1 00:00:15,557 --> 00:00:19,352 ENTRANDO NO EPISODIO AMARELO: SEIS SEMANAS ANTES DO ATRACO 2 00:00:30,989 --> 00:00:34,868 Canto máis levas neste xogo, máis sabes o que de verdade importa. 3 00:00:38,246 --> 00:00:40,582 Os lobos solitarios non chegan lonxe. 4 00:00:42,959 --> 00:00:44,252 Precisas dunha banda. 5 00:00:52,552 --> 00:00:54,888 Has de descubrir en quen podes confiar. 6 00:00:59,809 --> 00:01:02,145 Porque toda historia ten dúas versións. 7 00:01:11,988 --> 00:01:14,657 E ningunha é completamente a verdade. 8 00:01:19,871 --> 00:01:22,165 - Non te preocupes… - Síntoo moito. 9 00:01:22,248 --> 00:01:24,459 - Dickens. - Así é. 10 00:01:24,542 --> 00:01:26,586 Custa saber quen merece confianza. 11 00:01:26,669 --> 00:01:29,214 - Son Kate. - Eu Laura. 12 00:01:33,718 --> 00:01:35,095 CAFÉ PASTELARÍA 13 00:01:38,306 --> 00:01:39,140 Se tes sorte, 14 00:01:39,224 --> 00:01:43,186 atoparás alguén que ve o mundo coma ti… 15 00:01:54,280 --> 00:01:56,783 A PEQUENA DORRIT CHARLES DICKENS 16 00:02:02,288 --> 00:02:05,792 …que quere as mesmas cousas e do mesmo xeito. 17 00:02:15,260 --> 00:02:16,344 Seredes un equipo. 18 00:02:19,472 --> 00:02:21,474 As dúas, soas contra o mundo. 19 00:02:38,825 --> 00:02:39,826 Ou iso crerás. 20 00:02:43,329 --> 00:02:44,164 Que vaia ben. 21 00:02:57,385 --> 00:02:59,929 Porque a confianza pode gañarse, 22 00:03:01,681 --> 00:03:02,891 pode outorgarse… 23 00:03:12,942 --> 00:03:14,944 e pode roubarse. 24 00:03:35,131 --> 00:03:36,382 Mais cando se esfuma… 25 00:03:37,508 --> 00:03:41,512 O número marcado está apagado ou xa non existe. 26 00:03:47,227 --> 00:03:50,146 …desaparece para sempre. 27 00:04:03,409 --> 00:04:08,581 Collín todo o que puiden cargar. Se fose máis forte, serían máis pobres. 28 00:04:09,207 --> 00:04:11,584 Haberá uns dous millóns de dólares seus. 29 00:04:12,710 --> 00:04:16,422 Extraídos hai nove días da cámara acoirazada de Dunne & Company. 30 00:04:17,507 --> 00:04:18,883 Notaron que faltaban? 31 00:04:20,551 --> 00:04:23,221 Non que eu saiba. 32 00:04:23,304 --> 00:04:27,183 Pediume que avaliase a seguridade dos meus competidores. 33 00:04:28,476 --> 00:04:29,602 Acheina deficiente. 34 00:04:30,853 --> 00:04:32,605 E a súa recomendación é… 35 00:04:32,689 --> 00:04:36,442 Vostede e os seus socios teñen unhas necesidades específicas, 36 00:04:36,526 --> 00:04:40,905 unha carteira diversa que precisa certa opacidade 37 00:04:41,572 --> 00:04:45,785 e bens mobles a mercé dun roubo ou das inclemencias. 38 00:04:45,868 --> 00:04:50,707 Polo tanto, suxiro que a súa única opción real de seguridade e privacidade 39 00:04:50,790 --> 00:04:54,085 é a cámara que construín e perfeccionei aquí, en SLS. 40 00:04:56,004 --> 00:04:58,715 O tema é que Aldritch Dunne é amigo meu. 41 00:04:59,924 --> 00:05:01,926 Levo 30 anos co seu banco. 42 00:05:03,177 --> 00:05:04,554 A lealdade é vacua. 43 00:05:04,637 --> 00:05:05,680 A fe morreu. 44 00:05:07,098 --> 00:05:12,687 Ao final do día, só quedará vostede contra os que queren o que ten 45 00:05:14,063 --> 00:05:15,815 e o único que importará será 46 00:05:16,691 --> 00:05:20,903 se os pode manipular mellor ca eles a vostede. 47 00:05:57,523 --> 00:05:59,359 Como conseguir o imposible? 48 00:06:01,235 --> 00:06:03,029 Uníndote a xente de confianza. 49 00:06:13,581 --> 00:06:16,751 Ou na que confías en que o fará ben. 50 00:06:17,460 --> 00:06:18,586 MATERIAL: STAN 51 00:06:32,100 --> 00:06:36,354 Stan, a cociña volve estar con merda do teu loro. 52 00:06:36,437 --> 00:06:38,606 Non é meu e non é un loro, Barbara. 53 00:06:38,689 --> 00:06:41,359 É un dos últimos 50 tucanos de pico acanalado. 54 00:06:41,442 --> 00:06:44,737 E por que está na cociña? Ás seis teño a festa de mallas. 55 00:06:44,821 --> 00:06:48,658 Voullo cambiar a un tipo por unha caixa de Cheval Blanc do 47, 56 00:06:48,741 --> 00:06:51,953 que logo lle cambiarei a ese dentista por un Lotus. 57 00:06:52,036 --> 00:06:55,790 Stan, teño cita co oculista ás tres. 58 00:06:55,873 --> 00:06:57,417 - Lévote. - Que é un Lotus? 59 00:06:57,500 --> 00:06:59,168 - Chegamos tarde. - Un coche. 60 00:06:59,252 --> 00:07:02,380 - Mamá, non baixes, quedan horas. - Un coche para que? 61 00:07:02,463 --> 00:07:06,592 - Non lle gustará que chegue tarde. - É para un amigo. Chegarás á hora! 62 00:07:07,718 --> 00:07:10,763 Xenial. Eu non son de berrar. 63 00:07:12,557 --> 00:07:14,767 O loro irá á picadora de carne, Stan. 64 00:07:16,185 --> 00:07:17,061 Á picadora. 65 00:07:18,479 --> 00:07:20,898 Primeiro, vixía ese ton cando me falas. 66 00:07:20,982 --> 00:07:23,234 Segundo, vas limpar a merda do paxaro. 67 00:07:23,317 --> 00:07:25,653 E terceiro, vas durmir no sofá, Stan! 68 00:07:25,736 --> 00:07:27,655 Vas durmir no sofá! 69 00:07:27,738 --> 00:07:28,781 Quérote! 70 00:07:34,287 --> 00:07:37,540 Don Rossiño, don Rossón sempre xentil e nunca rosmón. 71 00:07:37,623 --> 00:07:39,292 Téñolle esa cousiña. 72 00:07:40,626 --> 00:07:45,756 Os de aduanas crerían que é parmesano. 73 00:07:46,340 --> 00:07:49,719 Eu non son de larvas, mais cada un ten os seus gustos. 74 00:07:49,802 --> 00:07:51,971 Se precisa algo máis, conte comigo. 75 00:07:52,054 --> 00:07:53,514 - Grazas. - Grazas, Stan. 76 00:07:59,562 --> 00:08:03,399 - Ten un quilo de cogomelos máxicos? - Canto teño para cultivalos? 77 00:08:03,483 --> 00:08:04,442 De dous a cinco. 78 00:08:05,860 --> 00:08:07,153 Acurtáronche a pena? 79 00:08:10,323 --> 00:08:11,449 Ven aquí, maldito! 80 00:08:14,285 --> 00:08:16,412 Que tal, xefe? Mimá, compañeiro. 81 00:08:17,038 --> 00:08:18,831 - Como che vai? - Aquí sigo. 82 00:08:18,915 --> 00:08:20,124 - Estás ben? - Estou. 83 00:08:25,296 --> 00:08:26,297 Cal é o botín? 84 00:08:26,380 --> 00:08:30,051 Por que habería de vir por iso? Se cadra vin por un entrecosto. 85 00:08:30,134 --> 00:08:31,135 Retireime, Leo. 86 00:08:33,179 --> 00:08:36,766 Miña nai está fatal da cabeza e Barbara non me deixa en paz. 87 00:08:36,849 --> 00:08:41,771 En serio que me encantaría evadirme deste circo e enrolarme contigo, 88 00:08:41,854 --> 00:08:43,648 mais, prepares o que prepares, 89 00:08:44,524 --> 00:08:46,234 hei de rexeitar a oferta. 90 00:08:48,945 --> 00:08:51,697 Son 7000 millóns, dólar arriba dólar abaixo. 91 00:08:57,912 --> 00:09:01,249 PECHADO, DESCULPEN AS MOLESTIAS 92 00:09:05,253 --> 00:09:06,671 A cámara está soterrada? 93 00:09:06,754 --> 00:09:10,967 Abofé, encastada ben fondo en formigón reforzado con aceiro. 94 00:09:11,717 --> 00:09:12,552 Interesante. 95 00:09:13,761 --> 00:09:14,887 Perforarás a porta? 96 00:09:14,971 --> 00:09:18,558 Hai tres portas chapadas en cobalto de aperitivo. 97 00:09:18,641 --> 00:09:20,351 - Trae o principal. - Non si? 98 00:09:20,434 --> 00:09:24,105 Para achegarse á porta, cómpre pasar por un corredor inferior, 99 00:09:25,106 --> 00:09:29,777 e superar uns sensores biométricos, conectados a unha fonte ininterrompida, 100 00:09:30,570 --> 00:09:34,699 ligada a uns equipos de seguridade armados e con adestramento militar, 101 00:09:35,199 --> 00:09:38,536 listos e dispostos a matar. 102 00:09:38,619 --> 00:09:40,746 Sigo agardando o prato forte. 103 00:09:41,956 --> 00:09:43,165 Os Trixemelgos. 104 00:09:43,249 --> 00:09:46,210 Os irmáns pirómanos do bloque D? 105 00:09:46,836 --> 00:09:49,922 - Concho, esquecera deles. - Estaban tolos de remate. 106 00:09:50,923 --> 00:09:54,427 Non son eses. Os Trixemelgos son uns criminais doutra pasta. 107 00:09:55,303 --> 00:09:56,596 Cho-Young Woo, 108 00:09:57,555 --> 00:10:01,517 accionista maioritario do Jongo, o maior banco privado de Corea. 109 00:10:02,268 --> 00:10:06,731 Dise que é sobriño ou curmán de Kim Jong-Un. 110 00:10:06,814 --> 00:10:08,190 Ninguén ousa preguntar. 111 00:10:09,317 --> 00:10:10,401 Suzanne Grosvenor, 112 00:10:11,319 --> 00:10:13,446 directora bancaria do Duncan-Welsh. 113 00:10:13,988 --> 00:10:16,324 Seica a Raíña a ten en favoritos. 114 00:10:17,617 --> 00:10:20,536 E Stefan Thiele, 115 00:10:21,370 --> 00:10:23,873 director executivo suízo do Banque Brünner, 116 00:10:23,956 --> 00:10:26,751 fundado polo seu tataravó en 1898. 117 00:10:26,834 --> 00:10:31,005 Pode que o seu ouro aínda teña unha ou dúas esvásticas. 118 00:10:32,340 --> 00:10:36,510 Entre os tres controlan medio billón de dólares. 119 00:10:37,803 --> 00:10:39,639 A maior parte téñena en Europa, 120 00:10:40,598 --> 00:10:41,849 mais, hai uns anos 121 00:10:42,683 --> 00:10:46,520 tomaron o control dunha fortuna en bonos ao portador sen garantía. 122 00:10:47,188 --> 00:10:50,733 - Como na Xungla de Cristal? - Exacto, como na película. 123 00:10:51,442 --> 00:10:54,320 Estes bonos impiden rastrexar quen os ten, 124 00:10:54,403 --> 00:10:57,073 por iso a xente os usaba para movidas ilegais. 125 00:10:57,823 --> 00:11:02,078 En 1982, o Goberno dos Estados Unidos plantouse e dixo: 126 00:11:02,662 --> 00:11:04,747 "Todo bono ha de estar rexistrado." 127 00:11:04,830 --> 00:11:09,001 Mais os bonos anteriores ao 82, que andan espallados polo mundo, 128 00:11:09,835 --> 00:11:11,754 aínda se poden cobrar. 129 00:11:11,837 --> 00:11:13,839 Xusto os que teñen os Trixemelgos. 130 00:11:14,965 --> 00:11:17,802 Por valor duns 7000 millóns de dólares. 131 00:11:18,678 --> 00:11:22,765 - E están todos nesa cámara acoirazada? - Aínda non, virán de Europa. 132 00:11:22,848 --> 00:11:26,977 Os Trixemelgos chegaron a un acordo co tipo da cámara para metelos aí. 133 00:11:27,061 --> 00:11:32,566 El asegura que resiste as inclemencias do tempo, as sacudidas e os ladróns. 134 00:11:34,819 --> 00:11:35,653 Xa, claro. 135 00:11:36,362 --> 00:11:38,531 Nun par de semanas atracarémola 136 00:11:38,614 --> 00:11:40,074 e desplumarémolo. 137 00:11:41,992 --> 00:11:43,119 Quen é o obxectivo? 138 00:11:43,661 --> 00:11:45,162 Roger Salas. 139 00:11:49,333 --> 00:11:50,167 Moi ben. 140 00:11:52,336 --> 00:11:53,963 Relaxade, compañeiros. 141 00:11:54,588 --> 00:11:56,924 É un gran éxito para o equipo. 142 00:11:57,591 --> 00:12:01,846 Un aplauso para Hannah, que fixo algo moi especial para nós. 143 00:12:02,513 --> 00:12:06,684 Se logramos contentar os Trixemelgos, o rabaño virá detrás. 144 00:12:06,767 --> 00:12:08,853 Senón, a traballar nunha panadaría. 145 00:12:08,936 --> 00:12:12,356 Carlos comprobará a fondo o historial do persoal clave. 146 00:12:12,440 --> 00:12:16,235 O equipo de Andrew inspeccionará os protocolos de seguridade. 147 00:12:16,318 --> 00:12:18,112 Se algo non cadra, dicídemo. 148 00:12:18,195 --> 00:12:21,991 Chegou a proba do algodón, sairemos vitoriosos ou fracasaremos. 149 00:12:22,074 --> 00:12:23,159 Escoitade. 150 00:12:24,285 --> 00:12:27,246 Hannah, revisa brechas no programa. Rajiv, o código fonte. 151 00:12:27,329 --> 00:12:28,581 Coser e cantar, xefe. 152 00:12:29,582 --> 00:12:30,499 Que opinas? 153 00:12:30,583 --> 00:12:31,917 Segue a ser imposible. 154 00:12:32,668 --> 00:12:35,463 Podería ser posible tendo alguén dentro. Talvez. 155 00:12:36,130 --> 00:12:37,339 Poñamos que o temos. 156 00:12:39,550 --> 00:12:43,888 - Podes conseguir o material? - Canto requirirá un traballo así? 157 00:12:45,639 --> 00:12:47,558 Medio millón de capital inicial? 158 00:12:48,225 --> 00:12:52,605 - Podes conseguilo? - Coñezo alguén de seguridade nas OTB. 159 00:12:52,688 --> 00:12:54,356 Incluámolo e poránolo fácil. 160 00:12:54,440 --> 00:12:56,817 - Un traballo para facer outro. - Exacto. 161 00:13:01,030 --> 00:13:02,573 Non é por nada, tío, mais… 162 00:13:04,825 --> 00:13:09,705 sempre che deron igual o coches, os iates e demais. 163 00:13:11,332 --> 00:13:12,333 Por que arriscar? 164 00:13:13,292 --> 00:13:17,922 - Núbranche a cabeza mil millóns? - Grande o botín, grande o risco. 165 00:13:18,714 --> 00:13:22,510 Temos a ocasión de rectificar todo o que foi mal na nosa vida. 166 00:13:22,593 --> 00:13:26,430 Diría que abondamos ti, eu, un condutor, 167 00:13:27,139 --> 00:13:31,310 un falsificador, alguén de seguridade e talvez un químico. 168 00:13:40,569 --> 00:13:43,781 DEPARTAMENTO DE POLICÍA DE FILADELFIA 169 00:13:50,412 --> 00:13:53,374 Intente sinalar o que viu saír correndo do almacén. 170 00:13:54,124 --> 00:13:57,002 É un pouco complicado, todos teñen a mesma pinta… 171 00:13:57,837 --> 00:13:59,338 de piollentos, sabe? 172 00:14:00,714 --> 00:14:02,633 Mais escoiteino falar. 173 00:14:02,716 --> 00:14:04,301 Creo que dixo, 174 00:14:04,385 --> 00:14:06,011 e perdoe a linguaxe, 175 00:14:06,720 --> 00:14:08,472 "son puto parvo". 176 00:14:09,265 --> 00:14:12,059 Se lles pedise que o dixesen, talvez eu podería… 177 00:14:15,020 --> 00:14:18,148 Quero que todos digan "son puto parvo". 178 00:14:18,232 --> 00:14:20,359 - Número un? - Grazas. 179 00:14:21,110 --> 00:14:22,444 Son puto parvo. 180 00:14:26,699 --> 00:14:27,575 Número dous. 181 00:14:28,617 --> 00:14:30,703 Son parvo, puto parvo. 182 00:14:32,288 --> 00:14:33,831 Non, se cadra o seguinte? 183 00:14:35,833 --> 00:14:37,042 Número tres? 184 00:14:38,252 --> 00:14:42,047 - Son puto parvo. - Foi un pouco rápido, non si? Podo? 185 00:14:43,007 --> 00:14:46,802 Número tres, gustaríame ver como nos vende o parvo que é. 186 00:14:46,886 --> 00:14:48,596 Quero ver que comprende 187 00:14:48,679 --> 00:14:53,017 a parvada supina que foi roubar un almacén de FedEx a plena luz do día, 188 00:14:53,100 --> 00:14:56,061 que debería escoitar cando alguén intenta paralo 189 00:14:56,145 --> 00:14:58,272 e que admite a súa ineptitude 190 00:14:58,355 --> 00:15:01,525 dunha maneira profunda, sincera e espiritual. 191 00:15:09,033 --> 00:15:13,329 Son puto parvo. 192 00:15:17,124 --> 00:15:19,293 Non, e o número catro? 193 00:15:21,921 --> 00:15:22,755 Número catro? 194 00:15:24,506 --> 00:15:27,051 Son puto parvo. 195 00:15:33,349 --> 00:15:36,185 Intenta ser algo menos imbécil a próxima vez, ou? 196 00:15:36,727 --> 00:15:39,396 A próxima vez dilles que non che soa ningún. 197 00:15:39,480 --> 00:15:40,397 Usa a cabeza. 198 00:15:40,481 --> 00:15:44,276 Á próxima estarei na casa rexeitando as túas chamadas do cárcere. 199 00:15:44,360 --> 00:15:47,905 - Rexeitando as miñas chamadas… - Isto non é… 200 00:15:47,988 --> 00:15:49,823 Hostia, non te aturo, Bob. 201 00:15:52,034 --> 00:15:52,868 Ven aquí. 202 00:15:58,874 --> 00:16:00,834 Agarda que fale con estes tipos. 203 00:16:01,502 --> 00:16:02,670 - Vas… - Un segundo. 204 00:16:04,463 --> 00:16:05,631 - Cabrón. - Quérote! 205 00:16:05,714 --> 00:16:06,548 Claro. 206 00:16:11,595 --> 00:16:12,680 Ola, Judy. 207 00:16:13,597 --> 00:16:14,556 Stan. 208 00:16:16,684 --> 00:16:17,643 Estás estupenda. 209 00:16:19,019 --> 00:16:19,853 Ti… 210 00:16:20,896 --> 00:16:21,730 Un pendente? 211 00:16:23,023 --> 00:16:23,857 Pégache. 212 00:16:26,819 --> 00:16:27,903 Xa choveu, eh? 213 00:16:27,987 --> 00:16:28,821 Abofé. 214 00:16:31,323 --> 00:16:33,492 Non quería deixar as cousas así… 215 00:16:33,575 --> 00:16:35,244 - Tranquila. - É que el… 216 00:16:35,327 --> 00:16:36,161 En serio. 217 00:16:36,954 --> 00:16:38,622 A ver, durante un tempo foi… 218 00:16:40,416 --> 00:16:42,793 Mais agora alégrome moito de verte. 219 00:16:42,876 --> 00:16:43,877 Vaites! 220 00:16:45,754 --> 00:16:47,131 Mira quen é. 221 00:16:48,298 --> 00:16:49,925 Que sorpresa tan agradable. 222 00:16:50,634 --> 00:16:52,052 O noso vello amigo Stan. 223 00:16:52,136 --> 00:16:53,721 - Boas, Bob. - Ola! 224 00:16:53,804 --> 00:16:55,597 Sabías que Stan ía estar aquí? 225 00:16:55,681 --> 00:16:56,890 - Non sabía… - Non. 226 00:16:56,974 --> 00:16:57,808 Non o sabía. 227 00:16:57,891 --> 00:17:00,519 Pois vaia sorpresa terte aquí, colega, 228 00:17:01,687 --> 00:17:03,856 sobre todo logo daquela conversa. 229 00:17:04,565 --> 00:17:07,234 Xa sabes, a de que debías quedar en Nova York. 230 00:17:07,776 --> 00:17:10,696 E, aínda así, aquí estás. Vaia detalle. 231 00:17:10,779 --> 00:17:11,613 En Filadelfia, 232 00:17:12,322 --> 00:17:13,157 a nosa cidade. 233 00:17:14,575 --> 00:17:16,952 - A miña. - Ben, dabondo. Que fas aquí? 234 00:17:17,036 --> 00:17:18,954 Teño un colega que quere verte. 235 00:17:19,580 --> 00:17:20,497 Coñézoo? 236 00:17:21,957 --> 00:17:23,625 Non, mais quererás. 237 00:17:30,424 --> 00:17:32,342 Claro que si, ven connosco, Bob. 238 00:17:34,678 --> 00:17:36,096 Panoco fillo de puta. 239 00:17:42,269 --> 00:17:44,897 Creo que precisaremos abrasar as pechaduras 240 00:17:45,773 --> 00:17:47,316 e talvez gasear os gardas. 241 00:17:47,399 --> 00:17:49,651 Eu xogueteo con derivados do fentanil. 242 00:17:51,987 --> 00:17:54,907 - Como se dividirá? - A partes iguais entre todos. 243 00:17:54,990 --> 00:17:55,908 E Bob? 244 00:17:57,201 --> 00:17:58,035 Bob de que? 245 00:17:59,244 --> 00:18:00,245 Que vos traio? 246 00:18:00,329 --> 00:18:04,124 Ola, Jenna, teño unha pregunta sobre as costeletas de porco. 247 00:18:04,208 --> 00:18:07,461 - Son de pasto ou granxa… - Unha hamburguesa, coma min. 248 00:18:08,587 --> 00:18:10,380 - Eu nada. - Non vas comer? 249 00:18:10,464 --> 00:18:12,341 - Non xanto. - Que queres dicir? 250 00:18:12,424 --> 00:18:13,842 Fago unha comida ao día. 251 00:18:14,635 --> 00:18:17,096 Mantenme agudo, sabes? Concentrado. 252 00:18:17,971 --> 00:18:19,723 Tamén dispara a testosterona. 253 00:18:20,390 --> 00:18:22,893 Pois a comida de hoxe é o xantar, carallo. 254 00:18:23,477 --> 00:18:25,062 Hamburguesas para todos. 255 00:18:28,690 --> 00:18:31,276 Eu e a muller somos inseparables, de acordo? 256 00:18:31,360 --> 00:18:34,488 Tedes sorte, as caixas fortes son o meu. Díllelo, ceo. 257 00:18:35,989 --> 00:18:37,074 É moi bo. 258 00:18:37,157 --> 00:18:40,077 Grazas, pero estamos cubertos. Encárgase Leo. 259 00:18:40,160 --> 00:18:41,411 Quen, o xelatina? 260 00:18:41,995 --> 00:18:45,082 Sen ánimo de ofender, contrataríaste para o traballo? 261 00:18:45,165 --> 00:18:46,500 Non tes nin puta… 262 00:18:46,583 --> 00:18:51,255 Unha parte para ela e outra para min, sen caralladas de propiedade colectiva. 263 00:18:52,047 --> 00:18:54,091 Fai o teu traballo e terás o teu. 264 00:18:55,551 --> 00:18:57,970 E o capital inicial? Preciso equipamento. 265 00:18:58,053 --> 00:19:00,848 Sacaría bastante clonando tarxetas de crédito. 266 00:19:00,931 --> 00:19:03,183 Para iso xa teño un traballo nas OTB. 267 00:19:04,935 --> 00:19:07,437 - Como sei que podes facelo? - Non o sabes. 268 00:19:07,938 --> 00:19:11,441 Queda coas chapuzas de aquí e salvándolle o cu a este parvo… 269 00:19:11,525 --> 00:19:12,651 Suposto parvo. 270 00:19:12,734 --> 00:19:16,405 …ou tírate á piscina e sae de apuros para sempre. 271 00:19:22,161 --> 00:19:27,457 Así que a cámara ten sensores biométricos e sistemas de alimentación ininterrompida… 272 00:19:27,541 --> 00:19:30,711 E unha chea de cousas máis que ignoramos, un pesadelo. 273 00:19:30,794 --> 00:19:32,671 Ben vendido, Leo. 274 00:19:34,506 --> 00:19:35,632 Mais preguntádevos: 275 00:19:36,592 --> 00:19:38,552 Como sei as cousas que xa sei? 276 00:19:41,597 --> 00:19:42,931 Tes alguén dentro. 277 00:19:48,478 --> 00:19:50,355 Alguén atravesou o cortalumes. 278 00:19:50,898 --> 00:19:53,984 Accederon cunha lista branca dun paquete informático. 279 00:19:54,067 --> 00:19:55,444 Moi ben pensado. 280 00:19:56,570 --> 00:20:00,824 Sería un sombreiro gris pola graza ou os Trixemelgos poñéndonos a proba. 281 00:20:00,908 --> 00:20:03,911 Pechei os portos e configurei alertas por se volven. 282 00:20:03,994 --> 00:20:06,288 Avisareino se hai novidades. 283 00:20:06,371 --> 00:20:09,249 Ben, dáme igual que sexa tarde. E bo traballo. 284 00:20:09,333 --> 00:20:10,292 Grazas. 285 00:20:10,375 --> 00:20:11,793 Por certo… 286 00:20:13,003 --> 00:20:18,675 - O posto de vicepresidente subalterno… - Decidiremos ao seu tempo, ti segue así. 287 00:20:19,259 --> 00:20:20,093 Claro. 288 00:20:25,474 --> 00:20:27,100 Temos vixiado a Andrew? 289 00:20:27,184 --> 00:20:29,436 Non, mais podemos telo. 290 00:20:36,526 --> 00:20:39,029 Non é o estrés, porque non estou estresada. 291 00:20:39,112 --> 00:20:39,947 Xa, claro. 292 00:20:40,030 --> 00:20:43,742 Xúntase moito e están pescudando os candidatos a vicepresidente. 293 00:20:43,825 --> 00:20:45,786 Así que, se chaman, podes…? 294 00:20:45,869 --> 00:20:48,121 Direilles que mataches a alguén. 295 00:20:50,290 --> 00:20:52,292 Non, prégocho, sé normal. Grazas. 296 00:20:52,376 --> 00:20:55,295 De acordo, pero es unha ladroa. 297 00:20:56,421 --> 00:20:57,881 A camiseta de Hot Topic? 298 00:20:57,965 --> 00:21:00,550 E mamá non para de recordarmo, 299 00:21:00,634 --> 00:21:03,011 o cal é totalmente delicioso. 300 00:21:05,597 --> 00:21:07,641 Para, queres? 301 00:21:07,724 --> 00:21:11,228 - Ti tamén me estresas. - Non estou estresada. 302 00:21:11,311 --> 00:21:15,148 - Traballas 18 horas por diversión? - O traballo é así, próbao ti. 303 00:21:15,232 --> 00:21:18,568 - Traballo en The Collective. - Nun sitio no que paguen. 304 00:21:19,569 --> 00:21:20,988 O de DJ en Berlín, que? 305 00:21:21,071 --> 00:21:25,784 É unha experiencia musical inmersiva, non che vou explicar de novo a diferenza. 306 00:21:25,867 --> 00:21:28,412 Como queiras, pero precísanse cartos 307 00:21:28,495 --> 00:21:31,248 e eu podo conseguirche un traballo no despacho. 308 00:21:31,331 --> 00:21:33,333 Gañarías ben e poderías aforrar. 309 00:21:41,550 --> 00:21:42,384 Que foi? 310 00:21:47,514 --> 00:21:50,684 O estrés? Agora si estou estresada. 311 00:22:02,154 --> 00:22:03,488 Haiche tres agora. 312 00:22:03,572 --> 00:22:06,450 Xa sei, sonche unha chea. 313 00:22:07,576 --> 00:22:09,995 A metade do tempo fochican ou pelexan. 314 00:22:10,078 --> 00:22:13,206 - E lles deixas? - Para que pelexar contra a natureza? 315 00:22:16,293 --> 00:22:19,171 Entón Salas conseguiu o acordo? 316 00:22:19,880 --> 00:22:23,300 Dentro dun mes, os Trixemelgos moverán os seus bonos a SLS. 317 00:22:24,926 --> 00:22:28,013 Precisamos dos mellores en todo para conseguilo. 318 00:22:28,597 --> 00:22:30,265 Ti consegue os documentos. 319 00:22:31,141 --> 00:22:33,852 Ben, conseguireinos 320 00:22:34,353 --> 00:22:37,314 e crearei unha empresa pantalla para mover o botín. 321 00:22:39,232 --> 00:22:41,151 E podo encargarme da seguridade. 322 00:22:44,613 --> 00:22:46,031 Non sei se é o teu. 323 00:22:47,366 --> 00:22:48,992 Queres ver algo chulo? 324 00:22:51,745 --> 00:22:54,331 Abofé que queres ver algo chulo, ven. 325 00:22:55,290 --> 00:22:56,875 Veña, canciños. Movede. 326 00:23:24,820 --> 00:23:25,862 A armería. 327 00:23:28,365 --> 00:23:29,699 Estás ben fornecida. 328 00:23:32,702 --> 00:23:34,621 Mírase cos ollos, Leo. 329 00:23:37,541 --> 00:23:40,168 - Cantas están rexistradas? - A nome de quen? 330 00:23:41,294 --> 00:23:42,754 Non quero ir a fogo. 331 00:23:42,838 --> 00:23:44,464 Claro, ninguén quere. 332 00:23:45,424 --> 00:23:50,554 Mais o éxito é 90 % de preparación e 10 % de munición. 333 00:23:51,346 --> 00:23:54,850 Escoita, podo prover a toda a banda. 334 00:23:57,769 --> 00:23:59,187 Por que o queres facer? 335 00:24:03,275 --> 00:24:04,109 E ti? 336 00:24:07,779 --> 00:24:09,114 Por cumprir un desexo, 337 00:24:10,031 --> 00:24:11,116 polos mil millóns 338 00:24:12,826 --> 00:24:16,079 e por unha nota promisoria pendente dende hai 25 anos. 339 00:24:16,830 --> 00:24:17,914 Quedaremos en paz. 340 00:24:19,291 --> 00:24:20,125 Quedaremos. 341 00:24:23,211 --> 00:24:24,713 - Falla o condutor. - Ben. 342 00:24:25,297 --> 00:24:27,591 A Teddy G trincárono en novembro. 343 00:24:27,674 --> 00:24:30,093 E o tipo ese da marca de nacemento? 344 00:24:30,677 --> 00:24:31,636 - Clyde? - Ese. 345 00:24:32,137 --> 00:24:34,264 - Ten cancro en fase catro. - Hostia. 346 00:24:34,764 --> 00:24:36,224 - Xa. - E Gav Bentley? 347 00:24:37,976 --> 00:24:38,894 Atopou a Deus. 348 00:24:38,977 --> 00:24:40,103 Que cabrón. 349 00:24:40,604 --> 00:24:42,147 - Aleluia. - Abofé. 350 00:24:45,859 --> 00:24:47,861 Que pensas do fochiqueo sen parar? 351 00:25:00,248 --> 00:25:01,708 Canto pode estar así? 352 00:25:02,334 --> 00:25:03,543 Para se llo ordenas. 353 00:25:04,503 --> 00:25:05,337 Un anaco. 354 00:25:06,338 --> 00:25:07,756 É bo rapaz. 355 00:25:07,839 --> 00:25:09,007 Traballa no taller. 356 00:25:09,883 --> 00:25:11,635 Deixo que viva na caravana. 357 00:25:11,718 --> 00:25:13,887 Sabe de coches e de tecnoloxía. 358 00:25:15,138 --> 00:25:17,766 - Confías nel? - Xa o levei a algún traballo. 359 00:25:18,808 --> 00:25:19,643 Dará o talle. 360 00:25:33,323 --> 00:25:34,824 Hostia, perdoe. Ola. 361 00:25:36,034 --> 00:25:40,622 Ola, o xefe non está aquí, pero… 362 00:25:40,705 --> 00:25:42,958 se puidese volver noutro momento, eu… 363 00:25:43,041 --> 00:25:44,251 Tranquilo, raparigo. 364 00:25:44,751 --> 00:25:45,585 Vén comigo. 365 00:25:46,419 --> 00:25:47,921 Ben. Vaia, Leo, ola. 366 00:25:48,004 --> 00:25:49,798 Leo díxome que podes conducir. 367 00:25:50,507 --> 00:25:51,800 Podes conducir, RJ? 368 00:25:52,425 --> 00:25:54,135 Por suposto que podo. 369 00:25:54,219 --> 00:25:56,888 Pero "sabes" conducir? 370 00:26:02,769 --> 00:26:06,273 Crecín coas motos nos 450 de Millville, invicto dende os 12. 371 00:26:06,356 --> 00:26:08,108 Que hai das catro rodas? 372 00:26:08,191 --> 00:26:11,194 Coches, camións, quads e o que sexa. 373 00:26:11,778 --> 00:26:14,406 E unha camioneta coa suspensión modificada? 374 00:26:15,031 --> 00:26:16,116 Por suposto. 375 00:26:16,199 --> 00:26:19,619 E unha camioneta coa suspensión modificada, 376 00:26:19,703 --> 00:26:22,998 con topes de sobrecarga, a 145 quilómetros por hora 377 00:26:23,081 --> 00:26:26,543 e cargada con case dúas toneladas de cargamento ceibo? 378 00:26:30,755 --> 00:26:32,465 Que contra estades a planear? 379 00:26:33,425 --> 00:26:35,677 Esa vella coiraza é grande de collóns. 380 00:26:36,386 --> 00:26:38,346 Ningunha cámara é impenetrable. 381 00:26:38,430 --> 00:26:41,808 Esquecede a cámara acoirazada, o preocupante é o de antes. 382 00:26:42,350 --> 00:26:46,104 E os rabudos armados que se anoxan cando te achegas demasiado. 383 00:26:47,897 --> 00:26:51,109 Dicídeslle que pare dunha puta vez? Teño a man inqueda. 384 00:26:51,192 --> 00:26:53,153 Déixao estar, tío, está pensando. 385 00:26:53,737 --> 00:26:54,571 Oe! 386 00:26:56,197 --> 00:26:58,283 Que significa RJ? 387 00:26:59,284 --> 00:27:00,535 Roy Junior. 388 00:27:00,619 --> 00:27:03,079 Chámaste Roy Junior Junior? 389 00:27:03,580 --> 00:27:08,001 Así é. É un pracer coñecervos a todos, semellades un bo grupo e… 390 00:27:09,878 --> 00:27:11,254 Que fai este aquí? 391 00:27:11,338 --> 00:27:13,298 Pregúntome o mesmo tódolos días. 392 00:27:13,381 --> 00:27:16,134 Para coarvos dentro da caixa, e ti? 393 00:27:17,093 --> 00:27:19,804 Para evitar que acabemos dentro doutra, 394 00:27:19,888 --> 00:27:21,097 onde deberías estar. 395 00:27:23,808 --> 00:27:24,726 En serio? 396 00:27:24,809 --> 00:27:26,686 - Bob. - Manda carallo. 397 00:27:28,438 --> 00:27:29,564 Salas é arrogante. 398 00:27:30,440 --> 00:27:34,361 Cre que os cartos e a tecnoloxía o protexerán e ese será o noso as. 399 00:27:35,111 --> 00:27:37,864 El vai por alto coa tecnoloxía, nós por baixo. 400 00:27:37,947 --> 00:27:41,993 Precisarei unha chea de ácidos, de acordo? Auga rexia, ácido de Caro… 401 00:27:42,077 --> 00:27:45,580 - Escribe a carta e farei de Papá Noel. - Así que Papá Noel. 402 00:27:45,664 --> 00:27:49,125 E como vai a cousa? Hei sentar no teu colo? 403 00:27:49,209 --> 00:27:52,420 Que? Non, quero dicir que… 404 00:27:53,380 --> 00:27:57,217 Xa, fai sentar os cativos no colo, pero non os obriga, porque iso… 405 00:27:57,300 --> 00:28:01,012 Oe, Papá Noel, ti procúrame unhas caixas fortes para practicar. 406 00:28:03,556 --> 00:28:04,474 Que máis? 407 00:28:04,557 --> 00:28:06,810 Precisamos cartos e moitos. 408 00:28:06,893 --> 00:28:08,103 Iso é sinxelo, 409 00:28:08,186 --> 00:28:09,979 onte falei co meu colega Taco. 410 00:28:10,063 --> 00:28:14,859 Sabedes que se esvaras nun dos locais de Wawa podes conseguir 20 000 dólares? 411 00:28:21,866 --> 00:28:23,576 - Que? - Oe… 412 00:28:23,660 --> 00:28:24,703 Vai ao carallo. 413 00:28:25,286 --> 00:28:27,997 Facede todos a vosa lista, logo continuaremos. 414 00:28:34,587 --> 00:28:37,173 Oe, Roger, tes un segundo? 415 00:28:37,257 --> 00:28:38,174 Claro. 416 00:28:38,258 --> 00:28:40,051 Revisei a brecha de seguridade 417 00:28:40,135 --> 00:28:43,596 e semella que o ataque veu de dentro da oficina. 418 00:28:44,389 --> 00:28:46,641 - Dun de aquí? - Estaría no rexistro. 419 00:28:46,725 --> 00:28:48,810 E se modificou a lista branca? 420 00:28:49,477 --> 00:28:53,857 - Tes outras cousas que facer. - Segue con isto, fíate do teu instinto. 421 00:28:59,195 --> 00:29:01,072 Andrew non semella raro hoxe? 422 00:29:01,156 --> 00:29:02,991 Non, é o mamón de sempre. 423 00:29:06,202 --> 00:29:07,162 Non sexas mamón. 424 00:29:07,245 --> 00:29:08,747 E que queres que diga? 425 00:29:08,830 --> 00:29:11,750 Cagouna coa canción e demandárono. É para tanto? 426 00:29:11,833 --> 00:29:13,126 De que falas? 427 00:29:13,209 --> 00:29:15,211 Ninguén lle pediu que a escribise! 428 00:29:16,087 --> 00:29:19,090 - É un clásico. - E. T. xa tiña unha canción. 429 00:29:19,174 --> 00:29:23,470 Se Neil Diamond quere escribirche un tema, acéptalo, ou non? Oe, apóiame. 430 00:29:23,553 --> 00:29:26,055 Veña, calmádevos todos. 431 00:29:26,639 --> 00:29:27,974 Como vai o das listas? 432 00:29:28,641 --> 00:29:29,851 Canto é entre todas? 433 00:29:30,435 --> 00:29:34,147 Son 350 000, moito para tan pouco tempo. 434 00:29:38,526 --> 00:29:39,944 Quen se sente con sorte? 435 00:29:41,279 --> 00:29:42,530 APOSTAS FÓRA DE PISTA 436 00:29:42,906 --> 00:29:46,993 As Apostas Fóra de Pista de Garden City recadan tres millóns a diario. 437 00:29:47,076 --> 00:29:48,578 A maioría volve ao curso, 438 00:29:48,661 --> 00:29:52,207 mais a oficina de seguridade sempre ten un millón en reserva. 439 00:29:52,290 --> 00:29:54,459 E sei como entrar fácil. 440 00:29:54,542 --> 00:29:56,002 O plan ten cinco partes. 441 00:29:56,085 --> 00:29:57,212 PECHE DE LOCAIS OTB 442 00:29:57,295 --> 00:30:00,882 - Haberá que conseguilos noutra parte. - Que putada. 443 00:30:00,965 --> 00:30:03,176 Que carallo lle pasa ao mundo? 444 00:30:03,259 --> 00:30:07,180 Se imos co esencial, podería reducir o montante a 300 000 dólares. 445 00:30:07,263 --> 00:30:09,265 Ninguén nos prestará eses cartos. 446 00:30:09,349 --> 00:30:10,725 - Ava? - Non. 447 00:30:10,809 --> 00:30:12,143 Non teño esa liquidez. 448 00:30:13,436 --> 00:30:14,729 Nun par de meses? 449 00:30:14,813 --> 00:30:16,147 Non temos tanto tempo. 450 00:30:19,400 --> 00:30:23,321 Vánsenos escapar 7000 millóns por non conseguirmos 300 000 axiña? 451 00:30:23,404 --> 00:30:24,531 Iso semella. 452 00:30:27,784 --> 00:30:29,577 Sempre temos a vía Diamante. 453 00:30:33,414 --> 00:30:35,625 Agora ben que escoitades, eh babecos. 454 00:30:37,919 --> 00:30:43,049 O 99 % dos diamantes que entran no país chegan á rúa 47, entre a Quinta e a Sexta. 455 00:30:43,925 --> 00:30:47,804 Chámana a vía Diamante e comezou na Segunda Guerra Mundial, 456 00:30:47,887 --> 00:30:51,349 cando os xudeus fuxiron co negocio de Ámsterdam á Midtown. 457 00:30:52,225 --> 00:30:56,312 Agora hai rusos, xudeus hasids, israelís, surasiáticos… 458 00:30:57,355 --> 00:30:58,439 METRO DE NOVA YORK 459 00:30:58,940 --> 00:31:03,027 Ingresan 24 000 millóns ao ano e teñen os collóns para avalalos. 460 00:31:06,281 --> 00:31:09,200 Hai 4000 cámaras de seguridade na rúa 461 00:31:10,034 --> 00:31:13,496 e gardas de paisano que se fan pasar por turistas. 462 00:31:13,580 --> 00:31:15,915 Nada semella de perfil baixo. 463 00:31:15,999 --> 00:31:18,877 Xefe, ás veces cómpre romper un par de pernas. 464 00:31:30,221 --> 00:31:31,514 Está ben bo o polo. 465 00:31:31,598 --> 00:31:35,143 O segredo está nun ingrediente da salsa branca, o sumagre. 466 00:31:35,226 --> 00:31:37,729 Vasme aprender que é o sumagre, branquiño? 467 00:31:38,980 --> 00:31:40,023 Ves os gardas? 468 00:31:40,690 --> 00:31:45,361 Un con camisa vermella, que nin disimula, e un con chaqueta gris, a tres metros. 469 00:31:48,573 --> 00:31:49,407 E en fronte? 470 00:31:51,409 --> 00:31:56,623 Un tipo coas mans nos petos, como cando estás completamente relaxado. 471 00:31:57,498 --> 00:32:00,710 E o amigo olla os escaparates de costas, o normal. 472 00:32:03,922 --> 00:32:05,590 Seguro que funcionará? 473 00:32:05,673 --> 00:32:07,592 Só hai unha maneira de sabelo. 474 00:32:15,642 --> 00:32:19,479 Veña, xente, seguide o plan. Entrade e saíde. 475 00:32:19,562 --> 00:32:20,772 Aí vai. 476 00:32:54,472 --> 00:32:56,641 Noventa segundos, arreando. 477 00:33:15,576 --> 00:33:17,578 Vamos! 478 00:33:20,915 --> 00:33:22,083 Setenta segundos. 479 00:33:30,341 --> 00:33:31,509 Poñendo as cargas. 480 00:33:33,261 --> 00:33:34,178 A cuberto! 481 00:33:36,639 --> 00:33:38,057 A cuberto! 482 00:33:46,983 --> 00:33:47,984 Trinta segundos! 483 00:33:54,073 --> 00:33:55,241 Dez segundos! 484 00:33:58,327 --> 00:33:59,704 Acabouse o tempo, fóra. 485 00:33:59,787 --> 00:34:04,125 Veña, xa está. Marchamos! 486 00:34:04,208 --> 00:34:05,835 Dáme un segundo, carallo. 487 00:34:05,918 --> 00:34:07,837 Bob, escóitao, sae de aí. 488 00:34:07,920 --> 00:34:11,174 Bob, xa temos polo que viñemos. Vamos. 489 00:34:11,841 --> 00:34:13,634 - Arreando. - Vou por el. 490 00:34:13,718 --> 00:34:15,470 - Stan. - Vou por el. 491 00:34:27,273 --> 00:34:30,026 Veña, hai que liscar! 492 00:34:30,109 --> 00:34:31,360 Non volvas tocarme! 493 00:34:38,576 --> 00:34:40,119 - Está aí. - Non se mova! 494 00:34:48,795 --> 00:34:49,879 Stan, vámonos xa! 495 00:34:53,466 --> 00:34:55,384 Aquí RJ, subindo pola Sexta. 496 00:35:00,139 --> 00:35:04,185 Tíos, paro na 47, non podo agardar moito. 497 00:35:05,812 --> 00:35:08,106 Ben, imos entrar no pasadizo do metro. 498 00:35:08,189 --> 00:35:09,524 Vémonos no outro lado. 499 00:35:11,901 --> 00:35:13,277 Veña. 500 00:35:15,363 --> 00:35:16,197 Están aquí. 501 00:35:16,823 --> 00:35:19,242 - Arreade. - Veña, vamos. 502 00:35:19,826 --> 00:35:22,411 Veña, entrade. 503 00:35:22,495 --> 00:35:24,664 Arreade a dentro! 504 00:35:24,747 --> 00:35:26,624 - Veña! - Vamos, cariño! 505 00:35:26,707 --> 00:35:28,084 Cago en diola, Bob! 506 00:35:41,556 --> 00:35:43,641 Aínda no respondeu. 507 00:35:43,724 --> 00:35:45,434 Estás mellor sen ese cabrón. 508 00:35:46,352 --> 00:35:49,188 Por algo durastes canto, dúas semanas? 509 00:35:49,272 --> 00:35:52,400 Podería amosar un mínimo interese pola súa cativa. 510 00:35:54,360 --> 00:35:55,278 Entón, vas… 511 00:35:56,737 --> 00:35:57,655 telo? 512 00:35:58,322 --> 00:35:59,407 Pois non sei. 513 00:36:00,992 --> 00:36:02,660 Tería que cambiar todo. 514 00:36:02,743 --> 00:36:05,746 Mudar de traballo, de vida… 515 00:36:07,456 --> 00:36:08,791 estar nun lugar calmo. 516 00:36:08,875 --> 00:36:10,585 Temos novas de última hora. 517 00:36:11,169 --> 00:36:17,800 Houbo disparos e usáronse granadas de fume na rúa 47, na Midtown de Manhattan, 518 00:36:17,884 --> 00:36:18,968 onde un descarado… 519 00:36:19,051 --> 00:36:23,097 Esa é a maneira de facer cartos. 520 00:36:23,181 --> 00:36:25,016 Que hai dun traballo decente? 521 00:36:26,350 --> 00:36:27,560 Decidiches algo? 522 00:36:28,311 --> 00:36:30,897 A naiciña vaime ensinar a tomar decisións? 523 00:36:31,439 --> 00:36:33,441 - Iso fas? - Ben. 524 00:36:34,734 --> 00:36:35,776 Non! 525 00:36:38,946 --> 00:36:40,239 Téñoo! 526 00:36:40,823 --> 00:36:41,741 Xa! 527 00:36:43,117 --> 00:36:44,452 Hostia. Vicodin. 528 00:36:44,535 --> 00:36:47,872 - Como foi? - Ben, moi ben. Sepárao. 529 00:36:47,955 --> 00:36:49,457 - Son tendóns? - Sonche. 530 00:36:49,540 --> 00:36:52,168 - Mi madriña, sonche. - Podes pechar a man? 531 00:36:52,251 --> 00:36:54,337 Ti que pensas? Cres que podo? 532 00:36:54,921 --> 00:36:58,299 - Pouco máis podo facer. - Dixeches que sabías que facías! 533 00:36:58,382 --> 00:37:01,219 - Falo ti? Adiante! - Non dixen que era cirurxiá. 534 00:37:01,302 --> 00:37:04,805 Non estariamos nesta situación se non fose un puto cobizoso. 535 00:37:04,889 --> 00:37:06,474 Cartos espesos, tíos! 536 00:37:07,808 --> 00:37:08,643 Hostia puta! 537 00:37:08,726 --> 00:37:11,979 - Pode abrir a caixa cunha man? - É a pregunta dos 7000. 538 00:37:17,235 --> 00:37:19,362 Queres que me plante aquí? 539 00:37:19,445 --> 00:37:23,616 "Ostras, Hannah, grazas. Que oportunidade! Vaime cambiar a vida." 540 00:37:23,699 --> 00:37:25,368 Eu non falo así. 541 00:37:26,035 --> 00:37:29,747 Ordena o correo e trae ao despacho os documentos de gran volume. 542 00:37:29,830 --> 00:37:32,875 Entón vou mover papel. Serei unha movedora de papel? 543 00:37:32,959 --> 00:37:36,504 Tal cal, ademais hai un ruído atronador aquí. 544 00:37:38,547 --> 00:37:39,799 Un regalo de benvida. 545 00:37:41,467 --> 00:37:43,511 Isto si é bo, abofé. 546 00:37:45,179 --> 00:37:46,806 Contra, que ben. 547 00:37:51,978 --> 00:37:54,146 Ola, Roger quere verte. 548 00:37:57,483 --> 00:37:58,317 Hei marchar. 549 00:37:58,859 --> 00:38:00,236 - Quérote! - Quérote! 550 00:38:07,535 --> 00:38:08,369 Sorte. 551 00:38:11,706 --> 00:38:15,918 Ben, vaiamos ao gran. Rajiv, parabéns. 552 00:38:16,002 --> 00:38:18,337 Hannah, responderás ante Rajiv. 553 00:38:18,421 --> 00:38:23,301 A primeira tarefa como vicepresidente subalterno é falarme dos parrulos de goma. 554 00:38:23,384 --> 00:38:25,636 Son teclados inxectables. 555 00:38:26,304 --> 00:38:28,431 Normalmente se meten nun pincho USB. 556 00:38:28,514 --> 00:38:29,557 Para que se usan? 557 00:38:29,640 --> 00:38:32,768 Para executar comandos automaticamente ao conectalos? 558 00:38:32,852 --> 00:38:36,439 Exacto, e empregouse un para extraer datos do noso servidor. 559 00:38:36,522 --> 00:38:41,360 Atopamos a IPv6 e cotexámola co enderezo MAC que achaches, a fonte da filtración. 560 00:38:41,444 --> 00:38:46,324 Rajiv, non che parece curioso que Hannah, experta en penetracións da seguridade, 561 00:38:46,907 --> 00:38:50,619 alertase dun dispositivo que podería programar e usar ela mesma? 562 00:38:51,203 --> 00:38:54,457 Lembra que agora es o seu supervisor, responde como tal. 563 00:38:55,833 --> 00:38:56,709 Si? 564 00:38:56,792 --> 00:38:59,086 Mais ignoraches a súa advertencia. 565 00:38:59,170 --> 00:39:02,298 Non, pensei que ser cautos… 566 00:39:02,381 --> 00:39:03,966 Non puido estar implicado. 567 00:39:04,050 --> 00:39:05,009 Xa o sei. 568 00:39:06,510 --> 00:39:08,763 Carlos estivo vixiándoos esta semana. 569 00:39:09,555 --> 00:39:12,266 Puxo unha pílula velenosa nos datos. 570 00:39:12,350 --> 00:39:17,396 Así, quen quere sacar algo é rastrexado automaticamente. E temos un nome. 571 00:39:18,022 --> 00:39:20,566 Carlos procurou no despacho do sospeitoso. 572 00:39:25,988 --> 00:39:27,073 Baleira a bolsa. 573 00:39:28,532 --> 00:39:31,202 Que? Non entendo. 574 00:39:32,703 --> 00:39:33,913 Isto é absurdo. 575 00:39:34,497 --> 00:39:36,999 Pois ben, adiante. 576 00:39:40,252 --> 00:39:42,129 Non sei que agardades atopar. 577 00:40:01,107 --> 00:40:02,608 Non sei que é iso. 578 00:40:06,362 --> 00:40:08,864 Levaron as túas cousas ao vestíbulo. 579 00:40:08,948 --> 00:40:12,159 Non, xúroche que non teño nada que ver con isto. 580 00:40:12,243 --> 00:40:14,078 Hannah, dillo. Rajiv… 581 00:40:14,161 --> 00:40:17,039 Diremos que marchaches pasar tempo coa familia. 582 00:40:17,123 --> 00:40:20,668 Dille o máis mínimo a alguén sobre a infiltración no sistema 583 00:40:21,210 --> 00:40:23,587 e arruinarei a vida a todo quen coñeces. 584 00:40:31,929 --> 00:40:33,180 Hannah, unha cousiña. 585 00:40:34,640 --> 00:40:35,474 Pecha a porta. 586 00:40:40,354 --> 00:40:41,397 Vaia semana, non? 587 00:40:42,648 --> 00:40:45,067 - Andrew, eu… - Reláxate, Hannah, respira. 588 00:40:46,360 --> 00:40:49,864 - Canto levamos traballando xuntos? - Case oito anos. 589 00:40:49,947 --> 00:40:53,951 Creo que chegou a hora de teres novas responsabilidades. 590 00:40:54,660 --> 00:40:56,370 Non conseguiu o posto Rajiv? 591 00:40:56,454 --> 00:41:00,166 O de subalterno. Andrew non está e falla un vicepresidente xefe. 592 00:41:00,249 --> 00:41:01,625 Alguén de confianza. 593 00:41:02,626 --> 00:41:06,464 - Non queres o posto? - Abofé que si. 594 00:41:06,547 --> 00:41:09,550 O do embarazo non é un problema, se non o é para ti. 595 00:41:11,552 --> 00:41:13,053 Mudaches ao descafeinado. 596 00:41:13,596 --> 00:41:15,556 Como Sakura cando estaba encinta. 597 00:41:17,933 --> 00:41:20,811 Non afectará a nada. 598 00:41:20,895 --> 00:41:22,313 A familia afecta a todo. 599 00:41:22,396 --> 00:41:24,398 Que non che nubre o xuízo. 600 00:41:24,899 --> 00:41:28,027 Carlos prepararache a nova autorización de seguridade. 601 00:41:28,903 --> 00:41:29,862 Grazas, Roger. 602 00:41:59,266 --> 00:42:01,060 Cada vez semella máis pequena. 603 00:42:02,186 --> 00:42:04,813 E os días pasan máis axiña. 604 00:42:06,148 --> 00:42:07,149 Camiña comigo. 605 00:42:09,735 --> 00:42:10,986 Cal é a súa historia? 606 00:42:11,070 --> 00:42:14,907 - Déixao. - Veña, adorábalo. Pregábasme que… 607 00:42:14,990 --> 00:42:15,866 Estou dentro. 608 00:42:17,618 --> 00:42:19,036 Son vicepresidenta xefa. 609 00:42:20,704 --> 00:42:23,666 Terei fotos e acceso coas tarxetas, mais non total. 610 00:42:24,291 --> 00:42:25,125 Sen problema. 611 00:42:25,709 --> 00:42:29,255 Nin os datos da alarma, a chave ou os códigos de temperatura. 612 00:42:29,755 --> 00:42:32,258 - Tenos Roger. - E nós a porta traseira. 613 00:42:32,341 --> 00:42:34,552 Estás no lugar e no momento precisos. 614 00:42:35,844 --> 00:42:36,971 Non é o bo momento. 615 00:42:37,054 --> 00:42:39,974 - É a única ocasión. - Sabes de quen son os bonos? 616 00:42:40,057 --> 00:42:41,976 É absurdo roubarlles aos pobres. 617 00:42:42,768 --> 00:42:47,523 Os Trixemelgos non son dos que lles podes roubar e logo desaparecer. Atoparante. 618 00:42:48,107 --> 00:42:48,941 Matarante. 619 00:42:49,817 --> 00:42:51,735 Dáseme ben evitar que me atopen. 620 00:42:53,862 --> 00:42:57,157 Poñamos que o conseguimos e non acabamos mortos. E logo? 621 00:42:57,241 --> 00:42:58,492 O mundo será mellor. 622 00:42:59,493 --> 00:43:02,162 - Case creo que o pensas. - Que ten de raro? 623 00:43:02,246 --> 00:43:04,164 Se Roger cae, SLS derrubarase… 624 00:43:04,248 --> 00:43:06,750 - Esa é a idea. - …e tamén a miña carreira. 625 00:43:07,751 --> 00:43:09,044 Non son coma ti, eu… 626 00:43:10,129 --> 00:43:13,632 - Como quedo se a atracan tras o ascenso? - Serás rica. 627 00:43:19,513 --> 00:43:20,764 Poderíate parar. 628 00:43:22,725 --> 00:43:23,851 Sei dos teus plans. 629 00:43:23,934 --> 00:43:25,728 Non se trata dos meus plans, 630 00:43:26,645 --> 00:43:28,439 senón dos nosos. 631 00:43:28,522 --> 00:43:32,192 Escoita, levamos sete anos argallando isto. 632 00:43:32,276 --> 00:43:34,445 En sete anos non dixeches nin mu 633 00:43:34,528 --> 00:43:37,156 e agora que xa estamos aquí, ao bordo, vés e… 634 00:43:40,826 --> 00:43:43,912 Se hai algo máis que habería saber… 635 00:43:48,792 --> 00:43:49,877 É o que vas facer. 636 00:43:50,878 --> 00:43:53,172 Non, o que imos facer. 637 00:44:56,026 --> 00:44:58,070 A lealdade non ten prezo. 638 00:44:58,779 --> 00:45:00,155 A fe morreu. 639 00:45:01,240 --> 00:45:04,952 Ao final do día, só quedarás ti 640 00:45:05,577 --> 00:45:07,996 contra os que queren o que tes. 641 00:45:09,164 --> 00:45:11,041 E o único que importará será 642 00:45:12,334 --> 00:45:16,964 se os podes manipular mellor ca eles a ti. 643 00:46:55,813 --> 00:47:00,818 Subtítulos: Bruno Martínez Pita