1 00:00:16,850 --> 00:00:20,687 ENTRANDO NO EPISODIO AZUL: CINCO DÍAS ANTES DO ATRACO 2 00:00:27,027 --> 00:00:28,778 Enfrontámonos a el, 3 00:00:28,862 --> 00:00:30,071 Roger Salas. 4 00:00:30,155 --> 00:00:34,242 Preside SLS, a maior empresa de seguridade financeira da costa leste. 5 00:00:35,493 --> 00:00:37,203 Cre que é intocable, 6 00:00:38,204 --> 00:00:39,456 mais está equivocado. 7 00:00:40,373 --> 00:00:43,460 A súa familia pensa que tivo unha boa vida, impoluta, 8 00:00:44,127 --> 00:00:45,503 mais está equivocada. 9 00:00:45,587 --> 00:00:48,339 O mundo pensa que é un titán na industria, 10 00:00:48,423 --> 00:00:50,216 un virtuoso, 11 00:00:50,300 --> 00:00:53,678 mais non ten nin idea de quen é en realidade. 12 00:00:54,304 --> 00:00:56,765 Precísanse sete traballos para derrotalo. 13 00:00:57,348 --> 00:01:02,103 Sete traballos son os que nos separan do que sempre ambicionamos. 14 00:01:02,187 --> 00:01:03,438 Se enfiamos a agulla, 15 00:01:04,606 --> 00:01:06,983 seremos reis e raíñas. 16 00:01:07,567 --> 00:01:11,404 Primeiro traballo, o 505 de Wall Street. 17 00:01:11,988 --> 00:01:16,785 SLS incorpora nos seus vehículos blindados transmisores de radio con codificación. 18 00:01:17,410 --> 00:01:22,957 Son a única forma de entrar na baía de carga e podemos clonalos estando preto. 19 00:01:24,209 --> 00:01:26,920 Se non obtemos o código antes de que entren… 20 00:01:30,757 --> 00:01:33,593 adeus ao segundo traballo. 21 00:01:49,526 --> 00:01:51,528 TRANSFERENCIA DE DATOS COBERTURA 22 00:01:54,656 --> 00:01:55,990 Se alguén nos ficha… 23 00:01:59,702 --> 00:02:01,496 pum, acabouse o que se daba. 24 00:02:01,579 --> 00:02:02,831 Circule. 25 00:02:02,914 --> 00:02:05,458 Roger gañará e nós perderemos. 26 00:02:08,670 --> 00:02:09,879 Apártese, veña. 27 00:02:09,963 --> 00:02:11,422 TRANSFERENCIA DE DATOS COBERTURA 28 00:02:13,925 --> 00:02:17,512 Segundo traballo, entrar en SLS. 29 00:02:21,808 --> 00:02:24,727 Hai unhas portas custodiadas por gardas armados 30 00:02:25,436 --> 00:02:28,189 e dous ascensores con acceso restrinxido. 31 00:02:28,857 --> 00:02:30,358 Un para obxectos de valor 32 00:02:31,693 --> 00:02:33,820 e outro para clientes. 33 00:02:35,822 --> 00:02:41,119 Todo está videovixiado e grávase e súbese as 24 horas do día. 34 00:02:41,828 --> 00:02:46,624 Terceiro traballo, dous gardas armados con adestramento militar no vestíbulo. 35 00:02:47,959 --> 00:02:52,130 Benvidos a SLS. Xa coñecen a Hannah Kim, que leva a seguridade dixital. 36 00:02:52,213 --> 00:02:54,090 Perdoa, Bob, distráiote? 37 00:02:57,343 --> 00:02:58,887 Os Chiefs gañan de seis. 38 00:02:58,970 --> 00:03:01,431 Vaites, os Chiefs gañan de seis? 39 00:03:02,640 --> 00:03:03,641 Abofé. 40 00:03:08,229 --> 00:03:11,232 Ben, xente. Aquí se complica a cousa. 41 00:03:11,316 --> 00:03:13,484 Vaites, aquí se nos complica. 42 00:03:17,447 --> 00:03:19,991 Aquí temos a entrada da cámara acoirazada. 43 00:03:25,079 --> 00:03:28,875 Cuarto traballo, a porta da entrada. A tarxeta que temos bastará. 44 00:03:28,958 --> 00:03:31,336 Unha vez aberta, virá o quinto traballo. 45 00:03:32,253 --> 00:03:34,380 Teremos o equipamento. 46 00:03:34,464 --> 00:03:36,799 Haberemos de ser silenciosos. 47 00:03:36,883 --> 00:03:40,178 O maior problema de todos será que, ao abrirse a porta, 48 00:03:40,261 --> 00:03:45,350 se activará unha unidade biométrica multimatriz de recoñecemento da marcha. 49 00:03:45,433 --> 00:03:49,437 - Que significa iso para os non friquis? - Que recoñece como camiñas. 50 00:03:49,520 --> 00:03:52,690 Se entra quen non debe, as cámaras o detectarán. 51 00:03:52,774 --> 00:03:57,654 - E non podemos cegalas ou fumealas? - Son de movemento e infravermellas. 52 00:03:57,737 --> 00:04:01,532 Daquela temos que ser invisibles e, se non podemos… 53 00:04:01,616 --> 00:04:07,080 - Pecharán as reixas, entrarán os gardas… - E acabouse, mais o que me preocupa é a… 54 00:04:07,163 --> 00:04:11,542 A entrada é o quinto traballo. Logo vén o sexto. 55 00:04:12,961 --> 00:04:16,798 Abrir a porta da cámara e apagar os sensores de temperatura. 56 00:04:16,881 --> 00:04:19,842 Roger usa seguridade tripla: algo que o identifica… 57 00:04:22,428 --> 00:04:23,346 Adiante, Roger. 58 00:04:23,429 --> 00:04:25,014 …algo que ten 59 00:04:26,391 --> 00:04:28,643 e algo que sabe. 60 00:04:29,227 --> 00:04:32,772 O código apaga os monitores de temperatura. 61 00:04:34,691 --> 00:04:36,067 Daquela como o obtemos? 62 00:04:41,030 --> 00:04:41,864 Non podemos. 63 00:04:42,782 --> 00:04:44,993 Só o sabe Roger e múdao tódolos días. 64 00:04:45,868 --> 00:04:49,580 Cando entremos, a temperatura comezará a subir 65 00:04:49,664 --> 00:04:52,458 e, se acada 73 graos Fahrenheit… 66 00:04:52,542 --> 00:04:53,626 - K.O. - Diabólico. 67 00:04:53,710 --> 00:04:54,961 Prisión de por vida. 68 00:04:55,044 --> 00:04:57,714 Exacto, podemos esquivar todo agás isto. 69 00:04:57,797 --> 00:05:00,800 A non ser que deixases unha porta traseira. 70 00:05:02,719 --> 00:05:05,013 Dixécheslles que deixaches unha? 71 00:05:07,557 --> 00:05:08,599 Deixeina. 72 00:05:10,601 --> 00:05:13,730 Un parche que desactivará os sensores de temperatura. 73 00:05:14,355 --> 00:05:17,233 Sen el, seríanos imposible entrar. 74 00:05:25,033 --> 00:05:29,287 Esta é a cámara acoirazada máis segura 75 00:05:30,038 --> 00:05:33,875 da costa leste dos Estados Unidos. 76 00:05:35,835 --> 00:05:37,045 Se cadra do mundo. 77 00:05:37,879 --> 00:05:39,964 A miña caixa de seguridade está aí. 78 00:05:42,633 --> 00:05:44,719 Non confiaría en tela noutro sitio. 79 00:05:57,482 --> 00:06:02,487 De agora en adiante, os seus bens estarán 100 % seguros. 80 00:06:02,570 --> 00:06:08,785 Ninguén nin nada pode entrar nesta cámara acoirazada, agás se eu quero. 81 00:06:17,710 --> 00:06:20,046 E, por último, o sétimo traballo. 82 00:06:21,089 --> 00:06:24,675 Abriremos as caixas fortes, extraeremos os bonos, 83 00:06:25,426 --> 00:06:27,845 e subirémolos ata a camioneta. 84 00:06:27,929 --> 00:06:29,806 Todo nunha hora escasa. 85 00:06:30,848 --> 00:06:32,183 E ninguén se decatará. 86 00:06:36,854 --> 00:06:38,773 Practicamente róubase soa. 87 00:06:41,275 --> 00:06:42,985 Podes devolverme o móbil? 88 00:06:48,199 --> 00:06:49,450 Hostia, perderon. 89 00:07:08,052 --> 00:07:10,138 Suzanne e Woo chegan mañá á cidade. 90 00:07:10,221 --> 00:07:13,141 Teño un cóctel na casa do concello, deberían vir. 91 00:07:13,224 --> 00:07:14,684 Ollarei a miña axenda. 92 00:07:22,442 --> 00:07:23,359 Conseguímolo. 93 00:07:23,443 --> 00:07:24,402 Conseguino. 94 00:07:25,820 --> 00:07:29,449 Ía esquivando coches e saltando os beirados, ao GTA. 95 00:07:29,532 --> 00:07:32,952 Entón achegouse un tipo armado ata os dentes. Ía matarme e… 96 00:07:34,745 --> 00:07:35,580 Ben. 97 00:07:40,418 --> 00:07:42,462 Queres ir traballar na camioneta? 98 00:07:43,504 --> 00:07:46,007 Claro, boa idea. 99 00:07:51,929 --> 00:07:54,015 Só buscaba unha palmadiña no lombo. 100 00:07:54,098 --> 00:07:57,101 Xa haberá tempo de palmadiñas cando rematemos. 101 00:07:58,019 --> 00:08:01,606 FORBES OS GARDIÁNS DE WALL STREET 102 00:08:15,620 --> 00:08:18,498 PARABÉNS POR ATRAPARES O PEIXE GORDO. 103 00:08:18,581 --> 00:08:21,626 QUEN É? 104 00:08:35,723 --> 00:08:37,058 De acordo, ben. 105 00:08:38,100 --> 00:08:40,728 RJ, amorea isto para que quede recto. 106 00:08:40,811 --> 00:08:42,438 Ha de medir máis dun metro. 107 00:08:42,522 --> 00:08:44,649 - Caerá e esmagarache os pés. - Ben. 108 00:08:44,732 --> 00:08:46,317 E se os levamos a peso? 109 00:08:47,026 --> 00:08:48,736 Cada bono vale 100 000, ben? 110 00:08:48,819 --> 00:08:51,072 Por tanto, hai 70 000 follas de papel. 111 00:08:51,155 --> 00:08:56,744 Poñamos que cada unha pesa cinco gramos. Iso son 350 000 gramos, ou 350 quilos. 112 00:08:56,827 --> 00:08:59,789 E se temos en conta as caixas, son case 450 quilos. 113 00:08:59,872 --> 00:09:03,459 Non atendín nadiña, do atractiva que estás cando calculas. 114 00:09:03,543 --> 00:09:05,211 Ai, si? Só cando calculo? 115 00:09:05,294 --> 00:09:07,421 - Sexa o que fagas. - E hai máis. 116 00:09:07,505 --> 00:09:10,550 - Máis cálculos? - De que tipo os queres? 117 00:09:10,633 --> 00:09:14,011 É bonito ver unha parella mostrar afecto tras tantos anos. 118 00:09:14,095 --> 00:09:19,976 Meus pais nin se tocaban, mais dubido que me cambiase a percepción. Difícil sabelo… 119 00:09:20,059 --> 00:09:21,185 Ha calar o melenas? 120 00:09:21,269 --> 00:09:23,104 - Déixao en paz. - Que o deixe? 121 00:09:23,187 --> 00:09:26,107 Dirás iso cando nos pillen polos seus chíos? 122 00:09:26,190 --> 00:09:27,441 Eh, periquiño? 123 00:09:29,443 --> 00:09:30,736 Mais teño dúas mans. 124 00:09:31,737 --> 00:09:33,447 Ah, tes dúas mans? 125 00:09:33,531 --> 00:09:35,074 Tes dúas putas mans? 126 00:09:35,157 --> 00:09:37,910 - Mais es un torpe cos pés. - Oe! 127 00:09:37,994 --> 00:09:39,328 Que pasa aquí? 128 00:09:39,412 --> 00:09:42,748 Síntoo, señor Jenkins, non xogaremos máis no patio! 129 00:09:42,832 --> 00:09:45,876 Todo ben, Leo. Teño todo baixo control, descoida. 130 00:09:45,960 --> 00:09:50,006 Rapaces, portádevos ben. Logo volvo. 131 00:09:52,008 --> 00:09:53,634 Xa, enténdoo, 132 00:09:54,343 --> 00:09:57,221 mais non podo darche información que non teño. 133 00:09:57,305 --> 00:10:00,141 Non hai nada do que informar, de acordo? Falamos. 134 00:10:00,808 --> 00:10:02,560 Vas á casa de Roger? 135 00:10:02,643 --> 00:10:05,605 Hei pinchar as cámaras e instalar o escáner facial. 136 00:10:06,439 --> 00:10:10,735 Se cadra deberías mandar a Judy e quedar aquí. 137 00:10:11,611 --> 00:10:14,196 Non, isto non llo podo confiar a ninguén. 138 00:10:19,452 --> 00:10:20,661 Isto xa é persoal. 139 00:10:21,746 --> 00:10:23,205 Cando non o foi? 140 00:10:40,723 --> 00:10:43,643 Agora son o teu puto problema. Abellas do carallo. 141 00:10:47,480 --> 00:10:49,607 ABELLARIZA NAJIMY 142 00:10:49,690 --> 00:10:52,652 A abella raíña é a femia líder da colonia. 143 00:10:53,444 --> 00:10:56,155 Comunícase coas súas directivas por feromonas 144 00:10:56,238 --> 00:10:59,075 e, onde vai ela, séguena o resto de abellas. 145 00:10:59,742 --> 00:11:01,994 As abellas obreiras son todas femias… 146 00:11:02,078 --> 00:11:02,912 Manda carallo. 147 00:11:03,913 --> 00:11:07,124 Non sei por que pido lingua, sempre a cagan. 148 00:11:13,089 --> 00:11:17,635 Quizais debería ir armado para o atraco, coma vós. 149 00:11:17,718 --> 00:11:18,552 Ti… 150 00:11:20,179 --> 00:11:23,516 Non precisas unha arma para isto, ceo. 151 00:11:24,392 --> 00:11:28,771 Xa, tedes razón, pero e se a cousa se complica? 152 00:11:28,854 --> 00:11:31,941 Que tipo de complicación vas ter no teu? 153 00:11:32,024 --> 00:11:37,029 Non sei, se vén un garda e solta: "Oe, que estás a facer?" 154 00:11:37,113 --> 00:11:38,614 Por que é británico? 155 00:11:38,698 --> 00:11:40,908 Non sei, podería ser de calquera… 156 00:11:40,991 --> 00:11:45,162 Ti has levarnos, cargar a camioneta e traernos. Esquece as armas. 157 00:11:45,246 --> 00:11:49,542 Ben, deixamos o das armas pendente e xa o volveremos discutir. 158 00:12:08,561 --> 00:12:09,729 Coñeces esta xente? 159 00:12:10,896 --> 00:12:12,148 Pronto a coñeceremos. 160 00:12:12,940 --> 00:12:15,443 Agardo axudar a causar unha boa impresión. 161 00:12:15,943 --> 00:12:18,529 Non podería ser mala nin aínda que quixeses. 162 00:13:14,293 --> 00:13:20,132 O meu final feliz, se o conseguimos, será mercar un viñedo en Portugal. 163 00:13:22,176 --> 00:13:23,511 Cultivarei uva. 164 00:13:24,637 --> 00:13:28,015 Venderei parte do viño a un restaurante e beberei o resto. 165 00:13:33,646 --> 00:13:34,980 Eu e alguén especial. 166 00:13:35,064 --> 00:13:36,524 Túa nai, daquela. 167 00:13:37,274 --> 00:13:38,984 Polo menos soño, paspán. 168 00:13:41,237 --> 00:13:43,447 Descoida, este paspán tamén soña. 169 00:13:43,531 --> 00:13:45,366 Mudareime ás Bahamas. 170 00:13:45,866 --> 00:13:49,078 Ás súas praias rosas, longas como acada a vista. 171 00:13:49,161 --> 00:13:54,875 Se o conseguimos, eu boteille o ollo a unha Ludwig 1965 de Butch Vig orixinal. 172 00:13:59,255 --> 00:14:02,383 - É unha batería. - Poderías mercar un millón delas. 173 00:14:02,466 --> 00:14:03,634 Mercareiche dez. 174 00:14:03,717 --> 00:14:06,679 Mais Butch tocaba esta cando estaba en Garbage. 175 00:14:07,346 --> 00:14:11,767 Está no museo histórico de Wisconsin, pero xa sabes que os cartos mandan. 176 00:14:11,851 --> 00:14:13,227 Imbécil. 177 00:14:14,937 --> 00:14:16,939 Pode soñar canto queira, sabes? 178 00:14:17,523 --> 00:14:18,983 E ti que farás, Judy? 179 00:14:21,110 --> 00:14:25,614 Hai unha pequena vila nunha montaña en México, 180 00:14:26,198 --> 00:14:27,032 Angangueo. 181 00:14:28,492 --> 00:14:30,911 Meu pai levoume alí cando era cativa. 182 00:14:30,995 --> 00:14:35,249 É onde van as bolboretas monarca no inverno. 183 00:14:35,332 --> 00:14:36,208 Elas… 184 00:14:37,793 --> 00:14:40,880 viaxan durante todo o ano, miles de quilómetros. 185 00:14:40,963 --> 00:14:44,174 Mais só viven tres semanas, dabondo para poñer un ovo. 186 00:14:44,258 --> 00:14:48,888 As últimas chegan a Angangueo 187 00:14:49,513 --> 00:14:52,391 e viven uns oito ou nove meses. 188 00:14:52,474 --> 00:14:56,937 Saben que son as últimas da estirpe e… 189 00:14:58,355 --> 00:15:00,858 han de levar o facho o máis lonxe posible. 190 00:15:05,154 --> 00:15:08,699 Así que alí é onde irei. 191 00:15:10,993 --> 00:15:11,869 Que fermoso. 192 00:15:15,372 --> 00:15:18,834 Semella que estarás tombado nesas areas rosas ti só, Bob. 193 00:15:24,590 --> 00:15:26,342 Tes algo que dicir, mamón? 194 00:15:27,801 --> 00:15:29,094 Se tes algo, sóltao! 195 00:15:29,178 --> 00:15:30,512 Borracho do carallo. 196 00:15:30,596 --> 00:15:33,599 Cavareiche unha tomba, puto maricas. Solta, hostia! 197 00:15:35,100 --> 00:15:37,227 - Que carallo? - Non, Judy. Veña, eu… 198 00:15:41,148 --> 00:15:41,982 Oe. 199 00:15:42,066 --> 00:15:44,526 Sempre o mesmo con este tío, diola. 200 00:15:44,610 --> 00:15:46,779 - Xa sei, acouga. - Sempre o mesmo. 201 00:15:46,862 --> 00:15:48,614 - El non importa. - Inténtoo. 202 00:15:48,697 --> 00:15:50,532 Oe, respira. 203 00:15:50,616 --> 00:15:52,034 - Eu inténtoo. - Eu… 204 00:15:52,576 --> 00:15:53,869 - Perdoa. - …quérote. 205 00:15:53,953 --> 00:15:56,080 - Quérote. - Síntoo, xa o sabes. 206 00:15:57,081 --> 00:15:57,915 Perdoa. 207 00:15:58,707 --> 00:16:00,125 Non me asustes así. 208 00:16:00,668 --> 00:16:02,878 Non me gusta cando me asustas así. 209 00:16:06,006 --> 00:16:08,008 Escóitame. 210 00:16:08,092 --> 00:16:10,094 Cando consigamos eses bonos… 211 00:16:11,679 --> 00:16:12,930 quedaremos con todos. 212 00:16:14,139 --> 00:16:15,975 - De acordo? - Ben. 213 00:16:16,058 --> 00:16:17,518 Mudarémonos xuntos. 214 00:16:19,061 --> 00:16:21,063 Sós ti mais eu, nena, eh? 215 00:16:22,481 --> 00:16:23,399 Sós ti mais eu. 216 00:16:23,899 --> 00:16:25,818 - Abofé que si. - Para sempre. 217 00:16:26,860 --> 00:16:29,863 Claro, quérote. 218 00:16:29,947 --> 00:16:30,990 Quérote. 219 00:16:34,368 --> 00:16:35,494 Ó, si. 220 00:16:53,053 --> 00:16:55,389 Semella un pouco perigoso. 221 00:16:55,472 --> 00:16:58,642 Non, é incriblemente sinxelo e xa está preparado. 222 00:16:58,726 --> 00:17:00,894 O risco para vostede será moi baixo. 223 00:17:03,522 --> 00:17:07,067 - Alégrame que puidese vir. - Claro. Miña esposa, Sakura. 224 00:17:07,151 --> 00:17:10,279 Comentáballe dos nosos plans de protección de activos. 225 00:17:10,779 --> 00:17:13,490 E eu que pensaba que sería unha noite de relax. 226 00:17:15,492 --> 00:17:17,411 - Acompáñame? - Por suposto. 227 00:17:44,021 --> 00:17:46,565 SÓ UNHA PINGA! 228 00:19:09,565 --> 00:19:12,442 Vaites, vostedes os tres no mesmo lugar. 229 00:19:16,321 --> 00:19:18,240 Daquela, aproveitando que están… 230 00:19:19,783 --> 00:19:22,286 quería comentarlles que estou valorando 231 00:19:22,369 --> 00:19:25,706 - expandirnos a Europa. - Queremos que coloque os bonos. 232 00:19:27,666 --> 00:19:33,297 - Acabo de colocalos na cámara. - Quere dicir que queremos que nos axude 233 00:19:33,380 --> 00:19:36,550 a trocalos por outro tipo de activos. 234 00:19:37,134 --> 00:19:39,094 Exacto, máis legais. 235 00:19:40,137 --> 00:19:43,348 A súa orixe é problemática. 236 00:19:44,474 --> 00:19:47,644 Apreciaríamos moito a súa discreción e rapidez. 237 00:19:50,314 --> 00:19:53,108 Non estou preparado para ese tipo de cousas. 238 00:19:53,859 --> 00:19:58,530 Desafortunadamente, neste momento hai moitos focos postos en nós. 239 00:19:58,614 --> 00:20:02,910 O Goberno olla con lupa cada transacción que facemos. 240 00:20:03,535 --> 00:20:05,329 Mais alguén coma vostede… 241 00:20:05,412 --> 00:20:10,667 Respectado, con conexións e a tiro de pedra… non si? 242 00:20:12,961 --> 00:20:17,299 Mais non podo facer desaparecer 7000 millóns de dólares da noite á mañá. 243 00:20:17,382 --> 00:20:23,555 Seguro que vostedes… entenden o difícil que é 244 00:20:24,723 --> 00:20:28,101 colocar esa contía sen disparar as alarmas. 245 00:20:30,562 --> 00:20:32,189 Vostede é enxeñoso. 246 00:20:34,566 --> 00:20:39,196 Confiamos en que atopará a maneira de axudarnos. 247 00:21:23,448 --> 00:21:25,450 NÚMERO DESCOÑECIDO 248 00:21:37,713 --> 00:21:39,631 - Quen é? - Mire o correo. 249 00:21:44,886 --> 00:21:46,138 XESTIÓN 250 00:21:49,516 --> 00:21:50,392 Que quere? 251 00:21:50,475 --> 00:21:53,603 Quero que saiba que nada do que ten está seguro. 252 00:21:53,687 --> 00:21:57,232 A súa familia, a súa identidade nin a súa prezada cámara. 253 00:21:58,358 --> 00:21:59,735 Estarei en contacto. 254 00:22:06,116 --> 00:22:09,953 Analizade tódolos sistemas. De SLS e de todo o 505 de Wall Street. 255 00:22:10,037 --> 00:22:12,039 Podes rastrexar un correo cifrado? 256 00:22:12,122 --> 00:22:14,374 Depende do número de proxis. Todo ben? 257 00:22:14,458 --> 00:22:16,543 Só protexo os activos dos clientes. 258 00:22:16,626 --> 00:22:20,464 - Vale máis ter contentos os Trixemelgos. - Semellaban agradables. 259 00:22:20,964 --> 00:22:23,717 Son da xente coa que, se non estás a boas, 260 00:22:23,800 --> 00:22:28,138 vas pola rúa, alguén te roza e aos tres pasos caes morto dun infarto. 261 00:22:28,221 --> 00:22:29,848 - Mantén a distancia. - Ben. 262 00:22:29,931 --> 00:22:31,600 Fai o varrido de seguridade. 263 00:22:32,601 --> 00:22:34,728 Liz. 264 00:22:35,354 --> 00:22:36,188 Liz. 265 00:22:36,688 --> 00:22:37,522 Ola. 266 00:22:39,399 --> 00:22:43,236 - Non me pases chamadas. - De parte da dirección, danllas a todos. 267 00:22:45,697 --> 00:22:47,366 Querida irmá, baila comigo. 268 00:22:52,496 --> 00:22:55,415 Vou cara a enriba e máis alá. 269 00:22:55,499 --> 00:22:57,959 Teño o meu recuncho, os papeis amoreados 270 00:22:58,043 --> 00:23:03,090 e cando vou aos almacéns da zona alta, collo máis caixas e póñoas na morea, vés? 271 00:23:03,173 --> 00:23:05,217 Velaquí unha abelliña ocupadiña. 272 00:23:05,300 --> 00:23:07,636 Traga horas para cebar a conta, ou? 273 00:23:08,136 --> 00:23:10,013 Aínda se me suicidará a Fitbit. 274 00:23:10,722 --> 00:23:12,516 Mentres o fagas ben… 275 00:23:13,475 --> 00:23:15,602 Temes que túa irmá te deixe tirada? 276 00:23:15,685 --> 00:23:18,897 Temo que a miña irmá pequena esqueza por que está aquí. 277 00:23:18,980 --> 00:23:20,774 - Deixa, ou! - Quérote. 278 00:23:22,109 --> 00:23:25,570 Vés? Só me quedan 137 despachos. 279 00:23:25,654 --> 00:23:27,364 Vémonos na casa. 280 00:23:28,073 --> 00:23:29,157 Ben. 281 00:23:48,135 --> 00:23:52,264 Señor Salas, Graham Davies pola liña principal. 282 00:23:53,223 --> 00:23:54,349 Di que é urxente. 283 00:23:55,308 --> 00:23:56,184 Pásamo. 284 00:24:01,690 --> 00:24:02,524 Quen é? 285 00:24:03,024 --> 00:24:04,693 4,3 millóns. 286 00:24:06,027 --> 00:24:09,197 Que? Non, toleou. Non podo… 287 00:24:09,281 --> 00:24:12,659 Cría que non ía doer, non coñece a dor de verdade. 288 00:24:13,201 --> 00:24:15,203 Ten un número de conta no correo. 289 00:24:15,287 --> 00:24:16,121 Escoite. 290 00:24:17,664 --> 00:24:18,790 Ten tres días. 291 00:24:19,791 --> 00:24:20,625 Ola? 292 00:24:26,673 --> 00:24:27,549 Si? 293 00:24:29,009 --> 00:24:29,843 Ola. 294 00:24:31,511 --> 00:24:33,180 Creo que achei algo. 295 00:24:33,263 --> 00:24:34,890 Estaba analizando o sistema 296 00:24:34,973 --> 00:24:39,311 e semella que, se se accede seguindo unha orde específica, 297 00:24:39,394 --> 00:24:42,522 os sensores de temperatura da cámara poden fallar. 298 00:24:43,940 --> 00:24:46,568 É coma unha porta traseira. 299 00:24:48,904 --> 00:24:53,033 - Dis que alguén a puxo a propósito? - Seméllame máis un fallo técnico. 300 00:24:54,493 --> 00:24:55,535 Seméllache? 301 00:24:55,619 --> 00:24:58,121 Entón que é, un erro ou unha maldita porta? 302 00:24:59,581 --> 00:25:04,085 Este sistema instalouse hai sete anos, cando construímos a cámara acoirazada. 303 00:25:04,920 --> 00:25:09,508 A non ser que crea que alguén botou a perder todo este tempo, 304 00:25:09,591 --> 00:25:13,094 agardando anos a sacar a relucir unha elaborada trampa, 305 00:25:14,513 --> 00:25:16,723 tan só é un microprograma defectuoso. 306 00:25:22,270 --> 00:25:24,231 - Arranxádeo. - Agora mesmo. 307 00:25:24,314 --> 00:25:25,148 Por certo. 308 00:25:26,358 --> 00:25:28,443 Podo pedirlle cita para o oculista? 309 00:25:29,319 --> 00:25:30,153 Claro. 310 00:25:31,238 --> 00:25:34,616 Teño un número de conta, rastrexaremos ese cabrón. 311 00:25:35,116 --> 00:25:36,326 Pedireillo a Hannah. 312 00:25:36,409 --> 00:25:37,577 Non. 313 00:25:38,286 --> 00:25:39,663 Non quero ninguén máis. 314 00:25:40,747 --> 00:25:41,915 Este tipo… 315 00:25:43,124 --> 00:25:44,209 sabe quen son. 316 00:25:44,292 --> 00:25:45,794 Todo o mundo sabe quen é. 317 00:25:45,877 --> 00:25:46,711 Non. 318 00:25:50,048 --> 00:25:51,091 Sabe quen son. 319 00:25:53,051 --> 00:25:54,469 Conségueme o seu nome. 320 00:26:00,559 --> 00:26:02,686 Manteña os ollos abertos, por favor. 321 00:26:10,569 --> 00:26:11,611 E o doutor Lowe? 322 00:26:13,530 --> 00:26:15,490 O doutor Lowe tivo unha urxencia, 323 00:26:16,074 --> 00:26:18,577 creo que na volta no golf, en Forest Park. 324 00:26:19,327 --> 00:26:20,453 Maldito afortunado. 325 00:26:25,834 --> 00:26:26,918 Mire á fronte. 326 00:26:32,382 --> 00:26:33,216 Ben. 327 00:26:36,428 --> 00:26:37,429 Acenda as luces. 328 00:26:42,142 --> 00:26:42,976 Ben. 329 00:26:44,144 --> 00:26:47,731 Semella unha simple infección por unha bacteria. 330 00:26:48,898 --> 00:26:51,151 Dúas pingas por ollo, cada dúas horas. 331 00:26:51,901 --> 00:26:54,404 Atoparase mellor pola mañá. Senón, chámeme. 332 00:26:55,322 --> 00:26:56,156 Grazas. 333 00:27:02,621 --> 00:27:04,080 A porta traseira pechou. 334 00:27:05,749 --> 00:27:06,833 Que dis? 335 00:27:06,916 --> 00:27:11,880 Estaba comprobando unhas cousas na oficina e o desvío desapareceu. 336 00:27:11,963 --> 00:27:16,551 Non pode ser. Planteino hai anos e pagueille máis de 50 000 ao fabricante. 337 00:27:16,635 --> 00:27:18,637 Non sei que dicirche. 338 00:27:20,513 --> 00:27:21,598 Esfumouse. 339 00:27:28,647 --> 00:27:30,899 Atoparíaa Salas e pechouna. 340 00:27:32,651 --> 00:27:35,236 Se cadra algo o asustou. 341 00:27:35,945 --> 00:27:36,905 Mírasme a min? 342 00:27:37,822 --> 00:27:40,200 Entrei e saín da casa sen deixar rastro. 343 00:27:43,244 --> 00:27:45,121 É imposible que o logremos. 344 00:27:45,705 --> 00:27:47,290 Habemos pechar o cotarro. 345 00:28:03,223 --> 00:28:04,766 Tiña fotos da súa familia. 346 00:28:06,559 --> 00:28:07,852 Na súa casa. 347 00:28:09,521 --> 00:28:10,647 Da súa muller, 348 00:28:11,147 --> 00:28:11,981 do seu fillo. 349 00:28:12,899 --> 00:28:13,733 Son… 350 00:28:15,694 --> 00:28:16,778 felices. 351 00:28:18,655 --> 00:28:21,616 Non saben quen era antes ou o que fixo. 352 00:28:23,868 --> 00:28:25,995 Pregúntome se aínda o lembra alguén. 353 00:28:27,455 --> 00:28:30,542 Teno todo, Ava, 354 00:28:30,625 --> 00:28:34,713 e todo o que me quedaba a min era unha maneira de axustar contas. 355 00:28:35,547 --> 00:28:36,548 E agora que? 356 00:28:40,468 --> 00:28:41,678 El gaña. 357 00:28:43,596 --> 00:28:46,725 Así que si é unha mala cousa, contra. 358 00:29:23,845 --> 00:29:26,639 Benvido a Recuperación de Datos Setec. Ten cita? 359 00:29:27,307 --> 00:29:29,184 Dubido que me agardásedes. 360 00:29:33,813 --> 00:29:34,939 Oe, Greg. 361 00:29:35,023 --> 00:29:38,485 Podes botarlle unha ollada ao envío de Tully? 362 00:29:40,487 --> 00:29:42,989 Es bo, diso non hai dúbida. 363 00:29:44,657 --> 00:29:45,909 Por iso te contratei. 364 00:29:46,493 --> 00:29:48,286 Son bo vendo o talento. 365 00:29:48,369 --> 00:29:50,413 Mais tentaches a sorte. 366 00:29:52,415 --> 00:29:54,292 4,3 millóns? 367 00:29:55,126 --> 00:29:57,378 É o meu patrimonio neto case exacto, 368 00:29:57,462 --> 00:30:00,298 se obviamos que estou endebedado ata as cellas. 369 00:30:00,381 --> 00:30:03,635 Tiña que ser un exempregado, alguén resentido 370 00:30:03,718 --> 00:30:07,555 que puidese conseguir información persoal relacionada con Jersey. 371 00:30:07,639 --> 00:30:10,934 Conectando os puntos, todo apuntaba a ti, Andrew. 372 00:30:13,853 --> 00:30:16,105 En serio crías 373 00:30:17,690 --> 00:30:20,401 que chantaxearme era unha boa opción? 374 00:30:20,485 --> 00:30:22,487 Crías que non me decataría? 375 00:30:22,570 --> 00:30:23,822 Que opción tiña? 376 00:30:24,906 --> 00:30:25,824 Ves onde estou? 377 00:30:27,158 --> 00:30:30,286 Non tiña outra, déchesme un mal nome en toda a cidade. 378 00:30:30,370 --> 00:30:33,248 - É o que lles pasa aos ladróns. - Christine. 379 00:30:33,331 --> 00:30:34,207 Lémbrala? 380 00:30:35,124 --> 00:30:35,959 Pois deixoume. 381 00:30:37,377 --> 00:30:38,461 Marchou co cativo. 382 00:30:39,254 --> 00:30:41,881 Debiches pensar niso antes de roubarme. 383 00:30:41,965 --> 00:30:44,133 Que non roubei nada! 384 00:30:44,217 --> 00:30:47,512 Alégrame termos a oportunidade de falar, sós ti mais eu. 385 00:30:47,595 --> 00:30:51,266 Sen chamadas, correos nin malditas mensaxes. De home a home. 386 00:30:51,349 --> 00:30:56,646 Vin dicirche que só che dou un aviso. 387 00:30:57,939 --> 00:30:59,190 Só unha oportunidade. 388 00:31:00,942 --> 00:31:02,026 Agardo que a uses. 389 00:31:05,530 --> 00:31:06,531 Deiche un número… 390 00:31:08,533 --> 00:31:11,369 un prazo e unha consecuencia. 391 00:31:13,955 --> 00:31:17,750 Que pensarán os Trixemelgos cando saiban quen es en realidade? 392 00:31:21,296 --> 00:31:22,672 Ó, Andrew. 393 00:31:23,214 --> 00:31:25,300 Contratáronte porque es legal. 394 00:31:26,259 --> 00:31:28,136 Un porto na tormenta. 395 00:31:28,219 --> 00:31:34,434 Mais se reciben unha chamada, unha mensaxe ou un correo… 396 00:31:35,852 --> 00:31:39,272 ou se alguén chama a Comisión da Bolsa e Valores ou o FBI. 397 00:31:40,732 --> 00:31:41,608 Andrew. 398 00:31:42,984 --> 00:31:46,279 4,3 millóns, tres días. 399 00:31:49,407 --> 00:31:51,284 - Ola. - Aténdoo nun segundiño. 400 00:31:51,367 --> 00:31:52,201 Ben. 401 00:31:52,994 --> 00:31:53,995 Oe. 402 00:31:58,082 --> 00:31:59,000 Se non sae ben… 403 00:32:01,252 --> 00:32:02,670 sempre precisamos xente. 404 00:32:35,119 --> 00:32:36,746 INFORMÁTICA SETEC ABERTO 405 00:32:36,829 --> 00:32:37,664 Vémonos. 406 00:32:42,168 --> 00:32:44,879 PECHADO SENTIMOS NON PODER ATENDELO! 407 00:34:11,549 --> 00:34:12,383 Ola. 408 00:34:13,092 --> 00:34:13,926 Boas. 409 00:34:16,012 --> 00:34:17,555 Viu a tormenta? 410 00:34:17,638 --> 00:34:19,015 Vina. É boa. 411 00:34:21,893 --> 00:34:23,895 Comezan en África, sabe? 412 00:34:26,981 --> 00:34:29,859 Unhas tormentas de po da hostia, no Sáhara. 413 00:34:31,069 --> 00:34:33,905 Convértense en monstros. 414 00:34:35,156 --> 00:34:39,285 De cando en vez, unha delas medra máis, 415 00:34:39,952 --> 00:34:43,456 recollendo vento, calor e choiva suficientes. 416 00:34:44,082 --> 00:34:47,001 Arrástrase miles de quilómetros, océano a través. 417 00:34:48,795 --> 00:34:50,421 Cando a vemos no telexornal 418 00:34:52,340 --> 00:34:54,634 semella ineludible. 419 00:34:56,052 --> 00:34:59,055 Tanto dá canto corras e o cedo que a viras vir, 420 00:34:59,138 --> 00:35:00,556 sempre te atrapará. 421 00:35:02,767 --> 00:35:04,435 Non se sabe cales van morrer 422 00:35:04,519 --> 00:35:09,482 e cales medrarán ata convertérense en xigantescos monstros do demo. 423 00:35:10,650 --> 00:35:11,651 Asexantes. 424 00:35:12,360 --> 00:35:14,320 Non hai nada que facer, só… 425 00:35:15,822 --> 00:35:17,532 saír ao vento e á choiva. 426 00:35:18,825 --> 00:35:20,159 Enfrontar a tormenta 427 00:35:21,869 --> 00:35:25,498 e pregar para que, cando marche, aínda sigamos en pé, sabe? 428 00:35:28,709 --> 00:35:29,836 Ou non? 429 00:35:34,966 --> 00:35:37,009 FURACÁN 430 00:35:37,093 --> 00:35:38,594 Aproveitaremos o furacán. 431 00:35:39,178 --> 00:35:40,680 Non sabemos do que falas. 432 00:35:40,763 --> 00:35:45,518 A porta traseira eludía os sensores de temperatura. Sen ela, non había maneira. 433 00:35:47,186 --> 00:35:48,062 Ata agora. 434 00:35:48,146 --> 00:35:48,980 Móstrallelo. 435 00:35:49,605 --> 00:35:53,442 Isto é un penique e isto azida de cesio. Mellor que vos apartedes. 436 00:35:55,069 --> 00:35:55,945 Aparta. 437 00:35:57,446 --> 00:35:58,531 Máis. 438 00:35:59,949 --> 00:36:02,869 Tíos, non levo gafas e guantes? Apartade, concho. 439 00:36:02,952 --> 00:36:05,621 Tres pasos. Máis. Ben. 440 00:36:21,596 --> 00:36:23,764 - Arre demo. - Abofé. 441 00:36:23,848 --> 00:36:25,683 Para que nos serve? 442 00:36:25,766 --> 00:36:28,019 Imaxinade peniques moito máis grandes. 443 00:36:28,102 --> 00:36:29,687 Entón é como unha pistola? 444 00:36:29,770 --> 00:36:32,690 Exacto, como disparar sete á vez. 445 00:36:35,568 --> 00:36:38,321 O cesio puro oxida da hostia, 446 00:36:38,404 --> 00:36:41,407 mais, ao ser demasiado inestable, fixen un derivado. 447 00:36:42,200 --> 00:36:46,454 Non oxida tan fácil, máis con enerxía de baixa ionización, a sublimación… 448 00:36:49,248 --> 00:36:50,917 Impórtavos un carallo, pois… 449 00:36:52,001 --> 00:36:53,753 precisamos unha chea de auga. 450 00:36:53,836 --> 00:36:55,963 - De onde sacas as movidas? - Etsy. 451 00:36:56,047 --> 00:36:58,925 A cidade de Nova York fíxonos un agasallo. 452 00:36:59,008 --> 00:37:00,551 O túnel de auga número un. 453 00:37:01,052 --> 00:37:05,473 Construíuse en 1917 e ten tres metros de diámetro. 454 00:37:05,556 --> 00:37:07,516 Leva décadas baleiro. 455 00:37:07,600 --> 00:37:12,438 Pasa xusto por embaixo da estación de metro de Wall Street. 456 00:37:12,521 --> 00:37:16,817 Nove centímetros de choiva tornarían a estación nas cataratas do Niágara. 457 00:37:16,901 --> 00:37:19,362 E un furacán cunha marusía ciclónica… 458 00:37:19,862 --> 00:37:21,072 Anegaríaa. 459 00:37:21,155 --> 00:37:24,825 Ese mesmo túnel pasa xusto por riba da cámara acoirazada. 460 00:37:26,160 --> 00:37:28,746 Agardaremos a que o metro se asolague 461 00:37:28,829 --> 00:37:33,376 e rebentaremos o solo con C4, 462 00:37:33,459 --> 00:37:38,089 canalizando a auga cara ao túnel, xusto enriba da cámara acoirazada. 463 00:37:38,172 --> 00:37:41,050 Topará co cesio que, medido e no lugar correcto, 464 00:37:41,133 --> 00:37:43,928 estourará e atravesará o teito da cámara, 465 00:37:44,011 --> 00:37:47,014 esnaquizando os cativeiros sensores de temperatura. 466 00:37:47,098 --> 00:37:49,100 Reabriremos a porta traseira. 467 00:37:49,600 --> 00:37:50,643 Éche… 468 00:37:52,019 --> 00:37:53,145 intricado. 469 00:37:54,021 --> 00:37:55,273 E se vos equivocades? 470 00:37:56,565 --> 00:38:00,861 Pois ben non fará gran cousa, ben estourará e mataranos a todos. 471 00:38:00,945 --> 00:38:03,739 Mais eu agardo fóra na camioneta, non si? 472 00:38:03,823 --> 00:38:04,907 Claro. 473 00:38:04,991 --> 00:38:06,409 Vémonos aquí ao rematar. 474 00:38:06,492 --> 00:38:10,121 Se as cousas se torcen, vémonos no lago Tupper en tres días. 475 00:38:11,914 --> 00:38:15,209 Imos en tromba. Non é calculado e non hai volta atrás. 476 00:38:16,210 --> 00:38:18,629 Ava daravos unha identidade nova entón 477 00:38:18,713 --> 00:38:22,800 e vos converteredes nesa persoa para sempre. 478 00:38:22,883 --> 00:38:28,014 Imos roubarlles os cartos a unhas das persoas máis poderosas do mundo. 479 00:38:29,682 --> 00:38:31,726 É a única maneira de gozar deles. 480 00:38:31,809 --> 00:38:34,770 - É de tolos, ou? Semella unha loucura. - Talvez. 481 00:38:35,688 --> 00:38:37,106 Paga a pena polo viñedo? 482 00:38:43,237 --> 00:38:44,780 A miña man non está lista. 483 00:38:44,864 --> 00:38:47,533 Apréndeslle a Stan a manexar o segundo dial? 484 00:38:57,001 --> 00:38:59,712 Isto vai custar e moito. 485 00:38:59,795 --> 00:39:00,880 Fagámolo agora 486 00:39:01,797 --> 00:39:02,631 ou… 487 00:39:04,258 --> 00:39:05,551 adeus para sempre. 488 00:39:07,386 --> 00:39:12,391 Podemos volver ao que sexa que tivésemos. 489 00:39:17,480 --> 00:39:21,984 Incido en que ordenamos estas evacuacións 490 00:39:22,068 --> 00:39:28,741 pola seguridade dos que residen nestas zonas da cidade de Nova York. 491 00:41:00,374 --> 00:41:03,752 Brad, mamá di que queres tomarte libre o próximo semestre. 492 00:41:04,378 --> 00:41:07,465 Non preciso ir a clase, tampouco é que aprenda nada. 493 00:41:09,508 --> 00:41:11,469 Poñédevos cómodos. 494 00:41:13,637 --> 00:41:16,056 O vento comeza a coller forza… 495 00:41:16,140 --> 00:41:18,642 Toby, vai ser esta noite. 496 00:41:18,726 --> 00:41:19,977 No medio dun furacán? 497 00:41:20,060 --> 00:41:23,731 Díxomo a nosa toupa favorita. Será no 505 de Wall Street, veña. 498 00:41:24,398 --> 00:41:27,067 É un edificio enorme. Algo máis concreto? 499 00:41:27,151 --> 00:41:28,694 Só teño iso. 500 00:41:28,777 --> 00:41:32,740 Fagamos unha lista cos posibles obxectivos e poñámoslles vixilancia. 501 00:41:34,241 --> 00:41:37,203 Esta é a única oportunidade de cachar os bastardos. 502 00:41:38,579 --> 00:41:39,580 Vamos! 503 00:41:43,751 --> 00:41:45,836 ASUNTOS OFICIAIS VEHÍCULO AUTORIZADO 504 00:41:52,843 --> 00:41:54,512 Están listos para actuar. 505 00:41:54,595 --> 00:42:00,184 Se a tormenta acada a súa forza máxima, podería tomar días reparar tódolos danos. 506 00:42:09,151 --> 00:42:13,322 - Señor Thiele, en que lle podo axudar? - Cavilou no que falamos? 507 00:42:13,906 --> 00:42:18,827 Cavilei, si, e creo que hai algo… 508 00:42:18,911 --> 00:42:21,747 Francamente, pensaba que alguén co seu historial 509 00:42:22,248 --> 00:42:24,166 tería menos reparos con isto. 510 00:42:26,794 --> 00:42:29,004 Co meu historial? 511 00:42:29,088 --> 00:42:32,758 Antes de que Roger Salas for Roger Salas. 512 00:42:33,259 --> 00:42:37,096 Pensaba que fariamos negocios con alguén sen saber todo del? 513 00:42:37,179 --> 00:42:38,722 Non sei que lle contarían, 514 00:42:40,766 --> 00:42:41,684 mais esa vida… 515 00:42:43,227 --> 00:42:45,145 deixeina atrás hai tempo. 516 00:42:45,229 --> 00:42:47,439 Comprendo que garde os seus segredos, 517 00:42:48,399 --> 00:42:51,694 sobre todo se os coñezo, así sei que pode gardar os meus. 518 00:42:52,987 --> 00:42:57,157 Falemos tras a tormenta, pode que entón me dea mellores novas. 519 00:43:35,571 --> 00:43:36,405 Oe. 520 00:43:37,781 --> 00:43:40,159 Haberías ter unha, por se as moscas. 521 00:43:41,201 --> 00:43:43,495 Claro, xenial. E grazas. 522 00:43:44,622 --> 00:43:46,040 Ollo, non é un xoguete. 523 00:43:46,582 --> 00:43:48,208 Xa, claro. 524 00:43:50,127 --> 00:43:51,211 Que…? 525 00:43:53,631 --> 00:43:55,090 Cóidate, queres? 526 00:43:56,634 --> 00:43:58,218 Claro, ti tamén. 527 00:44:22,034 --> 00:44:23,202 Que fas, Leo? 528 00:44:24,328 --> 00:44:25,954 Que hai de novo, vello? 529 00:44:31,919 --> 00:44:32,836 Arreando. 530 00:46:09,933 --> 00:46:14,938 Subtítulos: Bruno Martínez Pita