1 00:00:06,006 --> 00:00:07,757 Maddie. Cremos que a secuestraron. 2 00:00:07,757 --> 00:00:12,262 Dedicarás toda a túa enerxía a atopala. Iso empeza e acaba en Sutherland. 3 00:00:12,262 --> 00:00:14,347 E enfocalo desde varios ángulos? 4 00:00:14,347 --> 00:00:16,307 - Cal é a idea? - Tes o folleto? 5 00:00:16,808 --> 00:00:17,726 ANTERIORMENTE 6 00:00:17,726 --> 00:00:22,230 Paulo pensaba que, se a recrutaba, faría de voceira da mensaxe de New Leaf. 7 00:00:22,230 --> 00:00:24,941 - Quen máis sabía do plan? Este? - É Matteo. 8 00:00:24,941 --> 00:00:29,154 Paulo usábate para a súa propaganda e eu usábao a el para chegar a ti. 9 00:00:29,154 --> 00:00:30,196 Pódoche axudar. 10 00:00:30,196 --> 00:00:34,117 E se che digo que Maddie planeaba humillarte publicamente? 11 00:00:34,117 --> 00:00:37,162 - De que falas? - Debías velo. 12 00:00:37,162 --> 00:00:39,581 Sarah afogou pola túa culpa, papá! 13 00:00:39,581 --> 00:00:41,207 Es unha puta! 14 00:00:41,207 --> 00:00:44,419 Sexa o que sexa que planees, podémolo facer xuntos. 15 00:00:44,419 --> 00:00:45,628 Recoñécelo? 16 00:00:45,628 --> 00:00:46,546 Si. 17 00:00:46,546 --> 00:00:47,756 Colin Worley. 18 00:00:47,756 --> 00:00:51,176 Morreu o día antes de que o FBI fose interrogalo. 19 00:00:51,176 --> 00:00:55,513 Quería copias dos rexistros públicos dun tal Colin Worley. 20 00:00:55,513 --> 00:00:58,767 - Miña tía dixo que faltan sete días. - Para que? 21 00:00:58,767 --> 00:01:00,351 Vai haber outro atentado. 22 00:01:00,351 --> 00:01:03,313 Fíxeno todo por aquilo no que ti cres. Todo! 23 00:01:03,313 --> 00:01:05,565 Terás que distanciarte deste caso. 24 00:01:07,734 --> 00:01:11,154 Dixéchesme que pelexase con toda. Agora tes que facelo ti. 25 00:01:11,738 --> 00:01:14,991 Vasme dicir onde está Peter Sutherland. 26 00:01:14,991 --> 00:01:16,367 Propóñoche un trato. 27 00:01:16,367 --> 00:01:20,371 Sei quen secuestrou a Maddie. Douche o último enderezo que teño. 28 00:01:20,371 --> 00:01:24,793 Atópalo, ocúpaste del e eu localízoche a Peter Sutherland. 29 00:01:24,793 --> 00:01:27,420 Mans arriba! Dixen arriba! Solta a mochila! 30 00:01:27,420 --> 00:01:29,047 Mans arriba, hostia! 31 00:01:29,714 --> 00:01:30,673 Peter... 32 00:01:30,673 --> 00:01:32,133 Si. Vai ir todo ben. 33 00:01:46,523 --> 00:01:49,317 {\an8}Parece unha conmoción. Vaite mirar un sanitario. 34 00:01:49,317 --> 00:01:50,777 {\an8}Cantos mortos hai? 35 00:01:50,777 --> 00:01:53,154 Só un. Puido ser moito peor. 36 00:01:53,655 --> 00:01:54,739 Queda aquí. 37 00:01:57,117 --> 00:01:58,701 Ei, é... É el. 38 00:02:01,246 --> 00:02:02,205 É el! 39 00:02:03,206 --> 00:02:04,040 - Ei! - Para! 40 00:02:04,040 --> 00:02:05,291 Coidado! 41 00:02:29,232 --> 00:02:30,108 Home! 42 00:02:32,443 --> 00:02:33,611 Ti que fas aquí? 43 00:02:34,404 --> 00:02:35,947 Kendra botoume. 44 00:02:35,947 --> 00:02:39,868 - Non podes estar aquí. - Déixame quedar uns días e xa lle pasa. 45 00:02:39,868 --> 00:02:43,788 Tes que marchar. Non é bo momento. Págoche un hotel e marchas. 46 00:02:44,289 --> 00:02:45,498 Vas posto? 47 00:02:45,498 --> 00:02:46,791 Non. 48 00:02:47,709 --> 00:02:49,627 - Volviches caer? - Non. 49 00:02:49,627 --> 00:02:52,881 - Dimo. Estou aquí para axudarche. - Que non, hostia! 50 00:02:52,881 --> 00:02:55,466 Teño moito enriba e a cousa está... 51 00:02:56,134 --> 00:02:57,844 intensa no traballo, vale? 52 00:02:58,970 --> 00:03:01,806 Lembras a última vez que a cousa se puxo intensa? 53 00:03:03,600 --> 00:03:04,934 Teño que coller. 54 00:03:10,690 --> 00:03:12,859 - Si? - Que hostia saíu mal? 55 00:03:12,859 --> 00:03:16,821 Pararon o tren cando eu deixei o paquete. Non estoupou onde debía. 56 00:03:16,821 --> 00:03:18,281 Viute alguén? 57 00:03:19,032 --> 00:03:20,658 - Non. - Estás seguro? 58 00:03:20,658 --> 00:03:22,076 Que si, hostia! 59 00:03:24,579 --> 00:03:25,663 Perdón, é que... 60 00:03:25,663 --> 00:03:29,334 O vicepresidente vai amañar isto, non? Ocuparase do meu? 61 00:03:29,334 --> 00:03:30,960 Si, non te preocupes. 62 00:03:31,794 --> 00:03:33,046 Vaite cubrir. 63 00:03:33,963 --> 00:03:36,507 Ti pasa desapercibido mentres o arranxamos. 64 00:03:36,507 --> 00:03:37,467 Vale. 65 00:03:38,301 --> 00:03:39,219 Si, vale. 66 00:03:39,219 --> 00:03:40,678 Xa te chamarei. 67 00:03:44,015 --> 00:03:45,016 ÚLTIMA HORA 68 00:03:59,030 --> 00:04:01,282 Hoxe pedimos algo para cear. 69 00:04:02,283 --> 00:04:03,243 Que che apetece? 70 00:04:06,162 --> 00:04:07,080 Matteo? 71 00:04:12,460 --> 00:04:13,753 Matteo? 72 00:04:13,753 --> 00:04:14,754 Matteo. 73 00:04:14,754 --> 00:04:15,672 Ai, Deus! 74 00:04:17,799 --> 00:04:18,800 Veña! 75 00:04:18,800 --> 00:04:21,052 Ei! Esperta! Esperta! 76 00:04:21,052 --> 00:04:21,970 Ei! 77 00:05:10,435 --> 00:05:12,353 CARNÉ DE CONDUCIR WORLEY, MATTEO 78 00:05:32,874 --> 00:05:34,167 Meu pai dixo algo? 79 00:05:37,462 --> 00:05:38,296 Come. 80 00:05:45,261 --> 00:05:48,348 Nin rastro dela. A policía local estará a chegar. 81 00:05:48,348 --> 00:05:51,893 Eu non tiven que ver coa desaparición de Maddie Redfield. 82 00:05:51,893 --> 00:05:54,395 Por se acaso, cala a puta boca e quieto. 83 00:05:54,395 --> 00:05:55,897 Nós non a temos, vale? 84 00:05:55,897 --> 00:05:59,150 O vicepresidente e Diane Farr tendéronlle unha trampa. 85 00:05:59,150 --> 00:06:03,488 Farr? Para quen investigabas hai dous días? Tivestes un desacordo? 86 00:06:03,488 --> 00:06:08,159 Pois si, cando descubrín que está detrás do atentado do metro de hai un ano. 87 00:06:08,743 --> 00:06:09,869 É a verdade! 88 00:06:09,869 --> 00:06:13,664 Descubrimos a identidade do terrorista. Teño probas na mochila. 89 00:06:21,839 --> 00:06:22,965 ACTA DE DETENCIÓN 90 00:06:23,674 --> 00:06:24,509 Monks. 91 00:06:37,563 --> 00:06:38,898 Grazas polos reforzos. 92 00:06:39,690 --> 00:06:41,484 - É pola filla de Redfield? - Si. 93 00:06:41,484 --> 00:06:44,570 Criamos que tiñamos unha pista, pero quedou en nada. 94 00:06:44,570 --> 00:06:47,407 - Perdoade as molestias. - Sen problema. 95 00:06:47,407 --> 00:06:50,493 Oe, es ti, non? 96 00:06:51,244 --> 00:06:52,370 O do...? 97 00:06:52,370 --> 00:06:55,206 Si. Si, son eu. 98 00:06:55,206 --> 00:06:57,917 - Sabes quen é? - Sei, si. 99 00:06:57,917 --> 00:07:01,504 Que pasada, meu. Podo sacar unha foto contigo? 100 00:07:02,130 --> 00:07:03,256 - Claro. - Si? 101 00:07:06,634 --> 00:07:08,594 E fai unha en vertical. 102 00:07:08,594 --> 00:07:09,846 Iso. 103 00:07:10,805 --> 00:07:12,723 Caralludo. Grazas. 104 00:07:14,350 --> 00:07:17,478 - Necesitades axuda con algo máis? - Grazas, todo ben. 105 00:07:17,478 --> 00:07:20,481 - Grazas por virdes ata aquí. - Moi ben. 106 00:07:22,108 --> 00:07:23,651 Non te acaba amolando? 107 00:07:23,651 --> 00:07:24,819 Si. 108 00:07:26,279 --> 00:07:29,073 Pero á miña filla gústalle velo pola rede. 109 00:07:29,073 --> 00:07:30,366 Tes unha filla? 110 00:07:31,075 --> 00:07:31,993 Si. 111 00:07:36,539 --> 00:07:39,208 Cres a estes dous? Aínda que só sexa un pouco? 112 00:07:39,208 --> 00:07:40,334 Non, ho! 113 00:07:40,334 --> 00:07:43,421 Pero, se nos axudan a atopar a Maddie, escoitámolos. 114 00:07:43,421 --> 00:07:47,008 Se desconfiamos de que están detrás disto, entregámolos. 115 00:07:47,008 --> 00:07:48,759 Veña, facémolo ao teu xeito. 116 00:07:51,262 --> 00:07:54,432 Segundo as probas do disco, se estoupase onde querían, 117 00:07:54,432 --> 00:07:56,476 voaría dous bloques de edificios. 118 00:07:56,476 --> 00:08:01,522 O obxectivo de Farr e Redfield debe ser a persoa que protexías na cafetería. 119 00:08:01,522 --> 00:08:03,274 Dinos a quen escoltabas... 120 00:08:03,274 --> 00:08:07,069 Non. Céntrate en Worley. Onde entra el nesta teoría? 121 00:08:07,069 --> 00:08:11,115 Estaba na lista de sospeitosos do FBI antes da declaración da FIP. 122 00:08:11,115 --> 00:08:15,161 O momento da súa morte era sospeitoso, así que fomos ao Rexistro. 123 00:08:15,161 --> 00:08:19,207 O expediente di que Worley traballaba para unha filial de Turn Lake. 124 00:08:19,207 --> 00:08:21,959 Fixádevos na tatuaxe da serpe das fotos. 125 00:08:22,585 --> 00:08:26,923 O terrorista tiña esa mesma tatuaxe. Vinlla aquela noite. 126 00:08:26,923 --> 00:08:29,342 - Sei como soa todo isto. - De verdade? 127 00:08:31,427 --> 00:08:33,304 Vós xa vistes a Worley. 128 00:08:33,888 --> 00:08:34,931 Que sabedes del? 129 00:08:38,601 --> 00:08:41,521 Maddie estaba co profesor de arte cando a levaron. 130 00:08:42,146 --> 00:08:45,274 Isto é un debuxo do mozo do seu profesor. 131 00:08:47,109 --> 00:08:49,237 Non, iso é imposible. 132 00:08:49,820 --> 00:08:54,075 Worley morreu dunha sobredose hai un ano, un día antes do interrogatorio. 133 00:08:54,075 --> 00:08:57,286 Agora faise chamar Matteo. Hai quen o viu esta semana. 134 00:08:57,286 --> 00:09:01,457 O informe da autopsia indica que non había tatuaxes nin marcas. 135 00:09:01,457 --> 00:09:02,959 Como é posible? 136 00:09:03,793 --> 00:09:06,796 Hai un certificado de nacemento, non? Mirade aí. 137 00:09:09,423 --> 00:09:12,009 {\an8}CERTIFICADO DE NACEMENTO XEMELGO 138 00:09:16,973 --> 00:09:17,974 Ten un xemelgo. 139 00:09:19,642 --> 00:09:20,476 Vale. 140 00:09:21,102 --> 00:09:23,062 Mataron o xemelgo que non era. 141 00:09:23,062 --> 00:09:25,439 E o terrorista faise pasar polo irmán? 142 00:09:25,439 --> 00:09:27,733 - Isto como leva a Maddie? - Non sei. 143 00:09:27,733 --> 00:09:32,905 A pista que nos queda é o enderezo dese familiar próximo que sae na autopsia. 144 00:09:32,905 --> 00:09:35,908 Un apartado de correos. Xusto saïamos para alá. 145 00:09:35,908 --> 00:09:40,413 Agora xa teño curiosidade, pero aínda tedes moito que demostrarme. 146 00:09:40,413 --> 00:09:44,584 Dádeme unha boa razón para non levarvos a rastro á Casa Branca 147 00:09:44,584 --> 00:09:46,544 e que amañen isto os de arriba. 148 00:09:46,544 --> 00:09:50,423 Os de arriba mataron a meus tíos, tendéronlle unha trampa a Peter 149 00:09:50,423 --> 00:09:52,800 e van buscar o xeito de matalo. 150 00:09:52,800 --> 00:09:55,886 E teñen outro ataque planeado para mañá. 151 00:09:55,886 --> 00:09:57,388 Escoitádeme. 152 00:09:57,388 --> 00:10:00,391 Se Colin Worley se está facendo pasar polo irmán, 153 00:10:00,391 --> 00:10:05,021 atopalo é a solución aos nosos problemas. Buscamos o mesmo tipo. 154 00:10:05,021 --> 00:10:08,357 Debiamos axudarnos, traballar xuntos. 155 00:10:13,779 --> 00:10:17,617 "Confesa que planeaches o atentado do metro e o encubriches. 156 00:10:17,617 --> 00:10:20,411 Dá nomes e asume a responsabilidade. 157 00:10:21,495 --> 00:10:24,040 Se non, vanme matar dentro de dúas horas. 158 00:10:24,749 --> 00:10:25,958 Por favor, papá, 159 00:10:26,667 --> 00:10:28,336 di a verdade para salvarme." 160 00:10:32,506 --> 00:10:34,800 Meu pai participou na bomba do metro? 161 00:10:36,177 --> 00:10:37,053 Si. 162 00:10:40,973 --> 00:10:44,268 - Morreu unha persoa. - Tiñan que morrer moitos máis. 163 00:10:44,935 --> 00:10:45,895 Moitos máis. 164 00:10:48,147 --> 00:10:49,774 Se meu pai fixo todo iso... 165 00:10:50,941 --> 00:10:53,527 merece todo o que teñas planeado para el. 166 00:10:56,197 --> 00:10:57,490 Estou nisto contigo. 167 00:11:14,965 --> 00:11:16,884 Viches o que lle fixen a Paulo? 168 00:11:21,097 --> 00:11:24,558 Vouche facer o mesmo a ti se non calas a puta boca. 169 00:11:26,352 --> 00:11:28,854 Ti e mais eu non estamos no mesmo bando. 170 00:11:46,163 --> 00:11:48,207 Vanme matar dentro de dúas horas. 171 00:11:48,833 --> 00:11:51,460 Por favor, papá, di a verdade para salvarme. 172 00:11:52,044 --> 00:11:53,963 Xesús, está aterrorizada. 173 00:11:53,963 --> 00:11:56,799 Debiamos entrar e informar a Ashley. 174 00:11:56,799 --> 00:11:58,300 Non llo podemos ensinar. 175 00:11:59,885 --> 00:12:00,720 Ten que ser. 176 00:12:00,720 --> 00:12:03,514 Xa o oíches, falaba de ceder ante o tío ese. 177 00:12:03,514 --> 00:12:07,143 Se ve isto, sae na tele a chorar e a confesar todo. 178 00:12:07,143 --> 00:12:10,521 - E ti e mais eu estamos acabados. - E que suxires? 179 00:12:13,524 --> 00:12:15,526 Ashley, como estás? 180 00:12:17,027 --> 00:12:19,530 Non moi alá, Diane. Non che estou moi alá. 181 00:12:20,072 --> 00:12:21,198 Tedes novidades? 182 00:12:24,034 --> 00:12:25,161 Vou comparecer. 183 00:12:25,161 --> 00:12:29,874 Non, iso está discutido e descartado. Non pensas con claridade e entendémolo. 184 00:12:29,874 --> 00:12:32,168 Non lles dou os vosos nomes, vale? 185 00:12:32,168 --> 00:12:34,712 Non é unha opción. Para con iso, hostia! 186 00:12:34,712 --> 00:12:37,047 É a única filla que me queda. 187 00:12:37,631 --> 00:12:43,053 Maddie e eu tivemos problemas, pero non serei o pai que vin nesa cámara. 188 00:12:43,053 --> 00:12:44,221 Xa non. 189 00:12:44,221 --> 00:12:46,682 Queríallo ensinar ao mundo. Ódiate. 190 00:12:46,682 --> 00:12:47,933 E que, hostia? 191 00:12:47,933 --> 00:12:50,811 Que che pode facer moito dano se non temos tino. 192 00:12:50,811 --> 00:12:52,271 Algo teño que facer! 193 00:12:53,606 --> 00:12:54,440 Son seu pai. 194 00:12:54,440 --> 00:12:56,692 Teño alguén buscándoa, vale? 195 00:12:57,276 --> 00:13:00,112 Ten unha pista e interésalle pechar isto rápido. 196 00:13:00,112 --> 00:13:02,156 Se damos parado o secuestrador... 197 00:13:02,865 --> 00:13:04,366 Como sabes que só é un? 198 00:13:05,743 --> 00:13:09,371 E por que che mandan o vídeo só a ti? 199 00:13:12,500 --> 00:13:14,418 Sabes quen é, non? 200 00:13:15,628 --> 00:13:19,089 Hostia, ti sabes quen ten a miña filla. 201 00:13:20,090 --> 00:13:22,301 É o que nos puxo a bomba no metro. 202 00:13:23,302 --> 00:13:24,804 Non nos ocuparamos del? 203 00:13:24,804 --> 00:13:28,724 Seica o meu equipo se enganou. Neutralizaron o irmán. 204 00:13:28,724 --> 00:13:30,059 Como puido pasar iso? 205 00:13:30,768 --> 00:13:35,064 Son os que intentan salvar a miña filla? Porque han de ser bos de carallo. 206 00:13:35,064 --> 00:13:36,816 Quere coñecelos, señor? 207 00:13:37,525 --> 00:13:40,903 Porque, se segue usando termos coma "comparecer", 208 00:13:40,903 --> 00:13:43,864 ben lles podo pedir que lle fagan unha visitiña. 209 00:13:43,864 --> 00:13:45,449 Estasme a ameazar? 210 00:13:48,202 --> 00:13:49,954 Conque así estamos. 211 00:13:53,082 --> 00:13:54,208 Eu ou Maddie? 212 00:13:58,379 --> 00:13:59,922 Pódome encargar dela. 213 00:14:00,422 --> 00:14:02,007 Non vai ser un problema. 214 00:14:02,508 --> 00:14:07,137 Faremos o posible por mantela sa e salva, pero haberá que valoralo no momento. 215 00:14:07,972 --> 00:14:11,183 - Se lle pasa algo, é culpa vosa. - Podo vivir con iso. 216 00:14:12,309 --> 00:14:13,352 E ti? 217 00:14:15,938 --> 00:14:16,772 Diane? 218 00:14:19,358 --> 00:14:21,652 Eu quero a miña filla. 219 00:14:22,611 --> 00:14:23,487 Eu... 220 00:14:24,572 --> 00:14:25,656 Xa o sei. 221 00:14:30,119 --> 00:14:33,163 Pero non te podemos perder nesta loita, Ashley. 222 00:14:34,206 --> 00:14:36,417 Estamos moi cerca da meta. 223 00:14:37,668 --> 00:14:38,627 Xa. 224 00:14:44,633 --> 00:14:46,260 Isto non é só por nós, 225 00:14:46,760 --> 00:14:48,345 é polo país. 226 00:14:49,430 --> 00:14:52,224 Necesitamos saber que vas manter o tipo. 227 00:14:57,271 --> 00:14:58,314 Estou ben. 228 00:14:59,815 --> 00:15:00,816 Estou ben. 229 00:15:02,610 --> 00:15:06,530 Vós... traédema para a casa sa e salva, si? 230 00:15:07,239 --> 00:15:08,449 Por suposto. 231 00:15:23,505 --> 00:15:24,840 A túa empregada? 232 00:15:24,840 --> 00:15:28,052 Comprobando enderezos e lugares de traballo de Worley. 233 00:15:29,637 --> 00:15:31,472 Tranquila, vaise ocupar del. 234 00:15:33,223 --> 00:15:34,141 Só del? 235 00:15:37,353 --> 00:15:38,771 Podo cambiar o encargo. 236 00:15:46,612 --> 00:15:47,696 Avísoa. 237 00:15:59,416 --> 00:16:01,752 IMPOSTOS SEN REPRESENTACIÓN 238 00:16:13,430 --> 00:16:15,557 - Non vos movades. - Aquí estaremos. 239 00:16:20,771 --> 00:16:24,400 BRIDGEVIEW ALMACENAMENTO PARA USO PROPIO 240 00:16:26,986 --> 00:16:30,739 Desculpa, necesitamos acceso a un apartado de correos. 241 00:16:31,991 --> 00:16:32,950 Sodes polis? 242 00:16:32,950 --> 00:16:34,410 Dos Servizos Secretos. 243 00:16:34,410 --> 00:16:38,122 Tedes unha orde? Porque isto soa inconstitucional. 244 00:16:38,122 --> 00:16:41,917 Quen o ten alugado puido secuestrar unha rapaza na nosa tutela. 245 00:16:42,751 --> 00:16:45,004 Mi ma, é pola filla de Redfield, non? 246 00:16:49,633 --> 00:16:50,551 É este. 247 00:16:56,682 --> 00:16:57,641 Mandádelo vós. 248 00:16:58,350 --> 00:16:59,184 Que é? 249 00:16:59,184 --> 00:17:01,520 Un aviso de impago do alugueiro. 250 00:17:01,520 --> 00:17:05,941 - Debe ter unha unidade de almacenamento. - Podes saber cal é? 251 00:17:06,525 --> 00:17:08,360 Esperade na entrada un momento. 252 00:17:12,489 --> 00:17:14,366 Por que tardan tanto? 253 00:17:15,534 --> 00:17:17,161 Igual atoparon algo. 254 00:17:17,745 --> 00:17:19,580 Tomaríannos por tolos. 255 00:17:20,414 --> 00:17:23,042 Teñen un punto de vista moi distinto ao noso. 256 00:17:24,543 --> 00:17:25,961 Cando protexes alguén... 257 00:17:27,379 --> 00:17:28,630 aféctache. 258 00:17:29,965 --> 00:17:32,217 Sobre todo, se non che sae ben. 259 00:17:33,385 --> 00:17:35,137 Eu sigo dunha peza. 260 00:17:37,014 --> 00:17:37,848 Xa... 261 00:17:38,766 --> 00:17:39,600 Supoño. 262 00:17:40,267 --> 00:17:41,101 Ei. 263 00:17:41,935 --> 00:17:43,395 Déboche a vida. 264 00:17:44,772 --> 00:17:45,939 Igualmente. 265 00:17:57,451 --> 00:17:58,577 Tes unha foto? 266 00:18:00,120 --> 00:18:01,121 De túa filla. 267 00:18:14,551 --> 00:18:16,720 - Moi feitiña. - Si. 268 00:18:16,720 --> 00:18:19,348 Por sorte, non sae ao pai. 269 00:18:20,265 --> 00:18:21,350 É... 270 00:18:21,850 --> 00:18:23,018 É de hai tempo. 271 00:18:24,394 --> 00:18:27,272 Vive coa miña ex desde hai uns anos. 272 00:18:27,272 --> 00:18:30,943 - Non a ves moito? - Non... Desde a desintoxicación. 273 00:18:31,652 --> 00:18:34,154 Pero vouna levar de acampada este verán. 274 00:18:34,655 --> 00:18:35,864 Tiven que gañalo. 275 00:18:36,824 --> 00:18:38,450 O dereito de ver a filla? 276 00:18:38,450 --> 00:18:41,245 Si, manténdome limpo, conservando o traballo... 277 00:18:41,245 --> 00:18:44,164 - Sendo o que era antes. - Antes de ser un heroe. 278 00:18:46,291 --> 00:18:50,254 Que te vexan como un heroe tanto ten se túa filla ve outra cousa. 279 00:18:52,214 --> 00:18:54,133 Foi duro desengancharse? 280 00:18:55,217 --> 00:19:00,013 Estábame custando volver ao traballo e só quería librarme da dor do ombro, 281 00:19:00,013 --> 00:19:02,474 así que empecei a tomar unhas pastillas. 282 00:19:02,474 --> 00:19:06,019 As pastillas leváronme á oxicodona día tras día, tras día... 283 00:19:06,019 --> 00:19:08,272 ata que iso me levou a cousas malas. 284 00:19:09,815 --> 00:19:11,316 Moi malas. 285 00:19:12,734 --> 00:19:15,946 Si, desengancharme foi duro, pero tamén tiven sorte. 286 00:19:16,446 --> 00:19:19,533 A formación dos Servizos Secretos serviume moito. 287 00:19:20,284 --> 00:19:23,120 Pensan que o facemos para protexer o presidente, 288 00:19:24,037 --> 00:19:27,166 un home ou muller aleatorios, 289 00:19:28,292 --> 00:19:30,085 pero protexemos a institución. 290 00:19:31,128 --> 00:19:33,213 Sempre me gustou iso dos Servizos. 291 00:19:33,964 --> 00:19:36,758 Facíame sentir parte dunha tribo sagrada. 292 00:19:37,885 --> 00:19:41,555 Cando oín falar dos 12 pasos, pensei: 293 00:19:41,555 --> 00:19:42,598 "Que carallo, 294 00:19:44,016 --> 00:19:45,517 isto sóame a min. 295 00:19:45,517 --> 00:19:47,227 Sei de que vai. 296 00:19:49,188 --> 00:19:51,523 Lévoo facendo desde que son adulto." 297 00:19:53,567 --> 00:19:54,443 Atopeina. 298 00:19:55,152 --> 00:19:56,236 Unidade J3. 299 00:20:27,601 --> 00:20:30,020 - Vamos. - A onde nos levades? 300 00:20:30,020 --> 00:20:33,649 Matteo ten unha unidade de almacenamento e necesitamos ollos. 301 00:20:34,900 --> 00:20:36,526 Hora de gañardes o pan. 302 00:20:42,574 --> 00:20:44,368 Que carallo construía? 303 00:20:45,577 --> 00:20:48,997 Unha nómina para Matteo Worley de Pykemoor Security. 304 00:20:48,997 --> 00:20:51,792 - De hai un mes. - Vounos chamar. 305 00:20:52,918 --> 00:20:53,835 Isto que é? 306 00:20:53,835 --> 00:20:55,754 O profesor de Maddie, Paulo. 307 00:20:55,754 --> 00:20:57,756 Carallo, un expediente completo. 308 00:20:57,756 --> 00:20:59,091 E non só sobre el. 309 00:20:59,591 --> 00:21:01,969 Hai unha copia do horario de Maddie, 310 00:21:01,969 --> 00:21:05,055 fichas de todos os seus profesores e amigos. 311 00:21:05,055 --> 00:21:09,351 Paulo non era a única vía cara a Maddie que explorou, só a máis débil. 312 00:21:09,351 --> 00:21:11,687 Matteo debe levar meses planeándoo. 313 00:21:12,187 --> 00:21:13,313 Agora crédelo? 314 00:21:14,731 --> 00:21:16,525 Eu non secuestrei a Maddie. 315 00:21:17,609 --> 00:21:22,572 O dono di que nos contesta o que sexa, pero só se ve a miña placa en persoa. 316 00:21:22,572 --> 00:21:25,450 Quero vixiar esta unidade por se volve Matteo. 317 00:21:25,450 --> 00:21:26,910 Non te vou deixar soa. 318 00:21:26,910 --> 00:21:27,995 Quedamos nós. 319 00:21:29,746 --> 00:21:30,956 Podo ben con estes. 320 00:21:32,207 --> 00:21:33,625 Pois ti vés comigo. 321 00:21:34,126 --> 00:21:37,337 - Non, nós estamos xuntos. - Ti estás onde eu diga. 322 00:21:37,337 --> 00:21:39,172 Que estamos no mesmo bando. 323 00:21:39,172 --> 00:21:42,467 Axudádenos a atopar a Maddie e xa vos volvedes xuntar. 324 00:21:45,304 --> 00:21:47,180 Tranquilo, está en boas mans. 325 00:21:56,356 --> 00:21:57,649 "R142." 326 00:22:28,013 --> 00:22:28,930 Contestou? 327 00:22:29,931 --> 00:22:30,766 Non. 328 00:22:31,433 --> 00:22:33,560 Seica non lle importa a túa vida. 329 00:22:34,394 --> 00:22:36,772 Como sabes que lle chegaron os vídeos? 330 00:22:36,772 --> 00:22:40,275 O tipo ao que llos mandei, o meu antigo xefe, 331 00:22:40,275 --> 00:22:43,320 é íntimo de teu pai, así que sei que lles chegaron. 332 00:22:43,320 --> 00:22:45,989 Igual non llos ensinou a meu pai. Igual... 333 00:22:45,989 --> 00:22:49,409 Igual tería problemas se o fixese. Non o pensaches? 334 00:22:51,453 --> 00:22:52,871 Grava outro vídeo. 335 00:22:53,747 --> 00:22:56,375 Mándao directamente ao número de meu pai. 336 00:22:56,875 --> 00:23:01,296 Déixame dicilo coas miñas palabras e consígoche unha confesión pública. 337 00:23:02,839 --> 00:23:03,924 Como queres. 338 00:23:10,013 --> 00:23:12,432 Era Monks. Están en Pykemoor Security, 339 00:23:12,432 --> 00:23:15,477 esperando que lles saquen o expediente de Worley. 340 00:23:16,978 --> 00:23:19,523 - Pódoche preguntar algo? - A ver. 341 00:23:19,523 --> 00:23:22,818 Cando che preguntei a quen escoltabas o día do atentado 342 00:23:22,818 --> 00:23:26,113 e dixeches que non era Maddie, era mentira? 343 00:23:26,696 --> 00:23:29,533 Non. Daquela nin estaba na súa escolta. 344 00:23:30,117 --> 00:23:31,827 E a quen escoltabas? 345 00:23:34,162 --> 00:23:37,541 Sabendo quen era o obxectivo da bomba do metro, 346 00:23:37,541 --> 00:23:40,794 podería descubrir por quen van Farr e Redfield mañá. 347 00:23:42,379 --> 00:23:47,426 Maddie podería estar implicada. Igual ten que ver co seu secuestro. 348 00:23:49,010 --> 00:23:50,387 Omar Zadar. 349 00:23:51,346 --> 00:23:54,474 É o líder da FIP. O seu nome en clave é Gabián. 350 00:23:55,642 --> 00:23:57,269 Hostia, Zadar é Gabián. 351 00:23:58,645 --> 00:23:59,855 Pero era sospeitoso. 352 00:24:00,480 --> 00:24:03,400 - Nin sabía que estaba nos EUA. - Ninguén o sabía. 353 00:24:03,400 --> 00:24:07,654 Tiña unha reunión secreta con alguén do goberno naquela cafetería. 354 00:24:07,654 --> 00:24:09,573 Das 18:00 ás 21:00. 355 00:24:10,157 --> 00:24:11,825 A hora do atentado do metro. 356 00:24:13,368 --> 00:24:16,621 Entón, non era o cabeza de turco. É o obxectivo. 357 00:24:16,621 --> 00:24:18,165 Por que ían matalo así? 358 00:24:18,165 --> 00:24:21,460 Se matas a Zadar, a metade do seu país bótase ás rúas. 359 00:24:21,460 --> 00:24:25,213 Se tamén voas dous bloques de edificios e un vagón de metro... 360 00:24:25,213 --> 00:24:27,382 Sería só unha vítima máis. 361 00:24:29,509 --> 00:24:30,343 E eu tamén. 362 00:24:38,685 --> 00:24:39,853 Quen é? 363 00:24:40,395 --> 00:24:41,229 Maddie. 364 00:24:42,856 --> 00:24:44,608 Papá, son eu. 365 00:24:44,608 --> 00:24:49,321 Sei que isto é duro, pero ti e eu xa nos vimos obrigados 366 00:24:49,321 --> 00:24:52,616 a transitar polas vías máis difíciles da vida. 367 00:24:53,325 --> 00:24:55,535 Primeiro, mamá. Despois, Sarah. 368 00:24:56,119 --> 00:24:59,539 Eu aprendín a ser forte. A seguir erre que erre. 369 00:25:00,248 --> 00:25:03,126 Só tes un modo de salvarme, papá. 370 00:25:03,126 --> 00:25:05,921 Confesa que participaches no atentado do metro. 371 00:25:07,255 --> 00:25:08,089 Por favor. 372 00:25:09,007 --> 00:25:11,259 Por nós... os catro. 373 00:25:11,259 --> 00:25:15,805 Para reunirnos os dous, mándalle un vídeo ao mundo, por favor. 374 00:25:16,848 --> 00:25:19,267 Se non, vanme matar dentro de 30 minutos. 375 00:25:19,267 --> 00:25:20,644 Quen o manda? 376 00:25:21,561 --> 00:25:25,524 Un anónimo, só a min. Maddie debeulle dar o meu número. 377 00:25:25,524 --> 00:25:27,984 Fíxate no que di cando toca o colgante. 378 00:25:27,984 --> 00:25:29,486 Non son nervios? 379 00:25:29,486 --> 00:25:32,072 Non o notaches, ben. Igual Matteo tampouco. 380 00:25:32,072 --> 00:25:36,409 É o noso sinal para pedirme que a saque dunha reunión ou conversación. 381 00:25:36,409 --> 00:25:40,247 Creo que o usa como código. Só o toca cando di certas palabras. 382 00:25:41,456 --> 00:25:42,999 Sei que isto é duro, 383 00:25:42,999 --> 00:25:46,294 pero vímonos obrigados a transitar polas vías... 384 00:25:46,294 --> 00:25:47,754 Primeiro toque, "vías". 385 00:25:47,754 --> 00:25:48,838 ...da vida. 386 00:25:48,838 --> 00:25:50,966 Primeiro, mamá. Despois, Sarah. 387 00:25:50,966 --> 00:25:54,636 Pero eu aprendín a ser forte. A seguir erre que erre. 388 00:25:54,636 --> 00:25:56,096 Segundo toque, "erre". 389 00:25:56,096 --> 00:25:58,848 - Só tes un modo de salvarme, papá. - "Un". 390 00:25:58,848 --> 00:26:03,019 Confesa que participaches no atentado do metro. Por favor. 391 00:26:03,603 --> 00:26:05,188 - Por nós... os catro. - "Catro". 392 00:26:05,188 --> 00:26:06,815 Para reunirnos os dous, 393 00:26:06,815 --> 00:26:09,401 - "Dous". - ...mándalle un vídeo ao mundo. 394 00:26:09,901 --> 00:26:12,404 Se non, vanme matar dentro de 30 minutos. 395 00:26:12,904 --> 00:26:15,323 Xa está. Non hai máis toques. 396 00:26:16,199 --> 00:26:18,368 "Vías, erre, un, catro, dous." 397 00:26:18,952 --> 00:26:20,787 "Vías, erre, un, catro, dous." 398 00:26:21,788 --> 00:26:24,291 As vías do tren, a letra R, 399 00:26:24,291 --> 00:26:26,418 números un, catro, dous. 400 00:26:27,502 --> 00:26:28,795 Iso, o tren R142. 401 00:26:29,462 --> 00:26:31,840 - O número dunha ruta? - Que fas? 402 00:26:31,840 --> 00:26:35,260 - Avisar os de arriba. - Na Casa Branca non son de fiar. 403 00:26:35,260 --> 00:26:39,055 Non sei cantos son, pero Farr e Redfield están ao mando. 404 00:26:39,055 --> 00:26:41,057 Se llo mandas a quen non debes, 405 00:26:41,057 --> 00:26:43,727 van descubrir que Maddie sabe o do atentado. 406 00:26:43,727 --> 00:26:44,853 E ti tamén. 407 00:26:44,853 --> 00:26:48,273 E van mandar alguén a matarte, como con Rose e comigo. 408 00:26:49,566 --> 00:26:52,277 Tes que ir á prensa, facelo público. 409 00:26:52,277 --> 00:26:54,154 Non penso ir á prensa. 410 00:26:54,154 --> 00:26:56,906 Se o fago, podería matala antes de atopármola. 411 00:26:56,906 --> 00:26:58,658 Hai que saber que significa. 412 00:26:59,159 --> 00:27:02,203 Antes desta merda, isto era o que facía para o FBI. 413 00:27:02,203 --> 00:27:04,080 Faime caso, pódoche axudar. 414 00:27:06,082 --> 00:27:06,916 Vale. 415 00:27:07,751 --> 00:27:09,002 Demóstramo. 416 00:27:11,838 --> 00:27:13,048 Veña! 417 00:28:14,651 --> 00:28:15,735 Val? 418 00:28:16,403 --> 00:28:17,570 Valerie? 419 00:28:18,321 --> 00:28:19,155 Señora? 420 00:28:19,155 --> 00:28:21,908 Tes os puntos da reunión sobre Zadar das tres? 421 00:28:21,908 --> 00:28:24,494 - Aínda non. - Pregunta no despacho do DNI, 422 00:28:24,494 --> 00:28:27,914 por se a cagaron coa lista de distribución. Outra vez. 423 00:28:31,918 --> 00:28:35,672 - Ashley, que fas aquí? - Queríate ver antes do de Zadar. 424 00:28:35,672 --> 00:28:38,383 A xente entenderíao se prefires non asistir. 425 00:28:38,383 --> 00:28:41,136 - Estou ben. - Infórmote eu despois. 426 00:28:41,136 --> 00:28:44,222 Dixen que estou ben. Hai que ir indo, vai empezar. 427 00:28:44,889 --> 00:28:46,349 Quedan un par de horas. 428 00:28:46,349 --> 00:28:48,810 Cambiárona á mañá. Quedan cinco minutos. 429 00:28:49,728 --> 00:28:50,729 Non recibín nada. 430 00:28:50,729 --> 00:28:54,941 Falei co despacho do DNI. Enviaron os puntos do día hai dúas horas. 431 00:28:54,941 --> 00:28:56,860 Non sei por que non os recibiu. 432 00:28:56,860 --> 00:28:59,320 Chama outra vez e mírame a quen despido. 433 00:29:09,080 --> 00:29:11,875 Señora, a presidenta di que non ten que asistir. 434 00:29:12,375 --> 00:29:16,796 - Son a xefa de gabinete. Por que non? - Céntrese na reunión con Watkins. 435 00:29:16,796 --> 00:29:19,257 - Watkins? - Distrito 22 de Texas. 436 00:29:19,257 --> 00:29:22,177 - Ten reunión dentro de dez minutos. - Está Michelle? 437 00:29:22,177 --> 00:29:24,179 - Si - Déixame falar con ela. 438 00:29:24,179 --> 00:29:26,055 Vai empezar a sesión. 439 00:29:26,055 --> 00:29:31,144 Insistiu en que necesitamos o voto de Watkins para a lei de incentivos. 440 00:29:32,312 --> 00:29:34,606 Dille que logo necesito cinco minutos. 441 00:29:35,106 --> 00:29:35,940 Feito. 442 00:29:36,441 --> 00:29:38,359 Pois xa te informarei eu a ti. 443 00:29:46,618 --> 00:29:49,412 Se Zadar está disposto a facer estas concesións, 444 00:29:49,412 --> 00:29:52,749 falaremos de apoialo nas eleccións. Nada oficial, claro. 445 00:29:52,749 --> 00:29:54,751 Asegurar que as eleccións vaian... 446 00:29:54,751 --> 00:29:58,254 Perdón, pero, hostia, é un erro de proporcións colosais. 447 00:29:59,798 --> 00:30:03,301 Zadar é a mellor baza para apuntalar a democracia na rexión. 448 00:30:03,885 --> 00:30:05,804 Mellor que o autócrata de agora. 449 00:30:05,804 --> 00:30:08,807 Zadar é un maldito terrorista! 450 00:30:08,807 --> 00:30:10,642 Son o único que o ve? 451 00:30:10,642 --> 00:30:11,893 A ver... 452 00:30:13,269 --> 00:30:16,981 Cinco minutos. Xa levamos un bo anaco con isto hoxe. 453 00:30:28,076 --> 00:30:30,119 Como o estás levando, Ashley? 454 00:30:31,079 --> 00:30:33,414 - Teño estado mellor. - Almora, Willett... 455 00:30:33,414 --> 00:30:37,919 todos me aseguran que estamos facendo todo para traer a Maddie sa e salva. 456 00:30:37,919 --> 00:30:40,839 Si, cada un asegura o seu. 457 00:30:40,839 --> 00:30:43,049 Ninguén espera que veñas traballar. 458 00:30:43,049 --> 00:30:47,387 Xa, pero toleo se quedo na casa a esperar sentado. 459 00:30:47,387 --> 00:30:48,346 Xa. 460 00:30:49,222 --> 00:30:50,181 Enténdoo. 461 00:30:50,682 --> 00:30:52,433 Díxeno en serio, presidenta. 462 00:30:52,433 --> 00:30:55,186 Zadar é unha forza desestabilizadora. 463 00:30:55,186 --> 00:31:00,650 Un país dirixido por un grupo terrorista non pode ser un aliado militar fiable. 464 00:31:00,650 --> 00:31:03,444 Zadar condenou as escisións da FIP. 465 00:31:03,444 --> 00:31:06,614 Agora é un político con lexitimidade. A xente adórao. 466 00:31:06,614 --> 00:31:11,077 Se o queren no poder, que gañamos opoñéndonos? 467 00:31:11,661 --> 00:31:14,038 Mellor aproveitar que necesita un amigo. 468 00:31:15,748 --> 00:31:18,251 Escollo a esperanza nun futuro democrático 469 00:31:18,251 --> 00:31:21,087 sobre a certeza dun autoritarismo inminente. 470 00:31:22,171 --> 00:31:23,548 É decisión túa, pero... 471 00:31:25,008 --> 00:31:27,135 eu non ía durmir tranquilo sen... 472 00:31:28,720 --> 00:31:30,388 darche a miña opinión. 473 00:31:30,388 --> 00:31:33,016 Por iso te quixen no meu equipo, Ashley. 474 00:31:33,016 --> 00:31:36,728 Perdoa pola saída de ton. Sempre está Diane para berrarme. 475 00:31:38,730 --> 00:31:39,898 Onde está hoxe? 476 00:31:42,025 --> 00:31:43,818 Entre ti e mais eu, 477 00:31:44,319 --> 00:31:46,779 estou valorando un cambio na Ala Oeste. 478 00:31:48,197 --> 00:31:49,032 Ai, si? 479 00:32:03,379 --> 00:32:06,299 BRIDGEVIEW ALMACENAMENTO PARA USO PROPIO 480 00:32:07,634 --> 00:32:08,718 NON HAI RESULTADOS 481 00:32:08,718 --> 00:32:12,680 - Non hai ruta de tren R142. - E os números de serie dos vagóns? 482 00:32:14,265 --> 00:32:16,059 - Non. - Merda. 483 00:32:16,059 --> 00:32:18,519 Pero non todos os trens levan vagóns. 484 00:32:18,519 --> 00:32:22,398 Algúns de mercadorías levan contedores, así que... 485 00:32:25,693 --> 00:32:26,527 Si. 486 00:32:27,028 --> 00:32:29,948 Hai oito contedores con iso no número de serie, 487 00:32:29,948 --> 00:32:31,950 en cinco estacións e depósitos. 488 00:32:31,950 --> 00:32:35,495 Non nos vai dar o tempo se non podo pedir reforzos. 489 00:32:35,495 --> 00:32:40,208 - E, se volve, non estou para collelo. - Se destes con nós, podedes dar con el. 490 00:32:41,918 --> 00:32:43,586 E como destes con nós? 491 00:32:44,963 --> 00:32:46,839 As tarxetas de teu padriño. 492 00:32:48,675 --> 00:32:50,134 Falastes con el? 493 00:32:51,636 --> 00:32:52,470 Que dixo? 494 00:32:53,638 --> 00:32:56,724 Que non o fixeras ti, que escoitásemos a túa versión. 495 00:33:00,186 --> 00:33:01,145 Que atopaches? 496 00:33:01,145 --> 00:33:03,898 Worley leva de garda de seguridade seis meses. 497 00:33:03,898 --> 00:33:05,900 Sobre todo, para tres empresas. 498 00:33:07,527 --> 00:33:08,987 Busca isto. Adiante. 499 00:33:08,987 --> 00:33:10,822 Apreton Machinists, 500 00:33:10,822 --> 00:33:12,281 Opti-Vera Electric 501 00:33:12,281 --> 00:33:13,783 e CMV Manufacturing. 502 00:33:15,827 --> 00:33:19,455 As tres teñen almacéns a menos de 1,5 km do depósito de D. C. 503 00:33:19,455 --> 00:33:22,333 Espera, Monks. Algún dos contedores coincide? 504 00:33:24,127 --> 00:33:27,505 - Si. - Tena no depósito de contedores de D. C. 505 00:33:27,505 --> 00:33:30,049 Mándoche parte do número de serie. Vémonos alí. 506 00:33:30,049 --> 00:33:32,135 Vale. Cren que atoparon a Maddie. 507 00:33:32,135 --> 00:33:33,136 Onde? 508 00:33:33,136 --> 00:33:36,014 Un depósito de contedores. Cóntoche de camiño. 509 00:33:55,575 --> 00:33:58,286 Monks, hai un oco no extremo oeste do peche. 510 00:33:58,286 --> 00:34:00,371 - Verás o meu coche. - Recibido. 511 00:34:24,479 --> 00:34:25,521 R142. 512 00:34:26,564 --> 00:34:27,482 Vale... 513 00:34:40,828 --> 00:34:43,372 REDFIELD, O SANGUE DE TÚA FILLA ESTÁ... 514 00:34:45,708 --> 00:34:46,542 NAS TÚAS MANS 515 00:34:46,542 --> 00:34:48,544 MOVEMENTO DETECTADO 516 00:35:19,575 --> 00:35:21,035 Ímonos ter que separar. 517 00:35:23,079 --> 00:35:24,455 Non hai tempo. 518 00:35:25,456 --> 00:35:26,290 Veña. 519 00:35:27,875 --> 00:35:28,751 Merda. 520 00:35:49,105 --> 00:35:49,981 Algo? 521 00:35:49,981 --> 00:35:51,315 Non. Ti? 522 00:35:57,113 --> 00:35:57,947 Non. 523 00:36:00,366 --> 00:36:03,953 - Vale, tiro para o sur. - Recibido. Vou eu polo leste. 524 00:36:14,714 --> 00:36:16,174 Queda aquí. Péchate. 525 00:36:16,757 --> 00:36:20,052 - Que? Non vou quedar aquí. - Escoita, é perigoso. 526 00:36:20,553 --> 00:36:24,682 Non saias ata que un de nós che dea o sinal de despexado. Entendido? 527 00:36:26,017 --> 00:36:27,727 - Arrington, cheguei. - Ben. 528 00:36:27,727 --> 00:36:31,022 - Necesitamos axuda. Todo recto ao entrar. - Recibido. 529 00:36:31,606 --> 00:36:33,274 Queda aquí. Pecha as portas. 530 00:37:02,345 --> 00:37:03,387 Hai que marchar. 531 00:37:09,769 --> 00:37:10,603 Hostia! 532 00:37:14,315 --> 00:37:15,983 Disparos. Arrington? 533 00:37:18,402 --> 00:37:19,612 Arrington, todo ben? 534 00:37:20,196 --> 00:37:21,280 Non era eu. 535 00:37:49,308 --> 00:37:51,394 Estou na esquina nordeste. Ti? 536 00:37:53,771 --> 00:37:54,897 Arrington? 537 00:37:55,940 --> 00:37:57,066 Sutherland? 538 00:38:35,271 --> 00:38:36,105 Non! 539 00:38:49,410 --> 00:38:50,286 Lémbrasme? 540 00:38:51,287 --> 00:38:52,121 Do metro? 541 00:38:52,121 --> 00:38:55,249 Dime quen te contratou para poder limpar o meu nome. 542 00:38:55,249 --> 00:38:57,710 Sóltame e dígoche o que queiras. 543 00:39:00,838 --> 00:39:01,756 Estás segura. 544 00:39:01,756 --> 00:39:03,341 - Vale. - Estás segura. 545 00:39:11,807 --> 00:39:12,892 Monks, estás ben? 546 00:39:14,185 --> 00:39:15,144 Si. 547 00:39:17,646 --> 00:39:18,481 E ti? 548 00:39:20,316 --> 00:39:21,400 Non o sei. 549 00:39:22,068 --> 00:39:25,571 - Non o sei. - Xa pasou. Imos informar. 550 00:39:26,864 --> 00:39:27,698 Rose? 551 00:39:28,532 --> 00:39:29,909 Témolo. Vou de camiño. 552 00:39:37,416 --> 00:39:38,250 Xa pasou. 553 00:39:38,751 --> 00:39:39,627 Si. 554 00:39:43,339 --> 00:39:44,173 Francotirador! 555 00:39:52,306 --> 00:39:53,224 Non! 556 00:40:01,524 --> 00:40:04,944 Arrington, no depósito de contedores de D. C., extremo nordeste. 557 00:40:04,944 --> 00:40:07,822 Dispárannos desde un punto elevado ao oeste. 558 00:40:07,822 --> 00:40:09,156 Non podemos quedar. 559 00:40:11,700 --> 00:40:15,454 Teixugo ferida. Repito: Teixugo ferida. Enviade reforzos xa. 560 00:40:15,454 --> 00:40:17,581 É metralla. Non vai ser nada. 561 00:40:17,581 --> 00:40:19,291 - Dás andado? - Creo que si. 562 00:40:20,209 --> 00:40:24,463 Ben. Mírame. Vesme? Estou aquí, vale? Vai ao meu lado. 563 00:40:30,428 --> 00:40:32,263 Preparadas? Xa! 564 00:40:43,399 --> 00:40:44,900 - Non pasa nada. - Arrington! 565 00:40:46,861 --> 00:40:48,446 Estades ben? Vamos, agora! 566 00:40:57,455 --> 00:40:58,330 Monks! 567 00:41:14,305 --> 00:41:15,181 Arrington! 568 00:41:15,181 --> 00:41:16,182 Queda aí. 569 00:41:21,103 --> 00:41:21,937 Ei! 570 00:41:36,160 --> 00:41:36,994 Rose! 571 00:41:49,924 --> 00:41:51,842 Chelsea, vaise poñer ben? 572 00:41:57,723 --> 00:41:58,557 Chelsea? 573 00:42:00,392 --> 00:42:02,603 Chelsea, vaise poñer ben? 574 00:44:14,485 --> 00:44:17,529 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández