1 00:00:06,006 --> 00:00:09,009 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:01:16,034 --> 00:01:17,243 Que non morra. 3 00:01:35,345 --> 00:01:36,179 Oe, Jade! 4 00:01:36,930 --> 00:01:39,724 Se deixamos de disparar, estás morta. 5 00:01:40,225 --> 00:01:42,185 Así que, por que non vés con nós? 6 00:01:42,685 --> 00:01:43,520 Veña. 7 00:01:44,020 --> 00:01:47,023 Mellor malo coñecido que bo por coñecer, non? 8 00:02:17,137 --> 00:02:18,138 Para, por favor! 9 00:02:33,987 --> 00:02:34,904 Dálle! 10 00:02:36,114 --> 00:02:36,990 Agárrate! 11 00:03:28,458 --> 00:03:33,046 Ei! Estás ben? 12 00:03:33,713 --> 00:03:35,089 Estás ben? 13 00:03:39,093 --> 00:03:40,178 Estou ben. 14 00:03:40,970 --> 00:03:43,056 Creo que xa non me gustan os cans. 15 00:03:43,139 --> 00:03:44,349 Non pasa nada. 16 00:03:48,519 --> 00:03:50,146 Necesitas un médico. 17 00:03:51,522 --> 00:03:54,484 Vale. Vou intentar… Igual che doe un pouco. 18 00:03:54,567 --> 00:03:55,735 Vale, lista? 19 00:03:55,818 --> 00:03:57,528 - Coidado. - Un, dous, tres. 20 00:03:59,656 --> 00:04:01,324 Vale. Necesito axuda. 21 00:04:01,407 --> 00:04:03,243 Xa sei. Buscarémosche axuda. 22 00:04:20,343 --> 00:04:21,219 Tranquila. 23 00:04:27,016 --> 00:04:28,184 Perdoa. Eu… 24 00:04:31,229 --> 00:04:32,522 Vaste poñer ben. 25 00:04:36,442 --> 00:04:37,402 Papá. 26 00:04:37,902 --> 00:04:38,820 Mordeuna o can? 27 00:04:39,404 --> 00:04:40,363 Si. 28 00:04:41,906 --> 00:04:42,907 Xesús. 29 00:04:49,622 --> 00:04:51,791 Vaise poñer ben? 30 00:04:51,874 --> 00:04:53,626 Billie, mírame. Mírame. 31 00:04:56,629 --> 00:04:57,755 Está conmocionada. 32 00:05:01,551 --> 00:05:02,427 Bill, óesme? 33 00:05:11,144 --> 00:05:12,687 Vas ter que levala á casa. 34 00:05:12,770 --> 00:05:14,439 - Que? - Preme ben a ferida. 35 00:05:14,522 --> 00:05:16,691 As constantes están ben, non é grave. 36 00:05:16,774 --> 00:05:18,276 Estás de puto chiste… 37 00:05:18,359 --> 00:05:19,902 Hai que levala ó hospital 38 00:05:19,986 --> 00:05:22,113 Marchade antes de que veña Umbrella. 39 00:05:23,281 --> 00:05:24,282 Vale. 40 00:05:24,365 --> 00:05:26,451 Non. Non vale. 41 00:05:26,951 --> 00:05:29,996 A porta ó final do corredor está aberta, ide por alí. 42 00:05:30,079 --> 00:05:30,955 Pero por que? 43 00:05:31,039 --> 00:05:31,914 Xa! 44 00:05:32,999 --> 00:05:33,958 Jade. 45 00:05:34,751 --> 00:05:36,544 Vale. Veña, imos. 46 00:05:37,920 --> 00:05:41,049 Vamos. 47 00:05:41,632 --> 00:05:42,925 Moi ben. 48 00:06:49,075 --> 00:06:49,951 Para! 49 00:06:54,539 --> 00:06:55,540 Ei! 50 00:07:00,962 --> 00:07:02,255 Non, agarda. Para! 51 00:07:02,338 --> 00:07:04,215 Espera! Non! 52 00:07:04,298 --> 00:07:06,426 Para! 53 00:07:06,509 --> 00:07:07,552 Por favor! 54 00:07:07,635 --> 00:07:09,554 Para! Por favor! 55 00:07:23,401 --> 00:07:25,778 - Deus Santo. - Baixa! 56 00:07:25,862 --> 00:07:27,029 - Baixa! 57 00:07:27,113 --> 00:07:30,158 Xa te saquei de alí, agora fóra da miña vista! 58 00:07:30,241 --> 00:07:31,242 Búscate Umbrella. 59 00:07:31,325 --> 00:07:34,162 Es unha puta diana andante e non quero ser outra. 60 00:07:34,245 --> 00:07:35,163 Xa vas tarde. 61 00:07:35,746 --> 00:07:37,790 Pensas que te van deixar ir? 62 00:07:37,874 --> 00:07:39,125 Para que contes 63 00:07:39,208 --> 00:07:40,918 que abriron fogo nun estado? 64 00:07:41,669 --> 00:07:42,753 Nin en soños. 65 00:07:43,671 --> 00:07:44,964 Daranche caza 66 00:07:46,007 --> 00:07:48,342 Pero podo axudarche, si? 67 00:07:48,426 --> 00:07:51,095 Podo afastarte de Umbrella. Quid pro quo. 68 00:07:55,850 --> 00:07:57,143 Vale, ben. 69 00:08:19,665 --> 00:08:20,500 Non. 70 00:08:22,376 --> 00:08:23,794 Non! 71 00:08:27,340 --> 00:08:28,424 Dáme a man! 72 00:08:29,050 --> 00:08:30,176 Agárrate! 73 00:09:09,674 --> 00:09:11,384 Adiante! 74 00:09:13,302 --> 00:09:15,012 Ide por atrás. Veña. 75 00:09:20,393 --> 00:09:22,061 Contacto ás doce. Por atrás. 76 00:09:22,144 --> 00:09:23,020 Contacto! 77 00:09:23,104 --> 00:09:24,063 Levante as mans! 78 00:09:24,605 --> 00:09:25,690 Non se mova! 79 00:09:26,899 --> 00:09:28,985 Son Albert Wesker. Traballo aquí. 80 00:09:29,819 --> 00:09:31,153 Houbo un incidente. 81 00:09:32,989 --> 00:09:35,074 Tiñamos que agardar pola ambulancia. 82 00:09:35,157 --> 00:09:36,534 Non. Papá… 83 00:09:37,410 --> 00:09:39,537 - Papá dixo… - Que vaia ó carallo. 84 00:09:40,496 --> 00:09:43,124 Que crees que lle pasaba a ese can? 85 00:09:43,207 --> 00:09:44,292 Non sei. 86 00:09:44,375 --> 00:09:46,919 - Parecía morto. - Si, xa… 87 00:09:47,003 --> 00:09:48,921 Ti tamén, Billie. Pensei… 88 00:09:52,258 --> 00:09:53,884 Non debín deixar que foras. 89 00:09:55,678 --> 00:09:56,804 Que? 90 00:09:57,305 --> 00:09:58,431 Dóeme. 91 00:10:00,182 --> 00:10:01,309 Onde está papá? 92 00:10:08,524 --> 00:10:10,901 Ía todo ben e de súpeto… 93 00:10:11,569 --> 00:10:13,946 púxose todo vermello e comezou o caos. 94 00:10:15,948 --> 00:10:16,907 Marcus. 95 00:10:17,783 --> 00:10:20,411 Evelyn Marcus. Dirixo a puta empresa. 96 00:10:20,494 --> 00:10:22,288 - Sen identificación… - Aparta. 97 00:10:25,416 --> 00:10:26,500 Fóra todo o mundo. 98 00:10:30,838 --> 00:10:31,756 Evelyn? 99 00:10:33,382 --> 00:10:34,467 É moi grave? 100 00:10:35,259 --> 00:10:37,428 Non me mordeu. A sangue non é miña. 101 00:10:39,805 --> 00:10:40,973 Despide a ese garda. 102 00:10:41,057 --> 00:10:41,932 É novo. 103 00:10:43,225 --> 00:10:44,393 Despedido. 104 00:10:48,981 --> 00:10:50,066 Que pasou? 105 00:10:50,816 --> 00:10:51,901 Hackeáronnos. 106 00:10:52,401 --> 00:10:55,946 Estaba traballando cando caeu o sistema e o virus… 107 00:10:56,030 --> 00:10:57,531 Anulou a nosa seguridade. 108 00:10:57,615 --> 00:10:59,867 Abriuse a gaiola e saíu o can. 109 00:11:04,538 --> 00:11:07,458 Fora quen fora, borrou todos os discos duros. 110 00:11:08,959 --> 00:11:12,171 Investigación, imaxes das cámaras, todo. 111 00:11:13,589 --> 00:11:15,216 Hai copias da investigación. 112 00:11:15,299 --> 00:11:17,051 Segue a ser unha molestia. 113 00:11:17,134 --> 00:11:19,428 Un ataque así adoita ser un ransomware, 114 00:11:19,512 --> 00:11:21,931 pero neste caso só querían destruílo todo. 115 00:11:22,431 --> 00:11:23,474 Por que? 116 00:11:25,142 --> 00:11:26,560 Non estabas en Toquio? 117 00:11:27,144 --> 00:11:28,104 Repártome. 118 00:11:28,604 --> 00:11:30,898 Xa estaba de camiño cando me chamaron. 119 00:11:31,440 --> 00:11:32,274 Grazas a ti. 120 00:11:32,775 --> 00:11:33,776 Ledicia? 121 00:11:36,696 --> 00:11:39,615 Estou no certo. O fármaco ten efectos secundarios. 122 00:11:39,699 --> 00:11:41,117 - Efectos leves. - Leves? 123 00:11:41,909 --> 00:11:43,911 Non viches o monstro da entrada? 124 00:11:43,994 --> 00:11:46,247 Pois arranxámolo. Mellorámolo. 125 00:11:50,543 --> 00:11:52,712 O que aconteceu en Tijuana… 126 00:11:52,795 --> 00:11:54,422 estámolo a tomar en serio. 127 00:11:55,423 --> 00:11:58,175 Por iso imos producir Ledicia aquí, 128 00:11:58,259 --> 00:11:59,510 para tela controlada. 129 00:12:00,052 --> 00:12:01,387 E polas desgravacións. 130 00:12:02,555 --> 00:12:03,681 Al… 131 00:12:05,850 --> 00:12:07,101 Ti e mais eu. 132 00:12:08,394 --> 00:12:10,229 Podemos conseguilo. 133 00:12:11,230 --> 00:12:12,773 Coma nos vellos tempos. 134 00:12:14,525 --> 00:12:15,735 Estou canso. 135 00:12:17,111 --> 00:12:18,612 Podemos falar mañá disto? 136 00:12:22,533 --> 00:12:23,409 Claro. 137 00:12:36,338 --> 00:12:37,798 Ev! Grazas a Deus. 138 00:12:38,299 --> 00:12:39,258 Que fas aquí? 139 00:12:39,341 --> 00:12:41,719 Oín as sirenas e non collías o teléfono. 140 00:12:44,263 --> 00:12:48,684 Diana, este é Albert Wesker, un dos meus científicos. 141 00:12:49,185 --> 00:12:52,271 Albert, a miña muller, Diana. 142 00:12:52,354 --> 00:12:54,023 Que pasou? Tentaron entrar? 143 00:12:54,690 --> 00:12:55,775 Estanse ocupando. 144 00:12:56,275 --> 00:12:57,359 Que significa iso? 145 00:13:00,321 --> 00:13:03,365 - Diana, sabes que non cho podo dicir… - Non. 146 00:13:03,449 --> 00:13:05,618 Non son un dos teus empregados. 147 00:13:06,452 --> 00:13:07,536 Levas semanas fóra 148 00:13:07,620 --> 00:13:09,747 e nin sequera me dis que volviches. 149 00:13:10,706 --> 00:13:12,792 Viaxamos seguido por este traballo. 150 00:13:13,584 --> 00:13:15,169 Ben podiamos marchar. 151 00:13:15,711 --> 00:13:16,545 Dáche igual. 152 00:13:16,629 --> 00:13:17,838 Non, Diana. 153 00:13:25,387 --> 00:13:26,514 Debería marchar. 154 00:13:33,938 --> 00:13:34,897 Al? 155 00:13:40,194 --> 00:13:42,029 Saúda as nenas da miña parte. 156 00:13:51,288 --> 00:13:52,289 Que? 157 00:13:54,667 --> 00:13:56,669 Billie? 158 00:14:01,131 --> 00:14:02,049 Onde estabas? 159 00:14:03,467 --> 00:14:04,593 Precisa puntos. 160 00:14:11,559 --> 00:14:14,353 A mordedura é profunda, pero non hai hemorraxia. 161 00:14:14,436 --> 00:14:15,604 Tráeme unhas gasas. 162 00:14:19,483 --> 00:14:20,401 Que me mordeu? 163 00:14:21,110 --> 00:14:22,152 Un can. 164 00:14:22,236 --> 00:14:25,322 Tiña unha enfermidade xenética rara, tentaba axudalo. 165 00:14:25,406 --> 00:14:26,323 Estaba enfermo. 166 00:14:26,407 --> 00:14:28,200 Voume poñer enferma? 167 00:14:28,784 --> 00:14:30,703 - Non creo. - Como que non cres? 168 00:14:30,786 --> 00:14:31,829 Téñome que illar? 169 00:14:32,329 --> 00:14:33,747 Non. Non é coma a covid. 170 00:14:36,292 --> 00:14:37,543 Que faciades alí? 171 00:14:42,965 --> 00:14:45,509 A ver se adiviño: foi idea túa. 172 00:14:46,010 --> 00:14:48,888 Non. Foi miña. 173 00:14:52,808 --> 00:14:55,936 Cando fun a túa oficina, vin uns coellos en gaiolas. 174 00:14:57,062 --> 00:14:57,897 Eu só… 175 00:14:58,480 --> 00:15:00,608 Pensei que estabades experimentando. 176 00:15:00,691 --> 00:15:01,692 Non é iso. 177 00:15:02,401 --> 00:15:03,944 Só intentamos curar… 178 00:15:04,028 --> 00:15:05,362 Tanto ten. 179 00:15:06,572 --> 00:15:08,490 Menos mal que espertei e non vin 180 00:15:08,574 --> 00:15:10,034 nin a tarxeta nin a vós. 181 00:15:12,411 --> 00:15:13,829 Nin media palabra disto. 182 00:15:13,913 --> 00:15:16,624 Por que? Que pasaría? 183 00:15:17,124 --> 00:15:19,543 E por que non a levamos ó hospital? 184 00:15:20,336 --> 00:15:23,255 - Se o descobren… - Despediríante? 185 00:15:23,339 --> 00:15:25,966 - Arrestaríannos. A todos. - Por intrusión? 186 00:15:26,050 --> 00:15:28,510 Por invasión, destrución da propiedade e… 187 00:15:29,470 --> 00:15:31,764 Mirade, alí hai cousas confidenciais, 188 00:15:31,847 --> 00:15:33,098 cousas do goberno. 189 00:15:33,182 --> 00:15:34,391 Umbrella pode… 190 00:15:36,810 --> 00:15:38,270 Non volveriamos vernos. 191 00:15:39,813 --> 00:15:41,482 Podo solucionalo, 192 00:15:41,565 --> 00:15:43,317 pero que non saia de aquí. 193 00:15:46,111 --> 00:15:47,655 Necesito que o digades. 194 00:15:51,408 --> 00:15:52,326 Prométoo. 195 00:15:54,662 --> 00:15:55,496 Vale. 196 00:16:00,292 --> 00:16:01,877 Tranquila, aguanta. 197 00:16:01,961 --> 00:16:04,505 Ti respira e apértame a man. 198 00:16:23,107 --> 00:16:29,446 DOVER, INGLATERRA 199 00:16:33,617 --> 00:16:36,412 Deseguido, un anuncio de seguridade de Umbrella. 200 00:16:40,874 --> 00:16:43,085 SEGURIDADE PROPORCIONADA POR UMBRELLA 201 00:17:56,825 --> 00:17:57,743 Si? 202 00:17:59,203 --> 00:18:00,496 Es Melinda, non si? 203 00:18:01,080 --> 00:18:02,039 Coñézote? 204 00:18:02,539 --> 00:18:05,292 Si. Coñecémonos fai seis meses. 205 00:18:05,375 --> 00:18:07,711 O teu marido, Barry, sacoume do Cairo. 206 00:18:07,795 --> 00:18:08,879 Podo falar con el? 207 00:18:08,962 --> 00:18:10,798 Síntoo. Barry non está. 208 00:18:13,175 --> 00:18:14,134 Podo esperar. 209 00:18:25,104 --> 00:18:28,357 Moito me temo que hoxe está en Selsey. 210 00:18:28,857 --> 00:18:30,192 Cando vai volver? 211 00:18:31,944 --> 00:18:33,320 Nunca estou segura. 212 00:18:37,116 --> 00:18:39,535 Perdoa. É a hora de comer. 213 00:18:41,078 --> 00:18:42,996 Este é Rocky. 214 00:18:44,373 --> 00:18:46,750 Ou Sonny, non sei. 215 00:18:46,834 --> 00:18:48,377 Sempre os confundo. 216 00:18:52,047 --> 00:18:53,674 Como era que te chamabas? 217 00:18:54,550 --> 00:18:56,552 Antes Umbrella non estaba aquí. 218 00:18:57,052 --> 00:18:59,138 - Agora están en todas partes. - Si. 219 00:18:59,221 --> 00:19:02,141 Firmaron un contrato de seguridade con eles. 220 00:19:02,224 --> 00:19:03,559 É incrible. 221 00:19:03,642 --> 00:19:06,436 Dende aquela non tivemos máis infeccións. 222 00:19:06,520 --> 00:19:09,898 Síntome moito máis segura con tanta patrulla e cámaras. 223 00:19:10,399 --> 00:19:11,316 Xa. 224 00:19:11,400 --> 00:19:14,069 Así é Umbrella. Sempre vixiando. 225 00:19:16,113 --> 00:19:17,739 Non teño nada que esconder. 226 00:19:20,659 --> 00:19:21,618 Xa. 227 00:19:22,369 --> 00:19:25,706 Teño que chamar a alguén podo usar o teu enlace satelital? 228 00:19:27,749 --> 00:19:29,835 Só unha e xa me vou. 229 00:19:42,973 --> 00:19:43,932 - Arjun. - Jade. 230 00:19:45,017 --> 00:19:48,020 Intentei chamarte. Saltaron as alarmas do campamento 231 00:19:49,396 --> 00:19:50,772 Non sabía se morreras. 232 00:19:51,440 --> 00:19:52,399 Sigo viva. 233 00:19:53,025 --> 00:19:55,861 - Que pasou? - Chatarreiros. 234 00:19:56,403 --> 00:19:57,905 Roubáronche o equipo? 235 00:20:00,490 --> 00:20:01,742 Non pasa nada. 236 00:20:01,825 --> 00:20:03,160 Iso é substituíbel. 237 00:20:03,243 --> 00:20:04,995 Tentaron venderme a Umbrella. 238 00:20:05,746 --> 00:20:07,789 A corporación sabe que estou aquí. 239 00:20:08,332 --> 00:20:09,208 Onde estás? 240 00:20:09,708 --> 00:20:10,918 Dover. 241 00:20:11,001 --> 00:20:13,545 Pero están por todas partes. 242 00:20:13,629 --> 00:20:14,546 Si, xa oín. 243 00:20:16,089 --> 00:20:16,965 Vai a Calais. 244 00:20:17,716 --> 00:20:18,550 Calais? 245 00:20:19,760 --> 00:20:21,762 É territorio da Irmandade. 246 00:20:21,845 --> 00:20:23,847 Segue a ser mellor que Umbrella. 247 00:20:24,348 --> 00:20:26,016 A Irmandade odia a Umbrella. 248 00:20:26,808 --> 00:20:29,645 Cruza a canle, eu mando un equipo a recollerte. 249 00:20:29,728 --> 00:20:30,687 Como vou cruzar? 250 00:20:34,483 --> 00:20:35,442 Non sei. 251 00:20:38,612 --> 00:20:39,446 Oe. 252 00:20:40,614 --> 00:20:41,490 Vou estar ben. 253 00:20:43,325 --> 00:20:45,535 Está Bea aí? 254 00:20:46,036 --> 00:20:47,037 Pódese poñer? 255 00:20:47,579 --> 00:20:48,956 Está en ballet. 256 00:20:52,042 --> 00:20:54,586 Xenial. Vale, moi ben. 257 00:20:57,047 --> 00:20:58,840 Oe, dille que… 258 00:21:01,718 --> 00:21:02,844 Direillo. 259 00:21:14,231 --> 00:21:15,482 Volve á casa con nós. 260 00:21:25,867 --> 00:21:27,202 Remataches? 261 00:21:28,912 --> 00:21:30,122 Preciso ver a Barry. 262 00:21:30,205 --> 00:21:31,623 Chamarei ás autoridades. 263 00:21:31,707 --> 00:21:34,251 - Umbrella. - Iso é moi mala idea. 264 00:21:34,334 --> 00:21:35,419 Non me tentes. 265 00:21:45,929 --> 00:21:46,888 Que foi iso? 266 00:21:52,227 --> 00:21:53,061 Ah. 267 00:21:54,646 --> 00:21:56,898 Quedaría encerrado un gato no baño. 268 00:22:00,694 --> 00:22:01,611 De gato nada. 269 00:22:42,652 --> 00:22:43,570 Que carallo? 270 00:22:44,071 --> 00:22:46,323 Cando Barry volveu da última viaxe… 271 00:22:46,406 --> 00:22:47,657 Non se atopaba ben. 272 00:22:48,158 --> 00:22:50,994 A mañá seguinte atopeino esposado no baño. 273 00:22:51,078 --> 00:22:52,371 Fíxoo el mesmo. 274 00:22:52,871 --> 00:22:54,456 No o podes ter aí así. 275 00:22:54,956 --> 00:22:57,959 Xa sabes como remata isto: se escapa, vaite matar. 276 00:22:58,752 --> 00:23:00,295 O matrimonio é complicado. 277 00:23:01,713 --> 00:23:02,547 Vale. 278 00:23:02,631 --> 00:23:06,093 Ti verás, pero teño que ir a Francia e non pode ser en ferry. 279 00:23:06,176 --> 00:23:07,636 Ten que ser ás agachadas. 280 00:23:07,719 --> 00:23:09,971 Por que? Que fixeches? 281 00:23:10,597 --> 00:23:12,766 Ti tes un puto comecerebros no baño. 282 00:23:12,849 --> 00:23:14,101 Empecemos por aí. 283 00:23:16,770 --> 00:23:18,814 Sabía de alguén que poida axudarme? 284 00:23:19,356 --> 00:23:20,273 A ver… 285 00:23:21,066 --> 00:23:22,025 Pode que si. 286 00:23:22,526 --> 00:23:23,485 Charon. 287 00:23:23,568 --> 00:23:24,986 Ben, e onde está? 288 00:23:25,070 --> 00:23:27,322 Iso non o sei. 289 00:23:27,823 --> 00:23:30,659 Barry gardaba esa información no seu caderno. 290 00:23:31,201 --> 00:23:33,078 Vale, e onde o ten? 291 00:23:37,332 --> 00:23:38,375 No peto. 292 00:23:49,845 --> 00:23:50,679 Barry. 293 00:23:51,179 --> 00:23:52,431 Non te vai mancar. 294 00:23:57,060 --> 00:23:57,894 Tranquilo. 295 00:23:59,729 --> 00:24:00,564 Deus Santo! 296 00:24:02,816 --> 00:24:04,359 En serio, Melinda? 297 00:24:04,443 --> 00:24:06,153 Os gatos portan enfermidades. 298 00:24:15,579 --> 00:24:16,413 Aquí non está. 299 00:24:16,496 --> 00:24:17,414 Non outro peto! 300 00:24:22,127 --> 00:24:22,961 Aquí. 301 00:24:24,421 --> 00:24:25,755 Si. Xa o teño. 302 00:24:32,596 --> 00:24:33,430 Barry. 303 00:24:34,598 --> 00:24:35,432 Melinda! 304 00:25:15,347 --> 00:25:16,181 Ma… 305 00:25:18,892 --> 00:25:20,268 Matáchelo. 306 00:25:21,436 --> 00:25:23,438 - Agarda… - Prometíchelo. 307 00:25:27,275 --> 00:25:28,193 Fóra. 308 00:25:29,152 --> 00:25:31,530 - Lisca de aí! - Si, xa, iso fago. 309 00:25:40,038 --> 00:25:42,332 Ai, e, por certo, Melinda. 310 00:25:43,166 --> 00:25:45,835 O dos gatos? Hai que estar ben mal. 311 00:25:51,383 --> 00:25:52,217 Billie? 312 00:25:55,512 --> 00:25:57,347 Óesme? 313 00:25:57,430 --> 00:25:58,515 Pasa. 314 00:26:13,780 --> 00:26:15,031 Como te atopas? 315 00:26:15,574 --> 00:26:16,408 Dorida. 316 00:26:16,491 --> 00:26:18,535 Durmiches algo? Mírame. 317 00:26:20,495 --> 00:26:21,538 Non moito. 318 00:26:22,163 --> 00:26:23,248 Mírame. 319 00:26:25,959 --> 00:26:27,544 Por que sempre fas iso? 320 00:26:28,336 --> 00:26:32,632 O branco dos ollos, a esclerótica, é un bo indicador da saúde. 321 00:26:32,716 --> 00:26:35,385 Se cambia de cor, poderías ter unha infección. 322 00:26:39,055 --> 00:26:40,390 Estou enfermando? 323 00:26:42,309 --> 00:26:43,143 Non. 324 00:27:07,208 --> 00:27:09,002 Pero é mellor ser precavidos. 325 00:27:21,556 --> 00:27:23,016 UMBRELLA EN TIJUANA 326 00:27:25,393 --> 00:27:26,311 CORPORACIÓN UMBRELLA 327 00:27:26,394 --> 00:27:28,688 ENFOQUE VERDE DE UMBRELLA 328 00:27:29,397 --> 00:27:32,984 UMBRELLA EN TIJUANA: A VERDADE 329 00:27:33,485 --> 00:27:34,319 BLOQUEADO 330 00:27:35,654 --> 00:27:37,072 REDIRIXINDO… 331 00:27:39,824 --> 00:27:41,076 Ei! 332 00:27:41,159 --> 00:27:42,202 Como vai Billie? 333 00:27:42,994 --> 00:27:44,162 Hoxe queda na casa. 334 00:27:45,747 --> 00:27:46,998 Por precaución. 335 00:27:47,082 --> 00:27:49,000 Deille algo para que descanse. 336 00:27:49,084 --> 00:27:50,794 - Eu tamén podo quedar. - Non. 337 00:27:50,877 --> 00:27:52,504 Se faltades as dúas… 338 00:27:53,672 --> 00:27:55,131 Levantaría sospeitas. 339 00:27:55,215 --> 00:27:56,216 Que queres dicir? 340 00:27:59,761 --> 00:28:04,099 No coche. En 15 minutos. Sen escusas. 341 00:28:20,281 --> 00:28:22,367 BILLIE. JADE 342 00:28:50,812 --> 00:28:51,813 Billie. 343 00:28:56,276 --> 00:28:57,110 Bill 344 00:29:10,582 --> 00:29:11,875 Grazas. 345 00:29:14,335 --> 00:29:15,795 Por salvarme. 346 00:30:29,410 --> 00:30:31,120 Ai, desculpa. 347 00:30:31,204 --> 00:30:32,413 Que pasa? 348 00:30:32,497 --> 00:30:34,082 Simon ten o Deca Dence. 349 00:30:34,165 --> 00:30:36,125 Un anime moi difícil de conseguir. 350 00:30:36,209 --> 00:30:38,253 Nada diso. Está en Nyaa. 351 00:30:38,336 --> 00:30:40,964 Aquí non. Umbrella bloquea esas páxinas. 352 00:30:41,047 --> 00:30:44,175 Simon é o único que conseguiu superar o cortalume. 353 00:30:46,886 --> 00:30:48,847 - Ola. - Grazas 354 00:30:48,930 --> 00:30:50,098 Vémonos. 355 00:30:58,815 --> 00:30:59,649 Impresionante. 356 00:31:00,567 --> 00:31:02,068 Especifica un pouco máis. 357 00:31:02,151 --> 00:31:02,986 Moi gracioso. 358 00:31:03,069 --> 00:31:05,321 O cómic é chistoso, ti non. 359 00:31:05,405 --> 00:31:07,866 - Ti das noxo. - Vaia, grazas. 360 00:31:10,118 --> 00:31:10,994 Preciso axuda. 361 00:31:11,494 --> 00:31:13,913 Adoitas pedirlla á xente que che da noxo? 362 00:31:13,997 --> 00:31:15,206 A min tamén mo da. 363 00:31:15,290 --> 00:31:16,583 Xa, repítelo moito. 364 00:31:18,418 --> 00:31:20,503 Quero entrar nunha páxina bloqueada. 365 00:31:22,755 --> 00:31:23,756 Para que? Porno? 366 00:31:25,508 --> 00:31:26,634 Non cho podo dicir. 367 00:31:26,718 --> 00:31:27,844 Vale, porno entón. 368 00:31:31,514 --> 00:31:32,724 Que me das a cambio? 369 00:31:32,807 --> 00:31:33,641 Que queres? 370 00:31:43,192 --> 00:31:44,235 Gústame ese colar. 371 00:31:51,492 --> 00:31:52,577 Oe, cálmate. 372 00:31:54,954 --> 00:31:56,623 Quen te ensinou a facer iso? 373 00:31:57,165 --> 00:31:58,458 Aprendín só. 374 00:31:58,541 --> 00:32:00,960 Levo toda a vida en casas de Umbrella. 375 00:32:01,044 --> 00:32:01,920 Que lles dean. 376 00:32:05,798 --> 00:32:06,633 NORABOA! 377 00:32:10,178 --> 00:32:11,012 Xa entrei. 378 00:32:18,102 --> 00:32:19,062 Isto é de tolos. 379 00:32:20,563 --> 00:32:21,773 Fala dun tipo… 380 00:32:22,357 --> 00:32:25,735 Unha mordedura volveuno psicótico e comezou a comer xente. 381 00:32:25,818 --> 00:32:26,736 Onde o oíches? 382 00:32:27,278 --> 00:32:29,614 Dun amigo da miña antiga casa. 383 00:32:31,574 --> 00:32:33,284 - Quita. Trae aquí. - Que? 384 00:32:35,787 --> 00:32:38,039 CREO QUE NA MIÑA CIDADE PASA O MESMO 385 00:32:39,582 --> 00:32:40,792 - Tía. - Que? 386 00:32:40,875 --> 00:32:42,794 MÁNDAME UN CORREO 387 00:32:43,503 --> 00:32:44,712 É unha broma. 388 00:32:44,796 --> 00:32:47,382 Ti mesmo o dixeches: é de tolos. 389 00:32:48,716 --> 00:32:49,676 Vaste así? 390 00:32:51,844 --> 00:32:53,388 Vale! Adeus! 391 00:33:04,649 --> 00:33:06,943 Espero que lle guste a avea con pasas. 392 00:33:07,735 --> 00:33:08,569 Encántame. 393 00:33:08,653 --> 00:33:10,405 Quen precisa chocolate 394 00:33:10,488 --> 00:33:13,783 tendo un montón de uvas engurradas? 395 00:33:25,378 --> 00:33:28,006 Sinto a desorde. Non sabía que ía ter visita. 396 00:33:28,089 --> 00:33:30,049 Para nada. Non se preocupe. 397 00:33:30,133 --> 00:33:33,261 Un dron avistou unha persoa de interese na zona. 398 00:33:33,344 --> 00:33:35,471 Serán só un par de preguntas… 399 00:33:36,389 --> 00:33:38,599 Vostede non se corte nin un… 400 00:33:40,601 --> 00:33:41,519 pelo. 401 00:33:42,770 --> 00:33:44,397 - Podo ir ao ba…? - Non. 402 00:33:51,070 --> 00:33:52,572 - Viu a esta… - Si. 403 00:33:52,655 --> 00:33:54,866 Horrible muller. Buscaba ó meu marido. 404 00:33:54,949 --> 00:33:56,451 Non está, como pode ver. 405 00:34:00,580 --> 00:34:01,831 Moi ben. 406 00:34:04,876 --> 00:34:06,377 Dixo para que? 407 00:34:12,925 --> 00:34:18,222 TABERNA PERSEVERANZA 408 00:34:41,037 --> 00:34:41,996 Grazas, Charon. 409 00:34:43,039 --> 00:34:43,873 Seguinte. 410 00:34:45,708 --> 00:34:47,210 Oe, ponte á cola. 411 00:34:47,293 --> 00:34:48,211 Envíame Barry. 412 00:34:49,879 --> 00:34:50,713 Un minuto. 413 00:34:54,175 --> 00:34:56,135 Inda me debe o último transporte. 414 00:34:56,219 --> 00:34:57,845 - Onde está? - Morto. 415 00:34:58,387 --> 00:35:01,057 Teño que ir a Calais sen que Umbrella o saiba. 416 00:35:01,140 --> 00:35:03,434 Si, fermosura, ti e medio pub. 417 00:35:03,518 --> 00:35:04,644 Din que sabes como. 418 00:35:04,727 --> 00:35:07,313 Se o soubera, sería seguro e ben caro. 419 00:35:15,696 --> 00:35:16,948 Non chega. 420 00:35:17,031 --> 00:35:18,366 Chega de sobra. 421 00:35:19,492 --> 00:35:21,869 Os amigos de Barry pagan o dobre. 422 00:35:22,703 --> 00:35:23,663 Seguinte. 423 00:35:39,846 --> 00:35:40,930 Ei. 424 00:35:41,806 --> 00:35:43,141 Ata a fin do mundo. 425 00:35:44,183 --> 00:35:45,101 Grazas, bonita. 426 00:35:55,653 --> 00:35:56,696 Al. 427 00:35:58,030 --> 00:35:59,115 Querías verme? 428 00:35:59,866 --> 00:36:02,618 E cando non? Xa o sabes. 429 00:36:04,203 --> 00:36:05,454 Que tal a túa muller? 430 00:36:08,124 --> 00:36:12,295 Diana e mais eu estamos ben. Grazas por preguntar. 431 00:36:13,838 --> 00:36:15,298 Sabes quen nos hackeou? 432 00:36:17,091 --> 00:36:19,218 Aínda non, pero descubrirémolo. 433 00:36:20,386 --> 00:36:21,679 Coma sempre. 434 00:36:23,264 --> 00:36:24,390 Que queres, Evelyn? 435 00:36:25,183 --> 00:36:26,434 Xa cho dixen. 436 00:36:26,976 --> 00:36:27,810 Ledicia. 437 00:36:28,311 --> 00:36:30,855 Nova, mellorada e nos andeles en dous meses. 438 00:36:31,522 --> 00:36:32,899 Iso non é posible. 439 00:36:32,982 --> 00:36:34,358 Como que non? 440 00:36:35,651 --> 00:36:37,028 Es un xenio! 441 00:36:37,987 --> 00:36:40,281 Pensa a canta xente poderías axudar. 442 00:36:40,364 --> 00:36:42,825 Suicidas, espásticos. 443 00:36:43,326 --> 00:36:44,285 Ei! 444 00:36:45,119 --> 00:36:46,871 E os da masturbación crónica. 445 00:36:49,207 --> 00:36:50,124 Que hai de nós? 446 00:36:50,208 --> 00:36:52,210 Con esas datas, cometeremos erros. 447 00:36:53,002 --> 00:36:55,087 E da outra vez morreron persoas. 448 00:36:55,171 --> 00:36:56,672 Miles. Ti estabas alí. 449 00:36:57,173 --> 00:36:58,591 E contivémolo por pouco. 450 00:36:58,674 --> 00:37:00,885 Desta vez, se algo vai mal, 451 00:37:00,968 --> 00:37:02,511 millóns estarán en perigo. 452 00:37:05,973 --> 00:37:08,851 Non o vou facer. Marcho. 453 00:37:15,942 --> 00:37:17,318 Non marchas. 454 00:37:19,111 --> 00:37:21,322 Se entraches, foi grazas a min. 455 00:37:29,080 --> 00:37:30,915 Inxectábaste unha vez á semana. 456 00:37:31,457 --> 00:37:33,542 E agora? Día si día non? 457 00:37:35,586 --> 00:37:36,629 Tódolos días? 458 00:37:36,712 --> 00:37:38,631 Cerra a boca. 459 00:37:40,591 --> 00:37:43,552 Enténdote. De veras. 460 00:37:44,637 --> 00:37:48,266 Necesitas as túas bolsiñas de sangue. 461 00:37:48,849 --> 00:37:51,227 E eu necesítote a ti, así que é mutuo. 462 00:37:53,271 --> 00:37:54,105 Non si? 463 00:37:56,524 --> 00:37:57,858 Ponte a traballar. 464 00:39:06,635 --> 00:39:07,470 Vale. 465 00:39:08,012 --> 00:39:09,013 Imos dar un paseo 466 00:39:14,101 --> 00:39:15,019 En serio? 467 00:39:25,571 --> 00:39:26,822 RE: CREO QUE NA MIÑA… 468 00:39:26,906 --> 00:39:28,866 DEBERIAMOS FALAR VIDEOCHAMADA? 469 00:39:31,494 --> 00:39:32,536 - Quen es? 470 00:39:32,620 --> 00:39:35,206 - Quen es ti? - Non, ti contactaches comigo. 471 00:39:35,289 --> 00:39:37,458 Como sei que non estás con Umbrella? 472 00:39:37,541 --> 00:39:39,502 Non fodas, teño 14 anos. 473 00:39:40,336 --> 00:39:42,630 - Isto foi un erro. - Non, agarda. 474 00:39:44,048 --> 00:39:45,216 A túa mensaxe. 475 00:39:45,925 --> 00:39:47,676 O de que morderon a alguén… 476 00:39:48,844 --> 00:39:50,429 É certo? 477 00:39:50,513 --> 00:39:52,431 Non sei. É posible. 478 00:39:52,515 --> 00:39:54,517 O que publicaches na web, é certo? 479 00:39:56,435 --> 00:39:58,270 Escóitame. Se está ocorrendo… 480 00:39:58,354 --> 00:40:00,940 Non penso falar contigo se non das a cara. 481 00:40:09,115 --> 00:40:11,534 Chámome Angel Rubio. Son… 482 00:40:12,910 --> 00:40:15,621 Era xornalista de investigación do Baja Post. 483 00:40:16,205 --> 00:40:17,748 Xa non o es? 484 00:40:18,707 --> 00:40:22,545 Levo anos atrás das violacións de saúde e seguridade de Umbrella. 485 00:40:22,628 --> 00:40:24,755 Vale? Alí morre xente. 486 00:40:24,839 --> 00:40:26,841 Morren? Como? 487 00:40:26,924 --> 00:40:31,011 A semana pasada, un investigador de Umbrella desmandouse 488 00:40:31,095 --> 00:40:33,389 e matou a nove persoas. 489 00:40:33,472 --> 00:40:35,057 Cando falei ca súa muller, 490 00:40:35,141 --> 00:40:38,811 díxome que o mordera un animal no laboratorio. 491 00:40:38,894 --> 00:40:42,398 En 72 horas volveuse errático, violento. 492 00:40:42,481 --> 00:40:44,608 Vía e oía cousas. 493 00:40:45,818 --> 00:40:47,111 E agora onde está? 494 00:40:48,154 --> 00:40:49,029 Morto. 495 00:40:50,030 --> 00:40:53,951 Eu tentei publicalo, pero Umbrella fixo que me botaran do traballo. 496 00:40:54,034 --> 00:40:55,911 A verdade ten que saír a luz. 497 00:40:55,995 --> 00:40:59,248 E se está pasando de novo, tesmo que dicir. 498 00:40:59,331 --> 00:41:01,792 Viches a dentada? 499 00:41:04,837 --> 00:41:08,924 Tiña coma…, unha erupción vermella ó redor? 500 00:41:09,008 --> 00:41:11,802 Eh… Si. 501 00:41:11,886 --> 00:41:12,845 Jade Wesker! 502 00:41:13,429 --> 00:41:14,263 A clase! 503 00:41:14,805 --> 00:41:16,182 - Wesker? Agarda! - Xa! 504 00:41:21,604 --> 00:41:24,732 Oe, vai amodo. Amodo. 505 00:41:24,815 --> 00:41:25,983 Que che pasa? 506 00:41:28,444 --> 00:41:29,653 Ei, para! 507 00:41:30,613 --> 00:41:31,572 Pablo! 508 00:41:31,655 --> 00:41:32,656 Coidado! 509 00:41:32,740 --> 00:41:33,991 - Estás ben? - Síntoo. 510 00:41:43,584 --> 00:41:45,794 Meu Deus. Grazas. 511 00:41:45,878 --> 00:41:48,964 - Soltouse do colar. - Deberías poñerlle un arnés. 512 00:41:51,884 --> 00:41:54,261 - E o teu can? - Si. 513 00:41:56,222 --> 00:41:58,307 Ven, Pablo. 514 00:41:58,390 --> 00:42:00,851 Creo que vou precisar algunha proba. 515 00:42:00,935 --> 00:42:02,686 Unha proba de ADN ou que? 516 00:42:02,770 --> 00:42:06,065 Unha foto, no teu móbil. 517 00:42:09,485 --> 00:42:10,986 Deixeino na casa. 518 00:42:14,406 --> 00:42:16,825 Mira, está claro que non quere ir contigo. 519 00:42:17,618 --> 00:42:19,954 Vouno levar ó refuxio. Eles encárganse. 520 00:42:20,037 --> 00:42:21,705 Non podes facer iso. 521 00:42:21,789 --> 00:42:23,249 Claro que podo. 522 00:42:28,671 --> 00:42:30,172 Pero que merda? 523 00:42:33,342 --> 00:42:34,552 Síntoo. 524 00:42:34,635 --> 00:42:37,054 - Que cona che pasa? - Perdoa. Síntoo. 525 00:42:37,137 --> 00:42:41,433 Tranquilo, veña. 526 00:42:59,201 --> 00:43:00,911 Xúroo. 527 00:43:00,995 --> 00:43:02,329 Eu tiña unha ficha. 528 00:43:02,413 --> 00:43:04,790 Ten que estar aquí. Espera. 529 00:43:04,873 --> 00:43:07,626 Non. Veña. Onde está? 530 00:43:08,460 --> 00:43:09,670 Non fodas! 531 00:43:13,632 --> 00:43:16,302 Atención todo o mundo! 532 00:43:18,095 --> 00:43:19,388 Por aquí. 533 00:43:20,472 --> 00:43:22,308 Embarcamos en canto chegue. 534 00:43:32,359 --> 00:43:33,193 Quietos! 535 00:43:33,277 --> 00:43:36,405 Están envoltos en actividades ilegais en territorio de Umbrella! 536 00:43:36,488 --> 00:43:38,032 Non se resistan! 537 00:45:50,456 --> 00:45:51,915 BASEADO NO VIDEOXOGO DE CAPCOM RESIDENT EVIL 538 00:48:06,091 --> 00:48:08,760 Subtítulos: Laura Feijóo Sánchez