1 00:00:17,800 --> 00:00:19,040 Constantes vitais? 2 00:00:19,640 --> 00:00:21,440 Vinte e tres a cincuenta ppm. 3 00:00:25,920 --> 00:00:27,120 Incisión final. 4 00:00:39,000 --> 00:00:39,960 E xa está. 5 00:00:41,120 --> 00:00:43,600 Os xemelgos están estables. Parabéns, Dr. Farrow. 6 00:00:43,600 --> 00:00:45,080 - Parabéns. - Grazas. 7 00:01:00,120 --> 00:01:02,640 Foi digno de ver. Salvaches ti a situación. 8 00:01:02,640 --> 00:01:07,440 - Foi un traballo en equipo. - Non, a estrela es ti. Aproveita. 9 00:01:07,440 --> 00:01:08,440 Grazas, meu. 10 00:01:19,800 --> 00:01:21,040 Ola, guapo. 11 00:01:24,160 --> 00:01:26,280 - Parabéns, cariño. - Morro coa fame. 12 00:01:33,360 --> 00:01:34,440 Podía ir en taxi. 13 00:01:35,040 --> 00:01:37,160 Pero o chofer non che daría un bico. 14 00:01:37,160 --> 00:01:39,160 Agora non che penso dar outro. 15 00:01:41,520 --> 00:01:43,240 Jay tamén vai vir mañá. 16 00:01:44,640 --> 00:01:47,240 Ao mellor lle sacamos algo sobre a moza nova. 17 00:01:48,680 --> 00:01:52,440 Sally dixo que é máis vella ca el, pero nada máis. 18 00:01:52,440 --> 00:01:53,840 Xa sabes como é Jay. 19 00:01:54,520 --> 00:01:55,920 Que foi da anterior? 20 00:01:56,680 --> 00:01:58,480 Portia? Onde vai que cortaron! 21 00:01:59,800 --> 00:02:03,040 Arre demo. De que falades vós os dous? 22 00:02:03,800 --> 00:02:06,520 Haberá por aquí un sitio para tomarlle algo? 23 00:02:06,520 --> 00:02:08,160 - Non. - Por favor! 24 00:02:08,160 --> 00:02:09,080 Non. 25 00:02:09,080 --> 00:02:11,720 - Temos que ir á casa de meu pai. - Vale. 26 00:02:13,000 --> 00:02:15,400 Esta fin de semana a festa é por ti. 27 00:02:15,960 --> 00:02:17,920 Gústeche ou non. 28 00:02:18,680 --> 00:02:21,440 Ir ao campo faranos ben a todos. 29 00:02:32,200 --> 00:02:36,480 - Terá Edward unha botella aberta? - Non creo. Estará durmindo. 30 00:02:53,560 --> 00:02:55,600 Mañá non debías madrugar. 31 00:02:57,600 --> 00:02:59,760 Tiveches unhas semaniñas tremendas. 32 00:03:54,160 --> 00:03:55,360 Bos días, Jay. 33 00:03:56,440 --> 00:03:59,280 - Bos días, avó. - Aínda andas nese cacharro? 34 00:04:00,040 --> 00:04:02,760 Déixasme unha desas chuladas que tes no garaxe? 35 00:04:02,760 --> 00:04:05,400 Non. Se as vas coidar así, non. 36 00:04:08,480 --> 00:04:09,800 Pareces derreado. 37 00:04:10,920 --> 00:04:13,440 - Bos días, mamá. - Que tes unha pinta de pena. 38 00:04:13,440 --> 00:04:14,480 Grazas, Sally. 39 00:04:14,480 --> 00:04:17,920 - Durmiches algo esta noite? - Non che estou a facer caso. 40 00:04:19,920 --> 00:04:22,400 - Fixeches café? - Non che chegará a nada. 41 00:04:22,400 --> 00:04:26,840 Iso non me vale. Preciso máis detalles. Cando nola vas presentar? 42 00:04:26,840 --> 00:04:29,240 Nin tolo a expoñería a vós. 43 00:04:30,240 --> 00:04:33,280 - A verdade é que me gusta. - Ah, así que che gusta! 44 00:04:33,280 --> 00:04:36,880 - Si, gusta. Cago no demo! - Dime como se chama, logo. 45 00:04:36,880 --> 00:04:39,960 - Non! - Fódelle que espantásemos a anterior. 46 00:04:40,600 --> 00:04:42,080 Dálle voz. Quero oír iso. 47 00:04:42,080 --> 00:04:44,840 ...operación foi un éxito rotundo. 48 00:04:44,840 --> 00:04:49,920 O doutor Farrow agarda que os xemelgos teñan unha vida longa e plena. 49 00:04:51,000 --> 00:04:52,640 - O reporteiro... - Aí está. 50 00:04:53,680 --> 00:04:55,120 Si, xa vale. 51 00:04:55,120 --> 00:04:56,920 Apaga iso. 52 00:04:56,920 --> 00:04:59,760 - Ovos para o home do momento. - Non, grazas. 53 00:04:59,760 --> 00:05:02,960 - O chat dos doutores noveis bota fume. - Alégrome. 54 00:05:02,960 --> 00:05:06,360 Para o home máis marabilloso e con máis talento. 55 00:05:06,360 --> 00:05:07,360 Bo día, cariño. 56 00:05:08,400 --> 00:05:11,200 O cóctel do mércores será unha boa oportunidade 57 00:05:11,200 --> 00:05:15,040 para vires á Cámara dos Comúns para falar do posto de asesor. 58 00:05:15,040 --> 00:05:17,000 Non lembro aceptar iso, Edward. 59 00:05:17,000 --> 00:05:21,200 Debiades vir á rolda de prensa. Comisionado de sanidade. Perfecto para ti. 60 00:05:21,200 --> 00:05:24,440 Estarei no bufete ese día, irei así que poida. 61 00:05:24,440 --> 00:05:27,800 - Non me queda opción. - Recolle o froito do teu éxito. 62 00:05:28,320 --> 00:05:29,160 A? 63 00:05:30,000 --> 00:05:32,360 A. Amy? 64 00:05:32,880 --> 00:05:34,280 - Non. - Anna? 65 00:05:34,960 --> 00:05:35,800 Cala. 66 00:05:36,400 --> 00:05:37,640 Queixo vegano! 67 00:05:37,640 --> 00:05:39,360 Anna Barton! 68 00:05:39,960 --> 00:05:42,440 - Que? - Anna Barton. A moza de Jay. 69 00:05:43,040 --> 00:05:46,200 Anna Barton! Xa sabía que te renderías! 70 00:05:46,800 --> 00:05:50,920 Era visto que non resistirías. É unha puta Sherlock Holmes! 71 00:05:51,560 --> 00:05:52,800 Sacoumo por pesada. 72 00:05:53,320 --> 00:05:55,120 Pensaba que eras máis duro. 73 00:05:55,120 --> 00:05:58,520 Coma se ti foses ao cóctel do Parlamento por gusto. 74 00:05:59,440 --> 00:06:00,800 Conseguiuno por pesado. 75 00:06:01,880 --> 00:06:05,440 - Comisionado de sanidade? Estupendo. - Si, moi influente. 76 00:06:05,440 --> 00:06:08,680 - Para o ano es Primeiro Ministro. - Non che é así. 77 00:06:08,680 --> 00:06:12,720 Viríame ben. Axilizarías os cartos para os ensaios con células nai. 78 00:06:12,720 --> 00:06:16,200 - Será a prioridade cando acade o poder. - Iso espero. 79 00:06:16,720 --> 00:06:19,440 Grazas a Edward por ser o anfitrión hoxe 80 00:06:19,440 --> 00:06:22,200 e un agradecemento especial para os médicos, 81 00:06:22,200 --> 00:06:25,400 que porán en práctica o novo sistema de urxencias. 82 00:06:25,400 --> 00:06:28,920 Fagan uso discrecional das nosas ben fornecidas barras. 83 00:06:32,760 --> 00:06:36,560 Moitas grazas por vires hoxe, Mel. Agradécese moito. 84 00:06:37,800 --> 00:06:40,480 INGRID: PERDÓN POLA TARDANZA. 85 00:06:51,160 --> 00:06:52,360 Oe, William. 86 00:06:52,880 --> 00:06:55,320 - Perdón? - Que che parece? 87 00:06:57,120 --> 00:06:59,320 - Desculpádeme un momento. - Claro. 88 00:07:11,800 --> 00:07:12,640 Señor. 89 00:07:31,240 --> 00:07:32,080 Ola. 90 00:07:33,720 --> 00:07:36,000 Son Anna. Anna Barton. 91 00:07:38,040 --> 00:07:39,360 Eu son William Farrow. 92 00:07:39,880 --> 00:07:41,280 Es o pai de Jay. 93 00:07:41,840 --> 00:07:43,000 Son, si. 94 00:07:47,960 --> 00:07:49,520 Está moi orgulloso de ti. 95 00:07:50,720 --> 00:07:53,040 Pois el... 96 00:07:54,080 --> 00:07:55,720 tiña o voso moi calado. 97 00:07:57,640 --> 00:08:01,280 - Creo que lle preocupa presentarnos. - Ai, si? E ten motivos? 98 00:08:07,840 --> 00:08:10,440 Desexaba coñecerte desde que me dixo quen es. 99 00:08:15,880 --> 00:08:16,880 A operación. 100 00:08:19,160 --> 00:08:22,600 Separar os xemelgos. Un logro incrible. 101 00:08:28,320 --> 00:08:29,640 Que raro... 102 00:08:36,200 --> 00:08:37,320 Iso é para min? 103 00:09:07,200 --> 00:09:08,520 Agora marcho. 104 00:09:25,120 --> 00:09:29,440 Ías esperar a que eu chegase para perder o control dos teus sentidos. 105 00:09:29,440 --> 00:09:32,960 - Canto bebiches? - Non, estou ben. 106 00:09:32,960 --> 00:09:36,400 Tiven un día terrible, non me importa quedar se ti queres. 107 00:09:40,440 --> 00:09:42,720 Xa sei que detestas estas cousas. 108 00:09:42,720 --> 00:09:45,120 Estou ben. Só bebín unha copa de máis. 109 00:09:45,120 --> 00:09:46,600 - Todo ben, meu? - Ola. 110 00:09:46,600 --> 00:09:48,520 - A onde? - A Queen's Park. 111 00:10:00,160 --> 00:10:03,360 A moza nova de Jay disque ía estar alí hoxe. 112 00:10:03,360 --> 00:10:05,600 Non tropezarías con ela, non? 113 00:10:06,240 --> 00:10:07,840 Non a coñecería. 114 00:10:37,040 --> 00:10:39,440 Jay. 115 00:10:53,800 --> 00:10:54,640 Will. 116 00:10:56,520 --> 00:10:57,680 Ven para a cama. 117 00:11:06,520 --> 00:11:08,680 Non sabía se espertarte ou non. 118 00:11:11,440 --> 00:11:15,400 Afirmo categoricamente que para iso sempre me podes espertar. 119 00:11:23,080 --> 00:11:24,040 Mira. 120 00:11:26,760 --> 00:11:29,280 Xa levamos saíndo uns cantos meses. 121 00:11:31,840 --> 00:11:32,680 E... 122 00:11:38,280 --> 00:11:40,920 temo que cheguei á difícil conclusión 123 00:11:42,400 --> 00:11:43,240 de que... 124 00:11:44,920 --> 00:11:47,040 xa é hora de presentarche a familia. 125 00:11:48,160 --> 00:11:49,680 Cabrón. 126 00:11:50,600 --> 00:11:53,400 - Esta fin de semana? Se che parece cedo... - Non. 127 00:11:54,760 --> 00:11:55,800 Gustaríame. 128 00:12:14,160 --> 00:12:18,880 Debiamos ir para o xantar. O avó fai un asado boísimo os domingos. 129 00:12:48,680 --> 00:12:49,960 PAPÁ 130 00:12:57,080 --> 00:12:58,040 Jay, son eu. 131 00:13:03,600 --> 00:13:05,040 Dáme unha chamada, vale? 132 00:13:15,800 --> 00:13:17,120 PAPÁ 133 00:13:40,480 --> 00:13:41,320 Si. 134 00:13:44,840 --> 00:13:46,040 Ola. Quen é? 135 00:13:46,040 --> 00:13:47,080 Son eu. 136 00:13:52,000 --> 00:13:54,560 Vou ir xantar o domingo. Queríacho dicir. 137 00:13:59,040 --> 00:14:00,040 Grazas. 138 00:14:04,120 --> 00:14:04,960 Adeus. 139 00:14:46,800 --> 00:14:49,320 Anna, alégrome moito de coñecerte por fin. 140 00:14:49,320 --> 00:14:52,200 - Non sexas intensa, mamá. - Non digas parvadas. 141 00:14:52,200 --> 00:14:55,160 Hai cordeiro. Pregunteille a Jay se comías carne, 142 00:14:55,160 --> 00:14:58,440 - pero nunca me contesta as mensaxes. - Grazas, mamá. 143 00:14:58,440 --> 00:15:01,480 - Encántame o cordeiro. - Ben. Onde vai o meu home? 144 00:15:01,480 --> 00:15:03,720 Que maleducado, non vir saudar. 145 00:15:04,240 --> 00:15:06,680 Que fas aí arriba axexando? Ven saudar. 146 00:15:07,200 --> 00:15:09,320 Estivo moi ocupado esta semana. 147 00:15:09,840 --> 00:15:11,120 Anna, este é William. 148 00:15:12,320 --> 00:15:13,280 Ola, William. 149 00:15:14,200 --> 00:15:15,200 Ola, Anna. 150 00:15:15,200 --> 00:15:17,200 Ofrécelle algo de beber. 151 00:15:17,200 --> 00:15:19,480 Jay, ven axudarme a pór a mesa. 152 00:15:19,480 --> 00:15:21,080 - Todo ben? - Si, ben. 153 00:15:23,680 --> 00:15:26,120 - O avó queimaríao? - Non sexas parvo. 154 00:15:26,120 --> 00:15:27,680 Que queres tomar? 155 00:15:30,440 --> 00:15:32,240 Que queres que tome? 156 00:15:54,720 --> 00:15:55,760 Papá! 157 00:16:00,640 --> 00:16:03,560 - Ti debes ser Anna. Eu son Sally. - Ola. 158 00:16:09,720 --> 00:16:11,400 Ven, que che mostro a casa. 159 00:16:13,040 --> 00:16:14,280 Unha casa ben bonita. 160 00:16:25,120 --> 00:16:29,560 - Anna, un pouco máis de viño? - Si. E a comida estaba deliciosa, Ingrid. 161 00:16:29,560 --> 00:16:33,400 O mérito é de papá. Eu só planei as patacas. 162 00:16:33,400 --> 00:16:34,840 Con gran precisión. 163 00:16:34,840 --> 00:16:40,000 Cirurxián e avogada: moita comida para levar e pouco máis. 164 00:16:40,000 --> 00:16:43,600 - Traballas no Ministerio de Exteriores? - Si, con Ben Collier. 165 00:16:43,600 --> 00:16:46,000 Ben. Ten mala sona, seica. 166 00:16:46,000 --> 00:16:48,160 Xa sei. Tranquilo. Sei como levalo. 167 00:16:48,160 --> 00:16:51,960 - Anna, onde estudaches? - Estudei políticas en Leeds. 168 00:16:51,960 --> 00:16:54,040 E logo xa te fixeches funcionaria? 169 00:16:54,040 --> 00:16:56,880 Mamá! Se queres, imprimímosche o seu currículo. 170 00:16:56,880 --> 00:16:59,240 - Desculpa, Anna. - Non pasa nada. 171 00:16:59,840 --> 00:17:03,600 Disque coincidimos nun cóctel a semana pasada. Que che pareceu? 172 00:17:04,760 --> 00:17:07,560 A verdade, intento evitar eses eventos laborais. 173 00:17:08,160 --> 00:17:09,480 Pero alégrome de ir. 174 00:17:11,720 --> 00:17:15,520 Claro, Edward, foi un cóctel precioso. Grazas por convidarme. 175 00:17:15,520 --> 00:17:17,560 - Grazas. - Mágoa non verte. 176 00:17:20,400 --> 00:17:21,720 Acabaches? 177 00:17:21,720 --> 00:17:25,080 A ver, algo moito máis interesante. 178 00:17:25,080 --> 00:17:27,840 Díxome Jay que planeades unha viaxe a París. 179 00:17:27,840 --> 00:17:29,920 Si. Unha fin de semana longa. 180 00:17:30,440 --> 00:17:33,440 - Unha das miñas cidades favoritas. - Que romántico! 181 00:17:45,280 --> 00:17:48,160 - Onde deixo isto? - Aquí mesmo, grazas. 182 00:18:20,520 --> 00:18:22,120 - Adeus. - Adeus, Anna. 183 00:18:25,080 --> 00:18:26,120 Xa está. 184 00:18:27,200 --> 00:18:30,360 - Parece moi simpática. - A min paréceme encantadora. 185 00:18:30,360 --> 00:18:33,000 Si. Moi segura. 186 00:18:38,640 --> 00:18:40,560 É moito máis vella ca el. 187 00:18:42,120 --> 00:18:43,480 Iso non é infrecuente. 188 00:18:45,840 --> 00:18:50,040 A min dáme, non sei, unha sensación algo rara. 189 00:18:50,760 --> 00:18:53,760 Tranquila. Dubido que dure. A el nunca lle duran. 190 00:18:53,760 --> 00:18:55,760 Viches como estaba el con ela? 191 00:18:57,840 --> 00:18:59,360 Se cadra é só sexo. 192 00:19:02,400 --> 00:19:04,480 Por que me miras así? 193 00:19:05,040 --> 00:19:06,840 Home, claro que foden. 194 00:19:08,240 --> 00:19:11,840 Home, Will, non che debía sorprender. Jay tivo máis mozas ca- 195 00:19:11,840 --> 00:19:12,760 Ca min. 196 00:19:14,080 --> 00:19:15,560 Espero que si. 197 00:19:17,880 --> 00:19:21,040 E mira que tiven sorte de que quedases comigo. 198 00:19:33,920 --> 00:19:35,960 - Boa noite. - Boa noite, cariño. 199 00:19:54,480 --> 00:19:55,600 Vaia finde! 200 00:19:56,120 --> 00:19:56,960 Si. 201 00:20:06,160 --> 00:20:07,560 Pon o fervedor de auga. 202 00:20:07,800 --> 00:20:08,960 BORRAR 203 00:20:15,400 --> 00:20:19,320 Doutor Gordon, por favor, acuda á recepción. 204 00:20:41,040 --> 00:20:42,080 Non o vas coller? 205 00:20:52,480 --> 00:20:53,480 Diga. 206 00:20:55,680 --> 00:20:56,680 Son eu. 207 00:20:59,840 --> 00:21:01,000 16:30. 208 00:21:04,920 --> 00:21:06,280 Mándame o teu enderezo. 209 00:21:40,960 --> 00:21:41,880 Estable. 210 00:22:01,160 --> 00:22:03,320 Mirando se aínda saes nos titulares? 211 00:22:08,840 --> 00:22:09,960 Vai todo ben? 212 00:22:11,240 --> 00:22:12,680 Si, cousas da familia. 213 00:22:33,000 --> 00:22:34,080 Vale. 214 00:26:06,440 --> 00:26:07,480 Si. 215 00:28:56,360 --> 00:29:00,480 JAY: ESTÁS POR AQUÍ? PODEMOS VERNOS DESPOIS? 216 00:29:11,920 --> 00:29:13,360 - Ola. - Ola. 217 00:29:14,920 --> 00:29:16,920 - Perdón por tardar. - Non importa. 218 00:29:19,120 --> 00:29:19,960 Día duro? 219 00:29:19,960 --> 00:29:21,200 Terrible. 220 00:29:23,000 --> 00:29:24,000 Entón que? 221 00:29:25,320 --> 00:29:29,120 Supoño que non é só que devezas por tomar algo co teu vello. 222 00:29:33,320 --> 00:29:34,480 Son todo oídos. 223 00:29:38,840 --> 00:29:40,680 A mamá non lle gusta Anna, non? 224 00:29:42,320 --> 00:29:43,640 Por que dis iso? 225 00:29:44,320 --> 00:29:45,160 É que... 226 00:29:46,440 --> 00:29:49,440 nós estamos moi unidos, pero a familia de Anna non. 227 00:29:50,840 --> 00:29:53,000 Aínda non se sente cómoda con nós. 228 00:29:56,440 --> 00:29:57,280 Ao mellor 229 00:29:58,280 --> 00:30:00,240 preocúpalle que te precipites. 230 00:30:00,240 --> 00:30:02,600 A mamá gústalle Anna, estou seguro. 231 00:30:04,120 --> 00:30:04,960 E a ti? 232 00:30:10,080 --> 00:30:12,120 Non importa o que pensemos nós. 233 00:30:13,880 --> 00:30:15,000 Ti estás contento? 234 00:30:15,000 --> 00:30:16,720 Si, estou. 235 00:30:17,480 --> 00:30:23,280 Sinto unha necesidade irresistible de estar seguido con ela. 236 00:30:26,920 --> 00:30:30,560 De verdade, iso é o máis importante. 237 00:30:31,680 --> 00:30:33,920 Gustaríame que vos coñecésedes mellor. 238 00:31:27,880 --> 00:31:30,520 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa