1 00:00:06,423 --> 00:00:09,384 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:12,512 --> 00:00:14,723 Entón puxéronte na quenda de noite? 3 00:00:15,849 --> 00:00:16,808 Puxeron. 4 00:00:19,477 --> 00:00:23,064 Non traias chocolate para a casa, que estou gardando a liña. 5 00:00:23,606 --> 00:00:24,607 Moi ben. 6 00:00:28,653 --> 00:00:30,947 E logo que che mandan facer? 7 00:00:31,031 --> 00:00:32,115 Nada. 8 00:00:32,699 --> 00:00:35,326 Non creo que che paguen por non facer nada. 9 00:00:36,036 --> 00:00:37,871 Por que non queres falar diso? 10 00:00:38,663 --> 00:00:41,958 Falar de que? Paso toda a noite a mesturar chocolate. 11 00:00:42,042 --> 00:00:44,711 Vale, ho. Só preguntaba. 12 00:01:18,828 --> 00:01:20,789 NECROLÓXICAS DANIEL CICZEK, 1969-1987 13 00:01:20,872 --> 00:01:23,041 AÍNDA CANTA O BLUES CAMIÑA POLA PONTE 14 00:01:25,627 --> 00:01:27,337 Entón pareceulle fermoso 15 00:01:28,171 --> 00:01:32,258 e foi ao seu enterro a pesar de que non o coñecía de nada. 16 00:01:33,384 --> 00:01:34,219 Correcto. 17 00:01:35,804 --> 00:01:39,182 Fun ao velorio e todo. 18 00:01:40,141 --> 00:01:45,313 Foi aí cando decidín que o ía desenterrar. 19 00:01:46,231 --> 00:01:48,149 E que pensaba facer con el? 20 00:01:52,445 --> 00:01:54,447 Só quería deitarme ao seu carón 21 00:01:55,824 --> 00:01:58,201 mentres aínda estivese fresco e… 22 00:02:03,832 --> 00:02:04,666 …abrazalo. 23 00:02:10,255 --> 00:02:13,341 Pero… non fun capaz. 24 00:02:23,685 --> 00:02:27,605 Era marzo. O chan estaba moi duro e non ía dar feito, así que… 25 00:02:30,441 --> 00:02:32,318 Pero oxalá o conseguise. 26 00:02:34,362 --> 00:02:36,072 Creo que se o lograse… 27 00:02:38,116 --> 00:02:40,160 non faría o que fixen despois. 28 00:02:42,078 --> 00:02:43,997 Pode que acabase todo aí. 29 00:02:48,960 --> 00:02:51,212 Jeff, podería…? 30 00:02:53,173 --> 00:02:54,465 Axúdenos a entender. 31 00:02:54,549 --> 00:02:58,595 Que pensa que o levou a intentar exhumar un cadáver? 32 00:02:58,678 --> 00:03:01,723 A maioría da xente nin pensaría en facer tal cousa. 33 00:03:13,234 --> 00:03:14,319 Supoño… 34 00:03:18,865 --> 00:03:20,241 Supoño que… 35 00:03:22,118 --> 00:03:23,953 Esperaba que fose 36 00:03:25,496 --> 00:03:29,834 unha persoa que quixese ver a mesma película ca min. 37 00:03:31,794 --> 00:03:33,796 Quería controlar estes homes? 38 00:03:36,466 --> 00:03:37,383 Quería. 39 00:03:39,636 --> 00:03:41,346 Si, porque… 40 00:03:43,681 --> 00:03:47,769 todo o mundo me dixo sempre o que tiña que facer. 41 00:03:48,895 --> 00:03:52,523 O meu pai, a miña avoa, os meus xefes… 42 00:03:53,399 --> 00:03:54,901 Eses rapaces eran… 43 00:03:57,070 --> 00:03:59,614 o único que podía controlar na miña vida. 44 00:04:08,873 --> 00:04:09,791 Vale, Jeff, 45 00:04:11,209 --> 00:04:14,212 volvamos ao tema de Steven Hicks… 46 00:04:16,506 --> 00:04:18,091 Dixo que foi un accidente. 47 00:04:21,094 --> 00:04:23,137 Cal era ese? O autostopista? 48 00:04:23,221 --> 00:04:24,138 Si. 49 00:04:25,431 --> 00:04:27,976 Ah, é que á maioría non lles sabía o nome. 50 00:04:28,059 --> 00:04:31,187 Pois debería. Son as persoas que matou. 51 00:04:38,945 --> 00:04:40,780 Steven Hicks, o autostopista. 52 00:04:44,158 --> 00:04:45,451 Foi un accidente. 53 00:04:46,995 --> 00:04:51,291 E Steven Tuomi? Era o do hotel do centro. 54 00:04:57,880 --> 00:04:58,965 Chamábanse igual. 55 00:05:03,553 --> 00:05:05,263 Ese tamén foi un accidente? 56 00:05:08,266 --> 00:05:09,183 Foi. 57 00:05:10,935 --> 00:05:12,729 É dicir, non pretendía matalo. 58 00:05:13,563 --> 00:05:17,942 Non quería matalo, pero vese que o fixen. 59 00:05:19,319 --> 00:05:22,613 Así que si, foi accidental. 60 00:05:24,032 --> 00:05:25,992 Tamén me droguei sen querer. 61 00:05:28,870 --> 00:05:30,496 E que cambiou, logo? 62 00:05:31,372 --> 00:05:35,001 Porque, desde entón, empezou a matar de forma deliberada. 63 00:05:39,589 --> 00:05:40,548 Pois… 64 00:05:42,467 --> 00:05:44,927 Comecei a beber máis. 65 00:05:46,054 --> 00:05:47,638 Bebía moito só. 66 00:05:48,890 --> 00:05:50,141 E entón… 67 00:05:52,393 --> 00:05:54,520 empecei a sentirme cada vez máis… 68 00:05:56,481 --> 00:05:57,357 só. 69 00:05:58,983 --> 00:06:01,694 Cando vivía coa miña avoa, 70 00:06:01,778 --> 00:06:04,447 ía aos bares, 71 00:06:04,947 --> 00:06:07,700 seducía mozos 72 00:06:08,659 --> 00:06:10,286 e traíaos á casa. 73 00:06:29,472 --> 00:06:31,808 Despois drogábaos 74 00:06:32,558 --> 00:06:35,853 e baixaba con eles á bodega. 75 00:06:36,604 --> 00:06:39,857 Logo, ao quedaren inconscientes, estrangulábaos 76 00:06:40,608 --> 00:06:43,444 porque non quería que sufrisen. 77 00:08:18,206 --> 00:08:21,584 E lembra cantos matou na casa da súa avoa? 78 00:08:38,851 --> 00:08:39,810 Tres? 79 00:08:43,773 --> 00:08:45,233 Podería describilos? 80 00:08:47,652 --> 00:08:50,738 Pois un dos mozos era negro, 81 00:08:51,489 --> 00:08:53,866 outro era chicano 82 00:08:53,950 --> 00:08:58,704 e outro, indio ou indio americano. 83 00:08:59,956 --> 00:09:04,085 Só me fixaba en se eran fermosos. 84 00:09:05,086 --> 00:09:06,337 Iso non o trago. 85 00:09:06,420 --> 00:09:08,589 Elixía as súas vítimas. 86 00:09:10,424 --> 00:09:11,634 Desculpe? 87 00:09:11,717 --> 00:09:15,721 Mudouse deliberadamente a un piso situado nunha comunidade negra. 88 00:09:17,932 --> 00:09:19,308 Era o que podía pagar. 89 00:09:19,392 --> 00:09:22,895 Era unha zona con moi pouca presenza policial 90 00:09:22,979 --> 00:09:24,730 e vostede sabíao, verdade? 91 00:09:25,231 --> 00:09:29,527 Alí seríalle máis fácil zafarse e saír de caza. 92 00:09:37,201 --> 00:09:39,078 Entón esganábaos. E logo que? 93 00:09:42,623 --> 00:09:46,919 Nese momento entraba en pánico. 94 00:09:47,712 --> 00:09:51,966 Tiña medo de que a miña avoa baixase e os atopase alí. 95 00:09:53,634 --> 00:09:56,220 Pero non lle gustaba baixar pola escaleira, 96 00:09:56,804 --> 00:10:00,641 así que sabía que estaba a salvo. 97 00:10:01,559 --> 00:10:06,480 Pero logo empezou a reparar no cheiro. 98 00:10:28,669 --> 00:10:29,629 Jeff? 99 00:10:30,129 --> 00:10:32,048 Pero descubrín como solucionalo. 100 00:10:33,716 --> 00:10:38,262 Só hai que meter as partes do corpo en tres bolsas… 101 00:10:38,346 --> 00:10:39,263 Ola, avoa. 102 00:10:39,764 --> 00:10:41,098 …botalas ao lixo… 103 00:10:41,182 --> 00:10:42,141 Vai saíndo? 104 00:10:46,228 --> 00:10:47,897 …e xa non cheira nada. 105 00:10:52,526 --> 00:10:55,446 Jeff, entón… 106 00:10:57,365 --> 00:11:00,576 Que facía? Experimentos cos cadáveres? 107 00:11:02,119 --> 00:11:03,037 Si. 108 00:11:06,832 --> 00:11:09,877 Metía algunhas partes en ácido. 109 00:11:10,753 --> 00:11:14,590 Outras veces, fervíaas até que a carne se separaba do óso. 110 00:11:17,593 --> 00:11:18,552 A… 111 00:11:20,388 --> 00:11:24,892 A obsesión xa se apoderara de min 112 00:11:24,975 --> 00:11:26,727 por completo nese momento. 113 00:11:27,436 --> 00:11:29,772 Xa nin sequera intentaba parar. 114 00:11:36,904 --> 00:11:39,407 Poderían condenarme á cadeira eléctrica? 115 00:11:43,077 --> 00:11:46,497 Jeff, algunha vez oíu voces? 116 00:11:47,498 --> 00:11:48,457 Non. 117 00:11:49,625 --> 00:11:50,835 Non estou tolo. 118 00:11:52,253 --> 00:11:55,005 O problema é que se me fixo moi fácil. 119 00:11:56,090 --> 00:11:57,758 Por iso non paraba. 120 00:11:58,259 --> 00:12:00,970 E a súa avoa nunca sospeitou nada? 121 00:12:02,471 --> 00:12:05,850 Non, si que sospeitaba algo, pero… 122 00:12:07,643 --> 00:12:09,979 non que estivese a facer iso, imaxino. 123 00:12:10,980 --> 00:12:12,940 Dixo que un día oíu un golpe. 124 00:12:13,899 --> 00:12:14,984 Jeff? 125 00:12:16,152 --> 00:12:17,236 Volve para a cama. 126 00:12:18,028 --> 00:12:20,614 Díxenlle que caera. 127 00:12:25,995 --> 00:12:29,165 Creo que me viu traer mozos á casa. 128 00:12:31,250 --> 00:12:32,418 Porén… 129 00:12:35,296 --> 00:12:37,631 non quería aceptar o que implicaba. 130 00:12:39,508 --> 00:12:41,135 Que vostede era… 131 00:12:45,931 --> 00:12:48,350 Si, penso que 132 00:12:49,393 --> 00:12:51,937 non quería saber do meu… 133 00:12:54,690 --> 00:12:56,734 estilo de vida e demais. 134 00:12:58,694 --> 00:13:00,362 Pero reparou no cheiro. 135 00:13:02,448 --> 00:13:03,324 Si. 136 00:13:04,241 --> 00:13:08,162 Xullo e agosto dábanme pavor porque había moitísima humidade. 137 00:13:09,497 --> 00:13:10,748 Non tiñamos aire. 138 00:13:10,831 --> 00:13:15,127 Jeff! Vén un fedor tremendo da bodega. 139 00:13:17,421 --> 00:13:20,925 Son as cousas de taxidermia, xa cho dixen. 140 00:13:26,388 --> 00:13:29,600 No informativo de hoxe, a policía pide axuda cidadá 141 00:13:29,683 --> 00:13:34,063 para atopar os responsábeis dun incendio que queimou unha casa en Stafford. 142 00:13:37,441 --> 00:13:39,985 Jeff, o fedor. 143 00:13:41,195 --> 00:13:44,281 Si, xa sei de onde vén. 144 00:13:44,365 --> 00:13:47,159 Hai un mapache morto debaixo do soportal. 145 00:13:47,910 --> 00:13:48,953 Non lle chego. 146 00:13:50,246 --> 00:13:51,247 Pero tranquila. 147 00:13:51,330 --> 00:13:54,208 Cheirará un tempo, pero despois parará. 148 00:14:02,424 --> 00:14:04,260 Por que cre que non fixo nada? 149 00:14:04,343 --> 00:14:08,013 Quero dicir, o fedor da carne en descomposición 150 00:14:08,097 --> 00:14:10,349 é un cheiro moi característico. 151 00:14:10,432 --> 00:14:14,770 Resúltanos repugnante case por instinto. 152 00:14:17,648 --> 00:14:19,066 Non a todos. 153 00:14:20,818 --> 00:14:23,946 Pero si, non estou seguro. 154 00:14:24,029 --> 00:14:25,030 Creo que… 155 00:14:26,615 --> 00:14:30,619 Creo que, se cadra, ignorábao á mantenta. 156 00:14:37,126 --> 00:14:40,087 Pero cando atopou o altar, púxose coma unha fera. 157 00:14:41,964 --> 00:14:44,300 Coidado ao baixardes as escaleiras! 158 00:14:46,468 --> 00:14:48,846 Señor! Ti non cheiras iso, Jeff? 159 00:14:49,471 --> 00:14:50,514 Non. 160 00:14:52,975 --> 00:14:54,685 Normal que a avoa estea mal. 161 00:14:56,395 --> 00:14:57,646 Eu tamén o estou. 162 00:14:58,731 --> 00:15:01,233 É que cheira así, papá. 163 00:15:01,317 --> 00:15:04,653 O dos animais, a taxidermia. É a miña afección. 164 00:15:06,238 --> 00:15:07,323 Ábrea, Jeff. 165 00:15:09,825 --> 00:15:12,411 - Deixei a chave no traballo, creo. - Ábrea. 166 00:15:20,419 --> 00:15:21,462 A ver. 167 00:15:27,468 --> 00:15:28,469 Ah, si. 168 00:15:30,596 --> 00:15:31,931 Si que estaba aquí. 169 00:15:37,937 --> 00:15:40,147 Fuches ti quen me aprendeu, sabes? 170 00:15:43,525 --> 00:15:44,735 E agora… 171 00:16:03,671 --> 00:16:04,713 Agarda. 172 00:16:07,007 --> 00:16:09,426 Usas esa serra para cortar os animais? 173 00:16:11,720 --> 00:16:13,764 Si, ten suficiente tamaño. 174 00:16:14,723 --> 00:16:16,225 Para o cranio de marmota. 175 00:16:17,267 --> 00:16:18,894 Coa pequena non dou feito. 176 00:16:28,153 --> 00:16:29,238 E iso que é? 177 00:16:31,448 --> 00:16:32,408 O que? 178 00:16:33,784 --> 00:16:35,077 Que carallo…? 179 00:16:39,415 --> 00:16:40,374 Que? 180 00:16:49,466 --> 00:16:51,093 Que demo é isto? 181 00:16:51,969 --> 00:16:54,513 É só un dos meus experimentos. 182 00:16:55,180 --> 00:17:00,227 Usei produtos químicos para tentar derreter a carne e a pel. 183 00:17:00,811 --> 00:17:02,354 Era dunha mofeta, creo. 184 00:17:02,438 --> 00:17:04,481 Ah, ti cres, Jeff? 185 00:17:04,565 --> 00:17:07,568 E non podías limpar a sopa esta un pouco mellor? 186 00:17:08,819 --> 00:17:09,987 Xesús, Jeff! 187 00:17:10,654 --> 00:17:12,364 - Perdón, papá. - Meu Deus! 188 00:17:13,699 --> 00:17:14,950 Non o farei máis. 189 00:17:15,451 --> 00:17:16,618 Vai en serio. 190 00:17:18,078 --> 00:17:21,707 Xa, xa dixen que non o volverei facer. 191 00:17:22,416 --> 00:17:27,212 Si, e desfaite tamén das cousas satánicas esas. 192 00:17:27,296 --> 00:17:29,590 Xa sei que dis que son dunha película, 193 00:17:29,673 --> 00:17:32,092 pero é demasiado para a avoa. 194 00:17:33,177 --> 00:17:34,178 Xa o sabes. 195 00:17:36,847 --> 00:17:39,391 Moi ben, fareino. 196 00:17:40,476 --> 00:17:41,477 Prométoo. 197 00:17:43,687 --> 00:17:45,189 Entón si que parou. 198 00:17:46,356 --> 00:17:47,232 Ah, si. 199 00:17:48,400 --> 00:17:50,611 Un tempo, uns meses. 200 00:17:54,615 --> 00:17:55,616 É curioso. 201 00:17:56,408 --> 00:18:00,746 Foi ao parar cando empecei a asustarme. 202 00:18:03,290 --> 00:18:05,375 Estaba esperando a que me collesen. 203 00:18:06,543 --> 00:18:09,713 Se oía un coche de policía, pensaba que viñan por min. 204 00:18:10,923 --> 00:18:14,468 Pero nunca viñeron. 205 00:18:14,968 --> 00:18:17,513 Vía os informativos 206 00:18:17,596 --> 00:18:21,141 e nunca dicían nada dos desaparecidos nin nada polo estilo. 207 00:18:21,225 --> 00:18:23,143 E por que cre que era así? 208 00:18:30,150 --> 00:18:32,694 Logo pensei 209 00:18:33,779 --> 00:18:35,656 que non me ían pillar 210 00:18:36,990 --> 00:18:38,367 se tiña coidado. 211 00:18:39,618 --> 00:18:44,665 Iso púxome moi difícil non matar. 212 00:18:48,794 --> 00:18:52,548 Pero si que intentei… non facelo. 213 00:18:54,299 --> 00:18:55,217 Durante… 214 00:18:57,427 --> 00:18:59,012 moito tempo. 215 00:19:06,436 --> 00:19:07,479 Pero aquela vez… 216 00:19:09,398 --> 00:19:10,858 fodina ben fodida. 217 00:19:35,966 --> 00:19:37,384 Non, tío. 218 00:19:40,262 --> 00:19:41,763 Veña. 219 00:19:45,601 --> 00:19:46,476 Merda! 220 00:19:47,186 --> 00:19:48,854 Vamos, ruliña. 221 00:19:52,107 --> 00:19:54,568 - Que cona? Xesús! - Acouga, non son poli! 222 00:19:55,402 --> 00:19:56,403 O que? 223 00:19:57,029 --> 00:19:58,488 Vinte no bar. 224 00:20:00,824 --> 00:20:01,909 Axúdote? 225 00:20:02,993 --> 00:20:07,039 Non, estou ben. Só se me descargou a batería. 226 00:20:08,373 --> 00:20:11,835 Pois non sei como o vas arranxar. Déixame axudarte. 227 00:20:11,919 --> 00:20:15,005 A casa da miña avoa está aquí ao lado. 228 00:20:15,839 --> 00:20:19,676 Collemos o meu coche, volvemos e fágoche unha ponte. 229 00:20:20,510 --> 00:20:21,970 Vale, grazas. 230 00:20:22,054 --> 00:20:23,013 Si. 231 00:20:25,390 --> 00:20:27,768 Espérote aquí, entón. 232 00:20:30,062 --> 00:20:31,855 Non, deberías vir comigo. 233 00:20:32,648 --> 00:20:35,734 Esta zona é perigosa. Non deberías quedar aí sentado. 234 00:20:37,486 --> 00:20:39,988 Collamos un taxi antes de que nos rouben. 235 00:20:48,205 --> 00:20:49,331 Moitas grazas. 236 00:20:49,414 --> 00:20:50,374 Nada, home. 237 00:20:50,457 --> 00:20:51,375 Como te chamas? 238 00:20:51,458 --> 00:20:52,334 Jeff. 239 00:20:53,585 --> 00:20:55,087 Grazas, Jeff. Eu son Ron. 240 00:20:55,754 --> 00:20:57,130 - Fechaches, Ron? - Si. 241 00:20:57,214 --> 00:20:59,549 - Ben. - Entón vives por aquí? 242 00:20:59,633 --> 00:21:03,345 Vivo, si, coa miña avoa. É temporal. 243 00:21:07,933 --> 00:21:08,850 Entra. 244 00:21:10,978 --> 00:21:13,647 Non podemos facer ruído. 245 00:21:13,730 --> 00:21:16,733 Se non vai acordar a besta e vaime pór a andar. 246 00:21:22,823 --> 00:21:23,907 Pasa. 247 00:21:27,327 --> 00:21:29,413 Ti coma na túa casa. 248 00:21:31,790 --> 00:21:33,292 A ver se atopo as chaves. 249 00:21:40,757 --> 00:21:41,717 Mimá. 250 00:21:46,847 --> 00:21:50,517 Ei, queres ver a bodega? 251 00:21:51,226 --> 00:21:52,769 A bodega? 252 00:21:52,853 --> 00:21:57,190 Non, tío. Mira, só vin porque me dixeches que me ías botar unha man, si? 253 00:21:58,608 --> 00:22:04,072 Si, e voute axudar, só… Só teño que atopar as chaves. 254 00:22:06,700 --> 00:22:08,869 Senta, anda. Queres beber algo? 255 00:22:08,952 --> 00:22:12,748 Non. Teño que ir choiar mañá! Se non era o que tiñas en mente… 256 00:22:12,831 --> 00:22:15,125 Baixa o volume! Só quería ser amábel. 257 00:22:15,917 --> 00:22:17,961 Só preguntaba se querías algo 258 00:22:19,254 --> 00:22:20,255 mentres agardas. 259 00:22:25,010 --> 00:22:27,179 Queres un café ou algo? 260 00:22:27,721 --> 00:22:28,597 Vale. 261 00:22:30,057 --> 00:22:31,141 Pero apura. 262 00:22:32,934 --> 00:22:35,687 Entendido. Váleche do instantáneo? 263 00:22:35,771 --> 00:22:37,397 Váleme, si. Grazas. 264 00:22:37,481 --> 00:22:39,024 Máis rápido imposíbel. 265 00:23:22,984 --> 00:23:24,861 - Grazas. - De nada. 266 00:23:38,625 --> 00:23:40,836 Hai alguén contigo, Jeff? 267 00:23:42,671 --> 00:23:46,049 Estou ben, avoa! É só un amigo! 268 00:23:46,133 --> 00:23:48,468 É moi tarde, Jeff! 269 00:23:48,552 --> 00:23:49,845 Xa o sabemos! 270 00:23:50,720 --> 00:23:51,596 Meu Deus. 271 00:23:51,680 --> 00:23:54,391 Sabes que non vai pasar nada, verdade? 272 00:23:54,474 --> 00:23:57,686 Quero dicir, deixeicho bastante claro. 273 00:23:57,769 --> 00:24:00,188 Non nos imos deitar nin nada. 274 00:24:03,984 --> 00:24:04,985 Xa, 275 00:24:06,361 --> 00:24:07,362 xa veremos. 276 00:24:09,322 --> 00:24:12,242 Vale, vai tomar polo cu. Eu marcho de aquí. 277 00:24:18,832 --> 00:24:20,000 Boa sorte. 278 00:24:25,922 --> 00:24:27,007 Estás ben? 279 00:24:27,674 --> 00:24:29,801 Estou, é só 280 00:24:30,760 --> 00:24:32,262 que me mareei bastante. 281 00:24:33,221 --> 00:24:34,139 Jeff? 282 00:24:34,222 --> 00:24:35,765 Creo que vou devolver. 283 00:24:36,516 --> 00:24:38,143 Senta un momento. 284 00:24:38,226 --> 00:24:40,770 Aí estamos. Ti reláxate. 285 00:24:40,854 --> 00:24:43,148 Non pasa nada. 286 00:24:43,857 --> 00:24:46,276 Botáchesme algo no café, non? 287 00:24:47,486 --> 00:24:48,862 Jeff! 288 00:24:49,613 --> 00:24:50,572 Que? 289 00:24:51,072 --> 00:24:53,575 O teu amigo debería marchar para a casa! 290 00:24:54,576 --> 00:24:56,495 Si, xa marchamos agora, vale? 291 00:24:57,412 --> 00:24:58,371 Boa noite. 292 00:25:00,957 --> 00:25:02,334 Que fermoso es. 293 00:25:07,464 --> 00:25:08,340 Jeff! 294 00:25:09,633 --> 00:25:10,717 Quen é ese? 295 00:25:11,343 --> 00:25:12,636 É un amigo. 296 00:25:13,220 --> 00:25:15,764 Non sabía que tiveses amigos negros, Jeff. 297 00:25:16,681 --> 00:25:19,768 Isto non son os anos 20, avoa. 298 00:25:19,851 --> 00:25:21,478 Si, iso xa o sei. 299 00:25:22,521 --> 00:25:23,688 Que lle pasa? 300 00:25:23,772 --> 00:25:26,066 Nada, só se pasou un pouco co alcol. 301 00:25:26,149 --> 00:25:28,068 A ver se lle pasa a borracheira. 302 00:25:28,151 --> 00:25:29,361 Ti tamén bebiches. 303 00:25:29,444 --> 00:25:30,487 Non tal. 304 00:25:31,863 --> 00:25:33,031 Vai vomitar? 305 00:25:33,114 --> 00:25:35,450 Ti volve para a cama, avoa. 306 00:25:36,034 --> 00:25:38,662 Deberías levar ese mozo ao hospital. 307 00:25:38,745 --> 00:25:41,581 O que? Avoa, só está un chisco bébedo. 308 00:25:42,165 --> 00:25:46,336 Non quero que morra ningún descoñecido na miña casa! 309 00:25:46,419 --> 00:25:49,089 Non pasa nada! Deixa que durma a mona! 310 00:25:49,172 --> 00:25:50,257 Non! 311 00:25:51,216 --> 00:25:54,719 Aquí pasa algo. Vou chamar o teu pai. 312 00:25:54,803 --> 00:25:57,556 Eh! Ninguén vai chamar a ninguén, estamos? 313 00:25:58,306 --> 00:26:01,893 Bebeu de máis e vai durmir a mona. 314 00:26:04,187 --> 00:26:05,522 Vai para a cama. 315 00:26:12,654 --> 00:26:13,655 Que fas? 316 00:26:13,738 --> 00:26:16,825 Voulle dar unha manta a este mozo. 317 00:26:16,908 --> 00:26:21,955 E vou quedar aquí e vixialo até que acorde. 318 00:26:22,038 --> 00:26:23,790 Non tes por que facer iso! 319 00:26:23,873 --> 00:26:28,211 E se se pon mal, vouno levar ao hospital. 320 00:26:28,295 --> 00:26:29,963 Entendiches? 321 00:26:30,714 --> 00:26:34,134 Estabades bebendo e facendo Deus sabe que máis. 322 00:26:34,843 --> 00:26:36,261 Isto é a hostia! 323 00:26:36,344 --> 00:26:39,139 Esa boquiña, rapaz! 324 00:26:39,222 --> 00:26:42,892 Ti vai para o teu cuarto se queres, eu quedo aquí! 325 00:26:43,435 --> 00:26:46,938 E xa te vou informando de que llo vou contar ao teu pai. 326 00:26:56,489 --> 00:27:00,952 Se tan preocupada estás por el, por que non chamas unha ambulancia? 327 00:27:04,623 --> 00:27:08,001 Ah, xa sei por que. 328 00:27:38,615 --> 00:27:39,616 Ola, amigo. 329 00:27:42,118 --> 00:27:43,161 Lévote á casa. 330 00:27:47,874 --> 00:27:49,959 …bebiches tanto que case te mata? 331 00:27:51,044 --> 00:27:54,839 Se esa é a vosa idea de pasalo ben, eu xa non sei… 332 00:27:56,966 --> 00:27:58,635 Preciso diñeiro, avoa. 333 00:28:01,096 --> 00:28:02,222 Está ben? 334 00:28:02,305 --> 00:28:03,390 Si, está. 335 00:28:13,608 --> 00:28:15,318 Chega ben á casa. 336 00:28:15,402 --> 00:28:19,656 Onde vai? Señor, pode ver que o mozo ese chegue ben á casa? 337 00:28:19,739 --> 00:28:21,199 Onde vive? 338 00:28:21,282 --> 00:28:22,534 Por… 339 00:28:23,368 --> 00:28:25,161 Pola Universidade Marquette. 340 00:28:25,245 --> 00:28:28,248 Este autobús chega até o final da rúa 27. 341 00:28:29,874 --> 00:28:32,544 Iso, iso quería dicir, na 27. 342 00:28:33,628 --> 00:28:35,338 Vale, grazas. 343 00:29:09,205 --> 00:29:11,708 Oe, esta é a última parada. 344 00:29:13,460 --> 00:29:15,086 É a última parada. 345 00:30:01,800 --> 00:30:05,136 - Onde estou? - Tiveches unha sobredose. Case morres. 346 00:30:07,013 --> 00:30:08,097 Agarde. 347 00:30:09,766 --> 00:30:11,309 Eu non tomo drogas. 348 00:30:11,392 --> 00:30:13,061 Pois onte á noite si. 349 00:30:14,896 --> 00:30:15,814 Non, eu… 350 00:30:18,900 --> 00:30:23,196 Señora, onte á noite coñecín un tipo moi raro. 351 00:30:24,113 --> 00:30:26,825 Debeume de botar algo na bebida. 352 00:30:28,952 --> 00:30:30,328 Intentou matarme. 353 00:30:32,121 --> 00:30:34,040 Deberías falar coa policía. 354 00:30:46,052 --> 00:30:49,764 Entón di que ese tipo o drogou. E como o fixo exactamente? 355 00:30:49,848 --> 00:30:51,891 Botoume algo no café. 356 00:30:52,642 --> 00:30:57,063 Tomei unha copa na discoteca, axente. Logo vou e doulle dous sorbos ao café 357 00:30:57,146 --> 00:31:00,066 e empézame a dar voltas o cuarto e non podo falar. 358 00:31:00,149 --> 00:31:02,819 E non foi a cafeína nin…? 359 00:31:02,902 --> 00:31:04,195 Era descafeinado. 360 00:31:04,279 --> 00:31:07,282 Espertei á tarde seguinte nunha cama de hospital. 361 00:31:07,866 --> 00:31:10,159 Fáltanme 200 dólares e a pulseira. 362 00:31:10,743 --> 00:31:12,745 Non creo que por 200 dólares e… 363 00:31:12,829 --> 00:31:16,124 Iso é o de menos. Este tío está drogando xente. 364 00:31:16,833 --> 00:31:17,792 Mire… 365 00:31:20,628 --> 00:31:22,255 Pasei polas saunas. 366 00:31:22,755 --> 00:31:24,632 Din que o coñecen, a Jeff. 367 00:31:24,716 --> 00:31:26,175 É louro. 368 00:31:26,259 --> 00:31:29,804 Prohibíronlle a entrada porque estaba drogando xente. 369 00:31:32,932 --> 00:31:34,100 De acordo. 370 00:31:35,101 --> 00:31:37,228 Como dixen, investigarémolo. 371 00:31:39,230 --> 00:31:43,526 Non lle pido que o investigue, pídolle que o deteña. 372 00:31:43,610 --> 00:31:44,903 Comprendo. 373 00:31:45,445 --> 00:31:48,573 Pero este tipo de cousas son moi difíciles de probar. 374 00:31:49,073 --> 00:31:50,575 Vaia á casa deste home. 375 00:31:50,658 --> 00:31:53,453 O que sexa que use estará alí. 376 00:31:53,953 --> 00:31:55,496 - Sabe onde vive? - Sei! 377 00:31:55,580 --> 00:31:57,498 Pensei que morría no seu salón. 378 00:31:57,582 --> 00:31:58,833 Vive na 57. 379 00:32:00,710 --> 00:32:03,963 Entre Hayes e Lincoln. Sei exactamente onde está a casa. 380 00:32:04,047 --> 00:32:06,799 Jeff, que tes que dicir sobre isto? 381 00:32:08,051 --> 00:32:10,470 Sinceramente, non sei de que fala. 382 00:32:11,346 --> 00:32:15,058 Coñecín este tío no bar. Precisaba que lle arrincase o coche 383 00:32:15,892 --> 00:32:17,769 e estaba moi bébedo. 384 00:32:18,436 --> 00:32:21,230 Díxenlle que viñera á casa 385 00:32:21,314 --> 00:32:24,067 e tentase quitar a mona, que tomase un café. 386 00:32:24,150 --> 00:32:26,903 Entón quedou durmido no sofá. 387 00:32:28,404 --> 00:32:31,783 Vale, entón di que só estaba bébedo? 388 00:32:32,408 --> 00:32:33,660 Exacto. 389 00:32:33,743 --> 00:32:35,036 Vostede bebera algo? 390 00:32:36,162 --> 00:32:38,915 - Unha cervexa, estaba ben. - Jeffrey Dahmer. 391 00:32:39,499 --> 00:32:43,127 Que? O policía está preguntando que pasou e eu contéstolle! 392 00:32:43,878 --> 00:32:45,713 Só intentaba facer o correcto. 393 00:32:45,797 --> 00:32:49,050 O tío estaba peneco perdido e ía conducir. 394 00:32:49,801 --> 00:32:51,260 Iso é ilegal. 395 00:32:52,261 --> 00:32:55,098 Se boto unha ollada no seu dormitorio, 396 00:32:55,181 --> 00:32:59,394 non vou atopar tranquilizantes nin nada diso, non? 397 00:33:01,229 --> 00:33:05,400 Non. Nin sequera sei que aspecto teñen. 398 00:33:05,483 --> 00:33:09,404 Pero bote un ollo, se quere. Está no piso de arriba. 399 00:33:12,907 --> 00:33:14,742 Dixo que lle roubou diñeiro. 400 00:33:14,826 --> 00:33:15,785 Como? 401 00:33:17,036 --> 00:33:18,246 E unha pulseira. 402 00:33:18,329 --> 00:33:20,206 Eu non fixen tal. 403 00:33:21,249 --> 00:33:24,669 Ela estivo comigo todo o tempo. Avoa, collinlle a carteira? 404 00:33:24,752 --> 00:33:25,586 Non. 405 00:33:26,754 --> 00:33:30,341 Non o fixo e eu estiven con el todo o tempo. 406 00:33:30,425 --> 00:33:31,634 Iso é verdade. 407 00:33:33,970 --> 00:33:35,471 E a pulseira? 408 00:33:37,390 --> 00:33:38,474 Uf. 409 00:33:39,017 --> 00:33:41,394 Non recordo ningunha pulseira. 410 00:33:42,061 --> 00:33:43,479 Ten que estar de broma. 411 00:33:43,563 --> 00:33:46,482 Sei que é decepcionante, pero fomos á súa casa. 412 00:33:46,983 --> 00:33:49,152 Falamos con el e coa súa avoa. 413 00:33:49,235 --> 00:33:52,196 Pero xa sabe… Sempre hai dúas versións das cousas. 414 00:33:52,280 --> 00:33:53,197 Señor. 415 00:33:53,281 --> 00:33:55,533 O tipo é raro, iso non llo nego. 416 00:33:55,616 --> 00:33:57,493 Arrestárono un par de veces… 417 00:33:57,994 --> 00:33:59,495 Pero debería sabelo. 418 00:33:59,579 --> 00:34:02,874 Que te arresten non implica ser culpable de todo. 419 00:34:06,961 --> 00:34:08,254 Xamais me arrestaron. 420 00:34:09,297 --> 00:34:11,424 Xa, pero sabe o que quero dicir. 421 00:34:12,800 --> 00:34:14,218 A ver se entendín… 422 00:34:16,387 --> 00:34:19,557 Vai crer a palabra dun branco con antecedentes 423 00:34:19,640 --> 00:34:23,102 no canto da dun negro sen antecedentes. 424 00:34:24,228 --> 00:34:26,355 Iso é o que me está a dicir, non? 425 00:34:26,439 --> 00:34:29,442 Dígolle que ese home intentou matarme. 426 00:34:29,525 --> 00:34:32,445 E vostede di que non pode facer nada? 427 00:34:32,528 --> 00:34:36,699 Pois si, se non hai probas non podo facer nada. 428 00:34:37,450 --> 00:34:40,203 - Por que o arrestaron? - Iso é confidencial. 429 00:34:46,000 --> 00:34:47,335 Grazas polo seu tempo. 430 00:35:07,522 --> 00:35:08,523 Eh! 431 00:35:08,606 --> 00:35:11,109 - Non subas ao taxi! - Que carallo? 432 00:35:11,192 --> 00:35:13,444 Ti cala a boca, fillo de puta! 433 00:35:13,528 --> 00:35:16,739 Irmán, este tipo vai tentar matarte! É un puto tolo! 434 00:35:20,368 --> 00:35:21,410 Veña, ho. 435 00:35:22,745 --> 00:35:24,372 Que…? Vés e…? 436 00:36:32,857 --> 00:36:33,733 Ei! 437 00:36:36,194 --> 00:36:37,820 Toma os 50 dólares. 438 00:36:39,697 --> 00:36:40,615 Non! 439 00:36:43,451 --> 00:36:44,619 Veña, ho. Que…? 440 00:37:28,204 --> 00:37:30,373 Onde andabas? 441 00:37:30,456 --> 00:37:32,208 Son as dez da noite! 442 00:37:32,291 --> 00:37:34,043 Estás castigado! 443 00:37:34,669 --> 00:37:37,380 Mandámosche que volvas a unha hora. 444 00:37:38,965 --> 00:37:42,426 E esa é a hora á que tes que volver! 445 00:37:49,183 --> 00:37:50,393 Fillo? 446 00:38:16,377 --> 00:38:17,503 Baixe! 447 00:38:30,266 --> 00:38:31,642 Deixe iso no chan. 448 00:38:48,743 --> 00:38:49,994 Veña connosco. 449 00:39:09,013 --> 00:39:10,348 Señor Dahmer, en pé. 450 00:39:12,892 --> 00:39:16,479 Para o cargo de agresión sexual en segundo grao, 451 00:39:16,562 --> 00:39:18,522 non refuta os cargos. 452 00:39:19,607 --> 00:39:23,527 Por conseguinte, condénoo a un ano baixo a custodia 453 00:39:23,611 --> 00:39:26,238 do Correccional do Condado de Milwaukee. 454 00:39:28,240 --> 00:39:29,617 Señor Dahmer, 455 00:39:30,326 --> 00:39:33,996 estouno mirando agora e lémbrame moito ao meu neto. 456 00:39:34,955 --> 00:39:37,291 El tiña un problema co alcol, 457 00:39:38,250 --> 00:39:39,585 pero rehabilitouse. 458 00:39:40,336 --> 00:39:43,214 Agora ten un lavado de coches e vaille moi ben. 459 00:39:44,298 --> 00:39:48,386 Vostede non é a clase de persoa que debe estar nun correccional. 460 00:39:49,762 --> 00:39:51,430 Precisa outra oportunidade. 461 00:39:52,598 --> 00:39:55,434 Hoxe é o seu día de sorte e voulla dar. 462 00:39:55,518 --> 00:39:58,938 Por outra banda, espero que aprendese a lección 463 00:39:59,021 --> 00:40:00,898 e comece a comportarse. 464 00:40:02,066 --> 00:40:06,737 Ben, vexo que ten un emprego estábel. 465 00:40:07,321 --> 00:40:11,742 O tribunal concédelle até 40 horas de permiso de traballo por semana. 466 00:40:11,826 --> 00:40:14,745 Ao saír do traballo, volverá dereito ao cárcere. 467 00:40:14,829 --> 00:40:19,875 Se ben o tribunal está obrigado a informar o seu empregador deste acordo, 468 00:40:20,376 --> 00:40:22,878 estou disposto a facerlle o favor 469 00:40:22,962 --> 00:40:26,924 de omitir a natureza do delito cometido. 470 00:40:27,633 --> 00:40:29,593 Parécelle xusto? 471 00:40:31,846 --> 00:40:34,223 Paréceme. Grazas, señoría. 472 00:40:55,744 --> 00:40:56,787 Onde imos? 473 00:40:57,455 --> 00:40:58,581 Á casa da avoa. 474 00:40:58,664 --> 00:41:01,375 Imos cear en familia por última vez. 475 00:41:02,668 --> 00:41:06,172 Cando saias, buscarás un sitio onde vivir ti só 476 00:41:07,298 --> 00:41:09,592 porque estamos desesperados contigo. 477 00:41:11,093 --> 00:41:12,261 Desesperados! 478 00:41:15,264 --> 00:41:18,017 Ao asado quédanlle uns dez minutos máis. 479 00:41:22,146 --> 00:41:23,772 Queres outra cervexa, Jeff? 480 00:41:24,273 --> 00:41:25,316 Quero, grazas. 481 00:41:27,568 --> 00:41:31,071 Sabes que, Jeff? Foi a túa avoa quen pagou a fianza. 482 00:41:31,155 --> 00:41:34,283 Vale? Vinte e cinco mil dólares é moito para ela. 483 00:41:34,950 --> 00:41:37,119 Vasllos ter que devolver. 484 00:41:40,122 --> 00:41:43,375 Todo isto foi unha trampa. Eu só tirei unhas fotos. 485 00:41:43,459 --> 00:41:44,460 Cala. 486 00:41:45,961 --> 00:41:47,713 Non vou poder ter afeccións. 487 00:41:47,796 --> 00:41:48,756 Xa abonda. 488 00:42:12,655 --> 00:42:13,822 Onde está a caixa? 489 00:42:17,326 --> 00:42:18,577 Que caixa? 490 00:42:18,661 --> 00:42:19,703 Sábelo ben. 491 00:42:20,204 --> 00:42:23,290 A túa avoa ten unha caixa coas miñas cousas. 492 00:42:24,250 --> 00:42:26,752 Fotos, premios… Todos os meus logros. 493 00:42:28,170 --> 00:42:29,797 Quero que ma devolvas. 494 00:42:30,923 --> 00:42:31,799 Vaina buscar. 495 00:42:35,636 --> 00:42:36,679 Pero ela deuma. 496 00:42:36,762 --> 00:42:38,889 A cona, Jeff! 497 00:42:44,562 --> 00:42:45,437 Vai por ela. 498 00:43:00,160 --> 00:43:01,078 Moi ben. 499 00:43:09,253 --> 00:43:10,379 Vas vir comigo? 500 00:43:11,130 --> 00:43:12,131 Vou, si. 501 00:43:53,130 --> 00:43:54,131 Veña, ábrea. 502 00:43:55,341 --> 00:43:56,550 Perdín a chave. 503 00:43:56,634 --> 00:43:58,552 Jeff, non me mintas! 504 00:43:58,636 --> 00:44:00,471 Non che minto. Extravieina. 505 00:44:00,554 --> 00:44:03,641 Polo amor de…! Tes algo malo aí dentro, Jeff. 506 00:44:03,724 --> 00:44:04,975 Que é, pornografía? 507 00:44:05,059 --> 00:44:06,602 Non, son só cousas miñas. 508 00:44:06,685 --> 00:44:08,187 É pornografía gay, Jeff? 509 00:44:08,270 --> 00:44:12,191 Levo anos mirando debaixo da túa cama e nunca atopei unha Playboy. 510 00:44:12,274 --> 00:44:14,860 Vas preso por abusar dun neno de 13 anos. 511 00:44:14,943 --> 00:44:17,905 Non, son só cousas miñas, cromos de béisbol e así! 512 00:44:17,988 --> 00:44:21,158 Non mo vas contar, non? Pois xa a abro eu a hostias! 513 00:44:21,241 --> 00:44:22,743 Veña, papá! Que demo fas? 514 00:44:49,186 --> 00:44:51,271 Abre a puta porta, Jeff! 515 00:44:53,524 --> 00:44:57,194 Non rompas a caixa, papá. Xa atopei a chave. Está aquí. 516 00:45:15,212 --> 00:45:16,463 É só porno. 517 00:45:17,047 --> 00:45:19,425 Metino aí para que non o atopase a avoa. 518 00:45:22,428 --> 00:45:23,429 Perdoa. 519 00:45:30,018 --> 00:45:31,228 Xa está a cea! 520 00:45:34,732 --> 00:45:37,109 É mellor que baixemos. Si. 521 00:45:59,965 --> 00:46:01,425 Sei que estás triste. 522 00:46:03,677 --> 00:46:04,636 Non pasa nada. 523 00:46:05,971 --> 00:46:09,308 A ninguén lle gusta que o seu fillo vaia ao cárcere. 524 00:46:10,184 --> 00:46:11,894 Non paro de preguntarme… 525 00:46:13,937 --> 00:46:15,355 Fíxenlle eu isto? 526 00:46:16,315 --> 00:46:18,901 - Quero dicir, fun…? - Meu amor. 527 00:46:19,985 --> 00:46:22,488 Se cadra debín seguir casado? 528 00:46:23,280 --> 00:46:27,284 Debemos facer máis cousas xuntos? A taxidermia encantáballe. 529 00:46:27,367 --> 00:46:29,119 Non te podes facer isto. 530 00:46:29,203 --> 00:46:31,538 Debín esforzarme máis en paralo. 531 00:46:31,622 --> 00:46:35,417 Debín facer máis presión para descubrir o que pasaba. 532 00:46:35,918 --> 00:46:41,465 Pero a verdade é que me incomodaba. 533 00:46:42,174 --> 00:46:43,967 En realidade non quería saber… 534 00:46:58,857 --> 00:47:00,192 Houbo tantos sinais. 535 00:47:01,568 --> 00:47:02,444 Xesús. 536 00:47:03,278 --> 00:47:06,031 E pregunteillo. Ti sabes que o fixen. 537 00:47:13,664 --> 00:47:14,665 Diga? 538 00:47:17,960 --> 00:47:18,961 Licenciáronte? 539 00:47:21,421 --> 00:47:23,048 Que carallo pasou, Jeff? 540 00:47:23,632 --> 00:47:28,387 Non sei. Supoño que pensaron que bebía de máis. 541 00:47:29,805 --> 00:47:31,139 Non mo dixeron. 542 00:47:32,516 --> 00:47:34,351 Entón que…? 543 00:47:36,478 --> 00:47:38,814 Que raio facías cun manequín, Jeff? 544 00:47:39,857 --> 00:47:41,149 Roubáchelo ou que? 545 00:47:43,652 --> 00:47:46,864 Foi por unha aposta. Era todo unha broma. 546 00:48:01,253 --> 00:48:03,755 Que facías na Feira Estatal, Jeff? 547 00:48:04,548 --> 00:48:05,841 Exhibirte? 548 00:48:09,011 --> 00:48:12,764 Só mexaba fóra. Non sabía que me estaban vendo. 549 00:48:33,994 --> 00:48:35,621 Grazas por collerme, papá. 550 00:48:43,545 --> 00:48:45,130 Por que abusaches do neno? 551 00:48:45,881 --> 00:48:47,466 - Jeff? - Non abusei del. 552 00:48:48,300 --> 00:48:49,593 Só lle tirei fotos. 553 00:48:49,676 --> 00:48:50,969 Abonda de caralladas. 554 00:48:51,053 --> 00:48:53,305 Nin sequera sabía que anos tiña. 555 00:48:53,388 --> 00:48:55,098 E por que ía mentir o neno? 556 00:48:55,182 --> 00:48:58,727 Pois non che sei. O único que fixen foi tirar fotos del. 557 00:48:59,811 --> 00:49:01,104 Mesmo lle ía pagar. 558 00:49:03,315 --> 00:49:04,399 Foi unha trampa. 559 00:49:05,275 --> 00:49:08,362 Todos me teñen gana, papá. Eu tampouco o entendo. 560 00:49:16,620 --> 00:49:17,913 O pai do rapaz… 561 00:49:21,041 --> 00:49:23,168 Non me quito da cabeza a súa mirada. 562 00:49:28,590 --> 00:49:29,800 Fitoume. 563 00:49:30,842 --> 00:49:36,139 Jeff Dahmer sabía que o meu fillo era un neno. 564 00:49:37,891 --> 00:49:41,228 Cando coñeceu o meu fillo, preguntoulle 565 00:49:41,311 --> 00:49:44,147 en que curso estaba na escola. 566 00:49:45,399 --> 00:49:49,027 Se o meu fillo non estivese tan san e en boa forma, 567 00:49:49,903 --> 00:49:54,116 a droga que lle deu este home puido matalo. 568 00:49:54,199 --> 00:49:59,037 Señor Sinthasomphone, desculpe. É que… 569 00:49:59,121 --> 00:50:01,373 Cústame entender o seu acento. 570 00:50:01,456 --> 00:50:04,710 Podería axudarnos algún dos seus fillos? 571 00:50:08,296 --> 00:50:09,172 Grazas. 572 00:50:22,060 --> 00:50:23,603 Somos inmigrantes. 573 00:50:25,188 --> 00:50:26,231 Choiamos arreo. 574 00:50:27,649 --> 00:50:29,359 Traballamos do que podemos. 575 00:50:31,445 --> 00:50:33,822 Non temos diñeiro para un avogado caro. 576 00:50:36,616 --> 00:50:38,702 Non podemos comer nin durmir… 577 00:50:38,785 --> 00:50:39,828 De acordo. 578 00:50:39,911 --> 00:50:43,665 Se cadra o seu pai pode entregarlle a carta ao alguacil 579 00:50:43,749 --> 00:50:46,001 e xa a incluímos na acta. 580 00:50:51,673 --> 00:50:54,426 Señor Dahmer, póñase en pé. 581 00:50:59,222 --> 00:51:03,268 Para o cargo de agresión sexual en segundo grao non refuta os cargos. 582 00:51:03,351 --> 00:51:07,731 Por conseguinte, condénoo a un ano baixo a custodia 583 00:51:07,814 --> 00:51:10,901 do Correccional do Condado de Milwaukee. 584 00:51:16,073 --> 00:51:17,491 Estimado xuíz Gardner: 585 00:51:18,366 --> 00:51:22,954 Creo firmemente que o meu fillo, Jeffrey Dahmer, é alcólico. 586 00:51:35,175 --> 00:51:37,803 Se non recibe tratamento, dubido moito 587 00:51:37,886 --> 00:51:40,305 que vaia ter oportunidades cando saia. 588 00:51:41,640 --> 00:51:44,142 Oín falar dun programa de tratamento 589 00:51:44,226 --> 00:51:47,646 que ten funcionado moi ben para rehabilitar alcólicos. 590 00:51:47,729 --> 00:51:51,983 Que Jeff se someta a ese programa 591 00:51:52,067 --> 00:51:53,610 é vital para o seu futuro. 592 00:51:55,570 --> 00:51:57,948 Ti es o que fode nos nenos, eh? Eh? 593 00:51:58,031 --> 00:52:01,618 Espero que poida intervir dalgún xeito e axudar o meu fillo, 594 00:52:01,701 --> 00:52:02,994 ao que quero moito… 595 00:52:04,871 --> 00:52:07,582 e ao que lle desexo unha vida mellor. 596 00:52:07,666 --> 00:52:11,419 Esta é a nosa última oportunidade de facer algo perdurable. 597 00:52:12,379 --> 00:52:15,632 Está nas súas mans, señoría. 598 00:52:16,800 --> 00:52:18,927 Atentamente, Lionel Dahmer. 599 00:52:45,704 --> 00:52:50,792 UN ANO MÁIS TARDE 600 00:52:57,799 --> 00:52:59,509 - Ola, papá. - Ola. 601 00:52:59,593 --> 00:53:01,094 - Alégrome de verte. - Si. 602 00:53:02,262 --> 00:53:04,931 - Ola, Jeff. Tes bo aspecto. - Ei. 603 00:53:06,016 --> 00:53:07,100 Adelgazaches. 604 00:53:07,601 --> 00:53:09,686 - Ah, alégrame oír iso. - Si. 605 00:53:09,769 --> 00:53:10,896 Si. 606 00:53:10,979 --> 00:53:13,023 Tiven moito tempo de facer pesos. 607 00:53:13,899 --> 00:53:15,275 E de ler. 608 00:53:15,358 --> 00:53:18,820 - E ir traballar todos os días axudoume. - Xa. 609 00:53:18,904 --> 00:53:22,365 Pero si, iso, estou moi ben. 610 00:53:22,449 --> 00:53:23,783 Estoume portando ben. 611 00:53:24,868 --> 00:53:27,954 Que ben. Iso está xenial. 612 00:53:30,332 --> 00:53:34,461 Vas quedar coa avoa unha semana e xa está. 613 00:53:34,544 --> 00:53:36,546 Logo terás que buscar onde vivir. 614 00:53:36,630 --> 00:53:39,299 - Pero Shari e eu axudarémoste. - Vale. 615 00:53:43,428 --> 00:53:44,888 Jeff, cando estabas aí… 616 00:53:46,890 --> 00:53:48,183 alguén te axudou? 617 00:53:49,100 --> 00:53:50,518 Un psicólogo ou así. 618 00:53:50,602 --> 00:53:52,854 Falaches con alguén, cun terapeuta? 619 00:53:54,147 --> 00:53:55,190 De que? 620 00:53:55,732 --> 00:53:56,942 De calquera cousa. 621 00:53:57,025 --> 00:53:59,444 Do alcol, por exemplo, ou… 622 00:54:00,237 --> 00:54:01,696 xa sabes, de como… 623 00:54:02,405 --> 00:54:04,616 Do que che pasa por dentro. 624 00:54:05,116 --> 00:54:09,996 Se cadra déronche unhas pautas para saber… 625 00:54:11,164 --> 00:54:14,334 como… como contribuír á sociedade. 626 00:54:14,417 --> 00:54:18,171 Non sei. Cousas que eu non fun quen de che aprender. 627 00:54:20,382 --> 00:54:22,842 Non, aí dentro déixante só. 628 00:54:25,178 --> 00:54:29,266 Estiven só case todo o tempo. Iso foi o mellor, en realidade. 629 00:54:37,649 --> 00:54:39,818 Imos polas hamburguesas que dicías? 630 00:54:40,318 --> 00:54:42,195 Si, toma. 631 00:54:43,905 --> 00:54:45,490 Vai quentando o coche. 632 00:54:45,573 --> 00:54:48,201 Está aparcado ao fondo. Eu vou ao baño. 633 00:54:48,285 --> 00:54:49,244 Vale. 634 00:55:19,316 --> 00:55:20,442 É aquí. 635 00:55:38,251 --> 00:55:39,085 Perdoa. 636 00:55:39,669 --> 00:55:40,962 Intento aprender. 637 00:55:43,548 --> 00:55:44,883 Leme os beizos. 638 00:55:48,094 --> 00:55:49,304 Vivo aquí. 639 00:58:19,787 --> 00:58:21,873 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso