1 00:00:06,423 --> 00:00:09,426 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:12,345 --> 00:00:13,513 Non. 3 00:00:44,252 --> 00:00:45,837 Podería velo? 4 00:01:19,871 --> 00:01:22,207 Parece que desta vez armeina boa, eh? 5 00:01:26,753 --> 00:01:28,421 - Perdóame, papá. - Está ben. 6 00:01:29,214 --> 00:01:30,965 Non pasa nada. Veña. 7 00:01:33,551 --> 00:01:34,427 Senta. 8 00:01:37,097 --> 00:01:38,598 Porque temos que… 9 00:01:39,974 --> 00:01:41,893 Teño que… 10 00:01:44,062 --> 00:01:45,105 Temos… 11 00:01:50,443 --> 00:01:51,778 Non sei como empezar. 12 00:02:00,453 --> 00:02:01,704 Como está a avoa? 13 00:02:03,414 --> 00:02:04,332 Está ben. 14 00:02:05,750 --> 00:02:07,127 Mándache recordos. 15 00:02:08,461 --> 00:02:09,462 Vale. 16 00:02:12,465 --> 00:02:14,759 Deches amañado o aire acondicionado? 17 00:02:19,389 --> 00:02:20,849 Non sei que dicir. 18 00:02:24,561 --> 00:02:25,436 Vale. 19 00:02:26,020 --> 00:02:27,021 Xa… 20 00:02:29,816 --> 00:02:30,775 Eu tampouco. 21 00:02:31,693 --> 00:02:33,736 Non sabía que estabas tan enfermo. 22 00:02:37,824 --> 00:02:38,992 Precisas axuda. 23 00:02:40,869 --> 00:02:42,036 Vale. 24 00:02:42,120 --> 00:02:43,329 Non, quero dicir… 25 00:02:44,789 --> 00:02:46,875 Xa sabes, dun profesional. 26 00:02:48,459 --> 00:02:49,419 Porque 27 00:02:50,837 --> 00:02:52,797 aínda creo que te poden tratar. 28 00:02:55,091 --> 00:02:57,802 Sabes que? Eu… 29 00:02:59,179 --> 00:03:01,598 Teño a esperanza de que podes mellorar. 30 00:03:05,727 --> 00:03:07,770 Porque é que… 31 00:03:12,233 --> 00:03:15,445 Estiven pensando en como puido pasar todo isto. 32 00:03:16,237 --> 00:03:18,781 Porque non te criei para que acabases así. 33 00:03:20,742 --> 00:03:22,118 Xa. 34 00:03:22,202 --> 00:03:23,620 Por que pensas que…? 35 00:03:27,457 --> 00:03:28,583 Por que o fixeches? 36 00:03:32,253 --> 00:03:33,463 Non o sei. 37 00:03:33,963 --> 00:03:38,635 Xa, pero mira, iso non abonda. 38 00:03:40,553 --> 00:03:43,056 - Síntocho. - A ver, Jeff… 39 00:03:45,183 --> 00:03:47,185 Non preciso que me pidas perdón. 40 00:03:50,605 --> 00:03:51,981 Preciso o porqué. 41 00:03:53,024 --> 00:03:56,152 Aquí hai que asumir responsabilidades 42 00:03:56,236 --> 00:04:00,865 polo que lle fixeches á familia, á avoa, a Shari e a min. 43 00:04:04,410 --> 00:04:06,037 Ou sexa, ti…? 44 00:04:08,957 --> 00:04:11,376 Tes idea de como empezou todo isto? 45 00:04:13,586 --> 00:04:14,796 Non o sei. 46 00:04:17,131 --> 00:04:20,593 Quero dicir… estíveno pensando. 47 00:04:21,844 --> 00:04:22,804 Moito tempo. 48 00:04:24,555 --> 00:04:25,723 Sabes o que digo? 49 00:04:29,310 --> 00:04:30,561 Antes… 50 00:04:34,941 --> 00:04:35,942 En fin… 51 00:04:37,652 --> 00:04:41,197 Lembras cando me levabas a buscar animais atropelados 52 00:04:41,281 --> 00:04:43,324 e os abriamos? 53 00:04:43,408 --> 00:04:44,701 Non. 54 00:04:46,369 --> 00:04:49,789 Non me vas botar a culpa a min, diso nada. 55 00:04:51,040 --> 00:04:51,916 Vale. 56 00:04:52,000 --> 00:04:53,376 Non é culpa miña. 57 00:04:53,459 --> 00:04:55,003 Eu non fixen isto. 58 00:04:55,628 --> 00:04:57,839 - Eu fun un bo pai. - Xa o sei. 59 00:04:58,339 --> 00:04:59,299 Eu… 60 00:05:00,508 --> 00:05:01,634 Que? 61 00:05:05,722 --> 00:05:09,684 Só me preocupaba polo meu fillo, que por fin se interesaba por algo. 62 00:05:09,767 --> 00:05:10,768 Está ben, papá. 63 00:05:10,852 --> 00:05:13,688 Eu non che aprendín a facer o que fixeches. 64 00:05:13,771 --> 00:05:15,106 - Déixao. - Oíches? 65 00:05:15,189 --> 00:05:16,149 Vale. 66 00:05:20,236 --> 00:05:21,654 Eu non fixen isto! 67 00:05:33,166 --> 00:05:34,375 É Joyce Dahmer! 68 00:05:35,335 --> 00:05:36,919 - Bulide. - Velaí está. 69 00:05:37,670 --> 00:05:38,504 Señora Dahmer! 70 00:05:38,588 --> 00:05:40,506 Pode falar do seu fillo Jeffrey? 71 00:05:40,590 --> 00:05:43,009 Que pensa dos crimes dos que o acusan? 72 00:05:43,092 --> 00:05:45,261 - Déixenme. - Por que comía xente? 73 00:05:45,345 --> 00:05:47,764 Por que ía a por gais negros e latinos? 74 00:05:47,847 --> 00:05:49,432 Que me deixen en paz! 75 00:05:51,684 --> 00:05:53,853 O meu apelido non é Dahmer! 76 00:05:58,107 --> 00:05:59,192 Grazas. 77 00:06:13,956 --> 00:06:15,416 Isaac Richards? 78 00:06:15,500 --> 00:06:16,542 Si. 79 00:06:19,587 --> 00:06:21,172 Son Joyce Flint. 80 00:06:25,093 --> 00:06:29,806 Teño os resultados da túa proba do VIH. 81 00:06:36,187 --> 00:06:37,146 É negativa. 82 00:06:46,781 --> 00:06:48,324 Meu Deus. 83 00:07:15,852 --> 00:07:19,522 Señora, por que chora? 84 00:07:20,648 --> 00:07:21,983 É que o meu… 85 00:07:28,573 --> 00:07:32,410 Alégrame moito que non teñas que darlle malas noticias á túa nai. 86 00:07:42,295 --> 00:07:43,463 Meu amor? 87 00:07:45,756 --> 00:07:47,383 Lionel, que fas? 88 00:07:47,467 --> 00:07:49,927 Nada… Espertei cedo. 89 00:07:50,845 --> 00:07:52,430 Non chegaches a deitarte. 90 00:07:53,723 --> 00:07:55,224 Perdoa, que dicías? 91 00:07:56,559 --> 00:07:57,560 Cariño… 92 00:07:58,978 --> 00:08:00,438 Temos que falar. 93 00:08:05,193 --> 00:08:08,196 Cariño, tes que durmir. Isto non é san. 94 00:08:08,279 --> 00:08:10,948 Xa, teño os horarios cambiados. 95 00:08:11,032 --> 00:08:14,827 Deberías aproveitar este momento para descansar. 96 00:08:16,078 --> 00:08:17,622 Non podo descansar, Shari. 97 00:08:17,705 --> 00:08:20,750 Pois haberá que ir ao médico e pedirlle somníferos, 98 00:08:20,833 --> 00:08:24,504 porque pasar cinco noites seguidas sen durmir non é san. 99 00:08:24,587 --> 00:08:28,174 Claro, máis pastillas. Éche xusto o que precisa esta familia. 100 00:08:28,257 --> 00:08:31,511 Sabes que foron as pastillas as que empezaron isto, non? 101 00:08:31,594 --> 00:08:32,512 Acouga. 102 00:08:32,595 --> 00:08:36,098 Cantas cres que tomaba cando estaba preñada del? Milleiros. 103 00:08:36,182 --> 00:08:39,560 Somníferos, sedantes, medicamentos para as convulsións. 104 00:08:39,644 --> 00:08:41,020 Normal que saíse así. 105 00:08:41,938 --> 00:08:44,190 Veña, non podes culpar disto a Joyce. 106 00:08:44,273 --> 00:08:45,983 Que non? Carallo se podo! 107 00:08:47,276 --> 00:08:49,195 É culpa súa! 108 00:08:51,239 --> 00:08:52,865 Non foi unha nai! 109 00:08:54,742 --> 00:08:56,452 Nin sequera o collía no colo! 110 00:08:56,536 --> 00:08:59,830 - Para de berrar! - Aterrorizábao, hostia! 111 00:09:01,082 --> 00:09:02,458 Logo marchou sen máis! 112 00:09:03,167 --> 00:09:05,169 Subiu ao coche, marchou 113 00:09:05,253 --> 00:09:08,381 e deixou o neno só na casa todo o verán. 114 00:09:08,464 --> 00:09:10,967 E onde estabas ti ese verán, Lionel? 115 00:09:12,843 --> 00:09:15,972 Ai, Señor… Non, perdoa. Non quería dicir iso. 116 00:09:16,472 --> 00:09:19,892 Eh, estamos xuntos nisto. 117 00:09:20,685 --> 00:09:23,271 Debín comprobar se estaba ben e non o fixen. 118 00:09:23,354 --> 00:09:25,106 Non o sabías! 119 00:09:29,610 --> 00:09:33,739 Ten os meus xenes, Shari. A metade dese rapaz son eu. 120 00:09:34,448 --> 00:09:35,408 E creo… 121 00:09:37,660 --> 00:09:39,829 que tiven pensamentos coma os del. 122 00:09:40,705 --> 00:09:41,706 Hai tempo. 123 00:09:44,000 --> 00:09:45,209 Antes 124 00:09:46,085 --> 00:09:47,878 intentaba fabricar explosivos. 125 00:09:49,005 --> 00:09:53,884 Collía fogos artificiais e atáballes un soldadiño. 126 00:09:53,968 --> 00:09:58,055 Un día, levei unha bomba caseira á escola. 127 00:10:00,516 --> 00:10:03,936 E tireina pola fiestra, polo amor de Deus. 128 00:10:04,020 --> 00:10:05,855 Meu rei, non é o mesmo. 129 00:10:05,938 --> 00:10:09,275 Non. Non, escoita. 130 00:10:14,071 --> 00:10:16,824 Creo que tamén tiña fantasías coma as del. 131 00:10:18,701 --> 00:10:21,787 Tiña unha veciña que vivía no mesmo edificio ca nós. 132 00:10:21,871 --> 00:10:26,334 Intentei hipnotizala porque… 133 00:10:28,252 --> 00:10:29,253 Non sei. 134 00:10:32,256 --> 00:10:34,508 Para que fixese todo o que eu quixese. 135 00:10:38,679 --> 00:10:40,556 Sentaba na igrexa… 136 00:10:46,228 --> 00:10:49,231 e pensaba en como sería matar alguén, asasinalo. 137 00:10:51,901 --> 00:10:56,322 Durante un tempo, tiven pesadelos con iso, si. 138 00:10:59,033 --> 00:11:00,618 E non ían de como sería… 139 00:11:01,702 --> 00:11:06,582 matar alguén, porque no pesadelo xa o fixera. 140 00:11:08,167 --> 00:11:11,629 Ían de que matara alguén e non sabía que facer. 141 00:11:13,631 --> 00:11:14,924 Pero non o fixeches. 142 00:11:16,467 --> 00:11:19,720 Os teus xenes non teñen nada de malo, cariño. 143 00:11:19,804 --> 00:11:21,430 É dicir, mira David. 144 00:11:21,972 --> 00:11:25,685 Ten a metade do teu ADN e é un neno bo e normal. 145 00:11:25,768 --> 00:11:26,852 Non cres? 146 00:11:28,688 --> 00:11:29,772 - Si. - Claro. 147 00:11:34,485 --> 00:11:35,695 - Si. - Si. 148 00:12:03,681 --> 00:12:06,642 Señor, non pode estar aquí. Non pode pasar, señor! 149 00:12:11,272 --> 00:12:15,735 Jeff! Ha de estar durmindo arriba. É moi cedo! 150 00:12:15,818 --> 00:12:17,528 - Déixea. - Que fai aquí? 151 00:12:17,611 --> 00:12:19,155 - É a miña nai. - Botádeo. 152 00:12:19,238 --> 00:12:22,074 - Paren de asustala. - Isto é a escena dun crime. 153 00:12:22,158 --> 00:12:24,410 O seu fillo matou xente nesta casa. 154 00:12:24,493 --> 00:12:25,703 - Entende? - Non hai… 155 00:12:25,786 --> 00:12:27,830 Sabe que el está a cooperar, non? 156 00:12:27,913 --> 00:12:30,833 Ten demencia. Se seguen, terá unha crise nerviosa. 157 00:12:30,916 --> 00:12:33,294 Jeff! Baixa. 158 00:12:33,377 --> 00:12:36,839 - Señor? - Por favor, déixenme metela nun cuarto. 159 00:12:36,922 --> 00:12:40,384 Así non os molestamos. Por favor. Vamos, mamá. 160 00:12:43,929 --> 00:12:45,556 Velaquí está a raíña. 161 00:12:48,350 --> 00:12:49,226 Lionel? 162 00:12:51,437 --> 00:12:52,688 Ah, si. 163 00:12:55,691 --> 00:12:56,609 A ver. 164 00:13:06,243 --> 00:13:07,369 Vas ti, mamá. 165 00:13:10,372 --> 00:13:14,585 Hoxe, a cidade de Milwaukee chora. 166 00:13:16,879 --> 00:13:22,343 Os crueis crimes de Jeffrey Dahmer non só consternaron a nación, 167 00:13:22,426 --> 00:13:24,929 senón que abriron unha ferida 168 00:13:25,012 --> 00:13:28,182 dolorosa e devastadora nesta comunidade. 169 00:13:30,351 --> 00:13:32,686 Hai quen me pregunta: 170 00:13:32,770 --> 00:13:37,107 "Reverendo, por que vai ir a Milwaukee? 171 00:13:37,858 --> 00:13:39,151 Xa colleron a Dahmer. 172 00:13:39,235 --> 00:13:42,238 Non vai provocar aínda máis división?" 173 00:13:44,740 --> 00:13:46,575 A esa xente dígolle o seguinte: 174 00:13:47,576 --> 00:13:50,496 non vin hoxe aquí para sementar división, 175 00:13:50,579 --> 00:13:53,666 senón para esixir responsabilidades. 176 00:13:55,501 --> 00:13:58,254 Os crimes de Dahmer non ocorreron nun baleiro. 177 00:13:59,588 --> 00:14:04,844 Moitas persoas, entre elas axentes da lei, miraron para outro lado, 178 00:14:04,927 --> 00:14:09,348 de aí que fose quen de facer o que fixo durante tanto tempo. 179 00:14:10,975 --> 00:14:13,936 Por sorte, contamos cun líder forte, 180 00:14:14,019 --> 00:14:16,105 o xefe de policía Arreola. 181 00:14:16,814 --> 00:14:20,985 O xefe díxome que ten pensado iniciar unha rigorosa investigación 182 00:14:21,068 --> 00:14:22,653 para ver que fallou, 183 00:14:22,736 --> 00:14:26,532 sobre todo no incidente daquel neno tan noviño, 184 00:14:26,615 --> 00:14:28,868 Konerak Sinthasomphone. 185 00:14:30,452 --> 00:14:31,745 Pero vou ser claro. 186 00:14:32,663 --> 00:14:39,295 Non nos imos conformar só con escoitar palabras, verbas de consolo. 187 00:14:39,378 --> 00:14:40,754 - Vale! - Si, aí falou! 188 00:14:40,838 --> 00:14:43,048 Palabras como "sandar", 189 00:14:44,592 --> 00:14:45,718 "serenarse", 190 00:14:47,094 --> 00:14:48,971 "estar unidos". 191 00:14:50,014 --> 00:14:55,394 Esas verbas son todas expresións en clave que significan exactamente o mesmo: 192 00:14:55,936 --> 00:14:58,606 "Vamos varrer para debaixo da alfombra." 193 00:15:00,900 --> 00:15:02,735 Iso non nos vai satisfacer. 194 00:15:02,818 --> 00:15:07,907 Non descansaremos até facermos desaparecer as condicións 195 00:15:07,990 --> 00:15:10,826 que permiten que alguén coma Jeffrey Dahmer 196 00:15:10,910 --> 00:15:15,039 asasine 17 mozos, moitos deles negros e de cor. 197 00:15:15,122 --> 00:15:18,083 Non descansaremos até que prevaleza a xustiza 198 00:15:18,167 --> 00:15:20,836 para todos os habitantes desta cidade. 199 00:15:20,920 --> 00:15:25,633 Non descansaremos até que se substitúan as verbas baleiras por accións decisivas! 200 00:15:25,716 --> 00:15:30,095 Non descansaremos! 201 00:15:37,436 --> 00:15:39,855 Non é xusto, xefe. Non pode suspendernos. 202 00:15:39,939 --> 00:15:41,065 Non fixemos nada. 203 00:15:41,148 --> 00:15:42,274 Non fixeron nada? 204 00:15:42,358 --> 00:15:44,818 Entregaron un menor a un asasino en serie 205 00:15:44,902 --> 00:15:46,570 que acabou matándoo. 206 00:15:46,654 --> 00:15:49,406 Non verificaron a súa identidade nin a idade. 207 00:15:49,490 --> 00:15:52,326 Nin revisaron os antecedentes de Dahmer. 208 00:15:52,409 --> 00:15:54,495 Non vimos necesidade de facelo. 209 00:15:54,578 --> 00:15:58,165 Pois estaba en liberdade condicional por abuso a menores. 210 00:15:58,248 --> 00:16:00,417 O rapaz parecía adulto, de acordo? 211 00:16:00,501 --> 00:16:02,544 Cremos que era un asunto de mozos. 212 00:16:02,628 --> 00:16:05,631 Por iso tiñan que "despiollarse" despois, imaxino. 213 00:16:05,714 --> 00:16:08,008 Dixéronllo á central. Está gravado. 214 00:16:08,092 --> 00:16:09,051 Era unha broma. 215 00:16:09,134 --> 00:16:11,971 E logo está Glenda Cleveland, a veciña de Dahmer. 216 00:16:12,054 --> 00:16:14,390 Di que chamou en múltiples ocasións, 217 00:16:14,473 --> 00:16:15,766 pero que a ignoraron. 218 00:16:15,849 --> 00:16:16,934 De que bando está? 219 00:16:17,017 --> 00:16:19,186 Non é cuestión de bandos. Cagárona. 220 00:16:19,269 --> 00:16:20,688 Teño moita presión. 221 00:16:20,771 --> 00:16:23,148 Teño o alcalde, o pobo, a Jesse Jackson 222 00:16:23,232 --> 00:16:25,442 e o país enteiro enriba de min. 223 00:16:25,526 --> 00:16:27,695 - Debo facer algo. - É o noso xefe. 224 00:16:27,778 --> 00:16:29,321 Debería mirar por nós. 225 00:16:31,073 --> 00:16:34,868 Estarán de permiso retribuído mentres o comité investiga. 226 00:16:34,952 --> 00:16:37,162 Logo tomaremos a decisión definitiva. 227 00:16:41,875 --> 00:16:45,421 Sabe? Os representantes do sindicato van loitar contra isto. 228 00:16:46,380 --> 00:16:48,257 Non pode despedirnos, créame. 229 00:16:49,299 --> 00:16:52,177 Habemos estar aquí moito máis tempo que vostede. 230 00:16:57,307 --> 00:17:00,144 Pensaba que Jeffrey Dahmer ía comelo? 231 00:17:00,936 --> 00:17:01,812 Si. 232 00:17:03,939 --> 00:17:04,898 Pensaba, si. 233 00:17:07,568 --> 00:17:09,236 Quería comerme o corazón. 234 00:17:10,904 --> 00:17:11,905 Terrorífico. 235 00:17:13,073 --> 00:17:14,783 Este home é Tracy Edwards. 236 00:17:14,867 --> 00:17:17,786 Estivo a piques de ser a última vítima de Dahmer. 237 00:17:18,579 --> 00:17:21,081 Grazas por contar a súa historia, Tracy. 238 00:17:21,165 --> 00:17:23,792 O seguinte invitado era amigo da infancia 239 00:17:23,876 --> 00:17:27,671 de Dahmer e aceptou vir a cambio de manter o seu anonimato. 240 00:17:27,755 --> 00:17:30,841 Ten unha historia exclusiva para o noso programa. 241 00:17:30,924 --> 00:17:32,342 Chamarémolo Nick. 242 00:17:33,093 --> 00:17:34,803 Grazas por vir ao programa. 243 00:17:35,429 --> 00:17:36,972 É un pracer estar aquí. 244 00:17:42,603 --> 00:17:44,271 Como o coñeceu? 245 00:17:44,813 --> 00:17:48,108 - Encargabámonos do anuario. Jeff non fixo o anuario. 246 00:17:48,192 --> 00:17:51,904 E onde tivo lugar esa actividade sexual? 247 00:17:53,030 --> 00:17:53,989 Na súa casa. 248 00:17:55,199 --> 00:17:56,742 Coñeceu a súa familia? 249 00:17:56,825 --> 00:18:00,704 Ah, si. Tiña unha madrasta que era… 250 00:18:00,788 --> 00:18:04,333 Era como se saíse do mesmo inferno. Berráballe todo o tempo… 251 00:18:05,209 --> 00:18:06,085 Todo mentiras. 252 00:18:06,168 --> 00:18:08,504 A segunda muller de Lionel, Shari. 253 00:18:09,213 --> 00:18:12,049 Díxome… 254 00:18:12,132 --> 00:18:14,927 Contoume que… 255 00:18:16,428 --> 00:18:18,889 o seu pai abusara del. 256 00:18:20,057 --> 00:18:21,350 Xa me chegou disto. 257 00:18:21,975 --> 00:18:24,269 Nick, Jeffrey Dahmer dixo… 258 00:18:24,853 --> 00:18:26,271 Iso non é verdade. 259 00:18:26,355 --> 00:18:29,108 Non, claro que non! Nada diso é verdade! 260 00:18:29,191 --> 00:18:30,776 Cariño, que lle vas facer? 261 00:18:30,859 --> 00:18:33,195 Non sei. 262 00:18:33,862 --> 00:18:35,114 Teño que facer algo. 263 00:18:38,283 --> 00:18:39,159 O que? 264 00:18:44,790 --> 00:18:47,417 Saes na portada de Newsweek e People. 265 00:18:47,501 --> 00:18:50,212 HORROR EN MILWAUKEE ASASINO EN SERIE DESCUBERTO 266 00:18:53,340 --> 00:18:54,216 Ostras. 267 00:18:56,593 --> 00:18:57,469 Vale. 268 00:19:00,264 --> 00:19:04,268 Podo levalas para lelas? 269 00:19:04,351 --> 00:19:05,602 Non, non podes. 270 00:19:12,860 --> 00:19:14,194 Que din? 271 00:19:14,278 --> 00:19:16,822 Que que din? Pois nada bo, Jeff. 272 00:19:17,865 --> 00:19:19,950 Din que es o Caníbal de Milwaukee. 273 00:19:20,784 --> 00:19:23,036 A xente quere matarte. Quérente morto. 274 00:19:24,705 --> 00:19:26,957 Que ben, pois igual ca min. 275 00:19:27,040 --> 00:19:28,750 Non, non queres iso. 276 00:19:28,834 --> 00:19:31,295 En Wisconsin non hai pena de morte. 277 00:19:32,462 --> 00:19:36,008 Pero están falando de volvela instaurar por min, non si? 278 00:19:36,091 --> 00:19:39,386 Non, Jeff. Saca iso da cabeza. Non. 279 00:19:41,805 --> 00:19:42,681 Mira, 280 00:19:43,348 --> 00:19:45,767 non beneficia a ninguén 281 00:19:45,851 --> 00:19:48,353 que pases o resto da túa vida no cárcere. 282 00:19:48,437 --> 00:19:50,147 De acordo? Precisas axuda. 283 00:19:50,731 --> 00:19:52,900 E só hai unha forma de facermos iso. 284 00:19:52,983 --> 00:19:54,276 Exacto, si. 285 00:19:55,068 --> 00:19:57,821 Para poderes ter a axuda que precisas, 286 00:19:57,905 --> 00:20:00,866 debemos convencer o xuíz de que estás tolo, Jeff. 287 00:20:03,327 --> 00:20:04,620 Pero non estou tolo. 288 00:20:05,162 --> 00:20:07,456 Pois no momento dos asasinatos, logo. 289 00:20:09,791 --> 00:20:12,544 - Tampouco o estaba entón. - Xesús… Veña, Jeff. 290 00:20:13,921 --> 00:20:15,923 Mataches persoas e abríchelas. 291 00:20:16,006 --> 00:20:17,216 Fodíchelas. 292 00:20:18,175 --> 00:20:21,136 Tiñas que parar de desmembralas para te masturbar. 293 00:20:21,220 --> 00:20:24,723 Pero non estaba tolo. Era só como unha compulsión. 294 00:20:24,806 --> 00:20:27,226 Vale, ben, tiñas unha compulsión, 295 00:20:27,309 --> 00:20:29,478 o cal implica que non podías parar. 296 00:20:29,561 --> 00:20:31,271 Si, Jeff. Veña. 297 00:20:32,064 --> 00:20:35,609 Veña, falaches de demos. Dixeches que estabas posuído. 298 00:20:35,692 --> 00:20:40,280 Dixeches que espertabas e que non lembrabas o que fixeras. 299 00:20:40,364 --> 00:20:42,407 Estaba peneco perdido, papá. 300 00:20:43,116 --> 00:20:45,160 Por iso non lembraba cousas. 301 00:20:46,453 --> 00:20:48,121 Pero sabía o que facía. 302 00:20:49,373 --> 00:20:50,666 Non quería, pero… 303 00:20:53,085 --> 00:20:54,378 non podía evitalo. 304 00:20:56,672 --> 00:20:57,923 Non estou tolo. 305 00:20:58,674 --> 00:21:00,384 Non. Jeff, non. 306 00:21:02,511 --> 00:21:05,722 Non vas dicir iso no xuízo. É que… Non o vas dicir. 307 00:21:06,640 --> 00:21:07,599 Porque 308 00:21:09,059 --> 00:21:10,894 agora temos algo, vale? 309 00:21:10,978 --> 00:21:12,646 Hai un precedente xurídico. 310 00:21:13,981 --> 00:21:17,567 Hai un caso dun home… É un caso moi parecido ao teu. 311 00:21:17,651 --> 00:21:18,860 E non foi moi lonxe. 312 00:21:19,945 --> 00:21:22,739 Este tipo fixo algo moi parecido ao teu. 313 00:21:23,240 --> 00:21:26,493 Pasou hai xa tempo, cando eu era neno. 314 00:21:26,576 --> 00:21:27,869 Foi en Plainfield. 315 00:21:28,704 --> 00:21:32,416 - O 16 de novembro de 1957. - No 57. 316 00:21:34,626 --> 00:21:36,670 A dona da ferraxaría desapareceu. 317 00:21:36,753 --> 00:21:38,880 Ninguén sabía onde estaba. 318 00:21:39,965 --> 00:21:44,761 O seu fillo díxolle á policía que un home chamado Ed Gein 319 00:21:45,262 --> 00:21:47,889 estivera alí a tarde do día anterior. 320 00:21:49,349 --> 00:21:50,767 Foron á súa casa. 321 00:21:53,687 --> 00:21:54,521 Baleira. 322 00:21:56,315 --> 00:21:59,609 Andaron até a parte de atrás e encontraron un caseto. 323 00:22:06,033 --> 00:22:07,200 Meu Deus… 324 00:22:07,284 --> 00:22:09,244 Xesús bendito. 325 00:22:10,620 --> 00:22:12,289 Atoparon o corpo da muller, 326 00:22:12,956 --> 00:22:15,125 todo cortado, pendurado das vigas. 327 00:22:15,876 --> 00:22:16,918 Arrestárono. 328 00:22:18,211 --> 00:22:20,172 Non dixo nin unha palabra. 329 00:22:22,049 --> 00:22:25,594 Pasou 30 horas seguidas sentado alí. 330 00:22:27,637 --> 00:22:29,056 Ao final, abriu a boca. 331 00:22:30,682 --> 00:22:32,392 Quero unha empanada de mazá 332 00:22:33,268 --> 00:22:35,062 e un lisco de queixo. 333 00:22:35,145 --> 00:22:36,188 Empezou a falar. 334 00:22:37,647 --> 00:22:39,274 Rexistraron a casa. 335 00:22:40,484 --> 00:22:43,153 Atoparon unha cabeza de muller nun saco 336 00:22:43,236 --> 00:22:46,448 e partes de corpos por todos os lados. 337 00:22:48,992 --> 00:22:51,161 Había cuncas feitas con cranios. 338 00:22:52,329 --> 00:22:54,539 Tiña cranios na cabeceira da cama. 339 00:22:55,749 --> 00:22:57,918 Tapizara as cadeiras 340 00:22:58,001 --> 00:22:59,461 con pel humana. 341 00:23:00,670 --> 00:23:02,214 E igual ca ti, 342 00:23:02,297 --> 00:23:04,633 Jeff… Dixeches que unha vez… 343 00:23:06,009 --> 00:23:07,844 tentaches desenterrar un corpo. 344 00:23:08,470 --> 00:23:09,304 Só unha vez. 345 00:23:09,388 --> 00:23:10,972 Pois resulta que este tipo 346 00:23:11,681 --> 00:23:15,143 desenterrou como 30 ou 40 cadáveres. 347 00:23:15,227 --> 00:23:16,520 Ah, vaia. 348 00:23:16,603 --> 00:23:18,730 Miraron nos cadaleitos. Baleiros. 349 00:23:19,314 --> 00:23:23,693 E cando facía estas cousas estaba como atordado. 350 00:23:23,777 --> 00:23:28,698 Logo é como se espertase e non lembraba o que pasara. 351 00:23:29,449 --> 00:23:31,618 Fodía cos corpos que desenterraba? 352 00:23:31,701 --> 00:23:35,122 Vale. Mira, Jeff, Ed Gein… Vale… 353 00:23:36,248 --> 00:23:41,002 O tema é que tamén matou moita xente, si? Iso ninguén o nega. 354 00:23:41,086 --> 00:23:44,005 Pero declarouse non culpábel 355 00:23:44,089 --> 00:23:47,300 por alienación mental e non pasou toda a vida preso. 356 00:23:47,384 --> 00:23:50,554 Pasou o resto da súa vida nun hospital, 357 00:23:50,637 --> 00:23:53,348 recibindo a axuda psiquiátrica que precisaba. 358 00:23:53,432 --> 00:23:54,266 Ves? 359 00:23:54,349 --> 00:23:56,643 Podemos lograr o mesmo para ti, Jeff. 360 00:24:03,483 --> 00:24:05,819 Si que me soa. 361 00:24:06,653 --> 00:24:07,612 O que? 362 00:24:10,073 --> 00:24:11,658 Lin sobre el. 363 00:24:14,202 --> 00:24:17,789 Creo que era un cómic o que lin del. 364 00:24:19,040 --> 00:24:20,917 Perdoa, dixeches un cómic? 365 00:24:22,210 --> 00:24:26,840 Si, un da revista esa de historias raras, Weird Tales. 366 00:24:26,923 --> 00:24:27,966 Cousas de medo. 367 00:24:31,595 --> 00:24:33,472 Lembro a portada, creo. 368 00:24:34,556 --> 00:24:36,641 Un puto cómic. 369 00:24:36,725 --> 00:24:39,603 Xa sabemos quen ten a culpa. É toda a cultura. 370 00:24:39,686 --> 00:24:41,646 - Si. - Quen fai un cómic así? 371 00:24:41,730 --> 00:24:43,190 - Isto é… - Señor Dahmer. 372 00:24:43,273 --> 00:24:47,194 Ten que entender o peso que ten 373 00:24:47,277 --> 00:24:49,029 representar alguén coma Jeff. 374 00:24:49,613 --> 00:24:51,198 Temos que centrarnos. 375 00:24:51,281 --> 00:24:53,992 Debemos alegar alienación mental. 376 00:24:54,659 --> 00:24:56,995 E haberá que pasar igual polo xuízo? 377 00:24:57,078 --> 00:24:59,956 Si, e penso que debemos centrarnos niso. 378 00:25:00,040 --> 00:25:03,084 Non cuestionamos que os asasinatos fosen horríbeis. 379 00:25:03,752 --> 00:25:05,295 Iso favorécenos no caso. 380 00:25:05,795 --> 00:25:11,176 O xurado determinou que o señor Dahmer estaba en pleno uso das súas facultades 381 00:25:11,259 --> 00:25:13,386 e non sufría alienación mental 382 00:25:14,221 --> 00:25:18,141 con respecto aos 15 cargos de asasinato 383 00:25:18,225 --> 00:25:20,519 en primeiro grao que confesou. 384 00:25:31,780 --> 00:25:33,990 O tribunal está en receso até o luns, 385 00:25:34,074 --> 00:25:36,576 momento no que os familiares das vítimas 386 00:25:36,660 --> 00:25:38,828 poderán declarar ante o tribunal. 387 00:26:12,237 --> 00:26:15,115 E xa está? Marchas, eh? 388 00:26:22,581 --> 00:26:23,999 Que queres que diga? 389 00:26:24,082 --> 00:26:26,710 Igual podías asumir a túa responsabilidade. 390 00:26:26,793 --> 00:26:27,752 Lionel. 391 00:26:27,836 --> 00:26:30,964 - Responsabilidade? Que queres dicir? - O que dixen. 392 00:26:31,047 --> 00:26:33,174 Insinúas que isto é culpa miña? 393 00:26:33,258 --> 00:26:34,301 Non, non di iso. 394 00:26:34,384 --> 00:26:37,345 Até agora, asumín eu a culpa disto. 395 00:26:37,429 --> 00:26:39,222 Ti liches o que din de min? 396 00:26:39,306 --> 00:26:41,266 Non che oín dicir unha palabra 397 00:26:41,349 --> 00:26:43,518 sobre as mentiras que din de min. 398 00:26:43,602 --> 00:26:46,479 Non sei que carallo lle facías cando non estaba. 399 00:26:46,563 --> 00:26:47,897 Ai, si? 400 00:26:47,981 --> 00:26:49,399 Dis que é culpa miña? 401 00:26:50,483 --> 00:26:53,069 Pois non é culpa miña, fillo de puta! 402 00:26:53,153 --> 00:26:54,195 Non é de ninguén. 403 00:26:54,279 --> 00:26:56,698 Pensas que fun eu, 404 00:26:56,781 --> 00:27:01,036 cando eras ti o que disecaba animais con el no puto garaxe, Lionel? 405 00:27:01,119 --> 00:27:04,247 Así, Joyce, fuxe, igual que fuxiches do teu fillo. 406 00:27:04,331 --> 00:27:05,373 Lionel. 407 00:27:05,457 --> 00:27:08,918 Aínda tomas a merda das pastillas, non? Cantas son agora? 408 00:27:09,002 --> 00:27:10,295 Lionel! Para! 409 00:27:11,004 --> 00:27:12,380 Para. 410 00:27:13,256 --> 00:27:16,217 Vale, síntoo. Ai, Deus, perdóame. 411 00:27:16,301 --> 00:27:18,011 - Síntoo. - Non pasa nada. 412 00:27:18,970 --> 00:27:20,096 Síntoo moito. 413 00:27:50,377 --> 00:27:51,378 Podo axudala? 414 00:27:52,295 --> 00:27:53,421 Señora Straughter? 415 00:27:53,505 --> 00:27:54,422 Si. 416 00:27:55,048 --> 00:27:57,634 - Son Joyce Flint. Son… - Sei quen é. 417 00:27:59,094 --> 00:28:02,180 Está a súa filla Dorothy, a nai de Curtis? 418 00:28:02,263 --> 00:28:04,849 Non. Que é o que quere, señora Flint? 419 00:28:06,226 --> 00:28:08,937 Antes de nada, déixeme… 420 00:28:10,438 --> 00:28:13,650 desculparme de corazón polo que pasou. 421 00:28:15,610 --> 00:28:16,903 Polo que lle fixo 422 00:28:18,446 --> 00:28:21,616 o meu fillo ao seu neto Curtis. 423 00:28:22,325 --> 00:28:25,704 Sei que non hai nada que poida dicir. 424 00:28:27,997 --> 00:28:29,165 É imperdoábel. 425 00:28:30,417 --> 00:28:32,544 Por que está aquí, señora Flint? 426 00:28:38,425 --> 00:28:41,219 Vin aquí porque 427 00:28:42,345 --> 00:28:45,974 esperaba poder falar con vostede ou coa súa filla, 428 00:28:47,517 --> 00:28:48,727 como nai. 429 00:28:50,729 --> 00:28:52,480 Quería preguntar se… 430 00:28:54,983 --> 00:28:58,903 se algunha das dúas estaría disposta 431 00:28:58,987 --> 00:29:01,573 a dicir algo no xuízo mañá 432 00:29:02,073 --> 00:29:03,658 a favor de Jeff. 433 00:29:03,742 --> 00:29:05,535 A favor de Jeff? 434 00:29:07,704 --> 00:29:12,709 Para que o xuíz considere mandalo a un centro psiquiátrico 435 00:29:12,792 --> 00:29:14,502 e non ao cárcere. 436 00:29:16,045 --> 00:29:18,339 Quere que lle perdoemos ao seu fillo? 437 00:29:19,424 --> 00:29:21,384 Que llo pidamos ao xuíz? 438 00:29:21,468 --> 00:29:22,343 Non. 439 00:29:27,682 --> 00:29:29,017 Síntoo por vostede. 440 00:29:29,934 --> 00:29:31,394 De verdade. 441 00:29:32,687 --> 00:29:35,899 Quere que se escoite a súa verdade como nai, enténdoo. 442 00:29:37,025 --> 00:29:40,195 Pero se cadra é hora de que escoite a verdade doutros. 443 00:29:41,446 --> 00:29:42,447 Comprende? 444 00:29:45,033 --> 00:29:47,076 Escoitemos a primeira declaración. 445 00:29:56,336 --> 00:30:00,381 A miña familia e mais eu chegamos a este país en barco. 446 00:30:07,263 --> 00:30:10,433 Eramos pobres, pero tiñamos esperanza. 447 00:30:13,144 --> 00:30:14,521 O soño americano. 448 00:30:15,730 --> 00:30:17,649 Criamos no soño americano. 449 00:30:26,741 --> 00:30:29,911 Pero agora estamos vivindo un pesadelo. 450 00:30:35,416 --> 00:30:37,794 E todo por culpa de Jeffrey Dahmer. 451 00:30:44,300 --> 00:30:46,427 Arrebatounos o noso fillo, Konerak. 452 00:30:51,724 --> 00:30:53,643 Arrebatounos o noso soño. 453 00:31:00,692 --> 00:31:04,279 Chámome Shirley Hughes e son a nai de Tony Hughes. 454 00:31:05,572 --> 00:31:08,157 Gustaríame dicirlle a Jeffrey Dahmer 455 00:31:09,200 --> 00:31:13,121 que non coñece a dor, o sufrimento, a perda 456 00:31:14,038 --> 00:31:17,208 e o estado mental que inflixiu na nosa familia. 457 00:31:18,042 --> 00:31:23,298 Gustaríame ler un poema que escribiu un bo amigo do meu fillo. 458 00:31:25,216 --> 00:31:28,136 "Por que me atacas, Jeffrey? 459 00:31:28,219 --> 00:31:29,929 Pensei que eramos amigos. 460 00:31:30,638 --> 00:31:34,309 Por que son unha vítima do teu mundo cruel e malvado? 461 00:31:34,392 --> 00:31:36,686 Mira as bágoas que me caen pola cara. 462 00:31:36,769 --> 00:31:42,025 Repara en que cada unha delas é un berro de auxilio e que quero vivir. 463 00:31:42,108 --> 00:31:44,360 Que che fixen eu a ti 464 00:31:44,444 --> 00:31:47,780 para que te converteses nun maniático, nun demo?" 465 00:31:48,364 --> 00:31:50,909 Por que lle pasou isto a alguén coma Eddie? 466 00:31:53,161 --> 00:31:55,496 Daba tanto e pedía tan pouco… 467 00:31:57,624 --> 00:32:00,168 Só quería unha oportunidade de ser el mesmo. 468 00:32:02,295 --> 00:32:03,796 Ao matar o meu irmán 469 00:32:03,880 --> 00:32:05,965 mataches 470 00:32:07,175 --> 00:32:10,178 a miña nai e o meu pai. 471 00:32:10,803 --> 00:32:11,930 Señoría, rógolle 472 00:32:12,013 --> 00:32:17,644 que non permita que este home volva pisar unha rúa ou ver a luz do sol. 473 00:32:20,355 --> 00:32:21,564 Bo día, señoría. 474 00:32:21,648 --> 00:32:23,483 Chámome Donald Bradehoft. 475 00:32:25,568 --> 00:32:26,569 Son o… 476 00:32:28,237 --> 00:32:29,822 Da familia Bradehoft. 477 00:32:32,075 --> 00:32:35,119 No que respecta ao amor na miña familia, 478 00:32:36,579 --> 00:32:39,999 a miña nai tivo cinco fillos fermosos. 479 00:32:42,627 --> 00:32:43,544 Perdemos… 480 00:32:45,213 --> 00:32:48,257 El destruíu o bebé da familia. 481 00:32:49,759 --> 00:32:51,219 Oxalá acabes no inferno! 482 00:32:53,429 --> 00:32:55,014 Amo este mundo. 483 00:32:55,515 --> 00:32:58,851 Fixestes un traballo estupendo. 484 00:32:58,935 --> 00:33:01,938 Grazas de corazón. Louvado sexa Deus. 485 00:33:02,438 --> 00:33:03,564 Teño moita forza. 486 00:33:08,403 --> 00:33:09,487 Grazas a todos. 487 00:33:11,739 --> 00:33:13,157 Deus bendiga os EUA. 488 00:33:13,658 --> 00:33:18,371 Nunca vou poder dicirlle outra vez que o quería. 489 00:33:19,747 --> 00:33:23,459 Arrebatácheslle á miña nai o seu neto máis vello. 490 00:33:23,543 --> 00:33:26,713 Nunca cho poderei perdoar. 491 00:33:27,213 --> 00:33:28,798 "Mamá, xa non estou. 492 00:33:29,465 --> 00:33:33,845 Sei que hai un dragón que che perfora o corazón día e noite por isto, 493 00:33:33,928 --> 00:33:36,014 pero non estou lonxe. 494 00:33:37,557 --> 00:33:40,309 Maimiño, índice e polgar. 495 00:33:41,352 --> 00:33:44,022 Significa 'quérote' en lingua de signos. 496 00:33:45,231 --> 00:33:46,733 Cando chores, mamá, 497 00:33:47,567 --> 00:33:50,945 deixa unha bágoa na repisa da fiestra, 498 00:33:51,029 --> 00:33:54,198 que cando pase por alí cambiareina por unha miña. 499 00:33:55,158 --> 00:33:57,368 Así estarei sempre contigo. 500 00:33:58,619 --> 00:34:00,621 Maimiño, índice e polgar. 501 00:34:01,247 --> 00:34:02,623 O teu fillo, Tony." 502 00:34:18,723 --> 00:34:20,183 Chámome Rita Isbell 503 00:34:20,266 --> 00:34:22,935 e son a irmá máis vella de Errol Lindsay. 504 00:34:23,436 --> 00:34:26,647 Je… Como sexa que te chames, Satán. 505 00:34:27,648 --> 00:34:29,067 Estou cabreada! 506 00:34:29,150 --> 00:34:32,028 Así é como actúas cando perdes o control? 507 00:34:32,528 --> 00:34:35,948 Non quero volver ver a miña nai pasar por isto nunca máis! 508 00:34:36,032 --> 00:34:37,116 Nunca, Jeffrey! 509 00:34:37,200 --> 00:34:40,620 Jeffrey, ódiote, fillo de mil putas! 510 00:34:40,703 --> 00:34:41,829 Ódiote! 511 00:34:41,913 --> 00:34:43,790 Isto é perder o control! 512 00:34:44,290 --> 00:34:46,876 Non me toques os collóns, porque te mato! 513 00:34:46,959 --> 00:34:49,921 Mírame! Mira para min, cacho cabrón! 514 00:34:51,255 --> 00:34:54,634 Señor Dahmer, antes de que dite sentenza, 515 00:34:54,717 --> 00:34:58,096 ten unha declaración para ler, non si? 516 00:34:58,179 --> 00:34:59,305 Teño, señoría. 517 00:35:26,415 --> 00:35:29,627 "Señoría, xa rematou todo. 518 00:35:30,837 --> 00:35:33,798 Este nunca foi un caso no que tentase saír libre. 519 00:35:35,049 --> 00:35:36,843 Nunca quixen a liberdade. 520 00:35:37,718 --> 00:35:39,846 Sinceramente, desexaba a morte. 521 00:35:41,722 --> 00:35:45,601 Este era un caso para dicirlle ao mundo que fixen o que fixen 522 00:35:45,685 --> 00:35:47,311 non por razóns de odio. 523 00:35:47,812 --> 00:35:49,063 Non odiaba ninguén. 524 00:35:49,647 --> 00:35:52,984 Sabía que estaba enfermo, que era malo ou ambas cousas. 525 00:35:53,693 --> 00:35:55,278 Creo que estaba enfermo. 526 00:35:56,237 --> 00:35:58,948 Os doutores faláronme da miña enfermidade 527 00:35:59,031 --> 00:36:01,033 e agora teño algo de paz. 528 00:36:01,868 --> 00:36:03,870 Ben sei canto dano causei 529 00:36:04,370 --> 00:36:08,541 e despois do arresto intentei facer todo o posíbel por emendalo, 530 00:36:09,041 --> 00:36:10,668 mais, faga o que faga, 531 00:36:11,169 --> 00:36:13,963 non podo desfacer a terríbel dor que causei. 532 00:36:14,463 --> 00:36:19,468 Axudar a identificar os restos era o mínimo que podía facer 533 00:36:19,969 --> 00:36:21,804 e, mesmo así, non foi nada. 534 00:36:22,471 --> 00:36:25,641 Sinto moito o que lle fixen a esas pobres familias 535 00:36:26,309 --> 00:36:28,644 e entendo a súa máis que xusta ira. 536 00:36:29,687 --> 00:36:32,356 Sei que pasarei o resto da miña vida preso…" 537 00:36:42,617 --> 00:36:45,203 Estamos no Pazo de Xustiza de Milwaukee, 538 00:36:45,286 --> 00:36:48,164 onde, hai só uns segundos, o xuíz Laurence Gram 539 00:36:48,247 --> 00:36:53,711 sentenciou a Jeffrey Dahmer a 15 cadeas perpetuas consecutivas, 540 00:36:53,794 --> 00:36:56,797 unha por cada persoa que matou. 541 00:36:56,881 --> 00:36:58,090 Estás ben, mamá? 542 00:37:00,843 --> 00:37:03,221 Si, estou ben. 543 00:37:03,971 --> 00:37:07,016 Encerramos ese cabrón. Encerrámolo. 544 00:37:07,934 --> 00:37:10,186 E non vai saír nunca. 545 00:37:25,326 --> 00:37:27,787 Supoño que levei o meu merecido, eh? 546 00:37:29,080 --> 00:37:30,122 Ai, fillo. 547 00:37:34,919 --> 00:37:36,379 - Está ben, papá. - Si. 548 00:37:36,462 --> 00:37:37,588 Intentámolo. 549 00:37:37,672 --> 00:37:43,052 Escoita, sei que só temos uns minutos, así que teño que dicirche unha cousa. 550 00:37:46,097 --> 00:37:48,349 Estiven mirando por todas partes 551 00:37:48,432 --> 00:37:50,601 para atopar o responsábel disto, 552 00:37:51,102 --> 00:37:54,063 culpando a todo o mundo menos a min mesmo. 553 00:37:55,648 --> 00:37:59,151 Pero fun eu. A culpa é miña. 554 00:37:59,235 --> 00:38:00,903 - Non digas iso. - Meu rei… 555 00:38:00,987 --> 00:38:03,531 Cala, Jeff. Ti escóitame. 556 00:38:04,031 --> 00:38:05,700 Fun eu. Eu fíxenche isto. 557 00:38:05,783 --> 00:38:09,370 Todo o tema dos animais mortos… Non o debín facer. 558 00:38:09,453 --> 00:38:11,497 Non debín aprenderche a facelo. 559 00:38:11,580 --> 00:38:15,710 E as túas fantasías de matar xente e así… 560 00:38:15,793 --> 00:38:20,506 Debín facerche sentir que mo podías contar. 561 00:38:21,007 --> 00:38:21,924 Entendes? 562 00:38:24,510 --> 00:38:27,930 Porque eu tamén tiven eses sentimentos. 563 00:38:31,142 --> 00:38:33,269 E transmitinche esa parte de min. 564 00:38:39,567 --> 00:38:45,656 E nunca che axudei… o suficiente cando o precisabas. 565 00:38:45,740 --> 00:38:48,200 Ao ires preso, escribín unha carta. 566 00:38:48,284 --> 00:38:50,578 Dicíalle ao xuíz que precisabas axuda, 567 00:38:50,661 --> 00:38:54,623 pero deixeino aí, e non foi suficiente, e… 568 00:38:57,460 --> 00:38:59,086 Non fun un bo pai. 569 00:39:01,130 --> 00:39:03,174 Non, tampouco fun un bo esposo. 570 00:39:03,758 --> 00:39:07,136 E non te sentías seguro. 571 00:39:12,308 --> 00:39:13,601 Abandoneite. 572 00:39:13,684 --> 00:39:15,895 Non podo crer que te abandonase. 573 00:39:17,063 --> 00:39:20,441 Ai… Perdóame por abandonarte. 574 00:39:20,524 --> 00:39:21,359 É a hora. 575 00:39:21,442 --> 00:39:24,820 Nunca mo vou perdoar. 576 00:39:25,696 --> 00:39:28,449 Pero non te vou volver abandonar. 577 00:39:28,532 --> 00:39:32,119 Prométoo, fillo. Compensareicho. 578 00:39:32,203 --> 00:39:35,498 Visitareite todas as semanas e chamareite. 579 00:39:46,133 --> 00:39:49,053 Sabía desde hai moito que isto ía pasar. 580 00:39:50,221 --> 00:39:52,431 Hai tantas cousas que preciso dicir 581 00:39:53,974 --> 00:39:57,103 que me resulta imposíbel atopar as palabras, 582 00:39:58,187 --> 00:40:00,564 porque todo é horríbel. 583 00:40:02,650 --> 00:40:05,861 Non hai verbas para expresar a miña pena. 584 00:40:08,864 --> 00:40:13,869 Intento asumir a responsabilidade que tiven en todo isto, 585 00:40:14,370 --> 00:40:17,206 mais facelo é demasiado doloroso. 586 00:40:19,667 --> 00:40:22,169 Porén, negar que tiven algo que ver 587 00:40:22,837 --> 00:40:25,756 é un consolo que non me podo permitir, 588 00:40:26,882 --> 00:40:29,093 porque sei que non é verdade. 589 00:40:31,762 --> 00:40:33,389 Falleiche, Jeff. 590 00:40:34,014 --> 00:40:37,726 Sinto non ter sido a nai que precisabas. 591 00:40:39,186 --> 00:40:43,524 Xa non estou disposta a seguir vivindo con esa culpa. 592 00:40:44,817 --> 00:40:47,445 A todas as vítimas de Jeff, 593 00:40:47,528 --> 00:40:51,824 non podo expresar a magnitude do meu arrepentimento, 594 00:40:52,366 --> 00:40:55,244 así que é inútil intentalo sequera. 595 00:40:56,745 --> 00:41:01,000 Ao meu fillo David, espero que me perdoes. 596 00:41:01,083 --> 00:41:04,044 Fuches quen de estar por enriba de todo isto. 597 00:41:04,670 --> 00:41:07,548 Sinto que non fose o meu caso. 598 00:41:08,215 --> 00:41:10,593 Quérovos a ti e o teu irmán. 599 00:41:13,387 --> 00:41:15,264 Fixen o que puiden. 600 00:41:25,149 --> 00:41:26,108 Meu amor… 601 00:41:26,192 --> 00:41:28,486 Agarda. Estou na metade do capítulo. 602 00:41:29,153 --> 00:41:30,988 Cando Jeff era… 603 00:41:31,489 --> 00:41:33,616 Lembras o Nadal antes do exército? 604 00:41:33,699 --> 00:41:34,658 Si, pero… 605 00:41:34,742 --> 00:41:36,285 Un segundiño. 606 00:41:39,288 --> 00:41:42,082 Como non caín en que, desde o principio, 607 00:41:42,583 --> 00:41:44,793 o que tiña que facer era escribir? 608 00:41:46,378 --> 00:41:47,838 Creo que se me dá ben. 609 00:41:47,922 --> 00:41:51,342 Lionel, acaba de chamar David. 610 00:41:51,425 --> 00:41:52,718 Ela está ben, 611 00:41:53,552 --> 00:41:56,305 pero díxome que Joyce intentou suicidarse. 612 00:41:57,765 --> 00:41:59,058 Ai, Señor. 613 00:42:00,768 --> 00:42:02,019 Ai, Señor. 614 00:42:06,398 --> 00:42:07,274 Pero está ben? 615 00:42:08,692 --> 00:42:09,568 Está. 616 00:42:10,236 --> 00:42:11,070 Vale. 617 00:42:13,739 --> 00:42:14,782 Chamareino. 618 00:42:30,756 --> 00:42:31,757 Grazas, rapaces. 619 00:42:33,676 --> 00:42:35,761 É un pracer volver ao corpo. 620 00:42:36,262 --> 00:42:38,597 Grazas polo voso apoio. 621 00:42:39,974 --> 00:42:42,643 Significa moito e… 622 00:42:44,103 --> 00:42:46,438 presta saber que alguén mira por ti. 623 00:42:46,522 --> 00:42:47,648 - Si! - Si! 624 00:42:50,401 --> 00:42:51,694 - Grazas. - Grazas. 625 00:42:51,777 --> 00:42:54,238 - Que ben velo, señor. Como está? - Bobby! 626 00:42:54,321 --> 00:42:56,574 Grazas por chamar, alcalde. 627 00:42:58,284 --> 00:42:59,952 Si, eu tamén. 628 00:43:03,789 --> 00:43:04,832 Que foi? 629 00:43:05,624 --> 00:43:11,088 Os dous policías que deixaron que Konerak volvese ao piso de Jeffrey Dahmer 630 00:43:12,172 --> 00:43:13,966 acaban de ser readmitidos. 631 00:43:14,049 --> 00:43:14,925 Como? 632 00:43:15,759 --> 00:43:17,720 Un tirón de orellas e xa está? 633 00:43:17,803 --> 00:43:20,055 O alcalde di que recorrerá a decisión. 634 00:43:20,139 --> 00:43:21,807 E se iso non funciona que? 635 00:43:23,267 --> 00:43:24,518 Nese caso… 636 00:43:26,228 --> 00:43:27,730 a pola seguinte batalla. 637 00:43:29,315 --> 00:43:30,649 E a pola seguinte. 638 00:43:34,778 --> 00:43:35,904 E a seguinte. 639 00:45:50,664 --> 00:45:53,584 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso