1 00:00:22,063 --> 00:00:25,358 Síntoo, Big, Froggy. Teño que ir axudar. 2 00:00:26,401 --> 00:00:28,111 Non pasa nada, Sonic. 3 00:00:28,737 --> 00:00:32,198 Disque o fogar dun é onde están os amigos. 4 00:00:32,782 --> 00:00:34,325 O meu é Green Hill, 5 00:00:34,409 --> 00:00:38,038 onde as mellores praias, palmeiras e salchichas 6 00:00:38,121 --> 00:00:39,956 son a punta do iceberg. 7 00:00:40,040 --> 00:00:43,793 Salvamos este sitio millóns de veces deste papán. 8 00:00:46,588 --> 00:00:48,298 Logo está Shadow. 9 00:00:48,840 --> 00:00:51,426 É complicado. Xa falaremos del. 10 00:00:51,509 --> 00:00:53,845 O tema é que nunca perdemos. 11 00:00:55,055 --> 00:00:59,267 Cun equipo coma o meu, non hai nada nos pare. 12 00:01:00,685 --> 00:01:03,188 Ei, rapaces! Xa estou aquí! 13 00:01:03,271 --> 00:01:04,439 Chegas tarde! 14 00:01:05,023 --> 00:01:05,857 Sonic. 15 00:01:06,608 --> 00:01:08,026 Eggman. 16 00:01:08,109 --> 00:01:11,321 Vas ver como reclamo o Prisma Paradoxal 17 00:01:11,404 --> 00:01:17,202 e transformo o voso noxento mundo verde en algo máis do meu estilo. 18 00:01:21,998 --> 00:01:24,000 Ábreseme a boca, Eggman. 19 00:01:25,085 --> 00:01:26,836 Esmagádeos a todos! 20 00:01:40,141 --> 00:01:41,184 Sonic! 21 00:01:41,267 --> 00:01:42,352 Ei, Tails! 22 00:01:44,604 --> 00:01:47,023 Knuckles! Como andas, meu? 23 00:01:47,774 --> 00:01:49,818 Nada me pon nervioso… 24 00:01:51,444 --> 00:01:53,071 agás que veñas tarde. 25 00:01:57,492 --> 00:01:58,451 Grazas, Rouge. 26 00:01:58,535 --> 00:02:00,411 Nin o digas. En serio. 27 00:02:05,583 --> 00:02:08,044 - Amy! - Sonic, onde andabas? 28 00:02:08,128 --> 00:02:09,796 Distraínme un pouco. 29 00:02:15,802 --> 00:02:18,513 Sacádeme esa rocha do chan! 30 00:02:24,185 --> 00:02:26,604 Non, se vou ter que facelo eu. 31 00:02:28,314 --> 00:02:31,067 A saber de que é capaz o Prisma. 32 00:02:31,151 --> 00:02:32,193 Ten coidado. 33 00:02:32,277 --> 00:02:34,779 Se o quere este, non ha ser bo. 34 00:02:34,863 --> 00:02:35,738 Entendido. 35 00:02:38,324 --> 00:02:40,160 Deixa a rocha, caraovo. 36 00:02:40,243 --> 00:02:42,328 Esta vez non, panoco! 37 00:02:51,713 --> 00:02:53,298 Sonic, agarda! 38 00:02:55,466 --> 00:02:57,260 Sonic, non! 39 00:03:33,838 --> 00:03:36,132 Un día esmagarei ese ourizo 40 00:03:36,216 --> 00:03:40,887 e o mundo será un lugar máis brillante, con luces de neon. 41 00:03:41,512 --> 00:03:44,682 Sempre terás un compañeiro en min. 42 00:03:44,766 --> 00:03:47,644 O bosque é o mellor lugar da Terra. 43 00:03:47,727 --> 00:03:50,813 Déixate de detalles. A quen mallo? 44 00:03:50,897 --> 00:03:54,859 Non che gustará como fago as cousas, pero fágoas. 45 00:03:54,943 --> 00:03:57,987 Pode que eu sexa quen une a todos, 46 00:03:58,071 --> 00:04:01,824 pero ti es o único ao que seguirían na batalla. 47 00:04:02,700 --> 00:04:06,663 Non preciso un exército cun amigo coma ti, Sonic. 48 00:04:06,746 --> 00:04:12,085 Dominarei o mundo e ningún roedor me deterá. 49 00:04:12,168 --> 00:04:14,420 Seguirémoste ao fin do mundo. 50 00:04:15,838 --> 00:04:18,216 Nada acabará coa nosa amizade. 51 00:04:32,230 --> 00:04:34,607 Teño unha xaqueca supersónica. 52 00:04:37,026 --> 00:04:39,487 Onde estou? Eh? 53 00:04:55,169 --> 00:04:56,129 Por pouco. 54 00:05:07,432 --> 00:05:09,726 Non lembro como cheguei aquí. 55 00:05:09,809 --> 00:05:11,352 Pensa, Sonic, pensa. 56 00:05:11,436 --> 00:05:14,314 Ostras, que lles pasa aos meus tenis? 57 00:05:15,106 --> 00:05:19,402 Non vía isto desde que comín aquelas salchichas rancias. 58 00:05:19,986 --> 00:05:21,696 Tails? Amy? 59 00:05:21,779 --> 00:05:24,198 Agora valeríame mesmo Knuckles. 60 00:05:24,907 --> 00:05:27,952 Desculpa, como se chama este sitio? 61 00:05:28,578 --> 00:05:30,705 Pasas de min? Pois si. 62 00:05:30,788 --> 00:05:34,292 Por que me ignoras? Por que todos me ignoran? 63 00:05:36,544 --> 00:05:39,380 Pode alguén darme unha resposta? 64 00:05:39,464 --> 00:05:42,550 Xa, estades ocupados mirando a nada. 65 00:05:43,593 --> 00:05:44,469 Eh? 66 00:05:45,219 --> 00:05:48,765 "Benvido á cidade de Novo Xugo. De nada." 67 00:05:48,848 --> 00:05:51,976 Non oíra ese nome. Estará lonxe da casa. 68 00:05:52,060 --> 00:05:55,813 Onde van as montañas, as praias e as palmeiras? 69 00:05:57,065 --> 00:05:58,691 Big! Froggy! 70 00:05:58,775 --> 00:06:00,151 Vaia! Isto… 71 00:06:00,234 --> 00:06:02,570 Alégrame ver caras coñecidas. 72 00:06:02,653 --> 00:06:05,406 Xa pensei que perdera a cabeza. 73 00:06:05,490 --> 00:06:09,077 Que pasa aquí? Levas pantalóns? 74 00:06:09,160 --> 00:06:11,245 Cidadán non identificado. 75 00:06:11,329 --> 00:06:12,747 Alerta. 76 00:06:14,499 --> 00:06:16,542 Big! Non marches! 77 00:06:19,837 --> 00:06:24,008 Está vostede infrinxindo a ordenanza municipal 27 B/6. 78 00:06:24,092 --> 00:06:26,386 Síntovolo, non falo robot. 79 00:06:26,469 --> 00:06:31,474 En nome do Consello do Caos, retírese ou desmontarémolo. 80 00:06:31,557 --> 00:06:33,893 Ese consello soa importante. 81 00:06:33,976 --> 00:06:36,354 Dime onde está e xa vou vendo. 82 00:06:46,030 --> 00:06:48,157 Que lles ocorre aos tenis? 83 00:06:50,660 --> 00:06:54,330 Non me afago a tanta parede. E os meus rings? 84 00:07:00,670 --> 00:07:02,338 Robots sen Flickies? 85 00:07:02,422 --> 00:07:03,506 Que estraño. 86 00:07:12,807 --> 00:07:13,683 Non! 87 00:07:22,191 --> 00:07:25,069 Isto non funciona. Debo saír da rúa. 88 00:08:04,817 --> 00:08:07,445 Fume, cemento e robots malvados: 89 00:08:07,528 --> 00:08:10,615 todo o que máis odio nun mesmo lugar. 90 00:08:12,450 --> 00:08:13,618 Onde estou? 91 00:08:14,785 --> 00:08:16,621 Ai, non. 92 00:08:22,543 --> 00:08:24,086 Oxalá me trabuque. 93 00:08:32,512 --> 00:08:33,846 A reviravolta. 94 00:08:35,765 --> 00:08:37,225 O paso do ourizo. 95 00:08:38,893 --> 00:08:40,895 E o laboratorio de Tails. 96 00:08:43,022 --> 00:08:45,816 Ai, Tails… Que pasou? 97 00:08:49,820 --> 00:08:53,491 ANTES DE QUE O PRISMA ESCACHASE 98 00:08:53,658 --> 00:08:56,285 A ver que sabes facer, caraovo. 99 00:08:58,621 --> 00:09:00,831 Ese é o espírito, rata! 100 00:09:00,915 --> 00:09:02,875 O espírito dun perdedor! 101 00:09:04,043 --> 00:09:05,545 Mira quen falou! 102 00:09:07,088 --> 00:09:10,925 Sinto que Eggman sempre nos deixa de secundarios. 103 00:09:11,008 --> 00:09:15,179 Mándanos os Badniks para ter a Sonic para el só. 104 00:09:15,263 --> 00:09:17,014 A rebentarlle a festa! 105 00:09:24,313 --> 00:09:26,232 Marchando un ovo frito. 106 00:09:32,863 --> 00:09:34,615 Isto non me gusta. 107 00:09:34,699 --> 00:09:39,245 Eggman é ben listo. Como non ve que está moi mal situado? 108 00:09:39,328 --> 00:09:41,080 É case como se… 109 00:09:41,163 --> 00:09:42,373 Non está aí. 110 00:09:42,456 --> 00:09:46,210 Xa estás tremendo ante o poder do meu Eggcrusher? 111 00:09:46,294 --> 00:09:49,589 É comprensíbel. Sonche bastante asombroso. 112 00:09:49,672 --> 00:09:52,883 Xa querías. Todo o que traes esmágoo. 113 00:09:52,967 --> 00:09:56,470 Así vai o xogo, e eu sigo sendo o número un. 114 00:09:56,554 --> 00:10:00,850 Iso terás que demostralo. Ou dáche medo? 115 00:10:05,896 --> 00:10:07,315 É unha trampa! 116 00:10:07,398 --> 00:10:08,774 É unha trampa! 117 00:10:08,858 --> 00:10:09,859 Non a vexo. 118 00:10:09,942 --> 00:10:12,695 Aínda que para iso están feitas. 119 00:10:14,071 --> 00:10:15,740 De que ris, caraovo? 120 00:10:15,823 --> 00:10:16,866 De ti! 121 00:10:16,949 --> 00:10:22,246 Éche ben gracioso mirar como lle dás a ese cerebro de mosca que tes! 122 00:10:22,872 --> 00:10:26,292 Sonic, tes que escoitarme! É unha trampa! 123 00:10:33,424 --> 00:10:38,888 Es tan parvo como feo é o teu amigo mutante con dous rabos. 124 00:10:38,971 --> 00:10:41,599 Estás a piar por elas. 125 00:10:41,682 --> 00:10:43,934 Pois si. 126 00:10:44,018 --> 00:10:48,481 Métete comigo se queres, pero ninguén se mete co meu amigo. 127 00:10:48,564 --> 00:10:49,649 Sonic, non! 128 00:11:26,227 --> 00:11:28,646 Non sabía que era tan forte. 129 00:11:29,313 --> 00:11:32,441 Iso pásache por meterte cos meus amigos. 130 00:11:35,027 --> 00:11:36,278 Onde vai Eggman? 131 00:11:36,946 --> 00:11:38,739 Debeu de exectar. 132 00:11:41,450 --> 00:11:43,536 En fin, gañamos outra vez. 133 00:11:44,328 --> 00:11:46,414 Tails! Non está aquí! 134 00:11:46,497 --> 00:11:47,707 Patético, eh? 135 00:11:48,290 --> 00:11:50,501 Deulle medo vir en persoa. 136 00:11:50,584 --> 00:11:53,087 Non o lograría sen a túa axuda! 137 00:11:58,300 --> 00:12:00,386 Tails parecía molesto. 138 00:12:00,469 --> 00:12:02,972 E Tails nunca está molesto. 139 00:12:06,851 --> 00:12:08,227 Funcionou. 140 00:12:08,310 --> 00:12:12,231 Sen esa mona azul pasaríamos meses cavando. 141 00:12:12,314 --> 00:12:14,859 Grazas polo terremoto, Sonic. 142 00:12:14,942 --> 00:12:20,281 E grazas a min polo meu plan, que saíu de xeito espectacular. 143 00:12:20,364 --> 00:12:21,824 Ademais funcionou! 144 00:12:21,907 --> 00:12:24,452 Pois claro! Acabo de dicilo! 145 00:12:25,327 --> 00:12:28,414 Vamos. Papá quere o seu Prisma. 146 00:12:44,013 --> 00:12:46,599 Ei! Como andas, xenio? 147 00:12:46,682 --> 00:12:47,892 Ola, Sonic. 148 00:12:47,975 --> 00:12:49,727 Tróuxenche uns cómics. 149 00:12:49,810 --> 00:12:52,646 Grazas, Sonic. Ponos por aí. 150 00:12:53,773 --> 00:12:56,150 E se deixas iso un momento? 151 00:12:56,233 --> 00:13:01,071 Non podo. Teño que descubrir que anda a argallar Eggman. 152 00:13:06,577 --> 00:13:09,497 Síntoo, Tails. Non quería molestarte. 153 00:13:09,580 --> 00:13:12,333 De feito, nunca te vin tan molesto. 154 00:13:13,125 --> 00:13:15,377 Motiveime de máis e… 155 00:13:15,461 --> 00:13:17,421 Non pasa nada, en serio. 156 00:13:18,088 --> 00:13:20,758 Pero grazas por desculparte. 157 00:13:22,384 --> 00:13:25,638 Non che estraña que non estivese Eggman? 158 00:13:25,721 --> 00:13:26,680 Pois non. 159 00:13:26,764 --> 00:13:28,808 É dicir, é un cagarolas. 160 00:13:28,891 --> 00:13:31,352 Pero vin un cacho de ferralla 161 00:13:31,435 --> 00:13:33,187 onde debería ter o cu. 162 00:13:33,270 --> 00:13:37,399 Un cacho de ferralla? Quizais sexa parte da trampa. 163 00:13:37,483 --> 00:13:40,361 Non o tirarías cos restos de Badnik. 164 00:13:40,444 --> 00:13:41,278 Pois… 165 00:13:42,530 --> 00:13:45,074 Reparto urxente de ferralla! 166 00:13:45,157 --> 00:13:46,659 Mimá! A ver iso. 167 00:13:47,159 --> 00:13:49,995 Non era unha trampa, era un engano. 168 00:13:50,079 --> 00:13:53,082 Nunca causaras unha explosión así. 169 00:13:53,165 --> 00:13:56,210 Debe ser un amplificador de velocidade. 170 00:13:56,293 --> 00:13:59,964 En resumo, usou a túa velocidade contra ti. 171 00:14:01,257 --> 00:14:03,425 Non andas moi desencamiñado. 172 00:14:03,509 --> 00:14:04,802 Rouge? 173 00:14:04,885 --> 00:14:08,264 - Como entraches? - Enganoute, ourizo. 174 00:14:08,973 --> 00:14:09,932 Por favor. 175 00:14:10,015 --> 00:14:12,893 Por que causar unha explosión alí? 176 00:14:12,977 --> 00:14:14,562 Eu fágome unha idea. 177 00:14:16,564 --> 00:14:18,816 Veredes, levo anos na procura 178 00:14:18,899 --> 00:14:22,820 dunha xema moi rara chamada Prisma Paradoxal. 179 00:14:22,903 --> 00:14:24,113 Prisma Paradoxal? 180 00:14:24,697 --> 00:14:26,907 Din que ten un enorme poder 181 00:14:26,991 --> 00:14:29,660 e que xace baixo Green Hill. 182 00:14:29,743 --> 00:14:33,414 Penso que usou o teu poder para tentar atopala. 183 00:14:34,206 --> 00:14:35,249 Fascinante. 184 00:14:35,916 --> 00:14:39,920 Pero o que de verdade quero saber é como entraches. 185 00:14:40,838 --> 00:14:42,381 Pola porta. 186 00:14:44,758 --> 00:14:47,803 Reúne o teu equipo e ven á reviravolta. 187 00:14:47,887 --> 00:14:50,306 Descubramos que argalla Eggman. 188 00:14:58,981 --> 00:15:02,067 Por fin, o Prisma Paradoxal! 189 00:15:02,151 --> 00:15:03,319 Case o temos! 190 00:15:03,402 --> 00:15:06,614 Durante moito tempo foi só un rumor. 191 00:15:06,697 --> 00:15:08,866 Agora téñoo diante do nariz! 192 00:15:08,949 --> 00:15:13,412 Cantas veces intentei modernizar este cacho de Terra 193 00:15:13,495 --> 00:15:17,750 só para que me acabase desafiando ese simple de Sonic? 194 00:15:17,833 --> 00:15:20,753 Agora, por fin se fará realidade! 195 00:15:20,836 --> 00:15:26,091 E o mellor é que foi esa mona azul quen mo puxo en bandexa, 196 00:15:27,509 --> 00:15:29,678 sen se decatar, claro. 197 00:15:30,179 --> 00:15:32,348 Grazas, Sonic. 198 00:15:33,098 --> 00:15:36,060 Por ti, agora estou na cúspide… 199 00:15:36,143 --> 00:15:37,186 Da montaña? 200 00:15:37,269 --> 00:15:40,814 …dunha nova era: a era… 201 00:15:40,898 --> 00:15:41,899 Das luces? 202 00:15:41,982 --> 00:15:46,612 A era do Imperio Eggman! 203 00:15:46,695 --> 00:15:48,280 Oh, ten gancho! 204 00:15:50,950 --> 00:15:51,951 E agora… 205 00:16:00,000 --> 00:16:03,837 Por que non me dixestes que había tanta altura? 206 00:16:04,338 --> 00:16:05,673 Perdón, xefe. 207 00:16:15,683 --> 00:16:17,309 Onde está? 208 00:16:17,393 --> 00:16:20,312 Sei que andas por aquí. 209 00:16:55,848 --> 00:17:00,019 Rouge ten razón. Eggman elixiu ese sitio por un motivo. 210 00:17:00,102 --> 00:17:03,188 Se non, por que traería un amplificador? 211 00:17:03,272 --> 00:17:05,899 Empecemos pola escena do crime. 212 00:17:05,983 --> 00:17:06,859 Exacto. 213 00:17:06,942 --> 00:17:10,112 Vaiamos investigar, a ver se algo nos leva 214 00:17:10,195 --> 00:17:13,073 a ese Prisma Paradoxal que dicides. 215 00:17:13,615 --> 00:17:18,078 O Prisma Paradoxal, claro. É o que buscaba Eggman. 216 00:17:18,162 --> 00:17:19,038 Como…? 217 00:17:19,997 --> 00:17:22,291 ACTUALIDADE 218 00:17:22,916 --> 00:17:26,211 Non, non saín de Green Hill. 219 00:17:26,879 --> 00:17:28,797 Isto é Green Hill! 220 00:17:30,132 --> 00:17:31,216 Conseguiuno? 221 00:17:31,842 --> 00:17:33,844 Non sei como o fixo, 222 00:17:33,927 --> 00:17:34,970 pero fíxoo. 223 00:17:35,804 --> 00:17:37,556 Eggman gañou. 224 00:17:39,975 --> 00:17:41,268 Iso significa… 225 00:17:41,351 --> 00:17:42,603 Badniks. 226 00:17:43,103 --> 00:17:44,396 Preciso a Tails. 227 00:17:50,819 --> 00:17:53,489 Badniks. Preciso a Tails. 228 00:17:54,865 --> 00:17:56,742 E ti quen es? 229 00:17:56,825 --> 00:17:59,328 Máis rebeldes desagradecidos? 230 00:17:59,411 --> 00:18:02,748 Non, algo novo. Non está na base de datos. 231 00:18:03,582 --> 00:18:06,919 O seu perfil de enerxía é… interesante. 232 00:18:07,002 --> 00:18:10,672 O ser non identificado fuxiu dos Egg Forcers 233 00:18:10,756 --> 00:18:13,258 e vai cara á zona de Babexos. 234 00:18:22,518 --> 00:18:24,561 Atopar a Tails sería doado 235 00:18:24,645 --> 00:18:28,190 se aínda estivesen a herba e as palmeiras. 236 00:18:36,031 --> 00:18:37,741 Eggman, por fin! 237 00:18:37,825 --> 00:18:40,369 Non sei que fixeches nin como, 238 00:18:40,452 --> 00:18:42,121 pero voute despezar. 239 00:18:50,879 --> 00:18:54,216 E iso? Un axóuxere? Non dá moito medo, non? 240 00:19:04,643 --> 00:19:06,812 Veña, ho, tenis! 241 00:19:48,979 --> 00:19:52,649 Vale, Eggy, dime que fixeches e como arranxalo. 242 00:20:01,158 --> 00:20:03,410 Coiro! Es un bebé de verdade. 243 00:20:03,493 --> 00:20:05,787 Que raio pasa en Green Hill? 244 00:20:21,762 --> 00:20:24,097 Síntoo, non pelexo con bebés. 245 00:20:27,809 --> 00:20:30,562 Vai para a casa a mudar o cueiro. 246 00:20:30,646 --> 00:20:33,023 Xa me ocupo de Eggman logo. 247 00:20:33,106 --> 00:20:35,776 Agora teño un raposo que atopar. 248 00:20:48,789 --> 00:20:51,833 É rápido, forte e odia o ovo ese. 249 00:20:51,917 --> 00:20:53,752 Temos que seguilo. 250 00:20:53,835 --> 00:20:55,254 Non sei, Rebelde. 251 00:20:55,337 --> 00:21:00,384 E se acabamos en mans do Consello do Caos? Parece unha trampa. 252 00:21:00,467 --> 00:21:02,761 Algunha vez me trabuquei? 253 00:21:03,637 --> 00:21:04,972 Pregunta retórica. 254 00:21:09,893 --> 00:21:14,398 Tren procedente de Circle Station chegando ao Horroporto. 255 00:21:15,482 --> 00:21:19,695 Ai, o que daría por ver unha cara coñecida agora. 256 00:21:22,364 --> 00:21:23,198 Tails? 257 00:21:23,282 --> 00:21:24,366 Colega? 258 00:21:29,955 --> 00:21:30,831 Tails! 259 00:21:32,332 --> 00:21:33,166 Tails! 260 00:21:36,420 --> 00:21:37,254 O que? 261 00:21:49,308 --> 00:21:51,768 Sabía que andabas por aquí. 262 00:21:51,852 --> 00:21:53,270 Que sexa o mesmo. 263 00:21:57,524 --> 00:21:59,818 Tails, que espelido me es. 264 00:22:01,111 --> 00:22:03,322 Por fin algo ten sentido. 265 00:22:04,489 --> 00:22:05,324 Que raro. 266 00:22:06,158 --> 00:22:08,994 Isto non parece o taller de Tails. 267 00:22:11,621 --> 00:22:14,791 Si! Velaí está o meu amigo de dúas colas. 268 00:22:15,334 --> 00:22:16,668 Sorpresa! 269 00:22:18,337 --> 00:22:20,922 Tails, son eu, o teu mellor… 270 00:22:21,006 --> 00:22:23,050 Que me chamaches? 271 00:22:25,177 --> 00:22:26,803 Isto… Tails? 272 00:22:26,887 --> 00:22:29,473 O meu nome é… Nine! 273 00:22:35,020 --> 00:22:36,229 Que queres? 274 00:22:37,898 --> 00:22:38,732 Quen te envía? 275 00:22:46,281 --> 00:22:48,116 Cantas colas tes? 276 00:22:48,200 --> 00:22:49,242 Nove! 277 00:23:04,925 --> 00:23:06,009 Tails, para! 278 00:23:06,093 --> 00:23:07,094 Somos amigos. 279 00:23:07,177 --> 00:23:08,178 Camaradas. 280 00:23:09,679 --> 00:23:10,555 Colegas. 281 00:23:11,807 --> 00:23:13,475 Eu non teño amigos. 282 00:23:16,019 --> 00:23:18,939 Como que non? Tes os mellores amigos! 283 00:23:24,736 --> 00:23:27,447 Obxectivo localizado no Horroporto. 284 00:23:28,115 --> 00:23:30,450 Entendido. Imos de camiño. 285 00:23:36,790 --> 00:23:38,667 Estás indo ao ximnasio? 286 00:23:38,750 --> 00:23:40,293 Quen te adestra? 287 00:23:40,961 --> 00:23:45,132 A miseria de vivir nesta cidade repugnante e desalmada. 288 00:23:47,592 --> 00:23:49,886 Coñecémonos desde hai anos! 289 00:23:53,932 --> 00:23:56,518 Estás en todos os meus recordos, 290 00:23:56,601 --> 00:23:58,186 e non zoscándome! 291 00:24:04,818 --> 00:24:06,486 Non queres ir á casa? 292 00:24:06,570 --> 00:24:09,489 O ceo azul, as praias, as palmeiras… 293 00:24:13,910 --> 00:24:17,247 Non sei a que xogas, pero non funcionará. 294 00:24:30,260 --> 00:24:32,179 Salváchesme? 295 00:24:32,262 --> 00:24:35,140 Estouche dicindo que somos amigos. 296 00:24:35,223 --> 00:24:38,977 Eses contos non evitarán que te esmague, intruso. 297 00:24:39,060 --> 00:24:42,314 Para! Por favor… para. 298 00:24:43,440 --> 00:24:45,775 Somos amigos. Mellores amigos. 299 00:24:46,568 --> 00:24:48,487 Teste que lembrar. 300 00:24:49,112 --> 00:24:54,576 Cando nos coñecemos, ti eras un raposiño espelido e alegre. 301 00:24:54,659 --> 00:24:57,454 Facías cousas de raposiño espelido. 302 00:24:57,537 --> 00:25:02,250 Uns abusóns estaban amolándote por teres unha cola de máis. 303 00:25:02,334 --> 00:25:05,962 Eu pasei por alí e quiteilles a idiotez de vez. 304 00:25:06,046 --> 00:25:09,049 Como sabes iso? 305 00:25:10,008 --> 00:25:11,885 Non ocorreu así 306 00:25:11,968 --> 00:25:13,762 e ti non estabas alí. 307 00:25:14,262 --> 00:25:19,392 Eu era un neno que ía ao seu. Non ía prestando atención. 308 00:25:19,476 --> 00:25:23,271 Entón, apareceron uns abusóns e metéronse comigo. 309 00:25:23,855 --> 00:25:28,109 Déronme unha malleira. Iso repetiuse durante anos, 310 00:25:28,693 --> 00:25:33,990 até que usei a miña astucia de raposo para buscar como contraatacar. 311 00:25:35,325 --> 00:25:39,454 Coido de min mesmo. Non preciso de ninguén. Punto. 312 00:25:40,121 --> 00:25:42,290 Aquí ninguén ten amigos. 313 00:25:43,375 --> 00:25:45,961 Por iso vivo aquí embaixo, 314 00:25:46,044 --> 00:25:47,712 para evitar a todos, 315 00:25:48,922 --> 00:25:50,507 incluído a ti. 316 00:25:55,887 --> 00:25:57,722 Isto non ten sentido. 317 00:25:58,473 --> 00:26:02,227 Es Tails, mais non es Tails. 318 00:26:02,310 --> 00:26:04,563 Estás aquí, mais non estás? 319 00:26:09,192 --> 00:26:12,153 Entón… que máis fixemos? 320 00:26:19,077 --> 00:26:23,707 Pois, para empezar, tes un avión chulísimo. 321 00:26:25,083 --> 00:26:26,251 Ai, si? 322 00:26:26,334 --> 00:26:28,628 Chámase O Tornado. 323 00:26:28,712 --> 00:26:34,050 E derrotamos a Eggman tantas veces que perdín a conta. 324 00:26:34,134 --> 00:26:36,094 O Consello do Caos, dis? 325 00:26:36,845 --> 00:26:38,513 Non, Eggman. 326 00:26:39,222 --> 00:26:41,182 O Excmo. Dr. Eggman? 327 00:26:43,476 --> 00:26:44,686 Si, ese mesmo. 328 00:26:45,645 --> 00:26:46,605 Mira. 329 00:26:46,688 --> 00:26:50,650 Tivemos altos e baixos, pero, cando estamos unidos, 330 00:26:50,734 --> 00:26:52,068 nunca perdemos. 331 00:26:52,152 --> 00:26:53,987 E cando acaba todo, 332 00:26:54,070 --> 00:26:58,283 o mellor premio é comer salchichas co teu mellor amigo. 333 00:26:58,366 --> 00:27:00,785 E iso é só a punta do iceberg. 334 00:27:00,869 --> 00:27:03,830 Vivimos un monte de aventuras xuntos. 335 00:27:04,873 --> 00:27:07,542 Creo que che arden os tenis. 336 00:27:09,544 --> 00:27:10,962 Como non. 337 00:27:11,046 --> 00:27:13,882 Que máis podería ir mal neste sitio? 338 00:27:14,841 --> 00:27:19,137 O único peor que a xente do meu espazo son os queixicas. 339 00:27:19,220 --> 00:27:22,307 Agarda! Pensei que estabamos conectando. 340 00:27:22,390 --> 00:27:23,558 Non te movas. 341 00:27:31,191 --> 00:27:32,359 Que curioso. 342 00:27:32,442 --> 00:27:35,445 Tes moi pouca enerxía en todo o corpo, 343 00:27:35,528 --> 00:27:37,989 pero se cadra cun regulador… 344 00:27:38,073 --> 00:27:38,948 Sígueme. 345 00:27:52,796 --> 00:27:54,756 Gústanme, por certo. 346 00:27:54,839 --> 00:27:57,592 Eses tenis esfarrapados? Xa se ve. 347 00:27:57,676 --> 00:28:00,720 Non, as dúas colas. Parecíanme xeniais, 348 00:28:00,804 --> 00:28:03,973 pero as de metal? Esas son doutro nivel. 349 00:28:04,057 --> 00:28:07,227 Xa… Un último toque. 350 00:28:08,520 --> 00:28:09,437 Pon isto. 351 00:28:09,521 --> 00:28:13,566 Pode que regulen o exceso de enerxía do teu equipo. 352 00:28:13,650 --> 00:28:14,526 Pode? 353 00:28:16,152 --> 00:28:18,279 Esta enerxía é un misterio. 354 00:28:37,048 --> 00:28:38,800 Mimá! E isto? 355 00:28:38,883 --> 00:28:42,971 Xa non desbordan enerxía. E que chulas! Hai que ver! 356 00:28:43,763 --> 00:28:47,100 Vaia. Son os teus tenis e as túas luvas, 357 00:28:47,183 --> 00:28:49,978 pero agora van coa túa enerxía 358 00:28:50,061 --> 00:28:51,771 en vez de se resistir. 359 00:28:51,855 --> 00:28:53,523 Por que será? 360 00:28:54,023 --> 00:28:57,777 Son unha pasada! Acabáronse os esvaróns e o fume. 361 00:28:57,861 --> 00:28:59,738 Grazas, Tails… Nine. 362 00:28:59,821 --> 00:29:01,239 Hora de probalas. 363 00:29:01,322 --> 00:29:03,908 Non, agarda, parvo. Non é seguro. 364 00:29:06,661 --> 00:29:09,748 Se non che vai ben de científico tolo, 365 00:29:09,831 --> 00:29:11,958 deberías crear accesorios. 366 00:29:12,041 --> 00:29:13,334 Canto estilo! 367 00:29:14,210 --> 00:29:16,504 Temos que ser discretos. 368 00:29:16,588 --> 00:29:18,965 Os do Consello vixíano todo. 369 00:29:19,048 --> 00:29:20,592 Axiña lembrarás 370 00:29:20,675 --> 00:29:23,720 que o de ser discreto non vai comigo. 371 00:29:24,387 --> 00:29:26,723 - Corremos pola parede? - Non! 372 00:29:32,437 --> 00:29:34,397 Uf, outra vez o bebé. 373 00:29:34,481 --> 00:29:36,691 Díxenche que foses discreto. 374 00:29:36,775 --> 00:29:38,485 - Non tal. - Díxencho. 375 00:29:38,568 --> 00:29:40,528 - Non tal. - Abofé que si. 376 00:29:40,612 --> 00:29:41,654 Diso nada. 377 00:29:42,655 --> 00:29:44,949 Seguro que somos amigos? 378 00:29:46,034 --> 00:29:47,994 O raio azul ten un amigo? 379 00:29:48,077 --> 00:29:49,579 Non o parecía, 380 00:29:49,662 --> 00:29:52,332 pero agora ese está tamén no allo. 381 00:29:59,255 --> 00:30:00,173 Hai alguén? 382 00:30:00,882 --> 00:30:01,716 Ola! 383 00:30:02,383 --> 00:30:03,218 Ola? 384 00:30:05,970 --> 00:30:07,931 Ben podiades avisar! 385 00:30:08,014 --> 00:30:09,474 Canta luz. 386 00:30:11,142 --> 00:30:12,936 Ola? Traédesme un pano? 387 00:30:16,564 --> 00:30:18,024 Non gastes saliva. 388 00:30:18,107 --> 00:30:20,068 Nine, es ti? 389 00:30:20,151 --> 00:30:23,279 Es a cousa borrosa pequena ou a mediana? 390 00:30:23,363 --> 00:30:24,781 Ou a grande…? 391 00:30:25,740 --> 00:30:26,574 Amy? 392 00:30:27,784 --> 00:30:30,036 Amy! Xa vai mellorando isto. 393 00:30:30,119 --> 00:30:30,954 Tes chave? 394 00:30:31,037 --> 00:30:35,667 Negativo. A miña identificación é Rose Ferruxes. 395 00:30:36,251 --> 00:30:37,377 Es un robot. 396 00:30:37,460 --> 00:30:41,673 Non, é unha mellora mecánica para a supervivencia. 397 00:30:41,756 --> 00:30:43,383 Axiña o descubrirás. 398 00:30:43,466 --> 00:30:44,926 Ai, Amy… 399 00:30:45,009 --> 00:30:47,095 Rose Ferruxes. Agora cala. 400 00:30:47,178 --> 00:30:50,515 Vas precisar esa enerxía para sobrevivir. 401 00:31:05,905 --> 00:31:08,950 Máis siluetas? Quen é o iluminador? 402 00:31:09,993 --> 00:31:13,913 O Consello do Caos. O Dr. Disposto. 403 00:31:16,165 --> 00:31:19,335 Estou esperto. Sigue, que dicías? 404 00:31:19,961 --> 00:31:21,379 O Dr. Denso. 405 00:31:21,462 --> 00:31:27,302 As ramificacións filosóficas deste achado téñenme profundamente impactado. 406 00:31:27,802 --> 00:31:29,137 O Dr. Discorde. 407 00:31:30,138 --> 00:31:31,055 O que sexa. 408 00:31:32,015 --> 00:31:36,060 E xa coñeciches o bebé, o Dr. Babexos. 409 00:31:40,607 --> 00:31:42,734 Hai poucos así de rabiosos. 410 00:31:42,817 --> 00:31:47,530 E, para rematar, o Excelentísimo Doutor Eggman. 411 00:31:49,616 --> 00:31:52,535 Ah, este é o tipo do que falabas. 412 00:31:53,995 --> 00:31:56,497 Pola túa expresión estupefacta, 413 00:31:56,581 --> 00:32:00,627 entendo que captas a gravidade da túa situación. 414 00:32:00,710 --> 00:32:04,422 O Consello? Isto parece unha reunión familiar. 415 00:32:04,505 --> 00:32:07,008 Cando pediches reforzos, Eggy? 416 00:32:07,091 --> 00:32:09,177 Non somos familia, rata. 417 00:32:09,260 --> 00:32:15,224 Somos o Consello. Un para cinco e cinco para un. 418 00:32:20,104 --> 00:32:23,816 Tantos Eggman e tantas preguntas… 419 00:32:24,442 --> 00:32:26,319 Tedes unha aspirina? 420 00:32:26,402 --> 00:32:28,655 Como non sabías iso? 421 00:32:28,738 --> 00:32:30,448 Somos famosos. 422 00:32:30,531 --> 00:32:36,496 Somos o que somos. Sempre o fomos e sempre o seremos. 423 00:32:36,579 --> 00:32:39,374 Entón esta criatura armou esta lea? 424 00:32:40,124 --> 00:32:43,711 Non parece gran cousa. 425 00:32:43,795 --> 00:32:46,339 Eh! Respecto as cousas vellas, 426 00:32:46,422 --> 00:32:50,259 pero, se me volves dar, farei un revolto contigo. 427 00:32:53,012 --> 00:32:56,265 Xa cho dixen, parece que sabe quen somos, 428 00:32:56,349 --> 00:32:59,686 pero isto non sae nas nosas bases de datos. 429 00:32:59,769 --> 00:33:02,105 "Isto"? En serio? 430 00:33:02,188 --> 00:33:05,274 É coma se aparecese da nada. 431 00:33:05,817 --> 00:33:09,278 Que? Levo aquí desde o principio, tío. 432 00:33:09,362 --> 00:33:13,199 Quizais atopemos respostas na enerxía da criatura. 433 00:33:18,329 --> 00:33:22,959 Podo suxerir unha serie de exames potencialmente mortais? 434 00:33:23,042 --> 00:33:26,129 Sabes que non se me dan ben os exames. 435 00:33:26,212 --> 00:33:30,216 Votos a favor de facerlle probas ao coello azul este. 436 00:33:30,299 --> 00:33:31,634 Si, por favor. 437 00:33:33,928 --> 00:33:34,887 Eh! 438 00:33:45,398 --> 00:33:47,608 Ferruxes, pono a proba. 439 00:33:47,692 --> 00:33:51,279 Vexamos que poder ten. 440 00:33:54,073 --> 00:33:57,368 Non te resistas ou a cousa acabará mal… 441 00:33:57,452 --> 00:33:58,411 para el. 442 00:33:59,162 --> 00:34:00,038 Nine! 443 00:34:03,791 --> 00:34:05,626 A ver esa proba, logo. 444 00:34:05,710 --> 00:34:08,588 Canto antes acabe, antes marchamos. 445 00:34:16,387 --> 00:34:19,348 Láseres. Odio os láseres. 446 00:34:25,855 --> 00:34:26,689 Xenial! 447 00:35:24,539 --> 00:35:28,459 En serio? Unha roda de hámster? Pero que vos pasa? 448 00:35:28,543 --> 00:35:33,422 A proba non é concluínte. Descoñécense os seus límites. 449 00:35:33,506 --> 00:35:36,551 Pon ese teixugo azul a correr. 450 00:35:38,177 --> 00:35:41,597 Veña, Amy. Non te compadeces do teu Sonic? 451 00:35:41,681 --> 00:35:44,183 Non podes ser tan cruel. 452 00:35:45,184 --> 00:35:47,353 Paxariño discrepa. 453 00:35:50,523 --> 00:35:52,483 Que espanto. 454 00:35:54,193 --> 00:35:55,194 Sonic! 455 00:35:56,821 --> 00:35:58,322 Queredes probarme? 456 00:35:58,406 --> 00:36:00,950 Sabedes cando se anoxa un ourizo? 457 00:36:01,826 --> 00:36:04,370 Cando se meten cos seus amigos. 458 00:36:14,881 --> 00:36:17,508 As pugas vinas eu primeiro. 459 00:36:27,185 --> 00:36:28,519 Sabíao. 460 00:36:28,603 --> 00:36:31,230 É a enerxía que alimenta a cidade. 461 00:36:32,982 --> 00:36:36,319 Está sobrecargando os nosos sistemas. 462 00:36:38,404 --> 00:36:41,866 Ao final resulta que o furón azul é forte. 463 00:36:55,755 --> 00:36:58,674 Sonic, rompeu! Escachou todo! 464 00:36:58,758 --> 00:37:03,012 Shadow? Ai, creo que estou empezando a alucinar. 465 00:37:14,482 --> 00:37:16,234 Se estamos unidos e… 466 00:37:16,317 --> 00:37:18,569 Perfecto! Vémonos alí! 467 00:37:18,653 --> 00:37:19,654 Sonic! 468 00:37:24,992 --> 00:37:28,037 Non debeu oír a parte de estar unidos. 469 00:37:28,120 --> 00:37:29,372 - Estráñavos? - Non. 470 00:37:29,455 --> 00:37:32,959 Mais, cando importa, nunca nos falla. 471 00:37:33,042 --> 00:37:36,003 Xa o coñeces. Xa se porá ao día. 472 00:37:48,307 --> 00:37:49,267 Vaia! 473 00:37:49,350 --> 00:37:51,560 Reparastes niso? 474 00:37:51,644 --> 00:37:55,189 A falla chega até o cumio da montaña. 475 00:37:56,190 --> 00:37:58,025 Vistes iso? 476 00:37:58,943 --> 00:38:01,445 Esa nube non se move nada. 477 00:38:02,989 --> 00:38:04,865 Ten algo antinatural. 478 00:38:04,949 --> 00:38:05,783 Tails? 479 00:38:05,866 --> 00:38:06,867 Xa vou. 480 00:38:20,256 --> 00:38:21,215 Recoiro! 481 00:38:21,966 --> 00:38:23,968 Estará aí Sonic? 482 00:38:24,051 --> 00:38:26,220 Con todos eses Badniks aí? 483 00:38:26,304 --> 00:38:28,639 Sonic non vos é moi sixiloso. 484 00:38:28,723 --> 00:38:31,267 Chegamos antes ca el? Como? 485 00:38:31,350 --> 00:38:32,685 Aterremos. 486 00:38:32,768 --> 00:38:34,937 Descubramos que pasa. 487 00:38:39,650 --> 00:38:43,863 Seguro que acabamos con isto antes da cea. Salchichas… 488 00:38:43,946 --> 00:38:48,075 Pero, por se Eggman ten un golpe de sorte, rings! 489 00:39:49,345 --> 00:39:52,348 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso