1 00:00:33,541 --> 00:00:36,666 BÉBEME 2 00:00:46,916 --> 00:00:47,875 Ola? 3 00:00:50,458 --> 00:00:51,291 Rapaces? 4 00:01:06,166 --> 00:01:07,708 Cazando gardiáns sen min? 5 00:01:48,458 --> 00:01:51,250 Como non te decataches que era un cadafalso? 6 00:01:51,333 --> 00:01:53,625 Non me deches tempo para investigar. 7 00:01:53,708 --> 00:01:57,166 Eles tiveron tempo. Sabían onde se metían. 8 00:01:57,250 --> 00:02:00,041 Porque eles non van ás librerías nin ás igrexas. 9 00:02:00,125 --> 00:02:01,208 Ola. 10 00:02:03,958 --> 00:02:04,791 Ei. 11 00:02:05,833 --> 00:02:08,125 - Como estás? - Ben. 12 00:02:08,791 --> 00:02:11,708 - Grazas por deixarme durmir. - Estás ben, segura? 13 00:02:11,791 --> 00:02:16,291 Estou ben. Que tal vós? Supoño que non atopastes o gardián. 14 00:02:16,375 --> 00:02:17,250 Atopámolo tal. 15 00:02:17,958 --> 00:02:20,458 Xunto a outros 13, verdade, George? 16 00:02:21,416 --> 00:02:22,666 Un cúmulo de manual. 17 00:02:22,750 --> 00:02:25,500 - Non había fulgores, verdade? - Como saístes? 18 00:02:26,500 --> 00:02:29,125 - Rescatáronos. - Non nos "rescataron". 19 00:02:29,625 --> 00:02:30,625 Mi madriña! 20 00:02:31,208 --> 00:02:32,208 Os de Kipps? 21 00:02:32,291 --> 00:02:34,250 Mediocres fachendosos. 22 00:02:34,833 --> 00:02:38,250 Salváronnos, mataron os gardiáns e selaron a fonte. 23 00:02:38,333 --> 00:02:40,583 - Foi unha pasada. - Déronvos comisión? 24 00:02:40,666 --> 00:02:43,875 Que va. Pero ese non é o problema. 25 00:02:45,208 --> 00:02:46,583 Non o quere admitir. 26 00:02:46,666 --> 00:02:49,125 Fai como se o de Fairfax non ocorrese. 27 00:02:49,208 --> 00:02:51,208 Seguro que asinou o mesmo acordo. 28 00:02:51,291 --> 00:02:55,416 Pero podía facernos ver que o sabe. Que falta de respecto. 29 00:02:55,500 --> 00:02:57,625 Pero sabedes que o sabe. 30 00:02:58,291 --> 00:03:00,083 Pero nunca o admitirá. 31 00:03:00,166 --> 00:03:02,375 É molesto porque ves a mentira, 32 00:03:02,458 --> 00:03:04,666 ves a cara de Kipps e todo xunto… 33 00:03:04,750 --> 00:03:07,250 O único que queres é 34 00:03:08,208 --> 00:03:09,333 que a espiche. 35 00:03:12,125 --> 00:03:12,958 Perdón. 36 00:03:13,583 --> 00:03:14,833 Foi unha noite longa. 37 00:03:16,375 --> 00:03:17,708 Dime que hai té. 38 00:03:18,791 --> 00:03:21,208 Sabes que durmiches 14 horas? 39 00:03:21,291 --> 00:03:22,125 Tanto? 40 00:03:22,208 --> 00:03:25,625 - Non lembro como me deitei. - Lembras que te carrexamos? 41 00:03:26,125 --> 00:03:28,500 - Estabas inconsciente no soto. - Como? 42 00:03:28,583 --> 00:03:30,333 Non lembras nada? 43 00:03:30,416 --> 00:03:34,375 Non, só lembro que fun gardar os papeis e nada máis. 44 00:03:35,583 --> 00:03:38,416 Non tes alucinacións nin escoitas voces? 45 00:03:38,500 --> 00:03:39,416 Non. 46 00:03:39,500 --> 00:03:42,750 Como dixen, estou… ben. 47 00:03:50,291 --> 00:03:54,416 Non temos citas. Seguro que é a tola da vella Wick de novo. 48 00:03:54,500 --> 00:03:57,583 Non es borde con ela. Deixa que che ensine eu. 49 00:04:00,875 --> 00:04:02,583 Ola, señor Lockwood? 50 00:04:02,666 --> 00:04:04,458 Si. Pasa, por favor. 51 00:04:07,500 --> 00:04:09,750 Veña. Temos un cliente de verdade. 52 00:04:18,000 --> 00:04:22,250 Son Sebastian Saunders, ela é Pamela Joplin. 53 00:04:22,791 --> 00:04:24,041 A miña compañeira. 54 00:04:24,125 --> 00:04:26,916 Somos de Sweet Dreams Excavations. Sóavos? 55 00:04:27,416 --> 00:04:28,708 Os que fan as tumbas? 56 00:04:28,791 --> 00:04:32,208 Preferimos "servizo de escavación e limpeza". 57 00:04:32,291 --> 00:04:35,541 Confío en que vería os titulares, señor Lockwood. 58 00:04:35,625 --> 00:04:37,250 O DICP pide ós concellos, 59 00:04:37,333 --> 00:04:42,750 tras moitas mortes evitables, que avalíen os cemiterios na procura de riscos. 60 00:04:43,333 --> 00:04:46,000 Nestes momentos, temos un gran operativo 61 00:04:46,083 --> 00:04:47,791 no cemiterio de Kensal Green. 62 00:04:47,875 --> 00:04:51,041 - Pero é enorme. - Grazas. 63 00:04:51,125 --> 00:04:53,166 Pam encárgase dos perigos, 64 00:04:53,250 --> 00:04:55,875 antes de que se convertan en algo serio. 65 00:04:55,958 --> 00:04:59,000 Nós buscamos ósos, ela historias. 66 00:04:59,083 --> 00:05:02,583 Busco nos rexistros de sepultura causas de morte traumáticas 67 00:05:02,666 --> 00:05:04,541 que poidan atraer visitantes. 68 00:05:05,208 --> 00:05:07,625 Suicidios, asasinatos, mortes repentinas. 69 00:05:08,291 --> 00:05:11,250 Nunca se sabe cando se pode activar un espírito. 70 00:05:11,333 --> 00:05:12,500 Es investigadora? 71 00:05:12,583 --> 00:05:14,791 Fittes ten base de datos de seu. 72 00:05:14,875 --> 00:05:18,791 É bastante mala. Ampla, pero imprecisa. 73 00:05:18,875 --> 00:05:22,250 - Bástame cun feixe de libros. - Penso o mesmo. 74 00:05:22,333 --> 00:05:25,958 Señor Saunders, señora Joplin, grazas polas molestias, 75 00:05:26,041 --> 00:05:28,125 pero especializámonos en casas. 76 00:05:28,208 --> 00:05:29,916 Non facemos chapuzas. 77 00:05:30,000 --> 00:05:34,791 Está seguro? Dixéronnos que necesitabades traballar. 78 00:05:34,875 --> 00:05:35,791 Dixéronlle mal. 79 00:05:35,875 --> 00:05:38,916 A nosa perceptora, é unha das mellores do país e… 80 00:05:39,000 --> 00:05:40,125 Son normal. 81 00:05:41,125 --> 00:05:41,958 Nada máis. 82 00:05:42,583 --> 00:05:46,041 Somos normais, unha axencia corrente 83 00:05:46,875 --> 00:05:48,208 que precisa traballar. 84 00:05:51,625 --> 00:05:55,125 Kensal Green é o cemiterio máis prestixioso de Londres, 85 00:05:55,208 --> 00:05:57,250 propiedade da familia Bickerstaff… 86 00:05:57,333 --> 00:06:00,416 Ata que cacharon a un dos fillos exhumando cadáveres. 87 00:06:00,958 --> 00:06:04,791 Ese escándalo puxo a palabra "necrofilia" de novo no vocabulario. 88 00:06:04,875 --> 00:06:08,666 Pero antes diso, a clientela era moi exclusiva. 89 00:06:08,750 --> 00:06:11,833 A tumba en cuestión, está na parte antiga? 90 00:06:12,541 --> 00:06:13,791 A luxosa? 91 00:06:14,500 --> 00:06:15,833 - A luxosa? - Si. 92 00:06:16,333 --> 00:06:17,166 Non da plebe? 93 00:06:17,250 --> 00:06:19,500 Onde o pervertido desenterraba corpos? 94 00:06:19,583 --> 00:06:23,958 Interesaríanos máis un visitante de relevancia histórica. 95 00:06:24,791 --> 00:06:28,416 Está dentro do recinto orixinal, pero non che podo dar o nome. 96 00:06:29,083 --> 00:06:32,500 Un sepulcro oculto, sen marcar e fóra da listaxe oficial. 97 00:06:32,583 --> 00:06:34,750 Atopouno unha das nosas sensibles, 98 00:06:34,833 --> 00:06:39,833 abordada por unha náusea extrema que fixo que se desmaiara. 99 00:06:41,208 --> 00:06:44,166 Sexa o que sexa que hai alí, é poderoso. 100 00:06:44,250 --> 00:06:45,500 Temos a obriga legal 101 00:06:45,583 --> 00:06:49,708 de levar a axentes a calquera tumba que poida ter un tipo dous. 102 00:06:50,333 --> 00:06:51,916 O DICP corre cos gastos, 103 00:06:52,000 --> 00:06:57,208 polo que o traballo farase de noite para confirmar as nosas sospeitas. 104 00:06:57,916 --> 00:07:01,291 Trapalladas burocráticas, pero anima as cousas. 105 00:07:01,958 --> 00:07:03,416 Teredes moitos apoios. 106 00:07:03,500 --> 00:07:08,625 Dispoñedes da patrulla nocturna, sensibles e seguridade para arredar ós cazatesouros. 107 00:07:09,375 --> 00:07:12,125 O cemiterio cobra vida pola noite. 108 00:07:12,208 --> 00:07:15,000 ¿Estame dicindo 109 00:07:15,833 --> 00:07:20,458 que hai un tipo dous sen identificar nunha tumba sen marcar 110 00:07:20,541 --> 00:07:24,083 e que quere que lle axudemos a desenterralo pola noite? 111 00:07:25,166 --> 00:07:29,000 Iso é, señor Lockwood. Sei que podería soar mellor. 112 00:07:29,083 --> 00:07:29,916 Señora Joplin, 113 00:07:31,041 --> 00:07:33,666 soa irresistible. 114 00:07:37,666 --> 00:07:39,416 MORTES SEN EXPLICACIÓN 115 00:07:40,416 --> 00:07:42,083 AS PANTASMAS ANDAN ENTRE NÓS 116 00:07:45,791 --> 00:07:47,583 O ROCE FANTASMAL MATA 117 00:07:50,208 --> 00:07:51,208 MORTES 118 00:07:56,541 --> 00:07:58,625 TOQUE DE QUEDA OBRIGATORIO 119 00:08:01,333 --> 00:08:03,791 CRISE ECONÓMICA 120 00:08:06,541 --> 00:08:08,750 FERRO, PRATA, SAL: A MELLOR DEFENSA 121 00:08:10,375 --> 00:08:11,208 ACCIÓNS 122 00:08:11,291 --> 00:08:13,500 BASEADA NAS NOVELAS DE JONATHAN STROUD 123 00:08:14,833 --> 00:08:16,166 SENTEN PANTASMAS CO DON 124 00:08:23,875 --> 00:08:25,375 MORTES 125 00:08:25,458 --> 00:08:27,125 "O PROBLEMA" 50 ANOS DESPOIS 126 00:08:40,333 --> 00:08:44,083 Vale, todos atentos. Non nos vaian asaltar os cazatesouros. 127 00:08:44,166 --> 00:08:47,791 Quen mantén a flote a eses pailáns? Se o entendo que morra. 128 00:08:47,875 --> 00:08:49,583 Abondan os ricos trastornados 129 00:08:49,666 --> 00:08:53,000 que só queren sorprender ós trastornados dos seus amigos. 130 00:08:53,083 --> 00:08:54,333 Que retorto. 131 00:08:54,416 --> 00:08:55,291 É o de sempre. 132 00:08:55,375 --> 00:08:59,541 As fontes son, como o mercado negro, fascinantes e ilegais. 133 00:08:59,625 --> 00:09:03,000 E terribles. Os cazatesouros son a maior bosta no mundo. 134 00:09:03,083 --> 00:09:04,875 Coñezo unha excepción, 135 00:09:04,958 --> 00:09:07,791 pero, polo xeral, mataranvos sen dubidar. 136 00:09:07,875 --> 00:09:10,666 Se vedes un, correde. 137 00:09:10,750 --> 00:09:12,958 Estes están moito máis tolos. 138 00:09:14,708 --> 00:09:15,583 Quen? 139 00:09:16,375 --> 00:09:17,250 As seitas. 140 00:09:17,333 --> 00:09:20,333 Non cren que debamos combater as pantasmas. 141 00:09:20,958 --> 00:09:24,833 Son a combinación perfecta de ruidosos, cabreados e idiotas. 142 00:09:26,166 --> 00:09:27,416 Que amable, grazas. 143 00:09:27,500 --> 00:09:30,166 Hoxe non asinaremos autógrafos. Moitas grazas. 144 00:09:35,916 --> 00:09:39,708 A VERDADE ESTÁ NO ALÉN 145 00:09:40,958 --> 00:09:42,333 Foi espantoso. 146 00:09:42,416 --> 00:09:45,416 Acostumaraste. Isto é o que non me gusta. 147 00:09:46,000 --> 00:09:48,875 Sei que a maioría están mortos de verdade, pero… 148 00:09:48,958 --> 00:09:51,083 Parece que estamos na boca do lobo. 149 00:09:55,125 --> 00:09:55,958 Mimá. 150 00:09:56,541 --> 00:09:59,875 Como dixo o home, o cemiterio volve á vida pola noite. 151 00:09:59,958 --> 00:10:01,458 Quen son esta xente? 152 00:10:02,041 --> 00:10:03,291 Os de seguridade. 153 00:10:04,250 --> 00:10:05,375 Os enterradores. 154 00:10:06,083 --> 00:10:08,375 Xente de ben, cos pes na terra. 155 00:10:08,458 --> 00:10:10,291 Pero se nunca lles falaches. 156 00:10:11,000 --> 00:10:11,916 Meten medo. 157 00:10:12,625 --> 00:10:16,291 A patrulla nocturna. Mal pagados e con menor esperanza de vida. 158 00:10:16,375 --> 00:10:19,666 Necesitan sindicarse. Díxenllelo mil veces. 159 00:10:19,750 --> 00:10:21,041 Esa podería ser eu. 160 00:10:21,125 --> 00:10:22,458 Por sorte non o es. 161 00:10:23,083 --> 00:10:25,541 - Traballaches con sensibles? - Non. Por? 162 00:10:25,625 --> 00:10:29,333 Son perceptores demasiado covardes ou señoritos privilexiados. 163 00:10:29,416 --> 00:10:32,208 Esta manda son os sensibles de Highgate. 164 00:10:32,291 --> 00:10:35,625 - Que falta de respecto! - Pois vai e escribe un poema. 165 00:10:35,708 --> 00:10:37,583 Asinastes un contrato! 166 00:10:37,666 --> 00:10:38,500 Que idiota. 167 00:10:38,583 --> 00:10:41,958 Págovos porque é perigoso. 168 00:10:42,583 --> 00:10:44,208 Lockwood, xusto a tempo. 169 00:10:44,291 --> 00:10:46,958 Estes falcatrueiros non queren traballar. 170 00:10:47,041 --> 00:10:50,208 É perigoso. Di que é un risco, pero é un suicidio. 171 00:10:50,291 --> 00:10:54,375 Ata eu o podo sentir e fai 35 anos que non podo ver ós visitantes. 172 00:10:54,458 --> 00:10:58,083 E por iso contratamos a estes axentes, 173 00:10:58,166 --> 00:11:01,541 o mellor do mellor, para controlar a situación. 174 00:11:01,625 --> 00:11:04,041 E o seu uniforme? Onde está o supervisor? 175 00:11:04,125 --> 00:11:08,500 Negámonos a traballar preto desa tumba ata que non sexa segura. 176 00:11:09,208 --> 00:11:10,875 Fai que enfermemos. 177 00:11:10,958 --> 00:11:12,791 Ignorádeos. Entremos. 178 00:11:12,875 --> 00:11:16,166 Señor Saunders, se me concede un momento… 179 00:11:16,250 --> 00:11:17,333 Non confío neles. 180 00:11:17,416 --> 00:11:19,541 Boas noites, damas e cabaleiros. 181 00:11:19,625 --> 00:11:22,333 Son Anthony Lockwood, da Axencia Lockwood 182 00:11:22,416 --> 00:11:25,583 e estamos aquí esta noite para vos axudar. 183 00:11:25,666 --> 00:11:29,500 Estade seguros de que a vosa seguridade é o máis importante. 184 00:11:29,583 --> 00:11:33,125 Que veñan axentes de verdade! Queremos a Fittes ou a Rotwell! 185 00:11:33,208 --> 00:11:36,791 Señor, asegúrolle que somos os mellores axentes de Londres. 186 00:11:36,875 --> 00:11:38,500 Se non oíron falar de nós 187 00:11:38,583 --> 00:11:42,208 é porque non traballamos pola fama e a atención. 188 00:11:42,291 --> 00:11:45,875 Nós traballamos con discreción e de xeito personalizado. 189 00:11:45,958 --> 00:11:49,875 Estou seguro ca ninguén coñece este cemiterio coma vós. 190 00:11:50,458 --> 00:11:53,541 Non faremos nada sen consultarvos o que vedes. 191 00:11:54,416 --> 00:11:58,625 Señorita, claramente tivo unha experiencia terrible, 192 00:11:58,708 --> 00:12:00,416 tome o tempo que necesite 193 00:12:00,500 --> 00:12:03,500 e cando vostede e o seu equipo se sintan con forzas, 194 00:12:04,125 --> 00:12:06,125 terán toda a miña a atención. 195 00:12:07,041 --> 00:12:07,875 Vale 196 00:12:10,416 --> 00:12:11,250 Saunders. 197 00:12:11,875 --> 00:12:15,250 Se algún día somos famosos, este vai estar insoportable. 198 00:12:16,416 --> 00:12:19,541 Perdón por iso. Andamos curtos de persoal. 199 00:12:19,625 --> 00:12:22,791 Joplin anda enfrascada por aí cun informe forense. 200 00:12:23,333 --> 00:12:24,958 Que mesa tan rara. 201 00:12:25,041 --> 00:12:28,125 Segundo Joplin é un catafalco. A saber o que fai. 202 00:12:28,208 --> 00:12:30,541 É un estrado para baixar os ataúdes. 203 00:12:30,625 --> 00:12:32,000 Non adoito dicir isto, 204 00:12:32,083 --> 00:12:34,583 pero non se debería usar como mesa. 205 00:12:35,125 --> 00:12:36,375 Traballo co que teño. 206 00:12:36,958 --> 00:12:39,833 - Vale, asinemos isto xa. - Que foi o que pasou? 207 00:12:40,666 --> 00:12:45,875 Os enterradores non calcularon ben e acabaron xunta un cadaleito ó solpor. 208 00:12:45,958 --> 00:12:47,125 Viron algo? 209 00:12:47,208 --> 00:12:49,125 Non se poñen de acordo. 210 00:12:49,208 --> 00:12:52,000 Ademais, todos enferman e necesitan descansar. 211 00:12:52,083 --> 00:12:53,916 A vosa xeración non ten xenio. 212 00:12:54,416 --> 00:12:57,791 - Mencionou un cadaleito exposto? - Si, pero pechado. 213 00:12:58,500 --> 00:12:59,458 Aí entrades vós. 214 00:13:00,000 --> 00:13:01,166 Estaredes sós. 215 00:13:01,250 --> 00:13:04,041 Alí non entrará ninguén ata que non sexa segura. 216 00:13:04,125 --> 00:13:05,750 Senón, haberá máis liortas. 217 00:13:05,833 --> 00:13:09,291 Dixo que teríamos reforzos. Non acordamos isto. 218 00:13:09,791 --> 00:13:12,958 Que pasa se aparecen cazatesouros ou visitantes? 219 00:13:13,583 --> 00:13:17,416 Se queres presentar unha queixa só tes que facer os papeis. 220 00:13:17,500 --> 00:13:20,791 - Non vou cubrir máis papeis. - Como queiras. 221 00:13:21,375 --> 00:13:22,833 Seguides baixo contrato. 222 00:13:29,000 --> 00:13:32,458 Non deberíamos estar aquí. Deberíamos ser famosos. 223 00:13:32,541 --> 00:13:34,041 Acabemos con isto. 224 00:13:35,041 --> 00:13:35,916 Veña. 225 00:13:48,958 --> 00:13:51,125 Parece que saíron a fume de carozo. 226 00:13:51,625 --> 00:13:52,541 Vale. 227 00:13:55,000 --> 00:13:55,833 Listos? 228 00:14:09,250 --> 00:14:10,708 Non hai ningún brillo. 229 00:14:11,791 --> 00:14:13,041 Non se ve nada. 230 00:14:13,958 --> 00:14:14,791 Percibes algo? 231 00:14:15,333 --> 00:14:16,166 Non. 232 00:14:16,958 --> 00:14:20,791 Como unha… vibración. 233 00:14:37,708 --> 00:14:38,625 Xenial. 234 00:14:39,375 --> 00:14:41,875 George fai a primeira inspección. Vixíao. 235 00:14:42,500 --> 00:14:45,000 Eu vixío. Non perdamos tempo. 236 00:14:47,791 --> 00:14:48,625 En posición. 237 00:14:54,916 --> 00:14:55,750 Tede coidado. 238 00:14:57,250 --> 00:14:58,583 Sabe que estás aquí. 239 00:15:04,958 --> 00:15:08,208 Non está nivelado nin á suficiente profundidade. 240 00:15:08,291 --> 00:15:11,333 Foi un enterro ás présas, ilegal e de afeccionados. 241 00:15:11,416 --> 00:15:13,208 É do mesmo tempo có resto. 242 00:15:13,291 --> 00:15:14,125 Mi madriña… 243 00:15:14,791 --> 00:15:16,250 Por que non podreceu? 244 00:15:17,416 --> 00:15:18,791 Mantén a luz quieta. 245 00:15:18,875 --> 00:15:22,000 Ten moita forza. Non me atopo ben. 246 00:15:22,875 --> 00:15:23,833 Vén Joplin. 247 00:15:24,416 --> 00:15:25,291 Que non veña. 248 00:15:26,291 --> 00:15:30,208 Vai todo ben? Sebastian dixo que vos fixo baixar sen axuda. 249 00:15:30,291 --> 00:15:32,000 Pídovos perdón. 250 00:15:41,541 --> 00:15:43,083 Lucy. 251 00:15:53,708 --> 00:15:54,541 Luce? 252 00:15:55,208 --> 00:15:57,125 Que pasa? Estás ben? 253 00:15:58,333 --> 00:15:59,333 E a lanterna? 254 00:16:01,000 --> 00:16:02,875 Está aquí, tranquilo. 255 00:16:05,291 --> 00:16:08,291 - O cadaleito é de ferro. - Sal de aí. 256 00:16:11,041 --> 00:16:14,125 Vale. O cadaleito é de ferro, 257 00:16:14,208 --> 00:16:17,625 pero enterrouse moito antes de que comezase o Problema. 258 00:16:17,708 --> 00:16:20,708 Que haberá aí dentro, que tiveron que atrapar? 259 00:16:20,791 --> 00:16:22,875 Como souberon como facelo? 260 00:16:22,958 --> 00:16:25,625 - Hai que volver, investigar… - Non hai tempo. 261 00:16:26,208 --> 00:16:30,291 O cadaleito ten un burato. Hai que selar a fonte. Lucy, estás ben? 262 00:16:30,791 --> 00:16:32,750 Si. Estou ben. 263 00:16:33,250 --> 00:16:36,333 É só… escoitades as moscas? Que é iso? 264 00:16:36,416 --> 00:16:40,208 Non, pero véñenme fortes náuseas. 265 00:16:41,541 --> 00:16:45,166 Volvamos ó cadaleito. Protéxote eu. Ocúpate do que hai dentro. 266 00:16:45,666 --> 00:16:47,541 Luce, colle a rede. 267 00:16:49,541 --> 00:16:50,916 Lucy. 268 00:16:54,666 --> 00:16:55,500 Lucy! 269 00:16:57,500 --> 00:16:59,416 - Que pasa? - Veña, concéntrate. 270 00:17:00,208 --> 00:17:02,250 Non te distraias. Colle a rede. 271 00:17:07,333 --> 00:17:09,041 Merda! 272 00:17:13,125 --> 00:17:15,541 Ola? Podédesnos axudar, por favor? 273 00:17:15,625 --> 00:17:18,000 Si! Axuda! 274 00:17:18,875 --> 00:17:21,166 Isto non é un ataúde. Ten unha porta. 275 00:17:21,250 --> 00:17:23,500 O que haxa dentro, sairá polo burato. 276 00:17:23,583 --> 00:17:25,791 - Que estrondo! - Mantente firme! 277 00:17:34,500 --> 00:17:37,208 - Non cederei. - Por favor, facede que pare! 278 00:17:52,583 --> 00:17:53,666 Facede que pare… 279 00:18:07,458 --> 00:18:08,291 George! 280 00:18:11,125 --> 00:18:12,125 Lucy! 281 00:18:13,583 --> 00:18:14,416 Sélao! 282 00:18:25,916 --> 00:18:28,125 Aquí vén a cabalería. Por fin. 283 00:18:28,958 --> 00:18:30,083 Vaites. 284 00:18:34,458 --> 00:18:36,541 Agora é seguro, está selado. 285 00:18:36,625 --> 00:18:38,333 Vale, encargámonos nós xa. 286 00:18:39,666 --> 00:18:40,500 Estás ben? 287 00:18:40,583 --> 00:18:41,416 Á dereita. 288 00:18:41,916 --> 00:18:44,291 Si, estou ben. Só foi un accidente. 289 00:18:45,333 --> 00:18:46,208 Estás ben? 290 00:18:47,500 --> 00:18:49,250 - George? - Si, estou aquí. 291 00:18:50,458 --> 00:18:52,583 - Que foi iso? - Un mal momento. 292 00:18:53,208 --> 00:18:55,583 - Sexa o que fora, contivémolo… - Seguro? 293 00:18:56,166 --> 00:18:57,750 Aínda me sinto… raro. Eu… 294 00:18:58,791 --> 00:19:01,250 Escoitades as moscas? Aínda as escoito e… 295 00:19:01,833 --> 00:19:04,333 Non sei. Hai demasiado ruído. 296 00:19:05,041 --> 00:19:08,041 Que máis había dentro? Un adorno? Un espello? 297 00:19:08,125 --> 00:19:12,083 Non sei. Estaba escuro, pero había algo na escuridade. 298 00:19:13,166 --> 00:19:16,750 Non o vin directamente, pero sentín que me miraba. 299 00:19:18,500 --> 00:19:20,416 De aí o cadaleito de ferro. 300 00:19:20,500 --> 00:19:24,416 Leva aí abaixo máis de 100 anos, moito antes do Problema. 301 00:19:24,500 --> 00:19:27,333 Os supersticiosos sempre usaban prata e ferro. 302 00:19:27,833 --> 00:19:29,541 E disparáronlle na cabeza. 303 00:19:29,625 --> 00:19:30,708 Non importa. 304 00:19:30,791 --> 00:19:32,916 Tiñamos un encargo e xa o rematamos, 305 00:19:33,000 --> 00:19:35,250 agora tócalle ó DICP limpar todo isto. 306 00:19:35,333 --> 00:19:36,208 Vedes? 307 00:19:37,291 --> 00:19:40,541 O único que facía falla era botarlle ganas. 308 00:19:40,625 --> 00:19:43,666 A que non foi para tanto? Bo traballo, Lockwood. 309 00:19:43,750 --> 00:19:46,708 Veña comigo asinar uns papeis para poderlles pagar. 310 00:19:46,791 --> 00:19:48,416 - Perfecto. - Ben feito. 311 00:19:48,500 --> 00:19:50,041 - Vixía a George. - Si. 312 00:19:50,125 --> 00:19:52,875 É malo que estea eufórica? Perdón. 313 00:19:52,958 --> 00:19:55,416 É xenial estar cun equipo de verdade. 314 00:19:56,916 --> 00:19:59,500 Impórtalle se lle fago unhas preguntas? 315 00:19:59,583 --> 00:20:03,000 Preciso todo o que poida axudar a identificar o corpo. 316 00:20:03,916 --> 00:20:06,625 Perdoa, descúlpeme un segundo. 317 00:20:06,708 --> 00:20:08,458 Non pasa nada. Podo facelo. 318 00:20:09,333 --> 00:20:11,666 - Estás seguro? - Si. Veña, vamos. 319 00:20:25,750 --> 00:20:27,125 - Aí o ten. - Grazas. 320 00:20:27,208 --> 00:20:29,291 Creo que temos outro por aquí… 321 00:20:29,375 --> 00:20:30,250 Onde se meteu? 322 00:20:30,333 --> 00:20:31,708 O do concello, aquí. 323 00:20:43,166 --> 00:20:44,333 Lucy. 324 00:20:47,541 --> 00:20:48,500 Lucy! 325 00:20:50,291 --> 00:20:51,458 Lucy! 326 00:20:54,708 --> 00:20:55,833 Dixo o meu nome. 327 00:20:57,500 --> 00:21:01,250 Faloume. Esa cousa, dixo o meu nome. 328 00:21:01,333 --> 00:21:03,083 - Eu quedo con isto. - Grazas. 329 00:21:03,166 --> 00:21:05,375 Un pracer facer negocios con vostede. 330 00:21:07,333 --> 00:21:08,958 George, non cruces a cadea. 331 00:21:11,958 --> 00:21:14,250 Por onde imos comezar a investigar? 332 00:21:17,583 --> 00:21:21,083 Había algunha marca distintiva no obxecto que veu dentro? 333 00:21:21,166 --> 00:21:23,166 Non o puiden ver ben. 334 00:21:25,125 --> 00:21:26,416 Non! George. 335 00:21:27,708 --> 00:21:28,583 A rede! 336 00:22:10,416 --> 00:22:11,416 George! 337 00:22:33,166 --> 00:22:35,166 Lucy! 338 00:22:41,208 --> 00:22:42,208 Faino dunha vez. 339 00:22:43,625 --> 00:22:44,541 Vale. 340 00:22:48,875 --> 00:22:50,333 Faláchesme. 341 00:22:52,375 --> 00:22:53,583 Ti. 342 00:22:54,583 --> 00:22:55,416 Ti. 343 00:22:56,500 --> 00:22:57,458 Achégate. 344 00:22:59,708 --> 00:23:02,250 - Grazas. - Podes falar. 345 00:23:02,333 --> 00:23:03,416 Pódesme escoitar. 346 00:23:03,500 --> 00:23:05,458 Non. Estou perdendo a cabeza. 347 00:23:05,541 --> 00:23:07,541 Non. Estala atopando. 348 00:23:07,625 --> 00:23:11,083 - Estiven tan só. - Estamos falando de verdade. 349 00:23:11,833 --> 00:23:13,125 Es un tipo tres. 350 00:23:13,208 --> 00:23:16,291 - Si, moi perigoso. - Si, seino. 351 00:23:16,375 --> 00:23:19,500 Eu non. Eles, se te atopan. 352 00:23:19,583 --> 00:23:22,625 - Como? Quen? - O rapaz ten secretos. 353 00:23:22,708 --> 00:23:23,958 A porta. 354 00:23:24,041 --> 00:23:25,875 - Lockwood? - Podo explicalo. 355 00:23:26,666 --> 00:23:28,916 Pero non nesta xerra. 356 00:23:29,000 --> 00:23:30,000 Déixame saír. 357 00:23:30,875 --> 00:23:33,208 Non podo facer iso. 358 00:23:33,291 --> 00:23:36,583 Pero teño moito que ensinarche, que aprenderche. 359 00:23:37,083 --> 00:23:38,375 Confía en min. 360 00:23:46,250 --> 00:23:48,666 Non, quieta. 361 00:23:49,250 --> 00:23:50,458 Onde estabas? 362 00:23:51,791 --> 00:23:53,333 Traballando no cemiterio. 363 00:23:53,416 --> 00:23:54,958 - Que cemiterio? - Que? 364 00:23:55,041 --> 00:23:57,250 - Estiveches co poder. - Como o sabes? 365 00:23:57,333 --> 00:24:00,916 Dime onde estiveches. Dimo. Avecíñase a morte! 366 00:24:01,000 --> 00:24:02,750 - Basta! - Avecíñase a morte! 367 00:24:02,833 --> 00:24:04,666 Cala! Por favor, cala! 368 00:24:18,333 --> 00:24:21,500 Deixaches entrar un civil no círculo de ferro. 369 00:24:22,000 --> 00:24:22,833 Síntoo. 370 00:24:23,375 --> 00:24:27,333 Joplin buscaba algunha marca e eu vira unha inscrición no espello. 371 00:24:27,416 --> 00:24:29,958 - Agora hai que traducilo. - Non, acabouse. 372 00:24:30,458 --> 00:24:32,791 Se non fose por Lucy, estarías morto. 373 00:24:33,291 --> 00:24:36,500 Están as pantasmas e estamos nós. Matar ou morrer. 374 00:24:37,000 --> 00:24:38,208 Distraícheste. 375 00:24:38,291 --> 00:24:42,833 Lucy liscou no medio dun traballo, pero a ela nunca lle berras así. 376 00:24:42,916 --> 00:24:46,333 E para que o sabias, ese espello é anterior ó Problema. 377 00:24:46,416 --> 00:24:49,958 Pénsao. Déixate fascinar por un segundo. 378 00:24:50,041 --> 00:24:53,333 Quen sabe o que nos pode revelar. Non debemos deixalo. 379 00:24:53,416 --> 00:24:54,541 Que che pasou? 380 00:24:55,208 --> 00:24:56,916 - Debías vixialo. - A caveira. 381 00:24:57,958 --> 00:24:59,125 Acábame de falar. 382 00:24:59,208 --> 00:25:02,500 E non nun bucle mortal aleatorio. Una conversa real. 383 00:25:03,458 --> 00:25:04,291 Comigo. 384 00:25:05,708 --> 00:25:07,333 Estache a falar agora? 385 00:25:08,166 --> 00:25:12,125 Non. Sei como pode soar, pero pasou de verdade. 386 00:25:12,625 --> 00:25:16,583 Digo a verdade. Chamoume polo nome. Por iso me desmaiei onte. 387 00:25:16,666 --> 00:25:20,166 - Lucy, iso é imposible. - Non o é. Marissa Fittes fíxoo. 388 00:25:21,750 --> 00:25:26,000 Se xiras esta válvula, pódese escoitar a súa voz. 389 00:25:27,083 --> 00:25:29,458 Veña, George. Tesme que crer. 390 00:25:32,750 --> 00:25:36,750 Dixo que tiñas algo perigoso agochado no teu cuarto secreto. 391 00:25:37,250 --> 00:25:39,166 Entón? Está aí? 392 00:25:39,833 --> 00:25:40,750 Porque se está, 393 00:25:40,833 --> 00:25:44,208 iso proba que temos un verdadeiro tipo tres 394 00:25:44,291 --> 00:25:47,416 - e que son poderosa que te cagas… - Tola de remate. 395 00:25:49,833 --> 00:25:51,166 A ferida é grave. 396 00:25:51,250 --> 00:25:53,083 Necesitas que cha miren. 397 00:25:53,166 --> 00:25:55,500 - Pode que che entraran toxinas. - Non! 398 00:25:55,583 --> 00:25:59,875 Non estou intoxicada nin paranoica nin tola. George, mírame! 399 00:26:01,333 --> 00:26:02,333 É real! 400 00:26:04,375 --> 00:26:07,958 Isto é o que pasa cando a xente usa fontes como complementos. 401 00:26:08,041 --> 00:26:11,583 Décheslle carta libre porque che gusta como te mira. 402 00:26:11,666 --> 00:26:12,958 E o distraído son eu? 403 00:26:13,041 --> 00:26:15,416 - Non sei de que falas. - Si, xa. 404 00:26:19,333 --> 00:26:21,750 Lockwood, por favor, tesme que crer. 405 00:26:21,833 --> 00:26:24,083 - Non es Marissa Fittes. - Por que? 406 00:26:25,541 --> 00:26:29,041 Porque ti non soportas ser o meu Tom Rotwell? Ser o segundo? 407 00:26:31,958 --> 00:26:34,000 Mi madriña. É iso, non? 408 00:26:35,000 --> 00:26:37,375 Porque sabes que non minto 409 00:26:37,458 --> 00:26:39,875 sobre o que hai nese maldito cuarto. 410 00:26:39,958 --> 00:26:42,291 Falas de cousas que non entendes. 411 00:26:42,375 --> 00:26:45,583 Escoitas ós visitantes mellor ca ninguén que coñeza, 412 00:26:45,666 --> 00:26:50,875 pero non podes falar con eles e se volves amentar ese cuarto, isto acabouse. 413 00:27:28,875 --> 00:27:33,208 Antes da clasificación, o traballo dos axentes era caótico e impredicible. 414 00:27:33,291 --> 00:27:35,125 Loitaban na escuridade. 415 00:27:35,666 --> 00:27:37,125 Non se estudaban. 416 00:27:38,500 --> 00:27:42,791 Cando comezamos a advertir patróns de conduta, comezouse a categorizar. 417 00:27:43,416 --> 00:27:46,750 Os máis débiles son de tipo un, e os fortes de tipo dous. 418 00:27:48,208 --> 00:27:52,000 Vostede falou doutro máis, unha categoría controvertida: 419 00:27:52,083 --> 00:27:53,208 o tipo tres. 420 00:27:53,708 --> 00:27:58,250 Tan raro que vostede é a única persoa coñecida que atopou un. 421 00:28:00,375 --> 00:28:01,458 Cal é a pregunta? 422 00:28:02,833 --> 00:28:05,916 ¿Que lle di a quen non cre que existan os tipo tres, 423 00:28:06,000 --> 00:28:07,583 ós que cren que é un mito? 424 00:28:09,500 --> 00:28:12,708 A negación é unha reacción habitual ante ideas novas. 425 00:28:13,208 --> 00:28:15,208 Sobre todo cunhas tan arrepiantes. 426 00:28:16,458 --> 00:28:20,500 Un tipo tres é un visitante que se nega a marchar do plano mortal. 427 00:28:22,625 --> 00:28:25,916 Un espírito dunha forza e intelixencia extraordinarias. 428 00:28:27,416 --> 00:28:29,916 É quen de pensar, sentir e falar coma nós, 429 00:28:30,458 --> 00:28:34,333 pero está só e nas tebras por toda a eternidade. 430 00:28:35,541 --> 00:28:38,708 Ata que chega alguén co talento para se comunicaren. 431 00:28:40,250 --> 00:28:43,583 E, ata onde sabemos, parece que eu son a única capaz. 432 00:28:46,958 --> 00:28:47,791 Si? 433 00:28:54,791 --> 00:28:55,708 Ola. 434 00:28:58,916 --> 00:29:01,750 Sei que parezo Anthony Lockwood, pero non o son. 435 00:29:02,583 --> 00:29:05,083 De certo, son un doutor cualificado… 436 00:29:06,916 --> 00:29:07,750 Ben. 437 00:29:08,583 --> 00:29:11,000 Porque o outro foi un parvo comigo. 438 00:29:17,000 --> 00:29:17,958 Veña logo. 439 00:29:18,041 --> 00:29:18,958 Sóltao. 440 00:29:30,125 --> 00:29:31,375 Non sei que debería… 441 00:29:42,541 --> 00:29:43,833 Isto vaiche doer. 442 00:29:45,083 --> 00:29:46,375 Grazas polo aviso. 443 00:29:50,083 --> 00:29:50,916 Eu quedei… 444 00:29:52,208 --> 00:29:55,333 Quedei orfo ós seis anos. 445 00:29:56,791 --> 00:29:57,625 Entón… 446 00:30:01,416 --> 00:30:04,750 Todo o que podo dicir é que non me gusta falar do pasado. 447 00:30:07,750 --> 00:30:09,666 Iso é o que hai tras esa porta. 448 00:30:11,083 --> 00:30:11,916 Vale. 449 00:30:14,750 --> 00:30:15,583 E… 450 00:30:17,083 --> 00:30:20,416 empregáchela para me convencer 451 00:30:21,291 --> 00:30:26,041 de que es unha das dúas únicas persoas na historia da humanidade 452 00:30:26,833 --> 00:30:28,916 capaz de falar coas pantasmas, 453 00:30:29,500 --> 00:30:34,250 pero, tamén, de que temos unha pantasma de tipo tres na casa. 454 00:30:34,333 --> 00:30:39,125 Dous sucesos cunha probabilidade de un entre mil millóns. 455 00:30:40,916 --> 00:30:43,916 E a posibilidade de que teñas razón é… 456 00:30:44,000 --> 00:30:46,958 Seino. Eu tampouco me crería. 457 00:30:48,375 --> 00:30:51,541 Ese… non é o problema. 458 00:30:53,041 --> 00:30:57,750 O problema é que cando gustas da atención tanto coma min, 459 00:30:58,750 --> 00:31:05,500 custa decatarse que, ó mellor, a verdadeira razón pola que estás aquí 460 00:31:05,583 --> 00:31:07,500 é para prestarlla a alguén. 461 00:31:14,166 --> 00:31:15,083 Cresme. 462 00:31:17,000 --> 00:31:17,833 Si. 463 00:31:19,291 --> 00:31:20,291 Sobre todo. 464 00:31:26,083 --> 00:31:26,916 Grazas. 465 00:31:30,541 --> 00:31:32,666 Sabes que eu non quero a atención? 466 00:31:33,916 --> 00:31:34,750 Seino. 467 00:31:36,083 --> 00:31:37,166 Rebéntame. 468 00:31:38,916 --> 00:31:42,416 Supoño que iso fai que sexa un activo, non? 469 00:31:45,166 --> 00:31:47,083 Non volverei cometer ese erro. 470 00:31:50,791 --> 00:31:51,916 Iremos con coidado. 471 00:31:53,833 --> 00:31:54,666 Prométocho. 472 00:32:07,333 --> 00:32:09,375 Entón, dime, que che dixo? 473 00:32:09,458 --> 00:32:10,291 Si. 474 00:32:10,833 --> 00:32:14,583 Ben… dixo que cheiraba a poder. 475 00:32:14,666 --> 00:32:18,208 Púxose desagradable e berrou una rara profecía sobre a morte. 476 00:32:19,166 --> 00:32:22,166 - Que profecía? - Si, seino. Parece importante. 477 00:32:22,958 --> 00:32:24,875 Pero parecía estar convencido. 478 00:32:26,416 --> 00:32:28,041 Haillo que contar a George. 479 00:32:33,333 --> 00:32:34,208 A George? 480 00:32:38,250 --> 00:32:39,583 Perdón polo de antes. 481 00:32:41,833 --> 00:32:42,750 Podemos falar? 482 00:32:48,041 --> 00:32:50,916 Lockwood, onde está? Son as dúas da mañá. 483 00:32:57,541 --> 00:32:58,750 Hai que atopalo. 484 00:32:59,625 --> 00:33:00,458 Xa. 485 00:33:03,125 --> 00:33:07,791 A VERDADE XACE NO ALÉN 486 00:33:37,333 --> 00:33:39,791 A escena dun crime. Que pasou aquí? 487 00:33:53,250 --> 00:33:54,083 Karim. 488 00:33:58,333 --> 00:34:01,166 - Que carallo fas aquí? - Eu non fun. 489 00:34:01,250 --> 00:34:03,291 O que sexa que alguén fixera. 490 00:34:03,875 --> 00:34:06,583 Estás na escena do crime e roubaron o espello. 491 00:34:06,666 --> 00:34:09,291 Como? Pero se o atopamos hai só unhas horas. 492 00:34:09,916 --> 00:34:14,166 Dixéronme que o desenterrastes vós. Algo fóra do normal? 493 00:34:15,125 --> 00:34:18,000 Non. Seguimos as normas. Algún sospeitoso? 494 00:34:18,083 --> 00:34:19,041 Aínda non. 495 00:34:20,208 --> 00:34:23,041 Pero deixaron inconsciente a un neno da patrulla 496 00:34:23,750 --> 00:34:25,041 e van pagar por iso. 497 00:34:26,000 --> 00:34:27,416 Non nos avisastes? 498 00:34:27,500 --> 00:34:29,000 Xa non é o voso caso. 499 00:34:30,083 --> 00:34:31,333 Lévao outro equipo. 500 00:34:33,625 --> 00:34:36,750 Karim! Acabamos de saber o da vosa escavación. 501 00:34:37,916 --> 00:34:41,583 Anda por aquí Lockwood ou vaiche cargar a ti co morto? 502 00:34:42,083 --> 00:34:43,541 Estamos aquí. 503 00:34:44,250 --> 00:34:45,125 Boas noites. 504 00:34:45,625 --> 00:34:47,916 - Todo ben? - Boas noites, inspector. 505 00:34:48,000 --> 00:34:50,333 Anthony Lockwood e os problemas. 506 00:34:51,041 --> 00:34:52,291 O conto de sempre. 507 00:34:52,791 --> 00:34:56,166 Alégrame verte aquí, Kipps. Van xa tres veces esta semana? 508 00:34:56,250 --> 00:34:58,208 - Dúas. - Roubaron o espello. 509 00:34:59,875 --> 00:35:03,000 - É importante. - É tal, si. É o noso caso. 510 00:35:03,083 --> 00:35:06,416 Xa non. Acabamos de facer un informe preliminar. 511 00:35:07,625 --> 00:35:11,541 A primeira pista é o uso dun cadaleito de ferro antes do Problema. 512 00:35:12,041 --> 00:35:15,750 A base de datos de Fittes confirma que é un destilador 513 00:35:15,833 --> 00:35:18,250 empregado a finais do século XIX. 514 00:35:18,333 --> 00:35:21,833 Tamén confirma que en 1886 houbo unha gran disputa 515 00:35:21,916 --> 00:35:24,041 na destilería Hildrew's Ales. 516 00:35:24,916 --> 00:35:25,916 Aí o ten, señor. 517 00:35:26,416 --> 00:35:28,958 Este home tan ben vestido era o dono, 518 00:35:29,041 --> 00:35:32,416 asasinado polos traballadores e enterrado de improviso. 519 00:35:32,500 --> 00:35:35,375 - Un homicidio accidental? - Unha morte horrible. 520 00:35:36,250 --> 00:35:38,250 Iso explicaría a súa inquietude. 521 00:35:38,958 --> 00:35:43,000 O espello era un obxecto persoal, demasiado valioso para ser a fonte. 522 00:35:44,291 --> 00:35:46,416 Salvo que Karim teña outra resposta? 523 00:35:49,250 --> 00:35:50,458 De feito, así é. 524 00:35:51,458 --> 00:35:52,708 - Tes? - Si. 525 00:35:52,791 --> 00:35:54,250 Seguro que si? 526 00:35:54,333 --> 00:35:55,708 Sei quen era ese home. 527 00:35:57,750 --> 00:35:59,125 Xa pode ser bo, Karim. 528 00:36:01,541 --> 00:36:05,458 ¿Por que carrexaría alguén un destilador máis de tres quilómetros 529 00:36:05,541 --> 00:36:07,500 só para enterrar un corpo? 530 00:36:08,375 --> 00:36:10,000 Porque está feito de ferro. 531 00:36:10,083 --> 00:36:13,125 Para protexerte dos espíritos que vas enterrar. 532 00:36:13,208 --> 00:36:17,208 Abofé, pero falamos dun século antes do Problema. Iso é raro. 533 00:36:17,291 --> 00:36:20,625 E despois está a inscrición do espello. Veríala, non si? 534 00:36:20,708 --> 00:36:23,708 Estamos con ela. Temos un tradutor de arameo. 535 00:36:24,833 --> 00:36:27,250 Agradeceravos o traballo, pero é fenicio. 536 00:36:27,333 --> 00:36:29,916 Popular nos círculos ocultistas Vitorianos. 537 00:36:30,416 --> 00:36:34,416 - Di "A verdade xace no alén". - O slogan da Compañía Brazos Abertos. 538 00:36:34,500 --> 00:36:36,750 E doutras moitas seitas fantasmais, 539 00:36:36,833 --> 00:36:40,375 pero este é o uso máis antigo rexistrado. Foi un asasinato. 540 00:36:40,458 --> 00:36:44,875 Trátase dun podente ocultista, un visionario, executado e enterrado 541 00:36:44,958 --> 00:36:48,125 cun espello que valería unha fortuna no mercado negro. 542 00:36:49,333 --> 00:36:52,083 Entón, o caso é noso? 543 00:36:52,166 --> 00:36:55,041 Se tendes un nome, si. Estou indeciso. 544 00:36:56,875 --> 00:37:00,041 Pon algo nese informe do Dr. Edmund Bickerstaff? 545 00:37:00,125 --> 00:37:01,958 Eran os donos do cemiterio. 546 00:37:02,041 --> 00:37:05,708 Edmund Bickerstaff? O pervertido máis famoso do país. 547 00:37:06,333 --> 00:37:07,416 Pode que non. 548 00:37:07,916 --> 00:37:11,791 E se todo foi para encubrir a verdade de por que exhumaba corpos? 549 00:37:11,875 --> 00:37:13,250 Que facía, xa non sei, 550 00:37:13,333 --> 00:37:16,541 pero o cadaleito e a inscrición coas pantasmas. 551 00:37:16,625 --> 00:37:18,041 Non tes probas. 552 00:37:19,375 --> 00:37:23,833 É intuición. Lin nun libro, se aínda lembras o que son, 553 00:37:24,583 --> 00:37:28,666 que os vitorianos ricos marcaban os seus obxectos en caso de roubo. 554 00:37:29,166 --> 00:37:32,416 Por que non abres esa tapa para min? 555 00:37:43,916 --> 00:37:45,458 O brasón de Bickerstaff. 556 00:37:46,916 --> 00:37:50,125 Grazas, Bobby. Fuches un bo asistente. 557 00:37:50,208 --> 00:37:52,833 O home do cadaleito é Edmund Bickerstaff. 558 00:37:52,916 --> 00:37:56,125 Un sospeitoso doutor vitoriano relacionado co ocultismo 559 00:37:56,208 --> 00:37:59,750 e un espello moi valioso para un fato de xente ruín. 560 00:38:01,083 --> 00:38:03,583 Ben, parece que gañaron os mellores. 561 00:38:03,666 --> 00:38:05,708 - Cala a boca! - O caso é noso! 562 00:38:05,791 --> 00:38:08,166 - Non saberiades nada. - Cala a boca. 563 00:38:08,250 --> 00:38:10,541 - Crías que era un empresario. - Cala! 564 00:38:14,833 --> 00:38:18,041 Traballaredes todos no caso. Xuntos. 565 00:38:19,125 --> 00:38:20,500 Suporá un problema? 566 00:38:24,166 --> 00:38:25,875 Ningún, inspector. 567 00:38:28,500 --> 00:38:30,375 - Non, inspector. - Ben. 568 00:38:31,125 --> 00:38:34,250 Atopade a reliquia, a quen a roubou e por que. 569 00:38:34,333 --> 00:38:36,916 Quero que vos informedes, que vos apoiedes 570 00:38:37,000 --> 00:38:38,958 e que o resolvades decontado. 571 00:38:43,750 --> 00:38:44,750 Bulide! 572 00:38:48,375 --> 00:38:50,375 - Vamos. - Perdón. É culpa miña. 573 00:38:51,250 --> 00:38:54,208 Supoño que Lockwood decidiu crerte, non? 574 00:38:54,291 --> 00:38:56,708 Pode ser. Non espero que ti me creas. 575 00:38:56,791 --> 00:38:58,458 Ben. Imos comer algo? 576 00:38:58,541 --> 00:39:02,125 - George Casper Karim, es un xenio. - Iso é unha desculpa? 577 00:39:02,625 --> 00:39:05,666 Si. Non debín ignorar a túa boa concentración. 578 00:39:06,166 --> 00:39:08,125 Aínda así, creo todo o que dixen. 579 00:39:08,208 --> 00:39:11,250 O espello é unha pista para entendermos o Problema. 580 00:39:11,333 --> 00:39:14,000 Estou seguro. Temos que recuperalo. 581 00:39:14,083 --> 00:39:16,583 - Non axudaremos a Fittes, non? - Lockwood! 582 00:39:17,750 --> 00:39:19,125 De que ides? 583 00:39:19,791 --> 00:39:22,458 A comisión era nosa. Este caso vaivos grande. 584 00:39:23,791 --> 00:39:27,333 Ben sabes que non, Kipps. Róeche por dentro, non si? 585 00:39:27,416 --> 00:39:30,041 Traballamos mellor ca ninguén. 586 00:39:31,583 --> 00:39:33,791 - Non valedes para nada. - Arre demo. 587 00:39:34,291 --> 00:39:37,375 Quill Kipps, o irrelevante. 588 00:39:38,041 --> 00:39:40,041 Alguén te tiña que chimpar. 589 00:39:40,875 --> 00:39:43,333 Non penso traballar con vós nin tolo. 590 00:39:43,416 --> 00:39:44,916 Sabía que dirías iso. 591 00:39:45,000 --> 00:39:47,208 Queres animar un pouco as cousas? 592 00:39:48,208 --> 00:39:49,833 Unha carreira polo espello. 593 00:39:50,458 --> 00:39:54,958 O perdedor retirarase e felicitará ó gañador no The Times. 594 00:39:56,333 --> 00:39:57,416 Unha felicitación? 595 00:39:58,333 --> 00:40:00,625 Madura, Tony. As normas serán estas. 596 00:40:01,458 --> 00:40:04,708 O perdedor dimite e non volve traballar no sector. 597 00:40:06,791 --> 00:40:10,416 Londres estará máis seguro sen eses tres afeccionados soltos. 598 00:40:13,000 --> 00:40:13,833 Temos trato? 599 00:40:18,250 --> 00:40:21,583 Que pasa, Tony? Tes medo de perder? 600 00:40:27,416 --> 00:40:28,875 Estás de broma. 601 00:40:30,583 --> 00:40:32,041 Goza do teu último caso. 602 00:40:43,291 --> 00:40:44,750 Que raio fai? 603 00:40:49,416 --> 00:40:51,250 O que lle sae do cu. 604 00:42:13,791 --> 00:42:18,833 Subtítulos: Darío Vázquez Filgueira