1 00:00:06,006 --> 00:00:09,926 Veña, vide aquí todos. Isto é para vós. 2 00:00:10,010 --> 00:00:12,887 - Non temos nada para ti. - Eu si. 3 00:00:12,971 --> 00:00:17,267 Unhas cousiñas que che van vir moi ben e outras divertidas. 4 00:00:17,350 --> 00:00:21,855 - Tela que perdoar. - Non é un regalo, é traballo. 5 00:00:21,938 --> 00:00:25,275 Tócavos día de promoción. Tedes que montar isto. 6 00:00:25,358 --> 00:00:26,276 Teño que dicir 7 00:00:26,359 --> 00:00:29,696 que ás veces minto como técnica de supervivencia. 8 00:00:30,822 --> 00:00:35,160 - Alguén ten plans hoxe. - Vas ser interventora? 9 00:00:35,243 --> 00:00:37,454 A tenda vai ser unha asesoría fiscal 10 00:00:37,537 --> 00:00:38,872 e vai ser a nova xefa. 11 00:00:39,539 --> 00:00:41,750 É para unha entrevista de traballo. 12 00:00:41,833 --> 00:00:45,378 Preséntome a xefa de comunicacións dun alugueiro de coches. 13 00:00:45,462 --> 00:00:47,589 A rapaza especial precisaba un cambio. 14 00:00:47,672 --> 00:00:50,800 - Es unha rapaza especial? - É unha broma nosa. 15 00:00:50,884 --> 00:00:52,302 - Timmy enténdeo. - Si. 16 00:00:52,385 --> 00:00:53,720 O día do rapaz especial. 17 00:00:53,803 --> 00:00:55,263 Burlácheste del. 18 00:00:55,346 --> 00:00:57,932 Non sabía que o ías usar no día a día 19 00:00:58,016 --> 00:01:00,518 como "mans á obra" ou "vive, ri, ri". 20 00:01:00,602 --> 00:01:03,646 E non sabía que se interesasen no teu currículo. 21 00:01:04,522 --> 00:01:05,982 Que papel máis bo. 22 00:01:06,066 --> 00:01:08,401 É máis suave que o cuíño dun bebé. 23 00:01:08,485 --> 00:01:10,070 Grazas. 24 00:01:10,153 --> 00:01:12,864 Fíxenlle un lavado de cara ao currículo, 25 00:01:12,947 --> 00:01:18,453 imprimín 50 copias e logo deime conta de que os prefiren en formato electrónico. 26 00:01:18,536 --> 00:01:20,205 Experiencia en márketing? 27 00:01:20,288 --> 00:01:22,832 - Contable? - Directora de vendas. 28 00:01:22,916 --> 00:01:24,709 Non fixeches nada disto. 29 00:01:25,293 --> 00:01:28,963 Que saibas que en 2015 tiña o meu propio negocio. 30 00:01:29,047 --> 00:01:31,716 Antes de ver que era unha estafa piramidal, 31 00:01:31,800 --> 00:01:34,719 tecnicamente era directora de vendas. 32 00:01:34,803 --> 00:01:37,138 Enviei unha caixa de aceites ao Canadá. 33 00:01:37,222 --> 00:01:39,015 Vale, esaxereino un pouco, 34 00:01:39,099 --> 00:01:42,268 pero só hai unha palabra que importa. 35 00:01:42,352 --> 00:01:44,729 - Harvard. - Iso abonda. 36 00:01:44,813 --> 00:01:47,857 - Parabéns pola entrevista. - Segunda entrevista. 37 00:01:47,941 --> 00:01:51,361 Xa falei coa de Recursos Humanos e vou falar coa dona, 38 00:01:51,444 --> 00:01:52,779 unha formalidade. 39 00:01:52,862 --> 00:01:56,866 E seica normalmente ofrecen o traballo alí, así que… 40 00:01:56,950 --> 00:02:00,120 Se non volvo, non é que me secuestrasen, 41 00:02:00,203 --> 00:02:03,164 é que comecei a miña época de Beyoncé en solitario. 42 00:02:03,248 --> 00:02:06,042 Es moi vella para que te secuestren. 43 00:02:06,126 --> 00:02:09,462 Se tiveses cartos ou se foses guapísima, vale. 44 00:02:09,546 --> 00:02:12,757 Es guapa, ho, pero á túa idade tes que ser un 11 45 00:02:12,841 --> 00:02:14,968 para que queiran secuestrarte. 46 00:02:17,345 --> 00:02:18,847 Vou colgar o traxe. 47 00:02:19,347 --> 00:02:20,348 UNHA SERIE DE NETFLIX 48 00:02:27,272 --> 00:02:29,149 Os doces ao lado dos Doritos? 49 00:02:29,232 --> 00:02:32,443 Non. Van cos cacahuetes e cos caramelos de chocolate. 50 00:02:32,527 --> 00:02:36,739 A clientela ten que sentirse coma no cine, non nunha gasolineira. 51 00:02:37,615 --> 00:02:39,576 - A conta. - Mira, Donna, 52 00:02:39,659 --> 00:02:42,704 teño uns problemiñas coas comisións do banco, 53 00:02:42,787 --> 00:02:44,831 pero pagareiche a semana que vén. 54 00:02:44,914 --> 00:02:46,166 - A que vén. - Si. 55 00:02:46,249 --> 00:02:50,336 Meu rei, vai haber unha erupción solar. Se cadra non chegamos alá. 56 00:02:50,420 --> 00:02:52,088 - Mark, garda todo. - Si. 57 00:02:52,672 --> 00:02:54,215 - Hoxe non. - Veña. 58 00:02:54,299 --> 00:02:57,177 - Temos que ir a cinco estancos. - Perdoa. 59 00:02:57,260 --> 00:02:59,971 Necesitas algo máis para salvar este matrimonio. 60 00:03:00,054 --> 00:03:03,391 Dásme unha man, amor? Non fai falta, vou ben. 61 00:03:03,474 --> 00:03:04,309 Xa o teño. 62 00:03:04,392 --> 00:03:08,396 Isto que imos montar é de Dedal 2: Guerra de polgares, 63 00:03:08,479 --> 00:03:12,108 a encantadora historia do dedal dunha campesiña, Emma Stone, 64 00:03:12,192 --> 00:03:15,653 na gran cidade, Billy Porter, na busca do dedal soñado. 65 00:03:15,737 --> 00:03:19,115 Logo Billy Porter interpreta a cidade. 66 00:03:19,199 --> 00:03:21,576 Metes o polgar e fala e acéndese. 67 00:03:21,659 --> 00:03:24,829 Pensei que ía ser a tamaño real. 68 00:03:24,913 --> 00:03:26,164 Temos diante 69 00:03:26,247 --> 00:03:29,709 o que neste mundo chamamos un crebacabezas xigante. 70 00:03:29,792 --> 00:03:34,047 Tes sorte, a raíña Connie Serrano ten un doutoramento en crebacabezas. 71 00:03:34,130 --> 00:03:38,176 Vaia, non sabía que tiña diante unha raíña e unha doutora. 72 00:03:38,259 --> 00:03:41,763 Miña nai di que saín do ventre con bo ollo e un bo polgar. 73 00:03:41,846 --> 00:03:44,807 A clave é a organización e o proceso. 74 00:03:44,891 --> 00:03:48,019 Mentres as pezas estean en orde… 75 00:03:49,562 --> 00:03:51,814 Iso saíu da nada. 76 00:03:51,898 --> 00:03:55,318 É un obxecto inmóbil co que tropezaches. 77 00:03:55,401 --> 00:03:59,072 Ola, carameliño. Mira que che traio. 78 00:03:59,155 --> 00:04:03,034 Un batido sorpresa de manga. A sorpresa son as mangas. 79 00:04:03,117 --> 00:04:05,078 Non teño tempo para un batido. 80 00:04:05,161 --> 00:04:07,163 É a bebida perfecta para levar. 81 00:04:07,247 --> 00:04:08,915 Se perdes a palla, 82 00:04:08,998 --> 00:04:11,501 colles unhas tortillas de millo e a comer. 83 00:04:11,584 --> 00:04:14,087 Así inventou papá a salsa de manga. 84 00:04:18,258 --> 00:04:21,719 Xa non se toman batidos? Colleron a Gary o de Groliños 85 00:04:21,803 --> 00:04:23,763 noutro escándalo de animais en monociclo? 86 00:04:23,846 --> 00:04:25,974 Outra vez? Pobres mapaches. 87 00:04:26,057 --> 00:04:28,309 Páganlles con batidos. 88 00:04:28,393 --> 00:04:29,560 Cacho traballo! 89 00:04:29,644 --> 00:04:31,521 Vale, máis para min. 90 00:04:33,481 --> 00:04:36,818 Kayla pareceuche máis "Kayla"? 91 00:04:36,901 --> 00:04:38,194 Igual está de relax. 92 00:04:38,987 --> 00:04:40,947 Lino en Internet. 93 00:04:44,200 --> 00:04:45,034 - Timmy. - Ei. 94 00:04:45,118 --> 00:04:47,328 Unha de Doritos e uns doces. 95 00:04:47,412 --> 00:04:48,496 Que ben soa. 96 00:04:48,579 --> 00:04:52,792 Vale, sabedes que normalmente temos refrixerios para vender, non? 97 00:04:52,875 --> 00:04:56,796 Pois hoxe é algo diferente e non temos refrixerios a vender. 98 00:04:56,879 --> 00:04:59,465 Incrible, e dis que é un restaurante? 99 00:05:00,008 --> 00:05:01,968 Imos ter que ir xunta meu pai. 100 00:05:02,051 --> 00:05:03,386 - Veña. - Esperade. 101 00:05:03,469 --> 00:05:06,556 Acabo de recordar que nos chegaron unhas lambadas 102 00:05:06,639 --> 00:05:08,349 que vos van encantar. 103 00:05:08,433 --> 00:05:09,517 Non vos movades. 104 00:05:12,770 --> 00:05:15,523 BECA DE NOVOS CINEASTAS GRAZAS POR PARTICIPAR 105 00:05:15,606 --> 00:05:16,482 - Carlos! - Que? 106 00:05:16,566 --> 00:05:19,610 - As lambadas de Dedal 2? - Aí. 107 00:05:19,694 --> 00:05:21,779 Creo que non o pensaron moito. 108 00:05:21,863 --> 00:05:25,283 É un filme de nenos, pero parecen dedos cortados. 109 00:05:25,366 --> 00:05:28,494 Os restos dunha explosión dunha máquina de coser. 110 00:05:29,037 --> 00:05:29,954 Vounos vender. 111 00:05:30,038 --> 00:05:32,582 En teoría son de balde ao alugar Dedal 2. 112 00:05:32,665 --> 00:05:34,876 Non vai en contra da política? 113 00:05:34,959 --> 00:05:38,087 Da antiga empresa. Agora estou eu ao mando. 114 00:05:38,171 --> 00:05:41,424 A miña mellor empregada marcha a un alugueiro de coches. 115 00:05:41,507 --> 00:05:45,178 Carlos, ti tamén es o mellor. Pode haber dous. 116 00:05:45,261 --> 00:05:47,972 Xa sei o que sentes por Eliza. 117 00:05:48,056 --> 00:05:51,059 O que sinto? Que sinto? Estou con Lena. 118 00:05:51,142 --> 00:05:54,479 Non concretamos nada. Encantaríame que fose a miña moza. 119 00:05:54,562 --> 00:05:56,564 A xente da miña idade di iso? 120 00:05:56,647 --> 00:05:58,566 Non quero abrir esa porta. 121 00:06:03,154 --> 00:06:04,280 E Eliza? 122 00:06:11,662 --> 00:06:13,081 Perdoa, non preguntei. 123 00:06:13,164 --> 00:06:15,792 Quería facer exercicios de relaxación 124 00:06:15,875 --> 00:06:18,628 e non me dei conta de que tes que respirar en alto. 125 00:06:18,711 --> 00:06:21,130 Tranquila. Supuxen que non comiches. 126 00:06:21,839 --> 00:06:22,673 Grazas. 127 00:06:23,883 --> 00:06:26,511 É A Roca tallado nunha noz de macadamia? 128 00:06:26,594 --> 00:06:29,806 Si, son lambadas de promoción. Unha liana de Jumanji 2. 129 00:06:29,889 --> 00:06:32,350 Noces e abelás en froitas de xelatina. 130 00:06:32,433 --> 00:06:35,061 Vante encantar. Como as Nerds Rope, pero sans. 131 00:06:35,144 --> 00:06:37,939 A miña nova xefa lembrará as miñas lambadas favoritas? 132 00:06:38,022 --> 00:06:39,357 Seguro. Logo llo dis. 133 00:06:42,193 --> 00:06:47,323 Non podo imaxinar Blockbuster sen ti, pero é importante avanzar. 134 00:06:48,783 --> 00:06:49,617 Si. 135 00:06:50,743 --> 00:06:52,078 Aaron emocionaríase. 136 00:06:52,161 --> 00:06:55,540 Anota os que aluguen Mercedes para venderlles un edificio. 137 00:06:55,623 --> 00:06:57,667 Se estades casados, non ten mal. 138 00:06:57,750 --> 00:06:58,960 Non o sabe. 139 00:06:59,043 --> 00:07:01,921 Intentei dicirllo, pero non paraba de falar 140 00:07:02,004 --> 00:07:06,717 de algo de DraftKings e non puiden abrir a boca. 141 00:07:08,010 --> 00:07:08,845 Si. 142 00:07:10,012 --> 00:07:11,681 Cando llo digas, 143 00:07:11,764 --> 00:07:14,142 vaise emocionar máis que min. 144 00:07:14,225 --> 00:07:15,518 Tanto que dirás: 145 00:07:15,601 --> 00:07:18,771 "Aaron, estás moi emocionado. Nifraches cocaína?" 146 00:07:19,689 --> 00:07:21,441 Vou volver ao traballo. 147 00:07:23,943 --> 00:07:26,487 Pechas a porta? Quero practicar a historia 148 00:07:26,571 --> 00:07:28,948 de como xestionar problemas no traballo. 149 00:07:29,991 --> 00:07:31,325 - Claro. - Grazas. 150 00:07:37,957 --> 00:07:39,459 Vale, escoita. 151 00:07:39,542 --> 00:07:42,962 Tanto ten se son crebacabezas, billetes ou a coada. 152 00:07:43,045 --> 00:07:47,925 - O primeiro é clasificar. - Todas as pezas son grises. 153 00:07:48,009 --> 00:07:50,553 Señor, sei que os desafíos máis grandes 154 00:07:50,636 --> 00:07:52,430 son para as persoas máis… 155 00:07:53,806 --> 00:07:57,351 - Que ruído hai. - Se non traballas, por que non marchas? 156 00:07:57,435 --> 00:08:00,438 Miña nai está na casa e está obsesionada comigo. 157 00:08:00,521 --> 00:08:02,023 "Que tal o teu día?" 158 00:08:02,106 --> 00:08:04,609 e comenta nos TikTok con cariñas de estrelas. 159 00:08:04,692 --> 00:08:07,236 É a cariña máis obsesionada. 160 00:08:07,320 --> 00:08:09,864 Por iso quero atopar un piso para min soa. 161 00:08:09,947 --> 00:08:14,702 Sabedes se temos fax, ou que é o fax? 162 00:08:14,785 --> 00:08:15,786 Un piso? 163 00:08:15,870 --> 00:08:18,122 Reservo isto para os gatos de raza pura, 164 00:08:18,206 --> 00:08:21,042 pero ola, señora pantalóns preciosos. 165 00:08:21,125 --> 00:08:22,752 Seguro que estás lista? 166 00:08:22,835 --> 00:08:24,795 É un gran paso vivir ti soa. 167 00:08:24,879 --> 00:08:28,508 Os meus fillos crían que o estaban ata que tiveron que lavar os pratos. 168 00:08:28,591 --> 00:08:31,552 E lavar a roupa. E lavarse eles. 169 00:08:31,636 --> 00:08:34,972 Este piso é incrible, e ten de todo, 170 00:08:35,056 --> 00:08:37,808 menos correo as fins de semana, que fastío. 171 00:08:37,892 --> 00:08:40,937 Por que non imos algunha de nós ver o piso contigo? 172 00:08:41,020 --> 00:08:44,690 Iso, é un pouco raro. Todos os pisos teñen correo as findes. 173 00:08:44,774 --> 00:08:47,777 Iso é o que Big Postal quere que pensedes. 174 00:08:48,486 --> 00:08:50,947 Eliza é parte de Blockbuster, 175 00:08:51,030 --> 00:08:53,950 pero tamén a vexo como parte de Round-The-Clock, 176 00:08:54,033 --> 00:08:57,870 e iso é moito dicir. Si, leva toda a contabilidade, 177 00:08:57,954 --> 00:09:00,706 pero é máis ben a directora financeira. 178 00:09:00,790 --> 00:09:03,834 Non sei moito da súa empresa de aceites esenciais, 179 00:09:03,918 --> 00:09:06,254 pero sei que era internacional. 180 00:09:06,337 --> 00:09:08,673 Eliza é unha persoa auténtica. 181 00:09:08,756 --> 00:09:10,967 É o piar deste lugar 182 00:09:11,050 --> 00:09:14,345 e non sei como vou facer sen ela. 183 00:09:15,096 --> 00:09:18,474 Ah, só quería confirmar que traballa en Blockbuster? 184 00:09:18,558 --> 00:09:22,395 Si, deixeime levar. Perdoe por facerlle perder o tempo. 185 00:09:22,478 --> 00:09:23,312 Quérote. 186 00:09:24,564 --> 00:09:26,816 - Merda, fíxeno de novo. - Graciñas. 187 00:09:26,899 --> 00:09:30,194 Foi moi bonito, e só parecías un pouco demente. 188 00:09:30,278 --> 00:09:32,738 - Era en serio. - Que a querías tamén? 189 00:09:32,822 --> 00:09:36,784 Non che sei dicir. Nesa chamada establecemos unha relación. 190 00:09:37,285 --> 00:09:38,452 Boa sorte. 191 00:09:38,536 --> 00:09:41,122 Necesítoa para saír deste vertedoiro. 192 00:09:41,205 --> 00:09:43,666 É gracioso porque ofende. 193 00:09:43,749 --> 00:09:45,209 Dediqueille a miña vida. 194 00:09:45,293 --> 00:09:47,712 - Perdoa, era broma. - Xa o sei. 195 00:09:47,795 --> 00:09:52,216 Cando vas ser a comediante do Paraíso dos Risos de T.J. Risiñas? 196 00:09:53,217 --> 00:09:54,343 Ah, si, o incendio. 197 00:09:57,221 --> 00:10:01,392 O cable vermello vai co verde. 198 00:10:01,475 --> 00:10:03,728 - Canto tempo leva con iso? - Horas. 199 00:10:03,811 --> 00:10:06,314 Dixo que tiña o cueiro dos crebacabezas. 200 00:10:06,397 --> 00:10:07,773 Será unha broma. 201 00:10:07,857 --> 00:10:10,318 - Mete o polgar para divertirte. - Si! 202 00:10:10,401 --> 00:10:12,945 Mete o polgar e… 203 00:10:13,029 --> 00:10:14,739 Divertirte cos polgares. 204 00:10:15,740 --> 00:10:19,535 Vexo que tes problemiñas. Impórtache se collo as rendas? 205 00:10:19,619 --> 00:10:21,871 Volve tocalo e douche tal hostia 206 00:10:21,954 --> 00:10:24,624 que non vai haber orquestra que toque o que ti bailes. 207 00:10:31,213 --> 00:10:34,800 Os que non sexan empregados de Blockbuster, fóra. 208 00:10:40,473 --> 00:10:41,724 Ola, raparigo. 209 00:10:41,807 --> 00:10:42,767 Temos estes, 210 00:10:42,850 --> 00:10:47,229 unhas regalicias de Mystic River e unha bolsas de caramelos de menta. 211 00:10:47,313 --> 00:10:51,150 - Levo estas lambadas. - Eu tamén as quero probar. 212 00:10:51,233 --> 00:10:53,486 Teñen un parecido a Julie Delpy. 213 00:10:53,569 --> 00:10:54,779 Ei, ola. 214 00:10:55,571 --> 00:10:58,949 Pensei que estarías demasiado ocupada cos Ford Fiesta 215 00:10:59,033 --> 00:11:00,910 como para dar a volta da vitoria. 216 00:11:00,993 --> 00:11:03,954 - Non aceptei o traballo. - En serio? 217 00:11:04,038 --> 00:11:06,332 Estabas preparada para avanzar. 218 00:11:06,415 --> 00:11:09,585 Estaba, pero escoitei as marabillas que dicías de min 219 00:11:09,669 --> 00:11:13,130 e deime conta de que son o piar deste sitio. 220 00:11:13,214 --> 00:11:15,966 Pero é unha moi boa oportunidade. 221 00:11:16,050 --> 00:11:20,262 Esqueces a festa veciñal e o inventario? Necesítasme. 222 00:11:20,346 --> 00:11:22,473 Esa empresa vai sobre rodas. 223 00:11:22,556 --> 00:11:26,185 No Blockbuster é onde podo deixar pegada. 224 00:11:26,268 --> 00:11:30,106 É difícil substituír este traballo significativo e satisfactorio. 225 00:11:30,189 --> 00:11:31,649 - Perdoade. - Si? 226 00:11:31,732 --> 00:11:35,820 Como é o filme no que un becho do espazo cun dedo brillante viste de muller? 227 00:11:35,903 --> 00:11:37,405 - E.T. - Non, o outro. 228 00:11:37,488 --> 00:11:41,367 - O outro? - Non sei para que me molesto, paspáns. 229 00:11:43,744 --> 00:11:46,956 Como dixen, significativo e satisfactorio. 230 00:11:49,750 --> 00:11:53,003 Eu intentei que conseguise o traballo. 231 00:11:53,087 --> 00:11:55,047 Non quería estragalo todo. 232 00:11:55,131 --> 00:11:58,634 É o piar de Blockbuster, pero necesita diversificarse. 233 00:11:58,718 --> 00:12:01,929 Non podo ser o responsable de que non sexa o seu piar. 234 00:12:02,012 --> 00:12:02,847 Que fago? 235 00:12:02,930 --> 00:12:05,516 Non sei, que fan nos filmes? 236 00:12:05,599 --> 00:12:08,853 O contrario de ir ao aeroporto e impedir que marchen? 237 00:12:08,936 --> 00:12:10,730 Botarche fóra da casa e dicir: 238 00:12:10,813 --> 00:12:13,566 "Eric, deixa de fumar maría. Recupera o traballo." 239 00:12:14,525 --> 00:12:17,862 Necesito axuda para que marche. Teño que arranxalo. 240 00:12:22,241 --> 00:12:24,160 - É raro que nos escoitase. - Xa. 241 00:12:25,244 --> 00:12:28,706 Xa teño o piso. Que gana de vivir soa! 242 00:12:28,789 --> 00:12:32,710 Vas vivir ti soa? Adolescente? E eu comparto piso con tres? 243 00:12:32,793 --> 00:12:34,462 Vivir soa evoca a glamour. 244 00:12:34,545 --> 00:12:38,883 Podes ter tantas fotos de Jesse Tyler Ferguson como queiras. 245 00:12:38,966 --> 00:12:39,842 Si. 246 00:12:39,925 --> 00:12:43,596 Cando vaia a Western Union e lle envíe a fianza de 100 dólares, 247 00:12:43,679 --> 00:12:46,098 poderei ver o piso. 248 00:12:46,182 --> 00:12:48,392 Agarda, unha fianza de 100 dólares? 249 00:12:48,476 --> 00:12:51,687 Non é normal pagar por ver un piso. 250 00:12:52,271 --> 00:12:54,982 Fano en moitos sitios agora. 251 00:12:55,065 --> 00:12:57,276 - Díxomo o caseiro. - Non soa ben. 252 00:12:57,359 --> 00:12:58,861 Só miramos por ti. 253 00:12:58,944 --> 00:13:00,780 Non deixarei que uns envexosos 254 00:13:00,863 --> 00:13:02,782 me impidan ter un piso xenial 255 00:13:02,865 --> 00:13:05,326 que ten dous códigos postais. 256 00:13:08,329 --> 00:13:09,538 Fala con Kayla. 257 00:13:09,622 --> 00:13:12,124 Quere alugar un piso e cremos que é unha estafa. 258 00:13:12,208 --> 00:13:15,211 - Intentamos detela. - Non moito, témoslle medo. 259 00:13:16,962 --> 00:13:18,506 Mandouvos vir Kayla? 260 00:13:18,589 --> 00:13:22,343 Está agochada gravándome? Onde estás, Kayla? 261 00:13:22,426 --> 00:13:25,763 - Queres ser viral? - Non, isto é en serio. 262 00:13:29,099 --> 00:13:31,852 Este é o meu momento. Kayla necesítame. 263 00:13:33,354 --> 00:13:34,897 Teño que axudar a miña nena. 264 00:13:38,651 --> 00:13:40,778 Estaba agardando 265 00:13:40,861 --> 00:13:43,781 a ver se me faciades un cumprido polo bo pai que son. 266 00:13:44,406 --> 00:13:46,992 Vale, xa vou. 267 00:13:47,076 --> 00:13:48,869 Kayla, aí vai papi. 268 00:13:49,453 --> 00:13:51,789 Nunca deixas de ser pai. 269 00:13:53,415 --> 00:13:55,376 Ides comer esas patacas? 270 00:13:55,459 --> 00:13:57,753 ROUND THE CLOCK ALUGUEIRO DE COCHES 271 00:14:01,090 --> 00:14:03,342 Quero falar con quen estea ao mando. 272 00:14:04,510 --> 00:14:05,719 O CLIENTE MANDA 273 00:14:05,803 --> 00:14:07,680 Quero falar coa dona. 274 00:14:11,100 --> 00:14:13,519 Andrea, un home quere falar contigo. 275 00:14:13,602 --> 00:14:17,314 Non sei. Non es o home do anuncio de Facebook, non? 276 00:14:17,398 --> 00:14:19,692 Di que a alcachofa da ducha é así. 277 00:14:19,775 --> 00:14:23,070 Di que non. Pode mentir, pero eu fiaríame del. 278 00:14:23,153 --> 00:14:25,406 - Debería…? - Andrea? 279 00:14:25,906 --> 00:14:27,783 Quero falar de Eliza Walker. 280 00:14:27,867 --> 00:14:31,036 Ten pensado deixar o traballo. Tes que loitar por ela. 281 00:14:31,662 --> 00:14:35,124 Non lle ofrecemos o traballo. E pediuno, creme. 282 00:14:35,207 --> 00:14:37,668 Non quería volver a Hollywood Video. 283 00:14:37,751 --> 00:14:39,295 - Blockbuster. - Perdoa. 284 00:14:39,378 --> 00:14:41,714 Confúndome porque dixo que era 285 00:14:41,797 --> 00:14:44,300 o corpo putrefacto do inferno de vendas dos 90. 286 00:14:45,384 --> 00:14:47,678 - Non é unha broma? - Non. 287 00:14:47,761 --> 00:14:50,598 Estiven con ela. Dixo que lle fixeches a oferta. 288 00:14:50,681 --> 00:14:54,476 Polo que deducín do currículo, intúo que Eliza di moitas cousas. 289 00:14:54,560 --> 00:14:55,394 Era un caos, 290 00:14:55,477 --> 00:14:58,188 só lle dixen que viñese para ver se era real. 291 00:14:58,272 --> 00:15:02,234 - Di que foi a Harvard. - Esa parte é verdade. 292 00:15:02,318 --> 00:15:05,321 Por desgraza, non se presentou así. 293 00:15:05,404 --> 00:15:07,281 Podes coller un bolígrafo. 294 00:15:07,364 --> 00:15:10,200 Se o pos boca abaixo é un cabriolé. 295 00:15:10,284 --> 00:15:13,037 Non podo crer que dixese iso e me mentise. 296 00:15:13,120 --> 00:15:14,455 Vale, aburiño. 297 00:15:18,125 --> 00:15:20,085 ALÚGASE 298 00:15:21,754 --> 00:15:22,880 Que pasou? 299 00:15:22,963 --> 00:15:24,798 Pensei que sabía o que facía, 300 00:15:25,299 --> 00:15:26,759 pero estafáronme, papi. 301 00:15:29,637 --> 00:15:30,471 Ven aquí. 302 00:15:31,055 --> 00:15:34,266 Veña, xa o sei. Ven aquí. 303 00:15:35,768 --> 00:15:37,227 Arranxarémolo. 304 00:15:38,979 --> 00:15:40,564 Canto che falta? 305 00:15:40,648 --> 00:15:42,650 Quero meter o dedo de primeiro. 306 00:15:42,733 --> 00:15:45,277 Voume arrepentir, pero por que? 307 00:15:45,361 --> 00:15:48,781 Ser o primeiro é un tremendo honor entre os Dedais. 308 00:15:48,864 --> 00:15:51,325 Estará acabado cando eu o diga. 309 00:15:51,408 --> 00:15:54,703 Teño a mañá libre, pero debo volver ao centro oncolóxico. 310 00:15:54,787 --> 00:15:58,040 - Es oncólogo? - Os dedais úsanse para todo. 311 00:15:58,123 --> 00:16:01,835 Digamos que había un dedal na Casa Branca. 312 00:16:02,544 --> 00:16:05,255 Pero… Marcha de aquí ata que acabemos. 313 00:16:05,339 --> 00:16:06,840 Precisamos espazo. 314 00:16:06,924 --> 00:16:08,133 Para construír. 315 00:16:10,886 --> 00:16:12,012 Todo controlado. 316 00:16:12,096 --> 00:16:16,100 Canto antes rematemos, antes marcha ese enfermo. 317 00:16:16,183 --> 00:16:17,142 Oínte. 318 00:16:18,477 --> 00:16:19,478 Non te equivocas. 319 00:16:20,187 --> 00:16:21,313 Ódioo. 320 00:16:24,233 --> 00:16:27,569 Vas renunciar a un traballo con seguro médico, dental… 321 00:16:27,653 --> 00:16:29,655 - E pagaban horas extra. - Si. 322 00:16:29,738 --> 00:16:31,949 Equilibrio entre vida persoal e laboral. 323 00:16:32,032 --> 00:16:33,701 - …por isto? - Si. 324 00:16:33,784 --> 00:16:35,786 Hai cousas máis importantes 325 00:16:35,869 --> 00:16:38,872 que seguros médicos e o ascenso social. 326 00:16:38,956 --> 00:16:42,376 Todos dependedes de min e gústame estar aquí. 327 00:16:42,459 --> 00:16:44,420 Que interesante. 328 00:16:44,503 --> 00:16:48,465 Estiven en Round-The-Clock e oín unha historia totalmente distinta. 329 00:16:48,549 --> 00:16:50,968 Non vas crer o que me dixeron. 330 00:16:51,051 --> 00:16:53,178 E de que tiñas que ir falar ti? 331 00:16:53,262 --> 00:16:55,264 Seguro que lle dixeron a Timmy 332 00:16:55,347 --> 00:16:57,766 as artimañas coas que a atraeron. 333 00:16:57,850 --> 00:17:00,602 Díxoo Eliza. Espero que non cerrases as portas. 334 00:17:00,686 --> 00:17:02,604 Non lles podes falar de min? 335 00:17:02,688 --> 00:17:07,109 Non creo que Eliza poida enganar os de Round-The-Clock, 336 00:17:07,192 --> 00:17:08,694 pero que sei eu? 337 00:17:08,777 --> 00:17:10,529 Traballo no inferno das vendas. 338 00:17:11,530 --> 00:17:12,656 Falaches con Andrea. 339 00:17:12,740 --> 00:17:13,741 E tanto. 340 00:17:13,824 --> 00:17:16,076 Vale, podo explicarcho. 341 00:17:21,206 --> 00:17:25,127 A verdade é que a vida é dura e… 342 00:17:26,045 --> 00:17:29,048 pensei que podía volver traballar aquí, 343 00:17:29,131 --> 00:17:32,259 pero… Mira, non merezo… 344 00:17:32,342 --> 00:17:35,054 Os cartos que che ofrecían. 345 00:17:35,137 --> 00:17:37,681 Non, mereces máis, 346 00:17:37,765 --> 00:17:42,061 por iso tiven unha pelexa para que non me rouben a mellor empregada. 347 00:17:42,144 --> 00:17:46,648 Tiñan outra oferta para que cambiases de opinión, pero xoguei sucio. 348 00:17:47,566 --> 00:17:51,445 Díxenlles que dirías iso. Eliza, por favor, 349 00:17:51,528 --> 00:17:55,449 tes que quedar en Blockbuster. Dóbroche o soldo. 350 00:17:56,033 --> 00:17:57,284 Dóbralo? En serio? 351 00:17:57,367 --> 00:17:59,203 Quizais o dobre non, o triplo. 352 00:17:59,286 --> 00:18:01,288 É máis que o dobre. Xa veremos. 353 00:18:01,371 --> 00:18:03,707 Seguro? Case non nos podes pagar. 354 00:18:03,791 --> 00:18:05,793 É un xesto máis que nada. 355 00:18:05,876 --> 00:18:07,795 Oíchelo, xa veremos. 356 00:18:07,878 --> 00:18:10,255 - Eliza queda? - Si, queda. 357 00:18:10,339 --> 00:18:12,800 Se quere. Non é un campo de concentración. 358 00:18:12,883 --> 00:18:16,136 Menos mal. Timmy estaría perdido sen ti. 359 00:18:16,220 --> 00:18:17,304 Certo. 360 00:18:17,387 --> 00:18:20,974 Pero hoxe fíxeno moi ben resolvendo o dos refrixerios e… 361 00:18:21,767 --> 00:18:23,352 Rompeume un dente. 362 00:18:23,435 --> 00:18:24,269 Que? 363 00:18:25,979 --> 00:18:28,607 "Doces de millo de Agosto: Osage County." 364 00:18:28,690 --> 00:18:31,276 Moi boa, tiña que ter acabado aí. 365 00:18:31,360 --> 00:18:32,611 Pagueinos. 366 00:18:32,694 --> 00:18:34,655 - Non. - Vas comer máis? 367 00:18:34,738 --> 00:18:36,115 - Non. - Non o fagas. 368 00:18:36,198 --> 00:18:38,909 - Non tes que… - Vale, moi ben. 369 00:18:41,036 --> 00:18:44,248 Sabía que algo pasaba. A min sempre me ignoras, 370 00:18:44,331 --> 00:18:48,043 pero nunca ignoraras as mangas. Por que precisas un piso? 371 00:18:48,127 --> 00:18:50,462 Mamá está seguido enriba miña. 372 00:18:50,546 --> 00:18:51,630 Típico de Shaina. 373 00:18:51,713 --> 00:18:53,799 "Bebe auga. Non vaias á cama ás dúas. 374 00:18:53,882 --> 00:18:56,135 Non conduzas cos ollos pechados por un reto." 375 00:18:56,218 --> 00:18:58,095 "Non deixes os papeis na mesa. 376 00:18:58,178 --> 00:18:59,429 Non compres un quad. 377 00:18:59,513 --> 00:19:02,307 Non traias cans sen dono. Iso é un coiote. 378 00:19:02,391 --> 00:19:05,227 Non ves a diferenza entre un coiote e un can?" 379 00:19:05,310 --> 00:19:09,106 Sempre fai de policía e non podo vivir nun Estado policial. 380 00:19:09,189 --> 00:19:11,066 Si, enténdote. 381 00:19:11,150 --> 00:19:13,610 Non quero que a tires baixo un bus, pero… 382 00:19:13,694 --> 00:19:17,531 Aínda que non o creas, túa nai está mirando por ti. 383 00:19:17,614 --> 00:19:20,409 Que esteas a salvo. Como faría calquera nai. 384 00:19:20,492 --> 00:19:23,996 Se te abafas e precisas un respiro, 385 00:19:24,079 --> 00:19:27,207 coma min, podes quedar comigo. 386 00:19:27,791 --> 00:19:29,209 - Podo? - Podes. 387 00:19:29,835 --> 00:19:32,713 - O teu coiote ódiame. - Chris escapou hai meses. 388 00:19:32,796 --> 00:19:36,550 Non sei que lle pasaba. Eu só lle dicía: "A miña comida, a túa". 389 00:19:36,633 --> 00:19:37,593 Ofendeuse. 390 00:19:39,219 --> 00:19:41,680 Era un gran amigo. Escoita. 391 00:19:42,431 --> 00:19:45,934 Son teu pai. E sempre te vou querer preto. 392 00:19:46,018 --> 00:19:48,103 Sabes como é o meu mellor día? 393 00:19:48,187 --> 00:19:52,900 Cando ti estás traballando e podo pasar tempo contigo. 394 00:19:52,983 --> 00:19:55,861 - Non fai falta pasarse, Percy. - Vale. 395 00:19:57,487 --> 00:20:00,073 - Podo quedar na túa casa? - Vouno pensar. 396 00:20:01,116 --> 00:20:03,619 Si, podes quedar comigo hoxe. 397 00:20:04,661 --> 00:20:08,665 E non tes que avergoñarte porque te estafasen. 398 00:20:08,749 --> 00:20:11,877 Iso é que confías na xente. Es de confianza. 399 00:20:12,544 --> 00:20:15,297 E a teu pai estafárono moito. 400 00:20:15,380 --> 00:20:17,466 Case saio no Libro Guinness dos Récords 401 00:20:17,549 --> 00:20:20,260 de tantas veces que me estafaron. 402 00:20:21,136 --> 00:20:22,804 E iso tamén foi unha estafa. 403 00:20:24,598 --> 00:20:28,894 - Conseguino! Está perfecto. - Mete o polgar para divertirte. 404 00:20:33,398 --> 00:20:38,070 Está pegado con cinta americana e esperanza, pero conseguíchelo. 405 00:20:38,153 --> 00:20:41,365 - Non sexas maleducado. - Por fin. Agora podo? 406 00:20:41,448 --> 00:20:45,327 Xa che cheirei antes de verte, fillo de puta. 407 00:20:45,953 --> 00:20:50,249 E se alguén vai meter primeiro o dedo, vou ser eu. 408 00:20:50,332 --> 00:20:51,166 Non. 409 00:20:52,334 --> 00:20:55,254 Estiven buscando o polgar dos meus soños. 410 00:20:55,337 --> 00:20:57,047 Estiven buscando… 411 00:20:57,130 --> 00:20:59,132 Ten que soar así? 412 00:20:59,633 --> 00:21:00,759 Colleume o polgar. 413 00:21:01,802 --> 00:21:04,638 - Axudádeme! - Non tes o polgar soñado. 414 00:21:05,639 --> 00:21:08,058 Non, Dedal, déixaa ir. 415 00:21:08,141 --> 00:21:10,435 - Non. Tira! - Axuda! 416 00:21:10,978 --> 00:21:11,895 POLGAR AQUÍ 417 00:21:11,979 --> 00:21:13,188 Tira, tira! 418 00:21:21,321 --> 00:21:23,657 Sodes uns monstros! 419 00:21:27,828 --> 00:21:29,997 Connie, muller. 420 00:21:30,080 --> 00:21:32,457 Se cadra fóiseme das mans. 421 00:21:33,667 --> 00:21:36,503 - Que che pasa? - É que… 422 00:21:37,629 --> 00:21:40,090 De nena, miña irmá era boa no colexio. 423 00:21:40,173 --> 00:21:45,512 Meu irmán era boísima no béisbol e os crebacabezas eran o meu. 424 00:21:46,263 --> 00:21:49,057 Preocupábame perder a miña habilidade. 425 00:21:50,350 --> 00:21:53,895 Antes de nada, co que nos dixeches de túa irmá, 426 00:21:53,979 --> 00:21:56,064 a ela non lle foi moi ben. 427 00:21:56,148 --> 00:21:57,983 Agora só ten un marido. 428 00:21:58,066 --> 00:22:00,652 E non perdiches a túa habilidade. 429 00:22:00,736 --> 00:22:03,989 E se a perdeses, es boa en moitas cousas. 430 00:22:04,072 --> 00:22:07,701 Es a única que sabe plastificar tarxetas de socios 431 00:22:07,784 --> 00:22:10,537 e non deixaches que a tipa se metera connosco. 432 00:22:10,620 --> 00:22:14,541 Falas moi ben albanés, e es demasiado modesta para dicir por que. 433 00:22:14,624 --> 00:22:17,794 Ai, rapaces, que bonito. 434 00:22:21,673 --> 00:22:22,758 Moi ben. 435 00:22:26,720 --> 00:22:30,599 - Non tiñas que axudarme. - Que? Claro que tiña. 436 00:22:30,682 --> 00:22:34,436 - Son o piar deste sitio, lembras? - Como esquecelo. 437 00:22:34,519 --> 00:22:37,230 Este "corpo putrefacto do inferno de vendas dos 90." 438 00:22:37,314 --> 00:22:38,148 Si. 439 00:22:38,231 --> 00:22:40,817 Perdoa, non quería dicir iso. 440 00:22:40,901 --> 00:22:43,362 Quería o traballo 441 00:22:43,445 --> 00:22:46,198 e os nervios fixeron unha falcatruada. 442 00:22:47,741 --> 00:22:52,287 Pero estou tan acostumada a coidar da xente 443 00:22:52,371 --> 00:22:55,916 que foi moi bonito que alguén me gardase as costas. 444 00:22:55,999 --> 00:22:57,501 Merécelo. 445 00:22:58,502 --> 00:23:02,672 Aaron cre que coida de min, pero non lle sae de dentro. 446 00:23:04,299 --> 00:23:07,636 - Lena ten sorte de terte. - Ah, si, claro, 447 00:23:07,719 --> 00:23:10,472 só pasamos tempo xuntos, pero é xenial. 448 00:23:12,516 --> 00:23:15,352 Estaba pensando no que dixeches 449 00:23:15,435 --> 00:23:17,896 cando soubemos que este era o último Blockbuster. 450 00:23:17,979 --> 00:23:20,899 Se cadra non hai que centrarse en alugar filmes. 451 00:23:20,982 --> 00:23:22,109 A xente reúnese, 452 00:23:22,192 --> 00:23:25,153 ofrecemos unha experiencia que non existe en ningures. 453 00:23:25,237 --> 00:23:27,989 É especial. Temos que compartir iso, non cres? 454 00:23:28,073 --> 00:23:28,907 Eventos. 455 00:23:28,990 --> 00:23:31,535 Para o Nadal un filme vello desa época. 456 00:23:31,618 --> 00:23:34,996 Como unha Comic-Con, pero máis triste? 457 00:23:35,872 --> 00:23:37,374 Supoño que tes opinións. 458 00:23:37,457 --> 00:23:38,917 Non, non, non. 459 00:23:39,000 --> 00:23:42,337 Logo do de hoxe, apoio as túas ideas 460 00:23:42,421 --> 00:23:45,132 que non teñan que ver con refrixerios. 461 00:23:45,215 --> 00:23:48,135 Pois alégrome, porque estaba pensando 462 00:23:48,218 --> 00:23:52,055 que podería ser a túa primeira orde do día como subdirectora? 463 00:23:53,807 --> 00:23:57,102 Máis responsabilidades co mesmo salario? 464 00:23:57,811 --> 00:23:59,604 Encántame, apúntome. 465 00:24:03,275 --> 00:24:04,943 Un mapache? 466 00:24:05,026 --> 00:24:06,862 Ou Dedal é un chistoso. 467 00:24:07,487 --> 00:24:09,948 Mete o polgar para divertirte. 468 00:24:11,867 --> 00:24:14,411 Mete o polgar para divertirte. 469 00:24:58,413 --> 00:25:00,832 Subtítulos: María Suárez Seijas