1 00:00:13,096 --> 00:00:14,431 Si! 2 00:00:14,514 --> 00:00:16,558 Atopastes o meu perfil en Yelp? 3 00:00:17,183 --> 00:00:19,436 Alí podo ser eu mesmo. 4 00:00:19,519 --> 00:00:20,687 Conto todo tamén. 5 00:00:20,770 --> 00:00:24,190 - Es sincero. Estamos contentos. - Vou mirar Yelp. 6 00:00:24,274 --> 00:00:28,028 Tanto ten, xa o atopei. É máis triste que vergoñento. 7 00:00:28,111 --> 00:00:28,945 Non o leas. 8 00:00:29,029 --> 00:00:32,115 "Dóeme escribilo, pero non volvo a este mexicano." 9 00:00:32,198 --> 00:00:36,369 Nomináronte a un Itsy Bizzie, os premios das tendas de Iron Creek. 10 00:00:36,453 --> 00:00:38,830 - Parabéns! - Percy vaise poñer celoso. 11 00:00:38,913 --> 00:00:41,416 Oxalá vaia a por ti na cerimonia. 12 00:00:41,499 --> 00:00:43,209 Que inesperado. 13 00:00:43,835 --> 00:00:47,756 Agora somos un pequeno negocio e fágoo bastante ben, 14 00:00:47,839 --> 00:00:49,174 pero non para un premio. 15 00:00:49,257 --> 00:00:51,426 Non serán os Itsy Bizzie anti-Óscar? 16 00:00:51,509 --> 00:00:55,263 A min nomináronme unha vez. pola nosa tenda de smókings. 17 00:00:55,346 --> 00:01:00,643 Vestimos unha banda de mariachis dun instituto para a final nacional. 18 00:01:01,603 --> 00:01:04,481 Pero non entramos no xogo da campaña. 19 00:01:05,148 --> 00:01:07,859 Teño máis do que encargarme que desa merda. 20 00:01:07,942 --> 00:01:11,696 Esta merda da que falas ten un premio de 5000 dólares. 21 00:01:11,780 --> 00:01:14,240 E un trofeo de araña polos negocios 22 00:01:14,324 --> 00:01:17,494 que pode valer uns 30 pesos en Craiglist. 23 00:01:17,577 --> 00:01:19,579 Se é un friqui das arañas, 50. 24 00:01:19,662 --> 00:01:22,874 O premio é para un pequeno empresario que sabe o que fai. 25 00:01:22,957 --> 00:01:26,628 Como o meu dentista, Kingsley. Ten unha fervenza no vestíbulo. 26 00:01:26,711 --> 00:01:29,297 Iso é levar un negocio. Non vou gañar. 27 00:01:29,380 --> 00:01:31,216 Pero telo que intentar, non? 28 00:01:31,299 --> 00:01:35,095 Imaxinas o que poderías facer con 5000 dólares, Timmy? 29 00:01:35,178 --> 00:01:36,888 Ocórreseche algo? 30 00:01:36,971 --> 00:01:39,432 - Non, está todo ben. - En serio? 31 00:01:39,516 --> 00:01:42,602 Seguro que non tes nada urxente 32 00:01:42,685 --> 00:01:44,771 que queiras desaloxar da vida? 33 00:01:44,854 --> 00:01:46,856 Teño todo controlado, 34 00:01:46,940 --> 00:01:49,150 e se non o tivese, empregaría o tempo 35 00:01:49,234 --> 00:01:51,861 para controlalo, non perseguir o inalcanzable. 36 00:01:51,945 --> 00:01:54,614 E nada diso importa. Está todo controlado! 37 00:01:54,697 --> 00:01:55,824 Reconfortante. 38 00:01:55,907 --> 00:01:59,661 Urxente é que atopei un vaso de iogur moi quente no coche. 39 00:01:59,744 --> 00:02:01,287 Así que paz. 40 00:02:01,371 --> 00:02:04,749 - Déixame axudar co iogur! - Está controlado. 41 00:02:04,833 --> 00:02:08,920 E isto por que pinga tanto? Non hai que preocuparse por nada! 42 00:02:09,003 --> 00:02:10,713 NON HAI MULTAS POR DEMORA 43 00:02:10,797 --> 00:02:12,382 UNHA SERIE DE NETFLIX 44 00:02:15,802 --> 00:02:16,636 DEVOLUCIÓNS 45 00:02:16,719 --> 00:02:19,931 Tío, se gañase 5000 dólares compraría unha cámara boa. 46 00:02:20,014 --> 00:02:21,266 Egoísta. 47 00:02:21,349 --> 00:02:24,936 Podías usala para axudar a alguén, como a miña irmá. 48 00:02:25,019 --> 00:02:28,356 Eu pagaríalle a fianza. Leva unha década no cárcere. 49 00:02:28,439 --> 00:02:31,151 Non conseguiches o diñeiro en dez anos? 50 00:02:31,234 --> 00:02:34,404 Non é unha prioridade. É máis ben un desbaratamento. 51 00:02:34,487 --> 00:02:36,823 Hannah, que farías cos 5000? 52 00:02:37,323 --> 00:02:38,324 Non, grazas. 53 00:02:38,408 --> 00:02:41,744 Cando a xente gana a lotaría non pasa nada bo. 54 00:02:41,828 --> 00:02:45,915 Moitos acaban mortos e outros compran casas en Florida. 55 00:02:45,999 --> 00:02:48,835 Hai unha diferenza entre 5000 e a lotaría. 56 00:02:48,918 --> 00:02:51,421 Eu non quero ver que lle pasa ao final 57 00:02:51,504 --> 00:02:54,382 aos que pensan que poden comprar sopa de marca. 58 00:02:54,465 --> 00:02:57,093 O seguinte é pedir nachos con gambas. 59 00:02:57,177 --> 00:02:58,553 Convence a Chris. 60 00:02:58,636 --> 00:03:02,599 "Chris, comprei un colchón. Son unha Danielle nova!" 61 00:03:05,685 --> 00:03:07,896 Tedes algunha película de Simon Birch? 62 00:03:12,192 --> 00:03:14,319 SÓ EMPREGADOS 63 00:03:14,861 --> 00:03:16,863 Parece que alguén ten fame. 64 00:03:16,946 --> 00:03:18,781 Non é o momento nin o lugar. 65 00:03:18,865 --> 00:03:20,617 As 11:45, ó lado do contedor, 66 00:03:20,700 --> 00:03:23,328 as condicións perfectas para un bocadillo de albóndegas. 67 00:03:24,829 --> 00:03:28,041 Vale, mira. Sinto todo o do alugueiro. 68 00:03:28,124 --> 00:03:30,168 Eu tamén teño un pequeno negocio. 69 00:03:30,251 --> 00:03:32,420 Se non cobro aos amigos, arruínome! 70 00:03:32,503 --> 00:03:35,215 - Son popular. - Sei que es estrito na renda. 71 00:03:35,298 --> 00:03:38,009 Pero por que o afrontas desa forma tan covarde? 72 00:03:38,092 --> 00:03:39,802 Hai unha explicación simple. 73 00:03:40,303 --> 00:03:41,179 Son covarde. 74 00:03:41,763 --> 00:03:44,057 Se me avisases, tería máis tempo. 75 00:03:44,140 --> 00:03:45,767 Conseguirei o diñeiro. 76 00:03:45,850 --> 00:03:49,395 Nomináronme a un Itsy Bizzie. Se cadra morren todos. 77 00:03:49,979 --> 00:03:53,024 Saíron xa os nominados dos IB? Significa Itsy Bizzie. 78 00:03:53,107 --> 00:03:56,194 Parece que o inventei, pero non. Podería, pero non. 79 00:03:56,277 --> 00:04:00,240 Non son un pequeno empresario para que me aclamen. Boa sorte. 80 00:04:00,323 --> 00:04:02,951 - Queres o bocadillo? - Nunca o quixen. 81 00:04:03,993 --> 00:04:06,913 Non pensei que os celos che destruísen tan rápido. 82 00:04:06,996 --> 00:04:08,873 Descubriches que non te nominaron 83 00:04:08,957 --> 00:04:12,502 e ofreces comida detrás dunha praza comercial. Vaites. 84 00:04:12,585 --> 00:04:15,338 O bocadillo non ten que ver coas desculpas. 85 00:04:15,421 --> 00:04:18,091 Non teño tempo para uns premios de merda. 86 00:04:18,174 --> 00:04:19,884 Sería difícil encaixalo 87 00:04:19,968 --> 00:04:23,346 entre estar ó lado do lixo e ter un bocadillo podre. 88 00:04:24,055 --> 00:04:27,225 Teño moitas cousas que facer hoxe, 89 00:04:27,308 --> 00:04:28,977 non teño tempo para lerias. 90 00:04:29,060 --> 00:04:29,936 Perdoa. 91 00:04:31,020 --> 00:04:33,940 E non está podre. Fixérono hai unha hora. 92 00:04:34,023 --> 00:04:36,442 Pódeslle preguntar a Paul en Inferno a Bocados. 93 00:04:38,069 --> 00:04:41,030 Non me dixeches o do desaloxo porque precisabas axuda? 94 00:04:41,114 --> 00:04:42,949 Non, porque estaba asustado. 95 00:04:43,032 --> 00:04:45,994 Perdoa por sinalarte diante de todos, 96 00:04:46,077 --> 00:04:47,620 pero tes que gañar. 97 00:04:47,704 --> 00:04:49,706 O diñeiro iría para a renda. 98 00:04:49,789 --> 00:04:52,292 Non te nominaría se non puideses ganar. 99 00:04:52,375 --> 00:04:54,961 - Nomináchesme? - Quen o ía facer se non? 100 00:04:55,044 --> 00:04:57,338 Iso soou peor do que pensaba. 101 00:04:57,422 --> 00:04:59,382 Eu. Nomineime eu. 102 00:04:59,465 --> 00:05:01,467 Que? Por que non o dixeches? 103 00:05:01,551 --> 00:05:03,011 Que vergoña. 104 00:05:03,094 --> 00:05:04,929 Non pensei que me fosen escoller. 105 00:05:05,013 --> 00:05:07,557 Mañá miña nai obrígame a ser técnico 106 00:05:07,640 --> 00:05:10,560 da representación coreana dos Monólogos Vaxinais. 107 00:05:10,643 --> 00:05:12,979 Por iso tes unha vaxina inchable no coche. 108 00:05:13,062 --> 00:05:15,148 Rexeitáronme seis terapeutas. 109 00:05:15,940 --> 00:05:19,110 E ti tamén me nominaches, voute decepcionar. 110 00:05:19,193 --> 00:05:20,737 Ninguén me toma en serio. 111 00:05:21,529 --> 00:05:24,115 Non me vas decepcionar. 112 00:05:24,198 --> 00:05:27,660 Creo que é admirable que tomases a iniciativa. 113 00:05:28,453 --> 00:05:32,165 Es un bo xefe cunha historia incrible. 114 00:05:32,248 --> 00:05:34,792 E só hai cinco nominados máis. 115 00:05:34,876 --> 00:05:37,879 O tipo do tenda de peixes tropicais 116 00:05:37,962 --> 00:05:41,049 vai estar metido nun escándalo sexual ben raro. 117 00:05:41,132 --> 00:05:45,136 Non podes ter tantos acuarios de auga salgada sen complicarte. 118 00:05:45,219 --> 00:05:49,474 A Cámara de Comercio vai enviar un equipo de cámaras para unha entrevista. 119 00:05:49,557 --> 00:05:51,225 Podes parecer un desaliñado 120 00:05:51,309 --> 00:05:54,896 ou un piar prometedor da comunidade. 121 00:05:54,979 --> 00:05:55,897 Son desaliñado? 122 00:05:55,980 --> 00:05:59,525 Non es tan sexy coma Trent, o dos peixes tropicais. 123 00:05:59,609 --> 00:06:01,986 Coñézoo, pero entre nós todo ben. 124 00:06:02,070 --> 00:06:04,447 Precisas engalanarte, Timmy. 125 00:06:04,530 --> 00:06:06,657 Aparenta ata que o consigas. 126 00:06:06,741 --> 00:06:09,660 Actúa coma o teu xefe favorito dunha película. 127 00:06:09,744 --> 00:06:12,121 Como Bebé xefazo ou Pactar co demo? 128 00:06:12,205 --> 00:06:14,749 Un é un bebé e outro Satanás. 129 00:06:14,832 --> 00:06:17,794 E mira o que conseguen a pesar das circunstancias. 130 00:06:17,877 --> 00:06:20,797 É xusto. Se cadra un cambio de imaxe axuda. 131 00:06:20,880 --> 00:06:22,090 Cambio de imaxe? 132 00:06:23,508 --> 00:06:26,219 Quizais algo simple. Ó estilo de Alguén coma ti. 133 00:06:26,302 --> 00:06:30,390 Un friqui saca os lentes pero sigue sendo fiel a si mesmo. 134 00:06:30,473 --> 00:06:33,059 Viste de cor caqui e cheira a iogur quente. 135 00:06:33,142 --> 00:06:35,937 É máis Non lle digas a mamá que a canguro morreu. 136 00:06:36,020 --> 00:06:39,649 Estaba segura que era un crime real. Cando vin que non, 137 00:06:39,732 --> 00:06:43,528 fascinoume a historia deses mozos tan comprometidos. 138 00:06:43,611 --> 00:06:46,572 Nesta analoxía, a empresa é a neneira 139 00:06:46,656 --> 00:06:48,825 e eu son Christina Applegate. 140 00:06:48,908 --> 00:06:52,995 Mente sobre quen é para chegar á cima, e logo ó final… 141 00:06:53,079 --> 00:06:55,748 Divírtese moito e aprende leccións. 142 00:06:56,582 --> 00:06:59,127 - Un corte de pelo. - Coñezo o sitio idóneo. 143 00:07:02,839 --> 00:07:07,176 Podo facerche un oco entre un Havanese e o cu dun Labradoodle. 144 00:07:07,260 --> 00:07:09,429 Rene, non tes licencia de peiteadora. 145 00:07:09,512 --> 00:07:14,434 Nin tampouco de ladradora. Legalmente non podo acicalar cans. 146 00:07:15,685 --> 00:07:17,854 - Cheira a iogur quente? - Son eu. 147 00:07:18,438 --> 00:07:20,356 Que bonito que te cubra. 148 00:07:20,940 --> 00:07:24,652 Vale, veña, devolveréivolo nunha hora. 149 00:07:30,408 --> 00:07:33,619 Son Floy Beckam e substitúo a Miranda Golder… 150 00:07:33,703 --> 00:07:37,331 - Pensei que xa remataras a quenda. - É que a comida de balde… 151 00:07:37,415 --> 00:07:40,042 - Que les? - Algo de clase. 152 00:07:40,126 --> 00:07:42,545 Por que estudas contabilidade? 153 00:07:42,628 --> 00:07:44,964 Só falas de producir películas. 154 00:07:45,047 --> 00:07:49,760 Contabilidade é a película dos números. Cada folla de cálculo ten unha historia. 155 00:07:49,844 --> 00:07:51,345 LUCES! CÁMARA! CONTABILIDADE! 156 00:07:59,437 --> 00:08:02,523 O de ser agarrada vaise das mans. Aprende a coidarte. 157 00:08:02,607 --> 00:08:05,067 Es unha muller branca, debías ser a hostia. 158 00:08:05,151 --> 00:08:07,403 Non sei. Vaime moi ben así. 159 00:08:07,487 --> 00:08:10,323 Comprei deterxente sen estar de oferta. 160 00:08:10,406 --> 00:08:14,368 Trabuqueime, pero é unha sinal de que xa non aforro tanto. 161 00:08:14,452 --> 00:08:18,164 Vale, se podes comer esa cousa de aí 162 00:08:18,247 --> 00:08:21,501 e dicirme que che gusta, déixote estar. 163 00:08:21,584 --> 00:08:24,545 Se non, iremos a un sitio de coidado persoal. 164 00:08:30,968 --> 00:08:32,720 - Si. - Vale. 165 00:08:32,803 --> 00:08:34,555 - Si. - Irei… 166 00:08:34,639 --> 00:08:37,099 Ías dicir "andar", xa te paro eu. 167 00:08:37,183 --> 00:08:40,228 Andar ao… 168 00:08:42,980 --> 00:08:43,814 salón de unllas. 169 00:08:43,898 --> 00:08:48,110 Xenial. No meu descanso asegurareime de que non te agochas no coche. 170 00:08:49,237 --> 00:08:51,697 Bótao, fai favor, cúspeo. 171 00:08:53,741 --> 00:08:58,329 Ei, gústavos? Mirade o novo pai Blockbuster. 172 00:08:58,412 --> 00:09:01,749 Díxenlle que usase o champú das pulgas para dar volume. 173 00:09:01,832 --> 00:09:05,253 Queima un pouco, pero non o recordo con tanto corpo. 174 00:09:05,336 --> 00:09:08,214 Asómbrame que queiras ganar, 175 00:09:08,297 --> 00:09:10,591 pero non tes que cambiar. 176 00:09:10,675 --> 00:09:12,260 Chegaron os cámaras. 177 00:09:13,135 --> 00:09:16,180 Vale. Tim, calma, sé ti mesmo. 178 00:09:16,264 --> 00:09:19,850 Encántache este sitio. Tratas os clientes como amigos. 179 00:09:19,934 --> 00:09:21,769 A túa historia é alentadora. 180 00:09:21,852 --> 00:09:22,812 Mal. 181 00:09:22,895 --> 00:09:24,689 - Foi un papagaio? - Un pato. 182 00:09:24,772 --> 00:09:27,191 Era un botón. Non vistes Jeopardy? 183 00:09:28,025 --> 00:09:30,152 A xente non quere que sexas alentador. 184 00:09:30,236 --> 00:09:31,904 Queren que sexas incrible! 185 00:09:31,988 --> 00:09:33,281 QFOBX? 186 00:09:34,615 --> 00:09:36,242 "Que faría o Bebé Xefazo?" 187 00:09:36,325 --> 00:09:39,996 Xa. Eliza, o teu plan está ben, pero xa intentei ser amable. 188 00:09:40,079 --> 00:09:43,583 Para seguir no negocio hai que deixar de ser amables e espertar. 189 00:09:43,666 --> 00:09:45,585 - O slogan de Real World? - Si. 190 00:09:45,668 --> 00:09:48,963 - Quen merece ganar o Itsy Bizzie? - Eu! 191 00:09:49,046 --> 00:09:52,008 - Quen é a araña dos negocios? - Eu! 192 00:09:52,550 --> 00:09:54,176 Son a araña dos negocios? 193 00:09:54,260 --> 00:09:55,261 - Exacto! - Si. 194 00:09:55,344 --> 00:09:57,263 Que lle vas dicir aos cámaras? 195 00:09:57,346 --> 00:09:59,098 Benvidos ó meu parque de xogos. 196 00:10:01,392 --> 00:10:03,144 Ese non é Timmy. 197 00:10:03,227 --> 00:10:04,687 Esta é a miña xente. 198 00:10:04,770 --> 00:10:07,023 Non, é unha supernova. 199 00:10:09,108 --> 00:10:11,902 Mira este ton de amarelo: "Dedo de fumador." 200 00:10:11,986 --> 00:10:15,364 Este azul tan fermoso chámase "Levoute un alude". 201 00:10:15,448 --> 00:10:17,325 Ves? Divertímonos. 202 00:10:17,408 --> 00:10:19,785 Si, pero estou agoniada. 203 00:10:19,869 --> 00:10:20,953 Nada de estrés, 204 00:10:21,037 --> 00:10:23,873 coidarse debe ser relaxante e divertido. 205 00:10:23,956 --> 00:10:26,459 - Esta cor chámase así. - Non é a cor. 206 00:10:26,542 --> 00:10:30,212 É a marca. Relaxante e Divertido é para xente de máis de 40. 207 00:10:30,296 --> 00:10:33,049 No fondo sempre me considerei maior de 40. 208 00:10:33,132 --> 00:10:34,216 Decisións. 209 00:10:35,092 --> 00:10:38,179 Podo seguir eu soa. Non tes que estudar? 210 00:10:38,262 --> 00:10:40,431 Non, hoxe centrámonos en ti. 211 00:10:41,682 --> 00:10:44,602 Atopei o meu ton. "Podía ser micótico." 212 00:10:47,104 --> 00:10:49,523 Menos mal que era un bo cinefotógrafo. 213 00:10:49,607 --> 00:10:51,192 É director de fotografía. 214 00:10:51,275 --> 00:10:54,945 Non hai nada peor que un home describindo termos de cine. 215 00:10:55,029 --> 00:10:58,741 Sabes que non tes que cambiar para isto, verdade? 216 00:10:58,824 --> 00:11:01,702 Teño que ganar, e actúo coma un ganador. 217 00:11:01,786 --> 00:11:05,289 Eu quero que ganes. Así desaparece o problema da renda. 218 00:11:05,831 --> 00:11:07,792 Quero que te centres en ti mesmo. 219 00:11:07,875 --> 00:11:09,627 Céntrome no láser. 220 00:11:09,710 --> 00:11:12,129 Quizais non tanto como a cámara de Rick. 221 00:11:12,630 --> 00:11:13,881 Fixo que saíse ben. 222 00:11:13,964 --> 00:11:16,759 Creme, estou centrado en min mesmo, 223 00:11:16,842 --> 00:11:18,135 na mellor versión. 224 00:11:18,219 --> 00:11:22,014 A neneira está morta e vou recordar este verán. 225 00:11:22,098 --> 00:11:23,140 Fíxoo! 226 00:11:23,933 --> 00:11:25,601 Xa é viral. 227 00:11:25,685 --> 00:11:28,729 Esta mañá tiñas 144 seguidores 228 00:11:28,813 --> 00:11:31,399 e agora tes 147. 229 00:11:32,274 --> 00:11:34,110 Aí pon 145. 230 00:11:34,860 --> 00:11:38,572 Perdeu dous. Na elite, as respostas negativas son inevitables. 231 00:11:39,407 --> 00:11:43,160 Connie, falaba con Timmy de centrarse en… 232 00:11:43,244 --> 00:11:44,995 Ganar. Estou de acordo. 233 00:11:45,079 --> 00:11:47,790 É un momento crucial da campaña de premios. 234 00:11:47,873 --> 00:11:50,626 Agora sacamos a artillería pesada! 235 00:11:50,710 --> 00:11:52,169 Bolsas de regalo. 236 00:11:52,253 --> 00:11:53,129 Bolsas? 237 00:11:53,212 --> 00:11:54,839 Que inxenua es, corazón. 238 00:11:54,922 --> 00:11:57,216 Os premios cómpranse e páganse. 239 00:11:57,299 --> 00:12:00,845 Non creo que lle debamos dar regalos aos votantes. 240 00:12:01,804 --> 00:12:04,223 Temos que traelos ata o regalo. 241 00:12:04,724 --> 00:12:07,184 Unha velada elegante en Blockbuster. 242 00:12:07,268 --> 00:12:09,520 O estudante xa é o mestre. 243 00:12:09,603 --> 00:12:11,731 Temos cousas que planear. 244 00:12:14,608 --> 00:12:19,321 Quere unha manicura completa, pedicura ou facer o bigote? 245 00:12:20,489 --> 00:12:23,159 Estes botes de A Autoestima Vén de Dentro, 246 00:12:23,242 --> 00:12:27,371 - Influencer Beixei, Xefa Desgraciada. - Non iamos facer unha manipedi? 247 00:12:27,455 --> 00:12:30,124 Podo levar tres botes polo prezo dunha manicura 248 00:12:30,207 --> 00:12:32,084 e facer as unllas na casa. 249 00:12:32,168 --> 00:12:35,463 Esta graduada na casa vaiche ensinar contabilidade. 250 00:12:35,546 --> 00:12:38,340 Sequera fas algo de coidado persoal. 251 00:12:38,424 --> 00:12:40,968 O que describes é a pirataría. 252 00:12:41,051 --> 00:12:43,971 É coma sacarlle un caramelo a un neno. 253 00:12:44,054 --> 00:12:46,891 Nese caso, non mos venda. Veña, Carlos. 254 00:12:46,974 --> 00:12:48,309 Non, está ben. 255 00:12:48,893 --> 00:12:51,395 Serán 29,60. 256 00:12:51,479 --> 00:12:53,230 Pagarei con isto. 257 00:12:53,314 --> 00:12:54,648 Un vale regalo? 258 00:12:54,732 --> 00:12:58,903 Só escolliches este sitio porque non ías ter que pagar nada? 259 00:12:58,986 --> 00:13:01,906 - Iso é trampa. - Le isto, fai favor. 260 00:13:01,989 --> 00:13:03,908 "Tratar igual que o diñeiro." 261 00:13:05,034 --> 00:13:06,535 Tecnicismos. 262 00:13:06,619 --> 00:13:08,746 Quero o cambio en moedas de cinco. 263 00:13:08,829 --> 00:13:10,539 - Son 40 centavos. - Xa. 264 00:13:11,332 --> 00:13:12,249 Moedas de cinco. 265 00:13:15,169 --> 00:13:18,964 Comprastes unha chea de adornos para a festa. 266 00:13:19,799 --> 00:13:21,801 Isto é para unha de 15 anos. 267 00:13:21,884 --> 00:13:24,553 Non está de máis parecer novo e ter futuro. 268 00:13:24,637 --> 00:13:25,513 Exacto. 269 00:13:26,222 --> 00:13:28,516 Vale. E isto? 270 00:13:28,599 --> 00:13:32,228 O comité de votos ten que sentir o medo e a estima 271 00:13:32,311 --> 00:13:34,563 de pasar Acción de Grazas coa familia. 272 00:13:36,106 --> 00:13:38,526 - Timothy. - Percival. 273 00:13:38,609 --> 00:13:39,944 Fuches á miña tenda. 274 00:13:40,027 --> 00:13:42,696 Mira que rexouban ben en Grand Mill. 275 00:13:42,780 --> 00:13:46,242 Mañá organizamos unha velada pola miña nominación. 276 00:13:46,325 --> 00:13:49,370 Aínda lembro cando a miña tenda era pequena 277 00:13:49,453 --> 00:13:53,624 e competía neses premios. O éxito é unha arma de dobre fío. 278 00:13:58,462 --> 00:14:02,049 E mírate agora. Tan grande como para desafiuzar un amigo. 279 00:14:09,765 --> 00:14:12,977 - Deime conta dunha cousa. - Precisamos velas, non? 280 00:14:13,060 --> 00:14:15,813 As festas de Pactar co demo estaban cheas delas. 281 00:14:15,896 --> 00:14:18,774 Lin que Pacino levou todas as velas da casa. 282 00:14:18,858 --> 00:14:22,611 Non credes que Blockbuster ten o seu encanto nostálxico 283 00:14:22,695 --> 00:14:25,739 e que todas esas cousas llo quitan? 284 00:14:26,657 --> 00:14:29,827 Percival, a túa tenda non nominada fai entregas? 285 00:14:29,910 --> 00:14:32,371 Imos precisar as velas con máis cera. 286 00:14:38,586 --> 00:14:42,506 Ai, señora secretaria, moitas grazas por vir. 287 00:14:42,590 --> 00:14:47,469 Tesoureiro O'Brien, teño que repetirlle que non temos desconto para modelos. 288 00:14:48,387 --> 00:14:49,388 Quen importa? 289 00:14:49,471 --> 00:14:52,766 Acendes as luces? Os clientes non atopan os filmes. 290 00:14:52,850 --> 00:14:55,811 Unha muller tirou tres andeis das estreas. 291 00:14:55,895 --> 00:14:58,814 Dous sen querer, pero o último foi por rabia. 292 00:14:58,898 --> 00:14:59,982 Vós os dous. 293 00:15:00,649 --> 00:15:03,319 Para atopar algo con xeito hai que buscar. 294 00:15:03,402 --> 00:15:07,156 E encántame como queda o brillo no cute. 295 00:15:07,239 --> 00:15:10,367 Floy Beckam? Esta noite saíron as estrelas. 296 00:15:13,871 --> 00:15:17,917 - Non está algo raro Timmy? - É unha persoa distinta. Intentei… 297 00:15:18,000 --> 00:15:20,127 Estalle dando un bico na meixela. 298 00:15:20,210 --> 00:15:23,297 Non, agora vai aos beizos. Vouno deter. 299 00:15:29,386 --> 00:15:32,139 Así que estás lavando o lixo. 300 00:15:32,222 --> 00:15:33,933 - Están case novos. - Xa. 301 00:15:34,016 --> 00:15:35,726 Déixallelos para os netos. 302 00:15:35,809 --> 00:15:38,187 Non sei se vou ter netos. 303 00:15:38,270 --> 00:15:42,650 E se os teño, herdarán a miña colección de copas de Nadal de Arby's. 304 00:15:42,733 --> 00:15:45,152 Pasei o das unllas, pero isto é moito. 305 00:15:45,235 --> 00:15:47,780 Cando veñas á miña casa bebe da billa. 306 00:15:47,863 --> 00:15:49,907 Es unha agarrada compulsiva. 307 00:15:49,990 --> 00:15:51,200 Que máis che dá? 308 00:15:51,283 --> 00:15:54,161 Na miña familia nunca tivemos moitos cartos. 309 00:15:54,244 --> 00:15:56,664 Colecciono vales dende os oito anos. 310 00:15:56,747 --> 00:15:59,500 Son… frugal. 311 00:15:59,583 --> 00:16:01,210 Non é bo ter coidado? 312 00:16:01,293 --> 00:16:03,712 Coidado si, pero contrólache a vida. 313 00:16:03,796 --> 00:16:06,882 Non miras nin os DVD e podémolos levar de balde. 314 00:16:06,966 --> 00:16:09,051 É o único beneficio que temos. 315 00:16:09,134 --> 00:16:12,638 Non quero queimar o reprodutor de DVD, téñoo só dende 2009. 316 00:16:12,721 --> 00:16:17,101 Un día vaste dar conta que estiveches dez anos sen pedir nachos con gambas! 317 00:16:17,184 --> 00:16:21,397 - Vida desperdiciada. - Sacrifícome para o meu futuro. 318 00:16:21,480 --> 00:16:24,274 Coma ti cos estudos de contabilidade que odias. 319 00:16:25,109 --> 00:16:29,279 Non odio a contabilidade. Non sabes o que dis. 320 00:16:29,363 --> 00:16:30,280 Sorpresa. 321 00:16:31,115 --> 00:16:34,743 Se os nachos con gambas son tan importantes, pídeos ti. 322 00:16:34,827 --> 00:16:38,872 Non veñas chorando cando estea no voo a San Diego en 30 anos. 323 00:16:38,956 --> 00:16:41,458 Iso é, San Diego. 324 00:16:41,542 --> 00:16:43,293 Onde teñen o zoo. 325 00:16:43,377 --> 00:16:46,797 O futuro para o que aforras son tres noites en San Diego? 326 00:16:47,756 --> 00:16:49,466 Goza sendo miserable logo. 327 00:16:49,550 --> 00:16:51,427 Son catro noites! 328 00:16:51,510 --> 00:16:56,348 Estarei moi ocupada planeando o día no seu safari de primeira clase 329 00:16:56,432 --> 00:16:57,850 como para ser miserable. 330 00:17:10,320 --> 00:17:12,573 Aínda non estás celoso? 331 00:17:12,656 --> 00:17:15,784 Desta troula tan aburrida? Mira todos estes trastos. 332 00:17:15,868 --> 00:17:19,872 Que compraron na túa tenda. Vale, perdoa, non é xusto. 333 00:17:20,873 --> 00:17:22,583 Debe ser moi duro para ti. 334 00:17:22,666 --> 00:17:24,460 Fas moito por Timmy. 335 00:17:24,543 --> 00:17:28,047 Apóialo como novo empresario e non o recoñece. 336 00:17:28,130 --> 00:17:33,510 As cousas entre nós complicáronse. É duro ser o tipo que está tras doutro. 337 00:17:34,970 --> 00:17:36,972 Supoño que estou algo celoso. 338 00:17:40,350 --> 00:17:42,728 Admítelo. Pilleite de novo. 339 00:17:42,811 --> 00:17:44,313 Que homiño. 340 00:17:44,396 --> 00:17:46,648 - Pásao ben, Percy. - Son papá. 341 00:17:46,732 --> 00:17:49,151 Xa falamos do de chamarme Percy. Ei. 342 00:17:52,446 --> 00:17:57,034 Parece que o ordenador morreu. A fonte de chocolate avariou un fusible. 343 00:17:57,117 --> 00:18:00,412 Teño que falar con meus pais na visita? 344 00:18:01,080 --> 00:18:02,790 Vou tentar arranxalo. 345 00:18:02,873 --> 00:18:07,086 Recorde, os filmes de menos de 18 precisan un pai ou un titor legal. 346 00:18:07,169 --> 00:18:10,798 Os meus levan décadas mortos. Tes o meu voto, guapo. 347 00:18:10,881 --> 00:18:12,674 Timmy, temos un problemiña. 348 00:18:13,592 --> 00:18:16,804 Canto tempo sen verte! En que estiveches traballando? 349 00:18:17,679 --> 00:18:18,806 Son Connie. 350 00:18:19,556 --> 00:18:23,018 Saberíao se non estivese tan escuro. Non estabas coas velas? 351 00:18:23,102 --> 00:18:27,106 Non é o mesmo ser invitado que traballar nunha troula, nena. 352 00:18:27,189 --> 00:18:28,565 Dixeches "nena"? 353 00:18:29,191 --> 00:18:33,153 - É unha pulseira de diamantes? - É un colar de cans de imitación. 354 00:18:33,237 --> 00:18:35,489 Saberíalo se non estivese tan que? 355 00:18:35,572 --> 00:18:37,407 - Escuro. - Iso é. 356 00:18:39,201 --> 00:18:42,287 Quen precisa encherse de maxia de Tim? 357 00:18:43,205 --> 00:18:44,832 Parabéns, Frankenstein. 358 00:18:44,915 --> 00:18:48,043 En vez de ser el mesmo, como o animei eu, 359 00:18:48,127 --> 00:18:49,670 agora é un monstro. 360 00:18:50,170 --> 00:18:51,672 É cuestión de tempo que… 361 00:18:51,755 --> 00:18:54,049 Afogue unha nena? Iso pensei eu. 362 00:18:54,133 --> 00:18:58,095 Pero que nena e en que lago de todos os que hai? 363 00:18:58,178 --> 00:19:00,973 Ía dicir antes de que fuxa ao Ártico. 364 00:19:01,056 --> 00:19:04,726 Sempre pensando nunha escusa para dicir que liches o libro. 365 00:19:06,145 --> 00:19:08,147 Vale. Se cadra forceino moito. 366 00:19:08,230 --> 00:19:11,358 É que quería ganar un destes unha vez. 367 00:19:11,441 --> 00:19:12,860 Pero falarei con el. 368 00:19:17,364 --> 00:19:18,949 A tenda está ardendo! 369 00:19:20,075 --> 00:19:21,785 - Veña! - Vide comigo. 370 00:19:34,173 --> 00:19:37,176 Que canfurneiro é o dono deste sitio? 371 00:19:38,427 --> 00:19:39,344 Direino de novo. 372 00:19:39,428 --> 00:19:43,223 Que canfurneiro é o dono deste sitio? Non me enviaron para non atopalo. 373 00:19:43,307 --> 00:19:45,100 Son o dono canfurneiro. 374 00:19:45,184 --> 00:19:48,103 E eu a canfurneira detrás do canfurneiro. 375 00:19:48,729 --> 00:19:50,355 Eu creei este monstro. 376 00:19:50,439 --> 00:19:53,692 - Detédeme, oficiais. - Somos de incendios. 377 00:19:53,775 --> 00:19:55,402 Vistes a Hannah? 378 00:19:55,485 --> 00:19:57,696 Foi ao bar tomar algo. 379 00:19:57,779 --> 00:20:02,075 Xenial. É a miña maldición. Os meus comentarios fan que a xente beba. 380 00:20:03,243 --> 00:20:06,914 BAR CATRO SEMENTAIS 381 00:20:09,541 --> 00:20:10,375 Ei. 382 00:20:14,254 --> 00:20:16,506 Só quería dicir que… 383 00:20:17,633 --> 00:20:19,218 - Estou… - Gozade. 384 00:20:19,301 --> 00:20:20,928 - Grazas. - De nada. 385 00:20:21,970 --> 00:20:23,388 Son nachos con gambas? 386 00:20:26,141 --> 00:20:29,353 Cando a tenda ardeu, vin que tiñas razón. 387 00:20:29,436 --> 00:20:34,399 Debería darme algún gusto máis porque nunca sabes que pode pasar. 388 00:20:37,194 --> 00:20:38,612 Vin tomar algo, 389 00:20:38,695 --> 00:20:42,407 e vin que os nachos estaban máis baratos, pasiño a pasiño. 390 00:20:43,951 --> 00:20:45,327 Que querías dicir? 391 00:20:46,578 --> 00:20:49,873 Non debín ser tan duro. Os cartos que gastas é cousa túa. 392 00:20:49,957 --> 00:20:53,543 E tiñas razón. Non son moito mellor. Eu… 393 00:20:55,003 --> 00:20:57,047 - Odio a contabilidade. - Xa. 394 00:20:57,130 --> 00:21:00,676 Cambiaches o tema a que eu son agarrada para evitar falalo. 395 00:21:00,759 --> 00:21:03,220 Notáchelo? Pensei que fora sutil. 396 00:21:03,303 --> 00:21:05,806 Sorprenderíache todo o que noto. 397 00:21:08,016 --> 00:21:09,351 Sorprenderíache. 398 00:21:11,186 --> 00:21:14,856 Perdoa. Pagaba contigo o que me pasa. 399 00:21:15,649 --> 00:21:19,569 É que os fillos de inmigrantes non conseguen os seus soños. 400 00:21:19,653 --> 00:21:20,654 É complicado. 401 00:21:21,947 --> 00:21:23,991 Estamos de acordo 402 00:21:24,074 --> 00:21:28,245 en que os dous temos que comer máis nachos con gambas. 403 00:21:28,328 --> 00:21:29,162 Vale? 404 00:21:30,289 --> 00:21:31,540 Vaille dando. 405 00:21:34,293 --> 00:21:37,170 Encántame a mestura de texturas e temperaturas. 406 00:21:37,963 --> 00:21:38,964 Están conxelados. 407 00:21:42,426 --> 00:21:43,927 Teño boas noticias. 408 00:21:44,011 --> 00:21:46,513 - Ganei o Itsy Bizzie? - Non. Non? 409 00:21:46,596 --> 00:21:48,598 Non, estás na lista negra. 410 00:21:50,058 --> 00:21:51,977 Dicías que eran boas noticias. 411 00:21:52,060 --> 00:21:53,478 Si, claro. 412 00:21:53,562 --> 00:21:55,981 Os de incendios non te van multar. 413 00:21:56,064 --> 00:21:58,400 A alfombra da praza é tóxica, 414 00:21:58,483 --> 00:22:01,528 conta como o seu adestramento para desastres deste ano. 415 00:22:01,611 --> 00:22:05,532 Non me poden acusar de non apoiar os de emerxencias. 416 00:22:06,491 --> 00:22:09,745 Síntoo moito, hoxe descontroleime. 417 00:22:10,579 --> 00:22:12,914 Quería ganar os cartos do premio. 418 00:22:12,998 --> 00:22:15,876 E… non quería decepcionarte. 419 00:22:15,959 --> 00:22:17,419 E fixeches as dúas cousas. 420 00:22:17,502 --> 00:22:19,880 Que listo. Deixa que te axudo con iso. 421 00:22:19,963 --> 00:22:24,217 Xa entendo polo que estaba pasando Christina Applegate. 422 00:22:24,301 --> 00:22:27,637 A neneira morre, e convérteste en neneira? 423 00:22:27,721 --> 00:22:31,099 É un gran peso. Aínda intento comprendelo. 424 00:22:31,183 --> 00:22:33,101 Ó final sacástesnos do apuro. 425 00:22:33,185 --> 00:22:36,396 Algo é algo. Que vas facer coa renda? 426 00:22:36,480 --> 00:22:40,817 Teño que sacrificar algo, así que vou vender o Mitsubishi. 427 00:22:40,901 --> 00:22:42,235 Pagarei uns meses 428 00:22:42,319 --> 00:22:44,529 mentres penso como resolver isto. 429 00:22:44,613 --> 00:22:46,031 Espera, o Eclipse? 430 00:22:46,114 --> 00:22:49,326 - Encántache ese coche. - E a cor cereixa. 431 00:22:49,409 --> 00:22:51,286 Pero gústame máis a tenda. 432 00:22:51,912 --> 00:22:52,829 E todos vós. 433 00:22:53,955 --> 00:22:56,333 Agora falaches como un empresario. 434 00:22:57,292 --> 00:23:02,506 Aínda que me pon triste saber que non volverei nun Bishi, grazas. 435 00:23:03,090 --> 00:23:05,342 Para min es o ganador dos itsy Bizzie. 436 00:23:05,425 --> 00:23:06,760 Si? E que gano? 437 00:23:08,387 --> 00:23:10,806 Podo invitarte a unha copa. 438 00:23:10,889 --> 00:23:12,224 Si, por favor. 439 00:23:16,895 --> 00:23:21,024 Queres chocolate, plátano, malvariscos ou xamón? 440 00:23:21,691 --> 00:23:24,194 Se están abertos máis de cinco minutos, 441 00:23:24,277 --> 00:23:28,073 son un criadeiro para os mosquitos. Arruinou a voda de meu primo. 442 00:23:28,657 --> 00:23:31,326 Isto ben podía ser unha lameira. 443 00:23:34,830 --> 00:23:36,248 Tes que contestar? 444 00:23:37,833 --> 00:23:40,377 Si, creo que debería. Un segundo. 445 00:23:41,461 --> 00:23:42,295 Ola, gansiño! 446 00:23:44,714 --> 00:23:49,094 Cando dixen que volvía, prometiches sacar a PS5 do cuarto. 447 00:23:49,177 --> 00:23:51,805 Non podo viciarme ao GTA de novo. 448 00:23:54,057 --> 00:23:54,891 Vale. 449 00:23:57,519 --> 00:23:59,187 Listo para a copa? 450 00:24:00,063 --> 00:24:02,774 Esquecín que teño algo que facer. 451 00:24:05,110 --> 00:24:07,446 Vale. Para a próxima? 452 00:24:18,248 --> 00:24:21,293 - Ei. - Timmy. 453 00:24:22,085 --> 00:24:23,920 Tío, síntoo, vale? 454 00:24:25,130 --> 00:24:28,383 - Déixame… - Esquéceo. Pagarei a renda. 455 00:24:29,134 --> 00:24:32,637 Necesito emborracharme co meu mellor amigo, apúntaste? 456 00:24:33,680 --> 00:24:34,681 Apúntome. 457 00:24:36,725 --> 00:24:37,559 Esquéceo. 458 00:24:39,227 --> 00:24:40,645 A gran pregunta. 459 00:24:41,146 --> 00:24:44,316 Pagas a primeira rolda ou a última? 460 00:24:44,399 --> 00:24:48,445 Pagas ti a primeira rolda e a última rolda tamén. 461 00:24:48,528 --> 00:24:52,073 - Se cadra esquézome da última. - Vale. 462 00:25:34,574 --> 00:25:37,077 Subtítulos: María Suárez Seijas