1 00:00:19,041 --> 00:00:19,916 Madrugaches. 2 00:00:20,833 --> 00:00:24,625 Si. Intentaba gañar vantaxe, pero está a cousa complicada. 3 00:00:25,666 --> 00:00:28,833 - Estás ben? - Si, estou ben. Por que non ía estar? 4 00:00:31,416 --> 00:00:35,583 Pasa da caveira. Xa temos vantaxe sobre o equipo de Kipps. 5 00:00:35,666 --> 00:00:39,333 Iremos e viremos do cemiterio antes de que rematen de almorzar. 6 00:00:39,416 --> 00:00:40,250 Zume? 7 00:00:41,541 --> 00:00:43,125 E se falaba do espello? 8 00:00:44,000 --> 00:00:44,833 Que? 9 00:00:44,916 --> 00:00:49,458 A caveira. Dixo que se aveciñaba a morte. E se a morte é o espello? 10 00:00:50,333 --> 00:00:53,666 Pois que veña. Non hai nada co que xuntos non poidamos. 11 00:00:54,375 --> 00:00:57,625 - Déixovos sós, entón? - Xuntos todos nós. 12 00:01:00,375 --> 00:01:04,041 Non hai tempo. Colle un de camiño ós arquivos. 13 00:01:04,125 --> 00:01:07,541 - Cría que iamos ó cemiterio? - Nós si. Veña. 14 00:01:08,083 --> 00:01:09,750 Necesito que vaias ó arquivo 15 00:01:09,833 --> 00:01:12,791 e investigues o espello e Bickerstaff. 16 00:01:12,875 --> 00:01:14,000 Hoxe é o día clave. 17 00:01:14,083 --> 00:01:16,916 Porque fixeches do caso un concurso de mexadas. 18 00:01:17,708 --> 00:01:19,166 Segues alporizado? 19 00:01:19,250 --> 00:01:22,083 Esqueciches as que pasamos para salvar a axencia? 20 00:01:22,166 --> 00:01:24,833 Se lles digo a meus pais que perdín o emprego… 21 00:01:24,916 --> 00:01:26,625 - Non o perderemos. - Seguro? 22 00:01:26,708 --> 00:01:28,333 Como o sabes? Es vidente? 23 00:01:28,416 --> 00:01:30,666 Non teño tempo nin para tomar un café. 24 00:01:30,750 --> 00:01:33,791 - Non podo ir ó cemiterio. - Basta. Está ben. 25 00:01:33,875 --> 00:01:38,625 Ven connosco. Estuda a escena e logo vai ós arquivos, fai o que mellor sabes. 26 00:01:38,708 --> 00:01:41,375 Lockwood, pórtate ben. 27 00:01:42,166 --> 00:01:43,875 Dálle os cartos para o café. 28 00:01:57,583 --> 00:01:58,458 Merda. 29 00:01:59,166 --> 00:02:00,500 Aí vai a nosa vantaxe. 30 00:02:04,666 --> 00:02:05,666 Boas tardes. 31 00:02:06,750 --> 00:02:08,541 Vai de aí, Kipps. Temos choio. 32 00:02:08,625 --> 00:02:11,833 Kat e máis eu preguntabámonos, se cando perdades o caso 33 00:02:11,916 --> 00:02:15,833 e os teus amigos volvan ó circo do que saíron, 34 00:02:16,458 --> 00:02:19,791 que vas facer ti só nesa mansión inmensa e baleira? 35 00:02:19,875 --> 00:02:21,083 Rómpeseme o corazón. 36 00:02:24,083 --> 00:02:26,166 - Pasade deles. - Xa verán. 37 00:02:33,375 --> 00:02:36,041 - Como vai a cabeza? - Ben, é só un croque. 38 00:02:36,541 --> 00:02:40,375 Nada comparado con este desastre. Estabamos preto dun gran achado. 39 00:02:40,458 --> 00:02:44,000 Díxenche que precisabamos máis dun rapaz na porta e controis… 40 00:02:44,083 --> 00:02:46,666 O señor Kipps cre que foi alguén de dentro. 41 00:02:47,250 --> 00:02:49,666 Os cazatesouros non traballan tan rápido. 42 00:02:49,750 --> 00:02:53,583 O paspán do garda debeulles informar de que había algo especial. 43 00:02:53,666 --> 00:02:57,291 - O paspán ó que neutralizaron? - Por isto temos un seguro. 44 00:02:57,375 --> 00:03:00,666 O DICP suspendeu toda a actividade no cemiterio. 45 00:03:00,750 --> 00:03:03,416 Terannos que dar unha compensación. 46 00:03:03,500 --> 00:03:06,750 Non é polos cartos. É un artefacto único. 47 00:03:06,833 --> 00:03:08,166 Queres calar, Pam? 48 00:03:08,833 --> 00:03:10,125 É unha parvada. 49 00:03:10,208 --> 00:03:11,375 Non o é. 50 00:03:12,500 --> 00:03:14,291 Botaremos un ollo dentro. 51 00:03:17,208 --> 00:03:20,041 - Con que vos podo axudar? - Kipps equivócase. 52 00:03:20,875 --> 00:03:24,250 A patrulla non se metería con xente nin cousas perigosas. 53 00:03:24,333 --> 00:03:27,666 Co valioso que era, tiveron que ser dous, polo menos. 54 00:03:28,166 --> 00:03:29,000 Penso o mesmo. 55 00:03:29,750 --> 00:03:32,125 Como entrarían sen que os viran? 56 00:03:32,208 --> 00:03:36,291 A porta estaba ben custodiada e o DICP confirmou que estaba fechada. 57 00:03:36,791 --> 00:03:37,625 Isto que é? 58 00:03:39,708 --> 00:03:42,666 - Unha insignia de Tendy. - Foi un axente? 59 00:03:43,166 --> 00:03:45,375 Axentes traballando cos cazatesouros? 60 00:03:45,458 --> 00:03:48,958 Ou axentes sós, sabendo que todos culparían ós cazatesouros. 61 00:03:49,541 --> 00:03:52,041 - Interesante. - Alégraste de que viñera? 62 00:03:52,125 --> 00:03:55,958 Estou eufórico. Volvemos á carga. Fagamos que pague a pena. 63 00:03:57,500 --> 00:03:59,583 Necesito que volvas xa ó arquivo. 64 00:04:01,791 --> 00:04:02,625 George? 65 00:04:04,875 --> 00:04:05,875 George. 66 00:04:07,041 --> 00:04:10,375 Marchamos. Bobby Vernon estaría aquí dende o amencer. 67 00:04:10,458 --> 00:04:13,375 Sabedes que a Bobby bástalle con premer un botón? 68 00:04:13,458 --> 00:04:15,250 Pero iso quítalle a diversión. 69 00:04:17,000 --> 00:04:18,125 Que lle pasa? 70 00:04:18,750 --> 00:04:21,750 Anda rosmón porque prefire estar onde está a acción, 71 00:04:21,833 --> 00:04:24,541 pero é o investigador e non lle queda de outra. 72 00:04:25,041 --> 00:04:26,041 Xa se lle pasará. 73 00:04:27,625 --> 00:04:29,291 Entón, agora que? 74 00:04:30,833 --> 00:04:33,791 Recreemos a escena. Imaxina que somos cazatesouros. 75 00:04:33,875 --> 00:04:36,875 Como entramos e saímos do cemiterio sen ser vistos? 76 00:04:36,958 --> 00:04:38,791 Saltando o muro, polo canal. 77 00:04:38,875 --> 00:04:41,875 A auga faino seguro e está lonxe da porta principal, 78 00:04:41,958 --> 00:04:45,625 de ter que neutralizar a alguén non se escoitarían os berros. 79 00:04:45,708 --> 00:04:48,166 Abráiame o axiña que te fixeches a idea. 80 00:04:48,250 --> 00:04:50,333 Veña, antes de que pensen coma nós. 81 00:05:33,166 --> 00:05:35,958 George! Debías estar no arquivo. 82 00:05:36,041 --> 00:05:37,416 Mira. Na auga. 83 00:05:41,458 --> 00:05:42,375 Sei quen é. 84 00:05:50,458 --> 00:05:52,250 MORTES SEN EXPLICACIÓN 85 00:05:53,458 --> 00:05:54,875 AS PANTASMAS ENTRE NÓS 86 00:05:58,458 --> 00:06:00,375 O ROCE FANTASMAL MATA 87 00:06:03,000 --> 00:06:04,000 MORTES 88 00:06:09,458 --> 00:06:11,416 TOQUE DE QUEDA OBRIGATORIO 89 00:06:14,333 --> 00:06:16,583 CRISE ECONÓMICA 90 00:06:19,333 --> 00:06:21,416 FERRO, PRATA, SAL: A MELLOR DEFENSA 91 00:06:23,166 --> 00:06:24,000 ACCIÓNS 92 00:06:24,083 --> 00:06:26,291 BASEADA NAS NOVELAS DE JONATHAN STROUD 93 00:06:27,625 --> 00:06:28,958 SENTEN PANTASMAS CO DON 94 00:06:36,666 --> 00:06:38,125 MORTES 95 00:06:38,208 --> 00:06:40,000 "O PROBLEMA" 50 ANOS DESPOIS 96 00:06:58,041 --> 00:07:01,000 Danny Clough era un dos veteranos cando eu comecei. 97 00:07:02,000 --> 00:07:03,000 Axudoume. 98 00:07:04,458 --> 00:07:06,166 Sacoume dalgún problema. 99 00:07:07,083 --> 00:07:10,208 Era desa xente que non sabe o xenial que é. 100 00:07:11,666 --> 00:07:13,375 Como pasou diso… 101 00:07:15,750 --> 00:07:17,083 a ser un cazatesouros? 102 00:07:19,583 --> 00:07:20,416 Síntoo. 103 00:07:22,500 --> 00:07:26,291 Non falemos disto, vale? Hai que descubrir quen o acompañaba. 104 00:07:26,791 --> 00:07:29,791 Rastreamos toda a zona. Nin rastro do espello. 105 00:07:30,583 --> 00:07:32,041 Sabedes quen era? 106 00:07:32,125 --> 00:07:34,916 Aínda non. Polas tatuaxes, é un cazatesouros. 107 00:07:35,000 --> 00:07:37,833 Quen credes que lle fixo iso? O dos ollos. 108 00:07:38,458 --> 00:07:39,291 Ninguén. 109 00:07:40,583 --> 00:07:42,916 Había tecido ocular nas súas unllas. 110 00:07:43,000 --> 00:07:44,708 Parece que foi autoinflixido. 111 00:07:44,791 --> 00:07:47,250 Fíxose iso polo que viu no espello. 112 00:07:47,333 --> 00:07:51,541 Temos que seguir avanzando. Se esa cousa cae en malas mans… 113 00:07:52,166 --> 00:07:53,750 Non o decepcionaremos. 114 00:08:01,958 --> 00:08:05,916 Fittes irá ó grande. Investigará a todo o mundo ata que atopen algo. 115 00:08:06,416 --> 00:08:08,500 Hai que ser rápidos. Máis listos. 116 00:08:09,000 --> 00:08:12,083 - George. - Ó arquivo. Seino. E vós? 117 00:08:12,166 --> 00:08:14,166 Non hai tempo, cóntoche despois. 118 00:08:14,250 --> 00:08:16,833 Vémonos a medianoite para un almorzo épico. 119 00:08:20,041 --> 00:08:22,708 Seguro que estás ben polo de Danny? 120 00:08:22,791 --> 00:08:25,666 - Apenas o coñecía. - Pero pode revivir recordos. 121 00:08:25,750 --> 00:08:28,708 Sei de alguén que nos pode axudar. Traballa no río. 122 00:08:29,333 --> 00:08:30,166 Vamos. 123 00:08:39,541 --> 00:08:41,500 - Pase para hoxe. - Está cheo. 124 00:08:45,375 --> 00:08:48,833 Non ocuparei moito. É por un caso que estou investigando. 125 00:08:48,916 --> 00:08:49,750 Hoxe non. 126 00:08:51,125 --> 00:08:54,166 - Por favor, é importante. - Pois viñeras antes. 127 00:08:55,833 --> 00:08:56,666 Déixeo estar. 128 00:09:10,583 --> 00:09:11,583 Señor Karim. 129 00:09:12,291 --> 00:09:16,291 Preguntaría que te trae por aquí, pero déixame adiviñar… Bickerstaff? 130 00:09:16,375 --> 00:09:19,000 Si, pero xa marcho. Está cheo. 131 00:09:19,083 --> 00:09:23,041 Non sabes que estou na xunta? Non me importaría mover uns fíos. 132 00:09:23,541 --> 00:09:24,791 Será o noso segredo. 133 00:09:25,291 --> 00:09:27,416 En serio? Es a miña salvadora. 134 00:09:28,708 --> 00:09:30,750 - A que viñeches? - A por calma. 135 00:09:31,583 --> 00:09:33,291 Este sitio reláxame. 136 00:09:33,916 --> 00:09:34,750 A min tamén. 137 00:09:43,333 --> 00:09:46,333 Espero que siga traballando aquí. Pasou moito tempo. 138 00:09:46,416 --> 00:09:50,833 Os cazatesouros? Cos de Fittes por toda a cidade, andarán agochados. 139 00:09:50,916 --> 00:09:53,125 Seguramente. Pero ela é diferente. 140 00:09:53,208 --> 00:09:55,458 Non é unha pérfida cabrona entón? 141 00:09:55,541 --> 00:10:00,958 Necesitamos axuda urxente, podes intentar ser amable? 142 00:10:01,041 --> 00:10:02,416 Cando non son amable? 143 00:10:03,625 --> 00:10:04,583 Agarda. 144 00:10:05,291 --> 00:10:06,125 Ela? 145 00:10:11,333 --> 00:10:12,583 Oíches iso? 146 00:10:37,666 --> 00:10:39,125 Quen te deixou aquí? 147 00:10:56,333 --> 00:10:57,541 Corre! 148 00:10:58,375 --> 00:10:59,708 Unha dama fría! 149 00:11:01,291 --> 00:11:02,666 Lockwood! 150 00:11:16,916 --> 00:11:17,791 Que pasou? 151 00:11:18,583 --> 00:11:19,750 Fun eu. 152 00:11:20,583 --> 00:11:21,958 Boas, Locky. 153 00:11:22,958 --> 00:11:24,208 Quen é esta pendanga? 154 00:11:24,791 --> 00:11:25,625 Como dixo? 155 00:11:26,125 --> 00:11:27,250 A miña compañeira, 156 00:11:27,875 --> 00:11:29,083 Lucy Carlyle. 157 00:11:29,166 --> 00:11:32,458 Lucy, ela é Florence Bonnard. Chámanlle Flo Ósos. 158 00:11:32,541 --> 00:11:34,666 A mellor cazatesouros do Támese. 159 00:11:36,916 --> 00:11:40,708 Grazas por distraela. Tardei bastante en atopar os seus restos. 160 00:11:40,791 --> 00:11:42,333 Encantado de axudarche. 161 00:11:42,416 --> 00:11:46,166 Puidemos morrer agardando por ti. É imposible que non nos oíras. 162 00:11:46,250 --> 00:11:49,458 É inútil fuxir dunha dama fría. Ata un parvo sabe iso. 163 00:11:49,541 --> 00:11:51,541 Sen a fonte imos aviados. 164 00:11:51,625 --> 00:11:53,208 Sobre todo se… 165 00:11:53,833 --> 00:11:55,416 - Que? - Estás mollada. 166 00:11:55,500 --> 00:11:56,375 Quen era? 167 00:11:58,166 --> 00:11:59,250 Elisabeth Creevey. 168 00:11:59,833 --> 00:12:01,333 Unha neneira vitoriana. 169 00:12:01,875 --> 00:12:04,875 Dábanlle os fillos para que acabasen nun bo fogar, 170 00:12:04,958 --> 00:12:07,666 pero ela quedaba cos cartos e afogaba os nenos. 171 00:12:08,250 --> 00:12:11,666 Aquí hai mala enerxía. Podo sacar unha fortuna. 172 00:12:11,750 --> 00:12:13,791 - Terei para uns meses. - Que noxo. 173 00:12:15,500 --> 00:12:17,750 Todos vivimos a costa dos mortos. 174 00:12:18,250 --> 00:12:20,666 A diferencia é que vós sodes presos. 175 00:12:20,750 --> 00:12:23,125 Escravos dun sistema dirixido por ricos. 176 00:12:23,208 --> 00:12:25,166 Polo menos eu son libre. 177 00:12:27,750 --> 00:12:28,583 Trapalladas. 178 00:12:33,500 --> 00:12:37,125 Nós traballamos con seguridade. Os cazatesouros sodes malos… 179 00:12:37,208 --> 00:12:38,333 Son. 180 00:12:38,416 --> 00:12:41,541 - Son a única muller. Sen xefes. - Estarás orgullosa. 181 00:12:41,625 --> 00:12:43,541 Tampouco sinto vergoña. 182 00:12:43,625 --> 00:12:44,541 Mira, rula… 183 00:12:44,625 --> 00:12:48,416 O río está cheo de pantasmas de homes que asasinaron toda a vida. 184 00:12:48,500 --> 00:12:50,791 Case tódalas de mulleres son vítimas. 185 00:12:50,875 --> 00:12:53,541 Isto só vale algo porque ela era rara. 186 00:12:53,625 --> 00:12:56,500 Oh, vaia, unha muller asasina en serie. 187 00:12:56,583 --> 00:13:00,083 Que Inspirador. Por que non o pos nunha camiseta? Marchamos? 188 00:13:00,166 --> 00:13:03,666 Malo é un mundo que obriga ás mulleres a dar os seus fillos. 189 00:13:04,166 --> 00:13:05,250 E non ten fin. 190 00:13:06,958 --> 00:13:08,125 Agarda, Flo. 191 00:13:09,583 --> 00:13:11,416 - Teño un comprador. - Lockwood! 192 00:13:11,500 --> 00:13:12,708 No museo Foundling. 193 00:13:12,791 --> 00:13:16,083 Pagan máis ca no mercado negro e é un bo sitio. Seguro. 194 00:13:16,166 --> 00:13:18,833 Arriscarme a que me collan? Grazas, pero non. 195 00:13:18,916 --> 00:13:21,208 Se eu fago de intermediario non. 196 00:13:24,916 --> 00:13:26,541 Que bo rapaz es, Locky. 197 00:13:28,250 --> 00:13:29,875 Nacer rico axuda, claro. 198 00:13:29,958 --> 00:13:33,291 Agradécemo dicíndonos o que saibas de Danny Clough. 199 00:13:35,041 --> 00:13:36,375 Que lle pasou a Danny? 200 00:13:41,166 --> 00:13:43,541 LONGA AUSENCIA AS MEMORIAS DE MARY DULAC. 201 00:13:43,625 --> 00:13:47,791 MISTERIOSA DEMENTE RELACIONADA CON BICKERSTAFF? 202 00:13:47,875 --> 00:13:50,666 INVITADA Á FESTA DE BICKERSTAFF DESAPARECE 203 00:13:57,291 --> 00:13:58,458 Señor Karim? 204 00:13:59,416 --> 00:14:01,375 É tarde. Debemos marchar. 205 00:14:03,750 --> 00:14:04,750 Que tal che foi? 206 00:14:06,208 --> 00:14:10,000 - Grazas a ti, teño por onde comezar. - Alégrome de ser de axuda. 207 00:14:11,208 --> 00:14:13,041 Tes algún plan para esta noite? 208 00:14:13,125 --> 00:14:16,750 Abofé. Pensara en limpar o forno. Outra vez. 209 00:14:18,041 --> 00:14:18,875 Eu… 210 00:14:19,666 --> 00:14:22,375 Vivo aquí ó lado, por se quere vir picar algo. 211 00:14:22,958 --> 00:14:24,291 Estarás morto de fame. 212 00:14:25,833 --> 00:14:27,916 A non ser que te esperen os amigos. 213 00:14:29,041 --> 00:14:30,708 Non. Encantaríame. 214 00:14:32,041 --> 00:14:32,875 Xenial. 215 00:15:00,583 --> 00:15:01,416 Pobre Cloughy. 216 00:15:02,041 --> 00:15:04,125 Pediume saír. Borracho, está claro. 217 00:15:04,208 --> 00:15:05,333 Non "está claro". 218 00:15:05,416 --> 00:15:09,333 Está claro. Sempre bebía. Por iso o deberon pillar. 219 00:15:09,416 --> 00:15:11,916 - Quen? - Uns parasitos. Escoura. 220 00:15:12,000 --> 00:15:14,583 Non lle axudou Tendy? Traballara para eles. 221 00:15:14,666 --> 00:15:16,000 A Tendy tanto lle ten. 222 00:15:16,083 --> 00:15:19,000 Ía deixalo. Estaba perdendo o don. Xa non valía. 223 00:15:19,083 --> 00:15:22,541 Precisamos o seu compañeiro. Quen sexa que o deixou alí. 224 00:15:22,625 --> 00:15:24,000 Sería Jack Carver. 225 00:15:24,625 --> 00:15:26,833 Pero non vos convén atopalo. 226 00:15:27,625 --> 00:15:28,458 Cómpre facelo. 227 00:15:29,041 --> 00:15:31,166 Por favor, Flo, é importante. 228 00:15:33,583 --> 00:15:36,666 Deixa unha mensaxe no taboleiro de aí e buscaravos. 229 00:15:36,750 --> 00:15:39,000 Ten que ser unha boa mensaxe. 230 00:15:39,083 --> 00:15:40,708 Unha que non poida ignorar. 231 00:15:47,916 --> 00:15:49,541 "Sabemos o do espello" 232 00:15:50,708 --> 00:15:52,791 E o enderezo? É unha nota suicida! 233 00:15:52,875 --> 00:15:56,083 Temos que conseguir que veña. É a nosa única esperanza. 234 00:16:06,458 --> 00:16:09,625 Fálame dos seus contactos. Como moven a mercancía? 235 00:16:09,708 --> 00:16:11,416 Tratan con Julius Winkman. 236 00:16:11,500 --> 00:16:14,250 Un tratante de antigüidades e a súa muller. 237 00:16:14,333 --> 00:16:17,541 - Ide con ollo, non os provoquedes. - Que queres dicir? 238 00:16:19,000 --> 00:16:23,250 A ver se así o entendes, rula. Se Carver non vos mata, eles si. 239 00:16:26,500 --> 00:16:28,000 Grazas, Flo. Toma. 240 00:16:30,083 --> 00:16:33,041 Para que lembres a Danny, tal e como era. 241 00:16:43,958 --> 00:16:46,625 Sempre me sorprendo de verte, Locky. 242 00:16:48,916 --> 00:16:50,375 Pensei que espicharas. 243 00:17:06,250 --> 00:17:09,750 Es moi fan de Thoth. A que é un bo Deus da morte? 244 00:17:09,833 --> 00:17:13,458 Es o primeiro invitado que sabe quen é. 245 00:17:13,541 --> 00:17:17,125 - Pono na base. - Si, pero pronunciáchelo correctamente. 246 00:17:17,208 --> 00:17:20,666 Deus da escritura, da ciencia, da sabedoría e dos mortos. 247 00:17:21,333 --> 00:17:24,291 Certo. Pero non é tan bo coma Rashnu. 248 00:17:25,791 --> 00:17:28,041 O honorable xuíz persa da morte. 249 00:17:28,541 --> 00:17:32,208 O anxo entre o noso mundo e o alén, que envía as almas 250 00:17:32,291 --> 00:17:34,833 á Casa das mentiras ou á Casa da harmonía. 251 00:17:34,916 --> 00:17:36,583 Agora estás alardeando. 252 00:17:37,250 --> 00:17:41,333 Que ben senta ter a alguén con quen alardear, señora Joplin. 253 00:17:42,000 --> 00:17:42,916 Chámame Pamela. 254 00:17:44,833 --> 00:17:46,750 Que estabas investigando hoxe? 255 00:17:46,833 --> 00:17:51,041 A miña especialidade: os comezos do Problema. 256 00:17:51,708 --> 00:17:53,416 Tamén é a miña especialidade. 257 00:17:54,375 --> 00:17:57,166 Tes algunha teoría? Erros ou tapadeiras? 258 00:17:57,666 --> 00:17:59,750 Cres que alguén sabía o que facía? 259 00:17:59,833 --> 00:18:03,458 Para min non é cousa de teorías da conspiración. 260 00:18:03,958 --> 00:18:05,958 É nostalxia principalmente. 261 00:18:07,458 --> 00:18:10,583 - Non estabas daquela. - Correcto. 262 00:18:10,666 --> 00:18:15,166 Non estaba, pero cando era cativa aínda era bastante recente. 263 00:18:15,250 --> 00:18:18,125 Os teus pais lembraban como era todo antes? 264 00:18:18,208 --> 00:18:23,000 Quixéronse aferrar a ese mundo, pero era imposible. 265 00:18:23,083 --> 00:18:27,708 Tivo que ser un gran cambio, saber que tiñas un don e que os podías protexer. 266 00:18:28,708 --> 00:18:30,208 Nunca tiven un don. 267 00:18:31,666 --> 00:18:32,500 Ningún? 268 00:18:32,583 --> 00:18:33,958 Nin o máis mínimo. 269 00:18:34,583 --> 00:18:38,583 Encantaríame ter experimentado o que os teus amigos. 270 00:18:39,250 --> 00:18:42,041 Animoume a aprender máis. 271 00:18:45,083 --> 00:18:45,916 Pamela. 272 00:18:48,291 --> 00:18:51,541 Cando miraches no espello, viches algo? 273 00:18:54,208 --> 00:18:55,041 Ti si? 274 00:18:57,041 --> 00:18:59,625 A verdade é que non. Foi tan rápido, pero… 275 00:19:01,625 --> 00:19:02,875 Pareceume que… 276 00:19:05,666 --> 00:19:07,208 Non o sei describir, pero… 277 00:19:09,458 --> 00:19:10,875 quero ver máis. 278 00:19:12,166 --> 00:19:14,750 - Sentiches o mesmo? - Si, claro. 279 00:19:17,583 --> 00:19:19,208 Sempre me sentín así. 280 00:19:25,125 --> 00:19:29,791 Debería ir para á casa, por se alguén notou a miña ausencia. 281 00:19:30,333 --> 00:19:32,166 Non o creo, pero un nunca sabe. 282 00:19:35,208 --> 00:19:36,500 Collemos un taxi? 283 00:19:36,583 --> 00:19:39,750 - Fai boa noite para pasear. - Dixo ninguén, nunca. 284 00:19:42,000 --> 00:19:45,875 - Como coñeciches a Flo? - Non o lembro. Fai anos. 285 00:19:45,958 --> 00:19:48,791 - Sempre foi así? - Si. Menos mal. 286 00:19:50,416 --> 00:19:52,041 Preocúpase por ti, verdade? 287 00:19:52,125 --> 00:19:53,583 É das que se preocupa. 288 00:19:54,500 --> 00:19:58,416 Déixao estar. Non sabemos canto tardará Carver en ver a mensaxe. 289 00:19:58,500 --> 00:19:59,625 Hai que apurar. 290 00:20:00,125 --> 00:20:03,375 - Xa che dixen de coller un taxi. - Aínda non volvemos. 291 00:20:03,458 --> 00:20:05,041 George estará agardando. 292 00:20:05,125 --> 00:20:07,416 Estará encantado se levamos o espello. 293 00:20:08,125 --> 00:20:09,666 Imos á de Winkman? 294 00:20:10,458 --> 00:20:11,708 Xa oíches a Barnes. 295 00:20:11,791 --> 00:20:15,458 É perigoso. Quen sabe en que mans pode acabar mañá. 296 00:20:15,958 --> 00:20:18,583 Ademais, é máis doado roubar pola noite. 297 00:20:18,666 --> 00:20:19,875 Está de camiño. 298 00:20:21,041 --> 00:20:22,458 Dixo que nos mataría. 299 00:20:23,500 --> 00:20:24,500 Xa a escoitaches. 300 00:20:26,000 --> 00:20:27,541 Flo é das que se preocupa. 301 00:20:28,083 --> 00:20:30,416 Estás preocupada? Eu non. 302 00:20:49,833 --> 00:20:53,291 Entrar será imposible. Volvamos agora mesmo. 303 00:20:53,375 --> 00:20:56,125 - Finxe que es un cliente… - Vaiamos polo lado. 304 00:21:18,041 --> 00:21:19,375 Isto ten mellor pinta. 305 00:21:49,083 --> 00:21:50,166 Non me gusta. 306 00:21:54,166 --> 00:21:55,500 Escoitas o espello? 307 00:21:57,458 --> 00:22:01,875 Hai demasiado ruído. Todo o aire está ateigado de sinais. 308 00:22:03,250 --> 00:22:04,125 De todo isto. 309 00:22:26,500 --> 00:22:27,500 Son reliquias. 310 00:22:29,041 --> 00:22:30,666 Conservan a carga psíquica. 311 00:22:31,958 --> 00:22:33,666 Cheos de historias tráxicas. 312 00:22:35,875 --> 00:22:36,708 Vamos. 313 00:22:37,666 --> 00:22:38,916 Entremos máis. 314 00:22:40,125 --> 00:22:41,500 A ver se o escoitas. 315 00:22:46,833 --> 00:22:48,000 Quieto. Agarda. 316 00:22:52,125 --> 00:22:52,958 É o espello? 317 00:22:53,750 --> 00:22:54,583 Non. 318 00:22:55,625 --> 00:22:58,125 É algo vivo. Temos que marchar. 319 00:22:58,708 --> 00:22:59,541 Ou agocharnos. 320 00:23:00,083 --> 00:23:00,916 Tes razón. 321 00:23:02,083 --> 00:23:03,333 Soa metálico. 322 00:23:04,250 --> 00:23:05,666 Non se escoitan pisadas. 323 00:23:07,250 --> 00:23:08,666 Se vén alguén, agóchate. 324 00:23:09,666 --> 00:23:10,791 Lockwood. 325 00:23:18,958 --> 00:23:19,791 Ola. 326 00:23:21,583 --> 00:23:22,750 Perigo. 327 00:23:30,500 --> 00:23:32,458 Vin porque perdín algo. 328 00:23:33,833 --> 00:23:36,458 Poderíasme axudar a atopalo, por favor? 329 00:23:37,416 --> 00:23:38,250 É un espello. 330 00:23:39,166 --> 00:23:40,583 Un espello moi especial. 331 00:23:41,583 --> 00:23:42,958 Emite un zunzún. 332 00:23:44,500 --> 00:23:45,500 Coma unha abella. 333 00:23:48,916 --> 00:23:51,083 Escoitáchelo por aquí? 334 00:23:55,000 --> 00:23:56,291 Pódesmo ensinar? 335 00:23:56,375 --> 00:23:58,541 Non se debe falar con estraños. 336 00:23:58,625 --> 00:23:59,500 Ti debes ser… 337 00:24:03,708 --> 00:24:05,875 Leopold, vai polo teu pai. 338 00:25:43,958 --> 00:25:45,458 De que axencia es? 339 00:25:46,791 --> 00:25:48,583 Non recoñezo o uniforme. 340 00:25:49,291 --> 00:25:50,375 Non son un axente. 341 00:25:51,958 --> 00:25:54,291 Son un ladrón. Chame á policía. 342 00:25:54,791 --> 00:25:55,791 Levas un estoque. 343 00:25:56,833 --> 00:26:01,500 Ningún ladrón sería tan parvo como para roubar no meu local. 344 00:26:01,583 --> 00:26:02,666 Ten razón. 345 00:26:03,708 --> 00:26:04,708 Vou de incógnito. 346 00:26:05,791 --> 00:26:06,625 Son de Fittes. 347 00:26:08,041 --> 00:26:09,916 Chame ó DICP e denúncieme. 348 00:26:10,000 --> 00:26:13,750 Os de Fittes xe viñeron hoxe, cando estaba aberto. 349 00:26:14,333 --> 00:26:15,875 Clientes civilizados. 350 00:26:17,291 --> 00:26:18,458 Non coma ti. 351 00:26:20,458 --> 00:26:23,000 Non creo que necesite molestar ó DICP. 352 00:26:24,833 --> 00:26:27,791 Veña, Señor Winkman, iso non será necesario. 353 00:26:28,416 --> 00:26:31,250 Seguro que podemos chegar a un acordo. 354 00:26:31,333 --> 00:26:35,000 Teño acceso a unas antigüidades moi valiosas. 355 00:26:37,708 --> 00:26:42,333 Supoño que virás buscando o mesmo ca os de Fittes, non? 356 00:26:44,041 --> 00:26:44,875 Veña. 357 00:26:45,375 --> 00:26:46,208 Dime… 358 00:26:47,250 --> 00:26:48,666 quen es… 359 00:26:49,750 --> 00:26:52,458 e quen che dixo como atoparme. 360 00:26:53,416 --> 00:26:59,083 Prefires que che faga un debuxo nesa cara bonita? 361 00:27:01,083 --> 00:27:02,875 Se o fai, terá que matarme. 362 00:27:03,500 --> 00:27:05,625 Non te librarás de matar un axente. 363 00:27:10,958 --> 00:27:11,791 Ó mellor. 364 00:27:13,041 --> 00:27:13,875 Si. 365 00:27:17,500 --> 00:27:18,500 Pero a verdade… 366 00:27:21,291 --> 00:27:23,041 algúns raparigos 367 00:27:23,125 --> 00:27:26,833 sempre foron propensos a morrer dun xeito concreto. 368 00:27:27,541 --> 00:27:30,583 Introspectivo. Formado. 369 00:27:30,666 --> 00:27:32,666 Maldito co negocio da morte. 370 00:27:34,625 --> 00:27:38,083 ¿Alguén sospeitaría se apareceses cos pulsos cortados 371 00:27:38,875 --> 00:27:40,375 polo teu propio coitelo? 372 00:27:41,083 --> 00:27:42,083 Si, sospeitarían. 373 00:27:42,916 --> 00:27:43,958 Os meus amigos. 374 00:27:44,958 --> 00:27:48,166 Ben, logo. Comecemos por aí. 375 00:27:51,541 --> 00:27:53,708 Quen máis sabe que estás aquí? 376 00:27:55,375 --> 00:27:56,208 Ninguén. 377 00:27:56,833 --> 00:27:57,666 Ninguén? 378 00:28:04,708 --> 00:28:05,958 É verdade, síntoo. 379 00:28:06,500 --> 00:28:07,625 Xuro que é verdade. 380 00:28:08,500 --> 00:28:11,500 Sempre traballo só. Veña, pregúnteme máis cousas. 381 00:28:12,583 --> 00:28:13,416 Vale. 382 00:28:30,208 --> 00:28:32,291 ¿Quen máis sabe 383 00:28:33,625 --> 00:28:36,666 que estás aquí? 384 00:29:14,291 --> 00:29:15,166 Veña. 385 00:29:23,666 --> 00:29:24,958 Es Leopold, verdade? 386 00:29:26,958 --> 00:29:28,208 Sei que está aquí. 387 00:29:29,375 --> 00:29:30,291 O espello. 388 00:29:32,541 --> 00:29:33,958 Non che deixa durmir? 389 00:29:37,958 --> 00:29:39,000 Tes o don. 390 00:29:40,333 --> 00:29:41,750 Tamén son perceptora. 391 00:29:41,833 --> 00:29:43,041 Ese xoguete é teu? 392 00:29:44,041 --> 00:29:45,166 Podo escoitalo? 393 00:29:58,250 --> 00:29:59,208 Fixéronche dano. 394 00:30:01,625 --> 00:30:03,333 Ó meu amigo tamén. 395 00:30:05,458 --> 00:30:06,875 Sabes onde está? 396 00:30:09,958 --> 00:30:12,000 Axúdasme a atopalo, Leopold? 397 00:30:13,083 --> 00:30:13,916 Por favor. 398 00:30:15,125 --> 00:30:15,958 Que foi? 399 00:30:25,625 --> 00:30:26,833 Díxoche algo? 400 00:30:28,166 --> 00:30:31,833 Non tivo a oportunidade. É das entremetidas. Unha perceptora. 401 00:30:32,541 --> 00:30:33,875 Sabe onde está. 402 00:30:34,416 --> 00:30:35,666 É a túa compañeira? 403 00:30:36,750 --> 00:30:38,291 Non a vin na miña vida. 404 00:30:40,666 --> 00:30:44,250 Leopold, volve á cama e queda alí. 405 00:30:44,333 --> 00:30:46,958 Deixa que mire. Se non obedece, 406 00:30:47,041 --> 00:30:49,375 ó mellor aprende como funciona o mundo. 407 00:30:52,166 --> 00:30:53,125 Déixaa estar. 408 00:30:54,916 --> 00:30:57,208 É unha aprendiz. Non sabe nada. 409 00:30:58,458 --> 00:31:00,458 Así que é máis ca una compañeira. 410 00:31:01,166 --> 00:31:02,166 É unha amiga? 411 00:31:02,875 --> 00:31:05,291 - É familiar? - Non é ninguén. Sóltaa. 412 00:31:11,291 --> 00:31:12,916 Un pacto suicida. 413 00:31:14,666 --> 00:31:15,625 Perfecto. 414 00:31:19,708 --> 00:31:22,583 Ben. Contareicho todo. 415 00:31:23,208 --> 00:31:26,000 Tes razón. Ninguén sospeitaría se aparezo morto. 416 00:31:26,666 --> 00:31:28,333 Todos devecen por que pase. 417 00:31:28,416 --> 00:31:31,583 Sácame da miña miseria como che praza, pero déixaa ir. 418 00:31:32,333 --> 00:31:33,875 Ten moito polo que vivir 419 00:31:33,958 --> 00:31:36,416 e xamais contara nada. Xúroo. 420 00:31:37,375 --> 00:31:40,166 Winkman, escóitame. Falo en serio. Xúroo. 421 00:31:40,791 --> 00:31:44,750 Faime o que queiras. Tanto me ten. Sen trucos nin mentiras. 422 00:31:47,041 --> 00:31:48,125 Temos trato? 423 00:31:58,375 --> 00:32:01,625 Matareina de última para que non teñas que mirar. 424 00:32:03,791 --> 00:32:06,375 Querido, Julius, estaste abrandando. 425 00:32:06,458 --> 00:32:07,583 É posible. 426 00:32:08,833 --> 00:32:09,791 Leopold, aparta! 427 00:32:14,375 --> 00:32:17,458 Se dás un paso guíndocho. 428 00:32:18,166 --> 00:32:19,833 - Non me tentes. - Julius! 429 00:32:27,458 --> 00:32:28,666 Vou a por ti, rapaz. 430 00:32:29,958 --> 00:32:32,583 Voute destripar. Voute machucar. 431 00:32:32,666 --> 00:32:34,833 Voute arrancar a pel a tiras! 432 00:32:36,291 --> 00:32:37,791 Máis vale que corras! 433 00:32:37,875 --> 00:32:39,541 Contarei ata dez! 434 00:32:40,291 --> 00:32:41,125 Un! 435 00:32:41,625 --> 00:32:42,458 Dous! 436 00:33:38,541 --> 00:33:39,625 Que raio foi iso? 437 00:33:40,250 --> 00:33:42,708 Flo tiña razón. Tolos de remate. 438 00:33:42,791 --> 00:33:46,875 Eles non, ti. Case lle suplicabas que te matase. 439 00:33:48,541 --> 00:33:50,416 Eu véxoo como un sacrificio. 440 00:33:50,500 --> 00:33:53,791 Non me veñas con esas. Se non espertara, estarías morto. 441 00:33:54,708 --> 00:33:57,041 Non é certo. Tiña un plan. 442 00:33:58,791 --> 00:34:00,833 Vale, está ben. Cal era o plan? 443 00:34:05,166 --> 00:34:08,291 Sabes que tería un plan se fose necesario. 444 00:34:09,250 --> 00:34:10,916 No momento, sempre o teño. 445 00:34:14,208 --> 00:34:15,083 Que che pasa? 446 00:34:19,625 --> 00:34:21,375 Sabes que podes falar comigo. 447 00:34:22,875 --> 00:34:23,708 Si. 448 00:34:24,416 --> 00:34:25,541 Xa o sei. 449 00:34:28,041 --> 00:34:28,958 Entón? 450 00:34:35,750 --> 00:34:39,208 Arre demo. Non sei nin por que me esforzo. Veña, marchemos. 451 00:34:43,708 --> 00:34:46,083 Non penso volver. Que queden co espello. 452 00:34:46,166 --> 00:34:47,291 Viches onde estaba? 453 00:34:47,375 --> 00:34:50,125 Fechado. Moverano agora que o descubrimos. 454 00:34:50,208 --> 00:34:52,500 Winkman e Carver non se poden librar. 455 00:34:52,583 --> 00:34:53,416 Merda. 456 00:34:54,541 --> 00:34:55,375 Que pasa? 457 00:34:56,125 --> 00:34:59,541 Carver. Recibiría a túa nota e George está só na casa. 458 00:35:00,541 --> 00:35:01,625 Collamos un taxi. 459 00:35:16,750 --> 00:35:19,041 - Dixestes medianoite! - Esperáchesnos? 460 00:35:19,125 --> 00:35:22,041 Claro que si. E o espello? De onde vindes? 461 00:35:22,125 --> 00:35:23,250 Dicímoscho despois. 462 00:35:25,333 --> 00:35:26,166 Quen é ese? 463 00:35:41,375 --> 00:35:42,208 É Carver. 464 00:35:42,791 --> 00:35:44,708 - Quen é? - O colega de Danny. 465 00:35:59,750 --> 00:36:00,916 Santo ceo. 466 00:36:01,500 --> 00:36:03,583 Lucy, chama unha ambulancia. 467 00:36:06,833 --> 00:36:08,458 Mimá. Quen che fixo isto? 468 00:36:10,958 --> 00:36:14,166 - Cristal de ósos. - Que dixo? 469 00:36:14,666 --> 00:36:17,666 Cristal de ósos? Que é iso? 470 00:36:17,750 --> 00:36:18,875 É o espello? 471 00:36:19,583 --> 00:36:22,250 Sete. Un non. 472 00:36:22,333 --> 00:36:23,208 Sete que? 473 00:36:24,416 --> 00:36:25,666 Miraches no espello? 474 00:36:27,875 --> 00:36:28,875 Que viches? 475 00:36:30,958 --> 00:36:33,500 Cousas espantosas. 476 00:36:37,083 --> 00:36:40,041 Ven comigo. 477 00:36:40,125 --> 00:36:41,625 A onde? 478 00:36:43,916 --> 00:36:44,875 Que escoitaches? 479 00:36:46,958 --> 00:36:48,666 Quere que vaia con el. 480 00:36:49,875 --> 00:36:50,708 Lucy. 481 00:36:52,750 --> 00:36:53,583 Está morto. 482 00:38:21,416 --> 00:38:26,416 Subtítulos: Darío Vázquez Filgueira