1 00:00:16,099 --> 00:00:19,894 ENTRANDO NO EPISODIO VERDE: SETE ANOS ANTES DO ATRACO 2 00:00:38,038 --> 00:00:39,831 Mereces saber o que son, 3 00:00:41,833 --> 00:00:42,917 por que estou aquí 4 00:00:44,502 --> 00:00:46,588 e non agardo estar noutro lugar. 5 00:00:53,803 --> 00:00:55,805 Hai moitas clases de delincuentes. 6 00:00:57,557 --> 00:01:01,478 Sexas dunha ou doutra, se non lle pos fin, nalgún momento caerás. 7 00:01:20,163 --> 00:01:23,666 Mais seguimos artellando novas formas de facer o de sempre. 8 00:01:40,934 --> 00:01:42,393 Cubrimos necesidades. 9 00:01:44,270 --> 00:01:45,980 Aproveitamos oportunidades. 10 00:01:52,779 --> 00:01:54,239 Vivimos no límite 11 00:01:55,115 --> 00:01:58,993 sabendo que, chegado o momento, o cruzaremos. 12 00:01:59,077 --> 00:02:00,286 TARDE CON ONE DIRECTION 13 00:02:17,303 --> 00:02:18,555 Cando sae ben… 14 00:02:20,140 --> 00:02:20,974 é pura maxia. 15 00:02:30,650 --> 00:02:31,568 Como vai? 16 00:02:32,193 --> 00:02:33,528 Están boas as papas? 17 00:02:34,529 --> 00:02:36,906 Son dunha clase nova, con grañóns. 18 00:02:40,034 --> 00:02:41,703 Tomei unha decisión. 19 00:02:41,786 --> 00:02:44,497 Están máis saborosas e fibrosas, viranche ben. 20 00:02:45,081 --> 00:02:46,249 Están que nindiola. 21 00:02:47,292 --> 00:02:48,293 Traizoáronme. 22 00:02:49,002 --> 00:02:50,086 Bo proveito, tíos. 23 00:02:50,587 --> 00:02:52,338 Levaron o seu traballo. 24 00:02:53,631 --> 00:02:55,925 Como vai, meu? Todo ben? 25 00:02:56,009 --> 00:02:56,843 O almorzo ben? 26 00:03:06,060 --> 00:03:06,978 Como vai, tío? 27 00:03:07,061 --> 00:03:10,023 - Ei, que tal todo? - Xenial, e ti? 28 00:03:10,106 --> 00:03:10,940 Xa mellor. 29 00:03:13,318 --> 00:03:14,736 Veña, falamos. 30 00:03:14,819 --> 00:03:15,945 - Grazas. - De nada. 31 00:03:33,963 --> 00:03:35,048 Boas, señoritas. 32 00:03:38,593 --> 00:03:39,677 Ola. 33 00:03:39,761 --> 00:03:42,555 Perdoa, Stan, a porta da despensa está atascada. 34 00:03:42,639 --> 00:03:44,390 Creo que alguén a forzou. 35 00:03:44,474 --> 00:03:47,185 As estrelas Michelin non se encargan diso. 36 00:04:00,323 --> 00:04:04,202 Cando teña a horta lista, faremos comercio do campo á mesa. 37 00:04:17,674 --> 00:04:20,426 Como vai, señores? Todo ben? 38 00:04:22,679 --> 00:04:26,182 Non che é un Sabatier, mais está ben afiado, así que… 39 00:04:26,266 --> 00:04:29,018 ten coidado, por favor. 40 00:04:30,895 --> 00:04:33,856 Vendes os meus minutos de teléfono a eses negratas? 41 00:04:33,940 --> 00:04:37,110 Vivir é compartir, meu. Hai dabondo para todos. 42 00:04:37,777 --> 00:04:40,321 Vese que tes un padal fino, 43 00:04:40,405 --> 00:04:42,740 has catar a sopa de cenoria e xenxibre. 44 00:04:42,824 --> 00:04:44,200 É unha sopa fría, como… 45 00:04:44,284 --> 00:04:47,036 - Hostia! - Comercia cos teus. 46 00:04:47,870 --> 00:04:51,958 E, o que saques, nolo traes aos Paifocos Brancos. 47 00:04:52,041 --> 00:04:54,294 Comenteivos do nome da vosa banda…? 48 00:04:56,212 --> 00:04:57,213 Hostia. 49 00:04:59,090 --> 00:05:00,591 Hai algún problema? 50 00:05:02,510 --> 00:05:03,970 Si, mais non te atinxe. 51 00:05:04,512 --> 00:05:05,722 É meu compa de cela. 52 00:05:07,181 --> 00:05:10,935 Se lle zoscas, estará choromicando toda a noite. 53 00:05:11,019 --> 00:05:15,023 Esmendrellarame o sono e poreime de mal xorne. 54 00:05:15,106 --> 00:05:19,360 Recoméndoche que vaias tomar polo cu ou o mates, 55 00:05:19,444 --> 00:05:21,195 así non terei que escoitalo. 56 00:05:21,779 --> 00:05:25,533 Oe, está de broma, é moi chistoso. 57 00:05:48,348 --> 00:05:49,474 Fillo dunha raposa. 58 00:05:52,560 --> 00:05:53,644 Estás ben? 59 00:05:54,645 --> 00:05:56,731 Estou, si. Grazas. 60 00:05:59,692 --> 00:06:02,195 A próxima vez, aparece antes, ou? 61 00:06:03,613 --> 00:06:06,407 Se o fago, xamais aprenderás. 62 00:06:12,747 --> 00:06:14,916 - Que nin diola! - Abofé. 63 00:06:16,417 --> 00:06:18,378 - Hostia, tío. - Ou non? 64 00:06:31,182 --> 00:06:32,433 Estiven pensando que… 65 00:06:33,226 --> 00:06:35,853 logo de todo o que está a facer Judy por min, 66 00:06:35,937 --> 00:06:37,730 hei facer o correcto, sabes? 67 00:06:37,814 --> 00:06:38,731 QUERIDA HANNAH 68 00:06:38,815 --> 00:06:42,735 Unha amiga miña, Choi, leva a kiss cam dos Mets. 69 00:06:43,236 --> 00:06:46,614 Pensei en levala a un partido e no descanso… paf! 70 00:06:47,448 --> 00:06:51,119 Posar para a pantalla e, cando quede dun pasmo, 71 00:06:51,786 --> 00:06:56,958 un vendedor de bocadillos de salchicha daralle un co anel dentro. Que opinas? 72 00:06:58,126 --> 00:06:59,877 Canto hai que a coñeces? 73 00:06:59,961 --> 00:07:02,171 O tempo non importa. 74 00:07:02,255 --> 00:07:03,089 É dicir… 75 00:07:04,715 --> 00:07:05,633 Judy… 76 00:07:07,635 --> 00:07:08,594 é a elixida. 77 00:07:09,387 --> 00:07:10,388 Benditos sexades. 78 00:07:10,471 --> 00:07:11,889 Conseguiches o de Dumas? 79 00:07:15,184 --> 00:07:16,394 Lembra o acordo. 80 00:07:18,229 --> 00:07:19,439 Claro, conta con el. 81 00:07:19,522 --> 00:07:21,357 O CONDE DE MONTECRISTO 82 00:07:26,696 --> 00:07:27,697 Contra. 83 00:07:39,667 --> 00:07:40,835 Ei, estás ben? 84 00:07:42,420 --> 00:07:44,213 Estou, si. 85 00:07:44,297 --> 00:07:47,842 Deixa que me encargue un anaco. Está baixo control, descoida. 86 00:07:47,925 --> 00:07:49,177 - Grazas. - Tranquilo. 87 00:08:10,114 --> 00:08:11,032 Luces fóra. 88 00:08:28,007 --> 00:08:30,635 Oe, Ray, estou intentando durmir. Cala. 89 00:08:30,718 --> 00:08:32,720 Ray, oe. 90 00:08:34,639 --> 00:08:36,265 Ei, Ray. 91 00:08:36,349 --> 00:08:37,808 Esperta, Ray. 92 00:08:38,559 --> 00:08:39,810 Esperta, tío! 93 00:08:39,894 --> 00:08:41,395 Deus Santo! 94 00:08:42,605 --> 00:08:44,065 Estás ben? Oe, mírame. 95 00:08:48,194 --> 00:08:49,278 Cambiamos de cama. 96 00:08:53,866 --> 00:08:55,993 As constantes están ben, Sr. Vernon. 97 00:08:56,077 --> 00:08:57,203 Como se atopa hoxe? 98 00:08:57,286 --> 00:08:59,539 Como se levase 17 anos no cárcere. 99 00:08:59,622 --> 00:09:01,832 Chamei o doutor Wagner para que veña. 100 00:09:03,918 --> 00:09:06,337 Deus quixo que nada funcionase aquí. 101 00:09:06,963 --> 00:09:08,297 Avísame cando estea. 102 00:09:08,381 --> 00:09:09,215 Ben. 103 00:09:17,473 --> 00:09:19,976 Hoxe vén sendo o noso aniversario, 104 00:09:20,059 --> 00:09:23,062 aínda que depende dende cando se conte. 105 00:09:23,145 --> 00:09:28,818 Para min, a primeira cita foi cando te vin por vez primeira, traballando na farmacia. 106 00:09:29,777 --> 00:09:30,820 É… 107 00:09:31,946 --> 00:09:33,114 moi detallada. 108 00:09:33,698 --> 00:09:35,825 Ray é un Miguel Anxo co xabón. 109 00:09:40,371 --> 00:09:42,248 Habemos de falar de negocios. 110 00:09:45,793 --> 00:09:47,336 Mickey deixou a oxicodona. 111 00:09:47,420 --> 00:09:50,339 Xenial por el, digo eu, sabes? 112 00:09:50,423 --> 00:09:51,299 Mais… 113 00:09:52,466 --> 00:09:57,471 - Acabouse o das tarxetas SIM. - Non pasa nada, pagámoslle en metálico. 114 00:09:58,180 --> 00:10:00,516 - Teremos menos beneficios… - Non, Stan… 115 00:10:01,934 --> 00:10:05,021 Díxolle a seu xefe que roubara as tarxetas e botouno. 116 00:10:05,646 --> 00:10:07,064 Botárono decontado. 117 00:10:09,108 --> 00:10:10,109 Síntoo. 118 00:10:12,403 --> 00:10:15,156 Hai xente que agarda as tarxetas. 119 00:10:19,076 --> 00:10:20,286 E non son pacientes. 120 00:10:35,551 --> 00:10:37,553 Bo día, cabaleiros. Como están? 121 00:11:00,242 --> 00:11:02,578 Ola, Ray, como vai a cousa? 122 00:11:02,662 --> 00:11:03,496 Ola, doutor. 123 00:11:07,124 --> 00:11:10,461 A enfermeira Clemmons púxome ao día, 124 00:11:10,544 --> 00:11:12,546 mais cóntasme ti que che pasou? 125 00:11:13,381 --> 00:11:14,715 Rifei co chan. 126 00:11:14,799 --> 00:11:15,883 E perdiches, ou? 127 00:11:16,926 --> 00:11:19,929 Teño os resultados da analítica aquí. 128 00:11:20,012 --> 00:11:21,097 As boas novas 129 00:11:21,931 --> 00:11:25,142 son que estás excelente para a túa idade e situación. 130 00:11:26,143 --> 00:11:27,103 Pero? 131 00:11:27,186 --> 00:11:31,899 É sobre os síntomas dos que me levas falando os últimos dous meses: 132 00:11:31,982 --> 00:11:34,944 a rixidez das extremidades, os tremores das mans, 133 00:11:35,027 --> 00:11:37,905 a dificultade para durmir e agora isto. 134 00:11:38,531 --> 00:11:40,491 Todos xuntos, son preocupantes. 135 00:11:41,575 --> 00:11:44,662 Non existe unha proba en si para confirmalo, 136 00:11:45,788 --> 00:11:47,623 mais semella párkinson. 137 00:11:50,668 --> 00:11:53,546 Non se sabe como comeza, o detonante. 138 00:11:53,629 --> 00:11:57,174 En verdade, sábese cando a persoa morre. É… polémico. 139 00:12:05,975 --> 00:12:08,686 Ei, que pasa, tío? Choca esa. 140 00:12:08,769 --> 00:12:10,855 - Veña, tío, quéreme. - Basta. 141 00:12:12,565 --> 00:12:13,524 Basta? 142 00:12:13,607 --> 00:12:15,860 "Son un home de negocios, basta." 143 00:12:30,750 --> 00:12:31,876 Precisas todo isto? 144 00:12:35,671 --> 00:12:36,881 Medias e lubricante. 145 00:12:37,757 --> 00:12:39,800 Eu apóiote, tío. Goza da vida. 146 00:12:43,012 --> 00:12:45,514 - Para aí, intentas fuxir? - Baixa a voz. 147 00:12:46,432 --> 00:12:50,853 O poliéster das medias para a corda e lubricante para coarte por un túnel. 148 00:12:50,936 --> 00:12:53,397 Que carallo, Ray! É unha tolada, tío. 149 00:12:53,981 --> 00:12:55,649 Ter esperanza é unha tolada. 150 00:12:56,484 --> 00:12:58,819 Levo 17 anos comportándome, 151 00:12:59,487 --> 00:13:01,864 agardando cambiar as cousas un mínimo. 152 00:13:02,573 --> 00:13:03,699 Iso é unha tolada. 153 00:13:05,659 --> 00:13:07,328 Isto é pensar con claridade. 154 00:13:09,580 --> 00:13:11,499 Quen coidou de ti, peixe cativo? 155 00:13:12,666 --> 00:13:16,086 Ti, tío, e estarei en débeda toda a vida. 156 00:13:17,588 --> 00:13:20,549 Mais se usas cousas de contrabando para fuxir, 157 00:13:21,967 --> 00:13:24,887 os gardas que suborno non farán ollos cegos. 158 00:13:24,970 --> 00:13:26,764 Todo apuntará cara a min. 159 00:13:27,264 --> 00:13:28,307 Pois ven comigo. 160 00:13:30,935 --> 00:13:32,144 Quédanme seis meses. 161 00:13:33,270 --> 00:13:36,732 Se me collen fuxindo, caeranme dez máis polo menos. 162 00:13:37,900 --> 00:13:39,485 Enténdote, tío, mais… 163 00:13:41,028 --> 00:13:41,946 non podo. 164 00:13:42,530 --> 00:13:43,364 Síntoo. 165 00:14:09,849 --> 00:14:11,308 Listo para saír de aquí? 166 00:14:11,392 --> 00:14:13,644 - Boas. Claro, vamos alá. - Andando. 167 00:14:20,860 --> 00:14:21,944 Pode pasar. 168 00:14:25,656 --> 00:14:28,158 Esa cacheoume todo, non quería soltarma. 169 00:14:28,868 --> 00:14:30,911 Tranquila, érache fea. Como vai? 170 00:14:30,995 --> 00:14:33,038 Ola, tío. Son Stan, encantado. 171 00:14:33,747 --> 00:14:35,749 Judy faloume do teu negocio. 172 00:14:35,833 --> 00:14:37,376 Píllote, en serio, 173 00:14:37,459 --> 00:14:42,590 mais hei dicirche que a trangallada das tarxetas SIM é de novatos. 174 00:14:43,757 --> 00:14:45,968 Con todo o respecto, Bob, 175 00:14:46,510 --> 00:14:49,638 dubido que o pilles, porque as tarxetas son ouro aquí. 176 00:14:50,222 --> 00:14:52,892 Se queres canela fina, e de seguro que queres, 177 00:14:52,975 --> 00:14:54,894 has de mover produto de verdade. 178 00:14:54,977 --> 00:14:58,022 Podo conseguirche herba, cocaína, a mellor éxtase… 179 00:14:58,105 --> 00:15:00,691 Non, tío, non trafico. Vou polo meu carril. 180 00:15:00,774 --> 00:15:03,110 Ah, si? E cal é, o lento? 181 00:15:07,573 --> 00:15:10,659 Has de ter un bo carallo aí abaixo ou algo, Stanley. 182 00:15:12,536 --> 00:15:14,997 Abofé que si, porque isto non me cadra. 183 00:15:15,789 --> 00:15:18,834 - Vai rañala! - Ei, Stan. 184 00:15:18,918 --> 00:15:20,419 - Está de chola. - Fódete. 185 00:15:20,502 --> 00:15:22,546 Veña, acouga, princesa. 186 00:15:23,380 --> 00:15:26,634 Conseguireite as tarxetiñas. O tío Bob coidará de ti. 187 00:15:28,802 --> 00:15:30,262 Rematou o tempo, Loomis. 188 00:15:31,180 --> 00:15:33,557 Oe, dixen que rematou. 189 00:15:38,604 --> 00:15:40,272 Volverei nun par de semanas. 190 00:15:41,315 --> 00:15:42,441 Marchemos de aquí. 191 00:15:50,824 --> 00:15:51,659 Apúntome. 192 00:15:53,953 --> 00:15:54,787 Seguro? 193 00:15:54,870 --> 00:15:56,747 Se quedo aquí seis meses máis, 194 00:15:56,830 --> 00:15:59,667 perderei todo o bo que me agarda fóra. 195 00:16:03,003 --> 00:16:04,713 Sé sincero, precisas de min. 196 00:16:13,138 --> 00:16:14,390 - De acordo. - Ben. 197 00:16:14,473 --> 00:16:16,600 Esquece o das medias e o lubricante. 198 00:16:17,518 --> 00:16:19,895 O que precisamos é unha boa distracción, 199 00:16:20,813 --> 00:16:22,231 un cogomelo máxico. 200 00:16:23,065 --> 00:16:26,735 Cultiveino para Harolds e os navaghos. É puramente sacramental. 201 00:16:27,653 --> 00:16:29,738 Pois non che me semella moi máxico. 202 00:16:29,822 --> 00:16:32,908 Xa me dirás cando nos axude a liscar desta porqueira. 203 00:16:36,620 --> 00:16:37,454 Que segue? 204 00:16:39,456 --> 00:16:41,041 Ir traballar no xardín. 205 00:17:12,281 --> 00:17:13,490 Que cabrón. 206 00:17:13,574 --> 00:17:16,410 Carallo, que é, do 71? 207 00:17:17,161 --> 00:17:18,370 Do 72. 208 00:17:18,454 --> 00:17:19,288 Manda carallo. 209 00:17:21,373 --> 00:17:23,542 Xa non se ven moitos. 210 00:17:24,668 --> 00:17:26,795 Podería arranxar ese cristal. 211 00:17:26,879 --> 00:17:27,963 Que? Como? 212 00:17:28,047 --> 00:17:29,381 No taller. 213 00:17:29,465 --> 00:17:32,176 Podería arranxalo de balde cos compañeiros. 214 00:17:32,259 --> 00:17:33,802 É o mínimo que podo facer. 215 00:17:34,386 --> 00:17:35,888 Non me tomas o pelo, non? 216 00:17:37,139 --> 00:17:38,557 Traballo ben. 217 00:17:39,183 --> 00:17:42,019 Pénseo, xa sabe onde atoparme. 218 00:17:45,606 --> 00:17:46,440 Xenial. 219 00:18:00,496 --> 00:18:04,875 Xesús, Vernon, veña. Está ben? 220 00:18:06,710 --> 00:18:07,753 Estou, si. 221 00:18:08,712 --> 00:18:10,506 Han ser as malditas pastillas. 222 00:18:11,173 --> 00:18:12,382 Manda carallo. 223 00:18:46,750 --> 00:18:48,418 - Vai ben, ou? - Vai. 224 00:18:50,045 --> 00:18:51,088 Sazonáchelas? 225 00:18:51,839 --> 00:18:52,923 Son papas. 226 00:18:54,216 --> 00:18:57,469 Non, é o almorzo, a comida máis importante do día. 227 00:18:59,304 --> 00:19:01,557 Colle un pouco de mel, imos adozalas. 228 00:19:01,640 --> 00:19:02,933 Estamos sen mel. 229 00:19:03,016 --> 00:19:05,435 Pois es ti o abelleiro, Najimy, fai máis. 230 00:19:05,519 --> 00:19:07,938 - E azucre de remolacha? - Fantástico. 231 00:19:32,754 --> 00:19:35,465 Hei ir á enfermaría para a terapia intravenosa. 232 00:19:46,560 --> 00:19:47,394 Oe! 233 00:19:47,978 --> 00:19:50,689 Agardas que cho pida por favor, cara cona? 234 00:19:50,772 --> 00:19:51,732 Non, señor. 235 00:19:52,399 --> 00:19:54,651 Aquí vai un pouco máis de enerxía. 236 00:19:54,735 --> 00:19:55,986 Síntoo. 237 00:20:01,450 --> 00:20:02,576 Moi ben. 238 00:20:02,659 --> 00:20:06,663 Para os meus amigos das extraordinarias tatuaxes na cara. Aquí tedes. 239 00:20:08,165 --> 00:20:09,666 Queres que quede? 240 00:20:09,750 --> 00:20:11,460 Como vexas, vai tardar. 241 00:20:12,252 --> 00:20:13,212 Estupendo. 242 00:20:51,041 --> 00:20:52,209 Ei, Stanny, 243 00:20:53,168 --> 00:20:54,836 son un pavo real. 244 00:20:56,797 --> 00:20:57,714 Un pavo real. 245 00:21:02,719 --> 00:21:04,054 De nada a todos. 246 00:21:05,222 --> 00:21:06,056 Ben. 247 00:21:10,727 --> 00:21:13,272 Veña, Stan. 248 00:21:14,606 --> 00:21:15,607 Dálle. 249 00:21:23,448 --> 00:21:24,283 Hostia! 250 00:21:32,457 --> 00:21:33,417 Que che pasou? 251 00:21:33,500 --> 00:21:35,168 Veume a regra. 252 00:21:36,586 --> 00:21:37,421 Coidado! 253 00:21:37,504 --> 00:21:40,007 Non maltrate un instrumento tan delicado. 254 00:21:40,090 --> 00:21:41,925 Precisarás suturas adhesivas. 255 00:21:42,009 --> 00:21:44,928 - Senta e intenta non anoxar a ninguén. - Era boa. 256 00:22:29,348 --> 00:22:30,182 Aquí Clemmons. 257 00:22:30,265 --> 00:22:31,892 Temos unha complicación. 258 00:22:32,517 --> 00:22:33,518 Alguén enfermo? 259 00:22:33,602 --> 00:22:35,354 É difícil de explicar… 260 00:22:35,437 --> 00:22:37,522 O alcaide quere que veñades axiña. 261 00:22:37,606 --> 00:22:41,109 Imos. Collede unha caixa de urxencias e o carro de paradas. 262 00:22:41,193 --> 00:22:42,110 E eles? 263 00:22:42,194 --> 00:22:43,820 Non irán a ningures. 264 00:22:49,493 --> 00:22:52,079 Manda carallo, funcionou. 265 00:23:10,722 --> 00:23:11,556 Que diaños! 266 00:23:11,640 --> 00:23:13,850 Oe, senta! Parade! 267 00:23:14,601 --> 00:23:15,769 Coidado, baixa! 268 00:23:15,852 --> 00:23:17,604 Baixa de aí. Para! 269 00:23:17,687 --> 00:23:19,398 Que todo o mundo pare! 270 00:23:20,357 --> 00:23:23,693 Atopade agora mesmo o que se meteron! 271 00:23:30,283 --> 00:23:32,577 Xa está, vía libre. 272 00:23:42,546 --> 00:23:43,547 Listo, veña. 273 00:23:43,630 --> 00:23:44,589 A outra man. 274 00:23:44,673 --> 00:23:47,134 Podemos acougar un minuto? 275 00:23:47,217 --> 00:23:48,135 Amodo. 276 00:23:50,929 --> 00:23:54,307 Veña, aclárate, peixe cativo. Vés ou non? 277 00:23:55,100 --> 00:23:56,601 Queres que quede con ela? 278 00:23:57,185 --> 00:24:00,856 - Por min, ben. - Diso nada, vou contigo. 279 00:24:02,607 --> 00:24:03,442 Listo. 280 00:24:29,342 --> 00:24:31,011 Non me creo que funcionase. 281 00:24:31,803 --> 00:24:32,971 Lino nunha revista. 282 00:24:42,230 --> 00:24:44,024 SAÍDA 283 00:24:53,158 --> 00:24:55,702 - Seguro que copiaches a que era? - Seguro. 284 00:24:57,204 --> 00:24:59,873 - Veña, móvea. - Non! Romperala e adeus plan. 285 00:24:59,956 --> 00:25:03,084 Dixeches que te encargabas das portas e eu das papas. 286 00:25:03,168 --> 00:25:05,462 Veña, Ray, dálle. 287 00:25:05,545 --> 00:25:06,880 Veña, tío, arrea. 288 00:25:07,672 --> 00:25:09,508 Veña, vamos. 289 00:25:09,591 --> 00:25:11,092 Atrás, que está a facer? 290 00:25:11,927 --> 00:25:14,763 Isto é un peche de emerxencia, todos ás celas! 291 00:25:14,846 --> 00:25:19,518 Josh, á esquerda. Nick, á dereita, á enfermaría. Todos ás súas celas. 292 00:25:20,894 --> 00:25:22,896 Peche de emerxencia. 293 00:25:23,772 --> 00:25:25,899 Comprobade os corredores e volvede. 294 00:25:25,982 --> 00:25:27,567 Todos ás súas celas. 295 00:25:27,651 --> 00:25:31,154 Axente! Menos mal que está aquí, perdinme. 296 00:25:31,238 --> 00:25:32,072 Recluso! 297 00:25:32,155 --> 00:25:34,241 - Levádeo á cela. - Que carallo fas? 298 00:25:34,324 --> 00:25:35,450 Veña. 299 00:25:36,368 --> 00:25:38,286 Recluso, está fóra dos límites. 300 00:25:38,370 --> 00:25:41,164 Xa, non sei se coller á dereita ou á esquerda. 301 00:25:41,248 --> 00:25:43,250 Xa sabe que aquí é fácil perderse. 302 00:25:44,960 --> 00:25:48,713 Invíteme a un grolo antes de pasar ao tema duro, non? 303 00:26:30,005 --> 00:26:34,426 Non hai dúbida, son cogomelos. 304 00:26:35,594 --> 00:26:38,096 A única cura é agardar. 305 00:26:38,179 --> 00:26:42,225 Pero axudaría cortar unhas rodas de laranxa e dárllelas. 306 00:26:42,767 --> 00:26:44,019 Laranxa? 307 00:26:44,102 --> 00:26:47,022 Así é, e un pouco de Pink Floyd tamén estaría ben. 308 00:26:47,772 --> 00:26:50,650 Volverán á normalidade nunhas tres horiñas. 309 00:26:51,276 --> 00:26:56,656 Seguro que a enfermeira Clemmons me chama se pasa algo raro. 310 00:27:08,251 --> 00:27:09,085 Listo. 311 00:27:33,735 --> 00:27:36,196 PRISIÓN DE WASHINGTON ESTADO DE NOVA YORK 312 00:29:28,850 --> 00:29:31,436 Ava, como estás? 313 00:29:34,606 --> 00:29:37,859 Pois un pouco decepcionada. 314 00:29:39,819 --> 00:29:41,821 Quería poder dispararlle a alguén. 315 00:29:43,782 --> 00:29:45,617 Pois grazas por aguantarte. 316 00:29:47,118 --> 00:29:48,536 Aínda queda noite. 317 00:29:51,247 --> 00:29:53,041 Non me gusta nada a túa roupa. 318 00:29:53,750 --> 00:29:55,585 - Saíume barata. - Obvio. 319 00:29:57,003 --> 00:29:57,837 Este é Pepper? 320 00:30:00,298 --> 00:30:02,759 Canto pensas que viven os cans, Ray? 321 00:30:13,978 --> 00:30:17,732 Imaxino que haberá unha boa razón pola que non está no cárcere. 322 00:30:18,733 --> 00:30:20,902 Ademais de seres un parvo. 323 00:30:30,078 --> 00:30:31,037 Canto che queda? 324 00:30:31,746 --> 00:30:32,872 Pode que dous anos, 325 00:30:33,957 --> 00:30:34,791 pode que dez. 326 00:30:37,168 --> 00:30:38,378 Non se sabe. 327 00:30:39,671 --> 00:30:40,505 Pero… 328 00:30:41,756 --> 00:30:43,842 atópome ben a maior parte dos días. 329 00:30:46,845 --> 00:30:49,848 E agora que vas, cruzar a fronteira? 330 00:30:51,140 --> 00:30:52,851 Xa pensei nalgún sitio. 331 00:30:53,935 --> 00:30:57,230 - Imaxino que precisarás cartos. - Falei cun vello amigo. 332 00:31:11,286 --> 00:31:12,745 Podo sacarte do país. 333 00:31:14,163 --> 00:31:15,248 Cando queres saír? 334 00:31:15,999 --> 00:31:17,250 Cando vexa a Hannah. 335 00:31:19,919 --> 00:31:20,753 Non. 336 00:31:20,837 --> 00:31:22,338 Miña filla precisa verme. 337 00:31:22,422 --> 00:31:26,384 Non o precisa, precísao a túa conciencia. 338 00:31:29,345 --> 00:31:30,388 Que máis che dá? 339 00:31:31,639 --> 00:31:34,934 Pedíchesme que lle atopase unha nova familia, lembras? 340 00:31:35,935 --> 00:31:37,103 Ela está ben, Ray. 341 00:31:39,063 --> 00:31:43,902 E agora vas e queres rebentalo todo? 342 00:31:43,985 --> 00:31:45,486 Non agardo que me perdoe. 343 00:31:47,947 --> 00:31:52,577 Mais non vou marchar a rastro e finar sen contarlle o porqué do que fixen. 344 00:31:52,660 --> 00:31:54,037 E logo marchar de novo? 345 00:31:56,039 --> 00:31:58,041 Cres que iso mellorará as cousas? 346 00:31:58,124 --> 00:32:00,585 Pois non sei o que penso, sabes? 347 00:32:01,711 --> 00:32:07,342 Só sei que… preciso vela e pensaba que ti o entenderías mellor ca ninguén. 348 00:32:12,263 --> 00:32:16,100 Ben, Hannah apelídase Kim. 349 00:32:16,768 --> 00:32:18,853 Traballa en seguridade informática. 350 00:32:19,771 --> 00:32:21,773 Polo que escoitei, vaille ben. 351 00:32:22,857 --> 00:32:24,484 Intenta non cagala. 352 00:32:24,567 --> 00:32:27,153 Estaste afacendo bastante ben a todo. 353 00:32:27,236 --> 00:32:32,200 É que estou aprendendo moito de Andrew e de vostede. 354 00:32:32,283 --> 00:32:35,411 - Ensinástesme moito. - Non todos aprenden tan rápido. 355 00:32:35,995 --> 00:32:37,872 Escollo á xente por unha razón. 356 00:32:38,373 --> 00:32:39,999 Cando sae ben, sae a conta. 357 00:32:40,833 --> 00:32:45,463 Poderemos crecer os vindeiros dous anos, pola cámara acoirazada que construín. 358 00:32:45,546 --> 00:32:47,799 Conte comigo para o que precise. 359 00:32:47,882 --> 00:32:49,217 Esa é a actitude. 360 00:33:01,646 --> 00:33:04,107 Benvida de novo, Abbasi. Estrañáchesnos? 361 00:33:04,190 --> 00:33:05,400 Nin chisca. 362 00:33:05,483 --> 00:33:07,610 - Tes fotos do bebé? - Só unha morea. 363 00:33:07,694 --> 00:33:12,782 - Canto leva tratándoo? - Dende que comecei na… ah, do párkinson! 364 00:33:12,865 --> 00:33:14,409 Pois arredor dun mes. 365 00:33:16,244 --> 00:33:18,496 Estaba anoxado polo diagnóstico? 366 00:33:18,579 --> 00:33:23,042 Home… é unha enfermidade terminal. Logo si, eu diría que si. 367 00:33:23,126 --> 00:33:25,211 E vostede considérase comprensivo. 368 00:33:26,671 --> 00:33:30,216 Non como para axudalo a fuxir, se é o que insinúa. 369 00:33:30,299 --> 00:33:32,385 Que carallo? Estades de chola? 370 00:33:35,054 --> 00:33:36,305 Só era unha pregunta. 371 00:33:37,181 --> 00:33:39,475 Que pregunta é esa? A vítima son eu. 372 00:33:39,559 --> 00:33:42,687 Rouboume o coche, utilizoume. 373 00:33:42,770 --> 00:33:45,648 - Non podo crer o que pasou. - Pídolle perdón. 374 00:33:45,732 --> 00:33:47,859 Hai dez anos que o coñezo… 375 00:33:52,780 --> 00:33:53,614 Confiei nel. 376 00:33:53,698 --> 00:33:55,199 Enténdoo, utilizouno. 377 00:34:00,455 --> 00:34:01,289 Ola, esquío. 378 00:34:10,298 --> 00:34:12,133 Xa o sei. 379 00:34:14,927 --> 00:34:18,139 Podemos falar un minuto? 380 00:34:20,892 --> 00:34:21,893 Só pido iso. 381 00:34:32,653 --> 00:34:33,863 Dezasete anos. 382 00:34:36,574 --> 00:34:39,535 Tiven 17 anos para ensaiar que diaño dicirche. 383 00:34:43,247 --> 00:34:45,666 Non imaxinaba 384 00:34:47,543 --> 00:34:50,421 que estarías tan maior, tan guapa. 385 00:34:51,756 --> 00:34:55,593 Na miña cabeza segues a ser a miña meniña. 386 00:34:58,930 --> 00:35:02,683 Túa nai dicíame que caladiño estaba máis guapo, e tiña razón… 387 00:35:02,767 --> 00:35:04,811 Non tes dereito de amentala. 388 00:35:05,937 --> 00:35:07,480 Non tras o que fixeches. 389 00:35:09,023 --> 00:35:09,857 Síntoo. 390 00:35:10,858 --> 00:35:11,901 Tes razón, eu… 391 00:35:11,984 --> 00:35:14,529 - Non quero saber nada de ti. - Agarda. 392 00:35:14,612 --> 00:35:16,030 Abandonáchesme. 393 00:35:17,115 --> 00:35:20,159 Apartáchesme cando te precisaba. Que pai fai iso? 394 00:35:20,243 --> 00:35:22,370 - Intentaba protexerte. - De que? 395 00:35:22,453 --> 00:35:23,287 De min. 396 00:35:23,913 --> 00:35:25,039 De quen era. 397 00:35:25,123 --> 00:35:26,916 Non quería que acabases igual. 398 00:35:27,500 --> 00:35:29,210 Intentei ir verte… 399 00:35:31,879 --> 00:35:33,214 cando tiña 13 anos. 400 00:35:34,215 --> 00:35:36,300 Deixei a escola. 401 00:35:37,009 --> 00:35:38,886 Fun en bici á estación de bus. 402 00:35:40,054 --> 00:35:42,974 Vendinlla a uns boy scouts para mercar un billete. 403 00:35:45,226 --> 00:35:46,894 Estaba moi emocionada. 404 00:35:49,605 --> 00:35:51,774 E sabes que pasou cando cheguei alí? 405 00:35:54,068 --> 00:35:57,155 Ao chegar, dixéronme que non me querías ver. 406 00:35:59,282 --> 00:36:02,702 Coma se non significase nada para ti, coma se fose un lixo. 407 00:36:03,286 --> 00:36:05,538 Habías vivir a túa vida, 408 00:36:06,622 --> 00:36:08,040 unha vida boa 409 00:36:08,124 --> 00:36:09,917 e iso implicaba esquecerme. 410 00:36:12,003 --> 00:36:13,462 Pois funcionou. 411 00:36:14,213 --> 00:36:17,341 - Esquecinte e fareino outra volta. - Hannah! 412 00:36:18,926 --> 00:36:22,096 Hannah, prégoche que me escoites. 413 00:36:23,514 --> 00:36:24,348 Hannah. 414 00:36:36,027 --> 00:36:37,320 - Ei. - Ola. 415 00:37:00,635 --> 00:37:02,595 Cando viu a Ray por última vez? 416 00:37:04,388 --> 00:37:07,141 Cando fun visitalo en marzo. 417 00:37:07,225 --> 00:37:09,060 Cal foi a razón da visita? 418 00:37:10,686 --> 00:37:13,689 Quería que o axudase para que o cambiasen de centro. 419 00:37:15,358 --> 00:37:16,817 Estaba canso das vistas? 420 00:37:18,110 --> 00:37:19,820 Cría que a súa vida perigaba. 421 00:37:21,530 --> 00:37:22,740 Por que perigaba? 422 00:37:24,075 --> 00:37:28,412 Tíñalle o ollo unha banda supremacista branca da prisión. 423 00:37:34,043 --> 00:37:37,296 Está a dicir que Vernon fuxiu de prisión tras 17 anos 424 00:37:37,380 --> 00:37:39,382 por medo duns cabezas rapadas? 425 00:37:40,174 --> 00:37:41,384 Faille graza? 426 00:37:41,467 --> 00:37:43,052 Semella moita casualidade. 427 00:37:44,845 --> 00:37:49,892 Os Paifocos Brancos trafican con armas e con persoas. 428 00:37:49,976 --> 00:37:52,979 Coan e moven droga nos cárceres de todo o país. 429 00:37:54,605 --> 00:37:55,439 Mais… 430 00:37:57,608 --> 00:38:00,778 sobre que lles fale de drogas, non si? 431 00:38:02,738 --> 00:38:05,199 - Que me acaba de dicir? - Ben, dabondo. 432 00:38:05,283 --> 00:38:08,369 Dígolle que o meu cliente temía pola súa vida e rise, 433 00:38:09,370 --> 00:38:12,415 o que quere dicir que non se toma este caso en serio 434 00:38:12,498 --> 00:38:15,126 ou que eu non debería tomala en serio. 435 00:38:16,168 --> 00:38:18,671 Sexa como for, este interrogatorio rematou. 436 00:38:20,548 --> 00:38:21,632 Grazas polo tempo. 437 00:38:23,050 --> 00:38:24,010 Veña, vamos. 438 00:38:26,137 --> 00:38:28,139 Aclárate a cabeza, contra! 439 00:38:50,202 --> 00:38:52,997 O coche do doutor mais un corpo sen identificar. 440 00:38:53,080 --> 00:38:54,790 Os bombeiros están de camiño. 441 00:39:05,217 --> 00:39:06,594 Segundo as autoridades, 442 00:39:06,677 --> 00:39:10,139 o corpo achado onte en West Nyack, cun tiro e calcinado, 443 00:39:10,723 --> 00:39:13,893 pertencía a Ray Vernon, un prisioneiro fuxido. 444 00:39:15,311 --> 00:39:18,314 Ese amigo mudou o meu rexistro dental co do cadáver. 445 00:39:19,106 --> 00:39:21,984 O amigo dun amigo que ten un amigo. 446 00:39:25,738 --> 00:39:28,532 Terei problemas con esa axente federal? 447 00:39:29,116 --> 00:39:30,117 Xa me encargo eu. 448 00:39:32,787 --> 00:39:35,581 Grazas, Ava, non o esquecerei. 449 00:39:42,463 --> 00:39:45,841 - Non pensas marchar, non si? - Non podo, aínda. 450 00:39:46,467 --> 00:39:49,178 - Pensas que non podes. - Pescou a Hannah. 451 00:39:49,261 --> 00:39:51,514 - Da universidade. - Traballa para el. 452 00:39:51,597 --> 00:39:53,849 - Non sei como a atopou. - Sorrille. 453 00:39:53,933 --> 00:39:56,310 Como o permitiches? Sabes o que me fixo. 454 00:39:57,311 --> 00:40:01,148 Pediches que a axudase a comezar de cero, non que controlase todo. 455 00:40:01,232 --> 00:40:03,943 Eu teño a miña vida e ela a súa. 456 00:40:04,610 --> 00:40:06,070 Sabe sequera quen é el? 457 00:40:06,570 --> 00:40:09,573 O seu nome real? Non a carallada esa de Roger Salas. 458 00:40:09,657 --> 00:40:11,367 Non vexo como habería sabelo. 459 00:40:13,828 --> 00:40:15,329 Quitoume todo o que tiña. 460 00:40:16,956 --> 00:40:18,749 Non pode quitarma a ela tamén. 461 00:40:52,992 --> 00:40:54,994 ESQUÍO 462 00:41:01,750 --> 00:41:02,960 Así que Leo Pap, eh? 463 00:41:03,627 --> 00:41:06,213 Morreu de neno, en 1970. 464 00:41:09,133 --> 00:41:13,762 Conseguireiche un pasaporte, un carné de conducir e todo o que precises. 465 00:41:13,846 --> 00:41:16,640 Non abonda con dicir que es Leo Pap, 466 00:41:17,391 --> 00:41:20,811 precisas seres Leo Pap de aquí en adiante. 467 00:41:24,148 --> 00:41:24,982 Ben. 468 00:41:27,026 --> 00:41:31,363 Querida Hannah, levo intentando escribirche esta carta os últimos 17 anos, 469 00:41:31,447 --> 00:41:34,825 e nestes 17 anos non conseguira facelo 470 00:41:35,493 --> 00:41:38,787 porque non sabía como comezar, mais agora si sei. 471 00:41:44,210 --> 00:41:45,211 Quérote… 472 00:41:46,086 --> 00:41:47,922 dende o día que naciches 473 00:41:48,005 --> 00:41:50,925 e mentinche dende o día que naciches. 474 00:41:52,092 --> 00:41:54,094 Mais has de saber doutras mentiras 475 00:41:54,970 --> 00:41:58,182 e doutros mentiráns que te menosprezan cun sorriso, 476 00:41:58,265 --> 00:42:00,518 finxindo que todo vai ben neste mundo. 477 00:42:01,894 --> 00:42:03,604 Hai erros que debo emendar, 478 00:42:04,480 --> 00:42:06,148 cousas que has de saber 479 00:42:06,232 --> 00:42:08,234 e xente que ha de pagar. 480 00:42:09,151 --> 00:42:11,487 Todo comeza con Roger Salas. 481 00:42:12,488 --> 00:42:14,073 Non é quen cres. 482 00:42:20,412 --> 00:42:23,457 Nin de lonxe todo vai ben neste mundo, 483 00:42:24,708 --> 00:42:27,711 por iso habemos de manternos firmes e rectificalo. 484 00:42:29,213 --> 00:42:32,800 Ti mais eu abondamos, meu esquío. 485 00:44:11,982 --> 00:44:16,987 Subtítulos: Bruno Martínez Pita