1 00:00:06,423 --> 00:00:09,342 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:11,636 --> 00:00:17,267 MILWAUKEE, WISCONSIN 1959 3 00:01:18,995 --> 00:01:20,121 Joyce? 4 00:01:27,629 --> 00:01:29,339 De cantas semanas está xa? 5 00:01:29,422 --> 00:01:30,673 De vinte e seis. 6 00:01:30,757 --> 00:01:33,593 Entón xa entrou no último trimestre. Ben. 7 00:01:33,676 --> 00:01:36,930 Os cambios de humor, o nerviosismo. 8 00:01:39,057 --> 00:01:41,684 Pense que este é o momento de se relaxar 9 00:01:41,768 --> 00:01:45,438 e pensar na alegría que traerá ás súas vidas o bebé. 10 00:01:46,689 --> 00:01:50,193 Vexo que tomou moitos medicamentos, incluídas hormonas. 11 00:01:50,693 --> 00:01:52,779 - Que toma actualmente? - Tomo… 12 00:01:52,862 --> 00:01:56,282 É por iso que viñemos hoxe, doutor, polos medicamentos. 13 00:01:56,366 --> 00:01:59,035 Toma Equanil para a ansiedade. 14 00:01:59,119 --> 00:02:00,829 Suponse que vai a demanda, 15 00:02:00,912 --> 00:02:03,581 pero xa acabou un monte de botes. 16 00:02:05,041 --> 00:02:08,294 - Outro doutor deulle somníferos. - Durmir é importante. 17 00:02:08,378 --> 00:02:12,423 - Laxantes, Valium. Deulle morfina. - Deume morfina tres veces. 18 00:02:12,507 --> 00:02:14,217 Inxeccións de barbitúricos. 19 00:02:14,300 --> 00:02:16,386 Se me calman, está ben que as poña. 20 00:02:16,469 --> 00:02:20,056 O que me preocupa é o feto. 21 00:02:20,557 --> 00:02:22,267 Teño medo polo neno. 22 00:02:22,350 --> 00:02:25,603 Óese iso dos bebés vítimas da talidomida en Inglaterra. 23 00:02:25,687 --> 00:02:28,273 - Non tomo talidomida. - Non me interrompas. 24 00:02:29,649 --> 00:02:31,734 Tomas 26 pastillas ao día. 25 00:02:31,818 --> 00:02:34,779 Tomo o que me receitaron os médicos, Lionel. 26 00:02:34,863 --> 00:02:36,406 Eu fago o que me din. 27 00:02:36,489 --> 00:02:39,367 Quero sentirme mellor e ti alporízaste comigo. 28 00:02:39,450 --> 00:02:41,411 Fanme sentir que o fago mal, 29 00:02:41,494 --> 00:02:43,955 pero non sei que é o que fago mal. 30 00:02:44,038 --> 00:02:46,666 Vale. 31 00:02:46,749 --> 00:02:48,293 Enténdoa. 32 00:02:48,376 --> 00:02:51,004 Ten as hormonas alteradas, está confusa. 33 00:02:51,087 --> 00:02:53,089 A vida vaille dar un xiro de 180… 34 00:02:53,173 --> 00:02:54,757 - Non é iso. - Joyce. 35 00:02:54,841 --> 00:02:57,135 Só quero saber que me pasa de verdade. 36 00:02:57,844 --> 00:03:00,722 Que é o que fai que me sinta así, quimicamente. 37 00:03:00,805 --> 00:03:03,391 Non se preocupe por nada diso, de acordo? 38 00:03:03,474 --> 00:03:08,188 O único que precisa saber é que é normal e que pasará. 39 00:03:08,688 --> 00:03:12,650 Sería mellor que o afrontase sen depender da medicación. 40 00:03:12,734 --> 00:03:16,154 Só quero que acabe isto para poder seguir coa miña vida. 41 00:03:20,450 --> 00:03:22,827 Hai mulleres que si gozan do embarazo. 42 00:03:24,370 --> 00:03:25,455 Sei que si. 43 00:03:29,417 --> 00:03:31,211 Eu non. Síntome tan culpable… 44 00:03:32,295 --> 00:03:34,255 Axiña rematará. 45 00:04:07,413 --> 00:04:09,916 Aí estamos. Picou un. Que ben. 46 00:04:11,626 --> 00:04:13,670 Terma, sácao ti. 47 00:04:16,631 --> 00:04:18,675 Vale. 48 00:04:19,550 --> 00:04:23,221 - Vaia, é moi pequeno. - Non, ten bo tamaño. 49 00:04:23,304 --> 00:04:24,514 Comerémolo. 50 00:04:28,017 --> 00:04:30,478 Así, xa está. 51 00:04:30,561 --> 00:04:34,107 Agora aprendereiche a pór o verme no anzol. 52 00:04:34,941 --> 00:04:36,943 Déixame coller un ben grande. 53 00:04:37,026 --> 00:04:38,027 Entón… 54 00:04:40,780 --> 00:04:43,825 Isto é a cabeza e queremos que siga meneándose, 55 00:04:43,908 --> 00:04:48,079 así que tes que imaxinar onde estaría o cu. 56 00:04:48,997 --> 00:04:53,167 Aí é onde lle tes que cravar o anzol. 57 00:04:53,668 --> 00:04:54,669 Veña. 58 00:04:56,963 --> 00:04:58,131 Moverase un pouco. 59 00:05:01,592 --> 00:05:02,510 Aquí? 60 00:05:02,593 --> 00:05:03,594 Si. 61 00:05:05,346 --> 00:05:07,015 Síntoo, amigo. Ten que doer. 62 00:05:09,600 --> 00:05:11,185 Non sei. 63 00:05:11,269 --> 00:05:13,062 Se cadra é un verme femia. 64 00:05:13,771 --> 00:05:15,648 Igual lla estás metendo. 65 00:05:17,775 --> 00:05:20,653 Has falar diso cos amigos todo o tempo, non? 66 00:05:20,737 --> 00:05:21,779 De rapazas. 67 00:05:24,449 --> 00:05:26,534 - Así? - Si, moi ben. 68 00:05:26,617 --> 00:05:30,872 Agora colle a cabeza, dálle un par de voltas 69 00:05:32,248 --> 00:05:34,125 e logo crávao no lado. 70 00:05:36,878 --> 00:05:38,046 Vaia. 71 00:05:38,546 --> 00:05:40,131 Ben, así se fai. 72 00:05:40,214 --> 00:05:42,967 Así queda vivo, 73 00:05:43,051 --> 00:05:45,762 pero non cae e o peixe non o pode sacar. 74 00:05:47,555 --> 00:05:49,724 - A ver que máis pica. - Vale. 75 00:06:04,822 --> 00:06:06,699 Saes coas rapazas do instituto? 76 00:06:10,703 --> 00:06:12,580 Non me gusta ningunha. 77 00:06:12,663 --> 00:06:14,040 Ah, vale. 78 00:06:18,961 --> 00:06:20,421 Pero sabes como vai. 79 00:06:21,255 --> 00:06:22,090 Non? 80 00:06:23,716 --> 00:06:27,303 Cando unha muller e un home practican sexo. 81 00:06:28,388 --> 00:06:32,892 Seguro que os teus amigos… Algún ha ter a Playboy no armario. 82 00:06:33,684 --> 00:06:35,978 Non temos por que falar disto, papá. 83 00:06:41,359 --> 00:06:42,443 E agora… 84 00:06:44,946 --> 00:06:46,489 córtaselle a cabeza. 85 00:06:54,455 --> 00:06:55,331 Así. 86 00:06:57,708 --> 00:06:59,335 Oh, podo probar co meu? 87 00:06:59,836 --> 00:07:01,796 Podes, claro, pero anda con tino. 88 00:07:01,879 --> 00:07:04,590 O coitelo está moi afiado. Deixa que o seque, 89 00:07:04,674 --> 00:07:06,092 non sexa que che esvare. 90 00:07:35,246 --> 00:07:36,289 Veña. 91 00:07:41,002 --> 00:07:45,214 D DE DELEITE 92 00:07:46,382 --> 00:07:47,383 Vamos. 93 00:07:52,638 --> 00:07:54,724 OS PRACERES DE ORIENTE 94 00:07:58,811 --> 00:08:00,563 - Non entendo por que… - Como? 95 00:08:00,646 --> 00:08:03,024 - E fixen mal? - Sabías que o precisaba. 96 00:08:03,107 --> 00:08:05,526 - E que? - Sabíalo, por Deus! 97 00:08:05,610 --> 00:08:08,237 Nunca me deixas ir a ningures. 98 00:08:08,321 --> 00:08:10,156 Se vou a algures, moléstache! 99 00:08:10,823 --> 00:08:12,325 Que problema tes? 100 00:08:12,408 --> 00:08:15,286 Por que sempre son eu a que ten un problema? 101 00:08:15,369 --> 00:08:17,872 Xa falaramos de que precisaba o coche. 102 00:08:17,955 --> 00:08:22,168 Ai, si? Pois atopei algo que era moi interesante! 103 00:08:22,251 --> 00:08:24,795 - Nunca me cres. - Puidéchesmo dicir antes! 104 00:08:24,879 --> 00:08:27,465 - Non cres nada do que fago. - Precisábao. 105 00:08:27,548 --> 00:08:30,176 - Sabíalo. - Xa, e pensas que estou tola. 106 00:08:30,259 --> 00:08:31,427 Non, para. 107 00:08:31,511 --> 00:08:34,096 Vale, pero pasou algo e foi moi interesante 108 00:08:34,180 --> 00:08:36,766 e ti pensas que estou tola, coma sempre. 109 00:08:36,849 --> 00:08:39,018 - Baixa iso… - Non me chames tola! 110 00:08:39,101 --> 00:08:41,604 Baixa o coitelo, Joyce! Báixao, hostia! 111 00:08:43,481 --> 00:08:44,899 Que carallo che pasa? 112 00:08:44,982 --> 00:08:47,360 Non podes coller o coche e marchar así. 113 00:08:47,443 --> 00:08:49,070 Os putos ovnis non existen. 114 00:08:49,153 --> 00:08:51,781 O Akron Beacon Journal publicou un artigo! 115 00:08:51,864 --> 00:08:54,116 - Non me digas. - Había luces no ceo! 116 00:08:54,200 --> 00:08:57,203 E seguinas até a Ruta 14, 117 00:08:57,286 --> 00:08:59,872 así que non me chames tola, merda xa! 118 00:08:59,956 --> 00:09:02,291 Eh, isto non é asunto teu! 119 00:09:02,375 --> 00:09:03,960 Vai facer a tarefa, Jeff! 120 00:09:04,877 --> 00:09:06,837 - Que? Estás contenta? - Ódiote! 121 00:10:21,454 --> 00:10:23,789 Dahmer, fai o que fixeches en Español. 122 00:10:23,873 --> 00:10:25,166 Foi graciosísimo. 123 00:10:25,666 --> 00:10:26,834 O que? 124 00:10:26,917 --> 00:10:30,129 O dese rapaz que coñece túa nai que está… escarallado. 125 00:10:34,050 --> 00:10:36,093 Deberías pór cortinas azuis aí! 126 00:10:37,887 --> 00:10:39,680 É superdivertido, tío. 127 00:10:40,556 --> 00:10:43,100 A iso chámanlle "facer o Dahmer". 128 00:10:45,311 --> 00:10:47,563 Non! 129 00:10:47,647 --> 00:10:49,482 - Silencio! - Que? 130 00:10:49,565 --> 00:10:52,902 Joyce! Baixa o coitelo, Joyce! 131 00:10:53,819 --> 00:10:55,446 Báixao! 132 00:11:00,159 --> 00:11:00,993 Vale. 133 00:11:03,079 --> 00:11:04,038 Paz. 134 00:11:04,789 --> 00:11:06,457 - Abur, meu. - Paz? 135 00:11:11,587 --> 00:11:17,009 Ben, rapaces. Lembrade que os bisturís están moi afiados. 136 00:11:17,093 --> 00:11:18,135 Entendido? 137 00:11:18,219 --> 00:11:22,264 Para pasarllo ao compañeiro, deixádelo na mesa e que o colla el. 138 00:11:23,140 --> 00:11:24,058 Denise. 139 00:11:24,141 --> 00:11:25,685 Temos que facer isto? 140 00:11:25,768 --> 00:11:26,936 Tedes. 141 00:11:27,019 --> 00:11:29,397 Vale, pero eu son vexetariana. 142 00:11:30,564 --> 00:11:31,649 Vai á merda. 143 00:11:32,149 --> 00:11:34,944 Vale, Chazz. Xa abonda, grazas. 144 00:11:35,027 --> 00:11:37,863 Si, é obrigatorio. 145 00:11:37,947 --> 00:11:39,365 A anatomía é ciencia. 146 00:11:39,448 --> 00:11:42,034 Serve para aprender do corpo humano, Denise. 147 00:11:42,118 --> 00:11:44,745 Ademais, estes porcos xa están mortos, si? 148 00:11:44,829 --> 00:11:46,455 Pero non morreron sen máis. 149 00:11:46,539 --> 00:11:48,457 Matáronos para disecármolos. 150 00:11:48,541 --> 00:11:51,293 Cala, Denise. Os demais queremos facelo. 151 00:11:51,877 --> 00:11:53,170 Ben, Jeff, grazas. 152 00:11:53,254 --> 00:11:54,130 Suficiente. 153 00:11:54,630 --> 00:11:57,800 Moi ben, rapaces. Tede moito coidado, por favor. 154 00:11:58,718 --> 00:12:01,011 Non queremos acabar en urxencias. 155 00:12:04,890 --> 00:12:09,937 Ben. Agora pode que teñades que perforar o esterno 156 00:12:10,020 --> 00:12:11,814 para ver a cavidade torácica. 157 00:12:11,897 --> 00:12:13,941 Tede moito tino ao facelo. 158 00:12:14,608 --> 00:12:15,443 Ben. 159 00:12:15,526 --> 00:12:18,279 Agora extraede o pericardio, 160 00:12:18,362 --> 00:12:21,657 que é a membrana que envolve o corazón. 161 00:12:23,492 --> 00:12:26,620 Non, Jeff, non saques aínda o corazón. 162 00:12:29,248 --> 00:12:30,458 Perdón. 163 00:12:33,043 --> 00:12:36,547 Fixéchelo moi ben hoxe, Jeff. Notábase que che gustaba. 164 00:12:37,923 --> 00:12:39,258 Si, paseino moi ben. 165 00:12:39,341 --> 00:12:40,217 Estupendo. 166 00:12:43,304 --> 00:12:45,055 Podería levar un para a casa? 167 00:12:46,182 --> 00:12:47,516 Só para practicar. 168 00:12:51,729 --> 00:12:55,065 Vouche ser sincero, Jeff, levo 22 anos impartindo clase 169 00:12:55,149 --> 00:12:57,067 e es o primeiro que mo pide. 170 00:12:59,111 --> 00:13:00,154 Claro. 171 00:13:01,781 --> 00:13:02,782 Grazas. 172 00:13:09,622 --> 00:13:13,125 Meu! A que foi divertido calar á puta esa de Denise? 173 00:13:14,251 --> 00:13:17,713 Foi, é a peor compañeira da puta historia. 174 00:13:21,383 --> 00:13:22,259 Eh, tío. 175 00:13:23,052 --> 00:13:24,512 Teño outro. 176 00:13:25,012 --> 00:13:26,639 - Vés á casa? - Outro que? 177 00:13:26,722 --> 00:13:28,307 Outro porco. 178 00:13:28,390 --> 00:13:31,811 Deumo Bertoglio. Queres vir á casa a disecalo? 179 00:13:34,355 --> 00:13:36,023 O que? Estás de broma? 180 00:13:37,233 --> 00:13:38,234 Non. 181 00:13:58,712 --> 00:14:02,967 Ben, revisei a declaración e tomei unha decisión. 182 00:14:03,676 --> 00:14:08,806 Señor Dahmer, entendo que lle preocupe a estabilidade emocional da señora Dahmer, 183 00:14:08,889 --> 00:14:10,558 pero ten que comprender 184 00:14:10,641 --> 00:14:14,395 que se se pon violento, aínda que sexa só unha vez ou dúas… 185 00:14:14,478 --> 00:14:15,604 Iso non é verdade. 186 00:14:15,688 --> 00:14:18,190 E logo está o asunto do traballo. 187 00:14:18,274 --> 00:14:20,067 Traballa moitas horas, 188 00:14:20,150 --> 00:14:24,655 e o primordial é que estea alguén cos dous rapaces. 189 00:14:25,364 --> 00:14:30,411 Seguirá tendo dereito a visitas, pero doulle a custodia á señora Dahmer. 190 00:14:30,494 --> 00:14:31,328 Grazas. 191 00:14:31,412 --> 00:14:34,206 Este é só o primeiro paso. Podemos apelar. 192 00:14:40,254 --> 00:14:41,964 - David. - Cariño, vamos. 193 00:14:42,047 --> 00:14:45,843 Sempre estarei aquí para ti. Se o precisas, chámame e vou por ti. 194 00:14:45,926 --> 00:14:47,303 Non fales con el. 195 00:14:48,012 --> 00:14:50,431 E que imos facer con Jeff? 196 00:14:50,514 --> 00:14:54,268 Ten 17, xa é un home. Pode decidir el só. 197 00:15:03,694 --> 00:15:04,820 Brillará todo! 198 00:15:05,779 --> 00:15:07,406 Mr. Proper con limón. 199 00:15:08,532 --> 00:15:10,242 - Eu cómproo. - Así me gusta. 200 00:15:12,161 --> 00:15:14,288 - Móveste ben. - Grazas. 201 00:15:15,414 --> 00:15:18,125 A Carol Knight non lle gusta ver caspa. 202 00:15:18,876 --> 00:15:22,755 Traballo no aeroporto e, se ben non debería ser así, vexo xente 203 00:15:22,838 --> 00:15:26,008 á que se lle nota moito que ten caspa. 204 00:15:26,508 --> 00:15:29,470 Hoxe en día hai moitas cousas para evitala. 205 00:15:29,553 --> 00:15:33,432 H&S faime sentir que… 206 00:15:34,475 --> 00:15:35,726 Que ves? 207 00:15:36,727 --> 00:15:37,895 Ah, ola, Jeff. 208 00:15:39,438 --> 00:15:43,067 Podes apagar a televisión e sentar? 209 00:15:44,109 --> 00:15:45,110 Úsao a miúdo. 210 00:15:45,194 --> 00:15:48,238 Até onde eu sei, H&S é o número un da lista de… 211 00:15:55,746 --> 00:15:57,748 A situación estame superando. 212 00:15:59,667 --> 00:16:00,834 E… 213 00:16:03,212 --> 00:16:05,130 hai cousas que deben cambiar. 214 00:16:06,674 --> 00:16:11,345 Teñen que cambiar porque non podo seguir así. 215 00:16:21,981 --> 00:16:22,856 Eu… 216 00:16:25,651 --> 00:16:27,236 Vou quedar contigo, non? 217 00:16:28,195 --> 00:16:29,780 Podo vivir contigo? 218 00:16:31,490 --> 00:16:33,117 Xa o decidiremos. 219 00:16:42,001 --> 00:16:43,168 Que é ese cheiro? 220 00:16:49,508 --> 00:16:50,968 O meu feto de porco. 221 00:16:52,177 --> 00:16:54,138 Estamos a disecalos na clase. 222 00:16:54,221 --> 00:16:55,514 Ah, que ben. 223 00:16:59,393 --> 00:17:00,477 Ti sigue con iso. 224 00:17:05,649 --> 00:17:07,067 Es un bo rapaz, Jeff. 225 00:17:51,070 --> 00:17:52,571 Veña, David. Vamos! 226 00:17:53,572 --> 00:17:54,531 Bule. 227 00:17:56,450 --> 00:17:57,534 Que pasa? 228 00:18:00,704 --> 00:18:03,499 Teu pai está fodendo na súa nova moza no motel. 229 00:18:03,582 --> 00:18:06,001 Sube ao coche, David! Marchamos. 230 00:18:06,502 --> 00:18:08,170 - Pero… - Preciso marchar. 231 00:18:08,253 --> 00:18:12,591 Despexar a cabeza, si? Síntoo, iso é o que pasa. 232 00:18:13,092 --> 00:18:15,177 Mamá, agarda un momento. 233 00:18:15,260 --> 00:18:20,224 Non podo marchar sen máis. Teño a graduación e… o baile. 234 00:18:21,308 --> 00:18:23,644 De que falas? Ti quedas aquí. 235 00:18:23,727 --> 00:18:26,772 Preparei un estufado e hai comida no conxelador. 236 00:18:29,191 --> 00:18:30,526 E déixasme aquí? 237 00:18:30,609 --> 00:18:32,444 Déixate de caralladas, Jeff. 238 00:18:33,195 --> 00:18:36,740 Levas anos sen dicirme algo bonito. Sempre estás no cuarto. 239 00:18:37,324 --> 00:18:39,701 Non queres unha nai. Non me queres. 240 00:18:39,785 --> 00:18:43,205 Es coma o teu pai. Os dous pensades que son unha lunática. 241 00:18:43,705 --> 00:18:46,125 Nunca quixestes ter nada que ver comigo. 242 00:18:46,208 --> 00:18:47,793 Ningún dos dous! 243 00:18:47,876 --> 00:18:51,296 Pois parabéns. Xa tedes o que queriades. 244 00:18:56,343 --> 00:18:58,011 Algunha vez pensaches… 245 00:18:59,012 --> 00:19:03,600 que xamais me pediches que che axudase cun dos teus proxectos, 246 00:19:03,684 --> 00:19:06,603 no garaxe, cos animais, como fixeches co teu pai? 247 00:19:07,104 --> 00:19:08,272 Nin unha vez. 248 00:19:09,815 --> 00:19:11,150 Crin que non querías. 249 00:19:11,233 --> 00:19:13,861 E criches ben! É un puto noxo! 250 00:19:13,944 --> 00:19:16,572 Cortar animais atropelados no garaxe? 251 00:19:17,072 --> 00:19:18,157 É de enfermos! 252 00:19:19,199 --> 00:19:21,827 Pero estaría ben que mo pedises! 253 00:19:24,079 --> 00:19:26,415 Mamá… E xa está? 254 00:19:26,498 --> 00:19:28,000 Pois xenial, mamá. 255 00:19:28,083 --> 00:19:30,919 Colle o meu irmán e ide cazar ovnis. 256 00:19:31,003 --> 00:19:32,588 Son reais! 257 00:20:27,476 --> 00:20:32,147 BLUEBOY, HONCHO, BLASR 258 00:20:52,793 --> 00:20:55,754 CENTRO DE INFORMACIÓN DA RESERVA NATURAL DE BATH 259 00:21:44,469 --> 00:21:45,971 Non quero que fagas iso. 260 00:21:47,014 --> 00:21:48,640 Por que o fixeches? 261 00:21:50,600 --> 00:21:53,645 Non. 262 00:22:02,821 --> 00:22:05,365 Para. 263 00:22:05,866 --> 00:22:07,993 Non. 264 00:22:12,205 --> 00:22:15,334 Non. 265 00:22:17,044 --> 00:22:19,254 Vale. 266 00:22:19,338 --> 00:22:22,424 Convídote a unha cervexa. 267 00:22:25,344 --> 00:22:26,553 Si. 268 00:22:35,812 --> 00:22:36,938 Velaquí tes. 269 00:22:39,733 --> 00:22:40,692 Saúde. 270 00:23:32,828 --> 00:23:35,080 Non podo. 271 00:25:03,710 --> 00:25:08,131 PEOPLE. FARRAH E LEE: "TODOS O FAN" 272 00:26:16,700 --> 00:26:18,285 Perdoa o desorde. 273 00:26:21,997 --> 00:26:25,959 Queres beber algo? Unha cervexa? 274 00:26:26,585 --> 00:26:29,004 Claro, estaría xenial. 275 00:26:33,925 --> 00:26:38,471 É agradábel ter compañía. Quero dicir… 276 00:26:40,849 --> 00:26:43,018 Levo todo este tempo aquí só. 277 00:26:44,185 --> 00:26:45,395 Ah, si? 278 00:26:45,478 --> 00:26:46,354 Si. 279 00:26:47,522 --> 00:26:49,524 Non sei nada do meu pai 280 00:26:50,400 --> 00:26:55,322 e a miña nai dixo que marchaba dúas semanas. Iso foi hai… tres meses. 281 00:26:57,115 --> 00:26:58,575 Non sei onde anda. 282 00:27:01,786 --> 00:27:03,246 Vaia, que mal. 283 00:27:05,790 --> 00:27:06,750 Xa. 284 00:27:08,376 --> 00:27:09,836 Agora estás ti aquí. 285 00:27:11,588 --> 00:27:12,672 Síntome xa mellor. 286 00:27:24,351 --> 00:27:25,310 Saúde. 287 00:27:42,535 --> 00:27:46,831 Sempre notei que, se son quen de manter as mans ocupadas, 288 00:27:47,332 --> 00:27:50,919 a miña ansiedade esvaécese. 289 00:27:51,002 --> 00:27:56,466 Deixo de obsesionarme cos meus fracasos 290 00:27:56,966 --> 00:27:58,802 e coas decepcións. 291 00:27:59,928 --> 00:28:04,849 Recupero a miña vida con cada nó. 292 00:28:06,101 --> 00:28:08,561 Joyce, podes vir un minuto? 293 00:28:08,645 --> 00:28:11,439 Abofé. Desculpade. 294 00:28:11,940 --> 00:28:15,026 Sei que che axudamos a superar unha etapa moi mala 295 00:28:15,110 --> 00:28:18,321 e aprecio moitísimo que esteas disposta a volver 296 00:28:18,405 --> 00:28:19,906 e axudar outras mulleres. 297 00:28:19,989 --> 00:28:22,075 Oxalá o fixera todo o mundo. 298 00:28:22,158 --> 00:28:25,745 Estas mulleres queren, sobre todo, que as escoiten. 299 00:28:26,705 --> 00:28:29,541 Penso que iso era o que me pasaba a min tamén. 300 00:28:30,291 --> 00:28:34,045 Entón entrei aquí e alguén me escoitou 301 00:28:34,129 --> 00:28:38,174 por primeira vez na vida e pensei: 302 00:28:39,175 --> 00:28:42,387 "Meu Deus, non estou tola." 303 00:28:42,887 --> 00:28:45,181 Por suposto que non estás tola. 304 00:28:46,975 --> 00:28:50,812 Tiñas un problema médico, Joyce. Estou segura. 305 00:28:50,895 --> 00:28:53,064 Chámase depresión posparto. 306 00:28:53,857 --> 00:28:56,109 - De verdade? - Estou certa. 307 00:28:56,192 --> 00:28:58,695 É só que daquela non sabiamos o que era. 308 00:28:58,778 --> 00:29:00,613 Pode durar anos. 309 00:29:00,697 --> 00:29:04,367 Depresión posparto… Nin sequera me pasou pola cabeza. 310 00:29:06,119 --> 00:29:09,998 Joyce, as túas clases, os traballos manuais, 311 00:29:10,498 --> 00:29:13,251 son unha beizón para estas mulleres. 312 00:29:13,334 --> 00:29:16,629 Non, Joyce. É a verdade. 313 00:29:17,422 --> 00:29:19,966 E diso che quería falar. 314 00:29:21,009 --> 00:29:22,927 Vou marchar. 315 00:29:23,011 --> 00:29:24,971 A Simon trasládano a Grand Rapids 316 00:29:25,054 --> 00:29:29,058 e eu atopei traballo nunha clínica alí, como terapeuta de mulleres. 317 00:29:30,185 --> 00:29:32,729 Quero que tomes a remuda aquí. 318 00:29:32,812 --> 00:29:36,816 Podería ser a tempo parcial, mesmo dous ou tres días á semana. 319 00:29:37,317 --> 00:29:38,526 Ai, Dottie. 320 00:29:41,780 --> 00:29:43,406 Non sei que dicir. 321 00:29:45,450 --> 00:29:47,160 Síntome moi afagada. 322 00:29:50,580 --> 00:29:51,623 Pero é que… 323 00:29:52,832 --> 00:29:55,502 Desde que o meu con Lionel acabou… 324 00:29:58,087 --> 00:29:59,589 Ai, miña rula. 325 00:30:00,089 --> 00:30:01,257 Non, non é iso. 326 00:30:05,053 --> 00:30:07,680 É que ultimamente estiven pensando moito 327 00:30:09,057 --> 00:30:12,227 en como o cambiaría todo se puidese volver atrás. 328 00:30:16,356 --> 00:30:18,775 Coido que non casaría tan nova. 329 00:30:21,820 --> 00:30:23,863 Esperaría para ter fillos. 330 00:30:26,699 --> 00:30:28,034 E tería unha carreira. 331 00:30:30,537 --> 00:30:32,789 Que tipo de carreira terías? 332 00:30:32,872 --> 00:30:34,082 Ese é o tema. 333 00:30:37,085 --> 00:30:39,712 Tería o traballo que me acabas de ofrecer. 334 00:30:41,965 --> 00:30:43,299 Abofé que o farei. 335 00:30:44,092 --> 00:30:45,927 Dous ou tres días. 336 00:30:46,010 --> 00:30:48,221 Si, arranxareimas! 337 00:30:51,558 --> 00:30:55,186 Deberiades anotar isto porque vai caer no exame. 338 00:30:55,270 --> 00:30:58,815 A continuación temos os distintos tipos de rangos, que… 339 00:31:00,567 --> 00:31:01,860 Chegas tarde. 340 00:31:05,405 --> 00:31:09,033 Moi ben, que é unha desviación estándar? 341 00:31:09,117 --> 00:31:11,578 Pois 34,1 en calquera dirección. 342 00:31:13,830 --> 00:31:15,707 Jeff, estás bebendo cervexa? 343 00:31:19,752 --> 00:31:22,171 Jeff, este é o teu último ano. 344 00:31:22,255 --> 00:31:25,717 É o momento de empezar a pensar na universidade, 345 00:31:26,217 --> 00:31:28,261 se é que tiñas pensado ir. 346 00:31:31,097 --> 00:31:34,559 Sei que a túa familia está pasando por un divorcio difícil 347 00:31:34,642 --> 00:31:37,437 e iso é complicado para calquera, 348 00:31:37,520 --> 00:31:41,316 pero sei que o teu pai non está na casa e estabades moi unidos. 349 00:31:42,275 --> 00:31:46,154 Tentei chamalo varias veces. Supoño que estará nun hotel. 350 00:31:46,654 --> 00:31:48,781 Tamén intentei chamar a túa nai. 351 00:31:49,282 --> 00:31:52,452 Xa, está moito fóra. 352 00:31:53,202 --> 00:31:55,163 Vale, que che gusta facer? 353 00:31:55,246 --> 00:31:58,499 Cal é o teu soño? Quero saber cal é o teu soño. 354 00:32:04,505 --> 00:32:07,008 Papá dicía que se me dan ben as ciencias. 355 00:32:08,134 --> 00:32:12,013 Teño unha especie de posto de taxidermia no garaxe 356 00:32:12,096 --> 00:32:15,141 para disecar animais atropelados e así. 357 00:32:16,142 --> 00:32:20,605 De acordo. Se cadra poderías orientar a túa carreira por aí. 358 00:32:22,273 --> 00:32:23,900 Si, xa o pensei, 359 00:32:24,609 --> 00:32:28,488 pero non se me dan nada ben as matemáticas, 360 00:32:29,530 --> 00:32:30,490 así que… 361 00:32:35,620 --> 00:32:40,541 Pero a miña nova afección é o exercicio físico. 362 00:32:40,625 --> 00:32:43,419 Xenial. Igual poderías tirar por aí. 363 00:32:43,503 --> 00:32:44,629 Si. 364 00:32:45,213 --> 00:32:47,882 Pero non é o meu soño. 365 00:32:51,219 --> 00:32:53,429 Penso que iso é só algo que se di. 366 00:32:54,764 --> 00:32:59,227 Non creo que todo o mundo teña un soño. 367 00:33:02,271 --> 00:33:04,023 As persoas coma min, non. 368 00:33:05,858 --> 00:33:08,027 Que queres dicir? 369 00:33:08,861 --> 00:33:10,405 As persoas coma ti? 370 00:33:13,241 --> 00:33:17,537 Os 40 mellores dos Estados Unidos! 371 00:33:17,620 --> 00:33:20,665 E a cuarta canción máis popular nos EUA esta semana 372 00:33:20,748 --> 00:33:24,043 é "Stumblin' In", de Suzi Quatro e Chris Norman. 373 00:33:51,487 --> 00:33:53,573 - Ei, meu. - Ola. 374 00:33:53,656 --> 00:33:54,782 Podes levarme? 375 00:33:54,866 --> 00:33:57,243 Vou a un concerto en Chippewa Lake Park. 376 00:33:57,326 --> 00:33:58,661 Vas nesa dirección? 377 00:34:00,788 --> 00:34:01,789 Pode ser. 378 00:34:03,041 --> 00:34:04,083 Que concerto é? 379 00:34:04,167 --> 00:34:05,460 Coñeces a Pegasus? 380 00:34:06,377 --> 00:34:08,713 - Si. - Quedei cuns colegas alí. 381 00:34:08,796 --> 00:34:10,923 Son superfán de Bruce Fulper. 382 00:34:11,007 --> 00:34:14,385 Oín que tocaban e dixen: "a mamala, farei autostop". 383 00:34:16,512 --> 00:34:17,346 Xenial. 384 00:34:18,306 --> 00:34:20,141 A que hora tes que estar alí? 385 00:34:20,224 --> 00:34:21,392 Empeza ás 7:30. 386 00:34:33,321 --> 00:34:34,447 Vale, escoita. 387 00:34:35,156 --> 00:34:38,034 Ía para a casa a mandarlle uns grolos. 388 00:34:39,535 --> 00:34:40,995 E se vés comigo? 389 00:34:41,996 --> 00:34:45,208 Teño herba. Podemos beber unhas cervexas, 390 00:34:46,667 --> 00:34:47,877 facemos pesos. 391 00:34:50,421 --> 00:34:53,174 E despois lévote alí. 392 00:34:54,592 --> 00:34:56,302 Claro, meu, soa xenial. 393 00:35:04,018 --> 00:35:04,977 Como te chamas? 394 00:35:06,854 --> 00:35:08,272 Jeff. 395 00:35:08,356 --> 00:35:09,690 Un pracer, Jeff. 396 00:35:10,399 --> 00:35:11,818 Eu son Steven. 397 00:35:27,834 --> 00:35:31,838 Si, tío. Todo o mundo se puxo a facer exercicio de súpeto. 398 00:35:31,921 --> 00:35:34,966 Resulta que agora todos van correr. 399 00:35:35,466 --> 00:35:38,136 Iso non abonda para os tipos fracos coma nós. 400 00:35:39,595 --> 00:35:41,055 Temos que facer pesos. 401 00:35:41,848 --> 00:35:44,684 Se non, as mozas nin sequera van reparar en nós. 402 00:35:45,184 --> 00:35:48,062 - Exacto. - Así. 403 00:35:48,646 --> 00:35:49,856 Mimá. 404 00:35:51,524 --> 00:35:53,693 Unha máis. Veña, dálle. 405 00:35:58,447 --> 00:36:00,241 Si, moi ben. 406 00:36:00,950 --> 00:36:03,578 Es forte de carallo, meu. 407 00:36:04,662 --> 00:36:06,956 Xa, levo adestrado moito. 408 00:36:07,039 --> 00:36:07,957 Nótase. 409 00:36:09,917 --> 00:36:12,420 - Proba ti. Axúdoche. - Non. 410 00:36:12,503 --> 00:36:14,255 - Veña. - Estou ben. 411 00:36:14,338 --> 00:36:16,549 Eu… Que hora é? 412 00:36:18,050 --> 00:36:19,927 Deberiamos ir marchando. 413 00:36:22,054 --> 00:36:24,432 Non, temos tempo. 414 00:36:25,308 --> 00:36:27,435 Outra cervexa? Imos tomarlle outra. 415 00:36:27,518 --> 00:36:28,519 É que… 416 00:36:29,312 --> 00:36:31,063 Quedei cos colegas ás sete. 417 00:36:31,147 --> 00:36:32,523 E está 418 00:36:32,607 --> 00:36:34,525 como a unha hora de aquí, non? 419 00:36:35,651 --> 00:36:39,822 Vale, tomamos outra cervexa e axiña marchamos. 420 00:36:39,906 --> 00:36:40,907 Vale. 421 00:36:44,660 --> 00:36:47,038 Se cadra poderiamos tomala de camiño. 422 00:36:50,291 --> 00:36:52,251 Non quero perder o concerto. 423 00:36:52,335 --> 00:36:54,378 Son os Pegasus, tío! 424 00:36:57,715 --> 00:36:59,675 Preocúpaste de máis. 425 00:37:09,518 --> 00:37:10,603 Que carallo…? 426 00:37:13,564 --> 00:37:15,191 - Que? - Que…? Quero dicir… 427 00:37:16,317 --> 00:37:17,735 - Que? - Que foi iso? 428 00:37:19,445 --> 00:37:20,947 Estaba de broma. 429 00:37:21,030 --> 00:37:22,615 Eu non son deses, tío. 430 00:37:22,698 --> 00:37:26,869 Eu tampouco. Só estaba de broma. Senta. 431 00:37:26,953 --> 00:37:29,205 Vasme levar ao concerto ou non? 432 00:37:29,288 --> 00:37:30,957 Porque dixeches que si. 433 00:37:31,582 --> 00:37:34,835 Si, lévote. Ti senta e toma un grolo antes. 434 00:37:34,919 --> 00:37:37,338 Diso nada. Vamos. 435 00:37:37,838 --> 00:37:40,216 Non. Oe, non quero ir aínda. 436 00:37:40,299 --> 00:37:43,010 Fagamos dez repeticións máis. 437 00:37:43,094 --> 00:37:45,137 Poño dúas de dez quilos, si? 438 00:37:45,221 --> 00:37:49,016 Escoita, meu. Dixéchesme que me levabas ao concerto, estamos? 439 00:37:49,100 --> 00:37:52,311 Non sei que querías ti, pero iso é o que quero eu. 440 00:37:52,395 --> 00:37:54,480 Quero que me leves agora mesmo. 441 00:37:58,651 --> 00:38:00,152 Non quero que marches. 442 00:38:03,864 --> 00:38:05,366 Hostia, estás a chorar? 443 00:38:06,617 --> 00:38:08,911 - Non. - Que carallo? Xesús. 444 00:38:08,995 --> 00:38:10,997 Eu lisco de aquí. 445 00:38:11,497 --> 00:38:13,374 Vou perder o puto concerto! 446 00:38:13,457 --> 00:38:15,084 Puto maricón de merda! 447 00:38:15,584 --> 00:38:16,669 Merda. 448 00:38:57,710 --> 00:38:58,586 Ei, tío. 449 00:39:11,474 --> 00:39:12,391 Ei, tío. 450 00:39:13,559 --> 00:39:14,810 Déixate de bromas. 451 00:39:15,478 --> 00:39:16,771 Que fas? 452 00:39:16,854 --> 00:39:18,314 Eh, para! 453 00:39:18,814 --> 00:39:19,732 Que te fodan. 454 00:39:19,815 --> 00:39:22,193 Eh! 455 00:39:24,111 --> 00:39:25,029 Para. 456 00:39:54,809 --> 00:39:56,685 Oh, si. 457 00:40:13,577 --> 00:40:14,453 Ei. 458 00:40:18,124 --> 00:40:19,458 Que fas? 459 00:40:21,502 --> 00:40:22,586 Para. 460 00:40:36,809 --> 00:40:38,394 Veña, tío. Vamos. 461 00:40:43,774 --> 00:40:47,403 Eh, esperta. Esperta! 462 00:40:48,696 --> 00:40:52,700 Non. 463 00:40:53,909 --> 00:40:55,035 Non. 464 00:40:55,786 --> 00:40:56,996 Meu Deus. 465 00:40:57,496 --> 00:40:59,915 Non. Ai, meu Deus. 466 00:40:59,999 --> 00:41:03,085 Non. 467 00:41:03,586 --> 00:41:05,337 Ai, non. 468 00:41:05,838 --> 00:41:07,006 Non! 469 00:41:07,089 --> 00:41:09,133 Non me van volver falar xamais. 470 00:41:09,216 --> 00:41:10,468 A miña familia. 471 00:41:10,551 --> 00:41:13,137 Parvo! Parvo do carallo! 472 00:41:13,220 --> 00:41:14,472 Non. 473 00:41:14,555 --> 00:41:16,056 Eh, veña. 474 00:41:16,140 --> 00:41:17,391 Veña, esperta. 475 00:41:18,017 --> 00:41:19,059 Esperta. 476 00:41:19,143 --> 00:41:20,144 Merda! 477 00:41:22,938 --> 00:41:24,273 Non! 478 00:42:23,541 --> 00:42:24,500 Hostia. 479 00:42:41,433 --> 00:42:42,393 Merda. 480 00:42:44,853 --> 00:42:46,272 Hostia puta. 481 00:42:48,899 --> 00:42:49,775 Merda. 482 00:45:33,689 --> 00:45:36,316 Mira para este, dando bandazos. 483 00:46:14,980 --> 00:46:16,732 Ensíname o carné de conducir? 484 00:46:18,150 --> 00:46:19,234 Claro. 485 00:46:26,533 --> 00:46:27,993 Sabe por que o parei? 486 00:46:29,912 --> 00:46:30,954 Non. 487 00:46:31,038 --> 00:46:33,248 Está pegando bandazos pola estrada. 488 00:46:34,583 --> 00:46:37,878 E cheira a alcol desde aquí, de acordo? 489 00:46:38,670 --> 00:46:39,922 Estivo bebendo? 490 00:46:40,005 --> 00:46:43,258 Só tomei un par de cervexas. 491 00:46:43,342 --> 00:46:45,719 Tomou máis que un par, vale? 492 00:46:46,553 --> 00:46:48,096 Que leva nas bolsas? 493 00:46:54,853 --> 00:46:59,316 É broza do xardín. 494 00:47:02,194 --> 00:47:06,240 Os meus pais divorciáronse e non consigo durmir, 495 00:47:06,323 --> 00:47:07,407 así que 496 00:47:08,450 --> 00:47:10,327 traballo no xardín e… 497 00:47:11,954 --> 00:47:15,541 ía botala no vertedoiro. 498 00:47:17,376 --> 00:47:18,877 Tes 18 anos, correcto? 499 00:47:20,045 --> 00:47:20,921 Si. 500 00:47:21,004 --> 00:47:23,382 Tes toda a vida por diante. 501 00:47:27,135 --> 00:47:30,722 E eu non cha vou foder arrestándote hoxe, vale? 502 00:47:33,934 --> 00:47:34,810 Vale. 503 00:47:35,602 --> 00:47:39,314 Pero quero que deas a volta e movas o cu até a casa. 504 00:47:39,940 --> 00:47:42,776 Non quero volver a verche a puta cara, entendido? 505 00:47:45,195 --> 00:47:46,488 Si, axente. 506 00:47:47,906 --> 00:47:48,949 Grazas. 507 00:47:50,742 --> 00:47:52,202 Sácateme de diante. 508 00:47:54,204 --> 00:47:55,163 Vale. 509 00:51:43,725 --> 00:51:45,894 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso