1 00:00:06,214 --> 00:00:08,883 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:28,611 --> 00:00:31,823 APARCAMENTO RESERVADO 3 00:00:33,783 --> 00:00:37,245 Reunión de márketing ás 11:15, contabilidade as 11:25 4 00:00:37,328 --> 00:00:39,164 e deseño de produtos as 11:40. 5 00:00:39,247 --> 00:00:41,332 - Toquio ó teléfono. - Dille que non. 6 00:00:41,416 --> 00:00:43,251 - A quen? - A todos. 7 00:00:45,253 --> 00:00:46,337 Albert. 8 00:00:47,338 --> 00:00:49,549 Que che pasou nesa preciosa cariña? 9 00:00:50,258 --> 00:00:53,845 Isto… Onte a noite defendeuse. 10 00:00:53,928 --> 00:00:56,848 - Pero díxoche… - Nada. 11 00:00:56,931 --> 00:01:00,143 - Fantástico. - Pode que haxa outra forma. 12 00:01:01,478 --> 00:01:02,562 Ledicia. 13 00:01:02,645 --> 00:01:05,356 Na dose axeitada, reduce a inhibición. 14 00:01:05,440 --> 00:01:08,276 - E mesturado con escopolamina… - O do Alzheimer? 15 00:01:08,359 --> 00:01:10,070 Para iso úsanse doses altas, 16 00:01:10,153 --> 00:01:12,864 pero desenvolveuno a CIA como soro da verdade. 17 00:01:12,947 --> 00:01:16,534 Se levo razón, esa combinación podería actuar coma o… 18 00:01:16,618 --> 00:01:18,495 pentotal sódico, pero máis forte. 19 00:01:18,578 --> 00:01:19,996 E se te equivocas? 20 00:01:20,080 --> 00:01:23,875 Non sei, pero non temos moitas opcións. 21 00:01:23,958 --> 00:01:27,712 A xente podería decatarse de que está aquí e farían preguntas. 22 00:01:39,099 --> 00:01:42,102 Ola, Angel. Como te atopas? 23 00:01:45,688 --> 00:01:46,773 Son médico. 24 00:01:48,149 --> 00:01:50,026 Non dos que tratan pacientes, 25 00:01:50,110 --> 00:01:53,154 pero si sei que cando alguén está sufrindo, 26 00:01:53,238 --> 00:01:57,867 o único que queren é deixar de sufrir. 27 00:01:57,951 --> 00:01:59,994 E iso o que queres? 28 00:02:04,040 --> 00:02:06,042 Porque quero axudarte. 29 00:02:07,335 --> 00:02:08,878 Son o teu amigo. 30 00:02:15,218 --> 00:02:17,762 - Que é iso? - Unha axuda. 31 00:02:17,846 --> 00:02:21,099 Isto pode acabar co teu sufrimento. 32 00:02:21,599 --> 00:02:23,935 Só tes que responderme a unha pregunta. 33 00:02:24,018 --> 00:02:26,563 Quen che contou o que pasou aquí? 34 00:02:30,692 --> 00:02:32,235 Que vai ser? 35 00:02:32,318 --> 00:02:35,530 - Non tes por que facer isto. - Oxalá fora así. 36 00:02:35,613 --> 00:02:38,283 Responde á pregunta ou marcho. 37 00:02:38,366 --> 00:02:41,077 E a persoa que me vai substituír será peor. 38 00:02:42,162 --> 00:02:44,747 Con el saberás o que é a dor. 39 00:02:45,331 --> 00:02:48,626 E a posibilidade de axudarnos mutuamente desaparecerá. 40 00:02:49,127 --> 00:02:50,837 QUEN SABE O DAS MIÑAS FILLAS? 41 00:02:52,755 --> 00:02:53,923 Ninguén. 42 00:02:59,387 --> 00:03:00,346 Resposta errada. 43 00:03:03,725 --> 00:03:04,684 Pero, oe… 44 00:03:07,395 --> 00:03:09,939 - Imos probar de tódolos xeitos. - Agarda. 45 00:03:10,023 --> 00:03:11,816 Dille a meu pai que o sinto. 46 00:03:30,001 --> 00:03:31,628 Que acaba de pasar? 47 00:03:31,711 --> 00:03:33,421 Díxenche que podería fallar. 48 00:03:34,756 --> 00:03:36,341 - Situación? - Sen pulso. 49 00:03:39,093 --> 00:03:39,928 Fóra. 50 00:03:41,054 --> 00:03:43,431 - Cargando. - Estaba buscando unha toupa. 51 00:03:43,514 --> 00:03:44,599 Fóra. 52 00:03:44,682 --> 00:03:47,560 E ti mataches a única persoa que sabía quen era. 53 00:03:49,395 --> 00:03:51,022 Es ti? 54 00:03:51,689 --> 00:03:52,899 Evelyn. 55 00:03:53,983 --> 00:03:57,111 Se quixera arruinarte a ti ou a Umbrella, 56 00:03:57,195 --> 00:04:00,031 xa o tería feito mil veces. 57 00:04:00,698 --> 00:04:01,866 Así que non fodas. 58 00:04:02,784 --> 00:04:03,910 Non. 59 00:04:04,535 --> 00:04:07,830 Por que? A min non me vai facer nada. 60 00:04:08,581 --> 00:04:10,667 Iso sería facer dano a Umbrella. 61 00:04:10,750 --> 00:04:12,418 E recoñezámolo, Umbrella… 62 00:04:13,920 --> 00:04:16,089 é o único que tes. 63 00:04:21,386 --> 00:04:22,303 Sr. Roth. 64 00:04:49,622 --> 00:04:52,458 Quero todo recollido e listo para marchar. 65 00:04:53,376 --> 00:04:54,502 Andando. 66 00:04:56,254 --> 00:04:57,922 Xa oístes as ordes. Veña. 67 00:05:19,902 --> 00:05:21,362 Somos iguais. 68 00:05:24,657 --> 00:05:25,908 Un recordo? 69 00:05:29,329 --> 00:05:31,497 Empaquétao no meu alixo persoal. 70 00:05:33,458 --> 00:05:38,379 - E que tal vai todo? - Que tal vai todo? 71 00:05:39,589 --> 00:05:43,051 - Sacáchesme sangue. - Perdoa. É o protocolo. 72 00:05:45,386 --> 00:05:47,597 Pensei que non saías da zona de Umbrella. 73 00:05:49,474 --> 00:05:50,892 Que esperabas? 74 00:05:52,143 --> 00:05:54,437 Evelyn envioume a por ti. 75 00:05:55,313 --> 00:05:56,731 Sei que non paga a pena, 76 00:05:56,814 --> 00:05:59,400 pero ela cre que serás útil no vindeiro mundo. 77 00:05:59,484 --> 00:06:00,610 "O vindeiro mundo"? 78 00:06:00,693 --> 00:06:02,695 Sabes que ela non pregunta. 79 00:06:02,779 --> 00:06:04,614 Non lle fai falla. 80 00:06:04,697 --> 00:06:07,492 Xa enviou o seu xoguetiño a facer o traballo. 81 00:06:07,575 --> 00:06:09,118 O seu proxecto favorito. 82 00:06:10,411 --> 00:06:11,329 A última vez 83 00:06:11,412 --> 00:06:14,749 tiñas 18 anos, estabas embarazada e cos dentes rotos. 84 00:06:15,500 --> 00:06:16,542 Onde está o bebé? 85 00:06:19,420 --> 00:06:20,463 Perdino. 86 00:06:24,467 --> 00:06:27,011 - E papá? - Morreu preguntando por ti. 87 00:06:29,263 --> 00:06:32,517 Xa. A Albert nunca lle importou mostrar favoritismos. 88 00:06:32,600 --> 00:06:33,935 Eu non era a favorita. 89 00:06:35,228 --> 00:06:36,687 Talvez non ó principio. 90 00:06:37,271 --> 00:06:41,609 Pero o de traballar ó límite, e matarte para compensar os teus pecados… 91 00:06:41,692 --> 00:06:42,985 Sóache de algo? 92 00:06:43,069 --> 00:06:45,071 O noso pai era un psicópata. 93 00:06:45,154 --> 00:06:47,698 Xa, cada un ten o seu. 94 00:06:49,450 --> 00:06:52,036 Jade, é hora de volver. Non estás cansa? 95 00:06:52,120 --> 00:06:54,747 Pasaches seis meses en Tokyo, 96 00:06:54,831 --> 00:06:56,624 case un ano en Greenland. 97 00:06:56,707 --> 00:07:00,378 Ata que te pillaron fuxindo cunha cabeza nunha bolsa. 98 00:07:00,461 --> 00:07:02,880 Así que non sei quen será o psicópata. 99 00:07:03,798 --> 00:07:05,425 A onde iades? 100 00:07:07,260 --> 00:07:08,511 Á Universidade. 101 00:07:08,594 --> 00:07:10,930 Ías alí de cabeza, nunca mellor dito. 102 00:07:11,764 --> 00:07:17,145 Si, Baxter érache unha rata ben eficaz. Levamos tempo buscando ese sitio. 103 00:07:17,645 --> 00:07:18,771 Onde está? 104 00:07:18,855 --> 00:07:20,398 - Vai á cona. - Vai á cona. 105 00:07:21,023 --> 00:07:22,650 Xemelgas. Chispa. 106 00:07:25,945 --> 00:07:26,946 Deixádenos. 107 00:07:35,413 --> 00:07:38,583 Billie, de que hostias vai todo isto? 108 00:07:39,125 --> 00:07:41,627 Non penso darche a Universidade. 109 00:07:41,711 --> 00:07:43,296 Non vou a ningures contigo. 110 00:07:43,379 --> 00:07:46,674 E a Umbrella dálle igual un novo mundo. 111 00:07:46,757 --> 00:07:48,676 Só queren control. 112 00:07:48,759 --> 00:07:52,722 E ti deberías sabelo mellor que ninguén, porque o viches dende nena. 113 00:07:55,975 --> 00:07:59,437 Prefiro morrer antes que volver a ese sitio. 114 00:08:03,983 --> 00:08:05,526 Iso quería eu que dixeras. 115 00:08:09,280 --> 00:08:12,492 Jade, equivoqueime ó escoller Umbrella. 116 00:08:13,659 --> 00:08:14,994 Debinte escoller a ti. 117 00:08:15,995 --> 00:08:18,372 Supoño que só quería despedirme. 118 00:08:20,666 --> 00:08:23,503 - Que intentas dicir? - O virus. 119 00:08:23,586 --> 00:08:25,630 - Es inmune. - Non. 120 00:08:27,548 --> 00:08:30,009 Avanza máis lento, pero a conta atrás segue 121 00:08:32,553 --> 00:08:33,596 e chegará a zero. 122 00:08:35,890 --> 00:08:37,975 Só quería verte de novo. 123 00:08:39,936 --> 00:08:43,314 Gústame pensar que es feliz, 124 00:08:43,397 --> 00:08:47,026 que traballas e tentas convencer a xente para ter unha familia. 125 00:08:47,109 --> 00:08:48,361 Pero logo preocúpame 126 00:08:50,071 --> 00:08:53,699 que iso sexa demasiado conformarse para Jade Wesker. 127 00:08:57,119 --> 00:08:58,204 Captamos un sinal. 128 00:08:58,287 --> 00:09:01,457 Un equipo da Universidade búscate a uns 2 km ó oeste. 129 00:09:06,504 --> 00:09:07,672 Ti tamén podes vir. 130 00:09:08,673 --> 00:09:11,050 Non levo cadeas, pero tampouco son libre. 131 00:09:11,759 --> 00:09:13,636 Só preciso que fagas unha cousa. 132 00:09:13,719 --> 00:09:15,263 Dáme un golpe na cara. 133 00:09:15,346 --> 00:09:16,639 - Que? - Ah, e… 134 00:09:23,396 --> 00:09:25,898 Puxéronche un rastrexador ó sacarche sangue. 135 00:09:34,824 --> 00:09:37,410 Nunca deixei de ser túa irmá. 136 00:09:58,306 --> 00:09:59,307 WESKER 137 00:10:21,746 --> 00:10:23,497 - Jade. - Gideon. 138 00:10:24,081 --> 00:10:25,416 Estabamos a buscarte. 139 00:10:30,796 --> 00:10:31,881 Amrita. 140 00:10:33,132 --> 00:10:35,259 - Boteite de menos. - Eu tamén. 141 00:10:35,343 --> 00:10:37,011 Oe. Hai que marchar. 142 00:10:37,511 --> 00:10:39,305 E marcharemos. Deseguido. 143 00:10:40,973 --> 00:10:41,891 Lingua. 144 00:10:44,393 --> 00:10:46,312 Tes unha nova mellor amiga? 145 00:10:46,395 --> 00:10:47,772 É un espécime. 146 00:10:47,855 --> 00:10:50,650 Amrita, creo que isto é o que buscabamos. 147 00:10:50,733 --> 00:10:52,652 Veña, vamos. 148 00:11:24,558 --> 00:11:26,560 Ó laboratorio. Non digas nada. Vai. 149 00:11:29,647 --> 00:11:30,815 Que tal? 150 00:11:31,982 --> 00:11:33,067 Ola. 151 00:11:34,110 --> 00:11:35,152 Ola. 152 00:11:36,696 --> 00:11:39,865 - E o meu comité de benvida? - Xusto detrás de min. 153 00:11:39,949 --> 00:11:41,033 Mami! 154 00:11:43,202 --> 00:11:44,161 Bea. 155 00:11:46,038 --> 00:11:47,415 Mamá. 156 00:11:49,417 --> 00:11:52,002 Estás ben? Por teléfono parecías asustada. 157 00:11:52,086 --> 00:11:55,005 Xa sei, pero agora estou mellor, vale? 158 00:12:01,262 --> 00:12:03,848 - Es de verdade? - E ti? 159 00:12:05,725 --> 00:12:09,270 - Estás ben? Están todos ben? - Si, estamos ben. 160 00:12:10,187 --> 00:12:12,314 Mamá, no concurso vou tocar o piano. 161 00:12:12,815 --> 00:12:14,942 O piano? E o ballet? 162 00:12:15,484 --> 00:12:18,446 O certo é que é impresionante. Vaiche encantar. 163 00:12:18,529 --> 00:12:20,322 Si, seguro que si. 164 00:12:21,657 --> 00:12:22,992 Papá, teño que irme. 165 00:12:24,952 --> 00:12:26,203 Vémonos na cea. 166 00:12:28,456 --> 00:12:29,582 Ensaio. 167 00:12:30,875 --> 00:12:31,751 Xa. 168 00:12:33,419 --> 00:12:34,420 Que? 169 00:12:34,503 --> 00:12:37,131 Levo fóra seis meses e iso e todo? 170 00:12:37,631 --> 00:12:39,341 Querías que botara a chorar? 171 00:12:39,425 --> 00:12:42,344 - Que resgara a roupa? - Non. 172 00:12:42,428 --> 00:12:46,056 Vale, si, igual un tirón ou unha lagrimiña. 173 00:12:48,309 --> 00:12:49,393 Boteite de menos. 174 00:12:50,060 --> 00:12:51,228 Máis che vale. 175 00:13:20,466 --> 00:13:22,760 Levo meses fantasiando con isto. 176 00:13:24,386 --> 00:13:25,638 Vaia, iso é moi… 177 00:13:27,306 --> 00:13:28,724 afagador. 178 00:13:31,894 --> 00:13:35,189 Veña, cóntame que me perdín. 179 00:13:37,900 --> 00:13:38,943 Todo estivo calmo. 180 00:13:39,026 --> 00:13:42,321 Tivemos unha colleita de récord, hai moitos bebés novos 181 00:13:42,404 --> 00:13:45,866 e o grupo de Terrence trouxo case media libraría de Estambul. 182 00:13:46,450 --> 00:13:49,870 E a nosa filla que xa case parece unha adulta? 183 00:13:51,997 --> 00:13:56,001 O progreso de Bea está a ser… Excepcional. 184 00:13:56,669 --> 00:13:58,587 Poida que sexa un xenio. 185 00:13:59,088 --> 00:14:04,093 En matemáticas vai ben e ten talento natural para as ciencias e o deporte. 186 00:14:04,176 --> 00:14:07,680 Inda que, ultimamente, do que non se cansa nunca 187 00:14:08,389 --> 00:14:09,348 é da literatura. 188 00:14:09,849 --> 00:14:14,228 Xa. E agora ata toca o piano. 189 00:14:14,979 --> 00:14:16,939 - Estarás emocionado. - Si. 190 00:14:17,982 --> 00:14:20,025 Pero ándate con ollo. 191 00:14:21,485 --> 00:14:23,028 Meu pai era dos que tentan 192 00:14:23,112 --> 00:14:25,114 criar ós fillos para ser coma eles 193 00:14:25,197 --> 00:14:27,992 e só lle saíu ben con unha. 194 00:14:30,536 --> 00:14:31,620 Segura? 195 00:14:33,289 --> 00:14:34,206 Veña, 196 00:14:34,290 --> 00:14:36,750 sei que preferirías estar no laboratorio. 197 00:14:36,834 --> 00:14:38,627 Non son coma meu pai. 198 00:14:39,253 --> 00:14:40,921 - Jade non quería… - Non, eu… 199 00:14:41,005 --> 00:14:45,092 Cando meu pai fixo o que fixo, só lle preocupaba el mesmo. 200 00:14:46,969 --> 00:14:49,763 Botei seis meses traballando no terreo… 201 00:14:49,847 --> 00:14:51,974 e non tiña nada que mostrar. 202 00:14:52,975 --> 00:14:58,772 Así que decidín quedar para rematar o traballo e non ter que volver marchar. 203 00:14:59,398 --> 00:15:00,357 Xa. 204 00:15:00,900 --> 00:15:04,987 - E entón atopei ese zero. - A cabeza? 205 00:15:05,946 --> 00:15:10,784 Xamais me crerías. Sabía que non podía fuxir sen máis. 206 00:15:10,868 --> 00:15:12,453 Tiña que volver por ela. 207 00:15:12,953 --> 00:15:14,455 Ou todo sería en van. 208 00:15:14,538 --> 00:15:17,333 Pero non o fixen por min, fíxeno por ela. 209 00:15:18,542 --> 00:15:20,878 Volviches? 210 00:15:22,630 --> 00:15:24,340 Como que tiveches que volver? 211 00:15:25,591 --> 00:15:26,592 No búnker. 212 00:15:28,260 --> 00:15:30,846 O da Irmandade? Ese cheo de monstros? 213 00:15:32,681 --> 00:15:36,936 Non o entendes. Este zero… podía controlar ós outros. 214 00:15:37,019 --> 00:15:38,687 Obrigábaos a facer cousas. 215 00:15:38,771 --> 00:15:42,149 Se descubrira como… Non entendes o que significa iso? 216 00:15:42,691 --> 00:15:44,401 Xa falamos disto, non si? 217 00:15:44,485 --> 00:15:47,112 Nin riscos innecesarios nin ser unha kamikaze. 218 00:15:47,196 --> 00:15:50,074 - Non foi así. Tiña que volver. - Nada diso. 219 00:15:50,157 --> 00:15:51,116 - Que si. - Non. 220 00:15:51,200 --> 00:15:53,243 Engánaste se crees que foi por Bea. 221 00:15:53,327 --> 00:15:55,496 Claro que foi por ela. Por que senón¿ 222 00:15:55,579 --> 00:15:57,247 - E se te perde? - Non pasou. 223 00:15:57,331 --> 00:15:59,541 - Esta vez. - Non fagas isto. 224 00:15:59,625 --> 00:16:03,337 - Eu son a nai. Eu. - E eu que son? 225 00:16:04,171 --> 00:16:05,756 O coidador? 226 00:16:06,298 --> 00:16:08,884 Que non sexa o pai biolóxico non significa… 227 00:16:08,968 --> 00:16:10,469 Para. 228 00:17:49,693 --> 00:17:51,070 SAÍDA 229 00:17:51,570 --> 00:17:54,865 Entón, que tal foi? 230 00:17:55,365 --> 00:17:57,910 A Sr. Kyoko preguntoume se quería cenar alí. 231 00:17:58,535 --> 00:18:00,579 O xoves, coma sempre? 232 00:18:01,205 --> 00:18:05,459 Mira, e se non vas esta semana? Xa que volveu túa nai… 233 00:18:06,043 --> 00:18:08,045 Seguro que traballa. Dálle igual. 234 00:18:14,718 --> 00:18:17,346 Lembras cando limos Soño dunha noite de verán? 235 00:18:17,429 --> 00:18:19,223 E Shakespeare escribiu que, 236 00:18:19,306 --> 00:18:22,101 "O obxectivo da arte é darlle forma á vida". 237 00:18:22,601 --> 00:18:23,602 - Si. - Si. 238 00:18:24,186 --> 00:18:29,149 Pois o traballo da túa nai é arte e dálle forma a súa vida. 239 00:18:30,400 --> 00:18:31,777 Estaría perdida sen el. 240 00:18:32,945 --> 00:18:35,197 Por iso sempre está fóra? 241 00:18:39,159 --> 00:18:43,205 Cando mamá era pequena o seu pai tentou arranxar o mundo, 242 00:18:44,706 --> 00:18:50,379 pero só conseguiu empeoralo. 243 00:18:51,046 --> 00:18:54,424 Túa nai leva toda a vida intentando compensalo. 244 00:18:55,092 --> 00:18:56,135 Por el. 245 00:18:56,218 --> 00:18:59,179 Iso non é xusto. Ela non fixo nada. 246 00:18:59,263 --> 00:19:01,014 Non, tes razón. 247 00:19:01,849 --> 00:19:05,310 Iso é a segunda cousa máis importante que tes que saber dela. 248 00:19:05,853 --> 00:19:07,104 E a primeira? 249 00:19:08,730 --> 00:19:11,608 Que te quere máis ca nada no mundo. 250 00:19:13,819 --> 00:19:15,571 - Ola, equipo. - Ola, mamá. 251 00:19:15,654 --> 00:19:18,031 - Non comedes? - Estámoste agardando. 252 00:19:18,532 --> 00:19:19,408 Ben. 253 00:19:19,491 --> 00:19:21,535 Porque vou coller as vosas racións. 254 00:19:21,618 --> 00:19:22,661 Que vos parece? 255 00:19:23,453 --> 00:19:26,623 Imos coller o mellorciño. 256 00:19:31,712 --> 00:19:33,213 Hoxe durmiuse rápido. 257 00:19:34,089 --> 00:19:35,674 Será pola emoción. 258 00:19:39,636 --> 00:19:40,512 Arjun. 259 00:19:51,523 --> 00:19:55,319 - O que dixen antes… - Non importa… 260 00:19:57,196 --> 00:19:58,363 Si importa. 261 00:19:59,823 --> 00:20:01,033 Escoita. 262 00:20:06,914 --> 00:20:10,417 O día que chegaches a miña vida… 263 00:20:12,294 --> 00:20:13,462 a de Bea… 264 00:20:16,298 --> 00:20:17,758 Quérote. 265 00:20:26,516 --> 00:20:28,185 Agarda 266 00:20:56,463 --> 00:20:57,839 O meu pai está morto. 267 00:21:03,804 --> 00:21:05,389 Díxomo miña irmá. 268 00:21:07,557 --> 00:21:12,312 Umbrella enviouna para capturarme, pero deixoume ir. 269 00:21:19,653 --> 00:21:22,489 Vaia. E ti… 270 00:21:23,031 --> 00:21:25,033 Quero dicir, podes confiar nela? 271 00:21:27,202 --> 00:21:28,870 Dixo que está morrendo. 272 00:21:33,125 --> 00:21:34,209 Jade. 273 00:21:36,586 --> 00:21:37,796 Síntoo moito. 274 00:21:41,300 --> 00:21:42,551 Por un lado… 275 00:21:44,177 --> 00:21:48,557 vexo recordos pasar coma se fose un película caseira. 276 00:21:54,688 --> 00:21:57,983 Pero, por outro lado, oxalá a matara cando tiven ocasión. 277 00:22:11,997 --> 00:22:14,624 Nave pantasma á deriva en estribor. 278 00:22:15,292 --> 00:22:17,961 Nave avistada. Rumbo de interceptación. 279 00:22:42,611 --> 00:22:44,905 CORRECTO 280 00:23:02,714 --> 00:23:03,590 Perdoa. 281 00:23:08,512 --> 00:23:11,848 - De canto estás? - Eh… 282 00:23:14,768 --> 00:23:15,685 Dous meses. 283 00:23:17,020 --> 00:23:19,147 Inda non llo dixemos a ninguén. 284 00:23:20,440 --> 00:23:22,734 Estou un pouco aterrada. 285 00:23:23,568 --> 00:23:26,988 Ben. O medo e a adrenalina… 286 00:23:27,072 --> 00:23:29,616 Necesitaralos para as tomas nocturnas, 287 00:23:29,699 --> 00:23:32,411 os cueiros… Mexáronche algunha vez por riba? 288 00:23:32,494 --> 00:23:33,328 Unha vez. 289 00:23:33,912 --> 00:23:35,705 - Na facultade. - Vale. 290 00:23:36,373 --> 00:23:38,875 Pois prepárate porque vai volver pasar. 291 00:23:39,376 --> 00:23:41,044 Fas que pareza marabilloso. 292 00:23:42,003 --> 00:23:43,046 Si o é. 293 00:23:44,798 --> 00:23:46,341 Eu nunca quixen fillos. 294 00:23:47,217 --> 00:23:51,179 Era nova e estaba soa. 295 00:23:53,181 --> 00:23:58,103 Foi moi difícil, pero tamén o mellor. 296 00:24:01,690 --> 00:24:03,567 Amrita. 297 00:24:04,067 --> 00:24:05,402 Alégrome moito por ti. 298 00:24:08,029 --> 00:24:11,408 - Lista para sacala? - Imos aló. 299 00:24:13,326 --> 00:24:17,998 - Quen ten de especial esta adorable moza? - Podía controlar ós outros zeros. 300 00:24:18,582 --> 00:24:19,624 Como? 301 00:24:20,750 --> 00:24:22,919 Sabiamos que o virus ía evolucionar. 302 00:24:23,420 --> 00:24:25,881 Pero os zeros non ven. A maioría non oe. 303 00:24:25,964 --> 00:24:27,632 Entón se se comunicaba… 304 00:24:27,716 --> 00:24:28,842 facíao polo cheiro. 305 00:24:29,759 --> 00:24:32,179 Quizais unha feromona? No alento. 306 00:24:36,683 --> 00:24:38,727 Esta glándula? Mira. 307 00:24:40,437 --> 00:24:42,606 Nunca vira nada parecido. 308 00:24:44,274 --> 00:24:47,694 Non deixes que me meta demasiado. Hoxe é o recital de Bea. 309 00:24:47,777 --> 00:24:50,197 Xa puxen unha alarma. Estarás alí. 310 00:25:09,132 --> 00:25:11,760 Vale. Observación do tecido epitelial. 311 00:25:16,848 --> 00:25:20,560 A ver, as células do zero emiten dúas encimas diferentes. 312 00:25:21,102 --> 00:25:22,103 Pero… 313 00:25:22,604 --> 00:25:23,980 Merda. 314 00:25:24,814 --> 00:25:27,108 A exposición ó osíxeno degrádaas. 315 00:25:28,610 --> 00:25:30,529 Quizais as haxa que mesturar. 316 00:25:30,612 --> 00:25:31,696 Con que? 317 00:25:32,322 --> 00:25:34,950 Se pasan pola gorxa e a boca… 318 00:25:36,826 --> 00:25:37,661 Cuspe? 319 00:25:38,370 --> 00:25:42,415 Vale, e iso que é? Auga, electrólitos, moco… 320 00:25:42,499 --> 00:25:45,252 Amilasa, lipase, lgA e lisocimas. 321 00:25:45,919 --> 00:25:47,045 Pero a proporción… 322 00:25:47,587 --> 00:25:49,881 Hai mil combinacións posíbeis. 323 00:25:52,884 --> 00:25:54,052 Proba número un. 324 00:25:57,389 --> 00:25:58,598 Proba 11. 325 00:26:00,559 --> 00:26:02,060 Proba 22. 326 00:26:04,229 --> 00:26:05,480 Proba 35. 327 00:26:08,984 --> 00:26:10,318 Proba 44. 328 00:26:12,612 --> 00:26:15,407 Fin da proba 55. 329 00:26:17,117 --> 00:26:18,285 Vale, ata aquí. 330 00:26:19,035 --> 00:26:21,580 - Mañá empezamos de novo. - Non, unha máis. 331 00:26:22,122 --> 00:26:23,873 Case non quedan precursores. 332 00:26:23,957 --> 00:26:26,251 Hai que pedirllos a outro laboratorios. 333 00:26:26,751 --> 00:26:29,004 - Ou podemos roubalos. - Jade. 334 00:26:38,805 --> 00:26:40,724 Que noxo. 335 00:26:40,807 --> 00:26:43,685 Pois vai ser a proba 56. 336 00:27:03,955 --> 00:27:05,624 A cousa noxenta funcionou. 337 00:27:11,046 --> 00:27:12,172 A mostra. 338 00:27:13,173 --> 00:27:14,424 É estable. 339 00:27:15,508 --> 00:27:16,968 A hostia. 340 00:27:21,890 --> 00:27:23,099 Bea. 341 00:27:23,642 --> 00:27:26,436 - Vai. Vou empezando eu a illalas. - Pero… 342 00:27:27,395 --> 00:27:30,065 - Avísote cando estean listas. - Son febles… 343 00:27:30,148 --> 00:27:32,108 - Ten coidado cando… - Jade. Vai. 344 00:27:32,776 --> 00:27:34,069 - Si. - Veña. 345 00:27:34,152 --> 00:27:35,403 - Grazas. - Marcha. 346 00:27:37,489 --> 00:27:39,866 - E colle mostras. - Si. Corre. 347 00:27:56,424 --> 00:27:59,052 - Onde está Arjun? - Que máis ten. E Amrita? 348 00:27:59,135 --> 00:28:01,221 - Traballando. - Por suposto. 349 00:28:01,930 --> 00:28:04,265 Parades para comer sequera? 350 00:28:05,475 --> 00:28:07,936 - Ten que comer. - Si, por dous. 351 00:28:09,145 --> 00:28:11,523 Crías que non mo ía dicir? 352 00:28:15,777 --> 00:28:19,197 Quero darlles a benvida ós amigos, familia e pais, 353 00:28:19,280 --> 00:28:21,783 a esta celebración das artes e a cultura, 354 00:28:21,866 --> 00:28:26,121 á que vos aseguro que lle puxemos todo o noso amor. 355 00:28:30,083 --> 00:28:35,463 ¿Por que ensinar ós nenos poesía, Shakespeare, baile e música agora, 356 00:28:35,547 --> 00:28:37,549 neste momento da nosa historia? 357 00:28:37,632 --> 00:28:39,134 Penso que nos consagramos 358 00:28:39,217 --> 00:28:42,345 á tarefa de recoller todo o máis posible do pasado 359 00:28:42,429 --> 00:28:44,597 e a preservalo na memoria colectiva 360 00:28:45,098 --> 00:28:49,519 porque iso é o que eran as artes nos seus ancestrais inicios. 361 00:28:49,602 --> 00:28:54,190 Era un xeito de 362 00:28:54,274 --> 00:28:56,651 Historias que non queriamos perder 363 00:28:56,735 --> 00:29:02,157 porque, aínda en momento coma este, somos as historias que contamos. 364 00:29:05,702 --> 00:29:06,619 Bea? 365 00:31:06,155 --> 00:31:11,077 Introducindo a primeira encima nunha mostra do Virus-T. 366 00:31:17,000 --> 00:31:20,879 O virus nin se achega a esta encima. 367 00:31:20,962 --> 00:31:22,005 Pásame a outra. 368 00:31:38,396 --> 00:31:41,232 E esta encima parece que o atrae. 369 00:31:41,733 --> 00:31:45,028 - Entón, se se dispersase polo aire… - O aire. 370 00:31:45,111 --> 00:31:48,489 Poderías fixar un obxectivo e mandar ós zeros a por el. 371 00:31:48,573 --> 00:31:51,576 - E co vermello… - Poderías afastalos. 372 00:31:57,624 --> 00:31:58,625 Jade. 373 00:31:59,792 --> 00:32:04,923 Se isto é así, temos que probalo. Cun zero 374 00:32:05,006 --> 00:32:06,966 Só hai que conseguir un permiso. 375 00:32:07,800 --> 00:32:09,719 Atracar e agardar dúas semanas. 376 00:32:10,720 --> 00:32:12,096 Iso faremos. 377 00:32:14,807 --> 00:32:17,268 Como non volvas con Paolo a unha boa hora, 378 00:32:17,352 --> 00:32:18,394 vaime matar. 379 00:32:23,274 --> 00:32:24,400 Aí tes. 380 00:32:41,960 --> 00:32:43,378 LORAZEPAM 381 00:34:23,061 --> 00:34:24,479 - Merda. - Ola. 382 00:34:24,562 --> 00:34:25,897 Serene. 383 00:34:25,980 --> 00:34:27,231 - Ola. - Ola. 384 00:34:28,357 --> 00:34:31,027 Que tal? Erguícheste cedo. 385 00:34:31,110 --> 00:34:33,905 Xa, é que no terreo hai moito ruído, 386 00:34:33,988 --> 00:34:35,990 Creo que ó final acostúmaste. 387 00:34:36,574 --> 00:34:39,077 - Axúdoche con iso? - Non, podo eu. 388 00:34:40,411 --> 00:34:42,121 - Vale. - Grazas. 389 00:35:06,938 --> 00:35:08,231 Mamá? 390 00:35:09,357 --> 00:35:10,191 Bea. 391 00:35:11,400 --> 00:35:12,902 Vin traerche un… 392 00:35:14,612 --> 00:35:15,571 Que fixeches? 393 00:35:15,655 --> 00:35:19,158 Non pasa nada. Está todo ben. Estás comigo, estás a salvo. 394 00:35:21,202 --> 00:35:22,745 Téñoo todo controlado. 395 00:35:25,623 --> 00:35:28,626 Saíu agora da auga e que lles pasa ós zeros co frío? 396 00:35:29,210 --> 00:35:30,837 - Son máis lentos. - Xusto. 397 00:35:36,425 --> 00:35:38,344 Sábeo papá? 398 00:35:40,054 --> 00:35:43,224 Trae, vouche ensinar unha cousa. 399 00:35:43,307 --> 00:35:46,811 Pero tes que quedar aquí, vale? 400 00:35:46,894 --> 00:35:52,775 Cando estaba fóra, atopei un zero que podía falar con outros zeros. 401 00:35:53,484 --> 00:35:57,155 - Os zeros non falan. - Non con palabras. 402 00:36:00,199 --> 00:36:01,075 Ves isto? 403 00:36:01,659 --> 00:36:04,370 É unha feromona. 404 00:36:04,453 --> 00:36:05,788 É coma un cheiro 405 00:36:06,372 --> 00:36:09,542 e cando os zeros o olen, non che poden facer dano. 406 00:36:10,126 --> 00:36:13,504 Se lle botamos isto á xente do barco ou das cidades, 407 00:36:13,588 --> 00:36:17,758 poderiamos construír un mundo novo, no que todo sexa coma antes. 408 00:36:18,759 --> 00:36:22,680 Papá dixo que cando era neno podía comer xeado tódolos días, 409 00:36:22,763 --> 00:36:24,307 non só en aninovo. 410 00:36:24,974 --> 00:36:30,104 Pois podes comer xeado e facer todo o que queiras. 411 00:36:30,688 --> 00:36:32,982 Ese é o mundo que quero para ti, Bea. 412 00:36:34,442 --> 00:36:36,152 - Vale. - Si? 413 00:36:36,235 --> 00:36:38,821 Pero agora teño que ver se funciona. 414 00:36:40,573 --> 00:36:43,409 Queda aí, ó ladiño da porta. 415 00:37:12,772 --> 00:37:14,232 - Mamá? - Tranquila. 416 00:37:15,483 --> 00:37:16,859 Non sabe que estou aquí. 417 00:37:59,902 --> 00:38:00,736 Funcionou. 418 00:38:03,572 --> 00:38:06,033 Bea! Sal de aquí! Xa! 419 00:38:14,750 --> 00:38:15,626 Corre! 420 00:38:34,145 --> 00:38:35,354 Axuda! 421 00:38:38,065 --> 00:38:40,609 - Que pasa? - Por alí! 422 00:39:02,465 --> 00:39:04,508 Bea? 423 00:39:05,468 --> 00:39:06,385 Bea? 424 00:39:14,477 --> 00:39:15,478 Que pasou? 425 00:39:15,561 --> 00:39:16,687 Meu Deus. 426 00:39:17,396 --> 00:39:19,273 Non. 427 00:39:21,817 --> 00:39:23,903 - Bea? - Papá! 428 00:39:24,403 --> 00:39:26,447 - Hai máis? - Non sei. 429 00:39:26,530 --> 00:39:27,406 Non. 430 00:39:28,574 --> 00:39:29,533 Foi… 431 00:39:30,117 --> 00:39:31,243 Foi culpa miña. 432 00:39:32,036 --> 00:39:33,412 Tróuxena eu o barco. 433 00:39:33,496 --> 00:39:35,331 - Para unha proba. - Fuches ti? 434 00:39:35,414 --> 00:39:37,124 Non pensei que… 435 00:39:37,625 --> 00:39:39,251 Estabamos traballando… 436 00:39:39,335 --> 00:39:40,628 Matáchela. 437 00:39:52,014 --> 00:39:54,517 - Estase achegando! Atentos! - Velos? 438 00:39:55,101 --> 00:39:56,560 Varios helicópteros. 439 00:40:29,677 --> 00:40:30,970 Imos aló. 440 00:40:31,512 --> 00:40:33,722 - Quero saber que o matou. - Si, xefa. 441 00:40:35,182 --> 00:40:37,017 Imos botar un ollo. 442 00:40:54,660 --> 00:40:56,287 Interesante. 443 00:40:59,290 --> 00:41:00,541 Estades tolos! 444 00:41:02,751 --> 00:41:04,253 Non me podes reter aquí. 445 00:41:17,099 --> 00:41:19,351 Dende cando es un cagalleiro? 446 00:41:36,035 --> 00:41:37,077 Ola, meu. 447 00:42:15,824 --> 00:42:17,326 BASEADO NO VIDEOXOGO DE CAPCOM RESIDENT EVIL 448 00:44:34,463 --> 00:44:37,424 Subtítulos: Laura Feijóo Sánchez