1 00:00:06,006 --> 00:00:09,342 Non es máis ca un voitre coma os demais. 2 00:00:15,432 --> 00:00:17,183 Podo abrir os ollos? 3 00:00:17,267 --> 00:00:19,436 Non, Sonic, aínda non. 4 00:00:19,519 --> 00:00:23,189 Non será un truco para levarme á auga outra vez? 5 00:00:23,273 --> 00:00:24,441 Non, Sonic. 6 00:00:24,524 --> 00:00:26,609 Xa verás. Vaiche encantar. 7 00:00:27,360 --> 00:00:28,778 Xa podes abrilos. 8 00:00:29,946 --> 00:00:30,947 Tachán! 9 00:00:32,407 --> 00:00:35,160 Colléstesme unha palmeira? 10 00:00:35,660 --> 00:00:36,870 É un truco. 11 00:00:36,953 --> 00:00:39,247 Non, Sonic, non é un truco. 12 00:00:39,330 --> 00:00:41,416 Pero xa teño unha palmeira. 13 00:00:41,499 --> 00:00:44,878 Esa e aquela e esoutras de alí. 14 00:00:44,961 --> 00:00:46,921 O regalo non é a árbore, 15 00:00:47,005 --> 00:00:50,300 son os recordos que temos arredor dela. 16 00:00:50,800 --> 00:00:55,263 Como a vez que apostamos a ver quen chegaba antes. 17 00:00:55,346 --> 00:00:56,848 Non pagaches, eh? 18 00:00:58,058 --> 00:01:01,478 E cando lle fixemos a torta de coco a Amy. 19 00:01:01,561 --> 00:01:06,107 Ou cando mercastes a torta e dixestes que a fixerades vós. 20 00:01:08,359 --> 00:01:12,822 Ou cando rin tanto que me saíu chili polo nariz. 21 00:01:13,698 --> 00:01:15,158 Aínda non ulo. 22 00:01:17,452 --> 00:01:19,788 Si, pasamos moi bos momentos. 23 00:01:20,330 --> 00:01:21,414 Non si, Sonic? 24 00:01:21,498 --> 00:01:22,874 Veña, rapaces. 25 00:01:22,957 --> 00:01:25,710 Non vos estades pondo un chisquiño… 26 00:01:25,794 --> 00:01:28,588 Non sei… Sentimentais? 27 00:01:29,589 --> 00:01:30,715 Xa o entendo. 28 00:01:30,799 --> 00:01:33,259 A árbore, amizade, recordos… 29 00:01:33,760 --> 00:01:35,929 Salchichas con chili! 30 00:01:38,139 --> 00:01:40,934 Vexo que non o pillas, non, Sonic? 31 00:02:01,496 --> 00:02:02,413 Si. 32 00:02:02,497 --> 00:02:06,376 Teño o poder de rexenerar a selva dunha soa mazada. 33 00:02:11,172 --> 00:02:14,509 Podería afacerme a isto. 34 00:02:22,350 --> 00:02:24,310 Por fin poderei botalos. 35 00:02:24,894 --> 00:02:26,062 A todos. 36 00:02:26,146 --> 00:02:28,690 Nunca volverán danar a selva. 37 00:02:29,482 --> 00:02:31,025 De que falas? 38 00:02:31,109 --> 00:02:33,695 Vexamos que pode facer este mazo! 39 00:02:46,457 --> 00:02:47,667 Isto non é bo. 40 00:02:58,636 --> 00:02:59,554 Agarda. 41 00:02:59,637 --> 00:03:03,391 Xa che dixen que non son o teu inimigo. 42 00:03:03,474 --> 00:03:06,019 Veña, tes que confiar en min. 43 00:03:06,102 --> 00:03:08,563 Dáme ese cristal tan lindo. 44 00:03:08,646 --> 00:03:09,856 Por favor. 45 00:03:11,691 --> 00:03:16,571 Es parvo se cres que cho vou dar estando tan preto. 46 00:03:16,654 --> 00:03:19,365 Espera, preto de que? Onde vas? 47 00:03:19,449 --> 00:03:23,536 A facer o que debo para protexer o Verde para sempre. 48 00:03:24,537 --> 00:03:26,206 Protexer o Verde? 49 00:03:26,289 --> 00:03:27,707 Os Voitres. 50 00:03:30,877 --> 00:03:34,714 Non podo permitir que lles fagas dano aos demais. 51 00:03:35,381 --> 00:03:37,592 Entón non tes elección. 52 00:03:44,098 --> 00:03:46,893 A próxima non serei tan indulxente. 53 00:03:50,813 --> 00:03:51,773 Agarda! 54 00:03:54,317 --> 00:03:55,526 Espiñosa! 55 00:03:58,488 --> 00:03:59,364 Vale. 56 00:04:00,031 --> 00:04:01,532 Non pasa nada. 57 00:04:02,283 --> 00:04:04,452 Xa loitaron con ela antes. 58 00:04:05,161 --> 00:04:09,666 Estarán ben. Non han estar sentados comendo cascas. 59 00:04:12,168 --> 00:04:13,294 Esta é boa. 60 00:04:14,420 --> 00:04:16,047 Debo saír de aquí. 61 00:04:17,548 --> 00:04:22,095 Claro, non hai teito! Non sei como non o pensei antes. 62 00:04:31,896 --> 00:04:33,231 Ei, como andades? 63 00:04:40,405 --> 00:04:41,447 Son libre! 64 00:04:41,948 --> 00:04:43,199 Marcho a escape! 65 00:05:01,718 --> 00:05:02,885 Ti outra vez? 66 00:05:02,969 --> 00:05:04,262 Eu outra vez. 67 00:05:05,805 --> 00:05:09,267 Non quero magoarte, pero vou levar o mazo. 68 00:05:09,350 --> 00:05:12,353 O único que vas levar é unha tunda. 69 00:05:15,148 --> 00:05:16,107 Vaia. 70 00:05:28,286 --> 00:05:30,913 Coiro, si que o tes ben agarrado. 71 00:05:33,541 --> 00:05:36,586 Podo estar así todo o día. 72 00:05:40,506 --> 00:05:41,382 Si! 73 00:05:44,260 --> 00:05:45,094 Coidado. 74 00:05:57,190 --> 00:05:58,024 Ei! 75 00:06:03,154 --> 00:06:06,157 Unhas cantas estelas non me han parar. 76 00:06:33,643 --> 00:06:36,854 Ves? Díxencho. As árbores veñen por nós. 77 00:07:13,474 --> 00:07:14,725 Non! 78 00:07:29,073 --> 00:07:31,951 Vaia, outra vaca máis no millo. 79 00:07:32,452 --> 00:07:33,619 É un ourizo. 80 00:07:34,871 --> 00:07:36,664 É unha expresión. 81 00:07:37,498 --> 00:07:39,459 Que fas aquí? 82 00:07:39,542 --> 00:07:44,172 A última vez que te vimos, estabas co monstro traizoándonos. 83 00:07:44,255 --> 00:07:47,341 Estades enganados. Non vos traizoei. 84 00:07:47,425 --> 00:07:51,345 Fun buscar o fragmento. E vós iádesme axudar. 85 00:07:51,429 --> 00:07:54,515 - Non vés polas cascas? - Claro que non! 86 00:07:54,599 --> 00:07:55,975 Que queres dicir? 87 00:07:56,058 --> 00:07:58,186 Que ela vén xa para aquí. 88 00:07:58,269 --> 00:08:00,813 Tedes que amañarvos canto antes. 89 00:08:00,897 --> 00:08:03,107 Non estamos guapos así, ou? 90 00:08:03,191 --> 00:08:07,320 O que digo é que tedes que buscar un terreo común. 91 00:08:07,403 --> 00:08:08,446 Terreo común? 92 00:08:08,529 --> 00:08:10,198 Vivimos nas árbores. 93 00:08:10,698 --> 00:08:12,158 Este toleou. 94 00:08:12,241 --> 00:08:13,493 É unha broma? 95 00:08:13,576 --> 00:08:15,161 Non o entendes. 96 00:08:15,244 --> 00:08:18,331 Non hai terreo común posíbel. Xa non. 97 00:08:24,253 --> 00:08:26,672 Antes eramos amigos. 98 00:08:26,756 --> 00:08:30,426 Agora esquecín a última vez que nos levamos ben. 99 00:08:31,093 --> 00:08:33,763 Compartiamos os tesouros da selva. 100 00:08:33,846 --> 00:08:36,474 Colliamos só o necesario. 101 00:08:45,441 --> 00:08:46,317 Un día… 102 00:08:51,113 --> 00:08:53,115 preferiu a selva a nós. 103 00:08:53,199 --> 00:08:56,661 Mandounos ás copas, onde vivimos desde aquela. 104 00:08:58,204 --> 00:09:01,916 Non se pode buscar terreo común cun monstro. 105 00:09:04,126 --> 00:09:05,628 Non o podo crer. 106 00:09:06,295 --> 00:09:09,674 Amy ten que estar aí… en algures. 107 00:09:10,758 --> 00:09:14,345 Mirade, tedes que facer as paces con Espiñosa. 108 00:09:18,933 --> 00:09:20,768 Non, esquécete dela. 109 00:09:20,851 --> 00:09:23,229 A ver, falamos como amigos 110 00:09:23,312 --> 00:09:26,816 e intentamos que entre en razón, estamos? 111 00:09:26,899 --> 00:09:28,526 Si? Estades comigo? 112 00:09:36,826 --> 00:09:38,369 Debestes escoitarme. 113 00:09:44,709 --> 00:09:45,918 Vamos, rapaces. 114 00:09:47,378 --> 00:09:48,713 Hai outra opción? 115 00:09:50,006 --> 00:09:51,382 - Non. - Por fin. 116 00:09:51,882 --> 00:09:55,011 Ben, este é o plan: imos amodiño… 117 00:10:00,975 --> 00:10:02,602 Atacade! 118 00:10:06,689 --> 00:10:09,483 E se esta vez me seguides a min? 119 00:10:09,567 --> 00:10:12,069 - Eu voto si. - Si. 120 00:10:13,029 --> 00:10:14,780 Moi ben, seguídeme. 121 00:10:26,542 --> 00:10:27,501 Está escuro. 122 00:10:28,419 --> 00:10:29,754 Demasiado escuro. 123 00:10:30,338 --> 00:10:33,215 Ou iso é o que quere que creamos. 124 00:10:33,299 --> 00:10:36,552 Xa, non, definitivamente está escuro. 125 00:10:40,556 --> 00:10:42,308 Vaia, vaia. 126 00:10:42,391 --> 00:10:45,311 Mirade quen vén co ourizo. 127 00:10:45,394 --> 00:10:48,689 Vale, actuade de forma natural. 128 00:10:50,775 --> 00:10:52,318 Ei, Espiñosa. 129 00:10:52,943 --> 00:10:56,405 Só queriamos ter unha charla amistosa. 130 00:10:56,489 --> 00:10:57,740 Lembras o que é? 131 00:10:57,823 --> 00:11:01,285 "Ola, Espiñosa. Adoro o paxaro no que vas." 132 00:11:01,369 --> 00:11:04,121 "Grazas, Rufa. Paxariño é único. 133 00:11:04,205 --> 00:11:06,791 Que aldea tan xeitosa montastes." 134 00:11:06,874 --> 00:11:10,127 "Para nós ben nos vale. Por que rifaramos?" 135 00:11:10,211 --> 00:11:13,255 "Non teño nin idea. Unha aperta?" 136 00:11:13,339 --> 00:11:15,007 "Si, unha apertiña!" 137 00:11:16,217 --> 00:11:17,385 Faremos así. 138 00:11:17,468 --> 00:11:21,806 Logo vén un debate construtivo sobre os nosos problemas. 139 00:11:21,889 --> 00:11:25,351 Menos a parte de "Voute matar!". 140 00:11:25,434 --> 00:11:29,647 A pesar do que pasou nos últimos… non sei cantos anos, 141 00:11:29,730 --> 00:11:32,483 somos moi bos amigos, verdade? 142 00:11:32,566 --> 00:11:34,944 Si? Imos falar as cousas, 143 00:11:35,027 --> 00:11:37,488 chegar a un acordo e quen sabe? 144 00:11:37,571 --> 00:11:40,991 Se cadra, ao final acabamos todos rindo. 145 00:11:41,659 --> 00:11:43,536 De que hai que falar? 146 00:11:43,619 --> 00:11:45,371 Ves? Estamos falando. 147 00:11:45,454 --> 00:11:49,417 Amy diría que debemos expresar os nosos sentimentos. 148 00:11:49,500 --> 00:11:50,835 Sentimentos? 149 00:11:50,918 --> 00:11:52,086 Sentimentos? 150 00:11:52,169 --> 00:11:53,295 Sentimentos? 151 00:11:53,379 --> 00:11:54,922 Sentimentos? 152 00:11:55,005 --> 00:11:57,466 Sentimentos? É unha trampa. 153 00:11:58,300 --> 00:12:00,678 A ver, mirade, empezo eu. 154 00:12:00,761 --> 00:12:04,515 - Sinto que… - Que non sabes o que estás a facer? 155 00:12:04,598 --> 00:12:05,850 Eu inténtoo. 156 00:12:05,933 --> 00:12:10,104 Sinto que isto sería máis doado sen interrupcións. 157 00:12:10,771 --> 00:12:13,649 Tamén que isto é moi difícil 158 00:12:13,733 --> 00:12:15,943 e Amy fai que pareza fácil. 159 00:12:16,026 --> 00:12:17,528 - Tócache. - A min? 160 00:12:17,611 --> 00:12:20,865 Si. Lembra: todo o que sentes é válido. 161 00:12:22,283 --> 00:12:23,993 Esta distraída. Agora! 162 00:12:24,076 --> 00:12:26,912 Votastes seguirme a min, lembrades? 163 00:12:26,996 --> 00:12:28,080 Sinto… 164 00:12:28,914 --> 00:12:29,874 ira! 165 00:12:49,059 --> 00:12:50,811 Vale, estás anoxada, 166 00:12:50,895 --> 00:12:53,731 pero que pasou co de non pelexar? 167 00:12:53,814 --> 00:12:58,778 Demostraron que non se pode confiar neles. Este é o fin! 168 00:13:08,662 --> 00:13:10,247 Que fixeches? 169 00:13:10,331 --> 00:13:12,708 O… o que debía facer. 170 00:13:12,792 --> 00:13:17,296 Isto manterá os Voitres nas copas, onde deben estar. 171 00:13:17,379 --> 00:13:20,508 Destruíches o seu lar. Morrerán de fame. 172 00:13:20,591 --> 00:13:23,427 Se é necesario para salvar a selva… 173 00:13:25,346 --> 00:13:26,639 que así sexa. 174 00:13:28,015 --> 00:13:29,058 Non. 175 00:13:29,767 --> 00:13:33,479 Non ves que tedes que buscar unha forma de vivir 176 00:13:33,562 --> 00:13:35,856 todos xuntos, unidos. 177 00:13:35,940 --> 00:13:38,526 Que saberás ti de unidade? 178 00:13:41,904 --> 00:13:43,656 Xa podes abrilos. 179 00:13:44,740 --> 00:13:45,908 Tachán! 180 00:13:45,991 --> 00:13:48,160 Pero xa teño unha palmeira. 181 00:13:48,244 --> 00:13:50,204 O regalo non é a árbore, 182 00:13:50,287 --> 00:13:53,290 son os recordos que temos arredor dela. 183 00:13:54,166 --> 00:13:57,294 A árbore é o que nos une, Espiñosa. 184 00:13:57,378 --> 00:13:59,505 Todo está conectado. 185 00:13:59,588 --> 00:14:02,716 Ti, eu, o Verde e mesmo os Voitres. 186 00:14:03,717 --> 00:14:07,137 Todos somos parte de algo meirande ca nós. 187 00:14:09,056 --> 00:14:11,475 Iso son parvadas sentimentais. 188 00:14:11,559 --> 00:14:13,477 Dixéchesmo ti. 189 00:14:17,439 --> 00:14:20,109 Tanto ten. Co corazón da selva, 190 00:14:20,192 --> 00:14:24,488 podo facer que non volvan danar o Verde xamais. 191 00:14:24,572 --> 00:14:27,241 - Danar? - Xa estou farta de ti. 192 00:14:27,324 --> 00:14:28,909 Ai, si? 193 00:14:28,993 --> 00:14:31,871 Moi ben. Irei falar co Verde Vizoso. 194 00:14:31,954 --> 00:14:34,373 Non te achegues ao Verde! 195 00:14:36,500 --> 00:14:38,919 Máis rápido, Paxariño. 196 00:14:44,967 --> 00:14:46,176 Ai, Paxariño. 197 00:14:46,260 --> 00:14:49,263 Síntoo, pero tes que seguir. 198 00:14:49,346 --> 00:14:52,141 Xa debeu chegar onda o Verde Vizoso. 199 00:14:59,940 --> 00:15:02,109 Non pasa moita luz, non? 200 00:15:03,360 --> 00:15:06,864 Está tan escuro que até ela perdeu o rumbo. 201 00:15:07,364 --> 00:15:10,659 Pero acouga. Teño un plan e vas participar. 202 00:15:11,952 --> 00:15:13,746 Xa, ti confía en min. 203 00:15:15,331 --> 00:15:21,211 Afástate… da… miña… árbore. 204 00:15:24,757 --> 00:15:25,633 Obrígame. 205 00:15:26,216 --> 00:15:27,051 Paxariño! 206 00:15:29,261 --> 00:15:31,430 Ostras! Esa cousa voa? 207 00:15:37,227 --> 00:15:39,647 Asúmeo, sabes que teño razón. 208 00:15:39,730 --> 00:15:42,942 Como lle faltas ao respecto así ao Verde? 209 00:15:43,025 --> 00:15:44,318 Aí estamos. 210 00:15:44,401 --> 00:15:46,654 Acouga, sei o que fago. 211 00:15:46,737 --> 00:15:49,740 Estou aquí, Espiñosa. A ver se me dás. 212 00:15:53,994 --> 00:15:54,995 Ou non. 213 00:15:55,579 --> 00:15:56,413 A ver. 214 00:16:12,054 --> 00:16:14,056 Que fixen? 215 00:16:15,224 --> 00:16:16,642 Como pasou isto? 216 00:16:17,393 --> 00:16:20,229 Eu só quería protexer o Verde. 217 00:16:21,355 --> 00:16:23,023 Agora estragueino. 218 00:16:36,245 --> 00:16:39,289 Antes eramos… amigos. 219 00:16:40,374 --> 00:16:42,126 Había equilibro. 220 00:16:46,422 --> 00:16:51,301 Porén, un tempo despois, só vía un saqueo constante. 221 00:16:52,845 --> 00:16:57,016 Decateime de que estaban a esgotar os nosos recursos. 222 00:16:59,226 --> 00:17:02,521 Eles recibían, pero nunca daban 223 00:17:02,604 --> 00:17:06,316 nin lle daban descanso nin mostraban respecto. 224 00:17:07,860 --> 00:17:09,862 Estaban matando a selva. 225 00:17:10,362 --> 00:17:15,868 Non o aturei máis. Perdín o control e transformeime nun monstro. 226 00:17:23,542 --> 00:17:25,586 Non podía deixalo pasar. 227 00:17:27,421 --> 00:17:30,507 Pero nunca volvín ser a que era antes. 228 00:17:37,389 --> 00:17:40,517 Eu… non o vin desde esa perspectiva. 229 00:17:40,601 --> 00:17:42,269 Síntoo, Espiñosa. 230 00:17:42,352 --> 00:17:44,480 Non o sabía. Eu… 231 00:18:08,378 --> 00:18:09,338 Tachán! 232 00:18:12,716 --> 00:18:14,176 Veña, vai. 233 00:18:14,802 --> 00:18:16,095 Estarrica as ás. 234 00:18:20,265 --> 00:18:21,183 Adiante. 235 00:18:32,945 --> 00:18:36,031 Ti tamén. Só tes que xirar as colas. 236 00:18:53,799 --> 00:18:56,135 Perdín o rumbo. 237 00:18:56,635 --> 00:19:00,806 Foi egoísta non permitirlle voar mentres tentaba… 238 00:19:01,473 --> 00:19:02,766 afastarvos. 239 00:19:07,938 --> 00:19:11,483 Fixeches ben en defender a selva, 240 00:19:11,567 --> 00:19:13,694 pero isto non é natural. 241 00:19:13,777 --> 00:19:16,947 O fragmento desequilibrouno todo, 242 00:19:17,030 --> 00:19:18,866 mesmo as túas amizades. 243 00:19:19,366 --> 00:19:20,826 Como as recupero? 244 00:19:22,619 --> 00:19:26,331 A miña amiga Amy diría que falando con elas. 245 00:19:26,415 --> 00:19:28,125 Éche algo sentimental. 246 00:19:30,419 --> 00:19:33,213 Non che sei, a min paréceme xenial. 247 00:19:34,298 --> 00:19:35,340 Si. 248 00:19:35,424 --> 00:19:36,758 Si que o es. 249 00:19:50,480 --> 00:19:54,985 Temos que asumir a nosa culpa para vivirmos en harmonía. 250 00:19:56,069 --> 00:19:56,904 Eu tamén. 251 00:20:05,078 --> 00:20:07,456 Non estou chorando. Choras ti. 252 00:20:15,756 --> 00:20:17,382 Recoiro! O fragmento. 253 00:20:19,843 --> 00:20:21,178 Axudádeme. 254 00:20:22,054 --> 00:20:24,264 Desculpade, marcho a escape! 255 00:20:40,989 --> 00:20:44,534 Paxariño díxome onde está o fragmento. Ben! 256 00:20:52,000 --> 00:20:54,086 Os tenis non menten. 257 00:21:00,092 --> 00:21:02,386 Sonic, perdinme no baleiro. 258 00:21:02,469 --> 00:21:04,763 - Shadow? - Non te pares. 259 00:21:04,846 --> 00:21:05,931 Como podes…? 260 00:21:32,916 --> 00:21:35,085 Volvín a Novo Xugo? 261 00:21:35,669 --> 00:21:37,296 Como acabei aquí…? 262 00:21:38,880 --> 00:21:42,426 Por un futuro mellor! Quen está comigo? 263 00:21:43,010 --> 00:21:43,927 Oh, non. 264 00:22:23,800 --> 00:22:26,803 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso