1 00:00:43,166 --> 00:00:44,666 - Síguenos alguén? - Non. 2 00:00:45,166 --> 00:00:48,166 Kipps e o tolo da biblioteca non andarán lonxe. 3 00:00:48,250 --> 00:00:49,625 Veríanos Penelope? 4 00:00:49,708 --> 00:00:53,291 Despois de hoxe, creo que xa non lle caeremos tan ben. 5 00:00:53,375 --> 00:00:56,208 Viches a caixa que lle deu? Tiña ese símbolo. 6 00:00:56,291 --> 00:00:58,291 O das lentes de Fairfax. 7 00:00:58,375 --> 00:00:59,791 - A arpa? - Si. 8 00:00:59,875 --> 00:01:02,458 Xa sabemos que é un verdadeiro cabrón. 9 00:01:02,541 --> 00:01:04,416 Malia diso, temos o libro. 10 00:01:05,000 --> 00:01:07,291 - Temos. - A polo cristal de ósos. 11 00:01:08,250 --> 00:01:09,416 Rematemos con isto. 12 00:01:13,000 --> 00:01:14,791 MORTES SEN EXPLICACIÓN 13 00:01:15,791 --> 00:01:17,458 AS PANTASMAS ANDAN ENTRE NÓS 14 00:01:21,041 --> 00:01:22,958 O ROCE FANTASMAL MATA 15 00:01:25,583 --> 00:01:26,583 MORTES 16 00:01:32,000 --> 00:01:34,000 TOQUE DE QUEDA OBRIGATORIO 17 00:01:37,000 --> 00:01:39,166 CRISE ECONÓMICA 18 00:01:41,916 --> 00:01:44,166 FERRO, PRATA, SAL: A MELLOR DEFENSA 19 00:01:45,791 --> 00:01:46,625 ACCIÓNS 20 00:01:46,708 --> 00:01:48,875 BASEADA NAS NOVELAS DE JONATHAN STROUD 21 00:01:50,208 --> 00:01:51,541 SENTEN PANTASMAS CO DON 22 00:01:59,250 --> 00:02:00,750 MORTES 23 00:02:00,833 --> 00:02:02,500 "O PROBLEMA" 50 ANOS DESPOIS 24 00:02:24,708 --> 00:02:28,125 Boas, Karim. Quítate de aí, non quererás que che vexan. 25 00:02:28,208 --> 00:02:29,791 Que facemos aquí? 26 00:02:29,875 --> 00:02:33,291 Os de Winkman están por todas partes. Máis preto veríannos. 27 00:02:34,458 --> 00:02:37,791 Vaia, mira que sorriso trae. Isto non vai acabar ben. 28 00:02:38,458 --> 00:02:40,541 - Chegades tarde. - Complicóusenos. 29 00:02:40,625 --> 00:02:42,125 Conseguistes o libro? 30 00:02:42,208 --> 00:02:44,208 Claro. Agora cal é o plan? 31 00:02:44,291 --> 00:02:47,583 A poxa xa vai comezar e Winkman pechou as estradas. 32 00:02:47,666 --> 00:02:49,041 Entón, levámola clara. 33 00:02:49,125 --> 00:02:52,708 Ten un pouco de fe, George. En Londres hai máis ca estradas. 34 00:02:53,208 --> 00:02:55,125 Non vos separedes e non faledes. 35 00:03:10,333 --> 00:03:14,166 - Como non se me ocorrera? - Por algo me pagas, Locky. 36 00:03:31,916 --> 00:03:34,250 É aquí? Parece deserto. 37 00:03:34,875 --> 00:03:37,166 A pasarela leva á parte de atrás. 38 00:03:37,250 --> 00:03:40,416 Non se accede dende a rúa, hai unha trapela no soto. 39 00:03:40,500 --> 00:03:42,333 Asegureime, está aberta. 40 00:03:42,416 --> 00:03:44,833 Entrade, saíde e volvede. 41 00:03:44,916 --> 00:03:47,000 Avisádeme, non podo esperar aquí. 42 00:03:47,083 --> 00:03:49,208 Estamos expostos. Avisade por radio. 43 00:03:50,041 --> 00:03:51,291 Es a mellor, Flo. 44 00:03:52,000 --> 00:03:53,000 Agarda. 45 00:03:53,625 --> 00:03:55,125 Un ten que quedar comigo. 46 00:03:55,208 --> 00:03:57,250 Ides saír ás présas, seguro. 47 00:03:57,333 --> 00:04:00,291 Se queremos escapar, necesito alguén que me axude. 48 00:04:02,458 --> 00:04:03,875 Podémolo botar a sortes. 49 00:04:06,375 --> 00:04:08,875 Non te molestes. Está claro que quedo eu. 50 00:04:08,958 --> 00:04:10,916 - Non che importa? - Claro que si. 51 00:04:11,000 --> 00:04:14,291 Pero tanto ten. Hai que conseguir o cristal de ósos. 52 00:04:15,333 --> 00:04:16,333 Non a caguedes. 53 00:04:19,625 --> 00:04:20,458 Tede coidado. 54 00:04:21,083 --> 00:04:22,750 Son peores que as pantasmas. 55 00:05:17,125 --> 00:05:18,333 Está fechada. 56 00:05:18,416 --> 00:05:19,333 Axiña. 57 00:05:21,791 --> 00:05:24,250 - Colle a ese tamén. Hai máis. - Vamos. 58 00:05:25,375 --> 00:05:26,333 Merda! 59 00:05:29,416 --> 00:05:30,583 Tráeo aquí abaixo. 60 00:05:34,041 --> 00:05:34,916 Méteo aí. 61 00:05:36,041 --> 00:05:38,416 Merda. O trapela está aberta. 62 00:05:38,500 --> 00:05:40,125 Como o vexa Julius… 63 00:05:48,666 --> 00:05:50,125 Ben, collamos o outro. 64 00:05:51,000 --> 00:05:52,750 Si, dáme un segundo. 65 00:06:02,750 --> 00:06:06,958 Do outro lado desa porta hai uns 30 tipos que vos matarían. 66 00:06:07,666 --> 00:06:08,791 Varias pegadas. 67 00:06:09,291 --> 00:06:11,333 Vin o brillo dun estoque por aí. 68 00:06:12,833 --> 00:06:14,583 Douvos tres segundos. 69 00:06:21,541 --> 00:06:23,041 Demo, sodes rapaces. 70 00:06:23,125 --> 00:06:25,875 Somos axentes traballando para o DICP. 71 00:06:26,666 --> 00:06:27,791 Creo que ti tamén. 72 00:06:28,416 --> 00:06:31,500 - Vas de incógnito? Cantos máis hai? - Ninguén. 73 00:06:32,666 --> 00:06:33,583 Vós incluídos. 74 00:06:33,666 --> 00:06:36,833 - Marchade agora mesmo. - Podémonos axudar. 75 00:06:36,916 --> 00:06:38,333 Viñemos polo espello. 76 00:06:38,416 --> 00:06:42,083 Estou infiltrado na organización de Winkman. Non vos metades. 77 00:06:42,166 --> 00:06:44,625 - Non o entendes. O espello… - Escóitame. 78 00:06:45,208 --> 00:06:48,000 Teño familia. Hai cinco meses que non a vexo. 79 00:06:48,583 --> 00:06:49,958 É o meu caso. 80 00:06:50,500 --> 00:06:52,958 Tendes a menor idea de quen é esta xente? 81 00:06:53,041 --> 00:06:56,041 - Que lles fan ós inimigos? - Que hai nos barrís? 82 00:06:59,000 --> 00:07:00,458 Non o queiras saber. 83 00:07:02,333 --> 00:07:04,750 - Onde vai o cadeado? - Non teño a chave. 84 00:07:07,916 --> 00:07:10,416 Non marchamos sen o espello. 85 00:07:11,291 --> 00:07:15,708 Son do DICP e ordénocho. Liscade antes de que fagades que nos maten. 86 00:07:17,541 --> 00:07:19,750 Hai unha porta que dá ó peirao. 87 00:07:20,625 --> 00:07:22,458 Ó saír pasarei por diante dela. 88 00:07:23,041 --> 00:07:26,291 Cando se movan os gardas, corredes e marchades. 89 00:07:28,958 --> 00:07:32,166 É todo canto podo facer. Se vos descobren, estades sós. 90 00:07:43,833 --> 00:07:44,666 Vale. 91 00:07:48,750 --> 00:07:50,833 - Botades unha man? - Non podemos. 92 00:07:50,916 --> 00:07:52,375 A Winkman parécelle ben. 93 00:08:01,833 --> 00:08:03,000 Vamos. Axiña. 94 00:08:07,375 --> 00:08:09,416 É aquí. Podemos conseguilo. 95 00:08:15,541 --> 00:08:17,750 Que fas? Non quedes aí parado. 96 00:08:19,458 --> 00:08:22,083 Nin en broma. Nin se che ocorra. 97 00:08:22,166 --> 00:08:24,291 Non podo parar. Teño que conseguilo. 98 00:08:24,375 --> 00:08:27,375 Hai que chamar ó DICP. Non nos adestraron para isto. 99 00:08:28,916 --> 00:08:31,208 Vamos. Xogouse o pescozo por nós. 100 00:08:32,000 --> 00:08:32,833 Vaite. 101 00:08:33,666 --> 00:08:34,708 Eu quedo. 102 00:08:59,500 --> 00:09:00,833 Levan túnicas. 103 00:09:04,000 --> 00:09:06,625 Por que fas isto? Puidemos saír. 104 00:09:06,708 --> 00:09:09,500 Debiches marchar. Eu non che pedín que quedases. 105 00:09:09,583 --> 00:09:12,125 Como vou marchar sen ti? 106 00:09:12,208 --> 00:09:16,208 - Déixote morrer sen dubidalo? - George? Necesitaremos outra saída. 107 00:09:19,833 --> 00:09:21,916 - George? - Mi madriña. 108 00:09:24,333 --> 00:09:25,708 Es a hostia, sábelo? 109 00:09:25,791 --> 00:09:27,875 Como te autoenganas así. 110 00:09:27,958 --> 00:09:31,500 - De que falas? - Por onde comezo? 111 00:09:31,583 --> 00:09:35,458 Este traballo fóisenos das mans e ti non o queres admitir. 112 00:09:36,041 --> 00:09:37,708 Só che importa gañar. 113 00:09:37,791 --> 00:09:40,750 - É unha obsesión. - Claro que me importa gañar. 114 00:09:40,833 --> 00:09:44,833 Teño que gañar. Non teño a ninguén que me axude se perdo. 115 00:09:44,916 --> 00:09:45,750 Vale. 116 00:09:45,833 --> 00:09:48,166 Se non che falo de min, 117 00:09:48,250 --> 00:09:49,916 é polo teu propio ben. 118 00:09:50,000 --> 00:09:51,125 Trapalladas. 119 00:09:52,083 --> 00:09:55,916 Na festa, quedaches de pedra ó pensar que ía marchar. 120 00:09:56,416 --> 00:09:59,625 Fixéchesme crer que podíamos ser unha familia. 121 00:10:00,375 --> 00:10:03,500 Pero é imposible. Na Axencia Lockwood so importas ti. 122 00:10:03,583 --> 00:10:05,458 - E ti estás… - Como? 123 00:10:07,583 --> 00:10:09,750 - Morto por dentro? - Si, pode ser. 124 00:10:09,833 --> 00:10:13,166 Pero quen sabe? Porque non te abres a ninguén. 125 00:10:13,250 --> 00:10:15,166 Iso só trae cousas malas. 126 00:10:16,125 --> 00:10:18,125 Todo remata e todos marchan. 127 00:10:18,958 --> 00:10:22,250 Cando me chegue o día, non penso deixar a ninguén 128 00:10:22,333 --> 00:10:24,208 sentado cada noite 129 00:10:24,291 --> 00:10:26,958 soñando con que volverei entrar pola porta. 130 00:10:27,041 --> 00:10:30,041 Pois non debiches deixarme entrar. Nin a George. 131 00:10:31,333 --> 00:10:33,500 Porque agora é demasiado tarde. 132 00:10:39,666 --> 00:10:43,000 Fóra hai dous homes que poden entrar en calquera momento. 133 00:10:43,083 --> 00:10:45,291 Non teño pensado morrer aquí hoxe. 134 00:10:45,375 --> 00:10:49,750 O que me queiras seguir dicindo, Lucy, terá que agardar. 135 00:10:50,708 --> 00:10:51,541 Pon isto. 136 00:10:55,375 --> 00:10:56,458 Por favor, Lucy. 137 00:11:07,041 --> 00:11:08,791 Tivemos sorte que haxa néboa. 138 00:11:08,875 --> 00:11:11,750 Os de Winkman non nos verán se nos quedamos aquí. 139 00:11:16,625 --> 00:11:17,791 Estás ben, Georgie? 140 00:11:18,416 --> 00:11:19,791 Pódoche chamar así? 141 00:11:20,708 --> 00:11:23,541 - Sabes onde estamos? - Todo controlado. 142 00:11:23,625 --> 00:11:26,125 Acouga. Cando fagan o sinal estaremos alí. 143 00:11:29,333 --> 00:11:31,166 Sabes canto tardarán? 144 00:11:31,250 --> 00:11:34,291 Non llo dixen a Locky, pero hoxe teño outro choio. 145 00:11:34,375 --> 00:11:37,125 - Como? - Un sopro de algo preto de Greenwich. 146 00:11:37,208 --> 00:11:39,208 Se tardan, poderiamos pasarnos. 147 00:11:39,291 --> 00:11:41,291 Temos que esperar a que saian. 148 00:11:41,375 --> 00:11:43,208 Nunca os deixaría tirados. 149 00:11:43,291 --> 00:11:46,250 - Só é un falar, como estamos a velas vir… - Que é? 150 00:11:46,333 --> 00:11:48,958 Un cepillo posuído? Unha bota hipnótica? 151 00:11:50,291 --> 00:11:51,125 Oíches iso? 152 00:11:51,875 --> 00:11:53,958 Que foi? Non pode ser un visitante. 153 00:11:54,041 --> 00:11:57,000 - Non no río. - Hai máis mundo ca o Problema. 154 00:11:57,083 --> 00:11:58,916 Viches algo, segura? 155 00:12:00,833 --> 00:12:02,583 Georgie, onde estás? 156 00:12:02,666 --> 00:12:04,333 Nun barco cunha chalada. 157 00:12:04,416 --> 00:12:05,916 Pero onde? 158 00:12:06,000 --> 00:12:07,166 No río. 159 00:12:07,250 --> 00:12:08,958 - Onde? - Non sei! 160 00:12:09,041 --> 00:12:11,250 Estás comigo e estás a salvo. 161 00:12:12,791 --> 00:12:14,333 Así que garda o estoque. 162 00:12:56,583 --> 00:12:58,875 - Mantén a calma. - Mantena ti. 163 00:13:12,458 --> 00:13:15,458 Boas noites, damas e cabaleiros. 164 00:13:15,958 --> 00:13:17,583 Benvidos, tardeiros. 165 00:13:18,541 --> 00:13:20,000 - Hoxe… - Pasádeo ben. 166 00:13:20,083 --> 00:13:23,416 …asegúrovos que pagará a pena. 167 00:13:24,166 --> 00:13:27,625 Temos unha selección de obxectos listos para a poxa. 168 00:13:27,708 --> 00:13:33,625 Temos unha cigarreira atopada na praia de Dunkirk 169 00:13:33,708 --> 00:13:37,000 e impregnada do tormento dun soldado abatido. 170 00:13:38,083 --> 00:13:42,666 A fonte dun dos asasinos máis prolíficos de todo o país: 171 00:13:42,750 --> 00:13:44,416 Anne-Marie Nelson. 172 00:13:44,500 --> 00:13:46,250 - Queremos o espello! - Si! 173 00:13:47,125 --> 00:13:48,125 Veña! 174 00:13:48,625 --> 00:13:49,791 Vamos! 175 00:13:51,125 --> 00:13:52,375 Abofé que o queredes. 176 00:13:52,875 --> 00:13:54,416 E aquí está. 177 00:13:54,500 --> 00:13:55,750 Unha rareza. 178 00:13:55,833 --> 00:13:59,625 A peza que fixo traballar tan duro á boa xente do DICP 179 00:13:59,708 --> 00:14:01,000 estes días. 180 00:14:01,625 --> 00:14:03,375 Recuperado, a un alto custo, 181 00:14:03,458 --> 00:14:07,666 da sepultura do xenio visionario Edmund Bickerstaff. 182 00:14:08,666 --> 00:14:09,875 Ante vós presentamos 183 00:14:10,791 --> 00:14:12,333 o seu cristal de ósos. 184 00:14:21,000 --> 00:14:23,416 Un obxecto letal de verdade. 185 00:14:24,750 --> 00:14:29,291 Tapado agora pola vosa seguridade, a superficie reflíctese a si mesma 186 00:14:30,000 --> 00:14:33,375 e emite unha hipnótica atracción máis potente… 187 00:14:33,458 --> 00:14:36,833 Hai demasiada xente. Quedemos quietos a ver quen o compra. 188 00:14:37,916 --> 00:14:40,750 Fulgores? Que queres que faga con isto? 189 00:14:40,833 --> 00:14:43,166 Necesito unha distracción para collelo. 190 00:14:43,666 --> 00:14:45,625 Estate atenta, fareiche un sinal. 191 00:14:46,666 --> 00:14:48,041 É unha tolería. 192 00:14:49,833 --> 00:14:53,708 En todo o tempo que levo manexando reliquias psíquicas, 193 00:14:53,791 --> 00:14:58,208 este espello é o obxecto máis poderoso que atopei xamais. 194 00:14:59,458 --> 00:15:01,125 Que se acheguen os canarios. 195 00:15:01,625 --> 00:15:03,583 Son meniños. Non o soportarán. 196 00:15:03,666 --> 00:15:08,125 - Arriba. - Vamos. 197 00:15:11,333 --> 00:15:14,041 Xírate. Ou quérelas levar? 198 00:15:17,916 --> 00:15:21,708 Estaremos todos de acordo en que non hai proba máis rotunda 199 00:15:21,791 --> 00:15:23,541 da súa autenticidade. 200 00:15:24,500 --> 00:15:31,000 Ben, que tal se comezamos a poxa en 50 000 libras? 201 00:15:31,083 --> 00:15:33,375 50 na primeira fila. Grazas, señora. 202 00:15:33,458 --> 00:15:36,791 60. Grazas. 70 ó fondo. 80 por aquí. 203 00:15:36,875 --> 00:15:38,500 80 000. 204 00:15:39,333 --> 00:15:40,166 90 000. 205 00:15:43,333 --> 00:15:45,791 Flo? Creo que imos á deriva. 206 00:15:46,416 --> 00:15:48,541 - Perdemos a posición? - Non creo. 207 00:15:49,333 --> 00:15:51,083 Tranquilo, agora o reviso. 208 00:15:52,625 --> 00:15:54,458 Bebe. Manterache quente. 209 00:16:05,916 --> 00:16:07,250 Non te sentes soa? 210 00:16:07,791 --> 00:16:09,458 Unha cazatesouros solitaria. 211 00:16:11,041 --> 00:16:12,458 Mathilda protéxeme. 212 00:16:13,333 --> 00:16:15,083 Gústame a vida solitaria. 213 00:16:15,750 --> 00:16:17,166 Iso e a auga correndo. 214 00:16:17,791 --> 00:16:18,750 Menos pantasmas. 215 00:16:19,750 --> 00:16:21,500 É bo sitio para traballar. 216 00:16:21,583 --> 00:16:24,208 Sempre se guindaron moitos obxectos ó río. 217 00:16:24,291 --> 00:16:25,833 Fontes letais, dirás. 218 00:16:25,916 --> 00:16:27,125 Non só fontes. 219 00:16:27,875 --> 00:16:30,833 Tamén tesouros que xa non querían. 220 00:16:30,916 --> 00:16:31,750 Como isto. 221 00:16:34,708 --> 00:16:36,208 É bonito. 222 00:16:36,291 --> 00:16:38,666 Atopeina no pescozo dun dálmata afogado. 223 00:16:39,500 --> 00:16:40,916 A quen lle senta mellor? 224 00:16:42,083 --> 00:16:42,916 A ti. 225 00:16:47,041 --> 00:16:48,166 En serio? 226 00:16:51,125 --> 00:16:52,166 Unha garza. 227 00:16:52,958 --> 00:16:54,625 Iso era o de antes. 228 00:16:54,708 --> 00:16:56,750 - Víchela? - Non. Unha garza? 229 00:16:56,833 --> 00:16:58,291 Nunca viras unha? 230 00:16:58,958 --> 00:17:02,125 Son fermosas. O máis salvaxe que verás xamais. 231 00:17:02,958 --> 00:17:05,041 Seguro que aniña debaixo do peirao. 232 00:17:08,166 --> 00:17:11,791 Queres deixar a misión para ir ver paxaros? De que vas? 233 00:17:11,875 --> 00:17:15,166 O poder da natureza. Atravesa calquera trapallada. 234 00:17:15,250 --> 00:17:17,750 Flo, non! Temos que esperar polo espello. 235 00:17:20,125 --> 00:17:21,000 Seino. 236 00:17:21,791 --> 00:17:22,666 Tiñas razón. 237 00:17:22,750 --> 00:17:24,041 Imos á deriva. 238 00:17:24,125 --> 00:17:27,500 Temos que volver á nosa posición, polo que sóltame. 239 00:17:41,791 --> 00:17:44,208 Ofrecen 120? Aquí, grazas. 240 00:17:44,291 --> 00:17:47,541 Imos a polos 130. Aí, grazas. 241 00:17:47,625 --> 00:17:50,708 Teño 140? Por aquí, moitas grazas. 242 00:17:50,791 --> 00:17:54,958 Ofrecen 150 000 polo obxecto? Ofrecen 150. 243 00:17:55,041 --> 00:17:56,166 160, por favor? 244 00:17:56,250 --> 00:17:59,416 160, si. Alguén dá 170? 245 00:17:59,500 --> 00:18:02,916 - 500 000 libras. - Como? 246 00:18:04,833 --> 00:18:07,708 500 000 libras. 247 00:18:08,416 --> 00:18:09,833 Moitas grazas, señor. 248 00:18:11,625 --> 00:18:13,250 Ofrécense 520? 249 00:18:14,250 --> 00:18:15,291 Alguén dá 520? 250 00:18:16,458 --> 00:18:18,208 Última oportunidade. 520? 251 00:18:19,708 --> 00:18:23,250 Non? Á de unha. Á de dúas. 252 00:18:24,708 --> 00:18:27,583 - 520. Moitas grazas, señor. - Que fai? 253 00:18:29,000 --> 00:18:29,916 550. 254 00:18:31,541 --> 00:18:32,375 600. 255 00:18:32,458 --> 00:18:33,791 650. 256 00:18:37,000 --> 00:18:37,833 Cabaleiros, 257 00:18:38,666 --> 00:18:42,125 o seu entusiasmo excede tódalas miñas expectativas. 258 00:18:42,750 --> 00:18:47,125 Poderían vir e achegar algunha proba antes de continuar? 259 00:18:48,750 --> 00:18:51,541 É só unha formalidade, cabaleiros. 260 00:18:52,958 --> 00:18:53,875 Grazas, señor. 261 00:19:03,166 --> 00:19:04,375 Moitas grazas. 262 00:19:06,000 --> 00:19:06,833 E a vostede. 263 00:19:14,541 --> 00:19:15,833 Tómese o seu tempo. 264 00:19:19,125 --> 00:19:21,208 Ten un estoque. É un axente! 265 00:19:24,291 --> 00:19:26,541 Merda. Veña. 266 00:19:31,083 --> 00:19:33,708 - Vamos. - Traédemo aquí. 267 00:19:37,208 --> 00:19:39,791 Vale. A ver a quen temos aquí. 268 00:19:42,916 --> 00:19:45,625 - Ti? - Onde está a outra? 269 00:19:46,375 --> 00:19:47,583 Eran dous! 270 00:19:47,666 --> 00:19:49,416 - Aparta! - Atopádea. 271 00:19:50,166 --> 00:19:52,000 Ninguén sairá desta sala. 272 00:19:52,500 --> 00:19:54,458 Ten que estar por algures! 273 00:20:12,666 --> 00:20:15,500 Atrapádeo! Collédeo, covardes! 274 00:20:23,875 --> 00:20:25,250 Como saímos de aquí? 275 00:20:26,708 --> 00:20:27,625 Está fechado. 276 00:20:29,583 --> 00:20:30,416 Aquí! 277 00:20:34,208 --> 00:20:35,250 Tranquilos. 278 00:20:37,500 --> 00:20:38,500 Lockwood. 279 00:20:39,000 --> 00:20:41,291 Non pasa nada, dáme o estoque. 280 00:20:42,250 --> 00:20:45,250 Dáme o cristal de ósos e acabemos con isto. 281 00:20:57,500 --> 00:20:58,791 Coñécelo, non si? 282 00:20:59,625 --> 00:21:00,458 Non, xefe. 283 00:21:01,250 --> 00:21:02,333 Estás seguro? 284 00:21:03,625 --> 00:21:04,458 Si, xefe. 285 00:21:06,375 --> 00:21:07,250 Convénceme. 286 00:21:09,541 --> 00:21:10,583 Que? 287 00:21:33,125 --> 00:21:35,000 - Sabíao, sucia rata! - Atrás! 288 00:21:35,083 --> 00:21:37,833 Son do DICP. Estades rodeado. Baixade as armas. 289 00:21:37,916 --> 00:21:40,291 Tes familia, meu? Atopareinos. 290 00:21:41,208 --> 00:21:42,041 Collédeo! 291 00:21:50,416 --> 00:21:51,875 Vamos, Lockwood! 292 00:22:04,375 --> 00:22:06,583 George? Necesitamos axuda. 293 00:22:08,000 --> 00:22:08,833 George! 294 00:22:09,750 --> 00:22:10,666 Vamos. 295 00:22:11,875 --> 00:22:15,208 Bloquearon o sinal. O ascensor vai parar no cuarto andar. 296 00:22:15,291 --> 00:22:16,375 Saben que imos. 297 00:22:17,666 --> 00:22:19,166 Temos que saír de aquí! 298 00:22:24,875 --> 00:22:26,458 Onde están as fontes? 299 00:22:33,458 --> 00:22:34,625 Vamos! 300 00:22:45,916 --> 00:22:47,250 Lockwood, esperta! 301 00:22:47,333 --> 00:22:48,875 Matárono coma se nada. 302 00:22:48,958 --> 00:22:50,125 Temos que liscar. 303 00:22:50,208 --> 00:22:52,375 - Por que morreu? - Son uns cabróns. 304 00:22:52,458 --> 00:22:53,833 É culpa miña. 305 00:22:53,916 --> 00:22:56,416 Por favor. Non me podes facer isto agora. 306 00:22:56,500 --> 00:22:58,833 - Están aí arriba. - Lockwood, mírame! 307 00:22:58,916 --> 00:23:01,875 Xa? Estás ben. O espello é moi importante. 308 00:23:01,958 --> 00:23:04,958 Agora, volve ser o pailán gracioso de sempre 309 00:23:05,041 --> 00:23:06,458 e sácanos de aquí. 310 00:23:08,875 --> 00:23:10,000 Ola! 311 00:23:10,583 --> 00:23:12,500 - Vamos! - Agora ides vós! 312 00:23:14,166 --> 00:23:15,333 Volvede! 313 00:23:33,958 --> 00:23:38,000 ESCRIBIMOS O NOSO DESTINO. SOMOS O QUE FACEMOS. 314 00:23:49,916 --> 00:23:52,666 ¿Algún dos teus compañeiros non se atopaba ben 315 00:23:52,750 --> 00:23:54,875 e obsesionouse con ese espello? 316 00:23:56,375 --> 00:23:59,125 Se estiveses ó meu cargo, diríache: "Georgie 317 00:23:59,208 --> 00:24:01,375 tes un aire desesperado, meu". 318 00:24:01,458 --> 00:24:04,625 "Teste que relaxar, porque a cabeza non che para." 319 00:24:04,708 --> 00:24:07,083 Cres que toleo? Polo menos non me rendo. 320 00:24:07,166 --> 00:24:10,625 Mírate. Tes tódolos síntomas de trauma fantasmal. 321 00:24:13,166 --> 00:24:15,708 Non sabes a miña vida e non cha vou contar. 322 00:24:17,291 --> 00:24:21,041 Vin máis rapaces trastornados polas pantasmas dos que ti verás. 323 00:24:21,125 --> 00:24:22,083 E véxote a ti. 324 00:24:32,208 --> 00:24:33,375 Onde estamos? 325 00:24:40,083 --> 00:24:42,458 - Lévanos ó peirao. - Non. 326 00:24:43,333 --> 00:24:44,750 Estás hipnotizado. 327 00:24:44,833 --> 00:24:47,291 Es coma min, por iso te tiña que apartar. 328 00:24:47,375 --> 00:24:49,375 Estás tola! Xogáchesma! 329 00:24:49,458 --> 00:24:50,708 Porque me caes ben. 330 00:24:52,458 --> 00:24:53,666 Lévanos ó peirao. 331 00:24:54,708 --> 00:24:56,458 Lévanos ó peirao! 332 00:25:16,500 --> 00:25:17,375 Síntoo. 333 00:25:17,458 --> 00:25:21,833 Síntoo. Só me querías axudar e púidenche facer dano. 334 00:25:22,708 --> 00:25:23,541 Que va. 335 00:25:24,041 --> 00:25:26,541 Ata co estoque, non tiñas nada que facer. 336 00:25:27,833 --> 00:25:29,166 George? 337 00:25:29,250 --> 00:25:30,541 Recíbesme? 338 00:25:30,625 --> 00:25:32,666 - Estades na pasarela? - Ola? 339 00:25:32,750 --> 00:25:33,625 Lucy! 340 00:25:35,416 --> 00:25:38,458 - Vamos por eles. - Que pasa co que dixeches? 341 00:25:38,958 --> 00:25:40,125 Teñen o espello. 342 00:25:40,208 --> 00:25:42,791 Eu quedo contigo. Locky non o perderá. 343 00:25:43,291 --> 00:25:44,375 Es un axente. 344 00:25:44,458 --> 00:25:45,541 Podes con isto. 345 00:26:06,375 --> 00:26:07,208 George? 346 00:26:07,750 --> 00:26:09,000 George, vamos! 347 00:26:14,041 --> 00:26:15,625 Abaixo é unha carnicería. 348 00:26:16,833 --> 00:26:21,458 Unha boa forma de presentarse. hoxe xa arruinastes dúas festas. 349 00:26:21,958 --> 00:26:22,958 Fuches ó baile? 350 00:26:27,291 --> 00:26:31,583 - Debedes ser da Axencia Lockwood. - E ti o papón do Espada de Ouro. 351 00:26:31,666 --> 00:26:34,291 A "Espada de Ouro". Gústame. 352 00:26:34,375 --> 00:26:36,250 De que nos coñeces? 353 00:26:36,333 --> 00:26:39,833 Sei moitas cousas de vós, Anthony. 354 00:26:42,208 --> 00:26:43,291 Veña, 355 00:26:44,250 --> 00:26:46,958 dádeme o cristal de ósos. 356 00:26:59,708 --> 00:27:03,250 Non estades á altura das grandes ligas, pero tendes ambición. 357 00:27:06,833 --> 00:27:10,208 Sodes duros de roer, como o axente do DICP. 358 00:27:13,458 --> 00:27:16,000 Que traballo tan perigoso e que mal pagado. 359 00:27:16,083 --> 00:27:17,958 Basta de falar del. 360 00:27:24,375 --> 00:27:25,333 Supérao. 361 00:27:25,916 --> 00:27:28,166 Xa lle dixera a Winkman quen era. 362 00:27:28,250 --> 00:27:31,375 Creo que o ían matar no escenario como colofón final. 363 00:27:32,000 --> 00:27:34,166 Arruinácheslle o final da poxa. 364 00:27:35,416 --> 00:27:36,541 Xa llo dixeras? 365 00:27:37,250 --> 00:27:38,250 Como o sabías? 366 00:27:40,000 --> 00:27:40,833 Quen es? 367 00:27:41,750 --> 00:27:42,666 Es de Fittes? 368 00:27:42,750 --> 00:27:44,750 Son o ferro da túa espada. 369 00:27:45,666 --> 00:27:48,333 Son o calor que mantén vivas ás brasas. 370 00:27:48,833 --> 00:27:49,833 Cala a boca! 371 00:28:00,416 --> 00:28:02,083 Entusiasmo e técnica. 372 00:28:02,166 --> 00:28:04,750 Suficiente para acabar contigo, cabrón. 373 00:28:18,958 --> 00:28:19,833 Vaia. 374 00:28:35,125 --> 00:28:37,583 Baixemos polo cano da auga. 375 00:28:43,291 --> 00:28:44,500 Por aí non podemos. 376 00:28:47,041 --> 00:28:47,875 Lucy? 377 00:28:49,125 --> 00:28:50,750 Estamos aquí. Onde estades? 378 00:28:55,166 --> 00:28:59,291 Estamos no tellado. Non temos como chegar á pasarela. 379 00:28:59,375 --> 00:29:02,041 Achégate. Teremos que lanzarcho. Recibido? 380 00:29:02,541 --> 00:29:04,583 - E se se me cae? - Tranquilo. 381 00:29:04,666 --> 00:29:07,333 Non temos outra alternativa. Confía en min. 382 00:29:07,416 --> 00:29:09,000 Ten que ir contigo. 383 00:29:09,083 --> 00:29:11,083 Cólleo e lévallo ó DICP. 384 00:29:11,166 --> 00:29:13,875 Xa buscaremos como saír de aquí. Recibido? 385 00:29:15,791 --> 00:29:18,166 - Recibido. - George, axúdame coa rede. 386 00:30:00,125 --> 00:30:01,250 Sácanos de aquí! 387 00:30:13,500 --> 00:30:15,833 Iso era meu. 388 00:30:15,916 --> 00:30:19,875 Arre demo, réndete! O DICP ten o cristal de ósos agora. Acabouse. 389 00:30:19,958 --> 00:30:22,541 Non sabedes de que vai isto, non? 390 00:30:26,708 --> 00:30:28,208 Non. 391 00:30:31,041 --> 00:30:32,125 Non, Lockwood. 392 00:30:32,833 --> 00:30:34,000 Lucy, vaite matar! 393 00:31:09,416 --> 00:31:10,541 Non vas entrar? 394 00:31:11,041 --> 00:31:12,750 Non sei se me deixarían saír. 395 00:31:13,250 --> 00:31:17,041 Veña. Podes con isto. Estás xa na porta. 396 00:31:18,250 --> 00:31:19,083 Si. 397 00:31:21,583 --> 00:31:23,166 Tiven outra idea. 398 00:31:24,541 --> 00:31:28,125 E se pasamos disto, collemos a Mathilda e imos ó Medway. 399 00:31:28,625 --> 00:31:31,958 Guindámolo tan fondo que ninguén o atope xamais. 400 00:31:32,458 --> 00:31:35,708 Despois, podemos ir ver a pequena illa. 401 00:31:35,791 --> 00:31:38,041 Alí aniñan moitas garzas 402 00:31:40,916 --> 00:31:42,125 Ou como queiras. 403 00:31:42,791 --> 00:31:46,000 - Xa estás aquí… - É o plan. 404 00:31:47,416 --> 00:31:48,541 Si. 405 00:31:50,583 --> 00:31:51,416 Vale. 406 00:31:53,166 --> 00:31:54,000 Vémonos. 407 00:32:05,041 --> 00:32:06,291 Flo? 408 00:32:07,833 --> 00:32:08,750 Flo! 409 00:32:08,833 --> 00:32:11,208 Ti, eu e as garzas. Vamos. 410 00:34:17,875 --> 00:34:18,708 Ola? 411 00:34:19,500 --> 00:34:20,375 Téñoo. 412 00:35:39,708 --> 00:35:44,708 Subtítulos: Darío Vázquez Filgueira