1 00:00:07,173 --> 00:00:08,800 Non podes, non colle. 2 00:00:08,883 --> 00:00:10,802 Non, un aínda colle. 3 00:00:13,263 --> 00:00:14,514 Vaia, es un xenio. 4 00:00:15,223 --> 00:00:17,726 Só miro por ti e polo negocio. 5 00:00:17,809 --> 00:00:21,604 Xa que gastaches cartos en todo isto, había que ensinalo. 6 00:00:21,688 --> 00:00:23,815 Para gañar cartos hai que gastalos. 7 00:00:23,898 --> 00:00:27,610 Non podes poñer sempre un elfo mexando na lista dos nenos malos. 8 00:00:27,694 --> 00:00:30,238 Dende o canal 12, Remington Alexander 9 00:00:30,321 --> 00:00:31,906 - está de volta. - Por fin. 10 00:00:31,990 --> 00:00:35,201 A noticia de hoxe é a erupción solar inminente 11 00:00:35,285 --> 00:00:37,871 que ameaza con cortar Internet, a rede telefónica 12 00:00:37,954 --> 00:00:39,706 e a rede eléctrica. 13 00:00:39,789 --> 00:00:43,126 Causou pánico e a xente púxose a comprar… 14 00:00:43,209 --> 00:00:44,711 Que alarmismo. 15 00:00:44,794 --> 00:00:48,590 A erupción solar é real. Por iso China construíu outro Sol. 16 00:00:48,673 --> 00:00:52,594 Entre a erupción solar e o metaverso, pode ser por calquera cousa. 17 00:00:52,677 --> 00:00:54,429 Se son sincera, 18 00:00:54,512 --> 00:00:56,681 comprei cinco quilos de sementes. 19 00:00:56,765 --> 00:01:00,268 Se cadra cae Internet. Non che preocupan os bitcoins? 20 00:01:00,351 --> 00:01:03,104 Xa os convertín a cartos de Kohl. 21 00:01:03,188 --> 00:01:05,607 Parade. É o efecto 2000 de novo. 22 00:01:05,690 --> 00:01:09,611 Dicían que se ían apagar os ordenadores e meu pai imprimiu todo o porno. 23 00:01:09,694 --> 00:01:13,990 E tiven que usar aparte de atrás do porno para imprimir a miña redacción. 24 00:01:14,074 --> 00:01:18,244 A busca do empregado de Inferno a Bocados, Garrett Pennock, é un sexy… 25 00:01:18,328 --> 00:01:21,039 Vale, centrémonos no evento. 26 00:01:21,122 --> 00:01:24,209 Alguén que sobreviviu á avalancha de lambadas dixo: 27 00:01:24,292 --> 00:01:27,962 "Tes que brillar", e ese alguén é o pequeno Stevie. 28 00:01:28,046 --> 00:01:28,963 Estou confusa. 29 00:01:29,047 --> 00:01:30,048 O PEQUENO STEVIE 30 00:01:30,131 --> 00:01:31,633 Expliqueino moitas veces. 31 00:01:31,716 --> 00:01:34,552 Non alugamos tanto como para ter as luces acesas, 32 00:01:34,636 --> 00:01:36,513 así que facemos algo especial. 33 00:01:36,596 --> 00:01:40,100 Engánalos para que paguen por coñecer un actor fracasado. 34 00:01:40,183 --> 00:01:43,436 Non, iso enténdoo. Confúndeme Patrice. 35 00:01:43,520 --> 00:01:45,688 Chameina e non me contestou. 36 00:01:45,772 --> 00:01:48,525 Pasaron dous días, a ver se vai estar enfadada. 37 00:01:48,608 --> 00:01:50,568 Leva así toda a mañá. 38 00:01:50,652 --> 00:01:52,904 Preocupada porque estea enfadada? 39 00:01:52,987 --> 00:01:56,032 Si, son un monstro. Ai, Patrice! 40 00:01:57,492 --> 00:01:58,451 Son eu. 41 00:01:58,535 --> 00:01:59,994 É un lazo de Nadal. 42 00:02:00,078 --> 00:02:01,204 Perdoa. 43 00:02:01,287 --> 00:02:03,456 Tes unha mala postura, coma Patrice. 44 00:02:06,000 --> 00:02:07,001 UNHA SERIE DE NETFLIX 45 00:02:11,005 --> 00:02:14,259 Nunca antes vin tanta xente aquí. 46 00:02:14,342 --> 00:02:16,970 Menos cando alguén dixo que vira a Bono. 47 00:02:17,053 --> 00:02:17,887 Fun eu. 48 00:02:17,971 --> 00:02:21,349 Alguén deixou unhas gafas de sol nunha cabaza. 49 00:02:21,432 --> 00:02:24,686 Creo que agora xa sei como levar o negocio. 50 00:02:24,769 --> 00:02:28,231 As entradas deste evento van pagar a renda de dous meses 51 00:02:28,314 --> 00:02:30,900 e un colgadoiro para a chave do baño. 52 00:02:30,984 --> 00:02:32,902 Non subestimes a nostalxia. 53 00:02:32,986 --> 00:02:36,281 A xente emociónase ao saber que a súa memoria funciona. 54 00:02:37,198 --> 00:02:40,785 Vale, Lena, preguntábame… 55 00:02:41,369 --> 00:02:44,789 A ver, eu gústoche, e ti gústasme… 56 00:02:45,373 --> 00:02:47,876 - Sei que as etiquetas… - Meu Deus. 57 00:02:47,959 --> 00:02:51,421 Miña nai cre que veu un ladrón e vai solucionalo á súa maneira. 58 00:02:51,504 --> 00:02:53,089 Perdoa, teño que ir. 59 00:02:53,173 --> 00:02:54,048 Claro. 60 00:02:55,508 --> 00:02:58,219 NOVIDADES MÁIS DESTACADAS 61 00:02:58,303 --> 00:03:02,098 Sabes que na universidade hai clases pola noite? 62 00:03:02,182 --> 00:03:04,350 Todo sae a pedir de boca. 63 00:03:04,434 --> 00:03:07,812 - Tes o mundo ós teus pés. - Podía especializarme en pés. 64 00:03:09,063 --> 00:03:12,609 A ver… teño un segrediño. 65 00:03:12,692 --> 00:03:13,526 Vale. 66 00:03:15,236 --> 00:03:17,447 Aaron, o marido de Eliza, 67 00:03:17,530 --> 00:03:21,075 vaille volver pedir matrimonio hoxe á noite. 68 00:03:21,159 --> 00:03:23,453 Ese matrimonio non era inestable? 69 00:03:23,536 --> 00:03:26,748 Por iso lle dixen que tiña que facer algo ao grande. 70 00:03:26,831 --> 00:03:29,792 É algo máis complicado do que cres. 71 00:03:29,876 --> 00:03:33,671 Confía en min, sempre me preguntan por temas amorosos. 72 00:03:34,464 --> 00:03:36,633 Quería saber o horario de Eliza 73 00:03:36,716 --> 00:03:39,594 e creo que mo dixo porque non sabe estar calado. 74 00:03:39,677 --> 00:03:43,556 Logo vou ter novas que te van deixar coa boca aberta. 75 00:03:43,640 --> 00:03:46,184 Por favor, grava a proposición. 76 00:03:46,267 --> 00:03:50,897 Tería que ser cinematográfico coma… Pitch Perfect 2. 77 00:03:50,980 --> 00:03:52,941 Veña, por favor. 78 00:03:54,108 --> 00:03:56,819 Podemos colaborar se me pagas. 79 00:03:56,903 --> 00:03:58,112 Non podo pagarche. 80 00:03:58,196 --> 00:04:00,907 - Xa, ía facelo de balde. - Vale. 81 00:04:01,532 --> 00:04:04,035 Mi madriña, mira todos estes rariños. 82 00:04:04,118 --> 00:04:07,580 Hai máis xerseis de Garfield do que estou afeita. 83 00:04:07,664 --> 00:04:09,332 Non van acabar ben. 84 00:04:09,415 --> 00:04:12,877 Papar frío por un filme de Nadal de hai 25 anos. 85 00:04:13,628 --> 00:04:17,257 Non, retiro iso. Non son rariños, son friquis. 86 00:04:18,383 --> 00:04:20,510 - Oíno, riches. - Case nada. 87 00:04:21,219 --> 00:04:24,430 - Cres que son gracioso, non? - Medio gracioso. 88 00:04:27,809 --> 00:04:30,520 Vaia, isto parece o Polo Norte. 89 00:04:30,603 --> 00:04:33,147 Sen merda de elfo. É un gran problema. 90 00:04:35,191 --> 00:04:37,360 Visgo. Imaxínasnos bicando? 91 00:04:37,443 --> 00:04:39,237 Sería rarísimo, non? 92 00:04:39,320 --> 00:04:41,990 Ti, eu, os nosos beizos, 93 00:04:42,073 --> 00:04:46,411 e sabías que os beizos son unha membrana mucosa, non pel? 94 00:04:46,494 --> 00:04:49,664 Vaia, non o sabía, nin quería sabelo. 95 00:04:49,747 --> 00:04:52,208 Xa chegou. Stevie está aquí. 96 00:04:52,292 --> 00:04:53,626 - Ei. - Perdoa o atraso. 97 00:04:53,710 --> 00:04:56,379 Desconcértame o da erupción solar. 98 00:04:56,462 --> 00:04:59,632 E agora son adulto, podes chamarme só Stevie. 99 00:04:59,716 --> 00:05:04,345 Só Stevie enténdeo. E sabedes que? Vendemos todas as entradas. 100 00:05:04,429 --> 00:05:07,265 - En serio? - Vendestes todas as entradas? 101 00:05:08,641 --> 00:05:10,852 É que agora xa non actúo. 102 00:05:10,935 --> 00:05:13,521 Hai moito que non estou diante de tanta xente. 103 00:05:13,604 --> 00:05:15,648 - E se se queren rir de min? - Que? 104 00:05:15,732 --> 00:05:17,233 Non, a xente quérete. 105 00:05:17,317 --> 00:05:20,069 Fai o que fixo o pequeno Stevie no filme 106 00:05:20,153 --> 00:05:22,322 cando bailou a canción de ballet. 107 00:05:22,405 --> 00:05:24,991 Unha gran aperta para coller confianza. 108 00:05:26,200 --> 00:05:27,160 Vale, ben. 109 00:05:27,243 --> 00:05:29,495 Nós animamos a xente e ti dáte unha aperta. 110 00:05:29,579 --> 00:05:31,497 - Que gana! - Vai ser incrible. 111 00:05:31,581 --> 00:05:32,582 - Vale. - Que emoción. 112 00:05:32,665 --> 00:05:34,625 - Vai ser xenial. - Todo vendido! 113 00:05:37,170 --> 00:05:38,129 Unha aperta. 114 00:05:41,758 --> 00:05:44,510 Queredes coñecer o pequeno Stevie? 115 00:05:46,846 --> 00:05:48,556 Non parecedes emocionados. 116 00:05:50,475 --> 00:05:52,143 Así mellor, vale. 117 00:05:52,226 --> 00:05:56,147 Imos comezar cun concurso de trivial de filmes. 118 00:05:56,230 --> 00:05:59,942 O gañador leva este chaveiro do Show de Truman. 119 00:06:01,736 --> 00:06:03,613 Vale, primeira pregunta. 120 00:06:03,696 --> 00:06:06,074 Á parte de Son moi novo para ser Santa, 121 00:06:06,657 --> 00:06:10,328 dicide outro filme dirixido por Roman Polanski. 122 00:06:13,456 --> 00:06:14,582 Ola. 123 00:06:16,209 --> 00:06:18,086 Si! 124 00:06:18,169 --> 00:06:20,671 Tiñas que andar por alí, non por aquí. 125 00:06:20,755 --> 00:06:21,756 Fútbol! 126 00:06:23,800 --> 00:06:26,677 Eh, Stevie. Por que non dis a túa frase? 127 00:06:26,761 --> 00:06:28,596 Si, claro. 128 00:06:28,679 --> 00:06:30,765 Ei, ei, ei. 129 00:06:30,848 --> 00:06:32,558 Fixen eu iso? 130 00:06:32,642 --> 00:06:34,602 - Que pena dan! - Vale, para. 131 00:06:34,685 --> 00:06:38,648 O único que dis son frases de personaxes negras. 132 00:06:38,731 --> 00:06:40,441 "Son moi novo para ser Santa." 133 00:06:40,525 --> 00:06:41,984 É verdade, grazas. 134 00:06:42,068 --> 00:06:45,571 Son moi novo para ser Santa! 135 00:06:45,655 --> 00:06:46,864 NADAL CO PEQUENO STEVIE 136 00:06:49,117 --> 00:06:49,951 Está borracho. 137 00:06:51,327 --> 00:06:52,662 Entendo. 138 00:06:53,538 --> 00:06:57,333 Tío, tes que comportarte. Non podes beber máis, vale? 139 00:06:57,417 --> 00:07:01,295 Sé normal, e deixa de dicirlle á xente por que che botaron. 140 00:07:01,379 --> 00:07:02,255 Nunca. 141 00:07:04,215 --> 00:07:07,051 Feliz Hanuka, rapaz. 142 00:07:07,135 --> 00:07:09,053 Que podo facer por ti? 143 00:07:09,137 --> 00:07:11,222 Que tal? É a túa muller? 144 00:07:11,305 --> 00:07:13,808 - É broma, estou de carallada. - Vale. 145 00:07:13,891 --> 00:07:16,269 Pareces a miña actriz favorita, Angela Racks. 146 00:07:16,352 --> 00:07:19,647 Mimá, tío. Santa fíxolle un cumprimento a túa nai. 147 00:07:19,730 --> 00:07:21,482 - Mira que ben. - E tanto. 148 00:07:21,566 --> 00:07:25,445 Angela era unha estrela porno dos 70. Inventou as orxías modernas. 149 00:07:25,528 --> 00:07:28,406 Foi unha pioneira. Esqueces o DVD. 150 00:07:28,906 --> 00:07:30,032 - Non. - Hostia! 151 00:07:30,116 --> 00:07:32,577 Quería dicir de "fornos". Fixo anuncios 152 00:07:32,660 --> 00:07:34,912 - para unha empresa de cociñas. - Adeus. 153 00:07:34,996 --> 00:07:38,207 Quen non lle chama orxía a cociñar cos amigos? 154 00:07:38,291 --> 00:07:40,334 Eu, Santa non. 155 00:07:40,877 --> 00:07:44,755 Os DVD firmados só a 20 dólares. Non marchedes coas mans baleiras. 156 00:07:44,839 --> 00:07:46,591 Non é o Stevie que lembraba. 157 00:07:46,674 --> 00:07:48,176 Ese non percorrería o mundo 158 00:07:48,259 --> 00:07:50,761 para atopar a cura do cáncer testicular de Rudolph. 159 00:07:51,679 --> 00:07:55,057 Eu falaba do pornografía, non sei que di ese. 160 00:07:57,518 --> 00:07:58,936 Cólleo. 161 00:07:59,020 --> 00:08:00,354 Está a temperatura ambiente. 162 00:08:01,939 --> 00:08:03,065 Parabéns, rapaz. 163 00:08:03,149 --> 00:08:05,735 Vas ver o despegue da miña carreira en Hollywood. 164 00:08:05,818 --> 00:08:07,820 "A beca de novos cineastas…" 165 00:08:10,406 --> 00:08:11,824 Non entrei. 166 00:08:11,908 --> 00:08:13,868 Non podo crer que non entrase. 167 00:08:16,037 --> 00:08:17,121 Ese era meu. 168 00:08:17,788 --> 00:08:20,333 Cantos reembolsos fixeches? 169 00:08:20,416 --> 00:08:25,087 Queres saber o número exacto? Porque che vai dar algo. 170 00:08:27,423 --> 00:08:28,841 Onde van todos? 171 00:08:28,925 --> 00:08:31,010 Marcharon todos por culpa túa. 172 00:08:31,552 --> 00:08:34,514 Acabouse todo. Marcha dunha vez, fai favor. 173 00:08:34,597 --> 00:08:38,559 Marcharía, pero estou borracho. Non é por ser responsable, 174 00:08:38,643 --> 00:08:41,979 é que teño que soprar nun tubo do coche… 175 00:08:42,063 --> 00:08:42,939 Cala a boca! 176 00:08:43,022 --> 00:08:44,899 Cala a boca. 177 00:08:47,818 --> 00:08:51,364 Aínda podedes comprar comida e alugar filmes se queredes. 178 00:08:51,447 --> 00:08:53,449 Xa que viñestes ata aquí… 179 00:08:56,452 --> 00:08:58,079 Que carallo pasa agora? 180 00:09:06,504 --> 00:09:08,047 Xenial, a erupción solar. 181 00:09:08,130 --> 00:09:09,840 Díxenvos que era verdade. 182 00:09:09,924 --> 00:09:11,425 Ninguén cre a Hannah. 183 00:09:11,509 --> 00:09:12,593 Necesito unha copa. 184 00:09:15,137 --> 00:09:19,267 Coa erupción solar, Internet e a rede telefónica están caídas. 185 00:09:19,350 --> 00:09:21,352 As tensións aumentan, 186 00:09:21,435 --> 00:09:23,813 e no condado de Menominee xa hai roubos… 187 00:09:23,896 --> 00:09:25,273 Somos os Jingle Bills. 188 00:09:26,399 --> 00:09:27,441 Vale. 189 00:09:27,525 --> 00:09:29,652 Hannah dixo que esperásemos aquí. 190 00:09:29,735 --> 00:09:31,696 Para a proposición de Aaron, si. 191 00:09:32,488 --> 00:09:35,366 Non hai nada máis romántico que un grupo de padrastros. 192 00:09:35,449 --> 00:09:37,827 Padrastro? Oxalá. 193 00:09:37,910 --> 00:09:41,038 Vas gravalo ti? Hannah di que es un Nancy Meyers. 194 00:09:41,122 --> 00:09:44,667 Iso non é un cumprimento e polo visto non son cineasta. 195 00:09:45,334 --> 00:09:47,461 Se cadra debía gravalo Hannah. 196 00:09:48,337 --> 00:09:49,171 A cámara. 197 00:09:49,255 --> 00:09:52,592 Que lea as instrucións. Ha saber, estrou na universidade. 198 00:09:52,675 --> 00:09:53,718 Incrible. 199 00:09:53,801 --> 00:09:56,554 Todo o mundo entra na universidade. 200 00:09:58,848 --> 00:10:02,602 Marchou o WiFi ao cruzar o río da ruta de Oregón… 201 00:10:02,685 --> 00:10:05,104 Mira a moeda deste novo mundo. 202 00:10:06,063 --> 00:10:07,982 - Non teño abondos. - Xa. 203 00:10:08,065 --> 00:10:11,152 - Cinco dólares o rolo. - Podes chamar a Patrice? 204 00:10:11,235 --> 00:10:14,697 Chámaa ti, ou mellor, vaille á casa, vive ao lado. 205 00:10:14,780 --> 00:10:17,950 Non quero ser pesada. Xa sabes como é isto. 206 00:10:18,034 --> 00:10:20,745 Un movemento en falso e é como o de Sylvia. 207 00:10:20,828 --> 00:10:22,288 Non podo perdela. 208 00:10:22,371 --> 00:10:24,415 Podo usar o fixo? O móbil non vai. 209 00:10:24,498 --> 00:10:26,709 Podes buscar o número de miña nai? 210 00:10:26,792 --> 00:10:28,669 Calade todos un pouco. 211 00:10:28,753 --> 00:10:31,380 - Que fixen? - Chamas a Patrice? 212 00:10:31,464 --> 00:10:33,841 - Que é Patrice? - Viches a Timmy? 213 00:10:33,924 --> 00:10:36,719 Estará na volta da vitoria, como en Daytona 500. 214 00:10:36,802 --> 00:10:39,805 Cando un coche rompe e arde, dá unha volta ardendo. 215 00:10:39,889 --> 00:10:40,973 Isto é serio. 216 00:10:41,057 --> 00:10:44,518 Cando Timmy está desanimado, necesita a alguén, coma min, 217 00:10:44,602 --> 00:10:47,396 para animalo ou dálle voltas ao mesmo… 218 00:10:47,480 --> 00:10:49,065 Teño que vender papel. 219 00:10:50,983 --> 00:10:54,487 Timmy volve fallar. A quen engano? Dáseme fatal. 220 00:10:54,570 --> 00:10:56,364 Non sexas tan duro contigo. 221 00:10:57,490 --> 00:10:59,492 Teño que aprender a beber. 222 00:11:01,786 --> 00:11:04,330 Mira, cando era un rapaz, 223 00:11:04,413 --> 00:11:06,749 miña nai nunca poñía adornos de Nadal, 224 00:11:06,832 --> 00:11:11,379 pero tiñamos un reno, e cada ano que o poñía 225 00:11:11,462 --> 00:11:14,006 os rapaces da veciñanza roubábano. 226 00:11:14,090 --> 00:11:16,008 Sempre a convencía para comprar outro, 227 00:11:16,092 --> 00:11:18,636 pero ó final xa non o poñía. 228 00:11:18,719 --> 00:11:21,013 Eses rapaces eran uns panocos. 229 00:11:21,097 --> 00:11:23,933 Eran. Pero en que momento te rendes? 230 00:11:24,558 --> 00:11:27,937 Mantiven o último Blockbuster aberto logo de todo. 231 00:11:28,604 --> 00:11:30,189 O videoclub é o meu reno. 232 00:11:31,315 --> 00:11:32,441 Se cadra si. 233 00:11:32,525 --> 00:11:36,237 O que máis me gusta de ti é que es esa persoa 234 00:11:36,320 --> 00:11:38,864 que nunca deixa de comprar outro reno. 235 00:11:38,948 --> 00:11:40,574 Un parvo? 236 00:11:40,658 --> 00:11:42,493 Non, un optimista. 237 00:11:43,202 --> 00:11:45,621 Ninguén chama parvo ao meu mozo. 238 00:11:45,705 --> 00:11:48,290 Ah, xenial. A tipa que me gusta ten un mo… 239 00:11:49,750 --> 00:11:53,629 - Falas de min? - Si, es o meu mozo. 240 00:11:56,966 --> 00:12:00,094 Lembras cando eras pequena e tiñas cólicos 241 00:12:00,177 --> 00:12:04,223 e quedabamos vendo loitas de famosos ata que quedabas durmida? 242 00:12:04,306 --> 00:12:06,016 Lembro ser un bebé? 243 00:12:06,684 --> 00:12:08,144 Logo non. 244 00:12:08,227 --> 00:12:11,105 O pequeno Stevie saía nese programa. 245 00:12:11,188 --> 00:12:13,149 Non o recoñecía coa barba de Santa, 246 00:12:13,232 --> 00:12:16,736 pero tentou chantarlle un pau nun ollo a Cheech Marin. 247 00:12:16,819 --> 00:12:18,195 Non é incrible? 248 00:12:18,279 --> 00:12:20,573 O tipo do noso programa. 249 00:12:20,656 --> 00:12:21,782 Non é noso. 250 00:12:21,866 --> 00:12:25,453 Es tan patético coma os parvos que viñeron velo. 251 00:12:25,536 --> 00:12:26,871 Que che pasa? 252 00:12:26,954 --> 00:12:29,790 Pensei que xa nos levabamos ben de novo. 253 00:12:29,874 --> 00:12:31,834 Pois non dás unha. 254 00:12:34,253 --> 00:12:35,254 A lenda. 255 00:12:35,337 --> 00:12:37,465 É un pozo sen fondo ese home. 256 00:12:39,800 --> 00:12:42,178 Esta proposición vai ser xenial. 257 00:12:42,261 --> 00:12:43,637 Dende logo. 258 00:12:43,721 --> 00:12:46,182 Chamádesvos todos Bill? 259 00:12:46,265 --> 00:12:49,727 Si, só te podes unir se te chamas Bill, é a tradición. 260 00:12:50,394 --> 00:12:51,896 Eu chamábame Tracy. 261 00:12:52,688 --> 00:12:53,522 Conseguino. 262 00:12:58,944 --> 00:13:01,197 Acabo de dar co lugar axeitado. 263 00:13:07,745 --> 00:13:08,954 Por fin te atopo. 264 00:13:09,038 --> 00:13:09,872 Ai, ola. 265 00:13:09,955 --> 00:13:12,958 Xa sei que o de hoxe foi moito, 266 00:13:13,042 --> 00:13:16,337 E supuxen que necesitarías alguén con quen… 267 00:13:16,420 --> 00:13:18,380 Dous tequila con Sprite. 268 00:13:18,464 --> 00:13:20,132 Vaia, Lena. 269 00:13:20,216 --> 00:13:21,592 - Ola. - Ola! 270 00:13:22,802 --> 00:13:24,094 Xenial. 271 00:13:24,178 --> 00:13:28,098 Preocupábame que viñeses emborracharte só ata acabar no chan. 272 00:13:29,642 --> 00:13:32,937 Xa pensaba que te tiña que levantar do chan. 273 00:13:33,020 --> 00:13:37,900 Pero supoño que agora es un Timmy novo, 274 00:13:37,983 --> 00:13:39,193 e iso… 275 00:13:39,276 --> 00:13:40,277 é xenial. 276 00:13:41,904 --> 00:13:44,323 Eliza, tes o pelo precioso. 277 00:13:44,406 --> 00:13:47,076 Grazas. O teu tamén é pelo. 278 00:13:59,505 --> 00:14:01,048 Que carallo pasa? 279 00:14:03,300 --> 00:14:05,886 Blockbuster ten debuxos para nenos, non? 280 00:14:05,970 --> 00:14:06,846 Estou desesperada. 281 00:14:06,929 --> 00:14:08,556 Si, claro, e xogos tamén. 282 00:14:08,639 --> 00:14:10,724 As plataformas non funcionan. 283 00:14:10,808 --> 00:14:14,270 Internet caeu pola erupción solar, e agora a xente vai necesitar… 284 00:14:14,353 --> 00:14:15,312 DVD. 285 00:14:15,396 --> 00:14:19,024 Blockbuster é o único sitio da vila. Tes unha mina de ouro. 286 00:14:19,108 --> 00:14:20,067 Tes razón. 287 00:14:20,150 --> 00:14:21,527 Estábao dicindo eu. 288 00:14:21,610 --> 00:14:23,988 E se lle subimos o prezo? 289 00:14:24,071 --> 00:14:26,782 Van pagar o que sexa por ver se Iron Man morre. 290 00:14:26,866 --> 00:14:28,659 O éxito cámbiache. 291 00:14:28,742 --> 00:14:31,245 Díxenche que tiñas que comprar outro reno. 292 00:14:31,328 --> 00:14:32,454 Son un home de renos. 293 00:14:34,248 --> 00:14:35,499 Non entendo o chiste. 294 00:14:40,671 --> 00:14:42,673 Vas querer ver a secuela. 295 00:14:42,756 --> 00:14:46,886 Non sei se tes idade para ver iso. Ten unha F de fantástico. 296 00:14:46,969 --> 00:14:48,554 Nese Shaq faino xenial. 297 00:14:50,764 --> 00:14:53,225 Timmy, estás facendo boa feira. 298 00:14:53,309 --> 00:14:56,645 Vin a un alugar un filme de Jimmy Fallon. E adrede. 299 00:14:56,729 --> 00:14:59,023 Sabía que a xente abandonaría as plataformas 300 00:14:59,106 --> 00:15:02,067 e volvería ao formato superior dos DVD. 301 00:15:04,069 --> 00:15:06,447 A ver, foi á forza, pero váleme. 302 00:15:07,281 --> 00:15:10,242 Non sabía que a xente bicaba con lingua en público. 303 00:15:10,326 --> 00:15:12,328 Xa, dá bastante noxo. 304 00:15:13,203 --> 00:15:16,123 Eliza, necesito que me axudes na sala de descanso… 305 00:15:16,206 --> 00:15:18,959 - Encantada de librarme disto. - Que ben. 306 00:15:19,043 --> 00:15:21,211 Esquecín inventar unha escusa. 307 00:15:21,295 --> 00:15:23,172 Só se pode pagar en efectivo. 308 00:15:23,255 --> 00:15:26,300 - Rexeitaranse as tarxetas. - Tome. 309 00:15:26,383 --> 00:15:27,384 Rexeitar. 310 00:15:27,968 --> 00:15:34,224 Como Patrice me rexeitou a min. Que decepción. Iso sempre o dicía ela. 311 00:15:34,308 --> 00:15:36,644 Compórtate. Temos clientes. 312 00:15:36,727 --> 00:15:38,228 A min tanto me ten. 313 00:15:39,730 --> 00:15:41,732 - Patrice. - Sabes que, Connie? 314 00:15:41,815 --> 00:15:42,983 Se estabas enfadada, 315 00:15:43,067 --> 00:15:45,736 podíasmo dicir e non deixar de chamarme. 316 00:15:45,819 --> 00:15:48,155 E pensar que che tiña unha sorpresa. 317 00:15:48,238 --> 00:15:51,617 Que? Eu fun a última en chamarte. 318 00:15:51,700 --> 00:15:52,743 Ai, si? 319 00:15:52,826 --> 00:15:53,744 Si, non? 320 00:15:54,787 --> 00:15:57,706 Pensei que morreras, ou peor, que me odiabas. 321 00:15:57,790 --> 00:16:01,543 Parezo unha tola, pero valoro moito a nosa amizade. 322 00:16:01,627 --> 00:16:02,544 Eu tamén. 323 00:16:06,507 --> 00:16:08,968 Espera. Que sorpresa tiñas? 324 00:16:11,470 --> 00:16:13,722 Imos a París, 325 00:16:14,640 --> 00:16:15,975 o hotel de Las Vegas. 326 00:16:16,934 --> 00:16:18,477 Dime que teñen bufete. 327 00:16:18,560 --> 00:16:20,062 Teñen deux. 328 00:16:23,482 --> 00:16:25,609 Sei que temos Jungle Cruise. 329 00:16:25,693 --> 00:16:28,237 Hai copias atrás, un momento. 330 00:16:28,320 --> 00:16:30,030 Calquera no que saia A Roca. 331 00:16:30,114 --> 00:16:34,243 Algo para os rapaces, e para mamá cando se bañe. 332 00:16:34,326 --> 00:16:37,705 Consello de baño, podes pasar as escenas de Paul Giamatti. 333 00:16:37,788 --> 00:16:38,706 Ou non. 334 00:16:40,791 --> 00:16:42,710 Xa estamos. Adiante, Bills. 335 00:16:43,961 --> 00:16:49,008 Pode dicirme alguén como facer que as cousas 336 00:16:49,091 --> 00:16:53,679 volvan ser coma antes? 337 00:16:53,762 --> 00:16:57,391 Señor, dáme un motivo, 338 00:16:57,474 --> 00:17:02,521 axeónllome no chan. 339 00:17:02,604 --> 00:17:03,772 Miña nai. 340 00:17:04,440 --> 00:17:07,901 Gansiño… Sei que cometín erros. 341 00:17:08,944 --> 00:17:11,321 Pero quérote máis que a nada no mundo, 342 00:17:11,989 --> 00:17:13,657 e quero demostrarcho. 343 00:17:13,741 --> 00:17:14,616 Entón… 344 00:17:17,411 --> 00:17:20,622 Que che parece se deixamos todo atrás? 345 00:17:20,706 --> 00:17:25,669 Fasme o home máis feliz do mundo casando comigo de novo? 346 00:17:30,883 --> 00:17:31,717 Non. 347 00:17:33,969 --> 00:17:34,803 Como? 348 00:17:36,889 --> 00:17:39,808 Cantamos tamén a de "Faremos o amor"? 349 00:17:46,690 --> 00:17:48,734 Non hai Jungle Cruise? 350 00:17:48,817 --> 00:17:50,444 Non, xa non quedan. 351 00:17:51,361 --> 00:17:53,447 Véxote despois. 352 00:17:54,114 --> 00:17:56,533 Que gana da nosa cita, mozo. 353 00:17:57,117 --> 00:17:57,993 E eu, Eliza. 354 00:17:59,495 --> 00:18:03,624 Eliza non. Quería dicir Lena. Lena. 355 00:18:04,500 --> 00:18:06,543 Si, Lena. 356 00:18:07,252 --> 00:18:09,838 Creo que xa o entendo todo. 357 00:18:09,922 --> 00:18:12,841 - Espera… - Mellor non quedamos á noite. 358 00:18:12,925 --> 00:18:14,718 Non, veña, Lena. 359 00:18:14,802 --> 00:18:16,428 Parece un mal momento, 360 00:18:16,512 --> 00:18:20,599 seino, pero busco un filme sobre un porco, pero que non sexa Babe. 361 00:18:20,682 --> 00:18:22,434 É unha cidade moi grande. 362 00:18:22,518 --> 00:18:24,645 - Pero… - Vale. 363 00:18:24,728 --> 00:18:26,271 FILMES XA VISTOS 364 00:18:31,401 --> 00:18:34,613 Tío, non podes fumar aquí. Que fas? 365 00:18:34,696 --> 00:18:36,907 Veña, home, non sexas malo. 366 00:18:36,990 --> 00:18:39,409 Fai o que queiras, tanto me ten. 367 00:18:40,994 --> 00:18:44,039 Tío, non tiña que ter vido aquí. 368 00:18:45,082 --> 00:18:48,168 Son o albo das risas. Viñeron para rirse de min. 369 00:18:48,252 --> 00:18:51,588 "Imos rirnos do home triste con rosácea 370 00:18:51,672 --> 00:18:55,509 ó que escoltaron fóra do estudio de Nash Bridges extras da serie." 371 00:18:55,592 --> 00:18:56,927 Enténdote. 372 00:18:57,010 --> 00:18:59,138 A ver, non xusto iso, pero… 373 00:18:59,680 --> 00:19:02,766 Descubrín que non entrei nun programa de cineastas, 374 00:19:02,850 --> 00:19:05,060 e ese sempre foi o soño da miña vida. 375 00:19:05,144 --> 00:19:07,062 Nin pensei en non entrar. 376 00:19:07,146 --> 00:19:11,150 Vouche dicir algo, rapaz. Hollywood está cheo de rechazos. 377 00:19:11,233 --> 00:19:14,111 Speven Stielberg non entrou na USC. 378 00:19:14,194 --> 00:19:18,240 Cres que me deron Son moi novo para ser Santa á primeira? 379 00:19:18,323 --> 00:19:21,827 Non. A súa primeira opción morreu nun anuncio de zumes. 380 00:19:22,494 --> 00:19:25,539 Hollywood acaba cos teus soños, vale? 381 00:19:25,622 --> 00:19:27,499 Benvido ao club. 382 00:19:27,583 --> 00:19:29,543 Es un cineasta de Hollywood. 383 00:19:33,005 --> 00:19:34,715 - Grazas, tío. - De nada. 384 00:19:35,340 --> 00:19:36,508 Boa noite. 385 00:19:36,592 --> 00:19:39,386 Hannah, tráeme un vasiño de auga. 386 00:19:40,387 --> 00:19:41,597 É un non de verdade? 387 00:19:43,515 --> 00:19:46,059 Poden marchar os Jingle Balls? 388 00:19:46,143 --> 00:19:47,186 Jingle Bills. 389 00:19:48,187 --> 00:19:50,480 Aínda nos debes metade. 390 00:19:50,564 --> 00:19:52,441 Podemos falalo logo, Bill? 391 00:19:56,945 --> 00:19:59,573 Se son sincero, isto non o vin vir. 392 00:20:00,073 --> 00:20:01,992 Pensei que fixera todo ben. 393 00:20:02,075 --> 00:20:02,910 E fixéchelo. 394 00:20:04,536 --> 00:20:08,457 Pero… facer unha chea de cousas ben 395 00:20:08,540 --> 00:20:11,376 non compensa a gran cousa que fixeches mal. 396 00:20:11,919 --> 00:20:13,462 Trátase diso. 397 00:20:14,213 --> 00:20:15,047 Non. 398 00:20:16,590 --> 00:20:19,801 Non de todo, ou iso creo. 399 00:20:19,885 --> 00:20:23,222 Antes de poñerme os cornos xa tiñamos problemas, 400 00:20:23,305 --> 00:20:25,891 supoño que por iso o fixeches. 401 00:20:25,974 --> 00:20:28,310 Non sei como responder a iso. 402 00:20:29,394 --> 00:20:31,396 Isto, nós… 403 00:20:33,523 --> 00:20:35,275 Xa non estamos ben. 404 00:20:36,068 --> 00:20:38,862 Unha cousa é cando o intentamos por Ali, 405 00:20:38,946 --> 00:20:41,448 pero xa é adulta e ten a súa vida. 406 00:20:41,531 --> 00:20:45,827 E debémoslle a ela e a nós… 407 00:20:46,620 --> 00:20:48,038 intentar ser felices. 408 00:20:48,121 --> 00:20:51,458 E se o que me fai feliz é estar contigo? 409 00:20:51,541 --> 00:20:53,502 Sinto algo por outra persoa. 410 00:20:54,419 --> 00:20:55,254 Que? 411 00:20:56,129 --> 00:20:57,214 Dende cando? 412 00:20:57,297 --> 00:20:58,465 Non o sei. 413 00:21:00,050 --> 00:21:02,970 Se cadra unhas semanas, se cadra… 414 00:21:04,429 --> 00:21:05,264 Timmy? 415 00:21:08,850 --> 00:21:10,102 Síntoo. 416 00:21:12,187 --> 00:21:13,021 Teño que ir. 417 00:21:17,442 --> 00:21:19,027 - Que fas? - Dáme iso. 418 00:21:19,111 --> 00:21:22,781 Saca as mans de Aventuras na neve. Vivimos lonxe. 419 00:21:22,864 --> 00:21:25,993 É o único que impide que os nenos non mordan os cintos. 420 00:21:26,076 --> 00:21:30,289 Hai moitos filmes que lles encantan aos nenos, como Infiel. 421 00:21:30,372 --> 00:21:31,873 Diane Lane faino xenial. 422 00:21:31,957 --> 00:21:34,543 Necesito Aventuras na neve, fai frío. 423 00:21:34,626 --> 00:21:36,169 Temos que falar. 424 00:21:36,253 --> 00:21:37,754 - Agora non. - Xa o sei. 425 00:21:37,838 --> 00:21:40,299 O que viches fíxome darme conta de algo, 426 00:21:40,382 --> 00:21:42,467 e é moi importante que cho diga. 427 00:21:42,551 --> 00:21:43,719 Ei, tío. 428 00:21:43,802 --> 00:21:47,055 Seguro que cho din moito, pero son un gran fan. 429 00:21:47,139 --> 00:21:49,474 Saín adiante coas loitas de famosos. 430 00:21:49,558 --> 00:21:50,892 Podes firmar isto? 431 00:21:50,976 --> 00:21:54,104 Que sentiches ao darlle a Emmanuel Lewis? 432 00:21:54,187 --> 00:21:57,441 Moi divertido. Non é algo do que estea moi orgulloso. 433 00:21:57,524 --> 00:22:01,570 Fíxeno porque necesitaba pasta e Emmanuel mais eu temos corpo. 434 00:22:01,653 --> 00:22:03,405 - Grazas. - Eh, eh. 435 00:22:03,488 --> 00:22:04,489 Perdoa, tío. 436 00:22:05,407 --> 00:22:09,494 - Douche 100 dólares. - Eu todo o que teño no bolso. 437 00:22:09,578 --> 00:22:11,955 Pode haber moito de valor ou pouco. 438 00:22:12,039 --> 00:22:13,040 Quen dá máis? 439 00:22:13,123 --> 00:22:15,000 - Non, grazas. - Veña. 440 00:22:15,083 --> 00:22:17,169 Non te podes avergoñar. 441 00:22:17,252 --> 00:22:20,672 Es o tío que esmagou a Tonya Harding. 442 00:22:20,756 --> 00:22:22,174 E merecíao. 443 00:22:22,257 --> 00:22:25,010 Enténdoo, estás a tomarme o pelo. 444 00:22:25,093 --> 00:22:27,387 Timmy, hai moito que nos coñecemos, 445 00:22:27,471 --> 00:22:30,974 e quero aclarar… Estou farta de ter dúbidas. 446 00:22:31,058 --> 00:22:33,393 - Sen violencia. - Dámo! 447 00:22:33,477 --> 00:22:35,854 Non quero falar das loitas de famosos. 448 00:22:35,937 --> 00:22:39,524 Se queres falar dun filme do meu universo cinematográfico, 449 00:22:39,608 --> 00:22:40,692 encantado. 450 00:22:40,776 --> 00:22:45,197 Eh, que non son un deses cans de antes, son un fan de verdade. 451 00:22:45,280 --> 00:22:47,032 Estás a burlarte de min! 452 00:22:51,244 --> 00:22:52,371 Que pasa? 453 00:22:58,251 --> 00:23:00,045 Veña, non, ho. 454 00:23:00,837 --> 00:23:02,464 Buscemi non. 455 00:23:02,547 --> 00:23:04,049 Parade, por favor. 456 00:23:07,135 --> 00:23:08,470 E Dedal? 457 00:23:08,553 --> 00:23:09,805 Parade, por favor. 458 00:23:09,888 --> 00:23:12,974 O que tes na man é toda a miña semana, tío. 459 00:23:13,892 --> 00:23:14,893 Iso non está ben. 460 00:23:16,645 --> 00:23:18,647 Non podo morrer sendo virxe. 461 00:23:18,730 --> 00:23:20,232 Quen é toda esta xente? 462 00:23:20,315 --> 00:23:22,484 Son Tad, de Ohio. Son Escorpión. 463 00:23:26,196 --> 00:23:30,867 Que lle dean a Blockbuster! 464 00:23:34,579 --> 00:23:37,582 Mira o lado bo, puxécheste como tola 465 00:23:37,666 --> 00:23:39,876 cando o parvo ese me deu un puñazo, 466 00:23:39,960 --> 00:23:43,672 case como se che importase o teu velliño. 467 00:23:43,755 --> 00:23:45,048 Claro que si. 468 00:23:46,341 --> 00:23:48,093 Por que te enfadaches tanto? 469 00:23:48,760 --> 00:23:49,845 De repente. 470 00:23:49,928 --> 00:23:52,305 Cando pensei que as cousas ían ben. 471 00:23:52,389 --> 00:23:55,642 Porque me importa esta merda de sitio, 472 00:23:55,725 --> 00:23:58,937 e enfadeime cando Stevie estragou todo… 473 00:23:59,020 --> 00:24:00,730 Pagueinas contigo 474 00:24:00,814 --> 00:24:03,525 porque din que as pagas cos máis achegados. 475 00:24:03,608 --> 00:24:06,153 E debes ser ti, pois iso. 476 00:24:06,236 --> 00:24:07,362 Pois iso. 477 00:24:11,074 --> 00:24:12,284 Sabes que? 478 00:24:13,493 --> 00:24:16,705 Ese foi o meu momento favorito de todo o ano. 479 00:24:37,058 --> 00:24:41,938 Todo vai saír ben. Podemos limpar, que todo o mundo colabore e… 480 00:24:42,022 --> 00:24:43,190 E de que vale? 481 00:24:44,608 --> 00:24:48,820 Puxen todo o que tiña neste pata de mono maldita 482 00:24:48,904 --> 00:24:51,448 porque aquí sentíame como na casa. 483 00:24:51,531 --> 00:24:54,201 É o único sitio no que encaixaba, 484 00:24:54,284 --> 00:24:56,953 e xa non é nada diso. 485 00:24:57,037 --> 00:25:00,790 Por algo pecharon 9000 Blockbuster. 486 00:25:00,874 --> 00:25:03,752 Fun parvo ao pensar que este podía ser diferente. 487 00:25:06,588 --> 00:25:07,422 Acabouse. 488 00:25:07,506 --> 00:25:09,216 Basta de preocuparme por todo. 489 00:25:09,299 --> 00:25:11,218 Non vou comprar outro reno. 490 00:25:11,760 --> 00:25:15,138 QUE SEXA UNHA NOITE BLOCKBUSTER 491 00:25:16,640 --> 00:25:18,850 Sigo sen saber que quere dicir iso. 492 00:25:23,855 --> 00:25:24,689 Timmy? 493 00:25:25,774 --> 00:25:26,650 Síntoo. 494 00:25:27,192 --> 00:25:28,235 Mi madriña. 495 00:26:11,570 --> 00:26:14,030 Subtítulos: María Suárez Seijas