1 00:00:06,423 --> 00:00:09,342 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:16,641 --> 00:00:19,310 MILWAUKEE, WISCONSIN 1960 3 00:00:35,201 --> 00:00:36,619 Ai, mírao! 4 00:00:37,829 --> 00:00:39,205 Mira para el! 5 00:00:40,290 --> 00:00:42,792 - Ben feito! - Moi ben. 6 00:00:51,009 --> 00:00:52,135 Fixéchelo moi ben! 7 00:00:52,218 --> 00:00:54,721 Ai, Shirley, é perfecto. 8 00:00:54,804 --> 00:00:56,181 Parabéns, rapaces. 9 00:00:57,098 --> 00:00:59,768 Meu Deus, Shirley. É perfecto. 10 00:00:59,851 --> 00:01:03,063 Si, Tony, es perfecto. 11 00:01:22,749 --> 00:01:24,501 DR. LARRY WEEKS PEDIATRA 12 00:01:25,960 --> 00:01:28,671 Señora Hughes? Pase a que a atenda o doutor. 13 00:01:37,847 --> 00:01:39,432 Sabía que lle pasaba algo. 14 00:01:39,974 --> 00:01:42,560 Nestas últimas semanas non responde ben. 15 00:01:43,061 --> 00:01:45,230 Cando trataron a Tony da pneumonía, 16 00:01:45,313 --> 00:01:48,358 parece que o seu obstetra lle receitou antibióticos. 17 00:01:48,441 --> 00:01:50,902 Si, ampicilina e… 18 00:01:52,028 --> 00:01:54,405 - Xentamicina. - Xentamicina, si. 19 00:01:54,489 --> 00:01:56,783 O doutor dixo que era o máis efectivo. 20 00:01:56,866 --> 00:02:00,787 Normalmente si, pero ás veces provoca efectos secundarios. 21 00:02:01,996 --> 00:02:05,750 Algúns estudos demostraron que a xentamicina pode ser ototóxica. 22 00:02:07,127 --> 00:02:08,545 Daniña para o oído. 23 00:02:08,628 --> 00:02:10,880 Pensa que é unha infección do oído? 24 00:02:11,381 --> 00:02:13,508 Por mor dos antibióticos que tomou, 25 00:02:13,591 --> 00:02:15,802 o neno sufriu perda auditiva total 26 00:02:15,885 --> 00:02:18,429 e, seguramente, permanente. 27 00:02:19,722 --> 00:02:25,311 Verá, hai recursos para os pais que se atopan na súa situación, 28 00:02:25,395 --> 00:02:26,771 pero non lle mentirei. 29 00:02:28,982 --> 00:02:30,817 O seu fillo quedou xordo. 30 00:03:53,858 --> 00:03:56,945 Ola, son Manny. 31 00:04:09,666 --> 00:04:11,251 Eu son Tony. 32 00:04:11,334 --> 00:04:12,710 Que riquiño. 33 00:04:14,963 --> 00:04:16,506 Es xordo? 34 00:04:28,101 --> 00:04:29,310 Grazas. 35 00:04:30,270 --> 00:04:32,272 Pero, eh… 36 00:04:32,355 --> 00:04:34,482 Vou buscar os meus amigos. 37 00:05:01,718 --> 00:05:03,386 Tiñas que chuparlla. 38 00:05:03,469 --> 00:05:05,388 Para iso non precisas falar. 39 00:05:06,431 --> 00:05:09,309 Non todos somos uns putóns coma ti. 40 00:05:09,392 --> 00:05:12,270 Eu aproveito todas as que me veñen. 41 00:05:12,770 --> 00:05:16,357 Que estea xordo non implica que estea morto, guapa. 42 00:05:16,983 --> 00:05:19,110 Isto funciona! 43 00:05:20,528 --> 00:05:21,904 Que pillabán! 44 00:05:25,491 --> 00:05:28,411 O papaíño da discoteca 45 00:05:28,494 --> 00:05:31,289 non é o único peixe que hai no mar. 46 00:05:31,372 --> 00:05:33,166 Estou farto das decepcións, 47 00:05:33,249 --> 00:05:34,709 de que me rexeiten. 48 00:05:34,792 --> 00:05:37,128 É moito pedir un rapaz decente 49 00:05:37,211 --> 00:05:38,254 co que coquetear 50 00:05:38,338 --> 00:05:39,672 e poder ter unha cita? 51 00:05:39,756 --> 00:05:43,343 Só quero alguén agradábel que estea só comigo. 52 00:05:44,135 --> 00:05:49,432 As persoas oíntes vennos como un proxecto ou como o obxecto da súa caridade. 53 00:05:49,515 --> 00:05:51,100 Exacto! 54 00:05:51,184 --> 00:05:53,353 Signade por vós. 55 00:05:53,436 --> 00:05:56,981 Eu non teño problemas para atopar homes. 56 00:05:57,565 --> 00:05:59,400 Pero non che dura un, non si? 57 00:06:00,610 --> 00:06:03,196 Este corpo non é para calquera. 58 00:06:03,279 --> 00:06:05,531 Teño soños que quero cumprir. 59 00:06:07,116 --> 00:06:10,078 Por iso só lle deches dúas trincas á pizza? 60 00:06:11,204 --> 00:06:12,705 Chámase disciplina. 61 00:06:12,789 --> 00:06:14,123 Se quero ser modelo, 62 00:06:14,207 --> 00:06:15,958 teño que manter este corpazo 63 00:06:16,042 --> 00:06:17,543 ben pretiño. 64 00:06:18,961 --> 00:06:21,255 Aí estamos. Este sempre ten un plan. 65 00:06:23,257 --> 00:06:25,009 Non sei vós, 66 00:06:25,093 --> 00:06:28,304 pero eu un día destes hei saír desta vila. 67 00:06:29,389 --> 00:06:31,391 Podemos ir todos! 68 00:06:32,058 --> 00:06:35,228 Igual a esa universidade para xordos en Madison… 69 00:06:35,311 --> 00:06:39,899 O teu antigo territorio. 70 00:06:39,982 --> 00:06:43,444 E buscamos uns mozos xordos ben guapos cos que saír. 71 00:06:46,197 --> 00:06:48,282 Non, grazas. Eu quedo aquí. 72 00:06:48,366 --> 00:06:49,700 Os homes xordos 73 00:06:49,784 --> 00:06:51,828 dan moito choio. 74 00:06:52,412 --> 00:06:53,913 Non… 75 00:06:54,539 --> 00:06:55,915 Ti si que dás choio. 76 00:06:56,499 --> 00:06:57,583 O que ti digas. 77 00:06:59,252 --> 00:07:00,628 En serio. 78 00:07:00,711 --> 00:07:03,756 Se quero meterme no mundo da moda, 79 00:07:03,840 --> 00:07:06,008 teño moito que facer. 80 00:07:06,592 --> 00:07:08,970 E como pretendes meterte nese mundo? 81 00:07:10,304 --> 00:07:12,265 Es negro, 82 00:07:12,348 --> 00:07:13,266 gay 83 00:07:13,349 --> 00:07:14,308 e ademais xordo. 84 00:07:15,893 --> 00:07:19,730 Levo sendo iso toda a vida e nunca permitín que me limitase. 85 00:07:19,814 --> 00:07:22,108 Non vou empezar agora. 86 00:07:30,533 --> 00:07:32,618 En fin, ao menos é mellor que Will. 87 00:07:34,954 --> 00:07:37,081 Tony, que tal o traballo novo? 88 00:07:37,832 --> 00:07:39,625 Ben. 89 00:07:39,709 --> 00:07:40,918 Aburrido. 90 00:07:41,002 --> 00:07:43,713 Traballar en cadea non é o meu soño. 91 00:07:43,796 --> 00:07:48,259 Oe! Se che pagan, xa cumpriches o soño de todos. 92 00:07:48,885 --> 00:07:51,429 Non precisas ser rico e famoso. 93 00:07:52,096 --> 00:07:55,224 Ti sigue facendo que eu e o Señor esteamos orgullosos. 94 00:07:57,727 --> 00:07:59,896 Veña, axudádeme cos pratos. 95 00:08:02,815 --> 00:08:03,733 Grazas. 96 00:08:08,696 --> 00:08:11,199 Entón que, tes algún rapaz guapo por aí? 97 00:08:12,074 --> 00:08:13,534 Nada. 98 00:08:14,035 --> 00:08:17,121 Mandeille unha carta de amor a Babyface, o cantante. 99 00:08:17,788 --> 00:08:20,708 Estou esperando a que conteste. 100 00:08:20,791 --> 00:08:24,837 Pois se o fai, máis che vale contarmo todo en detalle. 101 00:08:25,671 --> 00:08:27,965 Home non! 102 00:08:29,592 --> 00:08:30,885 Petan na porta. 103 00:08:44,065 --> 00:08:46,025 Teño que falar contigo. 104 00:08:53,699 --> 00:08:54,700 Non me asustes. 105 00:08:54,784 --> 00:08:55,701 Que pasa? 106 00:08:57,245 --> 00:08:59,330 Mataron a Rico. 107 00:09:01,040 --> 00:09:04,168 Que…? Como? Foi un ataque homófobo? 108 00:09:04,252 --> 00:09:06,212 Non o saben. 109 00:09:06,295 --> 00:09:09,340 A policía atopou o cadáver onte á noite 110 00:09:09,924 --> 00:09:12,009 preto da Autoestrada 45. 111 00:09:12,593 --> 00:09:15,555 Pode que levase aí varios días. 112 00:09:17,848 --> 00:09:19,684 Merda, tío. Rico. 113 00:09:40,746 --> 00:09:41,789 Cariño, 114 00:09:41,872 --> 00:09:45,293 xa sei que estás triste pola morte do teu amigo, 115 00:09:45,376 --> 00:09:48,212 pero iso non é motivo para fuxir da familia. 116 00:09:52,091 --> 00:09:54,010 Apréciote, mamá, 117 00:09:54,510 --> 00:09:56,178 pero non estou fuxindo. 118 00:09:56,262 --> 00:09:58,014 Só persigo os meus soños. 119 00:09:58,097 --> 00:10:00,266 A morte de Rico fíxome darme conta 120 00:10:00,349 --> 00:10:02,685 de que nunca sabemos o que vai pasar. 121 00:10:03,394 --> 00:10:05,521 Xa non son o teu neno. 122 00:10:05,605 --> 00:10:06,856 Son un home. 123 00:10:07,481 --> 00:10:09,442 Xa é hora de que me independice. 124 00:10:14,071 --> 00:10:17,575 E por que Madison? 125 00:10:18,075 --> 00:10:20,703 É unha cidade universitaria. 126 00:10:20,786 --> 00:10:22,163 Coñecerei fotógrafos, 127 00:10:22,246 --> 00:10:24,081 farei un portfolio, 128 00:10:24,165 --> 00:10:25,666 e cando sexa o momento 129 00:10:25,750 --> 00:10:27,752 mudareime a Nova York. 130 00:10:32,214 --> 00:10:34,717 O mundo é un lugar perigoso. 131 00:10:35,301 --> 00:10:37,136 Tes que estar preto da familia, 132 00:10:37,219 --> 00:10:39,639 da xente que te pode protexer. 133 00:10:40,514 --> 00:10:42,141 Terei coidado, mamá. 134 00:10:42,224 --> 00:10:46,103 E tentarei sempre facer que ti e o Señor esteades orgullosos. 135 00:10:46,896 --> 00:10:47,938 Prométocho. 136 00:11:24,016 --> 00:11:30,022 BUSCAMOS PERSOAL SOLICITUDES DENTRO 137 00:11:32,441 --> 00:11:34,151 Deixa de rebaixar cousas. 138 00:11:35,986 --> 00:11:37,071 Precisas axuda? 139 00:11:45,663 --> 00:11:47,665 Tony, son Margaret, a encargada. 140 00:11:52,878 --> 00:11:54,964 Un pracer coñecerte, Margaret. 141 00:11:57,341 --> 00:12:01,303 Síntocho moito, pero cubrimos a vacante hoxe pola mañá. 142 00:12:02,054 --> 00:12:03,514 Grazas. 143 00:12:09,520 --> 00:12:10,771 Vendemos discos. 144 00:12:17,278 --> 00:12:19,238 Síntoo, xa non buscamos persoal. 145 00:12:21,741 --> 00:12:23,284 Grazas. 146 00:12:37,965 --> 00:12:39,300 Benvido. 147 00:12:42,928 --> 00:12:44,930 O tícket. Agora o atendo, señor. 148 00:12:46,140 --> 00:12:47,266 Moitas grazas. 149 00:12:48,601 --> 00:12:49,810 - A ti. - Moi ben. 150 00:12:50,519 --> 00:12:51,729 Pódolle axudar? 151 00:13:04,033 --> 00:13:06,786 Vexo que foi á escola Delavan. 152 00:13:07,787 --> 00:13:09,663 Si. Como sabe lingua de signos? 153 00:13:10,164 --> 00:13:12,458 Miña irmá é xorda. Foi a Delavan. 154 00:13:13,250 --> 00:13:14,293 Que ben. 155 00:13:14,376 --> 00:13:16,337 Si, na familia signamos todos. 156 00:13:16,962 --> 00:13:18,172 Interesante. 157 00:13:30,017 --> 00:13:36,023 FOTÓGRAFO BUSCA MODELOS 158 00:13:42,905 --> 00:13:44,907 Moi ben, perfecto. 159 00:13:44,990 --> 00:13:46,867 Si, gústame iso. 160 00:13:46,951 --> 00:13:48,744 Encántame. Xenial. 161 00:13:48,828 --> 00:13:50,538 Incríbel. Senta. 162 00:13:52,331 --> 00:13:53,332 Encántame. 163 00:13:53,833 --> 00:13:55,125 Oh, si. 164 00:13:55,709 --> 00:13:58,003 Ben, inclínate cara adiante. Mírame. 165 00:13:58,087 --> 00:14:01,465 Mantén esa mirada. Si, serio. 166 00:14:01,549 --> 00:14:03,259 Incríbel. 167 00:14:03,342 --> 00:14:05,928 Excelente. De acordo, agora érguete. 168 00:14:07,221 --> 00:14:08,097 Vale. 169 00:14:08,180 --> 00:14:09,807 Queres probar sen a camisa? 170 00:14:10,766 --> 00:14:13,185 Non sabía eu que foses tan tímido. 171 00:14:14,895 --> 00:14:16,856 Ah, vale. 172 00:14:16,939 --> 00:14:17,773 Fantástico. 173 00:14:17,857 --> 00:14:18,941 Si, xenial. 174 00:14:19,692 --> 00:14:20,943 Si, xusto así. 175 00:14:21,026 --> 00:14:23,362 Vale. 176 00:14:24,238 --> 00:14:25,322 Fenomenal. 177 00:14:27,408 --> 00:14:28,701 Estás a outro nivel. 178 00:14:32,663 --> 00:14:33,497 Coca Cola? 179 00:14:40,087 --> 00:14:42,882 Se falase moi rápido, entenderíasme igual? 180 00:14:53,684 --> 00:14:56,896 Creme, non se me pasa nada do que sae desa boquiña. 181 00:14:59,440 --> 00:15:02,902 Es moi sexy. Nunca vira unha pel chocolate tan fermosa. 182 00:15:02,985 --> 00:15:04,528 Mataría por lambercha. 183 00:15:11,368 --> 00:15:15,205 Nunca viras unha pel chocolate tan fermosa e matarías por lambela. 184 00:15:19,960 --> 00:15:21,378 Diso non teñas dúbida. 185 00:15:23,422 --> 00:15:24,798 Como te metes comigo. 186 00:15:28,093 --> 00:15:32,139 BUSCO O AMOR. SABES SE VIVE AQUÍ? 187 00:15:37,186 --> 00:15:38,520 Seguimos coa sesión? 188 00:15:44,610 --> 00:15:46,111 Tony. 189 00:15:46,195 --> 00:15:48,530 Estou ben, mamá. 190 00:15:48,614 --> 00:15:49,865 Non, non é verdade. 191 00:15:50,491 --> 00:15:52,826 Sabía que a cidade non te trataría ben. 192 00:15:52,910 --> 00:15:55,245 Tes que engordar un pouco. 193 00:15:56,246 --> 00:15:58,332 Non se quero saír na portada de GQ. 194 00:15:59,083 --> 00:16:01,585 Valo conseguir, T. Estou segura. 195 00:16:02,252 --> 00:16:05,255 Iso se non morre de fame antes. 196 00:16:10,302 --> 00:16:11,762 Entón… 197 00:16:11,845 --> 00:16:12,846 por que pedistes… 198 00:16:12,930 --> 00:16:15,099 que viñera esta fin de semana? 199 00:16:15,683 --> 00:16:17,434 Non é que me queixe. 200 00:16:22,356 --> 00:16:25,401 Xa me deron a ecografía. Vou ter unha nena. 201 00:16:26,777 --> 00:16:28,696 Que marabilla, Barbara! 202 00:16:28,779 --> 00:16:30,531 Morro de ganas de ser tío. 203 00:16:31,782 --> 00:16:36,412 E se me dás permiso, gustaríame pórlle o teu nome, Tony. 204 00:16:53,929 --> 00:16:55,723 Vou chegar tarde, mamá. 205 00:16:55,806 --> 00:16:57,182 Non me esperes en pé. 206 00:16:57,891 --> 00:17:00,310 Anda con tino. 207 00:17:34,178 --> 00:17:35,637 Vai falar con el. 208 00:17:35,721 --> 00:17:37,181 Non fai falta. 209 00:17:38,182 --> 00:17:39,058 Putón, 210 00:17:39,767 --> 00:17:43,937 está basicamente fodéndote coa mirada. 211 00:18:04,875 --> 00:18:06,251 Queres beber algo? 212 00:18:09,755 --> 00:18:11,632 Dous whiskys con Coca Cola. 213 00:18:13,842 --> 00:18:15,552 Móveste ben. 214 00:18:32,361 --> 00:18:34,029 Grazas. 215 00:18:34,113 --> 00:18:35,072 Es xordo? 216 00:18:42,496 --> 00:18:44,331 Pasouche a gana? 217 00:18:56,969 --> 00:18:59,221 Chámome Jeff. 218 00:19:08,438 --> 00:19:10,023 Eu son Tony. 219 00:19:10,107 --> 00:19:11,233 Tony. 220 00:19:39,553 --> 00:19:41,180 Como bailas tan ben? 221 00:20:09,750 --> 00:20:12,502 Preciso outra copa. Queres unha? 222 00:20:13,587 --> 00:20:15,339 Por favor, só unha máis! 223 00:20:17,799 --> 00:20:19,218 Unha máis e acabouse. 224 00:20:19,301 --> 00:20:20,427 Si! 225 00:20:20,510 --> 00:20:21,595 Espera aquí. 226 00:20:27,851 --> 00:20:29,186 Dous whiskys con cola. 227 00:21:28,704 --> 00:21:30,789 Xa bebiches abondo. 228 00:21:31,498 --> 00:21:34,418 Ademais… isto é unha porcallada. 229 00:21:36,378 --> 00:21:38,380 Hora de marchar. 230 00:21:38,463 --> 00:21:40,382 Suficiente. 231 00:21:46,680 --> 00:21:48,140 Gústasme. 232 00:21:49,391 --> 00:21:51,101 Moito. 233 00:22:06,074 --> 00:22:09,244 Estás peneco. 234 00:22:11,705 --> 00:22:13,999 Un chisquiño. 235 00:22:14,082 --> 00:22:15,250 Un chisquiño? 236 00:22:15,334 --> 00:22:16,168 Un chisco. 237 00:22:24,384 --> 00:22:26,386 Ven á casa comigo. 238 00:22:53,080 --> 00:22:55,207 Iso telo que gañar. 239 00:23:31,451 --> 00:23:34,287 Non podo crer que me perdese In Living Color 240 00:23:35,247 --> 00:23:38,166 para axudarche a pescar ese mozo branco. 241 00:23:38,250 --> 00:23:39,793 Non é un branco calquera. 242 00:23:40,836 --> 00:23:43,964 É máis insulso que o pan sen sal. 243 00:23:44,047 --> 00:23:46,675 Nunca te vin dicir que non a un cacho de pan. 244 00:23:46,758 --> 00:23:48,802 Aí pilláchesme, putón. 245 00:25:24,481 --> 00:25:28,860 Aquí están: dous refrescos de laranxa grandes. 246 00:25:30,362 --> 00:25:32,030 Son 5,75. 247 00:25:46,962 --> 00:25:47,796 Grazas. 248 00:25:52,092 --> 00:25:53,552 De nada. 249 00:25:58,431 --> 00:25:59,266 De nada. 250 00:26:00,225 --> 00:26:01,476 Exacto. 251 00:26:15,991 --> 00:26:18,785 Es a persoa máis interesante que coñecín nunca! 252 00:26:20,620 --> 00:26:21,955 Grazas. 253 00:26:22,998 --> 00:26:24,291 De nada. 254 00:26:34,342 --> 00:26:40,056 É moi canso ter que te esforzar tanto para que te entendan? 255 00:26:44,519 --> 00:26:48,732 É, pero, se non fixese o esforzo, non tería ninguén. 256 00:27:08,918 --> 00:27:13,256 Pero non cansas de ter que escribir todo? 257 00:27:19,721 --> 00:27:21,890 Contigo está ben. 258 00:27:28,605 --> 00:27:31,900 Parece que vales a pena. 259 00:27:45,705 --> 00:27:48,833 Ola. Papá, Shari, pasade. 260 00:27:52,504 --> 00:27:56,841 Só o tes que quentar. Méteo no forno a 180 graos 20 minutos. 261 00:27:56,925 --> 00:27:59,302 Entendido. Ten boa pinta. 262 00:28:02,138 --> 00:28:03,848 Papá, queres beber algo? 263 00:28:04,599 --> 00:28:06,893 - Que vas tomar ti? - Coca Cola. 264 00:28:07,477 --> 00:28:08,603 Pois ponme unha. 265 00:28:08,687 --> 00:28:09,521 Shari? 266 00:28:09,604 --> 00:28:11,106 Váleme con auga. 267 00:28:11,189 --> 00:28:12,190 Vale. 268 00:28:12,732 --> 00:28:13,942 - Grazas. - Nada. 269 00:28:14,818 --> 00:28:15,819 Tes bo aspecto. 270 00:28:16,820 --> 00:28:18,363 Grazas. Ti tamén. 271 00:28:23,952 --> 00:28:25,662 Contrataches unha limpadora? 272 00:28:26,204 --> 00:28:30,959 Non, pensei que debería estar orgulloso da miña casa e darlle un lavado de cara, 273 00:28:31,876 --> 00:28:34,963 coidala, como vós me aprendestes. 274 00:28:35,046 --> 00:28:36,297 - Que ben. - Grazas. 275 00:28:36,381 --> 00:28:38,049 E tes novos amigos. 276 00:28:38,133 --> 00:28:40,468 Si, mantéñenme ocupado. 277 00:28:41,052 --> 00:28:43,680 Nos días libres, sento aí 278 00:28:44,180 --> 00:28:47,016 e paso horas mirándoos nadar. 279 00:28:49,144 --> 00:28:50,603 Gústame moito ler 280 00:28:50,687 --> 00:28:54,357 sobre como manter os niveis adecuados de nitrato e amoníaco. 281 00:28:56,151 --> 00:28:57,694 Son unha boa distracción. 282 00:28:57,777 --> 00:28:59,738 As mascotas son boa influencia. 283 00:28:59,821 --> 00:29:01,406 - Si. - Evítanche leas. 284 00:29:01,489 --> 00:29:02,490 Desde logo. 285 00:29:19,424 --> 00:29:20,550 Sabedes? 286 00:29:21,509 --> 00:29:23,094 Ultimamente apenas bebo. 287 00:29:23,595 --> 00:29:24,846 Deixáchelo? 288 00:29:24,929 --> 00:29:27,640 Polo menos deixei de beber só. 289 00:29:28,600 --> 00:29:30,351 Non me facía ben ningún. 290 00:29:30,977 --> 00:29:33,688 E xa non bebo entre semana tampouco. 291 00:29:35,440 --> 00:29:38,568 É dicir, aínda tomo un par de cervexas no bar, pero… 292 00:29:40,320 --> 00:29:41,196 iso é todo. 293 00:29:43,198 --> 00:29:45,241 Iso está moi ben, fillo. É… 294 00:29:51,289 --> 00:29:52,248 Papá… 295 00:29:54,375 --> 00:29:55,752 Quero darche as grazas. 296 00:29:58,922 --> 00:29:59,923 Por… 297 00:30:01,508 --> 00:30:05,053 por non renderte comigo. 298 00:30:08,014 --> 00:30:10,016 Non sempre fun fácil de levar. 299 00:30:11,226 --> 00:30:12,435 Pero… 300 00:30:14,687 --> 00:30:17,607 Prométoche que estou cambiando. 301 00:30:19,818 --> 00:30:22,195 Ascendéronme no traballo. 302 00:30:22,278 --> 00:30:24,155 - Ai, si? - Páganme algo máis. 303 00:30:26,241 --> 00:30:27,408 Fixen unha amizade. 304 00:30:27,492 --> 00:30:28,868 Oh, Jeff. 305 00:30:32,080 --> 00:30:32,997 Mimá. 306 00:30:36,376 --> 00:30:37,418 Estou feliz. 307 00:30:38,169 --> 00:30:40,046 Oh, iso é… 308 00:30:42,382 --> 00:30:45,093 Iso… Iso está moi ben, fillo. 309 00:30:46,553 --> 00:30:47,595 Moi moi ben. 310 00:30:49,681 --> 00:30:50,598 Recoiro. 311 00:30:53,601 --> 00:30:55,895 Non atopo palabras para explicar… 312 00:30:57,939 --> 00:30:59,566 o feliz que me fai saber… 313 00:31:01,484 --> 00:31:03,695 que o meu fillo está ben. 314 00:31:17,584 --> 00:31:18,501 Unha amizade? 315 00:31:23,715 --> 00:31:24,924 Unha boa amizade. 316 00:32:16,935 --> 00:32:19,312 Vivo aquí. 317 00:34:00,705 --> 00:34:06,502 QUE FACEMOS AGORA? 318 00:34:20,683 --> 00:34:23,227 Cando era rapaz, creei este xogo. 319 00:34:23,728 --> 00:34:25,438 Chámase Terra Infinita. 320 00:34:35,615 --> 00:34:36,574 Verás, 321 00:34:38,242 --> 00:34:40,369 o teu soldado empeza por este lado. 322 00:34:42,955 --> 00:34:46,125 O meu empeza aquí. 323 00:34:47,168 --> 00:34:49,087 Cada vez que tiras o dado… 324 00:34:50,421 --> 00:34:53,424 o soldado viaxa polas espirais. 325 00:34:54,717 --> 00:34:58,930 O primeiro que chegue á Terra Infinita gaña a partida. 326 00:34:59,013 --> 00:35:02,016 Pero hai un problema. 327 00:35:04,310 --> 00:35:06,521 Se o teu tipo se pega de máis ao meu… 328 00:35:11,067 --> 00:35:13,361 desaparece no vórtice. 329 00:35:16,614 --> 00:35:17,740 Por que? 330 00:35:19,575 --> 00:35:20,910 É así o xogo. 331 00:35:23,996 --> 00:35:26,040 Pero por que? 332 00:35:32,463 --> 00:35:33,714 Pois porque si! 333 00:35:50,606 --> 00:35:51,774 Empeza ti. 334 00:36:44,994 --> 00:36:50,041 NON TEMOS POR QUE XOGAR ASÍ 335 00:36:53,085 --> 00:36:58,674 PODEMOS CREAR AS NOSAS PROPIAS NORMAS 336 00:37:05,056 --> 00:37:05,932 Vale. 337 00:37:51,352 --> 00:37:52,520 Non marches. 338 00:37:52,603 --> 00:37:54,772 Teño que ir traballar. 339 00:37:58,317 --> 00:37:59,193 Que…? 340 00:38:02,571 --> 00:38:04,240 Cando te volverei ver? 341 00:38:07,785 --> 00:38:09,412 Cando te volverei ver? 342 00:38:09,912 --> 00:38:11,872 Volvo a semana que vén. 343 00:38:14,292 --> 00:38:15,543 Como sei que o farás? 344 00:38:17,211 --> 00:38:18,879 Confiando. 345 00:38:51,746 --> 00:38:53,372 A semana que vén. Prométoo. 346 00:39:03,174 --> 00:39:05,468 Non vou desaparecer. 347 00:39:38,417 --> 00:39:42,338 Vale, como se chamaba o seu fillo? 348 00:39:42,421 --> 00:39:44,298 Tony. Anthony Hughes. 349 00:39:44,382 --> 00:39:45,883 - Idade? - Trinta e un. 350 00:39:45,966 --> 00:39:47,843 - Cando o viu? - Hai dous días. 351 00:39:49,762 --> 00:39:51,180 E cre que desapareceu? 352 00:39:51,263 --> 00:39:55,476 Ía quedar comigo a fin de semana, pero onte non veu á casa. 353 00:39:55,559 --> 00:39:59,355 Non se comunicou comigo nin coas súas irmás, non é propio del. 354 00:39:59,438 --> 00:40:03,651 Chamei ao seu traballo en Madison e dixéronme que non aparecera por alí. 355 00:40:04,151 --> 00:40:07,571 - Cal é o último sitio ao que foi? - Ía ver unha película. 356 00:40:07,655 --> 00:40:09,532 - El só? - Cun amigo, creo. 357 00:40:10,116 --> 00:40:11,200 Como se chamaba? 358 00:40:12,493 --> 00:40:13,369 Non preguntei. 359 00:40:17,873 --> 00:40:19,125 Sería unha amiga? 360 00:40:19,208 --> 00:40:21,085 Non creo. 361 00:40:21,168 --> 00:40:22,670 O meu fillo é… 362 00:40:24,588 --> 00:40:25,464 xordo. 363 00:40:30,761 --> 00:40:33,889 É posible que marchase da vila e que non llo dixese? 364 00:40:33,973 --> 00:40:37,601 Tony non faría algo así. É un bo rapaz, un bo fillo. 365 00:40:38,519 --> 00:40:40,521 Sempre tivo unha vida difícil. 366 00:40:41,522 --> 00:40:45,901 Non pode imaxinar o que é ir polo mundo sen poder… 367 00:40:49,155 --> 00:40:51,574 Pero el nunca deixou que iso o deprimise. 368 00:40:53,242 --> 00:40:54,702 Así é el. 369 00:40:56,704 --> 00:40:59,206 Ademais, sempre cumpre a súa palabra. 370 00:41:01,167 --> 00:41:04,086 Se di que me vén ver 371 00:41:04,170 --> 00:41:08,299 antes de voltar a Madison, de ningún xeito vai romper a súa promesa. 372 00:41:12,052 --> 00:41:15,055 Algún antecedente de drogas ou violencia? 373 00:41:16,182 --> 00:41:17,725 Algo que non me contase? 374 00:41:22,396 --> 00:41:23,564 Non. 375 00:41:25,483 --> 00:41:28,777 Como dixen, é un bo rapaz. 376 00:41:36,327 --> 00:41:37,578 Vale. 377 00:42:00,392 --> 00:42:03,145 SE TES INFORMACIÓN, CHAMA AO NÚMERO 378 00:42:03,229 --> 00:42:05,523 31 ANOS *TONY É XORDOMUDO SE O VES CHAMA 379 00:42:26,919 --> 00:42:30,839 Só quero darvos as grazas 380 00:42:31,340 --> 00:42:34,802 de corazón por todo o voso apoio. 381 00:42:36,053 --> 00:42:39,723 A policía non está buscando a Tony, 382 00:42:39,807 --> 00:42:44,144 así que temos que coller nós as rendas do asunto 383 00:42:44,228 --> 00:42:49,733 e non imos parar até que Tony volva á casa. 384 00:42:50,693 --> 00:42:51,735 A salvo. 385 00:42:52,444 --> 00:42:56,365 Seguide rezando por el. 386 00:42:58,325 --> 00:42:59,285 Por favor. 387 00:43:01,412 --> 00:43:02,413 Grazas. 388 00:43:09,169 --> 00:43:15,175 TONY HUGHES, DESAPARECIDO DESDE O 24-5-91 NOME: ANTHONY HUGHES, TONY 389 00:43:15,259 --> 00:43:20,806 ALTURA: 1,82. IDADE: 31 *TONY É XORDOMUDO 390 00:44:13,108 --> 00:44:14,151 Merda! 391 00:44:47,393 --> 00:44:49,728 STEVEN TUOMI 392 00:44:52,147 --> 00:44:55,025 ANTHONY HUGHES 393 00:44:58,404 --> 00:44:59,822 STEVEN HICKS 394 00:45:05,494 --> 00:45:07,579 ERROL LINDSEY 395 00:45:38,861 --> 00:45:39,820 Diga? 396 00:45:41,697 --> 00:45:43,490 Ola, hai alguén aí? 397 00:45:45,993 --> 00:45:48,370 É a familia de Errol Lindsey? 398 00:45:49,538 --> 00:45:51,498 Si, son a súa irmá. 399 00:45:51,582 --> 00:45:52,666 Quen é? 400 00:45:52,750 --> 00:45:54,752 Deberían deixar de buscalo. 401 00:45:56,420 --> 00:45:57,379 Xa non está. 402 00:46:01,175 --> 00:46:02,217 Caeu no vórtice. 403 00:46:03,635 --> 00:46:07,139 Que caeu no…? Como? Quen é? 404 00:46:08,724 --> 00:46:09,683 Ola? 405 00:46:11,602 --> 00:46:12,895 Onde está meu irmán? 406 00:46:14,188 --> 00:46:15,189 Quen carallo…? 407 00:46:31,580 --> 00:46:34,750 ESQUECÍN AS CHAVES 408 00:48:06,925 --> 00:48:09,303 Tranquila, mamá. Xa o facemos nós. 409 00:48:23,734 --> 00:48:26,945 Ese sitio no que traballas é…? 410 00:48:27,946 --> 00:48:31,158 É unha fábrica de condóns. Si, é certo. 411 00:48:31,241 --> 00:48:33,577 Non facemos máis que fabricar condóns. 412 00:48:35,203 --> 00:48:38,790 Parece que precisan fabricar algunha outra cousa. 413 00:48:39,458 --> 00:48:43,211 Moita xente precisa condóns. 414 00:48:43,295 --> 00:48:45,464 Sobre todo a xente da túa igrexa. 415 00:48:45,547 --> 00:48:46,882 Para. 416 00:48:50,385 --> 00:48:54,222 E vaiche ben? 417 00:48:54,306 --> 00:48:56,600 Fixeches amigos? 418 00:48:59,436 --> 00:49:01,146 Un par deles. 419 00:49:03,815 --> 00:49:06,526 Vin outra reportaxe na televisión 420 00:49:06,610 --> 00:49:08,820 sobre o problema da sida. 421 00:49:08,904 --> 00:49:11,073 A cousa está moi mal. 422 00:49:13,325 --> 00:49:14,576 Xa o sei. 423 00:49:16,495 --> 00:49:19,998 Díxenlle ao pastor 424 00:49:20,082 --> 00:49:23,627 que tiña que deixar de chamala o castigo de Deus, 425 00:49:23,710 --> 00:49:27,297 que non me gustaba que promovese ese odio. 426 00:49:29,591 --> 00:49:31,718 Alégrame que alzaras a voz. 427 00:49:39,309 --> 00:49:42,396 Quedei agora cuns amigos. 428 00:49:44,147 --> 00:49:45,649 Queres que lave a louza? 429 00:49:45,732 --> 00:49:47,401 Non, tanto ten. 430 00:49:47,901 --> 00:49:53,490 Pero non vaias marchar de volta para Madison mañá 431 00:49:54,241 --> 00:49:55,742 sen te despedir primeiro. 432 00:49:56,493 --> 00:49:57,661 Claro que non. 433 00:50:06,795 --> 00:50:09,589 Quérote. 434 00:54:01,446 --> 00:54:04,407 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso