1 00:00:10,135 --> 00:00:12,595 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:26,985 --> 00:00:28,570 Repouso absoluto? 3 00:00:28,653 --> 00:00:31,531 Non, iso xa non se leva. 4 00:00:31,614 --> 00:00:34,826 Non pasa nada por estar activa. É bo, de feito. 5 00:00:34,909 --> 00:00:38,955 Mentres comas ben e te hidrates, podes facer exercicio. 6 00:00:39,039 --> 00:00:41,875 En xeral considéraste unha persoa sa? 7 00:00:42,584 --> 00:00:43,710 Comparada con quen? 8 00:00:45,503 --> 00:00:47,338 Sei que sentes certa ansiedade. 9 00:00:47,422 --> 00:00:48,882 É normal, 10 00:00:48,965 --> 00:00:52,719 pero éche útil minimizar o estrés durante o embarazo. 11 00:00:53,636 --> 00:00:57,432 A moitas pacientes axúdanlles as técnicas de relaxación, 12 00:00:57,515 --> 00:01:00,351 meditación guiada, exercicios de respiración… 13 00:01:00,435 --> 00:01:04,564 E cando chegue o bichiño este? Que exercicios de respiración hai? 14 00:01:06,149 --> 00:01:08,735 Estamos programadas para isto. 15 00:01:08,818 --> 00:01:10,612 Serás unha mamá xenial. 16 00:01:12,655 --> 00:01:13,823 E ti que sabes? 17 00:01:16,618 --> 00:01:18,119 E ti que carallo sabes? 18 00:01:19,204 --> 00:01:25,627 En que te baseas para dicir iso? No meu peso, na presión arterial? 19 00:01:25,710 --> 00:01:27,670 Como hostia sabes que nai serei? 20 00:01:27,754 --> 00:01:31,216 E se nin sequera o quero? Pensaches niso? 21 00:01:31,299 --> 00:01:34,094 - Non quería… - Exercicios de respiración. 22 00:01:34,177 --> 00:01:35,887 Só quero que te coides. 23 00:01:35,970 --> 00:01:37,430 - A decisión… - Coidarme? 24 00:01:37,514 --> 00:01:40,892 E iso que significa? Escóitaste cando falas? 25 00:02:29,399 --> 00:02:33,820 Liv, volve aquí agora mesmo! 26 00:02:44,205 --> 00:02:45,206 Papá? 27 00:02:47,375 --> 00:02:50,420 Non pasa nada, Liv. Sigo aquí. 28 00:02:56,968 --> 00:03:00,805 Ves? Aquí estou. 29 00:03:01,681 --> 00:03:02,765 Prométocho. 30 00:03:27,832 --> 00:03:29,167 Quérote. 31 00:03:35,882 --> 00:03:36,966 Liv. 32 00:03:38,134 --> 00:03:39,761 Liv, veña. Érguete! 33 00:03:40,553 --> 00:03:41,888 Non, iso non. 34 00:03:41,971 --> 00:03:44,349 Veña, ti e mais eu, nena. 35 00:03:45,058 --> 00:03:46,351 Toca comezar o día. 36 00:03:48,811 --> 00:03:49,812 Érguete, Liv. 37 00:03:50,688 --> 00:03:52,065 Tes que moverte. 38 00:03:53,233 --> 00:03:55,985 Tes que camiñar, senón vas morrer. 39 00:05:01,217 --> 00:05:03,011 Sae polo leste. 40 00:05:03,094 --> 00:05:04,804 Ponse polo oeste. 41 00:05:04,887 --> 00:05:07,181 Sae polo leste. 42 00:05:09,142 --> 00:05:10,518 Ponse polo oeste. 43 00:05:12,353 --> 00:05:13,354 Norte. 44 00:05:13,896 --> 00:05:15,231 Vou cara ó norte. 45 00:05:29,787 --> 00:05:31,414 É imposible. 46 00:05:33,249 --> 00:05:34,334 Imposible? 47 00:05:38,713 --> 00:05:41,090 Non é imposible. 48 00:05:42,216 --> 00:05:43,718 Por onde vas? 49 00:05:44,677 --> 00:05:46,095 É moi difícil. 50 00:05:48,598 --> 00:05:50,224 Como comes un elefante? 51 00:05:52,852 --> 00:05:54,228 Como comes un elefante? 52 00:05:55,229 --> 00:05:56,481 Bocado a bocado. 53 00:06:11,829 --> 00:06:13,247 Bocado a bocado. 54 00:07:01,587 --> 00:07:05,258 Despois tiras dos recantos. Así. 55 00:07:05,341 --> 00:07:07,135 E alísalo. 56 00:07:08,177 --> 00:07:11,347 E aquí dobras esta parte, 57 00:07:11,431 --> 00:07:13,057 que quede ben lisiña. 58 00:07:16,185 --> 00:07:17,645 Moi ben. 59 00:07:36,622 --> 00:07:37,915 Imos chegar tarde. 60 00:07:39,959 --> 00:07:42,378 Collo eu isto. Iso é. 61 00:07:53,431 --> 00:07:54,515 Norte. 62 00:07:58,352 --> 00:07:59,687 Norte. 63 00:08:29,550 --> 00:08:30,635 Liv? 64 00:08:31,886 --> 00:08:33,721 - Que che teño dito… - Perdón. 65 00:08:35,723 --> 00:08:38,017 …sobre traballar con técnicas mixtas? 66 00:08:40,686 --> 00:08:41,771 Proba o vermello. 67 00:12:06,726 --> 00:12:09,061 Paréceche ben se paseo contigo? 68 00:12:10,688 --> 00:12:13,149 Non sei canto máis poderei camiñar. 69 00:12:14,316 --> 00:12:18,112 - Catro ou cinco días e logo… - Non penses niso. 70 00:12:19,530 --> 00:12:20,614 Sigue camiñando. 71 00:12:21,782 --> 00:12:23,284 Só podo pensar niso. 72 00:12:26,704 --> 00:12:27,955 En morrer aquí. 73 00:12:29,790 --> 00:12:31,709 Ti sigue cara adiante. 74 00:12:31,792 --> 00:12:34,086 Mentres sigas, tes unha oportunidade. 75 00:12:39,049 --> 00:12:40,468 Liv, non penses niso. 76 00:12:41,385 --> 00:12:42,636 Pensa noutra cousa. 77 00:12:51,145 --> 00:12:52,438 Poderíasme ter dito… 78 00:12:53,647 --> 00:12:55,065 que estabas embarazada. 79 00:12:56,942 --> 00:12:58,027 Non o sabía. 80 00:12:59,779 --> 00:13:01,655 Quero dicir, despois de sabelo. 81 00:13:05,659 --> 00:13:07,077 Cambiaría iso as cousas? 82 00:13:09,497 --> 00:13:12,291 "Bifurcábanse dous camiños nun bosque amarelo." 83 00:13:12,374 --> 00:13:14,710 - Danny. - Vale, pasamos de Frost. 84 00:13:18,547 --> 00:13:21,884 Quen sabe se cambiaría as cousas. Talvez non. 85 00:13:24,303 --> 00:13:26,138 Só digo que mo poderías contar. 86 00:13:27,556 --> 00:13:28,974 Sempre me foi máis… 87 00:13:30,059 --> 00:13:31,393 Langston Hughes. 88 00:13:34,563 --> 00:13:36,649 "Hoxe é difícil termar de ti. 89 00:13:38,609 --> 00:13:41,111 Nótote afiada e abrupta. 90 00:13:43,405 --> 00:13:45,407 Es todo omoplata e cóbado. 91 00:13:48,744 --> 00:13:51,747 Como gustaría de suavizarche os recantos, 92 00:13:54,333 --> 00:13:58,337 alisarte e pulirte coma unha pedra co meu corazón.” 93 00:14:03,926 --> 00:14:05,010 Iso é de Hughes? 94 00:14:07,429 --> 00:14:08,681 É de meu pai. 95 00:14:19,483 --> 00:14:21,068 Penso que sería un bo pai. 96 00:14:23,028 --> 00:14:24,321 Claro que o pensas. 97 00:14:26,323 --> 00:14:29,994 Sofres un exceso de confianza crónico. 98 00:14:33,706 --> 00:14:35,875 Quero dicir, que hai que saber? 99 00:14:37,001 --> 00:14:39,837 Dáslles apertas, dislles que os queres, 100 00:14:40,880 --> 00:14:43,549 faslles sentir que nada lles vai facer dano. 101 00:14:45,217 --> 00:14:46,427 Algo lles fará dano. 102 00:14:47,177 --> 00:14:48,971 Xa, pero ménteslles. 103 00:14:50,973 --> 00:14:53,517 Non creo en mentirlle á xente que queres. 104 00:14:54,393 --> 00:14:55,769 As mentiras acumúlanse. 105 00:14:57,897 --> 00:15:02,610 É difícil dicir a verdade, pero é todo o que nos queda. 106 00:15:02,693 --> 00:15:03,944 Queres unha verdade? 107 00:15:05,779 --> 00:15:07,573 Creo que serías unha boa nai. 108 00:15:10,618 --> 00:15:11,952 Si? 109 00:15:12,036 --> 00:15:14,872 Ademais xa te coñezo dende hai un ano, non? 110 00:15:16,540 --> 00:15:18,417 Si, algo así. 111 00:15:18,500 --> 00:15:22,379 En todo este tempo nunca te vin facer nada a medias. 112 00:15:24,089 --> 00:15:27,176 Sería raro que comezaras a facelo criando un neno. 113 00:15:28,552 --> 00:15:34,099 - Hai cousas que non podemos controlar. - Si, pásanos a todos. É xenial, non si? 114 00:15:49,198 --> 00:15:50,407 Poderíasmo ter dito. 115 00:15:52,368 --> 00:15:54,119 Poderíasme contar o que sexa. 116 00:15:56,664 --> 00:15:57,915 Teríate escoitado. 117 00:16:00,918 --> 00:16:01,919 Xa o sei. 118 00:16:30,406 --> 00:16:32,032 Por que non me contaches… 119 00:16:34,368 --> 00:16:35,703 o das postais? 120 00:16:40,290 --> 00:16:41,458 Mentíchesme. 121 00:16:46,171 --> 00:16:48,716 Cada vez que che preguntaba onde estaba mamá 122 00:16:48,799 --> 00:16:50,342 e dicías que non o sabías. 123 00:16:54,888 --> 00:16:56,056 Eran para min. 124 00:16:59,101 --> 00:17:00,686 Quería contactar comigo. 125 00:17:06,525 --> 00:17:07,693 Este sitio. 126 00:17:09,445 --> 00:17:10,779 Estas paredes. 127 00:17:12,740 --> 00:17:13,991 Estes cuartos. 128 00:17:16,160 --> 00:17:17,161 Todo o amor, 129 00:17:18,954 --> 00:17:19,955 toda a dor. 130 00:17:24,710 --> 00:17:26,754 Quedamos aquí. 131 00:17:29,548 --> 00:17:31,133 E agardamos. 132 00:17:32,634 --> 00:17:34,970 Ela sabia exactamente onde estabamos. 133 00:17:39,975 --> 00:17:41,894 Esas palabras non eran para ti. 134 00:17:45,981 --> 00:17:47,149 Eran para ela. 135 00:17:51,570 --> 00:17:53,489 Ti xa lle tiñas dado abondo. 136 00:17:55,449 --> 00:17:57,409 Esa decisión non dependía de ti. 137 00:18:01,789 --> 00:18:03,999 É diferente que te abandonen… 138 00:18:06,585 --> 00:18:07,920 a que te esquezan. 139 00:18:24,853 --> 00:18:29,149 Imaxínate nunha fraga enorme, infinita. 140 00:18:30,609 --> 00:18:33,278 Non hai nada nin ninguén. 141 00:18:34,321 --> 00:18:35,864 Só árbores. 142 00:18:38,117 --> 00:18:39,201 A Terra. 143 00:18:41,245 --> 00:18:42,329 O vento. 144 00:18:44,206 --> 00:18:45,290 A auga. 145 00:18:47,334 --> 00:18:50,671 Síntete soa neste lugar. 146 00:18:53,715 --> 00:18:56,760 Es unha parte del, que vive e respira. 147 00:18:59,346 --> 00:19:00,806 Bebe del. 148 00:19:02,808 --> 00:19:04,768 Só es o teu corpo. 149 00:19:06,854 --> 00:19:08,856 Só es a túa respiración. 150 00:19:10,566 --> 00:19:13,819 Sinte como a paisaxe se move por ti, 151 00:19:15,445 --> 00:19:17,614 volvendo a ti mesma. 152 00:19:20,117 --> 00:19:25,247 E mentres te moves por ela, tamén formas parte dela. 153 00:19:26,623 --> 00:19:29,209 Estás viva dentro do teu corpo. 154 00:19:31,461 --> 00:19:33,881 Estás viva dentro da túa respiración. 155 00:19:36,758 --> 00:19:38,010 Es sangue. 156 00:19:40,137 --> 00:19:41,638 Es óso. 157 00:19:44,308 --> 00:19:45,851 Es carne. 158 00:19:47,978 --> 00:19:49,980 Estás xusto onde tes que estar. 159 00:19:53,358 --> 00:19:54,776 Estás na casa. 160 00:19:58,780 --> 00:20:00,324 Estás na casa. 161 00:20:04,912 --> 00:20:06,872 Estás na casa. 162 00:20:51,458 --> 00:20:53,043 Non pasa nada, papá. 163 00:20:55,629 --> 00:20:57,214 Estás moi canso. 164 00:21:02,469 --> 00:21:04,221 Non pasa nada por descansar. 165 00:21:06,390 --> 00:21:08,183 Deberías descansar un intre. 166 00:21:13,897 --> 00:21:15,816 Non pasa nada por non aferrarse. 167 00:21:18,443 --> 00:21:22,698 Non pasa nada. Estou aquí. 168 00:21:30,706 --> 00:21:34,334 Non pasa nada, Liv. Non pasa nada. 169 00:21:40,007 --> 00:21:41,341 Estou aquí. 170 00:21:44,720 --> 00:21:45,971 Prométocho. 171 00:22:45,739 --> 00:22:46,823 Coches. 172 00:22:49,451 --> 00:22:50,535 Coches. 173 00:24:28,133 --> 00:24:29,426 Que ben se está aquí. 174 00:24:30,719 --> 00:24:31,720 Que paz. 175 00:24:35,557 --> 00:24:37,184 Túa nai adoraba a natureza. 176 00:24:39,394 --> 00:24:41,229 Eu nunca saquei tempo para ela. 177 00:24:46,568 --> 00:24:47,652 Talvez debería. 178 00:24:52,282 --> 00:24:54,451 Arrastrábanos ás camiñadas. Lembras? 179 00:24:55,076 --> 00:24:57,871 Subíanos ó coche e conducía moitísimo, 180 00:24:57,954 --> 00:25:02,834 e iamos a duras penas por camiños que nin camiños eran. 181 00:25:04,669 --> 00:25:08,256 Quería atopar secretos, algo que escoitara en algures. 182 00:25:09,591 --> 00:25:12,177 Ti e mais eu sempre nos queixabamos. 183 00:25:15,180 --> 00:25:16,181 E chegabamos. 184 00:25:17,390 --> 00:25:18,808 E sempre tiña razón. 185 00:25:20,977 --> 00:25:22,270 E sempre era fermoso. 186 00:25:24,564 --> 00:25:26,441 E logo volviamos á casa. 187 00:25:28,777 --> 00:25:32,614 Podo sentila aquí, en todo isto. 188 00:25:34,699 --> 00:25:37,035 Pode que sempre estivera buscando isto. 189 00:25:38,453 --> 00:25:39,996 Un sitio así. 190 00:25:42,916 --> 00:25:44,251 Espero que o atopase. 191 00:25:48,505 --> 00:25:49,506 Pensei… 192 00:25:54,344 --> 00:25:55,595 que se a atopaba… 193 00:26:01,309 --> 00:26:02,978 Se puidese mirala ós ollos… 194 00:26:09,067 --> 00:26:10,318 Que parvada. 195 00:26:12,279 --> 00:26:13,780 Non ten sentido ningún. 196 00:26:15,448 --> 00:26:18,410 Recoñezo que foi un pouco impulsivo, 197 00:26:18,493 --> 00:26:22,330 pero non é nada novo, sempre fuches un pouco impulsiva. 198 00:26:23,915 --> 00:26:25,875 A saber de onde o sacarías. 199 00:26:31,881 --> 00:26:32,882 Parézome a ela? 200 00:26:40,682 --> 00:26:41,683 Si. 201 00:26:43,059 --> 00:26:46,980 Nos ollos, no sorriso. 202 00:26:53,486 --> 00:26:55,363 Pero no resto non te pareces. 203 00:26:58,283 --> 00:27:00,035 Por que te fixeches avogada? 204 00:27:01,745 --> 00:27:03,204 Porque me gusta pelexar. 205 00:27:05,332 --> 00:27:07,167 Porque che gustan as respostas. 206 00:27:08,293 --> 00:27:09,294 A orde. 207 00:27:10,879 --> 00:27:12,756 Cousas que non tiñas ó medrar. 208 00:27:14,174 --> 00:27:16,635 Queres un mundo branco ou negro. 209 00:27:18,053 --> 00:27:20,388 Pero ó mundo dálle igual o que queiras. 210 00:27:22,182 --> 00:27:25,060 Xa era un caos antes de chegarmos. 211 00:27:26,061 --> 00:27:28,229 E será un caos cando o deixemos. 212 00:27:29,773 --> 00:27:34,778 E se en realidade hai algo de orde, é invisible para nós. 213 00:27:34,861 --> 00:27:36,613 Que máis dá parecerte a ela? 214 00:27:38,073 --> 00:27:41,576 Tamén es coma min. Non marchas. 215 00:27:43,745 --> 00:27:47,207 Tamén es coma ti. Decidida. 216 00:27:49,000 --> 00:27:50,919 Tomas decisións diferentes. 217 00:27:57,634 --> 00:28:00,929 Non che pasa nada, Liv. 218 00:28:03,181 --> 00:28:04,641 Non fixeches nada malo. 219 00:28:07,352 --> 00:28:08,770 Só eras unha cativiña. 220 00:28:11,648 --> 00:28:13,983 Só estás algo perdida. 221 00:28:15,110 --> 00:28:18,279 Iso é todo. E cansa. 222 00:28:21,408 --> 00:28:23,493 Talvez deberías descansar un pouco. 223 00:28:25,620 --> 00:28:27,706 Semella o sitio perfecto. 224 00:28:31,960 --> 00:28:33,795 Pregúntome se estaría lista… 225 00:28:37,632 --> 00:28:38,800 para ser nai. 226 00:28:41,344 --> 00:28:43,012 Segundo a miña experiencia… 227 00:28:44,264 --> 00:28:46,307 non é algo para o que estás listo. 228 00:28:47,225 --> 00:28:49,102 É algo ó que te entregas. 229 00:28:50,979 --> 00:28:53,356 Tíraste de cabeza… 230 00:28:54,816 --> 00:28:56,276 e ves onde te leva. 231 00:29:00,280 --> 00:29:01,531 Que ben se está aquí. 232 00:29:03,575 --> 00:29:04,951 Quedarei aquí un tempo. 233 00:29:17,255 --> 00:29:18,923 Ás veces non hai respostas. 234 00:29:19,758 --> 00:29:22,093 Ás veces só hai un adeus. 235 00:35:56,362 --> 00:36:01,367 PARA MIKE 236 00:36:56,505 --> 00:36:59,425 Subtítulos: Abraham Díaz López