1 00:00:16,850 --> 00:00:20,770 ENTRANDO NO EPISODIO VERMELLO: A MAÑÁ TRAS O ATRACO 2 00:00:38,246 --> 00:00:41,374 Ninguén sabe o momento exacto no que todo se esboroou. 3 00:00:44,335 --> 00:00:46,254 Cando as emocións se dispararon… 4 00:00:48,631 --> 00:00:50,133 cando as armas apuntaron… 5 00:00:52,343 --> 00:00:53,970 cando se impuxo o medo… 6 00:00:57,223 --> 00:00:59,059 cando o líder fraqueou. 7 00:01:14,032 --> 00:01:15,158 Cada mala decisión… 8 00:01:18,787 --> 00:01:19,913 cada paso en falso… 9 00:01:25,210 --> 00:01:26,628 repíteo todo, se gustas. 10 00:01:31,382 --> 00:01:36,054 A sospeita, a culpa, as mentiras. 11 00:02:26,437 --> 00:02:29,566 Ninguén sabe o momento exacto no que todo se esboroou. 12 00:03:03,516 --> 00:03:08,271 Levo case 30 anos cubrindo tormentas, e case nunca vira unha híbrida tal… 13 00:03:08,354 --> 00:03:10,523 …unha destrución tripla. 14 00:03:10,607 --> 00:03:12,525 Chámana a tormenta perfecta. 15 00:03:12,609 --> 00:03:14,277 Veñen marusías ciclónicas… 16 00:03:14,360 --> 00:03:17,030 Mentres Ignacio deixa a cidade e vai ao norte, 17 00:03:17,113 --> 00:03:20,450 chégannos informacións dun estoupido no Center Mall. 18 00:03:21,034 --> 00:03:24,996 Vese unha devastación total por toda a cidade. 19 00:03:25,079 --> 00:03:27,749 Cada rúa, cada lugar que ollamos… 20 00:03:27,832 --> 00:03:32,128 Aquí, en Times Square, vemos gran parte da cidade na penumbra, 21 00:03:32,212 --> 00:03:37,300 mais, de lonxe, a súa silueta segue brillando coma sempre. 22 00:03:42,513 --> 00:03:45,767 - Onde carallo pensas que vas? - Estamos fodidos. 23 00:03:45,850 --> 00:03:50,271 - Lago Tupper, 3 días. Aquí non é seguro. - Levemos os bonos ao receptador. 24 00:03:52,482 --> 00:03:53,483 Onde están? 25 00:03:53,566 --> 00:03:55,693 Na camioneta, onde deben estar. 26 00:03:55,777 --> 00:04:00,615 Eu debía poñelos no ascensor e fíxeno, mais subín e non estaban, nin a camioneta. 27 00:04:01,449 --> 00:04:04,953 - E Ava? Non estabas con ela? - E Bob? Non estabas con el? 28 00:04:06,371 --> 00:04:09,916 Si, mais separámonos. Pensaba que estaría de volta aquí. 29 00:04:09,999 --> 00:04:11,501 Pois non está ninguén. 30 00:04:11,584 --> 00:04:14,045 Collamos estes pasaportes e lisquemos. 31 00:04:17,632 --> 00:04:21,094 Non fixen todo o que fixen para marchar sen nada. 32 00:04:21,177 --> 00:04:23,513 Non iremos a ningures ata ter os bonos. 33 00:04:23,596 --> 00:04:27,183 - Cres que alguén nola xogou? - Co honestos que somos todos? 34 00:04:29,310 --> 00:04:31,729 - E o do FBI? - Escoitarían as alarmas. 35 00:04:31,813 --> 00:04:34,023 Non, escoiteinos pola radio. 36 00:04:34,107 --> 00:04:37,986 Apareceron antes de saltaren as alarmas, así que alguén os avisou. 37 00:04:41,030 --> 00:04:42,740 É dicir, temos unha toupa. 38 00:05:02,260 --> 00:05:03,094 Leo! 39 00:05:05,680 --> 00:05:06,514 Entra! 40 00:05:07,140 --> 00:05:08,099 Tío, acouga! 41 00:05:09,225 --> 00:05:11,227 - Quen era? - Quen, Damarion? 42 00:05:11,311 --> 00:05:12,729 Quen carallo é Damarion? 43 00:05:12,812 --> 00:05:15,690 Acouga, é húngaro. Deume esta pera. 44 00:05:15,773 --> 00:05:17,984 - Tróuxote un amigo? - Abofé que non. 45 00:05:21,112 --> 00:05:22,071 Stan, non… 46 00:05:25,199 --> 00:05:26,826 Viñeches en Uber á reunión? 47 00:05:27,785 --> 00:05:31,122 Era un Lyft, porque os prezos subiron que flipas. 48 00:05:31,205 --> 00:05:33,458 Eu non sei pontear un coche, sabes? 49 00:05:33,541 --> 00:05:37,211 Non son ti. Teño unha conta falsa que uso para facer entregas. 50 00:05:37,295 --> 00:05:41,049 - E non colles a camioneta? - Non estaba, pero direiche quen si. 51 00:05:44,677 --> 00:05:46,304 Mira quen decidiu aparecer. 52 00:05:48,139 --> 00:05:49,140 E teu marido? 53 00:05:50,475 --> 00:05:51,309 Non o sei. 54 00:05:53,644 --> 00:05:54,937 E RJ? 55 00:05:56,814 --> 00:05:57,940 Onde está RJ, Judy? 56 00:06:05,114 --> 00:06:06,824 Leo non ten os bonos. 57 00:06:09,994 --> 00:06:11,579 Estás de chola. 58 00:06:11,662 --> 00:06:12,997 Todo foi para nada? 59 00:06:13,081 --> 00:06:17,085 Toda a montaxe da hostia, merecente dun galardón, foi para nada? 60 00:06:17,168 --> 00:06:19,587 - Alguén ten os bonos… - Abofé que os ten! 61 00:06:20,213 --> 00:06:22,298 - Estará camiño das Fiji. - Non. 62 00:06:22,382 --> 00:06:26,636 Alguén irá nun avión cun mimosa nunha man e un corte de manga na outra. 63 00:06:26,719 --> 00:06:28,221 Bob non levou os bonos. 64 00:06:28,304 --> 00:06:32,892 Intentou matarnos pero non levou os bonos? Como o carallo o sabes? 65 00:06:44,070 --> 00:06:47,073 Roger, vin tan rápido como puiden. 66 00:06:47,698 --> 00:06:49,909 Vinos por vídeo. 67 00:06:49,992 --> 00:06:51,452 Non poden estar lonxe. 68 00:06:51,536 --> 00:06:55,456 Quero saber quen son e como entraron na miña cámara acoirazada. 69 00:06:56,374 --> 00:06:59,168 Olla cada gravación e cada rexistro das alarmas. 70 00:06:59,252 --> 00:07:00,962 Fai un varrido dos sistemas. 71 00:07:01,462 --> 00:07:03,548 - Ben. - E trae uns forenses. 72 00:07:05,049 --> 00:07:06,634 Carlos, que carallo pasou? 73 00:07:06,717 --> 00:07:07,760 Eu… 74 00:07:07,844 --> 00:07:09,220 tiña a un deles. 75 00:07:09,303 --> 00:07:10,304 Recoñecíchelo? 76 00:07:11,389 --> 00:07:12,223 Drogáronos. 77 00:07:12,306 --> 00:07:15,184 - Ai si? - Faltan as últimas seis horas de vídeo. 78 00:07:55,183 --> 00:07:57,685 Chama uns buzos, quero ver o interior. 79 00:07:57,768 --> 00:08:01,439 As caixas dos bonos resisten a auga, así que estarán a salvo. 80 00:08:01,522 --> 00:08:05,526 Sabes que se supoñía que resistía a auga tamén? Toda a cámara! 81 00:08:10,907 --> 00:08:12,283 Temos invitados. 82 00:08:12,783 --> 00:08:14,702 - Que fai aquí o FBI? - Non sei. 83 00:08:14,785 --> 00:08:16,746 - Que marchen. - Poden virnos ben… 84 00:08:16,829 --> 00:08:20,208 Stefan Thiele ten oídos en todas partes, incluso no FBI. 85 00:08:20,291 --> 00:08:23,961 Non quero que se decate ata saber que os bonos están ben. Veña. 86 00:08:32,094 --> 00:08:34,388 Vou baixar, temos unha causa probable. 87 00:08:36,182 --> 00:08:39,018 Axente Abbassi, do FBI. Procuramos a Roger Salas. 88 00:08:39,560 --> 00:08:44,190 Síntoo, mais o señor Salas está ocupado. Hannah Kim, de seguridade dixital. 89 00:08:44,273 --> 00:08:46,400 Sospeitamos que atracaron a cámara. 90 00:08:46,484 --> 00:08:47,652 Que dramático, 91 00:08:48,653 --> 00:08:51,447 se nos roubasen, eu sería a primeira en sabelo. 92 00:08:51,531 --> 00:08:53,950 Temos informadores na banda. 93 00:08:55,576 --> 00:08:59,914 Xa vexo. Mais, desafortunadamente, todo está ben e a salvo en SLS. 94 00:08:59,997 --> 00:09:03,334 Pero están todos aquí. ás catro da mañá e cun furacán. 95 00:09:03,417 --> 00:09:05,086 Se tentasen roubar a cámara… 96 00:09:05,169 --> 00:09:08,798 - Cosa que non pasou. - Non o dicir sería obstruír a xustiza. 97 00:09:10,925 --> 00:09:13,761 A non ser que volvan cunha orde xudicial… 98 00:09:13,844 --> 00:09:16,806 Axentes! Son Roger Salas. 99 00:09:16,889 --> 00:09:19,517 Grazas for viren comprobar se todo ía ben. 100 00:09:19,600 --> 00:09:22,895 Por sorte, foi unha falsa alarma por uns danos pola auga. 101 00:09:22,979 --> 00:09:27,608 - Gustaríanos baixar a botar unha ollada. - Estarei encantado, previo aviso. 102 00:09:27,692 --> 00:09:32,113 Meus clientes son moi reservados. Non podo deixar entrar a calquera, sabe? 103 00:09:32,196 --> 00:09:34,282 Non somos un calquera, senón o FBI. 104 00:09:34,365 --> 00:09:37,368 Chegados a uns niveis, todos somos uns calquera. 105 00:09:45,126 --> 00:09:46,919 Xa o fixemos perder moi tempo. 106 00:09:52,049 --> 00:09:54,176 Non teñen nada, só tiran a cana. 107 00:10:02,768 --> 00:10:06,689 Non poderemos entrar en SLS, mais si procurar os que os atracaron. 108 00:10:06,772 --> 00:10:09,483 Mercer vai na camioneta, gravaríana en tráfico. 109 00:10:09,567 --> 00:10:11,569 - Rastrexarémola. - Ata o encontro. 110 00:10:13,696 --> 00:10:16,657 Síntoo, mais logo do desta noite non confío en vós. 111 00:10:18,909 --> 00:10:22,830 Canto máis cres coñecer a alguén, máis fácil te engana. 112 00:10:26,334 --> 00:10:28,169 En tres días, no lago Tupper. 113 00:10:32,173 --> 00:10:33,424 Sen os bonos, ou? 114 00:10:35,217 --> 00:10:38,346 Aquí non estamos seguros, que non entendedes? 115 00:10:38,429 --> 00:10:42,099 - Non marchamos sen os cartos. - Sen bonos, non hai pasaportes. 116 00:10:42,183 --> 00:10:44,226 - Se Salas nos atopa… - Como? 117 00:10:44,310 --> 00:10:46,687 - Sen vídeo nin impresións. - E a cámara? 118 00:10:46,771 --> 00:10:48,773 Ha de ser un acuario agora. 119 00:10:49,357 --> 00:10:51,734 E se deixamos algo que nos conecte? 120 00:10:52,318 --> 00:10:55,237 Foi limpo, é imposible que Salas nos identifique. 121 00:11:01,827 --> 00:11:06,499 - E o amplificador? - Xenérico de RadioShack, irrastrexable. 122 00:11:08,709 --> 00:11:11,504 Stan, onde están os teus anteollos? 123 00:11:14,715 --> 00:11:15,549 Non, eu… 124 00:11:16,967 --> 00:11:17,885 Probablemente… 125 00:11:24,892 --> 00:11:25,893 Merda! 126 00:11:31,190 --> 00:11:36,529 É Ava Mercer, ou? Saíu ás 3:23 e 5 minutos despois estaba na Essex coa Delancey. 127 00:11:36,612 --> 00:11:41,117 Ás 3:41, na zona alta, na 58 coa Segunda. 128 00:11:41,200 --> 00:11:42,535 Está por todas partes. 129 00:11:42,618 --> 00:11:44,495 Está ferida, confusa? 130 00:11:46,330 --> 00:11:49,083 Son as pontes de entrada, intenta saír da illa. 131 00:11:49,166 --> 00:11:52,086 Continúa procurando, levaranos ao resto da banda. 132 00:12:11,188 --> 00:12:14,442 Uns laboratorios tecnolóxicos están analizando o ADN. 133 00:12:25,745 --> 00:12:27,788 Stefan, alégrame escoitalo. 134 00:12:27,872 --> 00:12:30,708 Teño entendido que houbo un problema na cámara. 135 00:12:30,791 --> 00:12:32,001 Non que eu saiba. 136 00:12:32,918 --> 00:12:37,173 Señor Thiele, son Hannah Kim. O furacán non a afectou. 137 00:12:37,256 --> 00:12:39,091 Non é o que se me indica. 138 00:12:39,175 --> 00:12:42,344 - Non sei onde o escoitaría. - Vixío os meus cartos. 139 00:12:42,428 --> 00:12:45,723 Podo asegurarlle que os seus bonos están a salvo, Stefan. 140 00:12:49,018 --> 00:12:52,104 É bo sabelo. Irei á primeira hora da mañá. 141 00:12:56,650 --> 00:12:58,319 Quen é Roger Salas? 142 00:12:58,944 --> 00:13:01,280 Polo seu currículo, naceu en Venezuela, 143 00:13:01,363 --> 00:13:04,366 aos trinta estaba no Xapón e aos corenta nos EE. UU. 144 00:13:06,577 --> 00:13:07,912 Olla isto. 145 00:13:07,995 --> 00:13:12,166 O pasaporte venezolano de Salas, de 1994, e o estadounidense. 146 00:13:12,249 --> 00:13:13,959 Non é o mesmo tipo. 147 00:13:14,043 --> 00:13:17,338 E nada concorda cos datos que lles deu aos de Valores. 148 00:13:22,551 --> 00:13:25,638 Oe, na banda todos están conectados con Vernon, non? 149 00:13:26,639 --> 00:13:30,434 RECLUSO FOXE DE PRISIÓN ACHADO CULPABLE DO INCENDIO EN GLEN HILLS 150 00:13:32,853 --> 00:13:34,688 Vellos amigos, que interesante. 151 00:13:43,697 --> 00:13:44,949 Todo o que construín… 152 00:13:47,368 --> 00:13:48,953 todo polo que traballei… 153 00:13:51,330 --> 00:13:52,957 Gozarán destruíndome. 154 00:13:53,833 --> 00:13:56,752 Acharemos a xente que fixo isto. Están en algures. 155 00:13:56,836 --> 00:13:58,212 Recuperarei os bonos 156 00:13:59,046 --> 00:14:02,716 e asegurareime de que consiga todo o que merece. 157 00:14:31,704 --> 00:14:33,539 É o tipo da revisión dos ollos. 158 00:14:33,622 --> 00:14:36,876 Chegou ás 12:35 e marchou ás 13:18. 159 00:14:36,959 --> 00:14:38,002 Cámaras de fóra. 160 00:14:47,219 --> 00:14:48,053 Aí. 161 00:15:01,108 --> 00:15:05,362 Abofé, deixei as gafas, pero Salas non pode rastrexar iso, non? 162 00:15:05,446 --> 00:15:07,406 Non sabes do que é capaz. 163 00:15:09,825 --> 00:15:13,996 Se cadra ten razón. É un risco, talvez debamos marchar. 164 00:15:15,706 --> 00:15:17,082 Talvez debamos marchar? 165 00:15:22,713 --> 00:15:25,466 Xa vexo, estades xuntos nisto. 166 00:15:25,549 --> 00:15:26,467 Desculpa? 167 00:15:26,550 --> 00:15:29,511 Ti telo a el, el ten a Ava e Ava ten o receptador. 168 00:15:33,390 --> 00:15:35,976 Stan, nunca pensaches que cha está a xogar? 169 00:15:36,685 --> 00:15:40,397 Que o pai subrogado lévate polo camiño que el quere? 170 00:15:40,481 --> 00:15:42,483 Non o levo a ningunha parte. 171 00:15:42,566 --> 00:15:44,944 Non che sei, tes segredos ás cheas. 172 00:15:45,027 --> 00:15:49,281 Pensas que cha metería así, logo de oito anos? 173 00:15:49,365 --> 00:15:51,742 A todo isto, que che contou, Stan? 174 00:15:52,952 --> 00:15:54,745 Canto sabes de verdade? 175 00:15:56,747 --> 00:15:57,623 Ten razón. 176 00:15:58,749 --> 00:16:02,252 O único que sei é de cando chorabas ao durmir en Washington. 177 00:16:02,878 --> 00:16:04,088 Vin que eras humano. 178 00:16:04,171 --> 00:16:08,342 - Ao menos non vou detrás dunha casada. - Non tes nin idea do que nós… 179 00:16:08,425 --> 00:16:09,969 Só sei o que vexo. 180 00:16:11,345 --> 00:16:12,680 Tivemos o que tivemos. 181 00:16:14,473 --> 00:16:18,143 Cando isto remate, irei pola miña conta e vós iredes pola vosa. 182 00:16:18,227 --> 00:16:20,270 E pensar que sería diferente. 183 00:16:20,354 --> 00:16:21,689 Pensas que cha xogo? 184 00:16:22,398 --> 00:16:25,734 - Quedade coa miña parte e dividídea. - Dividir o que? 185 00:16:25,818 --> 00:16:27,903 Danlle igual os cartos. 186 00:16:30,155 --> 00:16:32,616 Nunca foi polos cartos, verdade? 187 00:16:35,619 --> 00:16:37,079 Por que foi, Leo? 188 00:16:38,789 --> 00:16:40,499 Por que arriscamos a vida? 189 00:16:56,974 --> 00:16:58,100 Estamos pechados. 190 00:17:04,982 --> 00:17:07,192 - É a muller de Stan Loomis? - Sonlle. 191 00:17:09,778 --> 00:17:13,157 Son o inspector Miguel Fuentes e procuro o seu esposo. 192 00:17:14,366 --> 00:17:16,994 Hai anos que cumpriu a condicional. 193 00:17:17,870 --> 00:17:19,663 Non se meteu en problemas. 194 00:17:20,164 --> 00:17:24,418 O señor Loomis traballa connosco provéndonos información 195 00:17:25,002 --> 00:17:27,171 e pensamos que pode estar en perigo. 196 00:17:28,881 --> 00:17:30,090 Quero axudar. 197 00:17:34,470 --> 00:17:36,388 Di que Stan é un informador? 198 00:17:37,848 --> 00:17:39,308 Nunca o amentara. 199 00:17:39,391 --> 00:17:41,060 Iso faino bo informante. 200 00:17:41,643 --> 00:17:44,605 Está ilocalizable e agardabamos que estivese aquí. 201 00:17:44,688 --> 00:17:45,522 Pois non está. 202 00:17:46,857 --> 00:17:47,733 Nin ninguén. 203 00:17:47,816 --> 00:17:48,650 Ola? 204 00:17:49,276 --> 00:17:50,360 Barbara? 205 00:17:50,444 --> 00:17:52,654 Non pasa nada, Barbara, volve á cama! 206 00:17:52,738 --> 00:17:55,032 Falades do meu Stan? 207 00:17:55,699 --> 00:17:56,950 Ninguén? 208 00:18:01,580 --> 00:18:05,042 Este cabaleiro di que procura a Stan. 209 00:18:05,667 --> 00:18:08,962 Son o inspector Fuentes e vostede ha de ser súa nai. 210 00:18:09,046 --> 00:18:10,422 Fala moito de vostede. 211 00:18:10,506 --> 00:18:14,176 É un bo rapaz. Seu pai, que en paz descanse… 212 00:18:14,259 --> 00:18:16,804 Intentamos localizalo, estamos preocupados. 213 00:18:16,887 --> 00:18:19,973 Díxenlle ao inspector que non sabemos onde está Stan. 214 00:18:20,057 --> 00:18:23,560 Tes a cousa esa do móbil, "Acha o meu móbil" ou non sei que. 215 00:18:25,771 --> 00:18:26,605 Abofé. 216 00:18:29,316 --> 00:18:30,567 Deixa que a olle. 217 00:18:38,117 --> 00:18:40,869 A Stan daralle rabia non estar. 218 00:18:45,332 --> 00:18:46,166 Vaia. 219 00:18:47,334 --> 00:18:51,046 Non o atopo, ha de ser pola tormenta. 220 00:18:51,547 --> 00:18:52,923 Tombaría o sinal. 221 00:18:53,006 --> 00:18:55,342 Xa, agardo que non estea aí fóra soíño. 222 00:18:56,176 --> 00:19:00,097 Sobre todo coa xente coa que está metido. Poden ser impredicibles. 223 00:19:01,014 --> 00:19:05,435 Tamén o teño no meu móbil, seguro que está xogando ao póker cos amigos. 224 00:19:26,915 --> 00:19:28,417 Ben, grazas, Carlos. 225 00:19:31,378 --> 00:19:35,048 Carlos rastrexouno ata un taller de coches en Red Hook. 226 00:19:36,425 --> 00:19:37,759 Reunirá os seus homes. 227 00:19:38,260 --> 00:19:39,803 Que fará? 228 00:19:40,470 --> 00:19:43,724 Carlos fará o que adoita facer. 229 00:19:46,351 --> 00:19:48,395 É a mellor opción? 230 00:19:49,146 --> 00:19:50,898 Esgotáronse as opcións. 231 00:20:02,409 --> 00:20:04,661 Teño dabondo de Salas para ir ao xuíz. 232 00:20:04,745 --> 00:20:06,246 Mercer chegou a Brooklyn. 233 00:20:06,330 --> 00:20:08,040 Se bulimos, podemos cachalos. 234 00:20:09,458 --> 00:20:11,084 Imposible estar nos dous sitios. 235 00:20:14,379 --> 00:20:15,464 Precisamos axuda. 236 00:20:16,381 --> 00:20:18,008 En canto faga esta chamada, 237 00:20:19,551 --> 00:20:22,679 todo o que fixemos por libre sairá á luz. 238 00:20:23,931 --> 00:20:26,016 Levo metida nisto demasiado… 239 00:20:26,725 --> 00:20:28,936 perdín demasiado como para o deixar. 240 00:20:29,436 --> 00:20:30,312 Mais ti… 241 00:20:31,438 --> 00:20:32,856 tes unha carreira. 242 00:20:32,940 --> 00:20:37,569 A min dáme igual o que me pase, máis ti non has porqué caer comigo. 243 00:20:45,118 --> 00:20:47,579 Fai esa chamada, manda unha brigada. 244 00:21:15,190 --> 00:21:17,192 Podemos discutilo canto queirades. 245 00:21:17,818 --> 00:21:21,530 - Cando Roger mande a Carlos, acabouse. - Agás se é a túa toupa. 246 00:21:21,613 --> 00:21:24,449 - Non pensas claro. - Penso claro coma o día. 247 00:21:24,533 --> 00:21:28,996 Tes a toupa, tes a Ava e ela ten o receptador. Tes todo o preciso. 248 00:21:29,079 --> 00:21:31,415 Se non te parase antes, deixaríasnos. 249 00:21:46,054 --> 00:21:49,599 - Ava, déronche. Estás ben? - Tes unha pinta horrible. 250 00:21:49,683 --> 00:21:51,393 - Veña, apóiate en min. - Ben. 251 00:21:55,355 --> 00:21:56,648 - Vas ben? - Lévoa eu. 252 00:21:56,732 --> 00:21:58,775 - Estou ben. - Sabes se é grave? 253 00:21:58,859 --> 00:22:00,527 Só me rozou, estou ben. 254 00:22:01,820 --> 00:22:03,447 Amodiño. 255 00:22:07,159 --> 00:22:09,745 - Ben, ti queda aí. - Estou ben, vou sentar. 256 00:22:10,454 --> 00:22:11,371 Quen che deu? 257 00:22:12,956 --> 00:22:15,751 Os gardas de SLS, non paraban de chegar. 258 00:22:16,585 --> 00:22:18,837 Viron a camioneta, estamos fodidos. 259 00:22:18,920 --> 00:22:21,173 Carguemos os coches e lisquemos. 260 00:22:21,256 --> 00:22:24,343 E eu que te imaxinaba a medio camiño de México. 261 00:22:24,426 --> 00:22:27,804 - Son arxentina. - Verdade, unha tenreira excelente. 262 00:22:29,598 --> 00:22:33,769 - Por que colliches a camioneta? - Tiña os bonos e non quedaba ninguén. 263 00:22:33,852 --> 00:22:36,980 Estaban a camioneta e os bonos, mais ninguén de vós. 264 00:22:37,064 --> 00:22:37,898 E RJ? 265 00:22:39,399 --> 00:22:40,233 E Bob? 266 00:22:42,444 --> 00:22:43,653 Ficou, Judy. 267 00:22:43,737 --> 00:22:44,988 Como que ficou? 268 00:22:45,489 --> 00:22:46,948 Vino na estrada. 269 00:22:48,325 --> 00:22:49,493 Bob morreu. 270 00:22:53,622 --> 00:22:54,456 Síntoo. 271 00:23:00,253 --> 00:23:01,254 Como morreu? 272 00:23:01,755 --> 00:23:04,716 Nin idea, só o vin alí. 273 00:23:05,258 --> 00:23:06,593 Sangraba ou… 274 00:23:06,676 --> 00:23:09,054 Estaba morto, máis que morto. 275 00:23:09,137 --> 00:23:12,432 - Non digo iso. Disparáronlle? - Cala a puta boca, Stan! 276 00:23:19,272 --> 00:23:20,399 Non! 277 00:23:21,483 --> 00:23:22,317 Non. 278 00:23:27,114 --> 00:23:28,782 Cago en diola! 279 00:23:35,414 --> 00:23:37,958 - Sabíao, xogáchesnola! - E veño cos falsos? 280 00:23:38,041 --> 00:23:40,293 - Así pareces inocente. - Están xuntos. 281 00:23:40,377 --> 00:23:42,170 Leváchelos ti ao ascensor. 282 00:23:42,254 --> 00:23:44,881 Ti tivéchelos dúas horas, non veñas con esas. 283 00:23:44,965 --> 00:23:46,716 Onde estabas cando veu o FBI? 284 00:23:46,800 --> 00:23:49,845 Logo, apuñalo polas costas ou son unha toupa do FBI? 285 00:23:49,928 --> 00:23:51,346 Por que non as dúas? 286 00:23:51,430 --> 00:23:53,807 E RJ? É o único que non está aquí. 287 00:23:53,890 --> 00:23:56,143 - Se cadra ten os bonos. - Non foi RJ. 288 00:23:56,226 --> 00:24:01,398 Sabedes que? Vou coller os bonos reais e o meu pasaporte falso e escapo de vós. 289 00:24:01,940 --> 00:24:05,026 - É propiedade comunitaria. - Non ouses apuntala. 290 00:24:05,110 --> 00:24:07,571 Parade todos. 291 00:24:32,846 --> 00:24:35,849 - Dinos onde os puxeches. - Ela non ten os bonos. 292 00:24:35,932 --> 00:24:37,934 Como o sabes de certo? 293 00:24:39,227 --> 00:24:40,353 Se cadra foi Salas. 294 00:24:40,437 --> 00:24:42,272 - E alguén o alertou. - Que non. 295 00:24:44,649 --> 00:24:46,151 A cuberto! Fóra do medio! 296 00:24:47,486 --> 00:24:48,320 Veña! 297 00:25:13,136 --> 00:25:14,638 Soltade as armas. 298 00:25:14,721 --> 00:25:15,555 Merda. 299 00:25:18,892 --> 00:25:20,477 Soltádeas ou morrerá. 300 00:25:24,606 --> 00:25:27,150 Soltádeas agora mesmo. 301 00:25:29,277 --> 00:25:30,445 Apartádeas co pé. 302 00:25:37,369 --> 00:25:38,620 Que carallo é isto? 303 00:25:42,207 --> 00:25:43,875 Onde está o resto dos bonos? 304 00:25:43,959 --> 00:25:45,335 Non os temos. 305 00:25:46,211 --> 00:25:47,295 Oe! 306 00:25:47,879 --> 00:25:48,713 Os bonos. 307 00:25:49,631 --> 00:25:53,927 O primeiro disparo será nos nocellos, o segundo nos xeonllos 308 00:25:54,010 --> 00:25:57,597 e irei subindo ata que me digades onde están os bonos. 309 00:25:58,265 --> 00:25:59,933 E agardo que tardedes moito… 310 00:26:00,016 --> 00:26:02,018 Direivos todo, non lle fagas dano. 311 00:26:02,102 --> 00:26:02,936 Cala, Judy! 312 00:26:03,687 --> 00:26:06,856 Nun almacén en Bensonhurst. Puxen a chave no despacho. 313 00:26:06,940 --> 00:26:09,901 - Amosareivos onde, non o manquedes. - Arreando. 314 00:26:10,443 --> 00:26:12,404 Merda, carallo. 315 00:26:21,037 --> 00:26:22,747 Hai unha caixa trala cama. 316 00:26:42,976 --> 00:26:44,060 Lisquemos de aquí. 317 00:27:35,945 --> 00:27:36,780 Veña. 318 00:28:03,098 --> 00:28:05,725 - Podo quedar ata que drenen a cámara. - Non. 319 00:28:06,559 --> 00:28:07,811 Témolo baixo control. 320 00:28:09,020 --> 00:28:10,313 Pasou a tormenta. 321 00:28:12,816 --> 00:28:13,983 Tes como marchar? 322 00:28:14,067 --> 00:28:15,860 Si, miña irmá está preto. 323 00:28:17,362 --> 00:28:20,156 Bo día, Glen. Que sorpresa verte aquí! 324 00:28:20,782 --> 00:28:22,325 A cidade nunca para. 325 00:28:30,583 --> 00:28:32,293 Vivos para loitar outro día. 326 00:28:32,377 --> 00:28:33,920 Abofé que si. 327 00:28:54,149 --> 00:28:54,983 Como foi? 328 00:28:55,567 --> 00:28:57,527 Ti conduce. 329 00:29:03,116 --> 00:29:08,997 CARLOS: TÉÑOOS. ROGER: FOI BEN? RESULTADOS? ONDE ESTÁS? 330 00:29:10,915 --> 00:29:11,750 Axentes. 331 00:29:11,833 --> 00:29:12,667 Señor Salas. 332 00:29:13,960 --> 00:29:17,255 Alégrome de volver velos, mais falamos dunha orde. 333 00:29:19,048 --> 00:29:22,844 Isto danos dereito a rexistrar calquera propiedade súa ou de SLS, 334 00:29:22,927 --> 00:29:24,471 caixas privadas incluídas. 335 00:29:28,349 --> 00:29:29,309 É correcto. 336 00:29:30,435 --> 00:29:36,733 Daquela estarei encantado de amosarllas todas. 337 00:29:57,504 --> 00:30:01,800 Como dixen, houbo danos leves pola auga. 338 00:30:02,801 --> 00:30:06,179 Nada do que preocuparse, agás se o FBI ten un fontaneiro. 339 00:30:13,770 --> 00:30:14,687 Están baleiras. 340 00:30:14,771 --> 00:30:19,150 Levamos os bens dos clientes a un lugar seguro para protexelos do temporal. 341 00:30:27,116 --> 00:30:28,326 E esa? 342 00:30:29,160 --> 00:30:31,454 É a miña cámara privada. 343 00:30:32,789 --> 00:30:36,417 - Prometo que ninguén entrou nela. - Abrámola para verificalo. 344 00:30:39,128 --> 00:30:39,963 Está ben. 345 00:31:23,131 --> 00:31:26,634 Importaríalle dicirme por que está iso na súa caixa privada? 346 00:31:31,472 --> 00:31:33,099 Quero chamar o meu avogado. 347 00:34:23,978 --> 00:34:28,983 Subtítulos: Bruno Martínez Pita