1 00:00:06,423 --> 00:00:09,384 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:43,668 --> 00:00:45,003 Atopei algo, señor. 3 00:00:49,299 --> 00:00:51,134 Penso que é parte dun fémur. 4 00:00:51,926 --> 00:00:54,971 Os restos atopados no xardín do seu pai 5 00:00:55,930 --> 00:00:58,349 apoian a súa historia da primeira vítima. 6 00:01:01,269 --> 00:01:02,437 O autostopista? 7 00:01:03,271 --> 00:01:04,272 Exacto. 8 00:01:05,565 --> 00:01:09,194 E por que espallou os ósos por aí? 9 00:01:09,903 --> 00:01:12,155 Foi só para eliminar as probas? 10 00:01:14,491 --> 00:01:15,366 A ver, 11 00:01:16,993 --> 00:01:20,455 nese momento entrei en pánico. 12 00:01:21,581 --> 00:01:25,376 Intentei esmagar os ósos, 13 00:01:26,336 --> 00:01:32,175 pero estaban… húmidos por dentro. 14 00:01:33,384 --> 00:01:36,137 Non podía machucalos até facelos po, 15 00:01:36,721 --> 00:01:37,847 así que… 16 00:01:39,724 --> 00:01:42,811 decidín metelos no forno 17 00:01:43,311 --> 00:01:46,064 para… en fin, 18 00:01:46,689 --> 00:01:51,402 para secalos, e iso foi a clave. 19 00:01:52,195 --> 00:01:55,573 Despois puiden facelos anaquiños. 20 00:01:57,867 --> 00:02:00,662 Pero por que espallalos por todo o xardín? 21 00:02:03,331 --> 00:02:06,084 Creo que quería que seguise comigo. 22 00:02:09,671 --> 00:02:11,256 A idea era 23 00:02:12,465 --> 00:02:15,135 que houbese cachos del por todas as partes. 24 00:02:15,802 --> 00:02:17,137 Ao meu redor. 25 00:02:21,850 --> 00:02:23,643 Sei que soa horríbel. 26 00:02:26,604 --> 00:02:29,440 En realidade, Jeff, o que nós pensemos tanto ten. 27 00:02:34,320 --> 00:02:38,950 Pero… penso que nacín así. 28 00:02:40,827 --> 00:02:45,748 Non creo que pasase nada que me convertese nisto. 29 00:02:47,083 --> 00:02:51,629 Porque sempre fun así. 30 00:02:55,466 --> 00:02:59,304 Despois do do autostopista… 31 00:03:00,847 --> 00:03:03,308 pasei un tempo sen querer repetilo. 32 00:03:03,975 --> 00:03:05,810 Ou si quería. 33 00:03:06,519 --> 00:03:09,814 Pensaba en facelo, constantemente, ás veces, 34 00:03:10,440 --> 00:03:15,111 pero era quen de me conter 35 00:03:16,112 --> 00:03:18,406 e non volveu ocorrer en… 36 00:03:21,868 --> 00:03:23,077 nove anos. 37 00:03:25,205 --> 00:03:26,581 É interesante. 38 00:03:27,957 --> 00:03:33,588 Ese psicólogo ou psiquiatra co que me fixeron falar 39 00:03:36,007 --> 00:03:39,469 díxome unha cousa que me quedou gravada. 40 00:03:39,969 --> 00:03:41,971 Despezar as súas vítimas 41 00:03:43,097 --> 00:03:45,099 provocáballe excitación sexual? 42 00:03:49,437 --> 00:03:50,438 Ah, si. 43 00:03:51,940 --> 00:03:53,900 - Moita. - Xa. 44 00:03:54,984 --> 00:03:56,110 Gustábame… 45 00:03:57,362 --> 00:04:01,074 Gustábame o aspecto dos órganos cando os tiña na man. 46 00:04:03,243 --> 00:04:07,038 Tiñan como un brillo. 47 00:04:09,916 --> 00:04:12,126 Hai un termo para o que me describe. 48 00:04:12,210 --> 00:04:14,045 Chámase esplancnofilia. 49 00:04:14,879 --> 00:04:18,299 É sentir excitación ao ver órganos internos e vísceras. 50 00:04:19,300 --> 00:04:24,097 Ese brillo que dixo que lle gustaba é un dos seus principais compoñentes. 51 00:04:25,598 --> 00:04:28,101 Aos seres humanos, sobre todo aos homes, 52 00:04:28,184 --> 00:04:31,104 adoitan gustarnos os obxectos brillantes. 53 00:04:31,813 --> 00:04:34,023 Isto ten tamén un matiz sexual. 54 00:04:34,691 --> 00:04:37,944 Nas revistas de mozas en bikini, elas están molladas. 55 00:04:38,027 --> 00:04:39,445 É coma se nos atraese. 56 00:04:40,196 --> 00:04:43,825 Podería ser porque a humidade, no que se refire á vaxina, 57 00:04:43,908 --> 00:04:46,369 indica que está lista para o sexo. 58 00:04:46,869 --> 00:04:48,955 É posíbel que sexa algo instintivo. 59 00:04:50,707 --> 00:04:53,001 Pero, se é algo co que naceu, 60 00:04:53,084 --> 00:04:56,671 unha obsesión coa que loitaba todo o tempo, 61 00:04:57,588 --> 00:05:00,300 como esperou eses nove anos entre medias? 62 00:05:00,883 --> 00:05:02,176 Ou por que? 63 00:05:02,260 --> 00:05:04,262 Intentaba ser un bo rapaz. 64 00:05:10,643 --> 00:05:13,980 Vale, na primeira fila, Tina, Andrew, Mark Norton, 65 00:05:14,063 --> 00:05:17,317 Sasha, Andrea, Mark D'Angelo, Dan. 66 00:05:17,400 --> 00:05:19,736 Ben, pegádevos uns aos outros. 67 00:05:23,239 --> 00:05:25,283 Parabéns a todos, por certo. 68 00:05:25,366 --> 00:05:27,035 Así que sodes a elite, eh? 69 00:05:27,118 --> 00:05:28,202 Ben. 70 00:05:28,911 --> 00:05:31,748 Sorride todos e… 71 00:05:32,582 --> 00:05:35,418 Xenial, imos tirar outra. 72 00:05:37,503 --> 00:05:39,339 - Moi ben. Grazas. - Vale. 73 00:05:39,422 --> 00:05:42,091 Tina, ti queda aí. Agora o club de ecoloxía. 74 00:05:43,676 --> 00:05:45,720 Ostras, son preciosos. 75 00:05:45,803 --> 00:05:47,805 Están xenial. Parabéns, Derek. 76 00:05:47,889 --> 00:05:50,224 Grazas. Todos fixestes un bo traballo. 77 00:05:50,308 --> 00:05:52,435 - Moi bo deseño, Dan. - Grazas. 78 00:05:52,518 --> 00:05:56,939 Agardade un momento. Ide á páxina 36, á foto da Sociedade de Honra. 79 00:06:03,029 --> 00:06:06,449 - Que carallo é isto? Como acabou aí? - Non che sei. 80 00:06:07,033 --> 00:06:08,701 Como se che pasou, Dan? 81 00:06:08,785 --> 00:06:10,787 Síntoo. Non o vin na foto. 82 00:06:10,870 --> 00:06:12,413 Era o teu puto traballo. 83 00:06:12,497 --> 00:06:15,708 A media de Jeff Dahmer non pasa do suficiente, Dan! 84 00:06:15,792 --> 00:06:17,752 Fillo de puta! 85 00:07:05,133 --> 00:07:06,759 Non montará un escándalo. 86 00:07:06,843 --> 00:07:07,677 Si que o fará. 87 00:07:07,760 --> 00:07:12,056 Quero desculparme de antemán por te meter nestes problemas familiares, 88 00:07:12,140 --> 00:07:13,015 xa sabes. 89 00:07:14,100 --> 00:07:16,060 Non ten razóns para se alporizar. 90 00:07:16,144 --> 00:07:19,313 Eras infeliz, divorciácheste e pasaches páxina 91 00:07:19,397 --> 00:07:21,899 Debería aledarse por ti e pasar páxina. 92 00:07:21,983 --> 00:07:24,819 Ese é o tema, Shari, non quere que sexa feliz. 93 00:07:25,570 --> 00:07:29,490 Se meto un bombonciño coma ti na casa, 94 00:07:29,574 --> 00:07:31,951 vaise pór dos nervios, creme. 95 00:07:32,577 --> 00:07:35,913 Pois que se poña como queira. Eu podo con iso. 96 00:07:36,414 --> 00:07:38,791 Móntolle un escándalo eu a ela. 97 00:07:38,875 --> 00:07:41,335 Sonche dura de roer, non sei se sabes. 98 00:07:41,419 --> 00:07:42,879 Xa me decatara, si. 99 00:07:46,507 --> 00:07:48,593 Queres mirar para a estrada? 100 00:07:59,979 --> 00:08:00,897 Joyce? 101 00:08:04,942 --> 00:08:06,068 Xesús. 102 00:08:06,986 --> 00:08:09,280 Parece que pasou un tornado por aquí. 103 00:08:11,866 --> 00:08:13,576 Non sabía que viñades. 104 00:08:18,164 --> 00:08:19,582 Que raio pasa aquí? 105 00:08:20,583 --> 00:08:22,293 E todo este alcol, Jeff? 106 00:08:24,003 --> 00:08:26,380 Fixen unha festa. 107 00:08:26,881 --> 00:08:28,591 Pero ti ves como está isto? 108 00:08:29,091 --> 00:08:30,635 Parece un cortello! 109 00:08:33,763 --> 00:08:34,764 É ela? 110 00:08:39,977 --> 00:08:40,978 Shari. 111 00:08:42,313 --> 00:08:44,524 Este é Jeff. Meu Deus, Jeff 112 00:08:45,024 --> 00:08:45,858 Ola, Jeff. 113 00:08:47,360 --> 00:08:48,819 - Ola. - E a túa nai? 114 00:08:51,155 --> 00:08:53,032 Non sei. Marchou. 115 00:08:53,115 --> 00:08:54,367 Onde foi? 116 00:08:56,244 --> 00:08:57,245 Non sei. 117 00:08:57,745 --> 00:08:59,455 Pero cando marchou? 118 00:09:00,706 --> 00:09:03,000 Haberá como tres meses. 119 00:09:05,711 --> 00:09:07,129 Desculpa, que? 120 00:09:09,006 --> 00:09:10,633 Sempre fai o mesmo. 121 00:09:11,551 --> 00:09:13,553 Só pensa en si mesma. 122 00:09:14,595 --> 00:09:17,515 E vai e deixa un rapaz de 18 anos só na casa, 123 00:09:17,598 --> 00:09:20,977 sen ninguén que lle cociñe nin nada, a saber que comiches. 124 00:09:21,811 --> 00:09:24,605 Isto é criminal. Como pode facer algo…? 125 00:09:25,106 --> 00:09:27,942 - A cona bendita. Perdoa. - Papá. 126 00:09:29,819 --> 00:09:31,070 Estou ben. 127 00:09:31,153 --> 00:09:32,613 Non, Jeff, non o estás. 128 00:09:34,448 --> 00:09:35,658 Bebes. 129 00:09:36,576 --> 00:09:39,203 Vin as latas baleiras e cheiras a alcol. 130 00:09:39,287 --> 00:09:40,538 Non estás ben. 131 00:09:41,414 --> 00:09:44,208 Veña, bebe isto. 132 00:09:45,167 --> 00:09:46,502 Non me gusta o café. 133 00:09:47,128 --> 00:09:49,880 Ten que pasarche a mona, isto é importante. 134 00:09:49,964 --> 00:09:53,801 Temos que ver como pomos en orde a túa vida, entendido? 135 00:09:55,428 --> 00:09:56,345 Si? 136 00:10:09,150 --> 00:10:11,068 Iso é moito azucre, Jeff. 137 00:10:14,238 --> 00:10:16,616 A ti que che importa? Non es miña nai. 138 00:10:17,116 --> 00:10:18,492 Acabo de coñecerte. 139 00:10:18,576 --> 00:10:20,995 - Tanto ten, Lionel. - Non sei que dicir. 140 00:10:21,495 --> 00:10:23,581 Tes razón, Jeff. Non son a túa nai, 141 00:10:24,498 --> 00:10:28,002 pero quero o teu pai, e iso significa que te quero a ti. 142 00:10:28,085 --> 00:10:29,045 De acordo? 143 00:10:29,920 --> 00:10:32,506 Quen ben te queira, farate chorar. 144 00:10:47,104 --> 00:10:50,858 Ao final conseguiches graduarte. É todo un logro. 145 00:10:51,359 --> 00:10:53,694 Por un pelo, pero si. 146 00:10:54,403 --> 00:10:57,657 - Pediches praza nalgunha universidade? - Non. 147 00:10:58,699 --> 00:11:02,036 Pero Jeff… Quero dicir, que demo…? 148 00:11:02,119 --> 00:11:03,746 Que estiveches a facer? 149 00:11:03,829 --> 00:11:06,624 - Agora xa é tarde. - Por iso non pedín praza. 150 00:11:07,958 --> 00:11:08,876 Jeff. 151 00:11:09,835 --> 00:11:13,964 Sempre se che deron tan ben as ciencias… Non sei. 152 00:11:14,048 --> 00:11:17,468 Coñezo a moitos dos que estudarán ciencias na universidade. 153 00:11:19,845 --> 00:11:23,391 Sacaron boas notas e así. As miñas son unha merda. 154 00:11:24,225 --> 00:11:26,060 E se fas un ciclo? 155 00:11:26,560 --> 00:11:28,437 Os ciclos son… 156 00:11:29,730 --> 00:11:31,273 para fracasados. 157 00:11:32,358 --> 00:11:35,903 Xa, e pode que sexan a túa única opción. 158 00:11:45,538 --> 00:11:46,497 Xa. 159 00:11:47,915 --> 00:11:49,208 En fin… 160 00:11:55,423 --> 00:11:56,757 iso é o que son. 161 00:12:03,180 --> 00:12:06,058 Por que finxo ser algo que non son? 162 00:12:11,021 --> 00:12:12,064 Sabes? 163 00:12:16,235 --> 00:12:17,069 Eu… 164 00:12:18,487 --> 00:12:20,072 non son un bo rapaz. 165 00:12:21,157 --> 00:12:23,075 Papá, non son normal. 166 00:12:23,576 --> 00:12:26,454 Non encaixo, son raro. Non… 167 00:12:27,204 --> 00:12:30,958 Son diferente… ao resto. 168 00:12:33,711 --> 00:12:37,506 - Creo que teño un problema. - Jeff, veña. Para. Isto… 169 00:12:37,590 --> 00:12:38,758 Non, vai en serio. 170 00:12:38,841 --> 00:12:41,761 Quero facer cousas que… 171 00:12:45,097 --> 00:12:47,641 E fixen cousas que non… 172 00:12:50,895 --> 00:12:52,146 Non sei. 173 00:12:54,148 --> 00:12:55,983 Creo que cho debería contar… 174 00:13:02,698 --> 00:13:03,699 O de… 175 00:13:05,868 --> 00:13:09,371 O dalgunhas das fantasías que teño. 176 00:13:09,455 --> 00:13:10,873 Vale, agarda un momento. 177 00:13:14,710 --> 00:13:17,087 Falas de cousas sexuais? 178 00:13:20,758 --> 00:13:23,552 Si, en parte. 179 00:13:24,261 --> 00:13:26,722 Sabes que? Perdoa. 180 00:13:26,806 --> 00:13:29,099 - Ocorréuseme unha idea. - O que? 181 00:13:33,979 --> 00:13:35,314 A Estatal. 182 00:13:37,733 --> 00:13:42,196 Meterémolo na Estatal de Ohio. Vas ir á Universidade Estatal. 183 00:13:44,031 --> 00:13:46,075 Si, e págoche o primeiro semestre. 184 00:13:48,077 --> 00:13:49,870 Ten bo programa de ciencias. 185 00:13:51,622 --> 00:13:52,498 Que pensas? 186 00:13:55,042 --> 00:13:55,876 Paréceme… 187 00:13:57,753 --> 00:13:59,338 Paréceme ben 188 00:14:00,172 --> 00:14:01,006 Ben. 189 00:14:02,842 --> 00:14:04,969 Decidido, pois facemos iso. 190 00:14:05,052 --> 00:14:06,512 - Ben. - Ti que pensas? 191 00:14:06,595 --> 00:14:09,014 Estás de broma? É unha idea xenial. 192 00:14:50,514 --> 00:14:52,474 Máis che vale estar gozándoo. 193 00:14:52,558 --> 00:14:55,477 Desde logo, parece que o estás. 194 00:14:55,561 --> 00:14:59,815 Douche diñeiro para que veñas aquí e agora chámame o decano. 195 00:15:00,441 --> 00:15:04,904 Vale, vou ir ao conto: Jeff vai ás clases? 196 00:15:04,987 --> 00:15:05,988 Non. 197 00:15:07,907 --> 00:15:11,076 Son todas pola mañá. Non me dou erguido para ir. 198 00:15:12,703 --> 00:15:13,996 Que media tes? 199 00:15:16,206 --> 00:15:18,042 A media de Jeff é de 3. 200 00:15:18,125 --> 00:15:20,127 Meu Deus. 201 00:15:21,503 --> 00:15:22,713 Xesús. 202 00:15:30,137 --> 00:15:31,180 De acordo. 203 00:15:33,557 --> 00:15:35,100 Imos mellorar esas notas. 204 00:15:36,602 --> 00:15:38,187 Señor Dahmer, non entende. 205 00:15:38,270 --> 00:15:40,105 Jeff está expulsado. 206 00:15:45,861 --> 00:15:48,155 Papá, agarda. Vas moi rápido. 207 00:15:49,365 --> 00:15:51,075 Vaste meter no puto exército. 208 00:15:59,875 --> 00:16:03,963 UN ANO MÁIS TARDE 209 00:16:07,466 --> 00:16:08,509 Velaí está. 210 00:16:12,471 --> 00:16:13,889 Mimá, mira para aí. 211 00:16:13,973 --> 00:16:15,557 Mira para el. 212 00:16:16,308 --> 00:16:17,643 Quen é ese? 213 00:16:17,726 --> 00:16:18,560 Ola. 214 00:16:19,269 --> 00:16:20,938 - Ola, papá. - Que guapo. 215 00:16:21,021 --> 00:16:22,606 - Que tal, Shari? - Mimá. 216 00:16:22,690 --> 00:16:24,149 - Ola. - Alégrame verte. 217 00:16:24,650 --> 00:16:25,609 Papá. 218 00:16:28,278 --> 00:16:31,490 Xesús, Jeff, estás… Que ben se che ve. 219 00:16:31,573 --> 00:16:32,908 - Grazas. - Si. 220 00:16:33,993 --> 00:16:34,994 Alégrame volver. 221 00:16:38,831 --> 00:16:40,332 Veña, pasa. 222 00:16:44,378 --> 00:16:45,796 Entón gústache? 223 00:16:47,047 --> 00:16:49,258 Si, está ben. 224 00:16:50,259 --> 00:16:52,011 Acabei o adestramento básico. 225 00:16:52,511 --> 00:16:54,013 E que che mandaron facer? 226 00:16:54,930 --> 00:16:58,392 Pois formeime como especialista médico, 227 00:16:58,475 --> 00:17:01,145 así que farei cousas de médico de combate. 228 00:17:01,228 --> 00:17:02,980 Especialista médico. Oíches? 229 00:17:03,063 --> 00:17:04,773 - Médico de combate! - Jeff. 230 00:17:05,357 --> 00:17:10,446 É un somnífero que garante un descanso e unha recuperación adecuados. 231 00:17:12,114 --> 00:17:13,782 Si, Dahmer. 232 00:17:14,533 --> 00:17:15,784 Cal era ese? 233 00:17:15,868 --> 00:17:16,994 Como se chamaba? 234 00:17:17,077 --> 00:17:18,120 Halcion. 235 00:17:18,996 --> 00:17:21,415 Dá moi bo resultado. É moi efectivo. 236 00:17:21,498 --> 00:17:23,292 Ves, fillo? Xa cho dixera. 237 00:17:23,375 --> 00:17:25,961 Esas cousas de ciencias que che interesaban 238 00:17:26,045 --> 00:17:27,838 íanche ser útiles. 239 00:17:27,921 --> 00:17:29,214 Pois tiñas razón. 240 00:17:32,134 --> 00:17:33,218 Veña, a comer. 241 00:17:51,195 --> 00:17:52,404 HALCION 0,5 MG 242 00:18:01,580 --> 00:18:03,749 Encaixaches, logo? Fixeches amigos? 243 00:18:04,541 --> 00:18:05,375 Ah, fixen, si. 244 00:18:15,469 --> 00:18:16,470 Ei, Tanner. 245 00:18:17,429 --> 00:18:18,680 Queres festa? 246 00:18:18,764 --> 00:18:21,934 Os compañeiros son moi agradábeis. Fixen amigos. 247 00:19:37,467 --> 00:19:41,597 Para a semana destínanme a Alemaña Occidental. 248 00:19:42,556 --> 00:19:44,808 A un sitio chamado Baumholder, creo. 249 00:19:44,892 --> 00:19:46,268 Oíches iso, Shar? 250 00:19:46,351 --> 00:19:47,436 Jeff! 251 00:19:48,562 --> 00:19:49,521 Vaia. 252 00:19:50,898 --> 00:19:52,524 Se cadra atópaste 253 00:19:53,400 --> 00:19:57,112 con algún dos nosos parentes que aínda viven na patria nai. 254 00:19:57,196 --> 00:19:58,572 - Ah, igual si. - Si. 255 00:19:59,615 --> 00:20:00,782 - Buscareinos. - Si. 256 00:20:03,702 --> 00:20:04,661 Recoiro. 257 00:20:07,122 --> 00:20:08,165 Alemaña. 258 00:20:11,335 --> 00:20:12,586 Quen o ía dicir… 259 00:20:35,567 --> 00:20:39,655 Eh! Move o cu e sae do coche. Xa! 260 00:20:55,504 --> 00:20:59,174 Vale, antes de entrarmos, quero deixar as cousas ben claras. 261 00:20:59,258 --> 00:21:00,342 Entendiches? 262 00:21:00,425 --> 00:21:02,970 Isto non che é unha bicoca. Tes 21 anos. 263 00:21:03,053 --> 00:21:05,264 Bótante da universidade, do exército… 264 00:21:05,347 --> 00:21:07,557 Acabóuseche o choio. Nada de alcol. 265 00:21:07,641 --> 00:21:09,643 Vas traballar a tempo completo 266 00:21:09,726 --> 00:21:12,062 e axudarlle á avoa coas cousas da casa. 267 00:21:14,189 --> 00:21:15,274 Está claro? 268 00:21:17,401 --> 00:21:18,443 Está. 269 00:22:01,111 --> 00:22:03,530 Avoa, que hai nesta caixa? 270 00:22:05,699 --> 00:22:09,703 Ah, son fotos do teu pai. Queres velas? 271 00:22:10,829 --> 00:22:12,122 Claro. 272 00:22:12,205 --> 00:22:14,249 Xiras a chave así 273 00:22:14,750 --> 00:22:16,752 e xa oes o clic. 274 00:22:22,883 --> 00:22:24,509 Velaquí está o teu pai. 275 00:22:25,469 --> 00:22:29,097 Non me lembro de que aniversario era. Igual o dos cinco anos 276 00:22:29,973 --> 00:22:34,311 Mira para el. Que neno máis riquiño. 277 00:22:35,812 --> 00:22:40,275 Esta é da feira de ciencias. 278 00:22:40,901 --> 00:22:44,196 Ten un lazo na man, así que debeu de gañar un premio. 279 00:22:47,657 --> 00:22:49,409 Aquí era moito máis maior. 280 00:22:50,202 --> 00:22:52,162 Esta é dunha reunión familiar 281 00:22:52,245 --> 00:22:56,708 na casa do teu tío avó Roland, en Stevens Point. 282 00:22:57,667 --> 00:23:01,254 Era un bo rapaz, o teu pai. Foino toda a vida. 283 00:23:04,508 --> 00:23:06,510 Oxalá tivese unha caixa coma esta. 284 00:23:07,386 --> 00:23:10,222 Supoño que podes quedar esta, se queres. 285 00:23:10,722 --> 00:23:12,808 Para que precisas unha caixa? 286 00:23:14,017 --> 00:23:15,310 Non, quero dicir 287 00:23:16,269 --> 00:23:20,023 que nin sequera teño recordos así para meter nunha caixa. 288 00:23:21,900 --> 00:23:24,778 Na vida gañei un premio nin ningunha outra cousa. 289 00:23:26,780 --> 00:23:30,283 Son como a mazá podre. 290 00:23:31,618 --> 00:23:33,954 Chóveme na cabeza ou algo. 291 00:23:36,123 --> 00:23:38,041 Jeff Dahmer, mira para min. 292 00:23:38,542 --> 00:23:41,420 Non tes nada que non poidamos arranxar. 293 00:23:41,920 --> 00:23:45,048 Penso que o que precisas é unha boa moza, máis nada. 294 00:23:50,637 --> 00:23:53,932 E tamén está o da bebida. 295 00:23:54,433 --> 00:23:56,768 Iso si que é un problema. 296 00:23:57,269 --> 00:23:59,479 Ultimamente case non bebo, avoa. 297 00:23:59,980 --> 00:24:03,775 Coido que poderías beber aínda menos, non che parece? 298 00:24:04,276 --> 00:24:08,488 Xa sei que parezo un disco raiado, 299 00:24:09,531 --> 00:24:12,325 pero deberías volver á igrexa. 300 00:24:17,747 --> 00:24:20,041 As cousas que fan que te desvíes, 301 00:24:20,125 --> 00:24:21,626 como o alcol 302 00:24:21,710 --> 00:24:25,505 e o de darlle mil voltas ás cousas 303 00:24:26,089 --> 00:24:28,383 son tentacións, Jeff. 304 00:24:29,176 --> 00:24:32,929 Creo que volver á igrexa axudaríache a entender esas tentacións 305 00:24:33,013 --> 00:24:35,182 e a te resistires a elas. 306 00:24:39,769 --> 00:24:43,231 Quen pensas que me tenta? O demo? 307 00:24:45,192 --> 00:24:48,236 Exacto, estou máis que segura. 308 00:24:49,279 --> 00:24:52,824 Es un bo rapaz, Jeff. Es igual de bo que o teu pai, 309 00:24:54,284 --> 00:24:56,953 só que tes problemas distintos aos seus. 310 00:24:57,454 --> 00:25:00,582 Todo o mundo se enfronta a algún desafío. 311 00:25:01,291 --> 00:25:03,126 No fondo es un bo rapaz, Jeff. 312 00:25:03,210 --> 00:25:06,004 Pode que ti non o creas, pero eu si. 313 00:25:11,259 --> 00:25:12,427 Grazas, avoa. 314 00:25:30,320 --> 00:25:33,156 Entón xa traballaches nunha chacinería? 315 00:25:34,866 --> 00:25:36,785 Traballei, en Miami. 316 00:25:36,868 --> 00:25:39,454 Facía bocadillos e así. 317 00:25:39,538 --> 00:25:42,499 Vale, pero isto é unha chacinería polaca, 318 00:25:42,582 --> 00:25:46,086 así que vas ter que facer salchichas e preparar a carne. 319 00:25:46,169 --> 00:25:48,046 Ser carniceiro é unha arte. 320 00:25:49,297 --> 00:25:51,132 Nunca o vira dese xeito. 321 00:25:51,633 --> 00:25:53,009 Pois é unha arte. 322 00:25:53,093 --> 00:25:56,388 Eu son carniceiro. Aprendín co meu pai en Polonia. 323 00:25:56,471 --> 00:25:58,515 O seu pai tamén era carniceiro. 324 00:25:58,598 --> 00:26:00,559 É un oficio sanguento e perigoso. 325 00:26:00,642 --> 00:26:03,728 O último rapaz era parvo, non prestaba atención. 326 00:26:03,812 --> 00:26:05,063 Cortou o dedo. 327 00:26:05,146 --> 00:26:07,315 Preciso a alguén serio, 328 00:26:07,399 --> 00:26:10,193 que teña bo pulso e se deixe de caralladas. 329 00:26:12,112 --> 00:26:14,698 Si, eu teño moi bo pulso para estas cousas. 330 00:26:16,866 --> 00:26:19,786 Soldo mínimo, sen horas extra, con roupa elegante. 331 00:26:19,869 --> 00:26:23,039 Aínda que esteas atrás, debes vir presentábel, si? 332 00:26:24,499 --> 00:26:25,584 De acordo. 333 00:26:26,167 --> 00:26:27,877 Ven, amósoche o conxelador. 334 00:26:31,172 --> 00:26:32,424 Jeff. 335 00:26:33,925 --> 00:26:35,302 Grazas, avoa. 336 00:26:35,385 --> 00:26:37,929 Podes deixar as sabas na porta. 337 00:26:38,013 --> 00:26:39,931 Gústame facer a cama eu. 338 00:26:45,520 --> 00:26:46,730 Grazas, avoa. 339 00:27:33,109 --> 00:27:35,654 Ola, avoa. Xa estou na casa. 340 00:27:44,120 --> 00:27:45,121 Avoa! 341 00:27:48,833 --> 00:27:51,252 - Avoa, onde está o meu…? - O que? 342 00:27:51,336 --> 00:27:54,964 Xa sabes, o… o manequín. 343 00:27:56,841 --> 00:27:58,218 Para que tiñas iso? 344 00:27:58,301 --> 00:27:59,844 De onde o colliches? 345 00:28:01,596 --> 00:28:03,598 Só cho digo se me dis onde está. 346 00:28:03,682 --> 00:28:05,266 Por que tiñas iso, Jeff? 347 00:28:07,143 --> 00:28:09,187 Jeff, quero dicirche unha cousa. 348 00:28:09,270 --> 00:28:11,773 Eu sempre te vou querer. 349 00:28:11,856 --> 00:28:16,027 Sentes…? Xa sabes, sénteste atraído…? 350 00:28:16,111 --> 00:28:17,570 Non quero falar diso. 351 00:28:17,654 --> 00:28:21,241 Porque podemos ir á igrexa e rezar. Xesús pode facer cousas… 352 00:28:21,324 --> 00:28:24,953 Onde está o puto manequín? 353 00:28:25,745 --> 00:28:27,747 Díxenche que non entrases! 354 00:28:27,831 --> 00:28:30,625 Son o meu cuarto e as miñas cousas. 355 00:28:30,709 --> 00:28:32,544 Dime onde está dunha puta vez! 356 00:28:32,627 --> 00:28:34,212 Creo que iso non é san! 357 00:28:35,672 --> 00:28:38,216 Tireino. 358 00:28:42,887 --> 00:28:44,139 Tiráchelo? 359 00:28:44,639 --> 00:28:48,685 Tirei. Levárono pola tarde os do lixo. 360 00:28:56,276 --> 00:29:00,447 A nai que me pariu! Hostia bendita! 361 00:29:34,814 --> 00:29:35,982 Eu… 362 00:29:38,276 --> 00:29:39,861 Síntoo moito, avoa. 363 00:29:43,114 --> 00:29:44,866 Fixen mal en berrarche así. 364 00:29:47,202 --> 00:29:49,579 E síntoo por romper a manteigueira. 365 00:29:53,958 --> 00:29:55,043 Non son 366 00:29:56,377 --> 00:29:57,712 o que dis que son. 367 00:30:00,340 --> 00:30:03,009 Nunca deshonraría a familia dese xeito. 368 00:30:07,972 --> 00:30:09,390 Penso que é só que… 369 00:30:11,810 --> 00:30:13,061 quero un amigo. 370 00:30:16,189 --> 00:30:18,274 Acepto a túa desculpa. 371 00:30:18,900 --> 00:30:20,860 Pero non me gustan os xuramentos. 372 00:30:21,986 --> 00:30:22,946 Xa o sei. 373 00:30:31,496 --> 00:30:35,166 Sabes que? Logo vai ser a Feira Estatal. 374 00:30:36,960 --> 00:30:39,420 Cando eras pequeno encantábache. 375 00:30:41,798 --> 00:30:44,801 Xa non é coma antes, cos animais de granxa 376 00:30:44,884 --> 00:30:47,637 e a xente botando queixos polo outeiro abaixo. 377 00:30:49,055 --> 00:30:52,392 Até teñen un posto de cervexas e todo. 378 00:30:52,892 --> 00:30:54,269 Un posto de cervexa? 379 00:32:28,988 --> 00:32:30,114 Ola, Jeff. 380 00:32:34,535 --> 00:32:35,828 Estás vivo. 381 00:32:37,622 --> 00:32:38,539 Estou. 382 00:32:58,518 --> 00:33:01,104 Non, non! Sáeme de aquí! 383 00:33:02,188 --> 00:33:03,272 Teño quenda. 384 00:33:03,356 --> 00:33:05,942 Non, Jeff. Oín o que pasou na Feira Estatal. 385 00:33:06,025 --> 00:33:10,029 Non podo terte aquí. Fóra! 386 00:33:16,452 --> 00:33:18,287 Traballabas diso no exército? 387 00:33:19,664 --> 00:33:21,624 Si, era médico de combate. 388 00:33:21,708 --> 00:33:23,960 Especialista médico, chámanlle eles. 389 00:33:24,460 --> 00:33:26,129 Ah, vaia, moi ben. 390 00:33:26,838 --> 00:33:28,756 Pois é o candidato perfecto. 391 00:33:29,257 --> 00:33:33,052 Vexo que o licenciaron con honra. Podo preguntar por que? 392 00:33:37,098 --> 00:33:40,643 Para serlle sincero, tiña problemas co alcol. 393 00:33:40,727 --> 00:33:43,354 Pero xa me rehabilitei. 394 00:33:43,855 --> 00:33:47,108 Entendo. Alégrome por vostede. 395 00:33:47,817 --> 00:33:48,901 Grazas. 396 00:33:49,402 --> 00:33:52,947 Vou ás reunións e demais. Hai que ir día a día. 397 00:33:53,614 --> 00:33:57,493 Iso está moi ben. Parabéns. 398 00:33:57,577 --> 00:33:58,828 Grazas. 399 00:33:58,911 --> 00:34:02,081 Creo que está algo sobrecualificado para o posto. 400 00:34:07,170 --> 00:34:10,048 Doug Brozovsky. 401 00:34:10,131 --> 00:34:11,257 Son eu. 402 00:34:17,597 --> 00:34:18,973 Cerre o puño. 403 00:34:22,518 --> 00:34:23,644 Ten boas veas. 404 00:34:24,145 --> 00:34:25,063 Grazas. 405 00:34:29,859 --> 00:34:30,985 Agora reláxeo. 406 00:34:45,374 --> 00:34:47,085 Antes facíao todo o tempo. 407 00:34:49,295 --> 00:34:50,713 Ía sacar sangue… 408 00:34:51,714 --> 00:34:53,299 e doábao. 409 00:34:54,842 --> 00:34:56,636 Sacaba cartos para cervexa. 410 00:35:00,598 --> 00:35:03,059 Fun tantas veces que me prohibiron ir. 411 00:35:08,940 --> 00:35:09,899 Xa. 412 00:35:11,275 --> 00:35:13,820 Estou moi orgullosa de ti. 413 00:35:14,487 --> 00:35:19,200 Deixaches o alcol e vaiche ben no traballo. 414 00:35:19,283 --> 00:35:20,326 Es sanitario! 415 00:35:21,744 --> 00:35:23,371 Falaches co teu pai? 416 00:35:24,247 --> 00:35:25,123 Non. 417 00:35:26,290 --> 00:35:27,917 Cre que son un puto parvo. 418 00:35:28,918 --> 00:35:29,961 Sinto a bocalada. 419 00:35:30,044 --> 00:35:32,547 Iso non é certo. 420 00:35:33,089 --> 00:35:37,135 A ver, está anoxado porque te arrestaron. 421 00:35:37,677 --> 00:35:40,721 Foi unha falta leve. Unha multa de 70 dólares. 422 00:35:41,222 --> 00:35:45,059 Foi tamén culpa miña por che dicir o do posto de cervexa, 423 00:35:45,143 --> 00:35:48,437 pero o que digo é que iso xa quedou atrás. 424 00:35:50,898 --> 00:35:52,316 Que tes? 425 00:35:52,817 --> 00:35:55,361 Nin sequera comiches o brownie. 426 00:35:55,862 --> 00:35:57,697 É o mellor destes pratos. 427 00:35:59,198 --> 00:36:02,785 É que hoxe non teño moita fame. 428 00:36:10,168 --> 00:36:12,253 Vou ir para o cuarto, avoa. 429 00:36:12,753 --> 00:36:13,796 Estou rebentado. 430 00:36:20,469 --> 00:36:21,971 Perdón por non o acabar. 431 00:38:32,852 --> 00:38:34,061 Boa sorte. 432 00:38:35,730 --> 00:38:36,605 O que? 433 00:38:36,689 --> 00:38:39,734 Que boa sorte. É imposíbel chamar a súa atención. 434 00:38:44,447 --> 00:38:45,614 Unha cervexa? 435 00:38:46,741 --> 00:38:49,744 É do meu colega, pero creo que marchou cun amigo. 436 00:38:50,911 --> 00:38:52,163 Cóllea, se a queres. 437 00:38:54,874 --> 00:38:57,126 Claro, grazas. 438 00:38:58,461 --> 00:38:59,420 Son Charles. 439 00:39:00,379 --> 00:39:01,255 Jeff. 440 00:39:08,429 --> 00:39:11,265 En fin, Jeff, están pechando. 441 00:39:13,184 --> 00:39:15,353 Pois vaiamos facer algo. 442 00:39:15,936 --> 00:39:18,939 Ti e mais eu. O que ti queiras. 443 00:39:21,942 --> 00:39:23,235 Ía saír. 444 00:39:24,612 --> 00:39:25,654 Vés comigo? 445 00:39:32,870 --> 00:39:34,705 - Ricky, un cuarto grande. - Ei. 446 00:40:42,982 --> 00:40:44,066 Podo…? 447 00:40:46,735 --> 00:40:47,736 Perdoa. 448 00:40:48,904 --> 00:40:52,992 É que non teño moita experiencia. 449 00:40:55,035 --> 00:40:58,414 Non pasa nada. Iso é moi sexy. 450 00:40:58,497 --> 00:40:59,415 Agarda. 451 00:41:09,633 --> 00:41:11,594 Impórtache 452 00:41:12,845 --> 00:41:14,889 se nos deitamos na cama 453 00:41:17,433 --> 00:41:18,893 e te abrazo? 454 00:41:24,106 --> 00:41:25,191 Non, claro. 455 00:41:26,567 --> 00:41:28,110 Podemos empezar por aí. 456 00:41:39,955 --> 00:41:41,373 Iso gústame. 457 00:41:44,335 --> 00:41:45,377 Si. 458 00:42:08,817 --> 00:42:10,027 Onde vas? 459 00:42:11,237 --> 00:42:13,906 Son as 7:30. Teño que ir choiar. 460 00:42:16,659 --> 00:42:20,371 Non podes quedar un chisco máis? Estábao pasando ben. 461 00:42:20,454 --> 00:42:23,290 Non, teño que ir traballar. 462 00:42:47,856 --> 00:42:48,691 Ei, Ricky. 463 00:42:48,774 --> 00:42:50,943 - Ola, Jeff. - Un cuarto. 464 00:42:52,069 --> 00:42:53,737 Xa es un habitual. 465 00:43:06,458 --> 00:43:07,793 Que queres facer? 466 00:43:08,919 --> 00:43:10,170 Quita a camiseta. 467 00:43:15,801 --> 00:43:17,803 - Es moi guapo. - Ti tamén. 468 00:43:17,886 --> 00:43:20,180 Agarda. Espera aquí. 469 00:43:21,473 --> 00:43:23,183 Vou por algo para bebermos. 470 00:43:25,603 --> 00:43:27,187 Ola, Jeff. 471 00:43:27,271 --> 00:43:29,690 - Dous whiskys con Coca Cola. - Marchando. 472 00:43:54,757 --> 00:43:55,799 Grazas. 473 00:44:10,356 --> 00:44:12,733 - Por aquí. - De acordo. 474 00:44:13,942 --> 00:44:16,612 É o tipo ese. É a segunda vez que o fai. 475 00:44:16,695 --> 00:44:19,365 Mételles algo na bebida e déixaos aquí. 476 00:44:19,865 --> 00:44:23,285 Ao último démolo levantado, pero este rapaz non reacciona. 477 00:44:27,665 --> 00:44:28,957 - Collámolo. - Vale. 478 00:44:37,549 --> 00:44:38,550 Grazas. 479 00:44:41,762 --> 00:44:45,224 - Ei, Ricky. - Lisca de aquí, cabrón. 480 00:44:46,308 --> 00:44:48,143 Deberías escapar deste tipo xa. 481 00:44:48,227 --> 00:44:50,688 Trae rapaces aquí e drógaos. 482 00:44:51,271 --> 00:44:53,941 E nin penses en ir a Empire ou Roman Bath. 483 00:44:54,024 --> 00:44:55,150 Faleilles de ti. 484 00:44:55,234 --> 00:44:59,154 Estás na lista negra. Sae da miña sauna xa, hostia. 485 00:45:00,948 --> 00:45:02,574 Eh, espera. 486 00:45:03,951 --> 00:45:06,120 Que marches dunha vez, carallo. 487 00:45:06,203 --> 00:45:07,204 Non fixen nada. 488 00:45:07,287 --> 00:45:09,415 - Marcha xa! - Eu non fixen nada! 489 00:45:09,498 --> 00:45:12,084 Sácame as putas mans de enriba! 490 00:45:13,168 --> 00:45:14,628 Chamo a policía? 491 00:45:17,923 --> 00:45:20,134 Desculpade. A tarxeta, por favor. 492 00:45:34,690 --> 00:45:36,900 Marcho á igrexa. 493 00:45:38,235 --> 00:45:39,236 Vale. 494 00:45:41,196 --> 00:45:43,949 Gustaríame que viñeses comigo, Jeff. 495 00:45:46,326 --> 00:45:50,664 Sei que te despediron. É unha decepción. 496 00:45:51,415 --> 00:45:55,085 E volviches a beber. Non o negues. 497 00:45:56,086 --> 00:46:01,133 O teu pai rendeuse contigo e iso é moi difícil para ti, 498 00:46:02,050 --> 00:46:07,431 pero hai outro pai que nunca te ha decepcionar. 499 00:46:08,098 --> 00:46:09,767 O noso Pai celestial. 500 00:46:11,018 --> 00:46:11,977 Non. 501 00:46:14,563 --> 00:46:16,023 Eu non creo en Deus. 502 00:46:17,566 --> 00:46:20,527 Retira iso. 503 00:46:24,615 --> 00:46:25,949 Non. 504 00:47:01,026 --> 00:47:02,611 Dous chopiños de Jack. 505 00:47:12,371 --> 00:47:13,413 Grazas. 506 00:47:31,181 --> 00:47:32,307 Para ti. 507 00:47:32,975 --> 00:47:34,309 Es o máis guapo aquí. 508 00:47:35,686 --> 00:47:37,563 Móveste que alucinas. 509 00:47:38,856 --> 00:47:40,399 Oxalá bailase coma ti. 510 00:47:42,901 --> 00:47:44,152 A ver como o fas. 511 00:47:47,072 --> 00:47:48,699 Non, en serio que non sei. 512 00:47:48,782 --> 00:47:50,826 Veña, ti podes. Dálle. 513 00:47:54,872 --> 00:47:56,832 Agarda, vas mancar a alguén. 514 00:47:57,457 --> 00:47:58,584 Empeza por isto. 515 00:47:59,376 --> 00:48:02,379 Así, sinte a música. 516 00:48:19,730 --> 00:48:22,858 Oe, Jeff, non creo que poida pagar isto. 517 00:48:23,483 --> 00:48:26,111 Non, convido eu. 518 00:48:26,194 --> 00:48:28,071 Por que non imos a unha sauna? 519 00:48:29,907 --> 00:48:32,951 Non, eses sitios están sucios. 520 00:48:33,869 --> 00:48:36,121 A última vez pillei pé de atleta. 521 00:48:51,094 --> 00:48:53,472 Este cuarto é incríbel! Canto custou? 522 00:49:11,448 --> 00:49:13,700 Que andas a facer? Únete á festa! 523 00:49:15,118 --> 00:49:16,453 Dáme un momento! 524 00:49:20,666 --> 00:49:22,626 - Ah, merda. - Que fas? 525 00:49:25,087 --> 00:49:25,963 Toma. 526 00:49:54,116 --> 00:49:55,242 Ven aquí. 527 00:49:55,742 --> 00:49:57,160 - Ei. - Ei. 528 00:49:57,244 --> 00:49:58,662 Dálle un grolo. 529 00:50:06,795 --> 00:50:07,796 Bebe. 530 00:50:18,473 --> 00:50:21,435 Deixa que che prepare outra. 531 00:50:22,269 --> 00:50:23,478 Non podo beber máis. 532 00:50:23,562 --> 00:50:26,023 Traballo bailando, non podo engordar. 533 00:50:26,523 --> 00:50:29,943 Non me sexas frouxo, levan refresco light. 534 00:51:08,231 --> 00:51:09,107 Esperta! 535 00:51:10,942 --> 00:51:12,069 Esperta! 536 00:52:06,289 --> 00:52:07,624 Veña. 537 00:53:00,385 --> 00:53:01,219 Eh. 538 00:53:03,763 --> 00:53:04,598 Ei. 539 00:53:33,793 --> 00:53:34,711 Ei. 540 00:53:41,384 --> 00:53:42,802 Ai, meu Deus. 541 00:53:45,847 --> 00:53:47,265 Virxe santa. 542 00:53:56,233 --> 00:53:57,359 Meu Deus. 543 00:54:01,488 --> 00:54:04,032 Non. 544 00:54:06,076 --> 00:54:07,118 Veña. 545 00:54:08,536 --> 00:54:09,537 Non. 546 00:54:10,747 --> 00:54:11,915 Esperta. 547 00:54:17,837 --> 00:54:22,801 Vamos. 548 00:54:36,022 --> 00:54:37,190 Merda! 549 00:54:39,985 --> 00:54:40,986 Non. 550 00:54:48,451 --> 00:54:49,452 Vamos. 551 00:57:15,098 --> 00:57:16,891 Vas ir á igrexa mañá? 552 00:57:16,975 --> 00:57:19,060 Xa mo preguntaches, Jeff. 553 00:57:19,686 --> 00:57:22,272 Por que? Queres vir? 554 00:57:22,897 --> 00:57:24,190 Non. 555 00:57:25,358 --> 00:57:28,528 Quero saber que horario temos. Teño dereito a sabelo. 556 00:57:30,113 --> 00:57:33,032 Papá di que son o home da casa. 557 00:57:33,116 --> 00:57:35,452 De acordo, non imos rifar. 558 01:01:27,308 --> 01:01:30,228 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso