favor. 189 00:14:15,646 --> 00:14:18,399 - Quietos mentres busco a Almora. - Onde vai ser? 190 00:14:18,399 --> 00:14:20,985 Nunha reunión, no interior. Esperade aquí. 191 00:14:23,946 --> 00:14:26,949 - Diane? Que fas aquí? - Veño falar coa presidenta. 192 00:14:26,949 --> 00:14:30,286 - Como entraches? - Non hai tempo. Está en perigo. 193 00:14:30,286 --> 00:14:32,121 Diane, contesta a pregunta. 194 00:14:37,585 --> 00:14:38,961 Aquí non hai escolta. 195 00:14:39,837 --> 00:14:40,880 Iso significa... 196 00:14:40,880 --> 00:14:42,381 Que Travers non está aí. 197 00:14:43,340 --> 00:14:44,258 Vamos. 198 00:14:45,384 --> 00:14:48,804 - Onde está? - Está cunhas chamadas na cabana Rosebud. 199 00:14:48,804 --> 00:14:51,056 Hai que evacuala de Camp David xa. 200 00:14:51,056 --> 00:14:54,351 Evacuala? Dentro de 15 minutos, vaise reunir con Zadar. 201 00:14:54,351 --> 00:14:58,355 - Hai unha bomba na propiedade. - Imposible. Isto é unha fortaleza. 202 00:14:58,355 --> 00:14:59,773 Vén de dentro. 203 00:14:59,773 --> 00:15:03,527 - E ti como o sabes? - Escóitame. Hai unha bomba en Camp David. 204 00:15:03,527 --> 00:15:06,405 Hai que evacuar a Travers. Chama a súa escolta. 205 00:15:06,405 --> 00:15:10,826 - Non podo. As comunicacións caeron. - Non tiña que estar aquí, Farr. 206 00:15:12,494 --> 00:15:13,746 Hostia! 207 00:15:48,656 --> 00:15:49,490 Ai, Deus. 208 00:15:50,491 --> 00:15:51,367 Toma. 209 00:15:52,910 --> 00:15:54,036 Ola? 210 00:15:54,995 --> 00:15:56,246 Segue caído. 211 00:15:58,958 --> 00:16:01,293 Hai un edificio de comunicacións. 212 00:16:02,294 --> 00:16:05,839 Todo o de Camp David pasa por alí. Seguro que Wick o atacou. 213 00:16:05,839 --> 00:16:09,176 - Se é un ciberataque, podería arranxalo. - Onde é? 214 00:16:09,176 --> 00:16:11,679 - É seguro? - Frecuencia pechada. Adiante. 215 00:16:11,679 --> 00:16:15,182 Necesito reforzos ao leste de Aspen Lodge. Está Sutherland. 216 00:16:15,182 --> 00:16:18,811 - Laurel, es o máis próximo. Recíbesme? - Recibido. Ocupado. 217 00:16:21,105 --> 00:16:22,564 Xa vai a radio, non? 218 00:16:23,607 --> 00:16:25,275 Xa podo falar con Almora? 219 00:16:29,279 --> 00:16:31,156 Imos aló. Boyle, canto tardan? 220 00:16:32,741 --> 00:16:34,118 Boyle, óesme? 221 00:16:35,119 --> 00:16:38,038 - Están a cinco minutos. - Doulle dez, logo. 222 00:16:41,208 --> 00:16:43,919 En tres, dous, un. 223 00:16:45,671 --> 00:16:46,547 Listo. 224 00:17:21,582 --> 00:17:24,084 Alguén viu un maletín negro ríxido? 225 00:17:24,084 --> 00:17:25,044 Ninguén? 226 00:17:25,836 --> 00:17:26,670 Deus! 227 00:17:27,421 --> 00:17:29,256 Papá, non tes que facer o que... 228 00:17:29,256 --> 00:17:33,135 É unha guerra. Polas ideas, pola liberdade. 229 00:17:33,635 --> 00:17:34,553 Entendes? 230 00:17:34,553 --> 00:17:37,973 A presidenta agora é o inimigo. 231 00:17:39,224 --> 00:17:40,434 A ti voute protexer. 232 00:17:41,226 --> 00:17:43,604 Papá, por favor... 233 00:17:45,147 --> 00:17:46,857 párao, sexa o que sexa. 234 00:17:49,693 --> 00:17:51,612 Aínda que puidese... 235 00:17:53,238 --> 00:17:54,907 isto xa non se pode parar. 236 00:18:06,335 --> 00:18:07,503 SÓ PERSOAL DA WHCA 237 00:18:11,048 --> 00:18:14,301 - Sam, es ti? - Non, mandounos por se necesitas axuda. 238 00:18:14,301 --> 00:18:16,929 Só se sabedes de comunicacións militares. 239 00:18:16,929 --> 00:18:21,141 Estás de sorte. Desde aquí tamén se manexan os servizos móbiles? 240 00:18:21,141 --> 00:18:23,852 Móbil, wifi, UHF, VHF. 241 00:18:24,436 --> 00:18:28,190 Algún hackeo externo. Se o saben os rusos, temos un problema. 242 00:18:28,190 --> 00:18:29,316 Podo mirar? 243 00:18:38,117 --> 00:18:39,076 É un desastre. 244 00:18:39,076 --> 00:18:42,412 Isto cobre todas as ondas de radio da propiedade? 245 00:18:42,412 --> 00:18:44,706 Si. Todo menos o tráfico aéreo. 246 00:18:44,706 --> 00:18:45,749 Por que? 247 00:18:45,749 --> 00:18:49,545 Se as comunicacións caeron, non se pode hackear desde fóra, 248 00:18:49,545 --> 00:18:51,380 - sen unha... - Conexión directa. 249 00:19:07,354 --> 00:19:08,772 Estás ben? 250 00:19:08,772 --> 00:19:09,898 Si. Ti? 251 00:19:09,898 --> 00:19:12,359 - Cantos máis hai? - Nin idea. 252 00:19:12,359 --> 00:19:16,530 Parece que aínda ten o walkie, así que non está todo caído. 253 00:19:16,530 --> 00:19:18,407 Pois o sinal non sae de aquí. 254 00:19:18,407 --> 00:19:22,369 - Deben ter un canal pechado. - Poderás poñer isto a funcionar? 255 00:19:22,369 --> 00:19:23,996 - Farei o que poida. - Ben. 256 00:19:27,416 --> 00:19:28,792 - Si? - Son Briggs. 257 00:19:28,792 --> 00:19:33,380 Veu Farr con Sutherland e a moza. Tiven que ocuparme de Farr e Almora, 258 00:19:33,380 --> 00:19:35,340 pero está indo todo ao carallo. 259 00:19:35,340 --> 00:19:38,302 - Redfield está no seu posto? - Si, xa o activei. 260 00:19:39,094 --> 00:19:41,471 - Temos seis minutos. - Ei, ti podes. 261 00:19:41,471 --> 00:19:43,557 Non tiña alternativa, non? 262 00:19:43,557 --> 00:19:44,850 Fai o que faga falta 263 00:19:44,850 --> 00:19:46,768 e eu hei estar aquí ao acabar. 264 00:20:06,997 --> 00:20:10,709 Estes deben ser para a rede de datos. Este router, para a radio. 265 00:20:10,709 --> 00:20:14,880 Se o dou posto a funcionar, os Servizos Secretos poderán comunicarse. 266 00:20:14,880 --> 00:20:18,675 - Moi ben, adiante. - Preparados. A presidenta está a chegar. 267 00:20:18,675 --> 00:20:21,720 - O que? - Confirma se o maletín está colocado. 268 00:20:23,138 --> 00:20:25,265 Confirma se o maletín está colocado. 269 00:20:29,978 --> 00:20:30,812 Confirmado. 270 00:20:30,812 --> 00:20:32,522 Alguén viu a Sutherland? 271 00:20:34,107 --> 00:20:35,108 Non está aquí. 272 00:20:35,108 --> 00:20:39,446 Despois da rolda de prensa, esperaba que puidésemos falar os dous sós. 273 00:20:40,572 --> 00:20:41,406 Por suposto. 274 00:20:41,406 --> 00:20:44,826 Boyle, en marcha? Dous sinais para confirmalo. 275 00:20:45,953 --> 00:20:48,330 Ben. Queda cerca do edificio no momento. 276 00:20:48,330 --> 00:20:52,501 Se a primeira non os alcanza, plan de continxencia. Catro minutos. 277 00:20:52,501 --> 00:20:54,753 Eu estou no bosque ao sur de Laurel. 278 00:20:54,753 --> 00:20:56,755 - Que pasa? - Está en marcha. 279 00:20:56,755 --> 00:21:00,092 - Ti intenta retomar as comunicacións. - A onde vas? 280 00:21:00,092 --> 00:21:02,094 - Vou intentar impedilo. - Peter! 281 00:21:02,928 --> 00:21:03,762 O carallo. 282 00:21:12,062 --> 00:21:13,689 Perdoa, tes que estar aquí? 283 00:21:13,689 --> 00:21:18,527 - Servizos Secretos. A reunión é aquí? - Non, sesión de fotos antes da comida. 284 00:21:18,527 --> 00:21:20,946 - Que buscas? - Un maletín ríxido negro. 285 00:21:20,946 --> 00:21:24,616 Pedinlles aos fotógrafos que puxesen todo na sala do lado. 286 00:21:57,899 --> 00:21:59,609 A presidenta, a dous minutos. 287 00:22:06,116 --> 00:22:07,034 Párao, Briggs! 288 00:22:07,034 --> 00:22:10,704 - Parade e buscade unha saída. - A presidenta vén de camiño. 289 00:22:10,704 --> 00:22:14,916 Hai unha bomba no edificio. Tes que sacar a todo o mundo xa. Vamos! 290 00:22:16,668 --> 00:22:17,878 E se quero saír? 291 00:22:19,046 --> 00:22:19,921 Que dis? 292 00:22:19,921 --> 00:22:23,175 Que pasa se quero saír agora mesmo? 293 00:22:23,175 --> 00:22:27,387 Por que ías querer facer iso? Aí arriba non é seguro. Somos un equipo. 294 00:22:27,387 --> 00:22:28,555 Non podo seguir. 295 00:22:28,555 --> 00:22:31,600 - Con que? - Sorrindo coma se todo fose normal. 296 00:22:32,851 --> 00:22:34,519 - Non penso seguir. - Maddie... 297 00:22:35,312 --> 00:22:37,439 - está a piques de pasar. - Non podo. 298 00:22:37,439 --> 00:22:39,066 - Non sobrevivirás! - Abre! 299 00:22:39,983 --> 00:22:41,234 Dille que abra. 300 00:22:46,365 --> 00:22:48,158 Non vou gardar este segredo. 301 00:22:50,035 --> 00:22:52,996 Voulle contar todo a todo o mundo 302 00:22:54,122 --> 00:22:56,208 e voute afundir na puta miseria. 303 00:23:03,882 --> 00:23:04,716 Déixaa saír. 304 00:23:40,001 --> 00:23:41,753 Veña, veña, veña... 305 00:23:43,004 --> 00:23:44,297 Aí, hostia! 306 00:23:51,096 --> 00:23:54,474 A radio xa vai! Dáme o walkie. Tes que evacuar o edificio. 307 00:23:54,474 --> 00:23:57,853 A todos os axentes, código 2 en Laurel Lodge. Non entren. 308 00:23:57,853 --> 00:24:00,439 - Bomba no edificio. - Recibido, desviando. 309 00:24:00,439 --> 00:24:02,649 Unha bomba, presidenta. Por aquí. 310 00:24:16,371 --> 00:24:17,330 Estou aquí! 311 00:24:17,330 --> 00:24:18,498 Párao! 312 00:24:19,082 --> 00:24:20,542 - Párao! - Tira a arma! 313 00:24:21,126 --> 00:24:23,253 - Socorro! Está armado! - Báixaa xa! 314 00:24:23,253 --> 00:24:24,838 Quere matar a presidenta! 315 00:24:24,838 --> 00:24:28,091 Bomba! Despexade a zona! Traede o coche! 316 00:24:28,091 --> 00:24:30,760 - Temos 30 segundos! Veña! - Socorro! 317 00:24:31,303 --> 00:24:32,179 Socorro! 318 00:24:34,556 --> 00:24:36,558 - Axuda! - Maddie? 319 00:24:37,142 --> 00:24:38,143 Chelsea? 320 00:24:38,852 --> 00:24:39,686 O código! 321 00:24:41,229 --> 00:24:43,732 Catro, seis, un, sete. 322 00:25:00,957 --> 00:25:02,334 Que carallo foi iso? 323 00:25:04,503 --> 00:25:05,712 Ei, para! 324 00:25:15,597 --> 00:25:16,640 Feito. 325 00:25:19,309 --> 00:25:20,352 Señor presidente? 326 00:25:24,606 --> 00:25:27,859 Unidade un evacuando. Imos ao Marine One. 327 00:25:32,989 --> 00:25:35,116 - Briggs, recíbesme? - Aquí Briggs. 328 00:25:35,116 --> 00:25:38,286 Plan de continxencia. A presidenta vai ao Marine One. 329 00:25:39,120 --> 00:25:41,665 Abortade plan de continxencia. 330 00:25:41,665 --> 00:25:44,668 Demasiado tarde, está programado para a engalaxe. 331 00:25:46,586 --> 00:25:51,174 Sospeitoso branco, vinte e pico, visto cerca de Rosebud. A pé cara ao leste. 332 00:25:51,174 --> 00:25:54,302 - Armado e perigoso. Disparádelle. - Non disparedes! 333 00:25:54,302 --> 00:25:55,220 Quen fala? 334 00:25:55,720 --> 00:25:58,974 A todas as unidades, comunicacións comprometidas! 335 00:25:59,558 --> 00:26:00,809 Merda! 336 00:26:29,129 --> 00:26:30,380 Coidado! 337 00:26:30,380 --> 00:26:32,549 Detrás de ti! Está aquí Sutherland! 338 00:26:35,427 --> 00:26:36,845 - Sóltaa! - Escoitade! 339 00:26:36,845 --> 00:26:39,806 Hai unha bomba no Marine One. Vai estoupar ao engalar! 340 00:26:39,806 --> 00:26:41,808 - Sóltaa. - Non! Apagade o motor! 341 00:26:41,808 --> 00:26:45,186 - Tranquilos! Que queres, Peter? - Non a quero mancar. 342 00:26:45,186 --> 00:26:47,939 - Solta a puta arma! - Apagade o puto motor! 343 00:26:47,939 --> 00:26:49,024 Apagade o motor! 344 00:26:50,483 --> 00:26:52,402 Piloto, despexade o helicóptero. 345 00:27:07,876 --> 00:27:12,505 Atendédeme. Eu baixo a arma cando despexedes o helicóptero, si? 346 00:27:12,505 --> 00:27:13,632 Hai unha bomba! 347 00:27:13,632 --> 00:27:18,720 Ese axente estaba no allo, Briggs tamén e o vicepresidente. Queren matala, señora. 348 00:27:18,720 --> 00:27:20,513 Queren matar a presidenta! 349 00:27:20,513 --> 00:27:23,016 - A arma tela ti! - Despexádeo, hostia! 350 00:27:23,016 --> 00:27:26,561 - Cando soltes a arma. - Se a solto, dispáranme. 351 00:27:27,896 --> 00:27:30,565 Por favor. Eu non quero mancar a ninguén. 352 00:27:30,565 --> 00:27:32,442 Revisade a cabina. 353 00:27:33,985 --> 00:27:35,028 Revisádea! 354 00:27:35,737 --> 00:27:37,572 Buscade explosivos IED dentro. 355 00:27:39,324 --> 00:27:41,534 - Peter! - Mans onde as vexamos! 356 00:27:41,534 --> 00:27:44,996 - Mans arriba! - Non a matedes! Ela non ten que ver! 357 00:27:44,996 --> 00:27:49,626 - Non tes que facer isto. - Non a quero mancar. Nin a ninguén. 358 00:27:50,752 --> 00:27:51,670 Amo o meu país. 359 00:27:58,885 --> 00:27:59,719 Non hai nada. 360 00:28:00,804 --> 00:28:03,973 Xa está. No helicóptero non hai nada. Solta a arma xa. 361 00:28:03,973 --> 00:28:06,976 Está aí! Volvede mirar! Mirade agora mesmo! 362 00:28:07,602 --> 00:28:08,853 En posición. 363 00:28:08,853 --> 00:28:10,689 Cando o teñas, adiante. 364 00:28:18,405 --> 00:28:19,239 Esperade. 365 00:28:22,784 --> 00:28:23,743 Que? 366 00:28:23,743 --> 00:28:25,036 Atopamos algo. 367 00:28:27,997 --> 00:28:28,832 Que din? 368 00:28:30,959 --> 00:28:32,961 Que din? 369 00:28:38,258 --> 00:28:39,968 Despexade a zona! Abaixo! 370 00:29:15,795 --> 00:29:16,796 Abaixo. 371 00:29:19,716 --> 00:29:21,593 Abaixo! 372 00:29:26,848 --> 00:29:27,849 Por aquí, señora. 373 00:29:29,517 --> 00:29:30,894 Non! Esperade! 374 00:29:30,894 --> 00:29:32,437 Para! Para aí! 375 00:29:34,856 --> 00:29:36,191 Parade! Está con nós! 376 00:29:36,191 --> 00:29:39,277 Escoitádeme, podo explicalo todo. Por favor, parade. 377 00:29:39,277 --> 00:29:40,653 Tranquilos. 378 00:29:41,279 --> 00:29:42,155 Peter. 379 00:29:44,324 --> 00:29:45,158 Ei. 380 00:29:45,658 --> 00:29:47,744 - Estás ben? - E ti? 381 00:29:48,912 --> 00:29:50,497 Si. 382 00:29:51,289 --> 00:29:52,207 Estou ben. 383 00:29:52,749 --> 00:29:53,917 Seguro? 384 00:29:54,584 --> 00:29:56,211 Tes unha pinta de pena. 385 00:30:07,972 --> 00:30:10,058 Por aquí abaixo. Por aquí! 386 00:30:10,558 --> 00:30:11,559 Grazas a Deus! 387 00:30:13,645 --> 00:30:14,479 Atopeino. 388 00:30:14,479 --> 00:30:18,691 Oímos gritos e alguén que dixo "bomba" e logo unha explosión. 389 00:30:18,691 --> 00:30:19,609 Dúas, señor. 390 00:30:20,735 --> 00:30:21,778 Miña filla? 391 00:30:22,821 --> 00:30:23,655 Maddie? 392 00:30:24,364 --> 00:30:25,949 - Está...? - Está ben. 393 00:30:29,661 --> 00:30:30,787 Quérelle dicir ola? 394 00:30:58,231 --> 00:30:59,899 Oín a explosión. 395 00:31:03,111 --> 00:31:04,195 Está viva? 396 00:31:04,195 --> 00:31:08,658 Mira para aí, tirada nese estado e aínda pensando nos demais. 397 00:31:09,158 --> 00:31:10,618 Síntoo moito. 398 00:31:11,202 --> 00:31:12,120 Sabes que? 399 00:31:13,663 --> 00:31:14,789 Créocho. 400 00:31:15,498 --> 00:31:16,791 Pero, aínda así... 401 00:31:18,251 --> 00:31:20,003 estou desexando verte morta. 402 00:31:20,920 --> 00:31:22,088 Merézoo. 403 00:31:32,974 --> 00:31:34,601 Mereces algo peor. 404 00:31:36,686 --> 00:31:40,106 Por iso te vou manter viva ata que veñan os sanitarios. 405 00:31:40,106 --> 00:31:42,150 E, cando te estean xulgando, 406 00:31:42,901 --> 00:31:44,903 mirarei desde a primeira fila 407 00:31:45,403 --> 00:31:48,573 como limpas o nome de Peter e confesas o que fixestes. 408 00:31:50,783 --> 00:31:52,285 E logo irás ao cárcere. 409 00:31:53,202 --> 00:31:55,830 Os nenos aprenderán na escola a desprezarte. 410 00:31:57,790 --> 00:32:00,627 E, algún día, dentro de moitos, moitos anos, 411 00:32:02,128 --> 00:32:02,962 morrerás... 412 00:32:04,088 --> 00:32:04,964 soa... 413 00:32:06,674 --> 00:32:08,468 e verei o meu desexo cumprido. 414 00:32:09,427 --> 00:32:10,887 Ata ese momento... 415 00:32:13,348 --> 00:32:15,016 terei que ter paciencia. 416 00:32:35,787 --> 00:32:36,704 Peter. 417 00:32:37,330 --> 00:32:38,206 Rose. 418 00:32:38,873 --> 00:32:39,958 Por favor, pasade. 419 00:32:41,292 --> 00:32:43,795 Entendería que non quixésedes volver aquí. 420 00:32:43,795 --> 00:32:47,215 Non, señora presidenta. É unha honra, sempre. 421 00:32:47,715 --> 00:32:48,967 Por favor, sentade. 422 00:32:54,180 --> 00:32:58,643 Entendo por que queredes manter o anonimato en todo isto, 423 00:32:58,643 --> 00:33:01,980 pero dóeme non poder darvos as grazas ante o mundo. 424 00:33:02,772 --> 00:33:05,483 A vida é máis fácil cando non se fixan en ti. 425 00:33:06,067 --> 00:33:07,151 Concordo bastante. 426 00:33:07,735 --> 00:33:11,155 - Hai novas de Gordon Wick? - Aínda non, pero ímolo atopar. 427 00:33:12,407 --> 00:33:17,078 Se non me deixas colgarche a medalla, ten que haber algo que poida facer por ti. 428 00:33:17,578 --> 00:33:18,413 O que sexa. 429 00:33:19,205 --> 00:33:20,081 Pídeo. 430 00:33:28,214 --> 00:33:30,508 Quero saber a verdade sobre meu pai. 431 00:33:39,976 --> 00:33:41,102 Axente Arrington? 432 00:33:42,061 --> 00:33:44,814 Señor, parabéns polo nomeamento. 433 00:33:44,814 --> 00:33:47,775 As circunstancias son terribles, pero grazas. 434 00:33:49,318 --> 00:33:51,696 Aínda custa crelo. Dous dos mellores. 435 00:33:54,532 --> 00:33:56,492 Sei que estás de baixa, 436 00:33:56,492 --> 00:33:58,745 pero quíxente convocar 437 00:33:58,745 --> 00:34:01,914 por se mañá queres dicir unhas palabras na cerimonia. 438 00:34:02,540 --> 00:34:04,917 - Eu? - Eu non coñecía a Monks en persoa. 439 00:34:04,917 --> 00:34:08,713 - Quen mellor o coñecía era Almora. - Non o coñecín moito tempo. 440 00:34:09,464 --> 00:34:12,008 Entendo, pero queríacho ofrecer. 441 00:34:12,842 --> 00:34:14,635 - Todo o mundo sabe... - Espere... 442 00:34:16,054 --> 00:34:16,929 Veña. 443 00:34:17,638 --> 00:34:19,057 - Fágoo encantada. - Ben. 444 00:34:20,016 --> 00:34:24,145 Cando esteas lista para volver, a presidenta quérete na súa escolta. 445 00:34:26,230 --> 00:34:28,357 Invitación persoal dela. 446 00:34:31,486 --> 00:34:32,320 Pois... 447 00:34:32,820 --> 00:34:34,322 Grazas, señor. 448 00:34:35,239 --> 00:34:36,616 Tereino que pensar. 449 00:34:39,368 --> 00:34:40,369 Acepto. 450 00:34:43,581 --> 00:34:45,083 Xa che darei os detalles. 451 00:34:54,008 --> 00:34:55,927 - Chego tarde. - Non pasa nada. 452 00:34:56,969 --> 00:34:58,387 Que ben estar soas. 453 00:35:02,892 --> 00:35:05,144 Sabes que xa non me tes que protexer? 454 00:35:06,229 --> 00:35:09,440 Quen tardará máis en adaptarse á rutina nova? Ti ou eu? 455 00:35:09,440 --> 00:35:13,903 Seica Travers ofreceu ampliarche a protección ata despois de testificares. 456 00:35:13,903 --> 00:35:16,364 Si, e díxenlle que non. 457 00:35:16,364 --> 00:35:17,406 Iso tamén o oín. 458 00:35:18,366 --> 00:35:19,367 Por que? 459 00:35:20,284 --> 00:35:22,787 Teño que empezar a aprender a coidarme soa. 460 00:35:23,621 --> 00:35:24,747 Enténdote. 461 00:35:25,706 --> 00:35:28,334 E que vas facer? Volver á facultade? 462 00:35:28,334 --> 00:35:29,252 Viaxar. 463 00:35:29,252 --> 00:35:32,880 Estudar os mestres en Roma... Canto máis lonxe, mellor. 464 00:35:34,507 --> 00:35:35,341 Ti? 465 00:35:37,760 --> 00:35:39,053 Pois... 466 00:35:41,013 --> 00:35:42,515 teño un choio novo. 467 00:36:19,969 --> 00:36:21,345 Diga o seu nome. 468 00:36:21,345 --> 00:36:22,597 Peter Sutherland. 469 00:36:23,556 --> 00:36:26,309 - Peter Sutherland sénior. Correcto? - Si. 470 00:36:26,309 --> 00:36:29,187 Polo acordo de colaboración que acaba de asinar, 471 00:36:29,187 --> 00:36:32,106 entende que ningún dato que nos dea hoxe 472 00:36:32,106 --> 00:36:37,069 servirá como garantía de suspensión dunha posible sentenza. 473 00:36:37,069 --> 00:36:39,280 - Entende? - Entendo. 474 00:36:39,280 --> 00:36:42,366 A primeira vez que o abordou un axente estranxeiro 475 00:36:42,366 --> 00:36:45,453 foi en 2004. Si? 476 00:36:45,453 --> 00:36:46,370 Correcto. 477 00:36:46,370 --> 00:36:48,122 ¿Sabía naquel momento 478 00:36:48,122 --> 00:36:52,877 que aqueles eran axentes estranxeiros que pretendían minar os intereses dos EUA? 479 00:36:52,877 --> 00:36:54,754 Non, daquela non. 480 00:36:55,296 --> 00:36:56,214 Non. 481 00:36:56,964 --> 00:36:58,633 En que momento o soubo? 482 00:37:03,095 --> 00:37:04,096 Cando... 483 00:37:05,139 --> 00:37:06,224 ofreceron pagarme. 484 00:37:07,141 --> 00:37:08,434 Pagarlle por que? 485 00:37:08,935 --> 00:37:12,688 Información sobre contratistas privados, 486 00:37:12,688 --> 00:37:16,400 historias comerciais que pensei que non levaban a ningures. 487 00:37:16,400 --> 00:37:18,277 E a onde levaron? 488 00:37:24,450 --> 00:37:25,368 Perdón. 489 00:37:27,161 --> 00:37:28,579 A onde levaron? 490 00:37:31,123 --> 00:37:33,751 - Á brecha no Pentágono. - E iso a onde...? 491 00:37:54,230 --> 00:37:55,064 Grazas... 492 00:37:56,524 --> 00:37:57,400 por... 493 00:37:58,484 --> 00:38:01,195 - Por iso. - Sei que non era o que querías oír. 494 00:38:03,322 --> 00:38:05,449 Se cadra si. 495 00:38:06,284 --> 00:38:08,995 Cabreábame moito a idea de que fose inocente 496 00:38:09,495 --> 00:38:11,414 e morrese antes de demostralo. 497 00:38:12,999 --> 00:38:15,126 Pero oílo confesar foi... 498 00:38:15,626 --> 00:38:18,379 Queres saber por que colaborou nesa gravación? 499 00:38:19,588 --> 00:38:21,799 Aceptara pasar a ser un axente dobre. 500 00:38:21,799 --> 00:38:23,926 Estaba en proceso de preparación, 501 00:38:23,926 --> 00:38:28,097 pero matouno un sicario estranxeiro para impedir que nos axudase. 502 00:38:33,853 --> 00:38:36,480 Non foi un accidente de coche? 503 00:38:37,106 --> 00:38:37,940 Non. 504 00:38:39,567 --> 00:38:41,110 Nin un suicidio? 505 00:38:42,153 --> 00:38:43,029 Non. 506 00:38:44,113 --> 00:38:47,950 A Delta Force localizou e matou o sicario hai sete anos. 507 00:38:48,534 --> 00:38:53,914 Pero a opinión pública nunca o saberá. Nin iso nin a verdade sobre teu pai. 508 00:38:53,914 --> 00:38:54,874 Quen o matou? 509 00:38:54,874 --> 00:38:59,962 Hai cousas que, se che conto, te poñerían en situación de axudar o país 510 00:38:59,962 --> 00:39:03,883 de xeitos que moi poucos valorarán, pero son de vital importancia. 511 00:39:05,176 --> 00:39:07,428 Estivécheste botando a perder no soto, 512 00:39:07,928 --> 00:39:09,055 nesa sala. 513 00:39:11,140 --> 00:39:13,225 E se te poño ao outro lado da liña? 514 00:39:14,727 --> 00:39:16,395 As raíces da Acción Nocturna 515 00:39:16,395 --> 00:39:19,940 son máis profundas e chegan máis lonxe do que imaxinas. 516 00:39:20,524 --> 00:39:21,942 Entre continentes. 517 00:39:24,820 --> 00:39:26,614 Queres ser un axente nocturno? 518 00:39:32,328 --> 00:39:35,164 FORZA AÉREA DOS ESTADOS UNIDOS 519 00:39:40,753 --> 00:39:41,879 Grazas. 520 00:39:41,879 --> 00:39:42,880 Grazas. 521 00:39:45,383 --> 00:39:47,259 BASE CONXUNTA ANDREWS 522 00:39:47,259 --> 00:39:49,053 Chámasme cando chegues? 523 00:39:49,053 --> 00:39:50,596 Se me deixan. 524 00:39:59,146 --> 00:40:00,648 Non me vas esquecer, non? 525 00:40:09,323 --> 00:40:10,658 Non podería. 526 00:40:12,868 --> 00:40:14,245 Non sei cando vai ser, 527 00:40:15,287 --> 00:40:17,373 pero prométoche que te chamo, si? 528 00:40:22,503 --> 00:40:24,547 Cando chame, máis che vale coller. 529 00:40:25,548 --> 00:40:28,134 Si. Case que che debo unha. 530 00:40:35,933 --> 00:40:38,227 Axente Sutherland, para vostede. 531 00:40:38,227 --> 00:40:40,855 Pode abrila cando saia do noso espazo aéreo. 532 00:40:42,064 --> 00:40:44,275 - Pódeme dicir a onde vou? - Pono aí. 533 00:40:44,275 --> 00:40:45,526 Cando queira. 534 00:41:20,686 --> 00:41:23,147 Saímos do espazo aéreo estadounidense. 535 00:41:35,659 --> 00:41:37,786 {\an8}AXENTE ESPECIAL ACCESO CONCEDIDO 536 00:41:40,414 --> 00:41:43,834 {\an8}ACCIÓN NOCTURNA: INFORME DE MISIÓN ALTO SEGREDO 537 00:43:48,584 --> 00:43:51,670 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández