1 00:00:15,140 --> 00:00:19,019 ENTRANDO NO EPISODIO LARANXA: TRES SEMANAS ANTES DO ATRACO 2 00:00:22,147 --> 00:00:24,607 Chámome Nazan e son adicta. 3 00:00:25,150 --> 00:00:26,151 Ola, Nazan. 4 00:00:32,240 --> 00:00:34,659 Levo limpa catro anos e unha semana. 5 00:00:35,535 --> 00:00:38,079 O traballo vai ben, volven a confiar en min. 6 00:00:38,705 --> 00:00:39,539 Normalmente. 7 00:00:43,001 --> 00:00:46,254 Aquí falamos moito de poñer límites, regras. 8 00:00:46,337 --> 00:00:48,381 - Parte norte despexada. - E aquí. 9 00:00:48,465 --> 00:00:51,009 Retirádevos todos e reagrupádevos fóra. 10 00:00:51,509 --> 00:00:53,470 Estou limpa grazas a esas regras. 11 00:00:54,137 --> 00:00:56,639 Cando consumía, todo semellaba desdebuxado, 12 00:00:57,140 --> 00:01:01,770 mais agora fíxome nos detalles, nas cousas que se me escapaban. 13 00:01:01,853 --> 00:01:03,354 Estrañara ese sentimento. 14 00:01:04,272 --> 00:01:06,024 Guíome por eses sentimentos. 15 00:01:06,775 --> 00:01:07,984 Ás veces, atinan. 16 00:01:08,485 --> 00:01:09,486 Só ás veces. 17 00:01:10,570 --> 00:01:14,115 Mais agora adoitan levarme polo bo camiño, 18 00:01:14,783 --> 00:01:16,576 aínda que non sempre o pareza. 19 00:01:56,199 --> 00:01:57,534 Creo que están aquí! 20 00:01:57,617 --> 00:01:59,410 Vamos! FBI! 21 00:02:00,036 --> 00:02:00,870 Non se mova! 22 00:02:01,704 --> 00:02:03,123 Por que tardastes tanto? 23 00:02:10,630 --> 00:02:13,842 Por iso me deron outra oportunidade co meu fillo, Reza. 24 00:02:13,925 --> 00:02:15,593 POLICÍA INMIGRACIÓN E ADUANAS 25 00:02:15,677 --> 00:02:18,930 Este será o noso primeiro fin de semana sen supervisión. 26 00:02:20,306 --> 00:02:23,101 Se cadra leva á custodia compartida, xa se verá. 27 00:02:23,768 --> 00:02:24,978 É un pasiño de bebé. 28 00:02:25,478 --> 00:02:26,855 Talvez máis pequeno. 29 00:02:27,564 --> 00:02:31,192 Un pasiño cativeiro, prenatal, non sei. 30 00:02:31,276 --> 00:02:32,986 O importante é que é un paso. 31 00:02:41,202 --> 00:02:42,620 E nesta esquina, 32 00:02:42,704 --> 00:02:45,790 a campioa de loita libre do baixo leste de Nova York. 33 00:02:47,125 --> 00:02:48,585 Veña, xente! 34 00:02:48,668 --> 00:02:52,964 Abbasi atrapou ela soa o cuarto ciberdelincuente máis buscado. Un aplauso. 35 00:02:53,047 --> 00:02:55,842 Está ben, tranquilos. 36 00:02:55,925 --> 00:02:58,720 Aprecio a excesivamente calorosa benvida, Toby. 37 00:03:00,346 --> 00:03:01,181 Celosos. 38 00:03:01,848 --> 00:03:03,057 Están todos celosos. 39 00:03:04,142 --> 00:03:06,269 Que, non podo estar impresionado? 40 00:03:06,352 --> 00:03:09,189 Podes, se me vas axudar co papelame. 41 00:03:09,272 --> 00:03:13,526 Ti mira que sedutores son estes formularios. 42 00:03:13,610 --> 00:03:16,070 R84, FT209. 43 00:03:17,363 --> 00:03:20,783 Es unha tentadora. É unha conduta desapropiada no traballo. 44 00:03:21,284 --> 00:03:26,831 Encantaríame que flipas, pero estamos enfrascados no atraco da vía Diamante. 45 00:03:26,915 --> 00:03:28,666 Ai, si? Que tedes? 46 00:03:28,750 --> 00:03:31,544 Identificamos a impresión dactilar dunha vaíña. 47 00:03:31,628 --> 00:03:32,670 Xenial. 48 00:03:32,754 --> 00:03:35,173 Entón, quen é o rateiro de diamantes? 49 00:03:41,721 --> 00:03:43,640 Ei, parabéns polo de Jagos. 50 00:03:43,723 --> 00:03:46,100 Non me iades dicir o de Ava Mercer? 51 00:03:46,184 --> 00:03:49,062 Non sabía que o noso boy scout era o pregoeiro. 52 00:03:49,145 --> 00:03:51,814 Teredes máis que unha impresión e unha bala. 53 00:03:51,898 --> 00:03:54,943 Senón, non a deteñades ou marearavos o peixe. 54 00:03:55,026 --> 00:03:57,528 Mira, entendo que ti e Mercer teñades un… 55 00:03:58,238 --> 00:03:59,948 - pasado. - Serei de axuda. 56 00:04:00,031 --> 00:04:01,741 Non hai nada no que axudar. 57 00:04:02,533 --> 00:04:03,576 Será un erro. 58 00:04:03,660 --> 00:04:05,954 É unha avogada da parte alta, concho. 59 00:04:06,037 --> 00:04:10,667 Mercer será corrupta, mais dubido que sexa a ladroa de xoias que buscamos. 60 00:04:10,750 --> 00:04:11,626 Foinos ben. 61 00:04:12,627 --> 00:04:13,461 Ti cres? 62 00:04:14,254 --> 00:04:18,883 - Hai dabondo para o vindeiro atraco? - Para o que queremos ou o que fai falla? 63 00:04:18,967 --> 00:04:21,636 Abrir a cámara requirirá equipamento especial. 64 00:04:22,595 --> 00:04:26,057 Mercaremos o que poidamos e amañarémonolas para que sirva. 65 00:04:26,140 --> 00:04:27,642 - Acompáñote? - Non. 66 00:04:28,393 --> 00:04:30,812 Xa sabes que Javier prefire que vaia soa. 67 00:04:30,895 --> 00:04:32,772 Máis razón para que vaia. 68 00:04:50,373 --> 00:04:51,374 Ava. 69 00:04:56,587 --> 00:04:57,922 Esqueces algo? 70 00:05:42,091 --> 00:05:43,176 Xusto a tempo. 71 00:05:44,427 --> 00:05:46,929 A puntualidade escasea nas mulleres guapas. 72 00:05:47,430 --> 00:05:50,391 Circula, Bob, vou soa. Ese é o trato. 73 00:05:50,475 --> 00:05:53,603 Non coñezo o teu socio e a ti e ao vello Joe, apenas. 74 00:05:54,145 --> 00:05:56,564 Xogo o pescozo nesta partida, arriscarei. 75 00:05:59,275 --> 00:06:01,778 Está detrás e non axites a mar, entendido? 76 00:06:02,612 --> 00:06:04,572 A mar abana o barco, nena. 77 00:06:04,655 --> 00:06:06,616 E iso que se supón que significa? 78 00:06:08,326 --> 00:06:09,535 Isto é todo? 79 00:06:09,619 --> 00:06:11,204 Agás un par de cousas. 80 00:06:13,498 --> 00:06:14,374 Tres centos. 81 00:06:14,457 --> 00:06:15,708 Tres? Estás que si. 82 00:06:18,961 --> 00:06:21,881 Calcularamos un pouco máis. 83 00:06:21,964 --> 00:06:24,842 Serán difíciles de colocar, pola súa procedencia. 84 00:06:24,926 --> 00:06:26,844 Hei atopar un comprador de fóra. 85 00:06:26,928 --> 00:06:29,639 Sei dun tipo de Filadelfia que daría un millón. 86 00:06:35,895 --> 00:06:39,148 Pois talvez sexa o lugar axeitado para esta transacción. 87 00:06:43,778 --> 00:06:45,571 Non comecedes coa carallada. 88 00:06:48,825 --> 00:06:50,076 Que dis? 89 00:06:51,828 --> 00:06:53,371 - Catro centos. - Catro? 90 00:06:54,580 --> 00:06:55,915 Quen é o ladrón agora? 91 00:06:56,541 --> 00:06:57,375 De acordo. 92 00:06:57,458 --> 00:06:59,085 Nunha hora terei os fondos. 93 00:07:19,605 --> 00:07:20,440 Agardo fóra. 94 00:07:26,779 --> 00:07:28,281 Podemos facer iso, claro. 95 00:07:28,364 --> 00:07:31,909 - Abriu unha xeadería nova. - Podo tomar un de pasas con ron? 96 00:07:31,993 --> 00:07:35,288 O que ti queiras e tamén podemos ir ao carrusel. 97 00:07:39,584 --> 00:07:43,087 A mamá raposa lle encantan. E ao raposiño, aínda lle gustan? 98 00:07:43,796 --> 00:07:45,798 Ao raposiño tamén lle encantan. 99 00:07:45,882 --> 00:07:48,092 - Moi ben. - Socio, despídete de mamá. 100 00:07:48,176 --> 00:07:49,218 Hora das tarefas! 101 00:07:49,802 --> 00:07:51,929 Papá di que hei facer o de Ciencias. 102 00:07:52,597 --> 00:07:54,849 Claro, as tarefas son importantes. 103 00:07:55,600 --> 00:07:58,728 Teño moitas ganas de verte, quérote. 104 00:07:58,811 --> 00:08:01,397 - Eu tamén, adeus! - Di a teu pai que vou… 105 00:08:06,819 --> 00:08:08,946 MAMÁ 106 00:08:14,494 --> 00:08:17,914 ACORDO DE CUSTODIA XULGADO DE FAMILIA DE NOVA YORK 107 00:08:22,043 --> 00:08:24,712 FBI RAY VERNON, AGOSTO-DECEMBRO 108 00:08:29,926 --> 00:08:31,969 Queres un vehículo blindado? 109 00:08:32,053 --> 00:08:34,388 Quero unha copia dun vehículo blindado. 110 00:08:34,472 --> 00:08:38,601 Unha réplica que nos permita traspasar a reixa de seguridade de SLS. 111 00:08:38,684 --> 00:08:43,898 Se pasa por vez, pode que logremos entrar na baía de carga sen disparar as alarmas. 112 00:08:43,981 --> 00:08:46,484 Cómpre comezar coa configuración da cabina. 113 00:08:46,567 --> 00:08:49,320 Fixo que as camionetas son unhas 132s, 114 00:08:49,403 --> 00:08:52,156 mais a suspensión é ríxida que flipas 115 00:08:52,240 --> 00:08:55,910 e, se levamos moita carga atrás, derraparemos sen parar. 116 00:08:55,993 --> 00:08:56,953 Mala cousa. 117 00:08:57,787 --> 00:09:04,377 Agarda, o pai dun baixista de Fairlawn tiña unha Chevy C4500 do 2003 cuspidiña. 118 00:09:04,460 --> 00:09:07,171 Atopa unha e modificarei e ampliarei a cabina. 119 00:09:07,255 --> 00:09:09,465 Agarda, teño o seu número en algures. 120 00:09:09,549 --> 00:09:10,925 Stan, podes conseguila? 121 00:09:12,885 --> 00:09:13,886 Stan! 122 00:09:15,096 --> 00:09:17,306 Stan, podes ir por esa camioneta? 123 00:09:17,390 --> 00:09:20,810 Unha Chevy do 2003 para modificala. Encárgome. 124 00:09:21,394 --> 00:09:24,021 Tecnicamente o rapaz non se graduou connosco, 125 00:09:24,105 --> 00:09:27,525 mais asinou o meu libro de graduación e apuntou o teléfono. 126 00:09:29,944 --> 00:09:32,154 Debuxou un pene. 127 00:09:36,993 --> 00:09:39,328 Osíxeno e gasolina, bonita combinación. 128 00:09:39,412 --> 00:09:40,496 Bo traballo, Judy. 129 00:09:40,580 --> 00:09:41,914 É estable? 130 00:09:41,998 --> 00:09:44,458 Eu non dispararía nin arredor, 131 00:09:44,542 --> 00:09:48,838 pero para máis de cinco centímetros de aceiro, precisaremos calor dabondo. 132 00:09:50,923 --> 00:09:55,344 Un tipo do Triángulo de Ferro pode conseguir unha caixa para practicar. 133 00:09:55,428 --> 00:09:58,431 Ti mais eu poderiamos ir xuntos. 134 00:09:59,140 --> 00:10:03,603 A quen lle apetece ir xantar ao Sizzler? Descoidade, o tío Bob invita. 135 00:10:04,395 --> 00:10:06,564 - Canto? - Máis que xusto, 400 000. 136 00:10:06,647 --> 00:10:10,026 Mamacita contentaba con tres, mais eu aperteille ao tipo. 137 00:10:10,109 --> 00:10:11,986 Que sería de nós sen ti? 138 00:10:12,069 --> 00:10:14,155 Quen come espaguetes con pauciños? 139 00:10:14,238 --> 00:10:15,615 Mil millóns de persoas. 140 00:10:19,952 --> 00:10:23,581 Lembrade o que nos custou conseguilo, non é un caixeiro. 141 00:10:23,664 --> 00:10:27,126 A camioneta, a tecnoloxía, as caixas fortes 142 00:10:27,710 --> 00:10:29,378 e os explosivos e a química. 143 00:10:29,462 --> 00:10:32,965 Debería cubrir todo o preciso para entrar na cámara da SLS. 144 00:10:33,049 --> 00:10:35,635 Axustádevos ao tempo e ao presuposto. 145 00:10:36,302 --> 00:10:38,054 Por que leva tanto ela? 146 00:10:38,846 --> 00:10:42,850 Isto é Nova York, querido, o mercado inmobiliario manda. 147 00:10:42,933 --> 00:10:46,771 O edificio ten un ximnasio e un balneario para tódolos inquilinos. 148 00:10:46,854 --> 00:10:51,609 Hai moitas grandes empresas da lista Fortune 500, institucións financeiras, 149 00:10:51,692 --> 00:10:56,947 e incluso algúns museos usan o edificio para gardar excedentes de obras de arte. 150 00:10:59,200 --> 00:11:01,827 - Ola, señor Salas. - Unha visita, Leighanne? 151 00:11:01,911 --> 00:11:05,456 Si, preséntolle a Roger Salas, leva sete anos de inquilino. 152 00:11:05,539 --> 00:11:07,208 Esta é Mallory… 153 00:11:07,291 --> 00:11:08,501 - Rosenthal. - Abofé. 154 00:11:09,251 --> 00:11:12,672 De Belgrano Industrial, optimización do usuario final. 155 00:11:13,756 --> 00:11:15,257 E vostede, señor Salas? 156 00:11:19,387 --> 00:11:23,015 Protexemos as cousas que paga a pena protexer. Goce da visita. 157 00:11:24,100 --> 00:11:26,268 ROGER SALAS DIRECTOR EXECUTIVO DE SLS 158 00:11:26,352 --> 00:11:29,730 Preguntou polas medidas de seguridade e temos as mellores. 159 00:11:30,898 --> 00:11:34,110 É moi difícil achar un espazo diáfano así en Manhattan. 160 00:11:35,861 --> 00:11:37,780 Gustaríame facer algúns cambios. 161 00:11:38,406 --> 00:11:41,617 Por suposto, cada empresa ten as súas necesidades. 162 00:11:42,993 --> 00:11:47,623 Dígame, señorita Rosenthal, exactamente que é a optimización do usuario final? 163 00:11:47,707 --> 00:11:48,666 Quedamos con el. 164 00:11:49,750 --> 00:11:51,752 Primeiro e último mes en metálico? 165 00:11:52,712 --> 00:11:54,422 Prepararei os papeis. 166 00:12:04,348 --> 00:12:06,475 AVA MERCER NOTAS DO INTERROGATORIO 167 00:12:27,037 --> 00:12:30,958 O meu instinto, o meu ollo e a miña percepción 168 00:12:31,041 --> 00:12:36,422 dinme que Ava Mercer coñece a Ray Vernon e sabe onde está. 169 00:12:36,505 --> 00:12:40,009 Está mentindo e chéirame algo… 170 00:13:14,794 --> 00:13:21,425 OFICINA FEDERAL DE INVESTIGACIÓN 171 00:13:26,222 --> 00:13:29,058 Ei, non deberías estar aquí. Ted porase furioso. 172 00:13:29,809 --> 00:13:31,352 Só eu a coñezo de verdade. 173 00:13:32,978 --> 00:13:34,063 Non direi nin mu. 174 00:13:39,527 --> 00:13:42,822 Sinto a demora, son o axente Gough. Falamos por teléfono. 175 00:13:42,905 --> 00:13:45,157 Impórtalle que grave o interrogatorio? 176 00:13:46,158 --> 00:13:47,159 Estou arrestada? 177 00:13:47,243 --> 00:13:49,495 Abofé que non, só son unhas preguntas. 178 00:13:49,578 --> 00:13:51,080 Pois grave o que queira. 179 00:13:51,163 --> 00:13:54,542 De familia española, pero veu da Arxentina como refuxiada? 180 00:13:55,125 --> 00:13:57,127 Hai anos, agora teño a residencia. 181 00:13:57,753 --> 00:13:58,963 Foi na Guerra Sucia? 182 00:13:59,839 --> 00:14:01,632 Así a chamaron. 183 00:14:02,424 --> 00:14:03,843 Nós chamámola xenocidio. 184 00:14:05,678 --> 00:14:08,764 Sen titor, padriño nin pais. 185 00:14:10,391 --> 00:14:11,600 Estivo soa de nena, 186 00:14:11,684 --> 00:14:15,396 non tiña ningún familiar vivo e estaba soa nun país estranxeiro, 187 00:14:16,689 --> 00:14:17,606 mais aquí está. 188 00:14:19,358 --> 00:14:20,442 Aquí estou? 189 00:14:20,526 --> 00:14:23,028 Unha muller con poder, contactos e cartos. 190 00:14:23,696 --> 00:14:24,655 Chegou lonxe. 191 00:14:24,738 --> 00:14:28,701 E, aínda así, chámanme para vir ao FBI sen motivo ningún. 192 00:14:28,784 --> 00:14:32,246 - Eu non diría tal. - Pois non sei por que non vai ao gran. 193 00:14:34,081 --> 00:14:36,041 Gústalle ser avogada, Mercer? 194 00:14:36,792 --> 00:14:39,628 Digamos que me gusta facer o que se me dá ben. 195 00:14:39,712 --> 00:14:42,047 Traballa para moita xente cuestionable. 196 00:14:42,923 --> 00:14:44,508 Podería dicirlle o mesmo. 197 00:14:45,885 --> 00:14:49,430 - Vería o do distrito Diamante nas novas. - Difícil non velo. 198 00:14:49,513 --> 00:14:52,725 No lugar, atopamos unha vaíña cunha impresión dactilar. 199 00:14:52,808 --> 00:14:56,437 Cotexámola coas bases de datos e saíu alguén curioso, vostede. 200 00:14:57,104 --> 00:14:59,231 Pregúntome que explicación hai. 201 00:15:00,232 --> 00:15:02,151 Non podo dicir que me sorprenda. 202 00:15:02,234 --> 00:15:07,865 Hai un mes, denunciei ante a policía que me roubaran dúas armas. 203 00:15:07,948 --> 00:15:13,287 Teño varias, polo dereito que me garante a Segunda Emenda ao ser cidadá dos EE. UU. 204 00:15:13,370 --> 00:15:18,208 E, ao igual que a xente responsable que ten armas, cárgoas eu mesma. 205 00:15:19,251 --> 00:15:23,923 Iso explicaría a miña impresión na vaíña. 206 00:15:25,674 --> 00:15:29,720 É horrible que se usasen para cometer un acto delituoso. 207 00:15:31,847 --> 00:15:34,099 Permíteme que o corrobore coa Policía? 208 00:15:55,996 --> 00:15:57,957 De certo que foi Abbasi. 209 00:15:58,540 --> 00:15:59,541 Mala cousa. 210 00:16:00,084 --> 00:16:01,835 Xa as tiveches con ela. 211 00:16:05,089 --> 00:16:08,008 Habemos de tomar precaucións e ver se nos seguen. 212 00:16:10,886 --> 00:16:14,890 - Non poden achar este lugar. - Usaremos teléfonos de prepago. 213 00:16:18,602 --> 00:16:19,937 Que di o teu instinto? 214 00:16:23,941 --> 00:16:25,150 Temos un problema? 215 00:16:27,653 --> 00:16:28,487 Non. 216 00:16:29,863 --> 00:16:30,781 Non? 217 00:16:30,864 --> 00:16:32,032 Non, non o temos. 218 00:16:34,493 --> 00:16:36,912 - Hai algo máis. - Xa estamos de novo. 219 00:16:36,996 --> 00:16:41,000 - Non sabe que podería estar en xogo. - Dixo por que o quere facer? 220 00:16:41,083 --> 00:16:41,917 Ted. 221 00:16:42,001 --> 00:16:44,628 É innegable que Abbasi ten experiencia nisto, 222 00:16:44,712 --> 00:16:46,880 mais, polo seu historial con Mercer, 223 00:16:46,964 --> 00:16:50,467 decidín que o mellor para o FBI é que manteña a distancia. 224 00:16:54,596 --> 00:16:58,475 Hai sete anos, Ava Mercer puxo unha queixa formal contra min. 225 00:16:59,435 --> 00:17:02,479 Alegou que eu estaba drogada nun interrogatorio 226 00:17:02,563 --> 00:17:05,607 no que dixo que un cliente estaba en perigo. 227 00:17:06,358 --> 00:17:10,237 Alegou que, como non tomei a información en serio, 228 00:17:10,320 --> 00:17:12,031 tiven culpa na súa morte. 229 00:17:12,114 --> 00:17:14,283 E iso ocorreu cando… 230 00:17:14,366 --> 00:17:16,869 Si, señora. Naquel entón consumía. 231 00:17:18,495 --> 00:17:19,872 Recoñezo que non… 232 00:17:19,955 --> 00:17:22,458 xulguei a situación como era debido. 233 00:17:24,251 --> 00:17:28,005 A súa queixa ocasionou, en parte, a miña suspensión. 234 00:17:28,088 --> 00:17:29,214 Xa vexo o problema. 235 00:17:29,298 --> 00:17:31,884 Isto non é un desquite, sei como pensa ela. 236 00:17:31,967 --> 00:17:33,510 - Ten coartada. - Manipula. 237 00:17:33,594 --> 00:17:36,555 - A información concorda. - Só pido poder asesorar. 238 00:17:40,350 --> 00:17:42,311 Entendo que a coñeces, 239 00:17:43,353 --> 00:17:44,688 mais tócache de preto. 240 00:17:45,731 --> 00:17:49,151 Ted levará o da vía Diamante e fará como vexa oportuno. 241 00:17:50,611 --> 00:17:51,695 Si, señora. 242 00:17:52,279 --> 00:17:53,155 Grazas. 243 00:17:57,493 --> 00:17:59,620 Tes máis que dabondo cos teus casos. 244 00:18:01,580 --> 00:18:04,291 Mantente afastada de Mercer, entendido? 245 00:18:04,374 --> 00:18:05,209 Ben. 246 00:18:06,668 --> 00:18:07,503 Entendido. 247 00:18:10,798 --> 00:18:13,634 Aquí está ben, poñédeas aí, a carón das outras. 248 00:18:14,676 --> 00:18:17,805 Fallan máis disipadores e protección de sobretensións. 249 00:18:17,888 --> 00:18:20,891 - E un transmisor satélite para o vídeo. - Escríbeo. 250 00:18:20,974 --> 00:18:24,061 E talvez unha PlayStation para os ratos mortos. 251 00:18:24,144 --> 00:18:25,479 Escríbeo. 252 00:18:25,562 --> 00:18:26,563 Perfecto. 253 00:18:27,606 --> 00:18:30,359 A transferencia de adicción é xusto iso. 254 00:18:30,943 --> 00:18:33,278 É trocar unha adicción por outra. 255 00:18:33,362 --> 00:18:36,031 Podemos sobrepoñernos ás drogas e o alcohol, 256 00:18:36,115 --> 00:18:38,951 mais substituímolos polo sexo ou o xogo. 257 00:18:40,410 --> 00:18:41,870 Se non nos sobrepoñemos 258 00:18:42,496 --> 00:18:45,290 e seguimos culpando a outra persoa, 259 00:18:45,916 --> 00:18:48,335 é fácil recaer nos vellos hábitos. 260 00:18:49,378 --> 00:18:52,172 Moi ben, rematemos coa oración do terceiro paso. 261 00:18:58,137 --> 00:19:00,556 Toma a miña vontade e a miña vida. 262 00:19:01,390 --> 00:19:05,227 Guíame na miña recuperación e amósame como vivir. 263 00:19:05,727 --> 00:19:07,771 Grazas a todos, vémonos á próxima. 264 00:19:16,780 --> 00:19:17,781 Bo traballo hoxe. 265 00:19:21,952 --> 00:19:23,412 Xa chegou teu fillo? 266 00:19:23,495 --> 00:19:24,496 En dúas semanas. 267 00:19:25,330 --> 00:19:26,748 Xa preparei o sofá. 268 00:19:28,125 --> 00:19:32,838 Está entusiasmado, e eu tamén. É raro que tamén estea… nerviosa. 269 00:19:33,505 --> 00:19:36,008 Estará contento con tal de estar canda ti. 270 00:19:36,508 --> 00:19:37,342 Xa sei. 271 00:19:38,177 --> 00:19:41,847 Pero preocúpame leala dalgunha maneira. 272 00:19:47,144 --> 00:19:49,855 Non hai un punto na recuperación no que hei de… 273 00:19:50,731 --> 00:19:51,815 confiar en min? 274 00:19:51,899 --> 00:19:53,901 É difícil confiar na persoa que es 275 00:19:53,984 --> 00:19:56,403 cando aínda estás amarrada a quen eras. 276 00:19:57,946 --> 00:19:59,323 Dáte unha oportunidade, 277 00:20:00,240 --> 00:20:02,242 seguro que non vas mal encamiñada. 278 00:20:05,329 --> 00:20:07,789 Non podemos obter os planos da cámara. 279 00:20:07,873 --> 00:20:10,042 Grazas a RJ, o que podemos é estudar 280 00:20:10,125 --> 00:20:13,420 os canos, a ventilación e os sistemas eléctricos arredor. 281 00:20:15,923 --> 00:20:19,218 - Ben. - Tíos, por favor, non foi nada. 282 00:20:20,719 --> 00:20:22,304 Vaites, un aplauso curto. 283 00:20:23,722 --> 00:20:25,766 Pois tan sinxelo non foi. 284 00:20:25,849 --> 00:20:27,851 Ben, vexamos os canos. 285 00:20:28,727 --> 00:20:32,397 O que usen para mover a auga, está illado dos canos principais, 286 00:20:39,196 --> 00:20:43,784 mais as augas residuais están conectadas á rede, que podemos rastrexar. 287 00:21:09,643 --> 00:21:12,354 O sistema de ventilación ten unha complicación. 288 00:21:12,437 --> 00:21:17,317 Ten menos de 30 cm de ancho e non cabemos, mais chega aos despachos de SLS. 289 00:21:24,992 --> 00:21:29,788 A cámara usa a súa fonte de electricidade, mais os despachos arredor usan a xeral. 290 00:21:29,871 --> 00:21:33,709 Perdoa, non te toquei adrede. 291 00:21:44,511 --> 00:21:45,887 Seguro que vai aí? 292 00:21:48,932 --> 00:21:53,061 - É o interior do edificio. - Iso xa o vexo, señor catedrático. 293 00:21:53,145 --> 00:21:55,856 - Non cabemos nos condutos. - Nin nos retretes. 294 00:21:55,939 --> 00:21:57,607 Nin nos retretes, ben visto. 295 00:21:59,443 --> 00:22:01,361 E onde conflúen tódolos sistemas 296 00:22:02,112 --> 00:22:02,946 está… 297 00:22:03,030 --> 00:22:03,864 A cámara. 298 00:22:04,656 --> 00:22:07,200 Aquí hai un corredor perimetral, unha porta, 299 00:22:07,284 --> 00:22:09,870 un conduto que leva a un nivel inferior 300 00:22:09,953 --> 00:22:12,331 e estas seccións son as caixas fortes. 301 00:22:12,414 --> 00:22:17,502 Podemos mapear as distancias, as alarmas, as posicións e os centros de seguridade. 302 00:22:17,586 --> 00:22:20,213 Que son esas cousas con forma de araña? 303 00:22:20,297 --> 00:22:23,592 Unha malla eléctrica? Hai cables de resistencia. 304 00:22:23,675 --> 00:22:25,218 E sensores de temperatura? 305 00:22:25,969 --> 00:22:29,014 Abofé, son termistores, e mirade a zona de aí. 306 00:22:29,097 --> 00:22:31,725 - Han ser biométricos. - Está todo cablado. 307 00:22:31,808 --> 00:22:34,644 Se é a entrada, podería ter recoñecemento facial… 308 00:23:49,428 --> 00:23:50,262 Oe! 309 00:23:50,971 --> 00:23:52,389 Vixíe as salchichas! 310 00:24:01,731 --> 00:24:04,568 Que ben. Besa o cadáver do seu home con ese bico? 311 00:24:16,121 --> 00:24:20,375 Ninguén vén á miña casa, oes? Se queres falar comigo, faino no taller. 312 00:24:24,421 --> 00:24:26,006 Quero falar da miña parte. 313 00:24:26,089 --> 00:24:27,257 Coméntallo a Leo. 314 00:24:27,340 --> 00:24:30,844 Veña, é ben sabido quen move os fíos. 315 00:24:31,761 --> 00:24:34,222 Dubido que mans xelatina manexe moito. 316 00:24:35,640 --> 00:24:36,683 Exacto. 317 00:24:37,309 --> 00:24:39,936 Non sei se tramaredes metérnola boa ao resto. 318 00:24:40,896 --> 00:24:41,813 Talvez non. 319 00:24:42,898 --> 00:24:46,776 Mais cun 10 % extra terei menos queixa. 320 00:24:46,860 --> 00:24:51,156 Fai que a min e a Judy nos mereza a pena quedar no equipo. 321 00:24:52,574 --> 00:24:55,035 Direiche o que mereces. 322 00:24:57,037 --> 00:24:57,913 Nada. 323 00:24:58,622 --> 00:25:01,583 Es un ladrón de caixas fortes cunha soa man. 324 00:25:02,250 --> 00:25:03,793 Es un apéndice. 325 00:25:04,419 --> 00:25:06,546 Non fas máis que botar leña ao lume, 326 00:25:07,380 --> 00:25:11,760 e, no momento no que caias, todos estaremos moito mellor. 327 00:25:12,552 --> 00:25:15,055 Mais precisamos da túa esposa 328 00:25:15,138 --> 00:25:18,850 e semella que vai atada a ti. 329 00:25:21,061 --> 00:25:23,605 Así que te darei o seguinte, 330 00:25:24,397 --> 00:25:27,400 dez mil e o teléfono dun especialista de mans. 331 00:25:28,443 --> 00:25:34,574 A cambio, non volverás poñer un pé na miña entrada, 332 00:25:35,909 --> 00:25:36,743 no meu bloque 333 00:25:38,787 --> 00:25:40,205 nin no meu barrio. 334 00:25:43,375 --> 00:25:45,627 GENE GLASSER: VAS VIR Á VISTA OU QUE? 335 00:25:45,710 --> 00:25:46,920 Merda. 336 00:25:55,178 --> 00:25:57,138 Chegaches unha hora tarde, e que? 337 00:25:57,639 --> 00:25:59,140 O avogado de Harsha dixo: 338 00:25:59,641 --> 00:26:02,727 "Non chega ao xulgado a tempo e vai coidar dun neno?" 339 00:26:04,521 --> 00:26:05,355 E terá razón. 340 00:26:06,398 --> 00:26:08,733 Veña, non te fustrigues con iso. 341 00:26:08,817 --> 00:26:11,194 Non, se xa o fan eles dabondo. 342 00:26:11,278 --> 00:26:15,699 O meu avogado manexouno… de momento, mais estou na corda frouxa. 343 00:26:19,286 --> 00:26:21,538 Que fas aquí, escoitándome latricar? 344 00:26:27,627 --> 00:26:28,837 Que é isto? 345 00:26:28,920 --> 00:26:31,298 É unha planta de desculpas. 346 00:26:31,798 --> 00:26:32,632 Por que? 347 00:26:33,967 --> 00:26:34,801 É que… 348 00:26:36,344 --> 00:26:39,723 quería pedirche perdón por como levei o de Mercer. 349 00:26:39,806 --> 00:26:43,476 - Non, en tal caso fun eu quen cruzou… - Hei ser máis discreto. 350 00:26:44,603 --> 00:26:45,979 Probablemente estivese… 351 00:26:46,479 --> 00:26:47,856 alardeando un pouco. 352 00:26:50,233 --> 00:26:51,067 Por ti. 353 00:26:52,902 --> 00:26:54,279 Non é preciso. 354 00:26:54,863 --> 00:26:58,241 Es un bo axente, por iso todos queren terte no seu equipo. 355 00:27:00,076 --> 00:27:01,578 Es unha axente excelente. 356 00:27:11,630 --> 00:27:13,882 Grazas pola planta de desculpas. 357 00:27:14,549 --> 00:27:15,383 Ben. 358 00:27:17,594 --> 00:27:18,511 Descoida iso. 359 00:27:18,595 --> 00:27:23,600 - Ía poñelo de volta no almacén. Estaba… - En serio cres que Mercer está metida? 360 00:27:35,695 --> 00:27:36,780 Pois ben. 361 00:27:38,740 --> 00:27:39,616 Amósamo. 362 00:27:41,159 --> 00:27:41,993 De acordo. 363 00:27:46,081 --> 00:27:48,500 - Esta é a casa de Ava. - Xesús, Nazan. 364 00:27:48,583 --> 00:27:52,045 É Bob Goodwin, rouba caixas fortes. Ten un historial longo. 365 00:27:52,128 --> 00:27:54,506 Olla de preto, ten a man dereita ferida. 366 00:27:55,757 --> 00:27:58,468 Pois aquí vén o gracioso. 367 00:27:58,968 --> 00:28:01,054 Bob está casado cunha tal Judy. 368 00:28:02,055 --> 00:28:05,350 Seu pai era o Dr. James Strauss, un profesor de Química. 369 00:28:06,601 --> 00:28:08,937 Levouna polo mundo ata os 11 anos. 370 00:28:09,020 --> 00:28:13,024 Só ten dúas tachas no seu historial, por tenza ilícita de artillería. 371 00:28:13,983 --> 00:28:15,694 Gústalle rebentar cousas. 372 00:28:15,777 --> 00:28:19,197 Rastrexei os alias de Bob e está nun motel de Queens. 373 00:28:19,280 --> 00:28:22,450 Levan aí dende dez días antes do da vía Diamante. 374 00:28:23,451 --> 00:28:25,870 O normal é vender a mercancía e liscar. 375 00:28:26,496 --> 00:28:28,415 - Agás… - Se planean outra cousa. 376 00:28:30,250 --> 00:28:33,336 As testemuñas viron seis sospeitosos na vía Diamante. 377 00:28:33,837 --> 00:28:35,171 Estes han de ser tres. 378 00:28:35,255 --> 00:28:38,925 O da vía Diamante tivo que ser para financiar algo máis grande. 379 00:28:39,008 --> 00:28:42,887 Helman e Ted só buscan entregarlle un par deles ao tribunal. 380 00:28:42,971 --> 00:28:47,142 Se lles vou con isto, pecharán o caso e estarei no lado erróneo. 381 00:28:47,726 --> 00:28:49,561 E no correcto na túa profesión. 382 00:28:51,563 --> 00:28:54,441 Sempre falas das regras, do branco e o negro. 383 00:28:55,233 --> 00:28:56,067 Xa. 384 00:28:57,318 --> 00:28:59,028 As regras sonche importantes. 385 00:29:00,071 --> 00:29:03,199 De pequena, todo eran regras e non podía rompelas. 386 00:29:03,283 --> 00:29:05,410 Cando había comer, traballar, rezar. 387 00:29:05,493 --> 00:29:09,038 Sacaba boas notas, corría e casei con quen querían meus pais. 388 00:29:09,706 --> 00:29:13,793 Tiña unha vida impoluta e as miñas decisións… tamén o eran. 389 00:29:16,963 --> 00:29:18,506 Tras os atentados do 11S, 390 00:29:19,132 --> 00:29:23,470 quería demostrar que non era coma eles, entendes? 391 00:29:24,304 --> 00:29:25,638 Por iso entrei no FBI. 392 00:29:26,848 --> 00:29:29,225 Entón, botáronme unha ollada 393 00:29:29,893 --> 00:29:32,896 e mandáronme a atrapar radicais a tódalas mesquitas, 394 00:29:34,147 --> 00:29:35,064 ás tendas, 395 00:29:36,024 --> 00:29:36,858 ás casas. 396 00:29:41,154 --> 00:29:44,491 Pasei catro anos arruinando unha chea de vidas, 397 00:29:46,201 --> 00:29:49,162 desfacendo os meus semellantes, os da miña terra. 398 00:29:50,705 --> 00:29:56,252 Intentei aplacar ese sentimento e non puiden, por iso comecei coas drogas. 399 00:29:57,670 --> 00:29:59,923 Agora sigo as regras para non consumir 400 00:30:00,632 --> 00:30:02,342 e para poder ver o meu fillo. 401 00:30:03,468 --> 00:30:06,846 As regras son importantes se teñen un porqué, senón… 402 00:30:06,930 --> 00:30:12,185 ás veces cómpre retorcelas para evitar que creben as cousas que realmente importan. 403 00:30:18,233 --> 00:30:19,150 Aquí tes. 404 00:30:21,486 --> 00:30:24,614 NERVIOS CON DANOS GRAVES IMPROBABLE RECUPERAR A MOBILIDADE TOTAL 405 00:30:28,117 --> 00:30:30,370 Algúns naceron para que lles roubasen. 406 00:30:30,453 --> 00:30:33,248 - Nin me sinto mal, foi xenial. - Pobre tipo. 407 00:30:33,331 --> 00:30:34,165 Ola, ceo. 408 00:30:35,166 --> 00:30:37,627 Posme unha Pilsner, por favor? 409 00:30:37,710 --> 00:30:39,003 E teño outra cousa. 410 00:30:40,255 --> 00:30:43,258 - Uns xalapeños de balde coa app Yelp. - Mi madriña. 411 00:30:43,758 --> 00:30:44,717 Son da elite. 412 00:30:46,970 --> 00:30:48,680 Mira ti, uña e carne. 413 00:30:49,180 --> 00:30:52,308 Foi un día incrible, sacamos a camioneta a bo prezo. 414 00:30:52,809 --> 00:30:56,354 O tipo tiña unha granxa de polos e usábao para transportalos. 415 00:30:56,437 --> 00:30:59,649 Quería 20 000, mais coñezo estes tipos. Son brandiños. 416 00:30:59,732 --> 00:31:03,570 - Dixemos que estabamos casados. - O típico, non foi para tanto. 417 00:31:03,653 --> 00:31:04,946 Sería unha ganga. 418 00:31:05,029 --> 00:31:09,534 E escoita, vai Jude e di: "Oe, Charlie…" Usamos eses nomes, Charlie e Amanda… 419 00:31:09,617 --> 00:31:11,411 Nomes de cans, adorable. 420 00:31:11,494 --> 00:31:14,747 Pois vai e di: "Deixa cartos para a cirurxía de Indigo." 421 00:31:14,831 --> 00:31:17,375 Como se tivésemos unha nena, ou sería neno…? 422 00:31:17,458 --> 00:31:20,295 Bla, bla, bla. Bravo, carallo! 423 00:31:20,920 --> 00:31:23,506 Posme unha ronda de chopos para os noivos? 424 00:31:23,590 --> 00:31:24,632 Ceo, vámonos. 425 00:31:24,716 --> 00:31:27,468 Que hai da noite de vodas? Desvirgáchela? 426 00:31:29,596 --> 00:31:32,348 Que? Non, tío, non é iso. Só foi un… 427 00:31:32,432 --> 00:31:34,934 Sería mellor que a noite que fuches preso. 428 00:31:36,895 --> 00:31:38,313 Contoumo todo. 429 00:31:38,396 --> 00:31:39,230 Non, eu… 430 00:31:39,314 --> 00:31:41,482 Un foguetiño por pena e xa namoras. 431 00:31:41,566 --> 00:31:43,818 - Nunca dixen tal. - Xa choveu diso… 432 00:31:43,902 --> 00:31:45,987 Igual ca ti, poñéndote do seu lado. 433 00:31:46,070 --> 00:31:47,572 - Non lle fales… - Fódete! 434 00:31:47,655 --> 00:31:48,656 Bob, que carallo? 435 00:31:49,949 --> 00:31:51,659 Podes traernos algo de xeo? 436 00:31:52,160 --> 00:31:54,287 - Iso é! - Inténtao de novo! 437 00:31:54,370 --> 00:31:56,080 Agora si! 438 00:31:57,707 --> 00:31:59,375 Que tes? Que vas facer? 439 00:32:00,460 --> 00:32:01,294 Nada. 440 00:32:03,922 --> 00:32:04,881 Síntoo. 441 00:32:08,635 --> 00:32:10,637 Saltáronme os puntos, vaia leria. 442 00:32:13,890 --> 00:32:14,724 Stan! 443 00:32:17,602 --> 00:32:18,436 Stan! 444 00:32:19,938 --> 00:32:22,398 Stan, agarda. Síntoo. 445 00:32:23,274 --> 00:32:24,192 Non dixen tal. 446 00:32:26,361 --> 00:32:29,656 El… só di trapalladas para sacarte do rego. 447 00:32:30,531 --> 00:32:32,200 A noite que ingresaches, eu… 448 00:32:33,117 --> 00:32:35,954 - Sabes que non é certo… - Lida ti con esa merda. 449 00:32:36,663 --> 00:32:38,998 - Sei que é un mamón. - Non falo de Bob. 450 00:32:39,082 --> 00:32:41,709 Refírome ao te impulsa a querer estar con el. 451 00:32:45,505 --> 00:32:48,007 Nena, veña, volve aquí. 452 00:32:48,758 --> 00:32:49,759 Veña, escóitame. 453 00:32:50,343 --> 00:32:52,011 Oe, Judy! 454 00:32:52,845 --> 00:32:54,180 Que, queres pegarme? 455 00:32:54,263 --> 00:32:57,100 Faino e amósame que es un home feito e dereito! 456 00:32:57,183 --> 00:32:59,102 Escóitame, por favor. 457 00:32:59,686 --> 00:33:01,270 Mira. 458 00:33:02,230 --> 00:33:04,232 Quería darte isto 459 00:33:04,857 --> 00:33:07,151 doutra maneira, mais… 460 00:33:10,530 --> 00:33:11,531 É unha bolboreta. 461 00:33:13,324 --> 00:33:14,784 Xa o vexo. 462 00:33:20,873 --> 00:33:23,167 Que carallo te pasa? 463 00:33:37,056 --> 00:33:41,602 - De acordo. - Sen poder abrir caixas, para que sirvo? 464 00:33:42,186 --> 00:33:44,022 Talvez… Non, só tes a esquerda. 465 00:33:44,105 --> 00:33:47,025 - Non é a fin do mundo. - É o único que sei facer. 466 00:33:50,486 --> 00:33:51,654 Non… 467 00:34:12,717 --> 00:34:15,178 Este é Stan Loomis. 468 00:34:15,261 --> 00:34:20,808 Ten unha tenda de delicatessen legal, mais é un contrabandista con antecedentes. 469 00:34:20,892 --> 00:34:25,521 Pasou tres anos en prisión por drogas, mais dende entón portouse bastante ben. 470 00:34:25,605 --> 00:34:28,608 Podemos ollar no rexistro quen o visitou no cárcere. 471 00:34:28,691 --> 00:34:29,692 Boa idea. 472 00:34:31,235 --> 00:34:32,236 Vexamos. 473 00:34:33,738 --> 00:34:34,572 Súa nai, 474 00:34:35,156 --> 00:34:35,990 súa nai, 475 00:34:36,949 --> 00:34:37,784 súa nai 476 00:34:38,659 --> 00:34:40,828 e aquí está, Judy Strauss. 477 00:34:40,912 --> 00:34:41,746 Para, mira. 478 00:34:42,705 --> 00:34:43,581 Bob Goodwin. 479 00:34:43,664 --> 00:34:44,791 Só unha vez. 480 00:34:46,375 --> 00:34:47,919 Na prisión de Washington… 481 00:34:49,003 --> 00:34:52,048 - Cando dis que saíu Loomis? - Hai seis anos. 482 00:34:54,342 --> 00:34:57,303 Sabes quen estaba tamén daquela nese correccional? 483 00:34:57,970 --> 00:34:59,263 Quen é? 484 00:34:59,347 --> 00:35:02,391 Ray Vernon, cliente de Ava Mercer e… 485 00:35:05,311 --> 00:35:07,021 compañeiro de cela de Loomis. 486 00:35:09,482 --> 00:35:11,400 Equivoqueime con Mercer. 487 00:35:11,484 --> 00:35:12,527 Non está nisto? 488 00:35:12,610 --> 00:35:16,614 Abofé que si, mais non é a cabeza, senón unha peza da engrenaxe. 489 00:35:16,697 --> 00:35:18,074 Pero Ray Vernon finou. 490 00:35:18,866 --> 00:35:23,621 Sospeitábase que tiña un cómplice e as xoias do último roubo non apareceron. 491 00:35:23,704 --> 00:35:27,125 Talvez quen ía con el aínda manda no galiñeiro. 492 00:35:27,208 --> 00:35:28,918 Precisamos ter ollos dentro. 493 00:35:29,001 --> 00:35:31,629 Ben, digámosllo a Ted, teremos máis apoio. 494 00:35:31,712 --> 00:35:34,841 Non, temos que achar unha fenda na armadura de Mercer. 495 00:35:34,924 --> 00:35:36,467 Como sabemos que ten unha? 496 00:35:37,135 --> 00:35:38,386 Todos a temos. 497 00:35:43,266 --> 00:35:44,100 Ben. 498 00:35:44,934 --> 00:35:45,768 Eu… 499 00:35:47,770 --> 00:35:49,272 nunca che diría que non. 500 00:35:52,650 --> 00:35:53,568 Píllano, ou? 501 00:36:00,074 --> 00:36:02,243 Non é que non… 502 00:36:04,245 --> 00:36:06,247 queira, é que non… 503 00:36:08,666 --> 00:36:09,792 Non podemos facelo. 504 00:36:15,131 --> 00:36:16,674 Cómpre retorcer as regras. 505 00:36:29,145 --> 00:36:30,021 Ben. 506 00:36:32,899 --> 00:36:33,774 Volvamos… 507 00:36:36,277 --> 00:36:37,320 ao traballo. 508 00:36:41,824 --> 00:36:43,451 Conseguíchela? 509 00:36:46,913 --> 00:36:50,458 Boas novas, temos unha réplica das pechaduras da cámara. 510 00:36:50,541 --> 00:36:51,959 Contra, deixa que vexa. 511 00:36:52,043 --> 00:36:55,296 Malas novas, cómpre xiralas á vez. 512 00:36:59,091 --> 00:37:00,343 Podería cortalas. 513 00:37:00,426 --> 00:37:04,513 - Por oxicombustión ou plasma. - É alta en carbono, levaría horas. 514 00:37:05,556 --> 00:37:06,557 Déixovos con iso. 515 00:37:10,311 --> 00:37:11,562 Stan non ía convosco? 516 00:37:18,402 --> 00:37:19,237 Dime. 517 00:37:20,947 --> 00:37:21,906 Ben, vamos alá. 518 00:37:23,824 --> 00:37:26,410 Xurdiu unha cousa, habemos vernos. 519 00:37:27,995 --> 00:37:30,122 Á medianoite, non tardes. 520 00:37:31,165 --> 00:37:31,999 De acordo. 521 00:37:39,757 --> 00:37:42,385 - Ola. - Collín unha conversa coa parabólica. 522 00:37:42,468 --> 00:37:45,554 Mercer quedou esta noite cun contacto en Bushwick. 523 00:37:45,638 --> 00:37:46,597 Que fai aí? 524 00:37:46,681 --> 00:37:49,016 Só hai matadoiros e galerías de arte. 525 00:37:49,100 --> 00:37:53,312 Viría mercar polos e mosaicos, non che sei. Quedou á medianoite. 526 00:37:53,396 --> 00:37:56,274 Ben, vaiamos por algo de cear e faremos garda. 527 00:37:56,357 --> 00:37:59,193 Hei de ir ao Bronx por unha emerxencia de Ted. 528 00:37:59,277 --> 00:38:00,653 Isto é unha emerxencia. 529 00:38:00,736 --> 00:38:02,989 Xa, pero non llo podo dicir a Ted, ou? 530 00:38:04,073 --> 00:38:05,491 Oe, por min quedaría… 531 00:38:05,574 --> 00:38:08,828 - Ben, envíame a información. Irei soa. - Nazan, agarda. 532 00:38:10,413 --> 00:38:11,539 E se é unha trampa? 533 00:38:13,833 --> 00:38:15,918 Mágoa que non esteas para salvarme. 534 00:39:26,906 --> 00:39:29,075 - Ves algo que che guste? - Non. 535 00:40:33,389 --> 00:40:34,390 Sóltame, hostia! 536 00:40:34,932 --> 00:40:36,058 Oe, onde vas? 537 00:40:36,142 --> 00:40:37,643 Fóra do medio! 538 00:40:43,315 --> 00:40:44,150 Merda! 539 00:40:44,233 --> 00:40:45,943 Ava, alto! 540 00:40:46,026 --> 00:40:47,278 Dixen que alto! 541 00:40:47,361 --> 00:40:48,821 As mans onde poda velas! 542 00:40:55,369 --> 00:40:56,454 Soltádeme! 543 00:40:57,079 --> 00:40:58,289 Soltádeme! 544 00:40:58,831 --> 00:41:01,667 - Ten máis armas? - Son do FBI, puto parvo. 545 00:41:01,750 --> 00:41:02,960 Señora, estea queda. 546 00:41:03,502 --> 00:41:06,380 Oe, Travis. Que é isto? 547 00:41:09,008 --> 00:41:09,967 Queda arrestada. 548 00:41:10,468 --> 00:41:12,261 Non debiches provocar a besta. 549 00:41:12,344 --> 00:41:15,097 Non a provoquei, abatina. 550 00:41:15,598 --> 00:41:16,807 Estás segura diso? 551 00:41:17,391 --> 00:41:19,477 Non tardará en conectalo todo. 552 00:41:19,560 --> 00:41:20,394 Entón que? 553 00:41:20,895 --> 00:41:22,313 Queres pechar o negocio? 554 00:41:23,230 --> 00:41:25,232 Non, estamos demasiado preto. 555 00:41:25,774 --> 00:41:28,861 Seremos coidadosos e tomaremos precaucións. 556 00:41:28,944 --> 00:41:30,529 É o que estamos a facer. 557 00:41:35,117 --> 00:41:36,243 E cal é a solución? 558 00:41:40,873 --> 00:41:41,999 Son eu. 559 00:41:43,250 --> 00:41:44,084 Non. 560 00:41:44,627 --> 00:41:47,505 Escoita, se me abro agora, 561 00:41:47,588 --> 00:41:50,090 Abbasi non terá nada contra ti 562 00:41:51,133 --> 00:41:53,636 e poderás acabar o que comezaches. 563 00:42:00,017 --> 00:42:00,851 De acordo. 564 00:42:05,689 --> 00:42:07,024 Escoita, Gene, has de… 565 00:42:07,107 --> 00:42:08,484 Enténdoo, escóitame. 566 00:42:08,567 --> 00:42:11,695 Dille ao xuíz que isto pasa acotío no meu traballo. 567 00:42:11,779 --> 00:42:13,489 Eu… 568 00:42:13,572 --> 00:42:16,200 Non poden. Nin sequera me imputaron. 569 00:42:16,283 --> 00:42:18,744 Non poden quitarme a custodia. 570 00:42:19,703 --> 00:42:20,955 Estou calmada, estou… 571 00:42:21,872 --> 00:42:25,167 De acordo, mais chámame de volta, queres? 572 00:42:27,503 --> 00:42:28,671 Merda. 573 00:43:24,268 --> 00:43:25,102 Teté? 574 00:43:36,071 --> 00:43:37,197 Teresa? 575 00:44:12,441 --> 00:44:14,526 Quitáronme a custodia do meu fillo. 576 00:44:15,069 --> 00:44:16,028 Nunca a tiveras. 577 00:44:18,989 --> 00:44:20,949 - O poder tela. - Onde a levaches? 578 00:44:32,961 --> 00:44:37,383 Para saberes de burocracia, sorpréndeme que non conseguises a súa cidadanía. 579 00:44:38,759 --> 00:44:40,427 Chama pola súa coelliña. 580 00:44:41,845 --> 00:44:42,930 E iso de coelliña? 581 00:44:45,015 --> 00:44:47,226 Cando era unha cativa, 582 00:44:49,353 --> 00:44:52,314 era difícil de atrapar. 583 00:44:55,651 --> 00:44:56,694 É familia túa? 584 00:44:57,945 --> 00:44:59,196 Era a miña coidadora. 585 00:44:59,780 --> 00:45:03,158 Axudoume a fuxir e coidou de min. 586 00:45:04,576 --> 00:45:08,872 Pensa que unha muller da súa idade volve a un país que non viu en 40 anos. 587 00:45:09,373 --> 00:45:11,834 Soa, sen familia. 588 00:45:13,585 --> 00:45:15,254 Ao menos o Goberno é mellor. 589 00:45:16,755 --> 00:45:18,716 Cres que hai algún bo? 590 00:45:19,925 --> 00:45:21,176 Algúns o intentan. 591 00:45:21,260 --> 00:45:22,094 Cales? 592 00:45:23,137 --> 00:45:25,973 O de España, no que Franco matou os meus curmáns? 593 00:45:27,766 --> 00:45:32,062 O de Arxentina, no que Videla fixo desaparecer os meus pais? 594 00:45:34,022 --> 00:45:35,441 Ou o dos Estados Unidos, 595 00:45:36,066 --> 00:45:39,987 no que os policías secuestran anciás para conseguir o que queren? 596 00:45:40,070 --> 00:45:44,324 Eu non secuestrei a ninguén, foron os de Inmigración facendo o que deben. 597 00:45:46,493 --> 00:45:47,327 Vas con esas? 598 00:45:48,746 --> 00:45:51,707 - Durmo pola noite. - E como lle vai á túa familia? 599 00:45:51,790 --> 00:45:53,333 Mellor que a Teresa. 600 00:45:59,131 --> 00:46:01,049 Teño amigos en Inmigración 601 00:46:01,133 --> 00:46:02,843 e débenme uns favores. 602 00:46:04,052 --> 00:46:06,555 Teresa ten a vista da deportación o martes. 603 00:46:06,638 --> 00:46:09,641 Pode que xa saquen do país nun voo a semana que vén, 604 00:46:10,893 --> 00:46:12,394 agás se fago esa chamada. 605 00:46:15,481 --> 00:46:16,648 Que queres? 606 00:46:17,691 --> 00:46:18,859 Quero que cantes. 607 00:46:20,360 --> 00:46:21,361 Non che sei nada. 608 00:46:21,445 --> 00:46:22,571 Deixa que o dubide. 609 00:46:23,155 --> 00:46:25,866 Aínda que fose así, poderías servirme de toupa. 610 00:46:26,450 --> 00:46:30,746 Os miles de dólares en diamantes non eran o obxectivo final da túa banda. 611 00:46:30,829 --> 00:46:32,956 Banda? 612 00:46:33,040 --> 00:46:33,916 De que falas? 613 00:46:33,999 --> 00:46:37,336 Bob Goodwin, Stan Loomis, Judy Strauss. 614 00:46:37,419 --> 00:46:39,171 Fixo que fago cantar a algún 615 00:46:39,254 --> 00:46:40,756 e te deixa co cu ao aire. 616 00:46:41,965 --> 00:46:43,217 Entón, Teresa… 617 00:46:50,098 --> 00:46:52,100 Saben que me estou baixo a lupa. 618 00:46:53,936 --> 00:46:55,979 Estou fóra. Teño a porta pechada. 619 00:46:56,480 --> 00:46:59,399 Sabemos dabondo que podes conseguir volver entrar. 620 00:47:04,321 --> 00:47:06,073 E amósame como vivir. 621 00:47:07,699 --> 00:47:10,160 Ben, moitas grazas a todos. 622 00:47:10,244 --> 00:47:13,413 Quero que saibades o afoutos que fostes hoxe. 623 00:47:31,014 --> 00:47:31,849 Ola. 624 00:47:33,308 --> 00:47:34,935 Que foi? Bulín o máximo. 625 00:48:45,380 --> 00:48:46,590 Quero volver entrar. 626 00:50:37,409 --> 00:50:42,414 Subtítulos: Bruno Martínez Pita