1 00:00:06,881 --> 00:00:11,845 Este ano gañou unha boa prima, e agora está no panel publicitario. 2 00:00:12,470 --> 00:00:15,098 "Sei onde vas vivir?" É un pouco rariño. 3 00:00:15,181 --> 00:00:19,185 Díxenlle que non puxera iso, pero non estaba collido e emocionouse. 4 00:00:19,269 --> 00:00:23,898 Cre que é fácil de recordar e que atraerá clientela. 5 00:00:23,982 --> 00:00:25,233 É intelixente, 6 00:00:25,316 --> 00:00:28,069 pero tiña que poñer paneis por toda a cidade. 7 00:00:28,153 --> 00:00:31,114 Canto máis altos son, máis confío neles. 8 00:00:31,197 --> 00:00:33,825 Vai ter máis do que preocuparse, 9 00:00:33,908 --> 00:00:35,660 como que lle debuxen un pene. 10 00:00:35,744 --> 00:00:38,955 Pasou ó marcharen. Isto foi logo de que limpasen. 11 00:00:39,039 --> 00:00:42,709 Digamos que houbo diversidade de xenitais. 12 00:00:42,792 --> 00:00:44,586 Saudade o meu amiguiño. 13 00:00:44,669 --> 00:00:46,588 - Non. - Perdoade. 14 00:00:48,590 --> 00:00:51,134 - Parece que non a pechei. - Que é iso? 15 00:00:51,217 --> 00:00:55,013 - Cartiños. Billetes de dólares. - Marcho antes de que rapee. 16 00:00:55,096 --> 00:00:56,264 Coñéceme ben. 17 00:00:56,347 --> 00:00:58,058 Isto é o efectivo para gastos 18 00:00:58,141 --> 00:01:01,352 porque fixen cálculos no libro de contas. 19 00:01:02,353 --> 00:01:04,314 - Non temos débedas! - Non? 20 00:01:04,397 --> 00:01:08,735 Pensei que nos levaría máis ter cartos para cando haxa seca 21 00:01:08,818 --> 00:01:12,197 ou abondos para facer que chova! 22 00:01:12,280 --> 00:01:13,406 Si. 23 00:01:16,201 --> 00:01:17,952 Xa o limpo, perdoade. 24 00:01:18,995 --> 00:01:19,996 UNHA SERIE DE NETFLIX 25 00:01:26,544 --> 00:01:27,587 Toc, toc. 26 00:01:27,670 --> 00:01:29,756 Así non se peta na porta. 27 00:01:29,839 --> 00:01:32,717 Cobrei os últimos catro cheques esta mañá. 28 00:01:32,801 --> 00:01:36,471 Perdíchelos ou esquecícheste deles? E por que catro? 29 00:01:36,554 --> 00:01:38,973 - Por que hoxe? - Sempre fixen así. 30 00:01:39,057 --> 00:01:42,811 Aforro tres dólares ao ano indo ao banco unha vez ao mes. 31 00:01:44,312 --> 00:01:46,272 É bo sabelo agora. 32 00:01:46,356 --> 00:01:49,734 Tes que cobrar os cheques en canto os teñas. 33 00:01:49,818 --> 00:01:51,111 Iso é raro. 34 00:01:51,694 --> 00:01:54,364 Parece que a seca chegou antes de tempo. 35 00:01:54,447 --> 00:01:56,658 Perdoa, teño que chamar o banco. 36 00:01:56,741 --> 00:02:00,286 Sabes que podes chamar para cobrar un cheque, non? 37 00:02:00,370 --> 00:02:01,871 Chamar sae máis caro. 38 00:02:01,955 --> 00:02:03,498 Págame cada trimestre. 39 00:02:03,581 --> 00:02:04,624 E será peor, 40 00:02:04,707 --> 00:02:08,336 porque coa erupción solar imos ter que facer troco con metais. 41 00:02:08,419 --> 00:02:10,922 Para de escoitar a mesma radio que teu pai. 42 00:02:11,005 --> 00:02:13,133 Nunca! A de camioneiro é a mellor. 43 00:02:13,925 --> 00:02:15,343 Xenial. 44 00:02:15,426 --> 00:02:17,512 Se queres ver a Andy Serkis, 45 00:02:17,595 --> 00:02:21,391 comeza con O soño da miña vida e logo O Señor dos Aneis. 46 00:02:21,474 --> 00:02:23,726 Moito cambia o seu corpo. 47 00:02:24,435 --> 00:02:28,189 O filme no que Adam Sandler pon os zapatos e é outra persoa? 48 00:02:28,273 --> 00:02:30,817 Ah, si, é Coa maxia… Non. 49 00:02:33,361 --> 00:02:36,072 Explícoche agora de que vai Con Air. 50 00:02:43,079 --> 00:02:45,748 - É a Aaron de Aaron? - Si, a tal Aaron esa. 51 00:02:45,832 --> 00:02:49,502 Practiquei mil veces o que lle diría, 52 00:02:49,586 --> 00:02:51,963 e mira… quedei en branco. 53 00:02:52,046 --> 00:02:54,591 Sabía que vira esa cara de papana 54 00:02:54,674 --> 00:02:57,343 nunha almofada de "sé a luz que guía o teu camiño". 55 00:02:57,427 --> 00:02:59,220 Sabes que, roubamaridos? 56 00:02:59,304 --> 00:03:02,307 Non tes que saber de ioga para facer a postura do can. 57 00:03:02,390 --> 00:03:04,350 Deixa de publicar fotos! 58 00:03:05,852 --> 00:03:07,228 Tela en Facebook? 59 00:03:07,312 --> 00:03:10,106 Estívena controlando dende que mo contaches. 60 00:03:10,899 --> 00:03:13,693 Eu morrería se Raúl me puxese os cornos. 61 00:03:16,112 --> 00:03:18,573 - Podes contar comigo, mija. - Grazas. 62 00:03:20,366 --> 00:03:22,702 Creei unha conta falsa para seguila. 63 00:03:23,286 --> 00:03:26,456 Denunciei as súas publicacións dos últimos seis meses. 64 00:03:26,539 --> 00:03:30,543 Mira o lado bo, es maior e máis intelixente ca ela. 65 00:03:32,295 --> 00:03:33,421 - Que? - Son Lee Imbibo, 66 00:03:33,504 --> 00:03:36,549 substitúo a Regina Rosenchurch, de vacacións. 67 00:03:36,633 --> 00:03:40,220 A noticia do momento é a erupción da era dixital. 68 00:03:40,303 --> 00:03:43,306 Os expertos din que se aproxima unha erupción solar 69 00:03:43,389 --> 00:03:46,809 e que podería cortar Internet durante un tempo… 70 00:03:46,893 --> 00:03:50,230 Si, claro, un mundo sen Internet. 71 00:03:50,313 --> 00:03:54,901 Mark Zuckerberg converteríase en cinza? Se cadra teu pai ten razón. 72 00:03:54,984 --> 00:03:58,029 A súa precisión dos desastres naturais é do 60 %, 73 00:03:58,112 --> 00:04:02,158 pero non ve o desastre que é comigo. 74 00:04:03,201 --> 00:04:04,661 Atropelou un esquío? 75 00:04:04,744 --> 00:04:06,955 Quería matricularme na universidade. 76 00:04:07,038 --> 00:04:11,042 Tiña todo o papelame listo. Ía ser o meu momento Elle Woods. 77 00:04:11,125 --> 00:04:13,628 Ata solicitei adoptar un chihuahua. 78 00:04:13,711 --> 00:04:15,088 Aforra a palla, veña. 79 00:04:15,171 --> 00:04:19,259 Pois meu pai esqueceu firmar os papeis da ensinanza na casa. 80 00:04:19,342 --> 00:04:21,511 Tívenlles que dicir aos do chihuahua 81 00:04:21,594 --> 00:04:24,973 que non podía coller o can porque non tiña nin a ESO. 82 00:04:25,056 --> 00:04:27,433 Era o único do que podía alardear. 83 00:04:27,517 --> 00:04:29,185 Podes estar orgullosa. 84 00:04:29,269 --> 00:04:32,230 De que? Ser cinto negro quinto dan? Claro. 85 00:04:32,313 --> 00:04:36,317 Impresiona moito que dedicase a miña vida ao karate. 86 00:04:36,401 --> 00:04:38,861 Tes que poder matricularte igual. 87 00:04:38,945 --> 00:04:42,282 Se aprobo o exame da proba de nivel, podo. 88 00:04:42,365 --> 00:04:44,409 - Faino. - Acaba hoxe o prazo. 89 00:04:44,492 --> 00:04:47,203 Non podo repasar todo hoxe. 90 00:04:48,204 --> 00:04:49,455 Que vou facer? 91 00:04:49,539 --> 00:04:53,251 Dende que probei os nachos con gambas, teño gustos de primeira. 92 00:04:53,334 --> 00:04:55,086 Quero algo máis na vida, 93 00:04:55,169 --> 00:04:58,840 ir aos nachos con gambas do sistema educativo: 94 00:04:58,923 --> 00:05:00,383 a universidade. 95 00:05:02,885 --> 00:05:05,430 Vou agora mesmo ingresar os cartos. 96 00:05:05,513 --> 00:05:06,681 Señor, se non vén… 97 00:05:06,764 --> 00:05:10,852 Entendo que rechazarán os cheques, pero iso non pasará. 98 00:05:10,935 --> 00:05:12,603 Podería facer unha enquisa? 99 00:05:12,687 --> 00:05:15,815 Non, non podo facer unha enquisa de cinco minutos. 100 00:05:21,529 --> 00:05:22,363 Ola? 101 00:05:23,072 --> 00:05:26,784 Que saibas que fun a tres clases de Krav Maga na YMCA. 102 00:05:31,622 --> 00:05:34,792 Eh, estás ben? Que pasou? 103 00:05:38,796 --> 00:05:40,298 Se necesitar marchar… 104 00:05:42,091 --> 00:05:45,219 - Queres dicirme que che pasa? - Non, grazas. 105 00:05:48,181 --> 00:05:49,682 Queres estar soa? 106 00:05:51,184 --> 00:05:54,562 Queres ir ao Asno e coller un bo cagallón? 107 00:05:56,606 --> 00:05:58,066 Podo levar as rosquillas? 108 00:05:58,649 --> 00:05:59,984 Por suposto. 109 00:06:04,405 --> 00:06:05,239 ABERTO 110 00:06:05,323 --> 00:06:06,824 - Pono na miña conta. - Non. 111 00:06:06,908 --> 00:06:08,451 Invita Blockbuster. 112 00:06:09,994 --> 00:06:13,831 Non creo que debas ter iso aquí. A min roubáronme a chaqueta. 113 00:06:13,915 --> 00:06:14,874 Tranquila. 114 00:06:14,957 --> 00:06:17,960 Pensa que é como un bolso de metal con seguridade. 115 00:06:18,044 --> 00:06:19,337 Carteira. 116 00:06:19,420 --> 00:06:23,883 Nunca lle dixen isto a ninguén, pero grazas por emborracharme. 117 00:06:23,966 --> 00:06:26,928 É algo estraño se digo "encantado"? Si que é, si. 118 00:06:27,011 --> 00:06:31,099 O único que teño que facer hoxe é levar isto ao banco. 119 00:06:32,433 --> 00:06:34,060 Que che pasa? 120 00:06:34,143 --> 00:06:36,854 A miña vida non é como esperaba. 121 00:06:37,522 --> 00:06:40,566 "Gústame publicar citas inspiradoras 122 00:06:40,650 --> 00:06:43,945 e sacar fotos cando decoro casas." 123 00:06:44,028 --> 00:06:48,116 Quen vai a unha clase de ioga de balde e pon un Buda en cada cuarto? 124 00:06:48,199 --> 00:06:51,702 Vai alugar un DVD ao lixo, merdenta. 125 00:06:51,786 --> 00:06:53,496 A Aaron esa veu a Blockbuster? 126 00:06:53,579 --> 00:06:56,165 Sei que non hai outros videoclubs, 127 00:06:56,249 --> 00:06:59,001 pero que o pensara antes de saír cun home casado. 128 00:06:59,085 --> 00:07:01,462 Síntoo moito, que merda. 129 00:07:02,463 --> 00:07:03,798 Polo que está por vir. 130 00:07:11,764 --> 00:07:13,724 Carallo. Estaba boa? 131 00:07:13,808 --> 00:07:15,560 Boísima. Quero outra. 132 00:07:16,436 --> 00:07:17,728 Goza de Porcos salvaxes. 133 00:07:17,812 --> 00:07:20,314 Non penses que vai de porcos, 134 00:07:20,398 --> 00:07:22,900 non aparecen no filme. 135 00:07:22,984 --> 00:07:25,820 - Vale. - Hannah, adiviña que teño. 136 00:07:25,903 --> 00:07:29,866 - Abriu Bennigan's? É o menú? - Teñen a sopa de patacas ó forno? 137 00:07:29,949 --> 00:07:33,035 Non. Se estabas comigo cando o imprimín! 138 00:07:33,119 --> 00:07:33,953 É verdade. 139 00:07:34,036 --> 00:07:37,415 É un exame tipo da proba de nivel para a universidade. 140 00:07:37,999 --> 00:07:40,543 Mirei as preguntas, é factible. 141 00:07:40,626 --> 00:07:44,130 Tes que repasar algunhas materias, pero pódelo aprobar ben. 142 00:07:44,213 --> 00:07:46,299 - Busca as respostas. - Contrólano. 143 00:07:46,382 --> 00:07:48,426 Non quero máis problemas coa NSA. 144 00:07:48,509 --> 00:07:52,013 Teño que estudar 12 anos de clase, seis materias cada ano. 145 00:07:52,096 --> 00:07:53,890 Son 72 materias. 146 00:07:53,973 --> 00:07:55,099 Que rápida. 147 00:07:55,183 --> 00:07:57,560 Es moito máis lista do que cres. 148 00:07:57,643 --> 00:07:59,812 E non estudarás soa. 149 00:07:59,896 --> 00:08:02,023 - Axudarémoste nós. - De verdade? 150 00:08:02,106 --> 00:08:05,026 Si, claro. Vaste marcar un Billy Madison. 151 00:08:07,778 --> 00:08:10,114 Volvín con Aaron por Ali, 152 00:08:10,198 --> 00:08:13,201 pero cando vou facer algo pensando en min? 153 00:08:13,284 --> 00:08:17,079 Ninguén che di que en calquera momento 154 00:08:17,163 --> 00:08:20,458 te podes cuestionar as decisións que tomaches. 155 00:08:21,751 --> 00:08:25,129 Cando meus pais tiñan unha pelexa das gordas, 156 00:08:25,213 --> 00:08:26,797 e iso era a miúdo, 157 00:08:26,881 --> 00:08:30,384 miña nai vía que eu estaba triste e intentaba compensarme 158 00:08:30,468 --> 00:08:33,930 levándome por aí. Ela chamáballe "O día do rapaz especial". 159 00:08:34,430 --> 00:08:36,807 Víñache ben un día especial deses. 160 00:08:36,891 --> 00:08:39,352 Non está o teu especial en Peixe Quente? 161 00:08:40,895 --> 00:08:42,480 Intento axudar. 162 00:08:42,563 --> 00:08:45,149 Logo dun día deses, sempre me sentía mellor. 163 00:08:45,233 --> 00:08:46,692 E ti tamén, confía en min. 164 00:08:46,776 --> 00:08:49,987 Non me apetece nada divertirme agora. 165 00:08:50,071 --> 00:08:52,615 Cando había de todo na vila, 166 00:08:52,698 --> 00:08:57,370 iamos ao parque de atraccións, aos karts, comíamos a fartar, 167 00:08:57,453 --> 00:08:59,956 o que fixese feliz o rapaz especial de mamá. 168 00:09:00,039 --> 00:09:03,084 Tío, o parque de atraccións pechou. 169 00:09:03,167 --> 00:09:07,296 Paréceme que o que nos toca é quedar aquí bebendo. 170 00:09:07,380 --> 00:09:10,841 Hai moitas cousas que podemos facer por aquí. 171 00:09:10,925 --> 00:09:14,470 Comezaremos cunha sesión de música improvisada. 172 00:09:16,305 --> 00:09:17,390 Que parvada. 173 00:09:17,473 --> 00:09:22,144 Ese é o espírito. Ás veces miña nai sacábame do colexio antes, 174 00:09:22,228 --> 00:09:24,897 así que douche o resto do día libre. 175 00:09:24,981 --> 00:09:28,109 - Xa acabara a quenda. - De nada. 176 00:09:29,819 --> 00:09:31,153 Veña, voulle dar. 177 00:09:32,530 --> 00:09:34,073 Un clásico deste día. 178 00:09:34,156 --> 00:09:35,616 CLÁSICOS ANTIGOS 179 00:09:37,118 --> 00:09:40,746 Dominic Toretto e Luke Hobbs van a Río de Xaneiro. 180 00:09:40,830 --> 00:09:44,333 Toretto sae de São Paulo ás tres e vai a 145 km/h. 181 00:09:44,417 --> 00:09:47,169 Hobbs sae de São Paulo ás 12 e vai a 105 km/h. 182 00:09:47,253 --> 00:09:48,212 Quen chega antes? 183 00:09:48,296 --> 00:09:51,424 Luke Hobbs morre antes de ir a máis do límite. 184 00:09:51,507 --> 00:09:52,717 - Certo. - Aquí? 185 00:09:52,800 --> 00:09:53,634 LEGGINGS DE AMBER 186 00:09:53,718 --> 00:09:58,180 Neste día hai que ir de tendas, e a onde iamos é unha clínica de metadona. 187 00:09:58,264 --> 00:10:01,892 - Temos a Amber e os seus modelos. - Gardeiche estes para ti. 188 00:10:01,976 --> 00:10:04,228 Os fogos artificiais son chulísimos. 189 00:10:04,312 --> 00:10:05,980 Estiveches aquí antes? 190 00:10:06,063 --> 00:10:09,817 - É cliente habitual. - Son apertados, síntome seguro. 191 00:10:10,735 --> 00:10:14,363 Miña nai comprábame o xeado especial de plátano na de Beth Ann. 192 00:10:14,447 --> 00:10:16,032 Era comer e morrer, 193 00:10:16,115 --> 00:10:18,951 pero comproulle o local unha tenda de Samaín. 194 00:10:19,035 --> 00:10:21,370 Mira, chopiños con xeado de plátano! 195 00:10:22,413 --> 00:10:23,748 Un brinde! 196 00:10:25,291 --> 00:10:28,669 Por que é máis doce que un xeado de plátano? 197 00:10:28,753 --> 00:10:30,087 Os meus empastes! 198 00:10:32,214 --> 00:10:35,217 Segunda Guerra Mundial: esta guerra con máis presuposto 199 00:10:35,301 --> 00:10:37,887 comezou en setembro de 1939… 200 00:10:38,387 --> 00:10:40,681 Mimadriña, como me gusta! 201 00:10:40,765 --> 00:10:42,016 - Tom Hanks? - Non. 202 00:10:42,099 --> 00:10:43,434 - Tom Sizemore? - Eh? 203 00:10:43,517 --> 00:10:46,354 - Carlos, se non sabes, cala. - Existe! 204 00:10:46,437 --> 00:10:47,855 - É famoso. - Matt Damon? 205 00:10:47,938 --> 00:10:49,732 Vestía como unha muller na tele. 206 00:10:49,815 --> 00:10:51,359 - Barry Pepper? - Foi á Lúa. 207 00:10:51,442 --> 00:10:53,027 - Ed Burns. - Adestrador de béisbol. 208 00:10:53,110 --> 00:10:57,073 - Tom Hanks! - Si, encántame. Grazas, Hannah. 209 00:10:57,156 --> 00:11:00,159 Outro máis. Sabes se isto dá cambio? 210 00:11:00,242 --> 00:11:05,623 Non dá, pero se conseguimos a cebra sen listas, merecerá a pena. 211 00:11:05,706 --> 00:11:07,208 Dis o cabalo, borrachiño? 212 00:11:07,708 --> 00:11:09,210 Intento concentrarme. 213 00:11:09,835 --> 00:11:13,339 Vai cara a dereita. Agora a miña esquerda. A túa esquerda. 214 00:11:13,422 --> 00:11:16,425 Agora esquerda e… Non, dereita, un pouco á esquerda. 215 00:11:16,509 --> 00:11:19,095 Estás mellor, pero non me gusta ser un mandado. 216 00:11:19,178 --> 00:11:21,639 Arriba, pero como se foses para abaixo. 217 00:11:22,306 --> 00:11:23,265 Un pato! 218 00:11:24,725 --> 00:11:26,936 Ese pato ten unha pirola humana? 219 00:11:27,019 --> 00:11:28,145 Abofé que ten. 220 00:11:29,021 --> 00:11:30,815 - Hai que tomar outra. - Pago eu. 221 00:11:32,566 --> 00:11:34,527 Polos patos con pirolas humanas! 222 00:11:34,610 --> 00:11:37,863 Este é Rex. Non é un humano, pero ten a mesma anatomía. 223 00:11:37,947 --> 00:11:40,866 Ten pulmóns, corazón, 224 00:11:40,950 --> 00:11:42,159 fígado, bazo, 225 00:11:42,243 --> 00:11:44,286 vesícula e páncreas. 226 00:11:44,370 --> 00:11:46,414 Por que fai ese ruído? 227 00:11:46,997 --> 00:11:48,416 E agora unhas fotiños. 228 00:11:49,083 --> 00:11:50,209 Non, pago eu. 229 00:11:53,337 --> 00:11:55,589 - Si. - Vou… E se…? 230 00:11:55,673 --> 00:11:56,507 - Si. - Vale. 231 00:11:57,007 --> 00:11:58,384 Vale. 232 00:11:58,467 --> 00:11:59,635 SITIOS DE TODO O MUNDO 233 00:11:59,719 --> 00:12:01,345 O mundo ao noso alcance. 234 00:12:01,429 --> 00:12:04,682 Pero… Son todo fotos da praza comercial? 235 00:12:04,765 --> 00:12:06,475 Que depresión. 236 00:12:06,559 --> 00:12:08,894 - Ai, mira, no colector do lixo. - Vale. 237 00:12:13,190 --> 00:12:15,443 FOTOS SEN LÍMITE POR 20 DÓLARES 238 00:12:18,821 --> 00:12:21,115 Ten que estar a piques de rematar. 239 00:12:21,198 --> 00:12:23,576 - Como irá? - Morde o labio superior, 240 00:12:23,659 --> 00:12:27,329 ou está concentrada ou está comendo a barra de labios. 241 00:12:27,997 --> 00:12:28,831 Veña, vai. 242 00:12:33,544 --> 00:12:35,421 Actúa con normalidade! 243 00:12:38,674 --> 00:12:41,552 Ei, ola. Que tal a proba? 244 00:12:45,347 --> 00:12:46,557 Suspendiches? 245 00:12:46,640 --> 00:12:48,100 Estabas preparadísima. 246 00:12:48,184 --> 00:12:51,395 Nin puxeches ben o nome. "Hannah" non ten catro enes. 247 00:12:51,479 --> 00:12:54,315 Quedei en branco. Tiña moita presión 248 00:12:54,398 --> 00:12:57,818 e había tanto silencio que escoitaba os meus pensamentos. 249 00:12:57,902 --> 00:13:00,362 É mellor o silencio para te concentrares. 250 00:13:00,446 --> 00:13:02,031 Non estou acostumada. 251 00:13:02,114 --> 00:13:04,950 Cando facía os exames na casa, nada cambiaba. 252 00:13:05,034 --> 00:13:07,828 Meu pai berráballe á tele mentres se queimaba a cea. 253 00:13:07,912 --> 00:13:10,289 O veciño tocaba o bucina e oía trens. 254 00:13:10,372 --> 00:13:12,500 E o meu gato tusía ao revés. 255 00:13:13,000 --> 00:13:15,044 Miña nai querida. 256 00:13:15,127 --> 00:13:17,880 Ata falar diso me relaxa. 257 00:13:17,963 --> 00:13:20,591 As mulleres brancas abúrrenme, pero ti non. 258 00:13:20,674 --> 00:13:22,468 Ten sentido. 259 00:13:22,551 --> 00:13:26,722 Distraíante tanto as outras cousas que non te preocupabas do exame. 260 00:13:26,806 --> 00:13:29,975 Oxalá puidese simulalo, pero meu pai xa non ve deportes 261 00:13:30,059 --> 00:13:32,102 e o veciño afogou nun charco. 262 00:13:32,186 --> 00:13:35,147 Seguro que nós podemos simulalo. 263 00:13:36,357 --> 00:13:38,317 Vou agora ingresar os cartos. 264 00:13:38,400 --> 00:13:40,694 Síntoo, pero xurdiu algo. 265 00:13:40,778 --> 00:13:45,282 Era unha emerxencia familiar coa diarrea. 266 00:13:46,700 --> 00:13:48,494 Pasouche a ti tamén. 267 00:13:48,577 --> 00:13:52,790 Vale, estou indo xa cos cartos todos, 268 00:13:52,873 --> 00:13:54,500 ou a maioría. 269 00:13:54,583 --> 00:13:58,087 No caso de que non tivese cartos abondos para os cheques, 270 00:13:58,170 --> 00:14:00,005 pasaría algo co amigos que somos? 271 00:14:00,089 --> 00:14:01,298 Timmy! 272 00:14:01,382 --> 00:14:02,216 Ei! 273 00:14:02,716 --> 00:14:03,801 Grazas. 274 00:14:03,884 --> 00:14:06,011 Non sabía que o necesitaba, 275 00:14:06,095 --> 00:14:08,722 pero agora que sei o do día especial este, 276 00:14:08,806 --> 00:14:10,474 é… incrible! 277 00:14:10,975 --> 00:14:12,643 - Necesitábao. - Normal. 278 00:14:12,726 --> 00:14:14,728 Salvoume cando era un rapaz. 279 00:14:14,812 --> 00:14:17,857 Pero ao crecer era cada vez máis raro. 280 00:14:17,940 --> 00:14:21,652 Acabei facendo cousas con miña nai no lugar de meu pai. 281 00:14:21,735 --> 00:14:24,780 Esperar nos probadores mentres probaba vestidos, 282 00:14:24,864 --> 00:14:28,033 fomos ver O lago dos cines, e estivo de marabilla. 283 00:14:28,117 --> 00:14:30,119 Un bailarín rompeu unha perna. 284 00:14:30,744 --> 00:14:33,205 Ata fomos a clases de cociña en parella. 285 00:14:33,289 --> 00:14:35,332 - Con túa nai? - Mira que teño. 286 00:14:36,375 --> 00:14:37,418 Non! 287 00:14:38,586 --> 00:14:41,589 Necesitábate máis do que ti a ela. 288 00:14:42,089 --> 00:14:45,175 - Eras coma o seu maridiño. - Que noxo. 289 00:14:46,010 --> 00:14:47,595 Se cadra tes razón. 290 00:14:48,137 --> 00:14:51,432 Centrábase en min para non enfrontarse a meu pai. 291 00:14:52,016 --> 00:14:53,517 Teño que ir ao banco… 292 00:14:53,601 --> 00:14:55,728 Non podes dicir nada disto, 293 00:14:55,811 --> 00:14:59,273 pero a vella Eliza tivo momentos duros. 294 00:14:59,356 --> 00:15:02,443 As amigas da miña filla chámame polo apelido 295 00:15:02,526 --> 00:15:04,653 e o tipo da gasolineira 296 00:15:04,737 --> 00:15:08,866 que me acosaba sexualmente cada vez que ía xa non o fai. 297 00:15:09,366 --> 00:15:10,492 De improviso. 298 00:15:10,576 --> 00:15:12,578 O feminismo é raro. 299 00:15:12,661 --> 00:15:16,290 E LinkedIn é unha merda. Ninguén mira o meu currículo. 300 00:15:16,373 --> 00:15:19,335 Como? Estás buscando outro traballo? 301 00:15:19,418 --> 00:15:22,463 A ver, sabía que ese día chegaría, pero… 302 00:15:22,546 --> 00:15:24,048 Si, é que… 303 00:15:24,131 --> 00:15:26,550 Sempre falo de facer algo máis, 304 00:15:26,634 --> 00:15:29,178 pero síntome moi estancada. 305 00:15:29,261 --> 00:15:31,472 Por iso che digo que fagas máis. 306 00:15:31,555 --> 00:15:33,849 E mira que ben che vai! 307 00:15:33,933 --> 00:15:36,352 Intento poñer en práctica o meu consello. 308 00:15:38,187 --> 00:15:39,480 Estás enfadado? 309 00:15:40,689 --> 00:15:43,067 Non me podo enfadar contigo. 310 00:15:44,735 --> 00:15:46,654 Grazas, Mitch. Queda co cambio. 311 00:15:46,737 --> 00:15:48,238 Colle os billetes. 312 00:15:48,322 --> 00:15:49,698 Eu collo o cambio 313 00:15:49,782 --> 00:15:53,118 porque se hai unha erupción solar váleme o cobre e a prata. 314 00:15:53,202 --> 00:15:54,870 Vou marchar xa. 315 00:15:54,954 --> 00:15:58,999 Teño que ir ao banco mentres está aberto e teño algo de cartos. 316 00:15:59,083 --> 00:16:03,462 Eu teño que volver co home que non quero ver. 317 00:16:04,838 --> 00:16:06,340 Quedade no colexio! 318 00:16:06,423 --> 00:16:08,175 - Vale, mamá! - Chegas tarde! 319 00:16:10,386 --> 00:16:11,220 Sabes que? 320 00:16:11,720 --> 00:16:16,100 Deime conta de que esquecín o máis importante deste día especial. 321 00:16:16,183 --> 00:16:18,852 Tiñas que ir ao banco, non é importante? 322 00:16:18,936 --> 00:16:21,730 É importante, pero non tanto coma isto. 323 00:16:21,814 --> 00:16:23,315 Podo ir mañá. 324 00:16:23,816 --> 00:16:26,944 Agora ten que escoller a rapaza. 325 00:16:27,027 --> 00:16:29,196 Podes escoller o que queiras. 326 00:16:29,279 --> 00:16:32,574 Así que, Eliza Walker, que queres facer? 327 00:16:33,701 --> 00:16:37,204 Quero que a tal Aaron esa saiba quen son eu. 328 00:16:41,041 --> 00:16:43,335 Por que está mollado o chan? 329 00:16:44,294 --> 00:16:45,462 Onde está? 330 00:16:45,546 --> 00:16:47,297 Non a vexo. 331 00:16:48,799 --> 00:16:49,758 Que carallo…? 332 00:16:49,842 --> 00:16:50,968 Ei, Timmy. 333 00:16:51,051 --> 00:16:53,012 Aarona. Aarona. 334 00:16:54,221 --> 00:16:55,139 Aarona! 335 00:16:55,222 --> 00:16:58,350 - Que dis? - Aarona. É máis rápido que "a Aaron esa". 336 00:16:59,435 --> 00:17:00,602 Non está aquí. 337 00:17:00,686 --> 00:17:04,773 Eu estaba pensando… Non estaba aquí hai catro horas? 338 00:17:04,857 --> 00:17:06,525 Ben xogado, Aaron. 339 00:17:06,608 --> 00:17:09,695 Sabes que por culpa súa non podo ir a Costco? 340 00:17:09,778 --> 00:17:12,865 Hai seis meses que non tomo os pasteliños con xeado. 341 00:17:12,948 --> 00:17:16,368 - Por que é culpa súa? - Non vou ter os pasteliños na casa 342 00:17:16,452 --> 00:17:17,327 sendo adulta. 343 00:17:17,411 --> 00:17:21,248 Encantábanme eses cachiños dourados de follado cando ía. 344 00:17:21,331 --> 00:17:22,291 Perdoa. 345 00:17:22,374 --> 00:17:23,584 Que parvada. 346 00:17:25,210 --> 00:17:26,712 Meu Deus! 347 00:17:26,795 --> 00:17:28,922 Son coma túa nai. 348 00:17:30,299 --> 00:17:32,426 A Aaron esa é a miña ti. 349 00:17:32,509 --> 00:17:34,219 Vale, estou ben borracho, 350 00:17:34,303 --> 00:17:37,306 pero non lembro deitarme co teu marido. 351 00:17:37,389 --> 00:17:41,185 Non, centreime tanto en ela 352 00:17:41,268 --> 00:17:43,729 en vez de xestionar os meus problemas. 353 00:17:44,646 --> 00:17:45,606 Aaron. 354 00:17:45,689 --> 00:17:48,525 É sinxelo odiala, 355 00:17:49,276 --> 00:17:51,028 pero só é unha rapaza. 356 00:17:51,779 --> 00:17:53,197 El é o meu marido. 357 00:17:53,822 --> 00:17:57,034 Desexaba con todas as miñas forzas que saíse ben que… 358 00:17:59,578 --> 00:18:02,247 nunca me permitín estar enfadada con el. 359 00:18:04,291 --> 00:18:08,253 E estou enfadadísima con el. 360 00:18:12,091 --> 00:18:13,675 Xa o supoñía. 361 00:18:13,759 --> 00:18:17,137 A túa cara é coma o que chaman "O Ted Kennedy vermello". 362 00:18:24,812 --> 00:18:25,729 Veña. 363 00:18:25,813 --> 00:18:27,356 Sei que quero facer. 364 00:18:30,275 --> 00:18:33,737 - Ah, imos a gatiñas. - Si, vou chamar un Uber. 365 00:18:33,821 --> 00:18:35,739 Vale, vou gardar a caixa. 366 00:18:38,617 --> 00:18:42,454 A túa bebida especial, unha cunca fervendo de Dr. Pepper. 367 00:18:42,538 --> 00:18:45,207 Grazas por todo. 368 00:18:45,290 --> 00:18:46,208 Ti podes. 369 00:18:47,543 --> 00:18:49,628 Ás nosas posicións. É o momento. 370 00:18:50,212 --> 00:18:51,380 Flocos de millo! 371 00:18:52,881 --> 00:18:55,509 Non tiñas que fiarte de min! Drógome! 372 00:18:55,592 --> 00:18:59,388 O meu gatiño é un osiño malfalado de Boston! Estou lista. 373 00:19:01,515 --> 00:19:04,893 Iso é un pase? Apurade! Correde! 374 00:19:06,478 --> 00:19:08,397 UNIVERSIDADE DE MENOMINEE PROBA DE NIVEL 375 00:19:08,480 --> 00:19:10,065 - Funciona! - Que ben! 376 00:19:11,358 --> 00:19:13,193 Veña, Pistons! 377 00:19:13,277 --> 00:19:15,696 Acabades con esas crías de patos! 378 00:19:15,779 --> 00:19:17,823 - Nada de crías. - Crías non. 379 00:19:18,949 --> 00:19:21,743 IRON CREEK GRUPO INMOBILIARIO HILLRIDGE 380 00:19:21,827 --> 00:19:23,996 AARON WALKER SEI ONDE VAS VIVIR 381 00:19:24,079 --> 00:19:24,913 Moi ben. 382 00:19:27,708 --> 00:19:29,710 É máis divertido do que pensaba. 383 00:19:31,336 --> 00:19:35,174 "Sei onde vas vivir." Un slogan horrible para unha inmobiliaria. 384 00:19:35,257 --> 00:19:39,011 - Non o había peor. - Se fose o vilán dunha película de medo, 385 00:19:39,094 --> 00:19:42,890 "Aaron Walker sabe onde vas vivir e como vas morrer." 386 00:19:45,392 --> 00:19:46,810 Vale, vale. 387 00:19:47,811 --> 00:19:48,854 Entre os ollos. 388 00:19:48,937 --> 00:19:51,607 Tes iniciativa. Esa confianza, Babe Ruth! 389 00:19:55,777 --> 00:19:58,614 - Vaia puntería! - Grazas. 390 00:19:58,697 --> 00:20:00,449 Practiquei o tiro ao albo. 391 00:20:01,617 --> 00:20:04,828 Sabes que a Aaron non lle gustan as rosquillas glaseadas? 392 00:20:04,912 --> 00:20:07,414 Que? É coma en Homes de negro, 393 00:20:07,497 --> 00:20:10,000 un extraterrestre que finxe ser humano? 394 00:20:10,083 --> 00:20:13,712 Verdade? Nin que tivese abdominais que manter. 395 00:20:13,795 --> 00:20:17,758 Non pasa nada por non ter abdominais. É que xa maduraches. 396 00:20:19,218 --> 00:20:20,052 Certo. 397 00:20:22,221 --> 00:20:23,555 Que ben lle dei! 398 00:20:25,933 --> 00:20:27,684 Por que lle leva tanto tempo? 399 00:20:27,768 --> 00:20:29,645 Non sei, que nervios. 400 00:20:29,728 --> 00:20:32,105 - Quero alugar isto. - A Máscara 2? 401 00:20:32,189 --> 00:20:34,983 É o aniversario do meu marido, é dicir, sexo, 402 00:20:35,067 --> 00:20:37,152 e só me motivo con Jamie Kennedy. 403 00:20:38,320 --> 00:20:41,698 Xa hai tempo que non facemos o experimento de Jamie Kennedy. 404 00:20:41,782 --> 00:20:43,992 - Xa sabes. - Non, e estou ben así. 405 00:20:46,245 --> 00:20:48,288 - Lévea. - Sen pagar? Seguro? 406 00:20:48,372 --> 00:20:51,250 - É a única que ve A Máscara 2. - Cinco dólares. 407 00:20:51,333 --> 00:20:52,751 - Vale. - Veña, adeus. 408 00:20:55,087 --> 00:20:57,422 - E? - Aprobei! 409 00:20:57,506 --> 00:20:59,424 Entrei na universidade. 410 00:20:59,508 --> 00:21:01,426 Eu… son Elle Woods! 411 00:21:01,510 --> 00:21:04,054 - Entraches! - Toma, conseguíchelo! 412 00:21:09,601 --> 00:21:11,436 Ei, esperta. 413 00:21:13,689 --> 00:21:14,523 Eliza. 414 00:21:16,692 --> 00:21:17,609 Agora a onde? 415 00:21:18,986 --> 00:21:20,696 A ningures. Acabouse. 416 00:21:20,779 --> 00:21:23,073 Pode levala á casa? 417 00:21:23,156 --> 00:21:26,910 Veña, ho! Steve dixo que nos levaría a onde quixésemos. 418 00:21:26,994 --> 00:21:29,496 - Chámome Victor. - Si, Victor. 419 00:21:30,372 --> 00:21:33,709 Timmy, Victor quere que sigamos. 420 00:21:33,792 --> 00:21:35,002 Non me importa. 421 00:21:35,085 --> 00:21:37,087 Hai máis paneis que estragar. 422 00:21:37,170 --> 00:21:38,088 Oxalá. 423 00:21:39,965 --> 00:21:41,425 Queda un pouco máis. 424 00:21:44,928 --> 00:21:46,722 Teño cousas que facer. 425 00:21:48,557 --> 00:21:49,683 Claro. 426 00:21:49,766 --> 00:21:51,018 Es un gran xefe. 427 00:22:00,485 --> 00:22:01,611 Grazas polo de hoxe. 428 00:22:01,695 --> 00:22:04,823 Non podería superalo sen vostede, señor Blockbuster. 429 00:22:04,906 --> 00:22:07,326 Señor Blockbuster era o nome de meu pai. 430 00:22:09,328 --> 00:22:11,121 A McDonald's, Steve! 431 00:22:11,204 --> 00:22:12,956 - Victor. - Si, iso, Victor. 432 00:22:30,432 --> 00:22:33,060 - Anda! - Perdoa, entretívenme. 433 00:22:33,143 --> 00:22:36,646 Estiven quitando cabezas de gambas da caixa de aparellos. 434 00:22:36,730 --> 00:22:37,564 Que sexy. 435 00:22:37,647 --> 00:22:38,482 Xa. 436 00:22:40,692 --> 00:22:43,362 Sabes algo dun oso na miña tenda? 437 00:22:45,238 --> 00:22:46,073 Non. 438 00:23:31,034 --> 00:23:33,453 Subtítulos: María Suárez Seijas