1 00:00:15,140 --> 00:00:18,560 Vaia, pero se é o noso… 2 00:00:18,643 --> 00:00:21,354 Que es? Un teixugo? Unha rata? 3 00:00:21,438 --> 00:00:24,816 Se queres ver unha rata, mírate ao espello. 4 00:00:24,899 --> 00:00:28,278 Abonda! Teño unha pregunta para ti 5 00:00:28,361 --> 00:00:32,449 e quero que a respondas con moito tino. 6 00:00:32,532 --> 00:00:35,577 Xa tedes a tecnoloxía do escachamóbil. 7 00:00:35,660 --> 00:00:36,870 Que queredes? 8 00:00:36,953 --> 00:00:40,415 Hai todo un escachaverso por conquistar. 9 00:00:40,498 --> 00:00:45,587 Para iso, esta nave nai debe estar totalmente operativa. 10 00:00:46,504 --> 00:00:48,298 Pois resolvédeo vós. 11 00:00:48,381 --> 00:00:53,261 Tamén poderiamos resolver cortarte en cachiños. 12 00:00:53,344 --> 00:00:54,554 Ti decides. 13 00:01:15,283 --> 00:01:17,035 Coñeces estes truáns? 14 00:01:17,118 --> 00:01:20,455 Si e non. Eles tamén buscan o fragmento. 15 00:01:20,538 --> 00:01:22,373 O Faro do Demo, dis? 16 00:01:22,457 --> 00:01:23,541 Que o leven. 17 00:01:23,625 --> 00:01:26,294 Non quero ter nada que ver con el. 18 00:01:27,879 --> 00:01:29,172 Ollo! 19 00:01:36,805 --> 00:01:41,518 Por orde do Consello do Caos, rendédevos ou destruirémosvos. 20 00:01:41,601 --> 00:01:45,980 Ferruxes, isto non é Novo Xugo. Falemos as cousas. 21 00:01:46,064 --> 00:01:49,484 Silencio, ourizo. Estou falando co capitán. 22 00:01:50,193 --> 00:01:52,070 El é o capitán. 23 00:01:52,612 --> 00:01:54,531 Sonic é o capitán? 24 00:01:55,490 --> 00:01:57,784 Oxalá soubese rir. 25 00:01:57,867 --> 00:01:59,410 Como chegaches aquí? 26 00:01:59,494 --> 00:02:01,871 O curso da guerra mudou. 27 00:02:01,955 --> 00:02:04,124 Canto a como cheguei aquí, 28 00:02:04,207 --> 00:02:08,419 todo o escachaverso estará axiña en mans do Consello. 29 00:02:08,503 --> 00:02:12,632 Última oportunidade. Rendédevos ou afúndovos. 30 00:02:12,715 --> 00:02:15,260 Cal é o plan? Colgalos do penol? 31 00:02:15,343 --> 00:02:18,638 Mandámolos con Davy Jones? Espetámolos? 32 00:02:18,721 --> 00:02:22,559 Óiote falar, pero non entendo nada do que dis. 33 00:02:23,434 --> 00:02:24,352 Fogo. 34 00:02:27,647 --> 00:02:30,984 Pois si que aguanta ben o Anxo dos Mares. 35 00:02:31,067 --> 00:02:33,403 Si, é máis duro do que parece. 36 00:02:33,486 --> 00:02:35,697 Vas facer algo, capitán? 37 00:02:35,780 --> 00:02:37,407 Abofé que si. 38 00:02:37,490 --> 00:02:41,244 Coñézoos. Son máquinas de loitar ben engraxadas. 39 00:02:42,829 --> 00:02:44,539 Aos postos de combate! 40 00:02:47,500 --> 00:02:50,670 Non saben que facer, papamoscas! 41 00:02:50,753 --> 00:02:52,755 Nunca combateron. 42 00:02:53,381 --> 00:02:55,049 Onde imos? 43 00:02:55,133 --> 00:02:56,593 Dispara con isto. 44 00:02:56,676 --> 00:02:57,760 Si, capitán! 45 00:03:20,575 --> 00:03:22,744 Isto non é bo. Sentinas! 46 00:03:23,870 --> 00:03:25,830 Mira, non te coñezo a ti, 47 00:03:25,914 --> 00:03:29,125 pero os outros ti teñen aparellos útiles. 48 00:03:29,209 --> 00:03:30,710 Dime que tes un. 49 00:03:30,793 --> 00:03:34,505 O único que preciso é este armatoste e miolos. 50 00:03:34,589 --> 00:03:37,717 Sabías que es un encanto? 51 00:03:37,800 --> 00:03:40,511 Ordena a retirada ou afundiremos! 52 00:03:43,723 --> 00:03:45,683 Enerxía calibrada. 53 00:03:45,767 --> 00:03:48,269 Iso soa mal. Ven aquí. 54 00:03:52,315 --> 00:03:54,776 Ben, xa temos o que precisamos. 55 00:03:55,318 --> 00:03:58,154 Aquí sepáranse os nosos destinos. 56 00:03:59,572 --> 00:04:00,907 Evaporádeos. 57 00:04:00,990 --> 00:04:02,825 Adeus, Sonic. 58 00:04:07,956 --> 00:04:09,791 Quen é esa? 59 00:04:11,793 --> 00:04:12,752 Agardade! 60 00:04:12,835 --> 00:04:15,338 Fixade o rumbo. Partimos xa. 61 00:04:15,421 --> 00:04:18,591 Non perdamos tempo cun barco que afunde. 62 00:04:29,310 --> 00:04:31,229 Entra demasiada auga! 63 00:04:32,105 --> 00:04:35,066 Veña! Tes que virar! 64 00:04:35,149 --> 00:04:37,986 É inútil virar un barco que afunde. 65 00:04:38,069 --> 00:04:40,488 Só pode ir cara ao fondo. 66 00:04:40,571 --> 00:04:42,824 Pero van a polo Faro do Demo. 67 00:04:43,324 --> 00:04:46,536 Isto aínda non acabou. Podo arranxalo. 68 00:04:47,829 --> 00:04:50,164 De acordo, non podo arranxalo. 69 00:04:50,248 --> 00:04:51,541 Non son capitán. 70 00:04:52,250 --> 00:04:54,127 Pero sei dun que si o é. 71 00:04:54,210 --> 00:04:55,336 E Dread? 72 00:04:57,422 --> 00:04:58,589 Dread! 73 00:04:58,673 --> 00:05:01,759 Agarda. Onde vas? Dread! 74 00:05:01,843 --> 00:05:05,138 Ningún Knuckles se rende nunca. 75 00:05:05,221 --> 00:05:07,140 É un don moi molesto. 76 00:05:07,223 --> 00:05:10,143 O fragmento é a miña única esperanza. 77 00:05:10,226 --> 00:05:12,979 Precísote. A tripulación precísate. 78 00:05:13,062 --> 00:05:17,150 Es Knuckles the Dread, capitán do Anxo dos Mares. 79 00:05:17,233 --> 00:05:18,276 Dread! 80 00:05:18,359 --> 00:05:20,695 Rendinme hai anos, azuliño, 81 00:05:20,778 --> 00:05:24,532 cando naufraguei tentando conseguir esa pedra. 82 00:05:24,615 --> 00:05:25,992 Conseguirémola. 83 00:05:26,075 --> 00:05:30,496 Contigo de capitán e coa miña velocidade, non afundiremos. 84 00:05:30,580 --> 00:05:35,043 Si que é rápido, abondo como para pasarmos das rochas. 85 00:05:35,126 --> 00:05:36,711 Xuntos lograrémolo! 86 00:05:36,794 --> 00:05:38,755 E poderei volver á casa! 87 00:05:39,255 --> 00:05:41,507 E eu terei o meu tesouro. 88 00:05:41,591 --> 00:05:45,928 E coñecerante como o lendario Knuckles the Dread. 89 00:05:46,012 --> 00:05:49,515 O lendario Knuckles the Dread! 90 00:05:49,599 --> 00:05:54,729 Si, o lendario Knuckles the Dread. 91 00:05:56,522 --> 00:05:59,108 Rendeuse. Marchou. 92 00:06:00,943 --> 00:06:03,154 Tranquilos, estaremos ben. 93 00:06:03,237 --> 00:06:05,531 - Non si, Rose? - Si, capitán. 94 00:06:07,533 --> 00:06:09,285 A quen quero enganar? 95 00:06:10,495 --> 00:06:11,871 Estamos perdidos! 96 00:06:14,290 --> 00:06:16,209 Suxeitádevos a algo. 97 00:06:17,043 --> 00:06:19,712 Parece que imos para o fondo. 98 00:06:20,713 --> 00:06:23,007 Que actitude é esa? 99 00:06:23,091 --> 00:06:24,342 Volveu! 100 00:06:26,052 --> 00:06:28,346 Sabía que volverías, capitán. 101 00:06:28,429 --> 00:06:32,517 Veleira, Sentinas, inchade os flotadores. 102 00:06:33,017 --> 00:06:34,310 Á orde, capitán. 103 00:06:34,394 --> 00:06:38,815 Vós arranxade o mastro como poidades e izade a vela maior! 104 00:06:41,567 --> 00:06:43,569 Volviches coa tripulación. 105 00:06:43,653 --> 00:06:45,696 Ese é o meu Knuckles. 106 00:06:45,780 --> 00:06:48,950 Volvín, pero non pola tripulación. 107 00:07:24,360 --> 00:07:25,695 Tirade! 108 00:07:29,031 --> 00:07:30,491 Si! 109 00:07:30,992 --> 00:07:32,493 Está raro, pero si! 110 00:07:32,577 --> 00:07:34,454 Si! Conseguímolo! 111 00:07:34,537 --> 00:07:37,081 Agora, ao Faro do Demo. 112 00:07:37,707 --> 00:07:42,462 Non dicías que o camiño cara ao Faro do Demo era… 113 00:07:42,545 --> 00:07:43,754 Morte segura. 114 00:07:43,838 --> 00:07:46,424 Dixen, si, e é certo. 115 00:07:46,507 --> 00:07:52,305 Tracei un curso na cabeza. Non vos preocupedes. Teño un plan. 116 00:07:52,388 --> 00:07:55,183 Vai ser lendario. 117 00:08:02,732 --> 00:08:05,401 Unha hora para o obxectivo. 118 00:08:05,485 --> 00:08:08,946 Maldición… A ver, funciona. Veña… 119 00:08:09,030 --> 00:08:11,115 Entrecórtase. 120 00:08:11,199 --> 00:08:13,451 Algo pasa coa conexión. 121 00:08:14,076 --> 00:08:15,912 Polo amor do caos! 122 00:08:19,081 --> 00:08:22,752 Tanto dá. Non podemos comunicarnos entre mundos. 123 00:08:22,835 --> 00:08:26,964 Aquí comeza a nosa conquista do escachaverso. 124 00:08:31,302 --> 00:08:33,721 Certo. Co noso traballo feito, 125 00:08:33,804 --> 00:08:38,726 ordenareille á nosa robot que inicie a Operación Eliminación. 126 00:08:39,936 --> 00:08:42,688 Eliminar o ourizo é mala idea. 127 00:08:43,272 --> 00:08:46,484 Queres salvar o teu amigo? Que sorpresa. 128 00:08:46,567 --> 00:08:49,737 Deixoume á vosa mercé cando o necesitaba. 129 00:08:50,530 --> 00:08:53,282 Iso non é de ser moi bo amigo. 130 00:08:53,366 --> 00:08:57,620 Pero como ides perfeccionar o escachamóbil sen el? 131 00:08:57,703 --> 00:09:02,959 Xa está perfeccionado. Viaxamos a outro escachaverso. 132 00:09:03,042 --> 00:09:06,045 Mandastes robots a outro escachaverso. 133 00:09:06,128 --> 00:09:07,296 Non é o mesmo. 134 00:09:07,380 --> 00:09:11,384 El xa fixo moito máis sen tecnoloxía ningunha. 135 00:09:11,467 --> 00:09:13,553 É unha batería andante. 136 00:09:17,181 --> 00:09:21,269 Para descubrir o porqué dese poder, precisámolo vivo. 137 00:09:21,352 --> 00:09:22,562 Que? 138 00:09:25,106 --> 00:09:26,315 Ten razón. 139 00:09:26,399 --> 00:09:30,361 Hai moitas preguntas aínda como para exterminalo. 140 00:09:30,444 --> 00:09:35,491 Antes temos que sacarlle até a última gota de información 141 00:09:35,575 --> 00:09:37,827 a esa alimaria azul. 142 00:10:06,606 --> 00:10:08,691 Están freando, capitán! 143 00:10:08,774 --> 00:10:12,987 Si! Están freando. Por que están freando? 144 00:10:13,070 --> 00:10:14,989 Debe ser polas rochas. 145 00:10:15,072 --> 00:10:17,575 As que te fixeron naufragar? 146 00:10:17,658 --> 00:10:19,201 Si, esas mesmas. 147 00:10:19,785 --> 00:10:21,454 Perigo en fronte! 148 00:10:22,663 --> 00:10:24,832 Perigo en fronte! 149 00:10:26,459 --> 00:10:29,920 Está é a túa segunda oportunidade. Ti podes. 150 00:10:30,004 --> 00:10:30,921 Rápido! 151 00:10:31,714 --> 00:10:34,592 Corre tanto como che dean as pernas! 152 00:10:36,093 --> 00:10:40,723 Tentaches xogar a ser capitán. Mira como o fai unha lenda. 153 00:10:46,020 --> 00:10:50,024 Non frean. Que intentan facer eses parvos? 154 00:10:50,107 --> 00:10:52,151 Trazade un curso á illa. 155 00:10:52,777 --> 00:10:54,153 A partir de hoxe, 156 00:10:54,236 --> 00:10:58,783 todos coñecerán o nome de Knuckles the Dread. 157 00:10:58,866 --> 00:11:00,493 Dixen máis rápido! 158 00:11:04,789 --> 00:11:08,417 Veleira, mantén o rumbo. Agarrádevos! 159 00:11:23,974 --> 00:11:25,351 Non! As velas! 160 00:11:29,522 --> 00:11:30,439 Maldición! 161 00:11:31,107 --> 00:11:32,817 Iso foi incríbel! 162 00:11:32,900 --> 00:11:35,653 Foi, mais aínda non rematamos. 163 00:11:35,736 --> 00:11:37,279 Quedamos sen velas. 164 00:11:37,363 --> 00:11:39,323 E iso é malo, non? 165 00:11:39,407 --> 00:11:41,575 Seríao para calquera outro. 166 00:11:44,829 --> 00:11:46,580 Ai, non me gusta isto. 167 00:11:46,664 --> 00:11:49,750 Remolcarasnos coas túas botas especiais. 168 00:11:49,834 --> 00:11:52,128 É iso ou bater coas rochas. 169 00:11:52,211 --> 00:11:53,421 Difícil elixir. 170 00:11:53,504 --> 00:11:55,047 Non hai elección. 171 00:11:57,258 --> 00:11:59,468 Nave a estribor! 172 00:11:59,552 --> 00:12:00,761 Dálle, falcón! 173 00:12:00,845 --> 00:12:04,056 Se algo sae mal, será culpa túa. 174 00:12:21,198 --> 00:12:23,784 A toda máquina. Xa! 175 00:12:27,329 --> 00:12:31,500 Nunca perdo unha carreira, e menos fronte á meta. 176 00:12:31,584 --> 00:12:35,212 Veña! 177 00:12:46,474 --> 00:12:48,934 Por todos os mares! 178 00:12:52,563 --> 00:12:54,148 Aos vosos postos! 179 00:12:54,231 --> 00:12:56,233 - Si! - Si! 180 00:13:05,493 --> 00:13:09,622 O ourizo descoñece o potencial desta nave. 181 00:13:14,668 --> 00:13:15,795 Isto non é bo. 182 00:13:19,256 --> 00:13:20,341 Láseres? 183 00:13:21,133 --> 00:13:22,510 Odio os láseres. 184 00:13:22,593 --> 00:13:24,678 Están atacando a Sonic! 185 00:13:24,762 --> 00:13:26,263 Cargade os canóns! 186 00:13:26,347 --> 00:13:28,390 Imos darlles con toda! 187 00:13:28,474 --> 00:13:30,100 Fogo! 188 00:13:38,150 --> 00:13:41,278 Capitán, non imos aguantar moito máis. 189 00:13:41,362 --> 00:13:43,906 Aguantará! Fogo de novo! 190 00:14:00,840 --> 00:14:01,674 Si! 191 00:14:01,757 --> 00:14:04,802 Así se fai. Outra vez! 192 00:14:08,722 --> 00:14:09,723 Fogo! 193 00:14:15,104 --> 00:14:16,021 Velaí está! 194 00:14:19,775 --> 00:14:21,861 É o último barril, capitán. 195 00:14:23,279 --> 00:14:24,321 Usádeo ben. 196 00:14:26,657 --> 00:14:28,075 Fogo! 197 00:14:35,708 --> 00:14:37,626 - Viva! - Si! 198 00:14:49,388 --> 00:14:50,556 Coidado! 199 00:14:52,057 --> 00:14:54,852 Virade e listos para a abordaxe! 200 00:14:55,853 --> 00:14:56,687 Abordaxe? 201 00:14:59,940 --> 00:15:01,108 Non sen min. 202 00:15:09,950 --> 00:15:12,536 E ese era o último moinante! 203 00:15:12,620 --> 00:15:15,706 Veña, covardes! Está todo despexado. 204 00:15:40,814 --> 00:15:42,816 Como ousades atacarnos? 205 00:15:42,900 --> 00:15:44,860 E isto é só o principio. 206 00:16:06,298 --> 00:16:07,383 Atacade! 207 00:16:27,695 --> 00:16:30,948 Xa abonda! Equipo 3, collede o fragmento! 208 00:16:34,410 --> 00:16:35,744 Sonic, vai! 209 00:16:35,828 --> 00:16:37,663 Van tras o tesouro! 210 00:16:39,957 --> 00:16:42,376 Non, vai ti. Eu atrasareinos. 211 00:16:45,629 --> 00:16:48,966 Non vou dar chegado. Está moi lonxe! 212 00:16:49,466 --> 00:16:52,970 Lonxe? Lembras cando me tiraches do barco? 213 00:16:53,053 --> 00:16:53,887 Lembro. 214 00:16:53,971 --> 00:16:56,724 Tes que aprender a xirar, colega! 215 00:17:00,185 --> 00:17:02,062 Non deixedes que escape. 216 00:17:02,146 --> 00:17:03,272 Atrapádeo. 217 00:17:09,069 --> 00:17:12,281 Isto remata aquí. 218 00:17:12,364 --> 00:17:13,824 Por min, ben. 219 00:17:30,007 --> 00:17:31,633 O meu tesouro. 220 00:17:58,660 --> 00:18:00,579 Anda con ollo, amigo! 221 00:18:00,662 --> 00:18:02,581 Grazas, Veleira! 222 00:18:08,295 --> 00:18:10,422 Tranquilo, xa te teño! 223 00:18:17,971 --> 00:18:20,849 Fuches un rival digno, Sonic. 224 00:18:21,391 --> 00:18:24,228 Porén, ninguén se lembrará de ti. 225 00:18:24,311 --> 00:18:26,438 Que gratuíto foi iso. 226 00:18:30,484 --> 00:18:34,029 En serio? Preparando un derradeiro ataque? 227 00:18:34,696 --> 00:18:35,989 Algo así. 228 00:18:40,202 --> 00:18:41,411 Abandonounos? 229 00:18:54,174 --> 00:18:56,093 Onde o deixaramos? 230 00:19:36,842 --> 00:19:37,759 Por fin! 231 00:19:38,635 --> 00:19:40,345 Vas ser miña! 232 00:19:43,473 --> 00:19:47,186 Miña para sempre. 233 00:19:50,022 --> 00:19:52,357 Dread. Conseguiu o fragmento! 234 00:19:55,027 --> 00:19:58,447 Vai precisar reforzos. Vou aló. Axiña veño! 235 00:20:04,286 --> 00:20:05,204 Ti! 236 00:20:05,287 --> 00:20:08,790 Son eu ou aseméllaseche un pouco? 237 00:20:09,291 --> 00:20:11,126 Igual deberiamos atala. 238 00:20:19,801 --> 00:20:21,720 Non! É miña! 239 00:20:21,803 --> 00:20:22,804 Miña! 240 00:20:47,246 --> 00:20:48,080 Dread! 241 00:20:51,583 --> 00:20:52,584 Sonic! 242 00:20:55,128 --> 00:20:56,004 Xa te teño! 243 00:21:18,485 --> 00:21:19,528 Shadow? 244 00:21:20,320 --> 00:21:23,824 Non teño tempo para isto, sexas quen sexas. 245 00:21:23,907 --> 00:21:25,826 Só quero volver á casa. 246 00:21:25,909 --> 00:21:26,910 Á casa? 247 00:21:26,994 --> 00:21:29,371 A nosa casa xa non existe. 248 00:21:29,454 --> 00:21:30,914 Por culpa túa! 249 00:22:14,041 --> 00:22:18,045 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso