1 00:00:41,375 --> 00:00:44,166 Déixame. 2 00:00:47,416 --> 00:00:49,375 Déixame. 3 00:00:50,958 --> 00:00:52,083 Déixame. 4 00:00:53,333 --> 00:00:55,375 Déixame! 5 00:01:15,083 --> 00:01:15,916 Lockwood? 6 00:01:17,708 --> 00:01:18,541 Lockwood? 7 00:01:21,208 --> 00:01:22,208 Lockwood? 8 00:01:23,333 --> 00:01:25,208 - Atopei un! - Lockwood! 9 00:01:25,291 --> 00:01:26,166 Aquí. 10 00:01:27,000 --> 00:01:29,041 - Lockwood! - Somos do DICP. 11 00:01:29,125 --> 00:01:31,333 - Hai alguén dentro? - Lockwood! 12 00:01:33,333 --> 00:01:35,500 MORTES SEN EXPLICACIÓN 13 00:01:36,583 --> 00:01:38,458 AS PANTASMAS ANDAN ENTRE NÓS 14 00:01:41,833 --> 00:01:43,750 O ROCE FANTASMAL MATA 15 00:01:46,375 --> 00:01:47,375 MORTES 16 00:01:52,333 --> 00:01:54,791 TOQUE DE QUEDA OBRIGATORIO 17 00:01:57,500 --> 00:01:59,958 CRISE ECONÓMICA 18 00:02:02,708 --> 00:02:05,000 FERRO, PRATA, SAL: A MELLOR DEFENSA 19 00:02:06,708 --> 00:02:07,541 ACCIÓNS 20 00:02:07,625 --> 00:02:10,041 BASEADA NAS NOVELAS DE JONATHAN STROUD 21 00:02:11,000 --> 00:02:12,333 SENTEN PANTASMAS CO DON 22 00:02:20,041 --> 00:02:21,541 MORTES 23 00:02:21,625 --> 00:02:23,333 "O PROBLEMA" 50 ANOS DESPOIS 24 00:02:35,250 --> 00:02:36,208 Señora Lockwood? 25 00:02:36,833 --> 00:02:40,208 Ese é o nome da axencia, eu chámome Lucy Carlyle. 26 00:02:40,750 --> 00:02:43,791 - Desculpe o erro. - Lockwood é o meu compañeiro. 27 00:02:44,291 --> 00:02:49,250 Máis ben o meu xefe. Un compañeiro de traballo. 28 00:02:50,208 --> 00:02:53,166 - Está aquí? - Non. Chamamos a súa nai. 29 00:02:54,500 --> 00:02:56,541 Non lle diriades onde estou, non? 30 00:02:57,208 --> 00:02:59,750 Non preguntou, rula. Parecía moi ocupada. 31 00:03:00,416 --> 00:03:04,916 Agora vén o doutor. Descansa ata que che de a alta. 32 00:03:36,666 --> 00:03:37,666 Señorita Carlyle? 33 00:03:38,458 --> 00:03:39,500 Lucy Carlyle? 34 00:03:44,958 --> 00:03:45,916 Mi madriña! 35 00:04:15,625 --> 00:04:16,791 Señor Lockwood. 36 00:04:16,875 --> 00:04:20,250 Si. Ola. Con quen teño o pracer de… 37 00:04:20,333 --> 00:04:21,416 Inspector Barnes. 38 00:04:22,916 --> 00:04:25,750 Departamento de Investigación e Control Psíquico. 39 00:04:25,833 --> 00:04:30,875 Non me gustan os axentes que queiman casas enteiras, poñen vidas en perigo, 40 00:04:30,958 --> 00:04:33,708 e infrinxen a lei de xeitos que nin imaxinan. 41 00:04:33,791 --> 00:04:36,750 Permítame que lle conte a miña parte da historia. 42 00:04:37,916 --> 00:04:39,541 Pode que non o saiba, 43 00:04:39,625 --> 00:04:43,916 pero a información do caso que se nos deu era errónea. 44 00:04:45,250 --> 00:04:48,375 Por iso, fomos violentamente atacados… 45 00:04:52,041 --> 00:04:53,166 Isto non está ben. 46 00:04:53,250 --> 00:04:56,541 Debes 60 000 libras en danos, a pagar en dúas semanas, 47 00:04:56,625 --> 00:04:58,083 ou péchanche a axencia. 48 00:04:58,166 --> 00:05:01,708 Débenllo vostedes, cúbrenos o seguro do DICP. 49 00:05:01,791 --> 00:05:05,875 Usaron fulgor de magnesio no interior e non tiñan cadeas de ferro. 50 00:05:06,416 --> 00:05:07,958 A súa póliza non o cobre. 51 00:05:08,583 --> 00:05:13,041 Vin a súa ficha. Pon que vai pola súa conta, sen supervisión. 52 00:05:13,125 --> 00:05:15,458 Un adulto evitaría que morrese alguén. 53 00:05:15,541 --> 00:05:18,041 Non morreu ninguén. Non comigo ó mando. 54 00:05:18,125 --> 00:05:19,750 Eu estou ó mando. 55 00:05:20,750 --> 00:05:22,333 Paga ou tes que pechar. 56 00:05:45,750 --> 00:05:46,708 E Lockwood? 57 00:05:46,791 --> 00:05:48,708 Non te alegras de verme? 58 00:05:49,208 --> 00:05:53,750 Que tal un "Lucy, alégrome de que esteas ben" ou un "que alivio"? 59 00:05:53,833 --> 00:05:57,208 Alégrome de que esteas ben e é un alivio, Lucy. 60 00:05:57,708 --> 00:06:01,083 - Non o digas tal cal! - Onde está Lockwood, Lucy? 61 00:06:01,166 --> 00:06:04,041 Eu que raio sei? Desapareceu. 62 00:06:05,041 --> 00:06:07,458 Por que estiveches nun hospital? 63 00:06:07,541 --> 00:06:09,208 George, dáme un segundo. 64 00:06:09,291 --> 00:06:12,750 Se o dis metaforicamente, dime canto dura ese segundo 65 00:06:12,833 --> 00:06:15,791 porque se é máis dun minuto, podo facer… 66 00:06:15,875 --> 00:06:20,000 Nas últimas 12 horas, case me asasina un tipo dous. 67 00:06:20,541 --> 00:06:21,416 Dúas veces. 68 00:06:21,500 --> 00:06:24,958 Saltei dunha casa ardendo, caín de fociños nun arbusto 69 00:06:25,041 --> 00:06:29,000 e metéronme un tubo pola gorxa ata os pulmóns, polo que acouga! 70 00:06:30,375 --> 00:06:32,333 Se me esperarades non pasaría. 71 00:06:32,416 --> 00:06:33,250 Viñas tarde. 72 00:06:33,333 --> 00:06:36,291 Investigaba para saber a que nos enfrontabamos. 73 00:06:36,375 --> 00:06:38,666 Imaxino que sería un vello… 74 00:06:38,750 --> 00:06:39,583 É ela. 75 00:06:40,083 --> 00:06:42,083 Como prendeu lume na casa, Lucy? 76 00:06:42,166 --> 00:06:43,375 Vaia, era moi nova. 77 00:06:43,458 --> 00:06:45,625 - Queimástela, non si? - Esta muller. 78 00:06:46,125 --> 00:06:48,125 - Quen era? - Nin me escoitas. 79 00:06:48,208 --> 00:06:53,291 Esta foto, George. Atacounos a súa pantasma. 80 00:06:53,958 --> 00:06:58,750 Sentín que necesitaba a miña axuda. Dime quen era. 81 00:06:59,458 --> 00:07:03,458 Era unha nova estrela dos 80, ía ir a Hollywood ata que desapareceu. 82 00:07:03,541 --> 00:07:08,166 O seu corpo estaba emparedado nunha cheminea. Alguén a matou. 83 00:07:08,250 --> 00:07:10,916 Se tivésedes máis interese antes de ir… 84 00:07:11,000 --> 00:07:14,000 Decidiuno Lockwood. Que querías que lle dixese? 85 00:07:14,083 --> 00:07:18,375 Tes que dicir que non, Lucy. Senón farás que sexa peor. 86 00:07:18,458 --> 00:07:22,291 Alégrame que vos levedes ben. Diría que tendes chispa, pero… 87 00:07:22,375 --> 00:07:23,916 - De onde vés? - Estás ben? 88 00:07:24,000 --> 00:07:26,416 - Non esperaches. - George descubriu algo. 89 00:07:26,500 --> 00:07:28,416 Podemos facer isto despois? 90 00:07:28,500 --> 00:07:31,208 Teño que durmir. Poñémonos ó día no almorzo? 91 00:07:32,083 --> 00:07:35,291 Se fas o teu ghormeh sabzi con moito de arroz, 92 00:07:35,375 --> 00:07:36,708 quéroche de por vida. 93 00:07:39,291 --> 00:07:40,666 Interesante modeliño. 94 00:07:41,166 --> 00:07:44,875 Non te facía por unha fan dos unicornios. Nin do arco da vella. 95 00:08:18,583 --> 00:08:20,000 Déixame. 96 00:08:21,083 --> 00:08:22,916 Déixame! 97 00:08:36,500 --> 00:08:37,333 Lucy? 98 00:08:39,000 --> 00:08:39,833 Lucy? 99 00:08:41,541 --> 00:08:42,375 Lucy! 100 00:08:44,250 --> 00:08:45,375 Que fas? 101 00:08:47,375 --> 00:08:50,750 O baño ten fecho, sabes? E outros necesitamos entrar. 102 00:08:51,583 --> 00:08:52,916 Que che pasa? 103 00:08:53,416 --> 00:08:54,583 Isto non é normal. 104 00:09:01,541 --> 00:09:02,541 Ola, Norrie. 105 00:09:04,041 --> 00:09:05,666 Non adiviñarías onde estou. 106 00:09:07,583 --> 00:09:08,791 Cumprín a promesa. 107 00:09:10,541 --> 00:09:11,583 Estou en Londres. 108 00:09:12,333 --> 00:09:16,125 Fittes e Rotwell non me quixeron nin ver e acabei… 109 00:09:19,375 --> 00:09:21,125 Non sei non onde acabei. 110 00:09:21,875 --> 00:09:25,333 É unha pequena axencia que levan dous rapaces. 111 00:09:25,916 --> 00:09:28,166 Un rico que se cre o mellor 112 00:09:28,250 --> 00:09:30,750 e o raro e túzaro do seu compañeiro. 113 00:09:32,416 --> 00:09:36,375 Onte queimamos unha casa loitando contra un tipo dous. 114 00:09:37,208 --> 00:09:38,416 A súa pantasma… 115 00:09:40,583 --> 00:09:42,375 lembroume moito a ti. 116 00:09:44,666 --> 00:09:46,833 Cando contactei con ela, foi como… 117 00:09:48,250 --> 00:09:52,708 Non sei, sentín algo que xamais sentira. 118 00:09:52,791 --> 00:09:53,625 Como se… 119 00:09:55,666 --> 00:09:59,458 Como se estivese na miña cabeza. Como se me necesitase. 120 00:09:59,541 --> 00:10:01,333 Como se a tivese que axudar. 121 00:10:05,875 --> 00:10:07,875 Como se a tivera que axudar. 122 00:10:13,833 --> 00:10:15,583 Creo que se me vai a perola. 123 00:10:19,083 --> 00:10:21,291 Oxalá estiveses aquí comigo, Norrie. 124 00:10:26,541 --> 00:10:27,625 Bótote de menos. 125 00:10:33,958 --> 00:10:35,083 Bótote de menos. 126 00:10:39,666 --> 00:10:41,666 Grazas. Ten boa pinta. 127 00:10:42,166 --> 00:10:45,083 Non tal. Parece que o cociñei nun volcán activo. 128 00:10:46,000 --> 00:10:48,750 Xa pillei toda a historia. 129 00:10:50,083 --> 00:10:53,875 - Igual que todo Londres. - "Canallas" soa ben. 130 00:10:54,458 --> 00:10:56,708 "Acusados de incendio" deslóceo. 131 00:10:56,791 --> 00:10:59,625 Xenial. Chámanme Andrew Lockwood. 132 00:11:00,416 --> 00:11:04,416 Dubido que ese sexa o maior problema. Temos un cento de cancelacións. 133 00:11:04,500 --> 00:11:07,708 - Ó DICP levarao o demo. - Non será nada. Arranxareino. 134 00:11:07,791 --> 00:11:09,125 Non é só iso. 135 00:11:10,250 --> 00:11:11,791 Algo lle pasa a Lucy. 136 00:11:12,875 --> 00:11:14,291 Estamos todos nerviosos. 137 00:11:14,375 --> 00:11:16,250 Meteuse na bañeira coa roupa. 138 00:11:16,916 --> 00:11:18,666 As mulleres son raras. 139 00:11:19,166 --> 00:11:21,416 - Non ten importancia. - Vai en serio. 140 00:11:21,500 --> 00:11:25,291 Dende que a contrataches, vai todo mal. E se é inestable? 141 00:11:25,375 --> 00:11:28,083 - Non é inestable. - Mira quen foi falar. 142 00:11:28,666 --> 00:11:31,916 - Necesitas xente normal. - Considéraste normal? 143 00:11:32,416 --> 00:11:36,291 De selo, seguirías en Fittes e non seríamos amigos. 144 00:11:37,208 --> 00:11:41,250 Xa sabes, todos finxen que teñen as cousas baixo control. 145 00:11:41,916 --> 00:11:45,125 O DICP, as grandes axencias. É todo fachada. 146 00:11:45,750 --> 00:11:48,666 O mundo está tolo e o normal nunca arranxou nada. 147 00:11:49,666 --> 00:11:52,375 Iso sabémolo. É o noso forte. 148 00:11:53,000 --> 00:11:55,208 Obsesiónaste investigando, 149 00:11:55,291 --> 00:11:58,083 pero atopas o ouro que todo o mundo obvia. 150 00:11:59,083 --> 00:12:04,416 E si, Lucy pode ser algo rara, pero é coma nós. 151 00:12:05,958 --> 00:12:06,958 Estou seguro. 152 00:12:07,791 --> 00:12:12,041 Queimou unha casa. Váiselle a perola. Tela que chimpar, Lockwood. 153 00:12:14,375 --> 00:12:16,166 Deixa que o pense. 154 00:12:19,916 --> 00:12:24,000 QUERIDA SEÑORA WHITE. POR FAVOR, PÓÑALLE ISTO A NORRIE. 155 00:12:24,083 --> 00:12:26,833 DÍGALLE QUE A QUERO. BICOS, LUCY. 156 00:13:24,541 --> 00:13:26,041 Se me fas dano, 157 00:13:27,416 --> 00:13:29,000 non che poderei axudar. 158 00:13:32,416 --> 00:13:33,791 Déixame. 159 00:13:46,208 --> 00:13:47,625 Lockwood, esperta! 160 00:13:48,541 --> 00:13:49,375 Está aquí. 161 00:13:50,291 --> 00:13:52,916 - Quen? - Annabel Ward. A pantasma. 162 00:13:53,000 --> 00:13:54,625 Veña, onde tes a bolsa? 163 00:13:54,708 --> 00:13:56,208 Abaixo. Colle as botas. 164 00:13:56,291 --> 00:13:57,166 As botas? 165 00:14:03,541 --> 00:14:06,333 Agora tócasme as narices a distancia? 166 00:14:06,416 --> 00:14:09,041 - A pantasma está aquí. - Iso é imposible. 167 00:14:09,125 --> 00:14:11,666 Para que che mentiría? Está no meu cuarto. 168 00:14:12,666 --> 00:14:15,875 Vale. Vinte segundos, literais. 169 00:14:26,500 --> 00:14:28,125 Vas sen pantalóns? 170 00:14:29,291 --> 00:14:30,708 Iso é para débiles. 171 00:14:39,750 --> 00:14:40,875 Non sinto nada. 172 00:14:42,541 --> 00:14:45,041 - Non vexo nada. - Estaba aí. 173 00:14:45,875 --> 00:14:47,000 Xúroo. 174 00:14:58,000 --> 00:15:00,333 Espertaches e flotaba por riba túa? 175 00:15:00,416 --> 00:15:01,250 Si. 176 00:15:02,666 --> 00:15:04,625 Non ten sentido que estea aquí. 177 00:15:06,000 --> 00:15:07,208 Contivemos a fonte. 178 00:15:08,583 --> 00:15:10,250 Cubrimos o corpo coa rede. 179 00:15:11,666 --> 00:15:16,083 Como chegou aquí? Nin que a súa fonte estivera na casa. 180 00:15:20,625 --> 00:15:21,458 Non está, non? 181 00:15:25,875 --> 00:15:26,875 Volveu. 182 00:15:29,500 --> 00:15:30,833 Rise de nós. 183 00:15:39,625 --> 00:15:40,458 George. 184 00:15:41,625 --> 00:15:44,125 Non te movas. 185 00:15:46,041 --> 00:15:47,916 Dime que é unha avespa. 186 00:15:48,000 --> 00:15:50,458 Queda totalmente quieto. 187 00:15:52,208 --> 00:15:53,791 Pensándoo mellor, móvete! 188 00:15:59,625 --> 00:16:00,833 Non era unha avespa. 189 00:16:04,083 --> 00:16:06,125 Se sabes cal pode ser a súa fonte 190 00:16:06,208 --> 00:16:08,083 é un bo momento para dicilo. 191 00:16:10,041 --> 00:16:16,333 Empezo a crer que… creo que sei o que é. 192 00:16:16,416 --> 00:16:18,750 Con calma. Non temos presión ningunha. 193 00:16:27,125 --> 00:16:28,208 Onde está, Lucy? 194 00:16:28,291 --> 00:16:31,833 Tiña o anel na man e quedei durmida con el. 195 00:16:31,916 --> 00:16:34,375 - Imos morrer todos. - Está na cama? 196 00:16:34,458 --> 00:16:38,458 Si. Pode ser. Non o sei. 197 00:16:38,541 --> 00:16:39,875 Hai que contelo. 198 00:16:42,250 --> 00:16:43,625 Merda. 199 00:16:44,208 --> 00:16:45,208 George, móvete. 200 00:16:50,291 --> 00:16:51,125 Aquí está. 201 00:16:54,750 --> 00:16:55,583 Detrás de min. 202 00:16:56,291 --> 00:16:57,208 Terma da cadea. 203 00:16:59,541 --> 00:17:00,375 Coidado! 204 00:17:02,208 --> 00:17:03,041 Téñoa! 205 00:17:04,291 --> 00:17:06,708 George, bótalle todo o que teñas. 206 00:17:13,791 --> 00:17:15,833 Non sabía que fose a fonte. 207 00:17:16,750 --> 00:17:21,791 Collino porque é como se sentise o que ela sente. 208 00:17:21,875 --> 00:17:22,916 O que quere. 209 00:17:24,666 --> 00:17:26,166 Non é doado de explicar. 210 00:17:27,666 --> 00:17:29,166 - Unha conexión. - Si! 211 00:17:29,250 --> 00:17:32,041 Non podo crer que o colleses da escena do crime. 212 00:17:32,125 --> 00:17:33,333 O DICP vainos matar. 213 00:17:33,416 --> 00:17:36,416 Perdoa, pero non son a única que rouba fontes aquí. 214 00:17:36,500 --> 00:17:39,375 E esa estúpida caveira coa que experimentas? 215 00:17:39,458 --> 00:17:42,291 Annabel pasou 40 anos emparedada, 216 00:17:42,375 --> 00:17:44,916 esquecida, mentres o DICP rascaba os pés. 217 00:17:45,583 --> 00:17:46,666 Necesita axuda. 218 00:17:46,750 --> 00:17:49,791 E que quere que fagas despois de tantos anos? 219 00:17:49,875 --> 00:17:52,458 Solucionalo. Facer xustiza. 220 00:17:52,541 --> 00:17:53,875 Está morta, Lucy. 221 00:17:54,375 --> 00:17:59,791 Non se pode axudar a unha pantasma. Hai que destruír a fonte e pasar páxina. 222 00:18:02,250 --> 00:18:05,000 Veña, George. Axúdame. 223 00:18:05,666 --> 00:18:09,583 Co que che gusta experimentar, vas deixar pasar un novo fenómeno? 224 00:18:09,666 --> 00:18:12,791 Bo intento, pero as conexións psíquicas son parvadas. 225 00:18:12,875 --> 00:18:15,750 Escoitaches o seu bucle e dáche pena. Nada máis. 226 00:18:16,333 --> 00:18:17,208 Demóstrao. 227 00:18:18,000 --> 00:18:21,333 Antes de destruír o anel, deixádeme que contacte con ela. 228 00:18:21,416 --> 00:18:24,625 A ver que máis podo sentir, saber se é real. 229 00:18:24,708 --> 00:18:26,541 Nin pensalo. É moi perigoso. 230 00:18:27,291 --> 00:18:30,208 Case está amencendo, será máis débil. 231 00:18:30,291 --> 00:18:34,750 Non. Librámonos polos pelos. Dúas veces. 232 00:18:34,833 --> 00:18:39,166 Porque non estabades preparados. Desta farémolo como é debido. 233 00:18:44,041 --> 00:18:45,250 Necesito facelo. 234 00:18:50,291 --> 00:18:52,666 Como era iso que dicías da xente normal? 235 00:19:13,833 --> 00:19:17,625 Se fai algo raro, estaremos aquí, vale? 236 00:19:17,708 --> 00:19:18,541 Vale. 237 00:19:26,833 --> 00:19:27,750 Ten coidado. 238 00:19:52,125 --> 00:19:53,375 Non teñas medo. 239 00:19:55,208 --> 00:19:56,250 Estás a salvo. 240 00:20:09,625 --> 00:20:11,541 Soa unha canción no cuarto. 241 00:20:13,791 --> 00:20:14,833 Baila comigo. 242 00:20:15,666 --> 00:20:16,583 Non teño ganas. 243 00:20:16,666 --> 00:20:17,625 Encántalle. 244 00:20:18,750 --> 00:20:20,208 Veña, é a nosa canción. 245 00:20:20,291 --> 00:20:21,291 É a súa canción. 246 00:20:22,000 --> 00:20:23,500 Súa? De Annabel e… 247 00:20:27,125 --> 00:20:28,500 É tan feliz. 248 00:20:30,916 --> 00:20:31,958 Está namorada. 249 00:20:32,625 --> 00:20:33,791 Eu miro. 250 00:20:34,750 --> 00:20:36,625 Se insistes. 251 00:20:38,375 --> 00:20:40,125 Ela baila ó son da música. 252 00:20:44,791 --> 00:20:46,000 El está mirándoa. 253 00:20:46,541 --> 00:20:47,916 Dilo de verdade? 254 00:20:51,041 --> 00:20:53,041 Dixécheslle onde ten que ir? 255 00:20:54,166 --> 00:20:56,291 El quérea, pero… 256 00:21:01,166 --> 00:21:02,000 Que pasa? 257 00:21:05,833 --> 00:21:08,083 - Estasme mentindo. Está enfadado. 258 00:21:08,166 --> 00:21:10,250 Xúrocho. Déixame! 259 00:21:10,750 --> 00:21:12,375 Celoso. - Non minto! 260 00:21:12,458 --> 00:21:13,541 Mentireira! 261 00:21:13,625 --> 00:21:15,250 - Ela ten medo. - Déixame. 262 00:21:15,958 --> 00:21:16,791 Vale. 263 00:21:21,958 --> 00:21:23,750 Estasme mentindo, Annabel! 264 00:21:25,583 --> 00:21:27,125 - Non minto. Está ben. 265 00:21:27,666 --> 00:21:29,333 - Xúrocho. - El quéreme. 266 00:21:30,791 --> 00:21:32,166 Quéresme, non si? 267 00:21:32,708 --> 00:21:36,583 Déchesme o anel. El nunca me mancaría. El nunca… 268 00:21:36,666 --> 00:21:38,791 Temos que parar isto. Agora. 269 00:21:38,875 --> 00:21:40,833 - Mírame. - Vexamos que ocorre. 270 00:21:40,916 --> 00:21:42,708 Arrédate. Para. 271 00:21:43,291 --> 00:21:44,666 Para. Para, por favor! 272 00:21:45,375 --> 00:21:47,500 Fasme dano! Non. 273 00:21:47,583 --> 00:21:49,958 - Non. Mírame. - Lucy. 274 00:21:50,041 --> 00:21:52,750 Para, por favor! Déixame! 275 00:21:55,166 --> 00:21:56,833 Non podo… respirar. 276 00:21:57,333 --> 00:21:58,708 - Déixame! - Lucy, para. 277 00:21:58,791 --> 00:22:00,375 - Para! Annabel! - Déixame! 278 00:22:18,791 --> 00:22:20,500 Esganouna. 279 00:22:23,708 --> 00:22:26,583 O anel estará no soto ata que o levemos a fundir. 280 00:22:26,666 --> 00:22:29,375 Por que imos parar agora que sabemos algo? 281 00:22:29,458 --> 00:22:31,958 Basta de xogos. Hai facturas que pagar. 282 00:22:32,458 --> 00:22:33,291 Que facturas? 283 00:22:39,000 --> 00:22:40,625 - 60 000 libras? - Como? 284 00:22:40,708 --> 00:22:42,208 En dúas semanas? Que dis? 285 00:22:42,291 --> 00:22:45,375 - Por que non o dixeches? - Porque o dono son eu. 286 00:22:45,875 --> 00:22:47,708 Son o responsable. Algo farei. 287 00:22:47,791 --> 00:22:50,333 Como? Se imos xustos ata cando todo vai ben! 288 00:22:50,416 --> 00:22:53,000 E pedir un préstamo? Esta casa valerá moito. 289 00:22:53,791 --> 00:22:56,625 Esta casa é todo canto me queda dos meus pais. 290 00:22:58,250 --> 00:22:59,666 Perdoa. Non o sabía. 291 00:22:59,750 --> 00:23:03,750 Xa pediu un préstamo sobre ela para montar o negocio. Imos aviados. 292 00:23:03,833 --> 00:23:07,291 Non o estamos. Só necesitamos un par de bos casos. 293 00:23:09,750 --> 00:23:11,291 Pode que ese sexa un. 294 00:23:17,083 --> 00:23:19,083 Axencia Lockwood, dígame? 295 00:23:19,166 --> 00:23:20,625 Despide a Lucy Carlyle. 296 00:23:22,916 --> 00:23:23,916 Inmediatamente. 297 00:23:24,916 --> 00:23:27,041 Por que o ía facer, inspector? 298 00:23:27,125 --> 00:23:29,333 Porque non queremos máis mala prensa. 299 00:23:29,833 --> 00:23:32,000 Só tiven que rascar na superficie 300 00:23:32,083 --> 00:23:34,208 para saber que contrataches a alguén 301 00:23:34,291 --> 00:23:37,541 que non rematou os estudos e iso é ilegal. 302 00:23:38,208 --> 00:23:41,208 Supoño que che mentiu porque se non… 303 00:23:41,291 --> 00:23:43,791 Non ten cousas máis importantes que facer? 304 00:23:46,458 --> 00:23:50,500 As cousas pequenas axúdanme a solucionar os problemas gordos. 305 00:23:51,333 --> 00:23:53,291 A túa axencia é un gran problema. 306 00:23:54,000 --> 00:23:57,208 - Non se pase, inspector. - Desfaite dela, Lockwood. 307 00:24:00,875 --> 00:24:01,708 Quen era? 308 00:24:04,291 --> 00:24:05,125 Equivocáronse. 309 00:24:07,166 --> 00:24:10,708 Como de famosa dis que era Annabel? 310 00:24:11,416 --> 00:24:13,125 Non o estamos facendo ben. 311 00:24:13,208 --> 00:24:16,458 É Annabel a que nos vai axudar, non ó revés. 312 00:24:16,541 --> 00:24:17,541 En serio? Como? 313 00:24:17,625 --> 00:24:21,208 Exposición mediática. A súa desaparición foi un escándalo. 314 00:24:21,291 --> 00:24:23,625 Moito máis que nós queimando unha casa. 315 00:24:23,708 --> 00:24:28,333 Se resolvemos o seu caso, os titulares compensarán a nosa mala prensa. 316 00:24:28,416 --> 00:24:30,208 Dixeches que nada de xogos. 317 00:24:30,291 --> 00:24:32,750 Isto xa non é un xogo. É o gran golpe. 318 00:24:32,833 --> 00:24:35,750 - Non gañaremos 60 000. - Poderiamos gañar máis. 319 00:24:35,833 --> 00:24:38,291 Pensa nos millóns de persoas maiores 320 00:24:38,375 --> 00:24:41,666 sen nada máis que facer ca ler os xornais. 321 00:24:41,750 --> 00:24:43,333 Adoran as novelas negras. 322 00:24:43,416 --> 00:24:46,375 Encherá as portadas. Barnes non nos poderá tocar. 323 00:24:46,458 --> 00:24:50,291 Eu paso, non quero saír na prensa. Xa tiven dabondo. 324 00:24:50,375 --> 00:24:52,916 Hai que saber como tratalos. Déixamo a min. 325 00:24:53,500 --> 00:24:55,958 En serio. A min déixame fóra. 326 00:24:56,041 --> 00:24:58,041 O importante é resolver o caso. 327 00:24:58,125 --> 00:24:59,208 ARQUIVOS BRITÁNICOS 328 00:24:59,291 --> 00:25:00,625 Aquí é onde está todo. 329 00:25:01,291 --> 00:25:03,791 En silencio. Así que comportádevos. 330 00:25:13,083 --> 00:25:16,041 Aquí. Estivo en Hamlet, como Ophelia. 331 00:25:16,666 --> 00:25:17,916 Iso que significa? 332 00:25:19,875 --> 00:25:22,625 Por que me rodeo de filisteos? Esperade. 333 00:25:28,375 --> 00:25:33,375 "A conmovedora Ophelia de Annabel Ward capta a profundidade do romance tráxico." 334 00:25:33,458 --> 00:25:34,291 E tanto. 335 00:25:35,000 --> 00:25:36,541 Profundidades como esta. 336 00:25:37,500 --> 00:25:39,833 Por isto estabas na bañeira vestida. 337 00:25:39,916 --> 00:25:41,833 Ophelia afogada con margaridas. 338 00:25:41,916 --> 00:25:43,166 Por iso as collín. 339 00:25:43,250 --> 00:25:46,583 Volveuse tola e suicidouse por como a trataba Hamlet. 340 00:25:46,666 --> 00:25:47,958 Pero non se suicidou. 341 00:25:48,041 --> 00:25:52,125 O seu papel e o que lle pasou comezan a ter relación. 342 00:25:52,208 --> 00:25:55,416 Hamlet e Ophelia, Annabel e o seu maltratador. 343 00:25:55,500 --> 00:25:57,750 Cres que foi o que facía de Hamlet? 344 00:25:57,833 --> 00:26:00,333 Chámase Hugo Blake, mirade. 345 00:26:00,916 --> 00:26:03,458 "Un novo xiro no caso de Annabel Ward 346 00:26:03,541 --> 00:26:07,208 co arresto, esta noite, de Hugo Blake pola súa desaparición." 347 00:26:07,291 --> 00:26:11,041 "Rumoréase que Annabel mantiña una relación co seu aposto Hamlet 348 00:26:11,125 --> 00:26:12,750 despois de descubrilos 349 00:26:12,833 --> 00:26:15,416 nunha cea íntima nun club privado." 350 00:26:15,500 --> 00:26:17,958 Ben, nada mal para un filisteo, Lockwood. 351 00:26:18,458 --> 00:26:20,750 Mira, leva posto o anel! 352 00:26:20,833 --> 00:26:23,291 Logo, prenderon a Blake e librouse? 353 00:26:23,375 --> 00:26:26,833 Non tiñan probas, nin testemuñas, nin corpo. 354 00:26:26,916 --> 00:26:27,833 Ei! 355 00:26:28,500 --> 00:26:30,916 "Blake liberado este luns sen cargos." 356 00:26:31,000 --> 00:26:33,958 "A investigación chegou a un punto morto." 357 00:26:34,041 --> 00:26:35,291 Non como a nosa. 358 00:26:35,375 --> 00:26:36,791 Ben feito, Tony. 359 00:26:37,958 --> 00:26:40,833 Esta vez investigades antes do traballo. 360 00:26:40,916 --> 00:26:43,291 Era Tony? Ou agora é Andrew? 361 00:26:43,375 --> 00:26:47,958 Báixalle, Kipps. É unha biblioteca non un curral para pelexas de galos. 362 00:26:51,500 --> 00:26:54,000 Esta debe ser a túa nova asistente. 363 00:26:54,958 --> 00:26:55,791 Compañeira. 364 00:26:56,750 --> 00:27:00,041 E ti debes ser Quill Kipps. Oín falar de ti. 365 00:27:00,541 --> 00:27:03,500 Eras o capitán con maior taxa de mortalidade, non? 366 00:27:04,250 --> 00:27:08,166 Son o supervisor xefe da mellor axencia do país. 367 00:27:10,333 --> 00:27:15,250 Encárganme os traballos máis perigosos polo bo que son. 368 00:27:17,416 --> 00:27:19,666 Apáñomas, non coma el. 369 00:27:22,375 --> 00:27:23,958 Non durarás moito. 370 00:27:25,000 --> 00:27:27,000 Non cando descubras como é. 371 00:27:27,500 --> 00:27:28,916 Todos o acaban deixando. 372 00:27:34,458 --> 00:27:35,833 Chámase Lucy. 373 00:27:36,583 --> 00:27:37,791 Eu son Lockwood. 374 00:27:38,791 --> 00:27:40,041 Tes unha escaleira? 375 00:27:42,083 --> 00:27:43,125 Non a necesito. 376 00:27:43,916 --> 00:27:44,750 Necesítala. 377 00:27:53,500 --> 00:27:57,375 - Non lle caes moi ben, non? - É un paifoco sen importancia. 378 00:27:57,458 --> 00:27:59,208 Hai que atopar a Hugo Blake. 379 00:27:59,291 --> 00:28:03,416 Teño que facer algo antes. Por que non pillades de cear. Eu invito. 380 00:28:08,875 --> 00:28:11,250 Gústache a comida italiana? 381 00:28:11,875 --> 00:28:13,791 Iso é pizza? 382 00:28:13,875 --> 00:28:16,500 Exacto. Coñezo un sitio moi bo. 383 00:28:20,666 --> 00:28:23,416 Este é o mellor italiano no que estiven nunca. 384 00:28:25,625 --> 00:28:29,875 - Sempre viviches aquí? - Zonas seis. Mellor e máis segura. 385 00:28:29,958 --> 00:28:31,083 Por que marchaches? 386 00:28:31,625 --> 00:28:34,166 Os meus pais son bos, pero non podía quedar. 387 00:28:34,791 --> 00:28:39,125 Teñen catro rapaces. Tres enxeñeiros e un raro. 388 00:28:40,000 --> 00:28:41,458 Sempre fuches un pouco… 389 00:28:42,083 --> 00:28:42,916 Obseso? 390 00:28:43,583 --> 00:28:47,333 O Problema é todo canto coñezo. O único que coñecemos. 391 00:28:47,416 --> 00:28:50,250 Algo pasa, por iso quero saber… 392 00:28:51,125 --> 00:28:52,958 - O que? - Todo! 393 00:28:53,750 --> 00:28:56,458 Por iso me botaron de Fittes. Díxocho Lockwood? 394 00:28:56,541 --> 00:28:57,833 - Non! - É certo. 395 00:28:57,916 --> 00:29:01,000 Por preguntar moito e acceder a plantas restrinxidas. 396 00:29:01,083 --> 00:29:02,958 George Karim, estou alucinando! 397 00:29:03,041 --> 00:29:05,666 Collín a caveira como compensación. 398 00:29:05,750 --> 00:29:11,333 Entón, cres que nos menten sobre todo? 399 00:29:11,416 --> 00:29:16,791 Abofé que nos menten. Non sei quen, por que nin que podemos facer. 400 00:29:16,875 --> 00:29:20,541 Tiña un amigo que pensaba que nada tiña sentido. 401 00:29:20,625 --> 00:29:22,500 Como comezou, como se espallou, 402 00:29:22,583 --> 00:29:25,583 como só parece empeorar, sen importar o que fagamos. 403 00:29:26,708 --> 00:29:30,791 Agora está morto. Pode que conseguira respostas no alén. 404 00:29:33,625 --> 00:29:35,875 Soñabas con vir a Londres con el? 405 00:29:36,375 --> 00:29:37,208 Non. 406 00:29:38,083 --> 00:29:39,416 Esa era outra persoa. 407 00:29:39,958 --> 00:29:41,541 Estabamos no mesmo caso. 408 00:29:42,041 --> 00:29:44,875 Acabou mal. Horrible. O xefe botoume a culpa. 409 00:29:44,958 --> 00:29:46,958 Todos o fixeron, ata miña nai. 410 00:29:47,791 --> 00:29:48,916 Tiven que marchar. 411 00:29:49,000 --> 00:29:51,166 A onde importe de verdade. 412 00:29:54,416 --> 00:29:58,583 Si, arriscamos a vida porque o caso é moi importante para nós. 413 00:29:58,666 --> 00:30:02,625 Annabel Ward puido ser unha estrela, pero foi asasinada vilmente. 414 00:30:03,500 --> 00:30:07,083 O DICP, durante demasiado tempo, encubriu e permitiu 415 00:30:07,166 --> 00:30:09,958 que esta cruel inxustiza quedase sen resolver. 416 00:30:10,041 --> 00:30:11,666 Decepcionaron á xente. 417 00:30:15,625 --> 00:30:18,625 - Fun moi brando con Lockwood? - É evidente. 418 00:30:20,000 --> 00:30:23,875 Quere arrastrar o DICP pola lameira para salvar a súa axencia. 419 00:30:23,958 --> 00:30:25,916 Quen raio se cre que é? 420 00:30:26,541 --> 00:30:28,166 É un merdento, señor. 421 00:30:28,250 --> 00:30:31,833 Que ocorrese hai tempo, non significa que non importe agora. 422 00:30:31,916 --> 00:30:35,875 Por sorte, na Axencia Lockwood, temos á superestrela, Lucy Carlyle, 423 00:30:35,958 --> 00:30:39,375 que non só axudou a neutralizar a un tipo dous agresivo, 424 00:30:39,458 --> 00:30:42,583 senón que co seu extraordinario don de percepción 425 00:30:42,666 --> 00:30:44,500 pode conectar con Annabel. 426 00:30:44,583 --> 00:30:48,000 Por iso, estamos máis preto de desenmascarar o seu asasino 427 00:30:48,083 --> 00:30:49,791 do que a policía e o DICP… 428 00:30:50,958 --> 00:30:54,208 Díxenche que non me meteras. 429 00:30:54,291 --> 00:30:57,708 E eu que o arranxaría. Que che preocupa? Todo é certo. 430 00:30:58,625 --> 00:31:02,708 Aínda non o resolvemos. Que pasa se Hugo Blake o ve e vén por min? 431 00:31:02,791 --> 00:31:06,708 Daquela protexerémoste, Luce. Es o noso activo máis prezado. 432 00:31:08,958 --> 00:31:09,958 Activo? 433 00:31:10,625 --> 00:31:14,000 É o único que son? Algo para gañar cartos? 434 00:31:16,125 --> 00:31:19,333 Cres que es tan transgresor, 435 00:31:20,833 --> 00:31:24,250 pero es igual có resto. Igual de malo cós da miña vila. 436 00:31:28,125 --> 00:31:29,875 - Cagáchela, Lockwood. - Por? 437 00:31:31,000 --> 00:31:32,958 Gabeina na televisión nacional. 438 00:31:33,041 --> 00:31:35,625 Despois de pedirche que non o fixeras. 439 00:31:35,708 --> 00:31:38,458 Que che pasa? Onte querías que a chimpase. 440 00:31:40,750 --> 00:31:42,000 Ó mellor tiñas razón. 441 00:31:44,416 --> 00:31:48,541 Pode que o meu xuízo non ande moi fino esta tempada. 442 00:31:49,583 --> 00:31:53,000 Barnes sabe que é ilegal. Tiña que facer algo. 443 00:31:53,875 --> 00:31:55,500 Eu tampouco estiven fino. 444 00:31:55,583 --> 00:31:59,000 Non ten máis onde ir. Non creo que a debas despedir. 445 00:32:01,083 --> 00:32:03,041 Deixemos que acougue un pouco. 446 00:32:40,541 --> 00:32:41,375 Abre. 447 00:32:42,333 --> 00:32:43,250 Abre a porta! 448 00:32:48,791 --> 00:32:50,000 Trae a rapaza. 449 00:32:52,000 --> 00:32:53,083 Non pasará nada. 450 00:32:54,083 --> 00:32:57,625 Prométocho. Ocuparémonos do que sexa. 451 00:33:01,041 --> 00:33:02,125 Agarda aquí. 452 00:33:03,000 --> 00:33:04,250 Só preciso a Carlyle. 453 00:33:04,333 --> 00:33:07,875 Non. Todo canto lle digades a ela podédesmo dicir a min. 454 00:33:07,958 --> 00:33:10,666 Podes agardar aquí ou no calabozo. 455 00:33:12,083 --> 00:33:13,708 Non preciso que me coides. 456 00:33:14,875 --> 00:33:15,708 Ti non. 457 00:33:17,958 --> 00:33:21,166 Alégranos ter no DICP a unha estrela coma ti. 458 00:33:21,250 --> 00:33:22,250 Non son… 459 00:33:22,333 --> 00:33:24,666 Conseguiches o testemuño dun tipo dous. 460 00:33:24,750 --> 00:33:25,833 Nunca dixen iso. 461 00:33:27,458 --> 00:33:31,958 Pensei que usabas o teu gran don para desenmascarar ó asasino de Annabel. 462 00:33:32,041 --> 00:33:34,333 Foi Hugo Blake. 463 00:33:34,416 --> 00:33:35,250 - Si? - Si. 464 00:33:36,041 --> 00:33:38,166 Non o lerías nun vello xornal? 465 00:33:38,791 --> 00:33:40,916 Non. É moito máis ca iso. 466 00:33:41,750 --> 00:33:44,875 Ben. Trouxémolo aquí, pero non temos probas dabondo. 467 00:33:45,375 --> 00:33:46,500 Serás de axuda. 468 00:33:52,791 --> 00:33:55,291 A rúa Sheen era un albergue. 469 00:33:56,041 --> 00:33:58,750 Blake di que a levou, pero non chegou a entrar. 470 00:33:58,833 --> 00:34:01,666 Sempre dixo que só eran amigos. 471 00:34:01,750 --> 00:34:02,833 Iso non é certo. 472 00:34:03,833 --> 00:34:05,208 Consíguenos probas. 473 00:34:17,916 --> 00:34:19,750 Estalo acusando de asasinato. 474 00:34:20,291 --> 00:34:23,458 Usa a túa gran conexión con Annabel para probalo. 475 00:34:28,291 --> 00:34:31,375 Agarda. Non funciona así. 476 00:34:32,125 --> 00:34:33,375 Non se prende e xa. 477 00:34:33,458 --> 00:34:36,166 Conectei porque sentín algo por ela. 478 00:34:36,250 --> 00:34:39,125 - Estaba intentando axudar. - Agora podes. 479 00:34:40,166 --> 00:34:41,458 Axúdanos a encerralo. 480 00:34:42,333 --> 00:34:44,708 Non. Dígoche que non podo. 481 00:34:44,791 --> 00:34:48,041 Non te pode ver. Non sabe que estás aquí. Inténtao. 482 00:34:48,125 --> 00:34:49,666 Que queres que faga? 483 00:34:50,916 --> 00:34:52,041 Conecta con ela. 484 00:34:53,083 --> 00:34:54,750 Di algo que só ela soubera. 485 00:34:55,333 --> 00:34:59,166 Identifica ó asasino. A ver se estás tan segura de que é culpable. 486 00:35:03,708 --> 00:35:04,666 Recoiro. 487 00:35:12,916 --> 00:35:14,875 Estás percibindo algo, non si? 488 00:35:15,916 --> 00:35:16,791 Eu… 489 00:35:18,000 --> 00:35:18,916 Non podo. 490 00:35:20,333 --> 00:35:22,958 - Dime que percibes. - Teño que saír de aquí. 491 00:35:23,041 --> 00:35:24,625 Dinos que sabes. 492 00:35:25,666 --> 00:35:28,750 Non percibo nada. Non hai nada aquí. 493 00:35:28,833 --> 00:35:32,250 Mentiches para evitar o despido e que pechasen a axencia. 494 00:35:32,333 --> 00:35:33,708 - É certo? - Déixame. 495 00:35:43,291 --> 00:35:44,125 Está ben. 496 00:35:45,375 --> 00:35:46,250 Xa marchou. 497 00:35:47,166 --> 00:35:50,291 Escoita. Ten amigos poderosos. 498 00:35:50,375 --> 00:35:52,875 Ten bos avogados. Non podemos retelo moito. 499 00:35:54,250 --> 00:35:56,916 A non ser que teñas algo máis. 500 00:36:00,875 --> 00:36:01,708 Unha pena. 501 00:36:08,083 --> 00:36:10,791 Váleche por unha viaxe de volta á casa. 502 00:36:12,666 --> 00:36:14,166 Esa xa non é a miña casa. 503 00:36:14,250 --> 00:36:15,708 Lockwood fala de máis. 504 00:36:15,791 --> 00:36:18,125 Fai chapuzas e pon vidas en perigo. 505 00:36:18,625 --> 00:36:21,708 Viu unha rapaza vulnerable coas aptitudes necesarias, 506 00:36:22,583 --> 00:36:26,583 soa e perdida na gran cidade e aproveitouse dela. 507 00:36:27,083 --> 00:36:27,958 Por favor. 508 00:36:29,625 --> 00:36:31,500 Marcha agora que podes. 509 00:36:39,291 --> 00:36:40,916 Sabía que tramaba algo. 510 00:36:41,625 --> 00:36:44,125 Sóubeno cando Wade apareceu pola porta. 511 00:36:45,291 --> 00:36:49,958 Sempre fan as cousas do xeito máis aburrido e eslamiado posible. 512 00:36:51,250 --> 00:36:53,916 Intentándote usar para conseguir probas. 513 00:36:54,416 --> 00:36:56,291 Iso proba que non teñen nada. 514 00:36:57,833 --> 00:37:00,625 Es excelente, Luce. De verdade. 515 00:37:03,958 --> 00:37:05,791 Podes parar o coche, por favor? 516 00:37:08,791 --> 00:37:09,708 Que fas? 517 00:37:12,083 --> 00:37:12,916 Marcho. 518 00:37:14,083 --> 00:37:14,958 Renuncio. 519 00:37:17,666 --> 00:37:18,750 Lucy! 520 00:37:19,375 --> 00:37:21,833 Podemos falalo no coche? Isto é perigoso. 521 00:37:21,916 --> 00:37:23,500 Non hai nada do que falar. 522 00:37:24,000 --> 00:37:27,375 Íasme botar igualmente. Só me queres porque son un activo. 523 00:37:27,458 --> 00:37:30,083 Iso non é certo. Isto é un malentendido. 524 00:37:30,166 --> 00:37:31,000 Ten graza… 525 00:37:32,583 --> 00:37:35,500 que digas iso cando non me entendes. 526 00:37:35,583 --> 00:37:39,125 Tanto che ten polo que estou pasando mentres saias pola tele. 527 00:37:39,208 --> 00:37:42,041 - Pedinche perdón por iso. - Non o fixeches. 528 00:37:42,125 --> 00:37:46,166 Pois perdoa. Intentei parar antes de que se puxese perigoso. 529 00:37:46,250 --> 00:37:48,416 O que mostra o pouco que sabes. 530 00:37:49,000 --> 00:37:51,875 Tal vez ti poidas decidir cando sentes ou non, 531 00:37:51,958 --> 00:37:53,916 pero eu estou afogando, Lockwood. 532 00:37:54,416 --> 00:37:55,833 Ás veces creo… 533 00:37:59,291 --> 00:38:01,125 Creo que estaría mellor morta. 534 00:38:05,333 --> 00:38:06,541 Enténdoche. 535 00:38:08,500 --> 00:38:10,791 Pero non é certo, Lucy. 536 00:38:11,958 --> 00:38:12,833 Necesitámoste. 537 00:38:14,583 --> 00:38:16,791 Non porque sexas un activo. 538 00:38:17,708 --> 00:38:18,750 Logo, por que? 539 00:38:18,833 --> 00:38:19,833 Porque… 540 00:38:21,625 --> 00:38:22,541 Porque es… 541 00:38:23,625 --> 00:38:26,166 Es Lucy Carlyle. Non te podemos perder. 542 00:38:27,750 --> 00:38:28,666 É o mellor. 543 00:38:29,666 --> 00:38:32,583 Barnes pechará a axencia. Sabe que estou ilegal. 544 00:38:32,666 --> 00:38:34,500 Por iso saín por televisión. 545 00:38:36,166 --> 00:38:40,208 Para demostrarlle a Barnes que pasamos del. Á merda coas normas. 546 00:38:40,875 --> 00:38:43,125 Pasan delas sempre. Por que nós non? 547 00:38:43,625 --> 00:38:45,916 Por que non podemos cambiar as normas? 548 00:38:46,916 --> 00:38:49,125 - Porque non somos ninguén. - Non. 549 00:38:49,208 --> 00:38:50,708 Somos a Axencia Lockwood. 550 00:38:51,666 --> 00:38:53,583 Ti, eu e George. 551 00:38:56,208 --> 00:38:57,250 Síntoo, Lucy. 552 00:38:59,250 --> 00:39:00,250 Queda, por favor. 553 00:39:03,000 --> 00:39:04,625 Pero non me volvas mentir. 554 00:39:05,916 --> 00:39:07,083 Xúroo. 555 00:39:08,083 --> 00:39:10,583 Xamais te volverei mentir, prométoo. 556 00:39:13,083 --> 00:39:14,208 Para que o prendes? 557 00:39:15,458 --> 00:39:16,666 Para campar máis? 558 00:39:16,750 --> 00:39:19,416 Achegáronse catro sombras e un axexador. 559 00:39:19,500 --> 00:39:21,750 - Estás de broma? - Que acabo de xurar? 560 00:39:24,958 --> 00:39:26,375 Merda. 561 00:39:27,916 --> 00:39:31,875 Estamos no Aforcamento de Tyburn, o sitio máis encantado de Londres. 562 00:39:32,833 --> 00:39:36,083 Sinceramente, es máis unha carga ca un activo, Lucy. 563 00:40:07,625 --> 00:40:10,125 Lockwood, algo vai mal. 564 00:40:11,958 --> 00:40:14,750 Está atrancada dende dentro. 565 00:40:28,625 --> 00:40:29,750 E se é Blake? 566 00:40:38,083 --> 00:40:39,416 Agarda, Lockwood. 567 00:40:50,791 --> 00:40:51,875 Encárgome del. 568 00:40:52,625 --> 00:40:53,583 Vai por George. 569 00:41:01,458 --> 00:41:04,166 Pódolle ofrecer un té mentres me saquea a casa? 570 00:41:04,666 --> 00:41:06,083 Con ou sen azucre? 571 00:41:16,583 --> 00:41:17,416 Está ben. 572 00:41:18,250 --> 00:41:19,208 Como ti queiras. 573 00:41:21,625 --> 00:41:22,750 Corre. 574 00:41:35,166 --> 00:41:36,000 Axuda! 575 00:41:37,583 --> 00:41:39,541 Axuda! 576 00:42:02,750 --> 00:42:04,833 Por favor, axudádeme! 577 00:42:07,125 --> 00:42:10,541 Grazas. Axiña, hai alguén arriba. 578 00:42:11,333 --> 00:42:12,708 Feliz de que siga aquí? 579 00:42:13,666 --> 00:42:14,916 Por favor, desátame! 580 00:42:52,208 --> 00:42:54,291 Foi mellor ca unha noite longa. 581 00:42:54,791 --> 00:42:56,583 Temos que socializar máis. 582 00:42:56,666 --> 00:42:59,666 Quen era? Dixo ou deixou algo? 583 00:43:00,291 --> 00:43:02,541 Non, pero sei o que quería. 584 00:43:07,666 --> 00:43:09,708 Blake debe saber que temos o anel, 585 00:43:09,791 --> 00:43:12,583 e mandou a ese a collelo para quitarnos do caso. 586 00:43:12,666 --> 00:43:17,375 Pode ser. Quen queira que fose, isto demostra o seu valor como proba. 587 00:43:17,458 --> 00:43:20,166 Proba que xa non temos. Imos aviados. 588 00:43:21,375 --> 00:43:25,208 Sempre que imos por diante, alguén vén e nos fai retroceder. 589 00:43:27,000 --> 00:43:30,333 Que? Por que pos esa cara? 590 00:43:31,416 --> 00:43:33,083 - Que cara? - Esa cara. 591 00:43:33,166 --> 00:43:36,750 Non é a túa cara normal. É a túa cara de que sabes algo. 592 00:43:37,708 --> 00:43:40,000 Prometédeme non vos alporizaredes. 593 00:43:40,083 --> 00:43:41,458 Alporizarnos, por que? 594 00:43:44,583 --> 00:43:45,416 Non farías? 595 00:43:47,250 --> 00:43:48,083 Non te creo! 596 00:43:50,125 --> 00:43:50,958 O anel? 597 00:43:51,625 --> 00:43:53,333 Estás tola! 598 00:43:58,208 --> 00:43:59,291 Que ca…? 599 00:45:18,625 --> 00:45:23,625 Subtítulos: Darío Vázquez Filgueira