1 00:00:39,720 --> 00:00:40,880 - Grazas. - Non! 2 00:00:40,880 --> 00:00:43,360 - Si, é o destino. - Parabéns. 3 00:00:44,120 --> 00:00:45,600 Saúde! 4 00:00:45,600 --> 00:00:48,000 - Será en Hartley, non? - Pois claro. 5 00:00:48,000 --> 00:00:51,760 - Aínda non decidimos nada. - Polo menos a festa de compromiso. 6 00:00:51,760 --> 00:00:54,760 - A que? - Mamá, non a asustemos demasiado. 7 00:00:56,000 --> 00:00:57,960 Perdoa, somos algo intensos. 8 00:00:57,960 --> 00:01:03,200 Falando de ser intensos, túa tía Ellen mandou unha mensaxe de vídeo. Mira. 9 00:01:03,200 --> 00:01:04,520 - A ver. - Ai, non. 10 00:01:04,520 --> 00:01:08,160 - É encantadora. - Non precisamente. Mirade isto. 11 00:01:08,160 --> 00:01:12,960 Que alegría me deu a noticia! Que ganas de verte e darche un abrazo. 12 00:01:12,960 --> 00:01:14,240 Perdoade un momento. 13 00:01:14,800 --> 00:01:17,320 - Non está do revés. - O Botox vaille ben. 14 00:01:17,320 --> 00:01:19,760 Ou vémonos en Londres cando vaia. 15 00:01:19,760 --> 00:01:22,960 Si que puxo algo. Demasiado no labio de riba. 16 00:01:22,960 --> 00:01:24,800 - Fixéronlle un traballiño? - Si. 17 00:01:24,800 --> 00:01:26,560 - Ai, si? - Non tal. 18 00:01:26,560 --> 00:01:27,560 Parece natural. 19 00:01:32,560 --> 00:01:33,920 Anna. Que fas? 20 00:01:39,040 --> 00:01:41,040 O de París foi unha excepción. 21 00:01:42,320 --> 00:01:44,880 Isto fracasa se non respectamos as regras. 22 00:01:47,040 --> 00:01:48,520 - Quero dicir... - Espera. 23 00:01:50,000 --> 00:01:50,840 Por favor. 24 00:02:01,920 --> 00:02:04,400 Non hai opción de que sexas só ti. 25 00:02:08,480 --> 00:02:09,640 Nin só el? 26 00:02:13,600 --> 00:02:15,800 A min encántame todo o que temos. 27 00:02:16,400 --> 00:02:17,840 Non quero perdelo. 28 00:02:26,800 --> 00:02:28,480 Es quen de controlarte? 29 00:02:36,000 --> 00:02:36,840 Si. 30 00:02:39,200 --> 00:02:40,040 Perfecto. 31 00:02:41,960 --> 00:02:42,880 Espera. 32 00:02:44,800 --> 00:02:46,200 Recibín unhas mensaxes. 33 00:02:49,000 --> 00:02:52,720 Non sei de quen son, pero sábeno. 34 00:02:53,440 --> 00:02:54,280 O noso. 35 00:02:56,720 --> 00:02:57,960 Non contestei. 36 00:02:57,960 --> 00:03:01,200 SEI O QUE ANDAS FACENDO. PARA XA. PERVERTIDO. 37 00:03:01,200 --> 00:03:02,480 Cando empezaron? 38 00:03:03,640 --> 00:03:05,840 A noite que Jay che propuxo casar. 39 00:03:12,640 --> 00:03:13,480 Anna. 40 00:03:16,160 --> 00:03:17,080 Déixamo a min. 41 00:03:20,920 --> 00:03:23,000 Cando esteamos coa familia, mírame. 42 00:03:24,840 --> 00:03:26,280 Se toco o pelo, 43 00:03:27,520 --> 00:03:31,080 é que penso no que faremos a próxima vez que nos vexamos. 44 00:03:33,320 --> 00:03:34,160 Cando? 45 00:03:36,840 --> 00:03:37,920 Axiña. 46 00:04:13,480 --> 00:04:17,240 Mire, podemos facer unha parada en Bexley Avenue? Non é lonxe. 47 00:04:19,040 --> 00:04:19,880 Anna. 48 00:04:21,800 --> 00:04:22,640 Unha amiga. 49 00:04:23,160 --> 00:04:26,800 Quero vela para contarlle a nosa gran noticia. 50 00:04:27,320 --> 00:04:28,160 En serio? 51 00:04:30,120 --> 00:04:30,960 Quen? 52 00:04:31,560 --> 00:04:32,920 Unha amiga da infancia. 53 00:04:35,280 --> 00:04:36,120 Peggy. 54 00:04:37,680 --> 00:04:39,080 Primeira vez que o oio. 55 00:04:41,040 --> 00:04:42,520 Estou desexando coñecela. 56 00:04:43,760 --> 00:04:45,800 Hoxe non, se non che importa. 57 00:05:01,600 --> 00:05:02,560 Que pasa? 58 00:05:03,360 --> 00:05:04,760 Deixa de escribirlle. 59 00:05:04,760 --> 00:05:05,680 O que? 60 00:05:05,680 --> 00:05:08,920 - Cres que axudas, pero non. - Non sei de que falas. 61 00:05:08,920 --> 00:05:12,440 Ameazaches a William con dicirllo á muller. Para xa. 62 00:05:19,200 --> 00:05:20,040 Hostia. 63 00:05:21,120 --> 00:05:21,960 Si. 64 00:05:25,320 --> 00:05:27,320 - Sábeo alguén máis. - Sábelo ti. 65 00:05:29,120 --> 00:05:30,720 Por que pensas que son eu? 66 00:05:35,040 --> 00:05:39,080 Nunca me metín na túa vida amorosa. Por que ía comezar agora? 67 00:05:48,800 --> 00:05:50,000 Quen será, logo? 68 00:05:54,680 --> 00:05:55,880 Jay propúxome casar. 69 00:06:00,360 --> 00:06:01,680 E ti que contestaches? 70 00:06:03,560 --> 00:06:04,400 Que si. 71 00:06:14,280 --> 00:06:15,600 É el, non é? 72 00:06:16,400 --> 00:06:18,000 - Vou eu. - Quéroo coñecer. 73 00:06:24,000 --> 00:06:25,240 - Si. - Son Jay. 74 00:06:25,240 --> 00:06:26,200 Sube. 75 00:06:27,920 --> 00:06:29,040 Só quero saudar. 76 00:06:35,720 --> 00:06:36,960 O último piso. 77 00:07:00,000 --> 00:07:00,840 Ola. 78 00:07:02,760 --> 00:07:05,000 - Ti serás a misteriosa Peggy. - Son. 79 00:07:08,400 --> 00:07:09,240 Xa entendo. 80 00:07:14,080 --> 00:07:14,920 O que? 81 00:07:16,880 --> 00:07:18,440 Por que vou casar contigo. 82 00:07:18,920 --> 00:07:22,400 Perdón por facerte subir. Xa ía baixar eu. 83 00:07:23,840 --> 00:07:24,920 Temos que marchar. 84 00:07:25,760 --> 00:07:26,720 Unha mágoa. 85 00:07:28,720 --> 00:07:30,520 - Encantado. - Igualmente. 86 00:07:37,840 --> 00:07:40,400 Subín porque quería coñecer a túa amiga. 87 00:07:40,920 --> 00:07:43,240 Porque te quero e imos casar. 88 00:07:43,240 --> 00:07:46,280 Quero que a túa xente sexa tamén miña. Anna! 89 00:07:49,800 --> 00:07:51,240 Nin coñezo a túa nai. 90 00:07:57,320 --> 00:07:59,560 Xa a coñecerás. Prométocho. 91 00:08:05,720 --> 00:08:07,840 Coñecerala na festa de compromiso. 92 00:08:10,320 --> 00:08:11,160 Vale. 93 00:08:55,960 --> 00:08:56,840 Si? 94 00:08:56,840 --> 00:09:00,360 Sei que non podes falar, quero saber se me debo preocupar. 95 00:09:03,560 --> 00:09:07,280 Anna, tela cagado moito no pasado e isto semella... 96 00:09:07,280 --> 00:09:08,200 Estou ben. 97 00:09:08,200 --> 00:09:11,000 Pois non entendo como podes estar ben. 98 00:09:11,640 --> 00:09:13,320 A onde queres chegar? 99 00:09:13,320 --> 00:09:15,080 Téñoo todo controlado. 100 00:09:19,560 --> 00:09:21,560 Presentácheslle a Jay a túa nai? 101 00:09:25,760 --> 00:09:28,320 - Non. - Entón, irei á festa de compromiso. 102 00:09:30,440 --> 00:09:32,400 Cando ela o vexa, fareiche falta. 103 00:09:36,920 --> 00:09:37,920 Boa noite, Peggy. 104 00:09:50,560 --> 00:09:53,440 - Non é Peggy. - É insoportable. E se llo di a Ingrid? 105 00:09:53,440 --> 00:09:56,480 - Tes idea de quen pode ser? - Tiven moito tino. 106 00:09:57,160 --> 00:09:58,920 Contáchesllo a algún amigo? 107 00:09:58,920 --> 00:10:02,560 Hai unha compañeira de traballo á que non lle caio moi ben. 108 00:10:02,560 --> 00:10:06,280 Ao mellor sábeo, pero non a vexo capaz de facer isto. 109 00:10:08,360 --> 00:10:11,160 - Convídaa á festa de compromiso. - Que? 110 00:10:11,160 --> 00:10:13,240 - Dáme o teléfono. - Espera, non. 111 00:10:14,280 --> 00:10:15,320 Que fas? 112 00:10:15,320 --> 00:10:17,400 ADÚLTERO. PARA. VÉMONOS NA FESTA. 113 00:10:17,400 --> 00:10:18,560 NADA QUE OCULTAR. 114 00:10:19,640 --> 00:10:20,560 Sobrevivir. 115 00:11:01,080 --> 00:11:02,760 - Alégrome. - Coñecen a Anna? 116 00:11:02,760 --> 00:11:04,440 Encantada. Son Joan. 117 00:11:13,680 --> 00:11:14,520 Grazas. 118 00:11:15,800 --> 00:11:16,880 Grazas. 119 00:11:16,880 --> 00:11:19,920 Para coller valor. Son unha panda de bestas. 120 00:11:19,920 --> 00:11:21,520 Xa, pois eu tamén. 121 00:11:23,240 --> 00:11:24,080 - Jay. - Boas. 122 00:11:24,080 --> 00:11:25,680 Oe, quen te convidou? 123 00:11:25,680 --> 00:11:27,280 - Parabéns. - Grazas. 124 00:11:28,120 --> 00:11:29,520 Parabéns. 125 00:11:29,520 --> 00:11:30,520 Grazas. 126 00:11:32,880 --> 00:11:33,720 Grazas. 127 00:11:53,080 --> 00:11:55,120 A prometida de Jay? Eu son Nadia. 128 00:12:01,520 --> 00:12:03,600 Moi amable por vir desde tan lonxe. 129 00:12:03,600 --> 00:12:07,320 William e eu levamos moito traballando xuntos. 130 00:12:07,320 --> 00:12:08,680 Estades moi unidos? 131 00:12:09,200 --> 00:12:14,120 Eu valoro moito a William. É dos mellores que temos. 132 00:12:14,920 --> 00:12:16,320 Eu non preguntaba iso. 133 00:12:18,240 --> 00:12:19,120 Ah, xa. 134 00:12:20,480 --> 00:12:23,320 Eu falei pouco máis ca do tempo con el. 135 00:12:23,880 --> 00:12:26,920 - Non es a única, digamos. - Pois hoxe estás aquí. 136 00:12:26,920 --> 00:12:29,000 Igual se está empezando a abrir. 137 00:12:29,520 --> 00:12:31,160 Non esperes demasiado. 138 00:12:32,440 --> 00:12:33,800 Encantada de coñecerte. 139 00:12:38,400 --> 00:12:39,320 Estabas aí. 140 00:12:40,040 --> 00:12:41,320 - Viñeches. - Claro. 141 00:12:55,400 --> 00:12:56,440 Non é Nadia. 142 00:12:57,680 --> 00:12:58,640 Como o sabes? 143 00:12:59,400 --> 00:13:03,360 Ten as súas opinións sobre ti, pero non sabe o noso. Faime caso. 144 00:13:06,480 --> 00:13:07,560 Recibín outra. 145 00:13:09,160 --> 00:13:10,120 Que dicía? 146 00:13:11,880 --> 00:13:13,840 "Ou llo dis ti ou llo digo eu." 147 00:13:19,920 --> 00:13:20,760 Grazas. 148 00:13:25,280 --> 00:13:26,960 Preciso que te tranquilices. 149 00:13:39,520 --> 00:13:40,440 Viñeches. 150 00:13:41,880 --> 00:13:42,920 Pois claro. 151 00:13:50,760 --> 00:13:52,320 Aquí miña nai, Elizabeth. 152 00:13:53,120 --> 00:13:55,440 - O pai de Jay? - Alégrame que viñese. 153 00:13:55,960 --> 00:13:57,960 Unha alegría coñecérmonos por fin. 154 00:13:59,760 --> 00:14:04,080 Non sei a vós, pero a min todo me semellaba bastante clandestino. 155 00:14:07,240 --> 00:14:09,880 Onde está o teu misterioso prometido? 156 00:14:16,120 --> 00:14:19,640 Jay, preséntoche a Elizabeth. Mamá, este é Jay. 157 00:14:19,640 --> 00:14:22,240 Encantado. Alégrame moito coñecela por fin. 158 00:14:23,320 --> 00:14:25,520 Anna, por que non mo dixeches? 159 00:14:26,400 --> 00:14:27,320 Dicirche o que? 160 00:14:29,640 --> 00:14:32,640 Supoño que non se parece tanto. É só que... 161 00:14:34,120 --> 00:14:38,040 Paréceste moito ao meu defunto fillo, Aston. 162 00:14:39,960 --> 00:14:42,040 - O irmán de Anna. - Non parece tal. 163 00:14:43,160 --> 00:14:45,800 - Anna, eses ollos... - Mamá! 164 00:14:46,400 --> 00:14:49,400 Que inoportuno. De verdade, non te pareces. Mamá! 165 00:14:49,400 --> 00:14:50,320 É só 166 00:14:51,640 --> 00:14:55,240 unha impresión, nada máis. Es moi guapo. 167 00:14:55,840 --> 00:14:57,720 Grazas, supoño. 168 00:14:58,240 --> 00:15:00,200 Mamá! Tes que coñecer a miña nai. 169 00:15:00,720 --> 00:15:01,800 Esta é Elizabeth. 170 00:15:02,320 --> 00:15:03,440 Elizabeth. 171 00:15:06,120 --> 00:15:07,280 Vixíoa eu. 172 00:15:22,080 --> 00:15:23,200 DESCOÑECIDO 173 00:15:23,200 --> 00:15:25,720 {\an8}OU LLO DIS TI OU EU. TES ATA O FINAL DO DISCURSO. 174 00:15:34,720 --> 00:15:35,880 {\an8}REENVIAR 175 00:15:39,520 --> 00:15:41,040 TES ATA O FINAL DO DISCURSO. 176 00:15:45,600 --> 00:15:46,760 Podo coller un? 177 00:15:47,280 --> 00:15:48,360 Fumas? 178 00:15:49,280 --> 00:15:50,120 Non. 179 00:15:59,560 --> 00:16:02,160 Mira, perdoa, 180 00:16:02,160 --> 00:16:05,360 paréceche mal se marcho despois dos fogos artificiais? 181 00:16:06,000 --> 00:16:07,200 Lévame contigo. 182 00:16:11,280 --> 00:16:12,120 Vai todo ben? 183 00:16:13,160 --> 00:16:14,000 Non. 184 00:16:14,520 --> 00:16:15,360 Perdón. 185 00:16:16,320 --> 00:16:17,280 Que foi? 186 00:16:20,800 --> 00:16:22,040 Kelly deixoume. 187 00:16:22,920 --> 00:16:23,760 Onte. 188 00:16:26,760 --> 00:16:27,600 Síntoo. 189 00:16:28,800 --> 00:16:30,840 Si, creo que hai outra persoa. 190 00:16:32,200 --> 00:16:35,960 Non vos quero augar a festa. De verdade. É a vosa noite. 191 00:16:37,000 --> 00:16:38,560 É a noite de túa nai. 192 00:16:48,000 --> 00:16:50,000 Meu irmán quérete de verdade. 193 00:16:54,560 --> 00:16:55,640 Iso é pouco común. 194 00:17:07,360 --> 00:17:09,200 Onde vai Anna? 195 00:17:09,720 --> 00:17:12,560 E Sally tamén. Veña. 196 00:17:13,160 --> 00:17:14,080 {\an8}Onde vai Sally? 197 00:17:14,920 --> 00:17:16,520 {\an8}Atención, todos e todas. 198 00:17:17,120 --> 00:17:18,600 Vou dicir unhas palabras. 199 00:17:18,600 --> 00:17:20,400 - Onde vai Anna? - Anna, veña. 200 00:17:22,640 --> 00:17:23,520 Papá! 201 00:17:25,040 --> 00:17:29,160 Moitas grazas a todos por virdes. Estades todos divinos. 202 00:17:31,240 --> 00:17:36,200 Temo que só falarei eu. O meu home estase gardando para a voda. 203 00:17:36,200 --> 00:17:38,000 Só fai actuacións estelares. 204 00:17:38,000 --> 00:17:40,760 Si, é a atracción principal. Xusto. 205 00:17:40,760 --> 00:17:42,200 Non ten graza ningunha. 206 00:17:44,200 --> 00:17:47,720 Non, en serio. Estamos aquí para falar do matrimonio, non? 207 00:17:47,720 --> 00:17:50,280 - Jay e Anna. - Velaí vai. 208 00:17:52,880 --> 00:17:58,920 Como se sabe, o matrimonio vai de confianza. 209 00:18:01,520 --> 00:18:03,080 E... 210 00:18:04,280 --> 00:18:06,280 vou facer unha confesión, William. 211 00:18:07,200 --> 00:18:09,760 Estívente espiando. 212 00:18:11,960 --> 00:18:15,120 O outro día fun ó teu traballo e non estabas. 213 00:18:21,040 --> 00:18:24,800 E a marabillosa Nadia deixoume esperar no teu despacho. 214 00:18:26,520 --> 00:18:27,840 Pero non apareciches. 215 00:18:30,960 --> 00:18:35,640 Que vai facer unha muller cando está soa no despacho do seu home? 216 00:18:37,200 --> 00:18:38,200 Remexer. 217 00:18:43,520 --> 00:18:45,480 E o que atopei, pois... 218 00:18:55,040 --> 00:19:00,080 atopei un xogo de catro fotos de carné cuarteadas 219 00:19:00,080 --> 00:19:02,560 de William e eu cando empezabamos. 220 00:19:06,160 --> 00:19:08,680 Atopamos unha cabina de fotos e dixemos: 221 00:19:09,920 --> 00:19:14,200 "Cando sexamos vellos e teñamos fillos e hipoteca, 222 00:19:15,200 --> 00:19:16,960 mirarémolas 223 00:19:17,880 --> 00:19:19,200 e lembraremos 224 00:19:20,960 --> 00:19:24,600 o amor que sentiamos daquela." 225 00:19:37,480 --> 00:19:39,320 Eu non preciso que mo lembren. 226 00:19:39,840 --> 00:19:44,320 O feito de as conservares tanto tempo demóstrame que segue vivo. 227 00:19:46,920 --> 00:19:49,200 Por iso lles digo 228 00:19:49,840 --> 00:19:51,520 a Jay e Anna 229 00:19:53,720 --> 00:19:58,880 que, se alimentades e protexedes a base do voso amor, 230 00:19:58,880 --> 00:20:01,320 duraravos moitos anos. 231 00:20:02,800 --> 00:20:06,040 E a nós os dous fainos moita ilusión. A William e a min. 232 00:20:08,000 --> 00:20:12,360 Por favor, erguede os vasos para brindar por Jay e Anna. 233 00:20:12,360 --> 00:20:13,680 Por Jay e Anna! 234 00:20:16,080 --> 00:20:18,680 Espero que vos gusten os fogos artificiais. 235 00:20:28,080 --> 00:20:31,200 - Foi moi sensibleiro? - Non, foi marabilloso. 236 00:20:53,400 --> 00:20:56,000 - Podo? - Non fai falta. Grazas, Elizabeth. 237 00:21:06,360 --> 00:21:07,880 Debías ter máis tino. 238 00:21:22,960 --> 00:21:23,960 Que lle dixeches? 239 00:21:29,160 --> 00:21:30,960 Vin como te miraba. 240 00:21:32,000 --> 00:21:34,200 - Mamá! - Non é correcto. 241 00:21:35,880 --> 00:21:37,600 Dime que non hai nada. 242 00:21:39,160 --> 00:21:40,800 Preciso que pares con iso. 243 00:21:46,240 --> 00:21:47,560 Claro, cariño. 244 00:21:50,400 --> 00:21:52,840 Seguro que tes todo controlado. 245 00:22:29,320 --> 00:22:30,240 Quérote. 246 00:22:32,120 --> 00:22:33,600 Eu tamén te quero, Anna. 247 00:22:45,800 --> 00:22:47,920 Espero que miña nai non te asustase. 248 00:22:51,120 --> 00:22:51,960 Non, ho. 249 00:22:53,280 --> 00:22:54,440 Só estou 250 00:22:55,440 --> 00:22:57,280 aprendendo a amar as preguntas. 251 00:23:09,240 --> 00:23:11,040 Sabes que me podes falar del. 252 00:23:17,520 --> 00:23:21,440 Só tes que saber que nunca me sentín tan unida a ninguén coma a ti. 253 00:24:03,680 --> 00:24:04,760 Era un farol. 254 00:24:07,160 --> 00:24:08,960 Non che preocupa quen era? 255 00:24:14,240 --> 00:24:15,080 Non. 256 00:24:21,120 --> 00:24:24,120 O que dixo túa nai de Jay... 257 00:24:27,640 --> 00:24:28,560 é certo? 258 00:24:33,600 --> 00:24:34,600 Non soporto 259 00:24:36,280 --> 00:24:40,000 a idea de que o necesites a el máis ca a min. 260 00:24:42,880 --> 00:24:46,280 Aínda que se pareza a Aston, non pasa de aí. 261 00:24:46,960 --> 00:24:48,400 Non é coma el para nada. 262 00:24:50,560 --> 00:24:53,040 Non é cruel. Non necesita posuírme. 263 00:24:56,400 --> 00:24:57,840 Que che fixo Aston? 264 00:25:03,680 --> 00:25:05,600 Que pasou a noite que morreu? 265 00:25:09,960 --> 00:25:11,640 Eu por fin díxenlle que non. 266 00:25:15,880 --> 00:25:17,320 Metéuseme na cama. 267 00:25:19,920 --> 00:25:21,240 Eu dixen que non e... 268 00:25:23,200 --> 00:25:24,680 e matouse. 269 00:25:36,360 --> 00:25:38,000 Para. Para. 270 00:25:42,800 --> 00:25:44,080 Non quero compaixón. 271 00:26:24,440 --> 00:26:25,600 Faime dano. 272 00:26:45,680 --> 00:26:46,520 Grazas. 273 00:26:59,440 --> 00:27:00,400 Que tal queda? 274 00:27:03,840 --> 00:27:05,640 É un vestido de dama de honor. 275 00:27:06,320 --> 00:27:07,160 Craváchelo. 276 00:27:13,160 --> 00:27:14,040 Que pasa? 277 00:27:18,160 --> 00:27:20,720 Non sei con quen máis falar disto. 278 00:27:22,040 --> 00:27:22,880 Que foi? 279 00:27:26,880 --> 00:27:27,720 É por meu pai. 280 00:27:28,680 --> 00:27:30,240 Creo que ten unha amante. 281 00:27:34,880 --> 00:27:36,560 Mandeille varias mensaxes. 282 00:27:36,560 --> 00:27:40,360 Parecerá unha parvada, pero eu quería que o deixase. 283 00:27:41,200 --> 00:27:42,240 Tiven que parar. 284 00:27:42,800 --> 00:27:47,080 Tras falarmos na festa, non ía escarallar o matrimonio de meus pais. 285 00:27:47,080 --> 00:27:48,360 Estás segura diso? 286 00:27:53,400 --> 00:27:54,640 Atopei algo. 287 00:28:07,000 --> 00:28:07,840 Mira. 288 00:28:18,520 --> 00:28:19,840 Onde o atopaches? 289 00:28:21,600 --> 00:28:25,960 El acababa de volver de Bruxelas. Eu puxen o seu abrigo para ir á tenda. 290 00:28:26,960 --> 00:28:28,040 Estaba no peto. 291 00:28:29,080 --> 00:28:31,200 É retorcido de moita hostia. 292 00:28:32,120 --> 00:28:35,600 Que foi facer alá? Non podía ser só unha viaxe de traballo. 293 00:28:35,600 --> 00:28:36,680 Isto é meu. 294 00:28:42,440 --> 00:28:44,240 Esta letra é miña. 295 00:28:46,480 --> 00:28:49,920 Sinto que penses que é retorcido, pero son eu. 296 00:28:51,840 --> 00:28:56,800 Escribo as cousas para poder dixerilas. Non o sei facer doutra maneira. 297 00:29:01,720 --> 00:29:03,320 Pero por que o tiña papá? 298 00:29:07,600 --> 00:29:10,320 Atopouno en Hartley 299 00:29:11,840 --> 00:29:14,560 e dixo que o gardaría ata podermo devolver. 300 00:29:14,560 --> 00:29:19,080 Paralizábame a idea de que el o lese e agora tamén o liches ti. 301 00:29:20,680 --> 00:29:22,200 Síntoo moito. 302 00:29:22,720 --> 00:29:23,560 Eu pensaba... 303 00:29:23,560 --> 00:29:26,640 Espero que comprendas que o que descubriches 304 00:29:26,640 --> 00:29:28,560 non cambia o meu amor por Jay. 305 00:29:29,160 --> 00:29:31,560 Por favor, non tes que explicar nada. 306 00:29:31,560 --> 00:29:33,080 Estou moi avergoñada. 307 00:29:33,080 --> 00:29:35,280 Non esteas. Hostia. 308 00:29:36,840 --> 00:29:37,680 Grazas. 309 00:29:38,200 --> 00:29:40,920 - Vamos tomar algo, vale? - Vale. 310 00:29:42,040 --> 00:29:43,880 Vou quitar este puto vestido. 311 00:30:07,560 --> 00:30:08,760 Tíñaa Sally. 312 00:30:09,840 --> 00:30:11,720 Mandaba ela as mensaxes. 313 00:30:12,240 --> 00:30:13,800 - Entón xa...? - Non. 314 00:30:14,840 --> 00:30:15,880 Non o sabe. 315 00:30:19,760 --> 00:30:21,480 Por que tiveches que collela? 316 00:30:22,840 --> 00:30:23,720 Eu son túa. 317 00:30:23,720 --> 00:30:24,760 De verdade? 318 00:30:27,880 --> 00:30:30,200 Apareces en todas as páxinas. 319 00:30:55,680 --> 00:30:57,400 Que escribiches de hoxe? 320 00:31:28,880 --> 00:31:30,680 - Ola. - Ola. Ben. Que tal? 321 00:31:30,680 --> 00:31:32,320 Ben. Grazas por recibirme. 322 00:31:32,320 --> 00:31:34,960 De nada. Alégrome de verte. Queres un café? 323 00:31:34,960 --> 00:31:36,040 - Si. - Vale. 324 00:31:37,120 --> 00:31:39,400 Anna non é moito de rememorar. 325 00:31:39,400 --> 00:31:44,080 O que sei da súa vida anterior a min está cheo de lagoas, que tanto dá, 326 00:31:44,080 --> 00:31:47,120 pero é algo difícil escribir un discurso sobre ela. 327 00:31:47,640 --> 00:31:50,680 Xa. Entón queres algunha anécdota? 328 00:31:52,000 --> 00:31:53,160 Algo así. 329 00:31:59,760 --> 00:32:00,720 Quéreme? 330 00:32:07,400 --> 00:32:08,480 Pois... 331 00:32:10,920 --> 00:32:13,640 creo que esa pregunta só a pode contestar Anna. 332 00:32:19,160 --> 00:32:21,760 - Non che debín preguntar iso. - Non, pero... 333 00:32:24,960 --> 00:32:26,120 Mira, Jay... 334 00:32:29,320 --> 00:32:31,320 Anna nunca será unha tía corrente. 335 00:32:34,920 --> 00:32:37,040 Se cadra por iso a queres. 336 00:32:38,360 --> 00:32:40,520 Pero iso quere dicir que... 337 00:32:41,040 --> 00:32:42,960 Quere dicir que a vosa relación, 338 00:32:43,800 --> 00:32:46,840 o seu amor por ti tampouco será nunca corrente. 339 00:32:49,920 --> 00:32:51,720 Eu entenderíao se ti... 340 00:32:52,520 --> 00:32:54,600 se decides que iso non é para ti. 341 00:32:56,040 --> 00:32:57,720 E estás a tempo de deixalo. 342 00:32:58,760 --> 00:33:02,600 Pero mira, se vas estar con Anna, 343 00:33:04,000 --> 00:33:05,280 se vas casar con ela, 344 00:33:07,120 --> 00:33:08,120 faime caso, 345 00:33:09,640 --> 00:33:11,800 non mires onde che mande non mirar. 346 00:33:28,760 --> 00:33:31,280 MESA PRESIDENCIAL 347 00:35:12,960 --> 00:35:14,200 Que fas esta noite? 348 00:35:17,120 --> 00:35:17,960 Non moito. 349 00:35:19,560 --> 00:35:20,400 Ai, non? 350 00:35:22,320 --> 00:35:23,840 Nada que teñas que saber. 351 00:35:25,200 --> 00:35:26,280 Que significa iso? 352 00:35:28,720 --> 00:35:29,640 É broma. 353 00:35:35,760 --> 00:35:36,600 Que foi? 354 00:35:40,800 --> 00:35:43,480 Perdoa. Nada, todo ben. 355 00:35:57,480 --> 00:35:59,040 {\an8}Ti es todo para min, Anna. 356 00:36:01,280 --> 00:36:03,120 {\an8}Nunca quixen a ninguén antes. 357 00:36:05,040 --> 00:36:06,200 {\an8}Quero que o saibas. 358 00:36:10,360 --> 00:36:11,440 {\an8}Eu tamén te quero. 359 00:36:13,760 --> 00:36:16,160 {\an8}Pásao ben na despedida, se che deixan. 360 00:36:39,280 --> 00:36:41,920 Aquí o está. Uns tragos polo afortunado! 361 00:36:41,920 --> 00:36:43,880 - Veña. - Dálle, logo. 362 00:36:43,880 --> 00:36:45,720 Baixádeas. Aí van. 363 00:36:46,480 --> 00:36:47,360 Outra máis. 364 00:36:47,360 --> 00:36:49,680 Dígoche unha cousa. Ten moita sorte. 365 00:36:49,680 --> 00:36:50,600 Jay! 366 00:36:51,200 --> 00:36:52,040 Papá! 367 00:36:53,920 --> 00:36:54,760 Viñeches. 368 00:36:56,200 --> 00:36:58,760 - Tómalle unha. - Que tal? 369 00:36:58,760 --> 00:37:00,280 - Un trago? - Non. 370 00:37:00,280 --> 00:37:02,120 É a despedida do teu fillo. 371 00:37:02,120 --> 00:37:03,920 - Ai, si? - Si, ten que ser. 372 00:37:03,920 --> 00:37:05,320 Iso é. Veña. 373 00:37:07,920 --> 00:37:08,880 Moi ben. 374 00:37:08,880 --> 00:37:11,920 William, algún consello para el antes de casar? 375 00:37:11,920 --> 00:37:14,000 Consellos de pai para a lúa de mel? 376 00:37:14,000 --> 00:37:16,880 Ninguén precisa a miña opinión sobre iso. 377 00:37:16,880 --> 00:37:19,120 - Ponse encarnado! - Estou encarnado? 378 00:37:19,120 --> 00:37:21,200 - Si. - Rapaces! 379 00:37:21,800 --> 00:37:22,720 Por Jay e Anna. 380 00:37:22,720 --> 00:37:24,280 Por Jay e Anna! 381 00:37:29,360 --> 00:37:31,120 - Convido eu. - Grazas. 382 00:37:33,520 --> 00:37:34,400 Pásalo ben? 383 00:37:35,120 --> 00:37:39,080 - Pois algo nervioso, papá. - Normal. É un gran paso. 384 00:37:44,480 --> 00:37:45,960 Tes dúbidas? 385 00:37:50,200 --> 00:37:51,040 O que pasa 386 00:37:52,520 --> 00:37:55,200 é que Anna sempre garda algo para ela, sabes? 387 00:37:56,760 --> 00:37:58,240 É unha muller complicada. 388 00:38:02,840 --> 00:38:03,680 Cóntame. 389 00:38:05,520 --> 00:38:07,640 Ela cría que eu non daba aguantado. 390 00:38:09,000 --> 00:38:09,840 E dás ou non? 391 00:38:12,520 --> 00:38:13,480 Creo que si. 392 00:38:20,320 --> 00:38:22,160 O matrimonio non vai ser doado. 393 00:38:25,600 --> 00:38:30,920 Anna vaiche presentar desafíos para os que non estás preparado. 394 00:38:33,000 --> 00:38:34,600 Que me estás contando? 395 00:38:36,640 --> 00:38:39,280 - Quérote ver feliz. - Estasme preocupando. 396 00:38:41,560 --> 00:38:43,120 - Que pasa aquí? - Nada. 397 00:38:43,120 --> 00:38:45,760 Para min é moi importante, sabes? 398 00:38:46,640 --> 00:38:49,480 Ver un fillo comezar unha nova etapa da súa vida. 399 00:38:50,920 --> 00:38:52,760 - Estame saíndo mal, non? - Non. 400 00:38:52,760 --> 00:38:56,840 Debo ser eu. Só intento entender que pasa. 401 00:39:01,360 --> 00:39:02,200 Mira... 402 00:39:04,280 --> 00:39:06,280 ningún de nós sabe que pasará. 403 00:39:08,160 --> 00:39:11,280 Se cadra só precisamos aprender a amar as preguntas. 404 00:39:15,800 --> 00:39:16,960 Onde oíches iso? 405 00:39:20,600 --> 00:39:22,000 É dun poema, non é? 406 00:39:24,080 --> 00:39:26,880 Marcho. Pasádeo ben. Despídeme dos rapaces. 407 00:41:12,920 --> 00:41:15,560 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa