1 00:00:12,805 --> 00:00:15,141 Unha doutora admirada na comunidade 2 00:00:15,224 --> 00:00:17,893 atropelou un grupo de peóns no mercado local. 3 00:00:17,977 --> 00:00:19,520 Morreron tres persoas. 4 00:00:20,563 --> 00:00:23,524 Tras longas xornadas, antes de conducir 5 00:00:23,607 --> 00:00:24,650 adoitaba durmir. 6 00:00:24,734 --> 00:00:26,527 Ese día, non o fixo. 7 00:00:27,653 --> 00:00:28,612 Ía ó aniversario 8 00:00:28,696 --> 00:00:31,490 da súa filla e quedou durmida ó volante. 9 00:00:31,574 --> 00:00:34,201 Non chegou á festa. Non volveu celebrar 10 00:00:34,285 --> 00:00:36,078 o aniversario da súa filla. 11 00:00:36,787 --> 00:00:39,165 Ese día comezou outro aniversario. 12 00:00:39,248 --> 00:00:41,667 Unha celebración indesexable. 13 00:00:43,961 --> 00:00:47,798 Tres pilotos voaban nunha pequena aeronave preto dun remonte. 14 00:00:48,215 --> 00:00:50,676 Unha mesta néboa dificultaba a visión. 15 00:00:50,760 --> 00:00:53,554 Non viron o remonte transportando os esquiadores 16 00:00:53,637 --> 00:00:56,265 e á dereita cortou o cable de aceiro. 17 00:00:56,599 --> 00:00:58,809 O teleférico caeu dende 80 metros 18 00:00:58,893 --> 00:01:01,020 matando no acto os 20 ocupantes. 19 00:01:04,398 --> 00:01:07,401 Logo, un dos pilotos tentou falar coas familias. 20 00:01:07,485 --> 00:01:09,278 Ninguén lle colleu o teléfono. 21 00:01:13,115 --> 00:01:15,409 Un neno mancou o seu irmán xemelgo 22 00:01:15,493 --> 00:01:18,788 na vértebra C7, paralizándoo do pescozo para baixo. 23 00:01:19,580 --> 00:01:21,665 Malia as advertencias da nai, 24 00:01:21,749 --> 00:01:24,168 os rapaces seguiron xogando coma sempre. 25 00:01:24,251 --> 00:01:26,796 A mesa sobre a que caeu sempre estivera alí. 26 00:01:28,297 --> 00:01:30,549 Dende ese día, a vida dos xemelgos 27 00:01:30,633 --> 00:01:32,968 xa non foi a mesma. 28 00:01:34,011 --> 00:01:36,430 Estas historias céntranse na vítima. 29 00:01:36,514 --> 00:01:39,433 Non se menciona a persoa responsable da desgraza. 30 00:01:39,975 --> 00:01:43,187 Ninguén quere coñecer o neno que paralizou ó seu irmán. 31 00:01:43,646 --> 00:01:45,272 Nin a condutora durmida. 32 00:01:45,356 --> 00:01:47,525 Nin os pilotos que cortaron o cable. 33 00:01:49,527 --> 00:01:51,695 Pero eu quero saber dos responsables... 34 00:01:51,779 --> 00:01:53,072 Todo pasou tan rápido. 35 00:01:53,155 --> 00:01:56,075 Quero saber da xente que causou as traxedias. 36 00:01:59,161 --> 00:02:00,538 A xente coma min. 37 00:02:03,415 --> 00:02:04,667 Perdoáronnos? 38 00:02:07,002 --> 00:02:08,587 Seguiron adiante? 39 00:02:11,507 --> 00:02:14,802 Non pasa un momento no que non pense no que fixen. 40 00:02:16,428 --> 00:02:19,098 Ningún momento no que non pense en ti. 41 00:02:21,141 --> 00:02:22,560 Que estarás facendo, 42 00:02:23,477 --> 00:02:24,812 como estarás, 43 00:02:25,896 --> 00:02:27,731 como che vai na vida 44 00:02:29,191 --> 00:02:31,652 cando eu a esmaguei desta maneira. 45 00:02:48,711 --> 00:02:54,717 {\an8}OS EXPATRIADOS 46 00:02:54,800 --> 00:02:58,053 Falei coa florista antes. As flores están listas 47 00:02:58,137 --> 00:03:00,890 e entregaranas pola mañá sempre que haxa alguén 48 00:03:00,973 --> 00:03:02,683 para recibilos. 49 00:03:02,766 --> 00:03:05,561 Preguntou se podiamos colgar a pancarta? 50 00:03:05,644 --> 00:03:09,148 Si. Podemos, sempre que deixemos as saídas libres. 51 00:03:09,231 --> 00:03:10,441 Xenial. 52 00:03:10,524 --> 00:03:12,985 Aquí ten o menú para que o revise. 53 00:03:13,861 --> 00:03:16,530 Suponse que Anthony é o mellor. 54 00:03:16,614 --> 00:03:18,949 Podo saber que a trouxo a Hong Kong? 55 00:03:19,575 --> 00:03:22,828 A empresa do meu marido ascendeuno aquí. Moi típico. 56 00:03:25,122 --> 00:03:26,248 Vostede traballa? 57 00:03:26,832 --> 00:03:29,293 Traballaba, traballo. 58 00:03:31,462 --> 00:03:32,546 Non o parece? 59 00:03:34,173 --> 00:03:36,508 Perdón... non quería dicir que... 60 00:03:36,592 --> 00:03:38,594 Tranquila. É un tema complexo. 61 00:03:40,220 --> 00:03:41,764 Dedícome ó paisaxismo. 62 00:03:41,847 --> 00:03:43,974 Deseño xardíns para a xente. 63 00:03:44,058 --> 00:03:46,560 Aquí é complicado. Ninguén ten xardín. 64 00:03:47,686 --> 00:03:49,146 Xa, isto é Hong Kong. 65 00:03:51,231 --> 00:03:52,942 Que feitiño. 66 00:03:53,025 --> 00:03:56,570 Teño un sobriño da mesma idade que non me para quieto. 67 00:04:00,699 --> 00:04:03,035 Que lle parece? 68 00:04:05,204 --> 00:04:06,497 É un bo rapaz. 69 00:04:09,041 --> 00:04:10,084 Refírome ó menú. 70 00:04:13,295 --> 00:04:16,006 - Está ben. - Acabastes? Quero marchar. 71 00:04:16,090 --> 00:04:19,134 Case. Só quedan un par de cousas. 72 00:04:19,927 --> 00:04:24,723 - Só un pouco máis, rula. - Vaia, a súa filla é espectacular. 73 00:04:24,807 --> 00:04:27,685 É pintadiña a vostede. Ten máis fillos? 74 00:04:30,562 --> 00:04:31,480 Margaret? 75 00:04:32,231 --> 00:04:35,776 - Ten a lista definitiva de invitados? - Claro que si. 76 00:04:36,360 --> 00:04:39,321 Non a teño impresa, pero mírea no iPad. 77 00:04:40,114 --> 00:04:41,782 Estes son os confirmados. 78 00:04:41,865 --> 00:04:45,869 Ás veces algún falla, pero non creo que pase. 79 00:04:45,953 --> 00:04:47,329 É moita xente. 80 00:04:47,413 --> 00:04:51,458 Tiña que ver a voda que fixemos a semana pasada. 81 00:04:51,542 --> 00:04:52,960 Veu media cidade. 82 00:04:53,544 --> 00:04:56,046 Dar unha gran festa intimida, 83 00:04:56,130 --> 00:04:59,675 pero o meu equipo axudaralles no que precisen. 84 00:04:59,758 --> 00:05:01,218 Organizamos moitas festas. 85 00:05:01,301 --> 00:05:03,637 Créame, está no mellor local da cidade. 86 00:05:03,846 --> 00:05:07,474 Sempre é mellor ter moita xente. 87 00:05:07,558 --> 00:05:10,519 Se son poucos, queda algo triste. 88 00:05:11,103 --> 00:05:14,064 O 50 aniversario do seu home merece unha boa festa. 89 00:05:14,148 --> 00:05:16,316 Cando remate de organizalo todo 90 00:05:16,400 --> 00:05:18,694 seguro que o pasa moi ben. 91 00:05:18,777 --> 00:05:22,448 - Iso espero. - Vai ser unha festa fermosa. 92 00:05:22,531 --> 00:05:24,742 - É hora de marchar. - Vale. 93 00:05:25,409 --> 00:05:26,410 Veña, Daisy. 94 00:05:27,161 --> 00:05:28,829 Que debuxo tan bonito. 95 00:05:29,329 --> 00:05:32,166 Esta es ti, a túa irmá e a túa nai, non? 96 00:05:32,374 --> 00:05:33,584 Quen é este? 97 00:05:33,667 --> 00:05:34,501 É Gus. 98 00:05:34,585 --> 00:05:37,337 - Quen é Gus? - Daisy, vamos. 99 00:05:37,421 --> 00:05:38,630 Temos que marchar. 100 00:05:39,381 --> 00:05:40,382 Grazas. 101 00:05:40,716 --> 00:05:41,550 - Claro. - Vamos. 102 00:05:42,384 --> 00:05:43,218 Adeus. 103 00:06:27,096 --> 00:06:30,307 - Xa o sei, pero non che podo axudar. - Por que non? 104 00:06:31,016 --> 00:06:32,643 Porque é o teu proxecto. 105 00:06:32,726 --> 00:06:34,520 Tía Hilary! Terma da porta. 106 00:06:34,812 --> 00:06:36,814 - Terma da porta! - Agarda, non corras. 107 00:06:36,897 --> 00:06:38,607 Rapaces! Que vos dixen...? 108 00:06:55,165 --> 00:06:56,291 ¿Recibistes... 109 00:06:57,501 --> 00:07:00,295 a invitación para o aniversario de Clarke? 110 00:07:03,257 --> 00:07:06,343 Si. Non podemos ir. Temos... outros plans. 111 00:07:07,010 --> 00:07:08,720 Pero felicítao da miña parte. 112 00:07:08,804 --> 00:07:09,763 Entendo. 113 00:07:13,183 --> 00:07:15,435 Sei que as cousas non... 114 00:07:20,983 --> 00:07:21,984 É só que... 115 00:07:25,070 --> 00:07:26,697 Sería xenial se viñésedes. 116 00:07:31,034 --> 00:07:32,411 Falareino con David. 117 00:07:50,387 --> 00:07:52,306 - Xa estamos aquí. - Ola, Essie. 118 00:07:52,389 --> 00:07:53,724 - Ola. - Ola. 119 00:07:53,807 --> 00:07:55,434 - Ola, Essie. - Avós. 120 00:07:55,517 --> 00:07:57,853 Señora, perdoe, acaban de chegar. Ía... 121 00:07:57,936 --> 00:07:59,229 - Tanto ten. - Avó! 122 00:07:59,313 --> 00:08:02,232 Pensei que pasariades o día descansando no hotel. 123 00:08:02,316 --> 00:08:04,985 - Queriamos ver os nenos. - E o tío Peter? 124 00:08:05,110 --> 00:08:08,238 - Está durmido, ten jet lag. - Morro coa fame. 125 00:08:08,322 --> 00:08:09,156 AUSTRALIA ÁREA DE BUSCA 126 00:08:09,239 --> 00:08:10,449 Fixen macedonia. 127 00:08:10,532 --> 00:08:11,366 - Manga. - Xenial! 128 00:08:11,491 --> 00:08:13,452 Espera. Lavade as mans. 129 00:08:13,535 --> 00:08:15,662 Teñen que lavar as mans ó chegar. 130 00:08:15,746 --> 00:08:17,456 - Si, señora. - Grazas, Essie. 131 00:08:18,123 --> 00:08:20,751 Como lle deixas ver algo tan horroroso? 132 00:08:21,668 --> 00:08:25,464 Está obsesionada coas noticias. Non hai que facerlle. 133 00:08:27,299 --> 00:08:29,092 Jing, andáchesme coas cuncas? 134 00:08:29,176 --> 00:08:32,804 Púxenas no armario. Ten máis sentido que estean alí. 135 00:08:36,099 --> 00:08:38,268 Non sei se a festa é boa idea. 136 00:08:38,352 --> 00:08:39,895 - É moi triste. - Xa. 137 00:08:39,978 --> 00:08:44,191 Só queremos que todo pareza normal. 138 00:08:44,274 --> 00:08:46,318 A vosa vida xa non é normal. 139 00:08:46,401 --> 00:08:48,278 - Non comas toda. - Por que finxir? 140 00:08:48,362 --> 00:08:49,738 Xogamos a algo? 141 00:08:49,821 --> 00:08:51,698 - Xoguemos. - Pero estamos coa tele. 142 00:09:00,666 --> 00:09:02,960 Podo tomar un batido de chocolate? 143 00:09:06,171 --> 00:09:08,590 Si, claro. 144 00:09:10,133 --> 00:09:11,885 - Philip? - Si? 145 00:09:12,427 --> 00:09:13,428 Quen...? 146 00:09:15,430 --> 00:09:17,599 Quen é o do debuxo? 147 00:09:18,767 --> 00:09:19,726 É Xesús. 148 00:09:20,811 --> 00:09:23,146 Xesús? Por que o debuxas? 149 00:09:24,481 --> 00:09:26,650 Non quero que o volvas debuxar. 150 00:09:26,733 --> 00:09:27,943 Vale, mamá. 151 00:09:32,447 --> 00:09:35,075 Ei, ruliño. Ven. 152 00:09:41,707 --> 00:09:43,917 Quérote moito. 153 00:09:44,751 --> 00:09:45,919 Sábelo, non? 154 00:09:46,753 --> 00:09:48,005 Eu tamén te quero. 155 00:09:57,639 --> 00:09:58,974 Vai polo batido. 156 00:09:59,558 --> 00:10:00,642 Grazas, mamá. 157 00:10:09,192 --> 00:10:13,947 "Que o señor vos bendiga e vos protexa cada día. 158 00:10:15,115 --> 00:10:17,617 - Que o Señor sexa convosco." - E contigo. 159 00:10:17,701 --> 00:10:20,662 "Bendito sexa o Señor que nos perdoa." 160 00:10:20,912 --> 00:10:23,373 "Señor, ten piedade de nós." 161 00:10:23,957 --> 00:10:27,753 Coma unha galiña, Deus abéiranos baixo as súas ás. 162 00:10:28,962 --> 00:10:33,050 Deus todopoderoso, que no teu amor por nós 163 00:10:33,133 --> 00:10:35,427 enviaches o teu fillo Xesús, 164 00:10:36,053 --> 00:10:40,432 e cando chegou á terra era totalmente humano. 165 00:10:41,725 --> 00:10:43,477 Loitou coma todos nós. 166 00:10:44,936 --> 00:10:47,898 Sentiu a dor e o medo. 167 00:10:56,907 --> 00:11:00,285 - Fuches unha nena mala, non si? - Fun moi, moi mala. 168 00:11:00,410 --> 00:11:03,747 - Mereces un castigo. - Merézoo. Dáme. 169 00:11:03,830 --> 00:11:06,041 - Como dis? - Dáme, por favor, Dirk. 170 00:11:07,876 --> 00:11:10,295 Máis forte. Veña, dáme forte. 171 00:11:14,633 --> 00:11:15,467 Adeus, Bunny. 172 00:11:17,302 --> 00:11:19,012 - Dixen "adeus". - Vale. 173 00:11:25,268 --> 00:11:27,062 Que clase de nome é "Dirk"? 174 00:11:29,689 --> 00:11:31,191 É un nome de branco. 175 00:11:31,400 --> 00:11:36,947 Como Chet, Tucker, Skeet ou David. 176 00:11:40,492 --> 00:11:42,661 Os coreanos tamén teñen nomes raros. 177 00:11:42,744 --> 00:11:48,166 - Como Uri, Yuki ou Suki. - Eses son nomes xaponeses. 178 00:11:48,250 --> 00:11:50,877 Pois coñezo unha coreana chamada Suki. 179 00:11:51,670 --> 00:11:52,629 Seguro que si. 180 00:12:00,929 --> 00:12:01,763 Vale. 181 00:12:01,847 --> 00:12:03,473 Vémonos, Dirk. 182 00:12:21,074 --> 00:12:21,992 Canto? 183 00:12:22,492 --> 00:12:23,577 Sesenta. 184 00:12:31,209 --> 00:12:32,169 Toma. 185 00:12:39,134 --> 00:12:40,177 Grazas. 186 00:15:40,231 --> 00:15:41,941 Este bus vai a Temple Street? 187 00:15:42,025 --> 00:15:44,944 Déixao estar. Baixemos na seguinte. 188 00:15:46,154 --> 00:15:47,447 Collemos o bus que non era? 189 00:15:47,906 --> 00:15:49,240 Non o creo. 190 00:15:50,700 --> 00:15:51,534 Rapaza. 191 00:15:51,826 --> 00:15:53,662 Este bus para en Temple Street? 192 00:15:55,455 --> 00:15:56,915 Son coreana. 193 00:15:58,375 --> 00:15:59,668 Para alí? 194 00:15:59,751 --> 00:16:00,960 É coreana. 195 00:16:01,461 --> 00:16:02,879 Coreana? 196 00:16:02,962 --> 00:16:04,297 Non fala cantonés? 197 00:16:04,547 --> 00:16:05,799 Creo que non. 198 00:16:05,882 --> 00:16:07,550 Dixo que é coreana. 199 00:16:15,892 --> 00:16:16,726 Ei, Puri. 200 00:16:16,810 --> 00:16:18,645 Colliches a roupa na tinturería? 201 00:16:18,728 --> 00:16:19,979 Precísoa para a festa. 202 00:16:20,063 --> 00:16:21,564 Vai ir Sam por ela. 203 00:16:22,482 --> 00:16:24,234 Vale, e Puri... 204 00:16:24,484 --> 00:16:26,986 - Leva moito ladrando o can? - Si, señora. 205 00:16:27,070 --> 00:16:28,279 Leva así todo o día. 206 00:16:32,784 --> 00:16:33,618 Grazas. 207 00:16:41,084 --> 00:16:45,171 Mercy! Pensei que non podías vir. Senta. 208 00:16:45,255 --> 00:16:46,256 Grazas. 209 00:16:46,381 --> 00:16:48,007 Rapazas, coñecedes a Mercy? 210 00:16:48,091 --> 00:16:50,051 Ola, son Lucia. Non te coñecía. 211 00:16:50,135 --> 00:16:52,262 - Boas. - Mercy, a que te dedicas? 212 00:16:52,345 --> 00:16:53,930 Son amiga de Philena. 213 00:16:54,848 --> 00:16:57,267 E tamén fago outras moitas cousas. 214 00:16:57,350 --> 00:16:59,185 Escribín no Hong Kong Post. 215 00:16:59,269 --> 00:17:02,814 Despois fun azafata, pero o xefe era un baboso e deixeino. 216 00:17:03,606 --> 00:17:05,483 Tamén lle dei clases a un neno, 217 00:17:05,567 --> 00:17:08,486 pero a nai botoume. Agora traballo 218 00:17:08,570 --> 00:17:12,240 - en cátering, entón... - Que... ecléctico. 219 00:17:20,248 --> 00:17:23,293 - Queres champaña? - De feito, traeríame French 75? 220 00:17:23,376 --> 00:17:26,129 - Claro. - Ceos, adoro o French 75. 221 00:17:26,212 --> 00:17:27,422 Que boa idea. 222 00:17:27,505 --> 00:17:30,008 - Iso leva champaña? - E xenebra e limón. 223 00:17:30,091 --> 00:17:32,761 Vaia, soa fantástico. Podo tomar eu tamén un? 224 00:17:32,844 --> 00:17:33,845 - Claro. - Grazas. 225 00:17:33,928 --> 00:17:35,555 - Que sexan tres. - Vale. 226 00:17:35,638 --> 00:17:36,514 Grazas. 227 00:17:37,098 --> 00:17:40,101 - Como sabes tanto de cócteles? - Pois... 228 00:17:40,185 --> 00:17:43,813 - Esta na universidade bebía de todo. - Bebiamos as dúas. 229 00:17:43,897 --> 00:17:45,607 Ti tes mellores anécdotas. 230 00:17:45,690 --> 00:17:48,443 - Xa. Algo escoitei. Ti... - Non! 231 00:17:48,526 --> 00:17:49,986 - Non o contei. - O que? 232 00:17:50,069 --> 00:17:50,904 - Philena! - Que? 233 00:17:59,454 --> 00:18:00,538 Axúdoche eu. 234 00:18:04,876 --> 00:18:06,628 Estás emocionada pola festa? 235 00:18:07,754 --> 00:18:08,755 Supoño. 236 00:18:09,964 --> 00:18:12,217 Tenta pasalo ben, vale? 237 00:18:16,679 --> 00:18:19,390 - Fágoche dúas trenzas? - Non teño seis anos. 238 00:18:20,266 --> 00:18:21,893 Vou poñer o diadema novo. 239 00:18:25,480 --> 00:18:26,606 Vale. 240 00:18:31,110 --> 00:18:34,989 Vaia. Bonito vestido. 241 00:18:36,825 --> 00:18:37,992 Como te sentes? 242 00:18:40,161 --> 00:18:41,162 Vello. 243 00:18:43,540 --> 00:18:44,624 Pois estás guapo. 244 00:18:48,586 --> 00:18:49,796 Estás ben? 245 00:18:50,421 --> 00:18:52,340 Cres que teus pais teñen razón? 246 00:18:54,551 --> 00:18:55,593 Sobre a festa. 247 00:18:57,095 --> 00:18:58,304 Tiñamos que esperar? 248 00:18:59,305 --> 00:19:01,516 O doutor dixo que gozásemos da vida. 249 00:19:01,599 --> 00:19:03,184 Non? É o que nos queda. 250 00:19:03,268 --> 00:19:04,394 Pouco a pouco. 251 00:19:05,937 --> 00:19:08,398 Non o vexas como unha traizón a Gus... 252 00:19:08,481 --> 00:19:12,569 - Mamá! Para! - Basta! Mamá! 253 00:19:12,652 --> 00:19:14,362 - Mamá! - Para! 254 00:19:14,445 --> 00:19:17,991 - Nunca me deixa ver o que quero. - Para! 255 00:19:18,074 --> 00:19:21,119 Phil, ruliño, vístete. Imos chegar tarde. Trae. 256 00:19:23,121 --> 00:19:24,581 Pero eu xa estou lista! 257 00:19:24,664 --> 00:19:26,082 Xa é estresante abondo. 258 00:19:26,165 --> 00:19:28,626 Estábao vendo. Non atoparon o avión. 259 00:19:28,710 --> 00:19:31,045 Vale, veña. Vamos. 260 00:19:31,129 --> 00:19:32,672 Pero vano encontrar, non? 261 00:19:32,755 --> 00:19:35,758 Non o sei, estano buscando. Atoparano, veña. 262 00:19:46,644 --> 00:19:47,478 Non podo ir. Teño que traballar. 263 00:19:47,562 --> 00:19:48,980 Non busques o seu Instagram. 264 00:19:49,063 --> 00:19:50,315 Non! Si, ti tamén o fixeches. 265 00:19:51,024 --> 00:19:53,276 - As redes sociais. - É unha tolada. 266 00:19:53,359 --> 00:19:54,193 - Que tola. - Non. 267 00:19:54,277 --> 00:19:57,989 - Desculpa, quen é Dirk? - É un nome falso. 268 00:19:58,072 --> 00:19:59,282 Un chiste entre nós. 269 00:19:59,365 --> 00:20:01,492 Espera, quen é ese rapaz? 270 00:20:01,576 --> 00:20:03,036 - Dirk? - Como se chama? 271 00:20:03,703 --> 00:20:07,290 - É un tipo. - Branco? Seguro que ten cartos. 272 00:20:07,373 --> 00:20:10,501 Non sexas hipócrita, Shellac. Tes saído con brancos. 273 00:20:10,585 --> 00:20:12,587 Tiven unhas citas, é diferente. 274 00:20:13,254 --> 00:20:15,465 Non imos en serio. Pasámolo ben. 275 00:20:16,132 --> 00:20:19,427 - Vale. - Perdoade, teño que marchar. 276 00:20:19,510 --> 00:20:22,472 - Xa? - Non podo facer esperar a Dirk. 277 00:20:23,056 --> 00:20:26,184 Mercy! Non podo crer que non me digas quen é! 278 00:20:26,643 --> 00:20:28,311 Xa pode estar ben! 279 00:20:28,853 --> 00:20:29,687 Crédeme. 280 00:20:30,563 --> 00:20:33,441 Chámote despois! Quero sabelo todo! 281 00:20:33,775 --> 00:20:35,693 É tan raro que nunca falase del. 282 00:20:35,777 --> 00:20:37,278 Quen será? 283 00:20:47,914 --> 00:20:49,165 Que miras? 284 00:20:50,416 --> 00:20:52,877 O can de Christopher non para de ladrar. 285 00:20:55,338 --> 00:20:56,339 Merda. 286 00:21:17,235 --> 00:21:20,822 - Ei, que fas? - Vas ir así? 287 00:21:22,115 --> 00:21:24,283 Que ten de malo? 288 00:21:24,367 --> 00:21:27,078 É tarde para preocuparme polo que pensan de min. 289 00:21:27,161 --> 00:21:28,705 Ninguén pensa nada de ti. 290 00:21:31,165 --> 00:21:32,041 Que? 291 00:21:32,125 --> 00:21:34,377 A tipa do 304 mirándome outra vez. 292 00:21:34,460 --> 00:21:35,545 Tilda? 293 00:21:41,134 --> 00:21:42,343 Estás paranoico. 294 00:22:04,407 --> 00:22:08,578 - Como foi o teu día libre? - Que día libre? 295 00:22:08,661 --> 00:22:11,330 Traballei sete días seguidos, sen contar hoxe. 296 00:22:11,414 --> 00:22:12,665 Dóeme todo o corpo. 297 00:22:12,749 --> 00:22:14,834 Tomei unhas copas que me custaron 298 00:22:14,917 --> 00:22:17,420 - todo un xornal... - Fáltalle caviar. 299 00:22:17,503 --> 00:22:18,379 - Oído. - Vale. 300 00:22:20,673 --> 00:22:21,507 Tartar? 301 00:22:23,634 --> 00:22:24,635 Tartar de salmón? 302 00:22:27,555 --> 00:22:29,182 - Tartar de salmón? - Ola? 303 00:22:30,058 --> 00:22:32,518 Ola, que é? 304 00:22:34,437 --> 00:22:35,438 Tartar de salmón. 305 00:22:36,230 --> 00:22:39,442 Sabes se o pan de abaixo ten glute? 306 00:22:41,069 --> 00:22:44,655 É un crocante de wonton.. . Si, está feito con fariña. 307 00:22:54,123 --> 00:22:56,000 Seguro que queres ir? 308 00:22:56,084 --> 00:22:59,712 Non o sei. O que che fixo Margaret foi unha putada. 309 00:22:59,796 --> 00:23:03,257 Pero estabamos moi unidas e agora non podemos nin vernos. 310 00:23:03,341 --> 00:23:05,676 Non paga a pena. Viven no mesmo sitio. 311 00:23:05,760 --> 00:23:08,262 Estou cansa de evitalos sempre. 312 00:23:13,267 --> 00:23:14,227 Que? 313 00:23:15,353 --> 00:23:16,687 Atufas a alcohol. 314 00:23:19,524 --> 00:23:20,942 Bebín unha cervexa. 315 00:23:22,568 --> 00:23:24,862 Imos de festa. Comecei con vantaxe. 316 00:23:24,946 --> 00:23:26,781 Prometiches parar, David. 317 00:23:26,864 --> 00:23:29,075 Se non bebeses aquela noite, igual... 318 00:23:31,953 --> 00:23:35,498 - Igual que? - Só digo que se non mentises 319 00:23:35,581 --> 00:23:38,000 sobre onde estabas, se o contases... 320 00:23:38,084 --> 00:23:39,210 É culpa miña, logo? 321 00:23:39,293 --> 00:23:41,921 Claro que non. Só que... 322 00:23:44,882 --> 00:23:47,552 Morra o conto, vale? Non quero discutir. 323 00:23:51,597 --> 00:23:53,724 Tes razón. Estou farto de mentir. 324 00:23:56,352 --> 00:23:57,770 Xa non podo máis. 325 00:23:58,521 --> 00:24:01,357 - Sam, podes parar o coche? - Que fas? 326 00:24:01,440 --> 00:24:03,901 - Sam, para o coche. - Non pares, Sam. 327 00:24:03,985 --> 00:24:05,653 Déixame saír. Non podo máis. 328 00:24:05,736 --> 00:24:08,281 - Que dis? - Por favor, Sam. Rógocho. 329 00:24:08,364 --> 00:24:10,324 - Podes parar o coche? - Sam, non. 330 00:24:10,408 --> 00:24:12,034 - Para! - Non fagas isto. 331 00:24:12,118 --> 00:24:14,537 E a festa que? Esperan por nós. 332 00:24:15,788 --> 00:24:17,498 Que fas? Non pares! 333 00:24:19,375 --> 00:24:21,919 David, non me fagas ir soa. 334 00:24:22,086 --> 00:24:24,005 Pois non vaias. 335 00:24:28,342 --> 00:24:31,971 Vou un pouco e véxote despois na casa, vale? 336 00:24:32,054 --> 00:24:35,266 Agarda... a onde vas? A que hora volves? 337 00:24:50,656 --> 00:24:53,159 - Feliz aniversario. - Grazas por vir. 338 00:24:53,242 --> 00:24:54,076 Grazas. 339 00:24:55,453 --> 00:24:56,662 Morro coa fame. 340 00:24:56,746 --> 00:24:59,373 - Queres comer máis? - A comida é noxenta. 341 00:24:59,457 --> 00:25:00,541 Non o é, mamá. 342 00:25:00,625 --> 00:25:03,294 O único comestible é o cóctel de gambas. 343 00:25:03,377 --> 00:25:06,255 Lembras a comida do noso 25 aniversario? 344 00:25:07,006 --> 00:25:08,758 Estaba deliciosa. A mellor. 345 00:25:09,050 --> 00:25:12,094 Se volvésedes á casa para dar a festa 346 00:25:12,178 --> 00:25:14,972 - poderiades facelo con ese cátering. - Basta. 347 00:25:15,056 --> 00:25:18,351 - Non digo que vos mudedes. - Pero é o que querías dicir. 348 00:25:18,434 --> 00:25:21,270 Se o quixese dicir, dicíavolo. 349 00:25:21,354 --> 00:25:23,648 - Xa bastante o dixeches, Jing. - Rula. 350 00:25:23,773 --> 00:25:24,982 Rapaces, por favor... 351 00:25:25,066 --> 00:25:27,985 Non vin dende Filadelfia para oírvos discutir. 352 00:25:28,069 --> 00:25:30,905 - Podedes non discutir? - Xa o falaremos na casa. 353 00:25:30,988 --> 00:25:34,075 Non hai nada que falar. Non marcharemos de Hong Kong. 354 00:25:39,080 --> 00:25:42,792 - Que noxo. - Pois non o comas. 355 00:25:43,918 --> 00:25:47,255 - Teño moita fame. - Imos buscar cóctel de gambas. 356 00:25:51,259 --> 00:25:52,176 Non para. 357 00:25:53,678 --> 00:25:58,432 Creo que con todo o que pasou, só queren que os rapaces volvan á casa. 358 00:25:59,767 --> 00:26:02,436 - Volver á normalidade. - Esta é a súa casa. 359 00:26:03,104 --> 00:26:05,523 Perdón, Peter. Non quería falarche así. 360 00:26:05,606 --> 00:26:08,192 Tanto ten. Marcho... 361 00:26:08,985 --> 00:26:10,528 buscar cóctel de gambas. 362 00:26:14,824 --> 00:26:16,784 Só estarán aquí un par de días. 363 00:26:18,369 --> 00:26:20,871 Non pasa nada. Non é por eles... 364 00:26:23,582 --> 00:26:26,502 - Os rapaces estano a pasar ben. - Si. 365 00:26:32,967 --> 00:26:34,385 Estás ben? 366 00:26:35,678 --> 00:26:37,722 Si, estou ben. 367 00:26:38,889 --> 00:26:42,351 - Non quito o debuxo da cabeza. - É só un debuxo. 368 00:26:42,435 --> 00:26:45,604 Non sei por que pensou en Xesús. Non somos crentes. 369 00:26:45,688 --> 00:26:49,900 - Ó mellor díxollo Brian. - Os Mahoney? Son budistas. 370 00:26:49,984 --> 00:26:52,737 Igual foi outro amigo. Puido ser calquera. 371 00:26:52,820 --> 00:26:53,904 Que máis dá? 372 00:26:53,988 --> 00:26:56,532 Non sei por que teimas niso agora. 373 00:26:56,615 --> 00:26:58,784 Estamos de festa cos amigos. 374 00:26:58,868 --> 00:27:02,413 - Tes razón. Perdoa. - Non pasa nada. 375 00:27:02,496 --> 00:27:05,458 Ei, podes intentar pasalo ben? 376 00:27:06,625 --> 00:27:08,419 Si, prométocho. 377 00:27:10,379 --> 00:27:11,839 Quérote. Vale. 378 00:27:12,631 --> 00:27:13,591 Moi ben. 379 00:27:20,806 --> 00:27:23,059 - Vés directa do traballo? - Como? 380 00:27:23,351 --> 00:27:24,310 Non! É que... 381 00:27:26,270 --> 00:27:27,938 Púxenme nerviosa vestíndome. 382 00:27:28,022 --> 00:27:29,815 Non sabía como sería. 383 00:27:29,899 --> 00:27:33,486 Se ía ser unha celebración ou o que. 384 00:27:33,569 --> 00:27:35,196 É un aniversario. 385 00:27:35,279 --> 00:27:37,865 Xa... xa me entendes. 386 00:27:43,371 --> 00:27:44,997 Mira. Aí está. 387 00:27:45,581 --> 00:27:49,085 Non sei como é quen de estar tan enteira. 388 00:27:49,668 --> 00:27:51,629 Se me pasase a min algo así... 389 00:27:52,797 --> 00:27:54,090 Morría. 390 00:27:55,132 --> 00:27:58,135 Estamos en 2014. Como puideron perder un avión? 391 00:27:58,219 --> 00:27:59,804 O océano é enorme. 392 00:27:59,929 --> 00:28:01,180 - Empanadillas? - Non. 393 00:28:01,263 --> 00:28:03,849 Arrepía pensar que se pode desaparecer así. 394 00:28:09,146 --> 00:28:10,272 Desculpa. 395 00:28:12,983 --> 00:28:16,737 Perdoa? Que é iso? Está ben, grazas. 396 00:28:19,156 --> 00:28:20,324 É batido? 397 00:28:23,452 --> 00:28:24,995 Podo tomar máis? 398 00:28:53,566 --> 00:28:57,862 FELIZ 50 ANIVERSARIO, CLARKE 399 00:29:28,726 --> 00:29:30,561 Margaret? Pregúntome se... 400 00:29:35,649 --> 00:29:37,526 Margaret? Ola. 401 00:29:37,610 --> 00:29:42,114 Moitas grazas por invitarme á festa... Margaret! 402 00:29:45,326 --> 00:29:46,911 Veña. 403 00:30:02,760 --> 00:30:07,014 Aquí estás. Tes máis deses... como lle chaman? 404 00:30:17,441 --> 00:30:18,609 Viches a Margaret? 405 00:30:19,818 --> 00:30:20,778 Mercy? 406 00:30:22,363 --> 00:30:24,198 Margaret! Aí estás. 407 00:30:26,033 --> 00:30:27,535 - Margaret? - Por que veu? 408 00:30:27,618 --> 00:30:28,452 Quen? 409 00:30:30,704 --> 00:30:32,623 Mercy. Que fai ela aquí? 410 00:30:32,706 --> 00:30:34,083 - Viñeron todos. - Non. 411 00:30:34,166 --> 00:30:36,126 Non é unha amiga. Non... 412 00:30:36,210 --> 00:30:37,878 Tes que subir ó escenario. 413 00:30:37,962 --> 00:30:39,630 Clarke necesítate. 414 00:30:39,713 --> 00:30:40,631 Dáme iso. 415 00:30:40,714 --> 00:30:42,049 Grazas por vir. 416 00:30:42,466 --> 00:30:45,594 Significa moito para nós. 417 00:30:46,178 --> 00:30:48,556 Sabemos que non nos vemos tanto... 418 00:30:50,516 --> 00:30:54,562 Mesmo pode ser raro estarmos de celebración, pero... 419 00:30:55,104 --> 00:30:57,731 Pero máis que celebrar a miña vellez... 420 00:30:59,233 --> 00:31:01,193 queriamos aproveitar a ocasión... 421 00:31:02,236 --> 00:31:05,239 para darvos as grazas a todos 422 00:31:05,823 --> 00:31:07,616 por apoiarnos este ano... 423 00:31:08,576 --> 00:31:12,746 despois da que foi, e seguramente será, a peor época das nosas vidas. 424 00:31:14,832 --> 00:31:18,168 - A pobre parece ida. - Seguro que vai medicada. 425 00:31:18,544 --> 00:31:20,838 Hai centos de casos como o dela. 426 00:31:20,921 --> 00:31:23,257 Se o seu tivo tanta repercusión 427 00:31:23,340 --> 00:31:25,217 é porque son moi fotoxénicos. 428 00:31:25,301 --> 00:31:29,805 A ver, ninguén o quere dicir, pero todos o sabemos. 429 00:31:29,888 --> 00:31:32,182 - Vou marchar. - Como? Xa? 430 00:31:34,184 --> 00:31:36,228 Cústame vela así. 431 00:31:36,353 --> 00:31:38,230 As flores significaron moito. 432 00:31:38,314 --> 00:31:39,982 Non sei por que seguen aquí. 433 00:31:40,065 --> 00:31:41,942 Deberían volver á casa. 434 00:31:42,359 --> 00:31:44,653 Horrible. Merda. 435 00:31:46,238 --> 00:31:47,239 Perdón. 436 00:31:48,741 --> 00:31:51,118 A vida tornouse irrecoñecible. 437 00:31:52,453 --> 00:31:54,246 Só queda por dicir... 438 00:31:58,208 --> 00:31:59,209 Gus, querémoste. 439 00:32:00,961 --> 00:32:02,755 Botámoste moito de menos. 440 00:32:04,423 --> 00:32:05,507 Alá onde esteas. 441 00:32:08,010 --> 00:32:08,886 Grazas. 442 00:32:09,720 --> 00:32:12,056 Feliz aniversario. 443 00:32:12,431 --> 00:32:14,933 - Vina. Está aquí. - A quen? 444 00:32:15,017 --> 00:32:18,896 - Mercy! Está aquí. - Pero que dis? Veña, vamos. 445 00:32:19,229 --> 00:32:21,857 Por que nos fai isto? Por que? 446 00:32:21,940 --> 00:32:25,527 Vale. Está ben. Reláxate. Non bebas máis. Tranquila. 447 00:32:25,611 --> 00:32:27,321 - Non é o champaña. - Vale, senta. 448 00:32:27,404 --> 00:32:28,781 - Senta. - Clarke. 449 00:32:28,864 --> 00:32:31,283 - Está na festa. - Rula, non está aquí. 450 00:32:31,367 --> 00:32:34,662 - Vina... non estou tola. - Non está aquí. 451 00:32:37,539 --> 00:32:38,874 Margaret! 452 00:32:43,754 --> 00:32:46,298 Que fas aquí? 453 00:32:47,132 --> 00:32:48,258 Como di? 454 00:32:48,676 --> 00:32:52,471 Está ben, veña, Margaret. 455 00:32:52,805 --> 00:32:53,889 Desculpádenos. 456 00:33:28,799 --> 00:33:32,386 Olivia: non o vas crer. A Margaret fóiselle. 457 00:33:32,469 --> 00:33:34,430 Olivia: Asaltou a unha camareira! 458 00:33:41,145 --> 00:33:42,646 - Non ten sentido. - Mamá! 459 00:33:42,730 --> 00:33:44,231 - Que fai aquí? - Basta! 460 00:33:44,314 --> 00:33:47,943 Sei que non ten sentido, Jing, pero vina. Vina, vale? 461 00:33:48,026 --> 00:33:49,278 Estaba aquí. 462 00:33:49,361 --> 00:33:50,446 Margaret? 463 00:33:50,529 --> 00:33:51,488 Hilary! 464 00:33:51,572 --> 00:33:52,406 Vai todo ben? 465 00:33:52,489 --> 00:33:55,534 Estás aquí. Pensei que non virías. 466 00:33:55,909 --> 00:33:56,744 Si, só vin... 467 00:33:56,827 --> 00:33:59,163 Imos para a casa. Pídesnos un taxi? 468 00:33:59,246 --> 00:34:01,206 Levade o coche, imos nós en taxi. 469 00:34:01,290 --> 00:34:03,375 - Non, vai con eles. - Non. 470 00:34:03,459 --> 00:34:04,543 Podo ir contigo? 471 00:34:04,626 --> 00:34:06,086 Claro. 472 00:34:07,004 --> 00:34:07,838 Estás segura? 473 00:34:10,799 --> 00:34:13,635 - Si, ide. - Sam está fóra. 474 00:34:14,178 --> 00:34:15,012 Vamos. 475 00:34:47,002 --> 00:34:49,046 Vina. Seino. 476 00:34:49,588 --> 00:34:53,967 Vina. Ou non? Non? 477 00:34:58,680 --> 00:34:59,890 Meu Deus! 478 00:35:01,350 --> 00:35:03,769 Cres que estou perdendo a cabeza? 479 00:35:03,852 --> 00:35:04,937 Ei, non. 480 00:35:06,313 --> 00:35:08,482 - Cres que estou tola? - Non. 481 00:35:14,613 --> 00:35:17,366 - Que? - Asaltaches a unha camareira? 482 00:35:19,284 --> 00:35:23,330 - Perdón. - Si, no medio da festa. 483 00:35:23,872 --> 00:35:27,251 - Ó mellor teño alucinacións. - Non. 484 00:35:27,626 --> 00:35:29,294 Ei. 485 00:35:32,631 --> 00:35:35,843 Ninguén debería pasar polo que estás pasando. 486 00:35:42,558 --> 00:35:44,393 Teño fame. 487 00:35:45,727 --> 00:35:48,564 - A comida daba noxo. - Era terrible. 488 00:35:50,774 --> 00:35:53,235 Non o quixen dicir. Síntoo. 489 00:35:53,318 --> 00:35:56,864 - Era moi mala. Non comín nada. - Eu un pan. 490 00:35:59,157 --> 00:36:02,619 Cando viñemos por última vez? Foi cun tío? 491 00:36:04,037 --> 00:36:07,124 - Non, eu creo que si. - Non, foi despois daquela... 492 00:36:07,207 --> 00:36:08,041 Do que? 493 00:36:08,917 --> 00:36:11,044 O día da exposición de Cecily Brown. 494 00:36:12,296 --> 00:36:13,964 Esa foi a última vez? 495 00:36:14,840 --> 00:36:18,594 Santo ceo. Tes razón. Hai moitísimo. 496 00:36:18,677 --> 00:36:19,553 Seino. 497 00:36:19,636 --> 00:36:22,097 Lembras aquel rapaz branco que nos seguía? 498 00:36:22,180 --> 00:36:24,600 - Estaba toliño por ti. - Non. 499 00:36:25,893 --> 00:36:29,271 - Veña. Ti... - Seguíache coma un cadeliño. 500 00:36:30,522 --> 00:36:34,943 Pero se era un meniño. Parecíase a Ryan Gosling. 501 00:36:35,903 --> 00:36:37,029 Que bos recordos. 502 00:36:53,337 --> 00:36:54,212 Que pasa? 503 00:37:01,261 --> 00:37:02,763 O meu matrimonio morreu. 504 00:37:06,683 --> 00:37:07,517 Síntoo. 505 00:37:13,065 --> 00:37:16,318 Imaxínaste vivindo unha vida completamente diferente? 506 00:37:17,945 --> 00:37:19,780 Ser unha persoa distinta. 507 00:37:21,323 --> 00:37:22,282 Constantemente. 508 00:37:28,580 --> 00:37:32,250 Quero a miña familia, pero teño esta pulsión de abandonalos. 509 00:37:35,379 --> 00:37:37,756 Teño un piso en Kowloon. 510 00:37:39,591 --> 00:37:42,302 Ás veces quero estar soa, sabes? 511 00:37:42,636 --> 00:37:46,807 Non ser a muller de alguén, a nai de alguén. 512 00:37:49,101 --> 00:37:51,853 Non estar atravesada pola traxedia 513 00:37:51,937 --> 00:37:55,607 e non pensar que son a nai de dous fillos, no lugar de tres. 514 00:38:01,530 --> 00:38:03,532 Sempre serás súa nai, Margaret. 515 00:38:10,622 --> 00:38:13,208 Amei e o meu amor era etéreo. 516 00:38:14,751 --> 00:38:17,295 Axiña resultou que tiña o corazón de cristal. 517 00:38:18,839 --> 00:38:20,465 Cantabas isto no karaoke. 518 00:38:21,591 --> 00:38:22,467 Cantaba. 519 00:38:27,681 --> 00:38:28,807 E espíaste. 520 00:38:33,437 --> 00:38:36,440 Amei e o meu amor era divino. 521 00:38:37,566 --> 00:38:40,277 Axiña resultou que perdía a cabeza. 522 00:38:41,737 --> 00:38:45,866 Todo parecía real, pero estaba cega. 523 00:38:45,949 --> 00:38:48,702 Desconfiei moito e o amor marchou. 524 00:38:52,330 --> 00:38:53,498 Namentres... 525 00:38:53,582 --> 00:38:54,499 Vamos. 526 00:38:54,583 --> 00:38:58,128 O que acho é agradable e síntome ben. 527 00:38:58,211 --> 00:39:02,340 O amor é confuso. A cabeza non para. 528 00:39:02,424 --> 00:39:06,344 Se temo perderte, non está ben 529 00:39:06,428 --> 00:39:09,014 que me tentes así. 530 00:40:07,322 --> 00:40:08,156 Que foi? 531 00:40:09,199 --> 00:40:10,200 Que pasou? 532 00:40:15,163 --> 00:40:16,081 Que? 533 00:40:17,249 --> 00:40:19,000 Lévame ó mercado. 534 00:40:21,461 --> 00:40:22,587 Por favor. 535 00:41:54,137 --> 00:41:55,222 É hora de marchar. 536 00:41:58,141 --> 00:42:00,852 Vale. 537 00:42:39,224 --> 00:42:42,060 - Que pasou? - Non o sei. 538 00:42:43,645 --> 00:42:44,479 Hil... 539 00:42:44,729 --> 00:42:49,025 - Que? - Margaret, tranquila. 540 00:42:49,109 --> 00:42:52,320 - Son os meus fillos? - Para! 541 00:42:55,073 --> 00:42:56,032 Queda aquí. 542 00:42:56,116 --> 00:42:57,450 Vou ver que pasa. 543 00:43:21,725 --> 00:43:25,937 - Que foi? Pasou algo? - Foi o meu veciño. 544 00:43:27,480 --> 00:43:30,567 Atopárono no seu apartamento. Está morto. 545 00:43:33,236 --> 00:43:34,571 Grazas ó ceo. 546 00:43:47,083 --> 00:43:48,626 Grazas por vir hoxe. 547 00:43:51,671 --> 00:43:53,840 Sei que loitabas pola túa relación, 548 00:43:53,923 --> 00:43:57,427 pero ningún matrimonio pode sosterse en mentiras 549 00:43:57,510 --> 00:43:58,678 coma as de David. 550 00:44:03,558 --> 00:44:07,520 Cres que o sabes todo, Margaret, pero non é así. 551 00:45:14,879 --> 00:45:18,466 Señora, é vostede? Precisa algo? 552 00:45:18,883 --> 00:45:20,802 Non. Grazas, Puri. 553 00:45:21,594 --> 00:45:22,679 Chegou David? 554 00:45:23,096 --> 00:45:23,930 Non, señora. 555 00:45:25,682 --> 00:45:28,768 Vale, grazas. Volve durmir. 556 00:45:29,352 --> 00:45:30,228 Vale, señora. 557 00:45:49,414 --> 00:45:50,415 Fixéchelo? 558 00:45:50,790 --> 00:45:51,749 Non. 559 00:45:52,000 --> 00:45:54,335 Todo isto semella... 560 00:45:54,544 --> 00:45:56,463 Non podo crer que morrese... 561 00:45:57,130 --> 00:45:59,215 Era vello, non? 562 00:45:59,507 --> 00:46:00,341 Eu... 563 00:46:01,843 --> 00:46:04,304 Non quixen preguntar, foi unha gran noite. 564 00:46:08,683 --> 00:46:11,561 Onde fostes? Debería traerte eu á casa. 565 00:46:12,687 --> 00:46:13,688 Por que non chamaches? 566 00:46:29,120 --> 00:46:29,954 Philip? 567 00:46:30,955 --> 00:46:32,415 Phil, que fas? 568 00:49:16,579 --> 00:49:18,581 Subtítulos: Darío Vázquez Filgueira 569 00:49:18,665 --> 00:49:20,667 Supervisora creativa: Darío Vázquez Filgueira