1 00:00:06,006 --> 00:00:10,385 Si, grazas. Quería confirmar cales son os dereitos dos meus empregados. 2 00:00:10,927 --> 00:00:11,886 Claro, agardo. 3 00:00:12,721 --> 00:00:13,555 MÍCHIGAN 4 00:00:15,932 --> 00:00:17,017 Chegaches cedo. 5 00:00:17,100 --> 00:00:19,394 Cheguei ás oito toda a semana. 6 00:00:19,477 --> 00:00:22,522 A quen madruga, Deus axúdao. Iso din os deportistas. 7 00:00:22,605 --> 00:00:25,066 E visten como o pastor de Justin Bieber? 8 00:00:25,150 --> 00:00:26,443 Non, iso non. 9 00:00:26,526 --> 00:00:29,362 E pronuncieime logo do seu incidente co mono. 10 00:00:29,446 --> 00:00:32,282 - Insultarte é difícil. - Ai, graciñas. 11 00:00:32,365 --> 00:00:35,744 Seguín o consello de Eliza de aceptar ser o gran xefe. 12 00:00:35,827 --> 00:00:40,498 Compra, vende, un, outro, conserva, vende. Non falo con ninguén, estou á espera. 13 00:00:40,582 --> 00:00:42,500 Falando de Eliza, como te sentes 14 00:00:42,584 --> 00:00:44,878 logo do que pasou ou non pasou? 15 00:00:44,961 --> 00:00:46,838 Mal. Bastante mal. 16 00:00:46,921 --> 00:00:51,217 Case lle digo que me gusta algo antes de que volvese co marido. 17 00:00:51,301 --> 00:00:54,429 Nada que un chopiño de Jäger e xeado non curen. 18 00:00:54,512 --> 00:00:58,308 Estamos mellor como amigos. Agora podemos volver á normalidade. 19 00:00:58,391 --> 00:01:02,937 Eliza! Véxote ben, véxote elegante, véxote relaxada. 20 00:01:03,480 --> 00:01:06,191 Co uniforme de Blockbuster de sempre? 21 00:01:06,274 --> 00:01:07,609 Tanto ten. Cala. 22 00:01:07,692 --> 00:01:10,278 Timmy chegou ás oito. 23 00:01:10,862 --> 00:01:11,905 Da mañá? 24 00:01:11,988 --> 00:01:14,741 - Non é tan cedo. - Para a maioría non, 25 00:01:14,824 --> 00:01:17,327 pero ti dis que non vale a pena erguerse cedo 26 00:01:17,410 --> 00:01:20,080 porque o dos burritos non abre ata as 11. 27 00:01:20,163 --> 00:01:24,292 Pero o dos burritos é unha gasolineira que abre as 24 horas. 28 00:01:24,375 --> 00:01:27,754 Non quererías ver a xente que vai alí antes das 11. 29 00:01:27,837 --> 00:01:31,341 Chamámolos os matutinos e son un pesadelo. 30 00:01:31,424 --> 00:01:32,383 Non importa. 31 00:01:32,467 --> 00:01:35,678 Seguín o teu consello e púxenme ao choio. 32 00:01:35,762 --> 00:01:38,431 Fixen unha lista de cousas pendentes. 33 00:01:38,515 --> 00:01:41,768 Chegas ás oito e fas unha lista. Cres que Deus te vai axudar? 34 00:01:41,851 --> 00:01:45,647 Si. Abrín unha conta no banco, puxen a empresa ao meu nome 35 00:01:45,730 --> 00:01:49,025 e ata falei cun avogado por temas legais. 36 00:01:49,109 --> 00:01:50,777 - Son bos con iso. - Listo. 37 00:01:50,860 --> 00:01:54,364 Lévoo todo eu. Sen eses xigantes. Son o pai do Blockbuster. 38 00:01:54,447 --> 00:01:59,494 Teño facturas que pagar, gravatas que poñer e libros que ler. 39 00:01:59,577 --> 00:02:02,080 Chamádeme "o pai Blockbuster". 40 00:02:02,163 --> 00:02:02,997 DEVOLUCIÓNS 41 00:02:03,081 --> 00:02:05,166 Por que tes esta música posta? 42 00:02:05,250 --> 00:02:08,795 É a de "End of the World as We Know It" sen letra? 43 00:02:08,878 --> 00:02:11,840 Estou á espera co axente do seguro médico. 44 00:02:11,923 --> 00:02:13,550 Non vaiades perder nada. 45 00:02:13,633 --> 00:02:16,261 - Está todo listo, Sr. Yoon. - Moitas grazas. 46 00:02:16,344 --> 00:02:20,390 Só queda que Percy poña o alugueiro ao meu nome. 47 00:02:20,473 --> 00:02:23,017 Xa podes comezar a deseñar unha cunca: 48 00:02:23,101 --> 00:02:25,061 "O mellor pai de Blockbuster." 49 00:02:27,397 --> 00:02:30,483 Á parte do de "pai", co centrado que está Timmy 50 00:02:30,567 --> 00:02:33,987 e os novos clientes da miña idea da festa… 51 00:02:34,070 --> 00:02:37,073 - O meu vídeo dis. - Creo que vai saír ben. 52 00:02:37,157 --> 00:02:40,451 Se non despido a alguén antes das cinco, perdo a tenda. 53 00:02:41,786 --> 00:02:43,371 UNHA SERIE DE NETFLIX 54 00:02:46,958 --> 00:02:49,210 Que pasou? Pensei que todo ía ben. 55 00:02:49,294 --> 00:02:51,504 Tes novos clientes polo das noticias. 56 00:02:51,588 --> 00:02:54,924 É a primeira vez que tes máis clientes que ratos. 57 00:02:56,718 --> 00:02:57,677 Carallo! 58 00:02:57,760 --> 00:03:00,263 Só se che puxo branco tres veces. 59 00:03:00,346 --> 00:03:01,806 Co divorcio de teus pais 60 00:03:01,890 --> 00:03:05,185 e cando bailaches "November Rain" con Denise Carrera. 61 00:03:05,268 --> 00:03:07,770 Aguantaches o peido e tiveches que ir ó médico. 62 00:03:07,854 --> 00:03:10,023 E ó facer 13 anos, un brinde cómico. 63 00:03:10,106 --> 00:03:12,358 - Que recordos, grazas. - De nada. 64 00:03:12,442 --> 00:03:14,736 Sen a grande empresa é todo carísimo. 65 00:03:14,819 --> 00:03:17,530 Imposto salarial, sen descontos a provedores. 66 00:03:17,614 --> 00:03:19,866 Preciso permisos para manter a tenda legal. 67 00:03:19,949 --> 00:03:20,992 Non o sabía. 68 00:03:21,075 --> 00:03:23,203 Non lle pago á mafia por protección. 69 00:03:23,286 --> 00:03:25,580 O vagabundo ese só vai por alí 70 00:03:25,663 --> 00:03:27,582 porque lle debes 20 dólares. 71 00:03:27,665 --> 00:03:30,793 Teño que despedir un dos meus amigos, da miña familia. 72 00:03:31,628 --> 00:03:34,214 A verdade é que é unha gran putada. 73 00:03:35,924 --> 00:03:37,592 A quen lle vas dar porta? 74 00:03:40,470 --> 00:03:41,971 …durante unha hora, 75 00:03:42,055 --> 00:03:45,642 e aceptou compralo, e logo dixo que eu podía… 76 00:03:45,725 --> 00:03:48,811 Pinta mal cando mira o alguacil. 77 00:03:50,855 --> 00:03:53,942 - Deume un cheque… - Que ben que non pechase. 78 00:03:54,025 --> 00:03:55,401 Botaría isto de menos. 79 00:03:55,485 --> 00:03:57,403 - Eu tamén. - 400 dólares. 80 00:03:57,487 --> 00:03:58,321 ÚLTIMAS NOVAS 81 00:03:58,404 --> 00:04:00,323 - Non! - A custodia do papagaio? 82 00:04:00,406 --> 00:04:03,159 Unha nova moi triste en Iron Creek. 83 00:04:03,243 --> 00:04:06,454 O noso querido crítico de cine faleceu. 84 00:04:06,537 --> 00:04:10,166 É o que vén tódolos meses coa crítica de Hollywood Harold. 85 00:04:10,250 --> 00:04:12,043 E atasca o baño. 86 00:04:12,126 --> 00:04:15,505 - …cada mércores e venres dende 1950. - Que descanse en paz. 87 00:04:15,588 --> 00:04:17,632 O divertido James Eugene Carrey, 88 00:04:17,715 --> 00:04:22,679 o actor canadense que nunca se desculpa, sae nun novo filme. 89 00:04:22,762 --> 00:04:28,017 Pero voulle ter que dicir "non, señor" a Di que si. 90 00:04:30,937 --> 00:04:33,940 - E o papagaio? - Non sei, morreu ese. 91 00:04:34,983 --> 00:04:37,360 Que? Morreu Hollywood Harold? 92 00:04:38,027 --> 00:04:40,405 Non mo podo crer. Era un heroe. 93 00:04:40,488 --> 00:04:44,367 Eu reservo iso para os de emerxencias e os gansos que matou Sully. 94 00:04:44,450 --> 00:04:46,536 Unha lenda que logo marchou. 95 00:04:47,078 --> 00:04:50,999 Son Miranda Golder. Substitúo a Remington, que está de vacacións. 96 00:04:51,082 --> 00:04:53,001 SALA DE EMPREGADOS 97 00:04:53,084 --> 00:04:55,295 Adeus. Que era todo iso…? 98 00:04:56,045 --> 00:04:57,588 Ai, xa volveu, toma! 99 00:04:57,672 --> 00:05:00,008 Ningunha merece o papagaio. 100 00:05:00,091 --> 00:05:02,677 …no centro médico dixeron que devolvera… 101 00:05:06,931 --> 00:05:10,351 Pero que cona é isto? Os primos de Olivia Rodrigo? 102 00:05:10,893 --> 00:05:14,022 É o grupo da miña filla, Trampoline Busters. 103 00:05:14,105 --> 00:05:16,441 Agora podemos poñer o que queiramos. 104 00:05:16,524 --> 00:05:18,443 A túa filla sacou un álbum? 105 00:05:18,985 --> 00:05:19,902 En SoundCloud. 106 00:05:19,986 --> 00:05:22,905 Fixen un CD para escoitalo no coche, 107 00:05:22,989 --> 00:05:24,741 pero só ten para casetes. 108 00:05:24,824 --> 00:05:27,618 - É a primeira vez que o escoito. - Desolador. 109 00:05:27,702 --> 00:05:30,163 Encántame esta. A batería vai rápido. 110 00:05:30,246 --> 00:05:32,623 A letra fala de ti claramente. 111 00:05:33,166 --> 00:05:34,000 Que? 112 00:05:34,083 --> 00:05:36,002 "Xa non son unha nena pequena. 113 00:05:36,085 --> 00:05:38,629 Son grandiña, non quero compartir o Sprite." 114 00:05:39,881 --> 00:05:41,299 Non son tal. 115 00:05:41,382 --> 00:05:43,926 É sobre ser independente. 116 00:05:44,010 --> 00:05:46,679 A loita por liberarse dun home, verdade? 117 00:05:46,763 --> 00:05:48,848 Si. Ti es o home. 118 00:05:48,931 --> 00:05:50,433 Ser nai é unha merda. 119 00:05:50,516 --> 00:05:55,396 Miña nai non me deixaba ter unha tatuaxe. Quedaríame xenial. Mira. 120 00:05:56,814 --> 00:06:00,068 - É un pentagrama. - É máis. Son cinco triángulos. 121 00:06:00,151 --> 00:06:02,153 Ves? As nais non o entenden. 122 00:06:02,236 --> 00:06:06,949 Ultimamente as cousas estiveron un pouco tensas, pero estamos mellorando. 123 00:06:07,033 --> 00:06:10,078 Temos unha illa próspera en Animal Crossing, vale? 124 00:06:10,787 --> 00:06:13,498 Se Ali tiveses un problema comigo, diríamo. 125 00:06:13,581 --> 00:06:16,959 Claro, porque as adolescentes nunca son pasivo-agresivas. 126 00:06:20,838 --> 00:06:22,799 É coma renunciar a un fillo. 127 00:06:22,882 --> 00:06:25,051 Non me imaxino isto sen eles. 128 00:06:26,135 --> 00:06:29,472 Teño unha última idea que pode que funcione. 129 00:06:29,555 --> 00:06:30,640 Sóltaa. 130 00:06:30,723 --> 00:06:33,810 Sabes como pagaba Blockbuster a metade do alugueiro? 131 00:06:34,310 --> 00:06:37,188 Hai algunha maneira de que reduzas o alugueiro…? 132 00:06:37,271 --> 00:06:40,191 O que sabemos é que non vas despedir a Kayla. 133 00:06:40,274 --> 00:06:42,443 - Sabémolo? - É a miña filla. 134 00:06:42,527 --> 00:06:45,196 Non a podes despedir. Son o teu amigo. 135 00:06:45,279 --> 00:06:47,365 - Despide a Eliza. - Descartadísimo. 136 00:06:48,199 --> 00:06:50,451 Ten un máster e cobra salario mínimo. 137 00:06:51,244 --> 00:06:53,704 Carlos non, é un xenio das películas. 138 00:06:53,788 --> 00:06:56,332 Conseguiu alugar Algo en común logo de 2004. 139 00:06:56,416 --> 00:06:57,250 É bo. 140 00:06:57,333 --> 00:06:59,335 Connie non. Trae sopa e dá apertas. 141 00:06:59,419 --> 00:07:02,296 Unha vez deume unha aperta e queimoume coa sopa. 142 00:07:02,380 --> 00:07:05,299 - Déixao, a sopa é boa. - Esa cabaza é unha bomba. 143 00:07:05,383 --> 00:07:07,427 Ten a mesma idade que os clientes. 144 00:07:07,510 --> 00:07:09,887 Quen vai saber que Hank Ackerman é Hugh Jackman? 145 00:07:09,971 --> 00:07:13,182 - Quero sopa de cabaza. - E Hannah non. É boa en… 146 00:07:14,100 --> 00:07:15,685 É unha persoa moi doce. 147 00:07:16,769 --> 00:07:20,481 E xa os descartei todos. Non queda ninguén no encerado. 148 00:07:20,565 --> 00:07:21,441 Kayla non. 149 00:07:21,524 --> 00:07:25,194 Kayla si. Se vai ser xusto, temos que telos en conta a todos. 150 00:07:25,278 --> 00:07:27,989 E se considero subir o alugueiro? 151 00:07:28,072 --> 00:07:29,198 - Merda. - Si. 152 00:07:29,282 --> 00:07:31,534 Vai ser máis duro do que pensaba. 153 00:07:31,617 --> 00:07:34,328 É como retomar o monopatín ós 38. 154 00:07:34,412 --> 00:07:36,497 Cando debuxei unha pirola nunha escaiola. 155 00:07:36,581 --> 00:07:38,833 Si, era moi realista. 156 00:07:43,921 --> 00:07:46,340 O amor de Hollywood Harold polos filmes 157 00:07:46,424 --> 00:07:49,010 inspirou millóns de persoas en Míchigan. 158 00:07:50,136 --> 00:07:51,512 Vale, miles. 159 00:07:51,596 --> 00:07:53,723 Estaba casado cos filmes. 160 00:07:53,806 --> 00:07:55,808 Deulle bicos á Lista de Schindler. 161 00:07:55,892 --> 00:07:59,353 Hai que buscar algo para este andel que honre o seu legado. 162 00:07:59,437 --> 00:08:00,271 De acordo? 163 00:08:01,147 --> 00:08:01,981 Algunha idea? 164 00:08:03,232 --> 00:08:04,066 Dime. 165 00:08:04,150 --> 00:08:08,154 Unha sección para os filmes nos que un home e unha muller namoran 166 00:08:08,779 --> 00:08:10,364 e encaixan perfectamente. 167 00:08:10,448 --> 00:08:12,783 Pero o home envellece ao revés. 168 00:08:12,867 --> 00:08:14,285 Todos eses filmes? 169 00:08:14,368 --> 00:08:17,413 Un para as triloxías nas que o do medio é o mellor, 170 00:08:17,497 --> 00:08:18,581 como National Treasure. 171 00:08:18,664 --> 00:08:20,541 Só hai dous filmes diso. 172 00:08:20,625 --> 00:08:22,502 Wicker Man é a terceira. 173 00:08:22,585 --> 00:08:24,879 Por que estás nesta reunión? 174 00:08:24,962 --> 00:08:26,130 Clienta preocupada. 175 00:08:26,923 --> 00:08:29,759 - E unha sección de adultos? - Por Deus, Connie. 176 00:08:29,842 --> 00:08:31,928 As de porno non, ho. 177 00:08:32,011 --> 00:08:36,474 Filmes con obxectivos adultos e sofisticados, coma O que queda do día. 178 00:08:36,557 --> 00:08:38,601 O deber antes que o amor? 179 00:08:39,894 --> 00:08:43,147 E se o deixamos baleiro? Un símbolo do que perdemos. 180 00:08:43,231 --> 00:08:46,359 Un andel baleiro significa que imos crebar, 181 00:08:46,442 --> 00:08:49,278 e é algo contra o que estamos a traballar. 182 00:08:50,154 --> 00:08:52,198 E as escollas dos empregados? 183 00:08:52,281 --> 00:08:54,116 Vale, iso gústame. 184 00:08:54,200 --> 00:08:57,036 Básico, pero Harold daríalle o seu toque ás cousas. 185 00:08:57,119 --> 00:09:00,831 A metades, ves o comezo dun filme e o final doutro. 186 00:09:00,915 --> 00:09:04,377 Como cando veu o comezo de Bambi e o final de E.T. 187 00:09:04,460 --> 00:09:07,213 Foi un festival só de saloucos, sen descanso. 188 00:09:07,755 --> 00:09:10,341 Pero podíaslle dar o teu toque ás cousas. 189 00:09:10,925 --> 00:09:13,719 Si, voulle dar unha voltiña. 190 00:09:13,803 --> 00:09:17,974 - A Hollywood Harold encantaríalle. - Quería dicir unhas palabras. 191 00:09:18,057 --> 00:09:22,520 Citando o meu músico favorito: "Non es, non es o peor." 192 00:09:22,603 --> 00:09:23,604 Dobre negación. 193 00:09:23,688 --> 00:09:28,234 "Non, non, non me controlarás." Tripla negación. Dobre tripla negación. 194 00:09:28,317 --> 00:09:33,364 "Eliza Walker, es a peor." Aínda cres que non fala de ti? 195 00:09:34,615 --> 00:09:36,200 Como era o de Harold? 196 00:09:36,909 --> 00:09:39,120 - Creo que teño algo. - Que tes? 197 00:09:40,663 --> 00:09:41,497 Perdino. 198 00:09:41,581 --> 00:09:43,124 Odio cando pasa iso. 199 00:09:43,207 --> 00:09:44,458 Que merda. 200 00:09:44,542 --> 00:09:46,043 - Volveu. - Encántame. 201 00:09:46,127 --> 00:09:48,629 Dixemos que nada de psicoloxía, 202 00:09:48,713 --> 00:09:52,800 pero hai algo niso que pode facer que os empregados decidan por nós. 203 00:09:52,883 --> 00:09:55,595 Seguro que se lles facemos unhas preguntas, 204 00:09:55,678 --> 00:09:57,722 será evidente a quen despedir. 205 00:09:57,805 --> 00:10:01,017 Si, como unha entrevista de traballo ao revés. 206 00:10:01,100 --> 00:10:01,934 Exacto. 207 00:10:02,018 --> 00:10:05,646 Nun momento estás traballando e ao seguinte despídente. 208 00:10:05,730 --> 00:10:07,648 Algún non ha de precisalo. 209 00:10:07,732 --> 00:10:09,942 Sen ofender, pero quen traballaría aí 210 00:10:10,026 --> 00:10:12,278 se non tivesen necesidade? 211 00:10:13,529 --> 00:10:17,908 Aínda que teña un microchip, que o goberno espíe o que queira. 212 00:10:17,992 --> 00:10:20,578 Prometinlle a Helen que veriamos a Jeff Dunham. 213 00:10:21,287 --> 00:10:23,831 Preguntei por que cubriches a vacante, 214 00:10:23,914 --> 00:10:25,499 non por que te vacinaches. 215 00:10:25,583 --> 00:10:28,377 FITAS VHS 216 00:10:28,461 --> 00:10:30,171 Vale, a ver. 217 00:10:30,254 --> 00:10:32,173 En primeiro lugar, todos vós. 218 00:10:32,798 --> 00:10:34,967 Segundo, teño que facer os pasos. 219 00:10:35,885 --> 00:10:39,472 E terceiro, ver os programas de xuízos con Hannah. 220 00:10:40,264 --> 00:10:42,850 Dis que non precisas o traballo? 221 00:10:42,933 --> 00:10:45,353 Economicamente supoño que non. 222 00:10:45,436 --> 00:10:47,229 - É o que precisabamos. - Si. 223 00:10:47,313 --> 00:10:51,317 Pero a nivel emocional, iso xa é outro conto. 224 00:10:52,568 --> 00:10:56,364 Antes de traballar aquí non sabía que facer no día a día. 225 00:10:57,531 --> 00:10:59,659 Enganoume xente por Internet. 226 00:11:00,493 --> 00:11:02,203 Pegueime máis dunha vez. 227 00:11:03,287 --> 00:11:05,373 Era adicta aos sprays da nariz, 228 00:11:06,123 --> 00:11:09,794 e peideaba por Shondaland cos pantalóns do pixama. 229 00:11:10,544 --> 00:11:13,923 Unha noite estaba poñendo as luces de Nadal no tellado 230 00:11:15,007 --> 00:11:18,719 e comecei a acercarme ao borde, pouco a pouco. 231 00:11:19,845 --> 00:11:22,181 Acercábame, acercábame. 232 00:11:23,224 --> 00:11:25,601 Moitísimas grazas por este traballo. 233 00:11:25,685 --> 00:11:27,436 Salvoume a vida. 234 00:11:27,520 --> 00:11:30,773 Lembrades aquel avión de Malaisia que desapareceu? 235 00:11:30,856 --> 00:11:33,025 Debía ir nel cando me contrataches. 236 00:11:33,109 --> 00:11:34,110 Xa chega, grazas. 237 00:11:34,193 --> 00:11:35,861 Está pasando algo? 238 00:11:35,945 --> 00:11:36,862 Por favor! 239 00:11:37,738 --> 00:11:39,532 Saíuche máis pelo gris? 240 00:11:39,615 --> 00:11:41,492 Ah, si, estou probando. 241 00:11:41,575 --> 00:11:43,786 Sigue traballando así. Aburiño. 242 00:11:47,623 --> 00:11:51,669 Carlos, cales son as túas fortaleces e debilidades no teu traballo? 243 00:11:51,752 --> 00:11:53,587 Onde te ves en cinco anos? 244 00:11:53,671 --> 00:11:56,048 - Escolle un nome. - Non temos tempo. 245 00:11:56,132 --> 00:11:59,552 Vou cambiar a sección de Harold por escollas dos empregados. 246 00:11:59,635 --> 00:12:02,304 Escolle un nome e un filme que lle gustaría. 247 00:12:03,180 --> 00:12:04,390 Gran idea. 248 00:12:04,473 --> 00:12:07,226 É para conectar coa clientela e cos demais. 249 00:12:07,309 --> 00:12:10,104 Es o noso Zuckerberg, pero non destrúes a democracia 250 00:12:10,187 --> 00:12:11,397 e non comes pelo. 251 00:12:11,480 --> 00:12:12,732 Grazas, tío. 252 00:12:12,815 --> 00:12:13,733 Hannah. 253 00:12:14,358 --> 00:12:17,319 - Merece un aumento. - Vas por mal camiño. 254 00:12:17,403 --> 00:12:19,572 Non dixen que llo fora dar. 255 00:12:19,655 --> 00:12:21,615 - Non quedan Doritos. - Comíchelos! 256 00:12:21,699 --> 00:12:23,784 Díxenche que puxeras dúas filas! 257 00:12:26,328 --> 00:12:28,581 Notaches raro a Timmy hoxe? 258 00:12:28,664 --> 00:12:31,667 Sinto que alguén vai ter que baixar do barco. 259 00:12:31,751 --> 00:12:33,169 Non sei. Escoita. 260 00:12:33,252 --> 00:12:36,714 Son algo pesada en Instagram? A miña filla… 261 00:12:36,797 --> 00:12:39,884 Deixeite de seguir porque comentabas "necesitábao" 262 00:12:39,967 --> 00:12:41,635 nas fotos de Michelle Obama. 263 00:12:41,719 --> 00:12:44,054 Deixaches de seguirme? Cando? 264 00:12:45,306 --> 00:12:47,808 Subestimei todas as miñas relacións. 265 00:12:47,892 --> 00:12:50,936 - Podo entendelo. - Non es quen de xulgar. 266 00:12:51,020 --> 00:12:53,439 Publicas a foto de Snoopy bebendo rosado 267 00:12:53,522 --> 00:12:56,609 co texto: "en viños de can só tomei un". 268 00:12:57,568 --> 00:12:59,695 Veña, Connie, isto é serio. 269 00:12:59,779 --> 00:13:04,366 Creo que Ali me culpa dos problemas entre seu pais mais eu. 270 00:13:04,450 --> 00:13:05,826 Escoita a letra. 271 00:13:06,327 --> 00:13:10,122 "Un apartamento non é un fogar, terás 43 e ninguén con quen contar. 272 00:13:10,206 --> 00:13:14,376 Bebo viño sen pecado, unha rapaza dun matrimonio frustrado." 273 00:13:17,004 --> 00:13:18,297 É moi divertido. 274 00:13:18,380 --> 00:13:20,508 Snoopy usando unha copa. 275 00:13:20,591 --> 00:13:21,550 Imaxínalo? 276 00:13:22,676 --> 00:13:25,179 Escollestes os filmes de Hollywood Harold? 277 00:13:25,262 --> 00:13:28,474 - Hai límite de presuposto? - Non é un Santa secreto. 278 00:13:29,725 --> 00:13:32,645 É unha proba para ver a quen despiden? 279 00:13:33,145 --> 00:13:35,356 - Que? - Van despedir a alguén? 280 00:13:36,232 --> 00:13:38,400 Escoita, Kay. 281 00:13:39,026 --> 00:13:40,319 Kay-cartos, Kmáis. 282 00:13:40,402 --> 00:13:41,654 Ai, non, grazas. 283 00:13:43,155 --> 00:13:46,784 Só quería ver se che gustan as cousas tal e como están. 284 00:13:48,786 --> 00:13:51,330 Vir a unha cápsula do tempo chea de po 285 00:13:51,413 --> 00:13:54,375 e que un tipo cunha camiseta dos Gremlins diga: 286 00:13:54,458 --> 00:13:56,460 "Non naceras cando saíu o filme" 287 00:13:56,544 --> 00:13:59,255 é o soño de calquera rapaza de 16 anos. 288 00:14:00,381 --> 00:14:02,049 - Logo ódialo? - Non. 289 00:14:02,883 --> 00:14:05,761 Digamos que cada vez que teño que vir 290 00:14:05,845 --> 00:14:08,180 cústame bastante erguerme da cama. 291 00:14:11,058 --> 00:14:15,187 Kayla, síntoo moito, pero vou ter que… 292 00:14:15,938 --> 00:14:17,064 Pero que…? 293 00:14:18,524 --> 00:14:19,358 Ei, Kayla. 294 00:14:19,441 --> 00:14:23,237 Hai un tipo ao que lle tes que recordar o seu privilexio, 295 00:14:23,320 --> 00:14:27,199 sei que che gusta iso. Dálle un par de cousas. 296 00:14:27,283 --> 00:14:29,243 Que teu pai se sinta orgulloso. 297 00:14:30,202 --> 00:14:32,705 Que pícaro. Querías despedir a miña filla. 298 00:14:32,788 --> 00:14:36,208 - Díxome que odia estar aquí. - Despide a Eliza. 299 00:14:36,292 --> 00:14:38,419 Ela si que non quere estar aquí. 300 00:14:38,502 --> 00:14:40,254 Di que está sobrecualificada 301 00:14:40,337 --> 00:14:43,048 e usa palabras do Scrabble para confundirme. 302 00:14:43,132 --> 00:14:45,259 Estaría tolo se a despedise. 303 00:14:45,801 --> 00:14:47,469 Xa vexo que pasa. 304 00:14:47,553 --> 00:14:50,180 É un agasallo para a túa vista. 305 00:14:50,264 --> 00:14:53,100 - Veña, home. - Gústache dende hai moito. 306 00:14:53,183 --> 00:14:54,310 Mírate. 307 00:14:55,644 --> 00:14:57,730 Non podes facelo co ambiente así. 308 00:14:57,813 --> 00:14:58,814 Non é iso. 309 00:14:58,898 --> 00:15:00,608 Gústame que sexamos amigos. 310 00:15:00,691 --> 00:15:04,069 Apoio a súa relación con Aaron. Son o meu Ross e Rachel. 311 00:15:04,153 --> 00:15:08,407 - Salvounos con aquela festa. - Salveite eu coa festa. 312 00:15:08,490 --> 00:15:10,200 Fíxose viral por min. 313 00:15:10,284 --> 00:15:13,037 Prendícheslle lume a un gorila de 12 metros. 314 00:15:13,120 --> 00:15:15,289 A ver, é Kayla. 315 00:15:15,372 --> 00:15:18,083 Non podo despedir adultos que precisan o traballo. 316 00:15:18,584 --> 00:15:22,004 "Non podo" non está no vocabulario dun home. 317 00:15:22,087 --> 00:15:24,590 Aínda así non vou cambiar de opinión. 318 00:15:24,673 --> 00:15:26,759 Triplicar o teu alugueiro si. 319 00:15:27,635 --> 00:15:30,179 A vida desta xente está nas miñas mans. 320 00:15:30,262 --> 00:15:31,805 É moita presión. 321 00:15:31,889 --> 00:15:35,267 Como cando o xuíz me mandou elixir con quen quería vivir. 322 00:15:35,768 --> 00:15:37,102 Se Kayla non, quen? 323 00:15:38,479 --> 00:15:42,358 Ei, ola. Se cadra tes algunhas chamadas duns pais enfadados 324 00:15:42,441 --> 00:15:46,195 porque confundín A eiruga lambona co Cempés humano. 325 00:15:46,278 --> 00:15:47,780 Non te podes enfadar. 326 00:15:47,863 --> 00:15:51,075 Xa che dixen que non sei moito de filmes. 327 00:15:51,909 --> 00:15:53,494 Vale, abur. 328 00:15:58,666 --> 00:16:01,251 Comete erros, pero é boa rapaza. 329 00:16:01,335 --> 00:16:03,671 - Perdón por molestar. - Ai, non. 330 00:16:03,754 --> 00:16:06,256 A situación do Cempés humano empeorou. 331 00:16:06,340 --> 00:16:09,927 O director de todos os colexios está ao teléfono 332 00:16:10,010 --> 00:16:12,930 e está tan enfadado que di que te oe respirar. 333 00:16:13,013 --> 00:16:14,848 E de novo, non te enfades. 334 00:16:16,350 --> 00:16:17,935 Diga? Diga? 335 00:16:20,771 --> 00:16:24,108 Ola? Hai alguén aí? Ola? 336 00:16:24,191 --> 00:16:25,526 Despedirei a Hannah. 337 00:16:28,153 --> 00:16:30,447 - Mañá. - Timmy. 338 00:16:30,531 --> 00:16:31,991 - Quero suavizalo. - Timmy. 339 00:16:32,074 --> 00:16:35,911 Non é culpa miña que a tenda de froitas máis próxima estea en Ann Arbor. 340 00:16:38,288 --> 00:16:39,790 Vas despedir a alguén? 341 00:16:39,873 --> 00:16:40,833 - Si. - Non. 342 00:16:43,043 --> 00:16:44,086 Como o sabías? 343 00:16:44,169 --> 00:16:45,087 Compórtaste raro, 344 00:16:45,170 --> 00:16:47,923 - e tes un guecho de pelo gris. - Outra vez? 345 00:16:48,007 --> 00:16:51,969 Percy preguntou se me molestaría deixar de traballar aquí. 346 00:16:52,052 --> 00:16:53,220 Por Deus, Percy. 347 00:16:53,303 --> 00:16:55,431 Era unha pregunta trampa. 348 00:16:55,931 --> 00:16:57,349 E quen vai ser? 349 00:16:58,017 --> 00:16:58,934 É… 350 00:17:00,185 --> 00:17:01,020 É… 351 00:17:02,187 --> 00:17:04,732 E se lle mando unha mensaxe á persoa? 352 00:17:04,815 --> 00:17:08,110 A ver, a sección de escollas aínda non está rematada. 353 00:17:08,193 --> 00:17:10,446 - A quen escolles? - Estou ocupado. 354 00:17:10,529 --> 00:17:13,449 É importante. Por que non o tomades en serio? 355 00:17:13,532 --> 00:17:14,742 Subo a miña escolla. 356 00:17:14,825 --> 00:17:17,870 Escollín a Eliza, Malas nais, Malas nais 2, 357 00:17:17,953 --> 00:17:19,830 - Tira a mamá do tren. - Para. 358 00:17:19,913 --> 00:17:24,251 Carlos, por que te obsesionas co pailán ese cando van despedir a alguén? 359 00:17:24,334 --> 00:17:25,753 Encántame Harold, 360 00:17:25,836 --> 00:17:29,173 e aínda que despidan a alguén, el segue morto. 361 00:17:29,256 --> 00:17:32,926 - Logo vas despedir a alguén? - Dinos quen é, Timmy! 362 00:17:33,010 --> 00:17:33,969 Vale. 363 00:17:34,053 --> 00:17:36,597 - Síntoo moitísimo, pero é… - Renuncio. 364 00:17:37,306 --> 00:17:39,141 - Kayla, non. - Non podes irte. 365 00:17:39,224 --> 00:17:41,477 Tesme que dicir que significa "dpm". 366 00:17:41,560 --> 00:17:44,188 Se renuncio é todo máis sinxelo. 367 00:17:44,730 --> 00:17:46,148 Este lugar é unha merda. 368 00:17:46,732 --> 00:17:48,025 - Kayla. - Merda? 369 00:17:48,108 --> 00:17:49,276 - Kayla. - Pero…? 370 00:17:49,359 --> 00:17:51,153 - En serio? - Mimadriña. 371 00:17:53,238 --> 00:17:55,616 Xa sei que é un mal momento. 372 00:17:55,699 --> 00:18:00,329 Busco un filme de Robert De Niro no que non sexa un vello verde. 373 00:18:00,412 --> 00:18:01,246 Suxestións? 374 00:18:13,383 --> 00:18:15,385 Non me podo crer que renunciase. 375 00:18:15,886 --> 00:18:16,970 Que loucura. 376 00:18:17,679 --> 00:18:21,266 Vouna botar de menos. Que sinalase os meus defectos non, 377 00:18:21,350 --> 00:18:25,604 como que a miña relación coa filla é un desastre, pero como era. 378 00:18:26,688 --> 00:18:29,691 Que? Por que non tomas o problema en serio? 379 00:18:29,775 --> 00:18:31,568 Porque non é un problema. 380 00:18:31,652 --> 00:18:34,363 Non é un problema que Ali me odie 381 00:18:34,446 --> 00:18:37,241 logo de renunciar a tanto para ser súa nai? 382 00:18:37,324 --> 00:18:38,534 Mesmo Harvard. 383 00:18:38,617 --> 00:18:39,535 Sutil. 384 00:18:41,453 --> 00:18:45,207 Escoita, é bo que se expresase. 385 00:18:46,291 --> 00:18:48,836 A túa familia pasou uns meses moi duros. 386 00:18:49,628 --> 00:18:51,463 Iso é que o está asimilando. 387 00:18:52,131 --> 00:18:54,091 Cando o reprima, preocúpate. 388 00:18:55,092 --> 00:18:58,262 O meu fillo esnafrou o coche contra Wendy's. 389 00:18:58,929 --> 00:19:00,013 Agora é avogado. 390 00:19:03,267 --> 00:19:05,352 Pero non é nada xusto. 391 00:19:05,978 --> 00:19:07,855 Seu pai púxome os cornos. 392 00:19:08,480 --> 00:19:10,232 Aínda que nunca llo dixen. 393 00:19:11,066 --> 00:19:13,402 Por que ten que pagalas comigo? 394 00:19:14,027 --> 00:19:15,779 Síntese segura para facelo. 395 00:19:16,446 --> 00:19:18,532 Sabe que diga o que diga, 396 00:19:18,615 --> 00:19:20,450 sempre a vas querer. 397 00:19:21,743 --> 00:19:23,245 Es boa nai, Eliza. 398 00:19:24,580 --> 00:19:25,789 De verdade o cres? 399 00:19:27,666 --> 00:19:28,750 Grazas. 400 00:19:30,169 --> 00:19:31,420 Necesitábao. 401 00:19:31,503 --> 00:19:32,671 Pois claro. 402 00:19:33,755 --> 00:19:34,965 Estou aquí. 403 00:19:36,341 --> 00:19:38,260 Cando coincidamos na quenda. 404 00:19:45,809 --> 00:19:48,187 CRÍTICAS DE HOLLYWOOD HAROLD 405 00:19:49,188 --> 00:19:51,440 Un día duro, eh? 406 00:19:51,523 --> 00:19:54,776 O meu complicouse hai unhas horas, pero… 407 00:19:54,860 --> 00:19:56,904 o teu é duro dende que chegaches. 408 00:19:56,987 --> 00:19:58,697 Si. Ben, xa sabes. 409 00:19:59,781 --> 00:20:01,575 Que pasa con Hollywood Harold? 410 00:20:01,658 --> 00:20:04,494 E non digas que vas estrañar as súas entradas. 411 00:20:08,373 --> 00:20:11,501 A miña familia mudouse ós EE. UU. cando tiña cinco anos 412 00:20:11,585 --> 00:20:13,253 e só tiñamos unha canle. 413 00:20:13,337 --> 00:20:15,881 Vía moito a Hollywood Harold. 414 00:20:15,964 --> 00:20:18,634 Aprendín inglés polos seus filmes. 415 00:20:18,717 --> 00:20:20,928 Por iso aínda digo "colega". 416 00:20:21,011 --> 00:20:23,847 Pensei que só che gustaba O home de California. 417 00:20:25,474 --> 00:20:27,893 Non tiña amigos cando era pequeno. 418 00:20:28,810 --> 00:20:31,980 E… el era como un amigo. 419 00:20:32,064 --> 00:20:33,190 ESCOLLAS DE SETEMBRO 420 00:20:33,941 --> 00:20:34,983 Que tenro. 421 00:20:36,235 --> 00:20:37,486 Tiñas que termo dito. 422 00:20:37,569 --> 00:20:40,656 Harold mais ti sodes coma unha comedia romántica. 423 00:20:41,615 --> 00:20:45,911 Quería que á xente lle importase igual que a min me importan os filmes. 424 00:20:45,994 --> 00:20:48,497 Eu si que o tomei en serio. 425 00:20:48,580 --> 00:20:50,582 Foi sinxelo, escollinme a min. 426 00:20:50,666 --> 00:20:51,875 Non ten sentido. 427 00:20:53,460 --> 00:20:54,753 A Harold encantaríalle. 428 00:20:54,836 --> 00:20:57,339 Cres que lle gustaría… isto? 429 00:20:58,465 --> 00:21:01,760 - Podiamos dedicarlle a sección. - Unha placa para el? 430 00:21:01,843 --> 00:21:05,931 Non, é unha placa para ti, porque es o meu colega. 431 00:21:09,434 --> 00:21:11,019 - Grazas. - Houbo un xiro 432 00:21:11,103 --> 00:21:14,398 - no crítico de cine de Iron Creek. - Sae outra vez. 433 00:21:14,481 --> 00:21:18,485 Na casa do falecido Hollywood Harold Davidson, 434 00:21:18,568 --> 00:21:21,780 as autoridades atoparon os corpos de 50 furóns. 435 00:21:21,863 --> 00:21:25,450 Os defensores dos animais chamárono "o Waco dos furóns". 436 00:21:25,534 --> 00:21:28,036 Non tes que ver así o teu heroe. 437 00:21:28,120 --> 00:21:31,873 …segundo Louanna Eggers, xefa de bombeiros de Iron Creek, 438 00:21:31,957 --> 00:21:36,295 non podían abrir a porta e escapar porque os furóns non teñen polgar. 439 00:21:38,380 --> 00:21:40,549 Ei, estás ben? 440 00:21:40,632 --> 00:21:44,011 Non, parece que ser o pai do Blockbuster é unha merda. 441 00:21:44,094 --> 00:21:46,263 Non me gusta ese alcume. 442 00:21:46,888 --> 00:21:49,641 Pero confía en min, sei como te sentes. 443 00:21:50,809 --> 00:21:54,313 Non podes ser amigo de todos cando intentas facer o mellor. 444 00:21:54,396 --> 00:21:55,397 É unha merda. 445 00:21:56,398 --> 00:21:57,274 Pero síntoo. 446 00:21:57,983 --> 00:21:59,151 Grazas. 447 00:21:59,234 --> 00:22:02,571 Por que non me pediches axuda? Somos un equipo. 448 00:22:02,654 --> 00:22:06,033 Supoño que sería raro se eu estaba tamén na guillotina. 449 00:22:06,116 --> 00:22:08,618 Non estabas. Non podo vivir sen ti. 450 00:22:10,287 --> 00:22:12,706 A tenda non vai adiante sen ti. 451 00:22:12,789 --> 00:22:14,166 Es xenial. 452 00:22:14,249 --> 00:22:17,502 Como empregada e amiga, porque somos amigos. 453 00:22:18,628 --> 00:22:20,505 Claro que somos amigos. 454 00:22:20,589 --> 00:22:22,924 Por que te comportas tan estraño? 455 00:22:23,008 --> 00:22:26,928 E ti que? Estou estresado. Mercurio está retrógrado, si? 456 00:22:27,512 --> 00:22:28,638 Vale. 457 00:22:28,722 --> 00:22:32,851 - Espero que Kayla estea ben. - Non te preocupes por Kayla. 458 00:22:32,934 --> 00:22:35,187 Páganlle por maquillarse 459 00:22:35,270 --> 00:22:38,940 e facer vídeos en TikTok con audios de John Mulaney. 460 00:22:40,525 --> 00:22:41,902 Que vello son. 461 00:22:41,985 --> 00:22:43,236 O pelo gris non axuda. 462 00:22:44,071 --> 00:22:45,322 Pero que conste 463 00:22:45,947 --> 00:22:47,449 que estou orgullosa de ti. 464 00:22:48,200 --> 00:22:49,034 Grazas. 465 00:22:52,662 --> 00:22:56,750 Creo que xa lle collo o tranganillo a isto de ser xefe de verdade. 466 00:22:56,833 --> 00:22:59,544 Chamáronme "señor" e non busquei a meu pai. 467 00:23:00,712 --> 00:23:03,548 Xa rematei o meu primeiro día complicado. 468 00:23:03,632 --> 00:23:06,510 - Kayla non pode renunciar. - Xa está. 469 00:23:06,593 --> 00:23:08,637 Quero a Kayla como unha filla, 470 00:23:08,720 --> 00:23:10,430 pero non podo conservala. 471 00:23:10,514 --> 00:23:12,766 É máis que iso. A verdade é que… 472 00:23:13,308 --> 00:23:15,519 Pedinche que a contratases 473 00:23:15,602 --> 00:23:19,356 para ter unha escusa para pasar máis tempo con ela. 474 00:23:20,482 --> 00:23:23,985 Cala. Cando era unha nena, collíaa no colo, 475 00:23:24,069 --> 00:23:26,279 levábaa a comer xeado e encantáballe. 476 00:23:26,363 --> 00:23:28,573 Encantáballe estar con seu pai. 477 00:23:28,657 --> 00:23:30,492 Pero agora xa non. 478 00:23:30,575 --> 00:23:34,704 Como pai dunha nena que son dóeme porque a quero. 479 00:23:34,788 --> 00:23:36,248 Tanto ten. 480 00:23:36,331 --> 00:23:37,874 Por que non mo dixeches? 481 00:23:37,958 --> 00:23:40,836 Teño unha reputación que manter por estes lares. 482 00:23:40,919 --> 00:23:42,963 Como o dono dunha tenda de troula? 483 00:23:43,046 --> 00:23:45,966 Mira, a cousa é así. Eu págolle o salario, 484 00:23:46,049 --> 00:23:48,218 pero non lle digas a Kayla que… 485 00:23:48,301 --> 00:23:49,136 Dicirme que? 486 00:23:51,388 --> 00:23:55,934 Que conseguín o diñeiro para que non teñas que renunciar. 487 00:23:57,519 --> 00:23:59,062 Ben, vale, o que digas. 488 00:23:59,146 --> 00:24:00,480 Canto entusiasmo. 489 00:24:00,564 --> 00:24:04,443 - Poño isto de volta no armario. - Esa é a miña botella nova? 490 00:24:05,193 --> 00:24:07,529 Si, pero gústame, que máis che dá. 491 00:24:08,405 --> 00:24:10,323 Si, cancelo nena de papá. 492 00:24:11,032 --> 00:24:12,826 - Isto de ser pai… - Verdade? 493 00:24:12,909 --> 00:24:13,827 - Si. - Non. 494 00:24:13,910 --> 00:24:15,954 Ser pai Blockbuster non conta. 495 00:24:16,037 --> 00:24:18,039 Non normalices o alcume. 496 00:24:18,123 --> 00:24:20,125 - Xa non, é apegadizo. - Vale. 497 00:24:21,501 --> 00:24:22,627 Non o podo crer. 498 00:24:22,711 --> 00:24:26,715 Non tiven que despedir a ninguén e agora débesme unha boa, Percy. 499 00:24:26,798 --> 00:24:30,218 Isto demostra que as cousas saen ben cando te esforzas, 500 00:24:30,302 --> 00:24:32,262 es amable e… 501 00:24:34,514 --> 00:24:35,599 Pero que carallo? 502 00:24:38,852 --> 00:24:41,188 Por que saltaron todas as alarmas? 503 00:24:45,233 --> 00:24:46,067 Ai, non. 504 00:24:46,818 --> 00:24:47,986 Volveron. 505 00:25:32,447 --> 00:25:34,950 Subtítulos: María Suárez Seijas